As máscaras do Entroido ourensán

Page 63

22.-PELIQUEIROS DE LAZA 1.-Orixes da máscara En Laza, o Entroido é do máis ancestral e dos que, realmente, seguen a tradición. O peliqueiro é o personaxes central. Existen outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Convén dicir que o peliqueiro é a máscara do Entroido de Laza, non é un disfrace, é unha máscara. Algunhas teorías sitúan o peliqueiro no século XVI, cando os condes exercían o seu poder na comarca e sitúanos como cobradores, aínda que outros falan de levantadores da caza, polas chocas.

2.-Descrición do traxe O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais, leva adornos e outros accesorios. A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompóns “pondóns” que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais. Na man leva a zamarra, que é unha especie de fusta que se usa unicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou se interpoñen no seu camiño. A camisa é branca e leva gravata. Leva unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e, finalmente, leva medias vermellas e zapatos negros. As seis chocas avisan da súa presenza. Cada unha pesa quilo e medio e están feitas de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso. Imaxe 1.-Peliqueiro de Laza

Fonte: http://www.galeon.com/

63


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.