Coplas dos Maios 2018

Page 1

COPLAS DOS MAIOS Ola a todos! Poñan atención que os maios xa chegan para vós en acción. Sophia -Maio, amigo, que traes contigo? -Un sol quentiño, unha morea de flores e bolboretas de cores. Sophia Xa chegaron os maios, velos aquí están. Xa só queda que chegue o verán. Sabela Con flores hei de decorar e un poema hei de cantar. A festa hai que preparar que o maio está a chegar. Brais Aí vén o maio de flores cuberto, cheo de ledicia, marchou o inverno! Thalía Xa marchou o inverno e chegou a primavera, que trae o mes de maio con flores de roseira. Ana O maio é moi pequeno, tan pequeno como o amor del. Crecen os froitos e o ceo no maio: auga, flores e mel. Ángela Vén dicir verdades coa lingua afiada, pois xa está canso de tanta trapallada. Thalía

Xa chegan os maios e imos protestar porque hai moitos deberes e moito que traballar. Candela Xa chegou o maio e moito vou estudar para os exames todos poder aprobar. Alexandre No CPI Antonio Faílde moito hai que estudar, se queres ir de vacacións sen ningunha deixar. Alexandre Estamos fartos de deberes, tamén do traballo, pero todos saben que chegaron os maios. David Non somos científicos, nin moito menos políticos, pero traballamos mellor que outros que non deron o tipo. Sabela. Xa estou canso de mirar pola ventá, vou pedir que me manden algo para traballar. Alexandre Xa acabaron os maios, xa chegou o verán, o que tanto esperabamos dende meses atrás. Sabela Xa se acabaron os maios, volvemos á rutina, non queremos traballar, só estar na cantina! David


CPI ANTONIO FAÍLDE Xa chegou o bo tempo, tempo de ledicia. Xa chegou o bo día, tempo de rebumbio. Imos ser malotes coa lingua afiada, pois estamos cansos de tanta trapallada. Somos poucos nenos, pero moi fermosos. Somos moi pequenos, pero moi pomposos. Estamos de recortes, sigamos nesa liña. Eliminen os deberes, os nenos serán felices e os profes comerán perdices! Jose Antonio Ledo Álvarez



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.