Page 1

IES AS LAGOAS 1º ESO – B

1


ÍNDICE 1.-Charrúas de Allariz (Paula Lubov Pérez)..............................................................Páxina 3 2.-Boteiros de Viana do Bolo (Nicolás Soriano)....................................................................7 3.-Pantallas de Xinzo (Nerea Sánchez)................................................................................10 4.-Troteiros de Bande ( Mario López)..................................................................................12 5.-Boteiros de Vilariño de Conso (Nicolás Zabaleta)..........................................................17 6.-Labardeiro de Mugares (Noa da Silva)...........................................................................21 7.-Cigarróns de Verín (Christian Taboada)..........................................................................25 8.-Morena de Laza (Leonardo Rodríguez)...........................................................................30 9.-Capuchóns de Verín (María Elena Pavón).......................................................................32 10.-Felos de Boborás (Laura Perea).....................................................................................34 11.-Felos de Maceda (Nerea Vázquez).................................................................................36 12.-Irrios de Castro Caldelas (Sabela Pousa)......................................................................40 13.-Mázcaras de Manzaneda (Aleika Rúa).........................................................................42 14.-Chocallóns de Vilardevós (Mario Cortés).....................................................................44 15.-Gárgolas de Celanova (Patricia Sampedro)...................................................................46 16.-Frei Canedo da Ponte (Iria Rodríguez).........................................................................48 17.-Galos da Mezquita (Carmen Lázara Díaz)....................................................................50 18.-Rei de Covelo (Román Formoso)...................................................................................52 19.-Pita das Eiroás (Alba Rodríguez)...................................................................................54 20.-Vellaróns de Riós (Rafael Domínguez)..........................................................................57 21.-Vergalleiros de Sarreaus (Joel Colmenero)...................................................................60 22.-Peliqueiros de Laza (Ilda Vázquez)...............................................................................63 23.-Outras máscaras............................................................................................................65

2


1.-CHARRÚAS DE ALLARIZ 1.-O Entroido O Entroido ou Carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme ao calendario cristián). O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Allariz, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo. A vila e municipio de Allariz ten tamén o seu oco na festa do Entroido porque de aquí é a charrúa, disfrace individual propio do lugar. Imaxe 1.-Charrúas

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/

2.-Orixe da máscara Os charrúas foron un conxunto de pobos amerindios que vivían nos territorios do actual Uruguai, nas actuais provincias arxentinas de Entre Ríos, Santa Fe e Corrientes e no actual estado brasileiro de Río Grande do Sur. Os charrúas foron dezmados, especialmente na batalla de Salsipuedes, en abril de 1831. Allariz recupera a charrúa como máscara tradicional da súa festa. Ten a charrúa como o seu personaxe carnavalesco. O nome parece, segundo os estudosos, tróuxoo á zona algún emigrante, un indiano, que coñeceu a denominación típica dunhas tribos indíxenas que vivían nas beiras do río Uruguai, e que 3


despois se popularizou na vila alaricana. Nos últimos anos, en Allariz, nótase un interese por recuperar esta máscara para acrecentar a personalidade do entroido na vila. Imaxe 2.- Máscara

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/

3.-Descrición do traxe Viste pantalón longo de cor clara, botas e unha especie de camisa longa. Á charrúa non lle faltan as chocas e as pelicas e unha vara na man para correr polas vellas rúas da vila e animar o festexo. Estes son elementos constantes en multitude de zonas. É, tan só, outro exemplo dunha longa relación de elementos que impregnan a nosa cultura e que cada ano achegan personalidade ás súas vilas. Tamén pode ser que leven un traxe inespecífico, podendo vestir calquera roupa, sempre que sexa de moito colorido, poden portar pelicas e chocas. Os materiais empregados son coiro de vaca, madeira e a pel de coello. Imaxe 3.- Charrúas na actualidade

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/

4


4.-Costumes As charrúas recorren as rúas de Allariz, o típico é ir soas ou como máximo dúas, e se as recoñecen, cambian o traxe. A misión é ir polas casas pedindo viño e chourizos e o seu costume é ensuciar os zapatos dos miróns. O seu grito de guerra é “ charrúa, merda crúa”.

5.-Localización As máscaras do Entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. As máscaras ourensás, que pertencen aos entroidos dun arco de vilas que nace en Maceda e Allariz, esténdese polo sur da provincia e remonta polo leste ata chegar á Ribeira Sacra. Imaxe 4.- Provincia

. Fonte: www.galeon.com

Imaxe 5.- Situación de Allariz

Fonte: www.google.maps.com 5


6.- Calendario O Entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. É o que se coñece como “Ciclo do Entroido” e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. As súas datas fundamentais, por orde, son:  Domingo fareleiro  Domingo oleiro  Xoves de compadres  Domingo corredoiro  Xoves de comadres

7.-Fontes de información www.galeon.com www.google.maps.com http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/02/03/1468218.shtml http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/01/16/1429968.shtml www.wikipedia.org

Paula Lubov Pérez

6


2.-BOTEIROS DE VIANA DO BOLO 1.-Viana do Bolo Viana do Bolo é un municipio español situado no leste da provincia de Ourense. Ten unha superficie duns 271´51km2. É unha vila agrícola e gandeira; conta cuns 3.200 habitantes. A súa flora caracterízase por montes baixos e, ademais, soutos de castiñeiros, carballos e bidueiros. É unha natureza cun alto grao de virxindade, onde viven animais como a curuxa real ou a lontra. Da súa gastronomía destaca, sen dúbida, a androlla que é un embutido elaborado por costela de porco en salmoia. O seu Entroido é a súa festa por excelencia e un dos máis famosos de toda Galicia Imaxe 1.-Boteiros de Viana do Bolo

Fonte: www.galiciahoxe.com

2.-Descrición do traxe O boteiro é a figura máis rechamante do Entroido. Leva posta unha máscara negra de madeira, e ten como misión manter afastados os espectadores, dando grandes brincos sobre unha pértega curta de cores, chamada “monca”. Sobre a cabeza, o boteiro leva a chamada pantalla, un ornamento de vivas cores que vai suxeito á cabeza. O traxe do boteiro está composto por tres pezas: uns pantalóns de satén vermello, unhas pernas de coiro adaptadas a partir dunha camisa de peluche, sobre a que se cosen cintas rizas de seda ou satén, que forman vistosos debuxos de cores, empregándose nela máis de 1.000 metros de cinta. O cinto está feito de coiro, forrado de tea e doce campás que tintinan cando o boteiro salta.

7


Imaxe 2.-Boteiro de Viana do Bolo

Fonte: www.berenguela.com

3.-Costumes da festa O Entroido de Viana do Bolo é, quizais, un dos máis orixinais que se celebran en Galicia. Os preparativos desta festa comenzan ao finalizar o día de Reis. E así ata que chega o primeiro dos dous días de fariña, o Xoves de Compadres, que ten lugar dous xoves antes do Domingo Gordo. A noite anterior, a do mércores, as mulleres perseguen os homes para roubarlles unha prenda e colocarlla ao Lardeiro, un boneco de ferro cheo de palla e petardos que colgan nun poste da praza Maior. Ao día seguinte, o xoves, os homes perseguen as mulleres para enchelas de fariña. A continuación chega o Sábado de Fariña, con festa e charanga para dar a benvida aos mozos que estudan fóra da aldea. O venres celébrase unha festa para nenos e maiores, xuntándose todos de noite para ir de foliada polas estradas e bares da vila. O Domingo Gordo é o día grande do Entroido. Desde ben cedo, a banda de gaitas percorre as estradas con alboradas para espertar os veciños. Tras a recepción das autoridades, o pregón e a entrega das insignias da androlla, iníciase o gran desfile. Durante esta xornada, o concello obsequia a todos os visitantes á degustación dun petisco de androlla. O luns é o día dedicado aos nenos con desfiles, concursos… O martes é o penúltimo día da festa. O folión percorre as estradas e despídese ata o próximo ano. Ao día seguinte, Mércores de Cinza, ten lugar o enterro da sardiña.

8


4.-Situación no mapa Viana do Bolo é un municipio español situado no leste da provincia de Ourense. É cabeza de partido xudicial do seu nome, que está situado no corazón do país do Bibei, a cabalo entre as comunidades de Galicia e Castela e León, rozando no seu extremo oriental coas terras do Parque Natural do Lago de Sanabria. Esta comarca forma parte das serras suroientais galegas, caracterizadas polas súas montañas e os seus profundos vales. Imaxe 3.- Situación de Viana do Bolo

Fonte: www.noticiasdeviana.wordpress.com

5.-Fontes de Información www.berenguela.com www.galiciaenpie.com www.galiciahoxe.com www.noticiasdeviana.wordpress.com www.tradicionesyfiestas.com www.wikipedia.org Nicolás Soriano

9


3.-PANTALLAS DE XINZO 1-Orixes da máscara A pantalla é a máscara do Entroido limiao, constituíndo o símbolo de manifestación popular máis importante con raíces celtas marcadas, segundo Fernández Novoa, onde o seu poder relixioso, xudicial e social queda manifesto: na máscara da pantalla (o relixioso). no látego e nas vexigas infladas (o xudicial) e na función de ordenar a festa (o social), sendo unha das escasas máscaras rurais que perviven na Europa do novo Milenio. A súa saída nas rúas no Carnaval xunta moita xente, por iso é tradicional.

2-Descrición do traxe Despois dos tres domingos (Fareleiro, Oleiro e Corredoiro), as pantallas saen a percorrer as rúas de Xinzo. Van vestidas con camisa e calzón, os dous de cor branca, capa vermella ou negra e pano da cabeza (case sempre vermello), polainas negras e zapatos negros. Tamén levan unha cinta vermella ao redor da cintura cunhas campaíñas que fan ruído. O máis característico do traxe son as vexigas disecadas e infladas que levan nas mans. Cando rompen, repóñense. A careta faise nunha soa peza, con cartón, papel de xornal, feltro, fariña, auga e pintura. Logo encáixase na cara e cabeza collendo a forma do gorro ríxido que remata na parte frontal. Uns flocos fan a función de barba. Imaxe 1.-Pantalla de Xinzo de Limia

Fonte: http://www.vivirgaliciaturismo.com/

10


3-Costumes A función das pantallas no Entroido é vixiar que ninguén pasee pola rúa sen disfrace. A quen pillen as pantallas será perseguido e collido en brazos para pagar unha rolda de viños á cuadrilla das pantallas. Tamén teñen a función de atemorizar as mulleres e os forasteiros emitindo un son que mete medo, saltando e simulando un acoso.

4-Situación no mapa Imaxe 2.-Situación no mapa

Fonte:

http://www.codigopostal.org/

5-Fontes de información http://carnavalenxinzo.blogspot.com.es/ http://www.codigopostal.org https://gl.wikipedia.org/wiki/Xinzo_de_Limia http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro10.htm http://www.vivirgalicia.com/

Nerea Sánchez 11


4.-TROTEIROS DE BANDE 1.-Orixes da máscara Os troteiros de Bande e os madamitos de Entrimo son os elementos máis significativos do entroido da Baixa Limia. A evolución cultural, a emigración, a urbanización da vida e a perda da poboación das aldeas son algunhas razóns que poden explicar o seu abandono. A tradición entroideira destes concellos nunca foi tan forte coma a da Alta Limia e terras de Monterrei. Imaxe 1.-Troteiros actuais

Fonte: www.dendealimia.com

A máscara característica dos troteiros desapareceu na Guerra Civil, e reapareceu timidamente uns anos despois, pero non se recuperou nas décadas posteriores e desapareceu nos anos 50. Imaxe 2.-Troteiros antigos

Fonte: www.galeon.com

12


Os troteiros volveron correr polas rúas de Bande en febreiro de 1987, pero ata o ano 2000 non consolidaron a súa presenza. En Galicia non hai ningunha zona con máscaras con este nome.

2.-Descrición do traxe O vestiario dos troteiros que saen hoxe en día polas doce parroquias do concello é unha síntese dos elementos comúns da indumentaria que había nas distintas parroquias de Bande. O troteiro ten que preservar a súa identidade, por iso a careta téxtil vai amarrada ao sombreiro de palla ou chapeu que cobre a cabeza. O troteiro cobre a cara cun pano bordado que lle permite ver sen ser recoñecido. Así van hoxe case todos. Imaxe 3.-Percorrendo as aldeas

Fonte: www.obosquemaxico.com

Do sombreiro colgan pequenas bólas de la, e vai adornado con postais, hoxe en desuso, que mandaban os emigrantes ou os mozos que ían cumprir o servizo militar. Os temas das postais eran amorosos, das que tanto gustaron tradicionalmente aos recrutas, parellas de namorados, corazóns ou outra alusión ás relacións entre dous sexos. O sombreiro vai, ademais, adobiado con pequenos espellos, ós que algúns antropólogos, dada a forte compoñente supersticiosa do pobo galego, atribúen certa capacidade para rexeitar o mal de ollo ou os malos espíritos. A máscara baséase nun calzón e unha camisa branca que leva fitas de cores penduradas. Polas costas cae unha capiña de gancho, o que se chamaba antes un cuadrante, ou pódese usar aqueles antigos coxíns de gancho que facían as nosas bisavoas para o cuarto de estar.

13


Imaxe 4.-Máscara do troteiro

Fonte: www.edu.xunta.es

Antigamente, usábase hedra para decorar os pantalóns, isto pódese deber á influencia dos romanos, que incorporaron o deus da vexetación asiático que se celebraba como un entroido, e en Bande houbo un poboado romano asentado á beira da vía Braga-Astorga. Despois foi substituída por fitas e flocos que se vendían nas mercerías e usaban as modistas. Nas pernas e ata os xeonllos, levan unhas polainas de coiro e nos pés calzado negro. Completan o vestiario dous elementos moi significativos, que emparentan os troteiros con outras máscaras fustigadoras (peliqueiros, pantallas...): as chocas e a vara que portan na man. Os etnólogos consideran o cinto coas chocas un elemento afastador dos malos espíritos.

3.-Costumes A máscara típica de Bande debe o seu nome ao seu incesante ir e vir trouleando polas rúas e espazos abertos de aldeas e parroquias.

14


Imaxe 5.-Moneando cos vellos

Fonte: www.galeon.com

Asusta e persegue a quen o insulta ou se mete con el. Monea cos vellos. Emprega o pau para levantarlles a saia ás mozas. Imaxe 6.-Levantando a saia ás mulleres

Fonte: www.gettyimages.com

Bouza Brey, en 1933, deixou recollida unha descrición desta mascara: “golpean á xente cun timoeiro de carro feito de correas vexetais, entrando nas casas en persecución dos moradores”, “os troteiros se permitían a liberdade de faldrear, isto é, meter a man por debaixo das saias á que se puxera ao seu alcance, impunemente, sen que se puideran sentir ofendidas”. A información achegada por Bouza Brey ten gran valor para Bande porque é a descrición máis antiga que se coñece da súa máscara.

4.-Situación no mapa Bande é a capital dun concello ourensán sito na parte oriental da provincia, a escasos quilómetros da fronteira portuguesa. Un total de 47 núcleos de poboación agrúpanse nas parroquias de Ribeiro, Nigueiroá, Calvos, Carpazás, Baños, Bande, Cadós, Guín, Santa Comba, Garabelos, Corvelle e Vilar. De todas estas parroquias saían unhas máscaras con certas semellanzas, hoxe levan

15


unha síntese dos elementos comúns a todas as variantes coñecidas. Imaxe 7.-Localización de Bande

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fontes de información Bibliografía •

COCHO DE JUAN, F.: O carnaval en Galicia. Xerais, 2008

FIDALGO SANTAMARIÑA, X. A.: As caras do entroido ourensán. Deputación Provincial de Ourense, 2009.

PUBLICACIÓN: O SIL, “Especial entroido, 2012”.

PUBLICACIÓN: O SIL, “Especial entroido, 2013”.

PUBLICACIÓN: O SIL, “Especial entroido, 2014”.

Webgrafía www.dendealimia.com www.edu.xunta.es www.galeon.com www.gettyimages.com www.google.es/maps/place/Bande www.obosquemaxico.com Mario López 16


5.-BOTEIROS DE VILARIÑO DE CONSO 1.- Orixes da máscara A máscara está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Consta de dúas partes: a carauta e a pantalla. No seu rostro márcanse os ollos, os beizos e as meixelas. A decoración da pantalla é con motivos vexetais en formas xeométricas. Están feitas con papel maché e cartón duro acharolado. A máscara é a máis singular formada por un gran rectángulo primorosamente adornado con flores de papel; o seu peso é moi elevado, sendo de díficil porte. O boteiro, que é a máscara típica de Vilariño de Conso, é moi semellante ás de Viana e Manzaneda. Imaxe 1.-A Máscara do Boteiro

Fonte: www.guiasilbibeinavea.es

2.- Descrición do traxe O boteiro leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O pantalón, xeralmente encarnado, con franxas nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que ao moverse producen un tintino. Tamén levan un báculo, símbolo de poder, xeralmente con debuxos helicoidais, e no remate ponse a cola da raposa. Hai xente que di que o traxe do boteiro ten reminiscencias mexicanas de Oaxaca, Chiapas, lembrando ás da danza da pluma, inda que tamén se pensa que puidera pasar ao revés. 17


Imaxe 2.- O Boteiro

Fonte: www.paxinasgalegas.es/

3.-Costumes O boteiro en Vilariño é moi soado. Comenza o xoves de compadres no que as mozas, despois de roubarlle a roupa aos mozos, fan o “lardeiro” e colócano nunha árbore ou poste, o máis inaccesible que se poida. Os mozos serán obxecto de mofa e burla ata que sexan capaces de baixalo. O xoves seguinte ao de comadres, o “lardeira”, é ao revés, os mozos fan a lardeira con roupa roubada ás mozas, encárganse de que permaneza en lugar ben visible ata que eles mesmos a baixen para paseala no folión. Os días grandes son, loxicamente, os tres últimos nos que é frecuente a foliada: representación orixinal na que personaxes típicos como os boteiros (equivalentes aos peliqueiros), as señoritas, os vellos, afiadores, penereiros, follalateiras…, arroupados polo folión, escenifican a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico con agudo sentido do humor a toda a sociedade.

18


4.- Datos e situación no mapa de Vilariño de Conso Vilariño de Conso, con 200,09 Km2, é un dos Concellos máis grandes da provincia de Ourense, situado no sueste da provincia, no derrame oriental das serras de Manzaneda Queixa e dos Montes do Invernadeiro. Distribúese en 10 parroquias e dezaseis aldeas. A altitude vai dende os 630 ata os máis de 1.500 msnm. Polo noso territorio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e unha cantidade innumerables de pequenos regatos, o que fai que no concello teña unha grandísima importancia a abundancia de auga. Este feito é aproveitado polas empresas hidroeléctricas que teñen instaladas dúas centrais elétricas e construídos cinco encoros, sendo o das Portas o segundo máis grande de Galicia, é o segundo tamén de Europa polo cauce máis limpo. O de Cenza, situado na cota 1345, é un dos de maior altitude de España. Debido ás grandes ladeiras existentes, fórmanse impresionantes fervenzas como a Ola do Cenza, cunha caída vertical de 105 metros e a máis alta de Galiza, pero tamén están as de Suacenza, Galianda, Dona Loba, Cenza de San Mamede etc. que fan dos amantes da auga, da pesca e do barranquismo un auténtico paraíso. Imaxe 3.- Mapa de Vilariño de Conso

Fonte: www.google.maps.com

19


5. Fontes de Informaci贸n http://entroido.galiciadigital.com http://www.galeon.com http://www.galiciaenteira.com http://www.googlemaps.com http://www.guiasilbibenavea.es http://www.paxinasgalegas.es http://www.tempodelecerourense.com http://www.vilarinodeconso.es

Nicol谩s Zabaleta

20


6.-LABARDEIRO DE MUGARES 1.-Orixe da máscara Na localidade de Mugares séguese celebrando a festa do Entroido grazas ao labor de recuperación e organización levada a cabo por integrantes da Asociación de Mulleres ``Amencer´´. Documentábanse aquí os típicos cortexos e comitivas integradas por numerosos veciños disfrazados que se desprazan pola parroquia e outros lugares limítrofes, propiciando así a relación entre comunidades veciñas, das que eran exemplos estes lugares Mugares e O Moreiro. Á mesma hora do Martes de Entroido, partían as comitivas carnavalescas, e a de Mugares, levando un boneco chamado ``Mazaruco´´, feito de palla e disfrazado; e a de O Moreiro á ``Mazaruca´´, para encontrarse no lugar acordado a medio camiño. En caso de que unha parella se casara nunha data próxima ao Entroido, o noivo era o encargado de facer o Mazaruco e a noiva a Mazaruca. Estas figuras tan particulares do Entroido eran transportadas en carros de vacas ou de bois ata o lugar citado, onde a comitiva parodiaba o singular encontro. Rematado este acto, o cortexo alegre e multicolor, integrado polos veciños disfrazados de forma variada, volvía reunido a Mugares, acompañados das ``señoritas´´ con vistosos traxes e cos ``labardeiros´´ abrindo paso. Todos en comitiva chegaban á praza para facer un baile de máscaras e unha comedia. Ás veces, os veciños invitaban aos disfrazados a beber nas bodegas e, antigamente botábanse (para ensuciar), cinsa, fariña e incluso formigas! Imaxe 1.- Grupo de labardeiros

Fonte: www.toen.es

21


3.- Descrición do traxe Os labardeiros visten blusa branca, calzóns tamén brancos, medias e botas. Na cintura teñen una faixa cun cinto con campás. Adornan o traxe con diversas flores de cores. Unha parte importante da vestimenta é o gorro, de forma cónica adornado con fitas coloridas. Tapan a cara cunha tea de rede. Na man levan una ``labarda´´. A labarda era un instrumento parecido ao que se usaba para mallar o trigo. Tiña dúas pezas, una de pau longa e outra máis curta que se forraba cunha correa, de modo que se agarra pola parte máis longa e se golpea coa outra. As señoritas levan saia branca, una camisa da mesma cor e zapatos de tacón. Enriba da camisa levan un pano vistoso e colares. Imaxe 2.- Debuxo dun labardeiro

Fonte: fotografía da autora

22


Imaxe 3.- Debuxo dunha señorita

Fonte: fotografía da autora

3.- Situación no mapa. Santa María de Mugares é una parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 contaba con 399 habitantes (212 homes e 187 mulleres) distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón un aumento de once habitantes en relación ao ano 2000.

23


Imaxe 4.- Mapa de Toén

Fonte: fotografía da autora

4.- Fontes de información http://www.agenda.galiciadigital.com/ http://www.edu.xunta.es/centros/cepipsacroarce/ https://gl.wikipedia.org/wiki/Mugares,_Mugares,_To%C3%A9n https://www.toen.es/

Noa da Silva

24


7.-CIGARRÓNS DE VERÍN 1.-Orixes da máscara A lenda descríbeo como cobrador de impostos e como levantador de caza dos Condes de Monterrei, señores do Val de Verín e boa parte da provincia de Ourense no antigo réxime alá polo século XVI. Isto non acontece nada máis que por unha lenda que debe ser entendida case a nivel anecdótico. A súa orixe real segue sendo unha incógnita enigmática e indescifrable para cantos investigadores pretenden desvelar o seu pasado que seguramente se remonta ás orixes do ser humano en ritos cerimoniais. Antigamente os Cigarróns de Verín pedían cartos , costume que orixinou a copla: “Cigarrón lapón mete os cartos no bolsón”

dirixida ós enmascarados tempo atrás pola rapazada que ía detrás del. Un ou varios Cigarróns podían acurralar aos transeúntes e obrigalos a que na taberna máis próxima invitasen ao viño. A obrigación de ser invitados en tascas e casas tamén era algo corrente na vila, sendo trocada posteriormente por medo de ter que alugar a vestimenta de quen quixera disfrazarse de Cigarrón, substituíndose deste modo a invitación en especie por recadación monetaria.

2.-Descrición do traxe Imaxe 1.-A máscara

Consta esta máscara dunha careta traballada en madeira de bidueiro e pintada de modo que nela son destacadas as cellas, as meixelas rosadas, o gran bigote e o seu sorriso que amosa os dentes e unha barba falsa. Colgando da careta unha especie de mitra de lata pintada con varios motivos, 25


predominando plantas e animais, sendo moi común, a representación tradicional do Sol e da Lúa. Hoxe en día os característicos adornos vexetais e astrais son relegados polos de tipo zodiacal e outras figuras que distorsionan o personaxe primitivo de tales representacións (indios e animais máis típicos doutras latitudes). A parte de atrás da mitra péchase cunha badana de pel (pel curtida de carneiro ou de ovella), que en tempos eran de raposo, gato ou can, mais hoxe foi substituída por varias imitacións de fibras sintéticas. Este pelexo que cae ata cubrir o lombo do Cigarrón, adoitaba rematar en un ou dous rabos que a tal efeto deixábase ao esfolar ao animal. Caendo dende o máis alto da mitra e por detrás. A máscara tallada e pintada a man ten un coste elevado debido á súa elaboración artesanal. Imaxe 2.-O traxe

O traxe está composto por una camisa branca, unha garabata vermella (na actualidade de cores variadas) e unha chaquetilla curta da que colgarán franxas douradas que irán atadas con lazos de tres cores. A chaqueta non pecha no peito senon que se asegura con lazadas. Imaxe 3.- Os ombreiros

Cubrindo os ombreiros atavíos militares con franxas douradas.

26


Imaxe 4.- Panoleta

Tamén levan un pano de cores sobre os ombreiros suxeitos con broches femininos. Iste pano irá suxeito ás charretas da chaquetilla. Imaxe 5.- A cintura

Na cintura, cinta de varias voltas e por enriba delas o cinto de coiro do que colgan por detrás, preferiblemente seis grandes chocas. Éstas chocas de cobre altérnanse según sexa o seu son grave ou agudo. Ademais de ir alternadas, deben tamén estar combinadas para que produzan o seu son característico. A faixa suxeita o pantalón.

27


Imaxe 6.- As medias

Cubrindo as pernas levan pantalóns curtos con trenzas de lá branca e de cor, franxas e borlas nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cóbrense con medias brancas e suxeitas con ligas. Nos pés calzado de zapato negro. Imaxe 7.- O látego

Na man leva unha zamarra ou látego do que pende un pelexo de pel coa que chama á orde ós transeúntes.

3.-Costumes O Cigarrón camiña sempre pulando e menando as chocas, sacudindo co látego a quen se lle cruza no camiño. Non fala e nunca débese quitala máscara, aínda que na actualidade 28


sexa couca frecuente. A mocedade vai detrás del, ultraxándoo e chamándoo canto queira menos dicir o nome do que se agocha tras a máscara. Aqueles aos que lle sacude non deben xamais tomar a mal os lategazos e o Cigarrón tampouco pode sentirse ofendido polos insultos. Goza de total inmunidade e non pode ser tocado, é sagrado, aínda que está permitido darlle un “toque” na espalda para chamar a súa atención. O entroido é unha festa en que os ritos e as ceremonias metúranse: poñerse máscaras, comer “do porco” (degustar todo tipo de produtos relacionados coa matanza; chourizos, carne e outros), botar fariña, queimar os Entroidos, o Meco, cambiar o carácter durante uns días.

4.-Situación no mapa Imaxe .- Verín no mapa

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fontes de información http://entroidoverin.isum.centromultimedia.net/ http://ww.google.maps.com/ Christian Taboada 29


8.-MORENA DE LAZA 1.-As orixes O entroidode Laza é un dos máis antigos de Galiza e un dos máis auténticos, de feito, considérase un dos máis ancestrais. Os seus actos principais son os desfiles e a farrapada. A baixada da morena ou a fariñada así o demostran.

2.-Desrición do traxe A morena de Laza é un home disfrazado de vaquilla cunha cabeza de vaca feita de madeira e cunha manta. Imaxe 1.- A Morena de Laza

Fonte: www.praza.gal

3.-Costumes Acompañando á comitiva van os veciños da aldea, que levan sacos cheos de formigas previamente enrabechadas e vanas tirando a mancheas á xente. Ademais, tamén se bota fariña. Outros veciños e participantes levan toxos cos que pican a xente. O percorrido termina na praza da Picota.

30


4.-Situaci贸n no mapa Imaxe 2.- Laza no mapa

Fonte: www.galiciaenpie.com

5.-Fontes de informaci贸n http://www.galiciaenpie.com/fiestas/ourense/carnaval-verin.html http://www.praza.gal/ Leonardo Rodr铆guez

31


9.-CAPUCHÓNS DE VERÍN 1.-Orixes da máscara As primeiras constancias que temos do uso deste disfraz, remóntanse na nosa vila ao ano 1914. “O recreo de artesanos” era o que celebreba o baile máis popular da vila, pois a el acudían as modistiñas e costureiras da vila en abundancia. Entre os moitos disfraces destacaban xa os asequibles e típicos “Capuchóns”.

2.-Descrición do traxe É unha especie de sotana, negra ou de cor estampada que cobre a cabeza cunha carapucha, mentres a faciana se cobre cun antiface, careta ou máscara. Imaxe 1.-Capuchón de Verín

Fonte: www.planocio.com

32


3.-Costumes É empregado indistintamente por nenos ou nenas, mozos ou mozas e adultos ou adultas e o obxectivo é interrogar a coñecidos sobre a súa propia identidade. O capuchón permite mirar de fronte a quen nunca se atreveu, ignorar o saúdo de compromiso que tanto nos custa dicir, botar un baile con aquella moza apetecida sen se pór rubio, gastar bromas aos solemnes da vila, ir doutra maneira. Ser simplemente un capuchón, sen nome, apelidos, idade, sexo ou condición social.

4.-Situación no mapa Imaxe 2.-Comarca de Verín

Fonte: www.en.academic.ru

5.-Fontes de información http://ww.en.academic.ru/ http://www.planocio.com/

María Elena Pavón

33


10.-FELOS DE BOBORÁS 1-Orixes da máscara Estas máscaras expándense polas comarcas de O Carballiño, Boborás e Maside. Os seus disfraces representan a vestimenta tradicional coa que se cubrían da choiva os habitantes de Feás. Imaxe 1.-

Fonte: www.galeon.com

2-Descrición do traxe O traxe elabórase a base de calendarios vellos (serven de sombreiros), máscara, e roupas vellas, polo que non hai dous disfraces semellantes. Levan a cara pintada e teñen moitas cores nas súas vestimentas. Imaxe 2.-Felo

Fonte: www.lavozdegalicia.es

34


3-Costumes Os días principais desta celebración son o domingo e o luns de Entroido polas comarcas de Boborás, Maside e O Carballiño. Os felos zoscaban con varas, a quen se lle puña polo camiño é, nalgún tempo, ían montados en cabalos, tamén engalanados para a ocasión. En Pazos de Arenteiro ían facendo ruído para espertar aos veciños do lugar.

4-Situación no mapa Imaxe .-Boborás no mapa

Fonte: www.google.maps.com

5-Blibliografía http://www.galeon.com/ http://www.google.maps.com/ http://www.lavozdegalicia.es/

Laura Perea

35


11.-FELOS DE MACEDA 1.-A descrición Son as máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda. Unhas figuras pouco coñecidas fóra da zona, pero tan antigas e fascinantes como os seus parentes máis famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Todos visten dun xeito moi similar, mais o que distingue a simple vista aos felos son as medias negras, en lugar de brancas. A súa vestimenta é en certo modo máis rústica, máis apegada ás orixes. Vestirse de felo imprime carácter e só poden facelo os homes solteiros. Son por definición espíritos rebeldes e anárquicos, mais en tempo de Entroido eles son a lei. Imaxe 1.- Felo

Fonte: www.turgalicia.com

2.-Onde se encontran os felos Os felos encóntranse en Maceda,Verín e Boborás

3.-Orixe A súa orixe atopase no corazón do San Mamede entre Corgas, Río e Covas. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismos e cultos zoolátricos.

4.-Orixe das máscaras Rematárona algunhas fontes, ás festas pagás da protohistoria; socidades tribais, totems, feitizos e fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outros déixano nas hedonistas de Roma Imperial 36


coa democracia castrexa e a Vía Nova. Os medievalistas, nas épocas dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminicenciais precristiás; culto ao viño e ao pracer; connotacións sociais á relixiñon do medievo . Entre todos intuímos, modelaron o fenómeno. Imaxe 2.- Máscara

Fonte: http://www.blogoteca.com/lardosfelos/

5.-Traxe Imaxe 3.- Traxe dun felo

Fonte: www.felosdemaceda.com

37


6.-Maceda É un concello provincial de Ourense, pertence á comarca de Allariz-Maceda e á Ribeira Sacra. Imaxe 4.- Escudo de Maceda

Fonte: www.concellodemaceda.com

7.-Costumes As personaxes características do carnaval de Maceda, os felos, coas súas grandes máscaras e os bastóns ao saír por primeira vez á rúa, para dar a benvida ao aninovo. É o pistoletazo de saída a unha celebración que ten moito arraigo en Ourense.

8.-Situación no mapa Imaxe 5.- Mapa

Fonte: www.culturadeourense.com

38


9.- Fontes de informaci贸n www.blogoteca.es www.concellodemaceda.com www.culturadeourense.com www.farodevigo.es www.felosdemaceda.es www.galipedia.org www.turgalicia.es www.wikipedia.org

Nerea V谩zquez

39


12.-IRRIOS DE CASTRO CALDELAS 1.-Orixes da máscara O Irrio é unha máscara que acompaña na procesión da Virxe dos Remedios, patroa de Castro Caldelas.

2.-Descrición do traxe O Irrio leva unha máscara de madeira que representa a un home con barba,viste cunha especie de frac con grandes botóns no peito e un pano vermello na cabeza. Imaxe 1.-Irrios Castro Caldelas

Fonte: http://laboresvarios.blogspot.com.es/

3.-Costumes O costume é dar voltas á aldea dende a rúa principal ata o castelo.

40


4.-Situaci贸n no mapa Imaxe 2.-Situaci贸n Castro Caldelas

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fonte de informaci贸n www.castrocaldelas.es www.laboresvarios.blogspot.com.es www.galeon.com

Sabela Pousa

41


13.-MÁZCARAS DE MANZANEDA 1.-Orixes A orixe das Mázcaras ten unha longa tradición pastoril. É o entroido da provocación e do desquite entre as distintas aldeas veciñas. Esta rivalidade maniféstase en forma de versos e cancións satíricas sobre feitos acontecidos aos veciños ao longo do ano.

2.-Descrición do traxe O personaxe principal é a Mazcara. Leva un gran pucho en forma cónica, do que caen cintas de cores, puntillas de gran variedade cromática, unha mantilla floreada cruzada no peito, e na cintura leva colgadas varias chocas (ou “chocallas”). O ruído que provocan as chocas, xunto co dos sachos, fouces, caixas, gaitas e bombos, animan a festa, é o que se coñece como foliada ou folión que se cerra coa aparición do boi. Imaxe 1.-Mázcara

Fonte: www.turgalicia.es

42


3. Localización Manzaneda pertence á provincia de Ourense. Está a 80 km da cidade. Forma parte da comarca de Terras de Trives, limitando con Trives, O Bolo, Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa. Imaxe 2.- Manzaneda no mapa

Fonte: http://sing.ei.uvigo.es/

4. Fontes de información www.galeon.com http://sing.ei.uvigo.es:8080/natour/fiesta/popular/entr_manzaneda.htm http://www.turgalicia.es/ www.wikipedia.org

Aleika Rúa

43


14.-CHOCALLÓNS DE VILARDEVÓS 1.-Orixes da máscara A orixe das máscaras dos chocallóns non está moi clara. Hai unhas fontes que din que se podían tratar de máscaras que usaban os antigos recadadores de impostos que ían polas aldeas, de casa en casa, cobrándolle á xente en cartos ou en cultivos. Usábanas para que ninguén os recoñecera. Outras fontes din que podía tratarse dunhas máscaras que usaban os cazadores. De todas formas, as orixes a día de hoxe seguen sendo incertas.

2.-Descrición do traxe A súa vestimenta estaba composta por un pantalón e camisa de liño, polainas, unha careta cunha mitra pequena tapada cun farrapo na sua punta (co que lle daba e ensuciaba a xente). Dicíase que era un malandrín, e o curioso é que se chama chocalleiro pero non leva chocas, senón campaíñas como as que portaba antes o gando. Imaxe 1.-Chocalleiros de Vilardevós

Fonte: http://www.laregion.es/

44


3.-Costumes Un personaxe que percorría a localidade, perseguía a xente que non ía disfrazada e metíaa nunha taberna para que o invitara a un viño. Descubrimos que, ademais de carrozas e disfraces, realizábase unha batalla de cinzas e saía a figura do ``chocalleiro´´.

4.-Situación no mapa Imaxe 2.- Vilardevós no mapa

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fontes de información www.google.maps.com http://www.laregion.es/ http://www.lavozdegalicia.es/ Mario Cortés

45


15.-AS GÁRGOLAS DE CELANOVA 1.- Orixes da máscara O Concello pretende acadar unha fauna variada e ostentación de seres atractivos para dar ao Entroido de Celanova un partido que non tiña nada especial na cidade e verifícase que, durante séculos o propio mosteiro mantén nas súas pedras motivo suficiente para a inspiración. Estas gárgolas son definidas como "unha raza de seres oníricos que viven nun permanente clima de tranquilidade e silencio entre as pedras de mosteiro" e agora espertaron e volvéronse carne para saír pola vila. Dende o Concello recoméndase para os celanovenses que inviten a esas máscaras “de boa fe, cando entren aos bares para beber, porque con eles chega sempre o espírito do bo Entroido”.

2.- Descrición do traxe Celanova non tiña un Entroido importante ou tan famoso como noutras vilas de Ourense, e intentouse recuperar algo típico e optouse polas Gárgolas cuxos modelos se sacaron do Claustro Barroco do Mosteiro da Vila. No 2003 as máscaras fixéronse de papel de periódico e dende outubro do 2004 enchendo uns moldes con cartón pedra que se pegan con cola en varias capas para lograr unha máscara consistente. A roupa é de tipo medieval cunha túnica de aspecto relixioso e que leva unha especie de escudo en relevo. No é moi vistoso porque o que se pretende destacar é a máscara. Imaxe 1.-Gárgola de Celanova

Fonte: www.lavozdegalicia.com

46


4.- Situación no mapa Imaxe .-Celanova no mapa

Fonte:

5.-Fontes de información •

http://www.concellodecelanova.com/celanovavirtual/index.php? option=com_content&task=section&id=31&Itemid=249

http://www.concellodecelanova.com/celanovavirtual/index.php? option=com_content&task=section&id=31&Itemid=249

http://entroido.galiciadigital.com/es/protagonistas-del-carnaval

https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_San_Salvador_(Celanova)

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/02/16/2426307.shtml

http://culturagalega.gal/nova/noticia.php?id=815 Patricia Sampedro

47


16.-FREI CANEDO DA PONTE 1.-Orixes da máscara Mantendo a tradición, iniciada hai xa unha década, os cofrades de Frei Canedo da Ponte homenaxearon o seu patrón e a súa doutrina, baseada no goce e na entrega sen límites á esmorga do Entroido. A celebración, cuxa organización partiu dun grupo de veciños, dez anos atrás, converteuse no prato forte do Luns de Entroido na cidade. Os actos 'solemnes' da xornada comezaron pasadas as sete e media da tarde cun rito de purificación, acción para a que botaron man do seu coñecidísimo 'potefumeiro'. Cun motivo de tan especial aniversario, un total de 22 cofrades - todos continúan na agrupación desde a súa fundación- foron especialmente recoñecidos, e deuse a benvida a novos membros. A celebración ten lugar na entrada da Ponte Romana, onde se instala unha carpa e un escenario que serve de capela na que se oficia o rito relixioso coa presenza dun bispo que bendí o carnaval pontino.

2.-Descrición do traxe O cinto, de corda, mide aproximadamente uns dous metros para ir axustando os talles de cada freire. A tea que se usa para o propio hábito mide uns 2,5 metros. Cada ano cómpranse entre uns 7 e 10 metros de tea de saco para a confección dos traxes para os novos cofrades. A sinxeleza define este disfrace que só consta do hábito, un cordón como cinto e a capucha. Imaxe 1.-O traxe

Fonte: www.laregion.es

48


Imaxe 3.-Frei Canedo Imaxe 2.-Frei Canedo

Fonte: http://www.galeon.com/

Fontes de informaci贸n http://www.galeon.com/sloren/carnaval_ourense/carna2016.htm http://www.laregion.es/ Iria Rodr铆guez

49


17.-GALOS DA MEZQUITA 1.-Orixes da máscara Os Galos son a máscara típica da Mezquita, que bailan polas rúas xuntándose cos Mecos de Froxás das Viñas. Na cabeza levan reprodución dun galo, visten camisa e pantalón branco, ademais de levar gravata. Sobre os ombros locen dúas panoletas. Tamén se adornan con outras dúas panoletas que atan nos pulsos. Aínda visten unha máis, o chal que vai atada á cintura como se fose unha faixa. Varios colares rodean os seus colos. As mans cóbrense con luvas brancas e calzan botas negras, sobre elas, pásanse polainas da mesma cor e na man, non falta o bastón. Por certo, calzan chancos con herba curada dentro para quentar os pés. Ao domingo corredoiro empeza o Entroido da Mezquita co enterro dun galo grande e vello nun burato ao que se lle deixa descuberta a cabeza mentres un home cos ollos vendados avanza para darlle un golpe vertical, pero nunca conseguen danar o animal. Imaxe 1.-Detalle do disfrace

Fonte: http://www.laregion.es/

Imaxe 2.-Os galos

Fonte: https://lh4.googleusercontent.com/

50


2.-Situaci贸n no mapa Imaxe 3.-A Mezquita no mapa

Fonte: www.google.maps.com

3.-Fontes de informaci贸n http://www.laregion.es/ https://lh4.googleusercontent.com/ www.google.maps.com

Carmen L谩zara D铆az

51


18.-REI DE COVELO 1.-Orixes da máscara O martes de Entroido o REI e a súa comitiva saen da aldea ata o “Coto do Rano” librando unha batalla para desposuír o REI da súa coroa. O rei, nesta viaxe, vai protexido por unha pequena garda formada por: un xuíz, un fiscal, un procurador, un bobo e varios personaxes máis... A morte do entroido levaría consigo a entronización dun novo rei. Unha vez cumprido o ritual todos os participantes na festa baixan á aldea e son convidados a comer e beber por parte dos veciños de Covelo.

2.-Descrición do traxe Leva unha capa dourada, unha coroa e un bastón. Imaxe 1.-O rei

Fonte: www.farodevigo.es

3.-SITUACIÓN Covelo é unha aldea do concello de Melón na que se mantén unha celebración secular dun entroido diferente e único. Imaxe 2.-Covelo no mapa

Fonte: www.google.maps.com

52


4.-Fontes de informaci贸n -Informaci贸n da aula virtual do CEIP Manuel Sueiro e os debuxos feitos polo autor. -www.farodevigo.es www.google.maps.com

Rom谩n Formoso

53


19.-PITA DAS EIROÁS 1.-Orixes da máscara As orixes desta festa proveñen de mediados do século XX, grazas a dous viúvos (Antonio Guimarey e Gumersinda de Benavides). Como queira que fose, esta deixouse de celebrar nos comezos da década dos 70 e no ano 1999, decídese rescatar a memoria daquela celebración. Nos anos posteriores, vanse engadindo contidos a esta festa: unha representación teatral popular, a creación da imaxe da festa por parte de artistas locais, un xantar popular ou a creación dunha máscara que nacía coa intención de ser un dos símbolos do futuro barrio das Eiroás. 2-Descrición do traxe A máscara ten dúas partes: o casco (feito a medida da persoa que o vai levar) e o pescozo, realizado con medidas. O casco faise con vendas de estuque e emprégase como molde a propia cabeza da persoa portadora. Depois das capas suficientes e dos conseguintes modelados, engádense os picos laterais, anterior e posterior, líxase se for preciso e píntase con arranxo ás seguintes normas: a parte dianteira de xeito arlequinado, en cor branca e negra; e na parte traseira cadaquén elixe o xeito de o decorar; só terá que cumprir con un requisito: aquilo que debuxe terá que gardar relación coa natureza ou co matrimonio. O pescozo faise con papel-maché, seguindo as medidas. Depois de extender a pasta de papel por todo o longo do pescozo e de perfilar o que serán os papos e a crista da pita, engádense unhas plumas de feltro de cores vivas, que lle dan colorido ao conxunto da máscara. Trátase dunha chaqueta curta e dunhas calzas curtas negras sobre unha camisa e unhas medias de encaixe brancas, às que acompañan unhas polainas negras e diversos ornamentos. Dos brazos da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas de vivas cores (a xogo coa máscara) rematadas por 4 puntas das que colgan cadanseu axóuxere. As calzas curtas tamén levan 6 axóuxeres (3 por cada perna) no fondo das mesmas (ou sexa, á altura do xeonllo) das que colgan 4 fitas das mesmas cores empregadas no resto do traxe. A camisa é branca, sen pescozo, pois de aquí saen diversas fitas das cores habituais. As medias son brancas de encaixe. As polainas son negras e tamén conta con 2 axóuxeres por perna e 4 fitas. Ademais, o traxe compleméntase cun cinto de coiro, do que colgan 5 pequenas chocas e cunha bolsa tamén de coiro na que as Pitas levan os ovos que tiran a quen se cruza no camiño. Dos ombros saen outras fitas máis grosas e máis longas que son as que indican a antigüidade da Pita: por 54


cada ano, engadirase unha fita ao traxe (cada cor representa un ano). Imaxe 1.- As Pitas De Eiroás

Fonte: www.farodevigo.es

3.-Costumes Os ovos están baleiros e recheos de penso, malia cada Pita sempre levará polo menos un de verdade. As pitas son as encargadas de levar un carro coas olas, botar fariña e a voda da pita, consistente en casar a dous viúvos. Imaxe 2- A Voda Da Pita

Fonte: www.farodevigo.es

55


4.-Localizaci贸n

Imaxe 3-Eiro谩s no mapa

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fontes de informaci贸n www.farodevigo.es http://feiras.galiciadigital.com/nota/885 https://festadapita.wordpress.com/ www.google.maps.com

Alba Rodr铆guez

56


20.-VELLARRÓNS DE RIÓS 1.-Orixes da máscara O vellarrón é unha antiga máscara do entroido de Castrelo de Cima no concello de Riós, en proceso de recuperación. A figura do vellarrón desapareceu durante a década dos setenta, pero foi recuperado no entroido de Verín no ano 2007. O concello do Riós encargoulle a un xastre de Ourense a confección de nove traxes, que participaron no desfile do entroido.

2.-Descrición do traxe A máscara do Vellarrón, que se está a recuperar polo concello e asociacións culturais, representa unha cara humana, cunhas orellas pregadas, barba e bigote feitos con la de ovella negra. A coroa está feita con vimbio e papeis (Veiga do Seixo) ou tiras de tea (Castrelo de Cima) de cores. A vestimenta complétase cunha camisa de felpa cun triangulo invertido e adornada cunha especie de escarapelas ou flor de tea da que penduran fitas de cores; o pantalón vai adornado con flocos de cores, na cintura un pano e un cinto de esquilas. Nas pernas, polainas de coiro. Imaxe 1.-Vellarrón

Fonte: www.concelloderios.es

57


3.-Costumes Estas máscaras saían en grupo por Castrelo de Cima e polas aldeas veciñas a pedir cartos ou comida coa que facer logo un xantar para o grupo. Acompañando os vellaróns ían outros personaxes como a “Madama”, muller engalanada con roupas elegantes e o “Farrangón”, home disfrazado con roupas vellas e coa cara tapada, que era o encargado de recoller os aguinaldos que daban os veciños. Nalgunha ocasión concreta o vellarón ía acompañado dun cadelo disfrazado. O vellarrón, ao tempo que facía soar as campás do cinto, ía zorregando co “farrampo” (un látego similar a un mallo) a cantos atopaba na rúa ó seu paso. A xente dicíalle: "Vello, vello, vellarón, mete os cartos no bolsón!", para que gardase os cartos que algúns –poucos– lle daban. No lugar da Veiga do Seixo existía tamén unha máscara moi parecida á de Castrelo de Cima, coa diferenza de que a vestimenta estaba adornada con papeis de cores en vez das tiras de tea de cores que portaban en Castrelo. Outro dos costumes do carnaval en Castrelos eran as visitas e os bailes das mariposas (bolboretas), xa pola noite. Ataviados con panos, colchas ou calquera roupa vella, as chamadas mariposas ían de casa en casa entrando nelas, onde bailaban en medio de bromas e volvían a saír para continuar co seu baile na rúa e logo noutra casa, así ata recorrer toda a aldea.

4.-Situación O termo municipal ten 114,4 km², e está situado nun espazo de transición entre as terras altas situadas ao oeste e as do val do río Támega. Imaxe 2.-Riós no mapa

Fonte: https://gl.wikipedia.org/

58


5.-Fontes de informaci贸n www.concelloderios.es https://gl.wikipedia.org/

Rafael Dom铆nguez

59


21.-VERGALLEIROS DE SARREAUS 1.-Orixes da máscara As migracións, as censuras e o paso do tempo estiveron a piques de facer desaparecer esta máscara, pero por sorte recuperouse e desde hai xa máis de vinte anos, o vergalleiro volve percorrer as rúas de Sarreaus. É unha mestura de tres personaxes lembrados na comarca: o Matalobos, o Vergalleiro e o Polainas. De face risoña e pintada de branca, esta máscara ten círculos vermellos no queixo e nas meixelas e a súa mitra ten dous picos en cada lado dos que penduran unhas pequenas chocas. O vergalleiro leva un corno que fai soar para anunciar aos habitantes de Sarreaus que o Entroido é o seu tempo. Aínda que non son moitos os que desfilan con esta orixinal máscara é bo ver que se está facendo o esforzo por evitar que esta riqueza cultural caia no esquecemento. Imaxe 1.-Vergalleiros

Fonte: http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/

2.-Descrición do traxe O Vergalleiro é típico de Sarreaus, onde tamén os carnavais son moi famosos. Esta figura equivale ao cigarrón ou peliqueiro, pero, como se ve na fotografía, presenta as súas diferenzas. O traxe leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negra e vemella; un chaleco de feltro negro e polainas tamén negras con borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella, colgando as chocas ou campaíñas pequenas e borlas negras. O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa. 60


Imaxe 2.-Desfile de vergalleiros

s

Fonte: www.galeon.com

O vergalleiro foi recuperada polo ano 1994, pero hoxe xa está moi arraigada como máscara de Sarreaus. O traxe é moi bonito e, como pode verse, reproduce unha cara masculina e sorrinte. O vergalleiro leva a maiores un vergallo, que lle dá nome, e un corno para poñer unha música moi especial e enxebre nesta festa.

3.-Situación no mapa Imaxe 3.-Sarreaus no mapa

Fonte: https://www.google.es/maps/

61


4.-Fontes de informaci贸n http://www.galeon.com/carnaval_ourense/provincia.htm https://www.google.es/maps/ http://unpaseounafoto.blogspot.com.es/ Joel Colmenero

62


22.-PELIQUEIROS DE LAZA 1.-Orixes da máscara En Laza, o Entroido é do máis ancestral e dos que, realmente, seguen a tradición. O peliqueiro é o personaxes central. Existen outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Convén dicir que o peliqueiro é a máscara do Entroido de Laza, non é un disfrace, é unha máscara. Algunhas teorías sitúan o peliqueiro no século XVI, cando os condes exercían o seu poder na comarca e sitúanos como cobradores, aínda que outros falan de levantadores da caza, polas chocas.

2.-Descrición do traxe O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais, leva adornos e outros accesorios. A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompóns “pondóns” que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais. Na man leva a zamarra, que é unha especie de fusta que se usa unicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou se interpoñen no seu camiño. A camisa é branca e leva gravata. Leva unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e, finalmente, leva medias vermellas e zapatos negros. As seis chocas avisan da súa presenza. Cada unha pesa quilo e medio e están feitas de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso. Imaxe 1.-Peliqueiro de Laza

Fonte: http://www.galeon.com/

63


3.-Costumes Saen sobre 150 peliqueiros cada domingo de Entroido. “O peliqueiro non é un disfrace, lévase dentro”- di Luís Rivero que desde os oito anos vístese de peliqueiro. “O peliqueiro é sagrado, nunca se insulta, hai un respecto moi grande cara a el e non é un disfrace, lévase na alma... Un bo peliqueiro nunca quita a careta, non pode parar no medio da rúa, de aí que pegue co látego ás persoas que estean no camiño para que aparten...”

4.-Situación no mapa Imaxe 2.-Laza no mapa

Fonte: www.google.maps.com

5.-Fontes de información http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro5.htm https://www.google.de/maps/place/32620+Laza,+Ourense,+Espa%C3%B1a/@42.0599837,7.7419388,10z/data=!4m2!3m1!1s0xd3abe6ce4b26fd3:0x3662e32d1eef2581

64


23.-Outras máscaras... O xigante e touro de Celavente, o boi da Veiga, as bonitas de Sande, o folión de Buxán, os zarramanculleiros de Cualedro, os mecos bonitos e feos de Forxás das Viñas...

“Como conclusión, apuntar que para quen non somos extremadamente conservadores non é un mal síntoma que se críen novas máscadas (como é a da Pita d’As Eiroás ou as fermosas Gárgolas de Celanova) pois significa que a festa do Entroido segue viva, que o mellor Entroido do mundo (o da provincia de Ourense) segue tendo pulso e que non depende exclusivamente de tradicións criadas no pasado (porque incluso a máscada máis tradicional ten unha data de creación)”. Palabras de Lois Pardo en http://www.galeon.com/sloren/pita21.htm

65


66

As máscaras do Entroido ourensán  

Traballo do alumnado de 1º ESO - B do IES As Lagoas (Ourense).

As máscaras do Entroido ourensán  

Traballo do alumnado de 1º ESO - B do IES As Lagoas (Ourense).

Advertisement