Coplas dos Maios 2018

Page 1

COPLAS DOS MAIOS 2018

CPI ANTONIO FAÍLDE

Ola a todos! Poñede atención que os maios xa chegan para vós en acción. Sophia

Xa marchou o inverno e chegou a primavera, que trae o mes de maio con flores de roseira. Ana

-Maio, amigo, que traes contigo? -Un sol quentiño, unha morea de flores e bolboretas de cores. Sophia

O maio é moi pequeno, tan pequeno como o amor del. Crecen os froitos e o ceo no maio: auga, flores e mel. Ángela

Xa chegaron os maios, velos aquí están. Xa só queda que chegue o verán. Sabela Con flores hei de decorar e un poema hei de cantar. A festa hai que preparar que o maio está a chegar. Brais Chega o maio e todo se cobre de dourado. Está todo repleto de flores, que mestura de cores! Xa é maio... o mellor mes e, se queres, dígocho en francés. Xa é maio, xa é festa! Nós convidámoste a ver a orquestra! Aitana Aí vén o maio de flores cuberto. Cheo de ledicia, marchou o inverno! Thalía

Xa chegou o día, escoiten vostedes o que conta o maio sobre o que acontece. Andrea Queremos máis vacacións para poder desfrutar dos días do verán sen ter que estudar. Andrea Xa chegan os maios e imos protestar porque hai moitos deberes e moito que traballar. Candela Xa chegou o maio e moito vou estudar para os exames todos poder aprobar. Alexandre No CPI Antonio Faílde moito hai que estudar, se queres ir de vacacións sen ningunha deixar. Alexandre Estamos fartos de deberes, tamén do traballo, pero todos saben que chegaron os maios. David


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.