CULTURA CASTREXA

Page 1

CULTURA CASTREXA

Alumnado de 3º de EP

Redacción: alumnado de 3º de E.P.

Ilustracións: alumnado de 3º de E.P.

Edición e Fotografía : Iria Figueiro Viñas

Índice Presentación do proxecto ………………………………………….. 1 Castro da Lanzada ………………………………………………………..6 Castro de Baroña …………………………………………………………..8 Castro de Castrolandín ………………………….…………………. 10 Castro de San Cibrán de Las …………….…………………..… 12 Castro de Santa Trega ………………………………………….…… 14 Castro de Troña ……………………………………………………….…. 16 Castro de Viladonga ……………………………………………….…. 18

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Arrancamos o novo proxecto deste curso que tratou sobre a cultura castrexa. O ano pasado fixemos un traballo sobre o Camiño de Santiago, que foi moi interesante e aprendemos moito. Pero este curso queriamos saber que había antes de que existira o Camiño de Santiago.

Así que nos puxemos mans á obra!!!

No primeiro trimestre, fixemos unha chea de vídeos explicativos sobre o pobo castrexo e as súas tradicións: sobre a súa vestimenta e as tinturas que utilizaban naquela época para tinguir a súa roupa.

Outro, sobre os deuses aos que adoraban, a súa cultura e sobre o Samaín castrexo e as súas tradicions. Tamén fixemos un video sobre a visita de Ed. Infantil a Castrolandín.

No segundo trimestre, a primeira celebración do calendario foi o entroido. Este curso decidimos disfrazarnos de castrexas e castrexos. Cada clase elaborou os seus disfraces e todos os complementos. A ANPA do colexio tamén colaborou facendo un castro para a ocasión. Montamos un desfile na escola, con bailes e música galega. Tamén participamos en desfiles por Caldas de Reis, Valga e Padrón.

No terceiro trimestre, visitamos o museo de Pontevedra. Tamén fomos ao castro de Castrolandín, onde nos explicaron moitas cousas interesantes sobre a cultura castrexa.

Tamén visitamos Cuntis, onde aprendemos moito sobre a historia das burgas e o pasado romano da vila. Por último, a excursión de fin de curso tamén estivo relacionada co noso proxecto. Visitamos o castro de Baroña e achegámonos ao faro de Corrubedo.

Todo isto fixémolo para coñecer máis sobre os nosos antepasados, sobre a nosa historia. A continuación, presentámosvos un resumo sobre de todo que aprendemos.

COMEZAMOS!!!

CASTRO DA LANZADA

LOCALIZACIÓN

O castro da Lanzada está situado na parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo, aínda que unha parte do castro pertence ao concello do Grove (Pontevedra).

HISTORIA

O castro da Lanzada non foi un poboado fortificado nin amurallado, era un lugar de intercambio comercial que creceu ao longo da historia e permitiu a introdución do comercio no mundo antigo.

Atopáronse construcións de forma circular e ovaladas. Os habitantes deste castro dedicábanse a explotar os recursos que tiñan arredor: as minas de estaño e os almacéns de sal.

Os seus habitantes comerciaban con moitos lugares do mundo, como así o demostraron os restos atopados: obxectos doutros lugares coma Exipto ou Cartago.

Debido á súa actividade comercial, este castro continuou a empregarse aínda despois da invasión romana e mesmo despois da desaparición do pobo castrexo.

DATOS CURIOSOS

Neste castro había unha necrópole, un cemiterio da Antigüidade, no que aínda se atopan restos de corpos de nenos e tamén de adultos.

Foron encontrados restos óseos que tiñan fracturas curadas, o que nos indica que había habitantes que sabían sanar.

Tamén se atoparon restos de animais, o que nos permiten saber que tipo de animais había na época.

No xacemento, apareceron restos de obxectos doutros lugares, o que demostra que comerciaban con outros pobos castrexos.

3º E.P.

LOCALIZACIÓN

O Castro de Baroña está na localidade de Porto do Son, na provincia da Coruña.

HISTORIA

Este castro foi amplamente restaurado no ano 2012 e está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A forma do poboado é irregular para adaptarse ao espazo e ao terreo do monte no que está construído. Foi habitado dende a Idade do Ferro ata época romana. Ten catro zonas:

 As murallas: que actuaban como defensa.

 O foxo: escavado na rocha.

 A entrada.

 O interior do poboado: onde estaban as vivendas. Aquí, atopánse, entre outras cousas, unha lareira e os restos dun forno de pedra. Tamén se atoparon restos de muíños para moer cereais, así como fusaiolas, que servían para traballar os tecidos.

DATOS CURIOSOS

Durante as escavacións, apareceu unha peza moi valiosa, unha arracada: unha especie de pendente de ouro pequeno que agora está no museo de San Antón, na Coruña.

CASTRO DE BAROÑA
4º ED. INFANTIL 5º ED. INFANTIL 6º ED. INFANTIL

LOCALIZACIÓN

Está ubicado no municipio de Cuntis, a menos dun kilometro do centro da vila.

HISTORIA

O castro de Castrolandín foi construído a 251m de altitude, hai 2.500 anos. O pobo castrexo elixiu este monte polas súas características físicas, ideais para a súa defensa. O poboado contaba cun foso e murallas defensivas. Na actualidade, consérvase parte do muro defensivo e restos alguna vivienda.

Castrolandín conta cun centro de interpretación que se sitúa no centro da vila termal de Cuntis. No ano 2.000 créase a Fundación TerraTerrarum, encargada de xestionar o centro. Nel, atópanse diversos obxectos de interese, coma un tear, unha ampla exposición de pezas de cerámica e diverso material explicativo.

CASTRO DE CASTROLANDÍN

DATOS CURIOSOS

A estreita relación entre os seres mitolóxicos, coñecidos como mouros, e estas vellas construcións, deron lugar a unha multitude de lendas e historias.

Para a noite de San Xoán recuperouse unha vella tradición que consiste en rodear con fachos a muralla do antigo poboado e así encher de maxia “a noite máis longa” do ano.

4º E.P.

0 0

CASTRO DE SAN CIBRÁN DE LAS

LOCALIZACIÓN

O castro de San Cibrán de Las, localízase xusto na fronteira dos municipios San Amaro e Puxín, na provincia de Ourense.

HISTORIA

Poderemos consideralo un poboado castrexo, pero aproxímase máis a unha gran cidade fortificada romana. Por algo este castro era coñecido como “a cidade”.

O período da ocupación, ao estar comprendido entre os séculos ll a.C. e o ll d.C., acadou o seu esplendor cara a mediados do primeiro século da nosa era, tamén coñecido coma o comezo da romanización de Galicia.

Trátase dun castro intensamente romanizado.

DATOS CURIOSOS

En marzo de 2014 inaugúrase o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa que se ubica xunto aos restos do castro. Cando subimos cara ao poboado, ni imaxinamos o que nos imos atopar no alto. Só cando nos achegamos á muralla máis exterior e vemos as súas dimensións, empezamos a decatarnos do que se agocha arriba: unha verdadeira cidade.

5º E.P.

CASTRO DE SANTA TREGA

LOCALIZACIÓN

O castro de Santa Trega está situado no concello da Guarda (Pontevedra).

HISTORIA

As esváticás, que son uns motivos decorativos atopados nalgunhas casas do castro, representan o sol e a lúa. Eran adorados na cultura castrexa pola importancia que tiñan nos cultivos.

Tamén se atoparon varios torques, que eran unha éspecie de colares de ouro, que pertencían á elite guerreira do poboado.

Ademáis, atopouse neste castro o cabezón do Trega, unha figura de pedra que representa a cabeza dun humano.

DATOS CURIOSOS

Crese que vivirón arredor de 5.000 castrexos e castrexas neste castro. Os seus habitantes comerciaban a través de rutas marítimas con outros poboados.

E.P.

LOCALIZACIÓN

Está situado no termo parroquial de Pías, no municipio de Ponteareas (Pontevedra).

HISTORIA

O Castro de Troña tivo o seu esplendor cara aos séculos I a.C. e ll d.C.

Como moitos dos asentamentos castrexos de Galicia, os restos das edificacións conservadas datan de pouco máis de seiscentos anos a.C.

Atopamos cerca de 30 construcións de disitinto tipo: planta circular, cadrada, rectangular... Cabe destacar o torreón da primeira muralla, pois é un dos poucos exemplares que se coñecen deste tipo no noroeste peninsular. Ademais, ten un foso moi fondo, duns 18 metros de altura.

O Castro de Troña foi declarado Ben de Intrese Cultural (BIC) no 2.009.

CASTRO DE TROÑA

DATOS CURIOSOS

Destaca o importante petróglifo que representa unha serpe na posición heráldica, a serpe de Troña, grabada na cara vertical dunha das construcións do castro.

Dise que a serpe representa a fertilidade, tan apreciada por aqueles pobos, para asegurar a supervivencia da estirpe. Outras teorias afirman que é só un símbolo que ofrecía paz e tranquilidade ao poboado.

1º E.P.

CASTRO DE VILADONGA

LOCALIZACIÓN

O castro de Viladonga está situado em Castro Rei, no noroeste da Terra Cha lucense, a 23 km da cidade de Lugo.

HISTORIA

É un conxunto arqueolóxico da época tardorromana formado polo xacemento e un museo. Posúe varios recintos de murallas e fosos, dous antecastros, aínda sen escavar e a coroa central ou acrópole, onde se fan a meirande parte das construcións.

Atopáronse numerosas moedas, pendentes, xoias de ouro, broches, muíños, etc. Estas pezas consérvanse no museo.

As escavacións comezaron en 1972 e o museo rematouse en 1983, ainda que o público non puído visitalo ata1986. Na actualidade, está considerado coma un dos museos castrexos máis importantes de Galicia.

DATOS CURIOSOS

A acrópole está rodeada por unha alta muralla que defendía dos ataques ao poboado. A altura da muralla débese a que a súa localización xeográfica está nun lugar pouco elevado.

6º E.P.

CEIP SAN CLEMENTE DE CESAR Curso 2022-23

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.