1 minute read

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Arrancamos o novo proxecto deste curso que tratou sobre a cultura castrexa. O ano pasado fixemos un traballo sobre o Camiño de Santiago, que foi moi interesante e aprendemos moito. Pero este curso queriamos saber que había antes de que existira o Camiño de Santiago.

Así que nos puxemos mans á obra!!!

Advertisement

No primeiro trimestre, fixemos unha chea de vídeos explicativos sobre o pobo castrexo e as súas tradicións: sobre a súa vestimenta e as tinturas que utilizaban naquela época para tinguir a súa roupa.

Outro, sobre os deuses aos que adoraban, a súa cultura e sobre o Samaín castrexo e as súas tradicions. Tamén fixemos un video sobre a visita de Ed. Infantil a Castrolandín.

No segundo trimestre, a primeira celebración do calendario foi o entroido. Este curso decidimos disfrazarnos de castrexas e castrexos. Cada clase elaborou os seus disfraces e todos os complementos. A ANPA do colexio tamén colaborou facendo un castro para a ocasión. Montamos un desfile na escola, con bailes e música galega. Tamén participamos en desfiles por Caldas de Reis, Valga e Padrón.

No terceiro trimestre, visitamos o museo de Pontevedra. Tamén fomos ao castro de Castrolandín, onde nos explicaron moitas cousas interesantes sobre a cultura castrexa.

Tamén visitamos Cuntis, onde aprendemos moito sobre a historia das burgas e o pasado romano da vila. Por último, a excursión de fin de curso tamén estivo relacionada co noso proxecto. Visitamos o castro de Baroña e achegámonos ao faro de Corrubedo.

Todo isto fixémolo para coñecer máis sobre os nosos antepasados, sobre a nosa historia. A continuación, presentámosvos un resumo sobre de todo que aprendemos.

This article is from: