CULTURA CASTREXA

Page 1

CULTURA CASTREXA

Alumnado de 3º de EP

Arrancamos o novo proxecto deste curso que tratou sobre a cultura castrexa. O ano pasado fixemos un traballo sobre o Camiño de Santiago, que foi moi interesante e aprendemos moito. Pero este curso queríamos saber que había antes de que existira o Camiño de Santiago. Así que nos puxemos mans á obra!!!

No primeiro trimestre fixemos unha chea de vídeos explicativos sobre o pobo castrexo e as súas tradicións: a súa vestimenta, as tinturas que utilizaban naquela época para tinguir a roupa, sobre os deuses aos que adoraban, sobre a súa cultura e sobre o Samaín castrexo e as súas tradicions. Tamén fixemos un video sobre a visita de Ed. Infantil a Castrolandín.

No segundo trimestre, a primeira celebración do calendario foi o entroido. Este curso, decidimos disfrazarnos de castrexas e castrexos. Elaboramos nós mesmos os disfraces e todos os complementos. A ANPA do colexio tamén colaborou facendo un castro para a ocasión. Montamos un desfile na escola, con bailes e música galega. Tamén participamos en desfiles por Caldas de Reis, Valga e Padrón.

No terceiro trimestre, visitamos o museo de Pontevedra. Tamén fomos ao castro de Castrolandín, oonde nos explicaron moitas cousas interesantes sobre a cultura castrexa.

Tamén visitamos Cuntis, onde aprendemos moito sobre a historia das burgas e o pasado romano da vila. Por último, a excursión de fin de curso tamén estivo relacionada co noso proxecto. Visitamos o castro de Baroña e achegámonos ao faro de Corrubedo.

Todo isto fixémolo para coñecer máis sobre os nosos antepasados, sobre a nosa historia. A continuación, presentámosvos un resumo sobre de todo que aprendemos.

COMEZAMOS!!!

CASTRO DA LANZADA

LOCALIZACIÓN

O castro da Lanzada está situado na parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo, aínda que unha parte do castro pertence ao concello do Grove (Pontevedra).

HISTORIA

O castro da Lanzada non foi un poboado fortificado nin amurallado, era un lugar de intercambio comercial que creceu ao longo da historia e permitiu a introducción do comercio no mundo antigo.

Atopáronse contrucións de forma circular e ovaladas. Os habitantes deste castro dedicabanse a explotar os recursos que tiñan arredor: minas de estaño ou os almacéns de sal.

Os seus habitantes comerciaban con moitos lugares do mundo, como así o demostraron os restos atopados: obxectos doutros lugares coma Exipto ou Cartago.

Debido á súa actividade comercial, este castro continuou a empregarse aínda despois da invasión romana e mesmo despois da desaparición do pobo castrexo.

DATOS CURIOSOS

Neste castro había unha necrópole, un cemiterio da Antigüidade, no que aínda se atopan restos de corpos de nenos e tamén de adultos.

Foron encontratos restos óseos que tiñan fracturas curadas, o que nos indica que había habitantes que sabían curar.

Tamén se atoparon restos de animais, o que nos permiten saber que tipo de animais había na época.

No xacemento, apareceron restos de obxectos doutros lugares, o que demostra que comerciaban con outros pobos castrexos.

3º E.P.

LOCALIZACIÓN

O Castro de Baroña está na localidade de Porto do Son, na provincia da Coruña.

HISTORIA

Este castro foi amplamente restaurado no ano 2012 e está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A forma do poboado é irregular para adaptarse ao espazo e ao terreo do monte no que está construído. Foi habitado dende a Idade do Ferro ata época romana. Ten catro zonas:

 As murallas: que actuaban como defensa.

 O foxo: escavado na rocha.

 A entrada.

 O interior do poboado: onde estaban as vivendas. Aquí, atopánse, entre outras cousas, unha lareira e os restos dun forno de pedra. Tamén se atoparon restos de muíños para moer cereais, así como fusaiolas, que servían para traballar os tecidos.

DATOS CURIOSOS

Durante as escavacións, apareceu unha peza moi valiosa, unha arracada: unha especie de pendente de ouro pequeno que agora está no museo de San Antón, na Coruña.

CASTRO DE BAROÑA
4º ED. INFANTIL 5º ED. INFANTIL
ED. INFANTIL

CASTRO DE CASTROLANDÍN

LOCALIZACIÓN

EstáubicadonomunicipiodeCuntis,amenosdunkilometrodocentrodavila.

HISTORIA

No ano 2000 creouse a fundación Terra Terrarum para a protección e a posta en valor deste tesouro historico.

O castro de Castrolandín foi habitado entre o século IV antes de Cristo e o século I despois de Cristo.

4º E.P.

DATOS CURIOSOS

O castro de Castrolandín ten asociado un centro de interpretacion situado na zona vella da vila de Cuntis. O centro, xestionado pola fundación Terra

Termarum, conta cun tear, unha exposición de pezas de ceramica e diverso materialexplicativo.

0 0

CASTRO DE SAN CIBRÁN DE LAS

LOCALIZACIÓN

O castro de San Cibrán de Lás, localízase xusto na fronteira dos municipios San Amaro e Puxín, na provincia de Ourense.

HISTORIA

Poderemos consideralo un poboado castrexo, pero aproxímase ´máis a unha gran cidade fortificada romana Por algo este castro era coñecido como “a cidade”.

O período da ocupación, debido a estar comprendido entre os séculos ll a.C. e o ll d.C., acadou o seu esplendor cara a mediados do primeiro século da nosa era, tamén coñecido coma o comezo da romanización de Galicia.

Trátase dun castro intensamente romanizado.

DATOS CURIOSOS

En marzo de 2014 inaugúrase o Parque Arqueolóxico da cultura castrexa que se ubica xunto aos restos do castro. Cando subimos cara ao poboado, ni imaxinamos o que nos imos atopar no alto. Só cando nos achegamos á muralla máis exterior e vemos as dimensións, empezamos a darnos conta do que se agocha arriba: unha verdadeira cidade.

5º E.P.

CASTRO DE SANTA TREGA

LOCALIZACIÓN

O castro de Santa Trega está situado no concello de A Guarda (Pontevedra).

HISTORIA

As esváticás, que son uns motivos decorativos atopados nalgunhas casas do castro, representan o sol e a lúa. Eran adorados na cultura castrexa pola importancia que tiñan nos cultivos.

Tamén se atoparon varios torques, que eran unha éspecie de colares de ouro, que pertencían á elite guerreira do poboado.

Ademáis, atopouse neste castro o cabezón do Trega, unha figura de pedra que representa a cabeza dun humano.

2º E.P.

DATOS CURIOSOS

Durante as escavacións, apareceu unha peza moi valiosa, unha arracada: unha especie de pendente de ouro pequeno que agora está no museo de San Antón, na Coruña.

CASTRO DE VILADONGA

LOCALIZACIÓN

O castro de Viladonga está situado em Castro Rei, no noroeste da Terra Cha lucense, a 23 km da cidade de Lugo.

HISTORIA

E un conxunto arqueoloxico con xacemento e museo monográfico da época tardoromana. Consta de varios recintos de murallas e fosos, dous antecastro (áreas de expansións) e a coroa central ou acrópole, onde se fan a meirande parte das construcións.

DATOS CURIOSOS

6º E.P.

CASTRO DE TROÑA

LOCALIZACIÓN

Está situado no termo parroquial de Pías, no municipio de Ponteareas (Pontevedra).

HISTORIA

O Castro de Troña foi declarado Ben Cultural (BIC) no 2009. Posiblemente estivo habitado moitos séculos antes, pero os restos das edificacións conservadas datan de pouco máis de seiscentos anos antes de Cristo, como moitos dos asentamentos castrexos de Galicia.

O Castro de Troña tivo o seu explendor cara aos séculos I a.C. e ll d.C.

1º E.P.

DATOS CURIOSOS

Cabe destacar o importante petróglifo que representa unha serpe na posición heráldica.

CEIP SAN CLEMENTE DE CESAR

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.