2 minute read

CASTRO DA LANZADA

Localizaci N

O castro da Lanzada está situado na parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo, aínda que unha parte do castro pertence ao concello do Grove (Pontevedra).

Advertisement

Historia

O castro da Lanzada non foi un poboado fortificado nin amurallado, era un lugar de intercambio comercial que creceu ao longo da historia e permitiu a introdución do comercio no mundo antigo.

Atopáronse construcións de forma circular e ovaladas. Os habitantes deste castro dedicábanse a explotar os recursos que tiñan arredor: as minas de estaño e os almacéns de sal.

Os seus habitantes comerciaban con moitos lugares do mundo, como así o demostraron os restos atopados: obxectos doutros lugares coma Exipto ou Cartago.

Debido á súa actividade comercial, este castro continuou a empregarse aínda despois da invasión romana e mesmo despois da desaparición do pobo castrexo.

Datos Curiosos

Neste castro había unha necrópole, un cemiterio da Antigüidade, no que aínda se atopan restos de corpos de nenos e tamén de adultos.

Foron encontrados restos óseos que tiñan fracturas curadas, o que nos indica que había habitantes que sabían sanar.

Tamén se atoparon restos de animais, o que nos permiten saber que tipo de animais había na época.

No xacemento, apareceron restos de obxectos doutros lugares, o que demostra que comerciaban con outros pobos castrexos.

3º E.P.

Localizaci N

O Castro de Baroña está na localidade de Porto do Son, na provincia da Coruña.

Historia

Este castro foi amplamente restaurado no ano 2012 e está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A forma do poboado é irregular para adaptarse ao espazo e ao terreo do monte no que está construído. Foi habitado dende a Idade do Ferro ata época romana. Ten catro zonas:

 As murallas: que actuaban como defensa.

 O foxo: escavado na rocha.

 A entrada.

 O interior do poboado: onde estaban as vivendas. Aquí, atopánse, entre outras cousas, unha lareira e os restos dun forno de pedra. Tamén se atoparon restos de muíños para moer cereais, así como fusaiolas, que servían para traballar os tecidos.

Datos Curiosos

Durante as escavacións, apareceu unha peza moi valiosa, unha arracada: unha especie de pendente de ouro pequeno que agora está no museo de San Antón, na Coruña.

Localizaci N

Está ubicado no municipio de Cuntis, a menos dun kilometro do centro da vila.

Historia

O castro de Castrolandín foi construído a 251m de altitude, hai 2.500 anos. O pobo castrexo elixiu este monte polas súas características físicas, ideais para a súa defensa. O poboado contaba cun foso e murallas defensivas. Na actualidade, consérvase parte do muro defensivo e restos alguna vivienda.

Castrolandín conta cun centro de interpretación que se sitúa no centro da vila termal de Cuntis. No ano 2.000 créase a Fundación TerraTerrarum, encargada de xestionar o centro. Nel, atópanse diversos obxectos de interese, coma un tear, unha ampla exposición de pezas de cerámica e diverso material explicativo.

Datos Curiosos

A estreita relación entre os seres mitolóxicos, coñecidos como mouros, e estas vellas construcións, deron lugar a unha multitude de lendas e historias.

Para a noite de San Xoán recuperouse unha vella tradición que consiste en rodear con fachos a muralla do antigo poboado e así encher de maxia “a noite máis longa” do ano.

4º E.P.

This article is from: