Revista033

Page 1

REVISTA DO IES MENDIÑO nº 33 EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Sedia-m’eu na ermida de San Simión e cercáron-mi-as ondas que grandes son. Eu atendend’o meu amigo! E verrá?


ÍNDICE 1

Introdución ........................................................................................................ 3

2

A festa do Samaín .............................................................................................. 4

3

Concurso dos contos de medo. ....................................................................... 10

4

20 de novembro Día do Orgullo Trans.......................................................... 11

5

Dia internacional contra a violencia contra as mulleres (25 de novembro) ........................................................................................................ 13 5.1

Elaboración de poemas e actividades contra a violencia de xénero. ............................ 13

5.2

Lembranza do legado das irmás Mirabal. ..................................................................... 19

6

Nadal. ................................................................................................................ 30

7

O Día da paz (30 de xaneiro) .......................................................................... 41

8

O entroido ........................................................................................................ 44

9

Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ..................................................... 50

10 Día internacional da muller (8 de marzo) ..................................................... 65 11 Día internacional da poesía (21 de marzo) ................................................... 67 12 Día do libro (23 de abril) ................................................................................ 70 12.1 Elaboración do proxecto “Lemos e creamos” .............................................................. 74

13 Os retratos do noso alumnado ....................................................................... 85 14 Os maios. .......................................................................................................... 97 15 Día das Letras Galegas (17 de maio) ........................................................... 101 15.1 A súa biografía............................................................................................................ 101 15.2 O recitado das poesías máis representativas de Xela Arias ........................................ 103 15.3 Participación no vídeo-encontro ................................................................................. 103 15.4 A nosa visión plástica de Xela Arias .......................................................................... 103

16 Relatos da Reboraina XXII edición ............................................................. 116 17 A nosa radio: Concurso para a elección de logo ........................................ 117 18 O libro de poemas Recital do Mendiño ........................................................ 117 19 O certame de poesía María Soliño de Cangas ............................................ 120 20 Premio no concurso “Explícoche Matemáticas 2.0”·................................. 122 21 Obras da autoría do alumno Iker Barcia ................................................... 124


1 Introdución Este ano foi un ano excepcional onde moitos eventos non se puideron celebrar, a asistencia ás aulas foi diferente e mesmo os patios se dividiron por niveis para gardar a distancia de seguridade.

Aínda así logramos realizar moitas actividades ao longo do curso, algunhas delas tivemos que adaptalas para que fosen seguras pero resulta emocionante lembralas. Nestas páxinas convidámosvos a rememorar ou coñecer algunhas das máis salientables:

3


2 A festa do Samaín Este ano non se puido celebrar o tradicional magosto nin a festa tradicional do Samaín debido á situación de pandemia que estamos padecendo, daquela convidamos ao noso alumnado a deseñar cabazas para conmemorar esta data e con elas decoraron as aulas. Velaquí só algúns exemplos da súa creatividade:

4


5


6


7


8


9


3 Concurso dos contos de medo. No mes de santos adoitamos celebrar este concurso que este ano tivo moitos participantes e unha grande calidade literaria. Nesta mesma páxina do instituto, no apartado de Dinamización Lingüística atoparedes os textos gañadores e algúns dos finalistas para poderes lelos. (VER PÁXINA INSTITUTO) As gañadoras do apartado de 1º e 2º da ESO foron: Sara Lago Parada 1º ESO Ce Ángela Freire Muíños 2º ESO C

Os gañadores de segundo ciclo 3º e 4 da ESO foron: Hugo Bouzón Martínez 4º ESO B e Eva Darriba Cabaleiro 3º ESO C

10


4 20 de novembro Día do Orgullo Trans Para conmemorar este día fixemos unha recompilación de ideas para reflexionar sobre o tema e as actitudes sociais cara a el. Posteriormente elaboramos un decálogo con aquelas reivindicacións que nos pareceron máis destacables, confeccionamos un cartel e colgámolo xunto ao banco pintado coa bandeira trans que está situado no recibidor do instituto para compartir con todos os alumnos a nosa reivindicación.

11


Ademais nas diferentes clases traballamos nas titorías na elaboración de frases reivindicativas que convidan á reflexión. Mario González Vilas 3º ESO C: Que non sexa hetero non significa que me gustes Antía Martínez Lago 3º ESO C: Se mira pero non se critica. Nicolás Pérez Corral 3º ESO C: Por que ter pluma non te fai menos home. Estela Mouriño Vidal 3º ESO C: A enfermidade é xulgarnos polo que somos. Brais Pena Fernández 3º ESO C: Eu son muller e gústanme as mulleres, ti es home e gústanche as mulleres; non atopo a diferencia. Martín Rivera Villar 3º ESO C: Podes opinar de min pero non odiarme. Sara Rodríguez Vilar 3º ESO C: Sinto o que está no meu corazón, non o que os demais queren que sinta. Ramón-Blu Sousa Virgo 3º ESO C: Home ou muller, garabata ou saia, somos humanos. Brais Tellado Castellano 3º ESO C: Os polos iguais tamén se atraen.

12


5 Dia internacional contra a violencia contra as mulleres (25 de novembro) 5.1 Elaboración de poemas e actividades contra a violencia de xénero. Nas diferentes aulas elaboramos poemas para reivindicar o respecto cara ás mulleres e condenar o maltrato. Estes son algúns dos exemplos máis salientables: “A besta”

“Quizais”

Coa súa mirada penetrando na súa pupila, sentir os momentos de tensión repetidos no día a día, sen recuperar a ilusión.

Quizais, cando nun día se murchen as flores, cando as árbores caian, poderei gritar o seu nome.

Camiñando cara ao recanto, o recanto do gran salón. observaba pola fiestra murcharse aquela flor.

Quizais, o día no que me renda, o día no que eu caia, ------ con grandes

“Levántate do chan!” A besta outra vez gritaba, e con bágoas no rostro ela se levantaba.

Pero non, resistirei, xunto as flores da primavera, xunto ás árbores medrarei. Non serei unha muller vencida.

Loitaba pola súa liberdade, por deixar de ser a presa; loitaba por escapar e non ser un número na prensa.

Collín as rendas da miña vida, as que hai tanto tempo perdín. Agora son unha muller florida. Son a mesma que cando o coñecín. Eu.

Verónica Lago Alonso 3º ESO C

Antía Martínez Lago 3º ESO C

“Teño medo” Téñolle medo aos que actúan mal Téñolle medo aos que acosan Téñolle medo aos que maltratan Téñolle medo aos que matan. Téñolle medo aos maltratadores Téñolle medo aos acosadores Téñolle medo aos asasinos. Téñolle medo ás malas persoas. Brais Tellado Castellano 3º ESO C

13


“Quero ser eu” Amence un novo día Máis escurécese a miña alma, A túa soa presenza Irrompe a miña calma.

Liberareime das túas cadeas Das túas mans odiosas e frías, Da gaiola na que vivo Dende que te coñecín un fatídico día.

Fuxo da túa ollada Cruel e fría, Unha dor que me anega día tras día.

Armareime de valentía Loitarei contra vento e marea Para dicirche a ti: A vida paga a pena!

Non quero o teu amor, Non quero o teu perdón; Quero ser libre, Ser persoa... ser eu.

Cicatrizarán as miñas feridas, Aprenderei a sorrir, A voar en liberdade, Simplemente quero... ser feliz! Eva Darriba Cabaleiro 3º ESO A

“Quero querer ben” Non quero que a violencia sexa a solución. Non quero que todo se solucione cunha amoestación. Non quero que a xente maltrate por non ter a mesma opinión. Non quero que a violencia tome o control. Quero que o mundo tome conciencia desta situación. Quero que haxa unha liberdade sen condicións. Quero que a violencia de xénero desapareza dos periódicos. Quero que entendamos que todos somos iguais. Non quero que faga falta facer poemas para tomar conciencia. Non quero que algúns teñan que poñer as regras. Non quero que esta situación empeore. Non quero que esta situación se rememore. Quero que todo isto só teña sido un pesadelo. Quero que aparezan solucións enriba da mesa. Quero que a sociedade se libre deste problema que tanto pesa. Quero que os casos de violencia non se volvan repetir. Pablo Cabaleiro Souto 3º ESO A

14


“¡Vivir non é sufrir”

“Teño que gritar”

Un día máis na miña vida, outra malleira que aínda doe máis. Estou farta de aguantar. ¡Isto tense que acabar!

Teño que gritar a dor dos meus amores, A tristeza que gardo nos meus ollos, A desilusión que sinto é velo. A borrasca de pensamentos que gardo.

Non fixen nada. Non dixen nada. Só te escoito berrar, nunca podemos falar.

Teño que gritar porque me afundo neste silencio, Por que me sinto perdido, Por que non sei que facer. Por que é o meu deber.

Vístome como queres ti e non como quero eu. Non podo decidir por min, só teño que facerche caso a ti.

Xa gritei a dor dos meus amores, Os meus ollos xa non rebosan tristeza, Por fin encontrei o meu camiño, Xa cumprín co meu deber.

Isto é un inferno que non podo aguantar máis. Mellor prefiro non vivir e morrer para deixar xa de sufrir. Adrián Míguez Campos 3º ESO C

Xa gritei, descansei! Alexandra Ucha Lago 3º ESO C

“Pódese saír” Non puiden saír dos teus abrazos, Non puiden saír dos teus insultos, Non puiden saír e non quixen saír. Non puiden saír dos teus enganos, Non puiden saír dos teus malos tratos, Non puiden saír e non quixen saír. Agora, con axuda, conseguín saír dos teus brazos. Conseguín deixar atrás os teus insultos, os malos tratos, os enganos, os abusos... Agora teño unha vida nova e ti xa non estás nela. Podía, quería e conseguín saír dos teus brazos. Aitana Sánchez Mecke 3º ESO C

15


No grupo de 3º ESO A levaron a cabo na hora de titoría unha intervención na rúa situada fronte á entrada principal do instituto para lembrar as mulleres mortas, a súa procedencia e pintaron no chan a súa pegada simbolizando que non as esquecemos:

Actividade realizada por 3º ESO A

16


Actividade realizada por 3º ESO C

17


Actividades realizadas por 3º ESO B

18


Pero este 25 de novembro, Dia internacional contra a violencia contra as mulleres foi especial no IES Mendiño pois este ano os departamentos de Relixión e de Educación Plástica e Visual programaron unha actividade coa que conmemoramos este día dun xeito especial lembrando: 5.2 Lembranza do legado das irmás Mirabal. Cando en 1930 un cruel ditador chamado Rafael Trujillo subiu ao poder na República Dominicana, tres irmás empezaron a loitar pola liberdade. Eran as irmás Mirabal: Minerva, Patria e Mª Teresa. Foron coñecidas polo alcume das Bolboretas, pois este era o nome co que Minerva se identificaba nas relacións políticas. Repartiron panfletos e organizaron un movemento de protesta contra Trujillo para restablecer a democracia no seu país. A Trujillo isto non lle gustou nada. Baixo o seu punto de vista, mulleres coma as irmás Mirabal non servían máis que como compaña nas grandes festas. Debían admiralo, aceptar flores e agasallos, sorrir e dar as grazas. Non tiñan que erguer a voz nin estar en desacordo... e por suposto, tampouco podían aspirar a derrocar o seu réxime. A feroz independencia das Bolboretas asustábao, así que tentou silencialas por todos os medios. Primeiro encarcerounas, impedíndolles defenderse de xeito legal. Encerrou a Minerva e máis á súa nai nun cuarto dun hotel… e mesmo tratou de seducila. Ela rexeitouno: a súa dignidade non estaba en venta. Non lle interesaba ser a moza dun poderoso tirano. Ela só quería a liberdade do seu país. Cando Trujillo se viu rexeitado nos seus avances amorosos complicoulle a vida a toda a familia. En 1960, Patria, María Teresa e Minerva foron interceptadas nun auto pola policía secreta, quen tras golpealas e aforcalas, deixounas caer por un barranco, tratando de encubrir o crime coma un accidente. O impacto non se fixo esperar: eran líderes, eran nais, eran mulleres con voz. Patria tiña 36 anos cando morreu; Minerva, 32 e María Teresa só 25. O crime conmoveu á nación, cansada de tres décadas de violencia. O valor das irmás Mirabal inspirou aos dominicanos e ás dominicanas e deulles forza para opoñerse á ditadura de Trujillo, quen ao ano seguinte foi asasinado. Os corpos das irmás Mirabal foron atopados o 25 de novembro de 1960. Na súa honra a ONU decretou que este día, 25 de novembro, fose declarado o Día Internacional para Eliminar a Violencia contra a Muller. As Mirabal tiñan outra irmá, Bélxica, alcumada Dedé, quen continuou co legado da súa familia. Hoxe transformáronse en iconas do feminismo e nun símbolo da República Dominicana, onde ademais da provincia que leva o seu nome teñen un museo e unha homenaxe na vía pública.

19


Montamos unha exposición na entrada do centro con dous grandes carteis onde se explicaba a historia e o legado destas mulleres. Pero unha manchea de bolboretas decoraron tamén os nosos corredores, a secretaría, as portas, as paredes... todo o centro evocaba o alcuño destas mulleres que nós queriamos lembrar dar a coñecer á comunidade educativa.

20


21


22


23


24


25


O instituto encheu as súas paredes de bolboretas para homenaxear as irmáns Mirabel.

Pero a homenaxe transcendeu o instituto e levouse ao Concello, á praza, centro de saúde... Fíxose partícipe da homenaxe a toda a comunidade redondelá. 26


27


28


As bolboretas encheron todas as dependencias do concello.

29


6 Nadal. Con motivo das festas do Nadal, en coordinación co Departamento de Plástica, proxectamos elaborar estrelas traballando o debuxo técnico e decorando estas figuras para que incorporaran mensaxes na nosa lingua con diferentes formatos segundo a creatividade dos alumnos. Deste xeito as aulas foron decoradas espallando a creatividade de cadaquén:

30


31


32


33


34


35


Con motivo das festas do Nadal traballamos tamén o cómic en 1º da ESO:

36


37


Con motivo da celebración do Nadal proxectamos para os alumnos da ESO a redacción de cartas aos Reis Magos. Nestes momentos de pandemia consideramos que esta era unha boa opción para que os mozos expresen a súa solidariedade, reflexión ética, pensamento e acritude cívicos nestas datas... nun texto con formato epistolar. Velaquí algúns exemplos: Redondela 1 de decembro de 2020 Queridos Reis Magos: Ola, Reis Magos, son Javi. Debido á situación actual que se está vivindo, este ano non vos vou pedir regalos materiais senón que o que quero é que me cumprades algúns desexos: -Que xa non haxa pobreza. Este é un desexo que moita xente pide pero nunca se cumpre, aínda así é bo intentar que se cumpra por iso volo pido. -Que haxa máis igualdade. Neste tempo de repente está habendo moita desigualdade e por iso vos pido que o arranxedes. -E por último, se puidera ser, querería a vacina contra o coronavirus. Como xa sabedes, pois deberiades, hai unha gran pandemia e entón pídovos a vacina para resolvelo, por favor! Un cordial saúdo e ata o próximo ano. Javier Gil Míguez 1º ESO B 38


Redondela 30 de novembro de 2020 Queridos Reis Magos: Este ano non vos quero pedir nada de xoguetes, só quero que acabedes con este virus xa que lle está arruinando a vida a moitas persoas. Tamén vos pediría que regalarades un pouco de alegría por todo o mundo xa que nestes tempos non hai moita. E se podes ser, xa é a última cousa, pediríavos que poidamos celebrar o Nadal como todos os anos, é dicir, (o que en realidade quero) podernos abrazar, comer todos xuntos... Tamén me gustaría poder volver abrazar aos meus amigos e aos meus familiares sen ter medo. Iso é o único que quero pedir, aínda que non sexades capaces de cumprilo todo, de todas formas envíovos as grazas. Un bico e unha aperta enorme. Nuria González de la Iglesia 1º ESO B

Redondela 1 de decembro de 2020 Queridos Reis Magos: Este ano só vos vou pedir unha cousa: que acabe o Covid por que non o soporto! Ademais este ano fixen cen mil exames e aínda por riba con máscara! É un asco! Pero se nos quitades o Covid pois acabamos antes. Penso que ao principio crían que non era nada pero creceu e agora xa vaias onde vaias terás que botar xel, levar a máscara... Outro problema, a xente quere sacar diñeiro a costa disto e os médicos traballando todo o día... Non é xusto! Por todo isto este ano quero como único agasallo que se acabe o Covid! Moitas grazas, Reis! Confío na vosa maxia. Apertas e bicos. Samuel Villaverde Quinteiro 1º ESO B

39


Redondela 9 de decembro de 2020 Queridos Reis Magos: Este ano foi un pouco peculiar pois veuno complicar todo isto da pandemia, apareceu o Covid-19 que se pensa veu da China pero que aínda están investigando de onde ven... Outros anos, sobre todo cando era máis pequeno, pedíavos moitas cousas, pero este ano vou ás cousas esenciais: en primeiro lugar, querería pedirvos saúde para todo o mundo, non só para os meus familiares e amigos, senón tamén para todas as persoas do mundo, coñecido ou non, que me caian ben ou mal. Outra cousa que vos quero pedir son algúns regalos pero de pouco prezo e son só dous: un skate tech deck e un skatepark tech deck e se non pode ser non pasa nada, todo o contrario con que só me traiades saúde á xente do mundo xa me conformo. O máis importante de todo é a saúde. Coidádevos moito. Unha aperta. Kefyalew Martínez Noya 3º ESO B

Redondela 9 de decembro de 2020 Queridos Reis Magos: Este ano só quero pedirvos que a pandemia mellore e que nos poidamos esquecer das máscaras; pero mentres iso non suceda, quero que todas as persoas poidan acceder á Sanidade pública e poidan comprar máscaras. Tamén me gustaría que a xente que non pon a máscara ou que a pon mal se dea conta do grave problema que iso supón para todos nós, pois poden ser asintomáticos e contaxiar a moita xente. Non sirve de nada levar a máscara se non a levan ven posta ou a levas baixada. Ademais gustaríame que a vacina chegase rápido a España e, aínda que este Nadal vaia ser diferente, poidamos celebrar o seguinte con quen queiramos. Un abrazo. Sara Lusquiños Álvarez 3º ESO B

40


7 O Día da paz (30 de xaneiro) Con este motivo elaboramos unha manchea de pombas decoradas nas que escribiremos sobre o seu corpo unha mensaxe dun persoeiro sobre a paz no mundo. Velaquí algúns exemplos da creatividade dos nosos alumnos de 3º ESO C:

41


42


43


8 O entroido Este ano esta festa tradicional non se puido celebrar con normalidade aínda que si fixemos unha exposición no corredor do instituto cos diferentes entroidos de toda Galicia. Na páxina do instituto no apartado de Dinamización Lingüística colgamos para toda a comunidade educativa o material da exposición realizada no centro que consistía nun mapa coa distribución dos diferentes entroidos polo noso territorio e 23 carteis coa explicación individualizada de cada un deles e fotografías ilustrativas das súas peculiaridades. Ademais moitos dos alumnos, profesorado e outros membros da comunidade educativa viñeron disfrazados a clase pois estas tiveron que desenvolverse coma un día cotián debido á pandemia.

Exposición do entroido no corredor do IES Mendiño. 44


45


46


47


48


49


9 Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) Con motivo da lembranza desta data lemos nas titorías diferentes composicións da escritora e os alumnos elaboraron unha actividade plástica suxerida pola lectura que cadaquén escolleu como a máis evocadora segundo a súa sensibilidade. O Departamento de Educación Plástica e Visual propuxo unha actividade aos alumnos de 3º de ESO que consistiu en realizar un retrato da nosa poetisa. Cada alumno escolleu a corrente artística preferida ou que na súa opinión mellor lle acae á nosa escritora. Velaquí as dúas exposicións nas que se recollen as persoais e sorprendentes achegas á figura de Rosalía de Castro do noso alumnado:

50


A alumna Antía Martínez Lago elaborou este magnífico cartel para a exposición. 51


52


53


54


A exposición dos retratos de Rosalía de Castro O departamento de Educación Plástica e Visual amosa nesta exposición a visión plástica que o noso alumnado ten da poetisa. Os retratos de Rosalía de Castro abranguen características moi diferentes, con debuxos, colaxes, acuarelas e óleos. Toda unha gran variedade expresiva que amosa toda a enriquecedora creatividade do noso alumnado. A mostra apareceu exposta no corredor do primeiro andar e resultou unha das máis fermosas tarefas realizadas polo alumnado de 3º da ESO deste ano académico. Non pasou desapercibida, como ben se percibe no gran espazo ocupado polas obras creadas:

55


56


57


58


59


60


61


62


63


64


10 Día internacional da muller (8 de marzo) Con motivo da conmemoración do día da muller expuxemos un cartel para dar a coñecer á comunidade educativa unha serie de mulleres galegas pioneiras en diferentes ámbitos: O alumnado de 3º da ESO tamén desenvolveu un pequeno traballo de investigación sobre aquelas mulleres que marcaron un fito na nosa historia: Concepción Arenal, Verónica Boquete, Sara Parks, etc. a continuación fixeron unha exposición oral para contarlles aos seus compañeiros os datos máis significativos da biografía da muller que cada un elixiu e posteriormente imprimimos ese traballo e expuxémolo nun cartel no corredor do centro para divulgar entre toda a comunidade educativa as diferentes figuras traballadas.

65


66


11 Día internacional da poesía (21 de marzo) O alumnado de 2º de ESO realizou de xeito voluntario na materia de Lingua Castelá co gallo do "Día Internacional da Poesía" uns vídeo-poemas que podedes consultar na seguinte dirección: https://drive.google.com/drive/folders/1RYfx8nEMDE12tD5PCvDjI0jFOMTKMRyD?usp=sharing

O alumnado de 4º de ESO para conmemorar este día da poesía desenvolveu unha actividade que consistiu na elaboración de caligramas. Velaquí algúns exemplos:

Traballo elaborado polo alumno Hugo Bouzón Martínez de 4º ESO B

67


68


69


12 Día do libro (23 de abril) Para celebrar esta data desenvolvéronse diferentes actividades: -Os alumnos do curso de 1º ESO elaboramos numerosos marcapáxinas con papel avellentado con café e empregando letra gótica do século XIV. O obxectivo desta actividade consistía en que os rapaces mellorasen a súa psicomotricidade e valorasen a importancia de coidar o feitío das grafías á hora de escribir. Velaquí os fermosos traballos dos nosos alumnos de 1º ESO B:

- Os alumnos de 2º ESO conmemoraron o 23 de abril elaborando as súas recomendacións de lectura co gallo do día do libro e as súas creacións escritas, que consistiron en redactar descricións subxectivas a partir de cadros famosos. Se queredes ver os seus escritos consultade o seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1nY8oHPKoFBBz6d9ilNc_OK87lXqV3GLh?usp=sharing

- O equipo de biblioteca expuxo no corredor do instituto numerosas recomendacións en forma de portadas dos seus libros preferidos elaboradas polo alumnado dos diferentes niveis educativos: 70


71


72


73


12.1 Elaboración do proxecto “Lemos e creamos” A partir da lectura do libro A pomba e o degolado, da autora Fina Casalderrey os alumnos de 4 da ESO elaboraron estes fermosos traballos:

74


75


76


77


78


79


80


81


82


83


84


13 Os retratos do noso alumnado O departamento de Plástica levou a cabo un proxecto precioso de retratos elaborados polos nosos alumnos de si mesmos. Velaquí algúns dos exemplos da súa creatividade:

85


86


87


88


89


90


91


92


93


94


95


96


14 Os maios. Con motivo da chegada do primeiro de maio os alumnos de 3º da ESO C elaboraron as coplas típicas de benvida da nova estación e de reivindicación ou reclamación por aqueles acontecementos que non se desenvolveron ben ao longo do ano (a pandemia, o desenvolvemento do curso escolar, o uso da máscara, a privación do lecer e o encontro cos amigos...). No corredor do instituto e na aula puxemos un pequeno cartel anunciando a celebración e algunhas das coplas redactadas polo alumnado. Na páxina web do instituto, no apartado de Dinamización Lingüística, pódese consultar o documento cos cantos e as letras dos maios deste curso 2020-2021:

97


Velaquí algúns exemplos desas coplas:

98


99


100


15 Día das Letras Galegas (17 de maio) Este ano 2021 o día das nosas letras homenaxea a figura de Xela Arias e para homenaxear á autora no noso instituto elaboráronse diferentes actividades: 15.1 A súa biografía Elaboramos a súa biografía nun cartel de grandes dimensións que se expuxo na cafetería do instituto para que toda a comunidade educativa a coñecese a súa vida, a súa obra e o seu legado cultural e ideolóxico.

A exposición aparece estruturada en catro partes: a) Unha breve biografía de Xela Arias, b) Un resumo da súa xeira na editorial Xerais onde foi a responsable da edición de obras de outros autores, unha das primeiras en galego. c) Outro apartado recolle o seu salientable labor como tradutora, pois contribuíu notablemente á divulgación de obras clásicas na nosa lingua. Mesmo se indican os premios acadados nese ámbito pola autora. d) Finalmente aparecen as recensións das súas diferentes obras entre as que salientan os seus libros de poemas: Tigres coma cabalos, Intempériome, Darío a diario... Xela Arias amósase coma unha das primeiras mulleres editoras en galego, tradutora, poetisa, profesora e exemplo para todos nós de reivindicación lingüística. 101


102


15.2 O recitado das poesías máis representativas de Xela Arias Nas titorías de 3º da ESO realizouse o recitado e mesmo gravacións das poesías que tiñabamos recollidas na escolma que o profesorado fixeramos dos diferentes libros da autora para comprender a evolución da súa xeira poética. 15.3 Participación no vídeo-encontro O alumnado de 4º de ESO participou nunha vídeo-conferencia coa investigadora Mª Xesús Nogueira unha das súas especialistas na súa obra quen fixo unha completa achega á biografía da autora e as súas obras. Tamén interveu o fillo da escritora cunhas verbas moi emotivas e detalles inéditos da autora. Finalmente, algúns alumnos en representación de cada un dos instituto do concello, recitaron diferentes poemas da autora. A actividade foi desenvolvida pola biblioteca de Chapela que nos convidou a participar a todos os centros do municipio. https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2021/05/compartome-un-achegamento-xela-arias.html

Neste enlace podedes ver os datos do propio evento e a súa gravación. 15.4 A nosa visión plástica de Xela Arias O alumnado de 3º ESO tamén traballou a figura da escritora dun xeito máis persoal. Na aula virtual do Equipo de Dinamización Lingüística colgamos unha antoloxía dos diferentes libros de Xela Arias para que os/as alumnos/alumnas os leran e escollesen aquel que preferiran. Posteriormente, deberían ilustrar a composición cunha obra plástica (caricatura, debuxo, pintura...) para deste xeito ofrecer a súa visión da autora. Velaquí as súas creacións:

103


o 104


105


106


107


E

108


109


110


111


112


Tamén para homenaxear a figura de Xela Arias, as alumnas de 4º ESO B Julia Amoedo e Sira Pena elaboraron este fermoso cómica baseado nun poema da autora:

113


114


115


16 Relatos da Reboraina XXII edición Coma cada ano o colexio de Reboreda celebrou o concurso de relatos da Reboraina, e xa van alá 22 anos. O noso alumnado participou moi activamente, 25 relatos participaron no concurso que alcanzou un nivel moi alto tamén de calidade nas redaccións. Desta volta o instituto Mendiño gañou os tres premios da categoría B (para os alumnos da ESO). Se queredes ler os textos premiados están na páxina do IES Mendiño no apartado de Dinamización Lingüística. Velaquí a imaxe dos alumnos gañadores no acto da recollida dos premios no Colexio de Reboreda:

1º PREMIO PARA SAMUEL COVELO VIDAL

2º PREMIO PARA ANTÍA MARTÍNEZ LAGO 3º PREMIO PARA SARA RODRÍGUEZ VILAR DE 3º ESO C

116


17 A nosa radio: Concurso para a elección de logo Este ano puxemos en marcha unha radio escolar no IES Mendiño. O profesorado realizou un grupo de traballo para coñecer máis polo miúdo o mundo da radio e o seu funcionamento. O alumnado participou elixindo democraticamente o seu nome que será RQR. Pero como tamén necesitabamos un logo que identificase a nosa radio pensamos que a súa elaboración podería facela o alumnado. Convocamos un concurso onde cadaquén achegou as súas propostas que gañou a alumna Iria Domínguez Pazó. Velaquí o noso logo de RQR e a súa gañadora:

18 O libro de poemas Recital do Mendiño O profesor de Matemáticas, Marcos Villar Pazos puxo en marcha un obradoiro de poesía que tivo moi boa acollida polo alumnado. O éxito da iniciativa fixo que xunto cos departamentos de Plástica, Lingua Galega, Lingua Castelá, o Equipo de Dinamización Lingüística e o Club de lectura se publicara por primeira vez un libro de poemas titulado Recital do Mendiño. Nel recóllense algunhas das mostras máis salientables desas creacións do alumnado. O día 21 de xuño deste 2021 tivo lugar a presentación e o recitado dos seus autores no IES Mendiño:

117


118


119


19 O certame de poesía María Soliño de Cangas Este ano 2021 celébrase o XXXV aniversario do coñecido certame de poesía María Soliño do instituto de Cangas do mesmo nome. Coma en anos precedentes o noso alumnado participou no evento e foi Sara Rodríguez Vilar de 3º ESO C resultou agasallada co 2º premio da categoría A para alumnado de primeiro e segundo ciclo de ESO.

120


Estas son as poesías coas Sara Rodríguez Vilar que gañou o Premio María Soliño de Cangas:

121


20 Premio no concurso “Explícoche Matemáticas 2.0”· Parabéns aos nosos alumnos de 2º de bacharelato Alexandre Lago Pereira e Pablo Savino Real pola mención que lle concederon no concurso “Explícoche Matemáticas 2.0”. Os alumnos realizaron un vídeo no que expoñen de xeito claro e ameno algunhas cuestións matemáticas de moito calado que xa tratara o matemático indio Baskhara no 1114. Este estudioso anticiparase ás matemáticas europeas do século XVII. Entre os temas que avanzou están: a súa demostración do teorema de Pitágoras formulada no século VI a.C., o dobre signo dos radicais, a descuberta do seno da suma de dous ángulos... O traballo destes dous alumnos pódese ver en Youtube na dirección: ExplicaMendiño002 Nestas imaxes vemos aos gañadores recollendo o premio na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela acompañados do seu profesor Óscar Pérez Blanco.

122


123


21 Obras da autoría do alumno Iker Barcia Este alumno de 1º ESO ten unhas calidades excepcionais para o debuxo, velaquí só algúns exemplos da súa particular visión dos compañeiros, dos mestres...

124


125


126


127


128


129


130


131


132


133


134


135


136


137


138


139


140


141


142


143


144


145


146


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.