Contos de medo 2021 IES Mendiño

Page 1

REVISTA CONTOS DE MEDO IES MENDIÑO

AROA GONZÁLEZ MOSQUERA 3º ESO A

NOVEMBRO 2021


1º PREMIO (CATEGORÍA 1º E 2º ESO) JAVIER GIL MÍGUEZ 2º ESO

FOI EL! Ola! Chámome Paulo e hoxe vouvos contar unha das experiencias máis horribles da miña vida ata o momento. Todo empezou o día 27 de xuño de 2021 o día do meu aniversario número trece. Ese día espertei sobre as nove da mañá, ducheime, vestinme e baixei á cociña para preparar o IES MENDIÑO


almorzo, pero para a miña sorpresa encontrei alí os meus pais esperando para darme algo. Era o meu regalo de aniversario, que, desgraciadamente, era un tícket para unha semana nun campamento de verán. Preguntarédesvos por que digo desgraciadamente se ese é o soño de moitos nenos: ir a un campamento de verán. Pois a razón é que hai uns anos rompín unha perna ao caer por unhas escaleiras mentres faciamos sendeirismo, e desde alí quedei un pouco traumatizado con facer andainas e ir aos campamentos. Ben prosigamos, obviamente, cando os meus pais me deron a noticia eu empecei por negarme rotundamente a ir, pero eles fixeron caso omiso das miñas queixas e simplemente me dixeron que preparara as maletas xa que ao día seguinte marchaba. Así que o único que podía facer era aceptalo e pensar que todo sairía ben. Grande error! Ao día seguinte levanteime cedo, vestinme, tomei o almorzo e ás nove e media os meus pais leváronme á parada do autobús, onde se despediron de min. O autobús chegou ás dez e, como me dei conta de que ía ser un traxecto moi longo, senteime só nun asento do fondo e empecei a escoitar algo de música. Chegamos ao campamento ás doce e media máis ou menos. En canto baixamos do autobús, recibíronos dous alegres guías, os cales se presentaron moi brevemente e nos guiaron ás nosas respectivas cabanas. Estas eran unhas pequenas casas de madeira de abeto decoradas cunhas cantas luces para poder ver na noite. Cando entrei na miña, deime conta de que compartía a cabana con outra persoa, a cal, para a miña agradable sorpresa, era o meu amigo Mateu. Cando me viu, acercouse a min, saudoume e IES MENDIÑO


contoume como a el tamén o obrigaran a vir e eu díxenlle o mesmo. O resto dos días seguimos falando da nosa vida en xeral. Agora chega o interesante. Como non vos quero aburrir vou pasar a contarvos o día máis importante de todos, que foi o último día de campamento. Ese día, mentres comiamos, os guías dixéronnos que atendésemos un momento, xa que nos querían dicir algo importante. A noticia resultou ser que esa noite os que quixesen poderían facer sendeirismo eles sós polo bosque. Como recordaredes, eu teño un trauma con facer sendeirismo e, como o meu amigo Mateu o sabía, decidiu que el tampouco ía ir e quedaría na cabana comigo. Ademais de que esa noite nos deixaban os móbiles e eu xa tiña ganas de volver a usalo. O resto do día transcorreu tranquilo e, cando a noite chegou, eu e mais Mateu, desde a cabana, puidemos escoitar as voces dos nenos que ían facer sendeirismo. Entón acordámonos de que tiñamos que recoller os nosos móbiles. Daquela saímos correndo da cabana de camiño ao comedor onde nos dixeran que se encontraban. Cando volvemos, Mateu díxome que se encontraba mal e que ía ir ao baño. Eu díxenlle que o esperaba na cabana. Pasaron uns vinte minutos e empecei a preocuparme por el, así que decidín saír a buscalo. Cando estaba a punto de chegar ao baño, escoitei fortes gritos que viñan do bosque, polo que me esquecín de Mateu e corrín directo ao bosque, onde encontrei os corpos de tres nenos sen vida. Ao ver tal escena, saín correndo daquel horrible lugar e corrín ao baño a buscar a Mateu mentres escoitaba os gritos do resto dos campistas sendo asasinados, posiblemente a sangue frío. Ao chegar ao baño, tiven que saír correndo o máis rápido posible directo á miña cabana pois alí IES MENDIÑO


vin unhas manchas de sangue no solo e unha navalla cravada na parede. En canto cheguei á cabana, fun rapidamente buscar o meu teléfono e, mentres me agochaba debaixo dunha cama, dispúxenme a chamar á policía. Pero nada máis lles dei o enderezo do lugar, escoitei como unha persoa entraba na cabana. Asustado saín correndo de debaixo da cama directo á porta de atrás e corrín o máis rápido que puiden directo á entrada do campamento rezando por encontrar alí os policías. Nun momento empecei a cansarme demasiado entón decidín parar un intre e ver detrás de min esperando que non houbera ninguén ás miñas costas; pero, desgraciadamente, a uns doce metros de min puiden apreciar unha sombra máis ou menos da miña estatura que se me achegaba cunha navalla. Tiven que seguir correndo como se a miña vida dependese diso e neste caso era así. Para a miña sorte, uns minutos despois logrei chegar á entrada do campamento, onde xusto acababan de chegar os policías. Freei en seco e un policía foi correndo directo cara a min. Nese preciso momento comecei a recordar todo o que pasara ese día, cantas vidas se perderan esa noite. Unha delas a do meu mellor amigo Mateu. Tamén como conseguira salvarme daquel masacre. Ou aquilo pensaba eu, xa que xusto cando o policía estaba a uns cinco metros de min, sentín como algo me atravesaba o peito, vin cara a abaixo e sentín como o que me atravesaba o corpo era unha navalla, polo que entendín que eu fora tamén unha vítima do asasino do campamento. Pero cando estaba a punto de desmaiarme, decidín xirarme e enfrontarme ao meu asasino. Non debín facelo, xa que, en canto o vin, non puiden crer que esa persoa fose o meu asasino e o de todo o campamento. Como esa persoa que eu pensaba que era IES MENDIÑO


simpática e agradable podía ter feito todo aquilo? Aquela persoa era... Ringggggg, Ringgggg, Ringgggg, Ringgggg! Soou o timbre de final da última clase, así que cerrei o meu libro, gardeino na miña mochila e desaparecín entre a multitude coma un rapaz ao que lle gustaban moito os contos de misterio e suspense.

IES MENDIÑO


2º PREMIO (CATEGORÍA 1º E 2º ESO) SARA LAGO PARADA 2º ESO

CULPABLE É un monte o que se ve pola ventá. Pero pode que non che chame a atención, xa que ó fin e ó cabo, é un monte, e podes velo tooodos os días. Mais, agarda, fíxate mellor. Non ves a suave luz verde que sae de entre as árbores? Si, alí ó fondo. IES MENDIÑO


Parece que hai alguén. Quen será? Só digo unha cousa. Vixíao. Ten cuidado. Eu de ti non o perdería de vista. Luns 1 de novembro, tarde. Helena fica sentada na cadeira. Non quere estar aquí. O único que lle apetece neste intre é marchar para casa, sentar no sofá e esquecer as últimas vinte e catro horas. Pero non pode facer nada. Está na comisaría de policía. Si, exactamente. Que como chegou alí? É unha longa historia que nin sequera ela entende moi ben. E que, por suposto, os policías pensan que é inventada. A cadeira é incómoda, está fría, doe. Helena quere marchar. Sente que todo o seu corpo treme, e non quere chorar, mais sabe que o vai facer. A lámpada que está enriba do escritorio non funciona ben. Cústalle moito acender. PLIP. Un pestanexo e o foco de luz dálle directamente nos ollos. Unha bágoa cae pola súa meixela, e os seus ombreiros tremen e tremen, en sacudidas fortes, cheas de dor. - Helena, a min tampouco me gusta isto. - Di o axente. Ela nega coa cabeza sen deixar de chorar, e leva as mans á cara. - Mira, non quero alargar a situación moito máis. Vou a ser claro. Helena, mataches ti a Xulia Pérez? Cando a muller fala, a súa voz é insegura, trémula, temerosa. - Non o sei – Di, e comeza a chorar con forza – Non o sei. O día anterior...

Domingo 31 de outubro, noite.

Helena camiña polo monte, cunha cesta na man. Non, non é Carapuchiña Vermella en segredo. Vai a recoller castañas para IES MENDIÑO


levalas a súa casa e poder tomalas ó día seguinte. Non leva présa, mais non lle gusta camiñar soa pola noite. Fíxoselle tarde. O seu plan era saír antes da casa. Está a enredar cun ourizo cando escoita un ruído tras ela. Logo, un silencio tenso, incluso angustioso, esténdese polo lugar. Da a volta a modiño, comezando a asustarse. Pero non hai porque ter medo, non? Ó fin e ó cabo, só é o monte. Vai alí todos os días. Que pode pasar? Mira atenta todo o que hai ó seu redor. Nada. Pero entón ve algo que lle pon os pelos de punta. Tras ela hai unha estraña figura iluminada cunha suave luz verde. Queda petrificada, mentres ese ser se achega pouco a pouco. Podería pasar por un humano calquera, menos por unha cousa. Os seus ollos, brancos coma perlas, fican inmóbiles, mortos, sen vida ningunha. - Helena, querida... - Di, e entón a muller só pode facer unha cousa. Invadida polo pánico, bótase a tremer. - Non teñas medo, non che vou facer dano... - Volve falar. - Que queres de min? - Pregunta. A súa voz non soa tan firme como ela quixera. - Tan só que me fagas un favor... - Di o espectro, e entón pon un dos seus dedos na fronte da muller, que pensa morrer ante o horror que sinte. Entón, pouco a pouco, o corpo de Helena vaise volvendo dun ton verdoso brillante, e dunha consistencia semellante á do fume. - Agora, Helena, estás baixo o meu control. Ata que remates a miña misión, voute controlar. - Fala o ser. IES MENDIÑO


Helena asinte coa cabeza moi lentamente, baixo as ordes do espectro. - O caso é que unha rapaza... unha moi parva, por certo, meteuse comigo. E nós non queremos que se metan connosco, verdade? - Non... - Murmura Helena, negando coa cabeza. Entón, o espectro saca de debaixo da súa túnica un coitelo. O gume da arma brilla baixo a luz verde que os rodea. - Mátaa. - Ordena. A muller, controlada polo espectro, camiña lentamente ata chegar ó outro lado do monte, onte atopa á rapaza que buscaba. Logo houbo un grito. Sangue. E nada. En canto a vida escapa dos ollos de Xulia, Helena volve en si. Os recordos comezan a chegar á súa mente pouco a pouco. As castañas. O espectro. Xulia... Xulia! Como puidera? Como puidera facer algo semellante? Aterrorizada, trata de agochar o corpo da muller, intentando borrar todo rastro do crime. Mais en canto escoita a serea do coche de policía, sabe que está perdida. Presente Non houbo saída posible. Ninguén cría a historia de pantasmas e espectros que contaba a muller. Puxéronlle un ano de condena. Non había volta atrás. Iso si, o que ninguén sabía era que terían que tela escoitado. Cando o día que saíu da cárcere, o 29 de outubro do ano seguinte, chamou por teléfono a comisaría, terían que tela escoitado. Deberían terlle feito caso cando, aterrorizada, díxolles IES MENDIÑO


“Mañá volverá. Mañá volverá por min, estou segura. Axudádeme, mañá virá por min...” Deberían tela escoitado. Si, terían. Non o fixeron. Pero Helena non estaba equivocada, e xusto cando o reloxo deu as doce da noite do 31 de outubro, un misterioso ser envolto nunha suave luz verde abriu, de novo, os ollos.

IES MENDIÑO


1º PREMIO (CATEGORÍA 3º E 4º ESO) SARA RODRÍGUEZ VILAR 4º ESO

UN CASTELAO ALGO DIFERENTE Iria era unha rapaciña de apenas uns nove anos de idade que vivía no pobo de Rianxo cos seus avós e os seus pais. A maior paixón de Iria era ler, a literatura fascinábaa e sobre todo os autores galegos. Tiña unha especial admiración por Castelao, a quen todos coñecemos por ser unha das figuras literarias galegas IES MENDIÑO


máis importantes. Sorprende moito que unha rapaza da súa idade coñeza a Castelao e a súa obra, pero ela era diferente, era un prodixio de nena. O seu avó Ramón sempre lle lía contos antes de ir durmir, e ela sempre quería que lle lese máis e máis. Era algo que lle encantaba. O seu avó adoitaba contarlle contos da súa época, pero un día leulle un dos relatos da obra de Retrincos, escrita por este autor que tanto acabaría engaiolando a Iria. Dende o día en que o avó lle leu ese relato, a rapaza non quixo que lle lese outro libro que non fose aquel. Daquela o señor Ramón líalle todas as noites un anaco de cada relato da obra de Castelao, ata que un día Iria decidiu que quería lelo enteiro ela soa. O avó deulle o libro á súa neta e escoitou emocionado como a neta rompía a ler. Retrincos foi o primeiro libro que Iria leu pola súa conta e dende aí, a cativa desenvolveu unha forte conexión coa literatura galega e coa lectura. Tal foi esta paixón, que a partir dos once anos comezou a escribir relatos, e con algún deles mesmo gañou algún que outro concurso... Esta rapaza tiña un talento bárbaro. Castelao foi unha das principais inspiracións de Iria á hora de escribir, era a súa maior referencia. Os profesores quedaban abraiados co coñecemento e paixón que tiña Iria polo autor; tanta, que tanto os pais coma os avós dicían que se trataba dunha pequena obsesión. Iria soñaba con coñecer ao seu maior ídolo, xa defunto. Esta obsesión foi levada a tal extremo que Iria comezou a soñar con el. As súas obras, os seus trazos, as historias… ata a súa figura estaba presente na súa mente. É moi normal que cando che gusta moito algo ou alguén penses moito IES MENDIÑO


nel, pero o que xa resultaba moi estraño era que Iria vise a silueta de Castelao alá onde fora. Inda que esa sombra que Iria vía non era exactamente a figura de Castelao que ela tendía a imaxinar ou a que vira en Internet. Era unha un pouco diferente. Un deses días de chuvia que Iria dedicaba moito tempo a ler a nena marchou para cama moi tarde. A rapaza adoitaba quedar a ler no seu escritorio, pero non ata a madrugada, sempre procuraba ir durmir a unha hora axeitada. Ese día Iria estaba incómoda, non acougaba, sentía que unha presenza a estaba observando. Ao principio non lle deu importancia e simplemente continuou lendo, inda que algo pensativa. Cando rematou de ler o capítulo no que estaba do seu libro, apagou a luz e acendeu a lanterna do seu móbil. Levantouse da cadeira e deu media volta para dirixirse ó seu cuarto cando albiscou unha presenza, aí, inmóbil, na porta do seu cuarto. A figura era alta, vestía unha gabardina negra e un sombreiro grande e negro, tal e como se representaba a imaxe de Castelao. A primeira reacción que Iria tivo ao ver esa sombra foi fregar os ollos, pois estaba tan cansa que os seus ollos seguramente xa vían cousas que non había. Pero esa silueta non a debuxaba o seu cansazo. Seguía aí por máis que fregase as pálpebras, por mais que pechase e volvese abrir os ollos. Daquela Iria pensou na segunda opción e decantouse por pensar que esa figura era o propio Castelao, inda que ela esa figura xa a vira antes e dicía que non parecía el. Quíxose achegar con medo, pero houbo un momento no que unha forza paranormal a lanzou contra unha esquina. Iria caeu ao chan e cando se levantou e volveu mirar cara á porta, a silueta IES MENDIÑO


que vira xa non estaba, desaparecera dun momento a outro. A rapaza quedou de pedra, xa non sabía nin tan sequera se o que lle acontecera era ou non un soño. Cando espertou, levantouse e mirou cara á porta, non había ninguén. Respirou aliviada e foi cara ao escritorio para continuar co libro que o día anterior deixara a medias. O libro non estaba colocado no seu estante correspondente, estaba enriba da mesa aberto pola primeira páxina e cunha mensaxe gravada que dicía: “A túa verdadeira inspiración son eu. Firmado: O home do Sombreiro.”

*Nota: O home do sombreiro e unha presenza que ás veces aparece pola noite e moita xente coincide na mesma descrición desa sombra paranormal. Numerosas testemuñas afirman que dá moito medo a súa presenza pero que soamente aparece e logo desaparece, nunca ninguén sufriu ningún tipo de dano físico.

IES MENDIÑO


2º PREMIO (CATEGORÍA 3º E 4º ESO) ANTÍA MARTÍNEZ LAGO 4º ESO

O GRITO, EDVARD MUNCH Atopábame eu, esta vez, creando unha nova obra de arte combinando cores cálidas e viaxando telematicamente por Oslo. Gustábame investigar sobre algúns recunchos dos que actualmente non se fala deles a non ser que a conversa veña dada pola contaminación e o derreter dos polos, os animais que IES MENDIÑO


empregan as poboacións próximas como alimento ou, en caso de ter unha boa posición económica, da alfombra persa do teu salón, da alfaia de cinco millóns de quilates que loce no teu dedo anular... E doutros temas deste calado. Pero neste caso, eu non era dese tipo de persoa e a miña conversa non ía tratar deses temas que, despois de tantas novas – e ás veces moi contraditorias– xa se fan bastante pesadas e, por suposto, aburridas. A miña inspiración ven do recoñecido artista Edvard Munch. Recoñecido? Estou completamente seguro de que polo nome non vos dades conta de quen é este persoeiro que serviu de distracción nas miñas clases. Pero se agora vos digo: “o autor da obra de arte O Grito”, seguro que todos sabedes de que cadro estou falando. Esa pintura que, tras estes últimos meses ten un fogar xa establecido e asegurado na miña mente. Esta obra de arte chegou á miña vida nos exames de recuperación de setembro, cando no verán tiven que estudar todo o movemento do Expresionismo por non querer estudar en todo o curso. A pesar de que as outras obras destacadas non me chamaran a atención, estes cadros de Edvard Munch lograran engaiolarme. Daquela comecei a investigar –polo menos, se tivera que falar dalgún cadro, podería falar dun destes–. Ansiedade e O Grito convertéronse, en menos dunha semana, nas miñas obras de arte preferidas. Anteriormente, non me atraía para nada o mundo da arte; pero cambiei de opinión cando coñecín o significado destas dúas pinturas. Quizais centrándome IES MENDIÑO


maioritariamente nesta última. O Grito é un cadro cun significado sinxelo: un home moderno en crise e desesperación que expresa a súa anguria. Ao mellor o meu interese tamén está contido nesas dúas palabras. Crise e desesperación. Lémbranme ás miñas marabillosas – e escasas – quedadas de verán cos meus amigos. Eses amigos que agora están tan preto de min que seguro que poden ver o que estou a facer. Eu era materia de gargalladas e burlas polas miñas condicións físicas; tiña falta de pigmentación parcial na pel, o meu pelo era desigual, estaba delgado coma un pao... E, diariamente, escoitaba comentarios coma estes: - Escoitade! Tende coidado a ver se Cruella de Vil vos vai roubar os dálmatas eh! - Pero que dis ho, que Cruella nin que Cruella; este é unha vaca pinta de toda a vida! - Ai, anda que estamos bos eh, dalmatiño! Pena que daquela era aínda un coitado. Un coitadiño que calaba e, se facía falla, ría con eles para non quedar mal. Pero, achegábase a época das recuperacións, e eu precisaba –á parte de estudar– facer un traballo recreando unha pintura do Expresionismo. E, por suposto, aqueles amigos ían servir de axuda para a renovación de “O Grito” Crise e desesperación. Crise e desesperación. Gústame como soa, sobre todo, se ti es un espectador naquela escena de crise e desesperación. Todos afastándose de min ao ver o corpo dun dos IES MENDIÑO


máis graciosos do grupo –cun fío antes branco arredor do seu pescozo– nas miñas mans. Hoxe é martes, 7 de setembro, e estou rematando a miña versión de O Grito co toque que faltaba das cores cálidas. Desde logo que tres dos meus mellores amigos teñen un sangue con bo pigmento. Crise e desesperación, o factor sorpresa do cadro, un significado máis profundo que a pintura orixinal. Cores que simulaban movemento, que, no máis profundo, representaba a fuxida dos meus compañeiros. Crise e desesperación. Gracias, Edvard Munch, a miña vida tamén foi complicada*.

IES MENDIÑO


*Crése que a obra El Grito foi feita por Edvard Munch influenciado pola súa vida complicada (unha irmá súa morreu, á outra diagnosticáronlle transtorno bipolar e el foi criado polo seu pai, un home ríxido e duro).

IES MENDIÑO


1º PREMIO CATEGORÍA 1º-2º BACHARELATO

CANDELA CRESPO ACUÑA 2º BACH

CANDO DORMES

Temos pesadelos. Pesadelos nos que os medos alongan as sombras, nos que as sombras agochan horrores. Nos que as alancadas dan paso ás carreiras, fuxidas a ningures, pois o corpo non se move, non reacciona, segue no leito cuberto de suor fría. Ás veces os pesadelos son nada. A cor non existe, o son é xordo IES MENDIÑO


e as imaxes, miopes. Como mirar a un espello e non ver, miras as mans e non están. Nestes invertidos soños, a compañía é a soidade, que non ten ollos na cara, non fala, non ten dedos para tocar, tocarnos. Outras noites, a tristeza, a vergoña e o medo collen forma propia. Papan calafríos e as vogais longas dos gritos. Non teñen cubertos nin mesa nin cadeira para comeren, por iso non son quen de tragarnos enteiros. Primeiro mastigan con dentes de herbívoro ata deixarnos esnaquizados, despois empuxan o bolo ao primeiro, segundo e terceiro estómago. E así acabas, dixerido. Mais tamén os fermosos soños son pesadelos, porque rematan. Os sorrisos esvaécense e as risas xa nunca máis resoan.

IES MENDIÑO


2º PREMIO (CATEGORÍA 1º-2º BACHARELATO)

ALBA OTERO VAZ 2º BACH

Soamente con reparar naquel incidente, o nó na gorxa retorna a min, os acelerados latexos do meu corazón lémbranme o instante no que a miña alma descubriu o que era a vertixe e a profundidade dun verdadeiro abismo. IES MENDIÑO


Naquel entón permitírame o privilexio de saír coas miñas amigas. Dende que o curso comezara, a miña mente descoñecía a tranquilidade e semellaba como se endexamais volvería a cavilar no baleiro. Apaixonábanos a idea de prepararnos xuntas, a idea de axudarnos unhas ás outras para finalmente mostrar á escuridade da noite a luz que habitaba nas nosas faces. Gozaramos coma nunca. Conseguiramos recuperar as enerxías e o impulso para continuar co noso rutineiro estudo. Eran as catro da mañá e Laura e mais eu iamos de camiño á casa. Acotío durmía con ela para facilitarlle á miña nai o feito de recollerme a esas horas, cando a lúa raiaba con intensidade. Porén, a cousa non foi así. Ambas nos decataramos da presenza dunha figura masculina que progresivamente se ía aproximando. Se algo nos une fortemente como amizade, é a nosa coraxe ao tempo que a nosa inseguridade. Aceleramos o paso. Por un intre perderamos de vista o estraño, e o noso subconsciente comezaba a recobrar serenidade. Mais tan só comezaba, pois non rematou de aparecer. Os nosos latexos minguaban e a nosa respiración desaparecía. Oxalá puidésemos mostrarlle ao mundo a terrorífica e inexplicable sensación de estarmos atadas de palabras e extremidades. A terrible sensación de morrer espertas.

IES MENDIÑO


OUTROS PARTICIPANTES FINALISTAS

CLARO DE LÚA UXÍA SOBRADO 2º BACH O día laboral do 31 de outubro tratara mellor do que ninguén podería imaxinar a Olivia, quen non podía acougar nin un segundo máis para chegar á casa. Conducía con coidado por aquelas estradas decoradas con meigas e momias, estradas cheas de luces e por algún estraño motivo de inquietude. Ou polo menos así se sentía Olivia. Co bo que fora o seu día, non quería arruinar a noite con todas esas parvadas de pantasmas e asasinos. Tan inmersa ía nese rexeitamento das súas propias emocións que apenas lle deu tempo a parar o coche cando pasaba un rapaciño da man do seu pai, quen lle dedicou un extenso repertorio de maldicións e gritos. Cando por fin chegou á casa sentiu que podía respirar de novo. Sentiu esa tranquilidade de estar fronte aquela familiar porta, de como esa xélida brisa peiteaba os seus pensamentos. Case non tivo tempo a gozar o momento ó decatarse de que non sentía as mans.

IES MENDIÑO


Se ben é sabido que o frío non perdoa a ninguén, Olivia esqueceuse case coa mesma rapidez coa que meteu a chave e agarrou o pomo. Parara o tempo. Olivia sentiu un noxo terrible, pero non un noxo como cando alguén vomita ou fai un comentario machista, senón un noxo que para a respiración. Un noxo que lle dá a volta ao estómago, e, se cadra, ao corazón tamén. –O pomo está quente–, pensou para ela. Pasaron pola súa cabeza todos os escenarios posibles, pero finalmente chegou á conclusión de que serían os cativos que chamaban á porta desesperadamente en busca de doces. Deixou o pensamento na porta e púxose a facer a cea. O reloxo marcaba que as doce estaban preto e Olivia volvía sentirse ben. Escoitou as follas estralar na estrada, deixou que o vento batese contra a fiestra e o seu can estaba máis tranquilo ca nunca. No seu cuarto todo estaba en orde e, a pesar do frío que ía fóra, a ventá non tiña nadiña de bafo. –Parece case coma se alguén... Antes de que eses pensamentos puidesen arruinar a noite decidiu baixar para cear. No transcurso de baixar as escaleiras, acordouse de que aquela noite puñan unha das súas películas favoritas: A princesa prometida. Daquela foi ao salón máis rápido ca unha vella á praza cando hai xoubas a bo prezo.

IES MENDIÑO


Naquel salón deixouse apertar pola luz da lúa que pasaba polo cristal da fiestra e, pouquiño a pouco, sentiu como as pálpebras cada vez pesaban máis e máis. Foi espertada por un petar na porta. Olivia, un pouco perdida, achegouse a esta. Cando abriu, alí non había ninguén, incluso saíu á estrada para comprobalo. Pechou a porta e, ao fitar o reloxo, deuse conta de que xa eran as tres da mañá. Cansa e confusa como estaba decidiu subir para ter o seu merecido descanso. Mentres subía as escaleiras sentiu un aire frío que agora enchía toda a casa. Quixo darse a volta. Pero non foi quen. Só puido ficar petrificada no chanzo da escaleira. –Alguén abriu a fiestra–.

LAURA GONZÁLEZ RUBIÑÁN 2º BACH. Era unha noite de lúa chea, unha noite moi fría e moi escura. As miñas amigas e mais eu quedaramos, aquela tarde, en reunírmonos na casa da miña avoa para facermos unha pequena festa de Samaín. A miña avoa vive en Cedeira e aínda que a súa casa non se atopa no medio do monte, a rúa ten poucas luces e o carreiro de acceso ao fogar é un pouco aterrador cando é de noite. IES MENDIÑO


Eramos catro amigas. Xa con antelación, prepararamos todo para poder facer a nosa pixamada. Debían ser as dúas da mañá cando unha das miñas amigas se levantou de súpeto. Algo estaba a acontecer fóra. Pouco a pouco, todas e cada unha de nós nos aproximamos á fiestra. Parecía que todo estaba igual que sempre e non lle demos importancia ao ruído que escoitara Lucía había uns minutos. Tres e cuarto da mañanciña, todas durmidas. Pero había algo que me desacougaba e non me deixaba conciliar o sono. Víñanme á cabeza todo tipo de historias e lendas que me contaran por ser a noite de Samaín. Saquei eses pensamentos da miña cabeza porque, quen cre nesas historias? Foi unha mala decisión pola miña parte porque, á mañá seguinte, a miña cara explicábao todo.

HAS SER TI... ARIANA PÉREZ MÍGUEZ 3º ESO CARMEN RODRÍGUEZ NOVELLE 3º ESO Era a última noite de novembro. Eu e máis a miña amiga saímos pola noite dar un paseo. Ese día na clase contáronnos a historia da Santa Compaña galega. Iamos camiñando cando de súpeto, soaron os nosos reloxos, eran as doce. Nese momento atopabámonos nun cruce de camiños. Veunos unha sensación de IES MENDIÑO


frío que cubría todo e pouquiño a pouco, ao lonxe, comezamos a ver a unha persoa cunha especie de cruz, coma as das igrexas, enormemente grande. Levábaa nas mans e paseniñamente, aproximábase a nós. Cando xa puidemos miralo con total claridade, decatámonos de que a acompañaban unha morea de esqueletos, cada un cunha candea na man. As dúas demos un chimpo ao mesmo tempo e gritamos ben forte, aínda que parecía que ninguén nos escoitaba. Na clase tamén nos dixeran que se eses esqueletos che miraban aos ollos, irían atrás túa ata raptarte. Logo, tocaríache a ti levar a cruz e dirixir ao resto do acompañamento. Saímos correndo, ata que non puidemos máis. Tiñamos que parar a descansar un anaco así que, freamos en seco, e alí estabamos as dúas soas e cun pé no outro mundo, literalmente. Uns segundos despois escoitamos un bo estrondo… Adiviñade... Volviamos a estar nunha encrucillada. E volta a correr, ata que non puidemos máis. Non nos chegaba o aire aos pulmóns. Vimos unha casa, era algo coñecida e xa sabía de que. Preto da nosa casa tiñabamos unha veciña con cans pequerrechos, e adoitabamos ir xogar con eles. Eran unhas mascotas boísimas e xamais se queixaban, pero esta vez non ocorreu o mesmo. Os cans estaban a ladrar coma tolos, parecía IES MENDIÑO


que algo lles pasaba. En efecto, os cans adoitaban ladrar de forma desmedida cando un espírito, coma o que nos perseguía esa noite, se achegaba. Daquela miramos a unha para a outra e volta á camiñada! Xa nos faltaban as forzas e decidimos parar e aceptar o noso destino, todo aquilo era culpa nosa. Na clase xa nos avisaran de que esa noite ninguén debería saír da casa, excepto se querías ser un esqueleto para o resto da túa vida. Miramos para atrás e foi todo un alivio ver que aquela agrupación xa non nos perseguía. E pensando que xa estabamos a salvo, volvémonos para adiante. Alí estaba, o final, diante nosa cos ollos ben abertos e as capas ben subidas. Sinceramente, non sabía que facer e mirei para a miña amiga... no seu lugar só había un esqueleto. De súpeto, comecei a sentir unhas cóxegas na parte inferior do corpo e mirando para abaixo decateime do problema, maldita sexa, xa era un deles, pilláronme a min tamén. A partir desa noite, o meu destino estaba trazado… Seguir os esqueletos errantes, en busca de mais valentes coma nós, que se atreveron a desafiar o meigallo da Santa Compaña. Ten coidado a ver se vas ser ti o próximo... IES MENDIÑO


O SOÑO? PAULO GUNCHE BARREIRO 3º ESO Pum pum... clamaron á porta, menos mal que estaba pechada con pasador. Deime a volta disposta a volver á cama cando apareceu diante dos meus ollos. O medo impedíame moverme, ou eran as súas grandes e robustas mans? Non o sabía. Daba igual. O importante era que quería fuxir e non podía, cando xa o daba todo por perdido... Pi Pi Pi Pi sonou o espertador, menos mal que todo fora unha pesadelo. Levantei a persiana e mirei un Citröen Saxo vermello cun señor dentro. Que estraño, –pensei–, pero non lle dei importancia e marchei traballar. Cando volvín a casa, o coche e o señor seguían aí. Non lle dei importancia, cenei e marchei para a cama. Cando estaba deitándome alguén chamou á porta. Daquela erguinme e abrín a porta pero non había ninguén. Supuxen que sería algún gracioso, e volvín ao leito. Adelaidaaaa! Ven aquííí teño una sorpresa para tiiiiiii AAAAHHHH!!!!!!!!!!!!! espertei gritando, fora o pesadelo máis angustioso da miña vida, pero xa non estaba durmida. Por sorte, ou por desgraza, porque cando abrín a persiana o flash dunha cámara cegoume e mirei un Citröen Saxo marchar de enfronte á miña casa. Chamei á policía pero cando chegaron dixéronme que xa non podían facer nada. Marchei ao traballo pero nada foi igual, non podía deixar de IES MENDIÑO


pensar na foto... Para que a quería? Marchei para a casa antes polo estrés e quedei adurmiñada no sofá. Colouse pola ventá e ensinoume a foto que me sacara esa mañá e díxome: –Agora mirarei isto na realidade–. Quitoume a roupa bruscamente y violoume. Espertoume o ruído da moto serra do veciño, menos mal, fora outro soño. No traballo todos me miraban raro. Daquela pregunteilles por que me miraban así e respondéronme que como se me ocorreu publicar esa foto. Mirei a miña conta de Instagram e atopeime co retrato que me fixera o señor do Citröen Saxo. Como chegara esa foto alí? Cegado polo medo saín correndo cara á comisaría e no momento que ía chegar o home do Saxo agarroume e subiume ao seu coche aparcado preto. Levoume a unha fraga próxima, desvestiume e sacoume múltiples fotos. Chorando espertei no sofá, era imposible que fora outro soño estaba segura de que espertara. De repente, o señor do Citröen vermello entrou na miña casa. A patadas intentou cravarme un coitelo no estómago. Entón espertei de novo polo grito dunha muller que estaba a ser violada polo meu acosador. El miroume e veu a por min. Eu recei por espertar outra vez... pero non sucedeu. Sentín como o coitelo se cravaba pouco a pouco no meu peito ata que deixei de notar nada.

IES MENDIÑO


ASASINATO NA VILA DE REDONDELA Unha moza da vila de Redondela foi asasinada polo famoso asasino en serie que usa formol para facer pensar á vítima que todas as veces que a viola son soños. Cando atopa outra vítima, mata á anterior. Este tolo atópase en paradeiro descoñecido. Recoméndaselles a todas as mulleres que teñan cuidado co hom...

IES MENDIÑO


A CASA DA MULLER CHORONA FLAVIA LÓPEZ IRIARTE 3º ESO Esta historia transcorre sobre o ano 1976, en Redondela. Eu vivía en casa dos meus avós. A miña nai morrera cando eu tiña tan só cinco anos. Hai pouco a miña avoa contoume que dende ese día, a alma da miña nai seguía recorrendo aquela casa. Un día convidei a dous amigos meus, Fran e Carla, a facer un traballo de bioloxía a casa dos meus avós. Todo ía normal, Fran preguntoume onde estaba o baño, expliqueille e foi ata alí. Cando rematou e volveu ao salón onde nos encontrabamos Carla e mais eu, preguntou que por qué petamos á porta cando él estaba dentro. Ningún dos dous sabiamos de que estaba falando. Recordei o que me dixera a miña avoa, e para disimular e non asustalos, xa que eles non sabían nada do da miña nai, díxenlle a Fran que seguramente fora o meu avó que petou para saber se había alguén dentro do baño. Notei na súa cara que non me cría, xa que eles saben que o meu avó sempre está na parte de arriba da casa sentado no sofá, a pesar diso, quedou calado e seguimos facendo o traballo. Ao día seguinte na escola estaba en clase de matemáticas, cando a directora petou á porta para chamarme e díxome que a miña avoa estaba fóra e que tiña que contarme algo moi importante. Cando cheguei a xunto dela estaba chorando, contoume que o meu avó estaba no hospital. De camiño ao hospital pregunteille que pasara. Díxome que o chamou para que fose a comprar o pan, e como non contestaba pois foi xunto del. Cando entro no IES MENDIÑO


salón da parte de arriba da casa, el estaba tirado no chan cunhas letras ao lado del pintadas con cera de vela que poñían: “Vas pagar polos teus feitos”. Quedamos toda a noite no hospital para ver os resultados das probas que lle fixeran, pero ningún enfermeiro sabía a que se debía o seu estado. Tres días despois morreu, naquela cama de hospital, sen saber o porqué daquela desgraza. *Dous meses despois* Despois do que lle pasou ao meu avó, pensamos que o mellor era ir vivir cos meus tíos, xa que a miña avoa era moi maior e eu só tiña 14 anos. Na casa dos meus tíos todo era normal e non pasaban cousas estrañas, daquela decidimos quedar alí para sempre. Ao ir para escola sempre pasaba ao lado da antiga casa dos meus avós. Hai ocasións nas que ao mirar para a ventá da habitación dos meus avós, que está na parte de arriba da casa, vía o rostro dunha muller que me seguía coa mirada e ao tentar volver a vela, desaparecía por completo. Dende o día da morte do meu avó, a miña avoa non dixo nin unha soa palabra sobre o da miña nai. Tampouco lle quixen sacar o tema. Todos os días os meus amigos Fran e Carla me repetían que naquela casa había algunha pantasma, e que por iso morrera o meu avó. Un día acabei farto e conteilles toda verdade. A pesar IES MENDIÑO


de que quedaron aterrorizados, querían entrar por última vez na casa. Negueime por completo durante unhas semanas, aínda que no fondo tamén tiña ganas de entrar e investigar máis a fondo. Un sábado pola tarde escribinlles a Fran e a Carla unha mensaxe que dicía: “Estade ás nove e media da noite en fronte da casa dos meus avós, levade lanternas, os móbiles cargados ao cen por cento e deixade o medo na casa”. Así foi, ás nove e media estabamos os tres reunidos, diante da porta daquela terrorífica casa antiga. Fran entrou de primeiro, a porta estaba aberta, cousa que me parecía moi estraña, pero non lle prestei atención e seguín para adiante. Todo estaba igual que hai tres meses, cando nos mudamos dalí. Fomos directos ao cuarto dos meus avós, había unha cunca na mesiña de noite, a cama estaba desfeita, roupa polo chan, unha ventá rota, todos os cristais tirados polo chan… As primeiras dúas horas todo ía normal, pero a partir das once da noite, comezamos a notar unha presenza, as madeiras das paredes renxían, as ventás comezaron a abrirse e pecharse cada vez máis forte. Alguén estaba alí e sabiámolo perfectamente. Quixemos saír da casa, pero a porta principal fora pechada. Xa non tiñamos maneira de escapar daquela terrorífica casa. Acordeime dunha saída secreta que descubrín un día xogando ao escondite cos meus curmáns no soto da casa. Collemos as lanternas e baixamos polas escaleiras do soto. Alí abaixo había unha peste insoportable a rata morta, puxemos uns panos que tiña Carla na mochila, cubrindo a cara para non intoxicarnos. Para abrir aquela porta necesitabamos unha chave, comezámola IES MENDIÑO


a buscar por todo o soto, cando de repente, unhas fortes voces taparon os nosos oídos. Proviñan do primeiro piso da casa. Non se entendían aquelas palabras. A porta do soto abriuse e uns pasos comezaron a baixar as escaleiras. Apagamos as lanternas e metémonos dentro dun armario vello. O soto quedou en silencio durante uns minutos, ata que os choros dunha muller nos aterrorizaron por completo. Non sabiamos que facer, pensabamos que aquela xa sería a nosa fin. Recoñecín aqueles choros, eran os mesmos que escoitaba todas as noites antes da morte da miña nai, cando o meu pai nos abandonou. Dende ese día a miña nai só facía chorar e chorar, pero eu era moi pequeno para darme conta da causa do seu pranto. Aínda que sabía que esa muller de alí fóra era a miña nai, non confiaba en saír daquel armario. Díxenlles que era mellor chamar á policía, pero cando acendemos os nosos móbiles, ningún tiña cobertura, estabamos acabados. Fran estaba no camiño da desesperación e, nunha desas, tirou a porta do armario abaixo e foi ver quen era aquela muller que non deixaba de chorar. Achegouse lentamente a ela, tremendo tocoulle a cabeza, a muller calou de repente. De súpeto ergueuse dando un grito que nos deixou conxelados aos tres. Colleu a Fran do pescozo e tirouno contra unhas mesas. Carla saíu correndo, pero a muller abalanzouse contra ela e comezou a afogala. Collín unha vara de metal que había no chan e deille con ela na cabeza. Por desgraza, Carla xa non respiraba, Fran estaba alí, con feridas por toda a cara e polo corpo. Fun cara a él para axudalo a

IES MENDIÑO


levantarse, e cando demos a volta, a muller desaparecera. Só quedabamos os tres naquel soto. Collemos a Carla no colo, subimos á parte principal da casa e saímos e alí. Chamamos á policía e a unha ambulancia. Cando chegaron contámoslles todo o que pasara e os policías entraron na casa para comprobar que ocorrera. Tocounos recibir a mala noticia de que Carla morrera. Non puideron facer nada por ela. Pouco a pouco foron achegándose os veciños e as nosas familias. A miña avoa veu a primeira, e díxome que a única persoa que podía rematar con todo iso era ela. Non me deixou nin contestar, entrou rapidamente rompendo con todas as cintas policiais que rodeaban a casa. Minutos despois comezáronse a escoitar numerosos gritos dentro da vivenda e os policías saíron correndo. De súpeto, os gritos remataron. Sen pensalo bulín cara á parte de arriba, e ao entrar no cuarto dos meus avós, mirei a miña avoa tirada no chan, cunha foto na man da miña nai, o meu avó, ela e mais eu. A día de hoxe aínda non sei cal foi toda historia da miña familia. E eses gritos non saíron aínda da miña cabeza.

IES MENDIÑO


MEMORIAS DUNHA ASASINA AROA GONZÁLEZ MOSQUERA 3º ESO Naquela friorenta tarde dun inverno calquera, a choiva non permitía deixar paso ó impoñente sol, o cal estaba agochado tras as nubes. Os días eran o mesmo: chuvia constante, vento xeado, tronos enxordecedores... Entre o caos, durante un segundo, un destelo dourado bañou con luz un hospital dunha cidade. Pasou desapercibido, pois todas as miradas crían saber que era outro alustro sen importancia, pero non foi. Até que se asomou polas fiestras do edificio e penetrou no chan, no vidro, na roupa, nos ollos... Foi daquela cando a xente lle prestou atención. Ese día, no hospital, naceron dúas xemelgas. Chamábanse Vitoria e Muriel. Vitoria era unha nena co pelo liso e loiro, semellante á neve de decembro, coa pel rosada e os ollos profundos de cor azul. Todo o contrario era Muriel, pois ela era morena de pel e pelo negro coma o petróleo. A súa mirada era escura coma unha poza. As irmás foron crecendo cos seus pais na fermosa casa que estes tiñan preto da cidade. Os anos pasaban e era máis claro que eles amaban moito máis a Victoria ca a Muriel. Dábanlle agasallos, enchíana a bicos e apertas... O amor só estaba reservado para ela. E Muriel tivo que acostumarse á soidade. Sendo xa case unhas mozas, o seu aniversario número catorce, celebrárono cunha festa xenial. Tortas, moitos convidados, IES MENDIÑO


música... Diversión, noutras palabras. A familia completa estaba alí, menos Muriel. Ela, apartada de todo e todos, non quería botar a perder o traballo dos seus pais coa súa presenza. Todo o mundo a ignoraba porque lle tiñan medo. E no seu cuarto sentada na cama, miraba o seu reloxo amarelo; este descansaba na mesiña de noite. Muriel non comprendía por que ninguén a quería. Cómpre coñecer as cousas boas e malas que sempre facía. Ao dar fin á celebración coa partida dos convidados, Vitoria foi ver a súa irmá á habitación. Non por mágoa, senón para burlarse dela (o cal era o seu pasatempo preferido). Despois de pechar a porta da habitación e sentarse ás costas de Muriel, Vitoria comezoulle a falar. Pero ela só tiña ollos para o reloxo, o cal observaba con curiosidade. –Oes, a festa estivo de morte. Que mágoa que non viñeses! Pobriña, mira como choro... buaah...buah... –riu sarcasticamente. –Es coma o demo! Fea por dentro e tamén por fóra! Pero Muriel non lle fixo caso. Estaba ocupada vendo cara ao reloxo e sen querer facíalle o baleiro, o que entolecía a Vitoria. –Déixame tranquila –contestou con calma Muriel, quen non buscaba discutir. –Pero ti de que vas?! Es unha bastarda de merda. Mira que non entendo como papá e mamá non te tiraron ao contedor do lixo. É onde tes que vivir! –Filla de put... IES MENDIÑO


Non rematou a frase pois cun submiso pero rápido movemento de mans, Muriel comezou a golpear o rostro tan fermoso de Vitoria ata tirala ao chan. Ben sabía que só era unha máscara para ocultar o noxenta que era. As palabras de Vitoria eran coma gases nocivos que non deixaban respirar ao resto. Xa no chan case morta, recibiu pisadas na cabeza da súa irmá. A rabia falaba por ela. “Por que semellas unha mazá podre e individualista, que só pensa no seu exterior? Por que a merda che sae pola boca en vez de polo cu? Por que teño que aguantarte ata que sexas unha vella? Por que non son capaz de pechar os teus morros, sabor de cereixa, por moito que insista?” Estas eran as cuestións que se formulaba en voz alta Muriel. O sangue comezou a brotar da boca de Vitoria, o cal indicaba que lle quedaba pouco tempo. Muriel mirou ao que foi un día o cranio desa estúpida. Podíase notar o terror nos ollos do, case cadáver. Moi satisfeita, marchou da casa. Os pais nin sequera a viron, pois cando foron á escena polo ruído que esta produciu, só choraban por Vitoria e chamaban á policía. E a onde marchou Muriel? Ela marchou cara ao hospital, pois aínda lle quedaban máis nenos... A súa alma (xemelga): a morte seguía ao seu carón.

IES MENDIÑO


IES MENDIÑO


UN DÍA CALQUERA XOANA LAGO IGLESIAS 3º ESO Espertei outro día máis, coma calquera outro... Virei a miña cabeza cara á dereita e alí estaba. Un rostro desfigurado, con notables rastros de sangue na comisura dos seus beizos. Non lle dei importancia e levanteime da cama para dirixirme á cociña e preparar o almorzo. Había uns días que non comía adecuadamente e iso tarde ou cedo íame pasar factura. -Outra vez terei que ir ao mercado, xa case non teño nada na neveira... Saquei un bote de marmelada de amorodo para facer unha mísera torrada. Daquela ese ser estaba diante de min observándome... Non lle fixen caso e seguín o meu camiño cara ao estante onde atoparía o pan. Vestinme ás présas e saín da casa cara ao mercado para comprar un par de cousas, máis ben, comprar un pouco de todo xa que non tiña case nada na neveira e nos estantes só quedaban uns anacos de pan. Normalmente estaban así, non adoitaba ir mercar a cotío. É unha tarefa que me amola realizar. -Como siga así non vou chegar a fin de mes, teño que aforrar máis, ahg! –pensei para min mentres collía uns filetes a metade de prezo e un bote de leite de dubidosa procedencia que se atopaba ao final do estante, tamén de oferta...

IES MENDIÑO


De camiño a casa parei na farmacia e merquei os meus medicamentos para a esquizofrenia. Rematáraos onte e levo dende a mañá algo paranoico, como non tome as pastillas pásame isto: vexo e escoito cousas de xente que non coñezo. Tiven que rebuscar tres veces nos petos, faltábanme dous euros. Cando por fin cheguei á casa e gardei toda a compra, collín un vaso de auga e dirixinme á sala para sentar no sofá e tomar as medicinas relaxadamente. Engulín a pastilla, tirei a cabeza cara atrás e de súpeto escoitei algo ás miñas costas. Mirei cara alí. Era de novo ese ser... Quedei paralizado polo medo. Por que seguía alí? Foise achegando paseniñamente mentres estendía os seus brazos rodeando o meu corpo pouquiño a pouco ata que...

IES MENDIÑO


QUE ESTÁ PASANDO? AITANA SÁNCHEZ MECKE 4 ESO Quedaban uns minutos para rematar a clase de galego e por fin marchar para a casa. (Soa o timbre) Recollín todas as miñas cousas e, cando estaba preparada para desinfectar a mesa... Non había ninguén. Saín da miña clase apresurada pensando no que acababa de pasar, o instituto estaba baleiro, sen profesores, sen estudantes, ninguén máis ca min. Fóra non había nin os autobuses nin os pais nos coches esperando aos seus fillos. Seguín repetindo na miña cabeza: Que está pasando? –dicía para min unha e outra vez. Fun correndo cara á miña casa e ao chegar decateime de que durante todo o camiño non atopara a ninguén, nin sequera coches nas estradas nin ningún comercio con xente dentro. Deiteime na miña cama e repetín a frase: Que está pasando? De súpeto volvín escoitar o timbre da clase e volvín a aparecer na aula co resto de compañeiros. Pensei niso un tempo, ata que os meus compañeiros comezaron a preguntarme por que non recollía. Expliqueilles a todos o que me acababa de pasar e dixéronme que seguramente quedara durmida durante a clase e daquela, que o soñara. Pero eu sei que non o soñei. Que realmente sucedeu, aínda que ninguén me cre. IES MENDIÑO


VEN XOGAR COMIGO! IAGO CAMPO CASTRO 2º ESO Hai un tempo, unha amiga miña e mais eu decidimos facer espiritismo por primeira vez, xa que nunca antes nos atreveramos a facelo. Chamamos a outras dúas amigas para que nos acompañasen, xa que a min dicíanme que probablemente con só dúas persoas sería máis difícil que pasase algo. Custounos traballo convencelas, pero ao final cederon. Preparámolo todo e, un pouco teimados , comezamos a facer a ouija. Durante a sesión, unha das compañeiras ás que chamaramos dixo: “Eu voume de aquí, miúda bobada esta de a ouija”. Nós asustámonos un pouco e decidimos deixalo para outro momento. Ao cabo duns días, a compañeira que se foi chamoume aterrada dicíndome que, de camiño a casa despois de ir a estudar á biblioteca, ao pasar por diante dunha casa en ruínas que hai preto do seu fogar, unha nena vestida de branco pedíralle que xogase con ela. A miña amiga díxolle que non podía xa que tiña présa por chegar á súa casa, e acto seguido, a nena comezou a chorar con bágoas de sangue. A miña amiga saíu dalí correndo e ao chegar a casa foi cando me chamou. Cando a miña amiga me contou todo o sucedido asusteime. O que nun principio eu tomara de broma, agora facíame pensar que a miña amiga falaba moi en serio.

IES MENDIÑO


Na miña habitación comecei a darlle voltas ao asunto e acordeime do día en que fixeramos espiritismo e das malas maneiras coas que a miña amiga se retirou. Pensei que non tería nada que ver e durminme. Ao día seguinte esa mesma amiga chamoume porque ía quedar soa na casa estudando e tiña medo, así que decidín acompañala xa que eu tiña tamén que estudar. Collín un autobús e, xa na súa casa, puxémonos a estudar. De súpeto, oímos ás nosas costas un ruído como de rabuñazos. As dúas miramos e comprobamos arrepiadas que a nena que ela me describiu estaba sentada sobre a cama da miña amiga, rabuñando a parede. Saímos correndo da habitación e ao chegar á porta observei que a miña amiga desaparecera, pero eu estaba demasiado asustada para esperala. Un intre despois, a policía chamou á miña casa informándome de que a miña amiga morrera dun ataque de asma. Atopárana nas escaleiras da súa casa, cunha expresión de terror na súa cara. Eu estiven en tratamento psiquiátrico uns meses e xa me estaba recuperando, pero o outro día, na miña caixa de correos apareceu unha nota escrita con letra de nena pequena que dicía: “A túa amiga morreu por non xogar comigo. Teño unha boneca nova…”. Eu creo que é unha broma, xa que a nosa historia fíxose bastante popular no pobo, pero por outra banda teño medo… virá a por min?

IES MENDIÑO


UNHA TRÁXICA HABITACIÓN DE METAL! HUGO CASTELLANO VÁZQUEZ 2º ESO Un día de inverno, un neno chamado Xabier; co pelo castaño, de ollos verdes, nariz e boca pequenos. Estaba na súa casa xogando aos vídeo xogos; todo parecía normal, ata que de repente, apagóuselle o ordenador. El, estrañado, deulle dous golpes, na pantalla apareceu unha cara pixelada que dicía: -Xabier, seguro que deixaches a porta ben pechada?. Con medo o rapaz dirixiuse ata ela e viu que estaba medio aberta. Pechouna decidido e correu cara á súa habitación porque a súa nai non puidera abrila xa que segundo parecía estaba traballando. Daquela, tívoa que abrir outra persoa... Na habitación, colleu un cadro, quitoulle o marco e quedou só co cristal para poder defenderse, pero ocorréuselle unha nova idea pois escoitou os pasos de persoas no corredor... Rapidamente, meteuse debaixo da cama. Foi entón cando abriron a porta e un home agochouse, viu debaixo do leito... Xabier xa non estaba, escapara pola ventá que quedara mal pechada. Dous homes correron detrás del. Decidiu adentrarse no centro comercial para poder perdelos de vista coa morea de xente. Escondeuse nunha tenda de roupa, pero cando menos o esperaba unha man tapoulle a boca e introduciuno nun saco con buratos microscópicos. IES MENDIÑO


Despois dun pedazo, por fin sacáronlle o saco da cabeza. Levárano a nunha habitación de metal cunha ventá rectangular na parte dereita. Despois dunha media hora, chegaron cinco persoas. Estas ían protexidas cunha máscara e roupa negra. Achegáronse a Xabier e dixéronlle: -Ti pagarás o mesmo ca túa nai, xa che contarei o que fixo... E nese momento unha plataforma cadrada descendeu do teito. Nela estaba suxeita a súa nai, atada de pés a cabeza. Semellaba telo pasado moi mal. Foi entón cando as persoas con máscara lle berraron con malos modos: -Veña, cóntalle o que fixeches. Ides pagar as consecuencias os dous. A súa nai quedou calada. De súpeto, os homes sacaron cinco pistolas e comezaron a dispararlle repetidamente. A nai berrou con forza pola dor. Xabier dorido e con bágoas nos ollos berrou con toda a súa forza: -Noooooon! Pero seguiron disparándolle e pouco tempo despois morreu desangrada. A Xabier atárono e liberaron uns leóns famentos... Sen darlle tempo a laiarse, abalanzáronse sobre el e ao pouco tempo...

Riiingggggg!!! IES MENDIÑO


Xabier espertou aterrado. Quedara durmido na cadeira onde estaba xogando no ordenador. Todo ocorrera no seu maxín pero este soño arrepiante quedaría para sempre na súa cabeza.

O CUARTO MALDITO CARLA DOVAL CASTRO 2º ESO Había unha vez nun lugar non moi lonxe unha igrexa situada no século XI, a cal ten nunha historia horrorosa e arrepiante. A comezos do século XI, a igrexa a parte de ter o seu uso habitual para rezar e facer misas, tiña unha parte oculta que moita xente descoñecía. Só sabían desa parte a xente destinada alí, a cal non saía con vida. Na parte traseira da igrexa había unhas escaleiras que daban a unha habitación enorme e subterránea onde estaban todos os instrumentos de tortura que te poidas imaxinar. Alí levaban aos presos aos que lles esperaba unha morte dolorosa e sen piedade. A xente non sabía nada desta parte da igrexa pois podería ser prexudicial para o cura, o cal estaba ao mando de quen chegaba alí abaixo e quen non, e mesmo a quen, dependendo da sua conduta, se mataba dunha forma ou doutra.

IES MENDIÑO


No século XVII debido a unha gran guerra a igrexa foi destruída e a habitación de tortura tamén. Non se volveu construír nada naquela zona ata o século XIX cando se levantou un novo santuario. A xente non sabía nada sobre o cuarto soterrado, daquela construíron o santuario enriba do xacemento e dos restos dos que morreran alí. A principios do século XXI foi abandonado debido aos diversos acontecementos paranormais que sucedían alí a cotío. Un deles ocorreulles un día a un grupo de sete adolescentes, formado por seis nenos e unha nena, que decidiron ir a explorar por aquel lugar tan estraño que non viran nunca xa que eles eran do pobo veciño. Cando miraron o santuario sorprendéronse moito xa que dende a guerra non vivía ninguén na contorna e semellaba abandonado. Decidiron entrar e investigar pero como non podían abrir a porta lanzáronlle unha pedra a unha ventá e accederon ao monumento. Pareceulles un lugar sorprendente e decidiron establecer alí a sua guarida, á que irían todos os días despois da escola. Xogaron e enredaron por alí ata a noitiña e volveron ás súas casas porque estaba escurecendo e non querían preocupar aos seus pais. Ao día seguinte colleron todas as cousas que querían levar á guarida e marcharon cara ao lugar. Cando chegaron comenzaron a escoitar uns sons arrepiantes de voces humanas berrando de dor e cadeas arrastrándose polo chan. Daquela os nenos quixeron xogar á ouija para contactar co que alí había. IES MENDIÑO


Conseguiron manter unha conversación cun espírito que lles contou que se chamaba Antonio, que estivera preso alí e que o torturaran ata matalo. A nena, que xa tiña experiencia nestas cousas, decatouse de que estaba mentindo e que en realidade era un espírito maligno. Cando lle dixo aos seus amigos que debían pechar a ouija, xa era demasiado tarde. Esta caíu desmaiada cara a atrás e todos os obxectos do santuario comenzaron a moverse por si sós. Os sons de dor e desesperación fixéronse casa vez máis fortes. Cheos de medo, os nenos tentaron escapar pero non lles deu tempo e degoláronos a todos. Nunca se volveu saber nada dese lugar nin daqueles nenos. Pero disque ao non despedirse do terrorífico xogo e queimarse o taboleiro o mal aínda segue naquel santuario esperando vinganza e máis vítimas débiles...

IES MENDIÑO


Aroa González Mosquera 3º ESO

IES MENDIÑO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.