ESO LINGUA E LITERATURA 4
INCLÚE LICENZA 12 MESES PROXECTO DIXITAL
mostra
O proxecto educativo de Edicións Xerais para a Educación Secundaria
Obrigatoria dálle prioridade tanto á comprensión textual e á expresión escrita como á comprensión e expresión oral, en tanto que son a base para acadar a competencia lingüística en lingua galega.
Preténdese conseguir que a adquisición dos contidos por parte dos alumnos lles axude a afrontar situacións habituais no seu desenvolvemento como persoas integrantes da nosa sociedade.
Competencia en comunicación lingüística
Competencia plurilingüe
Competencia en matemática e ciencia e tecnoloxía (STEM)
Competencia persoal, social e de aprender a aprender
e diversidade
emocional Igualdade
Educación
Competencia cidadá
Competencia emprendedora
Competencia en conciencia e expresións culturais
LITERATURA E COMUNICAMOS
Selección variada e atractiva de textos da unidade iníciase co estudo da historia da literatura, arrequecido cunha antoloxía de textos. A lectura da unidade está vinculada a actividades de comprensión llectora e expresión (oral e escrita).
» Galicia entre 1916 e 1936 Sociedade, economía e política Dende o punto de vista social, Galicia de comezos do século segue marcada por un forte atraso económico: continúa ter un asentamento maioritariamente rural; un importante uxo migratorio cara América; unha industrialización escasa e vinculada capital foráneo, e unhas deficientes vías de comunicación, tanto por estrada como por camiños de ferro. Dende o punto de vista político, este o período con máis cambios de todo século xa que houbo tres formas de goberno diferentes: Monarquía (1900-1931): caracterizada pola alternancia no poder entre conservadores e progresistas, no que se deu en chamar o «turno pacífico».
nos inicios do século XX. Que sabes destes autores?
No agrarismo destacaron figuras como
1. Localiza catro oracións na lectura onde se manteña orde lóxica dos elementos: suxeito verbo complementos. 2. Localiza outras catro oracións nas que orde lóxica estea alterada. Explica que se quere destacar en cada unha delas para que se producise ese cambio 3. Ordena os elementos das seguintes oracións: – Pola tarde, nun moi bonito acto, entregáronlle, mércores, premio de poesía. – Tiña un bo programa informático o músico co que editaba as súas cancións. – Moi variadas son as actividades que se poden desenvolver no pavillón de deportes. – semana pasada sobre o campionato de xadrez fixo unha reportaxe xornalista. – Todos os días chegaba o rapaz con cara de sono escola.
O artigo de opinión Todos os xornais revistas adoitan contar cunha serie de persoas que, sen pertenceren redacción, escriben unha colaboración fixa, con periodicidade diaria ou semanal. A maior parte destes textos son artigos de opinión. Neles, persoa que o asina expresa o que pensa sobre un tema determinado. Ás veces, estes artigos aparecen moi ligados a temas de actualidade, sobre todo se teñen un contido político. Noutras ocasións, estas colaboracións son máis literarias, entón están máis desligadas da actualidade.
LGTBIfobia e choio
1 » COMUNICAMOS COMUNICAMOS « 1 » Expresión oral entrada do artigo fálase dos «imperativos sociais da felicidade» como unha das mellores armas que ten industria do xogo para crear adiccións. Cales son para eses «imperativos sociais de felicidade»? Ide elaborando entre todo o grupo unha listaxe desas «felicidades» impostas pola sociedade. parellas preparade unha conversa na que un ou unha de vós representa padecer unha adicción de calquera tipo a outra persoa dálle consellos para saír dela superala. É importante que indiquedes tipo de adicción, os síntomas as consecuencias que vos supón na vosa vida diaria. 3. Debatede sobre as medidas que se deben tomar para evitar que o mundo das apostas estea tan presente na nosa sociedade. Debedes tratar, entre outros, os seguintes aspectos: – localización das casas de xogo dentro das cidades e vilas – accesibilidade través da rede – facilidade para acceder a máquinas de apostas en locais de ocio – publicidade das casas de apostas nos medios – presenza de máquinas comecartos en locais públicos – relación das empresas de apostas cos clubes con deportistas coñecidos Cando queremos escribir textos claros que se entendan facilmente, debemos empregar orde lóxica dos elementos na oración. En galego, a orde lóxica dos elementos é: Nos nosos escritos debemos coidar a expresión utilizando un léxico amplo e preciso empregando correctamente as conxuncións que serven para relacionar as oracións. Un erro moi común hora de redactar é botar man das palabras comodín, isto é, daqueles termos cun significado moi amplo que se poden empregar para moitos usos. Son palabras comodín os substantivos etc., ou os verbos haber facer dar dicir botar ter poñer etc. Outra das carencias máis comúns das redaccións refírese ao uso das conxuncións. moi habitual abusar da conxunción copulativa para enlazar ideas, así como de porque. Estas son facilmente substituíbles por outras conxuncións ou locucións que expresen mellor as relacións entre as oracións.
Substitúe as palabras comodín destacadas por algunha das do cadro para achegar un significado máis preciso. – un pavillón máis grande para instituto. – Tivo tres erros graves no exame de conducir non o aprobaron. – que serve para quentar – Hoxe botan na tele unha reportaxe sobre o meu barrio. – Mañá hai unha festa de benvida para os que están de intercambio no colexio. – do grupo de música por non querer tocar batería. Elabora un texto de oito liñas no que expreses a túa opinión sobre mundo do xogo das apostas. Unha vez escrito, revisa se nalgún caso non mantiveches orde suxeito verbo complementos e, se así, por que fixeches? Nese caso, que querías destacar?
expulsar construír alimentos cociñar
20 21
TIPOS DE TEXTOS
Analise e traballo de diferentes tipoloxías e propiedades textuais.
Nove de cada 10 persoas LGTBI con traballo na Galiza consideran necesario ocultar a súa orientación. Un dato que se entende por si só mais de se necesitar outro para completalo velaí vai: seis de cada 10 persoas LGTBI viviron algunha agresión cara a elas ou outras persoas LGBTI no seu posto de traballo, desde insultos, xestos despectivos a agresións físicas. Son dúas conclusións do estudo presentado onte polo sindicato UGT e no que analizaba situación das persoas LGTBI no mundo laboral. Non hai sorpresas: ser lesbiana, gay, trans ou bisexual supón, tamén
no choio, ser albo de discriminación renunciar dereitos laborais. todo o Estado onde esa percepción de discriminación máis alta. Máis unha vez, necesidade de sumar: mellora das condicións laborais (finiquitar precariedade, mellores salarios, acabar coa temporalidade, desterrar sinistralidade...) alárgase conquista duns espazos de traballo liberados de calquera expresión de LGTBIfobia. loita− da clase traballadora, non é? Por que artigo «LGTBIfobia e choio» un editorial? Xustifica túa resposta. Segundo ese editorial, que necesario para rematar coa discriminación laboral das persoas
LGTBI?
Opinión A RECEITA PARA MELLORAR O RENDEMENTO ACADÉMICO: UN BO ALMORZO Comparando analizando datos do informe PISA pódese percibir unha influencia positiva no rédito das matemáticas ciencias «O almorzo a comida máis importante do día». Quen máis, quen menos, todos escoitamos nalgunha ocasión esta expresión. Aínda que non certo que se demostrara cientificamente que sexa a comida máis importante de todas, indubidable que almorzar ten numerosos beneficios, entre eles, mellora do rendemento académico. Esta última unha das conclusións dunha recente investigación, primeira que avalía nivel internacional relación entre almorzar o rendemento académico utilizando datos do Programa para Avaliación Internacional dos Estudantes (PISA). A nosa análise distingue, ademais, por competencias de aprendizaxe (lectura, matemáticas ciencias). O impacto no rendemento Tras comprobar que aínda existe un número importante de mozos que non incorporou o hábito do almorzo ao seu día a día, analizamos se aqueles alumnos que almorzan antes de ir á escola obteñen mellores ou peores resultados nas probas PISA que aqueles que non almorzan. Utilizando métodos de análise estatística, atopamos que almorzar antes de ir escola asóciase con puntuacións máis altas nas probas PISA nas competencias Contrariamente, non se atopa relación entre o hábito de almorzar e o rendemento académico na competencia lectora. En canto magnitude da relación, especialmente relevante caso de matemáticas: espérase que un alumno que almorce antes de ir á escola obteña 9,6 puntos máis na proba de matemáticas en comparación cun alumno idéntico que non almorza antes de ir escola. No caso de ciencias diferenza tamén evidente pero de menor magnitude: 3,3 puntos. boisimo.gciencia.com, 26/10/2022
1 » TIPOS DE TEXTOS TIPOS DE TEXTOS « 1 22 23 » Os xéneros xornalísticos de opinión Nun xornal non só atopamos textos que cumpren unha función informativa (noticias, crónicas, reportaxes…). Tamén
Conceptos de léxico, semántica e formación de palabras con ricos recursos visuais para a presentación dos contidos e actividades orais e escritas.
1 » OS NOMES DAS COUSAS OS NOMES DAS COUSAS « 1 26 27 piloto alerón parada vagón capitán proa aeroporto plataforma parar marquesiña revisor terminal peirao » As viaxes Un dos medios máis usados hoxe para viaxar avión. Explica as seguintes palabras ou expresións, que seguro que deberás empregar no caso de pasares por un aeroporto. 2. Os outros medios de transporte público máis usados son o tren, autobús barco. Sitúa cada unha destas palabras no recadro correspondente da táboa: DATA DE SAÍDA REGRESO MOSTRADOR DE FACTURACIÓN PASARELA DE ACCESO VOO DE IDA VOLTA SÓ IDA AVIÓN TREN BARCO AUTOBÚS Lugar de recollida de pasaxeiros Lugar de saída do vehículo Algún elemento do vehículo Acción de deterse ou de chegar Este ano, co motivo da excursión de fin de curso, estás interesado/a en facer unha viaxe en Busca información na rede sobre esta modalidade de viaxar. – Que interrail? – Cantos países ides visitar? – Cantos días ides estar en cada lugar? – Principais lugares que visitaredes en cada país. Despois expón na clase os datos recollidos intenta convencer os teus compañeiros compañeiras por que túa escolla a mellor opción. Nesta axencia de viaxes en liña ofrécense as seguintes
tapas pizzas hamburguesas pensións Escapadas en oferta Escapada Romántica. dormitorio Aloxamento en hotel botella amorodos no dormitorio. Granada Escapada Enolóxica. Visita bodega ecolóxica Aloxamento na Alarcón, hotel Seto + visita á bodega Vitis Natura, viños viñedos ecolóxicos de visita guiada por Alarcón. Castela Escapada Activa. Descenso en canoa Dúas noites de aloxamento en canoa polo material necesario monitores seguro de accidentes. Picos de Europa, León Gastronómica. Cea gourmet Estancia dunha noite, aloxamento almorzo continental + cea gourmet posibilidade de late check out Asturias
5. Escollede por parellas ou grupos de tres persoas unha páxina web de turismo dalgunha cidade ou vila galega. Planificade vosa estancia durante unha fin de semana, en función dos vosos gustos orzamento. Debedes incluír, como mínimo, os seguintes datos: que orzamento tedes, como chegar, que ver, que facer, onde comer, onde durmir. pé VER mercados, centros comerciais, monumentos (parques, xardíns…) rutas urbanas aventura (á carta) (de menú) (pícnic)
COMO É O TEU LIBRO LITERATURA « 1 1 LITERATURA » Galicia entre 1916 1936 COMUNICAMOS «Apostar perder» TIPOS DE TEXTOS Os xéneros xornalísticos de opinión OS NOMES DAS COUSAS As viaxes SOMOS LINGUA Historia social da lingua: de 1916 a 1936 COÑECEMOS A LINGUA A sintaxe LETRAS E SIGNOS O punto, coma punto coma Fixeches algunha vez unha viaxe con amigas amigos? Como a preparastes: medios de transporte, billetes, aloxamento, percorridos, lugares que visitar...? • Que medio de comunicación empregas para informarte? Utilizas medios en papel ou dixitais? Sabes o que un artigo de opinión ou unha editorial? A Xeración Nós supuxo un punto de inflexión na mellora do idioma
Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), que representou perda de liberdades básicas como de asociación ou de imprenta. República Española (1931-1936), que supuxo modernización de moitos aspectos económicos sociais: os dereitos das mulleres dos traballadores, melloras na agricultura, no ensino, na estrutura do Estado, etc. Cómpre salientar que durante as tres primeiras décadas do século producen importantes cambios sociais culturais. Entre os primeiros, destaca vemento agrarista; entre os segundos, creación das Irmandades da Fala: do intenso pulo cultural político que se desenvolveu até 1936. O agrarismo Foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego que xurdiu na primeira década do século As súas demandas eran: Mellorar as condicións de vida dos labregos denunciar o caciquismo. Solicitar propiedade da terra para quen traballaba, superando o sistema foral que se arrastraba dende Idade Media. Despois de anos de loita, mesmo con vítimas mortais, en 1926 conseguiuse redención dos foros Lugrís Freire ou Basilio Álvarez organizacións como Solidaridad Gallega Acción Gallega.
Desenvolvemento sustentable Aprendizaxe cooperativa Lingua galega e literatura ESO TIC Avaliación Competencial
Inclusión
ICONAS UTILIZADAS
Competencia dixital
«escapadas». Define en cada unha delas posible perfil do viaxeiro ou viaxeira para quen están destinadas (idade, profesión, só ou con acompañantes etc.). Comproba previamente que coñeces significado de todas as palabras.
OS NOMES DAS COUSAS
encontramos neles outros textos que desempeñan unha función ideolóxica, xa que expresan opinións explícitas sobre os diferentes temas de actualidade. Entre estes xéneros periodísticos de opinión salientan o editorial, o artigo de opinión columna. O editorial As persoas propietarias dun xornal son as que marcan súa orientación ideolóxica, través da dirección. Esta ideoloxía está presente en calquera aspecto do periódico: nas noticias que seleccionan, no xeito de presentalas, na escolla dos colaboradores, etc. Pero, ademais, a dirección do xornal pode emitir explicitamente súa opinión sobre un tema determinado. Nace entón editorial, un texto publicado sempre sen firma (ou coa firma do xornal), onde se comenta algún tema de actualidade se toma postura sobre el. Pola súa propia natureza, trátase sempre dun texto argumentativo. Algúns xornais só publican editoriais en casos extraordinarios. Outros fano diario. O lugar reservado é sempre o mesmo, para que os lectores os identifiquen doadamente.
Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.
Descubre outra maneira de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.
COMO ACCEDES?
Tes todas as indicacións necesarias para acceder xunto á primeira páxina do teu libro.
maneiras de utilizalo:
A. Se o centro no que estudas dispón dunha plataforma educativa, introduce o código nela. B. Se o teu centro educativo non dispón de plataforma, entra en www.anayaeducacion.es sigue estes pasos: 1. Fai clic na zona privada da nosa web.
2. Introduce o teu usuario e contrasinal. Se es menor, precisarás a axuda dun adulto.
3. Selecciona engadir licenza código que hai impreso xunto a estas liñas.
4. O proxecto dixital cargarase automaticamente na túa biblioteca. este código persoal. Só é válido para un usuario terá un ano de vixencia desde Recomendámosche que actives xusto ao inicio do curso.
COMO É O TEU LIBRO DIXITAL
Este libro incorpora Edudynamic, un proxecto dixital que cobre todos os contidos do curso e que se adapta a calquera plataforma dispositivo. Nel vas atopar un gran número de actividades e recursos dixitais, gamificación, esquemas resumos, apps recomendadas, vídeos, animacións, avaliacións, enlaces externos e É un proxecto actual de navegación moi intuitiva, que che permitirá descubrir outras formas de aprender. ACCEDER AO PROXECTO DIXITAL O código que hai impreso xunto estas liñas dáche acceso ao proxecto dixital.
QUE CHE OFRECE?
Contén diversidade de recursos; é moito máis que unha reprodución do libro en papel.
Con eles vas poder: Exercitar actividades interactivas
Estudar resumos e esquemas
Aprender audios, vídeos, presentacións...
Avaliar autoavaliación, portafolio
COMO É?
Unha resposta global para un contorno educativo diverso.
Intuitivo
Fácil de usar para ti.
Multidispositivo
Adátase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, móbil…) a calquera tamaño e resolución.
Descargable
Permíteche traballar sen conexión a Internet e descargalo en máis dun dispositivo.
Sincronizable
Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que o esteas usando.
Universal
Compatible con todos os sistemas operativos, os contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utlizadas nos centros escolares.
PÁX.
LITERATURA E COMUNICAMOS TIPOS DE TEXTOS OS NOMES DAS COUSAS
A literatura galega entre 1926 e 1936
Os xéneros de opi-nión As viaxes
8 94 184
«Apostar a perder. O labirinto da ludopatía»
O Grupo Nós. Castelao, Risco e Otero Pedrayo
Os xornais dixitais O urbanismo e a construción
3 6 9
38 122 212
64 154 242
«O retrato», Castelao
As vangardas e a xeración de 1922 «O galo» e «Adeus»
As redes sociais e os medios de comunicación
A Administración pública e a cidadanía
Galicia na guerra civil e na ditadura (1936-1975). Literatura do exilio Poemas de Luís Seoane
Narrativa de posguerra. Novas voces na narrativa «Os camiños da vida»
A poesía galega durante a ditadura «Carta á miña muller» e «Bando»
PROXECTO EN ACCIÓN PROXECTO 1 4 7
A correspondencia formal Utensilios de cociña e electrodomésticos
O teatro A xustiza
A música e a poesía A descrición do carácter
A Galicia contemporánea (de 1975 a hoxe)
«Que me pare o corazón se te esquezo»
A poesía galega de 1976 á actualidade
«Televisión», «O inefable»
ACCIÓN 2 5 8
Os textos argumentativos O comercio
O contrato e o currículo O mundo do traballo
O teatro dende 1973 á actualidade
Textos publicitarios
Os textos publicitarios
ÍNDICE
EN
A gastronomía e os restaurantes PROXECTO EN ACCIÓN
SOMOS LINGUA COÑECEMOS A LINGUA LETRAS E SIGNOS REPASO
Historia social da lingua galega: de 1916 a 1936
A sintaxe: formas e funcións Puntuación: a coma, o punto e o punto e coma
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Historia social da lingua galega: de 1936 a 1978
A frase
Puntuación: dous puntos e puntos suspensivos. Signo de exclamación e interrogación
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Historia social da lingua: de 1978 á actualidade
Cláusulas e oracións Maiúsculas e minúsculas
GALEGO OU GALEGO-PORTUGUÉS. QUE É A LUSOFONÍA?
Situación sociolingüística actual en Galicia
O predicado e o suxeito Abreviaturas e siglas
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
A situación sociolingüística do Estado español
Compl. directo, compl. indirecto e compl. axente
Acrónimos e símbolos
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Planificación lingüística: normativización, normalización e superación de prexuízos
Compl. circunstancial e suplemento
Porque / porqué / por que. Senón / se non
POR QUE GALICIA É ÚNICA?
Variación interna das linguas
O atributo e o predicativo Hai / ai / aí. Haber / A ver
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Elaboración e función da variedade estándar
As cláusulas subordinadas Dúbidas léxicas
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
Lusofonía, a súa importancia no século xxi
As oracións bipolares e coordinadas
A escrita dos números
IMOS CONTAR HISTORIAS. IMOS PASO A PASO?
Actividades de reforzo e ampliación
Proba de avaliación
LITERATURA » Galicia entre 1916 e 1936
COMUNICAMOS » «Apostar a perder»
TIPOS DE TEXTOS » Os xéneros xornalísticos de opinión
OS NOMES DAS COUSAS » As viaxes
SOMOS LINGUA » Historia social da lingua: de 1916 a 1936
COÑECEMOS A LINGUA » A sintaxe
LETRAS E SIGNOS » O punto, a coma e o punto e coma
• Fixeches algunha vez unha viaxe con amigas e amigos? Como a preparastes: medios de transporte, billetes, aloxamento, percorridos, lugares que visitar...?
• Que medio de comunicación empregas para informarte? Utilizas medios en papel ou dixitais? Sabes o que é un artigo de opinión ou un editorial?
• A Xeración Nós supuxo un punto de inflexión na mellora do idioma nos inicios do século xx. Que sabes destes autores?
1
» Galicia entre 1916 e 1936
Sociedade, economía e política
Dende o punto de vista social, a Galicia de comezos do século xx segue marcada por un forte atraso económico: continúa a ter un asentamento maioritariamente rural; un importante fluxo migratorio cara a América; unha industrialización escasa e vinculada a capital foráneo, e unhas deficientes vías de comunicación, tanto por estrada como por camiños de ferro.
Dende o punto de vista político, este é o período con máis cambios de todo o século xx, xa que houbo tres formas de goberno diferentes:
• Monarquía (1900-1931): caracterizada pola alternancia no poder entre conservadores e progresistas, no que se deu en chamar o «turno pacífico».
• Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), que representou a perda de liberdades básicas como a de asociación ou a de imprenta.
• I República Española (1931-1936), que supuxo a modernización de moitos aspectos económicos e sociais: os dereitos das mulleres e dos traballadores, melloras na agricultura, no ensino, na estrutura do Estado, etc.
Cómpre salientar que durante as tres primeiras décadas do século xx en Galicia se producen importantes cambios sociais e culturais. Entre os primeiros, destaca o movemento agrarista; entre os segundos, a creación das Irmandades da Fala: a semente do intenso pulo cultural e político que se desenvolveu até 1936.
O agrarismo
Foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego que xurdiu na primeira década do século xx. As súas demandas eran:
• Mellorar as condicións de vida dos labregos e denunciar o caciquismo.
• Solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba, superando o sistema foral que se arrastraba dende a Idade Media. Despois de anos de loita, mesmo con vítimas mortais, en 1926 conseguiuse a redención dos foros.
No agrarismo destacaron figuras como Lugrís Freire ou Basilio Álvarez e organizacións como Solidaridad Gallega e Acción Gallega.
LITERATURA « 1 9
As Irmandades da Fala
No ano 1916 Antón Villar Ponte promoveu a Irmandade da Fala da Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. A partir desta data, estendéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas que pretendían, entre outros obxectivos:
• A cooficialidade entre galego e castelán.
• A autonomía integral para Galicia (lexislativa, xudicial e tributaria).
• O ingreso na Liga das Nacións e estudar unha relación federal con Portugal.
• A igualdade de dereitos entre o home e a muller.
O traballo cultural das Irmandades plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra (voceiro das Irmandades) e Nós; compañías teatrais como o Conservatorio Nacional de Arte Dramática, e institucións científicas como o Seminario de Estudos Galegos.
O Seminario de Estudos Galegos
Foi unha institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala. Entre os seus obxectivos estaba:
• Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
• Formar investigadores.
• Utilizar o galego no ámbito científico.
Para unha mellor estruturación, organizáronse en seccións temáticas dedicadas á xeografía, etnografía, historia…
O Partido Galeguista
Foi o primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Naceu en 1931 e acollía no seu seo persoas de moi diferentes ideoloxías, pero cun obxectivo común: a consecución dunha maior autonomía para Galicia, así como o seu recoñecemento como nación. Para iso, era imprescindible dotarse dun Estatuto de Autonomía.
Despois de obter representación parlamentaria en dúas lexislaturas, conseguiron que se aprobase en referendo o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia en xuño de 1936, pero non chegou a entrar en vigor polo estourido da Guerra Civil.
1 » LITERATURA 10
Fúndase a Real Academia Galega
Obreiros coruñeses da construción, primeiros do Estado que conseguen unha xornada laboral de oito horas
FEITOS HISTÓRICOS EN GALICIA
Creación das Irmandades da Fala
Sae o primeiro número da revista Nós
Promúlgase o Decreto de redención foral
Galicia foi recoñecida no IX Congreso de Nacionalidades Europeas
1936
1912
1919
1907 Aparece Acción Gallega, fundada por Basilio Álvarez
Primeiro mitin político en galego
Proclámase a República Portuguesa despois de derrocar o rei Manuel II
Fúndase o Conservatorio Nacional de Arte Dramática
1923
Fúndase o Seminario de Estudos Galegos
FEITOS HISTÓRICOS EN ESPAÑA E NO MUNDO
Estala a Revolución Rusa
As mulleres votan por primeira vez nos EEUU
Golpe de Estado de Primo de Rivera
1919
1914 Tratado de Versalles, que lle impón unhas duras condicións a Alemaña
1922
Comeza a Primeira Guerra Mundial
Marcha sobre Roma que leva a Mussolini ao poder
1929
Crise económica coa quebra da bolsa de Nova York
1931 Apróbase en referendo o Estatuto de autonomía de Galicia
Fúndase o Partido Galeguista
Proclámase a II República en España. As mulleres votan por primeira vez en España
Golpe de Estado de Franco e comezo da Guerra Civil
1933
Chegada ao poder de Hitler en Alemaña
LITERATURA « 1 11
1905 1908 1916 1920 1926 1933
1910 1917 1920 1923 1931 1936
» Ramón Cabanillas
Biografía
Ramón Cabanillas naceu en Cambados o 3 de xuño de 1876. Entre 1889 e 1893 estuda no seminario de Compostela, onde adquire unha sólida formación clásica que vai estar na base da súa obra.
Aos trinta e catro anos marchou para A Habana, onde entra en contacto coa intelectualidade galeguista da illa e comeza a colaborar na prensa galega. En 1913 publica a súa primeira obra, No desterro, e pouco despois Vento mareiro (1915). Nestas dúas primeiras obras xa se aprecia a relación do poeta co movemento agrario: Basilio Álvarez prologou No desterro e en Vento mareiro aparece o himno composto por Cabanillas para Acción Gallega.
En 1915 retorna a Galicia. Colabora coas Irmandades da Fala e escribe no periódico A Nosa Terra. Convértese na principal voz lírica do agrarismo e do galeguismo, e en 1917 publica Da terra asoballada.
Cinco anos despois ingresa na Real Academia Galega. O seu labor literario continúa coa publicación de textos teatrais como O mariscal (1926), sobre a figura de Pardo de Cela. No mesmo ano sae á luz Na noite estrelecida, poemario de carácter narrativo, e en 1927, o libro de carácter amoroso, A rosa de cen follas. Xa con oitenta anos publica a súa derradeira obra, o longo poema Samos. En 1959 morre no seu Cambados natal.
A obra literaria de Cabanillas
A obra de Ramón Cabanillas pasa por diferentes etapas e posúe múltiples facetas, o que impide clasificala dentro dunha única corrente literaria. O poeta de Cambados caracterízase por harmonizar a tradición literaria do século xix, asimilando a estética dos autores do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal) coas grandes correntes anovadoras do seu tempo, como o modernismo. Como trazos modernistas presentes na obra do cambadés podemos ver a inclinación cara ao sensual e o colorista, o gusto polo exótico ou a procura dos elementos mitolóxicos, así como a musicalidade da linguaxe e o cosmopolitismo. O modernismo en Cabanillas mantense vinculado co compromiso social e cultural do pobo galego, arredado da simple evasión estética propia desta corrente poética.
A súa obra serve de ponte entre a poesía decimonónica e as vangardas literarias galegas que xorden na década dos anos vinte.
1 » LITERATURA 12
Poesía lírica
A poesía lírica de Cabanillas está contida nas seguintes obras: No desterro (1912), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917) e A rosa de cen follas (1927). Na obra lírica de Cabanillas maniféstanse tres direccións temáticas:
• Poesía cívica. Nos tres primeiros libros, Cabanillas recolle o facho prendido por Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala. Aparece nela unha exaltación da aldea fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión.
• Poesía intimista. Ten ecos de Rosalía nalgúns aspectos. O sentimento amoroso e a conmoción ante a paisaxe son protagonistas destas pezas, recollidas sobre todo en A rosa de cen follas.
• Poesía costumista. Presenta matices humorísticos ou irónicos, así como novidades formais de carácter modernista.
Poesía narrativa
Moi próximo aos principios do Grupo Nós, Cabanillas escribirá Na noite estrelecida (1926), obra na que recupera os temas da materia de Bretaña (lendas do Rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, procura do Santo Graal…) situando a acción en Galicia. A obra desenvólvese consonte os postulados das Irmandades da Fala e coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e materiais do atlantismo galeguista.
O poemario consta de tres sagas: «A espada Escalibor», custodiada na illa de Sálvora; «O cabaleiro do Santo Graal», no que Galahaz atopa o cáliz da Derradeira Cea no Cebreiro; e «O sono do rei Artur», que conta a morte de Artur e o seu descanso eterno nunha furna á espera de novos tempos.
Tamén de carácter narrativo son O bendito San Amaro (1925), que conta o pecado, penitencia e milagres de don Amaro de Aventei, personaxe lendario popular da comarca do Salnés, e Samos (1958), que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro.
O teatro
Cabanillas, consciente da importancia do teatro como medio de popularización da nosa historia e da nosa cultura, publicou dúas pezas: A man de Santiña (1921), comedia de tema amoroso e ambiente fidalgo, e O mariscal (1926), un drama centrado na figura do mariscal Pardo de Cela como símbolo da oposición galega ao centralismo dos Reis Católicos, obra posta ao servizo do ideario das Irmandades da Fala.
1. Por que cres que foi importante o movemento agrarista?
2. Cales foron os principais logros das Irmandades da Fala?
3. Pensas que o labor do Partido Galeguista foi relevante para a Galicia actual?
4. Á vista das liñas poéticas de Cabanillas, como se manifesta na súa obra a pegada dos autores do Rexurdimento?
LITERATURA « 1 13
O 17 de maio fixo dous anos que se constituíu a primeira «Irmandade da Fala», a da Coruña. Ata entón o galego tíñase por lingua do pobo, por lingua da plebe. Érao e segue séndoo, e serao sempre, en efecto. Era e segue sendo a lingua que falan as cinco sextas partes da Nosa Terra, precisamente as que gardan e conservan as nosas tradicións e os nosos costumes. Pero esta Galicia, a verdadeira Galicia, mantíñase nunha escravitude e nun esquecemento absoluto.
Se queremos ser nós mesmos temos que cultivarnos en galego, envorcado o espírito da infancia e da mocidade no molde redentor do noso idioma. Do noso idioma que nos abre magnánimo e fecundo as portas dos corazóns de moitos millóns de almas que se expresan no portugués irmán… Fermosa e práctica cultura a dos nosos señoritos e dos tristes Gobernos centralistas que nos arredou e segue arredándonos de Portugal e do mundo portugués cada vez máis!
Constituíuse a primeira «Irmandade» o 17 de maio fixo dous anos. No comezo eramos vinte persoas a quen nos chamaron os «félibres galegos», relembrando os da Provenza fillos do xenio de Mistral.
Hoxe son moitas as «Irmandades» feitas; no termo destes últimos anos falouse máis en galego culto que denantes nun século. Galicia comezou a ser considerada. E aquí tedes como somos uns homes históricos; uns homes a quen o porvir non terá que esixirlles responsabilidade. Porque lle ofrendaron a Galicia un pensamento propio, unha vontade propia e un sentimento propio.
Antón Villar Ponte (1881-1936)
Cultivou fundamentalmente o xornalismo e o ensaio, ademais de publicar algunha peza teatral. Na prensa comezou a campaña preparatoria para a fundación do que axiña serían as Irmandades da Fala, e tamén nos xornais seguiu logo facendo un claro labor de proselitismo a favor do nacionalismo galego. Os seus traballos xornalísticos están recollidos no libro Pensamento e sementeira.
Irmáns! Irmáns galegos! Dende Ortegal ó Miño a folla do fouciño fagamos rebrilar!
Que vexa a Vila podre, coveira da canalla, a Aldea que traballa disposta pra loitar.
Antes que ser escravos, irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos dende a montaña ó mar.
Ergámonos sen medo! Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo señorial!
Xa o fato de caciques, ladróns e herexes, fuxe ó redentor empuxe da alma rexional.
Antes que ser escravos, irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos dende a montaña ó val.
1 » ESCOLMA 14
» Texto 1
Antón Villar Ponte, Adiante
Ramón Cabanillas, «Acción Galega (himno)», Vento mareiro
» Texto 2
» Texto 3
Os mozos mariñeiros da fiada lémbranse rindo alleos de coidado: cheira a aceite e pemento requeimados rustrido de xurés en caldeirada.
Conta o patrón nun corro a treboada do ano setenta, –historia de afogados–; e empuxándose, inando, entran mollados os homes dunha «lancha de enviada».
Pasa de man en man a xerra roiba de albariño, e namentres cai a choiva o vento fai tembrar a casa enteira,
detrás do mostrador crarexa o ceo nas trenzas de ouro, no mirar sereo, na surrisa de luz da taberneira.
«Na taberna»,
» Texto 5
Vago xirón de brétema, atavío soberbio de irta xesta, reidora, fulgurante doíña de rocío (pazo do sol e lágrima da aurora);
raiola de luar que bica o río, flor mareliña que entre espiñas chora, ou das redes dá a araña un tenue fío, toda humilde beleza me namora.
É un vermiño de luz o amigo caro do meu nume saudoso... Antes reparo na nudez adorable dunha estrela
que nas rosas dos vales, que sorrín, que nos mantos dos pinos, que se engríen, que nas blondas do mar, que se rebela.
» Texto 4
Inda nos meus beizos arde Que puxeche nel non sei. Tempo e tempo que vivira doutro mal non morrerei!
Non, non renegues do amor. Nos seus brazos recolliche
quedouche da noite aquela, o resplandor dunha estrela!
Ramón Cabanillas, A rosa de cen follas
Estes poemas son poesía na-
Con que movementos políticos relacionas o poema
Clasifícaos segundo sexan poesía cívica, intimista e cos-
Que características da poesía do seu autor aparecen no poema «Toda humilde beleza...»?
ESCOLMA « 1 15
Apostar a perder: así atrapa o labirinto da ludomanía
O 30% da mocidade entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez. O clima de desesperanza e os «imperativos sociais da felicidade» son as mellores armas dunha industria do xogo que, aínda que de forma máis minoritaria, tamén crea adiccións nas mulleres
08/05/2022 | Actualizada ás 22:00
Cada día, en torno ás nove da noite, un grupo de persoas reúnese en Vigo para facer terapias grupais. Todas elas caeron nunha adicción ao xogo que as encamiñou ás débedas, ao illamento social e a múltiples problemas de saúde mental. Pero xa están aí: pediron axuda e procuran a cura. O xogo patolóxico constitúe a cara máis dura dun negocio que move millóns de euros cada ano e que se expande ao abeiro dunha regulación laxa, estancada no ano 1985.
Mentres as casas de apostas de empresas como Luckia, Sportium ou Codere van atopando oco en cada barrio e os xogos online copan cada vez máis pantallas, os datos debuxan unha realidade para a alerta: o 30% da mocidade entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez e os problemas de ludomanía aumentaron exponencialmente nos últimos anos entre os menores de 30. Calcúlase que en torno ao 2% da poboación desenvolve unha patoloxía vinculada ao xogo e que outro 5% fai un uso abusivo del. Falamos de varóns na gran maioría dos casos, se ben tamén existen mulleres ludómanas que, ante unha dobre estigmatización, atopan máis paus nas rodas para saír do pozo.
María: o dobre estigma de muller e xogadora María, unha muller de 56 anos, ten dúas datas gravadas a lume na súa cabeza: o 24 de novembro
do 2021 foi a última vez que entrou no bingo, e o 10 de xaneiro deste mesmo ano comezou o tratamento para curar a ludomanía da man da Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (AGAJA). «Ese é un día no que volves nacer», recoñece. «Entras afundida, coa estima polo chan, sen parar de chorar... Pero agora empezo a coidarme a min mesma de novo, a ser quen era, pasiño a pasiño, con metas curtas». Ela é das poucas mulleres que acode a esas terapias grupais que teñen lugar en Vigo.
Juan Lamas, o director terapéutico da asociación e tamén director técnico da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (FEJAR), explica que o mundo dos xogos está altamente masculinizado. «As mulleres, nese universo, son obxecto de lascivia por parte dos xogadores, nun contexto moi machista e agresivo que ten o seu reflexo na proporción de mulleres que xogan e que poden desenvolver unha ludomanía: no noso centro, o 90% dos pacientes son homes e o 10% mulleres, sendo xeneroso», sinala.
Son poucas, pero existen e esixen visibilización para axudar a outras mulleres. «Nun home o xogar está ben visto, pero en nós non. Eu notábao nas miradas. 'Que fai esta muller aquí soa?'», lembra María. A ela enganchouna o bingo, como a tantas outras. E é que os tipos de xogo e os motivos polos que se inician adoitan ser diferentes en homes e mulleres. «Neles prima máis a competición e a so-
1 » LECTURA 16
5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55
Por Uxía Iglesias santiago de compostela |
cialización. Nelas colle máis peso un estado disfórico, depresión, soidade, a síndrome do niño baleiro, situacións de violencia... As mulleres optan por xogos pasivos como a lotaría, o cupón da ONCE ou o bingo, mentres que os varóns tenden ás apostas deportivas e ás cartas», describe Lamas.
María entrou no local por primeira vez hai dez anos. «Fun cunhas amigas, pola graza de tomar alí o café e xogar 20 euros cada una. Descubrín que me gustaba e empecei a volver eu soa, unha vez, outra... Nos últimos tempos había días que ía cando abría e saía cando pechaba. Aquela cadeira parecía que tiña un imán», relata ao teléfono.
Lamas. Logo de dar o valente paso de «poñer as cartas boca arriba», María atopou apoio na meirande parte do seu entorno familiar, mais tamén bateu coa incomprensión de quen non entende a ludomanía como unha doenza mental. «Son tachada de viciosa, e iso confúndete moito cando estás fóra de control, cun sentimento de culpa terrible. Tamén é unha aprendizaxe entender que eu fixen o que fixen porque estaba enferma, non porque quixera facelo».
O perfil da ludomanía rexuvenece
«Vólvete unha persoa antisocial, porque non queres que ninguén saiba o que fas. Eu toquei fondo porque ademais de quedar sen cartos, creeille unha débeda de 12.000 euros a miña nai de 82 anos», relata.
No caso das mulleres, a vergoña e o temor a ser rexeitadas lévaas a adiar moito máis a petición de axuda. E cando o fan, «adoitan vir soas, sen apoio familiar ou cunha situación moi agresiva por parte do seu entorno». «Pola contra, eles sempre aparecen acompañados pola figura dunha coidadora, sexa a nai, a parella, a irmá...», relata
Por casos coma o de María, cada pouco tempo a problemática do xogo regresa ao Parlamento de Galicia da man dunha oposición que urxe unha regulación específica do sector, unha promesa reiterada pero non cumprida por parte do PPdeG desde o ano 2016. Este mesmo mércores, o PSdeG rexistrou na Cámara unha proposición de lei cuxo eixe principal está na prohibición de ubicar locais de apostas a menos de 850 metros de colexios e de centros de tratamento de persoas con patoloxías de adicción ao xogo. E é que a idade de comezo nas apostas deportivas vese cada vez máis reducida. Juan Lamas confirma un cambio de perfil da persoa que busca tratamento, tanto na variable de idade como na do tipo de xogo. «Desde a legalización do xogo online no ano 2012 aparecen cada vez rapaces máis novos, xogadores de apostas deportivas e do xogo online, e menos de máquinas comecartos», explica o director terapéutico. Con 32 anos de traballo ás costas, dende AGAJA detectan unha normalización dos salóns de apostas, que se convirten en «lugar de reunión da mocidade» en cada barrio.
De feito, en moitas ocasións son as familias quen chaman á asociación na busca de axuda. «Aí
LECTURA « 1 17
A adicción ao xogo, cada vez máis insaciable, meteuna nun labirinto de mentiras sen saída. 60 65 70 75 80 85 100 105 110 115 120
90 95
o traballo tamén é cos pais, para que deixen de ser cómplices desa situación e a persoa enferma consiga recoñecer o problema. Outra cousa é, logo, a dispoñibilidade que mostra cadaquén para cambiar», sinala Lamas. Sexa como for, no momento en que unha persoa entra pola porta da asociación, o primeiro paso é tranquilizala, escoitala e ofrecerlle axuda se a precisa. «Estamos nun espazo terapéutico no que debe sentirse acompañada e non xulgada, como adoita acontecer na rúa».
Por que a mocidade engancha no xogo?
As causas polas que cada vez máis menores apostan hainas que buscar, tamén, no contexto social en que se moven. «Vivimos nunha sociedade intolerante ao malestar, onde aparece o imperativo social da felicidade. Existe un afán en acadar sensacións de pracer e de satisfacción inmediata; e dende aquí, o xogo pode aparecer como unha conducta que tape de forma momentánea os sentimentos de malestar, baleiro e frustración que isto pode provocar», explica Vanessa Rodríguez, psicóloga da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA).
Dende a asociación alertan dun incremento das problemáticas e malestar entre a mocidade adolescente, algo que pode vincularse coas relacións familiares e os cambios de valores da sociedade. «Os adolescentes contemporáneos teñen unha gran presión que lles chega de diferentes eidos (académico, relacional...) ao mesmo tempo que perciben máis dificultades para acadar unha maior autonomía para a propia autodeterminación». A iso súmase, prosegue Rodríguez, «o futuro desesperanzador que se lles presenta dende o mundo adulto».
Todo isto coloca a mocidade nun lugar de desesperanza que é aproveitado por unha industria do xogo que se presenta atractiva, como posibilidade de «diversión e de estar con iguais», e que empata con esa ansia de transgresión característica da adolescencia. «O público ao que se dirixe a publicidade é a poboación adolescente, son anuncios protagonizados por estrelas deportivas que son referentes para ela, anuncios feitos por adultos e protagonizados por adultos que incitan o consumo adolescente», expón Rodríguez, que pon o foco precisamente na responsabilidade da poboación adulta neste eido.
«Se un adolescente xoga de forma patolóxica é porque dalgunha forma o mundo adulto llo permite. Son os adultos os que están ausentes no seu transitar, os que establecen a accesibilidade a este tipo de xogos e os que deberían responsabilizarse da prevención da aparición de problemáticas na adolescencia dende unha perspectiva comunitaria», explica a psicóloga. Para ela, a problemática da ludomanía «debera facernos pensar nas ofertas de ocio que existen para a adolescencia e se os deseños das propias cidades están pensados para ofrecer espazos de encontro e ocio para esta poboación».
A clave está, di, na escoita activa para traballar conxuntamente en formas de ocio e culturais «atractivas, asequibles e estimulantes».
1 » LECTURA 18
165 170 175 180 185 125 130 135 140 145 150 155 160
» Comprensión lectora
1. Explica coas túas palabras o significado destas da lectura:
laxa (l. 9)
– ludomanía (l. 17)
estigmatización (l. 23)
– lascivia (l. 44)
disfórico (l. 60)
– adiar (l. 81)
• Escribe con elas cadanseu enunciado no que as uses correctamente.
2. Responde a estas cuestións:
• Cales son as consecuencias do xogo que viviron en carne propia as persoas que acoden á terapia?
• Por que se di que as mulleres ludópatas están dobremente estigmatizadas?
• Que porcentaxe de xente nova ten apostado algunha vez? E que porcentaxe desenvolveu unha patoloxía relacionada co xogo?
• Que explicacións se ofrecen ao feito de que a xente nova estea cada vez máis engachada no xogo?
• Que solucións se ofrecen para que a mocidade non se introduza no mundo do xogo?
3. Explica coas túas palabras estas expresións do texto:
– paus nas rodas (l. 24)
gravadas a lume (l. 27)
– un día no que volves nacer (l. 31)
– pasiño a pasiño (l. 35)
toquei fondo (l. 76-77)
escoita activa (l. 187)
4. Na noticia das páxinas anteriores recóllese a opinión de varias persoas. Completa este cadro coa información que achega cada unha
NOME DA PERSOA A QUEN REPRESENTA? SÍNTESE DAS SÚAS PALABRAS … … …
5. No texto establécese unha diferenza clara entre homes e mulleres á hora de relacionarse co xogo.
• Analiza esas diferenzas entre sexos atendendo a estas cuestións:
– A que se xoga? – Por que se xoga?
– Como se pide axuda?
6. Describe a estrutura do texto. Non esquezas comentar en cantas partes se divide e facer un resumo de cada unha delas.
7. Por que o artigo se titula «Apostar a perder…»? Cres que é un titular valorativo ou informativo?
Por que?
• Propón un título diferente para o artigo e tamén un diferente para cada un dos apartados en que está dividido.
19 COMUNICAMOS « 1
–
–
–
–
–
–
» Expresión oral
1. Na entrada do artigo fálase dos «imperativos sociais da felicidade» como unha das mellores armas que ten a industria do xogo para crear adiccións.
• Cales son para ti eses «imperativos sociais de felicidade»?
• Ide elaborando entre todo o grupo unha listaxe desas «felicidades» impostas pola sociedade.
2. Por parellas preparade unha conversa na que un ou unha de vós representa padecer unha adicción de calquera tipo e a outra persoa dálle consellos para saír dela e superala.
• É importante que indiquedes o tipo de adicción, os síntomas e as consecuencias que vos supón na vosa vida diaria.
3. Debatede sobre as medidas que se deben tomar para evitar que o mundo das apostas estea tan presente na nosa sociedade.
• Debedes tratar, entre outros, os seguintes aspectos:
– localización das casas de xogo dentro das cidades e vilas
– accesibilidade a través da rede
– facilidade para acceder a máquinas de apostas en locais de ocio
– publicidade das casas de apostas nos medios
– presenza de máquinas comecartos en locais públicos
– relación das empresas de apostas cos clubes e con deportistas coñecidos
» Expresión escrita
A orde dos elementos
Cando queremos escribir textos claros e que se entendan facilmente, debemos empregar a orde lóxica dos elementos na oración.
En galego, a orde lóxica dos elementos é: suxeito – verbo – complementos:
Eu quixera manifestar a miña opinión.
A riqueza léxica
Nos nosos escritos debemos coidar a expresión utilizando un léxico amplo e preciso e empregando correctamente as conxuncións que serven para relacionar as oracións. Un erro moi común á hora de redactar é botar man das palabras comodín, isto é, daqueles termos cun significado moi amplo que se poden empregar para moitos usos. Son palabras comodín os substantivos cousa, chisme, asunto, etc., ou os verbos haber, facer, dar, dicir, botar, ter, poñer, etc.
Outra das carencias máis comúns das redaccións refírese ao uso das conxuncións. É moi habitual abusar da conxunción copulativa e para enlazar ideas, así como de porque. Estas son facilmente substituíbles por outras conxuncións ou locucións que expresen mellor as relacións entre as oracións.
20 1 » COMUNICAMOS
1. Localiza catro oracións na lectura onde se manteña a orde lóxica dos elementos: suxeito - verbo - complementos.
2. Localiza outras catro oracións nas que a orde lóxica estea alterada.
• Explica que se quere destacar en cada unha delas para que se producise ese cambio de orde.
3. Ordena os elementos das seguintes oracións:
– Pola tarde, nun moi bonito acto, entregáronlle, o mércores, o premio de poesía.
– Tiña un bo programa informático o músico co que editaba as súas cancións.
– Moi variadas son as actividades que se poden desenvolver no pavillón de deportes.
– A semana pasada sobre o campionato de xadrez fixo unha reportaxe a xornalista.
Todos os días chegaba o rapaz con cara de sono á escola.
4. Substitúe as palabras comodín destacadas por algunha das do cadro para achegar un significado máis preciso.
Están facendo un pavillón máis grande para o instituto.
– Tivo tres erros graves no exame de conducir e non o aprobaron.
– Un microondas é un chisme que serve para quentar e facer cousas
– Hoxe botan na tele unha reportaxe sobre o meu barrio.
– Mañá hai unha festa de benvida para os que están de intercambio no colexio.
– Botárono do grupo de música por non querer tocar a batería.
• Unha vez escrito, revisa se nalgún caso non mantiveches a orde suxeito - verbocomplementos e, se é así, por que o fixeches? Nese caso, que querías destacar?
utensilio emitir expulsar construír
cometer celebrar alimentos cociñar
21 COMUNICAMOS « 1
–
–
5. Elabora un texto de oito liñas no que expreses a túa opinión sobre o mundo do xogo e das apostas.
» Os xéneros xornalísticos de opinión
Nun xornal non só atopamos textos que cumpren unha función informativa (noticias, crónicas, reportaxes…). Tamén encontramos neles outros textos que desempeñan unha función ideolóxica, xa que expresan opinións explícitas sobre os diferentes temas de actualidade. Entre estes xéneros periodísticos de opinión salientan o editorial, o artigo de opinión e a columna.
O editorial
As persoas propietarias dun xornal son as que marcan a súa orientación ideolóxica, a través da dirección. Esta ideoloxía está presente en calquera aspecto do periódico: nas noticias que seleccionan, no xeito de presentalas, na escolla dos colaboradores, etc. Pero, ademais, a dirección do xornal pode emitir explicitamente a súa opinión sobre un tema determinado. Nace entón o editorial, un texto publicado sempre sen firma (ou coa firma do xornal), onde se comenta algún tema de actualidade e se toma postura sobre el. Pola súa propia natureza, trátase sempre dun texto argumentativo. Algúns xornais só publican editoriais en casos extraordinarios. Outros fano a diario. O lugar reservado é sempre o mesmo, para que os lectores os identifiquen doadamente.
LGTBIfobia e choio
Nove de cada 10 persoas LGTBI con traballo na Galiza consideran necesario ocultar a súa orientación. Un dato que se entende por si só mais de se necesitar outro para completalo velaí vai: seis de cada 10 persoas LGTBI viviron algunha agresión cara a elas ou outras persoas LGBTI no seu posto de traballo, desde insultos, xestos despectivos a agresións físicas.
Son dúas conclusións do estudo presentado onte polo sindicato UGT e no que analizaba a situación das persoas LGTBI no mundo laboral.
Non hai sorpresas: ser lesbiana, gay, trans ou bisexual supón, tamén
no choio, ser albo de discriminación e renunciar a dereitos laborais. E Galiza é o terceiro territorio de todo o Estado onde esa percepción de discriminación é máis alta.
Máis unha vez, a necesidade de sumar: a mellora das condicións laborais (finiquitar a precariedade, mellores salarios, acabar coa temporalidade, desterrar a sinistralidade...) alárgase á conquista duns espazos de traballo liberados de calquera expresión de LGTBIfobia.
Tamén ese é un dereito −e unha loita− da clase traballadora, non é?
1. Por que o artigo «LGTBIfobia e choio» é un editorial? Xustifica a túa resposta. Segundo ese editorial, que é necesario para rematar coa discriminación laboral das persoas LGTBI?
1 » TIPOS DE TEXTOS 22
nosdiario.gal
O artigo de opinión
Todos os xornais e revistas adoitan contar cunha serie de persoas que, sen pertenceren á redacción, escriben unha colaboración fixa, con periodicidade diaria ou semanal.
A maior parte destes textos son artigos de opinión. Neles, a persoa que o asina expresa o que pensa sobre un tema determinado.
Ás veces, estes artigos aparecen moi ligados a temas de actualidade, sobre todo se teñen un contido político. Noutras ocasións, estas colaboracións son máis literarias, e entón están máis desligadas da actualidade.
Opinión
A RECEITA PARA MELLORAR O RENDEMENTO ACADÉMICO:
UN BO ALMORZO
Comparando e analizando datos do informe PISA pódese percibir unha influencia positiva no rédito das matemáticas e ciencias
«O almorzo é a comida máis importante do día». Quen máis, quen menos, todos escoitamos nalgunha ocasión esta expresión. Aínda que non é certo que se demostrara cientificamente que sexa a comida máis importante de todas, é indubidable que almorzar ten numerosos beneficios, entre eles, a mellora do rendemento académico.
Esta última é unha das conclusións dunha recente investigación, a primeira que avalía a nivel internacional a relación entre almorzar e o rendemento académico utilizando datos do Programa para a Avaliación Internacional dos Estudantes (PISA). A nosa análise distingue, ademais, por competencias de aprendizaxe (lectura, matemáticas e ciencias).
O impacto no rendemento
Tras comprobar que aínda existe un número importante de mozos que non incorporou o hábito do almorzo ao seu día a día, analizamos se aqueles alumnos que almorzan antes de ir á escola obteñen mellores ou peores resultados nas probas PISA que aqueles que non almorzan.
Utilizando métodos de análise estatística, atopamos que almorzar antes de ir á escola asóciase con puntuacións máis altas nas probas PISA nas competencias de matemáticas e ciencias.
Contrariamente, non se atopa relación entre o hábito de almorzar e o rendemento académico na competencia lectora.
En canto á magnitude da relación, é especialmente relevante o caso de matemáticas: espérase que un alumno que almorce antes de ir á escola obteña 9,6 puntos máis na proba de matemáticas en comparación cun alumno idéntico que non almorza antes de ir á escola. No caso de ciencias a diferenza tamén é evidente pero de menor magnitude: 3,3 puntos.
TIPOS DE TEXTOS « 1 23
Nerea Gómez Fernández e Juan Francisco Albert Moreno, boisimo.gciencia.com, 26/10/2022
A columna
A columna é unha variante do artigo de opinión. Coma el, expresa a opinión persoal de quen a asina. Pero posúe ademais unha característica específica: o seu espazo é fixo e breve (o que cabe nunha columna do xornal, pois de aí toma o seu nome).
A limitación espacial fai que estes textos teñan unha redacción sintética, onde non caben extensas argumentacións. A columna de Manuel H. Iglesias é unha boa mostra desta modalidade xornalística.
A tradición non xustifica todo
Como se fora un mantra, parece que a tradición vale para xustificar actitudes machistas e sexistas como as que aconteceron no colexio madrileño onde se forman ós que están chamados a seren persoas con grandes cargos no Estado.
As imaxes de mozos berrando e insultando ás mozas que tamén estudan no colexio elitista que están na outra beirarrúa, son un feito para meditar e reflexionar sobor da educación en igualdade. Mais o asunto, se o miramos con frialdade, ten certa miga, pois non son só os insultos ás mozas, senón tamén os cantos e saúdos aos ditadores da historia recente europea.
O acontecido nese colexio relixioso de elite, onde parece que os instintos máis primarios dos humanos saen á luz en persoas ás que se lles supón unha formación, o acontecido, que foi portada nos medios de comunicación, non se pode cuali-
ficar como tradición, aínda que leven anos repetindo esa sarta de insultos ás mulleres. Tampouco se pode entender como a gamberrada dun mozo dado que os demais saíron a coro apoiando os berros do primeiro.
A tradición non pode amparar estas cousas. Non pode ser o mantra que permita que se fagan e cometan estas aberracións. Dado que se a tradición non evolucionara e fose algo inmutable, hoxe estariamos mantendo o dereito de pernada ou tirando a cabra viva dende o campanario, e poderiamos seguir sinalando moitas cousas máis amparadas por ese termo.
O acontecido nesa casa, onde se supón saber, educación e valores humanos, os insultos que se verteron non só deixan en moi mal lugar ós que o fixeron, senón a esa institución de ensinanza. En fin, que por moito que lle quiten ferro o acontecido, a carta de presentación desa institución ten unha chata escura no seu haber.
1 » TIPOS DE TEXTOS 24
Por Manuel H. Iglesias ourense| 14/10/2022
galiciaconfidencial.com (adapt.) 5 10 15 20 25 30 35 40 20 45 50
2. Cal cres que é a intención da columna de Manuel H. Iglesias? Concordas con el? Xustifica as túas respostas.
• Completa este cadro referido á columna antedita:
3. Por grupos, escollede un tema de actualidade e consensuade unha postura común sobre el.
• Expresádea a través dun editorial. Alguén deberá redactar o borrador inicial, que logo se discutirá e corrixirá até que exprese a postura común.
4. No artigo de opinión, Nerea Gómez Fernández e Juan Francisco Albert Moreno falan dun estudo feito a estudantes.
• Que demostrou ese estudo?
• Que diferenzas atoparon entre os diferentes grupos do alumnado?
• Cal é conclusión á que se chega?
• Compartes a opinión dos autores? Xustifica a túa resposta.
5. No artigo «A tradición non o xustifica todo» atopamos a emprego da palabra «asunto» en: «Mais o asunto, se o miramos con frialdade, ten certa miga, pois non son só os insultos ás mozas, senón tamén os cantos e saúdos os ditadores da historia recente europea.» (l. 15)
• Substitúe esta palabra comodín por outra que manteña o significado da oración.
TIPOS DE TEXTOS « 1 25
XORNAL EN QUE SE PUBLICA TÍTULO DO ARTIGO
aterrar estación estacionar piloto atracar retrovisor alerón parada vagón capitán
proa aeroporto plataforma parar dársena condutor marquesiña revisor terminal peirao
» As viaxes
1. Un dos medios máis usados hoxe para viaxar é o avión. Explica as seguintes palabras ou expresións, que seguro que deberás empregar no caso de pasares por un aeroporto.
DATA DE SAÍDA / REGRESO
HORA DE EMBARQUE
MOSTRADOR DE FACTURACIÓN
BAGAXE
FITA MECÁNICA
PASARELA DE ACCESO
VOO ADIADO / EN HORA
VOO CON TRANSBORDO / DIRECTO
VOO DE IDA E VOLTA / SÓ IDA
PASAXEIROS
CATEGORÍA TURISTA / PRIMEIRA AVIÓN TREN BARCO AUTOBÚS Profesional
2. Os outros medios de transporte público máis usados son o tren, o autobús e o barco. Sitúa cada unha destas palabras no recadro correspondente da táboa:
Lugar de recollida de pasaxeiros
Lugar de saída do vehículo
Algún elemento do vehículo
Acción de deterse ou de chegar ao destino
3. Este ano, co motivo da excursión de fin de curso, estás interesado/a en facer unha viaxe en Interrail.
• Busca información na rede sobre esta modalidade de viaxar.
– Que é o interrail?
– Cantos países ides visitar?
Cantos días ides estar en cada lugar?
– Principais lugares que visitaredes en cada país.
• Despois expón na clase os datos recollidos e intenta convencer os teus compañeiros compañeiras por que a túa escolla é a mellor opción.
1 » OS NOMES DAS COUSAS 26
–
4. Nesta axencia de viaxes en liña ofrécense as seguintes «escapadas». Define en cada unha delas o posible perfil do viaxeiro ou viaxeira para quen están destinadas (idade, profesión, só ou con acompañantes etc.). Comproba previamente que coñeces o significado de todas as palabras.
Escapadas en oferta
Escapada Gastronómica. Cea gourmet
Estancia dunha noite, aloxamento e almorzo continental + cea ou comida gourmet no hotel + posibilidade de late check out. [Asturias]
Escapada Romántica. Cava e amorodos no dormitorio Aloxamento en hotel con encanto e réxime elixido + botella de cava e amorodos no dormitorio. [Granada]
Escapada Enolóxica. Visita a bodega ecolóxica
Aloxamento na vila de Alarcón, hotel Seto + visita á bodega Vitis Natura, viños e viñedos ecolóxicos + degustación de aperitivos + visita guiada por Alarcón. [Castela - A Mancha]
Escapada Activa. Descenso en canoa
Dúas noites de aloxamento e almorzo bufete + descenso en canoa polo río Sella + material necesario + monitores e seguro de accidentes. [Picos de Europa, Asturias - León]
5. Escollede por parellas ou grupos de tres persoas unha páxina web de turismo dalgunha cidade ou vila galega.
• Planificade a vosa estancia durante unha fin de semana, en función dos vosos gustos e orzamento.
• Debedes incluír, como mínimo, os seguintes datos: que orzamento tedes, como chegar, que ver, que facer, onde comer, onde durmir.
VIAXAR EN barco tren coche avión bicicleta a pé
VER museos mercados, centros comerciais, tendas monumentos natureza (parques, xardíns…) rutas urbanas rutas de aventura (arredores)
COMER estaurantes (á carta) restaurantes (de menú) bocadillo (pícnic) tapas pizzas hamburguesas
DURMIR EN hoteis apartamentos hostais ou pensións albergues cámping turismo rural
OS NOMES DAS COUSAS « 1 27
Coa creación das Irmandades da Fala, en 1916, comeza o movemento nacionalista, que une ás reivindicacións culturais outras de corte político e intenta superar así o rexionalismo propio do Rexurdimento.
» Historia social da lingua: de 1916 a 1936
No período que abrangue de 1916 a 1936, a lingua galega ve continuar paseniñamente o seu proceso de substitución lingüística polo castelán. Non obstante, este non acada aínda relevancia cuantitativa. O mantemento da sociedade tradicional leva consigo tamén a continuidade na repartición das linguas. Tanto as clases sociais que falaban castelán nos séculos anteriores, como as que falaban galego, seguen a falar agora, nas primeiras décadas do século xx, a mesma lingua (castelán ou galego, segundo os casos).
A maioría da poboación galega segue a ser principalmente rural e a vivir afastada da cultura: os rapaces e rapazas asistían durante moi pouco tempo á escola ou nin sequera eran escolarizados.
burguesía e nobreza CASTELÁN GALEGO campesiñado 80-90% da poboación
Esta situación contribúe, por suposto, a manter e mesmo reforzar os prexuízos lingüísticos cara á lingua galega. Porén, no interior das clases letradas xorden grupos, de grande importancia cultural, que reivindican o valor do galego e demóstrano utilizándoo eles mesmos en calquera tipo de ámbitos: formais e públicos, ademais de en todo tipo de textos escritos, tanto literarios como non literarios. Son os membros das Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Isto supón un importante salto cualitativo para a lingua galega, marxinada até daquela dos usos formais e escritos.
No período anterior, o denominado Rexurdimento, o galego comezara a empregarse na escrita, pero sobre todo en textos poéticos. En cambio, no primeiro terzo do século xx, os autores do Grupo Nós (Castelao, Risco e Otero Pedrayo) inauguran a novela moderna en galego e cultivan tamén o teatro. Canto aos textos non literarios, entre as publicacións do Seminario de Estudos Galegos podemos atopar ensaios en lingua galega sobre temáticas moi diversas (ciencias naturais, arqueoloxía, economía…). Todos estes persoeiros, ademais, escollían o galego para os seus discursos públicos, o que non ocorría, como sabemos, cos membros da xeración do Rexurdimento.
Estes avances na extensión de funcións para o galego non tiveron apenas repercusión na gran maioría da sociedade, analfabeta e afastada da cultura, como xa vimos. Ademais, o galego seguía totalmente separado de ámbitos como o ensino, a administración, a igrexa ou o comercio. A súa presenza na prensa periódica continúa a ser moi reducida. Polo tanto, atopámonos cun período no que o galego é a lingua claramente maioritaria da poboación, pero, dende o punto de vista do prestixio, segue a ocupar unha posición totalmente inferior ao castelán. Trátase, sen dúbida, dun período agridoce.
Ademais dos progresos en determinados sectores culturais, a aprobación do Estatuto de autonomía, en 1936, supón tamén un grande avance para o galego a nivel legal e político. En calquera caso, estas melloras vense truncadas co inicio da Guerra Civil e a posterior ditadura do xeneral Franco.
1 » SOMOS LINGUA 28
1. Dende o punto de vista cuantitativo, cal é a lingua totalmente maioritaria en Galicia neste período?
• Por outro lado, o castelán atópase plenamente instalado nas clases acomodadas, nobreza e burguesía. Que consecuencias ten isto na imaxe social das linguas?
lingua da riqueza, a cultura e o poder
lingua da pobreza, a incultura e o atraso
2. Recolle a xeito de esquema as diferenzas canto ao uso do galego entre os protagonistas do Rexurdimento, na segunda metade do século xix, e os que cultivaban o galego no primeiro terzo do século xx
Escritores máis destacados
Xéneros literarios
Textos non literarios
Uso público oral
• En que caso podemos falar dunha escritura en galego máis «normalizada»? Que outros ámbitos faltarían para a plena normalización da escrita?
3. Elabora dúas listaxes nas que inclúas os aspectos positivos e negativos para o galego que se deron neste primeiro período do século xx
4. Debatede sobre a importancia dos artigos 4 e 15 do Estatuto de autonomía de 1936 reproducidos a seguir.
Estatuto de autonomía de 1936
Art. 4. Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego (…). Os funcionarios que se designen para actuar na rexión deberán acreditar coñecemento da lingua galega.
Art. 15. Nas escolas primarias (…), será obrigatorio o ensino das linguas galega e castelá (…).
5. Buscade na colección ABANCA (colección.abanca.com) a obra gráfica de Castelao, en concreto «Ese muchacho dicen qe sabe muchísimo...»
SOMOS LINGUA « 1 29
REXURDIMENTO (SÉCULO XIX) 1.º TERZO DO SÉCULO XX
Na análise sintáctica as unidades van con letra minúscula e as funcións con letra maiúscula.
unidades unidades
» A sintaxe: unidades e funcións
A sintaxe estuda o xeito que teñen as palabras de se relacionar entre si e de se combinar con outras para formar frases, cláusulas ou oracións.
Para podermos realizar unha análise sintáctica correcta é preciso que diferenciemos as unidades das funcións.
Analizar sintacticamente unha unidade constituída por máis dunha palabra consiste en descompoñer esa unidade nas partes que a forman e en estudar as relacións que se establecen entre esas partes.
As unidades
Son as partes que conforman o enunciado e que desempeñan unha función determinada. Poden ser palabras, frases, cláusulas ou oracións.
No enunciado Elas aínda dormen porque onte traballaron até moi tarde podemos diferenciar as seguintes unidades:
Unha oración: elas aínda dormen porque onte traballaron até moi tarde.
Dúas cláusulas: elas aínda dormen; onte traballaron até moi tarde.
– Dúas frases: até moi tarde (fr. preposicional); moi tarde (fr. adverbial).
– Nove palabras: elas (pronome); aínda (adverbio); dormen (verbo); porque (conxunción); onte (adverbio); traballaron (verbo); até (preposición); moi (adverbio); tarde (adverbio).
As funcións
Son as relacións que se establecen entre as unidades que forman o enunciado. Hai varios tipos de funcións, entre as que destacan: suxeito, predicado, complemento directo, complemento indirecto, complemento circunstancial, atributo, predicativo, modificador…
Fíxate nesta análise sintáctica, onde se reflicten todas as unidades e funcións do enunciado anterior:
1 » COÑECEMOS A LINGUA 30
–
–
unidades unidades unidades
FUNCIÓNS FUNCIÓNS FUNCIÓNS oración CONSECUENCIA NEXO CAUSA cláusula cláusula SUX CC PRED CC PRED CC fr. preposicional REL. TERMO fr. adverbial MOD. N. pron. adv. verbo conx. adv. verbo prep. adv. adv.
aínda dormen porque onte traballaron até moi tarde
FUNCIÓNS
Elas
As relacións
As relacións que se establecen entre as unidades poden ser de tres tipos:
Subordinación: ten que existir a unidade principal para que exista a subordinada.
Coordinación: as unidades son independentes entre si.
Interdependencia: precísanse as dúas unidades entre si. Nas frases preposicionais, por exemplo, establécese este tipo de relación.
Eu falarei cando chegue a xente Comeron todo o día falaron toda a noite e Falaron con Carlos
A cláusula Eu falarei é precisa para completar o significado de cando chegue a xente.
Cada unha das cláusulas pode existir sen necesidade da outra.
Se eliminamos a preposición ou o termo da frase preposicional, perde o seu sentido (*Falaron Carlos; *Falaron con).
A poesía escrita en galego medrou e experimentou unha serie de cambios moi concretos durante toda a súa existencia. Os miles de versos que se escribiron ao longo de tantos anos que nos preceden, supuxeron un alicerce fundamental para a literatura galega, e a poesía consolidouse como un dos xéneros máis necesarios. Un xénero que iniciou un longo legado histórico que marcaría incluso aos autores e autoras que crean hoxe os poemarios do mañá. Na actualidade, ese marco contextual favorecedor deu paso a un ambiente algo máis prexudicial para a poesía, no que muda o centro literario e no que se potencian máis outros xéneros. Isto é, a pesar da gran tradición histórica que leva consigo a esfera poética de Galicia, agora mesmo atopámonos ante unha situación na que unha meirande parte dos poetas senten unha certa relegación por parte de todo o círculo que envolve a industria e o sector.
Falta referencia
2. Descompón os enunciados subliñados do texto nas unidades que os conforman (oracións, cláusulas, frases e palabras) e di o tipo específico de unidade de que se trata.
3. Que relación se establece nos seguintes enunciados entre os elementos subliñados?
– Eses son os problemas que temos que resolver.
Un xeado de chocolate
Unha mesa de madeira
– Chegou, viu e venceu
– Non me acordei de apagar o ordenador
COÑECEMOS A LINGUA « 1 31
1. Di que tipo de unidade é cada un dos enunciados subliñados no texto seguinte.
–
–
Despois de punto emprégase sempre letra maiúscula.
» Puntuación: punto, coma, punto e coma
Os signos de puntuación empréganse para fixar as pausas e a entoación dun texto. Organizan o texto e cohesionan os elementos que o compoñen, permitindo unha correcta interpretación da mensaxe que se transmite.
Ten o teléfono estragado. Non vai poder recibir chamadas hoxe.
Ten o teléfono estragado? Non, vai poder recibir chamadas hoxe.
Punto <.> Sinala a pausa que se dá ao final dun enunciado. A duración da pausa pode ser maior ou menor dependendo do contexto.
• O punto e seguido separa dentro do mesmo parágrafo enunciados que seguen tratando o tema anterior. Despois de punto e seguido escríbese na mesma liña.
Non se emprega punto despois dos titulares dos textos xornalísticos.
• O punto e á parte separa parágrafos distintos que tratan temas diferenciados. Despois de punto e á parte escríbese nunha nova liña.
• O punto final é o que cerra un texto.
Coma <,> Indica unha pausa breve que se produce dentro do enunciado. Úsase:
• Para separar elementos dunha enumeración: Na comida había bocadillos, empanada, froita, pizza e pasteis.
• Para introducir unha aclaración: Pola noite, cando o ruído minguaba, ela aproveitaba para escribir.
• Para illar un vocativo no enunciado: Atende, Alberte, que che está falando a ti
• Cando se inverte a orde dos elementos: As mazás, podes levalas.
Non se usa coma entre o suxeito e o verbo dunha cláusula. Non é correcto escribir: *A novela, gustoume moito
• Antes das conxuncións consecutivas (así que, logo, polo tanto, xa que…), causais (porque, pois, posto que…), concesivas (aínda que, por moito que…), condicionais (se, a non ser que…) e adversativas (pero, mais, senón, aínda que…): Estou de viaxe, polo tanto non podo asistir á reunión.
Levareino eu, porque ti non podes con el. Cearemos algo, aínda que non temos moita fame. Estarei de volta ás oito, a non ser que se atrase o voo. Estivo na fileira toda a tarde, pero non conseguiu entrada.
Punto e coma <;> Indica unha pausa superior á sinalada pola coma e inferior á indicada polo punto. Úsase:
• Para separar os elementos dunha enumeración cando tamén se inclúen comas: Ánxela debuxará unha cidade; Fernando, unha vila, e Vera, unha aldea. Cómpre reparar en que, neste caso, antes da conxunción e escríbese coma.
• Para separar enunciados que teñen relación entre si, sobre todo se xa se empregou coma: Despois de cear, decidimos non ir ao cine; ía frío e estabamos moi ben na casa.
1 » LETRAS E SIGNOS 32
1. Puntúa o seguinte texto, tendo en conta que lle quitamos as comas e os puntos que se indican deseguido:
Doce comas
– Tres puntos e seguido
Un punto e á parte – Un punto final
O peor foi que rematado xa o verán o Daniel colleu o costume de encirrarnos tamén o mastín cada vez que pasabamos por diante do seu taller no meu caso iso ocorría con moita frecuencia pois vivía no mesmo barrio algunhas casas máis abaixo e víame na obriga de percorrer aquel tramo no meu camiño diario ata a escola ou cando a miña nai me mandaba a facer algún recado nas tendas da praza de abastos collín o costume de camiñar sempre polo outro lado da rúa afastado do can que pasaba as horas tombado xusto diante do taller malia estas precaucións o meu medo non facía máis que medrar porque se por casualidade me vía o Daniel facíalle un aceno incitador ao Dólar o can erguíase ao momento atravesaba a rúa e botaba a correr tras de min obrigándome a continuas fuxidas e carreiras que me deixaban cada vez máis avergoñado
Agustín Fernández Paz, A neve interminable
2. Introduce as comas que faltan nestes enunciados tirados do libro O negociador, de Miguel Sande.
As noites en Alxer parecíame nacían así.
Máis dunha vez me preguntei de feito estrañado onde están as pombas nesta cidade.
O ideario onde?
Papá como se resolve un conflito?
A luz amarelada dálle calor a este interior de teito alto circular.
O meu estudio dá aos teatros en realidade ao stage door; gústame esa parte de atrás dos teatros no Soho onda os colectores.
Os cafés negros exquisitos con mensaxes do camareiro ao longo do día axudábanme a atrasar o sono ata dar no caderno con outras claves valiosas á hora de prolongar a negociación ao día seguinte.
3. Colócalles o punto e coma (;) aos seguintes enunciados:
– Catuxa, Martiño, Antía e Dani ocupáronse de revisar os cuartos Anxo e Vitoria buscaron na cociña e no comedor.
– Seguiu falando de costas a nós nin sequera se volveu un intre para mirarnos.
– No ciclo de cine proxectaron varias películas: O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa Cela 211, de Daniel Monzón Entre bateas, de Jorge Coira, e A esmorga, de Ignacio Vilar.
Cómpre agardar do malo, pouco do peor, nada.
LETRAS E SIGNOS « 1 33
–
–
–
1. Indica se os seguintes poemas de Cabanillas pertencen á poesía lírica ou narrativa.
• Inclúe os líricos nunha das tres liñas temáticas cultivadas polo autor (cívica, costumista ou intimista). Xustifica a resposta.
En pé!
¡Irmáns! En pé, sereos, a limpa frente erguida, envoltos na brancura da luz que cae de riba, o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, arredor da bandeira azul e branca, arredor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito a libre nova vida!
A rosa que sangra
A alma é unha roseira florecida, callada de rosiñas vermellas e de rosiñas brancas. Alegrías e penas son o vento que pasa; ás veces como un bico, ás veces treboada.
3. Escribe unha columna para o xornal do instituto na que reflexiones sobre o futuro académico e laboral do alumnado.
4. Imaxina que vas camiñando pola rúa e atopas dous turistas que che preguntan que poden visitar na contorna na que vives. Que lles recomendarías?
• Escribe os lugares que deberían visitar e explica por que.
5. Emprega estas palabras ou expresións do campo semántico das viaxes en enunciados nos que quede claro o seu significado:
6. Respecto á extensión e prestixio do galego, que aspectos do Rexurdimento se manteñen no período 1916-1936 e cales cambian?
7. Indica as unidades que conforman o seguinte enunciado:
– Vive alí no parque onde acaba a rúa das árbores altas.
8. Sinala as funcións que hai nestes enunciados:
– As nenas gañaron o concurso.
– O amor parece moi tenro entre eles.
Na noite estrelecida
No punto que faguían o sagro xuramento, unha luz de miragre tremelou no apousento e abatéronse as portas e apareceu no estrado, onde o asento baleiro, Galahaz, o Esperado. Sin espada nin casco, sin espora ni escudo, ten a gracia dun neno, mais o porte barudo, como espigas do trigo os cabelos doirados, a cor como de rosas, os ollos azuados e a cruz sagra, vermella como aberta ferida, na brancura do traxe, sobre o peito garnida.
2. Une o nome do texto xornalístico coa súa definición:
– Todos os días xantan peixe da ría de Muros.
– Fala con moito interese da xeografía.
– Os seus traballos son dos mellores.
– Deulle tarefas con tempo.
9. Indica que relacións (subordinación, coordinación e interdependencia) se establecen nos elementos subliñados:
– Insistiu en falar do lixo televisivo
– Sempre me di que todo vai saír ben
– Chocolate con arandos
– Lémbrase do seu tío acotío
– Comeu e marchou
bagaxe voo adiado aterrar plataforma atracar peirao editorial columna artigo de opinión
10. Introduce comas nos seguintes enunciados:
Texto breve cun espazo fixo que expresa a opinión de quen asina.
Texto sen firma onde se comenta algún tema de actualidade e se toma postura sobre el.
Texto periódico de actualidade asinado por alguén alleo á redacción do medio de comunicación no que expresa a súa opinión.
– A líder do grupo que era a máis atrevida foi a primeira en dar un paso adiante.
– Marta atende que levas toda a clase falando coa colega.
Fun comprar ovos tomates leituga e pementos caseiros pero ovos xa non quedaban.
– O mar xa se sabe limpa todo.
– As lentellas aínda que non me gustan moito cominas todas
1 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 34
» Reforzo
–
» Ampliación
1. O poema «A rosa que sangra» (act. 1) baseáse nunha metáfora. Explícaa.
• Localiza tres comparacións no terceiro poema da actividade 1 e explícaas.
• Que modo do enunciado aparece na segunda estrofa deste poema (descrición, narración ou diálogo)?
2. Corrixe o seguinte texto de maneira que fique correctamente canto ao uso das conxuncións «e» e «porque».
Fomos á tenda e compramos o que tiñamos na listaxe e pagamos na caixa lenta porque a rápida estaba estragada e despois fomos á axencia de viaxes porque tiñamos tempo libre e preguntamos por unha viaxe a Xapón porque é un destino moi atractivo e como todo era moi caro, enredamos pouco e entramos nunha floraría porque á miña nai gústanlle moito as flores e así ficaría contenta connosco porque nos acordaramos dela.
3. Un recurso habitual na poesía é o hipérbato, que consiste na alteración da orde lóxica dos elementos da oración. Indica na primeira estrofa do terceiro poema da actividade 1 en que casos se respecta a orde lóxica e en cales hai hipérbato. Nestes, xustifica os posibles motivos.
4. Escribe un breve texto onde planifiques unha viaxe que che gustaría facer coa xente da túa clase ou con outras amizades. Deberás incluír información de como chegar, que ver, que facer, onde comer e onde durmir. Podes buscar información en Internet.
5. Xustifica a seguinte afirmación: «O primeiro terzo do século xx supón un importante avance no proceso de normalización da lingua galega, aínda que desde un punto de vista cuantitativo continúa a perder falantes progresivamente.»
6. Escribe un breve texto onde empregues as palabras comodín cousa, chisme e asunto e os verbos haber, facer, dar e dicir • Despois reescribe este mesmo texto substituíndo as palabras comodín por outras que mostren a túa riqueza léxica.
7. Indica as unidades e funcións do seguinte enunciado:
– André voa todas as semanas cara a París porque traballa nunha empresa aeronáutica de alí dende hai tempo.
8. Sinala que unidade constitúe a primeira estrofa do poema «¡En pé!»: frase, cláusula ou oración. Xustifica a resposta.
9. Introduce no seguinte parágrafo os puntos, comas e puntos e coma. Ademais, cando sexa neceserio, cambia as minúsculas por maiúsculas.
Desde reis ou raíñas ata os máis humildes humanos fixeron uso dos poderes do corno de alicornio para picadas e velenos para mordeduras e feridas contra o mal de ollo epilepsia lepra gangrena para rexuvenecer e ata para cambiar de sexo como amuleto contra meigallos para os males de cabeza contra «soños de vulto» (cando ademais de ver apalpas o que soñas)... en fin serve tanto para persoas como para animais contra case todos os males e a favor de case todas as venturas.
Galicia encantada
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 1 35
Lume no pazo
Prendeu lume no pazo.
A roxa labarada alumea a campía.
Atronan as campanas o val.
Quentan o aire espesas bafaradas de fume.
Corre a xente berrando, atolondrada.
Ó arde-lo cume, as tellas enroxecen e estalan.
Caien, cruxindo, as vigas, e o lume ás catro bandas envolve a torre.
Muxen de medo os bois nas coadras.
A xente rube ó adro pra ver onde é a disgracia e ó mirar cara ó pazo detense amontoada.
Érguense as mans ó ceo, e sanguiñenta, tráxica, refréxase nos ollos a roxa labarada.
E un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, que vive de milagre, xantando cando xanta, vestido de farrapos e durmindo onde cadra, —todo por mor dun preito de rendas atrasadas, no que os donos do pazo deixárono sin nada—, ollando cara ó lume, rise, barulla e fala de ir busca-lo gaiteiro para que toque a gaita!
Ramón Cabanillas, Vento mareiro
36 1 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30 35
1. Responde estas cuestións sobre o poema «Lume no pazo»:
• Das tres liñas temáticas presentes na obra lírica de Cabanillas, a cal pertence este poema?
• Dirías que é, neste sentido, continuísta dos poetas do Rexurdimento? Xustifica a resposta.
• A que clase social representa o pazo? E o velliño, moi vello? Como se denomina este recurso estilístico?
• En que tres partes dividirías o poema? Que sentimentos predomina en cada unha delas?
• Analiza a métrica e a rima do poema.
2. Relaciona o poema coa situación social e económica da Galicia do primeiro terzo do século xx
3. Redacta un artigo de opinión sobre o suceso que se relata no poema.
4. Hoxe en día os pazos constitúen un dos atractivos turísticos de Galicia. Organiza unha breve escapada de fin de semana, na que inclúas, á parte da visita a un pazo, outra visita máis e unha ruta a pé.
• Inventa o lugar de orixe dos viaxeiros e viaxeiras, o medio de transporte, o aloxamento, lugar onde almorzar, comer e cear, etc; todo en función do orzamento proposto.
5. Que lingua falarían no primeiro terzo do século xx os donos do pazo? E os campesiños que lles tiñan que pagar as rendas polas terras?
• Que prexuízos se derivan destra distribución das linguas?
• Non obstante, nesta época comezan a xurdir cambios que rompen esta separación tan ríxida das linguas. Sinala os máis importantes.
6. Indica a que tipo de unidade sintáctica pertencen os enunciados dos dez primeiros versos do poema.
• E os que conforman os versos do 12 ao 16?
7. Indica a relación que se establece entre os dous elementos subliñados en cada un dos seguintes versos do poema:
• espesas bafaradas de fume
• a roxa labarada
• deixárono sin nada
• rise, barulla e fala
8. Indica as palabras, frases e cláusulas que conforman estes versos do poema: «un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, que vive de milagre».
9. Localiza os suxeitos das cláusulas que conforman os versos da terceira e cuarta estrofas do poema:
• Por que encontramos aquí o recurso coñecido como hipérbato (alteración da orde lóxica dos elementos da oración)?
10. Indica os diferentes usos das comas presentes no poema.
11. Puntúa o seguinte texto, introducindo comas, puntos e coma e puntos. Engade as maiúsculas cando sexa necesario.
VARIAS ENTIDADES COMEZAN A TRABALLAR NO CENTENARIO DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
A entidade esencial para o desenvolvemento da cultura galega fai cen anos en 2023
O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta segunda feira a primeira reunión de preparación para a celebración do centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) que se conmemora en 2023.
Na xuntanza, da que participaron diferentes entidades estiveron presentes Rosario Álvarez e Francisco DíazFierros por parte do Consello da Cultura Galega Concha Losada e Justo Beramendi do Museo do Pobo Galego Ramón Villares, da Real Academia Galega e as vicerreitoras de Cultura das tres universidades.
No encontro desta segunda feira perfiláronse algunhas das actividades que se desenvolverán no ano vindeiro así como o calendario de próximas reunións encamiñadas a pór en valor esta case centenaria entidade.
Nós Diario, 10/10/2022
12. Que tipo de textos publicou o Seminario de Estudos Galegos? Por que é tan importante a súa publicación para a normalización da nosa lingua?
13. A que xénero xornalístico pertence o artigo do exercicio 11, artigo de opinión ou noticia? Xustifica a túa resposta.
37 PROBA DE AVALIACIÓN « 1
5 10
LITERATURA » Os tempos do Grupo Nós
COMUNICAMOS » Cousas, Castelao
TIPOS DE TEXTOS » Os xornais dixitais
OS NOMES DAS COUSAS » O urbanismo e a construción
SOMOS LINGUA » Historia social da lingua: de 1936 a 1978
COÑECEMOS A LINGUA » A frase
LETRAS E SIGNOS » Puntuación: dous puntos e puntos suspensivos
• Vives nun contorno urbano ou rural? Saberías nomear todas as dependencias da túa casa?
• Que sabes sobre o mundo da construción? Que oficios e tarefas coñeces?
• Que xornais dixitais empregas para informarte? Onde detectas máis presenza da lingua galega, na prensa en papel ou na dixital? Cales serán as causas?
• Participas nalgunha asociación social, deportiva ou cultural? Que opinión
tes respecto dos movementos asociativos?
2
» Os tempos do Grupo Nós
Orixes
Nos primeiros anos do século xx, a lingua galega adquire novos ámbitos expresivos, desenvolvéndose o ensaio e a narrativa, ambos case ausentes até ese momento na nosa literatura.
Vai aparecer agora unha nova xeración de escritores que explorará outras formas de expresión distintas da lírica e que estará condicionada polas transformacións que se están a producir na sociedade galega, así como pola crise sociopolítica europea, posta de relevo coa Primeira Guerra Mundial e a revolución en Rusia.
Os membros máis destacados deste grupo, coñecido como Xeración Nós ou Xeración das Irmandades, nacen na década de 1880-1890 e son, entre outros: Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas e os irmáns Villar Ponte.
Os homes de Nós representan unha xeración de «inadaptados» que non atopan acomodo no mundo que lles tocou vivir. Séntense inconformistas,e cheos de rebeldía. Procuran algo «diferente» e nun primeiro momento atópano nas culturas alleas e exóticas, no ocultismo, no esoterismo…, até que se decatan de que o que procuran está no seu arredor, descubrindo a cultura galega e achegándose ao galeguismo.
Dende esta actitude foron quen de europeizar a cultura galega e, ao tempo, acadaron universalizala para dialogar con outras culturas e estar no mundo dende a nosa propia idiosincrasia.
A revista Nós, que editaron entre 1920 e 1936, dirixida por Vicente Risco, tiña o propósito de elevar a cultura galega a un nivel semellante ao das culturas do seu contorno. Acolleu con rigor e brillantez a arqueoloxía, a historia, a etnografía e a creación literaria. A prosa e o ensaio acadaron nesta altura un nivel nunca antes conseguido. Dende as súas páxinas propiciouse a información e o intercambio con outras culturas, en liña coa idea de diálogo universalista que defendían.
Características do Grupo Nós
Aínda que a obra que produciron fose heteroxénea e o seu devir fose moi diferente, cómpre mencionar estas características grupais:
• Orixe pequeno burguesa de case todos os membros.
• Formación universitaria de todos.
• Evolución dende diferentes posicións ideolóxicas para confluír no galeguismo.
• Sentimento de inconformismo, inadaptación e rebeldía co mundo que lles tocou vivir.
• Aposta clara pola modernidade, pero sen renunciar á tradición.
• Especial querenza polas culturas alleas e exóticas, polo esoterismo e polo mundo do máis alá.
• Creadores da prosa e do ensaio galego modernos.
• Encargados de dar a coñecer o máis novidoso das culturas europeas en Galicia e de difundir a nosa cultura fóra.
• Pioneiros no emprego de ambientación urbana na narrativa.
LITERATURA « 2 39
» Castelao
Biografía
Castelao nace en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 nunha familia de mariñeiros. O pai emigra á Pampa Arxentina, lugar ao que chegan Castelao e a nai no ano 1896. Volve a Galicia en 1900, estuda o bacharelato e a carreira de Medicina en Santiago. Porén, o seu traballo vai ser de funcionario da administración en Pontevedra, ocupación que combina coa de profesor de debuxo no instituto desta cidade. Participa nas Irmandades da Fala, na revista Nós (da que é director artístico) e na fundación do Partido Galeguista, polo que resulta elixido deputado en dúas ocasións. É un dos principais impulsores do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
Na Guerra Civil fai traballo diplomático en favor da República por diversos países europeos e americanos, até exiliarse definitivamente en Bos Aires. Na capital arxentina crea o Consello de Galiza, que pretendía ser un goberno galego no exilio e que presidiu até a súa morte o 7 de xaneiro de 1950. Dende 1984 os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de Compostela.
Características da súa obra
• Achegamento sensible ás clases populares e aos máis humildes.
• Comprensión e identificación coa idiosincrasia dos galegos (ironía, retranca, sentido do humor…).
• Brevidade, ausencia de adornos, ritmo, lirismo, proximidade á poesía.
• Emprego de estratexias de verosimilitude: o manuscrito encontrado, as testemuñas, os detalles biográficos etc.
A obra de Castelao
Castelao foi un artista polifacético xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, literato, ensaísta e orador. Os seus comezos sitúanse no debuxo e na pintura, con obras destacadas como o álbum Nós, Cincuenta homes por dez reás e os diversos volumes de Cousas da vida.
A partir da Guerra Civil cómpre citar os álbums: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos, centrados nos horrores e inxustizas da guerra. Boa parte das características de sinxeleza, claridade e sensibilidade da súa obra gráfica tamén se poden aplicar á súa literatura.
OBRA GRÁFICA DE
Cincuenta homes por dez reás Cousas da vida
40 2 » LITERATURA
ANTES DA GUERRA CIVIL Nós
CASTELAO
DESPOIS DA GUERRA CIVIL
Galicia mártir Atila en Galicia Milicianos
Principais obras literarias
• Un ollo de vidro (1922), ambientada no mundo da ultratumba, é unha novela curta na que predomina o humor negro e a crítica social.
• Cousas (1926 e 1929) é un conxunto de prosas moi breves e de temática variada que van acompañadas dunha ilustración que complementa o texto. É a obra máis orixinal de Castelao por fusionar literatura e plástica.
• Retrincos (1934) son cinco relatos con detalles biográficos de diferentes épocas.
• Os dous de sempre (1934) é a súa única novela longa. Está centrada na vida de dous personaxes antagónicos: Pedriño, conformista e lacazán, que desaproveita as oportunidades que lle dá a vida, e Rañolas, agudo, activo, emprendedor e soñador que loita contra unha chea de impedimentos.
• Os vellos non deben de namorarse (1941), a súa única peza teatral.
• Sempre en Galiza (1944) é o seu ensaio máis importante, síntese do seu pensamento político, así como de moitos avatares vividos no tempo da República. Trátase dunha visión positiva sobre os elementos identitarios do noso país e as súas potencialidades. Castelao critica o centralismo e propón como alternativa o federalismo dos pobos ibéricos.
LITERATURA « 2 41
» Vicente Risco
Vida e obra
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) estudou Dereito e licenciouse en 1906. En 1917 funda a revista La Centuria, onde colaboran os membros do que logo sería o Grupo Nós. Posteriormente ingresa nas Irmandades da Fala. En 1920, o mesmo ano da fundación da revista Nós, publica a súa Teoría do nacionalismo galego, coa que adquire un enorme prestixio como teórico do galeguismo.
Participa en 1931 na formación do Partido Galeguista, do cal se afastará cando este se oriente cara a posicións de esquerda. Risco vai adoptando posturas cada vez máis conservadoras.
É un autor de certa produción teatral e mesmo poética, e mais dunha ampla produción como narrador e ensaísta etnográfico, político, literario, histórico e filosófico. Entende a arte como algo propio dunha elite e a ideoloxía que sustenta o seu pensamento vén marcada polo cristianismo, o celtismo e o atlantismo, elementos que son, ao seu xuízo, substratos da cosmovisión de Galicia.
O seu compromiso co galeguismo tivo que ver coas dimensións espirituais da cultura galega e coa condición de Galicia como país marxinal e atlántico, detido aínda nas portas da revolución industrial e do capitalismo, sistema este que Risco consideraba destrutor dos alicerces culturais e impregnado de materialismo.
Teatro e ensaio
A súa obra teatral limítase ao título O bufón de El Rei (1928) e a súa obra ensaística é moi variada. Entre outros títulos cómpre destacar Nós, os inadaptados (1933), onde explica a evolución ideolóxica do seu grupo dende o individualismo até o galeguismo, ou Mitteleuropa (1934), que recolle as impresións da súa viaxe por Centroeuropa en pleno auxe do nazismo.
A narrativa
A produción narrativa de Risco supón unha novidade no seu tempo, pois abandona o ruralismo e ofrece acubillo ao intelectualismo e aos motivos esotéricos (dende o seu primeiro relato Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, 1919), caracterizándose pola intencionalidade didáctica e por exhibir un peculiar humor crítico.
Nos relatos «A velliña vella» ou en «A trabe de ouro e a trabe de alquitrán» (1925), onde vincula a identidade galega coas orixes celtas e os valores do cristianismo, opoñendo como trazo caracterizador de noso o atlantismo e o espiritualismo fronte ao materialismo dos pobos mediterráneos.
A súa obra máis salientable é O porco de pé (1928), na que a través da caricatura realiza unha parodia humorística de personaxes do seu tempo, critica a burguesía e satiriza a sociedade consumista e materialista. Consegue isto grazas a dous personaxes arquetípicos e antagónicos: don Celidonio, que representa a materia, e o Doutor Alveiros, que representa o espírito. A estrutura da obra é simple e o seu desenvolvemento é lineal, con digresións nas que se critica a idiotización da sociedade do momento. Cómpre destacar a axilidade narrativa, que non lle impide ao autor empregar longuísimas enumeracións coas que consegue un certo efecto caótico.
42 2 » LITERATURA
» Otero Pedrayo
Biografía
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) críase no seo dunha familia de ideoloxía liberal, ligada á vella fidalguía. Licénciase en Filosofía e Letras e Dereito. En 1919 gaña a cátedra de Xeografía de ensino medio.
En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala, o que supón unha mudanza total na súa traxectoria vital, política e cultural. Nos seguintes anos desenvolve un intenso traballo cultural ao que une máis tarde a actividade política, coa súa integración no Partido Galeguista, sendo deputado por Ourense en 1931. Coa Guerra Civil é destituído da súa cátedra, e retírase ao seu pazo de Trasalba nos duros anos da posguerra.
Despois exercerá a docencia na Universidade de Santiago e converterase nun modelo ético e nun símbolo do galeguismo para as xeracións máis novas.
A obra
Otero é o autor coa obra máis ampla, nomeadamente nos xéneros narrativo e ensaístico. Os seus ensaios están dispersos en publicacións periódicas de Galicia e de América, como tamén o están as innumerables conferencias e discursos pronunciados.
Temática e claves ideolóxicas
• A realidade e a historia de Galicia.
• A decadencia da fidalguía e a chegada da modernidade.
• O cristianismo como esencia do ser galego, oposto ao materialismo moderno.
• Conservación da tradición.
Estilo
• Gusto polas descricións detalladas de paisaxes e ambientes.
• Abundancia de digresións que se desvían da historia principal.
• Preferencia polas oracións longas e polo uso de abundante subordinación.
• Presenza da erudición do autor, con referencias á historia, á música, á literatura...
1. Cal é a importancia do Grupo Nós para a cultura galega?
2. Por que se pode considerar que Castelao, Risco e Otero forman parte do Grupo Nós?
3. Que diferenzas observas entre os autores antes mencionados?
4. Cres que a parte da obra gráfica de Castelao ten que ver coa obra literaria? Por que?
5. Que aspectos da obra de Risco resultaron máis novidosos?
6. Por que a obra literaria de Otero está tan relacionada co ensaio?
LITERATURA « 2 43
2 » ESCOLMA 44 » Texto 1
Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber expresa-lo que sente. Cando a un pobo, que canta e fala nunha lingua creada polo seu propio xenio, se lle impón a obriga de adoptar un idioma estraño á súa personalidade afectiva, prodúcese un esmorecemento da linguaxe, que comeza pola inhibición e remata pola impotencia. (…)
Cómpre deixar ben esclarecido que o verdadeiro pobo de Galicia, o que vivía a carón da terra e do traballo, non sufriu os transtornos do bilingüismo porque non deixou de fala-la súa fala e con ela seguiu expresando as tristuras e ledicias do seu mundo. As vítimas do bilingüismo –os que calaron e enmudeceron para producir un silencio literario de tres séculos– foron as camadas intelectuais, que non estimaban as verbas vivas do seu falar e admiraban as verbas mortas do seu escribir. (…)
Atribuímoslle á imposición oficial e cultural do castelán o silencio literario de Galicia; non como acto de resistencia pasiva senón como efecto natural do bilingüismo, por falar na lingua que non se escribía e escribir na lingua que non se falaba.
Cando a lingua imposta mata de todo a lingua sometida, é dicir, cando a violencia chega ata o asasinato, pode o pobo recobra-la súa facultade de expresión artística. Sirva como exemplo a vitoria do latín sobre a lingua –probablemente celta– que antes se falaba en Galicia. Pero a lingua de Castela non tiña forza de abondo para mata-lo galego, que acababa de ser –pola súa virtude lírica– o idioma preferido na mesma Corte de Castela. (…)
Por outra banda consideramos como actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas. Que diriamos se o Estado mandase derruba-lo Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inolvidable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte.
A lingua, de Sempre en Galiza
ESCOLMA « 2 45
Castelao
» Texto 3
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para baixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de don Celidonio. Se lle escachasen a testa, que tiña que ser con pauferro e picaraña, en lugar dunha sesada habían atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento.
Vicente Risco
Don Celidonio, de O porco de
» Texto 6
—Eis o tesouro desta cova: a trabe de ouro macizo… Mais o que vale máis nesta trabe é os riscos que ten por afora. Toda ela está escrita nos nosos vellos caracteres, inventados polo sabio Ogma noso pai, hai moitos milleiros de anos. Aquí temos escrita en tres mil trescentas tríadas toda a nosa Ciencia antiga, as Leis da nosa raza e as Profecías dos nosos mestres. Esta trabe de ouro fará a quen a consiga, non soamente inmensamente rico, senón tamén inmensamente poderoso, porque é a chave do Pasado, do Presente e do Porvir.
E a lámpada dela pendurada, e que aquí nos aluma, representa esa mesma ciencia acesa decote en nós, porque saberás que esta lámpada de aceite de asbeste e con torcida de amianto, áchase decote acesa sen se consumir e sen que endexamais morra… Todo esto que che eu digo, meu fillo, non é máis ca unha pequena parte dos nosos segredos, que vimos conservando dende a noite dos tempos. E dígocho porque ti es o que o Deus verdadeiro escolleu para nos traer a súa doutrina e as augas salutares do Bautismo, e como saibas saír ben desta aventura, e nos saques con ben do encantamento, non soamente has ser rico e podente, senón que, sacada a nosa ciencia do esquecemento, has ver a renacencia gloriosa da túa Raza e da túa Terra. Agora, Bastián atreveuse a falar:
—Logo, señor, ¿que teño que facer?
—Pois, colle auga natural e déitaa sobre das nosas cabezas dicindo as verbas rituais do bautismo.
E erguéronse todos e espiron as cabezas venerables. Nesto, de súpeto, un trono tremebundo rolou retumbando pola montaña. A terra estremeceu cun estrondo como o da fin, tremeu a trabe de ouro, e apagouse a lámpada perpetua…
2 » ESCOLMA 46
pé
Vicente Risco
A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
» Texto 5
O dos Doncos era nomeado Pazo da Seara. Un dos mellores daquela xurisdición. O corpo da casa ergueito en fina cantería, obra limpa do barroco do dezasete, só se franqueaba ós camiños pola grande fachada composta da capela barroca, lindamente tallada en pilastras, bandas de roseiras e linteis retortos e a muralla ameada do patio, na que se abría o portal, e cara ó nacente por unha chea de fiestras enreixadas, como de mosteiro, dispostas en dúas fiadas, as de enriba bicadas polas longas pólas do souto da outra banda do camiño, sombrizo e temeroso na noite. No patio medraban buxos marelos pola vellez e deitaba a fonte. Polo sur e poñente, o pazo, plantado coma un señor, dominaba a larganza das mellores terras do seu patrimonio. Comezaban no xardín, na horta e no pomar e corrían en mainas baixadas de nabeiras, bacelos, lameiros e montóns de arboredos, cinguidas en xunto pola grande parede de forras coroadas por capias e cabaletes.
O Pazo da Seara era nomeado no ribeiro de Avia e do Miño, nos Chaos e na capital, pola súa fartura e comodidade. As tres grandes salas estaban adornadas con fermosas pinturas de paisaxes e flores doutros climas: grosos paxaros verdes, froitos de ouro, serpentes de ollo redondo e malicioso.
» Texto 8
En Santiago, Adrián sempre se coidaba na Europa e máis galego que nunca. A sensación do Estado español estaba para el ausente da cidade. Liberdade das prazas sen tendas nin quioscos, liberdade e cosmopolitismo do capitel románico feito para o pobo e traballado en linguaxe que adopta o falar de cada patria. Compostela non merece o seu ditado de apostólica só pola reliquia do Apóstolo, senón por un apostolado universal de cidade franca.
Adrián soñaba que nas cátedras e nos púlpitos volverá soa-la voz de tódolos mestres do mundo, e antes que outra, as voces galegas que xermolaban escuramente na Galicia. Eles ceibarían o espírito da Terra. Adrián, nun ditoso estado de posesión de si, consideraba sen xenreira as outras terras ibéricas, mandaba un saúdo ó pequeno lugar burgalés onde coñecera a ermida de Nosa Señora das Lavercas, e a tráxica paixón de Toledo. De igual a igual, Adrián pensaba se-lo tipo dunha xeración, e con optimismo coidaba que no mesmo inverno outros galegos, tódolos ben intencionados, tódolos que pensasen con lealdade, chegarían á súa liberación que era a liberación da Galicia en ben da Europa, do Mundo e do Espírito Inmorredoiro.
Aquí remata o primeiro, longo e tráxico estado do vivir de Adrián Solovio. A súa vida desde agora identifícase coa vida da Galicia; xa non é novela, nin experiencia psicolóxica. Xa é historia. Pois a Galicia tamén comeza a ser outra volta historia desque aprendeu os camiños para atopa-la súa conciencia e deixou de andar coma unha cega, arredor de si.
Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si, de Arredor de si
1. A que outros xéneros estarían próximos os textos de Castelao «A Marquesiña» e «Se eu fose autor»? Por que?
2. Cal dos textos de Castelao cres que ten máis vixencia na actualidade? Xustifica a resposta.
3. Apunta os trazos satíricos que atopes na descrición de don Celidonio.
4. Que características da prosa de Otero Pedrayo aparecen reflectidas no texto «O pazo da Seara»?
5. O Adrián protagonista de Arredor de si pode ser o propio autor? Xustifica a resposta.
6. Cal dos textos da escolma se achega máis ao esoterismo do que gustan os autores do Grupo Nós?
ESCOLMA « 2 47
» Texto 7
Ramón Otero Pedrayo, O pazo da Seara, de Os camiños da vida
Cando Bieito quedou orfo
Cando Bieito quedou orfo de pai e nai, chegou das Américas un parente e levouno consigo. Na véspera de emprender a viaxe, colleu o camiño do monte e alá enriba, no curuto de todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos.
Despois, nas pampas arxentinas, apurráronlle tódolos cans, cando aínda non sabía gobernarse na soidade dos campos sen camiños. E moito padeceu para deprender a encararse cos homes, rillando as ganas de chorar…
A troco de anacos do espírito Bieito conquireu un sentido novo e, traballando sen acougo, ganou riquezas dabondo. Casouse, nascéronlle fillos e prendeuse en terra allea.
Os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentais e foi ó cabo de trinta anos de loita cando Bieito alentou forte e puido virarse cara ó pasado. E neste punto a morriña metéuselle na caixa do peito.
Cacheando nos currunchos da memoria as farraspiñas esquecidas do seu ledo vivir de neno, Bieito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara gardado no curuto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos, meteuse nun barco e chegou á Terra.
As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e tódalas cousas que ía topando no camiño enchían de ledicia o seu corazón. Cando chegou ó curuto do monte, os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara encontrou o ichaviño, e non hai parolas no mundo que poidan darvos idea da emoción de Bieito naquel intre. Despois marchouse cabo dos fillos.
Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na hucha do peito.
2 » LECTURA 48
5 10 15 20 25
Castelao, Cousas
Unha rúa nun porto lonxano
Unha rúa nun porto lonxano do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de tódalas castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo…
Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse, camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntales.
O mariñeiro que fala francés e mailo mariñeiro que fala inglés entran nunha taberna servida por un home gordo. Queren perde-lo sentido xuntos para seren máis amigos. Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!
E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comeza a cantar:
Lanchiña que vas en vela, levas panos e refaixos para a miña Manoela.
O mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ó compañeiro e comeza tamén a cantar:
Lanchiña que vas en vela, levas panos e refaixos para a miña Manoela.
A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.
O taberneiro, gordo coma un flamengo de caste, veu saí-los dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as bágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:
Lanchiña que vas en vela!
Tamén o taberneiro era galego.
LECTURA « 2 49
5 10 15 20 25
Castelao, Cousas
O significado denotativo é o obxectivo, que se emprega cando o emisor quere dar unha visión exacta e imparcial da realidade que describe.
En cambio, cando as palabras se empregan cunha significación máis alá do seu significado literal, porque o emisor pretende suxerir ou transmitir unha impresión persoal da realidade, dicimos que estamos ante significado connotativo
» Comprensión lectora
1. Explica coas túas palabras o significado que teñen as seguintes expresións extraídas do primeiro texto:
– Apurráronlle todos os cans (l. 5)
– Rillando as ganas de chorar (l. 7)
– A troco de anacos de espírito (l. 8)
– Cacheando nos currunchos da memoria (l. 14)
• Agora busca no dicionario da Real Academia Galega o significado de: apurrar rillar anaco cachear curruncho troco
• Consideras que estes termos están empregados no texto no seu sentido literal? Xustifica a resposta.
2. A palabra terra aparece dúas veces no primeiro texto. Localízaas e explica por que na segunda ocasión está escrita con maiúscula. Indica o significado connotativo que ten no texto e compárao co denotativo.
terra s.f. 1. O terceiro dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao sol. 2. Parte sólida da superficie terrestre considerada o soporte das cousas. 3. Extensión definida da superficie sólida do globo terrestre; rexión. 4. Superficie externa sobre a que se camiña ou viven homes e animais. 5. Solo, material sólido constituído por partículas que proceden da erosión da codia terrestre. 6. Lugar de orixe, patria.
3. Explica o significado das metáforas:
– caixa do peito (l. 13)
– hucha do peito (l. 25)
4. Cantos anos ten Bieito, cando comeza o conto? E cando termina? Indica os saltos temporais que introduce o autor para condensar case unha vida enteira nun relato tan breve.
5. Explica o significado das seguintes palabras do segundo texto. Se o precisas, recorre ao dicionario.
– acuguladas (l. 1)
– arregalar (l. 18)
– flamengo (l. 24)
– laído (l. 26)
– saudoso (l. 26)
6. Cal é o tema común a ambos textos? Como se enfoca esta temática xeral en cada un deles?
7. Que aspecto de cada un dos relatos cres que pretende destacar Castelao a través das ilustracións con que os acompaña?
• Comenta os obxectos que aparecen en cada unha das imaxes.
8. As Cousas de Castelao titúlanse coas palabras do inicio de cada relato, pero «Cando Bieito quedou orfo» coñécese tamén popularmente como «O ichaviño».
• Explica por que e propón outro título alternativo para cada relato.
50 2 » COMUNICAMOS
» Expresión oral
1. Para Bieito, o seu «ichaviño» tiña un valor sentimental.
• Pensa nun obxecto que represente tamén para ti un significado especial.
• Lévao a clase, amósallo ao resto de compañeiros e compañeiras e explícalles os motivos. Se non se pode trasladar facilmente, podes levar unha fotografía.
2. En grupos de tres ou catro persoas, localizade alguén do voso contorno que emigrase no pasado e alguén que o fixese na actualidade.
• Realizádelles unha entrevista e comparade as diferenzas entre un tipo e outro de migración.
• Debedes previamente elaborar un guión entre toda a clase, no que incluades preguntas polas motivacións, condicións de vida, sentimentos, etc.
3. Os mariñeiros descoñecen a súa orixe común e van entendéndose, aínda que falen idiomas distintos. Con este fin, a linguaxe xestual e a expresión facial son moi importantes.
• Xogade por parellas a adiviñar expresións breves, comunicadas sen utilizar a linguaxe verbal. Por exemplo:
– Invítote a tomar algo ao saírmos da clase.
– Conectámonos despois para botar unha partida a un videoxogo?
Préstasme o libro que temos que ler para galego?
• Tamén podedes xogar a adiviñar películas ou personaxes famosos.
4. «Queren perde-lo sentido xuntos para seren máis amigos. Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!» (l. 10-11).
• Organizade unha exposición na clase sobre o consumo de alcohol entre a xente nova: onde se consome e con que frecuencia, tipo de bebidas máis habituais, causas, consecuencias a curto e longo prazo, etc.
• Debedes buscar datos obxectivos que vos permitan apoiar as vosas afirmacións.
51 COMUNICAMOS « 2
–
5. De todos os xeitos, as posibilidades de comprensión entre linguas diferentes é moitas veces maior da que cremos, sobre todo entre linguas da mesma familia lingüística.
• Nesta idea baséase o proxecto EuroComRom - As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Compróbao por ti mesmo lendo os dous textos seguintes:
La formazione permanente rappresenta un elemento chiave non solo ai fini della competività e dell’occupabilità, ma anche dell’integrazione sociale, della cittadinanza attiva e dell’autorealizzazione dei cittadini.
Una altre de les línies de col.laboració entre Euskadi, Catalunya i Galicia consisteix a treballar conjuntament perqué l’Estat espanyol impulsi i planifiqui programes i actuacions per al desenvolupament de l’educació intercultural, basada en el coneixement de la diversitat cultural i lingüística de tot l’Estat.
• Sabes en que linguas están escritos?
• Hai algunha palabra que non entendas?
• Debatede na clase sobre estas posibilidades de comprensión, en lugar de recorrer sempre ás linguas «internacionais». Poderiamos entendernos falando galego con persoas que falen, por exemplo, italiano?
6. Os dous mariñeiros acaban cantando unha canción popular galega.
• Entre toda a clase elaborade unha lista de todas as cancións da tradición oral galega que coñezades.
• Debedes ser quen de reproducir polo menos o retrouso. Tamén podedes preguntar na vosa casa cales coñecen e, incluso, pedirlles aos familiares, veciños ou coñecidos que volas canten para poder gravalos e levar o audio a clase. Cantas conseguistes xuntar?
7. Nos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística podes acceder ao vídeo dunha palestra sobre música, danza e teatro, na que intervén, entre outros, Montse Rivera, que forma parte do grupo Leilía e é a creadora do grupo Pesdelán.
• Visualiza o vídeo e comenta a súa mensaxe.
• Investiga sobre a metodoloxía das recollidas que empregan moitos grupos de música tradicional, como por exemplo as Tanxugueiras.
52 2 » COMUNICAMOS
» Expresión escrita
1. Que che suxiren as seguintes palabras? Escribe as primeiras impresións que che veñan á mente ao lelas, sen apenas pensar.
– brócoli
tableta
balón
• Agora intenta definilas da forma máis obxectiva posible e compara os resultados. Así terás o seu significado connotativo (para ti) e denotativo.
2. O termo «lonxano» é unha palabra derivada de lonxe, pero non aceptada pola variedade normativa por consideralo un calco do castelán. Cal é o termo estándar equivalente?
• Indica os termos da variedade estándar para as seguintes definicións.
– Aquilo que un imaxina durante o sono, percibíndoo coma se fose real.
– De cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello.
– Conxunto de fragmentos dun edificio derrubado ou de residuos dunha construción.
– Caixa, funda ou vaíña especialmente disposta para gardar ou protexer algunha cousa.
– Estado ocasionado pola exposición ao frío ou á humidade asociado con catarro dunha ou máis mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose, etc.
3. Localiza no primeiro texto tres palabras pertencentes ao campo semántico das plantas. Coñeces estas plantas? Indica un sinónimo para cada unha delas e engade outros tres nomes máis deste campo semántico.
4. Indica mediante exemplos concretos de ambos textos as principais características da obra de Castelao.
5. Fíxate nestas páxinas e indica cal cres que sería, destes catro textos representados en parágrafos, o mellor escrito e máis doado de ler.
A extensión do parágrafo: Non hai regras absolutas e pode variar en función do tipo de texto, pero recoméndase que non sexan demasiado longos nin demasiado breves e, sobre todo, que haxa certa unidade no tamaño entre os distintos parágrafos.
• Con cal dos esquemas consideras que se corresponden os textos de Castelao?
6. Escribe un relato breve, ao estilo dunha «cousa», no que contes unha das anécdotas recollidas no exercicio 2 do apartado «Expresión oral» sobre a migración.
• Coa colaboración da materia de Educación Plástica e Visual, acompañade o relato dalgún tipo de ilustración (pode ser ao estilo das viñetas de Castelao ou seguindo outras técnicas gráficas). Xuntando os de toda a clase, podedes formar un álbum. Poñédelle un título e difundídeo mediante un mural, nun corredor transitado do edificio, ou de forma dixital, por exemplo a través da web do centro.
A extensión da oración: Igualmente, as oracións non deben ser tan longas que dificulten a comprensión, nin tan curtas que resulten nun estilo telegráfico, aínda que cada autor ten o seu estilo persoal, que pode tender a períodos sintácticos extensos, con abundante subordinadas, ou ben enunciados breves, concisos e sintéticos.
53 COMUNICAMOS « 2
–
– can –
» Os xornais dixitais
Nos últimos anos, o desenvolvemento de internet propiciou a aparición dun novo medio de comunicación, con características de seu: o xornal dixital
Aínda que estes xornais son, en boa medida, debedores dos xornais impresos (consérvase a estrutura en seccións, as regras de confección das noticias, os espazos de opinión…), diferéncianse deles porque aproveitan as posibilidades da rede e da escrita electrónica (incorporan vídeo e voz, inclúen hiperenlaces a outras noticias ou documentos, blogs…).
Ademais, favorecen unha lectura non secuencial: a diferenza dos impresos, onde as páxinas e seccións impoñen unha certa orde, nos xornais dixitais o lector ou lectora pode acceder ás noticias e colaboracións de interese na orde que prefira. Tamén se produce neles a creba da unidireccionalidade propia dos xornais impresos. Os lectores poden intervir comentando nas noticias ou nos textos de opinión. Ao tempo, a inclusión de enquisas e foros tamén favorece esta interacción.
CARACTERÍSTICAS DOS XORNAIS DIXITAIS
DIXITAIS Transmítense pola rede e lémolos na pantalla. Non precisan de papel, polo que se reduce o seu custo.
MUNDIAIS Calquera persoa pode acceder a eles dende calquera lugar do mundo.
MULTIMEDIA
Incorporan textos, imaxes fixas, vídeos e arquivos de son. Ademais, a través dos hiperenlaces, pódese acceder á información doutras webs da rede, o que serve para ampliar e afondar nas noticias.
INSTANTÁNEOS A información chega aos lectores ao pouco de se producir.
ACTUALIZABLES
Algúns xornais dixitais en galego:
• Galicia Confidencial
• Praza Pública
• Nós Diario
INTERACTIVOS
GRATUÍTOS
As informacións vanse renovando ao longo do día, a medida que aparecen novos datos que modifican os anteriores.
Os lectores e as lectoras teñen a posibilidade de intervir a través dos seus comentarios, participación en foros e enquisas…
Fináncianse fundamentalmente coa publicidade. Aínda así, para poder manterse economicamente tamén ofrecen medios de subscrición ou de doazóns dos lectores e lectoras.
– As diferentes seccións
– O texto (ou os vídeos) das noticias
– As colaboracións
– Os foros e enquisas abertos aos lectores
• Despois, cada equipo exporalle ao resto da clase as características e o tipo de contidos do xornal visitado. Comentade as semellanzas e as diferenzas na selección e tratamento da información.
2 » TIPOS DE TEXTOS 54
1. En equipos, visitade o mesmo día cada un dos xornais dixitais que aparecen citados na marxe e consultade as partes seguintes:
CABECEIRA
CORPO
LIGAZÓNS
DESTACADAS
PÉ DE PÁXINA
INFORMACIÓN
CORPORATIVA
TIPOS DE TEXTOS « 2 55
SECCIÓN TITULAR ENTRADA DATA EMISOR
E LEGAL
FOTOGRAFÍA
» O urbanismo e a construción
1. Indica o nome de cada un dos elementos ou partes da casa numerados na ilustración.
2. Planta é unha palabra polisémica. Escribe catro enunciados nos que apareza con significados diferentes. Se o precisas, axúdate do dicionario.
3. Localiza todos os adxectivos do seguinte anuncio e indica os seus termos contrarios.
ALÚGASE PISO ESTUDANTES SANTIAGO DE COMPOSTELA
Piso con 5 cuartos. Moi luminoso. Cociña equipada. Amplo salón. Totalmente amoblado e exterior. Céntrico (zona praza de Galicia). Garaxe e rocho. Conservación: bo estado. Prezo: 600 €, comunidade incluída.
4. SOLTAMOS A LINGUA. En grupos de tres, simulade unha visita a unha axencia inmobiliaria en busca de vivenda. Dous seredes os clientes e o terceiro, o responsable da axencia. Os clientes debedes inventar unha situación concreta de convivencia (estudantes, parella, pai/nai e fillo/a etc.) e demandar unha vivenda que se adecúe ás vosas necesidades. Teredes que tratar cuestións como as que aparecen no cadro da marxe.
2 » OS NOMES DAS COUSAS 56
garaxe prezo 1 2 3 4 5 6 7
compra ou alugueiro localización dimensións novo ou de segunda man amoblado ou non
Inicio Presentación Orixe Características Intencións Participa Experiencias Fitos Contacto
Que propoñemos?
Pensamos que as vivendas deste proxecto deberán reunir como mínimo tres características. Así, serán:
Accesibles:
Ofrecendo a posibilidade dunha vida independente e autodirixida, que a través dun deseño universal e inclusivo, facilite a autonomía das persoas nas súas casas e actividades cotiás.
Con espazos adaptables que poidan axustarse ás necesidades específicas de cada núcleo de convivencia, xa que non existe un modelo de vivenda ideal, senón unha vivenda única para cada persoa ou familia.
Comunitarias:
Facilitando a creación de sinerxías tanto coa propia comunidade como co seu barrio en particular, e co tecido social en xeral.
Fomentando a autonomía non só dentro do domicilio, senón tamén nos espazos comunitarios e no barrio. Promovendo unha convivencia colaborativa e participativa dentro da comunidade, que atenda ás diferentes unidades de convivencia na súa diversidade, e que abranga a totalidade do proceso (formación do grupo, deseño, materialización e uso).
Sustentables:
Empregando materiais respectuosos co ambiente e coa saúde das persoas.
Con criterios de eficiencia enerxética (tanto na construción como ao longo da vida útil das vivendas), e de aforro e aproveitamento dos recursos en xeral (reciclaxe, materiais renovables, etc.)
Cun custo asumible que non supoña unha carga económica desproporcionada para os seus habitantes.
5. Indica o tema do texto anterior.
• Intenta definir coas túas palabras os termos destacados.
• Expresa brevemente por escrito a túa opinión sobre o tema e despois debatédeo oralmente na clase.
6. Relaciona cada termo referido á construción co número correspondente das imaxes.
OS NOMES DAS COUSAS « 2 57
pa escavadora formigoneira camión de envorque guindastre cascallo martelo pneumático estadas formigón
1 2 3 4 5 6
» Historia social da lingua: de 1936 a 1978
Neste período, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase profundamente e acada niveis preocupantes non só dende un punto de vista cualitativo (marxinación dos ámbitos formais e consecuente desprestixio do galego), senón tamén, por primeira vez, cuantitativo (penetración do castelán en todas as capas sociais).
Este período da nosa historia coñécese como Longa noite de pedra, título da obra poética máis importante de Celso Emilio Ferreiro, que se converteu en símbolo antifranquista.
Así, en 1938 apenas o 10% da poboación galega falaba castelán, pero 50 anos despois case a metade dos galegos se instalaran parcial ou totalmente nesta lingua. Os motivos do aumento no proceso castelanizador son diversos:
• Represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán.
• Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.
• Cambio da estrutura socioeconómica tradicional: a industrialización chega a Galicia, moi tardiamente, coa creación dos polos industriais de Vigo, A Coruña e Ferrol (na década dos 60). Isto provoca á súa vez a urbanización, é dicir, o éxodo do campo á cidade. Ambos os procesos foron sempre acompañados dun cambio de lingua cara ao castelán.
• Chegada dos novos medios de comunicación audiovisuais (radio e, posteriormente, televisión), exclusivamente en castelán, que permiten que esta lingua se introduza en todos os fogares.
A produción en lingua galega
Os anos que durou a Guerra Civil española (1936-1939) e os primeiros anos da ditadura franquista foron totalmente estériles para a produción cultural na lingua propia. Calquera movemento de carácter galeguista, non só político senón tamén cultural, quedou interrompido. Todas as iniciativas que comezaran na etapa anterior (revistas, editoriais, etc.) rematan o mesmo ano en que comeza a guerra.
Neste período a creación literaria tivo que continuar no exilio, con obras tan destacadas como Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, ou A esmorga, de Blanco Amor.
Cómpre esperar a 1950 para que o cultivo do galego comece a recuperarse, sobre todo grazas á fundación, ese mesmo ano, da editorial Galaxia, que recuperou os autores exiliados ou silenciados a partir de 1936 e integrou as novas xeracións xurdidas nos anos 50 e 60. A censura franquista prohibiu, por exemplo, a revista Grial, publicada pola editorial Galaxia, da que só saíron catro números.
A pesar desta tímida recuperación cultural, estaba prohibido publicar en galego calquera texto informativo nos xornais (só se permitían textos literarios e de carácter folclórico), así como empregalo en actos públicos, mesmo da Real Academia Galega.
2 » SOMOS LINGUA 58
O éxodo do campo á cidade foi masivo en cidades como Vigo.
O galego nos movementos políticos e asociativos
A partir dos anos 60 comezan a xurdir agrupacións que reivindican o uso do galego e achégano á sociedade, a través de actividades como cursos, conferencias, coloquios, etc. Ademais, a nivel político fúndase o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG). Estes partidos recuperan de novo o idioma para os usos públicos orais e o seu emprego acaba estendéndose a todos os partidos contrarios á ditadura.
1. Comenta as anotacións sobre o uso do idioma recollidas na marxe e analiza as súas consecuencias para o uso e a imaxe social do galego, así como para os galegofalantes.
2. Analiza as diferenzas existentes entre o que denominamos castelanización a nivel cuantitativo, por unha parte, e cualitativo, pola outra.
3. A ditadura franquista é unha época na que todos os factores xogan en contra da lingua galega. Elabora unha listaxe na que destaques os retrocesos sufridos, en comparación co primeiro terzo do século xx
4. Que novas connotacións se vinculan á lingua galega durante a ditadura? Como puideron contribuír a modificar a súa imaxe social? Debatede na clase se estoutra percepción da lingua resulta positiva ou non para a súa normalización.
5. Posiblemente os teus avós vivisen o período franquista. Pregúntalles polos seus recordos, a xeito de investigación histórica, centrándote principalmente en cuestións como a emigración ás cidades, a falta de liberdades e o uso e percepción das dúas linguas, galego e castelán. Realizade unha posta en común na clase coa información recollida.
1939 - 1940
Declárase único idioma oficial o castelán en rótulos, letreiros, carteis…, expostos ao público.
1940
«Todos los funcionarios que en acto de servicio se expresen en otro idioma que no sea el oficial del Estado, quedarán ipso facto destituidos, sin ulterior recurso.»
1942
O xornal El Ideal Gallego publica que «el Gobernador de la provincia multó a varios vecinos por hablar en publico en gallego».
«Todas las películas deberán estar dialogadas en castellano prescindiéndose, en absoluto, de los dialectos.»
1950
Prohíbeselles aos escolares, aos cregos e aos seminaristas o uso doutra lingua que non sexa o castelán.
SOMOS LINGUA « 2 59
O uso do idioma durante o franquismo
Nunha escala de maior a menor complexidade, a frase sitúase entre a cláusula e a palabra.
» A frase
A frase é unha unidade lingüística con sentido e sen verbo que desempeña unha función dentro da cláusula ou dentro doutras frases. As frases poden ser de dous tipos:
Simples: cando non teñen outra frase no seu interior.
frase substantiva
NÚCLEO MODIFICADOR substantivo adxectivo xornais vellos
Complexas: cando no seu interior teñen unha ou máis frases.
frase nominal
DET. NOMINAL
fr. substantiva
NÚCLEO MOD.
numeral substantivo adxectivo sete autobuses novos
frase preposicional RELATOR TERMO preposición substantivo de la
Segundo a relación que se establece entre os seus constituíntes, as frases poden ser:
Endocéntricas
Están formadas por un núcleo e por modificadores. O núcleo pode realizar el só a mesma función ca toda a frase.
– Frases substantivas: o núcleo da frase é un substantivo.
Recollemos xornais vellos 5 Recollemos xornais
– Frases adxectivas: o núcleo da frase é un adxectivo.
Ese pantalón é bastante bonito 5 Ese pantalón é bonito
– Frases adverbiais: o núcleo da frase é un adverbio.
Vives moi lonxe 5 Vives lonxe
Exocéntricas
Os dous constituíntes son imprescindibles para que exista a frase.
– Frases nominais: están formadas por un determinante e un nominal.
A empresa mercou sete autobuses novos
– Frases preposicionais: están formadas por un relator e un termo.
Utilizou tres nobelos de la
2 » COÑECEMOS A LINGUA 60
Unha catástrofe
Unha catástrofe con repercusión social
ORACIÓN CLÁUSULA FRASE PALABRA
Estruturas coordinadas
Varias frases enlázanse mediante unha conxunción (e, ou) ou mediante comas. Todas xuntas desempeñan a mesma función. Comemos os chourizos, a cacheira e as patacas
CD
fr. nominal fr. nominal conx. fr. nominal os chourizos , a cacheira e as patacas
1. Clasifica as frases subliñadas do texto en simples e complexas.
Contemplou os arredores. A marea estaba moi alta. Case non había area e as ondas batían contra o muro de pedra. Resultáballe estraño que Natalia aparecese alí do nada, dun nada de seis anos. Se chegara andando, como as feridas dos pés parecían indicar, debera acceder dende o monte da Guía, en cuxas faldras se amoreaba un lote de casiñas máis ou menos precarias entre grandes chalés de luxo. Se o fixera por esa banda, alguén tivera que vela antes de chegar á praia: unha muller case espida e a esas horas non pasaría desapercibida, e moito menos para os rapaces que acudían ao instituto próximo ou para os traballadores que saían das súas casas para comezaren a xornada. E aos seus compañeiros, que xa fixeran unha batida polos arredores, dixéranlles que non atoparan testemuña ningunha que a vise deambular por alí, nin rastro da súa roupa ou calzado que puidese perder polo camiño.
Lina desfixo os seus pasos e atravesou o paseo, bastante estragado, das instalacións militares para chegar ata Ríos, onde destacaban os guindastres e as gradas dos estaleiros, case pegados ás casas unifamiliares.
Marcos Calveiro, Todos fomos
2. Localiza as frases que haxa nos seguintes enunciados e despois clasifícaas segundo sexan endocéntricas ou exocéntricas.
• No caso das endocéntricas, substitúe a frase enteira pola unidade que desempeñe a función de NÚCLEO:
– O silencio fora moi respectuoso naquel acto.
– Lancei o balón e chegou á horta do veciño.
– Sempre saúda as amigas con moito agarimo.
– Era moi cedo cando as atletas comezaron a competición.
Din que o alumnado deste grupo é moi falangueiro.
3. Guiándote polos exemplos destas dúas páxinas, analiza ti sintacticamente as frases subliñadas no texto do comezo.
COÑECEMOS A LINGUA « 2 61
–
» Puntuación: dous puntos e puntos suspensivos
Dous puntos: marcan unha pequena pausa para anunciar algo ou chamar a atención sobre o que segue. Úsanse nos seguintes casos:
• Antes dunha enumeración: Este ano faremos tres viaxes: ao Museo de Arte Contemporánea, ás murallas de Lugo e ao Courel.
• Para introducir citas ou palabras textuais de alguén: Entón o inspector díxolles: «Non quero que se mova nada sen ordenalo eu».
• Para introducir explicacións, exemplificacións, conclusións ou aclaracións: Nunca me falou do seu pai: os asuntos da familia non lle gustaban.
• Nas cartas e correos electrónicos, despois das fórmulas de saúdo e despedida: Bos días, Lía: cando poidas envíame a factura que falta.
Puntos suspensivos: indican que un discurso non está rematado. Úsanse:
• Para expresar diferentes estados de ánimo, como dúbida, medo, sorpresa, preocupación etc.: Estaba…, isto…, se cadra é mellor que cho explique noutro momento…
• Para indicar que faltan elementos nunha enumeración: Para facer o traballo consultou todo tipo de obras: novela, relatos, poesía, cómic, ensaio…
Signos de interrogación e de exclamación
• Cando un enunciado é interrogativo directo, porque formula unha pregunta, debe marcarse na escrita cun signo de interrogación ao final: Regresarás axiña ou vas botar uns días na casa da túa tía?
• Cando un enunciado é exclamativo directo, porque expresa sorpresa, alegría, dor…, debe marcarse na escrita cun signo de exclamación ao final: Hoxe foi un día estupendo! Paseino moi ben contigo!
2 » LETRAS E SIGNOS 62
1. A autora empregou neste texto os seguintes signos de puntuación que desapareceron e has de colocar no lugar adecuado
dezaseis comas
– uns puntos suspensivos
– un signo de dous puntos
– un punto e á parte
– tres puntos e seguido
Na adolescencia Lúa tiña un grupiño de amigas igual ca todos os grupiños de amigas ruidoso fiel entusiasta exclusivo Podía pasar toda a tarde do sábado pegada ao teléfono chateando con elas falando de roupa de música de mozos de compañeiras ou de calquera outra cousa importantísima coma todas as cousas de adolescentes Ás veces quedaba con elas pero tampouco todas as fins de semana Á súa nai non lle facía moita graza pero era consciente de que pouco a pouco tiña que ir deixando que se desenvolvese soa Ás veces
ían á Coruña tomar un xeado unha hamburguesa ou ao cine Moitas rapazas da súa idade saían xa de noite pero a Lúa sinceramente non lle gustaba nada ese plan Afortunadamente pensaba Mela
Irene Montero, Lúa nova
• Puntúa o texto anterior dun xeito diferente á autora, pero mantendo a corrección na nova puntuación que introduzas.
2. Puntúa adecuadamente os seguintes enunciados:
– Queres o xeado de amorodos ou de chocolate, dime.
– Golazo, golazo. Vaia golazo lle marcou Brais Méndez ao Real Madrid.
– Que canción máis chula, exclamou cando escoitou as Tanxugueiras por vez primeira!
– Que día temos que entregar o traballo de Igualdade
– Que difícil era o cuarto problema de matemáticas
3. Compón catro enunciados a través dos cales exemplifiques os dous casos de uso dos puntos suspensivos que acabamos de estudar.
4. Corrixe os erros que atopes nos seguintes enunciados referentes á utilización dos signos de interrogación e exclamación e a acentuación dos pronomes interrogativos e exclamativos
– Imos a Lugo ou a Ourense, decide?
– Daquela preguntou: ¿Qué fai ese rapaz enriba da mesa?
Por favor, pregúntalle cándo volve!
Qué voz máis bonita tes, exclamou en canto a escoitou por vez primeira!
¿A ver, queres vir connosco?
Lembra que o punto e coma se usa para separar os elementos dunha enumeración cando tamén se inclúen comas.
Para realizar esta actividade debes lembrar que os pronomes interrogativos e exclamativos (que, cal, como, onde, cando…) non levan til agás para evitar ambigüidades.
LETRAS E SIGNOS « 2 63
–
–
–
–
» Reforzo
1. Relaciona estas obras de Castelao coas súas características:
Cousas (1926 e 1929)
Novela longa protagonizada por Pedriño, conformista e lacazán, e Rañolas, agudo e activo, que loitan contra unha chea de impedimentos.
Retrincos (1934) A súa única peza teatral.
Os dous de sempre (1934)
Os vellos non deben de namorarse (1941)
Sempre en Galiza (1944)
O seu máis importante ensaio; síntese do seu pensamento político. Trátase dunha visión positiva sobre os elementos identitarios do noso país e as súas potencialidades.
Orixinal creación de Castelao na que unha prosa moi breve está acompañada dunha ilustración que a complementa.
Son cinco relatos con detalles biográficos de diferentes épocas.
2. A que obra de Castelao pertence o seguinte fragmento:
(O señor Fuco séntase no valado, de par do Boticario, e despois dun silencio xorde unha nova leria.)
BOTICARIO: Vós, polo menos morrestes de morte natural, pero eu mateime. Fun tan parvo que non podía vivir sen Lela.
DON RAMÓN: Ti matácheste con solimán da túa botica; pero eu mateime con solimán da miña bodega e con viño das tabernas. Morrín como un sapo, entre dous espantallos. A miña caste non puido ter un remate máis vil.
SEÑOR FUCO: Tamén eu me matei con solimán do meu corazón. Tamén eu me matei.
BOTICARIO: Non te queixes, Fuco, porque ti polo menos morriches farto de felicidade.
DON RAMÓN (sinalando a Fuco): Este abellón morreu afogado en mel.
SEÑOR FUCO: Ningún de vós morreu tan adoecido coma min. Ti, Saturio, adormentácheste con xaropes da túa botica, para morreres sen dores. Ti, Ramón, morriches atordoado polo viño e non te decataches do pasamento. A miña sorte foi arrabeada. Morrín como un can de rabia, coma quen olla unha fonte de auga e non pode bebela. Eu morrín de sede. Morrín por namorarme de vello.
(Cantan os galos e tanxen os sinos dunha igrexa lonxana.)
Castelao
• Indica todos os personaxes que aparecen nela.
• Localiza dúas comparacións (ou símil) e explícaas.
• Cal é a conclusión que se extrae da obra?
3. Os xornais dixitais presentan as seguintes características. Explícaas detalladamente coas túas palabras: gratuítos, interactivos, actualizables, instantáneos, multimedia, globais, dixitais.
4. Localiza no seguinte texto todas as palabras pertencentes ao campo semántico da vivenda. Escolle tres delas e defíneas.
Está encerrada nun pequeno cuarto case baleiro. É un antigo despacho que só conserva un escritorio coa súa cadeira e un calendario do ano 2015. Unha espesa capa de po cobre o taboleiro da mesa. Na parede do fondo, unha pequena fiestra protexida con barrotes permítelle ver que está nun semisoto. Aínda que puidese franquear os barrotes, o oco é demasiado pequeno para o seu corpo e a vista que se ofrece é de todo menos alentadora. Un terreo verde esténdese varios centos de metros ata chegar a un cercado metálico, rodeado á súa vez por un bosque de carballos.
Alba de Evan e Xabier Domínguez, Maxia de pedra
5. Explica as causas do aumento da castelanización lingüística de Galicia acontecidas durante o franquismo.
6. Clasifica as frases subliñadas en simples ou complexas. Despois clasifícaas segundo sexan endocétricas e exocéntricas:
Internáronse por un túnel amplo, máis ancho que o marco da porta pero que non era ladrillo nin cemento; parecía antiquísimo e estaba escavado na dirección das rochas. Era un pasadizo en toda regra. Seguiron por el un bo treito e chegaron a unha bifurcación.
María Solar, As meigas de Lupa
7. Localiza as frases e indica se son simples ou complexas. Logo, clasifícaas segundo o tipo.
Os amorodos con chocolate son unha delicia.
– Teño moitos libros de segunda man.
– Volveu de América o sábado pasado.
– Aínda escribe con lapis e papel.
– Isaura sempre foi moi boa.
2 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 64
–
» Ampliación
1. Indica os dous personaxes que aparecen no fragmento e as características que comparten, referidas canto á súa procedencia e profesión.
Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau.
Tamén Baldomero García viñera de Castela, vendendo queixo de pé de mulo polas portas, cunha blusa azul curta, cirigolas e chapeu coma o dos charros de Salamanca. Era pequeno, feito de cordas e sarmentos, e tiña a gadoupa enguruñada, adoito para apaña-las cadelas.
A poder de pasar fame, puxo unha tenda nun buraco cheirento e escuro; alumado con vela de sebo, e durmía na trastenda.
Vicente Risco, O porco de pé
• Identifica que parte do texto se corresponde cunha descrición. Trátase dunha descrición denotativa ou connotativa?
• Compáraa coa descrición de don Celidonio (recollida na escolma) e indica que teñen en común.
• Que característica da personalidade de Baldomero se deduce do texto? A través de que expresión?
• A que clase social pertencen estes personaxes? Que visión nos ofrece Risco dela?
2. Sinala as características que diferencian as obras de Castelao, Vicente Risco e Otero Pedrayo, canto aos seguintes aspectos: ambientación
– clase social tratada
– perspectiva (crítica ou non)
– estilo narrativo e xéneros máis cultivados
3. Por que ao período que vai do 1936 ao 1978 se lle chama Longa noite de pedra? Ten que ver coa situación da lingua?
• Explica en que consiste o proceso de industrialización en Galicia e as súas principais consecuencias a nivel social e lingüístico. En que época comezou?
4. Fai unha descrición da túa casa ideal empregando un mínimo de dez vocábulos aprendidos nesta unidade.
5. Emprega estas palabras ou expresións do campo semántico da construción e do urbanismo en enunciados nos que quede claro o seu significado: guindastre focha especular
cascallo inmobilaria degradación
chumbada alugueiro
6. Le estas consignas enviadas pola Dirección Xeral de Prensa con motivo do falecemento de Castelao e responde as preguntas que van a seguir:
Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente: la noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una sola columna.
Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político.
Se elogiarán unicamente del fallecido sus características de humorista, caricaturista y literato.
Se podrá mencionar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.
De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro Siempre en Galicia ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.
Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente
7. A partir da palabra «casa», constrúe a frase máis longa que sexas capaz (sen engadir verbos). Despois analiza a frase complexa resultante.
8. Analiza sintacticamente unha frase complexa de cada tipo das recollidas na actividade de reforzo 7.
9. No fragmento reproducido na actividade 2 elimináronse os signos de exclamación (en cinco ocasións) e os puntos suspensivos (en dúas ocasións).
• Colócaos nos lugares que consideres máis adecuados.
• Representade en voz alta este fragmento, coidando especialmente a entoación (exclamativa, dubitativa, de rabia, decepción, etc.).
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 2 65
Máis árbores e menos
asfalto: así deberían ser as cidades galegas para combater as vagas de calor
A subida das temperaturas a nivel global fai cada vez máis necesaria a existencia de medidas de mitigación das altas temperaturas nas urbes.
Por Antía Cuadrado 15/07/2022
antes unha temperatura diúrna e nocturna tan elevada. Cómpre comezar a tomar medidas de adaptación e mitigación do cambio climático», expón Dominic Royé, climatólogo e investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Dalgunha maneira, é preciso redeseñar as nosas cidades.
A importancia das zonas azuis
Algunhas das medidas que poderían axudar a curto e medio prazo a combater os días máis calorosos do verán, nos próximos anos, teñen que ver coa habilitación de espazos verdes nas cidades. As superficies sombreadas pola vexetación arrefrían as rúas e zonas exteriores e, ademais, protexen dos raios do sol. Por outro lado, a existencia de árbores mellora a calidade do aire e reduce a contaminación. «Tamén serían necesarias a existencia de máis zonas azuis entre os edificios, por exemplo», explica o climatólogo. As superficies de auga e corredores fluviais non son únicamente elementos decorativos, tamén contribúen a mitigar a calor e reducir as temperaturas, xa que refrescan e humidifican o aire.
As altas temperaturas que estamos a experimentar nas últimas semanas supoñen un risco para a nosa saúde e son só unha pequena demostración do escenario que nos agarda nos próximos anos. A pesar de que as vagas de calor non son directamente atribuíbles ao cambio climático, os expertos advirten de que a súa frecuencia e cada vez maior duración no tempo ten moito que ver con esta emerxencia mundial e que, se non se levan a cabo as medidas pertinentes para diminuír os seus efectos negativos, a subida das temperaturas será cada vez de maior intensidade e risco no futuro. «Moi pouca xente en Galicia vivira
«Plantar árbores é unha opción rápida de mitigación, sobre todo para paliar a calor, pero non é a única solución», explica o climatólogo. A maioría das cidades galegas foron construídas para combater as recorrentes choivas, pero non a extrema calor. Por este motivo, existen gran parte de zonas exteriores formadas por asfalto, que provocan o aumento das temperaturas. «Este material o que fai é reter a calor durante todo o día e, logo, vaina soltando durante a noite, o que eleva a temperatura mínima nas urbes e impide que esta poida baixar», explica o investigador. Neste caso, unha solución sería habilitar máis zonas de céspede e terra, que son solos húmidos e frescos que tamén axudarían a baixar a sensación térmica no verán.
Cambio
estrutural
nas urbes galegas para loitar contra a calor
E o certo é que os materiais que conforman as cidades actuais son maioritariamente formigón, cemento e asfalto, utilizados para a construción de edificios densos e compactos que poidan gardar a calor en inverno. Porén este tipo de edificacións non están preparadas para conseguir un ambiente temperado
66 2 » PROBA DE AVALIACIÓN
durante as vagas de calor. «O cambio real conseguirase cando se leve a cabo un redeseño das cidades actuais, que busquen manter unha temperatura estable todo o ano», expón o investigador. «Ter aire acondicionado é a opción máis barata. O difícil —pero efectivo— sería darlle unha volta á construción das vivendas, á planificación urbana en xeral», engade. Por outro lado, cando chega un día de moita calor, o primeiro que se adoita facer é poñer o aire acondicionado e, tal e como indican os expertos, este é un problema de base que habería que comezar a cambiar. A
1. Responde brevemente estas cuestións:
• De que informa esta nova?
• Que medidas se propoñen para baixar as temperaturas nas cidades no verán?
• Por que o aire acondicionado non é a solución para arrefriar os edificios?
• Segundo o climatólogo Dominic Royé, por que non baixan as temperaturas durante a noite nas cidades?
2. Achega dúas medidas que poderías facer ti para reducir as vagas de calor.
3. Recolle dez termos do texto relacionados co urbanismo e coa construción e redacta un texto de 5 onde as empregues.
4. As palabras do texto calor (l.), árbore (l.), zona azul (l.) e asfalto (l.) están usadas de xeito connotativo ou denotativo? Xustifica a túa resposta e crea un enunciado no que aparezan co outro tipo de significado.
5. Clasifica as frases subliñadas no texto segundo sexan simples ou complexas.
• Despois indica se son endocéntricas, exocéntricas ou coordinadas e o seu tipo específico.
6. Crea unha frase para cada unha das seguintes árbores sintácticas.
explicación é sinxela: «Trátase dun aparello que ten un efecto contraproducente, pois emite frío cara ao interior da vivenda pero, ao mesmo tempo, solta calor cara á rúa», advirte Royé. Ademais, depende do uso de electricidade para funcionar, que, na maioría de casos, é xerada a través de combustibles fósiles que liberan á atmosfera gases de efecto invernadoiro, o que fai incrementar os efectos do cambio climático. «Mitigación tamén é intentar reducir as emisións, non só na cidade per se, tamén no interior das propias vivendas», explica Royé.
7. Enumera as características dos xornais dixitais fronte á prensa en papel
8. Sinala no texto da lectura as seccións deste medio de comunicación dixital. Que outra información podemos atopar?
9. Xustifica o uso da puntuación no seguinte texto
—Mami, déixame ir, porfa, porfa, porfa… Sei andar ben e con Álex tou segura, porfa, porfa… Deixádeme intentalo! [...]
—De acordo! Vaia par de enredantes estades feitos, compinchados para facer o que vos parece.
E a Alexandre:
—Ti estás seguro, non?
—Perde coidado. Está preparada, non vai ter problema ningún, xa verás.
O sábado á noite, Lúa tiña todo preparado: casco, culotte e maillot de ciclista, zapatillas calcetíns e luvas.
Irene Montero, Lúa nova
10. Puntúa os seguintes enunciados:
– Non non hoxe non podo ir ao cine porque teño que limpar pasar o ferro colgar a roupa
– Moitos parabéns Lía que cumpras moitos máis
Querido Lois chegoume a túa carta e gustoume moito que me escribises pois neste tempo é un hábito que case non se mantén.
– Na clase só estabamos catro André Sarela Xano e Aldán
67 PROBA DE AVALIACIÓN « 2
frase nominal DET. NOMINAL fr. substantiva NÚCLEO MOD. numeral substantivo adxectivo frase adverbial MODIFICADOR NÚCLEO adverbio adverbio
–
LITERATURA » As vangardas e a xeración de 1922. Manuel Antonio. Rafael Dieste
LECTURA E COMUNICAMOS » «Adeus», «O galo»
TIPOLOXÍA TEXTUAL » A etiqueta dixital. As redes sociais
OS NOMES DAS COUSAS » A Administración pública e a cidadanía
SOMOS LINGUA » Historia social da lingua galega: de 1978 á actualidade
COÑECEMOS A LINGUA » Cláusulas e oracións
LETRAS E SIGNOS » Maiúsculas e minúsculas
3
• xxxx
» As vangardas e a xeración de 1922
O tempo das vangardas
Co comezo do século xx, aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos (pintores, poetas…) que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas. A situación política (son os anos que culminan na I Guerra Mundial) e os cambios sociais favorecen a aparición destes movementos, que pretenden reflectir as formas da vida moderna, moitas veces en aberta ruptura con todo o anterior. Os principais movementos de vangarda son o futurismo, o cubismo, o dadaísmo e o surrealismo, que difundían as súas ideas a través de manifestos de carácter provocador.
Na procura de novos camiños expresivos, as vangardas literarias crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión dos signos de puntuación, unha nova función das imaxes e metáforas literarias…
Tamén nos anos vinte e trinta do século pasado se produce en Galicia, da man da xeración de 1922, unha fonda renovación literaria, sobre todo poética. Non obstante, as limitacións sociais en que se producía a cultura galega (unha cultura que, dende o Rexurdimento, loitaba por asentarse socialmente) impediron o desenvolvemento pleno de movementos vangardistas.
A renovación poética en Galicia
A renovación poética en Galicia cristalizou, sobre todo, en tres movementos:
• O imaxinismo (ou hilozoísmo) ten no poeta Luís Amado Carballo a súa figura principal. Este autor, que finou cando só tiña 26 anos, deixounos dous libros de poemas, Proel (1927) e O galo (1928). A súa é unha poesía onde atopamos unha paisaxe humanizada, con innovadoras imaxes de carácter sensorial, nas que se aprecia a influencia vangardista. Porén, segue a conservar características da poesía tradicional como a rima ou a medida dos versos.
• O neotrobadorismo recupera as estruturas formais da lírica medieval e mesmo algúns dos seus temas, pero dende unha sensibilidade contemporánea. Esta corrente é consecuencia do impacto que causou nos poetas novos o coñecemento das cantigas medievais de amigo e de amor, editadas uns anos antes. Os principais poetas desta tendencia foron Fermín Bouza Brey, co seu libro Nao senlleira (1933), e Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama riveira (1933).
• O vangardismo está representado polos poetas que asumiron propostas dos movementos de vangarda. É o caso de Álvaro Cunqueiro, con libros como Mar ao norde (1932), unha poesía achegada ao cubismo no seu carácter abstracto, e Poemas do si e non (1933), onde a influencia surrealista se manifesta na expresión do subconsciente e no emprego da imaxe onírica. Salienta tamén Manuel Luís Acuña, co seu libro Fírgoas (1933). Pero o poeta máis destacado é Manuel Antonio, cunha obra moi influída polo creacionismo (un movemento que concibe o poema como unha realidade autónoma).
O manifesto poético «Máis alá!», publicado en 1922 polo poeta Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro, e a proliferación de revistas literarias son as mostras máis significativas do papel das vangardas en Galicia.
1. Cal foi a razón de que en Galicia non houbese vangardas que proclamasen a ruptura coa cultura anterior?
2. Por que que xurdiu o neotrobadorismo e que consecuencias tivo para a literatura galega actual?
LITERATURA « 3 69
» Manuel Antonio
Vida e obra
Naceu en Rianxo, en 1900. Dende moi novo estivo vinculado ao movemento das Irmandades da Fala. Durante os seus anos mozos mantivo contacto cos homes do grupo Nós, así como con compañeiros da súa xeración: Rafael Dieste, Álvaro Cebreiro, etc.
En 1919 comeza os estudos de Náutica en Vigo. Unha vez rematados, realiza diversas navegacións. Enfermo de tuberculose, regresa a Rianxo, onde morre en xaneiro de 1930, aos 29 anos de idade.
Aínda que moitos poemas seus apareceron en periódicos e revistas, en vida só publicou un libro, De catro a catro (1928), a súa obra máis importante. É o diario poético dunha viaxe polo mar e, ao tempo, dunha viaxe interior marcada pola soidade e a ausencia. Os outros libros que deixou permaneceron inéditos até 1972: Con anacos do meu interior, onde mestura influxos modernistas e vangardistas; Foulas, que segue a liña do anterior, coa inclusión de poemas inspirados nos caligramas; Sempre e mais dispois, un extenso poema narrativo, e o seu derradeiro libro, Viladomar, que deixou inacabado.
A obra de Manuel Antonio caracterízase por empregar unha linguaxe experimental e renovadora, na que elimina a rima, a métrica, a division estrófica e o ritmo. Ademais distribúe de forma novidosa os espazos, altera a tipografía, etc. Trátase dunha poesía conformada por unha sucesión de imaxes novidosas ausentes de todo sentimentalismo.
» Rafael Dieste
A renovación da prosa e do teatro
Rafael Dieste naceu en 1899 en Rianxo e finou en Santiago en 1981, despois de pasar moitos anos exiliado en México e Buenos Aires. Autor de obras narrativas, teatro e ensaio, é o principal prosista da xeración de 1922. En toda a súa obra latexa un espírito anovador, afastado do realismo costumista que daquela predominaba na prosa galega. O seu libro de relatos Dos arquivos do trasno (1926) é unha boa mostra da modernidade da súa narrativa. Son contos nos que Dieste une sutilmente o mundo da realidade lóxica e o da fantasía, con personaxes que exemplifican moi ben as características do modo de ser da poboación galega.
A obra de teatro A fiestra valdeira (1927) é unha peza orixinal e innovadora, que contribuíu a que o noso teatro acadase unha riqueza formal e temática descoñecida até daquela. Trátase dunha comedia simbólica centrada no tema da identidade cultural.
3. Por que se considera a Manuel Antonio como o escritor máis anovador da xeración de 1922?
4. Cales son as principais características do imaxinismo?
5. Que importancia tivo Rafael Dieste na literatura do seu tempo?
70 3 » LITERATURA
» Texto 1
Os berros dos mazaricos rachan as sedas do mar, no carro das mouras nubes vén do sur o temporal.
Nas barras e nos peiraos rompen as foulas cristadas de lóstregos azulados das estrelas afogadas.
Púxose o ceo de loito polos que van afogar. As centellas como trallas baten no lombo do mar.
No manifesto «Máis alá!», asinado por Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro en 1922, Manuel Antonio fai unha entusiasta chamada á mocidade na defensa dunha actitude de radical innovación, que acabe cos tópicos da cultura anterior e que defenda a lingua galega como valor fundamental. No texto 3 reprodúcense algúns anacos do manifesto.
» Texto 3
Cansos xa de percorrer camiños vellos e fracasados, temos arrenegado de todos eles; pero non queremos sinalar un camiño determinado. A nosa rota, nos primeiros pasos, quer tan só coñecer por onde debemos ir: tódolos outros camiños poden ser nosos.
A Novidade que enxerguemos é tan só un arredamento, un ceibamento do pasado sen a definición da súa resultanza: isto é arbitrariamente persoal.
Tamén nós temos, inda que noutra orde, os nosos imperativos, e comezamos pola máis agresiva intransixencia na Fala.
Unha fala que non estea pervertida por académicos nin por puristas; que non sufrise os estancamentos de verdugos armados de gramática que a emparedasen nun feixe de regras como quen garda un mito en sete huchas concéntricas.
E consentiralle o seu indeliñamento ser cicelado de xeito que ela sexa un instrumento do artista e non el escravo dela.
» Texto 2
No agro encorou o tempo e só camiñan as nubes.
Aldea sono.
Aldea esquezo. No agro dormen as luces.
Noite no corpo e na alma. Na alma e no corpo sures.
Fame.
Frío. Fume.
No agro non comen beben chocolate nin azucre.
Pero hai aínda unha razón de orde suprema: a nosa fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma do suicidio. (…)
Arrenegamos de mestres e dos seus consellos. (…) Arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso falar da escravitude da Terra, mentres non se teña feito todo o que cómpre por anulala. O pranto e a elexía fixeron coidar ós alleos que somos un pobo de mulleres. Como bos cidadáns da futura República Galega, gardémo-los nosos cantos patrióticos para o día en que deamos ó vento a súa bandeira e non poidan ser testemuñas da covardía e da mansedume.
A literatura paisaxista ó xeito de fotografía iluminada con notas de turista burgués é a maior calumnia da nosa paisaxe, que aínda agarda a sensibilidade complexa do noso tempo para ser interpretada.
Arrenegamos de toda imitanza. A dos vellos en nome da Vida; a dos novos en nome da Novidade.
Consagrámo-la individualidade ata o extremo de desexar que a definición de cada un de nós sexa unha verba: o seu propio nome.
Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, «Máis alá!»
ESCOLMA « 3 71
Amado Carballo, «Canción do temporal», Proel
Manuel Luís Acuña, «Aldea», Fírgoas
FOMOS ficando sós o Mar o barco e mais nós.
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sen marco
Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte
Este océano desatracou das costas e os ventos da Roseta orientáronse ao esquenzo
As nosas soidades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe
Pero tamén sabemos a manobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singradura
No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora:
O cadáver do Mar fixo do barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
Sen o Mar e sen o barco nós.
3 » ESCOLMA 72
» Texto 4
Cal destes poemas está baseado na humanización da
Cal destes poemas presenta paralelismo e refrán? Cal é o
Indica en que poemas hai unha maior sucesión de ima-
Que ideas principais se poden extraer da lectura dos fragmentos de «Máis alá!»?
Cal dos poemas anteriores ten rima? A que movemento
ESCOLMA « 3 73 » Texto 6
Adeus
Entre a calima transpondo o meu ollar esquivouse o velamio Deixounos a badía chea da súa ausencia e a mañá sen perspectiva
Agora en terra arredado de min mesmo por un océano de singraduras o vento da Ría vai virando a folla de cada emoción
—O Sol indiferente
Serea augardentosa dos vapores un retraio de fume no rompeolas da paisaxe
As engranaxes da grúa esmoen a mañá morna—
Debaixo dos meus pasos xorde o ronsel da Vila natal Ela cos brazos cheos de sono teima salvarme dun naufraxio antigo E os meus ouvidos incautos queren dormir no colo das cantigas vellas
Eu cacheaba tódolos segredos das miñas mans baldeiras porque algo foi que se me perdeu no Mar
… alguén que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai no veleiro pra sempre coma un morto co peso eterno de tódolos adeuses.
3 » LECTURA 74
5 10 15 20 25 30
Manuel Antonio, De catro a catro
O galo
Ábrelle as portas ao día coa chave do teu cantar
LECTURA « 3 75
O poema «Adeus» de Manuel Antonio pertence á súa obra De catro a catro, construída como un conxunto de cadros dunha viaxe, na cal se identifica o barco co ser humano e a navegación coa vida.
» Comprensión lectora
1. Une cada palabra co seu significado:
«Adeus»
– badía (l. 4)
– singradura (l. 9)
– esmoesn (l. 17)
«O galo»
– balbo (l. 7)
– serodio (l. 8)
- O que pronuncia con dificultade ou de maneira vacilante.
- Que sucede tarde, despois do acostumado ou do momento preciso.
-Tempo que dura a viaxe dunha embarcación desde que sae dun porto ata chegar a outro.
- Entrada do mar na costa, máis pequena ca o golfo, que pode servir de abrigo ás.
- Apertan ou trituran cos dentes; mastigan.
2. No poema «O galo» de Amado Carballo descríbese o cantar do galo. Sinala catro elementos que permiten identificar o canto.
3. Amado Carballo é un poeta hilozoísta. Identifica, no seu poema, as palabras que se asocian ao campo semántico da natureza.
4. Que partes do día se sinalan no poema «O galo»? Copia todos os versos que che permitan sabelo.
5. Despois de ler o poema «Adeus» de Manuel Antonio, responde:
– De quen se despide no poema o eu lírico?
– A onde chega?
– O eu lírico ten sentimentos diferentes? Razoa a túa resposta con algún exemplo do poema.
– Cres que o futuro que lle espera nese novo lugar é agradable? Busca no poema un verso que che axude a xustificar a túa resposta.
6. Localiza nos dous poemas da lectura dúas metáforas e dúas personificacións. Explica coas túas palabras o que expresa cada unha delas.
7. Nos dous poemas anteriores faise referencia á «mañá». En cal dos poemas hai un tratamento máis positivo desta parte do día? Por que o cres?
76 3 » COMUNICAMOS
» Expresión oral
1. «Por aquel outro eu / que se vai no veleiro». Que farías ti se te puidese desdobrar en ti mesmo? En grupos de tres ou de catro expoñede as vosas ideas.
2. Preparade en parellas un recitado ou unha performance dos dous poemas.
• Despois, facede unha posta en común para toda a clase. Lembrade que a entoación debe estar vinculada co que expresa o poema.
3. A natureza está presente nos dous poemas. Cal das dúas visións se correspondería co teu locus amoenus? Explícallo a un compañeiro ou compañeira, que logo debe contarllo a outra persoa da clase.
4. «Eu cacheaba tódolos segredos / das miñas mans baldeiras / porque algo foi que se me perdeu no Mar.» Imaxina que estás na praia e que atopas iso que perdeu Manuel Antonio. De que se trata? Explícao para toda a clase.
» Expresión escrita
1. No poema de Amado Carballo hai moitas referencias sensoriais, que nos remiten ao que podemos percibir cos diferentes sentidos.
• Asocia cada sentido ás referencias do poema que teñan que ver con el.
• A continuación, fai unha relación de nomes, verbos e adxectivos que asocies a cada un dos sentidos.
• Unha vez rematado, elixe un sentido concreto e fai un poema no que empregues o maior número de palabras relacionadas con el.
2. «Agora en terra / arredado de min mesmo». A elipse é un procedemento de cohesión textual que evita repeticións léxicas innecesarias. Non obstante, ás veces, emprégase de forma incorrecta. Localiza, nas seguintes oracións, esas elipses mal empregadas.
• Reescríbeas para que sexan correctas.
Miña prima viaxará a Estados Unidos e André, nin en soños.
– Os usuarios que antes collían o tren ás 21:40 horas e que agora, ás 22:30.
– Eu teño 16 anos e ela 18, a diferenza de idade non é tanta.
– Mariña perdeu a partida e Tiago, case.
3. O poema «O galo» fai referencia a este animal, mais só se nomea no título. Ás veces, nos escritos ocorre o contrario e caemos na redundancia. Corrixe as redundancias presentes nestes enunciados.
– Vou subir arriba un minuto, se preguntan por min dicide que volvo nun minuto.
Tiven que reiniciar de novo o ordenador porque quedou bloqueado.
– Persoalmente, eu prefiro quedar na casa esta fin de semana.
– Chóralle o ollo, é coma se algo se lle introducise dentro do ollo e non saíse para fóra.
– Nese período de tempo conseguiu aforrar bastante.
Locus amoenus: en latín, «lugar idílico». É un tópico literario que describe un lugar idealizado, seguro e tranquilo.
Elipse
Hai casos en que se emprega a elipse de forma incorrecta, como cando se elide unha forma que non fora nomeada anteriormente. O enunciado *Xoán suspendeu Matemáticas e María, ás portas do aprobado é incorrecto, xa que non se pode elidir o segundo verbo porque non é o mesmo ca o primeiro.
Redundancia
Consiste, por un lado, no uso excesivo dunha palabra ou de palabras semellantes e, polo outro, na repetición dun mesmo concepto. Por exemplo, en Unha das características que o caracteriza prodúcese unha repetición por palabras semellantes. Mentres, Baixou abaixo é unha redundancia por repetición, pois «abaixo» xa está implícito en «baixou».
77 COMUNICAMOS « 3
–
–
Os xéneros discursivos propios do ámbito social son os blogs, as redes sociais e os medios de comunicación dixitais.
» A etiqueta dixital
A etiqueta dixital é o conxunto de normas que se aplican para que a comunicación en liña (nas redes sociais, nas reunións de traballo dixitais, nas clases telemáticas…) funcione correctamente e sexa efectiva.
Velaí algunhas desas boas prácticas que temos que ter en conta na nosa actividade telemática:
1. Respecto. Evitar as manifestacións de desprezo e de odio que se producen en moitas ocasións grazas ao anonimato, á distancia e a unha falsa idea da liberdade de expresión individual.
2. Límites. Sobre todo en canto aos horarios; non debemos enviar mensaxes de texto nin correos electrónicos fóra dos horarios laborais.
3. Participación. Debemos promover a participación de todos e todas a través do diálogo e da tolerancia, con conversas nas que flúa a información a través da escoita activa.
4. Creación de comunidade e conexión. A etiqueta dixital promove o uso da tecnoloxía como un xeito de conectar, de crear comunidade.
3 » TIPOS DE TEXTOS 78
» As redes sociais
As redes sociais de internet son aplicacións que permiten crear unha estrutura composta por persoas que están vinculadas por un o varios tipos de relacións (amizade, familia, afeccións, intereses económicos, ámbito de estudo, crenzas, traballo, etc.). As redes poden ser abertas ou pechadas, dirixidas a grupos homoxéneos ou heteroxéneos.
Estes servizos permítenlle a cada usuario crear o seu propio perfil, no que pode incluír datos persoais, imaxes, vídeos, ligazóns…
Creadas hai menos dunha década, as redes sociais mais coñecidas son: Youtube, Facebook, Twitter, Instagram, Twitch, Telegram, TikTok, WhatsApp, BeReal ou Pinterest. En galego, temos espazos, perfís e grupos ben interesantes dentro destas redes, e algunha propia, como é o caso da instancia de Mastodon.
Vantaxes das redes sociais
Interactuar con outras persoas a distancia.
Contactar con coñecidos aos que lles perderamos a pista.
Compartir momentos importantes con moita xente.
– Conectar co mundo profesional.
– Intercambiar ideas de xeito inmediato.
As redes sociais pódense clasificar en:
Desvantaxes das redes sociais
Invasión da privacidade por parte de estraños.
Falta de seguridade no control de datos.
Posibilidade de crear adicción.
Illamento e falta de trato persoal.
Suplantación da identidade coa creación de perfís falsos.
• Horizontais: non teñen unha temática predeterminada, senón que os usuarios participan de xeito libre, como por exemplo Facebook ou Twitter.
• Verticais: destinadas a un público específico e cun obxectivo claro, como por exemplo Linkedin (para traballo) ou Stellae (para alumnado da Universidade de Santiago de Compostela).
1. Entra na páxina de agora.gal e apunta as tres novas que máis che chamaron a atención.
2. Coñecías a etiqueta dixital? Cal das súas recomendacións che resulta máis difícil de cumprir?
3. Redacta dúas normas máis que che gustaría que se cumprisen na comunicación en liña.
4. Que redes sociais che resultan máis coñecidas? Formas parte dalgunha?
• Que sería o que máis botarías de menos se desaparecesen as redes sociais?
• Cales cres que son as súas principais utilidades?
• Opinade en común sobre as malas prácticas que detectedes no uso das redes sociais.
Twitter, que é a rede máis viral e máis rápida que existe, introduciu unha chea de palabras novas:
– tweet ou chío: mensaxe que ten como máximo 140 caracteres.
– follower : seguidor/a.
– trending topic: tema máis popular.
– retweet : mensaxe compartida doutra conta.
– hashtag: etiqueta nunha mensaxe.
TIPOS DE TEXTOS « 3 79
–
–
–
–
–
–
–
–
parlamentario/a
tribuna de oradores/as mesa do parlamento
» A Administración pública e a cidadanía
taboleiro de votacións
presidente/a do parlamento
2. Completa as seguintes definicións coas palabras da marxe:
– A oposición esixiu o da persoa responsable da desafortunada decisión.
– Presentaron unha no congreso do partido para reprobar a xestión do secretario xeral.
– O alumnado de 4.º de ESO visitou o Parlamento galego e realizou unha parlamentaria.
– A oposición presentou un cento de á Lei de ordenación universitaria.
– O Estatuto de Galicia foi aprobado tras a votación en do pobo galego.
– Cada partido nomeou dous para formar parte da comisión de investigación.
– O próximo xoves vaise celebrar unha da asociación veciñal para renovar a Xunta Directiva.
3 » OS NOMES DAS COUSAS 80
hemiciclo conserxe
escanos voceiro/a vogal asemblea sesión moción emenda cesamento referendo 2 3 4 5 6 7 8 9 1
3. Atopa neste revolto de palabras as que se corresponden coas seguintes definicións:
a) Número mínimo de membros presentes nunha asemblea para que teñan validez os acordos tomados.
b) Reunión xeral dunha corporación á que deben asistir todos os seus membros.
c) Escrito mediante o cal se solicita algo de maneira formal.
d) Cantidade de diñeiro que se debe pagar a algún ente público por determinados servizos.
e) Documento oficial que acredita que se pode realizar unha actividade suxeita a regulamentación.
f) Persoa que ten dereito a participar nunha elección.
g) Resolución, decisión da xefatura de Estado, goberno ou autoridade.
h) Facultade que ten unha persoa para resolver un asunto.
i) Cálculo anticipado do custo dunha obra ou dun servizo.
l) Conxunto de regras que regulan unha actividade ou funcionamento dun organismo.
m) Asemblea lexislativa.
4. SOLTAMOS A LINGUA. Hai ocasións en que necesitamos solicitar a un organismo público algo que nos interesa conseguir ou precisamos facer unha reclamación por algún problema determinado. Nestes casos cómpre escribir unha instancia ou solicitude
• Imaxina que presides unha asociación de xente nova que se creou recentemente. Sabedes que o voso concello dispón de locais para xuntanzas de diferentes colectivos sociais e vós precisades un deses espazos. Redacta a solicitude correspondente segundo o modelo que tes a continuación.
Encabezamento
Datos da persoa que fai a solicitude: nome, apelidos, DNI e enderezo
CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE. CONCELLO DE
Corpo
Ten dúas partes: – A exposición
– A petición
Final ou remate
Ten dúas partes:
– A data e a sinatura.
– O pé (organismo ou nome e cargo da persoa a quen se dirixe a solicitude)
OS NOMES DAS COUSAS « 3 81
EXPOÑO 1. __________________________________________________________________ 2. __________________________________________________________________ 3. __________________________________________________________________ Por iso, SOLICITO 1. __________________________________________________________________ 2. __________________________________________________________________ Asdo. ____________________
________________________
elector/a quórum decreto COMPETENCIA CÁMARA regulamento solicitude PLENO ORZAMENTO licenza taxa
LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA
1978
Constitución española (art. 3)
1981
Estatuto de autonomía (art. 5)
1983
Lei de normalización lingüística
1996
Declaración universal dos dereitos lingüísticos
2001
Carta europea das linguas rexionais e minoritarias
Constitución española.
Artigo 3
1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
» Historia social da lingua galega: de 1978 á actualidade
Ao longo do mundo, o máis habitual é atopar diversas linguas compartindo un mesmo territorio. Isto dá lugar ao fenómeno coñecido como contacto lingüístico e á existencia de sociedades bilingües ou plurilingües (a gran maioría).
Coa fin da ditadura, en 1975, e a instauración da democracia, lévanse a cabo importantes cambios:
• A Constitución española, aprobada en 1978, recoñece a pluralidade lingüística do Estado e abre o camiño da descentralización, a través da súa organización en comunidades autónomas.
• En Galicia, o Estatuto de autonomía apróbase en 1981 e nel establécese a cooficialidade do galego e o castelán, ademais de recoñecerse o galego como lingua propia de Galicia.
• Todas as comunidades autónomas de España que recoñecen nos seus estatutos a cooficialidade das súas linguas propias aprobaron leis de normalización lingüística. En Galicia a Lei de normalización lingüística foi aprobada por unanimidade no Parlamento en 1983 e ten como obxectivo protexer e fomentar a lingua galega, co fin de convertela nunha lingua de uso normal. O seu artigo 1 establece que «O galego é a lingua propia de Galicia. Tódolos galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo».
O proceso de normalización levado a cabo en Galicia presenta estas características:
• Centrouse principalmente no ámbito do ensino e, en menor medida, na Administración, relegando outros ámbitos tamén importantes, como o empresarial, o xudicial ou o sanitario.
• Non estivo sometido a unha organización e planificación previas, de xeito que dependeu en moitos casos da boa vontade dos axentes implicados. Isto supuxo unha falta de continuidade nas medidas adoptadas, así como un escaso ou nulo seguimento.
Obxectivos da normalización dunha lingua
Aumentar o seu número de falantes
Estender os seus ámbitos de uso
Cómpre esperar até o ano 2004, máis de vinte anos despois da Lei de normalización, para que se elabore e sexa aprobado por unanimidade un Plan xeral de normalización da lingua galega. A pesar disto, a súa aplicación está a ser lenta e custosa, en parte por falta de implicación política e tamén por falta dos recursos necesarios. A sociedade civil intenta compensar estas carencias e dispoñemos de diferentes organizacións que loitan pola normalización da nosa lingua, como a Mesa pola Normalización Lingüística (creada no 1986), a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (fundada en 1995) ou Prolingua (no ano 2009). Paralelamente, o feito de introducir a lingua en ámbitos nos que non se utilizara con anterioridade, como o ensino, a Administración, a xustiza, a sanidade, a Igrexa, etc., esixe dotala dos rexistros formais (variedade estándar) e dos léxicos específicos correspondentes, vertente da normalización na que profundaremos na unidade 8.
3 » SOMOS LINGUA 82
Gráfico 1: Porcentaxes de uso do galego (IGE)
Gráfico 2: Porcentaxes de coñecemento do galego (moito e bastante) (IGE)
1. Cantas linguas se citan no artigo 3 da Constitución? Que dereitos e deberes se establecen con respecto a elas? Compárao co art. 1 da Lei de normalización lingüística. Consideras que se establece un tratamento equitativo entre todas as linguas de España?
2. Cal das dúas finalidades do proceso de normalización pensas que acadou maior éxito no caso do galego, o aumento dos seus falantes ou a extensión das súas funcións sociais? Xustifica a túa resposta. Servirache de axuda comparar a situación actual co que coñeces de épocas anteriores.
3. Analiza os gráficos 1 e 2, que comparan o uso e coñecemento do galego entre o ano 2003 e o 2018, cun intervalo de 15 anos.
• En que casos se observan avances e en cales retrocesos?
• Para analizar a porcentaxe de galegofalantes, suma as opcións «galego sempre» e «máis galego ca castelán». Segundo isto, segue a ser o galego en 2018 a lingua maioritaria en Galicia?
• Debatede na clase sobre as posibles causas desta evolución.
4. Por parellas, entrade na páxina web do Instituto Galego de Estatística (IGE) e consultade os datos da área á que pertence o voso concello. Seguide os seguintes pasos:
Información estatística por temas [no menú vertical da esquerda] 1 Cultura e lecer 1 Coñecemento e uso do galego 1 Áreas [aquí escollede a que vos corresponda]
• Comparade os datos de uso e coñecemento da vosa área cos do conxunto de Galicia e analizade se resultan máis ou menos favorables para o galego e as posibles causas destas diferenzas.
SOMOS LINGUA « 3 83
A coordinación é un procedemento sintáctico que une dúas ou máis unidades (palabras, frases, cláusulas, oracións) de xeito que cada unha pode funcionar e ter sentido por separado.
» Cláusulas e oracións
Unha cláusula é unha unidade sintáctica que necesita ter un verbo coa función de predicado para existir.
A cláusula pode estar formada tamén por outros constituíntes: suxeito (Ana anda en bicicleta), atributo (Esa mesa é branca), complemento directo (Vin unha película), complemento indirecto (Conteille un conto a Antón), complemento circunstancial (Hoxe teño clase ás nove), complemento predicativo (Fixen estreitas as portas), suplemento (Falabamos da miña avoa), etc.
Cláusula simple. Ten un único predicado: Xulia regaloulle un gato a Henrique
cláusula simple
SUX PRED CI CD CI
subst. v. pron. art. subst. prep. subst.
Xulia regaloulle un gato a Henrique
Cláusula complexa. Ten outra no seu interior: Henrique dixo que era bonito cláusula complexa
SUX PRED CD
cláusula (simple)
NEXO PRED ATRIB
subst. verbo conx. verbo adx.
Henrique dixo que era bonito
As oracións diferéncianse das cláusulas complexas polo tipo de relación que se establece entre os seus constituíntes. Nas cláusulas complexas hai unha relación de subordinación; nas oracións poden darse relacións de interdependencia ou de coordinación.
Relación de interdependencia: ambos os dous constituíntes son imprescindibles para que exista a oración (é o caso das oracións bipolares).
Relación de coordinación: cada un dos constituíntes pode existir sen que exista o outro (é o caso das oracións coordinadas).
ORACIÓNS BIPOLARES
Condicionais: Déixocho se mo devolves axiña
Concesivas: Aínda que está lesionado, xogou ben
Causais: Non veu porque tiña traballo
Consecutivas: Está en Internet, polo tanto xa se pode ver
Comparativas: Adestra moito máis do que pensas
ORACIÓNS COORDINADAS
Copulativas: Fun ao súper e merquei amorodos
Disxuntivas: Prefiro descansar ou comer algo
Adversativas: O grupo era bo, pero había pouca xente
Distributivas: Ora fala moito, ora cala de todo
3 » COÑECEMOS A LINGUA 84
1. Clasifica as cláusulas subliñadas do texto en simples e complexas.
Cando rematou de traballar, Fernán levantouse da súa mesa rapidamente. O sol comezaba a poñerse e a súa non tardaría en alumar o ceu nocturno. Aquel era un dos problemas do inverno galego: a noite chegaba demasiado rápido para alguén que ten que ocultarse antes de que o sol desapareza.
Non vivía demasiado lonxe da comisaría, pero correu igualmente polas rúas, chamando a atención dunhas cantas persoas que o miraban curiosas. Ignorou completamente as miradas e chegou ata a porta do seu edificio, onde se detivo en seco.
O sol xa se puxera, pero a lúa aínda non o alcanzara. Tiña tempo suficiente de chegar á casa e de pecharse nunha sala xa acondicionada para a súa situación e pasar a noite. A pesar diso, Fernán quedara cravado no sitio, mirando o mozo que estaba coas costas apoiadas contra a porta.
Era novo, andaría polos vinte e poucos anos, e o inspector Malvís recoñeceu axiña aquela cara, que lembraba cuns trazos moito máis finos e de neno. Agora, porén, tiña un rostro máis anguloso, aínda que non chegaba a ser o dun home adulto. O pelo era tan negro coma o do propio inspector, pero os rizos desordenados desaparecían no canto dun peiteado perfectamente liso.
Adrián Gómez Ramos, Cando sangren os lobos
2. Procura no texto anterior algún exemplo de oración coordinada e algún de oración bipolar.
3. Entre os seguintes enunciados, diferencia cales son cláusulas complexas, cales oracións bipolares e cales oracións coordinadas. Razoa a túa resposta.
– Chegou tarde ao instituto porque perdeu o autobús.
– Se non llo dis a ninguén, cóntoche todo o que pasou onte na festa.
– Por fin mercou o videoxogo que lle gustaba dende o ano pasado.
– Quería convidarte a xantar, pero non te atopei.
– Imos ao partido de teu irmán ou vemos unha peli na miña casa?
Merca o móbil onde cho ofrezan máis barato.
– Encantaríame que coincidises comigo no próximo curso.
– Chegou tarde e marchou decontado.
– Aínda que ás veces me custa, procuro adestrar diariamente.
4. Segundo os esquemas representados na marxe, escribe no teu caderno tres exemplos de cláusula simple, tres de cláusula complexa, tres de oración bipolar e tres de oración coordinada.
CLÁUSULA SIMPLE eu aprobarei
CLÁUSULA COMPLEXA díxome que aprobarei
ORACIÓN BIPOLAR aprobarei estudo se
ORACIÓN COORDINADA divírtome e estudo
COÑECEMOS A LINGUA « 3 85
–
Coas letras maiúsculas hai que utilizar o acento ortográfico igual que coas minúsculas: Último, AVIÓN, Álvarez
» Maiúsculas e minúsculas
Casos en que se usan maiúsculas
• Na letra inicial da primeira palabra con que comeza un texto, así como despois de punto e seguido, punto e á parte e doutros signos (interrogación, admiración, puntos suspensivos) cando equivalen a punto.
Para, Félix! Son as cinco da tarde, unha hora menos en Canarias. Iso dicían sempre os locutores.
Cando unha palabra comeza cun dígrafo que vai en maiúscula, só se pon en maiúscula o primeiro grafema: Chile, Guísamo
• Nos nomes de pía, apelidos e alcumes: Lourenzo, Sabela, Pereira, o Gato…
– Cando van acompañados de preposicións ou artigos, estes van en minúscula: Xosefa da Silva, o Raposo de Arteixo…
• Nos nomes de lugar: Lugo, Celanova, Rodeiro, Narón, Pazos de Borbén…
– Se o topónimo comeza por artigo, este mantense en maiúscula, agás cando contrae con preposición: O Porriño / Hoxe merquei pan do Porriño; A Fonsagrada / Ao vir de volta habemos pasar pola Fonsagrada…
• En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos e empresas: Real Academia Galega, Xunta de Galicia, etc.
• Nos títulos de obras literarias e artísticas e dos programas de radio e televisión escríbese con maiúscula inicial a primeira palabra: O lapis do carpinteiro (Manuel Rivas); A noite estrelada (Van Gogh); Xabarín club (TVG)… Nas publicacións periódicas (xornais, revistas…) escríbense con maiúscula inicial todas as palabras agás as preposicións: Tempos Novos, Faro de Vigo Nestes casos, cando a maiúscula é un artigo determinado ou indeterminado precedido dunha preposición coa cal normalmente contrae, ou ben se utiliza o apóstrofo ou se utiliza a forma plena sen contraer: Hoxe fun á presentación d’ O corazón de Xúpiter. Hoxe fun á presentación de O corazón de Xúpiter.
• Nas siglas: IVE, FIFA, UE
• Nas formas abreviadas de tratamento: Vde. (vostede), Sra. (señora), Dra. (doutora)…
Casos en que se usa inicial minúscula
• Nos nomes de cargos, títulos e profesións: a presidenta, a xuíza, o rei…
• Nas formas de tratamento non abreviadas: dona Clara.
• Nas denominacións dos días da semana, dos meses e das estacións: luns, outubro, verán…
• Nos nomes dos puntos cardinais: norte, sur, leste, oeste…
3 » LETRAS E SIGNOS 86
1. Explica por que se escriben con maiúsculas as palabras do seguinte texto:
O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela, a través de dúas entidades punteiras de investigación en Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da linguaxe: o ILG (Instituto da Lingua Galega) e o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes). O equipo investigador que o desenvolve está a definir cada un dos subproxectos de que consta Nós, e que se corresponden con algunhas das grandes tarefas do Procesamento da Linguaxe Natural.
Por último, a adopción dentro do Proxecto Nós de licenzas libres permitirá que recursos, ferramentas e ata casos de uso poidan ser mantidos pola comunidade de software libre e tamén polas empresas, o que permitirá que a comunidade galego-falante e galego-escribente poida realizar a súa vida diaria na sociedade dixital do século xxi.
Nós.gal
2. Escribe en maiúscula as palabras que o precisen dos seguintes enunciados. – o concerto de xoel lópez é o sábado 14 de xullo no coliseo da coruña. – o alumnado de 4º da eso vai ir a santiago para visitar o parlamento de galicia. – deume unha tarxeta co seu nome e teléfono: «sr. anxo vilaverde, 886431244». – o obradoiro é un equipo galego de baloncesto que xoga na liga da acb. – rin moito co último número de retranca, a revista galega de banda deseñada.
está lendo viaxe ao centro da terra e cando o remate vaimo prestar.
o ano pasado matriculouse en dereito e tivo que mudarse de casa en setembro.
3. No seguinte texto perdéronse as maiúsculas. Tenta ti recuperalas e xustifica aqueles casos en que as introduces.
a primeira vez que me dixo, teño que ir ao chou, quedei absolutamente sorprendido porque, evidentemente, entendín teño que ir ás toas, ou ás cegas ou ao azar, e non cadraba para nada co que miña nai estaba a falar, pero non, o chou era o novo hospital que, en realidade era un acrónimo de complexo hospitalario de ourense, denominación que non durou moitos anos porque foi substituída, non sen certa polémica, polo complexo hospitalario de ourense, é dicir, chuo, xa incorporado tamén ao léxico común
Moncha Fuentes, O tradutor de sombras
LETRAS E SIGNOS « 3 87
onte o o me a
–
–
» Reforzo
1. Cubre o seguinte cadro sobre a renovación poética galega:
Autores e obras Características formais Características temáticas
5. Estes enunciados presentan repeticións innecesarias. Detéctaas e escríbeos de novo empregando mecanismos de substitución.
O rapaz de pelo longo leva unha luva amarela e unha luva azul.
– Quedaran na cafetaría do instituto, pero na cafetaría do instituto non apareceu ninguén.
– Lin a última novela de Manuel Rivas e gustoume aínda máis que a anterior novela que lin de Manuel Rivas.
Neotrobadorismo
Imaxinismo
Vangardismo
2. Explica se estes poemas presentan unha forma regular ou non.
Con auga de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo!
Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo!
Namorar eu namoreina con unha cantiga leda meu amigo!
Namorar eu namoreina con áer da primavera, meu amigo!
Álvaro Cunqueiro
6. Emprega estas palabras ou expresións do campo semántico da Administración pública en enunciados nos que quede claro o seu significado: hemiciclo, escano, vogal, moción, emenda, cesamento, referendo, quórum, orzamento, regulamento.
7. Cales son os obxectivos da normalización lingüística? Que características presentou o proceso de normalización lingüística en Galicia? Cres que está normalizada a lingua galega?
8. Diferencia entre cláusulas complexas, oracións bipolares e oracións coordinadas:
– Ela comentou que tiña moito traballo.
Se mo traes, doucho.
– Leu un libro e estaba moi contento.
Non o fai porque non quere.
– Ten moita ansia aínda que non lle dá bos resultados.
Come moito máis do que parece.
Calma chicha
As rúas amarelas, con preguiza de bois, levan até o mar quentes feixes de sol.
Luís Amado Carballo
Navegación
O vento mareiro sopra nas velas do galeón, polo xeito do gaiteiro inchando o bofe do fol.
Luís Amado Carballo
• Cal deles recupera os recursos repetitivos das cantigas medievais? Polo tanto, a que movemento vangardista pertence?
• Cal deles describe a paisaxe? Localiza dous elementos da paisaxe que aparezan personificados. A que movemento vangardista pertence? Quen son os autores de cada un?
3. Redacta un breve texto no que fales das redes sociais que empregas acotío e explica cales che gustan máis e por que.
4. Corrixe as redundancias presentes nestes enunciados:
Volveume insistir en que non era culpable.
– Saíu fóra da sala porque tiña moita tose.
– Por favor, sube arriba e tráeme o libro de lectura.
– O nexo de unión entre elas é o gusto pola música.
9. Indica se as seguintes cláusulas son simples ou complexas.
• Localiza o verbo principal de cada unha delas e indica os outros constituíntes.
• Sinala que tipo de unidade desempeña cada unha das funcións sintácticas localizadas.
– Os alumnos que non entreguen o traballo suspenderán a avaliación.
– Hoxe choveu da mañá á noite.
Miña nai recólleme todos os días no instituto.
– Mercamos un montón de roupa nas rebaixas.
Sempre lle empresto á miña irmá os libros que máis me gustan.
10. Escribe en maiúscula as palabras que o precisen:
– No ano 2021 foille concedido o premio nacional de narrativa a xesús fraga, pola súa obra virtudes (e misterios); e ao ano seguinte foi galardoada marilar aleixandre, pola novela as malas mulleres.
– As bestas, a película de rodrigo sorogoyen con escenas rodadas durante a rapa das bestas de sabucedo, foi preseleccionada para representar a españa nos óscar.
3 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 88
–
–
–
–
–
–
–
» Ampliación
1. Quen escribiu o manifesto «Máis alá!»? Que pretendían transmitir os seus autores?
2. Este é un dos seis poemas en galego que escribiu Federico García Lorca, musicado por Luar na Lubre:
Cantiga do neno da tenda
Bos Aires ten unha gaita sobre do Río da Prata que a toca o vento do norde coa súa gris boca mollada.
Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda, basoira que te basoira polvo de estantes e caixas. Ao longo das rúas infindas os galegos paseaban soñando un val imposíbel na verde riba da pampa.
Triste Ramón de Sismundi! Sinteu a muiñeira d´auga
mentres sete bois de lúa pacían na súa lembranza. Foise pra beira do río, beira do Río da Prata Sauces e cabalos núos creban o vidro das ágoas. Non atopou o xemido malencónico da gaita, non viu o inmenso gaiteiro coa boca frolida d’alas: triste Ramón de Sismundi, beira do Río da Prata, viu na tarde amortecida vermello muro de lama.
3. O primeiro conto da obra Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste, comeza así:
Foi perto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ao probe Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). Sentino ou foi aprehensión miña? Destonces non podería aseguralo. Foi un rebulir tan maino!...
• Cal é o tema de que trata? Consideras que é verosímil?
• Que tipo de narrador utiliza Dieste (primeira persoa ou terceira; protagonista ou testemuña)?
• O protagonista debátese nun conflito interior? Cal? Que característica do modo de ser galego exemplifica este personaxe?
• Ponlle un título ao conto e escribe un final. Despois procura o orixinal de Dieste e compara o teu final co del.
4. Escribe un breve texto no que denuncies algunhas das malas prácticas que se levan a cabo con frecuencia nas redes sociais. Inclúe como mínimo dous exemplos concretos.
5. Introduce as modificacións necesarias para mellorar a redacción dos seguintes enunciados. Debes evitar, por exemplo, os casos de redundancia, modificar, se fose preciso, a orde, etc.
– De todas as persoas deste grupo, a persoa que mellor me cae é a persoa coa que compartín mesa desde primeiro da ESO: Xoán.
– Gústame moito vivir nesta casa. É a casa que compramos cando a miña nai cambiou de traballo e no traballo novo pasou a gañar un soldo decente, por fin.
Vólvocho repetir unha vez máis: non quero que faltes a clase unha soa vez máis.
– Unha das preguntas polas que se pregunta todo o tempo é por que escollería marchar o seu pai e a súa nai non contar nunca.
6. Como vimos nesta unidade, o galego e o castelán non teñen a mesma consideración legal. Que medidas se poderían tomar para que a tivesen?
7. Analiza sintacticamente, en árbore, dúas cláusulas simples e unha complexa da actividade 9 do apartado «Reforzo».
8. Clasifica os enunciados subliñados neste texto en cláusulas simples, cláusulas complexas ou oracións. No caso das complexas, identifica as cláusulas subordinadas.
Cando saímos de Baillo era noite. Nós iamos cara ao suroeste e eles cara ao norte. En pouco máis de media hora eles chegarían a Corporales. Porén, a nós aínda nos quedaban unhas dúas horas de marcha sobre os camiños nevados, sempre que o rapaz aguantase o ritmo. A nevada volveuse máis intensa e o traxecto fíxose máis complicado; porén, ningún dos tres, unha muller, un tuberculoso e outro con úlceras no estómago, perdeu o paso. Seguiamos coa mirada o noso enlace, que se movía cincuenta pasos por diante. Deixamos atrás Truchas con máis facilidade da prevista. Semellaba que non se movía unha alma. (...) Durante o último tramo, tivemos que agarrar o rapaz polos ombreiros entre Zapico e mais eu Daba cada paso como un autómata, guiado por unha forza interior sobrenatual que o empurraba cara a un refuxio incerto onde quizais revivise. Quizais.
Pemón Bouzas, Cando os lobos escoitaban a radio
9. No primeiro parágrafo do texto anterior hai unha elipse. Localízaa e explícaa.
• Pemón Bouzas repite o mesmo conector en poucas liñas. Substitúeo nun dos casos por outro co mesmo significado.
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 3 89
–
O neno suicida
Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita– falou o vagabundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira e dixo:
—Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento.
—Eu sei a historia dese neno —repetiu o vagabundo—. E, tras dunha solerte e ben medida pausa, comezou:
—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata, que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello en coiro. Aquel vello era un acabado de nacer. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacenza. Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A Noso Señor chocoulle a idea. Por que non facer a proba? Así foi que, co seu consentimento, con carne de verme, fíxose carne do home. E na carne do home aformigou a coloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro.
De como despois o vello topou a roupa e mantenza é cousa de moita risa.
Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testemuñas: Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron.
O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Até parece que perdeu anos.
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que fora milagre da Virxe.
Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta aquela estraña con-
dición que o facía máis mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén -non sendo un ou dous amigos fieis- podería vivir mellor a súa verdadeira vida.
Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta aos quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis das mozas e andou enleado con moitas e coas máis bonitas. E até disque unha princesa… Pero diso non estou certo.
Cando chegou a neno comezou a vida a se ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar tan ceibo nas tendas e mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ao longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o almibre nos beizos. A derradeira vez que o topei —tiña oito anos— andaba moi triste. Pesaban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellez!
Logo comezou a escaravellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois… Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, cunha sonalla de axóuxeres na mañanciña tenra. E ao remate… Ou! O remate poñía espanto. Cumprir o seu sino de home que vive ao revés e refuxiarse no seo da señora rica —poida que cando ela durmise— para ir alí devecendo até se trocar primeiro nunha sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente…
O vagabundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargurado. Ao cabo dixo:
—Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.
Os catro bebedores de augardente crían. Os cinco de albariño, sorrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos saían máis afervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo ao redor cos ollos moi abertos. O vagabundo desaparecera sen pagar.
Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno (adapt.)
90 3 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55 60 65 70 75 80 85
1. Le o texto anterior e responde as seguintes cuestións:
• Quen é o narrador do conto? E o protagonista?
• En que lugar se desenvolven os feitos?
• Os que están a escoitar manteñen a mesma actitude antes e despois de ouvir a historia?
• Que acontece co narrador ao final do conto?
• Paréceche crible esta historia?
2. Sinala as características da obra de Dieste presentes neste conto coa axuda de exemplos concretos do texto.
3. Sinala as palabras e expresións propias do léxico da Administración pública presentes no seguinte texto:
A sede e o tempo de traballo parlamentario
A sede do Parlamento de Galicia, mediante lei, radica na cidade de Santiago de Compostela.
O salón de sesións é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ou as deputadas ocupan os asentos dispostos en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial.
O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira fila de escanos e o resto de deputados e deputadas, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes previamente asignados pola Mesa do Parlamento.
No Parlamento de Galicia hai dous períodos de sesións: de setembro a decembro e do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, o Parlamento pódese reunir en sesións ordinarias que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.
Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumpriren determinados requisitos.
O presidente do Parlamento é quen fixa a orde do día dos plenos, de acordo coa Mesa e a Xunta de Portavoces e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das comisións vén determinada pola respectiva Mesa, consonte o calendario establecido pola Mesa do Parlamento.
parlamentodegalicia.gal
4. A partir de que momento da historia recente podería un alcalde escribir un documento oficial en galego? Por que?
5. Seguindo o esquema dunha solicitude formal, realiza unha instancia na que lle pidas á directora ou director do teu centro algunha mellora nos patios.
6. Cales son as vantaxes que presentan as redes sociais fronte a outros medios de comunicación?
7. Localiza e identifica as cláusulas e oracións destes enunciados:
• Non te acompañamos á cafetaría porque temos que marchar para a clase.
• Se estudas estes dous temas, aprobarás a materia sen dificultade.
• Aquela xogada parecía penalti, mais o árbitro non o sinalou e o partido rematou sen máis incidencias.
• A película que vimos a semana pasada rodouse na vila na que paso as vacacións de verán.
8. Escribe dous exemplos de cláusula simple, dous de cláusula complexa, dous de oración bipolar e dous de oración coordinada.
9. Pon as maiúsculas que falten no seguinte texto:
subscribíndose a streamers de twitch poden conseguirse 3 meses de game pass até o día 11 de novembro está activa unha curiosa promoción en twitch que consiste en que ao comprar dúas subscricións novas e/ou subscricións de agasallo na plataforma de streaming recibiranse 3 meses de game pass para pc sen cargo adicional, o que facilita o acceso a centos de xogos de alta calidade, entre os que destacan os títulos dos estudios de microsoft, que están dispoñibles dende o día do lanzamento.
cómpre salientar que esta promoción só está dispoñible para usuarios que non sexan ou fosen subscritores de game pass ou gozasen dalgunha das súas versións de proba.
Marcus Fernández, códigocero.com
10. Nos seguintes enunciados están ben colocadas as maiúsculas e as minúsculas. Explica por que é así:
• O presidente do CD Lugo foi recibido na Xunta de Galicia.
• A directora do xornal O Eco da Ría é dona María Canicova.
• Todos os luns de outubro escoito o programa de radio O vento que zoa.
• Burela está ao norte e O Porriño ao sur.
• Todos debemos pagar o IVE, mesmo Vde., Sr. Roque.
11. Explica a situación da lingua galega desde 1978 á actualidade.
12. Cales son as principais liñas e autores das vangardas literarias galegas? Describe brevemente as características da obra dos principais autores das Vangardas.
91 PROBA DE AVALIACIÓN « 3
LITERATURA » Galicia na Guerra Civil e na ditadura (1936-1975).
Literatura do exilio
LECTURA E COMUNICAMOS » «Cabo. A derradeira imaxe. 1936», «Compañeiros da miña xeración ...», «A liorta no mesón do Roxo»
TIPOS DE TEXTOS » A correspondencia formal
OS NOMES DAS COUSAS » Utensilios de cociña e electrodomésticos
SOMOS LINGUA » Situación sociolingüística actual en Galicia
COÑECEMOS A LINGUA » O predicado e o suxeito
LETRAS E SIGNOS » Abreviaturas e siglas
4
• xxxx
» Galicia na Guerra Civil e na ditadura (1936-1975)
A Guerra Civil
A Guerra Civil española (1936-1939) foi provocada por un golpe de Estado contra a legalidade republicana promovido por parte do Exército, ao mando do xeneral Franco, e apoiado pola dereita política e por boa parte da Igrexa católica. O triunfo da sublevación militar tivo estas consecuencias:
• Políticas: instauración dunha ditadura até 1975 caracterizada pola represión das persoas que defendían a liberdade, a prohibición das linguas que non fosen o castelán e a vulneración dos dereitos humanos.
• Sociais: supresión de dereitos fundamentais conseguidos anteriormente polos traballadores, polas mulleres e por outros colectivos.
• Económicas: crise e involución económica, forte autarquía e escaseza de produtos básicos para as clases máis desfavorecidas.
A guerra en Galicia durou poucos días, pero a represión foi especialmente cruel e longa, como demorada no tempo foi a resistencia ao franquismo por parte dos guerrilleiros nos montes galegos.
A posguerra: tempo de represión
A ideoloxía do franquismo era contraria á democracia e tiña moitos puntos comúns coa dos réximes de Hitler, en Alemaña, e de Mussolini, en Italia. En consecuencia, prohibíronse os partidos políticos e os sindicatos, pecháronse numerosos xornais e revistas, instalouse a censura e as liberdades individuais quedaron moi limitadas. Esta represión afectou sobre todo ás organizacións de esquerda e ás nacionalistas. E afectou especialmente á expresión cultural en linguas que non fosen a castelá, por entender que ían contra a concepción uniforme de España imposta pola ditadura. As consecuencias para a vida cultural que se expresaba en galego foron dramáticas:
• Clausuráronse as editoriais, as revistas e os xornais.
• Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura, como Ánxel Casal (editor), Alexandre Bóveda (xornalista) ou Víctor Casas (director de A Nosa Terra); outras víronse na obriga de marchar para o exilio (Luís Seoane, Castelao, Lorenzo Varela, Emilio Pita…) e outras foron apartadas do seu traballo (Otero Pedrayo, Fernández del Riego, Carballo Calero…) e non tiveron máis remedio que permanecer mudas nun dramático exilio interior. Outras, finalmente, optaron por dar o seu apoio ao réxime (Risco, Noriega Varela ou Álvaro Cunqueiro).
Só co paso dos anos, de xeito moi tímido, comezaron a publicarse algúns libros en galego, sempre de poesía, e sen ningún contido que puidese molestar ás autoridades franquistas.
LITERATURA « 4 93
A oposición ao franquismo
No exterior, os intelecturais do exilio levan a cabo un inxente traballo, tanto cultural como político, entre o que destaca a creación de editoriais, xornais, revistas, programas de radio e actividades de todo tipo que impediron a desaparición da nosa cultura. No ámbito político, as iniciativas decaeron tras a morte de Castelao en 1950. No interior, despois de máis dunha década de silencio na posguerra máis dura, temos que diferenciar entre:
• Resistencia cultural: artellada a partir de 1950 ao redor da editorial Galaxia, que retoma a publicación de libros en galego. Nos anos 60 o activismo cultural multiplícase grazas ás asociacións culturais que van xurdindo por todo o país.
• Resistencia política: aproveitando un certo «aperturismo» e o esgotamento da ditadura xorden, na clandestinidade, os partidos nacionalistas galegos de esquerdas nos anos 60, que se converten axiña en referentes nas loitas polos dereitos dos traballadores, contra as desfeitas medioambientais e nas revoltas estudantís.
1941
Fúndase Astano
1944
Fórmase o Consello de Galiza en Buenos Aires
1950
Morre Castelao. Fúndase a editorial Galaxia
1960
Fúndase Pescanova
1963
Fúndase o Partido Socialista Galego. Suspéndese a prohibición de que os xornais publiquen textos en galego. Celébrase por 1ª vez o Día das Letras Galegas
1965
Matan a «O Piloto», último guerrilleiro antifranquista nos montes galegos.
1947
Créase Sargadelos
1958
Abre a factoría de Citroën en Vigo. Créase o grupo Brais Pinto en Madrid
1962
Créase Coren
1964
Fúndase a Unión do Povo Galego
1968
Fortes protestas estudantís en Compostela
1972
Folgas obreiras en Ferrol que rematan coa morte de dous traballadores
1939
Comeza a 2.ª Guerra Mundial
1948
Creación do Estado de Israel. Morre o Mahatma Gandhi asasinado na India
1957
Créase o Mercado Común Europeo
1955
Sinatura do Pacto de Varsovia. España entra na ONU
1959
Revolución cubana
1961
Construción do muro de Berlín
1968
Movementos estudantís en París (o maio francés)
1969
O home chega á lúa
1973
Golpe de Estado de Pinochet en Chile e asasinato de Allende
1975
Morre o ditador Francisco Franco
4 » LITERATURA 94
EN ESPAÑA E NO MUNDO
FEITOS HISTÓRICOS EN GALICIA FEITOS HISTÓRICOS
» Literatura do exilio
O traballo cultural dos exiliados
Entre os exiliados, salientan os nomes de Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Emilio Pita e Ramón de Valenzuela. Eles puxeron en marcha numerosas iniciativas para manter viva a cultura galega:
• Edición de revistas culturais e literarias: Galicia (editada polo Centro Galego), Galicia Emigrante (que tivo continuidade nun programa de radio do mesmo nome), Correo Literario…
• Creación de canles para a publicación de libros galegos: as coleccións Hórreo e Dorna, dentro da editorial Emecé, ou novas editoriais como Nova, Citania e Botella al Mar.
• Consolidación dun teatro galego: posta en marcha da compañía de Maruxa Villanueva e Varela Buxán (que estrearía Os vellos non deben de namorarse), fundación do Teatro Popular Galego, creación de textos orixinais (sobre todo por parte de Blanco Amor e Rafael Dieste).
• Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.
A importancia de Buenos Aires non nos pode facer esquecer que en México houbo outro significativo foco de vida cultural no exilio. Alí creáronse revistas como Saudade, Loita e, sobre todo, Vieiros, dirixida por Luís Soto e o cineasta Carlos Velo. Tamén en Londres houbo un grupo moi activo, que creou un programa de radio que se transmitía para Galicia a través da BBC.
Luís Seoane: vida e obra
Fillo de emigrantes, Luís Seoane naceu en Buenos Aires en 1910. A súa familia volveu a Galicia cando el tiña seis anos. Estudou Dereito en Compostela, aínda que xa daquela se sentía máis atraído polo mundo da arte.
A Guerra Civil obrígao a exiliarse en Buenos Aires, onde desenvolve un extraordinario labor de axitación política e cultural (funda editoriais, dirixe revistas, ilustra libros). Ao tempo, a súa sona como pintor medra cada vez máis en todo o mundo.
Neses anos, publica os seus libros de poemas Fardel de eisiliado (1952), Na brétema Sant-Iago (1956) e As cicatrices (1959). Tamén escribe dúas obras de teatro, A soldadeira e O irlandés astrólogo
En 1963 volve a Galicia, onde continúa o seu labor de animador cultural. Nestes anos, aínda publica un novo libro de poesía, A maior abondamento, e unha recompilación dos escritos que fixera para a radio, Comunicacións mesturadas. Finou na Coruña no ano 1979. En 1994 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A poesía de Seoane ten como temas fundamentais a emigración e o exilio. Cos seus versos, tenta darlles voz a tantos emigrantes anónimos que tiveron que deixar Galicia e levar unha vida de loita noutros países. A súa é, conscientemente, unha poesía de denuncia social, na cal a preocupación formal ocupa un segundo plano: o importante é a mensaxe que se transmite.
LITERATURA « 4 95
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897. En 1919, para fuxir do servizo militar, emigrou a Buenos Aires, onde conseguiu traballo como xornalista.
En 1928 e 1933 pasou dúas longas etapas en España, como correspondente do diario arxentino La Nación. En Galicia e en Madrid vive os anos de plenitude do galeguismo e da República, e entra en contacto con outros escritores, como García Lorca, ao que lle prologaría os Seis poemas galegos. Neses anos, Blanco Amor publica dous poemarios: Romances galegos (1928) e Poema en catro tempos (1931).
A Guerra Civil cólleo en Buenos Aires. Coa chegada dos exiliados, participa nas numerosas iniciativas levadas a cabo entre 1940 e 1960. Salienta a creación do Teatro Popular Galego (1957), para o que escribirá diferentes obras, recollidas logo en Farsas para títeres e Teatro para a xente.
Volveu a Galicia en 1965, e viviu entre Ourense e Vigo. Finou nesta última cidade en decembro de 1979. No ano 1993 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A obra narrativa de Blanco Amor
A obra narrativa de Blanco Amor é de enorme importancia, pois trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar. Ademais de dúas novelas en castelán (La catedral y el niño e Los miedos), en galego escribiu as novelas A esmorga (1959) e Xente ao lonxe (1972), así como o libro de relatos Os biosbardos (1962).
A esmorga está ambientada nos arrabaldes de Ourense. A novela constrúese como a declaración ante un xuíz dun dos personaxes, Cibrán, detido tras a tráxica morte do Bocas e o Milhomes, os seus compañeiros nunha longa fin de semana de esmorga. Narrada cunha linguaxe dura e realista, o libro consegue crear unha atmosfera tráxica e opresiva.
En Xente ao lonxe cóntasenos, a través dos ollos dun neno, Suso, a historia dunha familia obreira e de esquerdas, no Ourense do primeiro terzo do século xx. Narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais, é unha novela emotiva e chea de forza. Salienta nela a eficaz creación dos personaxes e a brillante recreación dos ambientes da cidade.
Os biosbardos recolle sete contos onde Blanco Amor explora diversas facetas da infancia e da adolescencia. Como el mesmo di, «os presentes contos pasan nas dúas primeiras décadas do século, nas que eu convivín co meu pobo. Como ambiente, son todos autobiográficos; como anécdota, ningún».
1. Por que os exiliados puideron desenvolver con tanta amplitude a súa actividade cultural?
2. Que consecuencias tivo a Guerra Civil para a literatura galega?
3. Que diferenzas ves entre a poesía de Seoane e a de autores das vangardas, como Manuel Antonio ou Cunqueiro?
4. Por que se valora tanto a obra narrativa de Blanco Amor?
5. Cal era a finalidade das revistas e das publicacións periódicas no exilio?
4 » LITERATURA 96
Seis ou sete séculos despois. Denantes ou despois. ¡Que máis ten!... Poido ter sido mil trescentos trinta e seis ou mil catrocentos trinta e seis.
Tocaban a morto e non o sabían os culpables. Todas as campás da cidade tocan a morto dende entón. Foi mil novecentos trinta e seis.
Ogallá endexamais poida ser. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre, era levada en camisa polas rúas, marcadas a fogo tres letras na fronte, a cabeza enfeitada, escarnecida, despoxada dos longos rizos loiros. Berrábanlle as letras da fronte. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
Deixaron caír asesiñados sobor das gavias os homes que soñaron un mundo diferente. Á beira dos cadáveres vivían abraiadas as lagartixas verdes, os insectos, as plantas, a terra e a auga. A eles somente non lles tiñan permitido vivir máis. Soio eran ceibes a mar e os paxaros.
A eses estudantes de pousadas pobres da Rúa de San Pedro, do Campo do Galo, da rúa das Hortas, de bairros pobres, de aldeas pobres, de pais pobres, estudantes de «pan e sardiña», con libros amostrándose polos petos deformados dos vellos abrigos con lixaduras, tíñanos matado ao abrente á beira dos camiños. Un preto can vagamundo os velaba. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
A rapaza da fronte marcada a fogo sen as trenzas de ouro, a cabeza enfeitada, era aduceda marteirada pola cidade. Arrempuxábana o falso sacerdote, o falso fidalgo o ladrón, o mentiroso, o asasino. Relocíanlle na fronte as tres letras de escarnio e ollaba serea cara adiante, pra estrela lonxana, perta de esperanza, que soio enxergaban ela, os desterrados e os mortos. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
ESCOLMA « 4 97
» Texto 1
Luís Seoane, «Cabo. A derradeira imaxe. 1936», Na brétema Sant-Iago
Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo!
Faciamos un feixe de campos e de estrelas, e ó pisar ese chan que latexaba sentiamos subir polo sangue o misterio. O noso corpo era o camiño da maxia, a escada pola que viña a lúa, o zume de tódolos segredos, a canción da herba que resucitou. E o mesmo verme era unha folla leda, un mensaxeiro do sagrado alén.
Morréchedes, matáronvos, deixáronme. Quedei aquí, lonxe das vosas sombras. E gardo, coma un morto, no centro do silencio, da sede, da agonía, o día que vos poida levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás. Tan doce era a xuntanza miña e vosa, de todos nós co mundo!
4 » ESCOLMA 98
» Texto 2
«Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados»,
—Non señor, non; cando se armou a zarrazina no mesón do Roxo, nós xa saira mos. Quedámonos por alí cerca sen nos deixare vere, pra albiscar o que pasaba.
—Si, señor; vimos que sacaban ó Zamorano, ferido, que se lle vía a cara sangoen tada. Dempois saíron outros, todos embrullados nunha grande liorta de paus e navallazos. — …
—Non señor, non; dígollo outra vegada… Bastante temos co noso sen que te ñamos que carregar con cousas que non fixemos… Perdimos os cartos nunha partida de sete e media que tiñan armada uns xamoeiros masidaos, que son xente moi caloteira e andan a la santa buena polos feirales, con baraxas amaestradas.
Díxenllo ó Bocas pro non me fixo caso…
— …
—Que ei de saber o nome? Digo esto porque mo dixeron uns do Ribeiriño que atopei aló. — …
—Non, señor; tampouco sei como se chaman… Sei que son do Ribeiriño porque os teño ollado aló, na taberna do Sancristán. — …
—… pois voltamos pra a cibdade. Subimos pola carreteira de Trives e metímonos pola Travesía sen atopar a ninguén… O Bocas seguía coa súa teima, e agora estaba aínda máis acirrado nela porque quedaramos sen cartos.
— …
—Coido que non, agora que xurar non o podería xurar. Quen sabe o que pasa nos adentros de cada un! A teima somellaba sere, de comenzo, pra vere de novo á belida señora. Cecais dimpoixa a ocasión…
— …
—Señor, prégolle que me non faga decire o que non dixen… Dixen que se tiña quedado sen cartos e ren máis, e que quizabes por eso voltara á teima de irmos de novo á casa dos Andrada. Ó mellor si sairamos da timba con cartos dabondo, daríalle a vértola por facer outras cousas, digo eu… que eu non estaba dentro dil pra sabelo…
1. Cal é o tema dos poemas incluídos nesta escolma?
2. Por que estes textos non se podían publicar na Galicia da posguerra?
3. Que representan os espazos con guións e sen texto que aparecen nos textos de A esmorga? Deduce o que iría en cada un deles.
4. Que novidades che parece que presenta A esmorga con respecto á narrativa galega anterior?
5. Cres que os poemas da páxina anterior poderían ser entendidos por toda a poboación na época na foron escritos? Xustifica a túa resposta.
ESCOLMA « 4 99
— …
» Texto 3
Eduardo Blanco Amor, «A liorta no mesón do Roxo», A esmorga
Os biosbardos
Chegamos de volta a Auria sendo eu de once anos despois de finar meu pai, que sairamos de alí sendo eu moi cativo, que eu non nacera en Auria senón en Ponte Barxa na raia seca de Portugal, sendo meu pai carabineiro como o foi até o cabo dos seus días; miña irmá Alexandrina si, que aló quedou, aos sete, das vexigas en Calahonda, e meu irmao Alixio tamén que era o meirande e fuxiu cos ciganos, que se o levaran ou se fuxiu nunca se soubo, e non volveu.
(...)
Eu ben me decataba de que todo aquilo tiña que pasar e pasaría, que xa noutros sitios me pasara, e tiña que pandar e pandaba até non lle coller o xeito ás cousas e aos ditos da rapazada de Auria. E cando xa ía para catro meses:
—Oes, Ninchi, ímoste levar á pesca dos biosbardos que xa estamos vendo que es bo rapaz.
—Non sei pescar -eu sabía pescar que me tiña levado meu pai ao peirao de Alxeciras, e díxelles non porque ventaba a burla.
—Pois eí está o caso. Para os biosbardos ten que ser un novo eiquí.
—Hai outros máis novos.
—Cales?
—O fillo do dos queixos de Villalón, o Boísimo, que chegou despois ca min.
—Non serven todos, home, aínda que sexan novos. Se servisen todos encheriámonos todos de cartos, porque non sei se sabes que os biosbardos son de moito aprecio, aínda máis que as troitas e as lampreas, e páganos de moita hostia nas casas dos ricos, para que saibas —seguía a barallar Pepe, o Melondro, que era o que mandaba, non porque fose algo máis vello senón porque tiña a voz grosa, de home, que tamén lle chamabamos o Roncollo.
— Porque tes que saber que os biosbardos non veñen ao reclamo se non se é novo, e que só pasan dúas veces ao ano, que se non fose iso todos gañariamos cartos a mancheas só con chamalos e pillalos. Pois nin con rede nin con anzol; hai que chamalos polo nome e veñen e métense no fardelo. E se ti te prestas imos á parte, que nós pomos o sitio, que non todos os sitios do río serven para se facer con biosbardos dos bos, pois os ruíns semellan peixes.
4 » LECTURA 100
(...)
5 10 15 20 25 30
—Porémoste no sitio xusto e farémosche compaña afastados alí de preto, que nós non podemos estar, que non somos novos, e pra que non teñas medo, que a algúns dálles cagana ao vérense sós alí, de noite.
—Non, non quero, buscade outro.
—Que non o hai, home, que a máis de novo ten que cadrar en verso. Non te chamas Leonardo?
—Si.
—Pois aí o tes, Leonardo Biosbardo. Con iso e con ser novo, cousa feita. Vaia unha sorte que tes seres novo aquí ao chamáreste Leonardo. A saqueta ten que ser de tascos de liño senón non serve, ben aínda que non sexa de tascos ten que ser branca e ben limpa –o Melondro era moi listo, semellaba saber todas as verbas do mundo e telas dispostas en ringleira tras os dentes para ceibalas sen alentar no seu xusto intre.
—E ten que ser mañá sen falta porque váisenos a lúa e logo non se pode, que esta é a lúa de Santiago, e van como barbas e colleremos a saqueta chea e ogallá poidas traguer dúas.
(...)
Agardábanme no fielato da Ponte Vella pouco antes da medianoite e baixamos calados ao río.
(...)
Deixáronme só no remate da Pena dos Afogados e agacháronse non lonxe, tras as cepas da Ponte Vella, outros apoleirados nos grandes ameneiros. A voz do Melondro púxose a me chegar de trocada, medoñenta como dos profundos, aínda máis grosa que de home cumprido, e chegaba polo ar encol do moe moe das ras, e eu abrín o fardel e xa o tiña aberto e sostido con entre amas as mans, coa podre lume amarela nas mans que viña de rentes cortando as cousas polo medio, e eu púxenme a repetir os ditados do Melondro, ollando para riba co fardel ben teso entre ambas as mans:
—«Son Leonardo».
—Son Leonardo.
—«Ti es biosbardo».
—Ti es biosbardo
—«Biosbardo vente ao saco que eu te agardo e son Leonardo».
—Biosbardo vente ao saco que eu te…
Pasoume, súpeto, un ventiño pola fronte, polo nariz, polos beizos, entroume nos ollos coma rachadela de luz e caíu no fardel un peso coma unha pedra.
— «Son Leonardo».
—Son Leonardo.
LECTURA « 4 101
35 40 45 50 55 60 65
Saíu de novo a luciña de auga, alabeando no ar, faiscante, seguida, e o fardel acadou máis peso, e comecei a suar polas tempas.
—«Vente ao saco».
—... ao saco. E outro, e outro, por máis que o Melondro bulise a berrar e eu a ecoarlle.
—«Ti es biosbardo».
—Biosbardo… — e o brillo choutando do redondel da auga para a curva do ar, abalado no ar un instantiño, coma venablo, faiscante, seguido, un instante na mourenza, e os choutos do seu paso pola bris da miña fronte, no nariz, nos beizos.
—Cantos tes? -berrou o Melondro máis de preto, coa voz retranqueira unha miga insegura. Ouvíanse nas árbores risiñas abafadas, imitanzas do axóuxere do moucho, do chío da curuxa.
—Non sei, ao menos unha ducia ou máis. Eu mantiña o fardel a pulso, con esforzo, nun recanto da lúa xa rasteira, a carón do penedo.
—... ou quizais dúas. Na non podo con eles.
Saíron de onde estaban agochados e quedaron máis preto, calados; e, a pouco, escacharon a rir a eito. O Melondro achegouse un pouco máis sen chegar de todo.
—E logo que botaches no fardel? Porque o fardel estar está cheo, dixo para os outros, que pararon de rir e recuaron.
—Eu non botei nada, encheuse só, un cada vez que berrabamos… Viñan do río, brincaban polo ar, afundíanse pola boca da saqueta.
—(...) Mirade para aquí… O fardel está cheo e reloce. Vireime para onde saían as voces, sostendo malamente o fardel. O Melondro adiantou outro pouco.
—(...) Teno ateigado e non se moveu do sitio… Baléirao na pedra! Tremáballe a voz e puxéraselle máis rouca.
Deille a volta ao fardel; e antes de o debrocar xa perdera todo o peso. Somentes escoou na pedra unha luz poirenta, azul e movediza coma cando se mollan os mistos.
Eduardo Blanco Amor, Os biosbardos (adapt.)
4 » LECTURA 102
70 75 80 85 90
» Comprensión lectora
1. Explica coas túas palabras o significado destas que aparecen no texto: finar (l. 1)
meirande (l. 5)
peirao (l. 12)
anzol (l. 26)
ringleira (l. 42)
alentar (l. 42)
apoleirados (l. 50)
podre (l. 53)
venablo (l. 72)
retranqueira (l. 74)
2. Explica o significado das seguintes expresións:
– Tiña que pandar (l. 9)
Coller xeito as cousas (l. 9)
Seguía a barallar (l. 21)
– Gañariamos cartos a mancheas (l. 25)
– Ten que cadrar en verso (l. 35)
recanto (l. 78)
ateigado (l. 89)
poirenta (l. 92)
tempas (l. 67)
debrocar (l. 91)
– Home cumprido (l. 51-52)
Alabeando no ar (l. 66)
Mantiña o fardel a pulso (l. 77)
– Escacharon a rir (l. 80-81)
3. Completa o cadro para indicar as principais características de cada un dos elementos desta narración.
4. En cantas partes se pode dividir o relato «Os biosbardos»? Identifica cada unha desas partes cun enunciado e indica as liñas que abrangue.
5. Resume o contido deste relato de Eduardo Blanco Amor.
6. Busca o significado da palabra biosbardos e investiga o/s nome/s de significado similar que hai na túa zona.
• Ponlle outro título que encaixe co contido do conto.
103 COMUNICAMOS « 4
–
–
–
–
NARRADOR PERSONAXES ESPAZO TEMPO
Aprender a escoitar ben
Concentrarse e evitar as distraccións.
Seleccionar a información relevante.
Centrarse no contido e non en quen fala (no aspecto, nos seus tics...).
Non prexulgar Non deixarse levar por premisas ideolóxicas ou persoais.
Focalizar a escoita en aspectos definidos: ideas principais, datos...
Reservar as valoracións para o final.
» Expresión oral
1. Por grupos, ides teatralizar este conto. Para iso, seguide as indicacións:
• Relede o texto varias veces en voz alta.
• Escollede algún dos personaxes do diálogo.
• Convertede en diálogo os fragmentos narrativos.
• Improvisade algún decorado e vestiario.
• Ensaiádeo varias veces.
• Facede unha escenificación para o resto da clase.
2. N’Os biosbardos cóntanse as falcatruadas dun grupo de rapaces na cidade de Ourense. Cóntalle en voz alta ao resto da clase algunha das que teñas feito e que trouxese consecuencias negativas.
3. Coñeces algunha historia na que se buscase facer burla dalgunha persoa? Cóntaa na clase.
4. Agora imos facer un xogo de simulación. Por parellas, pensade nunha situación na que alguén se burla de vós. Primeiro un membro da parella é o que se burla e despois é o burlado. Respondede as seguintes preguntas; primeiro por parellas e despois todo o grupo:
– Como te sentes cando fas burla?
– Como te sentes cando es a persoa burlada?
– Sentides o mesmo se se fai a soas ou ante compañeiros ou compañeiras?
– Sénteste agredido ou agredida?
• Despois da simulación do exercicio anterior, volvemos á lectura: como se sente Leonardo perante a presión dos amigos para que participe no xogo? El accede a xogar gustoso? A súa familia axúdalle a resolver esa circunstancia?
• Moitas veces as falcatruadas infantís derivan en situacións de acoso ou maltrato dun ou dunha compañeira. Sinalade, primeiro por grupos e despois a nivel de clase, cales son os motivos que levan a un neno ou nena a participar nunha situación de acoso. Despois apuntade o que podemos facer para que situacións dese tipo non acontezan.
5. Poñemos a proba a nosa capacidade de escoita a través dun debate:
• Despois de lerdes «Os biosbardos», en pequenos grupos de cinco ou seis persoas tedes que falar durante 10-15 minutos sobre o seguinte tema: a mocidade de hoxe é máis violenta que a de xeracións anteriores.
• Unha vez concluído o faladoiro, escolleredes un alumno ou alumna que terá que expoñer as opinións que defenderon os outros compañeiros e compañeiras do grupo. Estes, á súa vez, terán que dicir se recolleu con exactitude o punto do vista do grupo ou non.
104 4 » COMUNICAMOS
» Expresión escrita
1. Transforma a conversa que se produce entre as liñas 77 e 89 nun diálogo de estilo indirecto.
2. «Deille a volta ao fardel; e antes de o debrocar xa perdera todo o peso. Somentes escoou na pedra unha luz poirenta, azul e movediza coma cando se mollan os mistos.»
• Que che parece este final? É un final crible?
• Inventa un final alternativo no que o fardel non perdera o peso: imaxinas o que acontecería entón? Como reaccionaría o protagonista? Como o farían os demais rapaces?
3. Seguindo a información que tes na marxe, indica os constituíntes que posúen os dous parágrafos narrativos (sen contar o diálogo) deste texto.
4. Neste texto aparece a forma «serve» (l. 40), que pertence a un verbo que presenta alternancia vocálica no presente de indicativo. Conxuga o presente de indicativo dos seguintes verbos.
Estrutura interna dos parágrafos
Frase inicial: introduce o tema ou a idea central.
Frases centrais: desenvolven o tema. Poden estruturarse entre elas mediante conectores textuais
Frase final: recolle algunha idea relevante ou un comentario global.
• Escribe un enunciado coas formas de 3.ª persoa de singular.
5. Localiza os trazos dialectais que aparecen no texto e coloca ao seu lado a palabra estándar da nosa lingua.
DIALECTALISMO
6. Por que levan acento gráfico as palabras «dúas» (l. 25) e «lúa» (l. 42)? Ponlles acento gráfico ás seguintes palabras que o precisen:
Dialectalismo
Vocábulo, construción sintáctica, etc., propio dun dialecto, que se arreda do código considerado estándar. Camín e pantalois son dialectalismos propios do galego oriental.
As vogais i, u tónicas levan acento gráfico cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que as dúas vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo.
Ex.: saída, saúdo
Non se acentúan se forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede.
Ex.: partiu, puido
105 COMUNICAMOS « 4
ainda baul viuva lingua coidado taboa moeda sain puido ruín raiz miudo Ruiz cambiou chegou caida xuízo teito leoa caida
… …
PALABRA ESTÁNDAR
seguir durmir ferir fuxir sentir bulir consentir rebulir
Fórmulas de tratamento: señor/a, don/a, señoría, estimado/a señor/a, ilustrísimo/a señor/a, etc.
Abreviaturas: Sr./Sra., Dr./Dra., Excmo./Excma., Ilmo./Ilma.
Fórmulas de saúdo: prezado señor, distinguida señora, respectable, honorable…
Fórmulas de despedida: saúdao atentamente, despídese de vostede, queda á súa enteira disposición, ponse á súa disposición, exprésalle os seus respectos, saúdaa afectuosamente, reciba un cordial saúdo…
» A correspondencia formal
A carta formal é un tipo de comunicación escrita que se produce entre persoas descoñecidas ou que, aínda sendo coñecidas, o asunto que tratan merece o emprego de linguaxe formal e distancia no trato.
Este tipo de correspondencia pode presentar temas moi variados:
– presentación comercial
– recomendación
– agradecemento
– convite
pedimento
– oferta
autorización
– pésame
Entre as características que debe reunir cómpre destacar a coherencia, a claridade na expresión e a brevidade, que non debe impedir a comprensión completa do motivo da carta por parte do receptor.
Tamén é característico destas cartas o tratamento de cortesía que, na nosa lingua, se fai cos pronomes tónicos vostede e vostedes, cos verbos e os pronomes átonos en terceira persoa.
As cartas formais deben constar das seguintes partes e nesta orde de arriba a abaixo:
1. Membrete cos datos completos de quen escribe
2. Nome, enderezo e posto ou cargo da persoa destinataria
3. Lugar e data en que se escribe
4. Asunto sintetizado en moi poucas palabras
5. Saúdo formal, que variará segundo o cargo, posto ou relación coa persoa receptora
6. Corpo da carta, que non deberá excederse en detalles superfluos
7. Despedida, seguindo o tratamento comezado no saúdo
8. Sinatura do emisor ou emisora da carta
A correspondencia formal foi perdendo importancia co paso do tempo, xa que pasou de ser o único medio de comunicación entre persoas descoñecidas, empresas e/ou institucións a ser unha maneira de iniciar un contacto que, unha vez comezado, pode continuarse a través do correo electrónico, por posuír este a inmediatez de que carece a carta formal.
No seu momento, tamén o fax reduciu o uso da carta formal. Na páxina seguinte tes un exemplo de carta formal.
4 » TIPOS DE TEXTOS 106
–
–
Icía Regueiro Obelleiro
Directora do IES As Pedreiras
Rúa Agustín Fernández Paz, 11 27400 Monforte de Lemos. Lugo
Dona Mariña Salgueiro Pereira
Directora xeral de Recursos e Tics
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano Xunta de Galicia
Monforte de Lemos, 24 de febreiro de 2023
Asunto: Material Tic defectuoso
Estimada directora xeral:
Como directora do IES As Pedreiras, póñome en contacto con vostede para proceder á devolución de dúas tabletas, marca Smart (ref. 3254789), por presentaren graves deficiencias que impiden a súa utilización na aula.
Despois de termos consultado os medios técnicos oportunos, indicóusenos que eses defectos eran insalvables e que o referido material debería ser substituído por outro.
O alumnado de 4.º ESO, espera, na maior brevidade posible, a entrega do novo material para poder realizar os proxectos trimestrais.
Agardando que se solucione ese problema, despídese afectuosamente de vostede:
Icía Regueiro Obelleiro Directora do IES As Pedreiras
1. Procura as características da carta formal que aparecen no exemplo que acabas de ler.
2. Sinala a estrutura da carta anterior.
3. Cales son as fórmulas de saúdo e de despedida que emprega a autora da carta?
4. O alumnado de cuarto da ESO do teu centro quere realizar unha excursión de fin de ensino obrigatorio a un lugar que vas decidir ti.
• Redacta unha carta formal dirixida a algún empresario da túa localidade na que lle expoñas a necesidade de financiamento que precisades para levar a cabo a actividade.
5. Dos tipos de cartas formais vistas na páxina anterior indica razoadamente cal empregarías nestas situacións:
– Ofrecer produtos dunha tenda que se acaba de instalar.
Pedir materiais deportivos a un comercio doutra provincia.
– Expresar a mágoa polo pasamento de alguén.
– Convidar a corporación municipal do teu concello á obra de teatro que preparastes para o día de fin de curso.
• En grupos, escollede unha das cartas anteriores e redactádea.
TIPOS DE TEXTOS « 4 107
–
» Utensilios de cociña e electrodomésticos
1. Escribe á beira de cada palabra o número que lle corresponde na ilustración.
2. Explica a diferenza de significado entre estes pares de palabras. Usa o dicionario se o precisas:
quecer | quentar
4 » OS NOMES DAS COUSAS 108
billa cazola, tarteira caldeiro do lixo campá extractora cunca coador crebanoces cullerón escoadoiro escumadeira estropallo friameira funil, embude gardamanteis lavalouzas louza manopla manteigueira mesado molleira, salseira morteiro neveira ola, pota relador rolo rolo de papel táboa tenaces tesoiras testo, tapadeira tixola trinchante vaso do xeo vertedoiro vitrocerámica xerra
36 35 34 33 32 31 30 29 28 27 18 17 16 15 14 13 12 12 11 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1 19 20 26 25 24 23 22 21
cuberto | garfo
abrelatas | sacarrollas
3. Une cada palabra co seu sinónimo:
tixola molleira ola neveira vaixela
louza refrixerador fritideira salseira pota
4. Pon debaixo de cada fotografía os nomes dos produtos anunciados nesta páxina web dunha marca de electrodomésticos.
FRÍO FRIGORÍFICOS CONXELADORES
CONSERVACIÓN DO VIÑO
ROUPA
LAVADORAS
SECADORAS
FERROS DE PASAR
LOUZA
LAVALOUZAS
COCCIÓN
FORNOS
PLACAS
CAMPÁS
QUENTAPRATOS
COCIÑAS
ELECTRODOMÉSTICOS
MENAXE
COCIÑA
ALMORZO LIMPEZA
5. Relaciona cada un dos ditos co seu significado:
– Haber máis que verzas na ola
– Non lle cocer o forno a alguén
– Andar a cazola emprestada
– Ser amasado en mala artesa
– Meter a súa culler
– Inmiscirse inoportunamente
– Ser de mala condición
– Haber outra razón
– Ser impaciente
– Comer de balde, gratis
6. SOLTAMOS A LINGUA. Pensade nas tarefas domésticas que se realizan coa axuda de electrodomésticos. Adoitades empregar eses aparellos? Sabedes como funcionan? Que tarefas vos parecen máis doadas? E máis difíciles ou pesadas?
• Organizade un faladoiro no que participe toda a clase tratando este tema.
OS NOMES DAS COUSAS « 4 109
» Situación sociolingüística actual en Galicia
Segundo os últimos datos cuantitativos dispoñibles, proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (2018), o galego segue a ser a lingua maioritaria de Galicia, pero xa a moi pouca distancia do castelán. En efecto, tal como comprobamos na unidade anterior, o 51,88% da poboación fala só ou maioritariamente galego, mentres que o 47,35% emprega o castelán de xeito exclusivo ou maioritario. Ademais, hoxe en día o galego está presente en todos os ámbitos, como na xustiza, a administración, o comercio, etc.
Porén, esta situación, aparentemente positiva, agocha unha realidade na que aínda o galego non está plenamente normalizado. En primeiro lugar, debido a que a súa extensión non é igual en todo o territorio, como pon en evidencia o gráfico 1: hai máis de 50 puntos de diferenza entre o hábitat rural (menos de 10.000 habitantes) e as sete cidades galegas (máis de 50.000 habitantes). Ademais, a medida que descende a idade, faino tamén o uso do galego (gráfico 2).
Gráfico 1: Uso do galego en función do tamalo do municipio (IGE 2018)
Gráfico 2: Uso do galego en función da idade (IGE 2018)
4 » SOMOS LINGUA 110
En segundo lugar, aínda se mantén a práctica de cambiar ao castelán en determinados ámbitos, como se pode observar polos datos da táboa 1. A isto hai que engadir a influencia dos medios audiovisuais, que favorecen totalmente o castelán: só o 5% navegan por internet sempre ou maioritariamente en galego, tamén segundo os datos do IGE (2018).
Táboa 1: Uso do galego en función dos interlocutores (IGE 2018)
Co fin de aumentar o número de galegofalantes, temos que fomentar as persoas neofalantes, é dicir, aquelas que non teñen o galego como lingua inicial, pero que o engaden ao seu repertorio lingüístico en todos ou nalgúns ámbitos da súa vida. Non obstante, ás veces, non aceptamos ben este tipo de cambios de lingua.
1. En que franxa poboacional, segundo a escala do gráfico 1, se sitúa a localidade onde resides? Correspóndese a túa percepción do uso do galego nela coa recollida no gráfico?
2. O gráfico 2 non se pode interpretar correctamente sen poñelo en relación co 1. Nunha vila pequena ou aldea, o máis habitual é que un rapaz da túa idade fale galego ou castelán? Xustifica a resposta en función dos gráficos 1 e 2.
• Consideras que esta distribución do galego en función do tamaño do municipio e da idade pode contribuír ao mantemento dos prexuízos lingüísticos? Xustifica a túa resposta e poñede en común na clase as vosas opinións.
3. Analiza a táboa 1: En que ámbitos se dan as principais diferenzas de uso lingüístico?
• Debatede na clase sobre os posibles motivos desas diferenzas.
• Cambias de lingua para adaptarte á do teu interlocutor? Que opinas sobre esta práctica? Por que estaba tan estendida antigamente? Que consecuencias pode ter para unha lingua minorizada?
4. En que outros medios aínda encontramos un claro predominio do castelán sobre o galego?
5. Consulta a páxina web neofalantes.gal e escolle un dos testemuños lingüísticos que alí se comparten. Cóntallo ao resto da clase, analizando os posibles obstáculos destas persoas para instalarse no galego e como os superaron.
SOMOS LINGUA « 4 111
COS SEUS IRMÁNS COS AMIGOS CO PERSOAL DA BANCA CO MÉDICO COS PROFESORES DOS FILLOS Galego sempre 45,54 34,12 28,74 27,88 23,48 Máis galego 7,87 17,96 17,92 18,22 15,81 Máis castelán 11,05 20,60 19,32 19,82 21,31 Castelán sempre 33,71 27,32 34,02 34,07 39,40
» O predicado e o suxeito
O predicado
O predicado é unha función fundamental na cláusula, xa que a súa presenza é imprescindible para que a cláusula exista. Se non hai predicado non hai cláusula. Dependendo da natureza do predicado, as cláusulas poden ser dos seguintes tipos:
O predicado ten significado léxico por si mesmo e non leva atributo (Antía levou as fotos a enmarcar).
PREDICATIVAS
Transitivas O predicado acepta o complemento directo (Escribiu unha nota).
Intransitivas O predicado non acepta o complemento directo (Carlos chegou pola noite).
A función de predicado pode ser desempeñada por unha forma verbal simple (Hoxe pola tarde Uxío plantou unha maceira) ou por unha perífrase verbal (Hoxe pola tarde Uxío ten que plantar unha maceira). A función de predicado tamén pode ser desempeñada por un infinitivo
ATRIBUTIVAS
O suxeito
O predicado é un verbo copulativo (ser, estar, parecer…) que funciona como elemento de unión entre o suxeito e o complemento, denominado atributo (Este camareiro é moi atento).
O suxeito é outra das funcións que se dan na cláusula. É o que realiza a acción do predicado, co cal concorda en número e persoa. Nalgúns casos non aparece claramente definido o axente que realiza a acción do predicado. Para iso emprégase a construción impersoal, que se forma cun verbo en terceira persoa de singular acompañado do pronome se (Por aquí fálase moito do accidente do sábado) ou cun verbo en terceira persoa de plural (Falaron moito do accidente do sábado).
Non todas as cláusulas teñen por que ter suxeito expreso. Pódense dar outros casos:
Aínda que non aparece expreso na cláusula, si existe un axente que realiza a acción designada polo predicado:
SUXEITO ELIDIDO
Estivemos alí nas vacacións
Tendo en conta a concordancia co predicado, sabemos que o suxeito ten que ser nós (primeira persoa de plural).
SUXEITO CERO, CLÁUSULAS SEN SUXEITO
Non existe suxeito, porque o predicado non precisa axente que realice a acción.
Amenceu mentres chegabamos ao hotel Neste caso, o verbo amencer, igual que chover, nevar… non leva suxeito.
A función de suxeito poden desempeñala as seguintes unidades:
• Substantivo: Marisa é moi riseira.
• Pronome: Ela é moi riseira.
Lembra que as funcións son as relacións que se establecen entre as unidades que forman o enunciado.
• Frase nominal: A rapaza é moi riseira.
• Cláusula: A rapaza que coñecemos esta tarde é moi riseira.
4 » COÑECEMOS A LINGUA 112
1. Localiza os predicados e os suxeitos que aparecen no texto.
• No caso dos predicados, sinala cales son formas verbais simples e cales son perífrases verbais.
Desta vez, a Mariña custoulle librarse dos cans, que andaban detrás dela buscando mecos sen parar. Non sabía como se amañara Luís para entreter os gardas, pero escoitou uns berros e uns disparos que a deixaron bastante intranquila. E se lle pasara algo ao rapaz pola súa culpa? Ía remoendo a preocupación mentres gabeaba mecanicamente, cun pé descalzo. Vaia día levaba. Primeiro, o libro que non quería saír, logo o rato aquel que apareceu debaixo do escritorio e marchou ás carreiras pola escaleira abaixo. Despois, Brandariz e a señora aquela da Coruña a entraren na súa biblioteca. O espirro e a zapatilla tronzada pola metade. Para rematar o día, a rifa que lle ía caer ao chegar á casa tan tarde.
2. Clasifica as seguintes cláusulas segundo sexan predicativas ou atributivas. Despois, divide as predicativas en transitivas e intransitivas.
– Alí, no caixón, está o caderno vermello.
– André mercou un libro de aventuras na libraría nova.
– O irmán de Aldán é o protagonista da obra de teatro.
– Non pareces moi feliz co veredicto do xurado.
– O bibliotecario organizou un club de lectura.
3. Localiza os suxeitos destes enunciados e indica que tipo de unidades realizan esa función en cada caso.
– O queixo do país é moi sabedeiro.
– Quen sexa o primeiro en chegar debe abrir as persianas.
– Fumar tabaco prexudica gravemente a saúde das persoas.
– Este curso a nosa clase vai ir de excusión a Londres.
– O conserxe está de aniversario mañá.
4. Escribe un predicado para cada un dos seguintes suxeitos. Clasifica os predicados que puxeches segundo a súa natureza.
– O ordenador
– O grao de Tradución e interpretación
– O can de Xía
– Comer ben
– Aqueles ledos días de verán
– As probas deportivas
COÑECEMOS A LINGUA « 4 113
5 10
Eva Mejuto, A ladroa da biblioteca de Meirás (adapt.).
As abreviaturas, as siglas, os acrónimos e os símbolos son formacións léxicas que se empregan para reducir as palabras ou os enunciados.
» Abreviaturas e siglas
Abreviaturas
As abreviaturas son representacións reducidas de palabras ou enunciados.
• Deben recoller varias letras da palabra mellor que só a inicial: séc. mellor que s. (século). Sempre se deben ler na forma completa: vde. debe lerse vostede.
• Fórmanse pola eliminación da parte final da palabra: art. (artigo), cap. (capítulo); ou contraendo varias letras da palabra, incluída a última: avda. (avenida).
• Nalgúns casos fórmanse só mediante a primeira letra da palabra: D. (don).
• Escríbense sempre con punto final: apdo. (apartado), aprox. (aproximadamente). Nalgúns casos o punto final substitúese por unha raia: r/ (rúa), c/c (conta corrente).
• Xeralmente, conservan as maiúsculas, a marca de feminino e plural e os tiles: d. de C. (despois de Cristo), Dras. (doutoras), admón. (administración), cía. (compañía).
Siglas
As siglas son formacións léxicas nas cales se empregan as iniciais de varias palabras para abreviar o enunciado. Por norma xeral, escríbense en maiúscula e sen punto entre as letras.
• Fórmanse coas iniciais dos substantivos, adxectivos e verbos da denominación: UE (Unión Europea).
• Ao lelas, pódense silabear: BOE (Boletín Oficial do Estado), lido boe. Tamén se poden soletrear: BOE, lido beoé.
• As siglas que rematan en G, cando é abreviatura de Galicia ou galego/a, adóitanse ler como acrónimos: TVG (Televisión de Galicia) lese teuvegá; DOG (Diario Oficial de Galicia) lese doga.
• Non admiten plural, polo que son incorrectas as formas *ONGs ou *OONG (organizacións non gobernamentais). O correcto é as ONG.
4 » LETRAS E SIGNOS 114
1. Completa o seguinte cadro:
TÍTULO AUTOR XÉNERO
A soldadeira
A esmorga
Farsas para títeres
Fardel de eisiliado Xente ao lonxe
2. Sintetiza en tres enunciados as principais tarefas levadas a cabo polo exilio galego.
3. Que consecuencias tivo o franquismo para a lingua e a cultura galegas? Enuméraas e explícaas.
4. Modifica todo o que precises da seguinte carta para convertela en correspondencia formal e comenta os cambios que fas:
Ola meu:
Escoitei o ruxerruxe de que había curre na túa empresa. A min non me viña mal, xa sabes que agora teño que andar no bus todos os días unha bastada de quilómetros e… total, para un soldo de merda.
Xa me dis se é certo ou se é unha bóla. E que papeis che teño que mandar. Como ben sabes, choiei antes na dos aluminios e despois no taller de Fonso. E, de paso, xa me dis o das pelas tamén.
Apertas.
Xaime
5. Fai unha listaxe con todos os utensilios de cociña e electrodomésticos que empregarías para elaborar o seguinte menú:
– Primeiro prato: sopa de verduras
– Segundo prato: raxo con queixo e patacas
– Sobremesa: biscoito de chocolate
6. Sinala tres factores polos que podemos afirmar que a lingua galega aínda non está plenamente normalizada en Galicia.
7. Engade o que se precisa para converter cada un destes suxeitos no tipo de oración que se che pide ao lado:
– O alumno de rastas de 4.º B F Predicativa intransitiva
– A leituga da miña horta F Predicativa transitiva
– O último disco de Sés F Copulativa
8. Constrúe dúas oracións con suxeito elidido e outras dúas sen suxeito.
9. Identifica os suxeitos destes enunciados e escribe por que unidades están formados en cada caso:
– A min non me gustan nada as motos.
– O que non saia a tempo da casa perde o autobús.
– Libro pechado non fai letrado.
– Nós iremos a Ferrol o mes que vén.
– Pepa e Xoana obtiveron as mellores cualificacións.
10. Desenvolve estas abreviaturas:
– abrev. F
– ppal. F
– adv. F
– port. F – coord. F
– subst. F
– dta. F
– tít. F
– esq. F
univ. F
11. Procura o significado destas siglas relacionadas co ensino:
CPI F
– ESA F
– CIUG F
– CEIP F
– PROA F
– USC F
– PMAR F
– FPB F
12. Analiza a estrutura interna do primeiro parágrafo do texto sobre o Prestige. Presenta os constituíntes habituais dun parágrafo estándar?
Vinte anos da catástrofe do Prestige
Recordamos o que sucedeu aquela fatídica tarde de novembro do 2002 e a concatenación de acontecementos que viñeron despois. Ademais, analizamos o seu impacto a día de hoxe desde varios ámbitos como o medioambiental, económico, laboral e tamén social, despois de que milleiros de voluntarios galegos pero tamén de fóra chegaran a Galicia para recoller chapapote nas praias, case sen medios, arrastrados polo movemento Nunca Máis.
As cifras foron demoledoras: máis de 30.000 mariñeiros afectados e unha perda económica duns 4.500 millóns de euros. O Prestige, un barco petroleiro monocasco de 240 metros de eslora con bandeira de Bahamas cargado con 77.000 toneladas de fuel, contaminou máis de 3.000 quilómetros de litoral en tres países: España, Portugal e Francia.
Iván Montáns, Radio Arousa, 13/11/2022
4 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 116 »
Reforzo
–
–
» Ampliación
1. Explica o que lles pasou a estes persoeiros da cultura galega cando estourou a Guerra Civil e chegou a ditadura: Alexandre Bóveda, Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ánxel Casal.
2. Cal é a diferenza entre «resistencia cultural» e «resistencia política»? Explica en que momento se produciu cada unha en Galicia e quen a protagonizou.
3. Poderían Luís Seoane e Eduardo Blanco Amor levar a cabo a súa obra en Galicia? Por que?
4. Redacta unha carta formal dirixida a un centro de ensino doutro país solicitando a posibilidade de facer un intercambio de estudos.
5. Explica o significado destes ditos nos que aparecen palabras relacionadas coa cociña:
Sempre mete a culler en todo.
– A este rapaz fáltalle unha cocedura.
– O frío de hoxe corta coma un coitelo. – Díxolle o pote ao caldeiro: arrédate alá, non me luxes.
– María ten a tixola polo rabo.
6. Analiza a estrutura interna deste parágrafo:
Unha conversa entre o asistente de voz de Apple, Siri, e unha rapaza galegofalante, Moraima, converteuse en viral nas redes sociais. Mentres Moraima tentaba estabelecer un diálogo con Siri no seu idioma, esta respondeu que non entendía e, finalmente, a nena decatouse de que a causa estaba en que a ferramenta tecnolóxica descoñecía o galego.
(...) A situación do galego nos catálogos das plataformas audiovisuais tamén afecta. Segundo os datos da Mesa pola Normalización Lingüística, dun total de 25.782 títulos de series ou películas dispoñibles en Netflix, HBO, Prime Video ou Disney+, só 25 —todas producións feitas na Galiza— están en galego. A posibilidade de dobraxe ou subtítulos en castelán é un feito para todos os títulos ofrecidos, evidenciando, unha vez máis, a desigualdade de dereitos lingüísticos entre as distintas linguas oficiais.
María Obelleiro, Nós Diario, 25/09/2021
8. Pode unha oración atributiva ter complemento directo? Razoa a resposta.
9. Identifica o suxeito e o predicado destes enunciados. Clasifícaos segundo a natureza do predicado e analiza o suxeito.
– Hai moitos coches no aparcadoiro.
– Meu tío de Muros é adestrador de ximnasia deportiva.
– A min non me gusta a comida rápida.
O can de Rubén está enfermo.
O can de Rubén corre pola eira coma un toliño.
– Camiño de Ponferrada nevounos moito na viaxe de volta.
10. Algunhas siglas de uso corrente están collidas do inglés. Investiga a orixe destas e tenta traducilas ao galego:
SOS ISBN
11. Á vista dos datos de uso e coñecemento da lingua galega que se amosan nesta unidade, completa estas dúas columnas referidas ao futuro da lingua:
7. Redacta ti dous parágrafos que sirvan de continuación e conclusión, respectivamente, ao texto da actividade anterior.
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 4 117
DATOS POSITIVOS DATOS NEGATIVOS
–
–
–
ISO SMS GPS
Emigrantes nunha data calquera
De alá saímos os senlleiros, os inadatados, os condanados inxustamente, os que procuran o pan, os xogadores, os perseguidos, os arrichados, tamén o xusto, o argalleiro, o luxurioso, o san, e as ponlas frorescentes dos linaxes abafados.
O vento empurrou as barcas dos emigrantes na mar cara estas grises lonxanas cibdades de engano feitas de presa, de aceiro, de cemento, sen ar, por almas lixadas de númaros, de ouro estrano, enxoitas polo despoxo i o constante trafegar.
Ergueitas pra vender e mercar por neicios homes adoecidos de operacións aritméticas, de crecidos tantos por centos, que viven e gouzan esquecidos dos escoloridos irmáns sen éisito nen fortuna. Dos agoirentos que soñan deslouvados, isolados polas rúas, amorridos,
vivendo antre tendas, máquinas, tráfego, descorados, húmidos de suor, envoltos polo fume do carbón das fábricas ergueitas polos homes de empresa, cugulados de mercadorías, que ergueron a estatua ao patrón no centro mesmo da cibdade pra exemplo de ousados.
Apiñoados polas rúas, nos suterráneos, da cor lourida dos ósos, amarelo máis ben das caaveiras, axúntanse uns cos outros, empezándose, por mor da puntualidade no emprego. Sempre ás carreiras nestas cibdades comerciaes, patrias da cubiza, sen amor.
Eiquí viñemos todos ó acaso, vivendo esgazados das costumes coñecidas, do acento común, da canción labrada polos avoengos i o tempo. Vivendo mudados nunha xeografía difrente, polos negocios, a corrución, que da terra de orixen farannos cicais pra sempre desleigados.
118 4 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30
Explica o significado destas expresións nas que aparecen ali-
Indica se as seguintes afirmacións sobre a situación sociolingüística actual en Galicia son verdadeiras ou falsas e corrixe estas
A capacidade oral en lingua galega mellorou fronte á escrita. O uso da lingua galega é uniforme nas diferentes comarcas
Nas últimas décadas aumentou o monolingüismo en castelán. As xeracións máis novas aprenderon o galego na escola, fron-
Procura os suxeitos das dúas primeiras estrofas. Atopaches alExplica o significado das cinco primeiras abreviaturas e siglas
119 PROBA DE AVALIACIÓN « 4
LITERATURA » Narrativa de posguerra. Novas voces na narrativa
LECTURA E COMUNICAMOS » «Os camiños da vida»
TIPOS DE TEXTOS » O teatro
OS NOMES DAS COUSAS » A xustiza
SOMOS LINGUA » A situación sociolingüística do Estado español
COÑECEMOS A LINGUA » Complemento directo, compl. indirecto e compl. axente
LETRAS E SIGNOS » Acrónimos e símbolos
5
• xxxx
» Narrativa de posguerra
Álvaro Cunqueiro: unha vida marcada pola literatura
Álvaro Cunqueiro naceu no ano 1911 en Mondoñedo, vila que tería unha grande importancia na súa obra. Estudou en Santiago de Compostela nos primeiros anos trinta, unha época na que a cidade tiña unha relevante vida artística e cultural. Foi daquela cando comezou o seu labor literario, plasmado en tres importantes libros de poesía: Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933).
Na Guerra Civil vivirá un tempo en Ortigueira, dedicado á docencia e ao xornalismo. Ao concluír o conflito bélico exercerá a práctica xornalística en Donosti e Madrid até que retorne, en 1947, á súa vila natal.
Cando se fundou a editorial Galaxia, Cunqueiro, animado polo seu amigo Fernández del Riego, comezou a escribir textos narrativos en galego. Froito desa actividade son Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956) e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961).
Nos anos sesenta instalouse en Vigo e traballou no xornal Faro de Vigo, do que chegou a ser director. Nesta etapa publicou outros tres libros de narracións breves, onde reúne retratos de personaxes reais e imaxinarios: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e acolá (1971) e Os outros feirantes (1979). Ademais, desenvolveu un amplo labor como conferenciante e articulista.
Finou en Vigo, no ano 1981. En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Os mundos narrativos de Cunqueiro
Nas novelas e relatos de Álvaro Cunqueiro atopamos unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. En cada un dos seus libros coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros que ben poderían pertencer á vida cotiá. O autor utiliza sempre técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos tirados da tradición oral popular. Isto, unido aos ambientes familiares en que se desenvolve a acción, provoca no lector unha viva aparencia de realidade.
Os personaxes das súas obras proceden, en moitos casos, de vellos mitos doutras culturas. Así, en Merlín e familia, o protagonista é o mago Merlín que acompañaba ao rei Artur nas súas aventuras lendarias, retirado agora en terras galegas, na compaña da raíña Xenebra, a viúva do rei Artur; en Se o vello Sinbad volvese ás illas o personaxe principal é o mesmo Sinbad de As mil e unha noites, quen, xa vello, rememora e conta as súas antigas aventuras.
A obra poética e teatral de Cunqueiro
Ademais dos poemarios xa citados, despois da guerra publicou Dona do corpo delgado (1950) e unha serie de poemas dispersos que reuniu en 1980 no que está considerado o seu mellor libro: Herba aquí ou acolá. Trátase dun volume onde, ademais de poemas baseados en mitos e personaxes literarios, atopamos outros nos cales aborda temas esenciais como o paso do tempo ou a presenza da morte. Tamén escribiu textos teatrais, ás veces integrados dentro das súas novelas. Salientan A noite vai coma un río e a revisión que fixo do mito de Hamlet en O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959).
O humor é outra das características esenciais da narrativa de Cunqueiro. Non só está presente nas súas novelas, senón tamén, de xeito especial, nos seus tres últimos libros de relatos breves, onde tenta ofrecer unha visión das crenzas e do xeito de entender o mundo que teñen as persoas do rural galego.
LITERATURA « 5 121
Ánxel Fole: perfil biográfico
Ánxel Fole naceu en Lugo en 1903. Aínda que fixo estudos de Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago, a súa vida estivo estreitamente ligada á súa cidade natal. Cando se iniciou a Guerra Civil, Ánxel Fole xa estaba introducido nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. A represión desatada tras a guerra fixo que marchase ás terras do Courel e do Incio, zonas montañosas e mal comunicadas do sur da provincia, nas cales permaneceu durante anos.
En 1953, Fole regresou a Lugo e comezou a traballar como periodista no xornal El Progreso, un posto dende o que desenvolveu un amplo labor cultural, paralelo ao seu traballo como narrador.
Finou no ano 1986. En 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
A obra narrativa de Fole
Os catro libros principais que publicou Ánxel Fole son volumes de contos. Os primeiros, Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955), están estreitamente relacionados: ambos os dous reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e recorren a unha estrutura narrativa semellante, como é a de recoller os relatos que varias persoas narran nunha das longas conversas ao redor da lareira ou dunha mesa, tan comúns no mundo rural galego da época.
Os libros da que se podería chamar segunda etapa do autor son Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981), ambientados xa no mundo urbano da cidade de Lugo, aínda que sigan estando presentes elementos do conto de medo e misterio que xa caracterizaban os títulos anteriores. Ao autor gustáballe xogar con tramas onde o misterio e a aventura teñen un papel sobranceiro; como contraste, atopamos tamén un certo ton de humor en todas as súas páxinas.
Nos seus libros emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o seu galego é o recollido entre as xentes das terras do Courel, con abundantes dialectalismos e barbarismos. Fole móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos. El mesmo se ten referido á súa preferencia por este modelo de narración popular fronte ao conto literario: «O conto é bo cando lido parece contado.»
» Novas voces na narrativa
A Nova Narrativa Galega
Foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970.
características da nova narrativa galega
• Estar protagonizado por autores e autoras novos e con formación universitaria.
• Rachar coas formas de narrar tradicionais (omnisciencia en terceira persoa) e optar por múltiples formas narrativas (a primeira persoa, a narración epistolar, a corrente de conciencia).
• Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta.
• Espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
• Rexeitar os argumentos convencionais e lóxicos, así como os personaxes tradicionais, dándolle entrada ao mundo dos soños.
• Concibir o ser humano como un obxecto máis, normalmente moi degradado.
• Renegar do enxebrismo, procurando a universalidade dos textos que escriben.
• Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
• Recibir influencias do Nouveau Roman francés e de escritores como Proust, Joyce, Faulkner, Kafka ou Camus, entre outros.
5 » LITERATURA 122
Os autores da Nova Narrativa
Nun primeiro momento, o autor máis destacado do movemento foi Gonzalo Rodríguez Mourullo, con dous libros que sinalaron o inicio desta corrente literaria: Nasce un árbore e Memorias de Tains. Logo virían nomes como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares ou María Xosé Queizán.
Camilo Gonsar é outro dos autores salientables da Nova Narrativa. Nas súas novelas crea un mundo moi persoal. Entre elas, salientan Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1962), Cara a Times Square (1980), A desfeita (1983) e A noite da aurora (2003).
Malia a brevidade da súa obra, tamén é relevante Xohán Casal, que finou en 1960, aos 24 anos. Os seus mellores relatos están recollidos no libro O camiño de abaixo (1970).
PRINCIPAIS AUTORES/AS E OBRAS DA NOVA NARRATIVA GALEGA
GONZALO RODRÍGUEZ MOURULLO Nasce un árbore (1954), Memorias de Tains (1956)
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964)
XOHÁN CASAL O camiño de abaixo (1970)
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN A orella no buraco (1965)
CAMILO GONSAR Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1962)
XOHANA TORRES Adiós, María (1971)
CARLOS CASARES Vento ferido (1967), Cambio en tres (1969)
Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé Luís Méndez Ferrín é unha figura clave para entender a narrativa e a poesía da segunda metade do século xx. Naceu en Vilanova dos Infantes (Ourense), en 1938. Estudou en Santiago e Madrid (alí sería un dos fundadores do grupo Brais Pinto).
Méndez Ferrín publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outras historias, cando só tiña vinte anos. Obras del que tamén se poden encadrar dentro da Nova Narrativa son O crepúsculo e as formigas e a novela Arrabaldo do norte. Logo, na década dos setenta, publicaría un relato breve cargado de simboloxía política, Retorno a Tagen Ata, outro libro de contos, Elipsis e outras sombras, e a novela Antón e os inocentes.
A partir de 1980, Ferrín publicou algunhas das súas mellores obras: Arraianos; Arnoia, Arnoia; Bretaña, Esmeraldina ou No ventre do silencio.
Na súa obra combínanse de xeito maxistral a dureza e o lirismo, podemos atopar temas moi diversos, dende relatos realistas até outros de misterio ou de terror, moitas veces tinxidos cun claro fondo político.
En paralelo coa narrativa, desenvolveu unha obra poética de temática comprometida e gran riqueza formal: Poesía enteira de Heriberto Bens, Con pólvora e magnolias, O fin dun canto, Estirpe, Era na selva de Esm e Contra Maquieiro.
En 1999 foi proposto ao Premio Nobel pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e dende 2010 a 2013 foi presidente da Real Academia Galega,
LITERATURA « 5 123
Xosé Neira Vilas
A pesar de non pertencer á Nova Narrativa, Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015) escribe neste período un verdadeiro éxito editorial nas nosas letras, Memorias dun neno labrego (1961), obra realista na que se viu reflectida toda unha xeración de nenos e nenas nacidos na ditadura. Continuou con esta tendencia en Cartas a Lelo (1971) e en Aqueles anos do Moncho (1977).
Carlos Casares
Carlos Casares naceu en Ourense en 1941. Estudou en Santiago, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro, que exerceu unha grande influencia sobre el. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Morreu en 2002.
Casares cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes técnicas vangardistas. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán
Todas as obras de Carlos Casares están moi traballadas tecnicamente, e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ao meirande número de lectores.
María Xosé Queizán
A Nova Narrativa significouse tamén pola incorporación de voces femininas. Os dous nomes máis salientables son os de Xohana Torres, autora da novela Adiós, María (1971) e, sobre todo, María Xosé Queizán.
Queizán naceu en Vigo en 1939. Dende moi nova estivo ligada aos movementos literarios e políticos da súa xeración. Ademais, é destacable o seu labor como teórica do movemento feminista.
A orella no buraco (1965) foi a súa primeira novela, marcada polas técnicas obxectalistas. Anos despois, dende unha perspectiva feminista, publicou Amantia, A semellanza, O segredo da Pedra Figueira, Amor de Tango e Ten o seu punto a fresca rosa, así como as máis actuais Meu pai vaite matar (2011), A boneca de Blanco Amor (2014) e Son noxento (2015). Non o abras como unha flor (1980-2004) reúne a súa obra poética até esa data. En 2007 publicou o poemario Cólera.
1. De que xeito consegue Cunqueiro a aparencia de realidade nos seus textos?
2. Pode considerarse Cunqueiro un dos máis importantes autores da nosa literatura no século xx? Por que?
3. Por que resultou novidosa a Nova Narrativa Galega?
4. En que ambiente se sitúan os personaxes da obra narrativa de Fole?
5. Que transfondo teñen as obras de Méndez Ferrín?
5 » LITERATURA 124
Viñan a cazar. Eran os catro máis novos da irmandade: Don José María, Don Fernando, Don Leoncio e don Álvaro. Todos catro eran moi risoños e dados á farra (…) Vindo iles, xolda segura.
Todos eran moi fortes. Tripaban monte todo o día, corceaban, galgaban sen se sentire cansos, ó recollerse á torre pola noitiña. Despois de cear, veña rexouba, contos e cántigas.
Traguían co iles un guía e dous rapaces con dous burros, onde viñan, ben gardadas nas alforxas, as municiós i as provisiós… Queixos, botellas de coñac, latas de conserva, café, azucre, chiculate. Viño, habíao na torre.
Somentes poideron cazar o primeiro día. Caíu unha gran nevarada. Era polos derradeiros días do castañal. Xa non poidemos bota-lo pé fóra da torre.
Había un silencio de vidro. As voces parecía que tiñan peso…
Tivemos que matar os primeiros años da tempada. Gracias a Dios, tiñamos boa lus de carburo. Non se sabe o que val a lus de carburo nistes sitios tan infres. Cáseque tanto coma o lume.
Ceabamos na cociña. Faguiamos unha gran fogueirada con gavelas de toxos, rachós de carballo e cozas. No cano da cheminea, aulaba o vento coma un lobo. Coas ventaladas viñan grandes folerpas. Probe de quen andivese pola serra!
Alí estaban, cos señoritos, Bastián de Quindós, o escribano de Rendar, o Carrozo… Veñan vasos, veñan cafeses, veñan copas (…)
O Carrozo era o que contaba os contos máis belidos, aínda que todos andivéramos á puxa. Cada noite contaba dous ou tres. Eu coido que os inventaba.
Ó día seguinte eu escribíaos nun cuaderno que tiña na lacena do comedor. ¿Que importa quen os contara? Cada un falaba según o xeito da súa terra.
As noites de inverno soio son boas pra os trasgos, pra as meigas, pra os lobos… E pra quen escoita contos de medo sentindo romba-lo vento.
Ánxel Fole, «Noites de inverno», Á lus do candil
Isto pasou fai por agora un ano no reame de Nápoles, nunha quinta que chaman Pratto Nuovo, e que é dunha nipota do Grande Inquisidor, e nesta historia vese que nin as grandezas cristiás se libran do maligno. Pariu esta señora nipota, que se chamaba donna Eleonora, un meniño, e fórono bañar naquela bañeira de cristal, que a estreaban tal día. E non ben botaron o picariño á auga, desfíxose nela coma se fora de sal ou de azucre. Todo foi un gran berro de pasmo na quinta, e ninguén daba creto ao conto, pro o feito era o feito, e o meniño desaparecera. Houbo que botar aquela auga no camposanto, e ao botellón en que ía fixéronlle un enterro a oito, con música, responsos floreados e o Grande Inquisidor de capa magna. Hai quince días pariu outra vez a nipota, e como ao neniño había que bañalo, volveron poñer a bañeira de cristal, que é unha obra antiga de moito apunte, na cámara da parida, e estaba o Grande Inquisidor presente, e tamén o exorcista de Palermo, que é quen lles quita o demo do corpo aos Borbóns de Nápoles cando fai falla, que é case sempre por anos bisestos, e xa ían bañar o cativo, cando se lle pasou á nai polo maxín que tiña o seu señor tío que benzoar a bañeira, e inda o Grande Inquisidor non dixera «In nomine Patris», xa se quebrara a bañeira en mil anacos, e saíra dela un grande cheiro a xofre, e o exorcista de Palermo co puño curvo do seu paraugas tivo tempo de coller polo pescozo ao demo que fuxía, pro este puido esgüírse e perderse pola cheminea. Sóubose que a bañeira fora mercada nunha abadía moi notada de monxas, que chaman Fossano, e que era a bañeira que tiñan as abadesas para bañarse por Pascua e por San Martiño, e as monxas por San Pedro, e que non era tal bañeira, senón un demo que se trocara nela por ver, ao seu tempo, ás señoras monxas en coiros.
ESCOLMA « 5 125
» Texto 1
Álvaro Cunqueiro, «A bañeira e o demo», Merlín e familia
» Texto 2
A caravana deixaba o seu roteiro cunha longa caula gris, suxa e, de tempo en tempo, un corpo morto. Un ceo opaco deitaba craridade morriñenta.
Estaban as trallas sobre mulas famentas, a mover as patas xeadas co aceno triste das pantasmas. Veleiquí que a caravana cantaba, que a caravana, sobre a neve, no camiño interminábel do desterro, cantaba: primeiro fora o laído dunha muller, segado por un salouco mollado, ostentosamente doído.
Cando findou o choro e comezou o canto? O lindeiro era borroso coma a brétema xeada que escorrega polo lombo da serra, rachando nas agullas de cuarzo. Cando findou a sublevación e comezou a fuxida? Cando findou a victoria e diu comezo a morte? O lindeiro é borroso, igoal que o da marea outa e a marea baixa, os carros carregados de mulleres, diñamente tráxicas, de nenos de ollos fríos e redondos, cheos ata o pasmo da imaxe da morte, renxían con persistencia ousesiva, perdéndose no largasío i estreito val o queixido dos chedeiros ao pé do queixido humán. Ninguén sabía a última razón da fuxida, da derrota. Fora todo tan súpeto! Pro Lao Rismy, o xefe, ben sabía e con craridade, o proceso lento da morte do seu pobo, da súa antiga nación. Dixéralle á súa muller unha noite:
—Sabes o que sería coutar o río Menk somentes con area? Un intre semellaría interrumpirse a corrente, i encoraría a iauga, e faríase unha fonda presa. Pro cedo, moi cedo, había amolecer a base mesma do muro e o Menk galloparía máis impetuoso que nunca o seu seco leito. Asín é o noso pobo, leva no seu celme a descomposición moi avanzada. Somos unha raza vella e feble, e un levantamento non faría máis que apresar o noso fin.
Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel deborco todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas; para dicir a verdade ou para arredarse dela. Na miña casa non me comprendían. E outro tanto acontéceme na do Landeiro. Eso é o peor que lle pode suceder a un, pero a moita xente non se lle dá.
Eu non sei se desvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que serven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro de que todo seguirá igual despois de que eu morra. Virá máis xente, e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.
Escribir nun caderno –quen o diría!–, é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo.
Aínda que se me ocorrese facer un libro, como fixo Smith, de pouco valería o que conte. Smith estivo na guerra, e eu son apenas «o neno», como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén.
5 » ESCOLMA 126
» Texto 3
Xosé Luís Méndez Ferrín, «O dique de area», Percival e outras historias
Xosé Neira Vilas, «Balbino», Memorias dun neno labrego
» Texto 4
Cal sería exactamente a orixe destes buracos? Un sobre todo, dun tamaño regular, ten unha forma oval perfecta e os contornos pulidos. Este concretamente pudo moi ben ser orixinado ao arrincarse un nó da madeira, que foi quizais arrincado por un neno xogando coas agullas de calcetar da súa nai, ou ben (todo pode ser), por un home que dormira aquí antes ca min e non tivera onde meter a orella. Si, as dúas hipóteses son factíbeis. Pero, e os outros buracos? Tiña que pescudar a súa orixe. Teño tempo e podo tomalo con calma analizando todas as posibilidades. Estou ledo de ter atopado algo en que pensar. Pero non poderei facelo nesta posición. Dóenme as costas, e os meus brazos cánsanse de soster a metade do meu corpo, que debe formar, visto por detrás, un ángulo obtuso coa outra metade. Cun impulso dos meus brazos e facendo un esforzo, podería conseguir que o ángulo chegara a ser recto, aínda que non é fácil. Agora lémbrome de que sendo eu neno, tiña un amigo, un neno deforme polo parálise infantil que gostaba de se entreter facendo buracos nun banco, o meu banco, mentres lle falaba. Foi o meu único amigo, o meu único confidente. Non voltei falar con ninguén. Pregúntome onde andará. Quizais foi el quen fixo estes buracos aínda que é pouco probábel. Rafa non tería nada que facer nesta vila tan lonxana. E eu? Que teño eu que facer nesta vila lonxana? O mesmo que en calquer vila non lonxana. O que importa non é a situación da vila, das vilas, senón a miña, e a miña situación nestes intres é decúbito prono sobre deste banco cuxa superficie destinguida, lañada, lascada, furada nambas extremidades por buracos de todos os tamaños cuxa orixen incerta, problemática, misteriosa, intento pescudar.
ESCOLMA « 5 127
» Texto 5
María Xosé Queizán, «Buracos», A orella no buraco
Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: «Vai». Eu non quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. «Vai», dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedaba lonxe. Algo así coma dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería do meu pai. Pensei: Escapo para a casa e xa está. Pero collín medo. Ademais facía calor e na casa no verán non se para coas moscas.
Cheguei ó chalet de don Domingo e berrei:
—Zalo…
Ladraron os cans. Agardei un pouco e volvín chamar:
—Zalo…
Cando apareceu, deseguida me din conta de que viña de durmir a sesta. Díxome. «Que pasa?». Eu díxenlle: O Rata agárdate no río. Cazou unha bolboreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá para a colección. O Zalo era tolo polas bolboretas. E o Rata, que cabrón, como lle sabía dar co gusto á xente.
—Onde está o Rata?
—No campo da bomba.
Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estaba no río, bañándose. Ó nos ver, saíu. Mirou ó Zalo con cara de atravesado e díxolle: «Ola, queres a bolboreta?». O Zalo volveuse cara a min como preguntando. A verdade, eu non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ó Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traizón. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio e chamoulle caguetas. «Non se chora», dixo. Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ó río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. «Veña». Díxenlle que non. «Mira Rafael que che tocou en sortes». Díxenlle que non. «Mira Rafael que te imos atar a ti». «Non». «Mira Rafael que non me enchas». «Mira, Rafael…».
Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai. Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe Deus. E deille no pescozo. Os outros berraron: «Máis». Trinquei os dentes e sentín que me baixaban as bágoas polos ollos e que non vía. E deille nas pernas, nos ombreiros, na cara, no peito. Sangraba e berraba. E os outros dicían máis. E eu non vía. E daba. E sentía o sol dentro da cabeza e os chiídos do Zalo que se me espetaban nos oídos. E daba. «Máis». Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba coma morto. Non falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín.
Eu non quería, digo a verdade. Díxenllo ó señor aquel, pero non me fixeron caso. Tamén lle dixen que fora por sortes, que me tocara a min. Pero non me escoitou. Faloume do inferno e entón calei.
5 » ESCOLMA 128
» Texto 6
Carlos Casares, «O xogo da guerra», Vento ferido
ESCOLMA « 5 129
5 » LECTURA 130
LECTURA « 5 131
5 » LECTURA 132
LECTURA « 5 133
Jacobo Fernández Serrano (1971), ademais de durmiñón, é comiqueiro, ilustrador, pintor e escritor. Un dos seus libros máis coñecidos é Mil cousas poden pasar, que gañou o Premio Merlín en 2009. Para os máis cativos escribiu A gardería de dona Bixelmina (2005) e A pedra e as formigas (2006). En cómic publicou As aventuras de Cacauequi (2007), Os amigos de Archimboldo Roque (2008), Lois Pereiro. Breve encontro (2011) e Marcopola, a illa remeira, serie da que xa leva escritos catro títulos: As orixes de Marcopola (2012), Os piratas da Lúa (2013), Dragoneta! (2014) e Avoa Power (2016).
» Comprensión lectora
1. Localiza estas palabras e expresións e explica o significado que teñen na banda deseñada que acabas de ler: saídas laborais, ópera, facerse cargo, inspiración, humanidades, fica, explotarnos, vocación e bolsas
2. Indica se os seguintes enunciados son verdadeiros ou falsos. Converte os falsos en verdadeiros.
– Os protagonistas desta banda deseñada están moi contentos por lle serviren a pizza.
– Un deles quere facer enxeñaría informática porque lle gusta moito a tecnoloxía.
– Todos pensan que o mellor é ir á universidade.
– Unha quere ser cantante de ópera. – Un deles quere ir estudar fóra para ter maior formación.
– Un deles quere facer o bacharelato en ciencias para estudar Historia.
– Queren que sexan parvos para poder explotalos mellor.
– Combinaron para ir unha semana despois ver unha exposición sobre o Reino de Galiza.
3. Que outro título lle porías a esta banda deseñada?
4. No texto desta banda deseñada hai elementos irónicos. Búscaos e explica por que son irónicos.
5. Explica o significado metafórico que ten a pizza nas viñetas iniciais da banda deseñada.
6. Cal cres que é o tema central de «Os camiños da vida»? Que outros temas secundarios se tratan?
7. Cal cres que é a vocación da rapaza que intervén na terceira, cuarta e quinta viñeta da última páxina? Por que?
8. Procura na banda deseñada cadansúa viñeta que se corresponda con estes tipos de planos:
plano xeral – plano enteiro
plano americano – plano medio
primeiro plano – plano de detalle
9. Na penúltima viñeta podemos ver unha perspectiva cun plano contrapicado. Que quere dicir isto? Procura algunha viñeta cun plano oposto ao anterior e explica en que consiste.
» Expresión oral
1. Que estudos queres facer para formarte e atopar traballo? Por que? Que máis alternativas barallas? Que saídas laborais ten?
• Razoa a túa resposta e expona na aula.
2. Preparade un breve guión dos seguintes temas e despois debatede na clase.
– Mellor formación na Universidade ou na Formación Profesional?
– Onde hai máis saídas laborais, cos estudos universitarios ou na formación profesional?
– Queres estudar o que che gusta ou o que che suxiren na casa?
Continuar parte dos estudos no estranxeiro ou non?
134 5 » COMUNICAMOS
–
–
–
–
– Continuar co negocio familiar ou non?
– Poden estudar todas as persoas que o desexen ou hai condicionantes económicos?
– Canta máis formación, menos explotación laboral?
Existe igualdade de soldos entre mulleres e homes? Que se che ocorre para cambiar a situación?
3. As onomatopeas son características da banda deseñada, como por exemplo snif, que quere imitar os choros e/ou os saloucos. Localiza nesta banda deseñada as restantes onomatopeas que haxa e explica verbalmente o seu significado.
• Fai o mesmo coas que aparecen a seguir:
– Bang!
– Tictac
– Crash!
Toc, toc
– Grrr!
» Expresión escrita
– Ai, ai…
– Hmm
– Ah! – Miau!
– Cri, cri, cri
1. Colle catro protagonistas do texto e describe o que fan seis anos despois. Debes ter en conta o explicado en unidades anteriores sobre a extensión do parágrafo, para construír un texto equilibrado; e sobre a extensión da oración, para lograr que a lectura e a interpretación do teu escrito resulten doadas.
2. Transforma a conversa da segunda plana deste cómic (páx. 131) nun diálogo en estilo indirecto.
3. Continúa a historia en catro viñetas. Conta o reencontro dos protagonistas cinco anos despois.
4. No texto aparece a palabra anaco (viñeta 5) que é sinónima de porción, pedazo, cacho, parte
• Tendo en conta o significado das seguintes palabras presentes na banda deseñada indica un sinónimo de cada unha:
– xuntas – obra – cruel – cheo – unirse
– présa – igual – lado – abondo – comedor
5. A palabra laborais forma o plural engadindo -is.
• Forma ti o plural das seguintes palabras:
papel
rol
civil
mel
control
cadril
docil
animal
mal
mil
xel
fiel
cruel
fráxil
ollomol
6. «O paraíso!» A palabra paraíso leva acento gráfico para marcar a existencia dun hiato.
• Acentúa as palabras seguintes segundo o precisen: saida, sua, miudo, laio, fluir, caida, remexida, circuito, sorria, esquio, duo, xuizo, moio, faisca, pais, recua, ai, nais.
Plural das palabras rematadas en -l
Os monosílabos rematados en -l engaden o morfema -es
– Nas palabras agudas de máis dunha sílaba, o -l do singular substitúese polo morfema -is.
– As palabras graves engaden -es.
– As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo fan o plural engadindo -es
As palabras que no seu interior teñen un i ou u tónicos precedidos ou seguidos doutra vogal levan acento para indicar que son hiatos e non ditongos.
135 COMUNICAMOS « 5
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
–
azul
–
Polo seu contido, as obras teatrais clasifícanse en tres xéneros básicos:
– Traxedia: acostuma estar protagonizada por personaxes de clases sociais elevadas e ten un final tráxico.
– Comedia: sen esixencias de clase para os protagonistas, o seu obxectivo fundamental é o humorismo.
– Drama: con personaxes do común e situacións tristes e desgrazadas que non chegan ao nivel da traxedia.
» O teatro
Cando nos achegamos ao teatro temos que ter en conta dúas realidades intimamente vencelladas con este xénero: o texto e a representación.
O proceso natural é que un texto teatral fose concibido para ser representado nun escenario e diante dun público, pero non sempre é así, xa que moitas obras na historia da nosa literatura dramática nunca foron levadas ás táboas. En canto á representación hai que ter en conta que son habituais as montaxes non baseadas en pezas de teatro; películas, textos poéticos, biografías, novelas… deron orixe a espectáculos teatrais. Como exemplo podemos mencionar as representacións de A Esmorga, O lapis do carpinteiro ou Memorias dun neno labrego, todas elas obras narrativas.
O texto teatral
Incluímos dentro do xénero teatral todas as obras escritas en base ao diálogo directo dunha serie de personaxes. Non intervén ningún narrador, aínda que quen escribe o texto adoita incluír anotacións que informan do vestiario, do decorado, da actitude e movementos dos personaxes, e de todo aquilo que considera relevante para unha mellor comprensión do argumento da obra. Estas anotacións que están máis próximas a unhas instrucións para a representación denomínanse didascalias, aínda que tamén existen outras meramente literarias que se afastan do carácter práctico que teñen as didascalias.
Ademais dos tres xéneros maiores, existen outros xéneros menores, como o entremés, o sainete, a farsa, a traxicomedia, o auto sacramental…
En canto á súa estrutura, unha obra teatral pode estar dividida en actos e estes, á súa vez, en escenas. Os diferentes actos márcanse por un cambio na acción, un novo decorado e, na representación, unha pausa coa baixada do pano. As escenas distínguense pola entrada ou saída do escenario dalgún personaxe.
A representación teatral
Para levar un texto teatral ao escenario é preciso un amplo equipo de profesionais, entre os que destaca a dirección, como responsable máximo da montaxe do espectáculo. Quen dirixe a obra decide unha maior ou menor fidelidade ao texto orixinal e ás súas didascalias. No caso de que a representación se afaste considerablemente do texto orixinal estaremos diante dunha «adaptación» deste. Ademais do traballo de dirección destacan profesionais que se encargan de:
• Vestiario: caracteriza os personaxes a través da súa vestimenta.
• Iluminación: coa luz, dirixe a atención do público cara a un lugar ou outro do escenario e crea os ambientes apropiados para o desenvolvemento da acción.
• Son: realiza acompañamentos musicais, coros…, e todo aquilo que ten que ver cos sons que o público escoita.
• Decorados: monta distintos elementos sobre o escenario para ambientar a obra.
5 » TIPOS DE TEXTOS 136
noa remexe amodo a queimada. Do peto da cazadora saca un caderno pequeno onde anota, de cando en vez, unha palabra, un verso, unha idea de como narrar o que está a acontecer aquela noite. De socato, o grande espello comeza a vibrar cada vez máis forte até estalar. noa xírase asustada e ve como do oco sae unha anciá desorientada, que semella desfalecer.
noa: Pásalle algo?
sombra-anciá: Onde estou?
noa: Na casa do cantil.
sombra-anciá: E ti quen es?
noa: Son Noa, unha rapaza da vila. Pero vostede non me coñece.
A anciá achégase cambaleando a noa que, instintivamente, se afasta.
sombra-anciá: Non me teñas medo.
noa: Está ben?
sombra-anciá: Estou un pouco desorientada (Observando a desorde do salón). Quen remexeu a casa? Fuches ti?
noa: Non, xa estaba así cando chegamos. É vostede a dona?
sombra-anciá: Son, construína á volta da emigración. Edificar unha casa neste promontorio para poder escoitar o mar era o soño da miña vida. Pasaron tantos anos desde entón…
noa: Semella abandonada.
sombra-anciá: Pois non o está, eu nunca me fun. Quizais a casa estea un pouco descoidada, estou soa e, coma todos os vellos, durmo moito. De feito, acabo de espertar dun sono longo e profundo.
noa: Sinto espertala, nós entramos nesta casa porque cremos que estaba abandonada. Pero non se preocupe que agora mesmo chamo as miñas amigas e xa nos imos.
sombra-anciá: Así que non estás soa…
noa: Non, viñeron comigo Xiana e Irene. Andan a enredar polo piso de arriba.
sombra-anciá: O resto da casa está así?
noa: Non o sei, eu non pasei do salón.
sombra-anciá: Teño que comprobalo.
noa: Podo axudala?
sombra-anciá: Para iso non me fas falla. (Dubidosa.) Podes facer algo por min, pero logo. Aínda temos toda a noite por diante.
A anciá diríxese amodiño cara a unha porta que leva ao interior da casa. De súpeto, vírase e mira de fite a noa, pregándolle.
sombra-anciá: Non te vaias, por favor. noa segue coa mirada a vella até que sae. En canto queda soa, dubida se o que viu foi real ou só unha visión. 3
Escóitanse os gritos das súas compañeiras.
xiana: Noooaaa! Noooaaa!
noa: Shisss, non berredes!
xiana: Que che pasa? Estás xorda ou que?
irene: Hai un cacho que estabamos chamando por ti. noa: Non vos oín.
irene: Estás branca! Viches un espírito?
noa: Case, apareceu a dona da casa. Estabamos erradas, non está abandonada.
xiana: Que dis! A dona desta cova está morta e enterrada.
noa: Non o está, Xiana. Estiven falando con ela agora mesmo.
xiana: (Estrañada) Estás de broma?
noa: Non. Estaba remexendo na queimada e, de súpeto, escoitei ruído de vidros escachados; mirei para o fondo do salón e apareceu unha vella a través do espello. Non vedes que estalou?
irene: Ese foi o estrondo que escoitamos, por iso pensabamos que che pasara algo.
xiana: (Desconfiada) E como era a vella?
noa: Tiña cabelo cano e graxento, e unha cara esbrancuxada coma a dunha defunta. Vestía uns farrapos negros que semellaban os restos dun vestido de pano. Desprendía un cheiro a mofo, como o dun lugar pechado con moita humidade, que botaba para atrás.
1. Explica e xustifica por que o texto anterior é un texto teatral.
2. Neste fragmento, aparecen ao comezo de cada parte os números 2 e 3. A que fan referencia?
3. Transfórmao nun texto narrativo e comenta os cambios.
4. As anotacións do framento anterior achéganse máis ás didascalias ou ás anotacions literarias? Xustifica a resposta.
5. En grupos creade unha nova escena que sirva de continuación a esta. Representádea diante do grupo.
TIPOS DE TEXTOS « 5 137
2
5 10 15 20 25 30 35 40 45 50 55 60 65 70
Carlos Labraña, Estrelecer (nun mundo onde as rapazas poidan ser libres)
» A xustiza
1. SOLTAMOS A LINGUA
• A deusa da xustiza represéntase cunha balanza na man e cos ollos vendados. Debatede na clase sobre o significado destes dous símbolos.
• «O poder xudicial é independente, imparcial, transparente e igualitario.» Coñecedes o significado destes catro adxectivos. Se non é así, buscádeos no dicionario. Parécevos que se cumpren na nosa sociedade estas catro condicións?
• As leis elabóranas os deputados e senadores e os xuíces son os encargados de aplicalas. Tendo isto en conta, que pensas que quere dicir a expresión «A xustiza emana do pobo»?
• Debatede, por último, sobre a importancia da figura do árbitro, por exemplo nos deportes, comparándoa coa figura do xuíz.
2. Tendo en conta as definicións das figuras principais que participan nun xuízo, identifica quen é quen na imaxe seguinte.
1 Xuíz/a: xulga e fai executar o xulgado.
2 Maxistrados/as: varios xuíces que forman parte dun tribunal colexiado e toman as decisións en común.
3 Fiscal: defende a legalidade en nome da sociedade.
4 Avogado/a defensor/a: defende o seu cliente.
5 Testemuña: alguén que ten información sobre o asunto que se está a xulgar.
6 Perito: testemuña especializada.
7 Xurado popular: tribunal formado por nove cidadáns.
8 Acusado/a: persoa que é xulgada.
5 » OS NOMES DAS COUSAS 138
3. Define coas túas palabras os termos da marxe extraídos do seguinte texto xurídico e posteriormente comproba os significados no dicionario.
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN ÚNICO DA FONSAGRADA
Procedemento: xuízo ordinario 999/2009
Sobre: declaración de testemuña
De: Sara Sueiro Lamela
Procurador: Afonso Real Souto
Contra: Manuel Tenreiro Viñas
Procuradora: María Ramirás Conde
CÉDULA DE CITACIÓN
Tribunal que ordena citar: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada.
Asunto: o indicado arriba.
Persoa que se cita: Mario Areas Couto.
Obxecto da citación: declarar sobre os feitos controvertidos do xuízo, en concepto de testemuña, proposta pola parte demandante.
Lugar onde debe comparecer: na sede deste xulgado. Día e hora en que debe comparecer: o día 23 de febreiro de 2012, ás 10.00 h.
Prevencións legais
1 As testemuñas teñen o deber de comparecer no xuízo ou vista para o que foron citadas (artigo 292.1 da Lei 1/2000 de axuizamento civil –LAC–).
2 A infracción deste deber será sancionada, logo de audiencia, cunha multa de 180,00 a 600,00 € (artigo 292.1 da LAC).
3 Por ser esta a segunda citación, apercibímolo de que, se non comparece, se procederá contra vostede polo delito de desobediencia á autoridade (artigo 292.2 da LAC).
A Fonsagrada, 15 de febreiro de 2012
4. Completa os seguintes enunciados coas palabras adecuadas da marxe.
– O tribunal decidiu o caso por falta de probas.
– O xurado popular a meu irmán dos cargos imputados contra el.
– Segundo o expediente de , teñen que abandonar a casa nun prazo de dúas semanas.
– O avogado a sentenza por considerala inxusta para o seu defendido.
– Unha das primeiras accións do goberno entrante foi o decreto aprobado polo goberno anterior.
– O xuíz foi acusado dun delito de por aceptar agasallos dos implicados nun procedemento xudicial.
– Foi condenado a dous anos de cárcere e a pagar as do xuízo.
– Os inmobles embargados son vendidos despois nunha pública.
– As testemuñas tiveron que someterse a un porque os seus resultaron contraditorios.
5. Algúns termos teñen un significado na lingua común e outro ben distinto na linguaxe xurídica, polo que poden levar a confusión se os atopamos nun documento legal. Indica o significado común e o xurídico destas palabras:
OS NOMES DAS COUSAS « 5 139
actor auto faltas instrución pena
parte demandante
sancionada
cédula
procedemento apercibir infracción
audiencia
vista
procuradora comparecer suborno recorrer derrogar testemuño exculpar sobreser custas desafiuzamento acareo poxa
Na páxina de RTVE á carta podedes ver o documental titulado Don de lenguas, no que se amosan as diferentes maneiras de falar en España.
» A situación sociolingüística do Estado español
España é un estado plurilingüe, no que se falan sete linguas autóctonas: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés.
Tal como se recolle no artigo terceiro da Constitución española, este plurilingüismo conta con recoñecemento oficial, aínda que o tratamento das distintas linguas resulta moi desigual.
A única lingua oficial en todo o Estado é o castelán. As demais poden ser cooficiais ou non, dependendo do que establezan as comunidades autónomas onde se falen. Atopamos así situacións moi diversas. Incluso unha mesma lingua pode ser cooficial nunha comunidade e noutra non. Ademais das diferenzas a nivel legal, tamén varía moito a súa vitalidade lingüística.
Éuscaro
En España é cooficial nas dúas comunidades nas que se fala, Euskadi e Navarra, onde conta con máis de 500.000 falantes. Fálase tamén en Francia, no País Vasco francés (Iparralde), pero aquí, en cambio, non goza de recoñecemento oficial e os seus falantes non chegan aos 100.000.
Segundo o catálogo Ethnologue, a cantidade total de falantes de lingua catalá supera os nove millóns de persoas.
En Euskadi, o coñecemento e o uso do éuscaro aumentaron nas últimas xeracións, grazas a unha política lingüística activa e decidida na súa defensa e promoción. Neste caso, a mellora da competencia constituía un reto importante, xa que, fronte ao que ocorre coas outras linguas de España, esta non forma parte da familia románica e, por conseguinte, é moi diferente de todas elas.
En Navarra, en contraste, o avance do éuscaro é moito menor, debido a que a política de promoción é posterior no tempo e moito menos intensa que na comunidade autónoma vasca.
Catalán
En España é cooficial en Cataluña, Illas Baleares e Valencia (nesta coa denominación de valenciano). Fálase tamén en zonas limítrofes coas anteriores, aínda que nestas non goza de status legal: no leste de Aragón (zona coñecida como Franja del Ponent) e, en menor medida, en Murcia. Fóra do Estado español, tamén se fala catalán:
• No Principado de Andorra, onde é a única lingua oficial.
• Na cidade sarda de Alguer, onde comparte cooficialidade co italiano e o sardo.
• No Rosellón francés, onde non conta con recoñecemento oficial.
Guadi Galego publicou Immersion, un traballo no que reinterpreta temas dos seus tres discos anteriores cantados en sete linguas peninsulares: galego, catalá, castelán, asturianu, aranés, éuscaro e portugués.
En Cataluña tivo lugar unha importante recuperación do catalán no período democrático en todas as funcións sociais, grazas a unha activa política lingüística. Unha das medidas de normalización máis importantes levadas a cabo consiste en impartir no ensino non universitario todas as materias en catalán, agás Lingua e Literatura Castelá, sistema coñecido como «inmersión lingüística» para o alumnado que procede de familias castelanfalantes.
5 » SOMOS LINGUA 140
Asturleonés
Fálase en Asturias, León e Zamora, onde se establece que será obxecto de protección e promoción, pero sen outorgarlle status de cooficialidade. Só goza de recoñecemento oficial, dende 1999, en Miranda do Douro (Portugal). Así, en España, a súa situación é moi precaria, pois perde falantes progresivamente. As cifras son dispares porque non existen censos fiables: para Asturias os datos oscilan entre os cen mil e catrocentos cincuenta mil falantes.
Aragonés
É falado no norte da provincia de Huesca por unhas quince mil persoas. No Estatuto de Aragón non se fala de cooficialidade, senón de «protección». Atópase en franca regresión, pois só se conserva como lingua familiar e coloquial, sobre todo nos vales pirenaicos.
Aranés
É unha variante do occitano, falada no Val d’Arán (norte da provincia de Lleida), onde é lingua cooficial, xunto co catalán e o castelán. Ademais, tamén, é oficial en toda Cataluña. Está integrado no sistema educativo e goza de gran vitalidade, moita máis que o occitano en Francia, sen recoñecemento legal e cunha situación moi precaria.
Grafico 1: Poboación de 15 anos que ten o catalán como lingua inicial, de identificación e habitual. Cataluña 2003-2018
1. Analiza os gráficos 1 e 2.
• Como é o signo da evolución do catalán en Cataluña e Valencia nos últimos anos, positivo ou negativo?
• En cal das dúas comunidades esta tendencia resulta máis acentuada?
2. Que linguas de España non son cooficiais en ningún dos territorios nos que se falan?
• Que lingua goza de cooficialidade en todos os seus territorios?
• En cantos estados distintos se fala catalán?
• Cal é o territorio oficialmente trilingüe do Estado español?
Grafico 2: Evolución lingüística nas zonas consideradas historicamente valencianofalantes (Lingua que fala na casa)
3. É España un estado plurilingüe real e oficialmente? E Francia? Xustifica a resposta.
4. Debatede sobre a importancia do recoñecemento legal e o apoio institucional para a vitalidade das linguas minorizadas e/ou minoritarias.
5. Une cada palabra en galego coa correspondente en catalán e éuscaro.
SOMOS LINGUA « 5 141
escola libro amigo vacacións grazas amic vacances gràcies llibre escola oporrak eskerrik asko eskola adiskide liburu
En ocasións, o compl. directo pode ir introducido pola preposición en: Coller nos figos F Collelos
» O complemento directo
O complemento directo é o elemento sobre o que recae inmediatamente a acción dos verbos transitivos. Normalmente non leva preposición, aínda que en ocasións pode ir introducido pola preposición a.
As unidades que funcionan como complemento directo son:
Identificación do CD
O CD identifícase porque en terceira persoa pode ser substituído polo pronome átono o, a, os, as ou polos seus alomorfos no, na, nos, nas, lo, la, los, las:
Fago a cama F Fágoa
Escoitei os rapaces F Escoiteinos
• Substantivo, frase nominal e frase substantiva: Pola tarde escoitei música; Pola tarde escoitei aquela canción; Pola tarde escoitei música clásica.
• Frase preposicional: Vimos a Manuel no supermercado.
• Pronome persoal átono: Vímolo no supermercado.
• Cláusula: Vimos que estaba no supermercado; Quero estudar Medicina.
Nas construcións reflexivas o pronome se funciona como complemento directo:
– Helena lavouse
– Helena lavou a cara
Non sería correcta a expresión *Helena lavouse a cara, xa que nunha mesma cláusula non se admiten dous complementos directos.
» O complemento indirecto
O complemento indirecto indica o beneficiario ou destinatario indirecto da acción sinalada polo verbo.
Identificación do CI
Para identificar o CI debemos comprobar que pode ser substituído polos pronomes lle ou lles:
Pedín os apuntamentos a Laura F Pedinlle os apuntamentos
A función de complemento indirecto pode ser desempeñada por:
• Pronome: Mercouche un agasallo de Nadal.
• Frase preposicional: Pregúntallo a el; Estalle permitido entrar a calquera persoa.
5 » COÑECEMOS A LINGUA 142
» O complemento axente
Para comprender a función de complemento axente é preciso diferenciar a construción activa da construción pasiva:
Construción activa: Meus pais construíron esta casa
Construción pasiva: Esta casa foi construída por meus pais
O complemento axente é por meus pais, xa que é o suxeito da construción activa.
O complemento axente é unha función que só se pode dar nas construcións pasivas e indica quen realiza a acción designada polo predicado aínda sen ser o suxeito.
1. Busca os complementos directos deste poema e substitúeos polos pronomes átonos correspondentes. Despois indica que tipo de unidade desempeña esa función en cada caso.
2. Indica os complementos indirectos que aparecen no poema anterior.
• Que unidade desempeña esa función en cada caso?
3. Di cales dos constituíntes subliñados nestes enunciados son complemento directo e cales complemento indirecto. Xustifica a túa resposta.
– Hoxe tócame a min facer a exposición oral na clase.
– Cando fales con el, dille a Roi que non podo ir á biblioteca
Pedinlle a teu irmán, durante o recreo, os libros de lectura para este trimestre.
– Dálle os cartos da excursión ao teu titor.
– Tróuxenlle a miña avoa uns libros para pasarmos a tarde.
4. Converte as seguintes estruturas activas en pasivas e indica en cada caso cal é o suxeito e cal é o complemento axente:
A policía capturou a banda de estafadores.
– Túa irmá fixo caldo de nabizas para xantar.
– O can rompeu o coxín do sofá.
– Os técnicos colocaron a fibra óptica en todo o edificio.
A profesora de Lingua trouxo froita de tempada para comer no recreo.
O suxeito da activa convértese en complemento axente na pasiva. O complemento directo da activa convértese no suxeito da pasiva.
Monólogo do vello traballador
Agora tomo o sol. Pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados, pasou a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta, eu, á súa, estou vello. Ben pensado, o patrón todo mo debe. Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra
COÑECEMOS A LINGUA « 5 143
–
–
–
Os símbolos non se escriben con punto (por exemplo, o símbolo de quilogramo é kg e non kg.).
» Acrónimos e símbolos
Acrónimos
Os acrónimos están formados polas iniciais e outras letras de varias palabras.
• Os acrónimos toman máis letras ca as iniciais: bit (binary digit).
• Escribiranse en maiúscula ou coa inicial en maiúscula, segundo os casos: Igape (Instituto Galego de Promoción Económica); Renfe (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois).
• Forman o plural como calquera outro nome: bits, radares, moteis.
• Adoptan o xénero da primeira palabra que entra en formación: a sida (a síndrome de inmunodeficiencia adquirida).
Símbolos
Os símbolos son abreviacións de carácter universal que se usan na ciencia e na técnica. Están formados por unha ou máis letras que poden ter distinta orixe.
• Existen símbolos para representar as unidades de peso e medida reguladas polo Sistema Internacional de Unidades: m (metro), l (litro), kg (quilogramo), min (minuto).
• Tamén hai un símbolo para cada elemento químico: Cl (cloro), Fe (ferro).
• Os puntos cardinais (norte, sur, leste e oeste) tamén contan con cadanseu símbolo: N, S, L ou E, O ou W.
• Algunhas moedas, como o euro, o dólar ou a libra, contan cun símbolo que as representa: €, $, £.
5 » LETRAS E SIGNOS 144
1. Busca acrónimos e siglas no seguinte texto e desenvolve os seus significados.
Chegamos á estación de Renfe ás seis e media da mañá, con tempo suficiente para facturar as maletas, xa que até as oito en punto non sairía o AVE que debiamos coller. Para ser tan cedo, había moito movemento na estación. Estivemos falando cun grupo de estudantes galegos da ESO que volvían dunha excursión organizada polos representantes da ANPA do seu instituto; un dos rapaces estaba moi triste porque esquecera os agasallos que mercara no motel onde pasaran a última noite.
Sempre que estabamos fóra de Galicia mercabamos un cupón da Once, así que aproveitamos que un vendedor se nos achegou para coller o noso número preferido: 01997, o ano en que ambos os dous naceramos.
2. Desenvolve os seguintes acrónimos. No caso de non coñeceres o seu significado, podes consultar Internet ou un dicionario etimolóxico.
3. Converte en símbolos todas as palabras que poidas deste texto:
Nesta fin de semana, a cantidade de auga que caeu sobre a cidade de Pontevedra fixo que moitas rúas quedaran cubertas pola auga. Os Bombeiros de Pontevedra informaron que as maiores incidencias rexistráronse ao redor das 7.30 horas da mañá deste sábado coincidindo cunha forte tromba de auga, ventos cunha forza de 100 quilómetros por hora e da caída de varios raios. As perdas materiais poderían superar os tres millóns de euros. Os técnicos de Meteogalicia informan que o tempo estará marcado pola inestabilidade e as fortes choivas seguirán. Nas últimas nove horas e ata as oito da mañá deste sábado a acumulación de choivas superou os 110 litros por metro cadrado na cidade de Pontevedra. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta laranxa na provincia de Pontevedra por choivas intensas que poderían deixar acumulacións de 80 litros por metro cadrado en 12 horas. O aviso prolongarase ata as 12:00 horas deste sábado.
pontevedraviva.com (adapt.)
LETRAS E SIGNOS « 5 145
– Sergas – Inem – Adega – Imserso –
–
– sónar – módem – COGAMI – Euríbor – peme – Aemet
motel
radar
5 10
5 10 15
Reforzo
1. Completa a seguinte táboa:
AUTORES PRINCIPAIS OBRAS CARACTERÍSTICAS
2. Elabora cinco enunciados que sirvan para caracterizar a Nova Narrativa Galega.
3. Une cada obra co seu autor ou autora:
Adiós, María X. L. Méndez Ferrín
Vento ferido María Xosé Queizán
Nasce un árbore Xohana Torres
A orella no buraco Carlos Casares
Sala de estar dun piso modesto. Desorde. Luísa dálle o biberón a Uxía no sofá.
4. Cales son os principais xéneros teatrais? Caracteriza brevemente cada un deles.
5. Quen intervén nunha representación teatral? Explica en que consiste o traballo de cada un dos mencionados.
6. Une cada palabra coa súa definición
perito defende o seu cliente acusado/a defende a legalidade representando a sociedade
fiscal testemuña especializada avogado alguén que ten información sobre o que se está xulgando testemuña persoa que é xulgada
7. Escribe cadanseu enunciado con estas palabras:
O crepúsculo e as formigas Gonzalo Rguez. Mourullo perito xurado
fiscal testemuña desafiuzamento suborno
8. Le o seguinte fragmento e responde:
• Por que o texto seguinte é un fragmento dunha obra de teatro?
• Que personaxes participan?
• Que nome reciben os anacos que están escritos con letra cursiva? Que función teñen na peza teatral?
LUÍSA: Veña, un pouquichiño máis, corazón. (A cativa protesta) Non, nada diso. Case non comiches. Anda, faino pola mamá. (Uxía protesta de novo. Luísa sácalle o biberón á cativa e límpalle a boca) Escoita, tes que comer, Uxía. Tes que comer para medrar moito e poñerte moi guapa. Veña. Xa sei que a teta era mellor, pero a mamá non ten leite. A ver… (Mételle de novo o biberón na boca) Iso é, agora tes que chuchar, oíches? Se non, non vale de nada, ruliña. (Impacientándose) Veña, non estás chuchando. (Uxía láiase, pero Luísa non lle separa o biberón da boca) Non, xa non me fai graza. Tes que comer, aínda que sexa un pouquichiño de nada. Se non… (Finalmente a nena bótase a chorar. Luísa quítalle o biberón con brusquidade) Vale, está ben, se non queres comer, non comas. (Luísa ponse de pé) Que xa está, pero para de chorar! (Soa o timbre da porta. Uxía chora a pleno pulmón) Xa vou!
Luísa sae, co bebé no colo. Ao pouco, regresa acompañada por Andrés.
LUÍSA: Pasa (Intentando acougar a cativa) Ala, veña, xa foi…
ANDRÉS: Ten bos pulmóns.
Raúl Dans, Chegamos despois a unha terra gris
9. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas, e corrixe estas últimas para convertelas en verdadeiras:
– O catalán é a única lingua oficial de Andorra.
O éuscaro ten a mesma protección en todos os territorios nos que se fala.
– O asturleonés e o aragonés gozan da mesma protección legal que o resto de linguas do estado.
O catalán ten comunidades de falantes en catro Estados de Europa: España, Andorra, Francia e Italia.
10. Identifica os complementos directos, indirectos e axentes destes enunciados. En cada caso indica que unidades os forman:
– Cuarto A tivo un bonito detalle co compañeiro enfermo.
– Os avós sempre lle mercan roupa de marca a Paula.
– A min as carreiras de coches non che me gustan nadiña.
5 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 146 »
5 10 15 20
Álvaro
Áxel Fole
Cunqueiro
–
–
» Ampliación
1. Por que moitas obras de Xosé Neira Vilas foron lidas por un público infantil cando non foran escritas directamente para este lectorado?
2. Que queremos dicir con esta afirmación aplicada á narrativa de Álvaro Cunqueiro?: «Provoca no lector unha viva aparencia de realidade.»
3. Explica, nun escrito de 10 liñas, cal é a relación que hai entre texto e representación teatral.
axentes, se os houber.
Cheguei á miña casa cando xa deran as dez da noite, pois o avión de París sufriu unha demora considerable en Barajas e o tráfico desde o aeroporto era anormalmente intenso. Christine agardábame de pé, pero Claire e Pauline xa se deitaran; ao día seguinte tiñan clase e o autobús pasaba a recollelas moi cedo. Deixáranme unha tarxeta moi simpática pegada na neveira, dándome a benvida e prohibíndome que collese ningún avión máis no que quedaba de curso. Co canso que me encontraba nese momento, era unha bendición poder cumprirlles aquel desexo.
Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa
8. Localiza os complementos directos e indirectos presentes neste texto e analízaos:
9. Desenvolve o significado dos seguintes acrónimos:
4. Á vista dos datos sobre as diferentes linguas do Estado achegados nas páxinas 140 e 141, cales se atopan en mellor situación de cara ao futuro? E cales están peor? Por que?
5. De que xeito inflúe a política lingüística desenvolvida nun territorio á hora de manter a vitalidade das linguas que nel se falan? Razoa a resposta acudindo aos datos que se achegan nesta unidade.
6. Un enunciado que teña complemento axente pode ter tamén complemento directo? E indirecto? Razoa a resposta con algún exemplo.
7. Transforma en pasivas todos os enunciados que poidas do texto anterior e sinala os seus suxeitos pacientes e complementos
– Galeusca
– motel – bit
– Benelux – Microsoft – Internet
10. Clasifica os seguintes elementos segundo sexan acrónimos ou símbolos e despois desenvólveos para coñecermos o seu significado:
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 5 147
5 10
–
– TIC – l – IGAPE – kg – ADN – min – Adena – Cl – Fe – ONU – sida – láser – AENOR – cm – RAG
m
Coma lobos
Agora pasóu xa e non hai paragüeiro que o arranxe i é millor calar por si acaso, por si volven e te untan e che dín veña vostede connosco, que cho poden decir, e te levan, que te poden levar e métente alí naquil cuartiño e pregúntanche ¿ónde estaba vostede o sábado ás dúas da mañá?, eso por che preguntar algo, e ti non sabes qué decir e sóltanche un viaxe i aguantas porque inda que non queiras, aguantas, Eduardo, aguantas ou te perdes, aguantas como aguantan todos, anque despois os amigos che digan que ti non tes o que ten que ter un home porque si mo fan a min mórdolles o corazón, que todo o mundo é moi valente, todo o mundo, pero xa se víu que cando entraron na taberna e preguntaron polo Roxo, ninguén se atrevéu a defendelo i eso que todos eran amigos dil, pero cando lle dixeron Roxo, veña vostede connosco, ninguén protestóu. I agora o Roxo está podrecendo i o mal foi dil que morréu por se meter onde non debía, que o tiñamos ben avisado, que lle tiñamos ben dito mira, Roxo, que vas acabar mal, mira que vas por mal camiño, pero il era testarudo e non fixo caso, porque volta que todos os homes somos iguales e que temos dereitos, home sí, eso sabémolo todos, me cago na puta, tamén o sei eu, pero non se pode falar, que non, home, que non se pode i hai que aguantar e deixar os dereitos i as valentías a unha beira e si mexan por ti, deixa que mexen, que pró que han levar... E de nada che val que vaias alí e lle digas aiquí estóu eu que son irmau do Roxo e veño a lles preguntar qué fixeron do meu irmau, que lle como o
figado ó desgraciado que fose, que non che val de nada e vanche decir que eles non saben, que alá o xuez i ó millor cóllente e mañá apareces ti tamén tirado nunha cuneta. I ó que te azuce e che diga que non eres home, que non eres merecente de ser irmau do Roxo, dille que cale, que a vida é así i o que manda, manda i o que non, non manda nada, dígocho eu, Eduardo, dígoche de corazón que a ti non te nomearon pra nada, pra nada, Eduardo, pra nada, porque o meu fillo é testigo de que soilo lle dixeron ten que vir connosco pra arranxar un asunto i o teu irmau díxolles que non iba, que il estaba bebendo e que non tiña ningún asunto que arranxar fóra de alí i entón iles sacaron as pistolas e xa non falaron máis i o Roxo miróu prós compañeiros e preguntóulles ¿e que xa non hai homes? e iles calaron coma mortos pois outra cousa non se podía facer si non querían morrer todos alí e naquil intre chegou a Sara e díxolles ¿ónde levan ó meu home?, pero non lle contestaron nada, que eu penso que iles iban cocidos, que o Roxo era moito home e tiñan medo de que se lles repuxera. Mandárono subir á camioneta blanca e marcharon con il cara ao monte do Sarnadoiro. O demáis xa o sabes ti. Aparecéu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasóu. I é millor calar. Tamén calóu o médico cando lle levaron ó fillo. Sonche cousas da vida e dos homes, que somos lobos unhos prós outros, coma lobos, Eduardo, dígocho eu, coma lobos.
148 5 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30 35 40 45 50
Carlos Casares, Vento ferido
1. Responde as seguintes preguntas sobre o texto de Carlos Casares:
• Que tipo de narrador aparece no texto?
• A quen se dirixe?
• Indica os personaxes principais e secundarios.
• En que época da historia de Galicia se sitúa?
2. Explica nunha ou dúas liñas o tema do que trata.
• Fai un resumo dos acontecementos que se narran presentados en orde cronolóxica.
• Que características presenta o texto que o converten nun dos claros exemplos da Nova Narrativa Galega. Repara tanto na forma como no contido.
3. Explica coas túas palabras o significado das seguintes expresións do texto:
• Non hai paragüeiro que o arranxe (l. 1).
• Sóltanche un viaxe (l. 5-6).
• Non tes o que ten que ter un home (l. 10).
• Si mexan por ti, deixa que mexen (l. 19-20).
• Somos lobos unhos prós outros (l. 46).
4. Que connotacións ten a denominación de «Roxo»?
5. Recrea a escena do bar, cando van polo Roxo, nun texto teatral. Ademais dos diálogos, inclúe tamén anotacións.
• Que tipo de información práctica (didascalias) se proporciona nestas anotacións?
6. Localiza no texto dúas palabras pertencentes ao léxico da xustiza. Indica cales son os termos correspondentes no estándar e explica por que nesta época non se usan estes.
• Engade tres termos máis do léxico xurídico e constrúe un enunciado con cada un dos termos, nos que quede claro o seu significado.
7. «Todos os homes somos iguales e que temos dereitos» (l. 20-21)
• A que características da xustiza fai referencia esta afirmación?
• Porén, máis adiante o narrador recomenda: «hai que aguantar e deixar os dereitos i as valentías a unha beira» (l. 23-24). Pon en relación ambas afirmacións con diferentes formas de goberno.
8. Cal era a situación das linguas diferentes do castelán na época do texto fronte á actualidade?
• Cales acadaron no período democrático o status de oficiais? Fixérono en todos os territorios onde se falan?
• A que se deben estas diferenzas de recoñecemento legal entre as distintas linguas de España?
• Cal das linguas oficiais diferentes do castelán ten maior extensión cuantitativa, canto á porcentaxe de falantes?
9. Localiza todos os pronomes átonos do primeiro enunciado do texto (ata o primeiro punto).
• Indica a función sintáctica que desempeñan. No caso dos que funcionen como CI (complemento indirecto), localiza o complemento directo.
• Hai algúns casos de contraccións pronominais? Cales?
10. Nos seguintes enunciados extraídos do texto, sinala o complemento directo.
• Que tipo de unidade que desempeña esta función en cada caso?
• Leva a cabo a substitución pronominal (realiza as contraccións con outros pronomes sempre que sexa necesario).
– Veño a lles preguntar qué fixeron do meu irmau (l. 26-27).
– Que lle como o figado ó desgraciado que fose (l. 27-28).
Non tiña ningún asunto que arranxar fóra de alí (l. 38-39).
– Entón iles sacaron as pistolas e xa non falaron máis (l. 39-40).
– Tamén calóu o médico cando lle levaron ó fillo (l. 49-50).
11. No relato elúdese nomear os culpables do que lle pasou ó Roxo, o que provoca unha gran cantidade de verbos con suxeito elíptico xa desde as primeiras liñas: «por si volven e te untan…, e te levan que te poden levar e métente alí naquil cuartiño…». Outros exemplos son:
– «ó millor cóllente e mañá apareces ti tamén tirado nunha cuneta»
– «que a ti non te nomearon pra nada»
• Reconstrúe estes enunciados facendo explícito o suxeito e despois convérteos en pasiva, nunha estratexia de destacar, precisamente, o axente dos feitos.
12. O texto está acentuado segundo unhas regras de acentuación diferentes ás actuais. Explica por que hoxe en día os seguintes grupos de palabras non deben levar acento gráfico e que regra se aplicaba para acentualas naquela época:
• pasóu (l. 1), atrevéu (l. 13), protestóu (l. 15), morréu (l. 16), estóu (l. 26), miróu (l. 40), demáis (l. 48), aparecéu (l. 48).
• ónde (l. 5 e l. 44), qué decir (l. 6).
• sí (l. 21).
13. Localiza tres exemplos de dialectalismos e indica a que bloque dialectal pertencen.
149 PROBA DE AVALIACIÓN « 5
–
LITERATURA » COMUNICAMOS »
TIPOS DE TEXTOS »
OS NOMES DAS COUSAS »
SOMOS LINGUA »
COÑECEMOS A LINGUA »
LETRAS E SIGNOS »
6
• xxxx
» A poesía galega durante a ditadura
Os poetas da xeración do 36
O inicio da recuperación poética na posguerra vén marcado pola publicación de Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño, poeta que forma parte da chamada xeración do 36, xunto con Xosé María Díaz Castro.
• Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte. Ademais de Cómaros verdes, primeiro poemario en galego salientable tras a guerra, na súa produción tamén destacan De día a día, Lanza de soedá e Nenias
• Xosé María Díaz Castro publicou un único libro: Nimbos (1961). A súa obra ten como temas recorrentes o amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida e o forte arraigamento coa terra, así como a relixiosidade. Foi o autor do famoso poema «Penélope».
Poetas da promoción de enlace
Denomínase así un grupo de escritores nados arredor dos anos vinte do século pasado que supuxeron un nexo de unión entre os poetas anteriores e os máis novos que os seguiron no tempo. Os máis importantes son:
• Antonio Tovar conxugou a intención social xunto cos poemas de corte intimista nos seus libros Arredores (1962), Non (1967), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990), A nada destemida (1991) e Cadáver adiado (2001).
• Manuel Cuña Novás destaca polo seu poemario Fabulario novo (1952), libro que supuxo a aparición dunha nova poesía que adaptou a nosa poesía á corrente filosófica do existencialismo.
• Luz Pozo Garza escribe unha poesía que dialoga co pensamento clásico e mais coa tradición poética galega previa, con altas doses de intimismo, existencialismo e culturalismo. Publicou Concerto de outono (1981), Códice calixtino (1991) ou Vida secreta de Rosalía (1996), entre outras moitas obras.
Xunto a eles, nestes anos 50, tamén publican autores de xeracións precedentes, entre os que salienta o nome de Luís Pimentel, que publicou Triscos (1950) e Sombra do aire na herba (1959). A súa poesía céntrase nas pequenas cousas do mundo cotián e caracterízase por unha visión pesimista da vida que contrasta coa descrición de ambientes finos e requintados.
LITERATURA « 6 151
Xeración das Festas Minervais ou xeración dos 50
Durante a década dos cincuenta, comezan a aparecer os primeiros libros dunha serie de poetas que comparten unhas características xeracionais comúns: non viviron directamente a Guerra Civil, realizaron estudos universitarios (participaron e gañaron os premios poéticos das Festas Minervais da Universidade de Santiago, colaboraron nas páxinas do xornal La Noche) e comprometéronse cultural e politicamente coas liberdades e coa situación de Galicia.
Como grupo protagonizaron unha fonda renovación temática e formal. Aínda que comparten características comúns, cada un dos seus membros seguiu unha traxectoria artística propia.
Nos primeiros libros destes autores apréciase unha poesía de desarraigamento e angustia, presidida polo conflito da persoa consigo mesma e coa vida. Esta tendencia denominouse Escola da Tebra, pola visión atormentada da vida que ofrecía.
Conforme avanzaba a década dos sesenta, moitos autores desta xeración evolucionaron cara á poesía social, nunha liña de denuncia da falta de liberdades que se daba na sociedade, influídos pola publicación en 1962 de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
Autores máis salientables da xeración dos 50
Uxío Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos, onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa bisbarra natal do Courel, á que pertencen obras como Os eidos ou Elexías do Courel e outros poemas (1985), e poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida nos libros Poemas caligráficos (1978) ou Do Courel a Compostela (1988). Tamén escribiu poesía amorosa, reunida no libro Muller pra lonxe (1986). Formalmente, salienta a utilización do fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e tipográfica dos versos.
Antón Avilés de Taramancos publicou O tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ar (1989) e Última fuxida a Harar. A súa é unha poesía vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza, nos que é salientable o alento épico, ás veces con resonancias mitolóxicas.
Manuel María é autor dunha obra amplísima e variada, con máis de 40 títulos. Escribiu inicialmente poemas de carácter intimista e desacougado, para logo facer poemas de crítica social e finalmente outros de carácter íntimo e amoroso. Entre os seus libros, destacan Terra Chá (1954), Poemas pra construír unha patria (1977) e A primavera de Venus (1993).
Bernardino Graña escribiu, entre outros, os libros Profecía do mar (1966) e Non vexo Vigo nin Cangas (1975), que lle valeron o apelativo de «poeta do mar», pois o tema central deles é o mar e a vida mariñeira. A súa poesía distínguese pola exaltación da vida e da natureza, cunha ollada chea de paixón e optimismo. O tema do amor tamén aparece con frecuencia na súa obra.
Xohana Torres é a principal voz feminina da xeración dos 50. Os poemarios máis importantes son Do sulco (1957), Estacións ao mar (1980) e Tempo de ría (1992). Ofrécenos unhas imaxes cargadas de forte simbolismo, fala da vida, da importancia do paso do tempo e do papel que ten para ela a paisaxe que a rodea, así como da súa condición de muller.
6 » LITERATURA 152
» Celso Emilio Ferreiro
Biografía
Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912. Estudou Dereito e xa dende moi novo se sentiu atraído pola poesía e a política, chegando a ser cofundador das Mocidades Galeguistas de Celanova.
Durante a Guerra Civil foi recrutado forzoso a loitar no bando franquista. Nun permiso, e a causa dunha denuncia calumniosa, foi encarcerado, experiencia da que xorde Longa noite de pedra. Con esta obra acadará moita sona, espertará ansias de liberdade nunha mocidade inmersa nun mundo empobrecido culturalmente e servirá de canle aos seus desexos de protesta.
En 1966 marchou a Venezuela, onde sofre un gran desencanto ao ver que os dirixentes das sociedades galegas da emigración están totalmente desideoloxizados e dedícanse exclusivamente a enriquecerse, o que se recolle nos versos satíricos de Viaxe ao País dos Ananos
Despois desta experiencia vive en Madrid e Vigo, onde colabora con diversas publicacións. Morre en Vigo en 1979.
A obra de Celso Emilio Ferreiro
A obra de Celso Emilio bebe dunha sólida tradición de poesía cívica, que ten en Curros Enríquez e Ramón Cabanillas os mellores exemplos. Hai que entendela nun contexto de politización do discurso poético que tenta conxugar a mensaxe comprometida co mantemento do rigor formal.
Celso Emilio pensaba que a misión do poeta era reflectir a época que lle tocou vivir e as relacións dos seres humanos coas circunstancias históricas e sociais.
No que se refire á lingua, predomina o ton coloquial en consonancia co contido directo e claro, que buscaba comunicar sobre todo o demais.
Polo que respecta á métrica, é moi variada e predomina o verso libre. Con frecuencia non se axusta aos esquemas rítmicos e estróficos tradicionais.
Temas principais na obra de Celso Emilio Ferreiro
Podemos distinguir tres grandes núcleos temáticos que se achan en case toda a súa obra:
Liña social: Solidaria cos oprimidos de calquera latitude e denunciadora dos males sociais: o fascismo, a deshumanización, a emigración, a inxustiza, a solidariedade cos que sofren, o antibelicismo… É unha poesía que se erixe en protesta contra a inxustiza e incluso se fai revolucionaria, porque pretende conseguir a transformación da sociedade.
Liña intimista: Celso Emillio manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou o amor. O poeta evoca un tempo pasado e feliz, un tempo en que as cadeas que aferran o ser humano aínda lle eran descoñecidas, relembra así unha sorte de paraíso perdido.
Liña intimista: Celso Emillio manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou o amor. O poeta evoca un tempo pasado e feliz, un tempo en que as cadeas que aferran o ser humano aínda lle eran descoñecidas, relembra así unha sorte de paraíso perdido.
OBRA POÉTICA DE CELSO EMILIO FERREIRO
Cartafol de poesía (1935)
O soño sulagado (1955)
Longa noite de pedra (1962)
Viaxe ao País dos Ananos (1968)
Cantigas de escarnio e maldicir (1968)
Terra de ningures (1969)
Antipoemas (1972)
Cimenterio privado (1973)
Onde o mundo se chama Celanova (1975)
Libro das homenaxes (1979)
1. Os poetas da xeración dos 50, durante unha etapa da súa vida, traballaron intensamente a poesía de tema social. Cales foron as razóns que os levaron a abordar esta tendencia?
2. Porén, asociar os poetas da xeración dos 50 só á poesía social sería unha grave limitación, pois a súa obra é ben máis rica. Cita as outras liñas temáticas que é doado identificar neles.
3. Cal era a concepción que Celso Emilio tiña da poesía?
4. Por que pensas que tivo tanta repercusión, na súa época, a poesía de Celso Emilio?
LITERATURA « 6 153
Cando teña trescentos anos serei namais que a sombra desta voz que sinto agurgullar dentro de min e fina nos meus labios.
Os nomes e as cousas ben amadas serán namais que unha palabra lixeira: quizabes triste coma unha bolerca, cun non sei qué de música quizabes pra arrandear os berces dos neniños.
Pero non perderá o seu camiño a estrela, e en ollos ben serenos durmirase a noitiña.
O río, entón, aínda estará máis fondo, atravesado por trescentas pontes de esquezo.
Debruzado na máis alta, o silencio primeiro e derradeiro. Sólo o silencio.
Aquilino Iglesia Alvariño, «Cando teña trescentos anos», Cómaros verdes
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva; pro ti envólveste en sabas de mil anos e en soños volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
6 » ESCOLMA 154
» Texto 1
Xosé María Díaz Castro, «Penélope», Nimbos
» Texto 2
Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, dóce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño…
No meio do caminho tinha uma pedra tinha uma pedra no meio do caminho tinha uma pedra no meio do caminho tinha uma pedra. Carlos Drummond de Andrade
O teito é de pedra. De pedra son os muros e as tebras. De pedra o chan e as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fiestras, as olladas, son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan feitos están tamén de pedra. E eu morrendo nesta longa noite de pedra.
ESCOLMA « 6 155
Celso Emilio Ferreiro, «Longa noite de pedra», Longa noite de pedra
» Texto 4
» Texto 3
Celso Emilio Ferreiro, «Deitado frente ao mar», Longa noite de pedra
» Texto 5
Debaixo desta lousa dorme un home que falou trinta anos sen dicir xamais unha verdade. Por fin está calado. Pasa amodiño, non sexa que desperte e se poña a argallar novas mentiras outros trinta anos.
Celso Emilio Ferreiro, «O locutor», Cimenterio privado
» Texto 6
A Fina Barrios, como epílogo do meu libro «Pequeno canto» (1959)
Todo canto eu amei perdéuseme contigo: a luz clara e vibrante da miña xuventude, os bosques entrañables perfectos de quietude onde o vento vivía con un lecer antigo.
Entón era o silencio do meu mellor amigo, era eu namorado de todo canto vía vivir era unha leda, fermosa moradía onde o mencer entraba recendendo a pantrigo.
De súpeto viñeches con esta lonxanía, caraveliño feble en terra ventureira e eu abrín outra nova fiestra para o día.
E todo canto amei foi unha lumieira, foi a fouce tan íntima que decote se afía para ceifar dun pulo brutal a primavera.
Antón Avilés de Taramancos, «Primeiro amor, primeira morte», O tempo no espello
» Texto 7
Os que así nos tein só tein noso os nosos nomes no censo, que astra a nosa suor sen alento se perde na terra.
GALICIA, será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!
Uxío Novoneyra, «Do Courel a Compostela», Os eidos
» Texto 8
Cousos do lobo! Cavorcos co xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa…
Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca…
Uxío Novoneyra, «O lobo», Os eidos
6 » ESCOLMA 156
Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día, sen campás, sen protesta. Galicia ametrallada nas cunetas dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor, que fixemos?
–Non fales en voz alta–. Ata cando durará este gran enterro?
–Non chores que poden escoitarte. Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia–. Os milleiros de horas, de séculos, que fixeron falla, para faguer un home!
Teñen que se encher aínda as cunetas con sangue de mestres e de obreiros. Lama, sangue e bágoas nos sulcos son semente.
Docemente chove.
Enviso, arrodéame unha eterna noite. Xa non terei palabras para os meus versos. Desvelado, pola mañán cedo baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crime ondean bandeiras pingando anilina. Hai un aire de pombas mortas. Tremo outra vez de medo. Señor, isto é o home. Tódalas portas están pechadas. Con ninguén podes trocar teu sorriso. Nos arrabás, bandeiras batidas e esfarrapadas. Deixa atrás a vila. Ti sabes que tódolos días hai un home morto na cuneta, que ninguén coñece aínda. Unha muller sobre o cadáver do seu home chora.
Chove.
Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra, máis alá da néboa, máis alá do mar, máis alá da chuvia, máis alá do bosque.
ESCOLMA « 6 157
Luís Pimentel, «Cunetas»
» Texto 9
Cando quero vivir digo Moraima.
Digo Moraima cando semento a espranza.
Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima.
Digo Moraima cando a noite é pechada.
Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima.
Digo Moraima cando a anguria me abafa.
Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima.
Digo Moraima cando a mañá é crara.
Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima.
6 » ESCOLMA 158
O pan é máis útil que a poesía, pro ¿cómo comer o pan sin o compango da poesía?
A.S.
» Texto 10
Celso Emilio Ferreiro, «Xaneiro, 1972, II», Onde o mundo se chama Celanova
» Texto 11
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas. QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades desas patrias a vendima
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten
QUE un sumario de xerfa polos cons».
Así falou Penélope:
«Existe a maxia e pode ser de todos. A que tanto nobelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
» Texto 12
A AVE DA LUZ SABE
¿Podes cego abrir un paxaro as coma azas e solprender a luz ?
1. Identifica nos poemas de Celso Emilio cada un dos seus grandes grupos temáticos.
2. Que significado tiña naquela época «Longa noite de pedra»?
3. Teñen algo en común os poemas «Bando» (de Manuel María) e «Penélope» (de Xohana Torres)?
4. Cales cres que foron as influencias de Luz Pozo Garza para escribir o seu poema?
ESCOLMA « 6 159
Xohana Torres, «Penélope», Do sulco
Luz Pozo Garza, «A ave», Prometo a flor de loto
que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baleiros os pantanos. Un só se pode emocionar os xoves e domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco. Están fóra da Lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros.
Dáse este bando en tal e cal pra que se cumpra da orde do Alcalde. Firmado e rubricado.
Carta á miña muller
Querida, non o esquezas, hai palabras que é pecado dicilas neste tempo. Palabras que non debes pronuncialas, nin sequera pensalas, cavilalas, tatexalas, gabalas, escribilas... Moito menos berralas.
Esposa, toma nota e non esquezas: non digas libertá palabra triste con perigo de morte e calivera. Se é certo que me queres nunca digas esta palabra estúpida que ten dentes e morde coma un lobo. Non digas tan sequera as verbas derivadas, por moi lonxano e vago que sexa o parentesco etimolóxico, como son, verbigratia, libertino, liborio, liberata, libre cambio.
En troques di cadea, viva, viva, si señor, moitas grazas, Dios llo pague.
Xa verás que felices imos sere!
6 » LECTURA 160
5 10 15 20
Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra
5 10 15 20 25
Manuel María, Documentos personaes
» Comprensión lectora
1. En que liña temática incluirías os dous poemas anteriores? Xustifica a túa resposta en relación coa época na que foron escritos.
• Coinciden tamén no tema en concreto que tratan?
2. Sinala en que persoa están os verbos de cada poema e xustifica este uso en cada caso.
3. Nos dous poemas transmítese unha mensaxe de prohibición.
• A que modo do verbo recorre Celso Emilio para facelo? Repara en que aparece sempre en negativo agás na penúltima estrofa.
• Pola súa parte, Manuel María emprega formas impersoais do verbo. Pon catro exemplos.
• Con estas escollas lingüísticas, os autores conseguen omitir os axentes da prohibición, que só se revelan, no caso de «Bando», na última estrofa. Cal pensas que é a súa intención ao facelo?
4. Xustifica a desigual división en estrofas do poema «Carta á miña muller».
5. Responde as seguintes preguntas sobre os recursos literarios dos poemas:
• Cal é o principal recurso literario presente ao longo dos dous poemas? Explícao e indica ti outros dous exemplos deste recurso tirados do uso cotián da lingua (non literario).
• Por que podemos afirmar que o termo «liberdade» está personificado e animalizado no poema de Celso Emilio Ferreiro? Localiza outros exemplos de personificación no poema de Manuel María.
• Que palabra aparece en posición anafórica no poema de Manuel María?
6. Localiza dúas enumeracións na primeira estrofa do poema «Carta á miña muller» e define o significado de todas as palabras que as conforman.
• Amplía ti as enumeracións engadindo dúas palabras a cada unha.
7. Sabes que é un bando? Intenta explicalo coas túas palabras e despois busca o significado no dicionario.
• No poema «Bando», que significa «firmado e rubricado»? Indica un sinónimo de «firmado». Que tipo de documentos debemos acabar coa nosa firma?
LECTURA « 6 161
Apócope: supresión dunha sílaba ao final dunha palabra.
Paragoxe: adición dun fonema ao final dunha palabra.
» Expresión oral
1. No poema «Carta á miña muller» recóllense varias expresións de aprobación e conformismo:
«viva, viva, si señor, moitas grazas, Dios llo pague» (l. 19-20 ).
• Engadide en parellas tres ou catro máis e inventade un contexto onde se usarían hoxe en día.
• Todas implican a mesma relación de poder entre os interlocutores ou, polo contrario, pódese establecer unha gradación entre elas en función deste criterio? Compartide as vosas conclusións co resto da clase.
2. Realizade entre toda a clase unha improvisación dramatizada do poema «Bando».
• Un ou unha de vós representará o alcalde e irá recitando as distintas prohibicións, de pé, fronte a toda a clase, con ton autoritario e, a poder ser, cun bastón de mando co que irá golpeando o chan.
• Os demais representaredes os distintos elementos obxecto da prohibición; pero, neste caso, ides atrevervos a retrucarlle á institución, dándolle un argumento para a vosa desobediencia.
• Empezade segundo a orde do poema, de acordo con este esquema, e despois inventade vós outras prohibicións e outras contestacións.
ALCALDE: Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal.
ROSA: As rosas imos medrar porque…
3. Moitas cancións e poemas cantan á liberdade. Buscade algunhas mostras, así como manifestos, discursos, lemas, etc. sobre este tema. Realizade unha audición na clase cos exemplos seleccionados.
• Considéraste totalmente libre na sociedade actual ou, polo contrario, tes condicionantes que non sempre che deixan escoller libremente que e como queres dicir ou facer? Despois de reflexionar sobre isto individualmente, realizade un debate na clase sobre a liberdade e os seus posibles límites.
4. «Xa verás que felices imos sere!» (l. 21). Cal é o prezo desta felicidade?
• Ide respondendo en voz alta a pregunta: «Que necesitas para ser feliz?», de xeito que non repitades o dito polos vosos compañeiros e compañeiras.
• Apuntade todas as respostas e, unha vez acabada a rolda, entre toda a clase riscade o superfluo e quedade só con tres respostas.
5. No poema «Carta á miña muller» aparecen na escrita dous fenómenos moi habituais da lingua oral: a apócope e a paragoxe. Localiza os exemplos do poema e engade ti dous máis de cada tipo.
162 6 » COMUNICAMOS
» Expresión escrita
1. Celso Emilio Ferreiro recorre á carta persoal a un ser querido, a súa muller, para expresar a súa rabia e desacougo coa situación social na que está a vivir. Escolle ti alguén en quen confíes e escríbelle unha carta na que lle contes que é o que máis che preocupa da sociedade actual. Emprega un parágrafo de enumeración para presentar os motivos da túa preocupación.
2. «Parentesco etimolóxico» (l. 16). Moitas veces os falantes establecemos por semellanzas fónicas relacións etimolóxicas e de significado que non son tal. Analizade estes exemplos tirados da obra Elucidario, de Gonzalo Navaza, e inventade vós outros dous.
Anticonceptivo: persoa que está en contra dos conceptos.
Diacrítico: martes e trece.
Paisaxista: proxenitor que toca o saxo.
3. Completa a familia léxica da palabra liberdade e destoutras que aparecen no poema de Manuel María:
voar
lúa
tola
flores
4. No poema «Bando» aparece a palabra Alcalde con maiúscula. Sería correcto escribila así hoxe en día? Por que?
• Repasa a unidade 3, onde estudaches o uso das maiúsculas e minúsculas, e revisa o seu emprego en todo o poema. Que connotacións achega o emprego das maiúsculas nestes casos?
5. Localiza no poema de Manuel María dúas perífrases verbais e indica o tipo. Fai o mesmo con estoutros enunciados:
En lugar de tanto traballar, deberían preocuparse máis por divertirse.
– Intentouno moitas veces, pero finalmente non o deu feito e acabou por renderse.
– Estivo bailando toda a noite e ao día seguinte doíanlle os pés.
– Non queremos gabarnos, pero mañá imos recibir un dos premios máis prestixiosos do país.
6. A raíz do debatido no exercicio 3 do apartado anterior, escribe un texto no que recollas as principais conclusións ás que chegastes e no que expliques se cambiou ou non o teu xeito de pensar con respecto a este tema antes e despois do debate.
7. Redacta un bando no que deas instrucións sobre algunha cuestión relacionada co teu concello, como por exemplo os cambios que implica a peonalización do centro nas fins de semana; a realización dunhas obras municipais; a escolla dun persoeiro como fillo ou filla predilecta; a realización dunha homenaxe a unha persoa ou colectivo, etc.
O parágrafo de enumeración está constituído por unha frase organizadora, na que se anuncia o contido, e unha listaxe de propiedades que describen un mesmo obxecto, feito ou idea. Neste tipo de parágrafos, é habitual empregar os seguintes conectores: en primeiro lugar, en segundo lugar, ademais, para rematar
163 COMUNICAMOS « 6
–
–
–
–
–
» A música e a poesía
A poesía e a música tiveron sempre unha relación moi estreita. Inicialmente, a poesía naceu unida á música e a música estaba destinada ao baile. Cando o ser humano sentiu a necesidade de expresarse e facer oír os seus sentimentos, empregou os movementos do corpo acompañados de sons que progresivamente se foron enriquecendo de ritmo, melodía e finalmente palabras.
Os primeiros textos escritos simulaban o ritmo e o estilo da literatura oral e das cancións para grupos, por iso son característicos deste tipo de literatura as repeticións, aliteracións, xogos de palabras e a rima.
Tamén nas nosas vidas, a música e a poesía están moi presentes dende o nacemento. Os cantos de berce que escoitamos na infancia son as primeiras expresións da confluencia entre a música e a poesía.
Na nosa historia literaria, xa dende a Idade Media, a lírica galego-portuguesa das cantigas de amigo, amor e escarnio e maldicir tiña música de acompañamento, malia que só coñezamos a versión musical das cantigas de Martín Códax ou as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio. Daquela a poboación non lía poesía, senón que a escoitaba a través do cantar dos xograres, case sempre acompañados de instrumentos.
Así pois, as orixes da poesía foron orais até que, coa invención da imprenta, esta pasou a ser obxecto de lectura silenciosa e estableceuse como xénero independente da música, cada unha coas súas propias características, estilos e autores.
Poesía e música galega na actualidade
O programa «Libro Aberto», da TVG, emitiu unha interesante reportaxe sobre a relación entre a música e a poesía galegas. Podes buscala na rede.
O poema de Celso Emilio «Deitado frente ao mar» ten unha versión musicada por García, do grupo de hip-hop Dios ke te Crew.
Ademais de existir un sólido panorama de formacións de música tradicional que difunden as letras da lírica popular galega, a poesía de autor tamén serve de inspiración para moitos músicos. Entre os poetas máis musicados atópanse Rosalía de Castro (en cuxa obra se inspiraron artistas de diferentes tipos: melódicos, como Amancio Prada ou Luís Alberto Batallán; tradicionais, como Fuxan os Ventos ou A Quenlla; roqueiros, como Astarot, Xenreira ou Nao) e Celso Emilio Ferreiro (cuxos poemas formaron parte do repertorio do colectivo de canción protesta Voces Ceibes, nacido a finais da ditadura, e seguen a inspirar a novos artistas, como García, do grupo de hip-hop Dios ke te Crew). Outros poetas musicados en numerosas ocasións son Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra, Manuel María, Lois Pereiro… Coas obras de autores contemporáneos a relación música-poesía dáse nunha dobre dirección: determinados compositores deciden poñerlles música a poemas de autores actuais, e algúns poetas xa conciben as súas obras con acompañamento musical. Exemplos disto último son os audiolibros Edénica, de Yolanda Castaño, ou Berlín, da poeta María Lado e o grupo de música pop Fanny e Alexander.
O artista O Leo i Arremecághona, ademais de musicar os seus propios poemas (Hai cu, 2007), tamén versiona poemas doutros autores.
Pioneiro nos audiolibros foi Antón Reixa, poeta e líder do grupo Os Resentidos, que en 1999 publica Escarnio. Por outra parte, algunhas das súas composicións musicais foron logo editadas como poemas, caso do libro Viva Galicia Beibe.
A día de hoxe, grupos como Tanxugueiras teñen como base a música popular que chegou ata nós de xeito oral.
6 » TIPOS DE TEXTOS 164
O amigo invisible
Son invisible... naide me ve, inaccesible e así seguirei, na fantasía, na imaxinación, son invisible, valaí a cuestión.
Son invisible... non ocupo lugar, mesmo no peto pódese levar, coma un segredo tesme que gardar, sempre conmigo podes contar.
Son invisible neste gran escenario, xa estou aquí, son teu amigo imaxinario!
Son invisible... son coma o vento, coma o cariño e os sentimentos, coma a ledicia do teu sorriso, coma o alento do compromiso.
Son invisible... velaí a cuestión!
Son un feitizo da imaxinación, unha miraxe, unha ilusión, a personaxe desta función. Son invisible neste gran escenario.
Magín Blanco, Camiños
Nai
Tiña unha fita roxa no cabelo. lembro todas as flores dos meus vasos de nena. Tiña bicos a tarde, qué tesouro, e bulía en buratos para dentro dos teus ollos. A tarde tiña áas de paxaro, quentiño, quentiño, as túas mans, riscadas do traballo, calaban moitas veces para carexarme miúdo… Eran días sen medo ós corvos sobre a testa porque todo era estrela. Logo, qué logo, houbo voar de follas, nomes, xentes.
Abrín portas, pecheinas; non se acouga con tanta multitude; corrín a ser muller. E na tola carreira, perdín a fita roxa que me chamaba nena. Debeu levala o vento co froito dos anos, meus anos…
¿Pra qué terían áas de paxaro os dedos que niñaban limpezas no cabelo?
Nai onte laveiche os ollos. E na palma mollada repousaron aquelas tardes, a fita dunha vida mellor. Ollos da miña nai. Cobizos de lareira sempre ao fogo. ¡Seica os ventos vos perden ou vos choran!…
Sen eles, a miña historia non ten ollos.
Xoana Torres, Aturuxo. Revista de poesía e crítica
1. Localiza recursos propios da poesía que aparecen na canción «O amigo invisible» de Magín Blanco.
2. Preguntando na casa, recolle algún cantar de berce que empregasen os teus para tentar adormecerte cando eras bebé.
3. Despois de ler o poema de Xohana Torres e de escoitar a versión musicada, responde estas preguntas:
• Que cambios notas entre unha e outra versión?
• Memorízase mellor o poema ou a canción? Por que?
• Cal se entende mellor? Por que?
• Que recursos poéticos se empregan?
• Cal prefires? Por que?
4. A partir do sitio web Sondepoetas e doutros que encontredes, buscade máis poemas galegos que fosen versionados por músicos e facede unha audición na clase comparando as diversas versións.
No sitio web de tendencias Disquecool, podes atopar dez poemas que se converteron en cancións.
TIPOS DE TEXTOS « 6 165
» A descrición do carácter
1. Laura acaba de chegar a Galicia e é nova no instituto. Para coñecer novas amizades publicou un anuncio na revista do centro. Isto é o que di:
Anuncios
Ola, chámome Laura Smith e teño 15 anos. Nacín en Inglaterra, pero realmente son tan galega como inglesa, xa que a miña nai é de Viveiro. Acabo de chegar a Galicia e gustaríame coñecer xente que poida ter cousas en común comigo. Son unha persoa moi sociable e faladora, aínda que, ollo!, iso non quere dicir que sexa unha laretas! Todo o mundo di que son moi riseira e optimista. Vaia, esta é a parte boa, porque tamén me din que son algo teimuda e bastante besbello.
Gústame a xente simpática, aberta, tranquila, respectuosa cos demais… Tanto me ten se os meus amigos son birollos ou tolleitos: a imaxe nunca me importou demasiado, ademais, eu tampouco son tan boa moza! O importante é que sexan riquiños, sinceros e con sentido do humor. As miñas afeccións favoritas son facer deporte, a música, estar cos amigos e amigas… e a comida! Compartes algunha delas?
• Localiza no texto todos os adxectivos que serven para describir o carácter dunha persoa e escríbeos nesta táboa segundo creas que posúan connotacións positivas ou negativas.
ADXETIVOS
Calidades positivas Calidades negativas
• Agora debes volver escribir o texto cambiando todos os adxectivos referidos ao carácter por un antónimo, de xeito que pase a significar o contrario.
• No texto aparecen dous adxectivos coloquiais que serven para describir o aspecto físico, cales son? Achega un sinónimo máis formal para cada un deles.
6 » OS NOMES DAS COUSAS 166
2. Utiliza o termo máis apropiado do cadro para definir cada unha destas persoas:
Non lle gusta nada relacionarse coa xente e é moi difícil de tratar:
Malia saber que non ten razón, sempre persiste nas súas ideas:
– Non lle ten medo a nada. Sempre está en disposición de acometer calquera reto sen temor ás dificultades:
– É de carácter tranquilo, sosegado, transmite moita paz:
Ten moi pouco ánimo para emprender calquera cousa ou para enfrontarse ás diferentes situacións:
– Non para un minuto! Sempre anda dun lado para outro, metida en mil cousas:
– É moi agradable e simpático:
3. No texto de Laura aparece a expresión «ser boa moza». Cal é o seu significado?
• A que tipo de persoas aplicarías estoutras expresións?
apoucado/a afouto/a bulebule túzaro/a
testán/ana churrusqueiro/a apracible ser listo/a coma un allo ser un/unha cara lavada
ser un xan ser moi cuco/a
ser un lince ser un toxo
ser coma o vento
4. SOLTAMOS A LINGUA. Que pesa máis á hora de buscar unha parella: o aspecto físico ou a forma de ser? Ides levantarvos das vosas cadeiras e facer unha enquisa para descubrir as calidades que máis importan á hora de escoller parella.
• Escollede tres rapaces e tres rapazas da clase e facédelles esta pregunta: «Como debe ser o teu mozo ou moza ideal? Di, cando menos, tres calidades»
rapaz 1
rapaz 2
rapaz 3
rapaza 1
rapaza 2
rapaza 3
• Analiza os datos, tendo en conta tamén se existen diferenzas en función do xénero. Despois poñédeos en común entre toda a clase.
OS NOMES DAS COUSAS « 6 167
–
–
–
» Planificación lingüística: normativización, normalización e superación de prexuízos
Normativización e normalización
A normalización e a normativización son dous procesos estreitamente relacionados que se inclúen no concepto máis xenérico de planificación lingüística. Cando poñemos en marcha a normalización dunha lingua marxinada, pretendemos que esta pase a desempeñar funcións de prestixio que lle foran prohibidas até o momento. Non obstante, para acadar este obxectivo, é necesario dotar a lingua dos recursos necesarios, isto é, elaborar unha variedade estándar ou normativa, que será a utilizada nos ámbitos formais e na escrita, así como ampliar e actualizar o seu léxico. A normalización persegue incidir no status da lingua, mentres que a normativización afecta ao seu corpus. PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA
Planificación do status (normalización) Planificación do corpus (normativización)
Estender a lingua a ámbitos de prestixio e aumentar o seu número de falantes.
En efecto, se unha lingua nunca foi usada por exemplo no ámbito da medicina vai carecer de moito vocabulario específico deste campo semántico. Este proceso é continuado no tempo, xa que sempre é posible que xurdan novos espazos aos que as linguas, incluso as plenamente normalizadas, deban adaptarse. É o que está a acontecer nos últimos tempos co mundo da informática e Internet, que incorpora moitos elementos novos aos que cómpre poñer nome. Nestas situacións podemos recorrer a préstamos doutras linguas ou ben aos procesos de formación de palabras propios da nosa lingua (neoloxismos, extensión de significado, derivación, etc.).
Para levar a cabo con éxito estas medidas, cómpre a implicación dos poderes públicos e privados, así como, en xeral, de toda a sociedade.
Prexuízos lingüísticos
Un paso de grande importancia na planificación lingüística consiste na superación dos prexuízos cara á lingua minorizada, no noso caso o galego. Así, todas as medidas destinadas a normalizar unha lingua supoñen cambios sociais en maior ou menor medida e en moitos casos estes cambios son contestados e rexeitados baseándose en prexuízos. A continuación tes un exemplo no ámbito educativo.
6 » SOMOS LINGUA 168
Elaborar unha variedade estándar. Elaborar gramáticas, dicionarios e vocabularios específicos.
MEDIDA
DE NORMALIZACIÓN
Introdución do galego no ensino (clases de galego e en galego).
«Ao estar moitas materias en galego, non imos aprender o castelán.»
PREXUÍZOS PARA ATACALA
«O máis importante é aprender castelán e, sobre todo, inglés, que son as linguas que che permiten conseguir traballo e ir polo mundo adiante.»
«Dar as materias en galego é unha discriminación para a xente de fóra, para os inmigrantes.»
A aprendizaxe dunha lingua nunca é un obstáculo, senón ao contrario, cantas máis linguas sabes, máis fácil resulta aprender outras novas. Ademais, as vías de aprendizaxe do castelán son múltiples e variadas, xa que o atopamos en todos os ámbitos, dende os medios de comunicación até os centros comerciais etc. De aí precisamente que sexa necesario unha maior presenza do galego no ensino, co fin de compensar esta desigual presenza das linguas na sociedade.
ARGUMENTOS PARA REBATER O PREXUÍZO
Aínda que o valor da utilidade é moi cuestionable, se o aplicamos á nosa situación, a aprendizaxe do galego é moi útil. En efecto, co castelán temos acceso a todo o mundo hispano, pero se a iso lle sumamos o galego, abrimos a porta tamén a todo o mundo lusófono e, neste, o coñecemento do galego pode converterse nun mérito moi valorado á hora de conseguir traballo.
Para os alumnos e alumnas que veñen de fóra de Galicia xa existen medidas co fin de permitirlles unha progresiva adaptación á lingua propia, dende exencións até clases de apoio, etc. Ademais, o realmente discriminatorio sería non facilitar a aprendizaxe das dúas linguas oficiais.
1. En cal dos seguintes ámbitos consideras que a lingua galega aínda non está plenamente normalizada. Xustifica as respostas.
– Ensino
– Xustiza
– Medicina
– Deportes
Medios de comunicación (prensa, televisión, radio, Internet)
• Segundo o teu punto de vista, ordénaos de maior a menor nivel de normalización.
2. Pon cinco exemplos de palabras pertencentes ao campo semántico das novas tecnoloxías e indica se se trata de préstamos doutras linguas ou non.
3. Sénteste identificado ou identificada coas afirmacións do cadro da marxe?
• Reescríbeas agora en negativo. Cales se adoitan escoitar máis no teu contorno?
• Na túa opinión, que actitudes cara á lingua galega son máis abundantes, as positivas ou as negativas, isto é, os prexuízos?
4. Busca en internet o vídeo titulado «Na Coruña fálase: o tráiler. Isabel Risco» e resolve as actividades:
• Indica que prexuízo están intentando desmontar. A que argumentos se recorre no vídeo para facelo?
• En grupos, escollede vós outro prexuízo cara ao galego e elaborade un breve vídeo no que tamén intentedes botalo abaixo.
FALAR GALEGO
Gústame! Éme útil!
– Ábreme portas.
– Síntome máis cómodo/a.
– Fáloo ben.
– Axúdame para aprender outras linguas.
– Faime sentir a gusto.
– É o meu símbolo de identidade máis importante.
SOMOS LINGUA « 6 169
–
» O complemento circunstancial
O complemento circunstancial indica o lugar, o modo, o tempo, a cantidade, a compañía, o instrumento…; isto é, as circunstancias en que se produce a acción designada polo predicado.
A función de CC pode ser desempeñada polas seguintes unidades:
• Frase preposicional: Fomos recoller cunchas á praia
• Adverbio ou frase adverbial: Hoxe espertei moi tarde
• Frase nominal: A semana próxima iremos apañar laranxas.
• Cláusula: O mar bate con forza onde hai rochas
Esta tarde Ana foi ao cine cos seus pais
Esta tarde: CC de tempo
ao cine: CC de lugar
cos seus pais: CC de compañía
Nunha mesma cláusula pode haber varios complementos circunstanciais. Nos dous primeiros casos os complementos circunstanciais poden ser substituídos por adverbios: Hoxe Ana estivo alí cos seus pais.
1. No seguinte texto aparecen subliñados varios complementos circunstanciais.
• De que tipo son?
• Que unidades desempeñan a función de CC en cada caso?
Cando Ricardo Barros saía correr pola ribeira do Miño, seguindo o mesmo itinerario desde a praza do Couto ata Outariz, sempre había un momento en que os pensamentos máis negros desaparecían sen deixar rastro. A mente concentrábase no esforzo das pernas, no ritmo cardíaco, na axitada cadencia da respiración. Vencida polos primeiros síntomas de esgotamento, non permitía a entrada de suciedade. Era felizmente derrotada polo martirio do corpo. O sacrificio físico opera como unha máquina exterminadora de ruídos que reprimía o ímpeto de calquera tribulación. Coa suor empapando a camiseta gris, convertida nunha húmida tatuaxe sobre o peito, o cerebro trasmutábase durante uns minutos nun folio en branco. Nun baleiro efémero flotando sobre rumor intestino do sangue. Desaparecían así o desexo inútil de axustar contas co paso do tempo e as ansias por asasinar o orgullo da morte. Todo o que conducía, en definitiva, á angustia de estar vivo.
Diego Ameixeiras, Noite enriba
6 » COÑECEMOS A LINGUA 170
5 10 15
» O suplemento
O suplemento é unha función propia dos predicados que rexen preposición e complementa de maneira directa o significado do verbo.
Ao igual ca a de complemento directo e a de complemento indirecto, a función de suplemento pode ser desempeñada por unha frase preposicional iniciada pola preposición a, pero ao contrario do que ocorre co CD e co CI, o suplemento non pode ser substituído por un pronome átono:
– Suplemento: Dedícase a falar mal de todo o mundo. O suplemento non se pode substituír por un pronome.
– Complemento directo: Levei a Carlos á piscina. Neste caso pode ser substituído por Leveino á piscina
Complemento indirecto: Pedinlle a Andrea que me chamase. Neste exemplo podemos substituír o complemento indirecto por lle: Pedinlle que me chamase.
2. Sinala todos os suplementos deste texto.
• Cal é a unidade que desempeña esa función en cada caso?
Sentei no cemento do skatepark pensando nos rapaces e rapazas que facían trucos nas ramplas. Había algúns bastante bos. Ao mirar o reloxo, decateime de que Siva se atrasaba. Xa pasaba da hora en que quedaramos. Sempre fora un pouco impuntual. Comín o paquete de pipas que levara para compartir e lembrarme dela. E estaba a piques de marchar cando a vin entrar no recinto. Alegreime diso. Recoñecina de inmediato. Levaba a mesma camiseta que o día que nos coñecemos. Negra, como eu a lembraba. E cun debuxo do deus Shiva de cor azul do que me esquecera. Tiña todo o sentido do mundo, claro. Pero apenas puiden pensar en nada diso. Siva saudoume con dous bicos e sentou canda min. Estaba máis delgada e a súa pel pálida contrastaba con aquela longa melena escura. Encontreina tan guapa e estraña como a lembraba, con aqueles ollos profundos e cheos de misterio.
—Estás cambiadísimo! –exclamou ela nada máis verme–. Non sabes a ilusión que me fai que volveses a Nordestal!
—É estraño estar aquí. Síntome como na casa e, ao tempo, este non é o meu sitio.
—Lémbraste de todas as tardes que pasamos aquí tirados? Non deixo de darlle voltas a como sería a miña vida se quedases.
3. Nos enunciados da marxe sinala todas as funcións sintácticas que poidas identificar.
- Sempre se rin de min cando chego tarde á clase.
- Fíxolle un retrato moi orixinal a María con rotuladores.
- Hai anos dediqueime a coleccionar moedas de distintos países.
- Divertímonos moito con Xosé aquel día.
- Ser un xenio consiste en facer unha obra de arte con calquera obxecto.
COÑECEMOS A LINGUA « 6 171
–
5 10 15
Andrea Maceiras, Que me pare o corazón se te esquezo (adap.)
» Porque, porqué, por que Porque
É unha conxunción causal. Serve para introducir cláusulas subordinadas que expresan a causa que provocou a acción da cláusula principal. Xa que logo, porque introduce as respostas das preguntas realizadas con por que?
Por que dis iso? Porque é o que penso.
A rúa está mollada porque choveu.
Porqué
É un substantivo sinónimo de ‘motivo’ ou ‘razón’. Sempre debe ir acompañado por un determinante (artigo definido, artigo indefinido, demostrativo…):
Sabiamos como fora, non sabiamos o porqué. Terán os seus porqués para facer o que fixeron.
Por que
• Pode ser o pronome interrogativo directo ou indirecto: Por que non vés á piscina comigo?
Aínda non descubriron por que pinga no dormitorio.
• Pode tratarse da combinación da preposición por e a conxunción que: Os pais esfórzanse por que poida estudar un ano no estranxeiro.
• Por último, pode ser a combinación da preposición por e o pronome relativo que: O motivo por que mandaron esa carta.
» Senón, se non Senón
• É unha conxunción adversativa, aparece sempre en oracións negativas e serve para contrapor unha idea negativa e outra afirmativa:
Non o fai por amolar, senón por axudarte.
• Tamén pode ser un nexo comparativo que só aparece en oracións negativas. Pode substituírse por máis que:
Non fai nada senón xogar á consola. Non fala con ninguén senón contigo.
• Pode ser unha preposición que equivale a agás: Remataron as obras na estrada senón no último tramo.
Se
non É a combinación da conxunción condicional se máis a negación non:
Non o collas, se non o queres. Se non ten frauta, ten que mercala.
6 » LETRAS E SIGNOS 172
1. Escribe nos seguintes enunciados porque, porqué ou por que, segundo cumpra.
– Xa lles contou o do seu enfado.
– Cando a vexas pregúntalle non vén con nós pasar a fin de semana.
– E logo queres ir a Londres? teño un tío traballando alí.
– A lesión que tivo foi a causa deixou o equipo de balonmán.
– Foron ao centro tiñan que facer unhas compras.
2. Completa estes enunciados con senón ou se non.
– podes quedar hoxe, vémonos mañá.
– Non só cheguei á hora que falaramos, dez minutos antes.
Non lle apetece outra cousa durmir.
– lle dixeses que tiñas cita na dentista non faría outros plans para hoxe pola tarde.
– o biscoito de framboesa, o resto das lambonadas coméronas todas.
3. Corrixe os posibles erros de uso das partículas subliñadas neste texto:
Dende que tiña sete ou oito anos preguntábase porqué o fútbol non provocaría nel unha reacción tan apaixonante como percibía no resto de rapaces da escola. Aquilo, evidentemente, facíao dubidar de si mesmo, por que eran fabas contadas os que coma el non amosaban interese por ese deporte e porque, ademais, o seu pai sempre lle estaba insistindo en que debería xogar, igual ca os demais, por que era necesario practicar algunha actividade para sentirse mellor física e animicamente. E por que non calquera outro deporte?, dicíase. Agora, coa perspectiva temporal e de experiencia que lle dan os seus corenta anos, pensa senón estaría motivado por unha certa personalidade rebelde o feito de non querer xogar ao fútbol de cativo, por que o mes pasado meteuse nunha equipo de colegas que xogan as fins de semana, sen ningún por que especial, e parece que non lle disgusta moito o asunto. Se non fose polas patadas que recibe nas canelas en cada partido, non só estaría contento, se non encantado da súa nova afección.
4. Escribe un texto de dez liñas no cal empregues os seguintes elementos cos significados que se indican. – Porque
Por que (pron. interrogativo)
– Porqué
– Senón (conx. adversativa)
– Por que (prep. por e pron. relativo que)
– Se non
LETRAS E SIGNOS « 6 173
–
–
5 10 15
1. Elabora un esquema no que inclúas as xeracións poéticas galegas durante a ditadura, as características de cada unha e os membros máis destacados.
2. Relaciona cada obra con quen a escribiu:
Profecía do mar Aquilino Iglesia Alvariño
As torres no ar Manuel Cuña Novás
Cómaros verdes Antón Avilés de Taramancos
Fabulario novo Manuel María
Códice calixtino Xosé María Díaz Castro
Nimbos Bernardino Graña
Do sulco Luz Pozo Garza
Terra de ningures Xohana Torres
Terra Chá Celso Emilio Ferreiro
3. Que liñas poéticas segue Celso Emilio Ferreiro na súa obra? Sintetiza o que trata en cada unha delas e indica algunha obra que se corresponda con cada grupo temático.
4. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións e modifica as falsas para convertelas en verdadeiras:
– Case ningún dos poetas considerados «importantes» dentro da nosa literatura ten poemas da súa autoría musicados.
– A música e a poesía comezaron a relacionarse no século xix a través do movemento romántico.
– As cantigas medievais galego-portuguesas estaban acompañadas de música.
– A poesía pasou de ser un xénero escrito a ser exclusivamente oral coa invención da imprenta.
– A día de hoxe hai poemarios como Edénica ou Berlín que xa naceron con acompañamento musical.
5. Escribe cadanseu enunciado no que figuren estas palabras relacionadas co carácter:
teimudo – inqueda
revirada
sosegada
apático
irreverente
6. Describe un compañeiro ou unha compañera da clase centrándote no seu carácter. Para facelo, emprega polo menos dez dos adxectivos estudados nesta unidade. Lembra que a descrición debe ser real, é dicir, co teu texto debemos ser capaces de identificar a persoa descrita.
7. Define coas túas palabras estes conceptos de sociolingüística:
– Planificación
– Normalización
– Normativización – Estandarización
– Prexuízo
8. Localiza, clasifica e analiza os complementos circunstanciais destas oracións:
– Onte tivemos que cambiar rapidamente de aula e facer o exame na biblioteca.
– Pola mañá cortouse cun coitelo na cociña ao preparar as torradas.
– En abril iremos cos de B para ver unha obra de teatro en Pontevedra. – Durmiu bastante e ao erguerse almorzou paseniño coa irmán.
– Nos concertos prefire estar de pé, pero volve á casa no coche da familia.
9. Constrúe dúas oracións con cada un destes verbos; unha na que teña suplemento e outra non:
– pensar
– acostumarse
– preocuparse
– contar
– alegrarse
– lembrar
10. Indica tres medidas que levarías a cabo para impulsar o uso da lingua galega en cada un destes tres ámbitos: empresarial, xudicial e medios de comunicación.
11. Completa con porque, porqué e por que:
– Os compañeiros queren saber fas iso consideran que non tes ningún
– non actuaría eu dese xeito?
– Non se sabe caeu aquela árbore, igual foi era moi vella.
Eu fago coma froita todos os días, pero el non quere prefire os bolos.
12. Completa con senón e se non, segundo sexa oportuno:
– chegas á hora marcharemos sen ti.
– Non o fai por obriga, por gusto.
– Aprobou todos o exames o último.
– Non le ningunha revista, Luzes de Galiza
– chega a tempo á estación perderá o tren.
6 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 174 »
Reforzo
–
–
–
–
–
–
» Ampliación
1. Explica razoadamente por que a xeración máis nova da poesía galega no período da ditadura recibiu os seguintes nomes:
– Xeración dos 50
– Xeración das Festas Minervais
– Grupo «La Noche»
– Escola da Tebra
2. Completa este cadro:
Luis Pimentel
Aquilino Iglesia Alvariño
Uxío Novoneyra
Antón Tovar
Xohana Torres
Manuel María
Luz Pozo Garza
3. Por que moitos cantautores galegos dos anos 60 e 70 colleron as letras de poemas de Celso Emilio Ferreiro para poñerlles música?
4. Con que autor do Rexurdimento galego se relaciona a obra poética de Celso Emilio? Por que?
5. Indica de que xeito se poden desmontar os seguintes prexuízos lingüísticos:
A lingua galega é válida só para as materias de humanidades, pero non para as científicas.
– Coñecer o galego péchache as portas para andar polo mundo adiante.
– Na escola non se aprende o galego de verdade.
– O galego está ben para a casa, pero ao poñer o pé fóra hai que falar outra lingua.
– Nas redes sociais non se debe usar o galego porque non sabes se quen te le o entende.
6. Constrúe dúas oracións nas que o complemento circunstancial sexa unha cláusula e outras dúas nas lle pase o mesmo ao suplemento.
7. Analiza a categoría gramatical de todos os porque, porqué, por que, se non e senón que empregaches nas actividades 11 e 12.
8. Explica o significado destes ditos e expresións referidos ao carácter e á personalidade:
– Ser de marca maior
– Non ser manco
Ser aberta das mans
– Ter moita trastenda
– Ser coma un toxo
– Mexar auga bendita
– Ser ave de rapina
– Non ter entrañas
9. Pode unha lingua normalizada non estar normativizada? E ao revés? Pon exemplos de cada unha destas situacións.
10. Completa estas oracións co que se indica en cada caso:
Eu penso ____________________________________ .
1 Suplemento e tres complementos circunstanciais.
O alumnado de cuarto fixo un proxecto fermosísimo ________.
1 Dous complementos circunstanciais, un deles que sexa unha cláusula.
– Ti crías ____________________________________ .
1 Un suplemento e un complemento circunstancial que sexan cláusulas.
– Elvira e Xulia corren ______________________________.
1 Catro complementos circunstanciais.
ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 6 175
–
–
–
–
AUTOR/A XERACIÓN PRINCIPAIS OBRAS
Fame de odio
Fraca, gorda ou moreniña
De pel branca ou ben planiña
Por todas as miñas curvas
Mando eu, eu son a guía
Mando eu, eu son a guía
Ailalaralalá
Ailalaralalá
Ai, lará lará
De todas as formas, nena
De todas son bonita
De todas as formas, nena
De todas son bonita
Miña nai así me deu
Vivo tranquila, a verdade
Eu non teño etiquetas
Se non lles gusta que rabien
E que rabien, e que rabien, e que rabien
Ailalaralalá
A dona lará, a doná lará
A dona lará (bis)
Son a dona, señora e patroa lará lará
Son a dona, señora e patroa lará lará
Son a dona, señora e patroa lará lará
De todas as formas, nena
De todas son bonita
A dona lará, a dona lará, a dona lará
De todas as formas, nena, de todas son bonita
A dona lará, a doná lará
Vai falando de min que che preste
Non terás meu choro para alzar a túa peste
Son a dona, señora e patroa
Da miña figura eu a creadora
Vai falando de min, que che preste
Non terás meu choro para alzar a túa peste
Son a dona, señora e patroa (bis)
Da miña figura eu a creadora
A dona lará, a doná lará
A dona lará (bis)
De todas as formas, nena
De todas son bonita
A dona lará, a dona lará
A dona lará (bis)
Onde manda patroa, mariñeiro non vale nada
Onde manda patroa, mariñeiro non
Onde manda patroa, mariñeiro non vale nada Tanxugueiras
176 6 » PROBA DE AVALIACIÓN
5 10 15 20 25 30 35 40 45
1. Le ou escoita a canción de Tanxugueiras e responde:
• De que sente orgullo o «eu lírico» da canción?
• Que quere dicir «Eu non teño etiquetas» (l. 15)?
• Importa o que pensen os demais dunha mesma segundo a canción? Xustifica a túa resposta cun verso.
• Cal é o tema principal da canción?
• Por que cres que ten ese título? Ponlle outro que lle acaia ben e que recolla a mensaxe que transmite.
2. Escribe en prosa o contido de «Fame de odio». Debes crear un parágrafo de enumeración.
3. Localiza dúas características da poesía que estean presentes na canción.
4. Fai unha listaxe das palabras ou expresións relacionadas co carácter que atopes na letra da canción e crea unha oración con cada unha delas.
5. Achega cinco termos que poidan definir o carácter dunha persoa que interprete esta canción.
6. Tras ler a letra da canción, podemos deducir que hai un prexuízo. Escríbeo e logo copia un verso que o rebata.
7. «Vai falando de min, que che preste» (l. 33) Localiza neste verso un exemplo de suplemento.
8. Busca na canción dous complementos circunstanciais e di o tipo de unidade que desempeña esa función.
9. Localiza os complementos circunstanciais nas seguintes oracións e di por que tipo de unidade están formados:
O mes próximo iremos de vacacións ao Courel.
– Esta mañá fun ao médico con miña nai.
– Está ben bonito o monte no outono.
– As ondas rompen con forza onde hai rochas.
10. «Non terás meu choro para alzar a túa peste / Son a dona, señora e patroa» (l. 30) Une estes dous versos empregando «porque», «porqué» ou «por que». Explica cal escolliches e di o tipo de palabra que é.
11. «Se non lles gusta que rabien» (l. 16). Que tipo de palabras son as subliñadas neste enunciado?
• Completa os seguintes enunciados con senón / se non.
– queres comer agora, podes esperar a que chegue teu irmán.
– Non o fai por mal, por que cre que así axuda.
12. Se a canción de Tanxugueiras fose un poema de Celso Emilio Ferreiro, en que liña temática do poeta a incluirías? Por que?
13. Define os seguintes conceptos e pon un exemplo: normalización e normativización.
• Cres que Tanxugueiras achegan o seu gran de area á normalización da lingua galega? E o feito de que canten con elas en galego artistas nacionais coma Rozalén? Xustifica a túa resposta.
14. Describe a evolución da lexislación lingüística en Galicida dende 1975 até hoxe. Redacta un escrito breve no que ofrezas unha valoración sobre esta evolución.
15. Explica as principais liñas temáticas da obra de Celso Emilio Ferreiro.
16. Sinala as principais diferenzas entre as tres xeracións de poetas estudadas nesta unidade.
177 PROBA DE AVALIACIÓN « 6
–
© GENÉRICO XERAIS
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A., 2023 - Dr. Marañón, 12, baixo - 36211 Vigo - Printed in Spain.
Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.