Xerais: Lingua Galega e Literatura 3 ESO (mostra)

Page 1

ESO LINGUA E LITERATURA 3

INCLÚE
PROXECTO DIXITAL mOstra
LICENZA 12 MESES

O proxecto educativo de Edicións Xerais para a Educación Secundaria

Obrigatoria dálle prioridade tanto á comprensión textual e á expresión escrita como á comprensión e expresión oral, en tanto que son a base para acadar a competencia lingüística en lingua galega.

Preténdese conseguir que a adquisición dos saberes básicos por parte dos alumnos lles axude a afrontar situacións habituais no seu desenvolvemento como persoas integrantes da nosa sociedade.

Inclusión

Desenvolvemento sustentable

Educación emocional Igualdade e diversidade

Lingua galega e literatura ESO

Aprendizaxe cooperativa

TIC Avaliación

Competencial

LITERATURA E COMUNICAMOS

Selección variada e atractiva de textos da unidade iníciase co estudo da historia da literatura, arrequecido cunha antoloxía de textos. A lectura da unidade está vinculada a actividades de comprensión lectora, expresión (oral e escrita) e análise das propiedades textuais.

» A narración Narrar contar historias reais ou ficticias protagonizadas por uns personaxe situados nun espazo tempo determinados. Á hora de construír unha historia moi importante a da narración, así como voz narradora punto de vista.

Os personaxes: son os que protagonizan as accións. Segundo sexa a súa importancia na historia poden ser principais (protagonistas antagonistas) ou secundarios. Tamén poden ser reais, ao se corresponder coa realidade, ou imafroito exclusivo da fantasía. Así mesmo, dende un punto de vista psicolóxico poden ser planos, se non evolucionan ao longo da historia, ou redondos, se van mudando ao longo do relato. O espazo: o lugar onde se sitúan os feitos narrados. Os espazos narrativos poden ser:

Espazos exteriores ou abertos.

Espazos ou pechados. O tempo: o período durante cal se desenvolven as accións. Debemos distinguir:

O a época en que se sitúa narración. Pódese citar explicitamente ou pódese deducir polos ambientes, personaxes etc.

O tempo interno: tempo que duran os acontecementos narrados na historia, uns minutos, varios días ou toda unha vida.

Estrutura A estrutura dunha narración refírese forma e á orde en que se presentan os acontecementos narrados. Diferénciase entre:

Estrutura externa: refírese aos capítulos ou partes nas que se divide escrito e que xeralmente están indicados nun índice.

Estrutura interna: refírese orde dos sucesos narrados. A estrutura interna, á súa vez, pode ser presenta tres partes: – Introdución preséntanse os personaxes, espazo o tempo onde se vai desenvolver acción.

Nó ou desenvolvemento recóllese o núcleo central da historia.

inclúese resolución da trama da historia, que pode ser pechada ou quedar aberta. Responden a este tipo de estrutura os contos tradicionais. Pola contra, na literatura contemporánea é máis frecuente ruptura da orde lineal na narración dos acontecementos, algo que se logra con técnicas como prolepse (saltos cara adiante na historia), analepse (saltos cara atrás), narracións in media res (comeza no medio da historia sen explicacións previas, co que busca captar a atención do lector) e a técnica de contrapunto (cando varias historias se van cruzando ao longo da narración).

cando te dirixes aos teus profesores profesoras? Que diferenzas atopas?

TIPOS DE TEXTOS « 1

A voz narradora e o punto de vista Cando se quere contar unha historia débese escoller unha voz narradora de vista dende o que narrar. A voz narradora: voz que nos conta que acontece na historia. Habitualmente está en 1ª ou 3ª persoa. En moitos relatos novelas hai máis dunha voz narradora. Esta voz narradora pode ser omnisciente, se coñece todo sobre acción os personaxes, ou obxectiva, se actúa coma se fose unha cámara.

O punto de vista: é lugar onde se sitúa a voz narradora para contar historia. Se se trata dunha voz narradora que fala dende dentro da historia como un personaxe máis, trátase dun punto de vista interno. Se voz narradora fala dende fóra da historia, sen formar parte dela, externo.

Le con atención seguinte texto responde estas preguntas: Como son os personaxes os espazos da historia? En que tempo se sitúa quen voz narradora? Desde que punto de vista se conta?

Os alumnos de cuarto, quinto e sexto eran os chamados «os maiores» e sempre ocupaban, invadían mellor dito, o patio grande, para os partidos de fútbol. Eu andaba sempre no patio de atrás, cos pequenos, non había problema ningún. Como lle daba bastante ben ao balón -xogaba todas as tardes co meu avó, que cando era novo fichárano nun equipo profesional, ou iso dicía-, ninguén cuestionaba que eu andase sempre no medio dos rapaces todos. Foi no momento de formar parte da elite do patio cando empezaron os problemas. A escola tiña un equipo de fútbol de certa sona na provincia, formada polos rapaces do terceiro ciclo. Mentres duraba liga interescolar, ían xogar fóra case todas as fins de semana adestrar para partido do sábado convertérase para eles nunha obsesión. —Ela non pode xogar, xa o falamos -dixo anxo, capitán do equipo-. Este ano temos que quedar primeiros. Segundo me dixeron, os Xesuítas teñen un equipo de carai. Necesitamos adestrar en serio. Despois da liga, que xogue se quere, mais agora nin de broma! —Pero, Anxo, se fai uns tiros porta de flipar, en serio, ben sabes. Raúl, irmán xemelgo de Lucía, mais eu levabamos xogando xuntos no patio desde sempre, Raúl devecía por chegar cuarto empezar a competir co equipo. –Por nada do mundo, Raúl, xa o falamos; non digas que non te avisei. Se non queres xogar ti tampouco, é cousa túa; pero ela non Eva Mejuto, 22 segundos

OS NOMES DAS COUSAS
Conceptos de léxico, semántica e formación de palabras con ricos recursos visuais para a presentación dos contidos e actividades orais e escritas.

O narrador organiza presenta os feitos da maneira que mellor lle convén para conseguir crear intriga, curiosidade, medo etc., segundo lle

» Galicia na Idade Media.

A cantiga de amigo

ICONAS UTILIZADAS

Competencia en comunicación lingüística

Competencia plurilingüe

Competencia en matemática e ciencia e tecnoloxía (STEM)

Competencia dixital

Competencia persoal, social e de aprender a aprender

Competencia cidadá

Competencia emprendedora

Competencia en conciencia e expresións culturais

Distintos significados dentro da mesma entrada, cando se trata de palabras polisémicas.

No caso dos verbos, podes acceder toda conxugación verbal, premendo no botón “conxugar”. Por exemplo, podes comprobar se o verbo asumir presenta alternancia, como durmir, ou non: https://academia.gal/dicionario/-/ termo/busca/asumir

16

» Comprendemos Procura no texto un sinónimo de cada unha destas palabras:

contenta

cortastes

pólas –– lembraban

mozo Responde brevemente as seguintes cuestións: a) Quen voz poética nesta cantiga? b) quen se dirixe? c) Cal o estado anímico da protagonista? d) En que momento do día se sitúa a cantiga?

A Galicia medieval A sociedade galega na Idade Media era unha sociedade feudal: estaba formada por unha maioría de labregos que vivían no rural (ao redor do 90% da poboación), polos artesáns comerciantes que vivían nas vilas, polos nobres (grupo reducido que tiña poder político real riqueza de terras), polo rei, máxima autoridade, aínda que con poder máis teórico ca real. Nesta situación social, superados os temores do ano mil minguadas as invasións dos pobos do norte, Galicia, como resto da Europa occidental cristiá, coñeceu unha etapa histórica de gran desenvolvemento, que alcanzaría as maiores cotas durante os séculos Na agricultura: amplíanse os espazos cultivados, especialízase diversifícase produción aparecen mellores apeiros agrícolas para traballar terra. No comercio: sobre todo centrado no artesanado no comercio terrestre marítimo a longa distancia. No asentamento da poboación: aparecen novos núcleos urbanos consolídanse cidade vila como núcleo vertebrador do territorio, a parroquia como marco de referencia básico para identificar persoas posesións. No crecemento da poboación rural urbana. Esta última dedicada ao artesanado, ao comercio aos servizos para os nobres. Na consolidación de Compostela como cidade máis importante de Galicia, ao se converter nun dos máis destacados focos culturais europeos, ao ser punto de peregrinaxe dos reinos cristiáns occidentais, grazas ao ben facer dunha personalidade principal na época, arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez. No ámbito político, Galicia, que dende século viii constituía unha unidade política cos reinos de León e Asturias, gozou de certa autonomía que lle permitiu configurarse como reino independente nalgúns momentos dos séculos Neste contexto explícase que aparecese neste momento histórico unha extraordinaria cultura literaria artística, que acadou unha dimensión universal. Por unha parte, chamada arte románica tivo durante os séculos esplendor, como o testemuñan as catedrais de Santiago, Lugo, Tui, Ourense Mondoñedo, así como mosteiros e numerosas igrexas dispersas por todo o país. Pola outra, a nivel literario, sobrancean os dous milleiros de composicións poéticas que compoñen lírica galego-portuguesa, que converteron a lingua galego--portuguesa no principal vehículo de expresión literaria do occidente peninsular.

3. Tendo en conta as respostas que deches para as preguntas anteriores, que xénero pertence esta cantiga? Por que? As cantigas medievais adoitan empregar varios recursos estilísticos baseados na repetición de palabras ou de ideas. Que versos se repiten nesta cantiga? Que nome reciben eses recursos estilísticos empregados por Nuno Fernandes Torneol?

5. Se contestaches ben pregunta anterior, serache moi fácil escribir o primeiro verso dunha hipotética novena estrofa dunha décima estrofa. Grazas a que recurso estilístico deches coa resposta? Agora que xa deches cos primeiros versos desas estrofas, complétaas botando man doutros dous recursos: paralelismo refrán. As cantigas manexan moitos elementos simbólicos, dicir, palabras que evocan unha realidade diferente do seu significado habitual. Indica se as seguintes expresións da cantiga teñen que ver cun amor feliz correspondido ou cun desencontro amoroso:

secastes os ramos

tódalas aves do mundo d’amor cantavan Adapta cantiga que serviu de lectura ao galego actual. Repara especialmente nos cambios ortográficos que tiveches que facer coméntaos. 8. «Levad’, amigo que dormides as manhanas fría» (v.1) « Levad’, amigo que dormíde-las frías manhanas» (v. 4) Nas cantigas paraletísticas coma de Nuno Fernandes Torneol úsase sinonimia o cambio da orde das palabras para manter mesmo significado en cada par de estrofas.

TIPOS DE TEXTOS

»

Expresión escrita

1. D. Denís, rei de Portugal, perdeu os versos das primeiras catro estrofas desta cantiga. Conseguiu recuperalos, pero só ordenou os versos da primeira estrofa e o segundo verso da segunda. O resto de versos están no pergamiño da esquerda. Por parellas, botádelle unha man para colocalos na orde axeitada:

1 » COMUNICAMOS COMUNICAMOS « 1 Nuno Fernandes Torneol foi un trobador Castela que se tería instalado na corte trobador compostelán cítao nunha das oito de amigo e unha satírica). Un dos seus textos de amor foi versionado musicado Legiao Urbana, podes atopalo na páxina Son de Poetas (Pois naci nunca amor).

»

De que morredes, filha, do corpo velido? Madre, moiro d’amores que mi deu meu amigo. Alva é, vai lieiro! — Madre, moiro d’amores que mi deu meu amado

2. «Manhanas frías» «frías manhanas» son exemplos de paralelismo, onde podemos apreciar mesmo adxectivo anteposto posposto ao mesmo substantivo. Teñen mesmo significado? Explica as diferenzas de significado entre os membros destas parellas: – obra grande grande obra – biblioteca antiga antiga biblioteca – muller nobre nobre muller – home pobre pobre home – executiva alta alta executiva –– amigo vello vello amigo – persoa simple simple persoa

Expresión oral

1. Tes posibilidade de viaxar no tempo ata Idade Media. O teu destino é un castelo dun nobre galego no que se está celebrar unha velada poética. Cóntalles aos teus compañeiros compañeiras en voz alta que viches, reparando naquilo que máis che chamase a atención. En grupos ides tentar crear unha cantiga de amigo con léxico actual. Non esquezades introducir recursos como o refrán, o paralelismo e o leixaprén. Unha vez rematada, lédea publicamente resto da clase xulgará a orixinalidade e perfección técnica da vosa cantiga. Se vos presta, podedes continuar seguinte.

Analise e traballo de diferentes tipoloxías textuais.

Relacións de xerarquía semántica Hiperonimia: Relación que se establece entre un termo xenérico varios específicos (animal hiperónimo de can, gato, lebre, serpe, balea…). Hiponimia: Relación establecida entre os termos específicos un termo xenérico (can, gato, lebre, serpe, balea… son hipónimos de animal). Cohiponimia: Relación que se establece entre os termos dun mesmo nivel xerárquico (entre can, gato, lebre, serpe e balea establécese unha relación de cohiponimia). Premendo neste símbolo podes escoitar a pronuncia da palabra.

sinónimos Pito polo son sinónimos. distintas acepciónstes, que indica que se trata de palabras homónimas.

Coma un pito significa moi mollado.

1. Choque violento. 2. Batedura coa man ou cun pau. 3. Efecto dunha contusión…).

Homonimia: Cando varias palabras teñen un mesmo significante distintos significados. As palabras teñen entradas diferentes no dicionario(golpe golpe ).

Relacións de oposición semántica

TIPOS DE HOMÓNIMOS

Afouteza impúxose por goleada na votación da «palabra galega do ano» realizada entre o 18 o 25 de decembro polo Portal das Palabras da Real Academia Galega Fundación Barrié. O termo recibiu ao redor da metade dos apoios (3.004 votos) entre as 6.228 persoas que en total participaron na elección, superando independencia (939) e sapoconcho (830). Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero velutina completaron, por esta orde,rrupción (2014), refuxiado/a (2015) irmandade (2016). A súa popularización débese en boa medida súa utilización polo Celta de Vigo, que converteu nun dos seus símbolos partir da súa presenza no seu himno. Durante varios meses deste ano 2017 afouteza foi, ademais, palabra máis buscada no Dicionario. Isto debeuse en boa medida súa habitual utilización polo Celta de Vigo nas súas comunicacións públicas, en cartelería como un símbolo dos seus seareiros seareiras: «Ensinémoslle ao mundo o significado da afouteza», era título da campaña, baseado nun verso do propio himno do club («Ala Celta demostrar, por historia tradición, que o teu lema nobre xogo, afouteza corazón»). Os dous significados están moi vinculados pero conservan un valor semántico específico, explica Real Academia Galega, e esta a razón pola que se propoñen para cada un deles voces diferentes como sinónimos; para «disposición do ánimo», poden ser equivalentes animosidade, audacia, denodo, ousadía valor. Para segunda acepción, do «carácter firme seguro», os que se propoñen como termos relacionados, non estritamente sinónimos, son decisión enerxía.

Antónimos: A oposición ten unha gradación (entre quente frío hai outras temperaturas). Complementarios: A afirmación dun termo supón a negación do outro (algo que está acendido non está apagado).

Campo semántico: conxunto de palabras que teñen en común algún trazo do seu significado. Por exemplo: bicicleta, forman parte do campo semántico dos medios de transporte. conxunto de palabras que comparten mesmo lexema. Familias léxicas regulares: cando todos os termos comparten un lexema sen variación na forma porta, porteiro, portal, portelo…).

Familias léxicas irregulares: cando os termos presentan algunha variación na forma do lexema persoa, persoal, personaxe…). especializados, como Dicionario de fraseoloxía galega; sinónimos antónimos ou dicionarios bilingües, por exemplo, o dicionario castelán-galego Rinoceronte (https:// rinoceronte.gal/dicionario/).

Coinciden na pronuncia na escrita. golpe (choque de dous corpos) golpe (raposo) Homófonos Coinciden na pronuncia, pero diferéncianse na escrita. habano (cigarro) abano (utensilio para dar aire) Le o seguinte artigo de Praza, no que se informa sobre a palabra máis votada máis Buscade no dicionario ofrecede información sobre as outras palabras que aparecen no artigo como as máis votadas, parte de afouteza: definición, información gramatical, sinónimos, sentidos figurados, frases feitas.

17
––
COMO É O TEU LIBRO LITERATURA « 1 1 LITERATURA » Galicia na Idade Media. cantiga de amigo TRABALLO CO TEXTO Levad’, amigo que dormides as manhanas frías TIPOLOXÍA TEXTUAL narración ANÁLISE DO TEXTO » adecuación OS NOMES DAS COUSAS dicionario. As relacións semánticas LINGUA SOCIEDADE nosa familia lingüística. lusofonía LINGUA POR DENTRO Lexemas morfemas. Clases de palabras segundo súa morfoloxía LETRAS E SIGNOS » O alfabeto Como cres que era a sociedade medieval galega alá polos séculos xiii Era unha sociedade maioritariamente rural ou urbana? Que lingua cres que falaba o pobo? E os nobres? E os reis? Que divertimentos tiñan a nobreza os reis? Falas ou escribes igual cando te dirixes a un amigo que
1 » OS NOMES DAS COUSAS OS NOMES DAS COUSAS « 1 22 23 Recóllese se se trata de significados pertencentes ao rexistro coloquial, familiar, popular. » O dicionario Habitualmente usamos dicionario para buscar significado dunha palabra que non entendemos. Pero ademais do significado das palabras, os dicionarios ofrécennos outras informacións complementarias. » As relacións semánticas As relacións semánticas son as que se producen entre as palabras dende o punto de vista do significado. Relacións de afinidade semántica Sinonimia: Palabras distintas que teñen un mesmo significado golpe raposo). Polisemia: Unha palabra polisémica cando ten varios significados. No dicionario hai unha soa entrada con distintas acepcións golpe:
18
19
O tempo pode ser un período máis longo ou máis curto pode referirse ao presente, pasado ou futuro, ou mesmo un tempo indeterminado. espazo simple decorado senón que chegaa condicionar comportamento dos personaxes, reflectir seu estado de ánimo incluso pode chegar ser un
1 » TIPOS DE TEXTOS

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra maneira de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

COMO ACCEDES?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder xunto á primeira páxina do teu libro.

acceso ao proxecto dixital. Tes dúas maneiras de utilizalo:

A. Se o centro no que estudas dispón dunha plataforma educativa, introduce o código nela.

B. Se o teu centro educativo non dispón de plataforma, entra en www.anayaeducacion.es e sigue estes pasos:

1. Fai clic na zona privada da nosa web.

2. Introduce o teu usuario e contrasinal. Se es menor, precisarás a axuda dun adulto.

3. Selecciona engadir licenza e introduce o código que hai impreso xunto a estas liñas.

4. O proxecto dixital cargarase automaticamente na túa biblioteca. Recorda que este código é persoal. Só é válido para un usuario e terá un ano de vixencia desde o día da súa activación. Recomendámosche que o actives xusto ao inicio do curso. ANO

COMO É O TEU LIBRO DIXITAL
Este libro incorpora Edudynamic, un proxecto dixital que cobre todos os contidos do curso e que se adapta a calquera plataforma e dispositivo. Nel vas atopar un gran número de actividades e recursos dixitais, gamificación, esquemas e resumos, apps recomendadas, vídeos, animacións, avaliacións, enlaces externos e moito máis. É un proxecto actual e de navegación moi intuitiva, que che permitirá descubrir outras formas de aprender. COMO ACCEDER AO PROXECTO DIXITAL O código que hai impreso xunto a estas liñas dáche

COMO É?

Unha resposta global para un contorno educativo diverso.

QUE CHE OFRECE?

Contén diversidade de recursos; é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles vas poder: Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos e esquemas

Aprender audios, vídeos, presentacións...

Avaliar autoavaliación, portafolio

Intuitivo

Fácil de usar para ti.

Multidispositivo

Adátase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, móbil…) a calquera tamaño e resolución.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a Internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que o esteas usando.

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, os contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utlizadas nos centros escolares.

LITERATURA E COMUNICAMOS TIPOS DE TEXTOS

Lírica medieval

«Levad’, amigo que dormides as manhanas frías», Nuno Fernandes Torneol

Lírica medieval «Mes de santos, defuntos e magostos galegos, samhaim irlandés», Felipe Senén

Lírica medieval

«Chiscarlle o ollo ao teu gato pode comunicarte con el», gciencia.com

A narración

A adecuación textual

OS NOMES DAS COUSAS

O dicionario. As relacións semánticas

Os séculos escuros

Silke, Andrea Maceiras

O Rexurdimento. Rosalía de Castro

«A xustiza pola man», Rosalía de Castro

Manuel Curros Enríquez

«Animais que curan», Sermos Galiza

A descrición

A coherencia textual

A saúde

Eduardo Pondal

Entrevista á actriz María Mera, María Yáñez

As Irmandades da Fala

«Love in the ESO», Jacobo

Fernández Serrano

As Irmandades da Fala

«No sexo, guíate ben», Luísa Abad, María Xosé Bravo e Carme Vilariño

A noticia

A cohesión textual

O tempo meteorolóxico

A reportaxe

Mecanismos de cohesión textual I

O diálogo Mecanismos de cohesión textual II

Os textos formalizados Mecanismos de cohesión textual III

As árbores

A entrevista

Os conectores I

O libro e as bibliotecas

A banda deseñada

Os conectores II

As novas tecnoloxías

O texto informativo

A linguaxe non sexista

Os peixes

Os sentidos e a acción

As vacacións

ÍNDICE
EN ACCIÓN PROXECTO EN ACCIÓN PROXECTO EN ACCIÓN 1 4 7 2 5 8 3 6 9 8 80 146 32 100 166 56 122 184 PÁX.
PROXECTO

SOMOS LINGUA COÑECEMOS A LINGUA LETRAS E SIGNOS REPASO

As familias lingüísticas. A lusofonía Lexemas e morfemas. Clases de palabras segundo a morfoloxía

Historia social da lingua: o esplendor

O substantivo: morfoloxía e funcións.

Frase substantiva e frase nominal

O alfabeto Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

O sistema vocálico Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Linguas en contacto: bilingüismo e diglosia

O adxectivo: morfoloxía e funcións.

Frase adxectiva

O sistema consonántico Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

XOGAMOS! A NOSA LIGA DOS DEPORTES

Historia social da lingua: a decadencia

Os determinantes: morfoloxía e funcións

Grupos consonánticos: bl, cl, fl, gl, pl, tl, cc, ct, x [ks]…

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Linguas en contacto: prexuízos lingüísticos

Os pronomes persoais: morfoloxía e funcións

Ditongo, tritongo e hiato Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

Historia social da lingua: a dignificación

O verbo: morfoloxía e funcións Regras xerais de acentuación Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

EN QUE SENTES QUE ES ÚNICO?

A normalización lingüística

nominais do verbo. Perífrases verbais O til diacrítico Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación A variación social

Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

As linguas en contacto

Maiúsculas e minúsculas Actividades de reforzo e ampliación

Proba de avaliación

SOMOS PARTE DOS ECOSISTEMAS

Formas
Preposicións Adverbios A diérese O apóstrofo
Conxuncións Interxeccións

LITERATURA » Galicia na Idade Media. A cantiga de amigo

TRABALLO CO TEXTO » Levad’, amigo que dormides as manhanas frías

TIPOLOXÍA TEXTUAL » A narración

ANÁLISE DO TEXTO » A adecuación

OS NOMES DAS COUSAS » O dicionario. As relacións semánticas

LINGUA E SOCIEDADE » A nosa familia lingüística. A lusofonía

A LINGUA POR DENTRO » Lexemas e morfemas. Clases de palabras segundo a súa morfoloxía

LETRAS E SIGNOS » O alfabeto

• Como cres que era a sociedade medieval galega alá polos séculos xii e xiii? Era unha sociedade maioritariamente rural ou urbana? Que lingua cres que falaba o pobo? E os nobres? E os reis? Que divertimentos tiñan a nobreza e os reis?

• Falas ou escribes igual cando te dirixes a un amigo que cando te dirixes aos teus profesores e profesoras? Que diferenzas atopas?

1

» Galicia na Idade Media.

A cantiga de amigo

A Galicia medieval

A sociedade galega na Idade Media era unha sociedade feudal: estaba formada por unha maioría de labregos que vivían no rural (ao redor do 90% da poboación), polos artesáns e comerciantes que vivían nas vilas, polos nobres (grupo reducido que tiña poder político real e riqueza de terras), e polo rei, máxima autoridade, aínda que con poder máis teórico ca real.

Nesta situación social, superados os temores do ano mil e minguadas as invasións dos pobos do norte, Galicia, como o resto da Europa occidental cristiá, coñeceu unha etapa histórica de gran desenvolvemento, que alcanzaría as maiores cotas durante os séculos xii e xiii

As melloras maniféstanse en diversos eidos:

• Na agricultura: amplíanse os espazos cultivados, especialízase e diversifícase a produción e aparecen mellores apeiros agrícolas para traballar a terra.

• No comercio: sobre todo centrado no artesanado e no comercio terrestre e marítimo a longa distancia.

• No asentamento da poboación: aparecen novos núcleos urbanos e consolídanse a cidade e a vila como núcleo vertebrador do territorio, e a parroquia como marco de referencia básico para identificar persoas e posesións.

• No crecemento da poboación rural e urbana. Esta última dedicada ao artesanado, ao comercio e aos servizos para os nobres.

• Na consolidación de Compostela como cidade máis importante de Galicia, ao se converter nun dos máis destacados focos culturais europeos, ao ser punto de peregrinaxe dos reinos cristiáns occidentais, grazas ao ben facer dunha personalidade principal na época, o arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez.

• No ámbito político, Galicia, que dende o século viii constituía unha unidade política cos reinos de León e Asturias, gozou de certa autonomía que lle permitiu configurarse como reino independente nalgúns momentos dos séculos xi e xii.

Neste contexto explícase que aparecese neste momento histórico unha extraordinaria cultura literaria e artística, que acadou unha dimensión universal.

Por unha parte, a chamada arte románica tivo durante os séculos xi a xiii o seu esplendor, como o testemuñan as catedrais de Santiago, Lugo, Tui, Ourense e Mondoñedo, así como mosteiros e numerosas igrexas dispersas por todo o país.

Pola outra, a nivel literario, sobrancean os dous milleiros de composicións poéticas que compoñen a lírica galego-portuguesa, que converteron a lingua galego--portuguesa no principal vehículo de expresión literaria do occidente peninsular.

LITERATURA « 1 7

A literatura medieval

Na literatura medieval, aínda que tamén houbo textos narrativos, foron máis abundantes as producións poéticas, as chamadas cantigas, coas que se acadaron altas cotas de perfección artística.

En Galicia existía unha rica tradición de literatura popular relacionada coas colleitas, a chegada da primavera etc., que, mesturada coa lírica provenzal ou occitana (escrita en lingua romance no sur de Francia e chegada aquí a través do camiño de Santiago), deu lugar ao nacemento da lírica galego-portuguesa medieval.

Así pois, chámaselle lírica medieval a un conxunto de composicións poéticas (ao redor de 1.680 textos profanos e 420 relixiosos) escritas en lingua galego-portuguesa ao longo de máis de 150 anos, dende finais do século xii a mediados do século xiv.

Considérase que a cantiga máis antiga é «Ora faz host’o senhor de Navarra», de Joán Soárez de Pavia.

A perfección desta cantiga fai supor que non puido xurdir da nada e que deberon existir moitas cantigas anteriores de carácter exclusivamente oral, até que se comezaron a fixar por escrito e se transcribiron por medio de copias. Estas coleccións de manuscritos chamáronse cancioneiros.

Os cancioneiros

Todos estes textos chegaron a nós a través dos cancioneiros, follas compiladas e escritas á man por copistas, e moitos deles ilustrados.

Consérvanse tres, que pertencen a épocas diferentes:

• Cancioneiro da Ajuda: consérvase en Lisboa e está datado a finais do século xiii ou comezos do xiv. Conserva 310 cantigas, case todas de amor.

• Cancioneiro da Biblioteca Nacional: tamén se conserva en Lisboa, aínda que foi copiado en Italia no século xvi sobre un orixinal anterior, hoxe desaparecido. É o máis completo, posto que posúe 1.700 pezas de todos os xéneros.

• Cancioneiro da Vaticana: consérvase na biblioteca do Vaticano, onde foi encontrado. Como o anterior, é unha copia do século xvi sobre un orixinal anterior desaparecido. Reúne unhas 1.200 composicións de todos os xéneros.

Dispoñemos doutros manuscritos menores que recolleron a lírica galego-portuguesa, como o Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de Martin Codax, seis das cales aparecen acompañadas pola transcrición musical. O mesmo acontece co Pergamiño Sharrer, que contén a letra e a música das cantigas de D. Denís de Portugal.

A existencia desta culta e rica literatura redescubriuse a comezos do século xx, cando foron encontrados estes cancioneiros, o que provocou grande impacto nos círculos intelectuais, porque significaba que unha lingua naqueles anos marxinada tivera unha cultura totalmente desenvolvida nunha época moi antiga.

8 1 » LITERATURA

Autores e intérpretes

As cantigas naceron para ocupar o tempo de lecer da nobreza e dos reis. Formaban parte dun espectáculo no que se cantaba e bailaba, co cal a súa interpretación estaba acompañada con diversos instrumentos musicais e incluso con bailes e danzas. Na súa produción e interpretación participaban diferentes figuras que, segundo a súa categoría social, tiñan diferente función:

• Trobador: trátase dun membro da nobreza que no seu tempo de lecer compoñía as cantigas. Ás veces tamén as interpretaba.

• Segrel: pertencían á pequena nobreza, á fidalguía, e interpretaban as súas propias composicións.

• Xograr: estaba na escala máis baixa dos tres e era única e exclusivamente o intérprete en prazas e castelos das cantigas que compoñían os trobadores, moitas veces acompañado dalgún instrumento musical. Algúns tamén acabaron escribindo poemas, polo que foron ridiculizados polos trobadores.

• Menestrel: ocupábase da parte musical.

• Soldadeira: eran mulleres que participaban no espectáculo acompañando os xograres con cantos e bailes. A máis citada nas cantigas foi María Balteira.

» A cantiga de amigo

Os cancioneiros

As cantigas de amigo son breves composicións en que unha voz feminina, moza solteira e namorada, se dirixe ao seu amado, normalmente ausente, que aparece sempre citado como amigo, de aí o nome do xénero. Así mesmo, en moitas cantigas a moza diríxese á nai, á unha irmá, a unha amiga, ou a elementos da natureza (ondas do mar, follas dos piñeiros…) para contarlles o seu sentimento amoroso.

É o xénero máis representativo da lírica galego-portuguesa e a crítica considérao o máis perfecto e elaborado.

Orixe

Para a maioría dos estudosos as cantigas de amigo eran reelaboracións cultas dunha poesía popular autóctona, común a outros poemas de autoría feminina das zonas de lingua romance, das que o exemplo peninsular serían as «kharxas» mozárabes.

Pódese dicir que as cantigas de amigo, tal e como chegaron a nós, son superviventes modernizadas da primitiva escola lírica galego-portuguesa, que, tras seren estilizadas, refinadas e de-puradas polos trobadores, se converteron nun produto artístico de primeira orde.

Tema

O tema central destas cantigas é o amor dunha muller polo seu amigo, normalmente ausente. Cómpre destacar que aínda que a voz sexa feminina o autor da cantiga é sempre un trobador, que finxe ser unha muller.

A LÍRICA MEDIEVAL

A lírica profana

• Temática amorosa: cantigas de amigo e cantigas de amor.

• Temática satírica ou burlesca: cantigas de escarnio e maldicir.

• Xéneros menores: pranto, tenzón e pastorela.

Lírica relixiosa

• Cantigas de Santa María: dirixidas á Virxe e escritas por Afonso X o Sabio.

VALORES SIMBÓLICOS

Cervos Simbolizan o namorado.

Augas Simbolizan a moza e a virxindade.

Fontes Lugar de encontro entre os namorados.

Mar Símbolo da paixón amorosa.

Vento Símbolo da masculinidade.

9 LITERATURA « 1

Vaiamos irmana, vaiamos dormir, nas ribas do lago, u eu andar vi a las aves meu amigo.

Vaiamos irmana, vaiamos folgar nas ribas do lago, u eu vi andar a las aves meu amigo.

Nas ribas do lago, u eu andar vi, seu arco na mãao as aves ferir, a las aves meu amigo.

Nas ribas do lago, u eu vi andar, seu arco na mãao a las aves tirar, a las aves meu amigo.

Seu arco na mãao as aves ferir, e las que cantavan leixa-las guarir, a las aves meu amigo.

Seu arco na mãao a las aves tirar, e las que cantavan non as quer matar, a las aves meu amigo.

Recursos formais

As cantigas de amigo tiñan como finalidade seren cantadas, por iso a súa principal característica formal é o emprego de técnicas repetitivas, que servían para estruturar o texto e facilitar a memorización e comprensión. Ademais, esta estrutura permitía fixar un ritmo marcado para a súa declamación.

Entre os recursos repetitivos máis habituais cómpre salientar os seguintes:

Paralelismo

É un recurso expresivo baseado na repetición de versos, ideas ou construcións sintácticas con leves variacións.

Leixaprén

É un recurso propio das cantigas de amigo galego-portuguesas que relaciona cada parella de estrofas coa parella seguinte.

Consiste na repetición dos segundos versos do primeiro par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, e os segundos deste como primeiros do seguinte, e así sucesivamente.

Refrán

É un verso que se repite ao final de cada unha das estrofas.

Tipos de cantigas de amigo

Atendendo aos aspectos temáticos e ambientais, estas cantigas presentan os seguintes subxéneros:

• Bailadas: unha rapaza expresa a alegría que lle produce o namoramento e convida as compañeiras a bailar.

• Barcarolas ou mariñas: presentan o mar como elemento común (ambiental, de diálogo da rapaza coas ondas do mar etc.).

• Cantigas de romaría: desenvólvense ao pé dunha ermida un día de romaría cando se produce, ou se desexa, o encontro entre a rapaza e o amigo.

• Albas ou alboradas: están localizadas nesa hora do amencer cando os amantes deben interromper o encontro amoroso.

1. Que significa que a repetición é o principio estruturador das cantigas de amigo?

2. Que relación ves entre as cantigas de amigo e a música actual no que se refire a elementos de repetición para facilitar a memorización?

3. Nas cantigas de amigo exprésase unha voz feminina, aínda que o autor é un home. Consideras que recollían fielmente os sentimentos das mulleres?

1 » LITERATURA 10
leixaprén paralelismo refrán

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas, e quen for velida como nós, velidas, se amigo amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá1 bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas, so aqueste ramo d’estas avelanas, e quen for louçana como nós, louçanas, se amigo amar, so aqueste ramo d’estas avelanas verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’al2 non fazemos so aqueste ramo frolido bailemos, e quen ben parecer como nós parecemos, se amigo amar, so aqueste ramo, sol que3 nós bailemos, verrá bailar.

—Tal vai o meu amigo, con amor que lh’eu dei, come cervo ferido de monteiro del-Rei.

Tal vai o meu amigo, madre, con meu amor, come cervo ferido de monteiro maior.

E, se el vai ferido, irá morrer al mar; si fará meu amigo, se eu del non pensar1.

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo,

E ai Deus se verrá1 cedo!

Ondas do mar levado2, se vistes meu amado?

E ai Deus se verrá cedo!

Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro?

E ai Deus se verrá cedo!

Se vistes meu amado, por que hei gran coidado?

E ai Deus se verrá cedo!

—E guardade-vos, filha, ca ja m’eu atal vi que se fez mui coitado, por guaanhar de min2.

E guardade-vos filha, ca ja m’eu vi atal que se fez (o) mui coitado, por de min guaanhar.

1. Así fará o meu amigo se eu non penso un remedio.

2. Tede coidado, filla, que eu xa me atopei con quen se fixo o coitado por aproveitarse de min.

En San Mamed’, u1 sabedes que viste-lo meu amigo oj’ouver’a seer migo2; mia madre, fe que devedes3 leixedes-mi-o ir veer4!

O que vistes esse dia andar por mi mui coitado chegou m’ora seu mandado5; madre, por Santa Maria, leixedes-m-i-o ir veer!

1. Onde.

2. Hoxe tiña que verse comigo.

3. Pola vosa fe.

4. Deixádemo ir ver.

5. Acaba de chegarme o seu recado.

6. Por cortesía.

Pois el foi d’atal ventura que sofreu tan muito mal por mi e ren non lhi val, mia madre, e por mesura6 leixedes-mi-o ir veer!

Eu serei por el coitada pois el é por mi coitado; se de Deus ajades grado, madre ben aventurada, leixedes-mi-o ir veer!

ESCOLMA « 1 11
Martin Codax 1. Virá. 2. Outra cousa. 3. Só que; con tal que. 1. Virá. 2. Profundo.
» Texto 1 » Texto 3 » Texto 2 » Texto 4
Pero Meogo

Levou-s’aa alva, levou-s’a velida: vai lavar cabelos na fontana fría. Leda dos amores, dos amores leda.

Levou-s’aa alva, levou-s’a louçana: vai lavar cabelos na fría fontana. Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fría; passou seu amigo, que lhi ben quería. Leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fría fontana; passa seu amigo, que a muit’amava. Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo, que lhi ben quería: o cervo do monte a augua volvía. Leda dos amores, dos amores leda.

Passa seu amigo, que a muit’amava: o cervo do monte volvía a augua. Leda dos amores, dos amores leda

1 » ESCOLMA 12
» Texto 5
Pero Meogo

Sedia-mi eu1 na ermida de San Simion e cercaron-mi as ondas, que grandes son. Eu atendendo o meu amig’! E u era2?

Estando na ermida, ant’o altar, cercaron-mi as ondas grandes do mar. Eu atendendo o meu amig’! E u era?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son; non ei (i) barqueiro nen remador. Eu atendendo o meu amig’! E u era?

E cercaron-mi as ondas do alto mar; nen ei3 (i) barqueiro nen sei sei remar. Eu atendendo o meu amig’! E u era?

Non ei (i) barqueiro nen remador: morrerei (eu), fremosa, no mar maior; Eu atendendo o meu amig’! E u era?

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar; morrerei eu, fremosa no alto mar. Eu atendendo o meu amig’! E u era?

Meendinho

» A pegada das cantigas de amigo

Homenaxe a Pero Meogo

—Dime a onde vas, miña cerva ferida, dime a onde vas, polo meu amor!

—Vou pra o verso dunha cantiga meu cazador!

—Dime a onde vai teu cabelo, doncela, dime a onde vai, polo meu amor! —Vai pra unha fita verde de seda, meu cazador!

—Dime unha cita de alba, amiga, dime unha cita, polo meu amor! —Onde o cervo do monte á auga volvía, meu cazador!

—Nunca vi cerva nos beizos deitada, nunca vi fita que atese no vento, nunca vi cervo que volvese ao alto, polo meu amor!

Álvaro Cunqueiro

Herba aquí e acolá (1991)

Unión libre

Sedíame só no grande mar e cercáronme as ondas que cantara o xogral apareciches dorna e houbeches barqueiro para te remar. Compañeira e amante como o coñecemento e o sexo e a verba e a terra habitada (...)

Claudio Rodríguez Fer Vulva (1990)

Neotrovadorismo (IV)

Ondas do mar de Vigo se vistes meu amigo: que marchei.

Colectivo Ronseltz Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)

1. Indica o tema de cada unha destas cantigas e xustifica a súa inclusión dentro das cantigas de amigo.

2. Sinala nestas cantigas algúns dos símbolos máis recorrentes das cantigas de amigo.

3. En cales hai paralelismo, leixaprén e refrán?

4. A que tipos de cantiga de amigo pertence cada unha?

Contrabando de amigo

(...)

Mentiches meu amigo, mentiches meu amor mentira meu amigo, ti non fuches ó Gran sol contrabando de tabaco e de drogas de drogar amor de batea o que ti me queres dar.

Sentada estaba eu na illa de San Simón esperando, meu amigo, que volveses do Gran Sol pola ponte pasan coches, planeadoras polo mar peaxe e contrabando, o amor non paga arancel.

Ti non fuches ó Gran Sol contrabando contra o sol de batea o teu querer contrabando o teu amor

Sentada non vou quedar, non vou mirar atrás pola ponte pasan coches, non son estatua de sal contrabando que ti fas, ti non pescas no Gran Sol mellor foi así no pérsico naufragar.

Antón Reixa viva galicia beibe (1994). Reixa compuxo este poema para o disco Ondas do mar de Vigo (1989), de Na Lúa.

ESCOLMA « 1
1. Estaba eu. 2. E onde estaba?
Texto 6
3. Nin teño.
»
13

Levad’: Erguédevos, levantádevos. do meu amor e do voss’en ment’havían: o noso amor tiñan en mente. ementavan: tiñan en mente, lembraban, comentaban os ramos en que siían: as pólas nas que estaban pousadas e dende as que cantaban.

Levad’, amigo que dormides as manhanas frías tódalas aves do mundo d’amor dizían. Leda mi and’eu.

Levad’, amigo que dormíde-las frías manhanas tódalas aves do mundo d’amor cantavan. Leda mi and’eu.

Tódalas aves do mundo d’amor dizían; do teu amor e do voss’en ment’havían. Leda mi and’eu.

Tódalas aves do mundo d’amor cantavan; do meu amor e do voss’i ementavan. Leda mi and’eu.

Do meu amor e do voss’en ment’havían; vós lhi tolhestes os ramos en que siían. Leda mi and’eu.

Do meu amor e do voss’i ementavan; vós lhi tolhestes os ramos en que pousavan Leda mi and’eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que siían e lhis secastes as fontes en que bebían. Leda mi and’eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavan e lhis secastes as fontes u se banhavan. Leda mi and’eu.

1 » LECTURA 14
Nuno Fernandes Torneol
LECTURA « 1 15

Nuno Fernandes Torneol foi un trobador de orixe descoñecida. Pénsase que puido ser un cabaleiro ao servizo dun nobre de Castela que se tería instalado na corte do sei Afonso X o Sabio. Sábese que foi anterior a Airas Nunes porque este trobador compostelán cítao nunha das súas cantigas. Nuno Fernandes é autor de vinte e dúas cantigas (trece de amor, oito de amigo e unha satírica). Un dos seus textos de amor foi versionado e musicado por unha mítica banda de rock brasileira: Legiao Urbana, e podes atopalo na páxina Son de Poetas (Pois naci nunca vi amor).

» Comprendemos

1. Procura no texto un sinónimo de cada unha destas palabras:

– contenta

– cortastes

– pólas

– onde

lembraban

– mozo

2. Responde brevemente as seguintes cuestións:

a) Quen é a voz poética nesta cantiga?

b) A quen se dirixe?

c) Cal é o estado anímico da protagonista?

d) En que momento do día se sitúa a cantiga?

e) De que feito acusa a moza ao seu amigo?

3. Tendo en conta as respostas que deches para as preguntas anteriores, a que xénero pertence esta cantiga? Por que?

4. As cantigas medievais adoitan empregar varios recursos estilísticos baseados na repetición de palabras ou de ideas.

• Que versos se repiten nesta cantiga?

• Que nome reciben eses recursos estilísticos empregados por Nuno Fernandes Torneol?

5. Se contestaches ben a pregunta anterior, serache moi fácil escribir o primeiro verso dunha hipotética novena estrofa e dunha décima estrofa.

• Grazas a que recurso estilístico deches coa resposta?

• Agora que xa deches cos primeiros versos desas estrofas, complétaas botando man doutros dous recursos: o paralelismo e o refrán.

6. As cantigas manexan moitos elementos simbólicos, é dicir, palabras que evocan a unha realidade diferente do seu significado habitual. Indica se as seguintes expresións da cantiga teñen que ver cun amor feliz e correspondido ou cun desencontro amoroso:

– tolhestes as fontes

– secastes os ramos

– tódalas aves do mundo d’amor cantavan

7. Adapta a cantiga que serviu de lectura ao galego actual. Repara especialmente nos cambios ortográficos que tiveches que facer e coméntaos.

8. «Levad’, amigo que dormides as manhanas fría» (v.1) « Levad’, amigo que dormíde-las frías manhanas» (v. 4)

Nas cantigas paraletísticas coma a de Nuno Fernandes Torneol úsase a sinonimia e o cambio da orde das palabras para manter o mesmo significado en cada par de estrofas.

16 1 »
COMUNICAMOS

» Expresión escrita

1. D. Denís, rei de Portugal, perdeu os versos das primeiras catro estrofas desta cantiga. Conseguiu recuperalos, pero só ordenou os versos da primeira estrofa e o segundo verso da segunda. O resto de versos están no pergamiño da esquerda. Por parellas, botádelle unha man para colocalos na orde axeitada:

De que morredes, filha, a do corpo velido?

Madre, moiro d’amores que mi deu meu amigo. Alva é, vai lieiro!

Madre, moiro d’amores que mi deu meu amado

2. «Manhanas frías» e «frías manhanas» son exemplos de paralelismo, onde podemos apreciar o mesmo adxectivo anteposto e posposto ao mesmo substantivo. Teñen o mesmo significado?

• Explica as diferenzas de significado entre os membros destas parellas:

obra grande / grande obra

– biblioteca antiga / antiga biblioteca

– muller nobre / nobre muller

– home pobre / pobre home

– executiva alta / alta executiva

– nena curiosa / curiosa nena

– amigo vello / vello amigo

– persoa simple / simple persoa

» Expresión oral

1. Tes a posibilidade de viaxar no tempo ata a Idade Media. O teu destino é un castelo dun nobre galego no que se está a celebrar unha velada poética. Cóntalles aos teus compañeiros e compañeiras en voz alta o que viches, reparando naquilo que máis che chamase a atención.

2. En grupos ides tentar crear unha cantiga de amigo con léxico actual. Non esquezades introducir recursos como o refrán, o paralelismo e o leixaprén. Unha vez rematada, lédea publicamente e o resto da clase xulgará a orixinalidade e a perfección técnica da vosa cantiga. Se vos presta, podedes continuar a seguinte.

17 COMUNICAMOS « 1
— —

Moitas veces o espazo non é un simple decorado senón que chegaa condicionar o comportamento dos personaxes, a reflectir o seu estado de ánimo e incluso pode chegar a ser un personaxe.

» A narración

Narrar é contar historias reais ou ficticias protagonizadas por uns personaxes situados nun espazo e nun tempo determinados. Á hora de construír unha historia é moi importante a estrutura da narración, así como a voz narradora e o punto de vista.

• Os personaxes: son os que protagonizan as accións. Segundo sexa a súa importancia na historia poden ser principais (protagonistas e antagonistas) ou secundarios. Tamén poden ser reais, ao se corresponder coa realidade, ou imaxinarios, froito exclusivo da fantasía. Así mesmo, dende un punto de vista psicolóxico poden ser planos, se non evolucionan ao longo da historia, ou redondos, se van mudando ao longo do relato.

• O espazo: é o lugar onde se sitúan os feitos narrados. Os espazos narrativos poden ser:

– Espazos exteriores ou abertos.

– Espazos interiores ou pechados.

O tempo pode ser un período máis longo ou máis curto e pode referirse ao presente, pasado ou futuro, ou mesmo a un tempo indeterminado.

• O tempo: é o período durante o cal se desenvolven as accións. Debemos distinguir:

– O tempo externo: é a época en que se sitúa a narración. Pódese citar explicitamente ou pódese deducir polos ambientes, personaxes etc.

– O tempo interno: é o tempo que duran os acontecementos narrados na historia, uns minutos, varios días ou toda unha vida.

Estrutura

A estrutura dunha narración refírese á forma e á orde en que se presentan os acontecementos narrados. Diferénciase entre:

– Estrutura externa: refírese aos capítulos ou partes nas que se divide o escrito e que xeralmente están indicados nun índice.

– Estrutura interna: refírese á orde dos sucesos narrados.

A estrutura interna, á súa vez, pode ser lineal ou non lineal. A estrutura lineal presenta tres partes:

– Introdución: preséntanse os personaxes, o espazo e o tempo onde se vai desenvolver a acción.

Nó ou desenvolvemento: recóllese o núcleo central da historia.

– Desenlace: inclúese a resolución da trama da historia, que pode ser pechada ou quedar aberta.

Responden a este tipo de estrutura os contos tradicionais. Pola contra, na literatura contemporánea é máis frecuente a ruptura da orde lineal na narración dos acontecementos, algo que se logra con técnicas como a prolepse (saltos cara adiante na historia), a analepse (saltos cara atrás), narracións in media res (comeza no medio da historia sen explicacións previas, co que busca captar a atención do lector) e a técnica de contrapunto (cando varias historias se van cruzando ao longo da narración).

18
1 » TIPOS DE TEXTOS

A voz narradora e o punto de vista

Cando se quere contar unha historia débese escoller unha voz narradora e un punto de vista dende o que narrar.

• A voz narradora: é a voz que nos conta o que acontece na historia. Habitualmente está en 1ª ou 3ª persoa. En moitos relatos e novelas hai máis dunha voz narradora. Esta voz narradora pode ser omnisciente, se coñece todo sobre a acción e os personaxes, ou obxectiva, se actúa coma se fose unha cámara.

• O punto de vista: é o lugar onde se sitúa a voz narradora para contar a historia. Se se trata dunha voz narradora que fala dende dentro da historia como un personaxe máis, trátase dun punto de vista interno. Se a voz narradora fala dende fóra da historia, sen formar parte dela, é externo.

1. Le con atención o seguinte texto e responde estas preguntas:

• Como son os personaxes e os espazos da historia?

• En que tempo se sitúa e quen é a voz narradora? Desde que punto de vista se conta?

• Cal é a estrutura?.

Os alumnos de cuarto, quinto e sexto eran os chamados «os maiores» e sempre ocupaban, invadían mellor dito, o patio grande, para os partidos de fútbol. Eu andaba sempre no patio de atrás, cos pequenos, e non había problema ningún. Como lle daba bastante ben ao balón -xogaba todas as tardes co meu avó, que cando era novo fichárano nun equipo profesional, ou iso dicía-, ninguén cuestionaba que eu andase sempre no medio dos rapaces todos. Foi no momento de formar parte da elite do patio cando empezaron os problemas.

A escola tiña un equipo de fútbol de certa sona na provincia, formada polos rapaces do terceiro ciclo. Mentres duraba a liga interescolar, ían xogar fóra case todas as fins de semana e adestrar para o partido do sábado convertérase para eles nunha obsesión.

—Ela non pode xogar, xa o falamos -dixo anxo, o capitán do equipo-. Este ano temos que quedar primeiros. Segundo me dixeron, os Xesuítas teñen un equipo de carai. Necesitamos adestrar en serio. Despois da liga, que xogue se quere, mais agora nin de broma!

—Pero, Anxo, se fai uns tiros á porta de flipar, en serio, ben o sabes.

Raúl, o irmán xemelgo de Lucía, e mais eu levabamos xogando xuntos no patio desde sempre, e Raúl devecía por chegar a cuarto e empezar a competir co equipo.

–Por nada do mundo, Raúl, xa o falamos; non digas que non te avisei. Se non queres xogar ti tampouco, é cousa túa; pero ela non vén.

O narrador organiza e presenta os feitos da maneira que mellor lle convén para conseguir crear intriga, curiosidade, medo etc., segundo lle sexa o caso.

19 TIPOS DE TEXTOS « 1
5 10 15
Eva Mejuto, 22 segundos

Propiedades do texto: todos os escritos, de maneira inherente, conteñen as propiedades de adecuación, coherencia e cohesión. A suma destas características é o que permite darlle forma a un escrito e que este sexa lexible.

» A adecuación textual

A adecuación consiste en saber escoller a variedade lingüística e o rexistro (formal ou informal) apropiados para cada situación comunicativa. Nesta escolla inflúen os seguintes factores:

• A intención do emisor: Trátase da finalidade que o emisor queira conseguir co seu texto: informar, convencer, ordenar… Dependendo da finalidade do texto escollerase un estilo de lingua ou outro.

• O tema que se vai tratar: O rexistro de lingua e o vocabulario que usemos dependerán do tema dos nosos escritos. Unha descrición científica dun animal para unha enciclopedia terá un rexistro máis formal e un vocabulario máis específico que unha recompilación de historietas de humor feita para a revista do instituto.

• O destinatario do texto: Segundo o tipo de destinatario e o grao de familiaridade que teñamos con el escolleremos un estilo de lingua ou outro. Non se escribe igual un texto dirixido a nenos e nenas que a persoas adultas, nin é igual un texto escrito para unha amizade que para alguén descoñecido.

• O soporte ou canle do texto: Dependendo de se o texto se vai publicar nun xornal, nunha obra científica ou literaria; se é unha carta ou un correo electrónico, unha SMS etc., usaremos un estilo de lingua ou outro.

1 » TIPOS DE TEXTOS 20
Na variedade lingüística e o rexistro escollidos inflúen a intención do emisor, o tema, o destinatario e o soporte ou canle.

1. Tes a continuación tres situacións, nas que se comunica a mesma noticia pero a diferentes destinatarios e en distintos contextos.

Teño que comunicarvos unha noticia que temo que vos vai desgustar, pero non nos quedou máis remedio que adoptar esta decisión. É o meu deber como directora transmitirvos que queda suspendida para o voso curso calquera saída extraescolar fóra do centro, debido aos sucesos ocorridos a semana pasada. Non vos serve de nada protestar, porque se trata dunha decisión aprobada por todo o claustro.

Mamá, non o vas crer. Hoxe entra a dire pola porta e non vai e dinos que estamos todos castigados. TO-DOS! Que inxustiza. Agora nada de nada. Nin visita ao parque acuático, nin excusión a Portugal… Non nos deixan nin facer as saídas á biblioteca, que total eran un peñazo, pero polo menos perdiamos clase. Non nos deixan nada… Quedamos sen o único que molaba do insti… e todo por culpa dos enredantes.

María, non sabes que marrón nos acaba de caer. Conteiche o lío no que se meteran os otakus da miña clase, verdá? Menuda peña! Pois por culpa deses pringaos agora estamos todos castigados sen excursións. A amargada da xefa veu hoxe no medio da clase de mates e sóltao así, sen máis, e queda tan pancha! Iso si, como se estivese botando un sermón.

• Indica que rexistro se utiliza en cada un deles e analizade por parellas as diferenzas entre os tres textos.

2. Relata brevemente a última viaxe que fixeches, para os seguintes fins:

– Acompañar fotos para subir a unha rede social.

– Escribirlle unha carta á túa avoa.

– Realizar unha redacción para a materia de lingua galega.

TIPOS DE TEXTOS « 1 21

» O dicionario

Habitualmente usamos o dicionario para buscar o significado dunha palabra que non entendemos. Pero ademais do significado das palabras, os dicionarios ofrécennos outras informacións complementarias.

información gramatical Pito é substantivo masculino.

Distintos significados dentro da mesma entrada, cando se trata de palabras polisémicas.

No caso dos verbos, podes acceder a toda a conxugación verbal, premendo no botón “conxugar”. Por exemplo, podes comprobar se o verbo asumir presenta alternancia, como durmir, ou non: https://academia.gal/dicionario/-/ termo/busca/asumir

Premendo neste símbolo podes escoitar a pronuncia da palabra.

sinónimos Pito e polo son sinónimos. distintas acepcións Marcadas como entradas diferentes, o que indica que se trata de palabras homónimas.

frases feitas Coma un pito significa moi mollado.

Podemos recorrer tamén a dicionarios especializados, como o Dicionario de fraseoloxía galega; o Dicionario de sinónimos e antónimos ou dicionarios bilingües, por exemplo, o dicionario castelán-galego Rinoceronte (https:// rinoceronte.gal/dicionario/).

Recóllese se se trata de significados pertencentes ao rexistro coloquial, familiar, popular.

» As relacións semánticas

As relacións semánticas son as que se producen entre as palabras dende o punto de vista do significado.

Relacións de afinidade semántica

• Sinonimia: Palabras distintas que teñen un mesmo significado (golpe e raposo).

• Polisemia: Unha palabra é polisémica cando ten varios significados. No dicionario hai unha soa entrada con distintas acepcións (golpe: 1. Choque violento. 2. Batedura coa man ou cun pau. 3. Efecto dunha contusión…).

• Homonimia: Cando varias palabras teñen un mesmo significante e distintos significados. As palabras teñen entradas diferentes no dicionario(golpe1 e golpe2).

Relacións de oposición semántica

• Antónimos: A oposición ten unha gradación (entre quente e frío hai outras temperaturas).

• Complementarios: A afirmación dun termo supón a negación do outro (algo que está acendido non está apagado).

1 » OS NOMES DAS COUSAS 22

Relacións de xerarquía semántica

• Hiperonimia: Relación que se establece entre un termo xenérico e varios específicos (animal é hiperónimo de can, gato, lebre, serpe, balea…).

• Hiponimia: Relación establecida entre os termos específicos e un termo xenérico (can, gato, lebre, serpe, balea… son hipónimos de animal).

• Cohiponimia: Relación que se establece entre os termos dun mesmo nivel xerárquico (entre can, gato, lebre, serpe e balea establécese unha relación de cohiponimia).

1. Le o seguinte artigo de Praza, no que se informa sobre a palabra máis votada e máis buscada durante meses no dicionario da RAG.

Afouteza impúxose por goleada na votación da «palabra galega do ano» realizada entre o 18 e o 25 de decembro polo Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo recibiu ao redor da metade dos apoios (3.004 votos) entre as 6.228 persoas que en total participaron na elección, superando a independencia (939) e sapoconcho (830). Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina completaron, por esta orde, a lista. Nas anteriores edicións desta iniciativa as escollidas foron corrupción (2014), refuxiado/a (2015) e irmandade (2016).

A súa popularización débese en boa medida á súa utilización polo Celta de Vigo, que a converteu nun dos seus símbolos a partir da súa presenza no seu himno.

Durante varios meses deste ano 2017 afouteza foi, ademais, a palabra máis buscada no Dicionario. Isto debeuse en boa medida á súa habitual utilización polo Celta de Vigo nas súas comunicacións públicas, en cartelería e como un símbolo dos seus seareiros e seareiras: «Ensinémoslle ao mundo o significado da afouteza», era o título da campaña, baseado nun verso do propio himno do club («Ala Celta a demostrar, por historia e tradición, que o teu lema é nobre xogo, afouteza e corazón»).

Os dous significados están moi vinculados pero conservan un valor semántico específico, explica a Real Academia Galega, e esta é a razón pola que se propoñen para cada un deles voces diferentes como sinónimos; para a «disposición do ánimo», poden ser equivalentes animosidade, audacia, denodo, ousadía e valor. Para a segunda acepción, a do «carácter firme e seguro», os que se propoñen como termos relacionados, non estritamente sinónimos, son decisión e enerxía.

• Buscade no dicionario e ofrecede información sobre as outras palabras que aparecen no artigo como as máis votadas, á parte de afouteza: definición, información gramatical, sinónimos, sentidos figurados, frases feitas.

TIPOS DE HOMÓNIMOS

Homógrafos

Coinciden na pronuncia e na escrita.

• golpe1 (choque de dous corpos)

• golpe2 (raposo)

Homófonos

Coinciden na pronuncia, pero diferéncianse na escrita.

• habano (cigarro)

• abano (utensilio para dar aire)

Campo semántico: conxunto de palabras que teñen en común algún trazo do seu significado. Por exemplo: bicicleta, tren e barco forman parte do campo semántico dos medios de transporte.

Familia léxica: conxunto de palabras que comparten o mesmo lexema.

• Familias léxicas regulares: cando todos os termos comparten un lexema sen variación na forma (porta, porteiro, portal, portelo…).

• Familias léxicas irregulares: cando os termos presentan algunha variación na forma do lexema (persoa, persoal, personaxe…).

OS NOMES DAS COUSAS « 1 23

As linguas románicas proceden do indoeuropeo, ao igual que as demais familias lingüísticas de Europa, como por exemplo a celta (bretón, irlandés, galés…), a xermánica (inglés, alemán, sueco, danés…) ou a eslava (ruso, checo, polaco…). As únicas linguas europeas que non pertencen ao tronco indoeuropeo son o éuscaro, o finés e o húngaro.

O sardo, lingua románica falada na illa italiana de Sardeña, está considerada como a máis conservadora das linguas derivadas do latín.

» A nosa familia lingüística. A lusofonía

A familia románica ou neolatina

Os romanos foron estendéndose dende a actual cidade de Roma, primeiro para defenderse dos pobos veciños e despois para ampliar o seu territorio. Neste proceso de expansión levaron consigo a súa lingua, non o latín culto dos grandes escritores latinos, senón o latín que falaban os soldados e a xente do pobo, coñecido como latín vulgar. Deste derivan os idiomas que falamos hoxe na Península Ibérica (excepto o éuscaro) e moitos outros do resto de Europa: francés, occitano, franco-provenzal, romanche, ladino, friulano, italiano, romanés, sardo etc. Todos eles conforman a familia románica ou neolatina. De aí que, sen coñecementos previos, nos resulte máis fácil entender o italiano ca o alemán, por exemplo.

A fragmentación do latín vulgar

Os romanos chegaron á Península no século iii a.C., e no IX d.C. na Península xa non se falaba latín vulgar. Este fragmentouse e deu lugar en cada zona a unha lingua distinta. As evolucións diferentes débense tanto á influencia das linguas que existían antes da chegada dos romanos (substrato) como ás linguas coas que o latín vulgar estivo en contacto posteriormente, a raíz da desaparición do Imperio Romano (superestrato).

• Linguas de substrato: linguas faladas nos territorios antes da chegada dos romanos.

• Linguas de superestrato: linguas coas que o latín vulgar estivo en contacto durante a romanización.

A nosa lingua irmá: o portugués

De todas as linguas románicas, aquela coa que o galego mantén maior proximidade lingüística é o portugués, debido a que desde o seu nacemento, durante toda a Idade Media, constituíron unha única lingua: o galego-portugués. De aí que aínda hoxe en día a comprensión mutua entre as dúas linguas sexa case total. Para un galego é moi fácil entender o portugués e viceversa. Igual que os romanos estenderon o latín, os portugueses, na época das colonizacións, levaron a súa lingua a lugares moi afastados: América, África e mesmo Asia. Este é o motivo de que hoxe os galegos e galegas poidamos comunicarnos cos falantes de Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bisau, São Tomé e Príncipe ou Timor Leste.).

1 » SOMOS LINGUA 24
No Brasil hai 195 millóns de falantes de portugués.

1. Onde se fala cada unha das linguas románicas citadas na primeira epígrafe deste apartado? Gozan todas elas de status oficial? Comparten territorio con outras linguas?

2. Analiza os mapas da marxe e contesta:

• Que linguas se falaban na Península no século x?

• Compara os territorios que lle correspondían a cada lingua no século xiii cos que ocupan na actualidade e analiza as diferenzas, reflexionando en grupo sobre as posibles causas.

3. A maioría do léxico das linguas románicas procede do latín vulgar, o que facilita a intercomprensión. Intenta cubrir os ocos baleiros na seguinte táboa de linguas románicas:

LATÍN

CLAVE clau clef chiave cheie

CLAMAR clamer chiamare a chema

OCTO vuit huit otto opt

NOCTE nit

LUNA lluna lune luna

PETRA pedra pierre pietra piatra

4. Localiza nun mapa do mundo os países de lingua portuguesa que conforman o que se coñece como «lusofonía».

• Por grupos, consultade https://pt.wikipedia.org e buscade información básica sobre estes países (bandeira, xeografía, clima, ano de independencia, economía etc.).

5. Procurade e vede o vídeo titulado «Conheça a língua portuguesa no mundo em 2 minutos» que podedes atopar na rede e contestade as seguintes preguntas:

• Cantas persoas falan portugués no mundo? E no Brasil?

• Cal é a única letra «esquisita» da grafía portuguesa, segundo o vídeo? Repara en que a palabra «esquisita» é o que se coñece como falso amigo e non significa o mesmo cá galega «exquisita». Axúdate dos dicionarios respectivos para desfacer a confusión.

• Tomade nota dos escritores en lingua portuguesa que se citan no vídeo e repartídeos en grupos, de xeito que cada grupo busque información sobre un deles.

• Indica unha das palabras que aparecen no vídeo como exemplo da diversidade lingüística na lingua portuguesa ao longo do mundo.

6. Comproba a túa capacidade de entender portugués a partir do material que poderás atopar na rede:

– Xornais portugueses: http://www.jornaisportugueses.com/

Xornais brasileiros: https://www.prensaescrita.com/portugues/brasil.php

– Radio portuguesa por internet: http://www.radioonline.com.pt/

• Escollede un dos xornais e unha noticia concreta e elaborade un resumo, para poñer a proba a vosa comprensión do portugués escrito.

Se tes dúbidas con algunhas palabras, podes consultar os dicionarios:

• «Priberam»

http://www.priberam.pt/dlpo/

• «Infopédia»

http://www.infopedia.pt/

SOMOS LINGUA « 1 25
GALEGO PORTUGUÉS ESPAÑOL CATALÁN FRANCÉS ITALIANO ROMANÉS

A palabra é unha unidade con significado que pode estar constituída só por un lexema (sol, peixe…) ou por lexemas e morfemas (a-sol-ar, peixaría…).

Na cadea escrita as palabras van separadas entre si por espazos en branco.

» Lexemas e morfemas

As palabras están formadas polos seguintes elementos:

• Lexema ou raíz: É a parte que achega o significado léxico e a súa presenza é obrigada en todas as palabras (pianista, sol).

• Morfema: É unha parte da palabra que pode achegarlle significado gramatical (xénero, número etc.) ou completar o seu significado léxico (en inmortal o prefixo in- achega o significado de ‘negación’).

Os morfemas poden ser de dous tipos:

• Flexivos: Son os morfemas de xénero e número (pasteleiro / pasteleira; soles).

• Derivativos: Son os morfemas que, ligados ao lexema, forman palabras novas. Á súa vez, os morfemas derivativos poden ser prefixos, cando aparecen antes do lexema (enlatar), ou sufixos, cando aparecen despois do lexema (pastelaría).

Os prefixos, ao antepoñérense ao lexema, crean palabras novas, pero non alteran a categoría gramatical da palabra base: de director (substantivo) deriva vicedirector, tamén substantivo; de dicir (verbo) deriva o tamén verbo contradicir.

Os sufixos, pola súa parte, clasifícanse en dous tipos:

• Sufixos alterativos: Modifican o significado da palabra sen cambiar a súa categoría gramatical. De casa (substantivo) deriva casiña, substantivo, ou casona, tamén substantivo. Os sufixos alterativos clasifícanse en diminutivos (-iño/a, -echo/a, -ete/a…), aumentativos (-azo/a, -ón/ona, -ote/a…) e despectivos (-acho/a, -ucho/a, -exo/a…).

• Sufixos derivativos: Modifican o significado da palabra e poden modificar tamén a súa categoría gramatical. Así, de area (substantivo) temos areal, tamén substantivo; pero de preguiza (substantivo) temos preguiceiro, adxectivo.

Clases de palabras segundo a súa morfoloxía

Segundo a súa morfoloxía, as palabras poden ser dos seguintes tipos:

• Palabras simples: Formadas por un único lexema. Poden conter tamén morfemas flexivos de xénero e número (gato, gata, gatos, gatas).

• Palabras derivadas: Formadas por un lexema e por morfemas derivativos (prefixos e sufixos). Tamén poden conter morfemas flexivos de xénero e número (casal, caseiro, casais, caseiros, caseiras).

• Palabras compostas: Formadas por, cando menos, dous lexemas. Tamén poden conter morfemas flexivos (paraugas).

• . Palabras parasintéticas: formadas por dous ou máis lexemas e por morfemas derivativos. Son parasintéticas alaranxado, embarcar e botafumeiro.

26 1 » COÑECEMOS A LINGUA

1. Analiza as palabras destacadas no texto diferenciando o lexema e os morfemas e indicando de que tipo son estes.

Loretta C., L. C., viña aprendendo desde moi noviña que as vantaxes de ser rapaz non tiñan nada que ver coas de ser unha nena. De feito, podería asegurar que eran dúas cousas contrarias, coma o día e a noite, coma a fame e a fartura. Os rapaces non tiñan que aturar as olladas larpeiras dos ollos fofos do capataz Vulture, os dous xilins menos a cobrar na semana ou a incomodidade e os riscos de ir polas rúas sen compaña. Por iso fora vendo a maneira de saír da fábrica sen quitar a funda do traballo, escondendo moi ben os bordos do vestido na funda e os do cabelo dentro da gorra. Sentíase libre vestida de maneira asexuada, cos peitos ben resgardados baixo o peitoral do uniforme ao que poñía por riba o cotroso chaquetón. A gorra era un extra de seguranza, así o seu cabelo roxo e ondulado, que chamaba tanto a atención entre os mozos e os homes non tan mozos, ficaba fóra da vista e podía cismar tranquila polas ruelas sen escoitar improperios ou ter que andar a esquivar tipos noxentos. Era este lugar igual a todos os suburbios de todas as cidades industrializadas de Inglaterra e pode que do mundo, onde as rúas semellaban ir tomando unha tonalidade máis clara, máis benévola, onde mesmo había flores nos enreixados e cortinas nas fiestras e as mulleres vestían de cores claras e limpas.

2. Forma un derivado substantivo e outro adxectivo a partir dos seguintes verbos: corresponder, habitar, morder, vingar e protexer.

3. Clasifica as palabras destacadas no texto. Despois, segméntaas morfoloxicamente e indica o tipo de morfemas que as compoñen.

O mel non caduca (2020)

O mel non caduca é un espectáculo clarividente, biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Categoría: Comedia, Contemporáneo

Duración: 80'

Autoría e dirección: Santiago Cortegoso

27 COÑECEMOS A LINGUA « 1
Emma Pedreira, Os corpos invisibles

Os nomes das letras son masculinos: o a, o be, o ce...

» O alfabeto

O alfabeto é o conxunto de grafías que representan os fonemas dunha lingua. Un fonema, pola súa parte, é cada un dos sons distintivos dunha lingua. As palabras cama e casa, por exemplo, diferéncianse entre si porque [m] e [s] son fonemas distintos.

O alfabeto galego consta de vinte e tres letras ou grafías: cinco vogais e dezaoito consoantes, ademais de seis dígrafos ou combinacións de dúas grafías que representan un único son.

GRAFÍA NOME PRONUNCIA

a a [a]

b be [b]

c ce [θ] «cea» (ou [s] «sea»), [k] «casa»

d de [d]

e e [e] «cedo», [ɛ] «sete»

f efe [f]

g gue [g] «galo» (ou [h] «ghalo»)

h hache

i i [i]

l ele [l]

m eme [m]

n ene [n]

ñ eñe [ɲ]

o o [o] «oso», [ɔ] «óso»

p pe [p]

GRAFÍA NOME PRONUNCIA

q que [k]

r erre [ɾ] «ouro», [r] «rula»

s ese [s]

t te [t]

u u [u]

v uve [b]

x xe [ʃ] «xeo», [ks] «exame»

z zeta [θ] «cruz» (ou [s] «crus»)

DÍGRAFO NOME PRONUNCIA

ch ce hache [tʃ]

gu gue u [g]

ll ele dobre [λ]

nh ene hache [ŋ]

qu que u [k]

rr erre dobre [r]

Correspondencias entre fonemas e grafías

• Polo xeral, un único fonema represéntase mediante unha única grafía ou letra: [f] (fenda); [p] (pau); [t] (teito)...

• Nalgúns casos, un único fonema é representado por varias grafías: [b] (vimbio); [r] (rosa, arroaz).

• Noutros casos, varios fonemas diferentes son representados por unha soa grafía: [ʃ] (caixa), [ks] (texto); [θ] (cinceiro), [k] (culler) ou [s] (cinceiro, con seseo).

• Cabe a posibilidade de que unha grafía non represente fonema ningún, como o h (harmonía, prohibido) e o u nas sílabas que, qui e gue, gui.

Grafías procedentes doutras linguas

• Grafías como j (iota), ç (cedilla), k (ka), w (uve dobre) ou y (i grego), non forman parte do alfabeto galego, pero aparecen en palabras tomadas doutros idiomas: hóckey, jazz…

1 » LETRAS E SIGNOS 28
ver apéndice

1. Soletrea as seguintes palabras.

– queixume – unha – máximo – agochar

– guitarra – agoiro – maquillaxe – cazola

2. Ordena alfabeticamente estes termos:

3. Exemplifica con palabras concretas os diferentes casos que se dan no galego de correspondencia entre fonema e grafía.

– Un único fonema representa unha única grafía:

– Un único fonema é representado por varias grafías:

– Varios fonemas son representados por unha única grafía:

– Unha grafía non representa fonema ningún:

4. As palabras homófonas son as que se pronuncian igual, pero teñen distinta grafía e distinto significado. Escribe b ou v nos seguintes enunciados segundo o significado que teñan as palabras incompletas.

– Non sei se a mesa ca e por esta porta.

– Cómpre que ca e un pouco máis para poder plantar a árbore.

– Ese foi o xornal que re elou toda a trama de corrupción.

– Nunca se re elou contra os seus pais.

– O pan de molde colleu alor e xa non serve para comer.

– É unha moza con moito alor, non se achica ante nada.

– Xa asta de leria, agora temos que centrarnos no traballo.

– A Patagonia é unha asta rexión no extremo austral de América do Sur.

– Para que caian as olivas é mellor a alar a oliveira.

– Teñen que nos a alar os meus pais para alugar o piso que imos compartir durante a carreira.

5. Escrita creativa a partir das letras do teu nome:

• Escribe separadas unhas doutras todas as letras do teu nome completo, incluídos os apelidos, pero non por orde, senón dispersas pola folla. A continuación, escribe un texto de xeito que cada letra debe ser o inicio dunha palabra, coa única concesión de que podes introducir unha palabra ‘non imposta’ entre cada dúas.

• Para rematar, refai o texto resultante ampliándoo con liberdade.

LETRAS E SIGNOS « 1 29
planar
placenta
planador placebo
plana plan plácido planadora plancto placidez planear plafón
planeta
planadoira placidamente
planerario

» Reforzo

1. Sinala se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas e corrixe estas últimas:

a) Ao longo da Idade Media Galicia viviu períodos nos que foi reino independente.

b) Sabemos que as cantigas medievais se escribían para ser cantadas, pero non se conserva a música de ningunha delas.

c) Nas cantigas medievais a palabra amigo tiña o mesmo significado que hoxe en día.

d) A presenza de abundantes recursos repetitivos provoca que nas cantigas de amigo haxa escaso avance temático.

e) Na Idade Media o galego usábase para as composicións líricas, mentres que para a narrativa empregábase o castelán.

f) Durante séculos descoñecemos a existencia da lírica medieval galego-portuguesa.

2. Indica na seguinte cantiga de Martin Codax aquelas características que permiten identificala como cantiga de amigo: temática, voz poética, palabra clave, recursos formais repetitivos.

Mandad’hei comigo

ca ven meu amigo: e irei, madr’, a Vigo!

Comigu’hei mandado, ca ven meu amado: e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amigo

e ven san’e vivo: e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amado e ven viv’e sano: e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven san’e vivo e del-Rei, amigo: e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven viv’e sano e del-Rei privado: e irei, madr’, a Vigo!

• A quen se dirixe a voz poética?

• Como describirías o seu estado de ánimo?

3. Para que tipo de evento utilizarías a seguinte invitación?

Temos o pracer de convidarvos á celebración do/a noso/a , que terá lugar en , ás horas da tarde. A continuación, reunirémonos todos xuntos nunha cea no restaurante . Será un honor para nós poder contar coa vosa compañía neste día tan especial. Prégase confirmación.

• Que pensarías se un amigo che entrega unha invitación semellante para invitarte ao seu aniversario? Por que?

• Redacta ti agora un texto para invitar os teus amigos ao aniversario no que vas cumprir 18 anos.

4. Di cales son os termos contrarios das seguintes palabras e despois clasifícaos en antónimos, complementarios e inversos:

home amargo prestar pobre pregunta vello

5. Indica un sinónimo ou un hiperónimo, segundo conveña, das seguintes palabras: forte, rapaz, rubir, oso.

6. Organiza as seguintes palabras formando grupos de cohipónimos e despois indica o hiperónimo correspondente a cada grupo: caravel, avión, espinacas, desaparafusador, rosa, tren, alicates brócoli, tulipán, tranvía, tenaces, martelo, verzas, camelia, acelgas, barco.

7. Identifica os prefixos e/ou sufixos das seguintes palabras e indica a palabra simple da que derivan:

• pingueira:

• deportivo:

• descoñecido:

• antinacional:

• intrigante:

8. Segmenta as seguintes palabras nos morfemas que as compoñen, indicando en cada caso o tipo.

• Sinala tamén se son simples, derivadas ou compostas.

finalidade parasoles cadeiras perrucaría prever estudantil revisión

9. Indica unha grafía que se corresponda con dous sons e un son que se represente por máis dunha grafía. Exemplifica con dúas palabras cada caso.

1 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN 30

» Ampliación

1. Tendo en conta os recursos de repetición da cantiga de amigo , reconstrúe a composición de Martin Códax:

Ai, Deus, se sab’ora meu amigo

E vou namorada!

Ai, Deus, se sab’ora meu amado

Com’eu senheira estou en Vigo, e nulhas gardas non hei comigo!

Com’eu en Vigo senheira manho, e nulhas gardas migo non trago!

ergas meus olhos que choran migo!

ergas meus olhos que choran ambos!

*Senheira: soa; nulhas: ningunha; hei: teño.

2. Le o texto con atención e despois responde de forma argumentada:

Mentín. Non estou canso. Abro a fiestra e sento no peitoril cunha revista vella. Comezo a pasar as follas. Non dou lido, nin unha frase. Paso as follas cada vez máis rápido e nervioso e cunha folla fago un corte fino transversalmente na man, xusto ao lado dunha das liñas da palma. Case non se ve, pero doe moito. Pecho o puño unha e outra vez até que finalmente comeza a saír o sangue. Nalgún sitio deste sangue vermello está o cancro. Milleiros de pequenos bechos do cancro nadan polas miñas veas. Devóranme. Durante a primeira quimioterapia, cando aínda cría naquela leria de «todo vai saír ben, xa verás», supúñase que tiña que imaxinar como a química ía arrincando o cancro que había en min; «visualizar», é o que me dicían. Sempre imaxinei unha especie de invasión de comecocos. Pequenos seres voraces que nadan por min como vixilantes de barrio. Porén, a guerra está perdida.

N. Stahl e B. Schlieper, Ás veces quero morrer coa risa

• Que tipo de narrador e punto de vista escollen as autoras?

• A orde temporal é lineal?

3. Nos textos narrativos tamén podemos atopar recursos literarios. Localiza os seguintes no texto anterior e explícaos: dúas metáforas e unha comparación.

4. Indica as relacións de significado que se establecen entre os seguintes pares de palabras:

virtude dedo ave paciencia deda paxaro

meter salgado morrer sacar insípido falecer

mozo enviar diñeiro vello recibir cartos

5. Indica se as seguintes palabras son simples ou non e sinala, cando corresponda, que tipo de morfemas presentan:

crebanoces auga inmortalidade anoitecer cervos lucecú tronos augardenteira lámpadas

6. Crea palabras derivadas dos seguintes verbos: lembrar, saír, escribir, seguir, vivir, lucir, rabuñar, habitar, perder, pasar.

• Agrupa aquelas palabras que comparten un mesmo prefixo ou sufixo e determina cal é o significado destes.

7. Escribe o estranxeirismo correspondente ás seguintes definicións do dicionario.

a) Bocadillo feito con dúas rebandas de pan de molde entre as cales se introduce friame, queixo, vexetais ou outro tipo de alimentos:

b) Sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, en que un individuo trata de derrubar o contrario mediante golpes secos dados co bordo das mans, cos cóbados, cos xeonllos e co pé:

c) Deportista da categoría que inclúe normalmente rapaces e rapazas de dezaoito a vinte anos:

d) Estilo musical de moda na década dos sesenta. Estética, costume, actitude etc. que se desenvolveu xunto a este estilo musical.

• Que letras das palabras anteriores non forman parte das 23 que constitúen o alfabeto galego? Por que?

ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 1 31
5 10 15

Quantas sabedes amar amigo treydes comig' a lo mar de Vigo: E banhar-nos-emos nas ondas!

Quantas sabedes amar amado treydes comig' a lo mar levado: E banhar-nos-emos nas ondas!

Treydes comig' a lo mar de Vigo e veeremo' lo meu amigo: E banhar-nos-emos nas ondas!

Treydes comig' a lo mar levado e veeremo' lo meu amado: E banhar-nos-emos nas ondas!

E no sagrado, en Vigo bailaba corpo belido: Amor hei*! En Vigo, eno sagrado, bailaba corpo delgado: Amor hei!

Bailaba corpo belido, que nunca houber' amigo: Amor hei!

Bailaba corpo delgado, que nunca houber' amado: Amor hei!

Que nunca houber' amigo, ergas* no sagrad', en Vigo: Amor hei!

Que nunca houber' amado, ergas en Vigo, no sagrado: Amor hei!

*Hei: teño; ergas: excepto.

32 1 » PROBA DE AVALIACIÓN V
Martin Codax
VI
Martin Codax

1. Indica tres características como mínimo que permitan clasificar os dous textos anteriores como cantigas de amigo.

2. Presentan estas cantigas os tres recursos formais repetitivos máis habituais deste xénero? Cales son en cada unha delas?

• Escoitade na clase a versión de Laura LaMontagne. Nas súas palabras: ‘Banharémonos nas Ondas’ é en realidade unha canción composta por dúas das cantigas de Martín Códax recollidas no Pergamiño Vindel: a número cinco (Quantas sabedes amar amigo) e a número seis (E no sagrad’ en Vigo)».

• Escoitádea unha vez máis e anotade as diferenzas entre os textos e a versión musicada de Laura LaMontagne.

3. Trátase de dúas das sete cantigas de Martin Codax, que compoñen un todo, cun fío argumental entre elas. Tes a primeira na escolma desta mesma unidade, a segunda na actividade 2 de Reforzo e a cuarta na actividade 10 de Ampliación. Ao longo das sete cantigas asistimos a unha evolución no estado de ánimo da voz lírica, a muller que espera o seu namorado.

• Que sentimentos se transmiten en cada caso (cantigas I, II, IV, V e VI)? Exprésaos mediante substantivos abstractos. Repara no tempo verbal no que están os refráns da II e a V.

• Ponte agora na pel da voz lírica e conta a súa historia, tamén en primeira persoa, pero a través dun texto narrativo (narrador en primeira persoa protagonista). Invéntalle un final e, se tes curiosidade, comproba na cantiga VII, e última, como acaba este reencontro amoroso.

• Na túa versión narrativa, podes actualizar o espazo e os personaxes ao tempo actual, así como o rexistro lingüístico.

4. Explica por que podemos afirmar que durante os séculos xiii e xiv o galego era unha lingua plenamente normalizada.

• Deste galego medieval proceden os actuais galego e portugués. Que outras linguas se falaban na Península Ibérica no século xiii? A que familia lingüística pertencen?

• Que grafías aparecen nas cantigas que hoxe non se manteñen no galego pero si no portugués? Repara en que a pronuncia é a mesma, a pesar das diferenzas gráficas nos dous idiomas. En cambio, no galego mantéñense dúas grafías para o mesmo son /b/. Cales son? Pon exemplos das propias cantigas (dous de cada grafía). Tanto no galego medieval como no portugués actual esas grafías si representan pronuncias distintas. Lede en voz alta os exemplos que recollestes, intentado pronunciar ao estilo medieval.

5. Nas cantigas medievais, adoitan aparecer sinónimos nos seus recursos repetitivos. Cal é o sinónimo de amigo que se emprega na cantiga V? E o de delgado, na cantiga VI?

• Busca un sinónimo para «ondas» e outro para «bailaba».

• Constrúe un enunciado no que a palabra «onda» apareza en sentido figurado.

• Indica cinco cohipónimos que pertenzan ao campo semántico de «corpo» (hiperónimo).

6. Le o seguinte fragmento da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e contesta as preguntas.

Case inconscientemente, mirou para as fotos que tiña encol do aparador da sala e veulle á memoria a broma que Xabier facía, “¿que tal segue o panteón das lembranzas familiares?”, sempre que viña pola súa casa e vía aquela morea de fotos enmarcadas, dispostas coma se fosen as pezas desordenadas dun puzzle. Os dous a carón de seus pais, na horta da casa familiar; Xabier con ela, no que debía ser o aniversario dos seus trece anos; Xabier asinando libros, rodeado de xente; ela e a súa nai, o verán anterior ó seu pasamento… Coma outras veces, a mirada de Tareixa acabou deténdose na foto na que estaba ela entre Adrián e Xabier, ó pé da pequena capela do monte de San Roque. Lembraba ben o día en que quitaran aquela foto, na romaría de agosto; acababa de facer os dezaseis anos e tiña a sensación de ter toda a vida por diante. Que lonxe quedaba agora todo! Fora aquel verán cando Adrián e Xabier empezaran a aceptala de compañeira nas súas excursións, propiciando que Tareixa descubrise o que quizais xa sabía, dun xeito inconsciente, dende moito máis atrás: que estaba irremediablemente namorada de Adrián e que, agora xa o sabía con certeza, ese amor había acompañala durante toda a vida.

• Que tipo de narrador encontramos no texto? Adopta neste fragmento a voz narradora o punto de vista dalgún dos personaxes? Xustifica as respostas con palabras e expresións do propio texto.

• Hai algún salto atrás no tempo (analepse)? Indica cal.

• Cantos personaxes interveñen? Cales son os seus nomes?

• Aínda que este fragmento constitúe o inicio da novela (segundo parágrafo), o escritor xa nos dá moita información sobre os personaxes principais da historia de xeito indirecto. Imos comprobar cantos datos nos ofrece nestas poucas liñas:

– Que relación existe entre os personaxes?

– Cal é a profesión de Xabier? Como o sabes?

– Podes indicar algunha característica da personalidade de Xabier?

33 PROBA DE AVALIACIÓN « 1
5 10 15 20

© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, nº 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.