Operación Mundo: Lingua Galega e Literatura 4 ESO (mostra)

Page 1

INCLÚE PROXECTO

4

LINGUA GALEGA E LITERATURA

Celia Díaz Núñez

ESO
Míriam González Iglesias Operaciónmundo
mostra
LICENZA 12 MESES
DIXITAL

Índice Os saberes básicos do curso

Lectura e comprensión: Oferta, demanda e prácticas culturais nos menores de 16 anos.

Informe. Consello da Cultura Galega

3

Estudo dos textos: O texto. A adecuación

2.

2.

Léxico: Propostas de lecer

Estudo dos textos: O texto administrativo

Obradoiro de comunicación: Creamos pasatempos

A cláusula: funcións sintácticas (II)

A colocación do pronome átono Lingua e sociedade: AO bilingüismo

3. Literatura: A

galega entre 1936 e 1975.

3.

1.

comprensión: Vuirtudes (e misterios), Xesús Fraga Léxico: Estados de ánimo e emocións Estudo dos textos: A coherencia Obradoiro de comunicación: O currículo e o videocurrículo

2.

Gramática: A sintaxe

Ortografía: O xénero e o número Lingua e sociedade: O portugués

3.

6

1.

e comprensión: «Anquises», Feliz Idade, Olga Novo Léxico: O mundo rural

textos: A cohesión

Obradoiro de comunicación: Folleto, díptico, tríptico

2. Estudo da lingua 89

Gramática: A cláusula: funcións sintácticas (I)

Ortografía: O pronome persoal Lingua e sociedade: Dereitos lingüísticos. O galego e as leis

3. Literatura: A literatura galega entre 1936 e 1975.

Lectura e comprensión: O infinito nun xunco, Irene Vallejo

Léxico: Letras e libros

Estudo dos textos: O ensaio

Obradoiro de comunicación: O traballo monográfico

2. Estudo da lingua 157

Gramática: A cláusula subordinada substantiva

Ortografía: O verbo

Lingua e sociedade: Consideración social das linguas. Prexuízos e estereotipos

3. Literatura: A Nova Narrativa Galega 166 Comentario de texto. Obradoiro literario

area negra, marea branca

1. Comunicación

Lectura e comprensión: «Que facer coa memoria da catástrofe?», Sermos Galiza

Léxico: Mar e barcos

Estudo dos textos: A crónica

Obradoiro de comunicación: O comentario crítico

2. Estudo da lingua 191

Gramática: A cláusula subordinada adxectiva e adverbial

Ortografía: O infinitivo conxugado

Lingua e sociedade: Variedades lingüísticas

3. Literatura: A literatura galega a partir de 1975. Poesía 200 Comentario de texto. Obradoiro literario

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA Un feixe de libros 10 1 Iguais e diferentes 12
Comunicación 14 Lectura
1.
e comprensión: As malas mulleres, Marilar Aleixandre Léxico: A alimentación
Obradoiro
multimedia
de comunicación: A presentación
Estudo da lingua 25 Gramática:
Ortografía:
Lingua
O sistema fonolóxico do galego
A acentuación
e sociedade: As linguas do Estado español. Éuscaro e catalán
Literatura: A literatura do
terzo do século XX. Poesía 32 Comentario de texto. Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 44
primeiro
46
2 Interculturalidade
Comunicación 48 Lectura
e
Estudo
59
da lingua
Literatura:
literatura
primeiro
século XX. Narrativa 66 Comentario de texto. Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 74
A
do
terzo do
76
Por un futuro saudábel
Comunicación 78 Lectura
Estudo
dos
Poesía
Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 104 Portafolio 106
Territorios literarios 108 4 Tempo de lecer 110
Comunicación 112
96 Comentario de texto.
DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA
1.
123 Gramática:
Ortografía:
Estudo da lingua
Narrativa 132 Comentario de texto. Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 142 5 O pracer de ler 144
Comunicación
literatura
1.
146
Aplica o que aprendiches 176
M
178
180
Aplica o que aprendiches 208 Portafolio 210

7 Luces... Cámara... Acción!

1.

Lectura e comprensión: Aura, 10 Léxico: O cine

Estudo dos textos: O guión cinematográfico Obradoiro de comunicación: A curtametraxe

2. Estudo da lingua

Gramática: A oración

Ortografía: As perífrases verbais

Variedades xeográficas

3.

8 Especies invasoras

1.

Lectura e comprensión: Historias de mulleres

Léxico: Radio e televisión

Estudo dos textos: Textos da radio e da televisión Obradoiro de comunicación: O programa de radio

2. Estudo da lingua 123

Gramática: As relacións semánticas

Ortografía: Se non e senón; de máis e demais; porque e por que; con que e conque

Lingua e sociedade: A normativización

3. Literatura: A literatura galega a partir de 1975.

1. Comunicación 112 Lectura e comprensión: «Enxeñaría solidaria»

Léxico: O mundo dixital

Estudo dos textos: Un directo de twich Obradoiro de comunicación: O anuncio publicitario

2. Estudo da lingua

Gramática: Os cambios semánticos

Ortografía: As terminacións -cia/-za, -cio/-zo, -ción/-zon; e os grupos consonánticos -cc- e -ctLingua e sociedade: Interferencias e desviacións da norma

3. Literatura: Novos formatos literarios. Literatura

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA Centros sostibles... apúntaste? 212
214
112
Comunicación
123
Lingua e
sociedade:
Narrativa 132 Comentario de texto. Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 142
246
Literatura: A literatura galega a partir de 1975.
Comunicación
112
Ensaio e teatro 132 Comentario de texto. Obradoiro literario Aplica o que aprendiches 142 9 Filtrando
278
a publicidade
123
dixital. Hibridación 132 Comentario de
Aplica o que aprendiches 142 Portafolio 312 Anexos
LITERARIAS ORTOGRAFÍA GRAMÁTICA
texto. Obradoiro literario
FIGURAS

Así é o teu libro

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

COÑECERSE PARA CONVIVIR MELLOR

Todos os días ves os teus compañeiros e compañeiras na aula, compartes horas e horas de clases, risas, deberes, traballos en grupo, mesmo as vosas actividades extraescolares e afeccións. Non obstante, realmente coñeces os teus compañeiros? Imos máis alá, e na casa? A familia. Coñécela ben? Relacionámonos igual na actualidade que antes, na época dos nosos antepasados? Utilizamos os mesmos medios?

TOC, TOC, ABRINDO PORTAS O propósito é investigar como evolucionou a comunicación, os medios, a sociedade. Queremos abrir as portas das nosas casas, dos nosos sentimentos. Investigar sobre as nosas familias e dalas a coñecer, porque son as nosas orixes e nós somos o futuro.

Propoñémosche que te convertas nun reporteiro de investigación do teu contorno próximo, afondando na familia desde os teus antepasados ata o día de hoxe, tendo en conta o nivel xeracional con respecto á comunicación e medios de comunicación. PERFIL DE SAÍDA DA ETAPA/APRENDIZAXES. Se participas nesta situación de aprendizaxe aprenderás a: Expresar propostas e conclusións de forma oral e escrita con coherencia. Poñer as nosas prácticas educativas ao servizo da convivencia e igualdade. Comprender aos demais de forma respetuosa e igualitaria. Traballar o sentido de pertenza a un grupo, a autoestima, responsabilidade e colaboración. Utilizar ferramentas tecnolóxicas virtuais. Realizar autoavaliacións.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

A familia Reflexionamos Árbore xenealóxica Pensamos en grupo Ferramenta TIC Difusión Glosario dixital Resultados. Difusión Como nos comunicabamos?

Unidade Unidade 2 Unidade 3

Situación de aprendizaxe, unha para cada trimestre, que poñerá en acción os coñecementos, destrezas e actitudes que vas traballar, e que contribuirá á adquisición e o desenvolvemento das túas competencias.

Secuencia de aprendizaxe da situación proposta.

APERTURA DE UNIDADE

Que vas aprender?

1 Comunicación

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 1

Iguais e diferentes

e tamén nos precedentes, supoñía estar obrigada a obedecer uns códigos de conduta sociais e morais que coartaban a liberdade individual. Desobedecelos implicaba recibir axiña o cualificativo de «malas mulleres», como lles sucede ás protagonistas da lectura. subsisten prexuízos e imposicións que perpetúan a desigualdade entre os xéneros. O primeiro paso para combater as desigualdades é detectalas, despois enfrontalas. E xunto co dereito a ser iguais,

Unha xove reclusa do cárcere da Galera, preséntanos no texto narrativo que abre esta unidade a situación das prisións de mulleres a fins do século xix A continuación, practicaremos vocabulario sobre alimentación. Nesta unidade iniciaremos o estudo das propiedades textuais, imprescindíbeis para poder escribir textos de calidade. E coñeceremos distintas aplicacións para realizar presentacións multimedia.

2 Estudo da lingua Falar ben un idioma implica coñecer a súa fonética, é dicir, empregar o sistema vocálico e consonántico que nos cualifica como falantes competentes. Repasaremos as regras de acentuación e achegarémonos ao éuscaro e ao catalán, dúas linguas españolas cooficiais, coma o galego.

3 Literatura Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro... son algúns dos poetas do primeiro terzo do século Nesta unidade coñeceremos algúns dos seus poemas.

E poderás crear os teus propios textos poéticos: greguerías, palíndromos, tautogramas e poemas visuais.

Plano aberto. Accede ao vídeo de presentación da anayaeducacion.es

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Coñecemos os dereitos do lector

1.1. Comentade os «Dez dereitos do lector» de Daniel Pennac e ilustrado por Quentin Blake. Con cal estás máis de acordo? Estades en desacordo con algún?

1.2. O primeiro é «o dereito a non ler». Conversamos contrastamos argumentos e enunciamos cinco razóns para ler e cinco para non ler. Ler de viva voz

2.1. Ler en alto permite compartir o texto co auditorio e explorar as posibilidades expresivas e melódicas que a lectura silenciosa eclipsa.

2.2. Escollede uns textos para ler, gravar e compartir en Instagram, en TikTok ou na web do centro.

Leo porque me peta

3.1. Celso Emilio Ferreiro expón no poema «Deitado frente ao mar» as razóns polas que fala galego «Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana [...]».

3.2. Buscamos o poema e reelaborámolo substuíndo polas razóns que xustifican a lectura.

3.3. Compartide os textos e elaborade un poema colectivo cos distintos argumentos. Papel ou dixital?

4.1. Dialogamos sobre cal é o formato máis adecuado para ler, as vantaxes e inconvenientes de cada un, a dispoñibilidade de fondos bibliográficos.

orientacións en anayaeducacion.es

Intercambia opinións, cun texto e unhas preguntas para reflexionar sobre o tema da lectura inicial, vinculada a un ODS.

Contidos e recursos dixitais da unidade.

Pasos da secuencia de aprendizaxe correspondentes á unidade coas explicacións necesarias para o seu desenvolvemento.

4
Coñeces a Marcha Mundial das Mulleres? Que medidas promoven a igualdade de xénero na vida política, económica e pública? É a educación un motor para combater as desigualdades? Que quere dicir empoderamento? Cales son os seus obxectivos? E sororidade? 13
12
11 10
Grupos de traballo.
Compromiso ODS Plan Lingüístico Desenvolvemento do pensamento Aprendizaxe cooperativa Recursos relacionados coas CLAVES do proxecto

SABERES BÁSICOS E ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS

Obradoiro de comunicación

A presentación multimedia

Unha presentación multimedia é un documento informático que transmite unha información mediante a combinación de texto, imaxes, gráficos, sons, animacións, vídeos, enlaces... Cada unha das páxinas é unha diapositiva que se proxecta nunha pantalla ante un auditorio.

O emprego dos códigos, auditivo e visual, ten diferentes funcións:

Texto: reforza o contido da información, afianza e aclara a mensaxe icónica.

Sons (música, efectos sonoros, locucións...): facilitan a comprensión da información. Son fundamentais nalgunhas temáticas (música, aprendizaxe de idiomas...).

Gráficos e iconas: representan palabras, conceptos ou ideas mediante debuxos ou imaxes.

Imaxes estáticas (fotografías, ilustracións, fotogramas...): ilustran a información que se quere transmitir.

Imaxes dinámicas (vídeos, animacións): as imaxes en movemento transmiten visualmente o contido.

ACTIVIDADES

Oíches? Localiza en Internet os vídeos #DígochoEu Aprende a dis- tinguir vogais abertas e pechadas (capítulos e 2) e clasifica as palabras segundo a pronuncia da vogal tónica: leña outono pequeno demo soño mandón cegoña vergonza 2 E ti que dis? Pronuncia os seguintes pares de palabras e diferencia se a vogal tónica é semiaberta ou semipechada: con (pedra grande) / con (preposición) pelo (cabelo) / pelo (verbo pelar) sen (tempa) / sen (preposición) pega (paxaro) / pega (verbo) verme (animal) / verme (verbo ver + pronome átono) ola (recipiente) / ola (interxección)

Existen diversas aplicacións para elaborar presentacións. Entre as máis coñecidas están: PowerPoint Genially, SlideShare, Slideboom, Prezi...

SlideShare ou Slideboom.

Son espazos de almacenamento de presentacións en formato Flahs e poden ser visualizadas en liña

Prezi é unha aplicación que permite presentacións en liña a partir dun mural interactivo no que se colocan todas as diapositivas, que se van desprazando facendo zoom sobre cada unha.

Genially é unha ferramenta en liña para crear contidos interactivos: presentacións, infografías, vídeos, gamificación (test, quiz, escape room), etc.

Repartidos en grupos, elaborade unha presentación multimedia acerca dalgún dos contidos desta unidade: Escollede a aplicación desexada e rexistrádevos. Elaborade a presentación cos elementos indicados (texto, fotos, enlaces, etc.). Subídea á aplicación:

un título e engadide unha breve descrición do seu contido. – Indicade tamén categoría, etiquetas, etc. – Publicádea ou compartídea nunha rede social, nun blog, nunha páxina persoal, por correo electrónico… Proxectade a presentación ante os compañeiros e compañeiras. COÑECEMOS CREAMOS UNHA PRESENTACIÓN 24

PECHE DA UNIDADE

Para rematar

Don Andrés Chau, don Andrés.

O vello acena coa man, suavemente. Relócenlle os ollos. Ceiba, por entre as engurras, un sorriso algo tristeiro.

—Abur, pibes.

Todos lle queren. Saúdano os rapaces da escola. As mulleres. Os homes que volven do trafego diario.

Fai corenta e sete anos que chegou. Veu dar a Saavedra, onde vivía unha irmá de súa nai. E neste anaco de Bos Aires asentou para sempre. [...] Don

Andrés semella un porteño máis. Está acriollado Zuga no mate e gústalle dicir os versos de Martín Fierro. E no inverno bota derriba dos ombreiros o poncho de vicuña que lle regalaron cando se xubilou.

Corenta e sete anos... Ás veces dáselle por cavilar no recanto onde naceu.

Na súa pequena aldea. Ten unha imaxe nidia e distante, coma quen olla por un canavelo. A casa vella, o valo, a fonte. Está certo de que todo segue igual.

Sería quen de ir e vir cos ollos pechados por todos os carreiros e pasais que andou de neno.

—Don Andrés, Vitoria... É un veciño que lle pregunta por esa rúa. [....] Viu medrar a cidade. Entrou nela de corazón. Estivo corenta e sete anos aprendéndoa. Por iso a xente lle pregunta. [...] Paseniño, vai e vén don Andrés polas rúas de Saavedra. Senta. Volve camiñar. En veces leva pola man o neto, un agudo rapaciño de seis anos. [...] Polo verán, algunhas tardiñas o sol peta a rabiar. E don Andrés pon unha daquelas puchas que ten na casa. Aínda lle quedan catro. O neno olla para el e bota unha brincadeira. Logo, pensa nos policías e nos músicos e no capitán veciño que vive porta con porta. E o vello ten que explicarlle... Nada diso fora el. Tiña sido carteiro. Levaba un cartafol grande, ateigado de palabras e bicos e apertas, dunha xente para outra. Ía de casa en casa e todos lle abrían con moita aquela. E parolaban con el. Queríanlle. De todos era amigo. [...] Ben se lembraba don Andrés daqueles tempos. Foi e veu por todas as rúas. Gustáballe camiñar. E ver o rostro da xente á que entregaba cartas. Pero os anos... Un día tivo que deixar o cartafol. Destinárono a unha axencia postal de Parque Fabricios ata que se xubilou. Esa tiña sido a súa vida de emigrante. Unha vida sinxela. Agora camiña sen présa. Sae a dar algunha volta polos arredores. Os anos fórono coutando en Saavedra, onde os veciños lle fan preguntas, porque todos lle queren. —Chau. —Chau, don Andrés. —Abur, pibes.. Xosé Neira Vilas, Historias de emigrantes

Vocabulario Porteño: xentilicio dos habitantes de Bos Aires.

3 Oíches? Localiza e escoita en Son de poetas o recitado do seguin- te fragmento do poema de Lois Pereiro e transcribe as vogais tónicas marcadas: Sospeita Debe ser que estou m rto e esa sería a causa de que agora me vexa desde enriba a catro ou cinco metros de distancia da miña pr pia vida. Vivo unha gu rra fría e clandestina á mbra dun am r que xa non dexenera noutras insurreccións contra min mesmo ou degradada negación do empo [...] Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade 4 Fíxate no uso do acento diacrítico nos seguintes pares de palabras e completa a táboa: vén / ven, vés / ves, bóla / bola, póla / pola, sé / se, nó / no

Vogal semiaberta Vogal semipechada / / /e/ / / /o/

5 Escribe no caderno o significado das palabras do exercicio anterior.

6 Identifica e define o fonema nasal que corresponde con cada grafía: —A casa da familia Wagner era unha construción modernista de 1916, preto da praza de Antón Martí Emilia namorara da casa nada máis vela, e decidiu que era alí onde quería criar o seu fillo cando chegaro a Madrid nos anos corenta, fuxindo dunha Alemaña en guerra e hostil. Roi tamén a adoraba. Arantza Portabales, Sobrevivindo (adapt.)

U 27

Obradoiro de comunicación para desenvolver as túas habilidades emprendedoras e mellorar as destrezas comunicativas.

Diversas formas de representar a información que serán de gran utilidade para a súa comprensión.

Localiza as referencias temporais que axudan a reconstruír a historia de don Andrés:

Canto tempo hai que emigrou á Arxentina? Que lembranzas conserva da súa aldea?

2 A estrutura do texto está organizada a través da alternancia de presente e pasado. Identifica a estrutura. Indica as circunstancias que corresponden a cada período.

3 A profesión do personaxe xustifica o cariño que lle ten toda a xente. Por que?

4 Explica a relación do neto e o avó.

5 A repetición de palabras contribúe á cohesión do texto. Identifica as recorrencias. 6 O texto ten unha estrutura circular: comeza e remata igual. Xustifica esta afirmación.

7 D. Andrés está «acriollado» e compórtase como un «porteño». Comenta os seus costumes en relación cos seguintes aspectos:

8 Comproba que o texto cumpre as características da propiedade da coherencia en canto á información que transmite.

– Unitaria tematicamente

– Progresiva – Sen contradicións.

9 Compara este texto co da lectura inicial tendo en conta os personaxes, o espazo e o tema. Organiza a comparacíón segundo estes termos:

10 Escribe o feminino de: capitán rapaz, emigrante policías, músicos carteiro.

11 Entre as palabras do exercicio anterior hai dous substantivos sincréticos. Cales son?

12 Escribe o plural de: cartafol, postal, igual e enuncia a regra aplicada.

13 Analiza sintacticamente a seguinte frase: na súa pequena aldea.

Diferenzas Similitudes alimentación literatura vestiario lingua

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

REFLEXIONA E VALORA

Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade. Aspectos para analizar ✔ Cantos dos teus compañeiros e compañeiras coñecíades os «Dereitos do lector» de Daniel Pennac?

Que opinades sobre as ilustracións de Quentin Blake? Cal papel dos ilustradores na difusión dos textos?

Que argumentos «para ler» e «para non ler» foron os máis creativos? Houbo algún gran locutor ou locutora nas propostas de lectura en voz alta?

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluida en anayaeducacion.es

Comprende e aplica, con diversas actividades sobre o que aprendiches na unidade .

Reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe correspondente á unidade.

Proposta de acceso a recursos na web para visualizar os contidos gramaticais, repasar o aprendido e avaliar as túas competencias.

Educación emocional TIC Orientación académica e profesional Avaliación

5
5 10 15 20 25 U 2
Que sensacións provoca a lectura en voz alta? Que sentimentos agromaron na adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro? Cal foi o formato e dispositivo para a lectura preferido pola maioría dos teus compañeiros compañeiras de aula. 75 74
– Poñédelle
Iconas incluídas nalgunhas actividades que suxiren a clave do proxecto que pode aplicarse en cada caso.

Así é o teu proxecto dixital

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra maneira de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

Como accedes?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder a el xunto á primeira páxina do teu libro.

6

Que che ofrece?

Contén diversidade de recursos, é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles poderás:

Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos interactivos, esquemas...

Aprender audios, vídeos...

Avaliar autoavaliación, portafolio...

Como é?

Unha resposta global para un contorno educativo diverso.

Intuitivo

Fácil de usar para ti.

Multidispositivo

Adáptase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, móbil…) a calquera tamaño e resolución.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que o esteas usando.

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, os contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utilizadas nos centros escolares.

7

Antes de empezar

Coñece os teus desafíos

COMO SON?

Son tres propostas de situacións, unha para cada trimestre:

• Pensadas para mobilizar coñecementos, actitudes e destrezas e fomentar o intercambio de saberes e o desenvolvemento das competencias.

• Comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030.

• Próximas e respectuosas co teu mundo real e coas túas experiencias.

• Cunha estrutura clara e sinxela das tarefas e actividades que vas realizar.

COMO VAS TRABALLAR CON ELES?

AO INICIO DE CADA UNIDADE VAS ATOPAR:

TOC, TOC, ABRINDO PORTAS O propósito é investigar como evolucionou a comunicación, os medios, a sociedade. Queremos abrir as portas das nosas casas, dos nosos sentimentos. Investigar sobre as nosas familias dalas a coñecer, porque son as nosas orixes e nós somos futuro. Propoñémosche que te convertas nun reporteiro de investigación do teu contorno próximo, afondando na familia desde os teus antepasados ata día de hoxe, tendo en conta nivel xeracional con respecto á comunicación e medios de comunicación. PERFIL DE SAÍDA DA ETAPA/APRENDIZAXES. Se participas nesta situación de aprendizaxe aprenderás a: Expresar propostas conclusións de forma oral e escrita con coherencia. Poñer as nosas prácticas educativas ao servizo da convivencia e igualdade. Comprender aos demais de forma respetuosa e igualitaria. Traballar sentido de pertenza a un grupo, a autoestima, responsabilidade e colaboración. Utilizar ferramentas tecnolóxicas virtuais. Realizar autoavaliacións.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Pensamos en grupo Ferramenta TIC Difusión Glosario dixital Resultados. Difusión Como nos comunicabamos?

Grupos de traballo.

• Un texto motivador que che descubrirá un marco de desafíos relacionados coas unidades do trimestre.

• Unha proposta do desafío no que se concreta a situación de aprendizaxe.

• A secuencia de aprendizaxe da situación proposta.

1 Iguais e diferentes

e tamén nos precedentes, supoñía estar obrigada obedecer uns códigos de conduta sociais e morais que coartaban liberdade individual. Desobedecelos implicaba recibir axiña o cualificativo de «malas mulleres», como lles sucede ás protagonistas da lectura. subsisten prexuízos imposicións que perpetúan a desigualdade entre os xéneros. O primeiro paso para combater as desigualdades detectalas, despois enfrontalas. E xunto co dereito a ser iguais,

Coñeces política, económica e pública?

empoderamento? obxectivos?

Que vas aprender?

Comunicación Unha xove reclusa do cárcere da Galera, preséntanos no texto narrativo que abre esta unidade situación das prisións de mulleres a fins do século A continuación, practicaremos vocabulario sobre alimentación. Nesta unidade iniciaremos o estudo das propiedades textuais, imprescindíbeis para poder escribir textos de calidade. E coñeceremos distintas aplicacións para realizar presentacións multimedia.

É a educación desigualdades?

Estudo da lingua Falar ben un idioma implica coñecer a súa fonética, é dicir, empregar o sistema vocálico e consonántico que nos cualifica como falantes competentes. Repasaremos as regras de acentuación e achegarémonos ao éuscaro e ao catalán, dúas linguas españolas cooficiais, coma o galego. 3 Literatura Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro... son algúns dos poetas do primeiro terzo do século Nesta unidade coñeceremos algúns dos seus poemas. E poderás crear os teus propios textos poéticos: greguerías, palíndromos, tautogramas e poemas visuais.

Coñecemos os dereitos do lector 1.1. Comentade os «Dez dereitos do lector» de Daniel Pennac e ilustrado por Quentin Blake. Con cal estás máis de acordo? Estades en desacordo con algún? O primeiro «o dereito non ler». Conversamos contrastamos argumentos enunciamos cinco razóns para ler cinco para non ler. Ler de viva voz 2.1. Ler en alto permite compartir o texto co auditorio e explorar as posibilidades expresivas e melódicas que a lectura silenciosa eclipsa. 2.2. Escollede uns textos para ler, gravar e compartir en Instagram, en TikTok ou na web do centro. Leo porque me peta Celso Emilio Ferreiro expón no poema «Deitado frente ao mar» as razóns polas que fala galego «Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme gana [...]». 3.2. Buscamos o poema e reelaborámolo substuíndo polas razóns que xustifican a lectura. 3.3. Compartide os textos e elaborade un poema colectivo cos distintos argumentos. Papel ou dixital? Dialogamos sobre cal é o formato máis adecuado para ler, as vantaxes e inconvenientes de cada un, a dispoñibilidade de fondos bibliográficos.

anayaeducacion.es

13 12

• Os pasos da secuencia de aprendizaxe que corresponden á unidade cunha síntese das explicacións necesarias para o seu desenvolvemento.

8
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
AO INICIO DE CADA TRIMESTRE VAS ATOPAR: COÑECERSE PARA CONVIVIR MELLOR Todos os días ves os teus compañeiros e compañeiras na aula, compartes horas e horas de clases, risas, deberes, traballos en grupo, mesmo as vosas actividades extraescolares afeccións. Non obstante, realmente coñeces os teus compañeiros? Imos máis alá, e na casa? A familia. Coñécela ben? Relacionámonos igual na actualidade que antes, na época dos nosos antepasados? Utilizamos os mesmos A familia Reflexionamos Árbore xenealóxica

CALES SON?

• Un feixe de libros

• Territorios literarios

• Previdos... cámara... acción!

5 10 20

NAS PÁXINAS FINAIS DE CADA UNIDADE

VAS ATOPAR:

U 2 Para rematar

Don Andrés Chau, don Andrés.

O vello acena coa man, suavemente. Relócenlle os ollos. Ceiba, por entre as engurras, un sorriso algo tristeiro.

—Abur, pibes.

Todos lle queren. Saúdano os rapaces da escola. As mulleres. Os homes que volven do trafego diario.

Fai corenta sete anos que chegou. Veu dar a Saavedra, onde vivía unha irmá de súa nai. E neste anaco de Bos Aires asentou para sempre. [...] Don Andrés semella un porteño acriollado Zuga no mate gústalle dicir os versos de Martín Fierro. E no inverno bota derriba dos ombreiros poncho de vicuña que lle regalaron cando se xubilou.

Corenta sete anos... Ás veces dáselle por cavilar no recanto onde naceu. Na súa pequena aldea. Ten unha imaxe nidia e distante, coma quen olla por un canavelo. A casa vella, o valo, fonte. Está certo de que todo segue igual.

Sería quen de ir e vir cos ollos pechados por todos os carreiros e pasais que andou de neno. —Don Andrés, Vitoria... un veciño que lle pregunta por esa rúa. [....] Viu medrar a cidade. Entrou nela de corazón. Estivo corenta sete anos aprendéndoa. Por iso xente lle pregunta. [...] Paseniño, vai vén don Andrés polas rúas de Saavedra. Senta. Volve camiñar. En veces leva pola man o neto, un agudo rapaciño de seis anos. [...] Polo verán, algunhas tardiñas sol peta a rabiar. E don Andrés pon unha daquelas puchas que ten na casa. Aínda lle quedan catro. O neno olla para el e bota unha brincadeira. Logo, pensa nos policías e nos músicos no capitán veciño que vive porta con porta. E o vello ten que explicarlle... Nada diso fora el. Tiña sido carteiro. Levaba un cartafol grande, ateigado de palabras bicos e apertas, dunha xente para outra. Ía de casa en casa todos lle abrían con moita aquela. E parolaban con el. Queríanlle. De todos era amigo. [...] Ben se lembraba don Andrés daqueles tempos. Foi e veu por todas as rúas. Gustáballe camiñar. ver o rostro da xente que entregaba cartas. Pero os anos... Un día tivo que deixar o cartafol. Destinárono a unha axencia postal de Parque Fabricios ata que se xubilou. Esa tiña sido a súa vida de emigrante. Unha vida sinxela. Agora camiña sen présa. Sae a dar algunha volta polos arredores. Os anos fórono coutando en Saavedra, onde os veciños lle fan preguntas, porque todos lle queren. —Chau. —Chau, don Andrés. —Abur, pibes.. Xosé Neira Vilas, Historias de emigrantes

de Bos Aires.

Localiza as referencias temporais que axudan a reconstruír historia de don Andrés: Canto tempo hai que emigrou á Arxentina?

A estrutura do texto está organizada a través da alternancia de presente e pasado. Identifica estrutura. Indica as circunstancias que corresponden cada período.

3 A profesión do personaxe xustifica cariño que lle ten toda a xente. Por que?

4 Explica a relación do neto e avó.

5 A repetición de palabras contribúe á cohesión do texto. Identifica as recorrencias.

6 O texto ten unha estrutura circular: comeza remata igual. Xustifica esta afirmación.

AO FINALIZAR O TRIMESTRE

VAS ATOPAR:

REVISADE O TRABALLO EN EQUIPO

U  3

8 Comproba que o texto cumpre as características da propiedade da coherencia en canto información que transmite. – Unitaria tematicamente

– Progresiva – Sen contradicións.

9 Compara este texto co da lectura inicial tendo en conta os personaxes, o espazo e o tema. Organiza a comparacíón segundo estes termos:

TOC, TOC, ABRINDO PORTAS

Completa a seguinte rúbrica de avaliación do traballo en equipo: coavaliación. Cada compoñente do grupo responde estas cuestións sobre si mesmo e sobre o resto de compañeiros do grupo, respecta en: ao que se formulou planificación esixida. correcta, incompleta. investigar.

planificación proposta, da planificación, ou a bastante incompleto ou Fai un correcto uso das etc).

D. Andrés está «acriollado» e compórtase como un «porteño». Comenta os seus costumes en relación cos seguintes aspectos:

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

10 Escribe feminino de: capitán rapaz, emigrante policías, músicos carteiro.

11 Entre as palabras do exercicio anterior hai dous substantivos sincréticos. Cales son?

12 Escribe plural de: cartafol, postal, igual e enuncia a regra aplicada.

Diferenzas Similitudes alimentación literatura vestiario lingua

13 Analiza sintacticamente seguinte frase: pequena aldea.

REFLEXIONA E VALORA Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas Aspectos para analizar Cantos dos teus compañeiros compañeiras coñecíades os «Dereitos do lector» de Daniel Pennac? Que opinades sobre as ilustracións de Quentin Blake? Cal papel dos ilustradores na difusión dos textos?

Que argumentos «para ler» «para non ler» foron os máis creativos? Houbo algún gran locutor ou locutora nas propostas de lectura en voz alta? Que sensacións provoca lectura en voz alta? Que sentimentos agromaron na adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro?

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluida en anayaeducacion.es

• Unha proposta de avaliación das túas competencias que podes descargar da web de anayaeducacion.es

Revisa a túa planificación ao traballo. Competencias. Contesta completa a seguinte lista de confrontación sobre a planificación de tarefas, e utilízaa para autoavaliar a túa planificación do proxecto.

Ítems

Trabállase en equipo, en colaboración, con reparto de tarefas. 10 % Consideran unha reflexión posterior ao finalizar proxecto (propostas de Incorpóranse gráficas que favorecen a comprensión dos resultados. Trabállase completase padlet de vocabulario. 10 % Puntuación

Fai un uso correcto resultados asociados ás

Traballo en grupo igual demostran Roles: traballo en grupo compañeiros intervir

Fai un uso aceptable para conseguir bos

Non fai un bo uso das obxectiva. utilizando sempre claras, fala con algunha claras, incorreccións

regular seu rol compañeiros intervir non intervén para

Ao finalizar, reflexiona e comproba se alcanzaches estes obxectivos: Completa no teu caderno

O teu portafolio do desafío, con:

• Tarefas de reflexión e difusión.

• Tres propostas para descargar da web de anayaeducacion.es:

Unha escala para a planificación de tarefas e a súa autoavaliación.

Unha escala de coavaliación do traballo en equipo.

9
Conseguido conseguido Non conseguido Poñer as nosas prácticas educativas ao servizo da Traballar sentido de pertenza un grupo, autoestima, PORTAFOLIO
• Unha reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe ao longo da unidade.
– Unha rúbrica para avaliar as competencias.

UN FEIXE DE LIBROS

Ao longo do día recibimos continuos estímulos visuais en forma de letras e textos que axiña interpretamos grazas ao noso coñecemento da lectura. Lemos as noticias dos xornais, os folletos publicitarios da caixa do correo, os apuntamentos para preparar o próximo exame, a nota pegada na porta da neveira ou do ascensor... E tamén lemos, cada vez máis, nas pantallas: no ordenador, no móbil, na tableta. Ler e escribir son hoxe coñecementos de extraordinaria importancia. Ler é tan natural como respirar. Imaxinas como sería a túa vida se non dominases as habilidades lectoras

Pero tamén lemos simplemente por pracer e acompañamos o noso tempo de lecer de novelas, contos, poemas, obras teatrais, banda deseñada... Desenvolvemos deste modo unha actividade lúdica que nos identifica como persoas porque o pracer da lectura está reservado aos seres humanos.

Son innumerábeis as frases célebres sobre os libros e a lectura. desde a tan coñecida de Enrique Tierno Galván, «Máis libros, máis libres», ao antigo proverbio árabe que afirma: «Libros, camiños e días dan ao home sabedoría». Moitas destas citas pretenden convencernos dos moitos beneficios que esta actividade nos outorga, mais o simple goce que a lectura nos proporciona é motivo máis que suficiente para practicala.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

10
Os dereitos do lector Papel ou dixital? Punto de combustión De viva voz Unidade 1 Unidade 2
Leo porque me peta

Nas actividades que che propoñemos reflexionaremos acerca da lectura e dos modos de ler, crearemos textos relacionados con algúns contidos de cada unidade e remataremos cunha tarefa principal: a creación dun tríptico e mais unha presentación dixital con suxestións de lectura

DEIXA A TÚA PEGADA

Logo de facer a reflexión sobre a lectura e os modos de ler e a creación de textos relacionados cos contidos analizados, propoñémosche que, seguindo o fío da investigación debes deixar pegada a través de:

1. A elaboración dun tríptico con lecturas recomendadas.

2. A elaboración dunha presentación dixital con suxestións de lectura presentadas de xeito creativo e evocador.

3. A difusión destes traballos nas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, Tagged, WhatsApp, Instagram) e de forma presencial e oral con puntos informativos no centro educativo.

11 Marcapáxinas Un feixe de libros Unidade 3
Triptico Presentación multimedia

Iguais e diferentes

, e tamén nos precedentes, supoñía estar obrigada a obedecer uns códigos de conduta sociais e morais que coartaban a liberdade individual. Desobedecelos implicaba recibir axiña o cualificativo de «malas mulleres», como lles sucede ás protagonistas da lectura.

, subsisten prexuízos e imposicións que perpetúan a desigualdade entre os xéneros. O primeiro paso para combater as desigualdades é detectalas, despois enfrontalas. E xunto co dereito a ser iguais,

Coñeces a Marcha Mundial das Mulleres?

Que medidas promoven a igualdade de xénero na vida política, económica e pública?

Cales son os seus obxectivos?

Que quere dicir empoderamento?

E sororidade?

É a educación un motor para combater as desigualdades?

12
1

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Que vas aprender?

1 Comunicación

Unha xove reclusa do cárcere da Galera, preséntanos no texto narrativo que abre esta unidade a situación das prisións de mulleres a fins do século xix

A continuación, practicaremos vocabulario sobre alimentación.

Nesta unidade iniciaremos o estudo das propiedades textuais, imprescindíbeis para poder escribir textos de calidade.

E coñeceremos distintas aplicacións para realizar presentacións multimedia.

2 Estudo da lingua

Falar ben un idioma implica coñecer a súa fonética, é dicir, empregar o sistema vocálico e consonántico que nos cualifica como falantes competentes.

Repasaremos as regras de acentuación e achegarémonos ao éuscaro e ao catalán, dúas linguas españolas cooficiais, coma o galego.

3 Literatura

Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro... son algúns dos poetas do primeiro terzo do século xx. Nesta unidade coñeceremos algúns dos seus poemas.

E poderás crear os teus propios textos poéticos: greguerías, palíndromos, tautogramas e poemas visuais.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Coñecemos os dereitos do lector

1.1. Comentade os «Dez dereitos do lector» de Daniel Pennac e ilustrado por Quentin Blake. Con cal estás máis de acordo? Estades en desacordo con algún?

1.2. O primeiro é «o dereito a non ler». Conversamos contrastamos argumentos e enunciamos cinco razóns para ler e cinco para non ler.

Ler de viva voz

2.1. Ler en alto permite compartir o texto co auditorio e explorar as posibilidades expresivas e melódicas que a lectura silenciosa eclipsa.

2.2. Escollede uns textos para ler, gravar e compartir en Instagram, en TikTok ou na web do centro.

Leo porque me peta

3.1. Celso Emilio Ferreiro expón no poema «Deitado frente ao mar» as razóns polas que fala galego «Lingoa proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana [...]».

3.2. Buscamos o poema e reelaborámolo substuíndo polas razóns que xustifican a lectura.

3.3. Compartide os textos e elaborade un poema colectivo cos distintos argumentos.

Papel ou dixital?

4.1. Dialogamos sobre cal é o formato máis adecuado para ler, as vantaxes e inconvenientes de cada un, a dispoñibilidade de fondos bibliográficos.

+ orientacións en anayaeducacion.es

Plano aberto. Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es

13

1

Comunicación Lectura

Cinza e cebola

Ás nove en punto, levando a pé tres horas e media, e anunciada polo repenique da campá, chega a hora do traballo, así chamado como se limpar as latrinas non dese fraterna. Á mañá, os días de coada, unhas lavan a roupa das presas, das monxas e gardas, do alcaide e talvez algunha máis, e dunha calidade que non se ve na Galera. Outras, nun alpendre do patio que fai de curtidoiro e fede que alcatrea, limpan pelicas. Dúas ou tres, seleccionadas polas monxas, baixan á cociña para fregar potas e cazolas. De momento a Sisca correspondeulle lavar a roupa, vendo as monxas que tiña experiencia, non hai queixa. Mellor lavar nos lavadoiros do patio que no río: polo menos non precisa axeonllarse. [...]

Que vas ler?

Na Galera, o cárcere de mulleres da Coruña, as presas son obrigadas a realizar todo tipo de traballos que reforzan a súa situación de mulleres sometidas e anuladas. A chegada dunha Visitadora de prisións para realizar unha inspección leva a Sisca, unha xove reclusa, a preguntarse cal é o obxectivo desta inspección. Mellorará a situación carceraria que padecen?

As presas din que tanta ansia de limpeza é por teren visita. Non sabe como flúen as novas dos gardas e monxas cara ás condenadas, mais os dixomedíxomes acaban converténdose en realidade. Seica vén un Visitador para inspeccionar a Galera. Será para vixiarnos a nosoutras, as malas mulleres?, pregúntase. E se encontra faltas, se non limparon abondo, que outro castigo poden impoñernos? Baterán en nós como fai ás veces Felisa cando está anoxada?

Mais o Visitador é unha muller. Chega a media mañá ao patio, hora de lavar. Vén acompañada da monxa superiora, sor Angustias. Sisca está retorcendo, para escorrerlle a auga, un mantel grande de liño, que pesa un mundo e non é das presas; non hai manteis nas mesas do refectorio. Ben pensado, nunca comeu nunha mesa cuberta con mantel [...] Ao dar a volta para tendelo no arame, a Visitadora fítaa e pregunta:

—Cantos anos ten esta rapaza? Non debería estar noutro lugar?

—Quince —contesta sor Angustias—, é a máis nova. Desde esa idade están coas demais. Se poden pecar contra o Señor e cometer crimes horrendos aos quince anos, poden estar coas outras pecadoras e criminais.

O certo é que fixo dezaseis en agosto, mais non di nada. Tampouco, segundo pensa, cometeu crime ningún. Non sabe se cometeu pecados. Mais aquí non ten dereito a levarlles a contraria ás monxas.

A Visitadora non é o que esperaba, nunca imaxinara que puidese ser unha muller; non enxerga como é posible para unha muller vixiar nada, nin sequera as condenadas. Debe ter corenta anos, as autoridades na Galera son máis vellas. Case tan alta coma os homes, cabelo medio gris, medio vermello, partido no medio da fronte e recollido detrás. Sempre oíu que as mulleres rubias eran moi bravas, talvez esta o sexa, mais as súas roupas, serias e sen adobíos, non dá para pensar niso. Vestida de negro, cun colo branco e un lazo negro, iguais aos dos homes, e un gabán frouxo. Diría que non leva xustillo, tanto mellor para a muller que lle faga a coada, os corpiños con todas esas cintas e baleas son odiosos. Con todo, o máis extraordinario da señora son os ollos. Azuis moi claros, miran vendo, atravesan. Fítaa, como se preguntase sen falar, por que está aquí, que fixo; como se soubese o que está pensando, que ela non é quen de a xulgar. Aínda teimando en

Hipertexto. Coñece a autora e a súa obra en anayaeducacion.es Paixón por ler. Goza con outros textos similares en anayaeducacion.es
5 10 15 20 25 30 35 40
14

non apartar a vista, aborrece que esculquen nos seus adentros. Mais é unha ollada chea de mágoa. Non pode figurarse esta muller sorrindo. Nin sorrí, nin responde ao que di sor Angustias, tampouco na súa expresión hai nada que indique que concorda con que as rapazas pecadentas de quince anos estean amoreadas coas delincuentes. Vai cara ao alpendre onde curten as pelicas e escoita a súa voz. Aínda que non pode entender o que di, o ton é de desgusto. O de sor Angustias, de desculpa. Despois marchan. Adeus, Visitadora. Que vas dicir do que fixemos mal? Vas propoñer novos castigos?

Mais á hora do xantar aínda está no refectorio, observando con atención como van recollendo a galdrumada que lles serven e o anaco de pan. Está na fila, oe que lle pregunta a sor Angustias: é este pan como debería ser?

Ocórreselle unha idea disparatada: pode ser que a Visitadora estea aquí para vixiar os que vixían, non para axexar as condenadas? Parece un desvarío, mais doutro modo non ten sentido que pregunte polo pan. Aínda sen saber como debería ser o pan, seguro que non como este. Nin sequera o de relón que amasaba súa nai era tan ruín como o do cárcere; parece amasado con serraduras.

Ao saír do refectorio, camiño dunha lectura, chamada de piedade, que escoitan cada día, a muller que dorme á súa esquerda xunto á parede, a que nunca baixa a vista, colócase ao seu carón e ponlle algo na man. Ábrea e ve que é media cebola. Non sabe o que significa.

—Cómea! —bisba—. É para non che caeren os dentes.

Aínda sen entender o que di dos dentes, cómea ás agochadas, matinando de onde puido sacala. Despois lembra que é unha das que fregan potas na cociña, seguramente por castigo. E por que a ela? Hai moitas mulleres no dormitorio, nin sequera cruzaron palabra. Cebolas e mazás semellan moi distintas, mais ao comela o seu zume corre pola lingua, lembrándolle as mazás acedas que roubaban ás veces de nenos na horta dun veciño, se a nai os descubría, mallábaos a paus; desde que a encerraron aquí, non catou froita ningunha. A veciña marchou e ela nin sequera lle deu as grazas. Marilar Aleixandre, As malas mulleres

Vocabulario

Fraterna: Alteración da tranquilidade dunha persoa, producida por algo que lle provoca preocupación ou que a prexudica.

45 50 55 60 65 70
U 1 15

Comunicación

Comprensión do texto

Extrae información

1 Aínda que non hai referencias temporais concretas que indiquen a época, pode deducirse que se sitúa a fins do século xix, tendo en conta aspectos como o vestiario ou os traballos.

• Localiza a información que achegan.

2 O texto sitúase na Galera, o cárcere da Coruña nesa época. Unha institución á que ían parar as «malas mulleres».

• Con que cualificativos as define sor Angustias?

• Que outras denominacións reciben as reclusas?

3 As personaxes deste fragmento poden clasificarse en dous grupos:

• Caracterízaas atendendo a algún destes elementos:

– Idade.

– Aspecto físico.

– Orixe social.

– Situación.

– Actitude.

Personaxes

Personaxes

Individuais

Individuais

Colectivas

Colectivas

Sisca A Visitadora Sor Angustias As presas As monxas Os gardas

4 No relato hai unha voz narradora en 3.ª persoa que alterna en ocasións cunha 1.ª persoa do plural. Localiza algúns exemplos.

5 A Visitadora manifesta o seu desgusto pola situación das presas, que viven amoreadas, malnutridas e explotadas laboralmente. Explica estas circunstancias.

Reflexiona sobre a lingua

6 «Fitar, enxergar, esculcar»... son distintas maneiras de «mirar». Coa axuda dun dicionario, anota as diferenzas entre estes verbos.

1 16

7 O curtidoiro onde as reclusas limpan pelicas «fede que alcatrea».

• Clasifica os seguintes verbos segundo a sensación olfactiva á que fagan referencia.

Interpreta e analiza

8 Presas e monxas establecen unha relación de oposición: pecadoras unhas, virtuosas as outras, desde unha perspectiva patriarcal. Tamén unha relación de dominio e sometemento, de opresión e resistencia.

• Localiza algún detalle que así o indique.

9 Sisca sorpréndese de que o Visitador sexa unha muller. En realidade, trátase de Concepción Arenal, que desempeñou o cargo de visitadora dos cárceres de mulleres (entre 1864-1865).

• Fíxate na descrición física da personaxe.

• Confróntaa con algunha das fotografías dispoñíbeis en Internet.

Valora e relaciona co teu mundo

10 Concepción Arenal foi unha das pioneiras do feminismo español. A dignificación da vida das mulleres foi o seu obxectivo principal.

• Pescuda sobre a biografía e a traxectoria persoal de Concepción Arenal.

• Busca o libro Juana de Vega A muller que desafiou o seu tempo (Marilar Aleixandre e Emma Pedreira, 2022) e a película Concepción Arenal, la Visitadora de cárceles (Laura Mañá, Rafa Russo, 2012).

11 Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega, tamén personaxe desta novela, conforman un grupo de mulleres excepcionais do século xix

• Infórmate sobre as súas actuacións e relevancia a través do tempo.

Escribe

12 Na novela a Visitadora comparte as súas reflexións a través de cartas que dirixe a diversas persoas.

• Escribe unha carta contando as súas impresións despois desta visita á Galera.

U 1 17 feder abafar apetrenar
gafar ulir
imbrar recender Agradábel Neutro Desagradábel
cheirar apestar
alcatrear

bacallau, centeo, pescada, queixo, cenorias, coello, melón, iogur, fariña, manteiga, polo, fabas, sandía, xamón, bonito, grelos, xouba, repolo, vieira, mazá, arroz, centola, garavanzos, amorodo, trigo, espinacas, fideos, leitugas, capón, leite, raxo, raia, crema, nécora, lentellas, pavía, pexego, riles.

Alimentación

ACTIVIDADES

1 Localiza na lectura as palabras que corresponden a estas definicións:

a) Comedor dun convento ou de certos colexios.

b) Planta cun bulbo carnoso arredondado formado por capas.

c) Froito comestíbel de carne branca e pel fina de cor verde amarela ou vermella segundo as variedades.

d) Líquido con propiedades nutritivas contido en substancias animais e vexetais.

e) Comida de mal sabor, por estar mal preparada ou ser de mala calidade; bazofia.

f) Casca esmiuzada dos grans de millo, trigo e outros cereais, que ao moer se separa da fariña; farelo.

2 Escribe no teu caderno cada alimento no grupo que lle corresponde.

Verduras e hortalizas Lácteos Froitas Cereais

Carnes Peixes e mariscos Legumes

3 Sinónimos. Emparella os sinónimos de cada columna.

rabada · · parrocha

chicharro · · pan de millo

chícharo · · peixe sapo

croque · · ervella

boroa · · xurelo

ananás · · piña

xouba · · berberecho

4 Localiza nesta sopa de letras 10 verduras e hortalizas.

18
R P S R T U I C C F G H L Ñ P T A T O M A T E X E C V B N M R T C V B A N N R T B X C V A M A R T L X D O R T C O V N I T C X L G R T R C V B M L E V P A O R H L E I T U G A E A I V B E R A X V A R T U I P O D V L N M O V E R T U I O P P N O C V E R T O G A R R A P S E C V B N M I O P Ñ L R E T Q U Comunicación Léxico 1

ACTIVIDADES

5 Completa no teu caderno as oracións coa palabra que corresponda.

- Todas as mañás tomo un .... de laranxa e pomelo.

- Gústanche as .... con manteiga e marmelada?

- Non me gusta o .... do pan, prefiro a ….

- As cereixas non teñen ...., teñen ....

- Comeu toda a mazá; só deixou o .....

- Bebín un ... de cervexa e estaba moi fría.

- Ten coidado, non vaias cravar unha ... do peixe na gorxa.

6 Relaciona cada palabra coa definición que lle corresponde:

faragulla rustrido

1. Anaco moi pequeno de pan ou doutros alimentos feitos con fariña.

2 Pel de distintos froitos, especialmente a que se saca con coitelo; monda, pelica.

3. Anaco de peixe cortado transversalmente; tallada.

4. Masa de fariña, auga e calquera outro ingrediente que se emprega para facer as filloas e outros doces.

5. Preparado de aceite, manteiga ou graxa con allo, cebola e perexil para condimentar as comidas; refrito.

6. Cousa de comer, doce e de tamaño pequeno, que se toma máis por gusto que por alimento.

7. Parte externa endurecida do pan, do queixo, etc.

7 Identifica a palabra intrusa en cada serie.

• pirixel, macela, xarxa, ourego, chícharo.

• pexego, marmelo, noz, cereixa, figo.

• ollomol, linguado, rapante, año, bacallau.

• berenxena, pataca, pemento, chicharro, escarola,

• leite, queixo, requeixo, iogur, marmelada.

8 Explica o significado destas expresións fraseolóxicas e refráns:

– Ser de bo dente.

– Darlle ao dente.

– Comer coma un paxariño.

– Comer coma un lobo.

toro amoado U 1 19

para

carozo torradas carabuñas grolo zume codia miolo pebidas argana larpeirada codia

1

Comunicación Estudo dos textos

O texto e as propiedades textuais

Un texto é unha unidade comunicativa completa que se transmite oralmente ou por escrito nunha determinada situación e cunha finalidade concreta. Un poema, un anuncio publicitario, unha canción, un saúdo, un conto... son textos.

A súa extensión é variable: pode constar dunha única palabra (Parabéns!), unha frase (Moita sorte!) ou ser tan extenso como unha novela ou unha conferencia.

No seu interior poden incluírse outras unidades menores: capítulos, apartados, parágrafos, oracións, etc., todas elas relacionadas entre si para conseguir un sentido completo.

Clases de textos

Os textos poden clasificarse de acordo con diferentes criterios:

• Segundo a canle: orais ou escritos.

• Segundo o tema: literarios, humanísticos, xornalísticos, publicitarios, técnico-científicos, xurídico-administrativos.

• Segundo a intención comunicativa: narrativos, descritivos, dialogados, expositivos, argumentativos.

Propiedades do texto

Para que un texto sexa comprensíbel e teña sentido completo, debe reunir as seguintes propiedades:

PROPIEDADES DO TEXTO

Adecuación

Adaptación á situación comunicativa en que se emite

ACTIVIDADES

1 Os textos dixitais difundidos en dispositivos electrónicos poden combinar a canle oral-auditiva e a visual.

• As principais características do texto dixital son:

Coherencia

Selección e organización da información que transmite.

Cohesión

Interrelación entre os elementos que forman o texto.

b) Un texto pode levar a outro, e este a outro, e así sucesivamente.

c) Accédese a el desde un dispositivo con conexión a Internet.

d) O receptor pode comentar, amosar o acordo ou o desgusto co contido.

• Relaciona estes conceptos co seu significado:

a) O texto escrito pode incorporar imaxes, infografías, vídeos, audios...

2 Entra na páxina de Xuventude.net (xuventude.xunta.es). Preme nunha das iconas e localiza exemplos das posibilidades anteriores.

20
conectividade hipertextualidade interactividade multimedia

A adecuación

A adecuación é a propiedade pola cal o texto se adapta, se «adecúa», ás circunstancias concretas en que se produce.

Unha mesma mensaxe debe expresarse de distintas maneiras segundo as circunstancias ou a situación en que teña lugar: unhas veces utilizaremos unha variedade de lingua coidada e formal, outras expresarémonos dun modo máis informal e espontáneo. É dicir, un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación e inadecuado noutra.

Para producir un texto, o emisor debe ter en conta os seguintes factores:

• A intención que se persegue coa mensaxe (informar, expresar unha opinión, dar unha orde, convencer...).

• A situación comunicativa e a relación existente entre os interlocutores. Así, unha persoa non falará igual nunha exposición científica ante un grupo de especialistas ca nunha conversa entre amigos; nin escribirá igual un exame ca un correo electrónico para un familiar.

• O receptor, valorando a súa idade, a relación de familiaridade ou distanciamento, o coñecemento do tema, etc.

• A canle ou medio de transmisión. Un texto escrito require maior orde e precisión na exposición, mentres que un texto oral permite maior espontaneidade.

De acordo con todo isto, un falante competente realiza as eleccións lingüísticas necesarias para adaptarse ás diferentes situacións comunicativas e non comete erros de adecuación.

Os rexistros lingüísticos

Os rexistros lingüísticos son as variantes dunha lingua nun contexto determinado.

• Rexistro formal ou elaborado. É propio de situacións que requiren un uso moi coidado da lingua; por exemplo, nas conferencias, nas entrevistas, nas sentenzas xurídicas e, en xeral, nos textos escritos. Coincide coa corrección do nivel culto.

• Rexistro informal ou coloquial. Emprégase en contextos familiares e distendidos; por exemplo, nunha conversa cotiá espontánea e relaxada. É a variedade máis empregada, sobre todo na lingua oral.

Características

Ten en conta

Á hora de redactar un texto hai que ter conta o seu propósito. Por exemplo:

• Se queremos contar un conto, escolleremos unha fórmula narrativa

• Se, polo contrario, nos interesa convencer , optaremos por un modelo argumentativo

• Se queremos informar dun feito, elaboraremos unha noticia

Niveis de lingua

• Nivel culto, propio de falantes cun bo nivel cultural e un bo coñecemento lingüístico (pronunciación coidada, sintaxe complexa, riqueza léxica...).

• Nivel vulgar, propio de falantes cun escaso nivel de instrución e un dominio insuficiente da linguaxe, polo que cometen incorreccións lingüísticas.

• Nivel medio. Corresponde á lingua estándar, usada normalmente pola maioría da poboación e polos medios de comunicación. Caracterízase polo respecto ás normas lingüísticas.

Rexistro formal Rexistro informal

– Discurso continuo e fluído.

– Discurso ben organizado, estrutura clara.

– Léxico amplo e variado.

– Vocabulario específico.

– Enunciados complexos e ben organizados.

– Emprego de nexos gramaticais.

– Predominio da subordinación.

– Discurso descontinuo (pausas) e pouco fluído.

– Certa desorde na organización do discurso.

– Pobreza léxica, uso de palabras comodín.

– Frases feitas, retrousos.

– Enunciados breves e sinxelos, moitas veces incompletos.

– Omisión de elementos sintácticos, que poden suplirse mediante código non verbal (acenos, miradas...).

– Escasa subordinación.

U 1 21
Rexistro formal Rexistro informal

ACTIVIDADES

3 Nun mesmo texto conviven varias formas do discurso. Identifica neste fragmentos narrativos, descritivos e dialogados.

A sala número dous era unha peza pequena, cunha mesa redonda e seis cadeiras ao redor. Ana sentou ao carón de Santi e Sara acomodouse en fronte deles.

—Non teñen cámaras nin espellos tras os que se esconden policías que escoitarán esta conversa?

A voz de Sara Somoza era cálida e envolvente. Santi esbozou un leve sorriso. Ana estrañouse desa mostra de humor por parte do seu xefe.

—Isto é unha charla informal.

—Como todas as que tivemos ata o de agora, inspector Abad. Arantza Portabales, Beleza vermella

4 Le estes textos e analiza as diferenzas existentes entre eles en relación con estas características:

• Tipo de oracións (breves e sinxelas ou longas e subordinadas).

• Vocabulario culto e rico ou sinxelo.

• Maior ou menor presenza de adxectivos.

• Presenza ou ausencia de metáforas, personificacións e outros recursos estilísticos.

a)

Collo o teléfono do bolso. Cinco whatsapps d’As 4 fantásticas. Nunca destacamos pola nosa orixinalidade.

Sabela

Esta finde baixo á casa.

Facemos algo?

21:02

María

Dan bo para mañá. Praia?

Q sei q a botas de menos.

21:05

Son a única que non lle chama «casa» desde que marchamos a estudar fóra aos dezaoito. Para min é a casa de meus pais. A miña casa é o lugar onde podo lavar as mans sete veces seguidas e ducharme tres veces ao día sen que ninguén me xulgue. [...]

Sabela

Como me coñeces.

21:05

Azucena

O q queirades, a min tanto m ten.

21:06

Antía Yáñez, Non penses nun elefante rosa

Comunicación Estudo dos textos 1
22

ACTIVIDADES

b)

Esta noite as ondas non son tranquilas nin suaves. Tampouco admiten ningún deses epítetos sentimentais cos que adoitan ser cualificadas as ondas no verán. Son cabriolas turbadas, voraces trabadelas de crocodilo que devoran a praia, insaciables. Son, tamén, bucles de desacougo, de escuma feroz e ruidosa, produto inconsciente da comuñón de conciencias que, en silencio, abesoura na escuridade.

As ondas, coma os volcáns ou os terremotos, son quen de perpetrar vinganzas nin sequera recollidas na Biblia. É imposible predicir o seu ataque. Son notas dunha partitura eterna sobre a que, en calquera instante, pode caer un borrancho de tinta que o estrague todo.

c)

A vida como interrogante

—Daquela que?

—O que?

—Que facemos, logo?

—E pregúntasmo a min?

—E logo a quen?

—E por que non llo preguntas a ela?

—Pero que dis?

—É que non oes ou que?

—Pero, xa empezamos outra vez?

—Ti cres que son parva ou que?

—Queres ir rañala contra un toxo dunha vez?

—Pero ti ves como me falas? Ves?

—E logo ti a min?

—E ti pensas que podemos botar a vida así sempre?

—Daquela que?

Emma Pedreira, Bibliópatas e fobólogos

5 Reescribe no caderno estas oracións no rexistro oposto.

Rexistro formal

Segundo a predición meteorolóxica, mañá produciranse fortes precipitacións na franxa costeira.

Deulle un shock hipoglicémico e perdeu a consciencia.

Rexistro informal

Hoxe estou de baixón.

Teño un trancazo coma un piano

Estimada filla: Solicítolle encarecidamente que faga vostede o favor de retornar coa maior brevidade ao seu domicilio en canto saia do seu centro de ensino, por causa da miña imposibilidade de estar dispoñíbel para proceder á recepción do envío urxente comunicado mediante chamada telefónica dun mensaxeiro.

No meu periplo polos Cárpatos non puiden conciliar o sono.

O dentista arrancoulle un dente picado.

6 O texto da marxe é unha nota pegada na porta da neveira. Reescríbea adecuándoa ao rexistro que lle corresponde:

Agradecendo moito a súa boa disposición, saúdaa atentamente, Asdo: Sra. María do Carmo Pereira.

U 1 23

A presentación multimedia

Unha presentación multimedia é un documento informático que transmite unha información mediante a combinación de texto, imaxes, gráficos, sons, animacións, vídeos, enlaces... Cada unha das páxinas é unha diapositiva que se proxecta nunha pantalla ante un auditorio.

O emprego dos códigos, auditivo e visual, ten diferentes funcións:

• Texto: reforza o contido da información, afianza e aclara a mensaxe icónica.

• Sons (música, efectos sonoros, locucións...): facilitan a comprensión da información. Son fundamentais nalgunhas temáticas (música, aprendizaxe de idiomas...).

• Gráficos e iconas: representan palabras, conceptos ou ideas mediante debuxos ou imaxes.

• Imaxes estáticas (fotografías, ilustracións, fotogramas...): ilustran a información que se quere transmitir.

• Imaxes dinámicas (vídeos, animacións): as imaxes en movemento transmiten visualmente o contido.

COÑECEMOS

Existen diversas aplicacións para elaborar presentacións. Entre as máis coñecidas están: PowerPoint , Genially, SlideShare, Slideboom, Prezi... SlideShare ou Slideboom.

Son espazos de almacenamento de presentacións en formato Flahs e poden ser visualizadas en liña

Prezi é unha aplicación que permite presentacións en liña a partir dun mural interactivo no que se colocan todas as diapositivas, que se van desprazando facendo zoom sobre cada unha.

Genially é unha ferramenta en liña para crear contidos interactivos: presentacións, infografías, vídeos, gamificación (test, quiz, escape room), etc.

CREAMOS UNHA PRESENTACIÓN

Repartidos en grupos, elaborade unha presentación multimedia acerca dalgún dos contidos desta unidade:

• Escollede a aplicación desexada e rexistrádevos.

• Elaborade a presentación cos elementos indicados (texto, fotos, enlaces, etc.).

• Subídea á aplicación:

– Poñédelle un título e engadide unha breve descrición do seu contido.

– Indicade tamén categoría, etiquetas, etc.

– Publicádea ou compartídea nunha rede social, nun blog, nunha páxina persoal, por correo electrónico…

• Proxectade a presentación ante os compañeiros e compañeiras.

Obradoiro de comunicación
24

Vocalismo e consonantismo

O sistema fonolóxico do galego

O sistema fonolóxico do galego común está constituído por 26 fonemas, dos que 7 son vocálicos e 19 consonánticos. Na súa caracterización interveñen tres aspectos:

Punto de articulación ou localización

Modo de articulación ou grao de abertura

Estudo da lingua

Gramática

Vibración das cordas vocais.

Lugar do aparato fonador onde se produce a articulación.

O sistema vocálico

Posición dos órganos articulatorios e abertura cando se pronuncia o fonema.

Os fonemas vocálicos presentan un deseño triangular e a súa oposición fonolóxica baséase no grao de abertura (vogais pechadas, medias ou abertas) e na localización (vogais anteriores ou palatais, centrais ou posteriores ou velares).

• En posición tónica o sistema vocálico galego está formado por sete fonemas que se representan na escrita por medio de cinco grafías (a, e, i, o, u):

Ten en conta

• Fonema: unidade lingüística máis pequena. Non ten significado pero si función distintiva, xa que permite diferenciar palabras: lousa, pousa, cousa.

• Son: realización física dun fonema.

• Grafema, letra ou grafía: representación escrita dos fonemas.

• En posición átona existen cinco fonemas, xa que desaparece a diferenza nas vogais medias entre as semipechadas e as semiabertas:

Ten en conta

• Vogais anteriores ou palatais: articúlanse na parte anterior da boca, no padal.

• En posición átona final de palabra só aparecen tres fonemas: /a/, /e/ e /o/.

• Vogais posteriores ou velares: pronúncianse no veo do padal, na parte posterior da boca.

• Vogais centrais: o dorso da lingua colócase nunha zona central da boca.

• Todos os fonemas vocálicos son sonoros porque vibran as cordas vocais cando se articulan.

2
U 1 25
Sonoridade LOCALIZACIÓN anteriores (palatal) central
ABERTURA pechadas /i/ /u/ medias semipechadas /e/ /o/ semiabertas /ɛ/ /ɔ/ aberta /a/ /i/ ( /i/ ) ( /u/ ) /e/ /e/ /o/ /o/ /a/ /a/ /u/
posteriores (velar)

O sistema consonántico

Os fonemas consonánticos clasifícanse a partir de tres trazos: o punto de articulación (bilabiais, alveolares, velares...), o modo de articulación (oclusivos, fricativos, nasais...) e a vibración das cordas vocais (sonoros ou xordos):

labiodentais linguodentais interdentais alveolares palatais velares

Na escrita non existe unha correspondencia exacta entre grafía e fonema, xa que nalgúns casos unha mesma grafía pode representar distintos fonemas ou á inversa, grafías diferentes representan un único fonema. Ademais, algúns fonemas represéntanse con dígrafos (dúas letras): /ŋ/ (unha), /ʎ/ (allo), /tʃ/ (chuvia), /k/ (quilo), /r/ (carro), /g/ (guía)

/k/

cama /b/ vaso /θ/ cerdeira queixo boca zume

Os fonemas nasais

En galego existen catro fonemas nasais: bilabial /m/ (mapa), alveolar /n/ (nota), palatal /ɲ/ (moño) e velar /ŋ/ (ningunha). O velar e mais o alveolar pronúncianse nos seguintes casos:

– En posición intervocálica, escrito co dígrafo -nh- (inhibir)

– En posición final de sílaba ante consoante alveolar (enlace), velar (cunca) ou nasal bilabial (inmune)

– En posición final de palabra ante vogal (non está, pon iso aí) ou en posición final absoluta (non)

– O –n final de quen, alguén, ninguén, ben, non, tamén, sen e nin seguido do artigo ou dos pronomes átonos de CD de 3.ª persoa (o, a, os, as): «Ben a viu» (pronunciado be-na-viu).

– –n final dos verbos seguido dos pronomes átonos de CD: colléronas

2 26
Estudo da lingua Gramática
N velar /ŋ/ N alveolar /n/ MODO DE ARTICULACIÓN PUNTO DE ARTICULACIÓN bilabiais
s x s x s x s x s x s x s x oclusivos /b/ /p/ /d/ /t/ /g/ /k/ fricativos /f/ /θ/ /s/ /ʃ/ africados /tʃ/ nasais /m/ /n/ /ɲ/ /ŋ/ líquido lateral /l/ /ʎ/ líquido vibrante simple /ɾ/ múltiple /r/

1 Oíches? Localiza en Internet os vídeos #DígochoEu Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulos 1 e 2) e clasifica as palabras segundo a pronuncia da vogal tónica: leña outono pequeno demo soño mandón cegoña vergonza

2 E ti que dis? Pronuncia os seguintes pares de palabras e diferencia se a vogal tónica é semiaberta ou semipechada: con (pedra grande) / con (preposición) pelo (cabelo) / pelo (verbo pelar) sen (tempa) / sen (preposición) pega (paxaro) / pega (verbo) verme (animal) / verme (verbo ver + pronome átono) ola (recipiente) / ola (interxección)

3 Oíches? Localiza e escoita en Son de poetas o recitado do seguinte fragmento do poema de Lois Pereiro e transcribe as vogais tónicas marcadas: Sospeita

Debe ser que estou morto e esa sería a causa de que agora me vexa desde enriba a catro ou cinco metros de distancia da miña propia vida.

Vivo unha guerra fría e clandestina á sombra dun amor que xa non dexenera noutras insurreccións contra min mesmo ou degradada negación do tempo [...] Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

4 Fíxate no uso do acento diacrítico nos seguintes pares de palabras e completa a táboa: vén / ven, vés / ves, bóla / bola, póla / pola, sé / se, nó / no

Vogal semiaberta Vogal semipechada

5 Escribe no caderno o significado das palabras do exercicio anterior.

6 Identifica e define o fonema nasal que corresponde con cada grafía:

—A casa da familia Wagner era unha construción modernista de 1916, preto da praza de Antón Martín. Emilia namorara da casa nada máis vela, e decidiu que era alí onde quería criar o seu fillo cando chegaron a Madrid nos anos corenta, fuxindo dunha Alemaña en guerra e hostil. Roi tamén a adoraba. Arantza Portabales, Sobrevivindo (adapt.)

U 1 27
ACTIVIDADES
/ɛ/ /e/ /ɔ/ /o/

Estudo da lingua Gramática

Lembra

Se tes dúbidas con algunha pronuncia, podes consultar na rede o Dicionario da pronuncia da lingua galega.

Ten en conta

Para facer esta actividade podes visionar #DígochoEu Aprende a pronunciar o X!.

ACTIVIDADES

7 Oíches? Localiza o vídeo #DígochoEu A historia da letra x e completa no caderno a táboa sobre a pronuncia do x.

8 E ti que dis? Practica a pronuncia das seguintes palabras e completa a táboa: conxurar, reflexo, auxilio, paragoxe, enxeñaría, sufixo, caxato, flexíbel.

Pronuncia /ʃ/ Pronuncia /ks/

9 Identifica e define o fonema das c onsoantes destacadas:

Adega urxe a tomar medidas urxentes fronte ao andazo de gripe aviaria na costa galega

A asociación ecoloxista Adega advirte da presenza de aves migratorias presuntamente afectadas pola gripe aviaria nas costas galegas, que poden proceder do norte de Europa.

Segundo indicou Adega, estanse a atopar exemplares adultos e inmaturos de mascatos (Morus bassanus) mortos ou con síntomas de estaren infectados.

Nós Diario, 29/09/2022

10 Identifica a palabra e relaciónaa coa súa definición.

1. Cada unha das superficies planas dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar.

2. Manchas escuras que rodean a pálpebra inferior.

3. Acción e efecto de apañar.

4. Tendencia do carácter dunha persoa que a impulsa a actuar sen reflexionar e a enfadarse con facilidade.

5. Planta da familia das gramíneas que se dá en terreos moi húmidos e ten como froito un gran comestible moi rico en amidón.

6. Larva de coleóptero que se alimenta de vexetais, especialmente de madeira.

2 28
Grafía x Galego Portugués 1. Fricativo palatal xordo.
...E...IO
2. Nasal alveolar sonoro. 1. Líquido vibrante múltiple alveolar sonoro.
A...O...
2. Fricativo interdental xordo. 1. Fricativo alveolar xordo.
COU...A
2. Fricativo interdental xordo. 1. Africado palatal xordo.
...AN...O
2. Fricativo interdental xordo. 1. Líquido lateral palatal sonoro. 2. Líquido vibrante simple alveolar sonoro.
O...EI...A...
3. Fricativo alveolar xordo. 1. Oclusivo bilabial xordo.
A...A...O
2. Nasal palatal sonoro.

A acentuación

Consulta no anexo as regras de acentuación para realizar as seguintes actividades.

ACTIVIDADES

1 Acentúa as palabras que o precisen: leis constituiron amabeis

saida reptil caracois

textil album ademais

torax la cantou

laude heroe bauis

2 Reescribe o texto e pon os acentos que faltan: Fran tamen ven as veces dicindo cousas que non teñen moito sentido ou preguntando detalles que non son importantes. Dixenllo moitas veces a Rosa: teu irman e boa xente pero parece que ten quince anos. Fala das cousas coma se tivese motivos para estar enfadado con alguen, ou mais ben coma se tivese a necesidade de estar enfadado con alguen. Agora e a medica do centro de saude o foco do seu enfado, maña podo ser eu mesmo.

Berta Dávila, Un elefante na sala de estar

3 Acentúa as palabras cando cumpra:

mamoa animais

saiu saudao

cantou muiño

triunfo lingüistico

baul lagoa

4 Xustifica no teu caderno a presenza ou ausencia do acento gráfico nas palabras do exercicio anterior.

5 Pon os acentos diacríticos que faltan:

– Se ves ti pola tarde, non temos que por o cartel de pechado na porta.

– Compre que rematedes antes das oito, mais traballade sen presa.

– Cando lles das a bola aos rapaces, póñense a xogar moi contentos.

– Non das creto ao que estás escoitando? Si, e unha historia incrible.

– So conseguiu que fora unha vez cos seus curmáns a piscina.

6 Escribe unha oración con cada par de palabras: saia / saía freixos / freixós canon / canón campa / campá

7 Corrixe os erros:

– Os edificios desta cidade son mais altos cas casas da tua vila.

– Luísa e máis Xaquin nunca foron a Terra Cha.

– Cando falas tan alto, fas mais ruido ca cacatua da veciña.

– Non vés que fora está a chover e non da escampado?

Estudo da lingua Repaso gramatical e ortográfico

U 1 29 2

Estudo da lingua Lingua e sociedade

As linguas do Estado español. Éuscaro e catalán

Unha porcentaxe importante da poboación española ten como primeira lingua unha diferente do castelán. A maioría da poboación vive en comunidades autónomas que posúen máis dunha lingua. España é, por tanto, un Estado plurilingüe.

Ademais do castelán, lingua oficial en todo o Estado, fálanse galego, catalán, valenciano, éuscaro, ásturleonés, aragonés e aranés.

A Constitución Española (1978) sinala no artigo 3 a diversidade lingüística e cultural de España, recoñece a importancia de promover todas as linguas españolas e establece os dereitos lingüísticos dos seus falantes.

3.1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.

3.2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

3.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

O catalán e o valenciano

Catalán e valenciano son dúas variedades dunha mesma lingua, xa que pertencen ao mesmo sistema lingüístico, que comparten as comunidades de Cataluña, Valencia e Illas Baleares.

En todas estas comunidades ten o rango de lingua cooficial, xunto co castelán. Ademais, é lingua oficial en Andorra.

Fálase tamén na zona oriental de Aragón, na comarca murciana de El Carche, no Rosellón (Francia) e na cidade italiana de Alguer (na illa de Sardeña, coa denominación alguerés).

É unha lingua románica, é dicir, deriva do latín; e conta con variantes dialectais nos distintos territorios.

O éuscaro

O éuscaro (ou vasco) é a lingua falada en Euskadi, Navarra (en ambos os territorios é lingua cooficial xunto co castelán) e no País Vasco francés (ou Iparralde) no sur de Francia.

A súa orixe é prerromana, é dicir, non é unha lingua derivada do latín. Tampouco pertence á familia indoeuropea, que é a maior familia de linguas do mundo e á que pertencen a maioría dos idiomas europeos.

O éuscaro ten cinco dialectos con grandes diferenzas entre eles e conta tamén cunha variedade estándar: o éuscaro batúa (ou unificado), que facilita a comunicación entre os falantes e serve como modelo de lingua formal e escrita (medios de comunicación, escola, Administración pública, etc.).

A unificación do éuscaro batúa por parte da Euskalzaindia e o seu estudo nos centros de ensino permitiu o mantemento e a rehabilitación desta lingua.

30
2

ACTIVIDADES

1 A canción Terra de Tanxugueiras apoia a diversidade lingüística e cultural de España.

• «Non hai fronteiras», conclúe. Como interpretas esa declaración?

• Que outras linguas españolas están presentes na canción?

2 Completa este cadro sobre as linguas españolas:

Galego Oficial en Galicia

Castelán

Catalán

Éuscaro Oficial en Euskadi, Navarra e País Vasco francés

Ástur-leonés Asturias

Aragonés

Aranés Val d’Aran (norte de Lleida)

3 Oíches? Procura en Internet este poema en catalán e escóitao na voz da propia autora, Monserrat Abelló.

• Localiza estas palabras: mulleres, tenra, escoitar, voces, linguaxe, séculos.

• Tenta recoñecer o tema.

• Fai unha versión ao galego con axuda dun dicionario dixital (Diccionaris.com).

4 Procura en Internet o vídeo «Aprender Euskera: Primeros pasos». Escribe as palabras e expresións que corresponden ás seguintes formas galegas: ola! que tal? si non por favor grazas de nada adeus ben eu ti de onde es?

5 Le este poema de Joxean Artze que reivindica a liberdade nas relacións entre os seres humanos.

Txoria txori

Hegoak ebaki banizkio nerea izango zen, ez zuen aldegingo.

Bainan, honela ez zen gehiago txoria izango eta nik... txoria nuen maite.

O paxaro paxaro é

Se lle tivese cortado as ás sería meu, non tería escapado.

Pero así xa non sería máis un paxaro E eu… o que amaba era o paxaro.

b) Oíches? Busca en Internet a versión musical de Mikel Laboa.

• Identifica os fonemas correspondentes ás grafías tx, z, g. Escribe a grafía galega correspondente a cada un.

Parlen les dones, la seva poesia tendra i forta. Ben pocs s’aturen a escoltar aquestes veus, que, trasbalsades, un nou llenguatge diuen nascut al fons dels segles.

U 1 31
Lingua Lugares onde se fala Situación legal

Literatura A literatura do primeiro terzo do século xx. Poesía

A literatura nos comezos do século xx

Nas primeiras décadas do século xx a literatura galega experimenta un notábel crecemento. Os autores recollen o herdo do Rexurdimento do século xix e incorporan novos xéneros que revitalizan o panorama literario.

Neste período prodúcense importantes iniciativas políticas, sociais e culturais: as Irmandades da Fala (1916), o Seminario de Estudos Galegos (1923), o Grupo Nós (1920), a proclamación da Segunda República (1931-1939), a fundación do Partido Galeguista (1931), ou o Estatuto de Autonomía (aprobado en plebiscito polo pobo en 1936). Todos eles contribuíron á dignificación do idioma galego e á promoción do seu uso en todos os ámbitos: formais e coloquiais, orais e escritos, literarios e non literarios.

Créanse editoriais (Lar, Céltiga, Nós…), revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…), que propician a dinamización cultural de Galicia e posibilitan un incremento da actividade literaria na nosa lingua en todos os xéneros. Continúa o cultivo da poesía e aumenta considerabelmente o da narrativa, así como do teatro, prodúcese a aparición do ensaio e o desenvolvemento da prensa en galego.

En 1906 créase a Real Academia Galega, para fixar e depurar o idioma. Iníciase a elaboración dunha norma estándar para a lingua galega, publícanse gramáticas (García de Diego, Lugrís Freire) e dicionarios (o de Carré Alvarellos, o da Real Academia Galega).

A Guerra Civil (1936-1939) e a posterior ditadura supoñen un período de silencio e represión que dará lugar á paralización da vida política e cultural e ao retroceso de todos os avances conseguidos durante a II República.

Na produción literaria do primeiro terzo do século xx (ata a Guerra Civil) diferéncianse tres grupos ou xeracións:

• Irmandades da Fala: Noriega Varela, Ramón Cabanillas.

• Grupo Nós: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuevillas, Castelao.

• As Vangardas: Luís Amado Carballo, Manuel Antonio, Rafael Dieste.

A poesía das Irmandades

No inicio do século xx o xénero máis cultivado, igual que no Rexurdimento, a poesía. Os principais poetas son: Antón Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869–Viveiro, 1947).

É autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da 3.ª edición cambia o seu título por Do ermo. Na súa poesía trata dúas temáticas principais:

Costumismo ruralista Describe paisaxes e costumes da vida dos labregos.

Costumismo ruralista

Lirismo da natureza

Poesía intimista Canta os aspectos máis humildes da paisaxe (un penedo, o orballo, a flor do toxo...).

Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe: A Virxe e a paisanaxe (1913) e unha colección de refráns e cantares populares: Como falan os brañegos (1928).

3
32

Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959).

A obra literaria de Ramón Cabanillas é moi extensa e variada. Cultiva diferentes xéneros, fundamentalmente o poético.

Poesía lírica

No desterro (1913)

Vento mareiro (1915)

Da terra asoballada (1917)

A rosa de cen follas (1927)

Da miña zanfona (1954)

Poesía narrativa

Na noite estrelecida (1926)

O bendito San Amaro (1926) Samos (1958)

Teatro

A man da santiña (1921)

O Mariscal (1926)

A poesía lírica contén varias liñas temáticas:

Poesía cívica

Poesía cívica

Poemas de carácter agrarista, anticaciquil e nacionalista. É a súa poesía máis representativa, polo que é coñecido co apelativo de «o Poeta da Raza».

Poesía intimista Temática amorosa, lembranzas do pasado, identificación coa natureza, na liña de Rosalía.

Poesía intimista

Poesía costumista Describe paisaxes, tipos, costumes rurais, con novidades formais de carácter modernista (musicalidade da linguaxe, sensualidade, colorido...).

Poesía costumista

A poesía narrativa contén obras de temática mítica e reivindicación nacional

Na noite estrelecida recolle os temas medievais célticos da«materia de Bretaña»: as lendas da corte do rei Artur e a busca do Grial polos cabaleiros da Táboa Redonda.

Cabanillas galeguiza este tema e entróncao coa ideoloxía nacionalista da súa época: o cáliz identifícase co escudo que representa a identidade de Galicia, os cabaleiros da Táboa Redonda coas Irmandades da Fala e a procura do Grial coa arela de redención e liberdade da Nosa Terra.

Cabanillas publicou tamén dúas pezas teatrais: A man da santiña, O Mariscal.

Realizou, ademais, traducións ao galego de textos de autores de diferentes épocas recollidas no seu libro Versos de alleas terras e de tempos idos (1955).

Despois da Guerra Civil (1936-1939) volveu escribir obras en galego; é autor do primeiro libro que publica a Editorial Galaxia, Antífona da Cantiga (1951), unha antoloxía de cantigas populares que inclúe un prólogo no que fai unha gabanza da poesía popular.

Poesía cívica

O movemento agrario ou agrarismo reivindicaba a abolición do sistema foral e a modernización do sector agrario.

U 1 33

Literatura Poesía do primeiro terzo do s. XX

Ten en conta

O termo «vangarda» procede do francés « avant-garde» , palabra pertencente ao léxico militar que designa a parte máis adiantada do exército, a «primeira liña» de combate. Con esta palabra defínese a actitude combativa destes movementos artísticos na procura da modernización da arte.

A poesía de vangarda. Xeración do 25

Nas primeiras décadas do século xx xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte. Todos eles son coñecidos co nome de vangardas. Entres estas correntes ou «ismos» destacan: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, etc.

Estes movementos teñen en común a ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos. Caracterízanse por:

• Actitude antirromántica e antisentimental.

• Reivindicación da liberdade creativa, a independencia e a orixinalidade.

• Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico, procura da arte pura.

• Renovación da linguaxe literaria (cultivo do verso libre, eliminación dos signos de puntuación, novas funcións de imaxes e metáforas...).

Xeración do 25

Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor de 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas. Constitúen a Xeración do 25, tamén chamada Xeración do 22, Xeración das Vangardas ou Novecentistas.

Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da xeración Nós, e neles conflúen as novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.

As mostras máis significativas das vangardas galegas son o manifesto Máis alá, publicado en 1922 por Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro, e as revistas literarias, como Alfar, Ronsel, Cristal, Resol, Papel de color, Yunque, que dan a coñecer entre nós a escritores principais da vangarda española e mundial: Lorca, Picasso, Dalí, Borges, André Bretón...

As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía. Podemos agrupar as diversas correntes poéticas deste momento en dúas grandes liñas:

• A que, sen romper totalmente coa tradición poética galega, asume certos presupostos vangardistas.

• A que rompe totalmente coa tradición e asume os postulados vangardistas de radical renovación da poesía.

POESÍA DE VANGARDA

3 34
neotrobadorismo hilozoísmo creacionismo Tradición Vangarda plena

Neotrobadorismo

Esta escola poética nace tras a difusión dos cancioneiros da lírica galego-portuguesa medieval, que se produce a fins do século xix. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación espacial, o paralelismo, o refrán...

Os principais representantes desta corrente foron:

• Fermín Bouza Brey, co poemario Nao senlleira (1933).

• Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do corpo delgado (1950).

Imaxinismo ou hilozoísmo

O hilozoísmo, animismo ou imaxinismo ten como tema principal a natureza, que aparece humanizada mediante constantes personificacións. Inclúe tamén imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.

O iniciador e principal cultivador desta tendencia foi Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927). Publicou dous libros de poemas: Proel (1927) e O galo (1928), xunto cunha novela (Os pobres de deus) e algúns relatos.

Creacionismo

O principal representante da vangarda galega foi Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930), o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo.

En 1928 publica De catro a catro, único libro editado en vida. Está formado por 19 poemas e estruturado en aparencia como un caderno de bitácora; «follas sen data dun diario de abordo» é o subtítulo.

O poeta-viaxeiro preséntase como un náufrago nocturno, perdido na inmensidade dun mar sen ribeiras nin horizontes. A obra admite diversas interpretacións: desde a simple evocación dunha viaxe por mar, ata outras de índole filosófica, metafísica, simbólica...

Nos seus poemas encontramos os trazos principais da poesía de vangarda, tanto na forma coma no contido:

• Emprego de metáforas innovadoras, sorprendentes.

• Ausencia dunha secuencia espazo-temporal.

• Ruptura coa sintaxe tradicional.

• Ausencia de rima, verso libre.

• Innovadora disposición tipográfica (marxes, espazos en branco).

• Eliminación dos signos de puntuación.

• Renovación da linguaxe: tecnicismos mariñeiros e náuticos, estranxeirismos, cultismos.

En 1972 edítase postumamente a súa Obra completa, na que xunto con De catro a catro aparecen títulos que permaneceran inéditos: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois, Viladomar.

Manuel Antonio tamén publicou textos en prosa nos que expón as súas ideas acerca da poesía de vangarda: o manifesto Máis alá (publicado en 1922 xunto con Álvaro Cebreiro) e «Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu» (1924).

Outros autores de vangarda

Tamén pertencen á vangarda plena:

– Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (1932) e Poemas do si e non (1933).

- Manuel Luís Acuña: Fírgoas (1933).

U 1 35

Texto 1

Toda humilde beleza

Vago xirón* de brétema, atavío soberbio da irta xesta, reidora, fulgurante doíña de rocío (pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río, flor mareliña que entre espiñas chora, ou das redes da araña un tenue fío, toda humilde beleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo caro do meu nume saudoso... Antes reparo na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen*, que nos mantos dos pinos, que se engríen*, que nas blondas do mar, que se rebela.

Antonio Noriega Varela, Do ermo (adapt.)

1engríen: presumen.

Identifica os elementos paisaxísticos que emocionan o poeta. Con que outros se contrapoñen no remate?

• Cal é a forma estrófica do poema ? Analízaa. (Consulta o anexo)

Texto 2 Acción Gallega

Himno

Irmáns! Irmáns galegos! dende Ortegal ao Miño a folla do fouciño fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre, coveira da canalla, a Aldea que traballa disposta pra loitar.

Antes de ser escravos, irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos dende a montaña ao mar.

Ergámonos sen medo! Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo señorial!

Xa o fato de caciques, ladróns e herexes, fuxe, ao redentor empuxe da alma rexional.

Antes de ser escravos, irmáns, irmáns galegos, que corra o sangue a regos dende a montaña ao val.

Ramón Cabanillas, Vento mareiro

Este é un poema de temática agrarista.

• Enuncia o tema.

• Resume o argumento.

• Procura en Internet a versión musicada por Xenreira.

Antoloxía 36
5 10 5 10 15 20

Texto 3

Solpor

Midi le juste y compose de feux La mer, la mer toujours recommencée!

Texto 4 Gándara

Naquel biduído dos bidos louzanos o páxaro Sol non pía seus raios, e morre de amor.

Acorado e roibo durmíase o día coa testa deitada no colo da ría.

As campás beatas no ceo bulían rezando rosarios á Virxe María.

Vogando nas nubes polo ceo ían envoltas nos ouros do sol que morría.

Polo mar, as velas eran folerpiñas, que da lúa aberta nas augas caíran*.

Da beira do río chegaban cantigas, choutando nas leiras molladas de risas.

Preto do horizonte estrelas obrizas1 fregaban os ollos tirando a preguiza.

E bicando os lonxes as foulas espidas o alén nevaban de limpas sorrisas.

Un alto aturuxo voando fuxía.

E os bosques lonxanos noite revertían.

L. Amado Carballo, Proel

1Obrizas:: de ouro puro.

O poema describe unha paisaxe mariña humanizada.

• Localiza as personificacións e as imaxes.

• Enuncia o tema.

• Resume o argumento.

Naquel biduído dos lanzales bidos o páxaro Sol non criba seus píos e morre de amor.

Non criba seus ritmos, non pousa seus raios e albean de frío os albres delgados e morren de amor.

Non ceiba seus raios, non tece seus fíos e albres e mámoas albean de frío ca poldra que morde no mato cativo.

Este poema combina aspectos propios do hilozoísmo (paisaxe animada) e do neotrobadorismo (recursos formais, léxico).

• Localiza exemplos e enuncia o tema

Texto 5

A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado. Na verde flor as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde flor as letras van de amor!

No medio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela pra fita. Na verde flor as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiar e o pano e a fita por se namorar. Na verde flor as letras van de amor: Con amor vivirás!

A. Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira

A temática, o espazo, o vestiario dos personaxes evocan as cantigas medievais.

• Identifica outros trazos neotrobadorescos.

• Enuncia o tema e resume o argumento.

U 1 37
Bouza Brey, F. Nao Senlleira
5 10 15 20 25 30 5 10 5 10 15

Sós

Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol

O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sen marco

Roubáronnos o vento Aquel veleiro que se evadeu pola corda frouxa do horizonte

Este océano desatracou das costas e os ventos da Roseta orientáronse ao esquenzo

As nosas soidades veñen de tan lonxe como as horas do reloxo

Pero tamén sabemos a manobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singradura

No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: O cadáver do Mar fixo do barco un cadaleito.

Fume de pipa Saudade

Noite Silencio Frío E ficamos nós sós sen o mar e sen o barco nós.

Manuel Antonio, De catro a catro

Procura en Son de Poetas a versión musicada por Gelria deste poema.

Comentario de texto
5 10 15 20 25 38

1 No poema hai dous suxeitos: un suxeito persoal (nós) e o contorno (natureza-espazo) que o rodea.

• A quen fai referencia a primeira persoa de plural?

• Cal é a ambientación espacial e temporal?

2 O poema vai sinalando a desaparición de todos os elementos circundantes de signo positivo.

• Que supón a perda do Sol e do Vento?

• E a da Rosa dos Ventos?

3 Como consecuencia do anterior, a paisaxe permanece estática e as horas inmobilizadas.

• A que conclusión chega o poeta nos versos finais (versos 21-27)?

4 Predominan os termos propios do campo semántico do mar e da linguaxe mariñeira. Indica exemplos.

5 Tamén abundan as palabras (substantivos, adxectivos e verbos) de carácter negativo mediante as cales se expresa o estado anímico do poeta. Busca exemplos.

6 Explica o contraste entre o comezo e o remate do poema tendo en conta que ao principio se afirma o que despois se nega.

7 Enuncia o tema e resume o argumento.

8 Analiza os seguintes trazos vangardistas:

• Ausencia de signos de puntuación.

• Versolibrismo.

• Disposición tipográfica dos versos.

• Imaxes vangardistas, xustaposición de imaxes.

ACTIVIDADES U 1 39

«A poesía non morde», tampouco é aburrida, nin cursi, nin difícil. Desde logo non é «un xénero romántico, só apto para as persoas ás que lles gusta desfollar margaridas silvestres nun prado bucólico», nin «un xénero para catro tolos (contados cos dedos da man) que son os únicos aos que lles gusta».

«Ler poesía tampouco é para tanto. A lectura duns cantos versos cada día non resulta incompatible con outras actividades como navegar na rede, practicar deporte ou ir dar unha volta cos colegas».

O importante da poesía é gozala, sentila. Por que non creala? Imos ver algunhas propostas:

Greguería

Unha greguería é un texto breve formado por unha única oración que presenta a realidade dunha maneira irónica ou humorística. Opta por unha asociación libre de dúas ideas ou conceptos para xerar unha imaxe visual e enxeñosa.

Ramón Gómez de la Serna definiunas mediante esta fórmula: humorismo + metáfora = greguería.

– A auga solta o pelo nas fervenzas.

– A letra b é un caracol que sobe pola parede.

– Etc., etc., etc. é a trenza do escrito.

– Ao pechar unha porta collémoslles os dedos ao silencio

1 Creade as vosas propias greguerías a partir de obxectos aplicando a fórmula indicada.

A letra I semella... O reloxo ... As estrelas son... Os rotuladores queren... A maleta sempre... As pestanas son...

• Ilustrade as vosas creacións con collaxes, fotografías, debuxos, etc.

Palíndromos

As letras finais dos versos teñen que ir en maiúscula Adán, se non non es nadA

Luz azuL

AéreA

Luz azuL

Gonzalo Navaza, A torre da derrotA

Un palíndromo é unha palabra ou verso que se le igual de dereita a esquerda ca de esquerda a dereita, sen que cambie o significado. Exemplos: Ana, oso, radar, etc.

2 Atrévedesvos a crear un poema con palíndromos? Non parece doado, mais trátase de poñer a proba a vosa paciencia e imaxinación. Para facilitar a tarefa, podedes recortar letras para colocalas sobre a mesa. Irédelas dispoñendo por ambos lados, como se se tratase do reflexo nun espello.

• Palabras con identidade total de significado nos dous sentidos de lectura:

literario
Obradoiro
40
AéreA SomoS SereS Se eS OllO Amada damA SóS EsE SabaS NoN SoñoS

Tautogramas

Un tautograma é un texto composto por palabras que comezan todas pola mesma letra. O máis antigo coñecido é do poeta latino Ennio:

O Tite, tute, Tate, tibi tanta tyranne tulisti

( Ou Tito Tazio, Tirano, ti mesmo atraícheste tantas desgrazas).

Abecedarios baleiros

Abecedarios de azar amargurado.

Beixos de baldíos balorentos.

Camposas cansas de cinza cega.

Chairas de chumbo chaguazoso.

Dor de debuxos desfigurados.

Esvaemento de esperanzas ebrias.

Fumes fuxidíos de fogaxes fríxidas.

Gándaras de galaxias grises.

Hecatombe de herméticas herdanzas.

Idiomas de idades inaprensibles.

Lentura lene de lánguida laceira.

Mares de macias mágoas mancadas.

Nubes de náufraga nudez.

Outono de olladas orfas.

Poeira de pedra prateada.

Queixume de quietude queda.

Recendos raros de relentos rotos.

Saraiba de sorrisos secos.

Templos temperáns de torpes tentos taponados.

Universos de utopías últimas.

Vales vacíos de vagos vapores vagabundos.

Xardíns sementes de xarope xélido.

Zodiacos de zume zugado que zozobra. Yolanda Castaño, Elevar as pálpebras

3 Creade os vosos propios tautogramas

• Buscade 10 substantivos e 10 adxectivos de cada letra.

• Escribide en cada verso as palabras que comezan pola mesma letra. Unídeas mediante unha das seguintes estruturas:

– substantivo + de + substantivo + adxectivo

– substantivo + adxectivo + de + substantivo

– substantivo + de + adxectivo + substantivo + adxectivo

– substantivo + adxectivo + de + substantivo + adxectivo

• Se o preferides, ordenade os versos desde o Z ao A.

Poema visual

O poeta Simmias de Rodas compuxo no século IV a. de C. poemas figurativos similares aos caligramas vangardistas de Guillaume Apollinaire.

4 Compón un poema rombo. Trátase de compoñer un poema de catorce versos que teñan forma de rombo.

• O primeiro verso estará composto por unha palabra; o segundo, por dúas; o terceiro, por tres...; o sétimo, terá sete palabras; o oitavo, seis... e continuarán decrecendo ata o decimo cuarto que volverá ter só unha palabras.

5 Pensa nun cancelo para etiquetar un poema e escribe un seguindo algunha destas propostas.

#liberdade #solpor #nubesviaxeiras

Fíxate

No «Poema abecedario» de Yolanda Castaño, no que cada verso comeza por unha letra que se repite en todas as palabras que o compoñen.

U 1 41

JUANA MARÍA: Non é doado, achegándose aos sesenta anos, trabar novas amizades. De Concha Arenal sabía polo noso común amigo o político Salustiano de Olózaga, e ela sen coñecerme dedicoume o seu libro sobre a beneficencia. Porén, cando en 1863 chegou á Coruña, foi como se continuásemos unha conversa comezada había tempo. [...] Concha foi nomeada visitadora de prisións e a primeira en ser visitada era a da Galera, onde penaban trescentas mulleres. Unha encomenda para a que ela imaxinara novidosos proxectos, transformacións no cárcere, mudanzas para as infortunadas mulleres: ser visitadora, que non mera visitante. [...] Concha enxergaba prisións encamiñadas á rexeneración, non alxubes porfiando na vinganza. O primeiro era as reclusas aprenderen a ler e un traballo para gañar a vida. Ao saír fican marcadas, non tendo oficio poden verse obrigadas a vender o seu corpo.

A CORUÑA: Por iso decidistes poñer escola na Galera, Concha e mais ti. Crearas unha escola para a rapazada orfa e na túa casa facíase ás noites a Escola de Amiga para os traballadores, clases das catro regras e a cartilla. [...] A revolución tamén é iso, pan e libros.

JUANA MARÍA: Os proxectos de Concha estrelábanse contra a indiferenza das autoridades que gobernaban a prisión. Ninguén na Galera se preocupaba porque as presas soubesen ler e menos polo seu futuro, unha vez «licenciadas», como chaman ás que cumpren condena, un título ao que Concha non ten dereito, malia ter asistido a clases na universidade e á súa gran sabedoría. Durante anos de porfía con autoridades eu aprendín a tomar camiños menos directos e en 1864 creamos unha nova asociación de señoras, a Sociedade da Madalena [...]

A CORUÑA: Concha propón no regulamento obxectivos ambiciosos. Hai que fornecer as presas de pan e libros. Alimentos para as criaturas que están en prisión, cera para as funcións relixiosas no oratorio, nas que a visitadora confía para sandar os seus espíritos, libros e cadernos para as leccións. [...]

JUANA MARÍA: Iniciouse a escola, as mulleres tiñan fame de aprender, as socias estaban felices, con tantas presas querendo ler tivemos que poñer aula tamén os xoves. Mais... Entre os próceres da Coruña, como en todas as partes, poucos hai que entendan en que estamos empeñadas. [...] Para que van querer ler as reclusas, delincuentes, escoura da sociedade? Os que iso cren nunca falaron coas presas, non puideron contemplar a emoción nos seus ollos ao ser capaces de ler por vez primeira, non viron as bágoas vertidas ao escoitar os versos de Rosalía.

Vocabulario

Alxube: lugar subterráneo onde encerran os presos.

Prócer: Personaxe de gran relevo social ou constituído en alta dignidade.

Marilar Aleixandre, Emma Pedreira: Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo
5 10 15 20 25 30 35
42
Para rematar

1 O texto estrutúrase como un diálogo entre dúas personaxes: Juana de Vega e a cidade da Coruña.

• Cal é o tema da súa conversa? Indica un título que recolla a idea central.

2 «Visitadora, que non mera visitante», di Juana de Vega sobre Concepción Arenal. Define coas túas palabras o significado oposto dos dous termos.

3 O obxectivo principal de Concepción Arenal é acadar «prisións encamiñadas á rexeneración, non alxubes porfiando na vinganza».

• Explica a antítese entre os dous modelos de prisión.

• Por que lle preocupa o futuro das reclusas?

4 Que tarefas desenvolven as mulleres integrantes da Sociedade da Madalena?

5 Os proxectos das dúas mulleres enfróntanse á oposición interna (dentro do cárcere) e externa (os próceres da cidade).

• Localiza os argumentos duns e doutros para xustificar a súa actitude contraria.

6 Alimentos, cera, libros e cadernos. Esas son as necesidades básicas.

• Que finalidade ten cada unha?

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

REFLEXIONA E VALORA

• Quen son as criaturas ás que fai referencia o texto?

7 Este texto serve de complemento á lectura inicial. Comenta as similitudes e as diferenzas entre os dous en relación con estes aspectos:

Protagonistas

8 Clasifica as palabras segundo o timbre da vogal tónica: novas porén conversa proxectos orfa ninguén presas escola versos

Vogal

9 Define os fonemas que se corresponden coas tres grafías destacadas e indica que teñen en común:

Época tiñan cartilla

• Xustifica a presenza ou ausencia do acento gráfico nas seguintes palabras: sabía é chegou bágoas mais cren.

Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar ✔

Cantos dos teus compañeiros e compañeiras coñecíades os «Dereitos do lector» de Daniel Pennac?

Que opinades sobre as ilustracións de Quentin Blake? Cal é papel dos ilustradores na difusión dos textos? ....

Que argumentos «para ler» e «para non ler» foron os máis creativos?

Houbo algún gran locutor ou locutora nas propostas de lectura en voz alta?

Que sensacións provoca a lectura en voz alta?

Que sentimentos agromaron na adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro?

Cal foi o formato e dispositivo para a lectura preferido pola maioría dos teus compañeiros e compañeiras de aula.

PON A PROBA AS TÚAS

COMPETENCIAS

Realiza a autoavaliación competencial incluida en anayaeducacion.es

chaman
43 U 1
tónica semiaberta Vogal tónica semipechada

Interculturalidade

Moitas persoas abandonan o seu país e buscan unha terra de acollida. Emigrantes, desprazados, refuxiados, exiliados... enfróntanse a unha nova lingua, unha nova cultura e, tamén, aos prexuízos. Pero a mobilidade das persoas fomenta o intercambio cultural, a diversidade e o respecto pola diferenza.

Reducir as desigualdades entre países e dentro destes é a meta do ODS 10 (meta 10.7).

E ti que opinas?

MIGRACIÓNS

Que razóns orixinan os desprazamentos de persoas?

Coñeces persoas migrantes?

Coñeces persoas migrantes?

Coñeces ACNUR, a axencia da ONU para os refuxiados?

Cal é a súa misión?

Como defines xenofobia?

E racismo?

44
2

Que vas aprender?

1 Comunicación

Na lectura inicial, achegarémonos á situación dos galegos emigrados en Londres a mediados do pasado século. Ampliaremos vocabulario sobre estados de ánimo e emocións.

Continuaremos co estudo das propiedades textuais, centrándonos na coherencia.

E practicaremos a elaboración de currículos e videocurrículos.

2 Estudo da lingua

Comezaremos o estudo da sintaxe coa presentación da frase e os seus tipos.

Repasaremos o xénero e número, fundamentais para acadar unha boa calidade de lingua.

E coñeceremos algúns trazos lingüísticos do portugués.

3 Literatura

Achegarémonos á narrativa do primeiro terzo do século XX coa lectura de textos de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Rafael Dieste.

E escribiremos historias a partir de procedementos diversos.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Punto de combustión.

5.1. Farenheit 451 (Ray Bradbury, 1953) e Os libros arden mal (Manuel Rivas, 2006) son dúas novelas que abordan a práctica común nos réximes fascistas de limitar a liberdade das persoas e o acceso á cultura. Os libros convértense en obxectos perigosos porque as persoas que len pensan, analizan e cuestionan o mundo que os rodea e, por tanto, non son manipulables.

5.2 Pescudamos información sobre os dous libros.

5.3 Conversamos sobre a importancia da lectura e da lectura fronte á manipulación.

Marcapáxinas.

6.1. Os marcapáxinas, marcadores ou puntos de lectura desenvolven unha función importante xa que indican o lugar onde interrompemos a lectura que retomaremos noutro momento. Propoñémosche que, en colaboración coa biblioteca do teu centro, crees o teu propio marcapáxinas. Poderás empregar calquera técnica e material. As dimensións serán de 21 x. O marcapáxinas deberá conter un texto en lingua galega (cita, poema, texto propio, etc.), un debuxo e o voso nome na parte posterior.

6.2. Expoñede as vosas creacións e votade a que máis vos guste. Poderedes imprimila e entregala como agasallo da biblioteca.

6.3. Creade un mural dixital con Padlet, Lino, Glogster ou Mural.ly e compartídeo nas redes.

+ orientacións en anayaeducacion.es

Plano aberto. Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es

45

1

Comunicación Lectura

Hipertexto. Coñece o autor e a súa obra en anayaeducacion.es

Unha avoa e o seu neto

Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes cun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. [...] Cando a avoa se anoxaba comigo, debíase case sempre a que eu lle levaba a contraria nas súas opinións incontestables ou a unha lea que —segundo ela— era culpa miña, pero que —cría eu— era froito dun malentendido. Tanto lle tiñan os meus razoamentos, que retrucaba sen posibilidade de apelación.

—Ti estás wrong!

Que vas ler?

Virtudes, unha emigrante galega en Londres, e o seu neto protagonizan esta historia que transcorre na segunda metade do século xx

Xesús Fraga narra nesta novela a emigración dos seus avós (en Venezuela un, en Londres a outra), e tamén a súa propia.

A vez que máis rifou en min, a vez na que puiden sentir máis de preto a trabada de bulldog, foi unha madrugada fronte ao seu domicilio en Londres, cando nos dispuñamos a saír para o aeroporto onde tiñamos que coller o voo que nos traería a Galicia. Cargaramos coa equipaxe ata o portal e ela saíu á beirarrúa, deserta e iluminada aínda polo feble amarelo dos farois.

—Vou buscar un taxi a High Street Kensington. Ti queda aí coas maletas —ordenou, e botou a andar cara ao rumor distante do escaso tráfico que circulaba pola rúa principal. Foi nese intre que sentín o impulso irrefreable de ir tras dela. Aínda hoxe non sei por que. [...] Baixei os cinco chanzos que separaban a beirarrúa da porta principal, que pechei con coidado e sen explicación aparente, supoño que polo instinto de non deixar as pertenzas desatendidas.

—Agarda, que te acompaño.

A avoa xa botara a andar e non me sentira. Tiven que apurar uns metros para poñerme á súa altura. A súa primeira reacción ao verme foi de incredulidade.

—Que fas aquí? E se pecha a porta? Non ves que teño as chaves dentro do bolso?

Tiven que admitir que a porta xa se pechara, pero sen recoñecer que fora pola miña propia man. A incredulidade da avoa transformouse en carraxe e da súa boca saíron unha restra de recriminacións que axiña tratei de esquecer. [...] O lerio non era para menos: fóra da casa, ás catro e media da madrugada, sen chave e coa equipaxe dentro. [...]

Como era habitual nela, a avoa desafogouse ben a gusto e logo solucionou o problema. Premeu repetidas veces o timbre do housekeeps, como ela chamaba ao porteiro que vivía no baixo que daba á rúa, ata que ao cabo duns minutos a súa face negra e malhumorada asomou entre as cortinas da xanela. Aínda peor cara tiña cando nos abriu e nos devolveu á seguridade do portal e á visión reconfortante das nosas maletas; ceibei un silencioso suspiro de alivio mentres a avoa o calmaba cunha interesada mais precisa descrición dos feitos:

My grandson! He «go» outside with no keys. And closed the door! He is stupid! Crazy! Stupid!

Paixón por ler. Goza con outros textos similares en anayaeducacion.es
5 10 15 20 25 30 35 40
46

Esta clase de rifas era unha máis das diversas manifestacións do mal xenio polo que a avoa era célebre. [...] Parte da comicidade que inspiraban os seus arroutos nacía, ademais, de como soaban as súas peculiares expresións nos nosos oídos máis novos, marabillados por un galego vedraño que, criados nun ambiente na súa gran maioría castelánfalante, nos producía abraio e hilaridade.

—Estas noces están balorecidas —dicía, e as miñas curmás e mais eu, que nunca tal palabra escoitaramos, escachabamos coa risa. [...]

Vinte e cinco anos en Londres, os que xa acumulaba cando nós eramos nenos, non evitaban que na súa fala agromase o substrato da súa anterior vida rural, nin tampouco ditos que naceran nese tempo. [...] A adaptación fonética dos topónimos da capital —Edua (Edgware) Road ou Jaimesm (Hammersmith) — coloraba o seu galego británico, pero nada como a sonora e contundente colisión xuramentada para ceibar risos:

Fuckin’ merda!

[...]

Esa convivencia léxica era un signo claro do dualismo que aniñaba no seu cativo corpo: a colisión entre unha muller que fixera os quince o mesmo ano que rematara a guerra civil e que xa adulta pasara da existencia labrega das agras e a servidume vilá á enorme cidade que nese tempo estaba a se reinventar de metrópole colonial en epicentro de modernidade. Londres obrara unha transformación: Virtudes convertérase en Betty, dúas mulleres que habitaban un mesmo físico. Unha coexistencia indisociable pero que concedía maior ou menor protagonismo a unha faceta ou a outra segundo o contexto. Cando anoaba un pano na cabeza e dobraba o lombo para apañar nas patacas ou cortaba piñas na vendima, pasaba por calquera avoa que cumpría co seu papel ditado por unha solidariedade campesiña esluída, mais aínda vixente nas familias. [...] Tampouco ninguén repararía na xubilada co seu anónimo impermeable e cómodas sandalias á caza de choios no mercado dos venres en Edgware Road ou o dominical de Earl’s Court. Ata que lles remaquiaba aos vendedores ambulantes, ingleses ou sirios, gregos ou italianos, tal como faría na feira de Betanzos, vendedores que abrían moito os ollos e despois ceibaban unha gargallada cando, logo de acordar o prezo, aquela vella espelida metía a man polo colo da blusa para sacar as libras ben dobradiñas dunha faldriqueira prendida cun imperdible no interior do sostén de cor carne.

45 50 55 60 65 70 75 U 2 47
Xesús Fraga, Virtudes [e misterios]

Comunicación Comprensión do texto

Extrae información

1 Explica a relación neno e avoa.

2 Virtudes é unha muller forte e afouta que sabe abrirse camiño nun país descoñecido e nunha lingua estraña.

• Con que cualificativos é definida? Que outros adxectivos engadirías?

• Cal é o trazo principal do seu carácter? Localiza exemplos no texto. Con que animal a identifica?

3 A personaxe conquista un novo espazo xeográfico. Identifica os lugares nos que se sitúa a acción. Sitúaos nun mapa da cidade.

4 Os emigrantes desempeñan os empregos humildes e mal pagados. Localiza no texto a orixe dos vendedores ambulantes do mercado londiniense e do porteiro do edificio.

Reflexiona sobre a lingua

5 Coa dicionario, explica o significado destas palabras e expresións:

– galego vedraño

– restra

– lerio

– faldriqueira

– remaquiar aos vendedores ambulantes

6 Localiza no texto varias prendas de vestir.

Interpreta e analiza

7 A novela está protagonizada por Virtudes, a avoa do propio autor, emigrante galega en Londres. A Galicia dos 40 e o Londres dos 70 combínanse na súa personalidade.

• Reconstrúe a traxectoria persoal de Virtudes desde a adolescencia ata a vellez.

1 48

8 Virtudes e Betty son dúas mulleres diferentes nun mesmo corpo. O desprazamento físico e o desprazamento mental marcan a transformación interior da personaxe.

• Analiza esa mudanza e, á vez, coexistencia.

9 Esa dualidade tamén se plasma no plano lingüístico. Localiza exemplos.

10 No fragmento alúdese ás tres linguas coas que está en contacto o neto: galego, castelán, inglés.

• Explica a relación con cada unha.

11 Londres representa a prosperidade económica e a esperanza nun futuro mellor para a familia; a razón que xustifica a emigración da personaxe. A que circunstancias debe enfrontarse?

12 Identifica e caracteriza a voz narradora.

Valora e relaciona co teu mundo

13 Oíches? Podes escoitar o podcast «NALINGUA 9: Virtudes (e misterios)» na web de Praza.gal (vinte.praza.gal). Nel interveñen o autor e a súa nai, os dous en representación de personaxes da novela.

14 E ti que dis? Unha das vantaxe da emigración é a oportunidade de coñecer outras culturas e outras xentes.

• Que outras vantaxes credes que ten?

• Cales son as desvantaxes? Que problemas deben afrontar as persoas emigrantes e as desprazadas?

15 E ti que dis? Coñeces algunha persoa que vivise a experiencia da emigración ou que tivese que abandonar o seu país por circunstancias políticas (refuxiados, desprazados)?

• Tes ti esa vivencia persoal?

• Comparte, se o desexas, a túa experiencia.

16 Virtudes e misterios é unha novela de «non ficción» ou de «autoficción» posto que reconstrúe a historia persoal do escritor e da súa avoa.

• Coñeces algunha outra novela deste tipo?

U 2 49

1

Comunicación Léxico

Estados de ánimo e emocións

ACTIVIDADES

1 Localiza no primeiro parágrafo da lectura expresións referentes ao estado de ánimo da avoa.

2 O mal xenio e os arroutos da avoa provocan abraio e hilaridade dos netos.

• Define estas palabras marcadas en letra grosa.

3 Localiza no texto outras expresións referidas á risa.

• Con axuda dun dicionario, escribe palabras derivadas de rir.

4 Escribe o verbo que corresponde a cada substantivo: pena odio amor dor tristeza

aborrecemento alegría ansia tenrura pesar

piedade aflición inquedanza envexa agarimo

5 Explica o significado destas expresións fraseolóxicas:

a) Risa de coello.

b) Tomar a risa.

c) Chorar de risa.

d) Non ser unha risa.

e) Bágoas de crocodilo.

f) Chorar bágoas de sangue.

g) Beber as bágoas.

6 Emparella os sinónimos:

desprezo mágoa tranquilidade desacougo compaixón

bágoa nifrón lágrima bagullar risa choro pranto bagoar choromicas riso

7 Resolve os xeroglíficos.

50

A coherencia

A coherencia refírese á relación entre todos os elementos do texto para que a mensaxe que se transmite poida ser percibida polo receptor de maneira clara e sen ambigüidades.

Para que isto suceda, a información debe ser:

• Clara, é dicir, exposta de maneira sinxela e comprensíbel.

• Ben organizada, isto é, as ideas estar ben ordenadas seguindo un esquema ou planificación previa.

• Completa e suficiente, de modo que non queden lagoas no contido.

• Pertinente, que sexa necesaria, sen caer no exceso de información e evitando os datos innecesarios ou superfluos.

• Unitaria tematicamente, é dicir, mantendo un mesmo tema ao longo do texto: unha idea principal arredor da cal xorden ideas secundarias.

• Progresiva, organizando e dosificando a información que se transmite, de maneira que conforme avanza o texto vaian aparecendo gradualmente novos datos en relación cos xa coñecidos.

– Nos textos escritos, os parágrafos organizan os contidos: cada un forma unidade de sentido e ten un tema.

• Sen contradicións, non pode haber oposición entre as ideas expostas nos distintos parágrafos do texto.

• Sen repeticións das ideas xa incluídas.

• Correcta lingüisticamente, isto é, respectuosa coas normas ortográficas, morfosintácticas e léxicas do idioma.

A estrutura

A estrutura máis frecuente ten tres partes:

1. Introdución.

2. Corpo do escrito: desenvolvemento, exposición detallada dos aspectos incluídos nese tema.

3. Conclusión

Nalgúns casos, a estrutura vén determinada polo tipo de texto. Así, unha carta consta de tres partes: encabezamento, corpo e remate; unha instancia consta dos apartados EXPÓN e SOLICITA; unha obra de teatro divídese en actos e escenas, etc.

Para identificar a estrutura dun texto fixámonos nestes aspectos:

• Número de parágrafos. Cada parágrafo contén unha idea (ou unha idea principal e varias secundarias). Cando cambiamos de idea, cambiamos de parágrafo.

• Signos tipográficos: guións, viñetas... que ordenan de maneira lóxica o discurso.

• Os conectores textuais (verémolos na unidade seguinte).

Comunicación Estudo dos textos

Ten en conta

A coherencia require dous procesos:

• Selección da información.

• Organización da información.

Corrección

A corrección lingüística conséguese mediante:

• Significado apropiado das palabras.

• Emprego de nexos e enlaces oracionais.

• Ausencia de incoherencias na construción sintáctica.

U 2 51
2

ACTIVIDADES

1 No texto que segue mesturáronse parágrafos de dúas lendas diferentes, polo que o contido resulta incoherente. Identifica a parte que corresponde a cada unha e reescríbeos.

Un día, un mozo pescador, chamado Uraxima, paseaba a rentes das ondas. Había unha vez unha avoa que vivía nunha aldeíña pequena, rodeada de bosques e cun regato de auga fresca e clara. A auga era azul, límpida. Mar adentro, as velas resplandecían como nenúfares. Uraxima sentíase feliz. Unha mañá, a avoa saíu da casa para arrincar as malas herbas. Aquela semana, a pesca fora abondosa e o bo rapaz, co froito do seu traballo, compráralle un vestido de seda á súa nai, que xa era moi velliña. Os pardais voaban felices polo ceo. Á avoa agradáballe contemplalos. Pero hai xente que non os mira igual. Un neno da aldea agardou a que os pardais baixasen á horta da avoa. Cando andaban a peteirar polo chan, lanzoulles unha pedra coa funda e feriu un. Uraxima botouse a rir e a nai bicouno moitas veces, leda como unha meniña. Os outros marcharon espaventados.

A flor da cerdeira. Lendas xaponesas

2 Explica por que estes enunciados non son coherentes.:

– As catro tiñan nomes de flores, Rosa, Azucena e Violeta.

– Mario viaxaba con pouca equipaxe e moitas présas.

– Tiña vinte anos e deixara a casa familiar meses atrás.

– Para interpretar ao piano aquela partitura que lle regalara seu curmán.

– Ana e Antía camiñan todas as mañás pola praia. Ela sempre vai cantando.

– Gústame moito tocar o piano pero as luces do cuarto están acesas. ––

3 As tres oracións de que consta o texto seguinte están desordenadas. Colócaas na orde correcta para que o contido resulte coherente.

• Identifica a idea de cada unha.

• Fai unha nova lectura para comprender o contido global do texto. É por iso que Galicia decidiu iniciar o proceso para o recoñecemento das Illas Cíes – Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia como ben de valor universal excepcional da Lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Trátase dunha candidatura con boas posibilidades, polo que Galicia confía en que conclúa nun prazo razoable coa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial. O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, supón un excepcional espazo marítimo-terrestre que representa unha singular manifestación arqueolóxica esencial para a formación das rías galegas, único no mundo e dunha impronta e valor estético excepcional.

Comunicación Estudo dos textos 1
––––
Patrimonio Mundial de Galicia. Xunta de Galicia
52 «Uraxima» «A avoa
que quería os paxaros»

4 Identifica os erros lingüísticos dos seguintes enunciados.

• Reescríbeos no caderno respectando as normas morfosintácticas.

– Habían moitas persoas no concerto.

– Unha erupción é cando os volcáns empezan a botar lava.

– A meus irmáns non lle gusta nada a música trap.

– Toda a ilusión e as ganas de viaxar desapareceu cando descubriu que xa non quedaban billetes.

– Creo que ti non lle dás valor ás cousas verdadeiramente importantes.

– Onte cominme dous xeados, un de framboesa e o outro de chocolate.

– Foron todos á piscina pero a maioría non se bañaron.

– En canto tocou o timbre baixei abaixo para saír axiña.

– Cando me espertei aínda era noite pecha.

– O máis divertido da película é cando todos caen vestidos á piscina.

– Clara, a amiga de Antía, e ela sempre quedan no Parque.

5 Reescribe este texto cambiando a orde dos elementos da oración, sen modificar o contido.

• O toque de campá manual foi declarado pola Unesco...

• Patrimonio inmaterial da humanidade...

• O toque de campá, unha linguaxe sonora...

TOQUE MANUAL PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE

A Unesco declarou como patrimonio inmaterial da humanidade o toque de campá manual, entendéndoo como unha linguaxe sonora que funcionou ao longo dos séculos como medio de comunicación, cumprindo un conxunto de funcións sociais na comunidade: informar, coordinar, delimitar o territorio e protexer. Para que o toque manual das campás non desapareza da Galiza, conformouse no convento de Herbón, en Padrón, a Asociación Cultural Campaneiros da Galiza.

«O toque manual está en perigo de extinción: só están inventariadas 10% da totalidade de campás do Estado español e tampouco se coñece o número de torres e o número, tipo e características das campás que hospeda. Non existen normas, nin protocolos de carácter técnico, musicolóxico e incluso ético, que regulen as intervencións nas campás e nos campanarios, nin que consideren as interrelacións existentes no instrumento formado pola torre e as súas campás», explica Elvira Branco.

ACTIVIDADES U 2 53
Sermos Galiza nº 538, 21/01·2023 (adapt.)

O currículo e o videocurrículo

O curriculum vítae (expresión latina que significa «percorrido da vida») ou «currículo» é un texto no que se recolle o historial académico e profesional dunha persoa. A súa finalidade é principalmente laboral: solicitar un emprego, participar nun concurso de méritos etc.

No CV debe figurar a seguinte información e unha fotografía actualizada:

1. Datos persoais: Nome e apelidos, DNI, lugar e data de nacemento, enderezo postal e electrónico, contas en redes sociais.

2. Formación: Titulacións (estudos realizados e títulos académicos, en orde cronolóxica), cursos e seminarios, idiomas (indicando o nivel acadado: A2, B1...) coñecementos informáticos.

3. Experiencia laboral: Empresas ou entidades para as que se traballou (indicando data, posto e tempo traballado), bolsas de estudo.

4. Datos complementarios: afeccións e intereses, carnés profesionais, permisos de conducir, vehículo propio, premios, etc.

COÑECEMOS

1 Entra na páxina de Emprego da Xunta de Galicia (https://emprego. xunta.gal). Pica na icona «Buscar emprego». Poderás atopar información sobre a elaboración do CV nestes apartados:

• Principais aspectos

• A carta de presentación

• Erros que se deben evitar

• Seguindo estes consellos, elabora o CV que desexarías ter dentro de 10 ou 15 anos e redáctao nun procesador de textos.

2 Busca na prensa algunha oferta de emprego interesante e elabora un currículo que se axuste ás necesidades do traballo que se ofrece.

3 Inventa un currículo para unha destas ofertas:

BUSCO cociñeiro de fungos velenosos para festa de outono. Achegar dossier con probas da súa eficacia.

Tel.: 771 111 333

Currículos dixitais

Tamén podemos elaborar currículos online.

• ABOUT.ME permite crear unha páxina de perfil persoal á que podemos conectar todas as contas nas redes sociais, blogs e páxinas persoais.

• LINKEDIN é unha rede social profesional que pon en contacto profesionais e empresas. Permite crear un CV atractivo e telo actualizado. E pódese obter unha versión en papel.

Características do currículo

• Brevidade e síntese. Deben aparecer de forma breve só os datos necesarios.

• Claridade. Datos perfectamente ordenados e distribuídos.

• Precisión. Datos ben detallados (títulos, cursos, datas...), sen ambigüidades.

• Veracidade. Datos certos, xustificados documentalmente.

• Sinxeleza. Redacción clara e sinxela, con frases breves e facilmente comprensíbeis.

• Corrección lingüística. Ausencia de erros (ortográficos, léxicos...).

CONDUTORES para traslado de obras de arte. Responsábel, honradez probada. Tel.: 771 666 666

NADAL. Buscamos mozos e mozas para campañas promocionais de turrón. Pago semanal. Xornada completa de luns a venres.

Tel.: 666 555 777.

PRECÍSASE buscador de tesouros. Valórase experiencia, resultados e práctica de submarinismo. Chamar noites. Tel.: 771 000 222

Obradoiro de comunicación
54

Un videocurrículo é unha presentación en vídeo na que a persoa fala de si mesma, dos seus coñecementos, das súas aptitudes e habilidades. É unha especie de «videopromocional».

Deben coidarse os seguintes aspectos:

• O saúdo inicial, xa que é a primeira impresión que de nós reciben. Hai que amosar unha expresión amábel e natural e non facer referencias temporais (xa que non sabemos cando nos verán).

• A experiencia é o apartado ao que hai que dedicar máis tempo. Pódese seguir unha orde cronolóxica ou agrupala segundo as coincidencias. Hai que indicar tamén o que aprendemos de cada unha delas.

• Amosar os puntos fortes, as calidades que mellor nos definen. Trátase de demostrar a quen o está vendo que somos o candidato perfecto e o que mellor se axusta ás súas necesidades.

• Coidar o lugar (iluminación....) e a calidade da gravación (enfoque, son, montaxe final...).

• Pódense incorporar imaxes sobre os nosos traballos, sobre nós mesmos traballando.

• «Mover» o videocurrículo. Hai portais específicos orientados a sectores concretos.

ANALIZAMOS

4 Localizade en Internet exemplos reais de videocurrículos.

– Cal vos gustou máis? Por que?

– Que aspectos, positivos ou negativos, destacades en cada caso?

– Analizade a combinación de elementos visuais (texto e imaxes) e auditivos (palabra, música, son)

CREAMOS UN VIDEOCURRÍCULO

5 Elabora o teu videocurrículo, de acordo co xa indicado na actividade

1. Precisarás:

– Un guión cos aspectos que queredes salientar.

– Unha cámara de vídeo ou un teléfono móbil.

55 U 2

2

Estudo da lingua Gramática

A sintaxe

A sintaxe é a disciplina gramatical que describe as relacións que as palabras establecen entre si para formar unidades superiores: frases, cláusulas e oracións.

Polo tanto, analizar sintacticamente consiste en descompoñer un enunciado nas unidades sintácticas que o forman e ver as funcións que estas desempeñan.

UNIDADE SINTÁCTICA FUNCIÓN SINTÁCTICA

Palabra ou grupo de palabras que funciona de xeito unitario nun enunciado.

Oración (unidade máxima)

Cláusula

Frase

Relación que manteñen os elementos dunha unidade sintáctica entre si e coas unidades superiores ás que pertencen.

NÚCLEO, PREDICADO, CD, CI etc.

Para a análise sintáctica empregamos a representación en árbore, indicando a unidade sintáctica, en minúscula, e a función, en maiúscula.

Fr. adx. unidade MOD NUC función adv. adx. unidade

A frase: clasificación

A frase é a unidade sintáctica básica, inferior á cláusula, que pode estar formada por unha ou máis palabras: carballo, este carballo, un carballo centenario, catro carballos centenarios queimados nun incendio.

Segundo a relación que manteñen os elementos que a constitúen, distinguimos dous tipos de frases:

frases con núcleo (endocéntricas)

frase substantiva

frase adverbial

frases en núcleo (exocéntricas)

frase adxectiva

frase nominal frase preposicional

56

Frase substantiva, frase adxectiva e frase adverbial

A palabra que funciona como NÚCLEO é, respectivamente, un substantivo ou pronome, un adxectivo cualificativo e mais un adverbio. Nestes tres tipos de frases tamén pode haber un MODIFICADOR, que vai antes ou despois do núcleo.

instrumentos

A frase verbal

bastante ruidoso moi tarde

Sempre presenta un NÚCLEO como único constituínte: un verbo en forma simple, unha perífrase ou un complexo verbal.

ACTIVIDADES

1 Clasifica as frases subliñadas segundo a palabra que funciona como núcleo:

—Ola, boa tarde

—Boas.

—Eu quería unha palabra.

—Pois moi ben, trae algunha idea, algo en especial?

—O certo é que non...

Témolas moi variadas Agora estamos facendo unha oferta de nomes de flores

—Ahá... É que a min as flores...

—Oquei... E que clase de palabras lle gusta?

—Non sei, é que eu de palabras non entendo moito

Séchu Sende, «A vendedora de palabras», Made in Galiza

2 Localiza os modificadores que hai nas seguintes frases:

– A rapaza tiña uns ollos brillantes de felicidade.

– O pasado luns tivemos que rematar moi rápido o adestramento.

– Coa persiana tan aberta entra moita calor.

– O paquete chegou días máis tarde

– Antón tiña o tempo ben xusto para coller o tren.

U 2 57
Fr. Subst. Fr. Adx. Fr. Adv. NÚC MOD MOD NÚC MOD NÚC subst. adx. adv. adx. adv. adv.
verb. Fr. verb. NÚC NÚC verb. verb. Cheguei. Houbo caer.
musicais
Fr.

Estudo da lingua Gramática

Ten en conta

As funcións sintácticas da frase son: Núcleo (NÚC), Modificador (MOD), Determinante (DET), Nominal (NOM), Relator (REL), Termo (TER).

A frase nominal e a frase preposicional Presentan dous elementos interdependentes, xa que a presenza dun implica a aparición do outro. A frase nominal está formada por un DETERMINANTE (calquera adxectivo determinativo ou artigo) mais un NOMINAL (frase substantiva ou frase nominal):

A frase preposicional esta constituída polo RELATOR (preposición ou locución prepositiva) e o TERMO (unha frase nominal, substantiva etc.).

Segundo a estrutura interna, a frase pode clasificarse como:

Simple Sen outras frases no seu interior: moi fresco, parabéns.

Complexa Con unha ou varias frases en función de modificador: unha tarde de outono; moitas noticias sobre o cambio climático.

Composta Con varias frases unidas por unha conxunción ou unha pausa: unha gaivota, un mascato e un paíño.

ACTIVIDADES

3 Analiza sintacticamente as seguintes frases: algunha chuvia, os teus libros, sen coidado, desde a ventá, pola tarde.

4 Clasifica as frases subliñadas en simples, complexas e compostas:

– Xurxo e Marcos atoparon a María na feira do cómic da Coruña

– Onte almorzamos moi tarde porque quedamos durmidos

– Casiopea, Andrómeda e Ara son tres constelacións formadas por estrelas

– Os veciños da túa tía chegaron onte de Viveiro.

– Ás cinco da tarde comeza a final do partido de tenis

2 58
Fr. nom DET NÚC. fr. subst. Art. Subst. As lavandeiras Fr. prep. REL TERM fr. subst. prep. Subst. Con misterio Simple Complexa Composta

O xénero e o número

Consulta no anexo as regras de formación do xénero e do número para realizar as seguintes actividades.

ACTIVIDADES

1 Clasifica os seguintes substantivos segundo sexan masculinos ou femininos:

cume énfase vertixe fel

lavalouza apendicite sal ponte eclipse masacre cárcere suor bechamel árbore

2 Reescribe no caderno e corrixe os erros que atopes:

– Non collas esa diadema tan grande, que che vai caer sobre a nariz.

– A catedral de Santiago ten trazos de arte románico, gótico e barroco.

– Pasou tanto calor no viaxe a Exipto que case lle dá un síncope.

– O sentinela da torre máis alta tiña un forte vertixe.

– Coa primeira sinal de entrada, o pantasma accedeu ao escenario.

3 Completa coas formas masculinas e femininas destas palabras:

– Feminino: heroína, ra, pianista, ovella, curmá ➝ Masculino:...

– Masculino: león, xenro, capitán, patrón, médico ➝ Feminino:...

4 Repasa a formación do xénero nos adxectivos rematados en –ón e –án e escribe os correspondentes masculinos e femininos destas formas:

– Feminino: urbana, insá, paspana, asturiana, liviá ➝ Masculino:...

– Masculino: nugallán, saxo, toleirán, catalán, alemán ➝ Feminino:...

5 Corrixe os erros:

– A túa curmán é moi nugallana.

– A avogado pediulle ao testemuño que declarase diante da xuíz.

– Polo ponte román non se pode circular con vehículos.

– A elefante atopou o desexado auga para as súas crías.

6 Escribe o plural no teu caderno: búmerang mel dócil caracol lei pub baúl téxtil ollomol casual tabú raíl mandilón augamar rubí

7 Clasifica as palabras rematadas en –l do exercicio anterior segundo a regra aplicada para formar o plural.

8 Escribe o plural destas palabras compostas: pita do monte, cidade dormitorio, beiravía, galegofalante, solpor, cidade deportiva, chuchamel, papel moeda, salvavidas, coche cama.

Estudo da lingua Repaso gramatical e ortográfico

U 2 59
2

2

Estudo da lingua Lingua e sociedade

Ten en conta

O portugués serve, ademais, como lingua de referencia para recuperar palabras patrimoniais galegas perdidas pola presión do castelán: Deus, garfo...

Ten en conta

Mellor dicionario na rede en portugués: PRIBERAM: www.priberam.pt

Guía de pronuncia

www.pt.forvo.com

A lusofonía

Galego e portugués son dúas linguas moi similares debido a que teñen unha orixe común: o idioma nacido en torno ao século ix no noroeste da Península Ibérica, coñecido co nome de lingua galego-portuguesa Esta similitude permite a relación do galego co ámbito da lusofonía, que é a comunidade de todos os países que teñen o portugués como lingua oficial ou como lingua falada no seu territorio: Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Leste, Goa e Macau. Unha comunidade de máis de 200 millóns de persoas, que sitúan o portugués como un dos idiomas con máis falantes do mundo.

Diferenzas entre galego e portugués

PORTUGUÉS GALEGO

Ortografía

nh, lh, j, ç: montanha, mulher, hoje, paço Til de nasalidade sobre as vogais: cão, mãe,.

ñ, ll: montaña, muller Til de nasalidade sobre a consoante ñ: xuño.

Fonética

Hai vogais orais e vogais nasais: irmão, canções

Diferenza fonema /b/ -grafía b- e /v/grafía v-: bo verão

Diferenza fonema /s/ xordo -semana, passo- e /z/ sonoro (z, -s-) zume, rosa.

Fonema ɜ : janeiro, geado, hoje

Non hai vogais nasais na maior parte do territorio (excepto Ancares): irmán, canción

Só fonema /b/, grafado con b ou con v: bo verán

Só fonema /s/ xordo: semana, paso, rosa.

Non existe o fonema ɜ , só o ʃ : xaneiro, xeado, hoxe.

Morfosintaxe

Pronome persoal te (CD, CI) Diferencia te (CD) e che (CI)

Conxugación verbal

Futuro: Chamar-te-hei

Léxico

Futuro: Chamareite

Hai tamén diferenzas entre o vocabulario galego e o portugués. Por exemplo, a denominación nos días da semana, as comidas do día, os nomes de froitas, etc.

Malia as diferenzas, os dous idiomas son perfectamente comprensíbeis para os falantes dunha e outra procedencia porque son moito máis grandes as coincidencias entre ambos.

Esta facilidade de comprensión mutua ten importantes repercusións no plano social (permite a comunicación e interrelación persoal), cultural (posibilita a difusión da literatura, da música, do cinema…) e económico (favorece o acceso ao mercado laboral das empresas galegas nos países lusófonos).

60
Portugués Galego

ACTIVIDADES

1 Oíches? Busca en internet o vídeo «Comedia - Diferenzas/Diferenças entre o galego e o portugués/português brasileiro».

• Escoita a conversa entre unha rapaza galega e un rapaz brasileiro. Fíxate nos subtítulos e anota as diferenzas gráficas entre os dous idiomas.

• Elabora unha táboa e explica os seguintes fenómenos:

– Fonema /z/ - /s/

– Gheada / r-, -rr-

– Terminación -ción, -zon / -çao

– Léxico: xantar/jantar; ghato–rato–mico; vaso/copo

2 Oíches? Entra no Tiktiok de @DigochoEu e visualiza o vídeo «Falsos amigos».

• Anota a diferenza de significado entre as palabras: pilas, espantosa, bico, borrar.

3 Oíches? As cancións son un magnífico recurso para practicar unha lingua. Escoita e aprende algunha das seguintes:

• «Amar pelos dois», de Salvador Sobral, gañador do Festival de Eurovisión 2017.

• «Quen me dera», de Mariza, cantante de fados, a composición musical máis representativa de Portugal.

• «Sodade», da cantante caboverdiana Cesaria Évora.

4 Oíches? «Meu amigo Nietzche» é unha curtametraxe do director brasileiro Fáuston da Silva (2012) que narra a vida de Lucas, un neno das favelas que ten dificultades na escola.

• Comentade a importancia da lectura para desenvolver o pensamento crítico dos estudantes.

5 Entra na páxina de Coquinhos e aprende vocabulario realizando estes «Jogos de português»:

Partes do rosto

Anagrama de animais

6 Le estes versos de Fernando Pessoa: O poeta é um fingidor. Finge tão completamente que chega a fingir que é dor a dor que deveras sente.

Dítado de cores em Português

Concurso de palavras

• Fai unha versión ao galego. Que diferenzas ortográficas percibes?

• Escoita un audio do poema. Identifica fonemas inexistentes en galego.

7 Le o fragmento narrativo da marxe.

• Identifica o espazo físico no que se sitúa a acción.

• Analiza as similitudes xeográficas e lingüísticas entre os dous territorios.

Dois irmãos desavindos

A bo ritmo, necesitaban dúas horas e media. Esa era a distancia a pé entre a súa aldea e a de Pitões das Junias. Sobre o mapa atravesaban cara a outro país. Na práctica, non había liñas físicas nin imaxinarias. O Xurés ou Peneda-Gerês, tanto daba. Ninguén coñecía en realidade onde estaba a fronteira. Os penedos, as xestas, os carballos ou a terra do camiño semellaban iguais. Alí todos eran veciños e incluso os distintos acentos fluían con absoluta normalidade nas conversas, como quen escoita diferentes músicas ou tonalidades, todas entendibles, todas gustosas.

Óscar Reboiras, A agonía das folerpas. Galaxia

U 2 61

Literatura A narrativa do primeiro terzo do século xx

A literatura das Irmandades

No primeiro terzo do século xx a narrativa galega experimenta un gran crecemento grazas ao interese das Irmandades da Fala por crear unha prosa de ficción que contribúa a consolidar o sistema literario galego e crear un público lector.

Poténciase sobre todo a narrativa breve, que se difundía principalmente nos xornais, Xorden así coleccións de novela curta, como Céltiga e Lar, nas que os autores máis significativos do momento publican as súas narracións ambientadas en espazos urbanos e con temáticas modernas e nun rexistro lingüístico afastado do dialectal.

Entre os narradores da época das Irmandades destacan: Francisca Herrera Garrido, Xosé Lesta Meis, Leando Carré Alvarellos, Xaime Quintanilla , Gonzalo López Abente, etc.

O Grupo Nós

A colección Céltiga combinaba literatura e artes plásticas pois contaba coa colaboración dos mellores artistas plásticos do momento: Castelao, Díaz Baliño, Cebreiro, Corral, Lamas...

O Grupo Nós marca un fito na historia da cultura galega entre 1920 e 1936. Os membros principais do grupo son Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas.

Todos eles forman parte das iniciativas culturais desenvolvidas durante o primeiro terzo do século xx, como a Real Academia Galega ou o Seminario de Estudos Galegos.

O nome do grupo procede da revista Nós, fundada por Vicente Risco en Ourense en 1920 e da que se publicaron un total de 144 números, ata a súa desaparición en 1936. Foi a publicación máis importante da Galicia de preguerra e abordou diversas facetas relativas á cultura galega: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía, historia, literatura, etc.

No plano literario, o seu principal logro foi a consolidación e modernización da prosa galega, nas súas diferentes modalidades: narrativa curta, novela e ensaio.

3
62

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)

É o ideólogo do Grupo Nós e un dos intelectuais máis sobranceiros da nosa cultura.

Obra literaria

Narrativa

Narrativa

Teatro Ensaio novela narrativa

novela narrativa

O porco de pé (1928)

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)

O lobo da xente (1925)

A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)

Os europeos en Abrantes (1927)

Narrativa

O bufón de El-Rei (1928) Teoría do nacionalismo galego (1920) Nós, os inadaptados (1933)

Mitteleuropa (1934)

O porco de pé é a súa obra máis importante. É unha novela que constitúe unha sátira contra a burguesía, encarnada na figura de D. Celidonio, tendeiro de orixe castelá, que chega a ser alcalde dunha cidade galega. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía, en contraposición co intelectual Doutor Alveiros, que corresponde co home de espírito quen, porén, acaba sucumbindo ante o mundo burgués.

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros é unha narración humorística na que o protagonista, que ten grandes coñecementos esotéricos, entra en contacto co mundo dos mortos e libera a momia de Tutankhamen das súas vendas.

O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, dúas narracións breves inspiradas en lendas e crenzas populares: o lobishome e os tesouros dos mouros, respectivamente.

Os europeos en Abrantes é unha novela inacabada que satiriza persoas e costumes da vida ourensá.

Ensaio

Teoría do nacionalismo galego (1920), obra que o converte no principal teórico do galeguismo.

Nós, os inadaptados (1933) explica a súa traxectoria e evolución ideolóxica, desde o individualismo da mocidade ata o compromiso co galeguismo.

Mitteleuropa (1934) recolle as experiencias da viaxe realizada por Centroeuropa en 1930.

Teatro

O bufón de El-Rei (1928), drama que se sitúa na época medieval, conta a historia dun bufón que delata ante o rei a relación amorosa entre a raíña Iolanda e o cabaleiro Guindamor, sen saber que este é o seu propio irmán.

U 2 63
Cartel da adaptación cinematográfica do relato de Vicente Risco. (Imaxe cedida pola produtora Visualq) Teatro Ensaio

Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888-1976)

Otero Pedrayo foi o principal literato do grupo Nós. Centrouse no campo da narrativa e do ensaio, aínda que tamén cultivou o teatro e a poesía.

Narrativa

Teatro Ensaio novela relatos

Os camiños da vida (1928)

Arredor de si (1930)

A romaría de Xelmírez (1934)

Fra Vernero (1934)

Devalar (1935)

O señorito da Reboraina (1960)

Narrativa

Pantelas, home libre (1925)

O purgatorio de don Ramiro 81926)

O mesón dos ermos (1936)

Entre a vendima e a castañeira (1957)

A lagarada (1928)

O desengano do prioiro (1952)

Síntese xeográfica de Galicia (1926)

Pelerinaxes (1929)

Síntese histórica do século XVIII en Galicia (1968)

Os camiños da vida é a súa primeira novela e a primeira gran novela da literatura galega. Trata dos cambios que se producen na Galicia do século xix, fundamentalmente a decadencia da fidalguía rural e o ascenso da burguesía urbana. Está protagonizada por dúas familias fidalgas: os Doncos e os Puga, que amosarán a súa decadencia económica, física e moral. Estrutúrase en tres partes cuxa acción transcorre en Trasouto (=Trasalba), Ourense e Santiago. Arredor de si é un retrato da xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo dos homes do seu tempo. O protagonista, Adrián Solovio, viaxa por diversos lugares de España e de Europa e vai experimentando unha evolución ideolóxica que o leva de regreso a Galicia. A viaxe física do personaxe é o soporte metafórico da viaxe interior que nel se está producindo e que fai que se reencontre consigo mesmo e coa súa terra.

Outras obras de interese son A romería de Xelmírez, novela de asunto medieval que trata da viaxe do arcebispo Xelmírez a Roma; Fra Vernero, única obra que non fai referencia a Galicia e narra a vida do dramaturgo alemán do século xviii Zacarías Werner; Devalar, transcorre en Santiago nos anos do Seminario de Estudos Galegos.

Teatro

Otero Pedrayo tamén participa na consolidación do teatro galego, considerado un elemento normalizador da cultura galega entre o público urbano.

As súas obras principais son:

• A lagarada. Traxedia situada no Ribeiro na época da vendima. Trata do asasinato do señor Vences, un vello labrego rico, enfrontado aos fillos e aos criados.

• O desengano do prioiro. Trata humoristicamente a implantación na leda terra do Ribeiro da industria dos cadaleitos.

Ensaio

A súa numerosa produción ensaística céntrase, sobre todo, en temas de xeografía e de historia.

Literatura O Grupo Nós 3 64
Narrativa novela relatos Teatro Ensaio

Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950)

Afonso Daniel Rodríguez Castelao é a figura máis sobranceira da cultura galega do século xx. Nel fúndense as facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista.

Obra literaria

Narrativa Teatro Ensaio Obra plástica

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)

Cousas (1926)

Os dous de sempre (1934)

Retrincos (1934)

Os vellos non deben de namorarse (1941)

Diarios (1921) Sempre en Galiza (1944)

Albúm Nós (1918)

Cousas da vida (19241971)

Cincuenta homes por dez reás (1930)

Atila en Galicia (1937)

Galicia mártir (1937)

Milicianos (1938)

As cruces de pedra na Bretaña (1930)

As cruces de pedra na Galiza (1950)

Narrativa

Un ollo de vidro é unha novela curta centrada no tema de ultratumba: un esqueleto narra as peripecias da súa actual vida nun cemiterio. Predomina o humor negro e o compromiso social.

Cousas reúne un conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración. Ofrecen un mosaico da realidade galega do seu tempo: o mundo mariñeiro, a emigración, retratos de personaxes... As «cousas» son a creación máis orixinal de Castelao e supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.

Retrincos é unha colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos, nos que se narran acontecementos e vivencias do autor en distintos momentos da súa vida.

Os dous de sempre é a única novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos desde a infancia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida:

– Rañolas é o rapaz que, partindo dunhas circunstancias adversas (eivado de corpo, de condición humilde...) vai superando todos os atrancos grazas á súa intelixencia, valentía e idealismo.

– Pedriño, en cambio, é unha persoa sen vontade, preguiceira / non preguiceiro e materialista, que ten por única preocupación comer e folgar.

Na portada da novela figuran un paxaro e unha ra que representan simbolicamente a cada personaxe: o inconformista que ergue o voo superando as dificultades (o paxaro), o pasivo que sempre permanece pegado ao chan (a ra).

U 2 65
Narrativa Ensaio Teatro Obra plástica

Ensaio

A obra ensaística máis importante é Sempre en Galiza, na que condensa o seu ideario nacionalista. Galicia é definida como unha nación: idioma propio, territorio diferenciado, tradición cultural e economía específica. Fronte ao centralismo, propón un federalismo dos pobos ibéricos.

Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra na Galiza (1950).

Teatro

Os vellos non deben de namorarse foi estreada en Bos Aires en 1941 e publicada en libro en Galicia en 1953. Consta de tres lances independentes pero de tema e estrutura semellantes, encadrados entre un prólogo e un epílogo. O prólogo anticipa o tema e o argumento da obra: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.

Os lances presentan tres versións dun mesmo drama: en cada un hai un vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. En todos os lances aparece tamén a morte como personaxe que advirte ao vello das dramáticas consecuencias do seu namoramento.

No epílogo os tres vellos reúnense –xa convertidos en esqueletos– e analizan as circunstancias da súa morte, láianse da súa imprudencia e coñecen noticias das súas mozas respectivas.

Castelao definiu esta peza como «unha obra imaxinada por un pintor e non por literato», deste modo quería manifestar a importancia que lle concedía aos artificios escenográficos (iluminación, vestiario, decorados...) mediante os cales modernizou o teatro galego do seu tempo.

Obra plástica

Castelao foi tamén pintor, debuxante e caricaturista e converteuse na principal figura da arte galega do seu tempo. Nos primeiros álbums presenta personaxes populares, labregos e mariñeiros, e a través do humor dá unha visión crítica da Galicia do seu tempo. Despois da guerra publica outros tres álbums con dramáticas estampas da cruel represión fascista en Galicia.

3 66
Literatura A narrativa do primeiro terzo do século xx

Florentino López Cuevillas (Ourense, 1896-1958)

Antropólogo e prehistoriador, Desenvolveu un importante labor no campo da arqueoloxía coas súas investigacións sobre a cultura celta-castrexa, e sobre a Galicia romana. Tamén é autor do ensaio

Dos nosos tempos, no que describe a evolución intelectual dos seus compañeiros ourensáns. Publicou diversos ensaios sobre o tema: A idade de Ferro na Galiza, Catálogo dos castros galegos, Prehistoria e folclore do Barbanza, A mansión de Aquis Querquernis, etc.

Postumamente, publicouse un libro Prosas galegas (1962) con narracións e ensaios.

A prosa de vangarda

Rafael Dieste (Rianxo,1899-1981)

A produción literaria de Rafael Dieste abrangue a narrativa e o teatro.

• Narrativa: Dos arquivos do trasno (1926)

• Teatro: A fiestra valdeira (1927)

Dos arquivos do trasno, subtitulado Contos do monte e do mar, é un conxunto de relatos de misterio nos que retrata a psicoloxía da xente galega e presenta experiencias extraordinarias de tipo fantástico e marabilloso.

A fiestra valdeira (1927) é unha comedia de carácter simbólico que aborda o tema da identidade cultural. O protagonista é un indiano cuxa familia quere ocultar a súa humilde orixe, mais no desenlace este reconcíliase co seu pasado mariñeiro e volve sentirse parte integrante da súa comunidade.

Teatro

Coas Irmandades da Fala o teatro convértese en instrumento de concienciación política e lingüística. O obxectivo principal é crear obras que acheguen ao público urbano ao idioma e ao galeguismo.

En 1919 Antón Villar Ponte promove na Coruña a creación do Conservatorio Nazonal de Arte Gallego, que en 1922 se converte na Escola Dramática Galega, baixo a dirección de Leandro Carré, para potenciar a creación de textos dramáticos e crear un grupo estábel de actores e actrices.

Os dramaturgos máis significativos son: Cabanillas, Armando Cotarelo Valledor, AntónVillar Ponte, Xaime Quintanilla, Xesús San Luís Romero, etc.

Os autores do Grupo Nós tamén participaron deste interese pola creación dramática e eles escribiron textos teatrais. Os vellos non deben de namorarse é a peza máis significativa deste período.

Entre os autores da vangarda, temos que salientar a obra de Rafael Dieste

A fiestra valdeira.

Ensaio

Como vimos, neste período publícanse as primeiras obras de prosa científica ou ensaio. Risco, Otero, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e todos os grandes autores do momento escribiron obras didácticas sobre diversos ámbitos: política, historia, etnografía, antropoloxía, lingüística.

U 2 67
Lembra Dieste empregou ocasionalmente o pseudónimo Félix Muriel.

Texto 1

O Ánxel non quixo ver máis. Caladiñamente agatuñou pola parede e foise agochar riba da caniceira1. Dende alí miraba para a porta morto de medo.

Pola porta apareceu un fociño longo, con dentes brancos que en poucos instantes fixeron saltar as táboas, e polo burato coouse no sequeiro2 o lobo da xente.

O Ánxel vira o lobo moitas veces; xa dixen que era un mozo doutro tempo. Mais lobo coma aquel, tan negro, tan peludo, tan espantosamente grandísimo, con aqueles ollos sanguiñentos e relucentes, que escintilaban máis có lume da lareira, con aqueles dentes brancos e afiados coma navallas, aquel fociño mouro, lixado de sangue fresco, aquelas poutas grandes coma as dun oso, coma aquel nunca, endexamais outro vira na vida. O Ánxel, acochado na caniceira, tremía como unha vara verde, mais non rebulía.

O lobo da xente foise achegando ao lume coma con receo. Andou cheirando o banco, a machada que o Ánxel deixara no chan, a navalla e o pan riba do banco, e logo ficou quedo un pedazo. O Ánxel sentíao alentar, coma un can cando vai canso.

Despois, aquela si que foi: o lobo da xente principiou a rebulir, foi soltando a pelexa, e apareceu de súpeto transformado nunha rapaza fermosa coma un caravel recén aberto. Non levaba máis cá camisa, e os cabelos escuros con reflexos dourados estaban despeiteados e soltos e chegábanlle moito máis abaixo do medio corpo.

Vicente Risco, O lobo da xente, Galaxia (adapt.)

Neste fragmento descríbese o lobo da xente que ten atemorizada á poboación.

• Analiza a descrición do animal nos parágrafos 2 e 3. Que recursos emprega?

• Contrasta a visión aterradora do animal coa do último parágrafo. Que circunstancia provoca ese cambio?

Texto 2

Ao correr do inverno, Adrián falaba sempre en galego cos labregos. Gozaba coas latricadas do señor Bieito de Medelo, particularmente. Era un vello, vivía nunha casiña limpa e terrea nun recuncho, o máis escondido do val, entre penedos e piñeiros. Nas rochas esgrevias aínda vexetaban retortas cepas vellas. Ao pé da casa, baixo un pontillón de laxes usadas, bulía un regueiro, no outono medrado. Traía á ribeira un fresqueiro cantigar da montaña. O home tiña unha fala na aparencia ruda e distante, e nela as verbas perdían individualidade na rexa fábrica das frases. Mais de seguida se advertía a fermosura e o tino das palabras, sinxelas, expresivas, pintorescas, unhas dun sintetismo completo, outras feitas de matices, incomparables para expresar os momentos decorrentes e fuxitivos da vida e do mundo.

Algunhas veces Adrián coidaba oír un baixo latín cheo de mocidade e de futuridade. No comercio cos labregos, o esperto senso crítico de Solovio aprendeu ben pronto a falsidade dunha afirmación na que, por costume e preguiza, participara: a de ser o galego unha lingua vella, unha ruína, non doada para conter nin fecundar unha idea moderna, impropia para a Técnica e para a Filosofía por exemplo. Pois que Adrián falaba galego sentía todo o seu ser renovado. [...].

Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si. Fragmento.

Este fragmento, case no remate da novela, presenta o cambio de opinión de Adrián en relación con Galicia e coa lingua galega.

• Como caracteriza a lingua dos labregos?

• Que vellos prexuízos desbotou? Procura en Internet a versión musicada por Xenreira.

1Caniceira: Piso superior do sequeiro formado por táboas separadas sobre as que se estenden as castañas para secalas co fume que se acende debaixo no sobrado.

2Sequeiro: Construción destinada a secar as castañas.

Antoloxía 68
5 10 15
5 10 15

Texto 3

O Pedriño, o fillo máis vello de Farruco, veu vivir coa tía Ádega. El era manso, doce, alabeeiro1, pero tamén lacazán, pousafoles, e máis que nada comellón e lambeteiro.

Endexamais podía ver comer sen pedir parte, e moitas veces daba noxo de velo tan devecido sempre, tan famento, inda que tivese o fol estoupado de comida.

Cando algún compañeiro comía unha mazá, Pedriño achegábase a el, paseniñamente, e dicíalle con verdadeira humildade:

—¡Non tires o carozo, eh!

[...]

O seu amigo máis achegado era o Rañolas: un rapaz eivadiño das pernas, que andaba en crequenas, por ter os remos engoumados. As pernas do Rañolas estaban tan encartadas que para andar de présa tiña que axudarse das mans, camiñando a catro pés.

A tía Ádega sempre lle berraba ao sobriño:

—Eu non sei que gato andades a esfolar, ti e mais o xuncras2 de Rañolas. Non haberá na vila un rapaz do teu igual? Que o Noso Señor me perdoe; pero dáme noxo verte sempre con ese eivado.

Na bocanoite dos días de verán Pedriño e mais Rañolas sentábanse a falar na porta da tía Ádega.

—Pois eu —dicía o comellón— se fose moi rico, moi rico, comería tres tortas diarias.

—Pois eu —dicía o eivado— se fose moi rico, moi rico, andaría sempre dacabalo dun cabalo branco.

Castelao, Os dous de sempre (adapt.)

Texto 4

Eran de alá da montaña… Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. Longa viaxe fixeran! —no rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos— para lle dar cumprimento ao antollo do vello!

Moito tempo tivera secreto aquel desexo. Un día, coa mimosa curtidade dun neno que pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, o avó tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quería morrer sen ver o tren. A filla e o xenro riron boamente daquela tolería. [...]. Pasaba a vía tan lonxe! E ademais que demos lle importaba aos seus anos ver o tren? En troque, o neto púxose da parte do avó. E petou teimudo cos zoquiños no chan. Eu quero ver o tren! Eu quero ver o tren!

Así foi que puxeron no carro un feixe de palla para asento do vello, meteron nun garabelo unha forte merenda, e moi de matinada puxéronse en camiño, deica chegaren ao ignorado e podrecido apeadeiro onde agardan inquedos o milagre […].

O neto fala moito. Como corría o tren! E non levaba cabalos. E había un neno coma el que albiscara pola ventaíña. […].

O vello fala pouco. Vai satisfeito pero un tanto tristeiro. Naquel mundo que lostregara un intre diante del, abesullaba moitas cousas endexamais presentidas alá nas altas toxeiras. Había máis mundos có seu. […].

De súpeto o rapaciño dixo:

—Eu cando medre tamén hei de andar en tren.

As engurras do vello teceron unha sombriza tristura.

O rexo carro de bois volvía rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios..

(Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si. Fragmento)

1Alabeeiro: dócil, obediente, submiso.

1Xuncras: eufemismo por Xudas.

• Contrasta a caracterización dos dous personaxes.

• O diálogo final completa a descrición de ambos. Analiza a súa significación.

• Avó e neto comparten un mesmo desexo. Que cres que representa o tren?

• Mais o remate a actitude dos dous personaxes é moi diversa. Como interpretas a tristura do ancián fronte á ilusión do neno?

U 2 69
5 10 15 20
5 10 15 20 25

1855. No salón etiqueteiro da Rúa Nova, algunhas donas agardan impacientes. O coro das señoras maiores tamén agarda. Mais don Xoán non aparece. Pola porta só entran señoritas coñecidas. As de sempre. Noutro sarao, a elegancia montesía de don Xoán deixou sementadas flores de esperanza polo xardín das vidas femininas. Don Xoán, deica a mañá, deita onzas e onzas na mesa de xogo. [...] Leva trasfegadas moitas xerras de viño, pois el despreza os licores finos e as bebidas da cidade. Os parasitos extreman a súa admiración. Don Xoán, gardando unha superioridade sen decatarse diso, vai botando na mesa, en onzas como soles, centos de tegas de centeo, parellas de bois ornatos dos feirais e pasmo dos labregos, sementeiras, nabeira, toradas de vello carballo, dos que rexistran como arquivos nos fermosos circos do seu tronco, o maino e seguro decorrer das sazóns; mollos de viño, dereitos de señorío.

1885. Unha oficina polo serán. Chuvia nos vidros lixados. Fedor de cabichas. Traballo extraordinario. Medo á chegada dun novo xefe. Testas encol das mesas. Don Xoán na súa. Como fidalgo, é moi dado. Nin lle parece mal que un antigo zapateiro, que lle fixo nun tempo moi boas botas de caza, lle fale desde a mesa veciña: «Ola, Juan». Don Xoán tiña unha serra de expediente riba da mesa. [...] Don Xohán non sabe por onde comezar. Quizais pensa: «Como estará a bodega do Ribeiro? O novo amo desfaría aquela pipa vella de carballo.»

[…] Don Xoán, saíndo da oficina, non quere mirar un grupo de rapazas que pasan. El ben coñece a figura da súa filla, a máis elegante. Leva ó seu carón un noivo. Un empregado de almacén. Don Xoán, cruzando diante do casino, por pouco o collen os cabalos dun coche. O cocheiro para, báixase, dille: «Señorito, dispense». Foi servidor de don Xoán. Dentro do coche, a figura do prestamista parece unha sardiña en lata. Fai que non ve a don Xoán. Ten medo dunha labazada. «Boh, o caso é que teño pazo fidalgo con escaleira de corte e escudos en Compostela», pensa acochándose como un «zorro».

Don Xoán, con dous retirados, pasea baixo os arcos da rúa. Horas sen remate. Mais el figura non decatarse. As fillas estarán cosendo e non convén estorbalas.

de texto
Comentario
[...]
5 10 15 20 25 30 70
Ramón Otero Pedrayo, «O fidalgo», O fidalgo e outras narracións, Galaxia. (adapt.)

ACTIVIDADES

1 Localiza no texto estas palabras e explica o seu significado: onzas, trasfegados, nabeiras, sarao, tegas.

2 Que tipo de narrador aparece?

3 O relato «O fidalgo» conta a historia de don Xohán mediante pequenos anacos situados en distintos momentos da súa vida, desde o seu nacemento ata a súa morte.

O primeiro fragmento sitúase en Santiago en 1855, na mocidade do personaxe.

• – En que dous espazos se sitúa a acción? Que persoas están presentes en cada caso?

Cal é a situación económica de don Xoán? De onde proceden os seus bens?

• – Que calidades se destacan do personaxe? Que opinión teñen del as xentes?

• – Cales son as súas ocupacións preferidas?

A segunda parte transcorre tamén en Santiago, trinta anos despois. A situación é diferente.

• Que traballo desempeña o vello fidalgo?

• Para fuxir da realidade opresiva, don Xoán refúxiase no pasado. Cales son as súas lembranzas?

A situación económica obriga as súas fillas a ter que traballar, o que supón unha creba so seu status social. Con quen se relacionan agora?

4 Fíxate na figura do prestamista.

• Que bens posúe este que pertencían antes ao fidalgo?

• Como aparece caracterizado?

• Por que finxe non ver ao fidalgo?

5 Mediante a contraposición dos dous personaxes, fidalgo e prestamista, o texto dá conta dos cambios sociais que se producen na Galicia do século xix e que constitúen un dos temas principais da narrativa de Otero Pedrayo. Cales son?

6 O zapateiro experimentou tamén un cambio social, aínda que inverso ao do fidalgo. Explícao. Como repercute esta situación na relación entre ambos?

7 Malia a decadencia a nivel económico e social, don Xoán e as súas fillas manteñen aínda algúns trazos propios da súa caste fidalga. Cales?

8 Enuncia o tema do texto.

• Cal é o tema de cada fragmento?

9 Redacta un texto de dous parágrafos no que analices as circunstancias da vida do personaxe en 1855 e en 1885 atendendo a estes aspectos:

• Situación económica.

• Status social.

U 2 71

Inventamos historias

Personaxes, acción, espazo, tempo, narrador: velaquí os elementos básicos dun texto narrativo.

Con eles podemos crear as nosas historias de ficción; contos, novelas, microrrelatos... non importa a extensión. O único que interesa é que a historia nos atrape o suficiente para trasladala ao papel ou á pantalla do ordenador.

A PARTIR DUN INICIO

1 O inicio dunha novela coñecida pode funcionar como motivo para comezar a escribir unha historia. Por exemplo:

«Vimos da gran cidade. Viaxamos toda a noite. A nosa nai ten os ollos vermellos».

Agora Kristoff, O gran caderno

«Tiña doce anos cando camiñei por primeira sobre a auga»

Paul Auster, Mr. Vértigo

2 Pensa no tipo de acción que lle acae:

3 Continúa a historia adaptándote ás características textuais do modelo.

«Levo toda a vida escoitando cousas que non quero escoitar. Merdas. Iso é, levo toda a vida escoitando merdas. E que queres que che diga, con case oitenta anos, estou ata as orellas».

Ledicia Costas, Golpes de luz

Obradoiro literario
72
fantástica ciencia ficción aventuras policial misterio

A PARTIR DUNha sITuacIón

Padín, que de bo era parvo, que de parvo sempre dicía a verdade, semellaba a persoa menos indicada para atopar a tumba onde un asasino en serie enterrara as súas vítimas. Nin sequera foi consciente. Estaba a outra cousa. Os dentes da padeadora chantáronse con furia na terra dura e fría de febreiro. A boca metálica primeiro mordía, despois tragaba e, por último chuspía. Era un ritual monótono e ruidoso que non saciaba a fame dos monstro das galletas de aceiro.

Os restos do banquete, vomitados con precisión, permanecían amoreados á beira do camiño. A máquina cravou unha vez máis a súa mandíbula nas diferentes capas de herba, substrato e pedras, para expulsalo todo ao momento. Un cranio, xurdido da bocallada, coroaba agora o montón de residuos. O seu branco óseo contrastaba cun dourado avellentado que recubría varios dentes.

Óscar Reboiras, A agonía das folerpas

1 O primeiro parágrafo deste texto desvela un macabro achado.

• Identifica as metáforas e as personificacións con que é descrita a padeadora no segundo parágrafo.

• Anota as referencias espaciais e temporais.

2 Continúa a historia. Que cres que vai suceder?

A PARTIR DUNha Imaxe

1 Unha vella fotografía, un cadro exposto nun museo, unha publicación de Instagram... poden proporcionarnos a idea para un argumento interesante. Trátase de observar con atención e imaxinar:

• Quen é a persoa que está aí? Cal o seu estado de ánimo? En que está pensando?

• Que aconteceu nese lugar?

2 Escolle unha destas imaxes e escribe un relato que se adapte a esa situación.

3 Comparte as túas creacións cos compañeiros e compañeiros.

U 2 73

Para rematar

Don Andrés

Chau, don Andrés.

O vello acena coa man, suavemente. Relócenlle os ollos. Ceiba, por entre as engurras, un sorriso algo tristeiro.

—Abur, pibes.

Todos lle queren. Saúdano os rapaces da escola. As mulleres. Os homes que volven do trafego diario.

Fai corenta e sete anos que chegou. Veu dar a Saavedra, onde vivía unha irmá de súa nai. E neste anaco de Bos Aires asentou para sempre. [...] Don Andrés semella un porteño máis. Está acriollado. Zuga no mate e gústalle dicir os versos de Martín Fierro. E no inverno bota derriba dos ombreiros o poncho de vicuña que lle regalaron cando se xubilou.

Corenta e sete anos... Ás veces dáselle por cavilar no recanto onde naceu. Na súa pequena aldea. Ten unha imaxe nidia e distante, coma quen olla por un canavelo. A casa vella, o valo, a fonte. Está certo de que todo segue igual. Sería quen de ir e vir cos ollos pechados por todos os carreiros e pasais que andou de neno.

—Don

Andrés, Vitoria...

É un veciño que lle pregunta por esa rúa. [....] Viu medrar a cidade. Entrou nela de corazón. Estivo corenta e sete anos aprendéndoa. Por iso a xente lle pregunta. [...]

Paseniño, vai e vén don Andrés polas rúas de Saavedra. Senta. Volve camiñar. En veces leva pola man o neto, un agudo rapaciño de seis anos. [...] Polo verán, algunhas tardiñas o sol peta a rabiar. E don Andrés pon unha daquelas puchas que ten na casa. Aínda lle quedan catro. O neno olla para el e bota unha brincadeira. Logo, pensa nos policías e nos músicos e no capitán veciño que vive porta con porta. E o vello ten que explicarlle... Nada diso fora el. Tiña sido carteiro. Levaba un cartafol grande, ateigado de palabras e bicos e apertas, dunha xente para outra. Ía de casa en casa e todos lle abrían con moita aquela. E parolaban con el. Queríanlle. De todos era amigo. [...]

Ben se lembraba don Andrés daqueles tempos. Foi e veu por todas as rúas. Gustáballe camiñar. E ver o rostro da xente á que entregaba cartas. Pero os anos... Un día tivo que deixar o cartafol. Destinárono a unha axencia postal de Parque Fabricios ata que se xubilou. Esa tiña sido a súa vida de emigrante. Unha vida sinxela.

Agora camiña sen présa. Sae a dar algunha volta polos arredores. Os anos fórono coutando en Saavedra, onde os veciños lle fan preguntas, porque todos lle queren.

—Chau.

—Chau, don Andrés.

—Abur, pibes..

Vocabulario

Porteño:

Xosé Neira Vilas, Historias de emigrantes
5 10 15 20 25
xentilicio dos habitantes de Bos Aires.
74

1 Localiza as referencias temporais que axudan a reconstruír a historia de don Andrés:

• Canto tempo hai que emigrou á Arxentina?

• Que lembranzas conserva da súa aldea?

2 A estrutura do texto está organizada a través da alternancia de presente e pasado.

• Identifica a estrutura.

• Indica as circunstancias que corresponden a cada período.

3 A profesión do personaxe xustifica o cariño que lle ten toda a xente. Por que?

4 Explica a relación do neto e o avó.

5 A repetición de palabras contribúe á cohesión do texto. Identifica as recorrencias.

6 O texto ten unha estrutura circular: comeza e remata igual. Xustifica esta afirmación.

7 D. Andrés está «acriollado» e compórtase como un «porteño». Comenta os seus costumes en relación cos seguintes aspectos:

alimentación literatura vestiario lingua

8 Comproba que o texto cumpre as características da propiedade da coherencia en canto á información que transmite.

– Unitaria tematicamente

– Progresiva

– Sen contradicións.

9 Compara este texto co da lectura inicial tendo en conta os personaxes, o espazo e o tema. Organiza a comparacíón segundo estes termos:

Diferenzas Similitudes

10 Escribe o feminino de: capitán rapaz, emigrante policías, músicos carteiro.

11 Entre as palabras do exercicio anterior hai dous substantivos sincréticos. Cales son?

12 Escribe o plural de: cartafol, postal, igual e enuncia a regra aplicada.

13 Analiza sintacticamente a seguinte frase: na súa pequena aldea.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

REFLEXIONA E VALORA

Valora o teu grao de reflexión sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar ✔ Cantos dos teus compañeiros e compañeiras coñecíades os «Dereitos do lector» de Daniel Pennac?

Que opinades sobre as ilustracións de Quentin Blake? Cal é papel dos ilustradores na difusión dos textos?

Que argumentos «para ler» e «para non ler» foron os máis creativos?

Houbo algún gran locutor ou locutora nas propostas de lectura en voz alta?

Que sensacións provoca a lectura en voz alta?

Que sentimentos agromaron na adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro?

Cal foi o formato e dispositivo para a lectura preferido pola maioría dos teus compañeiros e compañeiras de aula.

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS

Realiza a autoavaliación competencial incluida en anayaeducacion.es

U 2
75

Por un futuro saudábel

Millóns de persoas viven con alzhéimer ou demencias similares que lles arrebatan os seus recordos e a súa independencia. As demencias serán un reto a medida que a poboación envelleza e aumente a esperanza de vida.

Cómpre promover a investigación sobre as causas e o tratamento desta enfermidade e, asemade, mellorar a calidade de vida. Garantir unha vida sau-

Como defines deterioro cognitivo?

Coñeces programas de estimulación para persoas con alzhéimer?

Que medidas favorecen o benestar físico, mental e emocional dos enfermos?

Que apoios son necesarios para enfermos e coidadores?

Como evitar a exclusión ou estigmatización das persoas que a padecen?

Convives ou conviviches con algunha persoa con demencia?

Coñeces algunha obra literaria ou cinematográfica sobre este tema?

76
3

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Que vas aprender?

1 Comunicación

Nesta unidade leremos un poema de Olga Novo sobre a progresiva perda de facultades de seu pai por mor do alzhéimer.

Ampliaremos o vocabulario relativo ao mundo rural.

Finalizaremos o estudo das propiedades textuais, practicando a cohesión e os conectores.

E aprenderemos a elaborar folletos, dípticos e trípticos.

2 Estudo da lingua

Ocuparémonos do estudo da cláusula e as funcións sintácticas que pode presentar.

Diferencias os pronomes tónicos e átonos? Empregas te e che correctamente? Repasaremos todo isto nesta unidade.

E reflexionaremos sobre os dereitos lingüísticos e a lexislación existente sobre a nosa lingua.

3 Literatura

O estudo da poesía entre 1936 e 1975 levaranos a coñecer textos de Celso Emilio Ferreiro, Luz Pozo Garza, Manuel María, Uxío Novoneyra e Xohana Torres, figuras líricas principais deste período.

E comprobaremos as nosas habilidades poéticas coa creación de haikus.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Un feixe de libros

7.1. Propoñémosvos que preparedes unha selección de obras literarias en galego dirixidas a todo o alumnado do centro.

7.2. Primeiramente acordamos cales son os títulos máis adecuados para cada nivel.

7.3. Procuramos nun buscador imaxes das cubertas.

7.4. Creamos un cartel Árbore de Nadal en formato postal. Compoñemos coas cubertas a silueta dunha árbore triangular.

7.5. Creamos un código QR para cada obra mediante QRCode Monkey. Introducimos información sobre a obra e xeramos o código para pegalo sobre a imaxe de cuberta.

7.6. Votamos os libros que máis nos gusten.

Tríptico.

8.1. Creamos un tríptico a partir das suxestións lectoras da actividade anterior. Consultamos nesta unidade as indicacións para elaboralo.

8.2. Expoñemos na aula os trípticos creados.

8.3. Escollemos o que nos parece o mellor.

8.4. Convertémolo nun folleto dixital mediante Calaméo ou Issuu.

Presentación multimedia

9.1. Partindo dos libros da actividade anterior, creamos unha presentación multimedia con Genially ou PowerPoint.

9.2. Publicámola na web e nas redes sociais do centro.

+ orientacións en anayaeducacion.es

Plano aberto. Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es

77

1

Comunicación Lectura

Hipertexto. Coñece a autora e a súa obra en anayaeducacion.es

Anquises

Arrastras os pés, papá lévote cos ollos ao carrelo porque tentas fuxir da vellez como dunha guerra ancestral eu súbote ás miñas vértebras cambadas polo peso arrastras os pés pero eu podo contigo e lévote ao carrelo ata o final da vida.

Que vas ler?

A poeta contempla o deterioro físico e mental do seu pai, sumido nunha única lembranza recorrente. Fronte á decadencia actual, permanece a evocación emocionada da forza da palabra e da enerxía que exhibía no pasado.

Arrastras a linguaxe e non che vén á memoria un verbo que aniñaba na parte esquerda do cerebro e eu completo a túa frase coa palabra arar querer sachar tractor ou bolboretas arrastras a mente cara ao pasado e só lembras aquela feira de 1952 cando lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita e lles sangraban os pés no río a súa cornamenta aínda se abre nalgunha das túas neuronas e volves ser un tratante de gando corenta anos despois.

Vocabulario

Carrelo: Parte posterior do corpo humano, que vai desde os ombreiros ata o van; costas, lombo.

Eu non sei ata cando lembrarás aínda o meu nome e saberás aínda que son a túa filla. Descoñezo como se enrodelan as terminais nerviosas e se crispan e ás veces atopan unha luz silábica que lles indica o camiño. Como é que de súpeto non sabes talvez que había que pór un pé diante do outro para poder soñar e que se arrodeas unha muller cos brazos iso é amor e todo o demais desaparece.

Paixón por ler. Goza con outros textos similares en anayaeducacion.es
5 10 15 20 25
78

Porque así de sinxelo é o Universo. Como o pequeno lexema ao que te agarras algunha tarde coma se fora o mango dunha gadaña.

Ti

que fuches un orador no medio do agro ante un público estupefacto de corvos grilos toupas ovellas e libeliñas

Ti

que tiñas a intuición do poema na punta da lingua e explotábache no ceo do padal coma un figo maduro carnoso exacto e brutal.

Que sabías que na nosa lingua o trigo se deita ante unha orde do vento que a rama das patacas arde que existen cousas tan finas coma a lingua dunha pita... e só lembras aquela feira de 1952 cando lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita.

Papá

como será cando se che despalatalicen as consoantes e vexas chover desde dentro sen entender a auga e remexas a lingua ata atopar a forma máis adecuada e sorrís porque sabes que aínda non caíches definitivamente na curva melódica do silencio.

30 35 40 45 50 U 3 79

Comprensión do texto

Lembras con toda exactitude que mamaches ata os cinco anos nos peitos da mai Benigna que parira dazaseis fillos no último cuarto da casa agarrada á branceira rezándolle a algún santiño rompendo tódalas augas coma quen escacha un océano...

Eu penso que a podes ver ata cos ollos abertos espalancando ao alén cando ficas absorto e ninguén alcanza a saber en que dimensión da marabilla está pousado o teu cerebro coma as patiñas pequenas dun paporroibo riba da galla dunha pereira. Igual ves a neve por dentro a estrutura molecular do amor as partículas dun bico cando se está formando na carne dos beizos e o ar igual ves a enerxía

e non atopas no abecedario ferramentas para o inefable e por iso calas ou lle chamas culler á lámpada e te trabas no medio da oración simple e comezas a falar fermosamente poñendo por diante a subordinada.

Porque á fin

papá

te dirixes a min sen orde nas túas ordes e desfás a sintaxe igual que debullabas fabas e todo cobra o senso profundo daquilo que non ten lóxica nin está sometido a nada.

Igual ves a neve por dentro igual entendes a sombra e es quen de calcular o raio dunha paixón aínda que o resultado non poida comunicarse máis que a través da pel.

Igual ves como se me encolle a alma cando se che encolle a túa.

Igual ves como vén cantar o poema no caracol do oído e lle ves esvarar do peteiro ese po dourado e caerme no tímpano cando empezo a chorar coa emoción da escrita e ti só lembras aquela feira de 1952 cando lles caeron os cascos aos bois volvendo de Pedrafita.

Comunicación
1 80
[...]
Olga Novo, Feliz Idade 55 60 65 70 75 80 85 90 95

Extrae información

1 Localiza os efectos da enfermidade nos seguintes aspectos:

– Dificultades para expresarse, como esquecemento das palabras ou imposibilidade de pronunciar os fonemas.

– Esquecemento das funcións básicas, como camiñar.

2 O pai conta repetidas veces un episodio da súa época de tratante de gando no ano 1952.

– Reconstrúe a situación vivida.

– A que momento da súa vida se remonta?

3 A condición labrega do pai maniféstase mediante a reiteración de termos léxicos relativos á paisaxe e aos cultivos, ás tarefas agrícolas e aos aveños empregados, aos animais, etc.

• Localiza exemplos.

4 A emoción da poeta ante a contemplación do pai ausente exprésase na última secuencia.

• Explica o proceso de nacemento do poema.

Reflexiona sobre a lingua

5 «Porque á fin / papá / te dirixes a min sen orde nas túas ordes».

• Relaciona cada palabra co significado que corresponde:

– «Mandato, acción e efecto de mandar».

– «Organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén».

6 O oxímoro é unha figura literaria consistente en poñer en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente, pero que no contexto resultan compatíbeis.

• Localiza un entre os versos 47 e 54.

7 A palabra «alzhéimer» é un substantivo común que designa unha enfermidade dexenerativa. Por tanto, escríbese con minúscula inicial e con acento.

– Pescuda a orixe da palabra.

– Elabora unha definición desta doenza. Confronta coa que atopes en varios dicionarios e escolle a que consideres máis precisa.

Interpreta e analiza

8 «Meu pai non tivo acceso á alta cultura e non se decataba de que a súa tamén o era», ten comentado a poeta.

• Localiza nestes versos os recursos literarios presentes na lingua cotiá do pai, inconsciente da beleza das súas palabras; poeta tamén, sen el sabelo.

que fuches un orador no medio do agro ante un público estupefacto de corvos grilos toupas ovellas e libeliñas

Ti

que tiñas a intuición do poema na punta da lingua e explotábache no ceo do padal coma un figo maduro carnoso exacto e brutal.

Que sabías que na nosa lingua o trigo se deita ante unha orde do vento que a rama das patacas arde que existen cousas tan finas coma a lingua dunha pita...

9 As últimas secuencias do poema inícianse coa estrutura paralelística «Igual ves» para manifestar a dúbida, o descoñecemento do mundo no que o pai permanece illado.

10 O título do poema fai alusión a un personaxe da guerra de Troia: Anquises, pai de Eneas.

• Pescuda información sobre os dous personaxes.

• Que vinculación ten con este poema? Localiza as alusións a esta guerra.

• Relaciona coa escultura de Bernini que representa ese episodio.

Valora e relaciona co teu mundo

11 Agadea é a «Asociación galega de axuda aos enfermos con demencia tipo alzhéimer».

– Entra na súa páxina web e pescuda as iniciativas desenvolvidas.

– Pica na pestana «Alzhéimer» e infórmate sobre a enfermidade e as pautas básicas que se poden seguir coas persoas que a padezan.

– Pica na pestana «Quen somos» e averigua os concellos galegos nos que está presente.

Ti
U 3 81

1

Comunicación Léxico

O mundo rural

ACTIVIDADES

1 Localiza no poema inicial palabras referentes a:

• Tarefas agrícolas (verbos).

• Cultivos (substantivos).

2 As seguintes palabras son «aveños», é dicir, instrumentos ou utensilios de labranza.

• Asocia as imaxes dos aveños co seu nome: gadaña fouce criba aixada angazo forcanza

3 Que palabras do exercicio anterior son sinónimas de anciño, forcada e brosa?

4 Relaciona estes espazos coa definición que corresponde:

agro eira horta palleira lagar

– Construción que contén os elementos precisos para a elaboración de viño, sidra, aceite, etc.

– Extensión de terreo cultivado; eido.

– Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén nalgúns casos árbores froiteiras.

– Sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.

– Lugar onde se garda a herba seca ou a palla; os apeiros e o carro.

5 Relaciona estas expresións fraseolóxicas e refráns co seu significado.

Quen non ten que facer sacha os nabos •

• Facer cousas inútiles. Estar na horta e non ver as verzas •

• Andar con lentitude. Traer ao rego a alguén

Querer o sol na porta e a auga na horta •

• Querer todo o bo.

• Facer as cousas ao revés. Andar a paso de boi

Poñer o carro diante dos bois •

• Non decatarse de nada.

• Convencer.

82

A cohesión

A cohesión é a propiedade mediante a cal se relacionan todos os elementos que forman un texto e, polo tanto, as ideas que nel se expoñen.

O texto está formado por palabras, frases, oracións, parágrafos e todos eles aparecen conectados mediante as formas gramaticais: pronomes, preposicións, conxuncións, sinónimos, etc. Deste modo asegúrase que o texto está cohesionado e que se entende como algo unitario. Os principais procedementos de cohesión do texto son:

Procedementos léxicos

• A repetición léxica ou recorrencia. Consiste en empregar unha mesma palabra en varios enunciados para relacionalos entre si. Comprei un disco. O disco recompila cancións dos anos 90.

Tamén se poden repetir elementos morfosintácticos (un mesmo tempo verbal, un esquema sintáctico –paralelismo–) ou fónicos (por exemplo, a repetición da entoación nun texto oral reitera unha modalidade oracional –enunciativa, exclamativa...–; a repetición da rima nun texto poético; a repetición dun fonema –aliteración–).

• A substitución dunha palabra por outras equivalentes (sinónimos, hipónimos ou hiperónimos, metáforas, metonimias, paráfrases). Deste modo, reitérase o significado dun elemento e mantense a unidade temática, pero evítanse as excesivas repeticións das mesmas palabras. Ex.:

– Sinónimo: O xogador deulle unha patada ao balón. A pelota entrou na portería.

– Hiperónimo: O can está ladrando. O animal debe de querer saír á rúa.

– Metáfora: O xogador deulle unha patada ao balón e tirou a porta. O esférico non entrou.

– Metonimia: O estadio estaba cheo de persoas. Dez mil almas desexosas de ver o partido.

– Paráfrase: Desde a túa casa contémplase o río e a ponte romana. O lugar onde vives ten unhas vistas espectaculares.

Procedemenos gramaticais

• A anáfora e a catáfora. Son dous procedementos que se empregan para non ter que repetir palabras:

– Anáfora: fai alusión a un nome ou frase que vai antes no discurso.

– Catáfora: fai alusión a un nome que vai despois no discurso.

Conséguense mediante:

– Pronomes persoais: A nena parece moi contenta. Ela está rindo. (anáfora).

– Pronomes demostrativos: Isto é o que che digo: non comeremos patacas se non chove. (catáfora).

– Adverbios: Aquí estase moi ben. Esta praia é marabillosa.

• A elipse. É a supresión dalgún elemento lingüístico que se sobreentende porque xa apareceu antes. Ex.: Agora vou acabar este traballo; despois (acabarei), aquel (traballo). María estuda italiano; e Luís (estuda), inglés.

Ten en conta

Para non confundíreste: AN áfora_nome_ AN tes

U 3 83
Comunicación
1
Estudo dos textos

Ten en conta

Campo léxico: conxunto de palabras que están relacionadas entre si porque se refiren ao mesmo tema e poden ser de diferentes categorías gramaticais (substantivos, adxectivos, verbos...). Ex.: xardín: flor, rosa, planta, verde, xardineiro...

Campo semántico : conxunto de palabras que comparten unha parte do seu significado e pertencen á mesma categoría gramatical. Ex.: campo semántico flores: rosa, papoula, caravel, margarida

Os conectores textuais

Son as palabras (preposicións, conxuncións, adverbios, locucións) que enlazan, «conectan», as partes do texto e orientan acerca do seu contido e organización, facilitando deste modo a súa comprensión.

Poden expresar diversos significados:

Orde e tempo

En primeiro lugar, a continuación, por último, antes, pouco despois…

É dicir, isto é, ou sexa, deste modo…

Así, por exemplo, verbi gratia, noutras palabras...

Tamén, e, ademais, aínda por riba, igualmente, así mesmo...

Porque, posto que, por iso, debido a, xa que...

Por tanto, por conseguinte, en consecuencia, entón, daquela...

En resumo, en síntese, en conclusión...

Pero, porén, non obstante, en cambio...

Se, se cadra, talvez...

En resumo, en suma, nunha palabra, en síntese...

Para comezar, primeiramente, ante todo...

ACTIVIDADES

Naquel tempo en que o mundo era aínda moi novo e inexperto, un día de inverno púxose a nevar. Pero a nevar arreo. Unha folerpa tras outra, a neve caía do ceo. A paisaxe cambiara de tal maneira que era imposible recoñecela. A neve borrara as sendas, enchía os vales e tapaba os ríos, invisibles baixo aquel manto branco. Os animais estaban sentados arredor dunha fogueira, resgardados nunha tenda feita de peles. Discutían un problema grave: como recuperar o bo tempo, que desaparecera sen que ninguén soubese onde estaba. Pero aínda que lle daban voltas á cabeza, non se lles ocorría ningunha idea de proveito. Dadahwat. Lendas indias norteamericanas

Comunicación Estudo dos textos 1
1 Neste texto, a cohesión conséguese coa recorrencia ou repetición léxica. – Localiza os termos que forman parte do mesmo campo léxico. – Localiza os termos que pertencen ao mesmo campo semántico. Roubaron o bo tempo!
84
Por último, finalmente, en fin... Explicación Exemplificación Adición ou suma de ideas Causa Consecuencia Conclusión Oposición de ideas Condición ou hipótese Recapitulación Comezo do discurso Peche do discurso

2 A recorrencia é tamén o recurso principal deste texto. Día 25 de abril de 2018

Día Mundial do Libro

Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura ponte contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor, é mellor que non leas.

– Identifica as palabras e estruturas sintácticas repetidas.

– Cal é o obxectivo do autor? Tendo en conta que dá a entender o contrario do que afirma, cal é o recurso empregado?

– De que argumentos se vale?

3 Identifica os procedemento de cohesión nestes enunciados:

– Onte comprei isto: un chaquetón azul.

– Ponse o sol por detrás dos cumes. O círculo de ouro vai durmir ás fermosas terras de Viana.

– Amebas, paramecios, vorticelas poboan na miña memoria as clases de Ciencias. Lembro ben aínda o nome de todos eses seres unicelulares.

– Cortou as roseiras cunha tesoira. Despois colleu un vaso e colocou as flores.

– Vou ir comprar uns zapatos a esa tenda nova. Gústame moito o calzado que teñen.

– No museo hai estatuas de gran tamaño. Son esculturas de bronce.

– Quedei con Ana na praia. Cando cheguei ela xa estaba alí.

4 Analiza os elementos de cohesión presentes nestes versos de Rosalía de Castro.

5 Clasifica os conectores destacados no seguinte texto conforme ao seu significado:

Lei D’Hont

O Goberno de España e as súas autonomías están baseados no principio de soberanía popular que implica, por unha banda, que todos os cargos con poder real deben ser escollidos e, por outra, que quen adopta as decisións é a maioría.

Si, a democracia funciona sobre o principio da maioría: agora ben, milleiros de persoas non se poden reunir acotío para votar que decisións tomar...

Cómpre, polo tanto, escoller representantes do pobo.

O problema é escoller os representantes que, por ser un número moito menor que o de cidadáns, non van reflectir con exactitude as porcentaxes de voto. E aí o resultado final depende da matemática máis do que parece... [...]

No noso país rexe a chamada lei D’Hont (en honor do matemático belga homónimo): divídese o número de votos por un, dous... ata o número de escanos correspondentes á circunscrición. Áchase o maior cociente e a ese dáselle o primeiro escano. Bórrase ese cociente e búscase o seguinte máis alto, ao que se lle dá o segundo escano, e así sucesivamente

Jorge Mira, A ciencia no punto de mira

a)

Este vaise e aquel vaise, e todos, todos se van.

b)

Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, e non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor.

U 3 85
ACTIVIDADES

Comunicación

Estudo dos textos

ACTIVIDADES

6 Os signos de puntuación tamén contribúen á cohesión dun texto. Relaciona cada un coa función que representa:

dous puntos coma

punto e á parte

signo de interrogación puntos suspensivos

– Deixar unha idea inacabada.

– Introducir unha enumeración.

– Separar os elementos dunha enumeración.

– Separar dous parágrafos.

– Marcar a entoación do enunciado.

7 Le atentamente este fragmento dunha novela de Agota Kristof: Hoxe volvo comezar a estúpida carreira. Érgome ás cinco da mañá, lávome, fago café, marcho, corro ata a praza Principal, subo no autobús, pecho os ollos, e todo o horror da miña vida actual sáltame á face.

O autobús para cinco veces. Unha vez no límite da cidade e outra en cada vila que atravesamos. Na cuarta vila está a fábrica na que traballo desde hai dez anos.

Unha fábrica de reloxos.[...]

As máquinas están acesas. A miña tamén. Só teño que sentar diante, coller as pezas, colocalas na máquina, premer o pedal. [...] A fábrica produce pezas soltas, pezas desbastadas para outras fábricas. Ningún de nós podería montar un reloxo completo.

Eu fago un burato coa miña máquina nunha peza en concreto, o mesmo burato na mesma peza dende hai dez anos. O noso traballo redúcese a iso. Colocar unha peza na máquina, premer o pedal.

Con este traballo gañamos os cartos xustos para comer, para ter un sitio onde vivir, e sobre todo para poder volver traballar ao día seguinte. [...] Ás veces pregúntome se vivo para traballar ou traballo para vivir.

Agota Kristof, Onte

• Reescribe o primeiro parágrafo introducindo conectores temporais que marquen o desenvolvemento das accións realizadas.

• Fíxate na repetición do substantivo «pezas». Substitúeo por outras formas léxicas (sinónimos, hiperónimos, metáforas...) ou mediante algún procedemento gramatical (anáfora, elipse...).

Ten en conta

Pensa a estrutura e os parágrafos que vai conter.

Escribe un borrador. Revísao e corrixe:

– A organización do contido e a claridade expositiva.

– A corrección lingüística (ortografía, morfosintaxe, léxico).

Escríbeo cun procesador de textos.

Dálle un formato: marxes, espazo interlineal, letra (fonte e tamaño)…

8 Entra na páxina de Galiciencia (https://galiciencia.com) e navega polas diferentes seccións e recursos dispoñíbeis (vídeos, hipertextos...).

• Procura a información sobre:

– Lugar e data.

– Obxectivo.

– Participantes.

– Actividades.

– Premios.

– Temática da edición actual.

• Redacta un texto que recolla todos estes aspectos e que teña en conta as propiedades textuais aprendidas.

• Para elaborar este texto, ten en conta as indicacións da marxe referidas ao proceso de creación.

86
1

Folleto, díptico, tríptico

Un folleto é un texto expositivo de pequena extensión que proporciona información detallada sobre un tema.

Trátase dun recurso empregado decote pola publicidade para dar a coñecer un produto ou un servizo de maneira sinxela e atractiva mediante a combinación de imaxes e texto escrito.

Segundo o número de páxinas ou corpos, diferenciamos:

• Un volante ou flyer consta dunha única folla de menor tamaño (media cuartilla) sen dobras, impresa por unha cara ou polas dúas.

• Un díptico consta dunha folla dobrada en dúas partes ou corpos pola metade cunha única dobra, de maneira que consta de catro caras, dúas interiores e dúas exteriores.

• Un tríptico consiste nunha folla dividida en tres partes ou corpos iguais, é dicir, dobrada dúas veces para conseguir seis seccións, tres interiores e tres exteriores.

• Un cuadríptico consta de 4 partes ou corpos, cun total de 8 caras.

• Un políptico é folleto de máis de 4 corpos.

A maneira de pregalos tamén é diversa: en ventá (sobre todo nos cuadrípticos), en acordeón, en cruz, en cilindro…

Elementos do folleto

Título

Subtítulo

Elementos do folleto

• Deseño: un aspecto atractivo é clave para captar a atención do lector.

• Título e subtítulos: textos ben identificados e concisos, con distintas cores e tamaños de letra.

• Texto explicativo: redactar textos claros e breves; e ofrecer datos de utilidade (localización, teléfono, páxina web, etc.).

• Imaxes: acompañar con gráficos, imaxes, iconas, logotipos, etc.

Texto

Obradoiro de comunicación
87 U 3
Imaxes explicativo

CREAMOS UN DIPTICO

1 Imos crear un díptico. Ten en conta os seguintes pasos:

• Escoller o tema.

• Procurar información e material gráfico (imaxes, mapas).

• Estruturar o contido. Planificar a cuberta e o deseño interior.

• Facer unha maqueta coa distribución prevista de texto e imaxe.

• Escribir o texto. Crear títulos e subtítulos atractivos.

• Inserir fotografías, imaxes e/ou gráficos para ilustrar. Pode escribirse coa axuda dun procesador de textos: Word, Writer de OpenOffice... ou con Publisher, Canva...

2 Elaborade un tríptico turístico acerca da vosa localidade ou comarca, seguindo os pasos indicados.

• Unha vez feito, podedes convertelo nun folleto dixital mediante algunha das varias plataformas que ofrece Internet: Calaméo, Issuu, MyeBook e vinculalo a unha web, un blog ou unha wiki.

• Se optamos por un políptico, o número de páxinas debe ser múltiplo de 4. Ao imprimilo, hai que escoller na impresora o formato «folleto». Unha vez impreso, dobrar á metade, colocar as páxinas na orde correcta e grampar no centro.

88

2

A cláusula: funcións sintácticas (I)

A cláusula é a unidade sintáctica inmediatamente superior á frase. Está formada por un verbo principal, en función de PREDICADO, e pode presentar tamén un ou varios verbos subordinados. Ex.: Nesa exposición vimos un cadro abstracto. Nesa exposición vimos un cadro abstracto que nos gustou moito.

Funcións sintácticas na cláusula

Na cláusula podemos atopar, xunta o predicado (PRED), unha ou varias frases en función de: suxeito (SUX), complemento directo (CD), complemento indirecto (CI), complemento circunstancial (CC), predicativo (PVO), suplemento (SUP), complemento axente (CAX) e atributo (ATR).

O suxeito

O suxeito é a parte da cláusula que realiza a acción expresada polo predicado.

Esta función poden desempeñala unha frase nominal, unha frase substantiva ou unha cláusula subordinada substantiva.

O tren chegou tarde á estación.

Fortes refachos de vento provocaron a caída da árbore.

Os que saíron antes chegaron puntuais á cerimonia.

Recoñecemento do suxeito

• Mediante concordancia do suxeito co verbo en número e persoa.

Esa ventá está aberta. Esas ventas están abertas.

• Substituíndo o suxeito por un pronome persoal tónico ou un demostrativo neutro (iso)

Sandra mercou un ordenador portátil. Ela mercou un ordenador portátil.

O que me acabas de contar é incríbel. Iso é incríbel.

• Pasando a cláusula activa a pasiva, de maneira que o suxeito pasa a ser o complemento axente: O ordenador portátil foi mercado por Sandra

Omisión do suxeito

O suxeito pode omitirse nos seguintes casos:

• Cando permiten identificalo o contexto ou a forma verbal. Ex.: Falamos durante horas. Verbo en 1ª persoa plural: suxeito nós

• Cando non se coñece ou non interesa sinalalo. Ex.: Din que non foi el. Chamaron por teléfono ás cinco.

• Nas cláusulas impersoais:

– Con verbos que expresan fenómenos naturais ou atmosféricos (chover, nevar, tronar…). Ex.: Choveu durante toda a mañá.

– Cos verbos haber, ir, ser en 3ª persoa de singular. Ex.: Hoxe fai tres días que marchou.

– Algunhas oracións con se. Ex.: Cómprase piso neste edificio

Estudo da lingua Gramática

Ten en conta

Se varios predicados se atopan nun mesmo nivel xerárquico, trátase dunha oración : Subimos ao cume e contemplamos a paisaxe. Verémola na unidade 7.

Ten en conta

O suxeito nunca vai precedido de preposición.

Se o suxeito está formado por unha frase composta (suxeito múltiple), concorda co verbo en plural: A laranxa e a mandarina son froitas de tempada.

89

Estudo da lingua Gramática

O predicado

O predicado é a función fundamental da cláusula, xa que a súa presenza é imprescindíbel para que exista.

Represéntase por medio dunha frase verbal que pode estar en forma simple, perifrástica ou pasiva.

O taxista chegará ás oito.

O taxista vai chegar ás oito.

A noticia foi difundida polas redes sociais.

Clases de cláusulas segundo a natureza do predicado Distinguimos dous tipos de cláusulas:

• Cláusula predicativa: o predicado é un verbo predicativo (non copulativo), con significado pleno, que pode ir acompañado de complementos (agás o atributo).

Os manifestantes realizaron o percorrido polo centro da cidade. Existen dúas clases de cláusula predicativa:

– Cláusula predicativa transitiva. Esixe un CD ou un SUP para completar o seu significado. Ex.: Xabier meteu os libros na caixa.

– Cláusula predicativa intransitiva. Non necesita nin CD nin SUP. Ex.: Miña nai pasea co can todas as tardes.

• Cláusula atributiva: consta dun verbo copulativo (ser, estar, parecer) acompañado dun ATRIBUTO, para que precise o seu significado, e pode levar tamén complemento circunstancial.

A veciña é bombeira. Eles estarán ausentes toda a semana.

90
cláusula SUX PRED ATR fr. nom. fr. verb. fr. subst. DET NOM NÚC NÚC fr. subst. NÚC art. subs. verb. subs. A veciña é bombeira.
2

ACTIVIDADES

1 Identifica o suxeito das seguintes cláusulas:

– Vai moito frío polas noites.

– Resultounos pouco convincente a súa explicación.

– Gustouche a última conferencia?

– Xa chegaron viaxe os curmáns de María.

– Poden circular pola cidade as bicicletas.

– Non hai dereito a devolución.

– O sábado pola mañá saíu de excursión.

– Os mellores estudos sobre o tema están publicados en revistas especializadas.

2 Relaciona cada suxeito co predicado:

O que contaches • As consecuencias da tormenta • Os armadores e os mariñeiros • O frío • O cocido • Os comerciantes •

• son incuantificábeis.

• quedouvos no seu punto.

• non pode ser real.

• rvenderon as mercadorías.

• reuníronse pola tarde.

• restragou a colleita.

3 Localiza as frases verbais en función de predicado e identifica cadanseu suxeito:

Houbo moita xente ó almorzo. Durou dez minutos e non serviron ningún licor, algo que estrañou ó médico. Despois, a señorita de Andervilliers recolleu os restos de bolo nunha cestiña e foron pasear ó invernadoiro, onde as plantas raras, ourizadas de pelos, se dispoñían en pirámides baixo floreiros suspendidos que, semellando niños de serpes desbordados, deixaban caer das súas beiras cordóns verdes entrelazados.

G. Flaubert, Madame Bovary (adap.)

4 Clasifica segundo a natureza do predicado as cláusulas do poema: ANTES da Actualización a luz marcaba os lindes do coñecemento.

Toda sombra era invitación á descuberta ao roce entre os corpos. A revelación é sempre máis luminosa no escuro.

Agora alugamos por horas o último alento desa sombra.

Facemos cremas para sandar a pel da abrasión das pantalla

Celia Parra, Pantallas

U 3 91

Estudo da lingua Gramática

O complemento directo

O CD é o elemento da cláusula sobre o que recae a acción expresada por un verbo transitivo.

Esta función sintáctica pode estar desempeñada por:

– Unha frase substantiva: Sabela atopou residuos plásticos no peixe.

– Unha frase nominal: Merca un quilo de noces na tenda.

– Unha frase preposicional, coa preposición a: Vimos a Breogán na praza.

– Unha cláusula subordinada: Pedíronme que lles fixese unha visita.

Ten en conta

En cada cláusula só pode haber un CD, que pode aparecer tamén expresado por medio dun pronome persoal átono (pleonasmo de CD): Chamárona a ela.

• O CD pode ir precedido da preposición a coas formas tónicas do pronome persoal (Ela levoume a min no coche), cos antropónimos (Chamei a Berta por teléfono) ou cos nomes de parentesco sen artigo (Axudou a meu irmán no traballo)

• No resto dos casos, o CD de persoa non leva preposición (Recolleron os turistas na estación). O emprego da preposición a é un castelanismo: *Recolleron aos turistas na estación.

Recoñecemento do CD

Para identificar o CD cómpre ter en conta o seguinte:

• Non concorda en número e persoa co PRED. Mantense inalterado aínda que variemos o número do verbo, a diferenza do que sucede co SUX. Ex.: Recollín o paquete na oficina. Recollemos o paquete na oficina.

• Pode ser substituído polo pronome persoal átono (o, a, os, as) e as súas variantes (lo, la, los, las; no, na, nos, nas). Ex.: Poño a chaqueta. Póñoa

Hai que reciclar o papel. Hai que reciclalo Atopou as chaves. Atopounas

• Na transformación á pasiva, o CD pasa a ser o suxeito paciente: O gato cazou un paxaro Un paxaro foi cazado polo gato.

2 92
cláusula SUX PRED CD fr. nom. fr. verb. DET NOM NÚC fr. subst. fr. nom. NÚC DET NOM art. subs. verb. art. subs. O gato cazou un rato.

O complemento indirecto

O CI indica o beneficiario ou destinatario da acción expresada polo verbo.

Esta función pode ser realizada por:

– Unha frase substantiva (cun pronome persoal átono): A directora deunos os parabéns.

– Unha frase preposicional (introducida polas preposicións a ou para): Pediron axuda á policía. Colleu a cadeira para el

– Xunto ao CI, na cláusula é habitual que apareza tamén un pronome átono de CI (pleonasmo de CI): Comenteille ao médico os síntomas.

Recoñecemento do CI

O CI recoñécese porque:

– Sempre vai precedido polas preposicións a ou para: Recitaron un poema aos compañeiros. Este agasallo é para ti

– Na 3ª persoa, pode ser substituído polos pronomes átonos lle, lles: Deille unha sorpresa á avoa

ACTIVIDADES

5 Identifica o CD nas seguintes cláusulas:

– Queres que che conte o que pasou?

– A frauta non a atopou na mesa do salón.

– Elas colleron o autobús das tres.

– A túa irmá atopou a Xelís na farmacia.

– Xa sabe o que ten que facer.

– Na película había moitas escenas de acción.

– As mariscadoras entregaron as credenciais para o congreso.

6 Ao transformar unha cláusula activa en pasiva, prodúcense os seguintes cambios:

Cláusula activa Cláusula pasiva

CD SUX

Verbo conxugado Ser + participio SUX Complemento axente Xoán come peras. As peras son comidas por Xoán.

• Converte en pasivas estas cláusulas activas:

– As lavercas comeron todas as cereixas.

– Os nenos debuxaron bolboretas de cores.

– O vento tirou a escaleira do xardín.

– A néboa cubriu totalmente a vila.

– O operario arranxou a máquina derramada.

– A xeada estragou a colleita.

– Os bombeiros apagaron o incendio.

U 3 93

7 Identifica os CD e os CI deste texto, e sinala os predicados dos que dependen.

Historia

A muller acaríñalle o lombo e ráñalle a barbadela a esa vaca vermella que é todo canto ten de seu. Lévaa pola corda, fálalle, dálle trevo no vrao e dourada palla milla no inverno.

Arrinca dela cada mañá un gurucho de leite, do que entrecolle a tona que un día con outro e con outros máis irase trocando nun boliño de manteiga. [...]

X. Neira Vilas, Pan

8 Relaciona cada cláusula co esquema que lle corresponda:

SUX + PRED + CD + CI

PDO + SUX

SUX + PRED + CI + CD

CI + PRED + CD

PRED + CD

– A organización da carreira entregou aos gañadores as medallas.

– A Ramón dálle as grazas.

– Chegou Laura.

– A carteira entregoulle a notificación a Luísa.

– Escóitase unha forte sarabia.

9 Sinala a función sintáctica que presentan os subliñados deste texto, tendo en conta o predicado do que dependen:

O amencer, agora, chegaría de contado: unha tenue pincelada, unha luz difusa, un luminoso roibén e por fin unha explosión de lume cando o sol se alzase sobre o Golfo. Kino baixou a vista para protexer os ollos do resplandor. Sentía os golpiños das tortas de millo na casa e o rico arrecendo que viña da pedra de cociñar.

John Steinbeck, A perla

10 Analiza sintacticamente:

– A Eva teñen que recollela Xiana e Carme.

– A violinista improvisou unha nova peza para os asistentes.

Estudo da lingua Gramática 2 94
ACTIVIDADES

O pronome persoal

Consulta no anexo os cadros coas formas tónicas e átonas do pronome persoal para realizar as seguintes actividades.

ACTIVIDADES

1 Clasifica en tónicos e átonos os pronomes persoais que atopes no texto.

• Logo, diferencia nos pronomes átonos, os de CD e os de CI. —A boa noticia é que esa persoa, sexa quen sexa, ignora que acabamos de descubrir a súa existencia. Tiveches boa idea en facerme o encargo en privado.

—Debemos seguir manténdoo oculto. Ningún comentario con ninguén. [...] Sabemos cal é o seu obxectivo. Aínda que non achásemos os tesouros que di a lenda, só o descubrimento desta cidade resultaría definitivo nunha carreira profesional. E se aparecen riquezas, xa podes imaxinalo. Polo tanto, volverá actuar, quizais coa idea de desfacerse de todos nós. [...] Debemos estar vixiantes ti e mais eu.

Luz

2 Substitúe o CD por un pronome átono:

– A condutora do camión transportou toda a mercadoría.

– Eses rapaces non queren recoller os balóns.

– Dános o seu enderezo cando poidas.

– Colle esa bolsa e volve axiña.

– Sabes o que pasou onte?

– Pedíronvos un favor doado de cumprir.

– Onte devolveu as prendas que non quería.

3 Completa con te ou che:

– Deu... o agasallo que ... mercou onte.

– Non quere levar... na moto de auga.

– Comentou... se ía vir esta fin de semana?

– Sempre dis que ... gusta moito a lamprea.

– Cando ... avise xa ... comentará cando vai comezar o encargo.

– Son capaces de vender... o que non necesitas.

– Vai tranquila, xa ... soluciono eu todo.

– Colléron... os libros na mochila?

4 Reescribe as cláusulas anteriores substituíndo os pronomes de 2ª persoa (te/che) polos de 3ª (o, a, os, as / lle).

5 Completa con lle ou lles:

– Interpretou... unha canción a elas.

– Comentaron... como era o percorrido da visita ao profesor.

– Deron... a solución do problema a Óscar e Lois.

– Contei... unha lenda a miña sobriña.

– Entregas... a invitación aos tíos?

2 Estudo da lingua Repaso gramatical e ortográfico

Formas do CD de 3ª persoa lo(s), la(s)

– Despois dun verbo rematado en –r ou –s : Necesito auga, vas buscala?

– Tras o adverbio interrogativo u : onde está o coche? Ulo?

– Tras os pronomes átonos nos, vos, lles : A auga pedínvola eu. no(s), na(s)

– Despois dun verbo rematado en ditongo: Viunas na praza. o(s), a(s)

– Formas principais que se usan no resto dos casos: El non o ten. As chaves gárdoas eu.

M. Lourenzo, Ceiba de
U 3 95

Estudo da lingua Lingua e sociedade

Dereitos lingüísticos. O galego e as leis

Os dereitos lingüisticos

A maioría dos países do mundo son plurilingües. Para asegurar os dereitos lingüísticos de todas as persoas, os Estados deben adoptar medidas lexislativas dirixidas a protexer e fomentar as distintas linguas da comunidade.

En 1996, a UNESCO proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, que recoñece o dereito de toda comunidade a usar a súa lingua propia, tanto a nivel individual como colectivo.

Esta Declaración parte da premisa de que todas as linguas son iguais. Defende, por tanto, a diversidade cultural e lingüística e o respecto e pleno desenvolvemento de todas as linguas.

A ela súmanse no espazo europeo a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea (2000) e a Carta Europea das Linguais Rexionais e Minoritarias (1992) para garantir a presenza normal de todas as linguas en áreas como educación, vida social e económica, xustiza, cultura, medios de comunicación, etc.

A lexislación sobre a lingua galega

A lingua galega está recoñecida e amparada por varios textos lexislativos:

• Constitución Española (1978).

• Estatuto de Autonomía de Galicia (1981).

• Lei de Normalización Lingüística (1983) e Plan Xeral de Normalización (2004). Estes textos sentan as bases para a normalización da lingua mediante actuacións nos seguintes planos:

• Acción institucional exercida polo poder político: goberno do Estado, Xunta de Galicia, Concellos.

• Acción colectiva ou social: asociacións cidadás, deportivas, culturais, empresas privadas, etc. poden poñer en marcha iniciativas para fomentar espazos de uso do galego.

• Acción individual: o compromiso persoal de empregar a lingua galega en calquera situación (familia, amigos, redes sociais…).

Niveis de competencia e uso

O galego encóntrase na actualidade nunha situación máis vantaxosa ca en épocas precedentes: oficialidade, mellora na consideración social, presenza na Administración, no ensino, na cultura, no ciberespazo…

A maioría das cidadás e cidadáns galegos recoñecen unha boa competencia tanto na capacidade de comprensión (entender e ler) como na de expresión (falar e escribir).

Hai tamén unha maioría favorable ao uso do galego, pero detéctase unha tendencia cara ao bilingüismo. Descende o número de galegofalantes habituais entre a xente máis nova e no medio urbano. E falla a transmisión xeracional (de pais a fillos).

O achegamento á comunidade de fala galego-portuguesa (lusofonía) abre novos camiños para a nosa lingua.

96
2

1 Procura en Internet a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

• Cantos artigos contén? En cantas seccións se distribúen?

• Identifica dereitos lingüísticos individuais e dereitos colectivos.

2 Adondar a lingua é un videopoema de Celia Parra que trata do amor pola lingua e das raíces emocionais que a ela nos unen. Tamén do papel da familia como transmisora de apego pola nosa cultura e tradición.

• Procurade o videopoema en YouTube. Localizade versos alusivos ao tema da lingua.

• Como interpretades as metáforas do pan, o lume, o fuso, a buxaina, o inverno?

3 O 21 de febreiro é o «Día Internacional da Lingua Materna», conmemoración instaurada pola UNESCO en 1999.

• Procurade en Internet o vídeo «Día Internacional da Lingua Materna 2019 – Galego».

– En que linguas centra a súa reivindicación nesa convocatoria?

– Seleccionade algunhas afirmacións que vos parezan de interese.

• A NPLD (Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística, nas súas siglas en inglés) celebrou este día no ano 2022 coa publicación dun vídeo que recolle refráns e proverbios en diversos idiomas (podedes localizalo con esta referencia: «NPLD + International Mother Language Day 2022»).

– Elaborade un folleto cos textos escritos na lingua orixinal e coa tradución ao galego.

4 Investigade e debatede sobre a situación da lingua galega nestes ámbitos:

• Tribunais de xustiza.

• Sanidade.

• Contidos audiovisuais para o público xuvenil.

5 Procurade información sobre #IniciativaXabarin. Que obxectivo persegue?

U 3 97
ACTIVIDADES

Literatura Poesía 1936-1975

Galicia entre 1936 e 1975

O 18 de xullo de 1936 prodúcese a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República e comeza unha guerra que finaliza en abril de 1939 coa instauración da ditadura franquista.

Nesta época levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que a maior parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial e, en consecuencia, a única utilizada en todos os ámbitos da vida pública.

O brillante panorama acadado pola literatura galega no transcurso do primeiro terzo do século xix quedou truncado co inicio da Guerra Civil: pecháronse editoriais, revistas e xornais, e paralizouse a edición e difusión de textos na nosa lingua.

A Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia créase en Vigo en 1950 e convértese no referente principal da recuperación da cultura galega. A editorial estréase coa publicación dunha obra de Ramón Cabanillas: Antífona da cantiga

Durante a década 1940-1950, a única produción literaria en galego será a que se leva a cabo no exilio americano: Venezuela, Cuba, México, Uruguai e, fundamentalmente, Arxentina, principal país de acollida dos exiliados galegos. Entre os exiliados salientan os nomes de Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Blanco Amor, Emilio Pita, Lorenzo Varela, etc.

A partir dos anos 50, van xurdindo en Galicia iniciativas culturais que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura. Xorden así editoriais como Bibliófilos Gallegos, Monterrey (logo denominada Castrelos), a colección de poesía Benito Soto e, sobre todo, a editorial Galaxia. Aparecen tamén revistas como Posío (Ourense, 1945-46) e Alba (A Coruña e Vigo 1948-1956), ou o suplemento literario do xornal compostelán La Noche (19481950). Deste modo, reiníciase a produción literaria en lingua galega. Nos anos 60 xorden asociacións culturais (O Galo, en Santiago; O Facho, na Coruña) que reivindican o uso do idioma galego e achégano ao uso público mediante cursos, conferencias, etc. Ademais fúndanse, na clandestinidade, os primeiros partidos políticos nacionalistas: a UPG (Unión do Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego), que reivindican para Galicia o autogoberno e a oficialidade do idioma.

En 1975, a morte de Franco posibilita o paso á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades históricas. Logo da aprobación en 1978 da Constitución, Galicia conta cun Estatuto de Autonomía (1981) que recolle a oficialidade da lingua galega e a súa condición de lingua propia, o que permite a súa presenza no ensino. O cultivo literario sobe tamén considerabelmente.

Poesía do exilio

No exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social. Os principais representantes son Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita.

Luís Seoane (Buenos Aires, 1910 - A Coruña, 1979)

Home polifacético, destacou nas artes plásticas (pintor, ilustrador, gravador, muralista) e na poesía. Publicou Fardel de exiliado (1952), Na brétema, SantIago (1955), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972).

A súa poesía caracterízase pola denuncia social. Os temas principais son a diáspora (emigración e exilio) e a historia de Galicia, centrándose nas persoas máis humildes.

3
98

Lorenzo Varela (A Habana, 1917 - Madrid, 1978)

É autor de dous poemarios: Catro poemas para catro gravados (1944), con gravados de Luís Seoane, e Lonxe (1954), sobre a súa experiencia persoal no exilio e a saudade da terra.

Emilio Pita (A Coruña, 1909 - Buenos Aires, 1981)

O seu primeiro libro foi Jacobusland (1942), que trata sobre a traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega.

Máis tarde publica Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959) e O ronsel verdegal (1964).

Poesía de posguerra

Na poesía de posguerra atopamos tres xeracións poéticas sucesivas que, porén, comezan a publicar as súas obras ao mesmo tempo, posto que ao non haber practicamente produción editorial entre os anos 1936 e 1950, é a partir deste último ano cando as obras de todos eles ven a luz. A última xeración da posguerra leva a cabo unha profunda renovación da poesía.

POESÍA DE POSGUERRA

Xeración do 36

Promoción de enlace

Xeración das festas

Nacen entre 1910 e 1920

Celso Emilio Ferreiro

Xosé María Díaz Castro

María Mariño, etc.

Liñas temáticas

Nacen nos anos 20

Antonio Tovar

Luz Pozo Garza

Manuel Cuña Novas

Mª do Carme

Krukenberg, etc.

Nacen entre 1930 e 1940

Uxío Novoneyra

Xosé L. Méndez Ferrín

Manuel María

Xohana Torres

Salvador García-Bodaño

Arcadio López Casanova

Na poesía destes anos encontramos diferentes liñas temáticas:

Poesía social

Intimismo

Paisaxismo

Culturalismo

Celso Emilio Ferreiro, Manuel María

María Mariño, Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Xohana Torres

Aquilino Iglesia Alvariño, Uxío Novoneyra

Álvaro Cunqueiro, Xosé Luís Méndez Ferrín

U 3 99

Literatura

Poesía 1936-1975

Ten en conta

Longa noite de pedra (1962) supuxo a consagración de Celso Emilio como poeta social. Os seus versos convertéronse en bandeira da loita contra a ditadura franquista. Algúns foron musicados por Voces Ceibes, Fuxan os Ventos, Luís Emilio Batallán, etc.

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1913 – Vigo, 1979)

Na súa poesía diferéncianse tres grandes liñas temáticas:

Poesía social

Poesía intimista

Poesía satírica

Denuncia as inxustizas sociais, expresa a súa solidariedade cos oprimidos, e o seu compromiso antibelicista e antifascista.

Expresa o seu desacougo existencial, lembra un tempo pasado e feliz, evoca con nostalxia a súa terra natal, reflexiona sobre a fugacidade da vida, o amor, a morte, etc. Denuncia cun ton acedo fortemente crítico, cheo de humor e sarcasmo, a mesquindade humana e canta as traxedias do home en xeral.

Celso Emilio escribe os seus verbos nunha lingua coloquial e popular, na procura dun discurso directo e claro.

A súa poesía caracterízase pola presenza de metáforas e imaxes simbólicas, organizadas en dúas series opositivas:

Elementos positivos

Lembra

Celso Emilio publicou tamén cos pseudónimos de Arístides Silveira e Alexis Vainacova.

Elementos negativos

Son termos referidos á claridade (luz, alborada, amencer, branco, lume...) e á altura (pomba, vento, bandeira...) que connotan as ideas de esperanza, liberdade e xustiza. Evocan un pasado feliz ou expresan a esperanza nun futuro en liberdade.

Son termos referidos á escuridade (noite, sombra, negro, corvo, cinza...), a espazos pechados e profundos (pozo, túnel, cadea...) e á pedra. Aluden ao presente da ditadura franquista e expresan as ideas de medo, opresión, inxustiza, rabia, impotencia...

Tamén escribiu prosa: A fronteira infinda (1972), un conxunto de relatos autobiográficos sobre a súa experiencia na emigración en Venezuela, e A taberna do galo (1978), que recolle con humor lembranzas e episodios de Celanova.

Celso Emilio (obras)

– O soño sulagado (1954)

– Longa noite de pedra (1962)

– Terra de ningures (1969)

– Viaxe ao país dos ananos (1968)

– Cantigas de escarnio e maldicir (1968)

– Paco Pixiñas (1970)

– Antipoemas (1972)

– Cimenterio privado (1973)

– Os autentes (1973)

– Onde o mundo se chama Celanova (1975)

3 100

Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 – A Coruña, 2020)

A temática dos seus versos céntrase en dúas liñas principais: a intimista (a nostalxia, a memoria, o paso do tempo, a morte, a sensualidade, o amor...) e a comprometida e solidaria.

Na súa poesía teñen unha importante presenza a música e a pintura, posto que os motivos plásticos e musicais completan e enriquecen as ideas ou sentimentos que a poeta quere expresar.

Xunto co labor poético, cómpre salientar a súa obra ensaística; ela foi unha das pioneiras no cultivo da crítica literaria. Ademais dos numerosos artigos publicados nas revistas Grial e Nordés, é autora de diversos ensaios de crítica literaria (sobre Rosalía, Cunqueiro...).

Uxío Novoneyra (Parada de Moreda, O Courel, 1930 – Santiago, 1999)

Inicia a súa produción coa poesía paisaxística centrada nas terras da montaña luguesa onde naceu, o que lle valeu o cualificativo de «Poeta do Courel». Unha natureza grandiosa ante a cal o ser humano queda anulado e reducido a un simple punto no espazo.

Cultivou tamén a poesía política-social reivindicativa presente no libro Do Courel a Compostela e en poemas como «Vietnam Canto» ou «Letanía de Galicia». Escribiu igualmente poesía amorosa (Muller pra lonxe). Tamén se interesou pola poesía caligráfica (Poemas caligráficos), que incide na disposición visual do texto e na expresividade das grafías, e entronca coa tradición da literatura chinesa, coa escritura ornamental árabe e tamén cos graffiti urbanos actuais.

A súa poesía caracterízase pola importancia dos efectos fónicos (aliteracións, onomatopeas, fonosimbolismo...) e tamén pola brevidade e condensación dos versos, reducidos aos elementos esenciais.

Manuel María (Outeiro de Rei, 1930 – A Coruña, 2004)

Manuel María Fernández Teixeiro é autor dunha obra extensísima (máis de 40 títulos), moi variada formal e tematicamente, que non se reduce ao xénero poético.

Combina tres liñas temáticas principais: a poesía paisaxística, centrada na Terra Chá; a poesía social, na que amosa o seu compromiso político desde a sátira e a ironía; e a poesía intimista, amorosa principalmente.

Xohana Torres (Santiago, 1931 – Vigo, 2017)

A súa obra literaria abrangue todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro e ensaio.

A súa poesía trata temas intimistas (a angustia, a soidade, o paso do tempo, a fugacidade das cousas, a memoria....) e sociais (a preocupación por Galicia).

Como narradora escribiu a novela Adiós María (1971), que se encadra dentro da Nova Narrativa Galega (ver unidade 7). Tamén publicou varias obras de teatro: Á outra banda do Iberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río (1969).

A obra poética de Xosé Luís Méndez Ferrín estudarémola na unidade 6.

Luz Pozo (obras)

– O paxaro na boca (1952)

– Verbas derradeiras (1975)

– Concerto de outono (1981)

– Códice Calixtino (1986)

– Prometo a flor de loto (1992)

– Vida secreta de Rosalía (1996)

– As arpas de Iwerddon (2005)

– Deter o día cunha flor (2009)

– Rosa tántrica (2016) Uxío Novoneyra (obras)

– Os eidos (1955)

– Elexías do Courel e outros poemas (1966)

– Poemas caligráficos (1979)

– Os eidos. Libro do Courel (1981)

– Muller pra lonxe (1986)

– Do Courel a Compostela, 19561986 (1988)

– Tempo de elexía (1991)

– Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994)

Manuel María (obras)

– Muiñeiro de brétemas (1950)

– Morrendo a cada intre (1952)

– Terra Chá (1954)

– Documentos personaes (1958)

– Poemas pra construír unha patria (1977)

– A primavera de Venus (1993)

– Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994) Xohana Torres (obras)

– Do sulco (1959)

– Estacións ao mar (1980)

– Tempo de ría (1992)

– Ferrol, corazón de navío (2001)

U 3 101

Texto 1

Irmaus

Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estraños. Pero ti, que te encontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmau* che falo. Se é túa a miña noite, se choran os meus ollos o teu pranto, se os nosos berros son igoales*, coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sean* distintas, e ti negro i eu branco, se temos semellantes as feridas, coma un irmau che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, se os nosos soños son igoales*, coma un irmau che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra *Formas non normativas.

Texto 2

Illas Cíes

Nas Cíes descubrimos a pericia das aves e a medida celeste onde reside a luz

Bañámonos nas ondas a compartir sulagos con dóciles palmípedas e cunchiñas de nacre

Era o verán

Chegaban ventos fríos do primeiro cuadrante os ventos tersos do Nordés

Con labios exaltados bicábasme nas tempas E querías que fora a raíña dos mares ou deslizabas verbas secretas nos oídos

Nos xogos inocentes debuxei no teu peito os signos da alegría Despois gravei na area os símbolos da patria: espirais caracolas esvásticas solares

Cousas do paraíso...

Naquelas latitudes oceánicas azul azul delirio tracei como remate un labirinto tácito para salvar o amor

Luz Pozo Garza, Prometo a flor de loto

• Neste poema amoroso, a poeta evoca as cantigas dos trobadores do mar de Vigo. Localiza algún exemplo.

• A liberdade e o amor exprésanse mediante termos positivos, luminosos e aéreos. Cales?

• A voz poética diríxese a un “ti” colectivo. A quen abrangue?

• O poema apela á irmandade internacional, á solidariedade entre todas as persoas que sofren. Resume o argumento.

• As anáforas, os paralelismos e o retrouso son os recursos de repetición que dan unidade ao poema. Identifica estes recursos.

• Escoita a versión musicada por Fuxan os ventos e a reinterpretación punk de Satxa.

Antoloxía 102
5
10 15 20
5 10 15 20

Texto 3

Terra Chá

A Terra Chá somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil arbres*, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá*.

(Manuel María, Terra Cha)

Dimensiós

Ollada a Terra Cha dende as alturas É semellante a un mar en calma, Para medila só valen dúas mensuras*: Ferrados de corazón, fanegas de alma!

Manuel María, Terra Cha

* Mensuras: medidas.

Compara estes dous poemas de Manuel María.

• A que temática pertencen?

Texto 4

DECLARA o oráculo:

“QUE á banda de solpor é mar de mortos incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas. QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades desas patrias a vendima. QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten. QUE un sumario de xerfa polos cons”.

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR”

Xohana Torres, Tempo de ría

• Formalmente o poema estrutúrase en dúas partes. Cal é a idea de cada unha?

• No verso final, Penélope expón a súa afirmación persoal. En que consiste?

U 3 103
5
5 10

Comentario de texto

Terras outas* e solas!

Serras longas mouras!

Eu son esta cor de soidá*...

Ancares soñados co lonxe!

Penas de Marco de Medio Mundo en ringuileira do Candedo ás Moás!

Cimo da Devesa!

Alto da Lucenza!

Formigueiros Montouto Pía-Páxaro tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados!

Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo!

Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas!

Labregos e pastoras que sólo vistes istes tesos i estes vales!

Aturula a curuxa e canta o cuco medindo o tempo quedo que para no cor1 e tornándose contra un vén cravarse no sitio onde máis se sinte.

Uxío Novoneyra, Os eidos. Libro do Courel

1cor: corazón 5 10 15 20 104

ACTIVIDADES

1 O poema comeza cunha estampa paisaxística na que máis tarde aparece a presenza humana (v.3: eu son; v. 15: pastores e pastoras; v. 22: contra un...).

Trátase dunha paisaxe agreste e grandiosa. Localiza exemplos de:

cumes augas vexetación morfoloxía do terreo

2 Cal e a actitude da voz lírica ante a paisaxe que contempla?

3 No texto abundan os topónimos. Que función cumpren?

4 Unha característica importante da poesía de Novoneyra é a sinxeleza e austeridade expresiva. O poeta procura o verso esencial, foxe da complexidade formal e utiliza só as palabras precisas e exactas, os elementos fundamentais da oración.

• Cal é a clase de palabras que predomina?

5 A poesía de Novoneyra é esencialmente fónica e caracterízase pola sonoridade dos seus versos. Localiza no poema exemplos de aliteracións e onomatopeas.

6 O fonosimbolismo é un recurso fundamental da poesía de Novoneyra. Consiste na evocación de sensacións visuais, táctiles, anímicas... por medio da combinación e repetición de fonemas.

• Que fonemas vocálicos destacan nos últimos versos?

• A que sentimentos se asocian?

7 Canto de permanencia (2010) é un documental sobre a obra de Uxío Novoneyra, que podes visualizar en Vimeo.

U 3 105

Lembra

En palabras de Bashô, “haiku é o que pasa neste lugar, neste intre”.

Haikus

Unha das formas máis coñecidas da poesía tradicional xaponesa é o haiku

Un haiku é un poema descritivo que recolle o que está sucedendo nun lugar e nun momento precisos, case sempre nunha paisaxe, coma un flash que capta a impresión do instante.

Destaca sobre todo pola capacidade de suxestión e de facernos ver aquilo no que antes non repararamos. Condensa emocións, sentimentos, e tamén teñen cabida o humor e a ironía. Está influído pola filosofía e a estética zen.

O tema principal é a natureza. Pode definirse como «poesía da sensación». Describe os cambios de estación, os fenómenos naturais, o paso do tempo ou a vida cotiá da xente. Reúne dúas ideas:

Zen

Rama do budismo, orixinaria da China, moi estendida no Xapón. Fai énfase na práctica da meditación, na percepción da natureza.

• Localización temporal e/ou espacial do poema. Adoita conter unha palabra que fai alusión á estación ou ao momento do día (grilo, reiseñor, solpor, lúa, outono…).

• Asombro e emoción ante a contemplación da realidade. Desde o punto de vista formal, as principais características son:

• Estrofa de 17 sílabas xeralmente distribuídas en tres versos de 5-7-5 por verso.

• Non ten título e carece de rima.

• Abundan os substantivos, é dicir, é unha forma poética predominantemente nominal.

• O estilo é sinxelo, austero e sutil. Emprega metáforas, sinestesias, etc.

Creamos haikus

1 Convértete en haijin (así é como se chaman no Xapón as persoas que escriben haikus) e escribe un haiku a partir dun destes versos iniciais, e que responda á forma estrófica indicada.

– Caen as follas...

– Inverno frío...

– Baixa a néboa...

– Pincheiras brancas...

– O arco da vella...

2 En equipo, creade os vosos propios haikus:

• Tomade unha fotografía dalgún elemento da natureza, unha paisaxe, etc.

• Escribide un haiku alusivo ao tema que suxire a imaxe.

• Coa axuda dun programa de edición (Paint, Photoshop...), escribide o texto sobre a imaxe.

• Montade un vídeo ou unha proxección de diapositivas cos vosos poemas.

• Compartídeo en Instagram ou noutra rede social.

Obradoiro literario
106

Algúns exemplos da literatura xaponesa

Sobre a póla seca pousouse un corvo. Tarde de outono. Matsuo Bashô

O vento de outono move a persiana de bambú e o meu corazón.

Ransetsu

O reiseñor pousado na ameixeira desde hai séculos.

Uejima Onitsura

A ameixeira florece, o reiseñor canta pero eu estou só. Kobayashi Issa

Algúns exemplos da literatura galega

Dedos de mar: concerto de piano no acantilado.

Pola xeada, os prados máis humildes poñen swaroskis.

Festín de ocaso: polos dentes da serra sangue de sol.

Paisaxe idílica: o río baixa só contando historias

Helena Villar Janeiro, Pálpebra azul

Ollar do outo penedo!

Pincheiras lonxanas! Paxariños do ucedo!

Carqueixas uces e penas! camiños da serra aberta pra lonxes terras des erras!

Terra moura das montañas! Boa terra que dás auga e teis augan as montañas!

Uxío Novoneyra, Os eidos

U 3 107

Visito a miña avoa María un dos días previos á primeira cita na clínica, xusto despois de xantar. Escollo esas horas porque me parece que adoita estar máis lúcida. No camiño que rodea a casa, antes de entrar nela, reparo nas camelias. Na casa dos avós hainas de dous tipos, brancas e rosadas. [...] Miña avoa está sentada na butaca máis cómoda da sala de estar, xunto á cadeira de rodas que precisa para desprazarse coa axuda do tío Pedro, que vive con ela e que a coida a diario. Doulle un bico no pelo e cóntolle o das camelias, pero non lle interesa en absoluto. Pregúntame que día é. Algunhas veces esas preguntas son como as varandas que meu tío colocou no corredor cando a avoa María aínda camiñaba. Ela usa as respostas para trasladarse pola conversa: que día é hoxe, que hora é xa. Dígolle que é xoves e pregúntame pola altura do mes e polo aniversario de papá, que é un pouco antes do Nadal.

Fálame daquela do parto do meu pai, o seu primeiro fillo. Cando comezou a sentir as primeiras dores non soubo interpretalas ben de todo. Non estaba segura de estar a piques de parir. Foi igualmente ata o descampado onde poñía sempre a roupa a secar. E tendeuna, creo. Despois regresou á casa e non tivo tempo de chamar a ninguén. O neno naceu sen intervención da parteira, sen compañía. Cando relata o seu primeiro parto, fala do bebé con agradecemento. Era diminuto, «parecía un monito cando naceu». Poucas veces antes tiveramos unha conversa semellante e paréceme inoportuna. [...]

Meu tío explícame despois que a avoa fala con frecuencia de coidar un meniño, e que o neurólogo do hospital recomendou algunha vez que lle mercásemos un boneco para que o coide, porque parece que ese xogo é consolador ou beneficioso para as persoas que perderon a noción da realidade ou do tempo. Entrégame un anaco de papel sobre o que anotou o enderezo dunha páxina web onde é posible adquirir –a prezos desorbitados–bonecos hiperrealistas dos que se usan no cine. A premisa espántame, pero prométolle que me encargarei do asunto para cumprirlle á avoa o desexo de depositar sobre algunha cousa os afectos que recorda.

5 10 15 20 25 30 Para terminar 108
Berta Dávila, Os seres queridos

1 Resume o contido deste fragmento.

2 O texto consta de tres parágrafos ben diferenciados en canto ao tema.

• Indica cal é a idea central de cada un.

3 Coma o personaxe da lectura inicial, a avoa María non é moi consciente do presente, mais conserva nidias algunhas lembranzas do pasado.

• De que tipo?

• Cal cres que é a razón?

4 Localiza as repeticións (recorrencias léxicas) que contribúen á cohesión do texto.

5 Identifica tamén varios termos sinónimos e outros pertencentes á mesma familia léxica.

Familia léxica: conxunto de palabras (simples, compostas, derivadas, parasintéticas) que comparten un mesmo lexema.

6 Anota os conectores que axudan á comprensión do desenvolvemento temporal da acción.

7 Localiza no texto os síntomas que indican cal é a enfermidade que padece a avoa María.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

REFLEXIONA E VALORA

8 Redacta coas túas palabras unha definición de «bonecos hiperrealistas». Elabora un texto breve, claro e coas propiedades textuais aprendidas.

• Confrontade as vosas definicións.

• Cales son máis precisas?

9 Substitúe o CD por un pronome átono e realiza as contraccións necesarias cando cumpra:

– Visito a miña avoa María.

– Cóntolle o das camelias.

– Pregúntame que día é.

– Ela usa as respostas.

– Coidar un meniño.

– Perderon a noción da realidade.

10 Indica que función sintáctica cumpre o subliñado en cada cláusula:

– Meu tío explícame despois que a avoa fala con frecuencia de coidar un meniño

– O neurólogo do hospital recomendou algunha vez que lle mercásemos un boneco

11 Analiza sintacticamente: Entrégame un anaco de papel.

Reflexiona sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar

Cales son as túas referencias para elixir as lecturas?

• Visitar librerías ou bibliotecas.

• Seguir algunha conta das redes sociais.

• Ver programas sobre literatura nas redes ou na televisión.

• Só as indicacións escolares.

Que importancia lle dás ao fomento da lectura como hábito social recomendable? ....

Como é a túa experiencia lectora?

• Son lector ou lectora habitual. Gozo coa lectura.

• Son lectora ou lector, pero prefiro outras formas de lecer.

• A lectura non forma parte do meu lecer.

Só no último caso. A que se debe que non teñas o hábito da lectura?

• Non atopo lecturas suxestivas.

• Teño unha mala experiencia coa lectura.

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS

Realiza a autoavaliación competencial incluída en anayaeducacion.es

U 3
109

PORTAFOLIO

UN FEIXE DE LIBROS

Reflexiona e difunde

A situación de aprendizaxe do primeiro trimestre propón unha viaxe polo gozo da lectura. Debullando cada unha das propostas de traballo, reflexiónase sobre o feito da lectura, a elección deste hábito de forma consciente, o seu impacto nas novas tecnoloxías e as múltiples opcións de socialización que a través da lectura.

A difusión dos traballos farase a través de redes sociais e apps como Padlet ou Mural.ly, trípticos, presentacións multimedia e propostas creativas como a Árbore dos libros.

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS

Emprega esta escala sobre planificación de tarefas e utilízaa para autoavaliar a túa planificación do proxecto.

Competencia Descritor 4 Perfecto 3 Ben 2 Regular 1 Moi mellorable Comunicación lingüística Expresar feitos, pensamentos ou sentimentos, de manera oral ou escrita.

Creo que o meu nivel de expresión oral e escrita nesta tarefa foi excelente.

Estou bastante satisfeita/o co meu nivel de expresión oral e escrita nesta tarefa.

Estou satisfeita/o co meu nivel de expresión oral e escrita nesta tarefa.

Creo que o meu nivel de expresión oral e escrita nesta tarefa é aínda mellorable.

110

REVISA A TÚA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO

Emprega esta escala sobre planificación de tarefas e utilízaa para autoavaliar a túa planificación do proxecto.

Aspecto Descritor 4 Perfecto 3 Ben 2 Regular 1 Moi mellorable Identificación Tiven clara en todo momento a tarefa encomendada

A planificación do proxecto axústase ao que se formulou nun inicio e quizais mellorada con novas ideas.

A recompilación de datos é correcta e completa.

O proxecto axústase case a toda a planificación esixida.

A recompilación de datos non é de todo correcta, incompleta. Quedan aspectos sen investigar.

O proxecto axústase a bastantes apartados da planificación proposta, pero non a todos. Faltan varios datos ou son incorrectos. Investigación non exhaustiva, incorrecta.

O proxecto axústase a poucas das propostas da planificación, ou a cabeza. Recompilación de datos bastante incompleto ou incorrecto.

Conexión entre actividades Percibín con exactitude as relacións que había entre unhas actividades e outras.

Percibín con exactitude as relacións que había entre unhas actividades e outras.

Fai un uso correcto das TIC pero non saca o máximo proveito. Non extrae todos os resultados asociados ás enquisas.

Fai un uso aceptable das TIC, mellorable. Non saca todo o proveito desta ferramenta para conseguir bos resultados na súa investigación.

Non fai un bo uso das TIC, hai que mellorar. Non sabe utilizala e a recollida de datos non é obxectiva.

Planificación nol tiempo Souben organizar o meu tempo para realizar todas as actividades propostas.

Souben organizar o meu tempo para realizar todas as actividades propostas.

Explicacións claras, non utilizando sempre o vocabulario adecuado.

REVISA O TRABALLO EN EQUIPO

Explicacións pouco claras, fala con algunha incorrección utilizando pouco o vocabulario adecuado.

Explicacións moi pouco claras, incorreccións na expresión, e non se utiliza o vocabulario adecuado.

Realiza esta escala de coavaliación do traballo en equipo e avalía con ela o traballo que realizastes xuntos. Os teus compañeiros e compañeiras farán o mesmo que ti e o resultado será a vosa coavaliación.

Aspecto Descritor 4 Perfecto 3 Ben 2 Regular 1 Moi mellorable Reparto de tarefas Para a distribución de tarefas tivéronse en conta as habilidades e as preferencias de cada persoa.

Consenso Para a toma de decisións buscouse sempre o maior acordo posible.

Responsabilidades Comportámonos de maneira solidaria e responsable.

Participación Todas as personas participaron activamente no traballo e axudaron ao resto.

111
U  3
Completa no teu caderno

TERRITORIOS LITERARIOS

«Para viaxar lonxe, non hai mellor nave ca un libro», di a poeta Emily Dickinson. E así é: cando lemos un libro iniciamos, sen movérmonos da casa, unha viaxe que nos conduce a outras épocas ou a territorios afastados aos que quizais nunca chegaremos. Velaí parte da maxia da lectura.

Mais tamén podemos realizar unha viaxe real para coñecer os lugares onde se desenvolve unha obra de ficción. Por exemplo, o balcón de Xulieta en Verona ou as rúas londinienses polas que paseaban os protagonistas de Sherlock Holmes, ou mesmo podemos tomar un baño nas xélidas augas de Forty Foot onde Leopold Bloom comeza o seu percorrido por Dublín cada 16 de xuño.

Un roteiro literario é un paseo polos espazos vitais e literarios dun autor ou grupo de autores, ou ben polos escenarios dunha obra ou duns personaxes concretos.

Ese é o noso propósito para este trimestre.

O Ourense de Blanco Amor ou de Méndez Ferrín, O Courel e o Val do Sil de Ánxel Fole, o Mondoñedo de Cunqueiro son algúns dos territorios literarios que coñeceremos nestas unidades. Leremos textos para poder así seguir o deambular do Castizo, do Bocas e do Milhomes polas rúas ourensás e o de Suso pola beira do

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Unidade 4

112
Punto de partida Roteiro d’A esmorga Na beira do Támese
Bloomsday

Barbaña, no barrio do Couto. Viaxaremos pola beira do Sil nun camión cargado de madeira courelá ata atopármonos coa meiga de Torgán na feira de San Clodio. E imaxinaremos a vista aérea de Roque das Goás a bordo da súa hipotética máquina voadora.

Poderiamos seguir o percorrido destes personaxes sobre o plano da cidade ou sobre un mapa, guiándonos polas indicacións dos narradores, e anotar ou debuxar o roteiro do seu desprazamento.

DEIXA A TÚA PEGADA

A proposta deste trimestre é a elaboración dun roteiro literario polo territorio xeográfico dun escritor ou escritora da túa elección. Deberás achegarte ás súas obras e localizar algúns fragmentos significativos e a súa ubicación.

Poderás crear un tripline, un blog, unha presentación, incluíndo texto, imaxe e vídeo, e difundilo nas redes para que outras persoas compartan a túa lectura e, quizais, se animen a achegarse tamén a estas obras. Verdade que resulta interesante?

113 Imos aló
Kahoot ou Quizziz
Unidade 5 Unidade 6
Roteiro virtual Atlas literario

Tempo de lecer

«Ler» e «lecer» son dous verbos ben avindos: ademais da similitude fonética, o primeiro está contido no segundo. E non sen razón, pois, a lectura é unha das actividades favoritas para o tempo libre. Ver unha película no cine ou unha serie de televisión, acudir ao teatro ou a un concerto, disputar unha partida do noso xogo favorito, practicar deporte... son outras tantas propostas

Gozar do tempo de lecer, relaxarnos e compartir momentos coas persoas queridas é fundamental para o noso benestar físico e emocional.

Cal é a túa actividade preferida para o tempo libre?

Con que persoas adoitas compartir eses momentos?

E durante as vacacións?

Botas en falta algún produto cultural?

Existen diferenzas segundo a idade?

En que cambiaron os teus gustos actuais respecto á infancia?

114
4

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Que vas aprender?

1 Comunicación

Nesta unidade vas coñecer cales son os hábitos culturais dos rapaces e rapazas da túa idade e ampliarás vocabulario sobre actividades de lecer.

Tamén analizarás e crearás diversos textos administrativos.

E practicarás a creación de encrucillados, que é outra boa maneira de «pasar o tempo».

2 Estudo da lingua

Continuaremos o estudo da cláusula e das funcións sintácticas.

Coñecerás a colocación dos pronomes persoais para acadar a necesaria corrección lingüística dos teus textos orais e escritos.

Repasaremos o uso do h e achegarémonos aos conceptos de bilingüismo, diglosia e normalización lingüística.

3 Literatura

Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole e Neira Vilas son grandes narradores da literatura do século xx. Nesta unidade coñecerás algunhas das súas obras máis significativas.

Por último, poderás crear as túas propias historias adaptándoas ao formato dunha fotonovela.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Punto de partida

1.1. Conversamos sobre a posibilidade de visitar cidades á procura das pegadas literarias.

1.2. Facemos unha listaxe dos libros que coñecemos relacionados cun espazo xeográfico.

1.3. Buscamos información sobre as obras que contan cun roteiro literario.

Na beira do Támese

2.1. Londres é unha das cidades con maior proxección literaria, pois foron moitos os escritores que nela localizaron os seus textos: Charles Dickens, T. S. Eliot, Henry James, Virginia Woolf, Oscar Wilde...

2.2. Investigamos sobre as obras e os lugares concretos en que estas se sitúan.

Bloomsday

3.1. Pescudamos sobre o Bloomsday que percorre os escenarios dublineses da novela Ulises de James Joyce: data, itinerario…

3.2. Investigamos sobre outros paseos literarios similares: a Lisboa de Pessoa, o Madrid de Galdós e de Baroja, o Padrón de Rosalía, a ría de Vigo de Domingo Villar, etc.

3.3. Procuramos folletos e imaxes deles.

Roteiro d’A esmorga

4.1. Consultamos o Roteiro d’A esmorga. Seguimos o percorrido e lemos os azulexos cos textos da novela.

4.2. Confrontamos cos capítulos da novela para completar os textos seleccionados.

+ orientacións en anayaeducacion.es

Plano aberto. Accede ao vídeo de presentación da unidade en anayaeducacion.es

115

1

Comunicación Lectura

Que vas ler?

Vas ler un fragmento do traballo de investigación elaborado polo Observatorio da Cultura Galega sobre os hábitos culturais da poboación galega menor de 16 anos. Comeza cunha análise global do consumo dos distintos produtos culturais e, a continuación, céntrase nos contidos audiovisuais.

INFORME

CONSUMO DE CONTIDOS CULTURAIS ENTRE MENORES DE 16 ANOS

Este apartado describe como é o consumo actual de contidos culturais das persoas menores de 16 anos dos fogares galegos, tanto en lingua galega coma noutros idiomas. Para isto analízanse os seguintes produtos culturais: libros, publicacións e revistas, espectáculos (teatro, danza, ballet, ópera, circo, contacontos, monicreques etc.), cine en sala, música, museos e exposicións, televisión, contidos audiovisuais (series, televisión á carta, canles de vídeo, cine etc.) e xogos (xogos de mesa, tradicionais, interactivos, videoxogos etc.).

En xeral, os contidos cun consumo máis frecuente por parte de menores de 16 anos son a música (70,8 %), os libros (68,6 %), a televisión (65,8 %) e os contidos audiovisuais (60,6 %), pero en ningún dos casos en galego. De feito, tres dos produtos estudados en lingua galega non son consumidos nunca por unha alta porcentaxe dos rapaces e rapazas menores de 16 anos: un 91,5 % nunca vai ao cine en sala, un 88 % non le revistas ou publicacións e un 73,1 % non adquire xogos. En cambio, o libro en galego é utilizado ocasionalmente por un 40,1 % e frecuentemente por un 21,9 %. O mesmo sucede coa música neste idioma, un 41,9 % escóitaa ocasionalmente e un 35,2 % con frecuencia.

Un 54,1 % das persoas menores de 16 anos visita ocasionalmente museos ou exposicións de arte (42,1% en galego), un 52,6 % asiste a espectáculos (44,6 % en galego) e máis da metade vai a salas de cine. O 46,4 % ve en ocasións a televisión en lingua galega, o 41,9 % le libros e o 40,1 % escoita musica tamén neste idioma.

5.8. CONTIDOS AUDIOVISUAIS

Máis da metade das persoas menores de 16 anos non consome nunca contidos audiovisuais en galego. Tan só un 10 % o fai con frecuencia, porcentaxe que ascende ata o 60,6 % cando se trata de contidos audiovisuais en xeral.

[...]
5 10 15 20 25
116

As variables independentes que resultaron significativas no cruzamento cos datos de consumo de contidos audiovisuais por parte de menores de 16 anos son: a asistencia ao cine das persoas entrevistadas, o nivel de estudos, a súa ocupación e o nivel de equipamento no fogar.

Hai que salientar que os menores de 16 anos consomen frecuentemente contidos audiovisuais en cotas elevadas, que abranguen dende o 57,6 % no caso de que convivan con persoas que non van nunca ao cine, ao 62,3 % se os adultos van ocasionalmente e ao 60,8 % se o fan con frecuencia, tal e como se mostra na seguinte táboa.

Consumo de contidos audiovisuais de menores de 16 anos segundo se as persoas enquisadas van ao cine Asistencia ao cine (persoas enquisadas)

Consumo contidos audiovisuais Nunca Ocasionalmente

Fonte:

Cando se aborda o consumo de contidos audiovisuais en galego, obtéñense tres variables de influencia nos menores: a lingua de expresión habitual das persoas enquisadas, a súa ocupación e o nivel de ingresos do fogar. No primeiro caso verifícase que, cando a persoa entrevistada é galegofalante, os menores que viven no seu fogar consomen máis contidos audiovisuais en galego (un 60 %), 11 puntos porcentuais por riba dos que falan máis galego que castelán. O 57,6 % dos rapaces e rapazas que residen con adultos que só falan castelán non consome nunca contidos audiovisuais en galego.

Oferta, demanda e prácticas culturais nos menores de 16 anos. Informe. Consello da Cultura Galega. 2022, www.consellodacultura.gal

Frecuentemente Nunca 22,6 7,0 12,7 Ocasionalmente 28,9 29,8 26,6 Frecuentemente 57,6 62,3 60,8
[…]
Elaboración propia
30 35 40 45 U 4 117

Comprensión do texto

Extrae información

1 Cal é o contido cultural máis consumido polos menores de 16 anos? E en lingua galega?

2 Os produtos culturais analizados clasifícanse en nove grupos.

• Completa a relación:

1 — Libros.

2 —

3 — Espectáculos (teatro, danza, ballet, ópera, circo, contacontos, monicreques etc.)

4 —

5 —

6 — Museos e exposicións.

7 —

8 —

9 — Xogos (xogos tradiconais, de mesa, interactivos, vídeo xogos etc.).

3 Cales son os que ti prefires para os momentos de lecer?

Reflexiona sobre a lingua

Título

Oferta, demanda e prácticas culturais nos menores de 16 anos.

Publicación

Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022

Edición

1ª edición

Descrición física

125 p.:gráf., cor.(Edición dixital)

DOI

10.17075/odpcma.2022

Colección

Informes

Materias

sociedade / lingua

Código QR

4 Define as seguintes palabras: táboa gráfica enquisa

5 Ocasionalmente, con frecuencia e nunca son adverbios de frecuencia.

• Escolle, no grupo, os que se corresponden con estes significados:

a) Todos os días.

b) En ningún momento.

c) En ocasións.

a diario nunca de cando en cando endexamais a miúdo dunha vez de cando en vez de raro en raro decote a miúdo de vez en cando decotío por veces acotío de tempo en tempo de vez

Interpreta e analiza

6 Analiza a información que achegan as dúas gráficas.

• Incidencia da lingua no consumo de contidos audiovisuais.

• Relaciona o consumo de contidos en galego coa lingua de expresión habitual (persoas monolingües nunha ou noutra lingua, ou bilingües).

7 Fíxate na ficha do informe e localiza os seguintes datos:

a) Número de páxinas.

b) Formato de edición.

c) Data de publicación.

Comunicación
1 118

8 Para a correcta interpretación da información, cómpre coñecer os parámetros técnicos e a metodoloxía empregada. Fíxate nos datos que corresponden ao presente informe:

Ámbito: Galicia.

Universo: Poboación residente en Galicia de 16 ou menos anos de idade.

Mostra: 900 entrevistas.

Tipo de entrevista: Telefónica asistida por ordenador (sistema CATI).

Selección das entrevistas: Selección dos fogares mediante semente aleatoria dunha base de teléfonos dos concellos de Galicia; cotas de idade e xénero para seleccionar á persoa que se ía entrevistar.

Marxe de erro: +/- 3’10 % cun nivel de confianza do 95’5 %.

Traballo de campo: Do 28 de xullo ao 2 de setembro de 2021.

Empresa responsábel: Instituto Sondaxe, S.L.

a) Cantas persoas foron entrevistadas?

b) Como foron seleccionadas?

c) Cal foi o medio empregado para a súa realización?

d) Durante que espazo temporal se realizaron?

e) Que datos consideras máis significativos?

Valora e relaciona co teu mundo

9 Analiza as coincidencias e diverxencias nas porcentaxes expostas en relación co teu caso concreto.

• Cales son os produtos culturais que máis consomes?

10 DEBATE. A presenza da lingua galega acada índices baixos nas actividades de lecer nos menores de 16 anos.

a) Cales das seguintes razóns poden explicar a situación?

1. Insuficiente oferta.

2. Descoñecemento da existente.

3. Hábitos e actitudes ante a lingua.

4. Outras razóns. Cales?

b) Cal é a vosa situación persoal? Coincide coa exposta no informe?

c) Que medidas poderían adoptarse para incrementar o consumo de produtos culturais en galego.

11 Culturgal, a feira das industrias culturais, celébrase anualmente en Pontevedra. «Trátase dun espazo para poñer en contacto a artistas, creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións».

• Entra na web e consulta o programa da última edición.

U 4 119

1

Comunicación Léxico

Propostas de lecer

ACTIVIDADES

1 O texto da lectura presenta diversas actividades para o tempo de lecer: lectura, espectáculos, cine en sala, música, museos e exposicións, contidos audiovisuais e xogos (xogos de mesa, tradicionais, vídeo xogos etc.).

• Clasifica estas palabras segundo o ámbito ao que pertenzan: dominó novela serie banda deseñada violín pandeireta mazas trapecio voante xadrez xogo de rol contrabaixo película de animación

2 Entendemos por cultura o «conxunto de coñecementos xerais que posúe unha persoa, adquiridos mediante a instrución ou a experiencia» ou o «conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan as sociedades humanas organizadas, particularmente as máis avanzadas».

• Reúne as seguintes palabras en dous grupos antitétitos entre si:

e ta

li

culto sabio

douto lido

3 Relaciona cada palabra co seu significado.

papaventos bambán buxaina corda crebacabezas xadrez gobelete bailarete

a) Armazón lixeira que sostén estirado un papel e que voa.

b) Xogo que consiste en saltar unha corda que se fai voar polo aire.

c) Xogo que consiste en encaixar unhas pezas para formar un debuxo.

d) Asento que se arrandea suspendido entre dúas cordas.

e) Xoguete de madeira de forma cónica, rematado nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar cun cordel.

f) Xogo intelectual entre dous opoñentes que manobran con 16 pezas sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros.

g) Vaso opaco que se utiliza en certos xogos para botar os dados.

letrado instruído bu

h) Xoguete de madeira de forma cónica ou esférica, rematada nunha punta pola parte inferior, que se fai xirar cos dedos.

ignorante indouto fu lo

sal ta ban

nám pe

4 Elixe, entre as sílabas de cores da esquerda, aquelas que precises para formar o nome de cada profesional do circo que realiza estas actividades:

a) Acróbata que camiña e realiza exercicios sobre unha corda ou arame.

bris

tra

tim qui qui cis

b) Persoa que fai xogos mantendo obxectos, ou manténdose ela mesma, en equilibrio.

c) Artista que fai saltos e acrobacias en circos, prazas públicas etc.

d) Persoa que realiza exercicios ou acrobacias no trapecio.

e) Persoa que realiza contorsións difíciles, xeralmente no circo.

f) Persoa que executa exercicios de habilidade lanzando e recollendo obxectos diversos e manténdoos en equilibrio.

120
ígnaro inculto

O texto administrativo

Os textos administrativos son os documentos a través dos cales se establece a comunicación entre a Administración e os cidadáns ou entidades de diverso tipo (empresas, por exemplo).

Unha instancia ou solicitude, un contrato, un informe, unha denuncia, unha reclamación, un oficio, un certificado, un recurso... son algúns exemplos.

Todos teñen unha estrutura fixa que debemos coñecer posto que son documentos de uso habitual que nalgún momento necesitaremos empregar.

Características lingüísticas

• Rexistro formal e nivel culto próximo ao estándar.

• Léxico denotativo e tecnicismos (requirimento, tramitar, resolución...).

• Emprego do futuro de indicativo con valor de imperativo e do futuro de subxuntivo en lugar do presente ou pretérito (Se acadaren os 10 puntos, poderán acceder á segunda fase).

• Locucións (en virtude de, con data do día, de acordo con, con vistas a, visto e prace...) e formulismos (achégolle a solicitude, comunícolle que...).

• Verbos declarativos (declaro, certifico, expoño...) en presente de indicativo.

• Predominio de oracións enunciativas.

• Predominio de longos parágrafos, con incisos e parénteses.

• Forma de discurso: exposición e argumentación (dependendo do texto).

• Conectores como os da marxe.

O informe

Un informe é un texto no que se expoñen e analizan uns datos obxectivos e verificados acerca dun determinado asunto.

Pode abordar distintas temáticas: policial, médica, xurídica, laboral, etc.

Estrutura

I. Encabezamento

a. Cabeceira: nome ou enderezo da empresa ou persoa especialista que realiza o informe.

b. Referencia: nomes do remitente e do destinatario.

c. Asunto: título que especifica de maneira breve o motivo do informe.

II. Corpo

a. Redacción do contido do informe.

III. Final

a. Data de realización do informe.

b. Nome e apelidos do autor ou autora.

Comunicación Estudo dos textos

Ten en conta

En moitos casos existen formularios ou impresos que poden cubrirse en papel ou dixitalmente.

Conectores

Conectores explicativos ( é dicir, isto é, xa que logo ), de orde ( en primeiro lugar, a continuación, a seguir, finalmente.. .), causa ( porque, dado que, posto que... ), finalidade ( co obxecto de, a fin de que... ), condición ( de ser o caso, sempre que... ), oposición ( agora ben, no entanto, porén... ), obxección ( malia que, a pesar de que, emporiso... ), etc.

Ten en conta

A súa extensión é variábel, desde un único folio a varias páxinas, como no texto da lectura que inicia esta unidade.

U 4 121
2

A acta

Unha acta é un documento que rexistra o tratado e acordado nunha reunión.

Estrutura

I. Encabezamento

1. Cabeceira: nome da entidade ou organismo.

2. Data e número da reunión.

3. Nome das persoas que asisten.

4. Orde do día.

II. Corpo

5. Desenvolvemento da reunión (presentación dos temas, intervencións dos asistentes, votacións, acordos...).

III. Final

5. Fórmula de peche.

6. Sinatura.

A instancia

Unha instancia é un escrito para facer se fai unha solicitude á Administración Pública. Por exemplo: admisión nunha oposición, solicitude de bolsa, etc.

Estrutura

I. Encabezamento.

1. Datos persoais da persoa que asina.

II. Corpo

2. Exposición dos motivos polos que se formula a solicitude. Introdúcese coa palabra EXPÓN (en maiúsculas) e pásase á liña seguinte, que comezará coa conxunción Que.

Finaliza coa fórmula Por isto ou Polo que

3. Petición. Introdúcese coa palabra SOLICITA (con maiúsculas) e explícase de maneira clara a petición ou peticións que se formulan.

III. Peche

4. Fórmula de despedida.

5. Poboación e (día, mes e ano) en letras.

6. Sinatura. Á man por riba do nome e apelidos do solicitante, precedido da abreviatura Asdo.,

7. Datos do destinatario na parte inferior do folio, en maiúsculas.

Comunicación Estudo dos textos 1 122

ACTIVIDADES

1 Servíndote da estrutura indicada, elabora un dos seguintes informes:

• Informe da persoa encargada da biblioteca acerca do club de lectura, especificando o número de persoas participantes, os cursos aos que pertencen, as obras comentadas, etc., a petición da dirección do centro.

• Informe do policía que levou a cabo a detención dunha persoa que conducía en dirección contraria pola autovía, a petición da compañía de seguros do vehículo afectado pola colisión.

2 Un bando é un mandato publicado polo alcalde ou alcaldesa para transmitir instrucións e normas ou para informar de asuntos de interese local.

• Le este poema de Manuel María e escoita a versión musical d´A Quenlla.

Bando

Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar.

Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo.

A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia.

Pagarán trabucos* os poetas.

Prohíbese soñar de 10 a 11.

Prohíbese tamén derramar bágoas.

Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos.

Un só se pode emocionar os xoves e domingos cando toca

a banda do Concello no quiosco. Están fóra da Lei as estrelas, a primavera, as flores e os paxaros.

Dáse este bando en tal e cal pra que se cumpra de orde do Alcalde.

Firmado e rubricado. Manuel María, Documentos persoais. *trabucos: impostos.

• Este texto que imita a estrutura dun bando e parodia a linguaxe administrativa, expón mediante a ironía as prohibicións sufridas no tempo da ditadura franquista.

• Quen fala? A quen se dirixe?

• Localiza exemplos de fórmulas propias da linguaxe administrativa.

3 O DNI electrónico, o Certificado Dixital da FNMT ou os sistemas Cl@ve (Adm. central) e Chave 365 (Xunta) permiten identificarse e realizar todos os trámites a través de Internet.

• Entra na páxina da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e consulta os pasos a seguir para solicitar a chave 365.

4 Os organismos públicos dispoñen de formularios electrónicos que poden cubrirse a través de Internet e enviar a través da sede electrónica do organismo correspondente.

• Entra na páxina Xuventude.net e procura información sobre o Carné Xove.

• Consulta na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o procedemento para solicitalo.

• Cubre, se o desexas, a solicitude (Anexo I).

5 Converte o formulario anterior nunha instancia de acordo coa estrutura indicada.

• Escríbea no ordenador cun programa de tratamento de textos.

U 4 123

Obradoiro

Creamos pasatempos

En cursos anteriores xa practicastes cos pasatempos máis sinxelos: sopas de letras, cruzadas... Imos atrevernos agora cos encrucillados. Existen xeradores online de encrucillados, pero nós imos crealos botando man do noso enxeño e unicamente co seguinte material:

• Unha folla de papel cuadriculado ou unha táboa na pantalla do ordenador creada con Word, Excel, Writer...

• Lapis e goma para borrar todas as veces necesarias.

• Dicionario en papel e online para procurar as palabras necesarias. No dicionario online da RAG pode facerse unha busca avanzada e localizar «palabras que comezan por», «que rematan en», «que contén».

CREAMOS ENCRUCILLADOS

• Debuxamos a cuadrícula co número de celas desexadas e marcamos os cadros negros para crear unha imaxe simétrica e que non teña palabras moi longas.

• Comezamos pola parte superior esquerda e dispoñemos palabras horizontal e verticalmente de xeito que coincidan as letras.

• Redactamos as definicións horizontais e verticais.

• Duplicamos a cuadrícula. Nunha borramos as letras, a outra conservámola como a solución.

• Presentamos a cuadrícula baleira xunto coas definicións:

Truco

Busca palabras que respondan á estrutura consoante + vogal ou vogal + consoante, evitando dúas vogais seguidas (ditongos ou hiatos) ou dúas consoantes, xa que dificultan moito atopar palabras no sentido contrario.

HORIZONTAIS

1. Ave doméstica. Animal vertebrado que vive na auga e respira por branquias. 2. Adverbio de lugar. Prefixo que significa «novo». Cabeza de gando. 3. Atadura que se fai con fíos. Nome de muller. Ao revés, contracción de preposición e artigo. 4. Vogal. Substancia elaborada polas abellas. Reza. Consoante. 5. Rodrigo. Demostrativo. 6. Preposición. Cría da ovella. Muller que ten fillos. Símbolo do fósforo. 7. Percibe coa vista. En plural, parte interna do aparato auditivo. Interpreta un texto escrito. 8. Peza en forma de circunferencia. Celebras coa risa. Río de Padrón. 9. Torce a cara para un lado. Froito da oliveira.

VERTICAIS

1. Calquera tecido de la, seda, algodón... Compromiso escrito de pagar en caso de non poder facelo o que está obrigado. 2. Espazo aberto, burato. Consoante. Período de tempo. 3. Contracción pronominal. Peza dental da parte posterior da boca. Ao revés, mágoa ante o sufrimento de alguén. 4. Consoante. Diminutivo de pé. Vogal. 5. Relativo ao ano. Escoitara. 6. Pronome persoal de 1ª persoa. Fala. 7. Cría da galiña. Posesivo de varios posuidores. 8. Vogal. Grans ou partículas de rocha. Consoante. 9. Moverse cara a un lugar. 10. Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío. Vogal. Ao revés, depresión do terreo entre montañas. 11. Demostrativo feminino plural. Froito da pereira.

124
de comunicación
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 1 P O M B A P E I X E 2 A C A N E O R E S 3 N O P A U L A O A 4 O M E L O R A S 5 R O I E S 6 A A Ñ O N A I P 7 V E O I D O S L E 8 A R O R I S S A R 9 L A D E A O L I V A 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 1 2 3 4 5 6 7 8 9

CREAMOS ENCADEADOS

Os encadeados son unha variante dos encrucillados, con máis cadros negros e con numeros en cada cela. As solucións redáctanse seguindo a orde dos números, sen diferenciar o sentido vertical ou horizontal.

• Creamos unha cuadrícula. Marcamos os cadros negros que van separar as palabras entre si.

• Comezamos por unha esquina e imos situando as palabras e ímolas cruzando por outras que compartan a mesma letra.

• Duplicamos a cuadrícula e eliminamos todas as palabras. Numeramos as celas nas que comeza palabra, seguindo a orde de arriba a abaixo, de esquerda a dereita.

• Redactamos as definicións correspondentes a cada número:

1. Parte externa da articulación do fémur coa tibia.

2. Buratos, aberturas.

3. En feminino, contenta, alegre.

4. Crustáceo decápodo moi prezado.

5. Carro pequeno con rodas de goma.

6. Horizontal. Peza de metal acuñada para transaccións comerciais.

6. Vertical. Persoa á que lle falta un ou os dous brazos ou pernas.

7. Vai contra alguén para facerlle dano; asalta.

8. En plural, peza dental na parte posterior da mandíbula.

9. Amarrar con cordas.

10. Que ten moitos cartos ou bens.

11. Traballar a terra co arado.

12. Horizontal. De cor amarela escura.

12. Vertical, órgano da vista.

13. Ribeira, ourela, beiramar.

14. Enfermidade contaxiosa con erupción cutánea; vexigas, boas

• Reunide as vosas creacións e elaborade unha revista de pasatempos.

• Podedes convertela nunha revista dixital mediante Issuu, Calaméo ou outro programa similar.

• E agora, a xogar! ��

125 U 4
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
X e O N L L O C C E C A M O E D A A M O A S A T A R A N A R R I C A O C R E Ó O R E L A T N A L A V A R I O L A

2

Estudo da lingua Gramática

A cláusula: funcións sintácticas (II)

O predicado dunha cláusula pode presentar, á parte do CD e CI, outros complementos:

O complemento circunstancial

O complemento circunstancial expresa as circunstancias de tempo, lugar, modo, causa etc. nas que se desenvolve a acción verbal.

Esta función poden desempeñala:

– Unha frase nominal: Temos que entregar as tarefas esta tarde

– Unha frase preposicional: Foron a Viveiro de excursión

– Unha frase adverbial: Mañá non hai clase.

– Unha cláusula subordinada: Mandádeme unha mensaxe cando cheguedes

Recoñecemento do CC

– Case sempre vai introducido por unha preposición. Ex.: Estou cos meus amigos no parque

– Pode aparecer situado en calquera parte da cláusula. Ex.: Hoxe non quero xogar / Non quero xogar hoxe / Non quero hoxe xogar

– Os CC de lugar, tempo, cantidade e modo poden ser substituídos por un adverbio. Ex.:

Nesa parte da rúa non hai paso de peóns. Aí non hai paso de peóns.

O xoves solicitou cita coa avogada. Antonte solicitou cita coa avogada.

O pantalón custa cen euros. O pantalón custa bastante Rematou o percorrido sen présa. Rematou o percorrido devagar

– Se se elimina o CC, a cláusula segue tendo sentido.

– Pode aparecer en cláusulas atributivas e predicativas.

Tipos de CC

Lugar (CCL) Onde? O castro de Baroña está na provincia da Coruña

Tempo (CCT) Cando? Esta fin de semana celébrase a carreira de San Martiño.

Modo (CCM) Como? Camiñou paseniño polo corredor.

Compañía (CCCOM) Con quen? Foron dar unha volta con Xulio

Cantidade (CCCAN) Canto? Enviou o correo cinco veces

Causa (CCCAU) Por que? Ten moito catarro pola molladura que colleu

Instrumento (CCI) Con que? Corta o pan co coitelo de serra

Finalidade (CCF) Para que? Entregou unha fianza para alugar o piso

126

O suplemento

O suplemento é un complemento propio dos verbos que rexen preposición e serve para completar o significado do predicado.

Sempre está desempeñado por unha frase preposicional introducida por unha preposición esixida polo verbo (de, en, con, a...) e pode presentar como TERMO unha frase substantiva, nominal ou unha cláusula.

Hadrián comprometeuse con María a cumprir o prazo de entrega.

Os xornais informaron dos últimos avances nas negociacións.

Meu irmán dedícase a durmir toda a fin de semana

Recoñecemento do SUP

– Pode substituírse por unha frase preposicional que presente a mesma preposición e mais un pronome persoal tónico (el, ela, eles, elas) ou un demostrativo neutro (iso).

Marta preguntou polos curmáns

Marta preguntou por eles

Marta preguntou por iso

ACTIVIDADES

1 Identifica os CC nestas cláusulas:

– O autobús leva todo o día no aparcadoiro do pavillón.

– Esta tarde irán ao cine cos amigos de sempre.

– Cose o botón con ese fío para que non destaque.

– Atraseime dúas horas pola avaría do tren.

– Andrés falou con ímpeto para que o escoitasen.

– Por fortuna, os estudantes teñen entrada gratuíta nos museos.

2 Substitúe os CC de lugar, tempo, cantidade e modo do exercicio anterior por adverbios.

3 Localiza os SUP nas seguintes cláusulas:

– Nesa serie sempre rimos dos lapsos do protagonista.

– Lémbrate de recoller o encargo na pastelaría.

– Os propietarios concordaron co inquilino un prezo axeitado.

– Na reclamación remitíronse ao contrato asinado.

– Esta novela trata sobre unha muller que conseguiu ser astronauta.

– Pola noite os veciños asustáronse co fume.

Ten en conta

Algúns verbos poden levar CD ou SUP, modificando levemente o significado en cada caso: Pelar as patacas. / Pelar nas patacas.

Mirar os nenos. / Mirar polos nenos.

Fíxate

• O SUP, a diferenza do CD, non pode substituírse por un pronome átono nin converterse en suxeito da cláusula pasiva.

• Os verbos que levan SUP presentan unha preposición concreta, fixada pola lingua, que non se pode cambiar por outra: matinar en, lembrarse de, concordar con, negarse a, animar a etc.

4 Substitúe os SUP do exercicio anterior por un pronome tónico ou polo demostrativo neutro.

5 Relaciona cada verbo coa preposición que lle corresponda. Logo escribe un enunciado con cada un: depender confiar sucumbir rebelarse crer contar avisar versar

a en de sobre con contra

6 Diferencia o CC e o SUP:

– Lucas paseou pola rúa máis tranquila da cidade.

– Esta zona caracterízase polo valor medioambiental.

– Andrea dedícase a analizar os residuos radioactivos no mar.

– Elas miraban pola ventá mentres chovía.

– Onte achegámonos á feira para mercar uns cestos.

– Estivemos falando das probas de acceso

– Contaba coa túa aprobación

– Lembrácheste tarde de regar as plantas

U 4 127

Estudo da lingua Gramática

O atributo

O atributo é un complemento propio das cláusulas con verbos copulativos (ser, estar, parecer...).

Poden desempeñar esta función:

–Unha frase substantiva: Esas árbores parecen xigantes verdes

–Unha frase nominal: O vagalume é un coleóptero

–Unha frase adxectiva: A información aportada foi reveladora

–Unha frase adverbial: Cando chegaron era moi tarde

–Unha frase preposicional: Esta casa é de pedra

–Unha cláusula: O noso desexo é que teñas moita sorte

Recoñecemento do ATR

– Concerta en xénero e número co suxeito, e en número e persoa co verbo. Ex.: Elia está contenta. Antón está contento. Elas están contentas

– Se se elimina, a cláusula resulta agramatical ou incompleta. Ex.: A avoa está cansa. *A avoa está.

– Pode ser substituído por un pronome átono de 3ª persoa masculino singular (o). Ex.: A cantiga é alegre. A cantiga éo

–A súa presenza exclúe a do CD e a do SUP.

O complemento predicativo

Ten en conta

A función de complemento predicativo poden representala:

– Unha frase substantiva: Nomeárona presidenta do club

– Unha frase nominal: Iago considérao un bo amigo

– Unha frase adxectiva: Lía quedou satisfeita coa nota.

– Unha frase preposicional: Xan exerce de delegado na clase.

Segundo o elemento co que concorde, distínguense dous tipos:

Predicativo do SUX: fai referencia ao suxeito.

O teu poema resultou gañador

SUX PVO

Predicativo do CD: modifica ao tempo o CD e mais o PRED. Xela deixou arranxado o portátil.

O complemento predicativo é unha función semellante ao atributo, pero aparece cos verbos predicativos (non copulativos).

Recoñecemento do PVO

– Cando é unha frase adxectiva, o adxectivo concorda en xénero e número co substantivo ao que se refire. Ex.: Ana rematou cansa. Lopo rematou canso. Eles remataron cansos

–A diferenza do ATR, non pode substituírse por un pronome átono.

O bebé está tranquilo. O bebé estao O bebé quedou tranquilo

No caso do predicativo do CD, a substitución do CD por un pronome átono (o, a, os, as) non inclúe o PVO, que continúa explícito.

Teñen rematadas as tarefas Téñenas rematadas

PVO CD

CD PVO

Diferénciase do MOD en que este non pode cambiar a orde de aparición e o PVO si. Ex.:

Atopou vivo o caracol Atopou o caracol vivo

Conseguiu as medias moradas *Conseguiu as moradas medias.

Non pode confundirse co CCM, xa que este non concorda co SUX nin co CD.

PVO PVO
PVO
MOD
2 128
PVOCD

O complemento axente

O complemento axente é unha función propia da cláusula pasiva e emprégase para indicar quen realiza a acción expresada polo verbo.

Aparece representado por unha frase preposicional introducida pola preposición por. Ex.: Este edificio foi deseñado pola nova arquitecta

Recoñecemento do CAX

– Ao transformar a cláusula pasiva a activa, o CAX pasa a ser SUX.

Ex.: A nova arquitecta deseñou este edificio.

ACTIVIDADES

7 Diferencia o ATR, o PVO e o CCM nas seguintes cláusulas:

–Ese xornalista fala alto porque quedou sen micro.

As rapazas chegaron enchoupadas do adestramento.

–A túa compañeira parece moi simpática.

O peregrino descansou tranquilo á sombra do freixo.

–Pola mañá as rulas están rebuldeiras.

–Luís rematou rápido o exame.

8 Pasa a activas estas cláusulas pasivas:

As embarcacións foron arrastradas polo temporal.

As tarxetas de felicitación serán entregadas pola carteira mañá.

–A ventá foi arranxada polo conserxe.

Estes cadros foron pintados polo alumnado de Belas Artes.

–O papel principal será interpretado por Águeda.

9 Relaciona cada cláusula co esquema que lle corresponda:

Meu pai rematou entusiasmado o curso de calceta. María incomodouse con Eva a semana pasada.

A mensaxe foi recibida por todos os inscritos. As luces están acendidas en toda a cidade. Nesa vila rehabilitaron pouco o núcleo histórico.

SUX + PRED + ATR + CCL

SUX + PRED + PVO + CD

CCL + PRED + CCCAN + CD

SUX + PRED + SUP + CCT

SUX + PRED + CAX

10 Analiza sintacticamente as seguintes cláusulas: –A viaxe foi organizada por unha axencia viguesa. –Xiana traballa de locutora na radio. –Mercou as centolas moi baratas.

11 Identifica a función sintáctica que representan os subliñados do poema:

O poeta soña cos seus amigos

Xanto nun restaurante enriba da praia. Ao lonxe, un neno duns seis anos intenta subir a unha táboa de surf [en movemento, unha e outra vez, sen conseguilo.

Tardo moito –demasiado– en descubrir que o xogo é precisamente ese: caer, repetir.

Despois de comer soño cunha árbore que dá os froitos máis doces. Innomeables.

Á súa sombra os meus amigos falan nunha lingua que non comprendo.

Andrés leva un xílgaro na man. Iván está de costas. A Pepe médralle unha maceira no peito da camisa. Adrián [le, distraído.

Todo é irreal e é certo.

Nalgún momento, pídolles que baixen para min un froito da árbore.

Eu estou lonxe e dóenme os brazos ou non os podo mover. Non sei.

Ningún deles responde. Sigo falando só ata que esperto do soño. Volveríao facer.

U 4
129
Ismael Ramos, Lixeiro

A colocación do pronome átono

Consulta no anexo as regras de colocación do pronome átono para realizar as seguintes actividades.

ACTIVIDADES

1 Coloca no lugar adecuado o pronome átono. Se hai varias posibilidades, indícaas:

– Que ben queda ese sombreiro! (CHE)

– Comentou que non podía facer Manoel. (NOS, O)

– Calquera pode axudar a solucionar. (VOS, O)

– Todo parece complicado. (LLE)

– Seica pediu que prefería rematar ela. (LLES, A)

– Quen dixo que tedes que esperar dúas horas? (VOS, A)

– Nunca avisa con tempo cando necesita que recollan. (OS, O)

– Xa trouxo aquilo que pediches. (CHE, LLE)

2 Reescribe no teu caderno a cláusula «Lévanos ata a casa» antepoñéndolle os seguintes elementos: alguén xamais tamén dixo que agora non sempre mañá

3 Xustifica a colocación dos pronomes destacados no texto: O piloto ordenou que transmitísemos a todos que se suxeitasen ben, que o mecánico abandonase a cabina e que lanzásemos a porta de pasaxeiros –pois, en caso de incendio, resultaríanos máis fácil abandonar o avión- e nos suxeitásemos como os demais, xa que ía tratar de realizar unha aterraxe de emerxencia nun prado que tiña diante. Como eu estaba fóra da cabina, no posto de radio, cheguei o primeiro á porta; cando se achegou Millán, pregunteille se conectara toda a corrente e tiña pechadas as chaves de combustible. Contestoume que si, que non me preocupase, que todo estaba listo.

Xabier Quiroga, Izan o da saca

130
2
Estudo da lingua Repaso gramatical e ortográfico

O uso do h

Consulta no anexo as regras de uso do h para realizar as actividades.

ACTIVIDADES

1 Localiza o erro en cada serie:

– Inherente, inhalar, filarmónica, inhóspito.

– Oco, ucha, ovo, irmán.

– Vehículo, exhuberante, exhibición, exhortar.

– Historia, hermida, Helena, hindú.

– Aí, baía, armonía, ombro.

2 Completa con h cando cumpra:

...edra ad...erente

...idromasaxe ...emiplexía

...inchado ...orfa

...ola tru...án

al...elí ...ortícola

3 Fíxate no cadro e completa no caderno con hai, aí, ai!:

Hai / aí / ai!

Hai: 3ª persoa do presente de indicativo do verbo haber (hai moita xente na rúa).

Aí: adverbio de lugar (coloca aí as mesas).

Ai!: interxección que expresa dor, queixa, susto, aflición, temor... (ai! Como me doe a gorxa!).

– Leveina ao médico e non deu un ....

– ... que coller por ... á dereita.

– Xa sabes que ... ... que estar en silencio.

4 Le e corrixe os erros que atopes:

Haber / a ver

Haber: infinitivo do verbo que significa «existir, ter lugar...». Ex.: No banco ten que haber cartos.

A ver: expresión formada pola preposición a + verbo ver. Emprégase cando se quere mostrar interese por algo: A ver se están na terraza. −Mira que blusa máis bonita merquei! −A ver!

– Haber se cando vas ahí, estás máis tranquila.

– Non debe a ver concerto esta tarde. Ahi que chamar a información e preguntar.

– Hai! Quero ir haber se me quitan esta moa.

– Ahí está o parque no que debe a ver un estanque.

U 4 131

Estudo da lingua Lingua e sociedade

Linguas en contacto. Bilingüismo e diglosia

O bilingüismo

Como xa vimos, na maioría dos países do mundo fálanse varias linguas. A existencia de sociedades bilingües ou plurilingües supón que existen igualmente persoas que se comunican entre si polo menos en dúas linguas.

O bilingüismo consiste na convivencia de dúas linguas. Trátase dun fenómeno individual (falamos de individuos bilingües) e tamén colectivo (falamos de sociedades bilingües).

A diglosia

A diglosia consiste na convivencia desigual de dúas linguas nun territorio porque unha superponse á outra: unha é lingua de prestixio (lingua A ou hexemónica) e a outra é considerada unha lingua inferior (lingua B ou minorizada), é dicir, as dúas linguas teñen diferente status político, social e cultural.

Os falantes coñecen ambas linguas, pero utilízanas seguindo criterios de máis ou menos prestixio; así, nunhas ocasións empregarán a que consideran máis importante e deixarán a outra para os usos menos formais e para o ámbito familiar e coloquial.

DIGLOSIA

Lingua A hexemónica

Lingua de prestixio.

Lingua B minorizada

Lingua familiar ou coloquial.

• As linguas hexemónicas teñen prestixio social porque contan cun poder político que as sustenta.

• As linguas minorizadas están en situación de inferioridade porque non teñen recoñecemento oficial e teñen usos restrinxidos. Son aquelas que, sendo historicamente as propias dunha comunidade, son desprazadas por unha lingua allea, que conta con maior prestixio, e ven reducido o seu uso.

Esta situación discriminatoria pode producir un conflito lingüístico. Para evitar que a lingua dominante se impoña definitivamente sobre a lingua autóctona, considerada inferior, é necesario que esta vaia recuperando os ámbitos de uso que tivo no pasado e que lle foron negados por mor de vicisitudes históricas. Este é o obxectivo do proceso denominado normalización lingüística

132
2

A normalización lingüistica

A normalización lingüística é o proceso que busca converter unha lingua minorizada en vehículo normal de comunicación dunha sociedade, é dicir, que sexa a lingua empregada de forma habitual en calquera contexto, lugar e situación, tanto no ámbito público como no privado: medios de comunicación, xustiza, ensino, relacións interpersoais…

Para que o proceso normalizador teña éxito, hai que actuar en dous ámbitos: recoñecemento social (superar os prexuízos infundados que rebaixan a lingua) e recoñecemento oficial (contar cunha lexislación que adopte medidas de fomento e protección da lingua, como as que vimos na unidade anterior).

ACTIVIDADES

1 Analizade a utilización das linguas galega e castelá na vosa contorna.

• Úsanse as dúas nas mesmas situacións? Ou a cada unha adxudícaselle unha función diferente?

• En que ámbitos credes que predomina unha ou outra?

2 A música e o cinema contribúen de maneira evidente á normalización da lingua.

• Cantos grupos musicais que teñen o galego como lingua coñecedes? E intérpretes?

• Cantas películas de cine galego podes citar? E directores e directoras?

• Consulta a campaña da Mesa pola Normalización Lingüística «Netflix en galego». Cal é o seu obxectivo?

3 As novas tecnoloxías dixitais contribúen á difusión da nosa lingua no ciberespazo. YouTube, Tik-Tok, Instagram, Twitch, Twitter, Discord ou Podcast contan con comunidades que crean contido dixital en galego e desenvolven un papel activo na normalización do idioma.

• Consultade a conta Instaengalego. Que reclama?

– Localizade publicacións que conteñan algún slogan animando a empregar o galego.

• Buscade información sobre a campaña «Conquistemos TikTok» na etiqueta @tiktokengalego.

– Escoitade o vídeo que explica a súa demanda. De que se trata?

4 Analiza as ideas expostas neste artigo de opinión

En moitas entrevistas, cóntanos Craig Patterson o abraio que lles causa a algúns paisanos nosos oílo falando en galego, sendo, incluso, relativamente habitual que lle pregunten por que o fala. A causa da sorpresa está, sen dúbida, na súa evidente condición de estranxeiro, sinalada polo seu físico e o seu acento, inequivocamente británicos.

En realidade, coma case sempre, o máis interesante é a resposta que Patterson lle dá a esa cuestión que tantas veces lle formulan: el, con ese acento tan identificativo dos que teñen o inglés como primeira lingua cando falan outras, responde con outra pregunta: «E ti por que non o fas?»

E esa breve resposta, tan aparentemente inxenua, encerra un tesouro sociolingüístico.

O galego precisa dos neofalantes, xa sexa porque veñen de fóra e adoptan o idioma propio do territorio que os acolle ou porque, por diversas circunstancias, no pasado adoptaron o castelán. Quen chega ao galego, sexa desde o castelán ou, coma Patterson, desde o inglés, necesariamente terá a súa pegada propia. Mais a competencia lingüística adquírese co uso. Hai que primar a eficacia comunicativa e abandonar a procura dunha suposta perfección que non leva a ningures. Co emprego, virá a habelencia; coa lectura e a fala, chegará o momento en que tamén a eses falantes lles renxan os tempos compostos ou os pronomes mal colocados. As linguas son entes vivos que se fan en cada falante. O galego ten polo mundo unha rede espallada de lectorados. En Gales, en Bangor, en Oxford, en New York, en Kiel, Berlín ou Salamanca, hai xente que estuda o noso idioma e o fala co seu propio acento.

Falar galego, como decisión, é un acto de amor, e aos actos de amor non se lles pide perfección, son fermosos de seu.

U 4 133
La Voz de Galicia (11/12/2022)
Falar galego cando non se sabe ben
María López Sández

Literatura Narrativa 19361975

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia créase en Vigo en 1950 e convértese no referente principal da recuperación da cultura galega. A editorial estréase coa publicación dunha obra de Ramón Cabanillas: Antífona da cantiga.

Situación da narrativa galega entre 1936-1975

Como vimos na unidade anterior, a literatura galega experimenta unha creba co inicio da Guerra Civil. Pecháronse editoriais, revistas e xornais e paralizouse a edición e difusión de textos na nosa lingua. Moitos escritores víronse obrigados a marchar ao exilio, principalmente a Arxentina, Uruguai e México.

No exilio americano publican as súas obras narrativas Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago ou Antón Alonso Ríos, entre outros. Os temas principais son: a evocación da infancia e adolescencia, a vivencia persoal da guerra, as consecuencias do conflito bélico, a diáspora...

A partir dos anos 50 en Galicia recupérase paulatinamente a produción literaria na nosa lingua, grazas sobre todo á editorial Galaxia. Centrándonos no xénero narrativo, os escritores máis significativos deste período son Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole, cuxas producións literarias continuarán nas décadas seguintes.

Nos anos 60 comezan a súa produción narrativa Xosé Neira Vilas e Xohana Torres. Ademais, aparece unha nova xeración que se denomina “Nova Narrativa Galega” e que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas. Intégrana escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Mª Xosé Queizán, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xohán Casal, Carlos Casares...

A partir dos anos 70 danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Paco Marín, Xosé Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá…, que irán consolidando a importancia da narrativa galega.

3
134

Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 – Vigo, 1979)

A obra de Eduardo Blanco Amor abrangue todos os xéneros: foi poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. Comeza nos anos de preguerra escribindo poesía de carácter vangardista –Romances galegos (1928), Poema en catro tempos (1931)– e a partir dos anos cincuenta publica as súas grandes obras narrativas e teatrais.

narrativa Poesía Teatro

A esmorga (1959)

Os biosbardos (1962) Xente ao lonxe (1972)

Narrativa

Romances galegos (1928) Poema en catro tempos (1931)

Cancioneiro (1956)

Farsas para títeres (1973) Teatro pra a xente (1974) Proceso en Jacobusland (1980)

As tres obras principais de narrativa de Blanco Amor comparten varias características principais:

• A mesma localización espacial: Auria (ou A.), que é a figuración literaria da cidade de Ourense.

• Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século xx

• Protagonismo infantil e xuvenil (excepto A esmorga).

• Preferencia por un narrador en 1ª persoa.

• Emprego de formas populares da fala.

• Interese, reiterado nos prólogos das obras, por facer literatura realista.

A esmorga desenvolve unha historia tráxica que transcorre por diversos escenarios do ambiente urbano ou suburbial de Auria (Ourense). Estrutúrase en tres partes:

• Na 1ª parte —«Documentación»—, un narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a historia que a continuación se presenta.

• A 2ª parte conta a historia en si a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán o Castizo ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúense as vinte e catro horas de esmorga dos tres personaxes: O Bocas, o Milhomes e o Castizo. Tras o remate tráxico da mesma, Cibrán, único supervivente e por isto tamén único acusado, narra a súa versión dos sucesos acaecidos, o itinerario seguido e as circunstancias da morte dos seus compañeiros.

• Na 3ª parte reaparece o autor-narrador para dar conta da morte do principal personaxe, deixándonos na dúbida acerca das verdadeiras causas.

Os biosbardos reúne un conxunto de sete relatos breves protagonizados por rapaces de Auria que contan as súas experiencias persoais e informan acerca dos modos de vida daquel tempo (alimentación, vivenda, xogos, diferenzas sociais...).

Xente ao lonxe é unha novela longa que conta a historia dunha familia obreira e de esquerdas en A. (Auria) do primeiro terzo do século xx. O protagonista principal é un neno chamado Suso que narra a súa vivencia persoal e a súa evolución desde a infancia á mocidade. Asemade, tamén ofrece unha crónica da sociedade ourensá e dos principais acontecementos históricos da España daquel tempo.

U 4 135
Narrativa Poesía Teatro

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981)

Álvaro Cunqueiro é un dos máis importantes escritores da nosa literatura, autor dunha extensa obra poética, narrativa e teatral. Foi tamén articulista en xornais e revistas e publicou varias obras de ensaio.

Narrativa Poesía Teatro

Novelas Relatos

Merlín e familia (1955)

As crónicas do sochantre (1956)

Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961)

Novelas

Escola de menciñeiros (1960)

Xente de aquí e de acolá (1971)

Os outros feirantes (1979)

Cantiga nova que se chama ribeira (1933)

Dona do corpo delgado (1950)

Herba aquí e acolá (1980)

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1598)

A noite vai coma un río (1960)

Merlín e familia. Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoo a un tempo presente e a un escenario galego: o Pazo de Miranda, en terras luguesas. O narrador é Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que na súa vellez lembra a súa infancia a carón do mago e conta diversos sucesos alí acontecidos. O libro reúne unha sucesión de historias independentes. As crónicas do sochantre. A acción sitúase na Bretaña francesa e está protagonizada por un músico que se dirixe a tocar nun enterro e é recollido por unha carroza na que viaxan varios defuntos. Durante anos percorrerá con eles o país e irá escoitando historias das súas vidas pasadas.

Se o vello Sinbad volvese ás illas. Inspírase nos relatos d’As mil e unha noites. Recupera o personaxe do vello mariñeiro, agora xa retirado, que soña con regresar ao mar e levar a cabo novas viaxes aventureiras.

Libros de relatos

Os tres libros de relatos breves (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos de personaxes populares vinculados coa tradición oral nos que, mediante o humor e a fantasía, presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias do seu vivir.

Literatura Narrativa 1936-1975 3 136
Novelas Narrativa Poesía Teatro Relatos

Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986)

Ánxel Fole foi un mestre do relato curto. A súa obra narrativa está formada principalmente por catro libros de contos.

Narrativa Teatro

Á lus do candil (1953)

Terra brava (1955)

Contos da néboa (1973)

Historias que ninguén cre (1981)

Narrativa

Pauto do demo (1958)

Os dous primeiros libros de contos (Á lus do candil e Terra brava) están ambientados na Galicia rural da alta montaña luguesa, concretamente nas terras de Quiroga, do Courel e do Incio. Neles reflicte os modos de vida da Galicia de mediados do século xx e ofrece abundante información acerca do mundo rural: a paisaxe, a economía, os labores agrícolas, a alimentación, a vivenda, as crenzas populares e as lendas tradicionais (Santa Compaña, os tesouros agochados...). É dicir, a cultura material e a cultura espiritual destes espazos xeográficos. O seu obxectivo é dar a coñecer a que el chama a «Galicia máxica e misteriosa».

Os dous últimos libros (Contos da néboa e Historias que ninguén cre) comparten unha ambientación urbana: sitúanse na cidade de Lugo e nas vilas próximas, e continúan cos temas de medo, misterio e experiencias paranormais dos libros anteriores.

A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral: fórmulas introdutorias, remate sentencioso, apelacións ao oínte..., de aí que os seus relatos produzan unha sensación de oralidade. Ademais, recorre tamén á técnica do conto enmarcado, ou conto dentro do conto, ao presentar uns personaxes que se xuntan para contarse historias.

Fole reproduce nas súas obras a lingua falada nas zonas luguesas nas que estas se sitúan. A súa pretensión é recoller a expresividade e riqueza da lingua viva, tamén as peculiaridades dialectais; obxectivo expresado nesta breve frase: «Galego falado, aínda que sexa escrito».

U 4 137
Narrativa Teatro

Narrativa 1936-1975

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015)

Neira Vilas é autor dunha amplísima obra literaria, na que se inclúen narrativa, poesía e ensaio. Na súa narrativa diferenciamos: novelas e relatos.

Novelas Relatos

Memorias dun neno labrego (1961)

Cartas a Lelo (1971)

Aqueles anos do Moncho (1977)

Camiño bretemoso (1967)

Remuíño de sombras (1973)

Querido Tomás (1980)

Tempo novo (1987)

Esperando o leiteiro (2012)

Romaría de historias (2015)

Xente no rodicio (1965)

Historias de emigrantes (1968)

A muller de ferro (1969)

Relatos mariñeiros (2003)

As súas obras narrativas podemos clasificalas desde dous puntos de vista:

• Segundo o espazo no que se sitúan as historias: Galicia / América.

• Segundo o protagonista que as representa: infantil / adulto.

Temas da narrativa de Neira Vilas

A Galicia rural

Retrato da Galicia campesiña da posguerra, caracterizada pola miseria, os prexuízos, a dominación política e relixiosa...

A emigración galega

Presenta a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación ao mundo urbano, o illamento, a saudade...

Memorias dun neno labrego é unha das novelas de maior éxito da nosa literatura e foi traducida a varios idiomas. Conta desde a óptica do neno protagonista –Balbino– a vida dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia e presenta as súas inquedanzas e frustracións.

Ten en conta

Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho integran o denominado «Ciclo do Neno».

É tamén autor de obras nas que fai un percorrido pola súa propia vida, a modo de memorias persoais: Lar (1974), Pan (1980) e Nai (1991).

Neira Vilas é ademais un dos primeiros autores de literatura infantil, con obras narrativas como Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela taravela, e poéticas: Cantarolas, etc.

Tamén escribiu varios libros como investigador nos que analiza a contribución dos emigrantes galegos a América: Galegos no golfo de México, Castelao en Cuba, Guerrilleiros

Na obra de Neira Vilas destaca a variedade de técnicas narrativas empregadas e a riqueza e calidade do seu léxico.

Literatura
3 138
A emigración galega
Novelas Relatos A Galicia rural Temas da narrativa de Neira Vilas

Roque das Goás

Isto aconteceu aló polos anos dez, cando se fixo famoso Vedrines, voando o Paso de Calais. Roque das Goás púxose a inventar unha máquina voadora. A máquina saíalle perfecta na mente, e poñíase a debuxala e na máquina poñía cinco asentos, para el, a muller e os tres fillos do matrimonio. E antes de pórse a fabricala, xa andaba polos montes veciños buscando o lugar desde onde se tiraría en voo sobre Ulloa, vendo acolá embaixo a Melide, a Palas de Rei, o castelo de Pambre, denantes de virar para pousarse en Santiago de Compostela. Roque fixo unha viaxe a Santiago para saber ónde era mellor que se pousase, e pareceulle moi apropiada a praza do Obradoiro. Non comentaba con ninguén o choio da máquina voadora, nin coa muller. Cando mellor lle saía a máquina era polas mañanciñas, antes de erguerse, aínda medio durmido. Entón todas as pezas encaixaban, machiembradas*, pero xa esperto e almorzado, decatábase de que esquecía algo. Se puidese debuxar a máquina namentres durmía! Non habería algún método? Roque non daba se o choio era de consulta de médico ou de avogado. Como non daba coa máquina perfecta máis que en soños, non se poñía a fabricala. Tiña abandonada a labranza e maila carpintería, na que era moi apreciado, especialmente para carros de país e grades, e sempre que podía ía tombarse ao pé dunha árbore calquera, inventando a ditosa máquina, voando sobre a Coruña, e saudando ao señor Viturro ao pasar por derriba do Cantón Grande. Tanto o satisfacían os seus ensoños, que chegou a pensar que mellor que voar era soñar que voaba, e quizais non merecera a pena o fabricar a máquina voadora. Pero, como ían saber os veciños que voaba? Como ían gozar voando a súa muller e mailos seus fillos? Ninguén o aplaudiría nunha calquera das súas aterraxes soñadas!

Cheo de dúbidas, Roque seguía tombándose a imaxinar voos. Un serán de verán, namentres toda a familia estaba na sega do centeo, Roque botou unha sesta á sombra dun castiñeiro. E espertouno un que dou cun zoco seu contra un zoco de Roque. Era un fato1 de preto de Ribadiso, que saía a gañar uns reás axudando nas segas e nas mallas, pero se non había merenda con bacallau ía ofrecerse a outro lugar. Era alto e gordo, mofletudo2 e desdentado, e chamábase Pastor.

—Déixame en paz, Pastoriño!

Pastor ollaba para el fixamente, e ao fin falou:

—Moito se viaxa, Roquiño!

Roque mirou moi sorprendido ao fato Pastor, porque en verdade estaba que voaba con toda a familia aos baños de mar. Pastor ollaba tan fixamente a Roque aos ollos, que parecía que o estaba hipnotizando. Ao fin, o fato pegou un grande salto, brincou deica a copa do castiñeiro primeiro, e despois ao outro lado do camiño, e botou a correr cara a Palas. Ría ás gargalladas.

E Roque confesoulle á muller que desde aquel día nunca máis puido soñar que voaba. Volveu ao traballo. Non podía soñar que voaba porque agora decatábase que o fato Pastor lle roubara pola mirada os planos da máquina. Senón, como ía ter brincado ata o alto do castiñeiro, e desde alí ao outro lado do camiño, que estaba a cen metros? A Roque, lembrándose das súas aterraxes, entrábanlle ganas de aplaudir a Pastor.

Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes

• Caracteriza o personaxe protagonista do relato.

• Entre a historia de Roque das Goás intercálanse elementos de carácter realista que caracterizan o mundo do personaxe e dan verosimilitude ao relato. Cales?

• Procura o capítulo da serie da TVG Os outros feirantes baseado neste relato.

1fato: que ten pouca intelixencia, parvo.

2mofletudo: fazuleiro.

139 Antoloxía U 4
5 10 15 20 25 30 35 40

As meigas atinan sempre

Eu ía de Savane para Vigo cun camión de madeira. Eran vigues* de concheiro e de castiñeiro bravo das devesas de eiquí*, do Caurel. [...] O camión guiábao David. Xantaramos en San Martín de Queiroga en cas* do Vicente da Toca. Todo o viño que beberamos saíanos en grosas pingueiras polo sarnizo1 abaixo... [...] Ao chegar a unha aldea da orela do río, unha muller que levaba, para se gorecer do sol, un paraugas aberto, atravesou a estrada. [...] E dixo o David:

—Velaí a meiga de Torgán, que tanta sona ten en toda a comarca. Escoita iste* conto...

En Torgán viviu moitos anos o meu curmán Valerio, inantes* de se ir para as Américas. Alí casou con Varisa, unha rapaza moi xeitosiña por certo. Unha vez roubáronlle tres pitas, e foise cabo da meiga, para que lle dixera quen fora o raspiñeiro.

A meiga faloulle diste* xeito:

—Ben o debías saber ti, pois vivides porta con porta.

Entón dixo a Varisa:

—Así me leve o demo se non foi a Sabela.

—A mesma —respondeu a meiga—. Vaite para o sábado á feira de San Clodio, e alí verás as túas pitas.[...]

Foise a Varisa á feira e alí viu á Sabela, que tiña as tres pitas roubadas metidas nun queipiño de bravádegos2. [...]

—Fora o que fora, a Varisa prometéralle á meiga un cabuxo que tiña. Mais despois pensouno mellor, e como o cabrito valía máis que as tres pitas, inanque* todas tres foran moi poñedoras, tan só lle deu unha ducia de ovos.

Pois ben, unha vez que estaba a Varisa cosendo na solaina da súa casa, pasou por alí a meiga e berroulle:

—Non me quixeches dar o cabuxiño?... ¡Pois hancho de comer os lobos!

E despois papexou unhas falas e fixo us* xogos coas maos*.

A Varisa estaba sola* na casa. Seu home e seu fillo, Farruquiño, un rapacete de dez anos, saíran pola mañá cedo co carro a rozar monte. Levaran carabela para todo o día.

Colleu o cabrito e levouno a cas* dun veciño que estaba cocendo o pan. Pregoulle que llo matara e que llo deixase asar no forno. Despois de feito isto, levouno para a casa para que non se derramara, [...] Pechou a casa e foise gadañar o outono. [...] Habería cousa máis graciosa que rirse dunha meiga? Inantes* que o paparan os lobos, paparíano iles*. [...]

Pola tardiña baixa volveron do monte o Valeiro e o seu fillo. [...] Ó pasar ao pé dunha xesteira, o pequeno oíu garniar3. Meteuse entre as xestas, e pouco despois saía de alí con dous lobetos pequechiños. Díxolle ao pai que llos deixara levar á casa e crialos. Cousas de nenos... Hei de advertir que o neno fora criado con moito meco, por ser fillo único. O pai, despois de moitas voltas, dixo que si. [...] Chegaron á casa entre lusque e fusque, como se di por eiquí*. Namentres o pai desxunguía os bois, o pequerrecho [...] abriu a porta e botoulles leite ós dous lobetos nunha fonte de barro. Non sei se a lapexaron ou non. Despois foi cabo do pai, a axudarlle a descargar o carro.

Logo volveu a Varisa do prado. [...] Na mesma soleira da porta da cociña estaban os dous lobetos, loitando a dentadas por quen se levaría o cabrito, xa esganifado4, que sacaran da artesa. Á Varisa, case que lle deu un súpeto. Entre prantos e salaios contoulle a seu home todo o que lle pasara coa meiga.[...]

E para rematar iste* conto:

As meigas atinan sempre....

Ánxel Fole, Á lus do candil

*Palabras non normativas.

1Sarnizo: espiñazo.

2Queipiño de bravádegos: cesto pequeno e cadrado feito de varas de castiñeiro novo.

3Garniar: chorar os nenos.

4Esganifado: esnaquizado, desfeito.

• O relato semella un conto contado. Que elementos propios do conto popular de tradición oral contén?

• Este relato proporciona información acerca do mundo rural galego: os modos de vida, as crenzas e supersticións. Busca exemplos.

• Analiza o espazo e o tempo.

Antoloxía 140
5 10 15 20 25 30 35 40 45

Eu son... Balbino, un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.

No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amence xa me doen o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos1

No inverno, frío. Ganas de estar arreo ao pé do lume. Muíños apeados. Faladurías2 de neve e lobos. Os brazos son coma espeteiras para colgar farrapos. Murnas, feridas, dedos sen tentos.

Que saben disto os nenos da vila!

Eles ignoran o que eu penso mentres boto ao corpo un gurrucho de caldo con boroa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia unha pantasma bretemosa en cada árbore.

A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre «cando está de Deus», como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos.

Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois durmo como unha pedra. Cousas miñas!

Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego

• Analiza o narrador do texto.

• Balbino detalla as duras condicións da vida dos nenos do mundo rural nos anos corenta do pasado século. Busca exemplos.

1moxardo: moscardo, tabán. 2faladurías: castelanismo por lerias.

U 4 141
5 10 15 20

—Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están eí* nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como eiquí* nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, porque Xan e Aladio* poden ser calisquera*, pero o Bocas e o Milhomes só poden ser os que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chaman Cibrán ou o Castizo, como vostede guste, pois o meu pai tiña un castizo para servire* porcas, con licencia...* Anque tamén me chaman o Tiñica e o Puchapodre, porque de rapaz tiven a tiña, que me durou ata mozo, e andaba coa gorra moi apegada*...

—Non señor, non; só é para írmonos entendendo, porque xa me vou deprocatando* que vostede non é deiquí*...

—Non, señor, non; non é que me importe senón para que me entenda, pois tamén lle tivemos un capataz, que era das partes dos murcios, que aínda falándolle na súa fala non nos entendiamos... Pois indo ao asunto, eran Xanciño o Bocas, ou o Alifante ou o Peitodemacho, e mais Aladio o Milhomes, ou o Papaganduxos, ou o Setesaias, ou o Maricallas, tamén como a vostede lle pete, que eiquí* todos temos onde escoller... Conque arrodeáronme* rindo e zapicándome nas encostas, e o Milhomes beliscándome na entreperna, como tiña por fodido costume, e querendo botarme a manta por enriba. Deixáraos na taberna do Narizán, había dous días, que era sábado, no comezo dunha daquelas esmorgas que os fixeran tan sonados entre todos os esmorgantes de Auria e dos arredores, nas que se metían e non saían até quedar guindados por eí*, case decote nun calexón ou nun carreiro das aforas de onde os apañaban os veciños ou os municipais para botalos á perrera* ata que se lles fose a rolla, ou ata que os irmaos* fosen pedir por eles, pois os irmaos* de entrambos a dous son homes traballadores e de bo siso, que ata lacha lles daba teren tales perdidos na familia, que non fallan desgracias* entre a mellor xente... E isto non é acaloñar aos meus amigos nin apoñerlles ren que non saiba todo o mundo, coma quen di.

—Si señor. Para que o hei negar? Tamén eu me metía nesas algunha que outra vece*. Pero esta non foi eisí*. Non foi, porque desde o comezo da outra semana, así Deus me dea como tiña mentes de facer as paces coa miña... bueno*, coa Raxada, e darlle o xornal cada sábado para non andar caíndo* en tentaciós*. A verdade é a verdade. Se cadra, eu non son mellor nin pior* ca iles*, pero niste* caso eu tiña mentes de ser deica diante doutro xeito, que vén sere* o mesmo... Conque pilláronme polas maos* e fixéronme dar voltas coiles*, e fixéronme rir, e roldabamos todos tres a rir, e da gargallada dos tres saía a voce* do Milhomes que cando ri somella unha galiña, que por iso non me gusta rir coil* onde hai xente, porque chama moito a atención. E moitas veces, cando andabamos por eí* co dálle que tienes, dunha taberna noutra, eu non ría para que il* non ceibase aquel cacarexo de madamita que todos ollaban para onde saía e coñeábanse de nós.

Comentario de texto 142
5 10 15 20 25
Eduardo Blanco Amor, A esmorga * Palabras non normativas. Vulgarismos e dialectalismos principalmente.

ACTIVIDADES

1 Este fragmento sitúase no capítulo I, no momento en que se reúnen os tres esmorgantes e inician o seu percorrido conxunto pola cidade. Cal é a idea principal?

2 Cibrán comeza o relato da esmorga indicando o momento no que se encontran, o lugar de onde veñen e a onde se dirixen.

• Localiza e explica eses datos.

3 Completa o cadro con todos os nomes e alcumes e analiza a información que proporcionan.

Eladio Vilarchao

Cipriano Canedo

4 A esmorga ten unha estrutura dialogada posto que reproduce o interrogatorio ao que é sometido Cibrán polo xuíz.

• En que lingua ou linguas se expresan os dous personaxes?

• Por que razón só se recollen as palabras de Cibrán? Cal é a razón do silencio do xuíz?

5 Cibrán esfórzase en diferenciarse dos compañeiros de esmorga para que o xuíz teña claro que non é coma eles.

• Con que cualificativos os define?

• Cal é a resposta do xuíz?

6 No texto hai unha referencia temporal que nos permite coñecer o día da semana no que transcorren os feitos relatados. Cal?

7 Blanco Amor pretendeu reflectir nas súas obras o galego falado e convertelo en lingua literaria. Ademais, quixo recrear o nivel de lingua e o rexistro no que o personaxe protagonista se expresaría.

• Identifica os trazos da lingua de Cibrán.

8 Localizade o vídeo da representación d’A esmorga por Sarabela Teatro en 2009.

9 Procurade o podcast 2 de «NALINGUA. Lecturas dun neofalante», dedicado a A esmorga. Poderedes escoitar un fragmento da novela, así como unha análise da mesma.

10 Consultade na páxina de Vinte (https://vinte.praza.gal) o artigo «Nalingua. A cidade de Ourense que nos deixou A esmorga» (15/4/2020) e percorrede a cidade das Burgas seguindo os pasos de Cibrán, o Bocas e o Milhomes.

11 Consultade na web da película A esmorga, (Ignacio Vilar, 2014), información sobre o equipo técnico, os protagonistas e os personaxes.

• Visualizade o tráiler.

U 4 143
Nome oficial Nome familiar Alcumes

Creamos fotonovelas

Existen diversos modos de contar unha historia: mediante texto literario (novelas e contos), combinando imaxes en movemento e sons (cine), con debuxos e pequenos diálogos (banda deseñada) ou mediante a unión de fotografías e textos. Neste último caso, o resultado é unha fotonovela.

De igual maneira que a banda deseñada, a fotonovela narra unha historia a través da sucesión de imaxes fixas, os fotogramas, combinando linguaxe visual e verbal, mediante textos en globos ou en cartelas que enlazan a historia e orientan o lector.

Fases na elaboración:

1. Elixir o tema. Inventar o título. Detallar o argumento e a estrutura temática (comezo, nó e desenlace).

2. Decidir o número de personaxes, o escenario e o vestiario.

3. Escribir a idea orixinal en forma de relato. (Guión literario).

4. Escribir o guión técnico, organizando os fotogramas e especificando os aspectos de cada un (encadre, plano…).

5. Crear o storyboard ou boceto gráfico para visualizar cal será o resultado final e realizar as correccións ou melloras necesarias. Decidir o número de páxinas.

6. Tomar as fotografías nos escenarios e decorados elixidos.

7. Maquetar a fotonovela con todas as fotos segundo a secuenciación adecuada. Cómpre decidir previamente a forma de difusión: revista, mural, flash... Convén combinar fotogramas de distinto tamaño e formato para romper a monotonía na composición da páxina.

8. Inserir os diálogos e textos de apoio.

9. Crear unha portada co título e o nome dos autores e autoras.

Obradoiro literario
144

Poñémonos mans á obra

Para realizar a fotonovela só precisades unha cámara dixital e algún programa informático, como Word, Power Point, Writer... Se optades por utilizalos, colocaredes as fotografías no documento e usaredes as autoformas para engadir os globos de texto. Tamén escolleredes o tipo, cor e tamaño de fonte, a cor de fondo de páxina, etc.

Existen tamén programas que nos facilitan a tarefa de maquetación. Un exemplo é Comic Life co que podemos crear cómics ou fotonovelas. Hai programas profesionais de edición (Studio, Adobe Premier, InDesign...) que requiren unha aprendizaxe previa. O importante é que con estas ferramentas podemos crear interesantes e orixinais textos narrativos.

1 Buscade no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) as fotonovelas «O cabalo e a camelia» e «Piamontino», elaboradas polo alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago.

1 En grupos, elaborade unha fotonovela a partir das indicacións apuntadas.

• Podedes partir dun texto literario ou, o que é máis interesante, crear a vosa propia historia.

• Podedes tamén inspirarvos nunha lenda, nunha noticia do xornal, nunha canción, etc.

2 Convertede a vosa fotonovela nun arquivo dixital e compartídeo.

U 4 145

O Culturgal celebra a súa última xornada no Pazo da Cultura de Pontevedra

O público familiar e infantil protagonizou as actividades da mañá do domingo.

Un dos retos deste ano foi mellorar a oferta dirixida a entidades e profesionais.

O público familiar e infantil, un dos máis fieis do Culturgal, protagonizou as actividades da mañá do domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.

«Para nós sempre é un día gardado na axenda para vir aquí», di un asistente.

No Culturgal hai espazo para todas as manifestacións da cultura. Artistas, galerías e público teñen o seu punto de encontro no «Espazo Arte», onde o artista Pedro Figueiredo creaba esta obra en directo.

«Permite ter unha visión máis desde dentro do proceso creativo, porque a maior parte das veces vemos a obra, o resultado final, pero non sabemos como se realizou esa obra», explica Elena Bangueses, coordinadora do Espazo Arte.

A danza incorporouse por vez primeira á programación deste ano. E non faltaron, como é costume, as últimas novidades da literatura galega. […]

Un dos retos deste ano foi mellorar a oferta dirixida a entidades e profesionais da cultura, un sector que representa o 3 % do produto interior bruto galego e do que viven máis de 35.000 persoas.

«Que os profesionais sintan que o Culturgal é un sitio onde teñen que estar para encontrarse, para falar, para xerar novos proxectos e para que teñan capacidade de negocio», comenta Eva Alonso, directora de Culturgal.

Con esta edición, o Culturgal cumpre 15 anos sendo o grande escaparate do sector cultural galego.

146 Para terminar
27/11/2022. 14:45 www.g24.gal
G24.gal

1 O texto combina a información sobre as actividades desenvolvidas coas opinións de varias persoas. Diferencia os contidos e tamén os elementos tipográficos que os identifican.

2 Localiza no texto as disciplinas artísticas presentes neste «grande escaparate do sector cultural galego».

• Que novidades ten a programación desta edición?

3 A feira vai dirixida a distintos colectivos profesionais e sociais. Cales?

4 Que obxectivos procura en relación cos profesionais da cultura?

5 Localiza palabras do campo semántico das manifestacións culturais.

6 Elabora un texto, a modo de informe, que recolla a valoración global da Feira.

7 Entra na páxina www.culturgal.com e consulta o programa e os expositores da última edición.

8 Xustifica a colocación do pronome átono: «[...] non sabemos como se realizou esa obra».

9 Analiza sintacticamente: A danza incorporouse por vez primeira á programación deste ano.

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

REFLEXIONA E VALORA

Reflexiona sobre as actividades da situación de aprendizaxe vinculadas a esta unidade.

Aspectos para analizar ✔ Ao falar sobre os roteiros literarios, que lugares vinculados a textos literarios es quen de recordar?

Son espazos reais ou ficticios? Urbanos ou naturais?

Que outras obras de arte (cine, fotografía, pintura) vinculadas a Londres, París, A Coruña ou Vigo coñeces?

Sabías da importancia de Londres como cidade literaria e dos roteiros literarios que se desenvolven nas súas rúas?

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS

Realiza a autoavaliación competencial incluida en anayaeducacion.es

147 U 4

GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.