Operación Mundo: Xeografía e Historia 3 ESO Galicia (muestra)

Page 1

ESO
Operaciónmundo
INCLÚE PROXECTO
Galici a DEMO
M.Burgos, M. C. Muñoz-Delgado
3 XEOGRAFÍA E HISTORIA
LICENZA 12 MESES
DIXITAL

Índice Os saberes básicos do curso

Destrezas

Comúns: A busca de información en prensa e Internet; A realización e exposición dun traballo; O debate na aula.

Xeográficas: Os datos estatísticos; As imaxes e os textos xeográficos; O traballo con mapas. Os mapas temáticos.

Históricas: A investigación histórica; Os traballos de historia; As causas e as consecuencias.

1 As actividades económicas e os espazos xeográficos

1. A actividade económica. Compoñentes e sectores

2. Os axentes económicos e as súas relacións

3. Factores de produción (I). Recursos, capital e tecnoloxía

4. Factores de produción (II). O traballo

5. Os sistemas económicos

28

6. Tendencias económicas actuais (I). Ideoloxías e problemas

7. Tendencias económicas actuais (II).

A globalización económica

Informe gráfico. As multinacionais e a globalización

8. As áreas xeoeconómicas mundiais

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Anna Jacobson e Proxecto PrestAD

2 O sector primario.

Os espazos agrarios

1. Os espazos agrarios

2. A actividade agraria. Os factores físicos

3. A actividade agraria. Os factores humanos

4. A paisaxe agraria e os seus elementos

5. A agricultura. Diversidade e tipos

6. A agricultura. Sistemas agrarios tradicionais

7. A agricultura. Sistemas agrarios avanzados

8. A gandería. Formas de explotación e modelos

9. A explotación forestal

10. A pesca. A utilización do mar

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Veridiana Victoria Rossetti e Afammer

3 O sector secundario.

Os espazos industriais 74

1. O sector secundario

2. Bases da actividade industrial (I). As materias primas

3. Bases da actividade industrial (II). As enerxías tradicionais

4. Bases da actividade industrial (III). As enerxías alternativas

5. A enerxía no mundo. O aforro enerxético

Informe gráfico. A tecnoloxía e os novos aproveitamentos e materiais

6. Evolución da industria e das súas paisaxes (I)

7. Evolución da industria e das súas paisaxes (II)

8. Industria e globalización (I). Tipos e factores de localización

9. Industria e globalización (II). As áreas industriais do mundo

10. A industria do futuro: a industria 4.0

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Herta Marks Ayrton e Inna Braverman

4 O sector terciario.

Os espazos e as actividades 100

1. Os espazos terciarios

2. O transporte (I). Redes e situación actual

3. O transporte (II). Os sistemas de transportes

Informe gráfico. As últimas tendencias do transporte

4. O turismo (I). Modalidades e espazos turísticos

5. O turismo (II). Efectos e políticas turísticas

6. As actividades comerciais

7. O comercio interior

8. O comercio exterior

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Mary Anderson e Susan Newbon

Anexos

Vocabulario; Aplica as competencias; Datos básicos

Destrezas: Comúns, xeográficas e históricas

5 A organización e as actividades económicas en Europa

1. A poboación activa

2. O sector primario

3. O sector secundario

4. O sector terciario

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Williamina Fleming e Samantha Cristoforetti

6 As actividades económicas en España e Galicia

1. O sector primario (I). As paisaxes agrarias

2. O sector primario (II). A actividade pesqueira

3. O sector secundario (I). A minería e a enerxía

4. O sector secundario (II). A industria e a súa localización

5. O sector terciario (I). O comercio e o transporte

6. O sector terciario (II). O turismo

Informe gráfico. O desenvolvemento sostible e as medidas de protección

7. O sector primario en Galicia

122

134

Comprar, usar, tirar. É sostible? 26
50

8. O sector secundario en Galicia

9. O sector terciario en Galicia

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Celia Rivas e Proxecto Aviadoras

Portafolio 158

Consumimos de forma responsable?

7 Os recursos naturais e os impactos medioambientais

1. O medio e os recursos naturais

2. O ser humano e o medio ambiente

Informe gráfico. O e-lixo, o lixo tecnolóxico

3. Os problemas do relevo e do solo

4. Os problemas da auga e da atmosfera

5. A deforestación e a perda de biodiversidade

6. Os problemas ambientais en España

7. Os espazos protexidos en Europa e España

8. Os espazos protexidos en Galicia

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Wangari Muta Maathai e Tania Mouraud

8 A organización política e territorial

1. A organización política mundial. Estados e fronteiras

2. Os sistemas políticos dos estados

3. A organización política de España

4. A organización territorial de España

5. A organización política e territorial de Galicia

6. A organización política e territorial da Unión Europea

7. As relacións internacionais. Diversidade e desigualdade

8. As relacións internacionais. Cooperación e integración

9. As relacións internacionais. Os conflitos bélicos

10. O papel de España no mundo

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Matilde Pérez Mollá e Jacinda Ardern

Anexos

Vocabulario; Aplica as competencias; Datos básicos

Destrezas: Comúns, xeográficas e históricas

9 As desigualdades

socioeconómicas

1. Como se miden as desigualdades?

Informe gráfico. Indicadores básicos de desenvolvemento humano

2. Os graos de desenvolvemento

3. As causas do desenvolvemento desigual

4. A evolución recente das desigualdades mundiais

5. As desigualdades socioeconómicas en Europa

6. As desigualdades sociais e rexionais en España

7. Os retos pendentes do desenvolvemento humano e as súas solucións (I)

8. Os retos pendentes do desenvolvemento humano e as súas solucións (II)

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Funmilayo Ransome-Kuti e City of Joy

160

162

A época da Ilustración

1. Antigo Réxime e Ilustración

2. Cambios políticos

3. Cambios económicos (I)

4. Cambios económicos (II)

Informe gráfico. A ruta da escravitude

5. Sociedade e vida cotiá

6. O século xviii en España (I). Os Borbóns

7. O século xviii en España (II). As reformas borbónicas

8. A cultura e a arte

9. Galicia no século xviii

Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Mary Wortley Montagu e Kizzmekia Corbett

184

11 A crise do An tigo Réxime

1. Os procesos revolucionarios

2. A Revolución dos Estados Unidos

3. A Revolución Francesa (1789-1799)

4. A evolución da Revolución Francesa Informe gráfico. A vida cotiá durante a revolución

5. A Europa napoleónica (1799-1814)

6. A crise política. Carlos IV e Francia revolucionaria

7. A guerra da Independencia e a revolución liberal (1808-1814)

258

8. Goya, un xenio entre dous séculos Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Anne Pauline Léon e Dialla Diarra

12 A Revolución Industrial

1. As bases da Revolución Industrial en Gran Bretaña (I)

2. As bases da Revolución Industrial en Gran Bretaña (II)

3. A mecanización da industria. A fábrica

4. A difusión da industrialización

208

280

5. As consecuencias económicas da Revolución Industrial

6. As consecuencias socias da Revolución Industrial Informe gráfico. As condicións do traballo asalariado Aplica, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Protagonistas: Victoire Léodile Béra e Cristina Morales

Portafolio 298

Anexos

Vocabulario; Aplica as competencias; Datos básicos

Portafolio 230 Goya no século xxi 232
O século xviii .
10
234

COMPRAR, USAR, TIRAR. É SOSTIBLE?

Os medios de comunicación nos últimos anos estannos informando sobre a crise climática e medioambiental que vive o noso planeta. As consecuencias actuais e futuras preocupan cada vez máis a pequenos e maiores.

Por iso, é importante valorar o impacto que os nosos hábitos de consumo teñen no medio ambiente, xa que a través deles podemos fomentar formas de produción que contribúen a aumentar os problemas medioambientais que nos afectan. Non debemos esquecer que os nosos hábitos de consumo son un elemento fundamental do desenvolvemento sostible que promove a ONU a través dos ODS, como o de produción e consumo responsables.

Imos levar a cabo unha serie de actividades que, ademais de analizar os contidos reflectidos nas distintas unidades do libro, permitiranvos coñecer a orixe dos produtos que consumides, o seu impacto no medio ambiente, as condicións nas que traballan as persoas que os elaboran etc.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Formamos grupos de traballo. Elementos da actividade económica

Creamos un ámbito de comunicación

Situámonos no ámbito no que vivimos

Unidade 1

Como se obteñen as materias primas para elaborar os produtos que consumimos? Existen métodos sostibles?

Unidade 2

Que minerais e fontes de enerxía necesitamos para obter os nosos produtos? Como impactan no medio ambiente?

Unidade 3

26

O DESAFÍO

É fundamental tomar conciencia de como funciona a economía a nivel mundial e como as nosas decisións e hábitos poden ter un impacto positivo ou negativo no medio ambiente.

Redactaredes un informe sobre a orixe dos produtos que consumides no día a día. Desta forma podedes reflexionar sobre as posibles implicacións dos vosos hábitos de consumo, propoñer que produtos e, polo tanto, que hábitos son os que menos prexudican o medio ambiente e promoven un desenvolvemento sostible.

PARA LEVAR A CABO ESTE DESAFÍO, APRENDERÁS A...

• Expresar feitos, conceptos, pensamentos, opinións ou sentimentos de forma oral ou escrita de xeito correcto e coherente, e participar en interaccións comunicativas con actitude cooperativa.

• Comprender, interpretar e valorar con actitude crítica textos orais, escritos e audiovisuais do ámbito persoal, social, educativo e profesional.

• Localizar, seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes avaliando a súa fiabilidade e pertinencia, evitando os riscos de manipulación e desinformación.

• Usar eficazmente unha ou máis linguas para responder ás súas necesidades comunicativas, de xeito apropiado e adaptado a diferentes situacións dos ámbitos persoal, social, educativo e profesional.

• Emprender accións fundamentadas cientificamente, conscientes e responsables para preservar a saúde e a integridade física e mental e aplicar principios de ética e seguridade na realización de proxectos para transformar o seu ámbito próximo de forma sostible, valorando o seu impacto global.

• Participar, colaborar e interactuar mediante ferramentas e/ou plataformas virtuais para comunicarse, traballar de xeito colaborativo e compartir contidos, datos e información.

Como transformamos as materias primas en produtos acabados?

Este proceso ten impacto no medio?

De que xeito chegan os produtos ata os consumidores e como podemos adquirilos?

Cales son as características dos tres sectores en Europa?

Cales son os trazos distintivos dos sectores económicos en España?

27
Unidade 4 Unidade 5 Unidade 6

1As actividades económicas e os espazos xeográficos

Nacín en Norwich, Inglaterra, en 1802 e ao longo da miña vida interesáronme a astronomía, a historia, a física e a economía entre outros temas. Son Harriet Martineau, escritora, socióloga e activista. En 1821 comecei a publicar artigos en diferentes xornais británicos para expoñer as miñas ideas sobre leis, dereitos e igualdade. Un dos temas aos que dediquei gran parte da miña produción literaria foi a economía. Na miña obra Ilustracións de Economía Política expoño, a través de diferentes textos novelados, os principais conceptos económicos, xa que unha das miñas preocupacións é que este coñecemento sexa accesible a todas as persoas. Ideas como o desenvolvemento tecnolóxico, a relación entre o avance económico e o desenvolvemento social ou a distribución da riqueza son frecuentes nos meus textos.

PREGUNTAS E RESPOSTAS

1 Cales son os compoñentes da actividade económica?

2 Busca información sobre as obras de Harriet Martineau e realiza unha breve biografía sobre esta autora.

Neles puiden explicar de forma sinxela o funcionamento da actividade económica a través dos seus compoñentes principais: a produción, a distribución e o consumo dos bens.

Para comprender mellor as actividades económicas e os espazos xeográficos, vas coñecer:

• A actividade económica: compoñentes e sectores.

• Os axentes económicos e as súas relacións.

• Os factores de produción: recursos, capital, tecnoloxía e traballo.

• Os sistemas económicos.

• As tendencias económicas actuais. Ideoloxías e problemas. A globalización económica.

• As áreas económicas mundiais.

3 Comprobamos. Resolve as cuestións formuladas en cada un dos apartados da páxina da dereita. Para iso, podes consultar a información contida na unidade.

28

Espazo

Que países son considerados economías emerxentes?

Indica en que países subsiste o sistema socialista na actualidade.

Tempo

Desde que década se xeneralizou o sistema capitalista?

Segundo o economista Nikolai Kondratiev, as crises económicas son cíclicas. Cada canto tempo se repetirían?

Conceptos

Define PIB, capital, poboación inactiva e economía planificada.

Indica o funcionamento dos sistemas económicos mixtos.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

FORMACIÓN DE GRUPOS DE TRABALLO. ELEMENTOS DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.1 Formamos grupos e cada equipo elixe un produto sobre o que vai desenvolver todo o seu traballo de investigación desde a orixe das materias primas ata o seu consumo final.

1.2 Reflexionamos sobre a necesidade de consumir que ten o ser humano.

1.3 Estableceremos, a través da investigación en Internet, os factores de produción (recursos naturais, traballo e capital) necesarios para a elaboración do noso produto.

CREAMOS UN ÁMBITO DE COMUNICACIÓN

2.1 Creamos unha canle de comunicación onde publicar os nosos informes e propostas de consumo. Documentámonos sobre o sitio e o modo onde crealo e desenvolvelo.

2.2 Debatemos e acordamos na aula todos os pormenores do sitio web que imos crear.

SITUÁMONOS NO ÁMBITO NO QUE VIVIMOS

3.1 Reflexionamos sobre a economía de mercado e a globalización no noso día a día.

Outra mirada

No apartado «Protagonistas» coñecerás a Anna Jacobson Schwartz, economista estadounidense que colaborou con Milton Friedman, cuxas ideas influíron notablemente na economía durante o século xx

Nomea as correntes ideolóxicas do capitalismo e os seus representantes.

3.2 Cada grupo ten que expoñer os aspectos positivos e negativos, razoados, da globalización así como os trazos principais do tipo de empresa que elabora o seu produto.

3.3 Investigamos sobre os materiais que compoñen o noso produto e se o acceso a estes materiais ocasionou conflitos polo seu control.

+ orientacións en anayaeducacion.es

29

A actividade económica. Compoñentes e sectores

1.1 A actividade económica

A actividade económica é o conxunto de tarefas realizadas polas persoas para obter bens cos que satisfacer as súas necesidades. Estes bens poden ser materiais, como alimentos, manufacturas e automóbiles; ou inmateriais, é dicir, servizos, como a educación e a sanidade.

1.2 Compoñentes da actividade económica

A actividade económica inclúe tres compoñentes básicos que permiten ás persoas satisfacer as súas necesidades: a produción, a distribución e o consumo de bens.

– A produción é o conxunto de bens proporcionados pola actividade económica.

– A distribución consiste no traslado da produción ata o consumidor e a súa venda no mercado ou lugar de encontro entre produtores e consumidores.

– O consumo é a utilización dos bens proporcionados pola produción.

1.3 Sectores da actividade económica

A actividade económica inclúe unha gran cantidade de actividades. De aí que adoiten agruparse en tres sectores económicos, ou conxunto de actividades que presentan certos trazos comúns:

– O sector primario inclúe as actividades dedicadas a extraer os recursos naturais destinados á produción, a distribución ou o consumo. Son a agricultura, a gandería, a explotación forestal e a pesca.

– O sector secundario inclúe as actividades dedicadas a transformar os recursos naturais proporcionados polo sector primario, como é o caso da industria e a construción.

– O sector terciario comprende as actividades que proporcionan servizos. Entre elas, o transporte, o turismo, o comercio, o ensino, a sanidade etc.

A importancia dos tres sectores económicos na ocupación e no PIB, ou conxunto da riqueza dos países, presenta grandes contrastes mundiais.

Os mercados

AVANZA EN COMPETENCIAS

Adquirir vocabulario

1 Define o concepto de actividade económica utilizando os seguintes termos: consumo, ben, produción e distribución.

No mercado véndense, cómpranse e cámbianse xénero, mercadorías e outros bens. Existen moitos tipos de mercado: de consumo, de accións, industrial, de materias primas, de servizos etc. Diferéncianse entre si polos produtos, os recursos e os clientes.

Os sectores económicos

Poboación ocupada. Banco Mundial PIB. Banco Mundial. Indicadores de desenvolvemento humano.

En xeral, o sector primario ten un elevado peso na ocupación e o PIB dos países menos desenvolvidos, e un peso reducido nas economías máis avanzadas.

O sector secundario é importante en moitos países de desenvolvemento emerxente.

O sector terciario predomina nos países máis desenvolvidos.

Utilizar concepto e datos

2 Observa a táboa e responde: De que nos informa? En que áreas teñen maior peso as actividades de cada sector económico?

30
1
América do Norte (2019) UE (2020) Asia oriental e Pacífico (2018) África Subsahariana (2020) Mundo (2019) Agricultura Ocupación 1 4 25 53 27 PIB 0,9 1,7 4,5 15,5 3,5 Industria Ocupación 20 25 26 11 23 PIB 18,2 21,9 33,4 27,8 24,8 Servizos Ocupación 79 71 49 36 50 PIB 80,9 76,4 62,2 56,7 71,7 Fonte:

Os compoñentes da actividade económica

Produción de bens

Obtéñense a través da

Actividade económica

Inclúe

Distribución de bens

Consumo

Distribúese en tres sectores económicos

Analizar a realidade económica

3 Fai unha listaxe de cinco bens que consumas. Que necesidade satisfai cada un deles?

Transferir información Preguntas provocadoras

4 Busca nun dicionario a definición de necesidade. Despois, contesta estas preguntas: a) Son todas as

necesidades humanas igual de importantes? Ilustra a túa resposta cun exemplo. b) Inflúe a publicidade nas necesidades humanas?

Interpretar imaxes

5 Redacta un texto utilizando a información proporcionada polo esquema visual da actividade económica.

31 U 1
Bens necesita O SER HUMANO
Alimento Roupa Vivenda Educación Sanidade Primario Secundario Terciario Materiais Servizos

Os axentes económicos e as súas relacións

Os axentes económicos son os suxeitos encargados de levar a cabo a actividade económica. Estes suxeitos son as empresas, as familias e o Estado. Relaciónanse entre si constituíndo un circuíto económico no que intercambian traballo, bens e servizos a cambio de pagamentos.

2.1 As empresas

As empresas son as unidades básicas de produción de bens económicos. A súa función é producir, distribuír e vender bens aos consumidores. O seu obxectivo é a obtención de beneficios económicos

Os tipos de empresas son moi variados. Adóitanse agrupar segundo:

– O tamaño. Distínguese entre pequenas, medianas e grandes empresas, segundo empreguen ata 50, ata 250, ou máis de 250 traballadores, respectivamente.

– A titularidade do capital. Permite distinguir entre empresas públicas, cando a xestión e o capital proceden do Estado; empresas privadas, cando están en mans de particulares; e empresas mixtas, de capital público e privado.

– A organización social. Diferencia entre empresas pertencentes a particulares e sociedades. Estas últimas responden a diversas formas: sociedades anónimas (S. A.), nas que o capital se divide en accións; sociedades limitadas (S. L.), onde o capital social é achegado por un limitado número de socios; e cooperativas, xestionadas colectivamente polos socios que achegan o capital.

No circuíto económico, as empresas venden os bens que producen ás familias e ao Estado. A cambio reciben ingresos, cos que pagan salarios ás familias polo seu traballo e impostos ao Estado.

2.2 As familias e o Estado

– As familias son as unidades básicas de consumo. A súa función é gastar na adquisición de bens co obxectivo de satisfacer as súas necesidades. No circuíto económico, venden o seu traballo ás empresas privadas e públicas no mercado de traballo. A cambio cobran un salario, co que pagan os bens que compran ás empresas e os impostos ao Estado.

– O Estado é, desde o punto de vista económico, unha unidade de produción e de consumo. As súas funcións son producir bens materiais e servizos públicos necesarios para toda a sociedade, a través das súas empresas, e consumir bens e servizos das empresas privadas. O obxectivo do Estado é conseguir o benestar social. No circuíto económico, o Estado proporciona ás empresas e ás familias bens e servizos (infraestruturas, axudas, subvencións, pensións, seguros de enfermidade e de paro etc.); contrata traballadores públicos e cobra impostos ás familias e ás empresas.

A intervención do Estado

Na actualidade, a intervención do Estado na economía lévase a cabo de moitas formas:

– Elabora leis (A)

– Crea empresas públicas (B) ou participa en empresas mixtas co capital privado.

– Adopta medidas de protección dos produtos nacionais.

– Impulsa a creación de organizacións económicas supranacionais etc.

No apartado «Aplica as competencias» tes a proba: Quero unha moto!

AVANZA EN COMPETENCIAS

Participar na aprendizaxe

1 Realiza un esquema ou un cadro conceptual da clasificación das empresas.

2 Pon un exemplo de empresa que cumpra cos criterios utilizados no texto para clasificalas.

Pide ao teu compañeiro ou compañeira de clase que diga o tipo de empresa que é. Se é necesario, corrixe os seus erros.

32
2
A B

O circuíto económico

Mercado laboral

Pagan impostos

EMPRESAS

Infraestruturas, servizos e subvencións

Venden traballo

Pagan salarios

Recoller e representar datos

Pagan impostos

3 Completa o seguinte cadro no teu caderno.

Definición

Función

Obxectivo/s

Procedencia dos seus ingresos

Empresas Familias Estado

Produción FAMILIAS Consumo

Mercado de bens e servizos

Compran bens e servizos

Venden bens e servizos

ESTADO Produción e consumo

Infraestruturas, servizos e subvencións

Interpretar imaxes

4 Observa o esquema do circuíto económico e responde estas cuestións:

a) Quen se encontra no mercado de bens e servizos? E no mercado de traballo?

b) Que proporcionan as empresas, as familias e o Estado? Que obteñen a cambio?

c) De onde proceden os impostos do Estado? Que fai o Estado co diñeiro procedente dos impostos?

33 U 1

3

Factores de produción (I). Recursos, capital e tecnoloxía

Para levar a cabo a súa actividade, as empresas utilizan catro recursos básicos, coñecidos como factores de produción: os recursos naturais, o capital, a tecnoloxía e o traballo.

3.1 Os recursos naturais

Os recursos naturais son os elementos proporcionados pola natureza que teñen unha utilidade económica. Entre eles encóntranse a auga, a atmosfera, o solo, a vexetación, os animais, os minerais e as fontes de enerxía. O aproveitamento destes recursos orixina actividades económicas básicas: agricultura, explotación forestal, gandería, pesca, minería e produción enerxética e industrial.

Tipos de recursos naturais

Segundo a súa duración, os recursos poden ser renovables, se se recuperan nun curto período de tempo, como a auga; ou non renovables, se se esgotan ao usarse e a súa recuperación require períodos de tempo moi longos, caso do carbón ou do petróleo.

Os problemas dos recursos

Na actualidade, moitos recursos utilizados para producir bens son escasos ou non renovables. Este feito ocasiona dous graves problemas: – Esgotamento e sobreexplotación. Ao consumirse a unha velocidade superior á da súa rexeneración, algúns recursos corren o risco de esgotarse ou de sobreexplotarse. Para evitar estes problemas, é necesario utilizalos segundo o principio do desenvolvemento sostible. Isto supón usalos de forma racional, para que permitan atender as necesidades actuais e as das xeracións futuras, evitar o consumismo e fomentar o seu uso eficaz e a reciclaxe.

– Conflitos internacionais. O desexo de controlar os limitados recursos naturais é unha fonte de guerras e conflitos internacionais. Estes, segundo a ONU, poden incrementarse no futuro, a medida que aumente a escaseza dalgúns recursos considerados esenciais como a auga, o petróleo e certos minerais.

3.2 O capital e a tecnoloxía

O capital é o conxunto de elementos non naturais necesarios para producir. Inclúe o capital físico ou elementos materiais, como as instalacións e a maquinaria; o capital financeiro ou fondos dispoñibles para producir, como diñeiro e créditos; e o capital humano ou capacidade produtiva das persoas, que depende de aspectos como a súa formación e experiencia.

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos, métodos e procedementos utilizados no proceso produtivo. Pode ser manual, se a persoa achega a forza e o manexo das ferramentas; mecanizada, se as máquinas achegan a forza e as persoas manexan as máquinas; ou automática ou robotizada, se as máquinas achegan ambas as dúas cousas e as persoas só as programan e controlan.

Problemas dos recursos

Algúns recursos corren o risco de esgotarse, o que aumenta a ameaza de conflitos por facerse co seu control. É o caso do petróleo (A), que estivo na base das chamadas guerras do Golfo en Oriente Medio. Outros están sobreexplotados. É o caso da auga do mar de Aral (B), cuxa superficie se reduciu desde 1960 a menos do 10 % debido aos transvasamentos da auga dos ríos que o alimentaban para destinala ao regadío.

AVANZA EN COMPETENCIAS

Elaborar síntese

1 Explica por escrito as diferenzas entre recurso renovable e non renovable; capital físico e humano; tecnoloxía mecanizada e automática.

Pon un exemplo de cada un destes conceptos.

34
A B
En 2000 En 2018

O proceso produtivo e os seus factores

FACTORES DE PRODUCIÓN

Analizar a realidade económica

2 Elixe un ben de consumo e fai unha lista dos factores de produción necesarios para a súa elaboración.

Valorar o desenvolvemento sostible

3 Escribe cales son os factores produtivos que interveñen na produción dunha empresa situada nunha nave de 3 000 m2, localizada nunha parcela propia dentro dun polígono industrial, que conta con 20 traballado-

res de escasa cualificación, dedicados á elaboración de tecidos de algodón, utiliza 15 máquinas e conta cuns fondos no banco de medio millón de euros.

Formular argumentacións

4 Busca información sobre un conflito acerca do control dalgún recurso natural. Debe incluír, polo menos, as causas e a localización do conflito. Resume a información para expoñela na aula nun minuto.

35 U 1
Non renovables Renovables Físico
Financeiro Humano Mecanizada Robotizada Manual Tecnoloxía Recursos naturais Capital Traballo

O traballo 4

Factores de produción (II).

O traballo é o esforzo físico ou intelectual realizado polas persoas para a produción de bens materiais e servizos. É un factor esencial para a produción, xa que permite ás empresas realizar a súa actividade; e para as familias, ás cales proporciona un salario co que adquirir bens.

4.1 A situación laboral

En relación co traballo e o emprego, a poboación divídese en activa e inactiva.

– A poboación activa está integrada polo conxunto de persoas que teñen traballo remunerado (poboación ocupada) e polas que se encontran dispoñibles para desempeñalo (poboación parada ou desocupada).

– A poboación inactiva inclúe as persoas que non realizan nin están dispoñibles para desempeñar un traballo remunerado, como pensionistas, rendistas, estudantes e as que desenvolven labores domésticos.

– A taxa de actividade é a porcentaxe de poboación activa en relación co total de persoas en idade de traballar. No mundo, esta taxa era do 66,5 % en 2019, aínda que con diferenzas entre países. En xeral, é máis baixa en zonas con moita poboación nova ou anciá, grande emigración, nivel económico baixo ou escaso traballo feminino.

4.2 O mercado laboral

O mercado laboral está formado pola oferta de traballo, realizada polas empresas e a demanda de traballo, solicitada polas persoas. Neste mercado, as persoas traballadoras cualificadas ou con máis formación son menos. Por iso, adoitan ter salarios máis altos e emprego máis estable que os non cualificadas, que son máis numerosas. Na actualidade, existe unha tendencia á substitución da contratación fixa pola temporal e a redución dos salarios.

4.3 Os problemas laborais

O paro

O paro é un grave problema que se agudiza nos momentos de crise económica, como a acontecida entre 2008-2013.

Nos países de alto desenvolvemento débese á automatización das tarefas e ao traslado de actividades económicas cara a espazos máis baratos. E nos países de baixo desenvolvemento, ao atraso económico e á escasa formación laboral.

Esta situación produce desánimo; diminúe os ingresos do Estado, que recada menos impostos e debe incrementar o gasto en desemprego; e diminúe os ingresos das persoas, reducindo o consumo, as vendas e a produción.

Poboación activa e inactiva

Fórmulas para calcular taxas

Taxa de actividade

Porcentaxe de poboación activa dun país. Esta é unha das fórmulas para calculala. Poboación activa x 100 Poboación de 16 anos e máis

Taxa de paro

Porcentaxe de poboación activa desocupada respecto ao total da poboación activa. Poboación activa desocupada x 100 Poboación activa

AVANZA EN COMPETENCIAS

Establecer conexións

1 Clasifica as seguintes persoas segundo a súa actividade: pensionista, comerciante, doutora, estudante, profesora, enfermeiro, rendista.

Utilizar fontes

2 Busca na prensa un anuncio de oferta de traballo. Que demanda? Que ofrece?

36

Exemplos de problemas laborais

A taxa de paro en 2017

As condicións laborais

– Nos estados avanzados están ben reguladas pola lexislación laboral; polos convenios colectivos entre as asociacións de empresarios e os sindicatos de traballadores; e polos contratos laborais entre o traballador e a empresa.

– Noutros estados, en cambio, permítese a existencia de numerosos abusos. Así, o traballo infantil afectaba, en 2016, 152 millóns de nenos e nenas. Tamén a discriminación laboral das mulleres é unha realidade en moitas partes do mundo. Estas, en xeral, reciben salarios inferiores aos homes polo mesmo traballo; teñen máis dificultades para acceder aos postos de dirección; traballan máis na economía somerxida e encontran dificultades para compatibilizar o traballo e a familia.

Por iso, a Organización Internacional do Traballo promove o cumprimento de normas básicas, como a prohibición do traballo infantil, a non discriminación por xénero e o recoñecemento de dereitos básicos aos traballadores (salario mínimo, liberdade sindical etc.).

Usar mapas e gráficos

3 Que información achegan os gráficos sobre o traballo infantil?

Transferir información

4 Na táboa superior, como se calcularon as taxas de actividade e de paro? Cales son as rexións mundiais con valores máis altos e máis baixos en cada taxa?

Expresar xuízos persoais

5 Descubre quen foi Iqbal Masih. Resume a información e expresa a túa opinión sobre o seu labor.

37 U 1 De 4 % a 6 % Menos de 4 % De 6 % a 9 % De 13 % a 17 % Dato non dispoñible Fonte: Banco Mundial. Máis de 17 % De 9 % a 13 % 0 1 500 3 000 6 000 km 4 500
Distribución rexional dos nenos (de 5 a 17 anos de idade) que traballaron do mundo en 2020 (estimacións en miles) 21,6 % 5,8 5,6 4,3 9,6 5,7 Estimacións en porcentaxe dos nenos (de 5 a 17 anos de idade) que traballan con respecto ao total en cada rexión en 2020 86 600 5 600 2 400 8 300 8 200 100 48 700 África subsahariana Magreb Países árabes América Latina e países do Caribe Estados Unidos e Canadá Resto de Asia e Oceanía Europa e Asia Central 0 5 10 15 25 20 África MUNDO América Países árabes Resto de Asia e Oceanía Europae Asia Central
Fonte: Organización Internacional do Traballo.
2019 Taxa de actividade homes Taxa de actividade mulleres Taxa de paro homes Taxa de paro mulleres Leste asiático e Pacífico 76,2 58,8 4,2 3,4 Europa e Asia central 66,5 50,6 6,6 6,9 América Latina e Caribe 76,7 52,5 6,7 9 Oriente Medio e norte de América Latina 73,2 19,8 7,6 17,7 América do Norte 68,8 57,2 4,0 3,8 Sur de Asia 77,1 23,6 4,9 5,3 África subsahariana 73,1 61,3 6,1 6,4 Fonte: Banco Mundial.
O traballo infantil A discriminación feminina

Os sistemas económicos 5

Os sistemas económicos son distintas formas de organizar e levar a cabo a actividade económica. Para iso, deben dar resposta a tres problemas económicos básicos: que bens producir e en que cantidade, como producilos e para quen producilos.

5.1 O sistema capitalista

No sistema capitalista a actividade económica está regulada polo mercado; por iso, coñécese tamén como economía de mercado. Este, que se rexe pola lei da oferta e a demanda, decide que producir en función da demanda existente de bens ou de servizos; como producir para lograr o maior beneficio económico das empresas; e para quen producir, pois os produtos son para os que poden pagalos. Outros principios básicos do sistema son o predominio da propiedade privada; a liberdade de circulación de persoas e mercadorías; a libre competencia entre as empresas e a busca do máximo beneficio individual.

Na actualidade, o sistema capitalista foi adoptado pola maioría dos países do mundo.

5.2 O sistema socialista

No sistema socialista, a actividade económica está regulada polo Estado a través de plans de obrigado cumprimento polas empresas; por iso, coñécese tamén como de economía planificada.

O Estado decide que producir, como producir e para quen producir, pois fixa os prezos dos produtos e os salarios dos traballadores.

Outros principios básicos do sistema son a propiedade estatal das empresas e dos medios de produción; a planificación económica por parte do Estado e a consecución da igualdade social. Na actualidade, este sistema só subsiste en China, Cuba, Vietnam, Laos e Corea do Norte. Aínda así, nos últimos anos, algúns destes países están a favorecer a iniciativa privada.

5.3 Os sistemas mixtos

Os sistemas mixtos combinan a economía de mercado cunha intervención maior ou menor do Estado na economía, como é o caso do chamado Estado do benestar.

Nestes sistemas, o mercado e o Estado deciden que producir, como producir e para quen producir, pois aínda que os prezos do mercado fan que os produtos sexan para os que poden pagalos, a intervención do Estado garante que todos os cidadáns teñan cubertas as súas necesidades elementais.

Outros principios básicos son a propiedade privada, aínda que existen empresas públicas, e a busca do máximo beneficio individual, aínda que adoptando medidas para redistribuír a riqueza. Na actualidade, os sistemas mixtos funcionan en moitos países do mundo, especialmente de Europa.

Como funcionan?

As necesidades humanas son moitas

Os recursos para satisfacer as necesidades son limitados

Escaseza

Hai que elixir

Que producir Como producir Para quen producir

SISTEMA ECONÓMICO

AVANZA EN COMPETENCIAS

Interesarse pola realidade internacional

1 Escribe unha definición de sistema económico axudándote do esquema superior.

Construír coñecementos relevantes

2 Escribe unha frase equivocada sobre cada sistema económico e pide ao teu compañeiro ou compañeira de clase que a corrixa. Comproba se a súa resposta é correcta e modifícaa en caso necesario.

38

O sistema capitalista e o Estado do benestar

A lei da oferta e a demanda

No sistema capitalista, o mercado réxese pola lei da oferta (conxunto de bens e servizos que se poñen á venda) e a demanda (conxunto de bens e servizos que as persoas están dispostas a comprar por certo prezo).

Moita demanda

Pouca oferta

Nunha situación de competencia perfecta, como no esquema inferior, os prezos soben se a oferta é menor que a demanda. No caso contrario, os prezos baixan.

Moita oferta

O prezo sobe

A liberdade económica

O prezo baixa

Índice de liberdade económica en 2021

Bastante libre (70-79,9 %) Libre (80-100 %)

O Estado e a cidadanía

Algo libre (60-69,9 %)

Bastante regulada (50-59,9 %)

Medio Educación Seguridade Cultura Traballo

Vivenda Sanidade

BENESTAR

Utilizar esquemas Interpretación compartida

3 Explica como funciona a lei da oferta e a demanda.

4 Pon exemplos que demostren medidas do Estado do benestar.

Manexar mapas

Ocio Liberdades Pensións

39 U 1
Totalmente regulada (0-49,9 %) Sen dato ou dato non dispoñible Fonte: The Heritage Foundation.
0 1 500 3 000 6 000 km 4 500
Saúde
5 En que países existe unha maior liberdade económica? Que sistema económico teñen os devanditos países? ambiente
Pouca demanda

Tendencias económicas actuais (I). Ideoloxías e problemas

6.1 A xeneralización do capitalismo

Desde a década de 1990 o sistema capitalista tendeu a xeneralizarse, debido á práctica desaparición das economías comunistas e ao retroceso das economías de autoconsumo.

Non obstante, no seu interior coexisten distintas ideoloxías, que diverxen no grao de liberalización económica e de intervención estatal na economía.

– As ideoloxías neoliberais defenden a liberalización total do sistema económico, que debe rexerse unicamente polo mercado. Consideran o Estado un obstáculo para a liberdade, polo que o seu papel debe reducirse a implantar unha lexislación que garanta o libre funcionamento do mercado.

Así, os neoliberais defenden reducir ao mínimo o gasto público, privatizar as empresas estatais e rebaixar os salarios para aumentar os beneficios empresariais.

– As ideoloxías keynesianas defenden certa intervención do Estado na actividade económica para corrixir os problemas do capitalismo. Polo tanto, apoian un maior gasto público para protexer os sectores sociais desfavorecidos, a existencia de empresas públicas e a elevación dos salarios para incrementar a demanda de produtos.

6.2 Os problemas do capitalismo

Na actualidade, o sistema económico capitalista enfróntase a problemas de diferente tipo.

– Políticos. As persoas propietarias das grandes empresas capitalistas inflúen na toma de decisións dos países e das grandes organizacións internacionais. Con iso, ás veces, impiden o control democrático da sociedade.

– Económicos. A libre competencia non funciona en certos casos. Así, se as empresas eliminan as súas competidoras e controlan o mercado, poden impoñer os prezos independentemente da lei da oferta e a demanda. Ademais, as empresas utilizan a publicidade para influír na demanda de bens.

O capitalismo xera tamén crises periódicas: cando a competencia reduce os beneficios das empresas, estas diminúen a contratación de persoal. Con iso, decrece a demanda de produtos, as empresas entran en crise e aumenta o paro.

– Sociais. Ás veces, a busca do máximo beneficio individual determina un insuficiente investimento en bens e servizos sociais, o que prexudica os grupos sociais máis desfavorecidos.

– Ambientais. O capitalismo promove un crecemento insostible, baseado no aumento constante da produción e do consumo.

Economías de autoconsumo

Na actualidade, as economías tradicionais ou de autoconsumo só se manteñen parcialmente entre algúns pobos, como os inuit de Canadá, os aborixes de Australia, ou os mbuti de África Central. Nestas economías, a actividade económica está regulada pola tradición.

AVANZA EN COMPETENCIAS

Interpretar fontes

1 Que papel debe desempeñar o Estado na economía segundo as ideoloxías neoliberal e keynesiana?

2 Relaciona a frase «Máis mercado e menos Estado» cunha das ideoloxías do capitalismo. Argumenta a túa resposta.

Interesarse pola realidade internacional

3 Explica por que o capitalismo pode: a) Impedir o control democrático da sociedade. b) Alterar a libre competencia. c) Prexudicar os máis débiles da sociedade. d) Danar o medio ambiente.

Elaborar xuízos propios

4 Selecciona un anuncio publicitario. Analízao e escribe que estratexias utiliza para influír na demanda de bens.

Despois, reflexiona e contesta: Cal debería ser a actitude dos consumidores ante a publicidade?

40
6
Pobo mbuti

As correntes ideolóxicas do capitalismo

Milton Friedman (1912-2006), un destacado economista húngaro, é considerado o pai do neoliberalismo.

Defendeu a liberdade económica total e criticou a intervención dos gobernos na economía.

O keynesianismo

John Maynard Keynes (1883-1946), economista británico, deu nome á corrente capitalista que sostén que o Estado debe desempeñar un papel importante na actividade económica, regulándoa.

«As únicas sociedades que foron capaces de crear unha prosperidade relativa amplamente estendida foron aquelas que confiaron principalmente nos mercados capitalistas».

«Moita xente quere que o goberno protexa os consumidores. Un problema moito máis urxente é protexer os consumidores do goberno».

«Os grandes avances da civilización, xa sexan en arquitectura ou pintura, en ciencia ou literatura, xamais viñeron dun goberno central».

«Aínda que necesario para a liberdade, o capitalismo só non é suficiente para garantila. Ten que estar acompañado por un conxunto de valores e de institucións políticas favorables á liberdade».

As crises do sistema capitalista

Restauración e vagas revolucionarias de 1820, 1830 e 1848

Crise de sobreprodución

«En principio, “facer buratos para despois tapalos” non ten ningún sentido.

Mellor sería que eses obreiros se dedicasen a coidar de persoas maiores, dependentes e nenos. Non obstante, se a eses obreiros, por facer buratos e logo tapalos, se lles paga e eles utilizan o seu diñeiro para comprar tecnoloxía, o cal incentiva os investigadores, fabricantes, distribuidores... para que sigan mellorando esa tecnoloxía que mellorará a produtividade e probablemente a calidade de vida de todos, entón si que acaba por ter sentido.

O que si que non ten ningún sentido é ter 6 millóns de traballadores parados, brazo sobre brazo, esperando que algunha “man invisible” os saque da súa situación».

A economía capitalista está suxeita a flutuacións de crecemento e depresión máis ou menos regulares no tempo.

Segundo Nikolai Kondratiev (1892-1938), un economista ruso, estas crises cíclicas prodúcense, aproximadamente, cada 50 anos.

Utilizar textos escritos

5 Le os textos de Friedman e Keynes. Que aspectos das correspondentes ideoloxías capitalistas se reflicten neles?

Manexar representacións gráficas

6 Cantas crises económicas se produciron desde 1790?

41 U 1
Revolución Rusa Primeira Revolución Industrial Segunda Revolución Industrial Crise de 1929 Crise do petróleo Crises nanceiras dos países emerxentes Creación da Comunidade Económica Europea Plan Marshall Réximes totalitarios dos anos trinta Guerra Civil española Primeira Guerra Mundial Segunda Guerra Mundial Crecemento económico e rivalidade franco-prusiana 1870-71
Crecemento económico Decrecemento económico 1815 1790 1848 1873 1896 1914 1945 1973 1998 2014
Os ciclos de Kondratiev
O
neoliberalismo

7

Tendencias económicas actuais (II). A globalización económica

A globalización económica consiste na crecente integración das economías nacionais nunha economía de mercado mundial na que case todas as áreas da Terra están interconectadas.

7.1 As causas da globalización

– O progreso das telecomunicacións proporciona información instantánea e permite o contacto entre persoas e empresas de calquera lugar do planeta.

– A mellora dos transportes facilita o traslado de mercadorías e persoas a escala mundial, e permite ás empresas ampliar as súas áreas de produción e de mercado a todo o mundo.

– A xeneralización do sistema capitalista e a difusión da ideoloxía neoliberal favorecen os intercambios mundiais de todo tipo ao defender a liberdade económica.

7.2 Os promotores da globalización

– As organizacións internacionais impulsaron o funcionamento global da economía, ao trazar directrices comúns e adoptar acordos sobre diversos temas económicos. Entre as devanditas organizacións destacan o G-20, o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial e a Organización Mundial do Comercio (OMC).

– As multinacionais son tamén un poderoso axente da globalización, pois actúan cunha estratexia mundial para obter os máximos beneficios (véxase o apartado «Informe gráfico»).

7.3 O funcionamento global da economía

A globalización da actividade económica afecta a produción, os intercambios e o consumo de bens.

– A produción de bens organízase a escala planetaria, pois as grandes empresas multinacionais localizan as súas fábricas nos lugares máis vantaxosos. Este feito favoreceu a creación de industrias nalgúns países pobres, pero á custa de explotar os recursos e a man de obra dos países onde instalan as súas filiais e degradar o seu medio natural.

– Os intercambios de mercadorías, capitais, servizos, tecnoloxía e información adquiren dimensión mundial. Con iso melloran as oportunidades dos países pobres, que nalgúns casos aproveitaron as vantaxes da globalización para alcanzar un elevado crecemento económico. Non obstante, a súa especialización nas actividades menos produtivas xéralles unha forte débeda externa.

– O consumo de bens amplíase e uniformízase ante a masiva difusión de determinados gustos a través da publicidade. Así, en teoría, o consumo de bens creceu na maioría dos países. Na realidade, o devandito consumo só está ao alcance de determinados grupos sociais e o seu incremento favorece unha explotación irracional dos recursos naturais e unha deterioración do medio ambiente.

Vantaxes e inconvenientes

Vantaxes da globalización

– Aumenta o emprego nos lugares onde se instalan as multinacionais.

– Diminúen os custos de produción e baixan os prezos dos produtos.

– Aumenta a competitividade entre as empresas, coa conseguinte elevación da calidade dos produtos.

– Difúndense as melloras tecnolóxicas.

Inconvenientes da globalización

– Aumenta a desigualdade económica entre os países de alto e de baixo desenvolvemento.

– Favorece as grandes empresas.

– Permite a inxerencia económica das multinacionais nos países de baixo desenvolvemento.

– Degrada o medio ambiente.

– Favorece a deslocalización industrial nos países desenvolvidos.

AVANZA EN COMPETENCIAS

Manexar conceptos

1 Define os termos globalización económica e multinacional.

Xerar novos contidos

2 Explica o papel das organizacións internacionais e as multinacionais na globalización.

42

A globalización e as organizacións internacionais

O G-20 é un foro de cooperación e consulta económica que pretende manter a estabilidade económica mundial. Está formado polos membros do G-7 (Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido); doce países emerxentes (Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Brasil, China, India, Indonesia, México, República de Corea, Rusia, Sudáfrica e Turquía) e a Unión Europea como bloque.

O BM e o FMI

1. O Banco Mundial proporciona axuda técnica e financeira aos países en vías de desenvolvemento. Os seus obxectivos son rematar coa pobreza extrema e promover a prosperidade compartida.

2. O Fondo Monetario Internacional promove a estabilidade financeira e a cooperación monetaria internacional. É administrado polos 189 países membros.

Manexar mapas Vexo, penso, pregúntome...

3 Que países non forman parte actualmente da OMC?

A que cres que pode deberse este feito?

4 Que países compoñen o G-20? Son países avanzados ou de baixo desenvolvemento?

A Organización Mundial do Comercio é a única organización internacional que se ocupa das normas que rexen o comercio entre países. O seu obxectivo é promover a liberdade económica.

Buscar información relevante

5 Busca información en Internet sobre estas organizacións internacionais: que son, países membros, obxectivos etc.

6 Redacta un resumo coa devandita información no teu caderno.

43 U 1 Países membros Países non membros Países en proceso de adhesión A Organización Mundial do Comercio 0 1 250 2 500 5 000 km 3 750 Países do G-7 Países do G-20 Países membros do G-20 O vixésimo membro do G-20 é a Unión Europea 0 1250 2500 5000 km 3750 Francia Italia China Xapón India Rusia Arabia Saudita Brasil Canadá México Sudáfrica Indonesia Australia Reino Unido Corea do Sur Estados Unidos Turquía Arxentina Alemaña UNIÓN EUROPEA
A OMC O G-20
1 2 DESTREZA Consulta a busca de información en prensa e Internet

As multinacionais e a globalización

Segundo o ámbito xeográfico no que actúan, as empresas poden ser locais, nacionais ou multinacionais.

As multinacionais son empresas que contan con establecementos produtivos en países diferentes ao de orixe e actúan cunha estratexia conxunta que se decide desde a sede central.

Estas empresas desempeñan un importante papel na globalización da economía, pois funcionan cunha estratexia mundial para alcanzar os máximos beneficios. Así, poden comprar as materias primas en certos lugares, transformalas noutros e comercializar os seus produtos noutros diferentes.

Ademais, a través da publicidade, colaboran en uniformizar os gustos e preferencias dos consumidores en todos os lugares da Terra.

CARACTERÍSTICAS E INFLUENCIAS DAS EMPRESAS

1. Localización xeográfica

Na actualidade hai máis de 85 000 empresas multinacionais no mundo. As máis grandes seguen pertencendo a Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Alemaña e Francia, aínda que nos últimos anos tamén xurdiron en países emerxentes como China, India, México, Brasil e outros do Sueste asiático.

2. Empregados directos

AVANZA EN COMPETENCIAS

Comprensión, expresión e TIC

1 Redacta un texto sobre as multinacionais utilizando a información gráfica e estatística desta dobre páxina: que son, como actúan, onde se localizan, poder económico etc.

2 Busca información sobre:

a) Algunha empresa multinacional. Escribe un resumo indicando polo menos estes datos: o país onde ten a súa sede, o sector de actividade ao que se dedica, os países onde ten filiais e cales son as súas estratexias de actuación.

b) Os aspectos positivos e negativos da actuación das multinacionais.

As máis de 900 000 empresas filiais das multinacionais contan con 54 millóns de empregados directos en todo o mundo.

3. Estratexia global

As multinacionais deseñan estratexias globais para alcanzar os seus obxectivos de expansión internacional. Para iso, contan con unidades de produción en máis dun país, co que aproveitan as vantaxes de localización ofrecidas por cada país ou rexión e diminúen os custos finais dos produtos que fabrican.

44 Informe gráfico
Países de
Fonte: Economipedia. Estados Unidos China Xapón Países Baixos Reino Unido Suíza Alemaña Australia Francia India Irlanda Arabia Saudita Canadá Corea do Sur Dinamarca Número de multinacionais 0 10 20 30 40 50 60 1 1 1 1 2 2 2 2 2 3 3 3 3 17 57 As dez maiores multinacionais en termos de emprego Miles de empregados 2 200 1 900 Wal-Mart Stores McDonald's Foxconn Amazon Compass Group Deutsche Post Accenture Kroger Gazprom Volkswagen 664 600 540 506 500 474 1 125 1 200 0 500 1 000 1 500 2 000 2 500
orixe das cen multinacionais con maiores ingresos en 2021

MULTINACIONAIS

4. Formas de organización

As empresas multinacionais operan nos países nos que se asentan de varias formas. Nunhas ocasións crean novas instalacións; noutras, fusiónanse con outras empresas existentes, ás que absorben; e noutras, compran unha parte maioritaria do capital doutra empresa.

O resultado é unha organización que responde a dúas formas básicas: o hólding e o trust.

– O hólding (A) é unha sociedade financeira que controla total ou parcialmente varias empresas mediante a participación no seu capital.

Eitzen Bulk

Gas

Eitzen Maritime Services ASA

Camillo Eitzen & Co ASA

Camillo Eitzen (Dinamarca A/S) Eitzen Invest AS

Eitzen Chemical ASA

ACE link Holding AS

EMS Ship Management

EMS Ship Supply

Insurance Brokers

Eitzen Chemical (Dinamarca)

Eitzen Chemical (Singapore)

Eitzen Chemical (España) Navele Française

Camillo Industry

Camillo Energy

Camillo Marine

Camillo Trading

Camillo Real Estate

Camillo Art

– O trust (B) é a unión de varias empresas baixo unha mesma dirección. Nel reúnense empresas dun mesmo sector controladas por unha gran firma multinacional.

5. O poder das multinacionais

Sociedade dominada Sociedade dominada Sociedade dominada

Sociedade dominada

6. Influencia social e no consumo

Sociedade dominada Sociedade dominada Sociedade dominada B N.° Empresa Capital bolsista (miles de millóns de $) País PIB (miles de millóns de $) 1 Apple (tecnoloxía) 2,035 Canadá 1,883 2 Aramco (petróleo) 1,836 Corea do Sur 1,803 3 Microsoft (tecnoloxía) 1,752 Rusia 1,710 4 Amazon (consumo) 1,557 España 1,461 5 Alphabet (comunicacións) 1,368 México 1,192 Fonte: Economipedia.

Na actualidade, as grandes multinacionais teñen un peso económico similar ao dalgúns países. Este poder económico acrecenta a súa influencia en nacións pequenas ou en países pouco desenvolvidos.

As multinacionais, ao estender os seus produtos por todo o mundo, impulsan a sociedade de consumo e un modelo cultural único, xeralmente occidental.

45 U 1
Envío 53,7 % 50,06 % 78,3 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 % 100 %
actividades
Eitzen Holding AS
Outras
Eitzen
Eitzen
Tank
A
Sociedade dominante Sociedade dominada Sociedade dominada

xeoeconómicas mundiais

Na Terra distínguense diferentes áreas xeoeconómicas segundo a súa integración na economía mundial.

8.1 Os focos económicos tradicionais: a Tríade

Estados Unidos, Canadá, a Unión Europea e Xapón, coñecidos como países da Tríade, son os focos económicos tradicionais. Nestes países, a produción ten un escaso peso das actividades agrarias –aínda que están moi capitalizadas, mecanizadas e tecnificadas–, e unha industria moi avanzada tecnoloxicamente grazas aos elevados investimentos en ciencia e en tecnoloxía. Por outra parte, o consumo de bens é elevado, debido ao alto nivel de vida dos seus habitantes. Por iso, os países da Tríade encabezan os intercambios mundiais de manufacturas, tecnoloxía, servizos e capitais.

8.2 As potencias económicas emerxentes

Son economías que crecen a un ritmo superior ao do resto do mundo.

– Nuns casos, son antigos países de baixo desenvolvemento que experimentaron un rápido crecemento económico. En Asia, é o caso de China, cuxo PIB se colocou nos primeiros postos da economía mundial, e das economías da India, Corea do Sur, Singapore, Malaisia, Filipinas, Turquía e Indonesia. En América, de países como Brasil, México e Arxentina, con abundantes recursos naturais e enerxéticos.

A produción baséase, sobre todo, nunha rápida industrialización favorecida polos baixos custos salariais da súa man de obra e nun crecente peso da tecnoloxía. O consumo interior é escaso, debido aos reducidos salarios, aínda que tende a medrar. Nos intercambios mundiais, ocupan un lugar de primeira orde polas súas exportacións tradicionais e de alto contido tecnolóxico.

– Noutros casos, son antigas potencias económicas vindas a menos, caso de Rusia; ou que teñen un importante peso económico no seu ámbito, caso de Australia, Sudáfrica e algúns países de Oriente Próximo (Arabia Saudita, Qatar, Israel).

A súa produción conta con abundantes recursos naturais e certo desenvolvemento industrial. O consumo mostra importantes contrastes entre grupos sociais e os intercambios baséanse na exportación de materias primas agrarias, minerais ou enerxéticas e de produtos industriais.

8.3 As áreas económicas atrasadas

Localízanse nalgúns países de América Latina, Asia e, sobre todo, da África subsahariana. A produción baséase en actividades agrarias tradicionais e a súa industria é pobre e pouco avanzada. O consumo de bens é moi reducido, debido ao baixo nivel de vida. Por iso, estes espazos corren o risco de quedar marxinados dos intercambios económicos mundiais.

As cinco principais economías emerxentes son Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica. Desde 2011, na economía internacional coñécense conxuntamente co acrónimo BRICS.

Organizar información

1 Completa, no teu caderno, un cadro coas características das tres grandes áreas xeoeconómicas.

Debe conter as seguintes entradas: localización, produción, intercambios e consumo.

46 As áreas
8
Os BRICS
AVANZA EN COMPETENCIAS

As áreas xeoeconómicas mundiais Distribución xeográfica

áreas xeoeconómicas

Focos económicos tradicionais

Áreas económicas emerxentes

Outras áreas emerxentes

Áreas económicas atrasadas

A Tríade

países emerxentes

áreas atrasadas

Os países da Tríade basean a súa produción económica na alta tecnoloxía industrial e agraria, o que os levou a liderar os intercambios mundiais.

Utilizar mapas

Os países emerxentes basean a súa produción nunha industrialización asentada nos baixos salarios e na exportación de manufacturas baratas ou tecnolóxicas.

2 Resolve estas tarefas a partir da observación do mapa superior:

a) Clasifica por continentes os países que constitúen a Tríade e os países emerxentes.

b) En que continente hai menos potencias económicas? A que se debe?

As economías atrasadas basean a súa produción en actividades agrarias tradicionais. A súa industria, ademais, é case inexistente, ou pobre e atrasada.

Usar fontes de información

3 Busca datos estatísticos dun país pertencente a cada área xeoeconómica que ilustren as súas diferenzas económicas. Despois, compáraos nun gráfico.

4 Obtén información en Internet sobre o ascenso económico de China. Redacta despois un informe breve.

47 U 1
BRICS
mundiais 0 1500 3000 4500 km Círculo Polar Ártico Trópico de Cáncer Trópico
Ecuador Círculo Polar Antártico Sudáfrica Brasil China Xapón India Rusia Estados Unidos UNIÓN EUROPEA Canadá Noruega Suíza Israel
As
de Capricornio
As
Os

APLICAR

1 Explica as relacións que se establecen entre os axentes económicos con axuda do seguinte diagrama:

5 Reflexiona sobre as vantaxes e os inconvenientes de cada sistema económico, e escríbeas no teu caderno.

6 Escribe os factores produtivos que interveñen na produción do artigo representado na fotografía.

Impostos Subsidios

Compras de bens e servizos Impostos Transferencias

7 Realiza un cadro como este coas vantaxes e os inconvenientes da globalización económica.

Familias Estado Empresas

Soldos, xuros, beneficios

2 Define, brevemente, estes conceptos: poboación activa, taxa de actividade e mercado laboral.

3 Relaciona estas afirmacións co seu correspondente sistema económico e sitúaas nun cadro:

a) Lei da oferta e a demanda. b) Combina a libre competencia e a actuación estatal. c) O mercado decide que producir. d) O Estado planifica a economía. e) O obxectivo é a igualdade social. f) Coexisten as empresas privadas e as públicas.

4 Analiza o mapa e resolve as preguntas:

a) Que tipo de recurso é a auga?

b) A que problemas se enfronta o devandito recurso?

c) Cales son as causas destes problemas e cales son as súas consecuencias?

Globalización

Vantaxes Inconvenientes

REFLEXIONA E VALORA

Iniciaremos o informe coñecendo as principais actividades económicas e os seus espazos xeográficos. Reflexiona de xeito individual e comparte en grupo a valoración sobre as actividades implicadas.

Para iso, descarga en anayaeducacion.es a rúbrica correspondente.

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS

Comproba as túas competencias realizando a autoavaliación competencial. Poderás encontrala en anayaeducacion.es

48 Recursos hídricos 15 % Poboación Fonte: Unesco Porcentaxes respecto ao total mundial Dispoñibilidade de recursos hídricos fronte a volume de poboación 0 1500 3000 4 500 km
Círculo Polar Ártico Círculo Polar Antártico
Ecuador
Trópico de Cáncer
América do Norte e América Central e países do Caribe América do Sur África Europa Asia Oceanía 15 % 8 % 26 % 6 % 11 % 13 % 36 % 60 % 8 % 13 % 5 % 1 %
Trópico de Capricornio

PROTAGONISTAS

ONTE Anna Jacobson

Datos básicos

Nome: Anna Jacobson Schwartz

Época: 1915-2012

Nacionalidade: estadounidense

Ocupación: economista

Nacín en Nova York en 1915. Os meus primeiros recordos como economista en 1935 están marcados pola Gran Depresión.

Aínda que son norteamericana e traballei ata a miña xubilación na oficina de Nova York da Axencia

Nacional de Investigación Económica, os meus primeiros ensaios dediqueinos ao estudo da econo-

HOXE Proxecto PrestAD

Datos básicos

Nome: Proxecto PrestAD

Promotora: ONG África Directo

Beneficiarias do proxecto: mulleres africanas de todas as idades.

mía británica e fun centrando as miñas investigacións nos ciclos económicos do capitalismo, intentando levar a cabo unha análise rigorosa do pasado para comprender mellor o presente e poder achegar solucións a distintos problemas económicos.

Ese interese por comprender a historia económica, así como a función que desempeña o diñeiro nos vaivéns económicos, foi o que me guiou, xunto con Milton Friedman, a investigar a política monetaria estadounidense. As nosas investigacións reflíctense no libro Unha Historia Monetaria dos Estados Unidos, 1867–1960, publicado en 1963. Nese manual sostiñamos que os cambios do último século na política monetaria eran en par-

te responsables da Gran Depresión de 1929.

Daquela, as teorías económicas en voga decantáronse polo keynesianismo, pero nos anos 70 tomaron máis forza as nosas ideas, polo que o meu compañeiro Milton Friedman obtivo o Nobel en 1976.

Ao longo dos meus anos de traballo colaborei con distintas universidades en Estados Unidos e Reino Unido, e formei parte de distintas organizacións económicas. Non conseguín encontrar unha resposta definitiva ás crises financeiras, pero acheguei a miña metodoloxía minuciosa ao estudo económico utilizando estatísticas de análise para apoiar as miñas propostas e conclusións.

PrestAD é un proxecto que busca favorecer o emprendemento económico das mulleres africanas. O obxectivo é que poñan en marcha ou amplíen os seus negocios co fin de que consigan a súa independencia económica e a mellora das súas condicións de vida e as das súas familias. Para logralo, o proxecto baséase no sistema de microcréditos. África Directo busca persoas que, co seu apoio, financien de forma directa os proxectos das mulleres africanas. Este capital chega aos bancos colaboradores e, mediante un microcrédito, ás mulleres que poñen en marcha os seus negocios. Moitas mulleres viron xa ese progreso. Emily recibiu un microcrédito co que empezou a envasar auga para vender; Matilda quere ampliar o cultivo de té, café e xenxibre para vendelos no mercado; May vende almorzos, pero quere ampliar o seu negocio ofrecendo tamén xantares…

CUESTIÓNS

1 Anna Jacobson publicou rigorosos traballos económicos pero non conseguiu ganar o Premio Nobel de Economía, algo que si logrou o seu compañeiro Milton Friedman. Recibiu este premio algunha muller? Se a resposta é afirmativa, explica a súa achega.

2 Define microcrédito.

3 Entra en www.prestad.org. Busca unha das historias, fai un resumo e sinala a cantidade de diñeiro recibido. Paréceche moito?

Todas estas mulleres habitan en zonas rurais e conseguiron devolver os créditos, polo que adoitan reinvestir nos seus proxectos con novos microcréditos. Calcúlase que o proxecto mellorou a vida de máis de cincocentas familias.

49

© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, nº 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.