Operación Mundo: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (demo)

Page 1

DEMO

INCLÚE

C

EN

S

LI

PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES

E

1 ESO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA S. Clemente, A. Domínguez, A. B. Ruiz

n

ió c a

r e p

O u

o d n

m


Índice Os saberes básicos do curso

O método científico ......................................................... 10 1. 2. 3. 4.

O método científico A Investigación no laboratorio A Investigación no medio natural A busca de información

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

A biodiversidade na túa neveira ............................................... 26

1 Os seres vivos • 1. 2. 3. 4. 5. 6.

.....................................................................

28

Lynn Margulis. Unha bióloga excepcional A Terra e as súas condicións para a vida A composición dos seres vivos A unidade da vida: a célula As funcións vitais A clasificación dos seres vivos Os cinco reinos da vida

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

2 Moneras, protistas e fungos • 1. 2. 3. 4.

..............

46

Alexander Fleming. O grande observador O reino das moneras O reino dos protistas. Os protozoos O reino dos protistas. As algas O reino dos fungos

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

3 As plantas • 1. 2. 3. 4. 5. 6.

..................................................................................

58

Margaret Agnes Chase. A botánica loitadora O reino das plantas A clasificación das plantas Funcións vitais nas plantas: a nutrición Funcións vitais nas plantas: a relación Funcións vitais nas plantas: a reprodución As plantas, o ser humano e o medio

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Portafolio ........................................................................................... 78


DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

Cazando contos .............................................................................. 80

A pegada ecolóxica do meu móbil ........................................ 140

4 O s animais

7 Os ecosistemas

• 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11.

. . ................................................................................

82

Joan Beauchamp Procter. Unha herpetóloga valente. O reino dos animais A nutrición nos animais A relación nos animais A reprodución nos animais Os poríferos, os cnidarios e os vermes Os moluscos e os equinodermos Os artrópodos Os peixes e os anfibios Os réptiles e as aves Os mamíferos Os animais, o ser humano e o medio

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

5 A atmosfera e a hidrosfera • 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7.

.................

102

Rachel Carson. A voz da conciencia ambiental. A atmosfera terrestre A atmosfera e os seres vivos A contaminación do aire e as súas consecuencias A auga e os seres vivos Onde se encontra a auga O ciclo da auga Os usos da auga e a súa xestión sostible

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

6 A xeosfera: as rochas e os minerais ...................................................................... 122 • 1. 2. 3. 4.

Georgius Agricola. Un médico estudando minas A Terra e a súa xeosfera Os compoñentes da xeosfera: os minerais Os compoñentes da xeosfera: as rochas Os recursos da xeosfera e o ser humano

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Portafolio .......................................................................................... 138

................................................................

142

• Jacques-Yves Cousteau. Unha ventá ao mundo submarino. 1. Como é un ecosistema 2. Os factores abióticos 3. As relacións bióticas 4. Os niveis tróficos 5. As cadeas e as redes tróficas 6. Os ecosistemas terrestres: os biomas 7. Os ecosistemas acuáticos 8. O solo como ecosistema Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

8 O s ecosistemas e o ser humano .............................................................. 164 • 1. 2. 3.

Wangari Maathai. A activista: árbores, xustiza e paz Utilizamos os ecosistemas Alteramos os ecosistemas Protexemos os ecosistemas

Comprende, reflexiona y pon a prueba tus competencias

Exploramos os ecosistemas galegos ...................................................................................................... 182 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Baixa Limia-Serra do Xurés O invernadeiro As illas atlánticas Fragas do Eume Monte Aloia Serra da Enciña da Lastra

Portafolio .......................................................................................... 188


2 Moneras, protistas e fungos ALEXANDER FLEMING. O grande observador

Ensínannos a temer os erros. A evitalos, a ocultalos e aparentar que nunca os cometemos. Parvadas. Foron precisamente descoidos e supostos erros os que me levaron a revolucionar a medicina. O meu nome é Alexander Fleming. Nacín en Darvel, en Escocia, en 1881. A miña familia era moi humilde e o meu pai morreu cando eu era un cativo, así que con trece anos me mudei a Londres, onde un dos meus medio irmáns estaba estudando medicina. En canto tiven oportunidade decidín seguir os seus pasos e cursar a mesma carreira.

46

gotiñas de mucosidade caeron sobre unha das pla­ cas de Petri en que cultivabamos bacterias infeccio­ sas. Observei entón que alí onde caeran as gotiñas, as bacterias desaparecían. Intrigado, continuei experi­ mentando co fenómeno e descubrín a lisozima, unha das armas químicas coas que o noso corpo se resiste naturalmente ás infeccións.

Ao completar os meus estudos elixín especializarme en infeccións bacterianas. Pasara un tempo en con­ tacto co exército e horrorizárame presenciar como os soldados morrían por feridas infectadas. Se fose posi­ ble desenvolver algunha forma de tratamento eficaz...

Poucos anos despois, en 1928, un cultivo de bacterias Staphylococcus aureus contaminóuseme por acciden­ te cun fungo que estaba usando noutro experimento. A verdade é que nunca fun moi ordenado... A miña sorpresa foi maiúscula ao observar que alí onde crecía o fungo, as bacterias morrían. Aquel incidente permi­ tiume illar a penicilina, unha substancia que o fungo produce de forma natural para defenderse e que se converteu no primeiro antibiótico que a medicina pui­ do empregar para tratar infeccións bacterianas.

En 1922 fixen un gran descubrimento por culpa dun esbirro. De verdade, un esbirro! Resultou que unhas

Como ves, a observación detallada dos «erros» e as casualidades poden levarnos moi lonxe na ciencia.


Que vas descubrir? Nesta unidade

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

• Alexander Fleming. O grande observador

A AUGA, UN NUTRIENTE BIODIVERSO

1. O reino das moneras

3.1 Realiza un pequeno experimento no que compares como cambian a auga da billa e a auga dun río cando se expoñen a diferen­ tes condicións. Verte auga da billa en va­ rios recipientes e cérraos, fai o mesmo con auga do río. Deixa un recipiente de cada nun lugar onde nunca lles dea o Sol, outros dous nun lugar onde lles dea moitas horas e outros dous dentro da neveira. Déixaos repousar unha semana e observa no mi­ croscopio todos eles e anota as diferenzas que ves.

2. O reino dos protistas. Os protozoos 3. O reino dos protistas. As algas 4. O reino dos fungos • Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

En anayaeducacion.es Para motivar • Vídeo: Antes de empezar • Coñece máis a... … Alexander Fleming Para a detección de ideas previas

3.2 A mala conservación e tratamento da auga poden facer que se desenvolvan microor­ ganismos nela. Moitos poden provocar en­ fermidades; investiga e anota cales son es­ tas e que seres vivos as causan

• Presentación: Que necesitas saber

NA MIÑA NEVEIRA. UN IOGUR, UN MUNDO DE RELACIÓNS!

Para expoñer

4.1 Investiga as relacións entre seres vivos que se dan nun iogur e no quefir. Fai unha lista­ xe cos nomes das especies dos seres vivos que participan anotando en cada un deles a que reino pertencen. Explica qué obte­ mos os seres humanos como consecuencia desas relacións. Descubre no microscopio de que seres vivos se trata.

• Presentación: Enfermidades producidas polos protozoos Os liques • Vídeos: A esporulación dos fungos que forman cogomelos Para exercitar • Actividades interactivas: Aprende xogando Ponte a proba • Obradoiro de ciencias: Observa os protozoos dunha poza E, ademais, toda a documentación necesaria para aplicar as claves do proxecto.

+ orientacións en anayaeducacion.es

47


1

1.1 Como son as moneras

O reino das moneras

As moneras son organismos procariotas, unicelulares, que po­ den ser autótrofos ou heterótrofos. O grupo máis abundante de moneras son as bacterias, seres micros­ cópicos capaces de adaptarse a todos os medios (acuático, terrestre e aéreo) e ao interior dos seres vivos. Son capaces de resistir as con­ dicións máis extremas de temperatura, acidez, salinidade, etc.

Tipos de bacterias

A célula das moneras A

B

Segundo a súa forma, as bacterias clasifícanse en cocos, bacilos, vi­ brións, espirilos e espiroquetas.

D

- Cocos, que teñen forma de esfera. - Bacilos, que teñen forma de bastonciño. - Vibrións, que teñen forma de coma. - Espirilos e espiroquetas, que teñen forma de espiral alongada.

C

Algúns tipos de bacterias Cocos

Bacilos

Vibrións

Espiroquetas

E

1 A imaxe representa a célula tí­ pica dunha bacteria. Lembra o que estudaches na unidade an­ terior e indica no teu caderno o nome das estruturas deste ser vivo.

2 Explica que cres que quere dicir que as bacterias son capaces de adaptarse a todos os me­ dios. Argumenta a túa resposta.

3 Hai moneras, como as ciano­ bacterias, que realizan a fo­ tosíntese. Tendo en conta a sinxela estrutura celular das bacterias. Que orgánulo ou es­ trutura a levará a cabo? Descú­ breo e explícao no teu caderno.

4 Calcula o volume dun coco sa­ bendo que o seu diámetro é de 1,5 micrómetros. Recorda que o volume dunha esfera é de 4·π·r3/3.

48


U2

As funcións vitais das bacterias

- Como se nutren. Ao non teren orgánulos como cloroplastos ou mitocondrias, todos os procesos da nutrición suceden no citoplasma. Hai bacterias autótrofas, que sintetizan a súa propia materia orgánica mediante a fotosíntese, e heterótrofas, que se alimentan da materia orgánica doutros se­ res vivos.

A bipartición

bacteria crece 1 A o suficiente e fai unha copia do seu material xenético (ADN).

• Bacterias saprófitas ou descompoñedoras, que se nutren de restos de materia orgánica do me­ dio. Por exemplo, as bacterias do solo. • Bacterias simbióticas, que establecen relacións de mutua axuda con outros seres vivos, chama­ das simbioses. Por exemplo, as que se encontran no intestino formando a microbiota intestinal. • Bacterias parasitas, que obteñen a materia or­ gánica de organismos nos que viven e aos que prexudican. Estas bacterias producen enfermi­ dades como a tuberculose.

- Como se relacionan. Algunhas bacterias desprá­ zanse grazas aos seus flaxelos, as bacterias espirais xiran, outras móvense xirando sobre si mesmas, outras desprázanse sobre superficies e outras per­ manecen inmóbiles. Normalmente, as bacterias vi­ ven illadas, pero en ocasións agrúpanse formando colonias.

bacteria 2 A estreita polo centro e reparte o seu contido.

rixínanse dúas 3 O células filla.

Células filla

- Como se reproducen. As bacterias reprodúcense asexualmente, por bipartición, dividindo en dúas a súa única célula.

1.2 A importancia das bacterias As bacterias están presentes en todos os medios e desempeñan un papel fundamental para o resto de seres vivos. Aínda que algunhas son prexudiciais, a maioría son beneficiosas.

- As bacterias beneficiosas. As bacterias que están no noso organismo axudan ao seu bo funciona­ mento. As bacterias descompoñedoras utilízanse na depuración de augas residuais, no tratamento de residuos, etc. As bacterias fotosintéticas osixenan a auga e a atmosfera; outras, chamadas fer­ mentativas, utilízanse para fabricar queixo, iogur ou vinagre.

- As bacterias prexudiciais. Algunhas bacterias po­ den provocar enfermidades como o tétano, a salmonelose, etc. Outras contaminan os alimentos e estráganos.

Eleccións no reino das moneras No reino do que forman parte as bacterias vai ha­ ber eleccións para o goberno do reino. No sistema bacteriocrático hai tres grandes partidos: o Partido Destrutor, onde están todas as bacterias que afec­ tan negativamente a outros seres vivos; o Partido Bacteriocool, onde están as bacterias beneficiosas para outros organismos, e o Partido Ninfú Ninfá, onde están as bacterias que o que queren é estar ao seu aire. Elixe un dos partidos políticos e realiza as seguintes tarefas: •F ai un estudo demográfico e anota cinco grupos ou especies de bacterias que votarían ao teu par­ tido. •E labora un slogan e un logo de campaña que re­ presente os fins políticos do partido que elixiches. •E lixe o nome do candidato ou da candidata ao goberno por parte do teu partido e escríbelle un discurso para explicar as bondades do partido.

49


2

O reino dos protistas. Os protozoos A célula dun protozoo Membrana plasmática Material xenético (ADN)

O reino dos protistas inclúe os protozoos e as algas, que son seres eucariotas sinxelos.

2.1 Como son os protozoos Os protozoos son organismos eucariotas, unicelulares e heterótrofos. Viven en medios acuáticos, en terras húmidas ou no interior doutros seres vivos. Tipos de protozoos

Núcleo

Os protozoos clasifícanse en catro grandes grupos: Mitocondria

- Protozoos ciliados, que son os que teñen na súa superficie peque­ nos filamentos móbiles chamados cilios.

- Protozoos flaxelados, que son os que teñen un único filamento, cha­ mado flaxelo, que moven a xeito de látego. Citoplasma Ribosomas Vacúolo contráctil

- Protozoos rizópodos, que son os que se desprazan ou capturan o alimento mediante prolongacións do citoplasma, a xeito de pés, chamadas pseudópodos.

- Protozoos esporozoos; son protozoos parasitos con estrutura moi simple e que carecen de estruturas de desprazamento. Deben o seu nome a que forman estruturas de resistencia ou esporas.

Algúns exemplos de protozoos Cilios

Cilios

O paramecio desprázase grazas ao movemento dos cilios que re­ cobren a súa superficie.

As vorticelas viven fixas a un substrato a través dun pedúnculo. Utilizan cilios para capturar alimento.

Flaxelo Pseudópodo

As amebas desprázanse mediante pseudópodos, tamén chamados falsos pés.

50

Os protozoos flaxelados teñen un ou máis flaxelos que axitan para desprazarse.


U2

As funcións vitais dos protozoos

- Como se nutren. Os protozoos son heterótrofos. Algúns son parasitos, xa que toman a materia or­ gánica doutros seres vivos nos que viven e aos que causan unha enfermidade; outros aliméntanse de materia orgánica, de bacterias e doutros protistas.

A reprodución asexual nos protozoos Nos ciliados

- Como se relacionan. Moitos son capaces de moverse para capturar o alimento, para fuxir ou para afastarse da luz; outros son inmóbiles.

- Como se reproducen. Aínda que algúns teñen reprodución sexual mediante gametos, polo xeral, os protozoos reprodúcense de forma asexual. A célula duplica o seu ADN e divide o seu contido en dúas células filla.

Células filla Nos flaxelados

2.2 A importancia dos protozoos - Os protozoos beneficiosos. Algúns protozoos son de grande importancia na depuración de au­ gas residuais, xa que se alimentan das bacterias descompoñedoras presentes nestas augas. Outros forman parte do plancto, e serven de alimento a moitos organismos acuáticos dos que, á súa vez, se alimenta o ser humano.

Células filla Nos rizópodos

- Os protozoos prexudiciais. Algúns protozoos son parasitos e causan enfermidades, como a malaria, que se contaxia pola picadura dun mosquito, ou a amebíase, que se transmite pola auga ou a través de alimentos contaminados. Células filla Nos esporozoos

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Corrixe no teu caderno as frases que sexan falsas. a) Os protozoos son heterótrofos. Células filla

b) Todos os protozoos son de vida libre. c) Os protozoos non poden desprazarse.

Observa a ilustración e responde.

d) Os protozoos reprodúcense só de forma ase­ xual.

a) As tres primeiras imaxes representan como se produce a bipartición en tres tipos diferentes de protozoos. Explica as diferenzas que observas entre elas.

e) Os protozoos teñen parede celular.

2

Asemblea de ideas. Formade grupos para explicar que consecuencias tería para o ser huma­ no que desaparecesen os protozoos.

3

anayaeducacion.es Consulta a presentación «Enfermidades producidas polos protozoos» no teu banco de recursos e explica algunhas medidas de prevención destas enfermidades.

b)

A última imaxe representa a reprodución característica dos esporozoos, a chamada divi­ sión múltiple ou esporulación. Busca informa­ ción sobre este tipo de reprodución e, con axuda da imaxe, fai unha descrición para explicar como acontece este proceso de división.

51


3

3.1 Como son as algas

O reino dos protistas. As algas Estrutura dunha alga unicelular Canle

Flaxelo

Membrana plasmática

Material xenético (ADN) Núcleo Citoplasma

Vacúolo contráctil

Ribosomas

Mitocondria Cloroplastos

Parede celular

As algas son organismos eucariotas, unicelulares ou pluricelulares (en cuxo caso non forman tecidos) e autótrofos. Viven en medios acuáticos. As células das algas teñen parede celular e cloroplastos, que conte­ ñen un pigmento chamado clorofila.

Tipos de algas Segundo a súa complexidade celular, hai algas unicelulares, como, por exemplo, as euglenas ou Hydrurus; algas que forman colonias, como Volvox ou pandorina; e algas pluricelulares, como a leituga de mar ou a gracilaria. As algas, ademais de clorofila, poden ter outros pigmentos que lles dan unha cor característica. Así, segundo sexa o pigmento maioritario, clasifícanse en:

- Algas verdes, que teñen maioritariamente clorofila. - Algas vermellas, que conteñen pigmentos de cor vermella. - Algas pardas, con pigmentos alaranxados.

Algúns tipos de algas Algas unicelulares

Algas coloniais

Estrutura dunha alga pluricelular Estrutura tipo talo. Conxunto de células que non forman tecidos. Filoide

Algas pluricelulares

Algas vermellas

Flotador Cauloide

52

Rizoide

Algas verdes

Algas pardas


U2

As funcións vitais das algas

- Como se nutren. As algas son autótrofas, é dicir,

Reprodución asexual dunha alga unicelular

sintetizan a súa propia materia orgánica mediante a fotosíntese.

- Como se relacionan. As unicelulares poden vivir libres ou asociadas formando colonias. As formas unicelulares teñen flaxelos cos que nadan cara á luz. As pluricelulares teñen estruturas para fixarse ás rochas e resistir a ondada ou para flotar na su­ perficie da auga.

Células filla

- Como se reproducen. Pódense reproducir asexualmente por bipartición, por fragmentación (cando se forma un individuo novo a partir dun fragmento doutro) ou mediante esporas (unhas células especializadas a partir das que se orixinan novas algas); e sexualmente, mediante gametos. Nalgunhas algas pluricelulares prodúcese alter­ nancia entre a reprodución sexual e a asexual.

A reprodución sexual dunha alga

3.2 A importancia das algas - Algas beneficiosas. As algas, grazas á fotosíntese, osixenan o océano e a atmosfera e consomen moi­ to dióxido de carbono. Ademais, serven de alimen­ to aos protozoos e a moitos organismos acuáticos. O ser humano utilízaas como alimento, como fer­ tilizante na agricultura e como base para o penso do gando. Así mesmo, delas extráense substancias como o ágar, que se emprega como espesante ali­ mentario e como medio de cultivo de plantas ou bacterias nos laboratorios.

- Algas prexudiciais. Algunhas algas producen as chamadas «mareas vermellas» cando se acumu­ lan en determinadas épocas do ano. Estas algas producen toxinas que poden afectar tanto a flora coma a fauna mariña e chegar ao ser humano a través do peixe contaminado por elas.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Explica en que se diferencian as algas pluricelu­ lares e as coloniais se ambas as dúas están for­ madas por unha agrupación de células que non forman tecidos.

2 Imaxina que as algas, de súpeto, desaparecen das augas do noso planeta. Explica, argumentando a túa resposta, que lles podería pasar aos seres vivos.

Esporas

Esporófito Cigoto

Xerminación

Fecundación Gameto feminino

Gametófito Gametófito feminino masculino

Gameto masculino

As algas pluricelulares teñen un sistema de reprodución denominado alternancia de xeracións. Consiste en que, tras cada xeración, cambia o tipo de reprodución, de modo que a unha fase de reprodución sexual por gametos lle segue unha fase de reprodución asexual por es­ poras, e así sucesivamente. A fase asexual das al­ gas correspóndese co esporófito e a fase sexual co gametófito. Tendo en conta isto e, con axuda da ilustración, escribe no teu caderno a explica­ ción de cada un dos pasos.

53


4

4.1 Como son os fungos

O reino dos fungos

Os fungos son organismos eucariotas, unicelulares ou pluricelulares (en cuxo caso non forman tecidos) e heterótrofos. Viven en lugares húmi­ dos, con temperaturas suaves e protexidos da luz.

Estrutura dun fungo unicelular Membrana plasmática

Núcleo Material xenético (ADN)

Mitocondria

Parede celular Citoplasma

Ribosomas

As células dos fungos teñen unha parede celular dife­ rente á das células vexetais. Nos fungos pluricelulares, as células asócianse formando estruturas con aspecto de filamento, chamadas hifas. O conxunto de hifas dun fungo pluricelular denomínase micelio.

Tipos de fungos Hai moitos tipos de fungos; por exemplo:

- Os fungos unicelulares son os fermentos. - Os fungos pluricelulares.

Estrutura dun mofo Esporas Estruturas reprodutoras (esporanxios)

• Os mofos. Nestes fungos, o micelio ten un aspecto de algodón. Adoitan crecer sobre os alimentos, a pel ou o solo húmido. • Os fungos que forman cogomelos. O micelio está enterrado no solo e o que coñecemos como cogo­ melo é, en realidade, a estrutura reprodutora onde se forman as esporas. Estes fungos crecen nos bos­ ques ou nos prados; por exemplo, o níscaro ou o champiñón.

Tipos de fungos Fungos unicelulares

As células forman filamentos chamados hifas

Estrutura dun fungo que forma cogomelos Estruturas reprodutoras (ou esporanxios) Mofos Esporas O conxunto de hifas forma o micelio

Hifa

54

Fungos que forman cogomelos


U2

As funcións vitais dos fungos

- Como se nutren. Todos son heterótrofos. Segundo a for­

Reprodución dun fermento

ma na que toman a materia orgánica poden ser saprófitos, parasitos ou simbióticos. Un exemplo de simbiose é o dos liques, formados por un fungo e unha alga; o fungo achega o ambiente húmido que a alga precisa para vivir, e esta, o alimento que o fungo necesita.

Xema

- Como se relacionan. Os unicelulares poden vivir como formas libres ou crecer sobre froitas, plantas, etc. Moitos fungos que forman cogomelos viven fixos ao solo.

- Como se reproducen. Moitos fermentos reprodúcense por xemación, que consiste na formación de dúas célu­ las filla, unhas das cales se desenvolve como unha xema sobre a outra. Os fungos pluricelulares reprodúcense por esporas que, ao xerminar, xeran un novo fungo. En moitos, a estrutura reprodutora é o cogomelo, que é onde se fabri­ can as esporas; nelas, o micelio, auténtico corpo do fungo, encóntrase enterrado.

4.2 A importancia dos fungos

Os fermentos divídense desigualmente formándose unha xema ou protuberancia que se separa da célula.

Células filla

Estuda os fungos con cogomelo Sombreiriño

3

Laminiñas

- Fungos beneficiosos. Os fungos saprófitos que viven no solo descompoñen a materia orgánica formando o humus, do que se nutren as plantas. Algúns cogomelos, como as trufas ou os níscaros, son moi apreciados na gastronomía. Moitos mofos producen antibióticos e outros medicamen­ tos. Os fermentos utilízanse para a fabricación de bebidas alcohólicas e de alimentos como o pan.

Esporas 2

1

Micelio

- Fungos prexudiciais. Os fungos parasitos causan enfer­ midades ás persoas, como o pé de atleta ou a tiña. Outros infectan as plantas e danan as colleitas. As toxinas dal­ gúns cogomelos poden ser mortais cando se consomen por erro ou descoñecemento. COMPRENDE, PIENSA, INVESTIGA...

1 Explica que son unha hifa e o micelio dun fungo. 2

anayaeducacion.es Consulta o recurso titulado «Os liques» e responde: a) Que seres vivos están conectados nesta relación sim­ biótica? b) Que lle achega cada ser vivo ao outro? c) En que lugares habitan estes seres vivos? Lique

Observa a imaxe da reprodución dos fungos que forman cogomelos e responde: a) Escribe os textos que poden describir os procesos numerados das distintas fases de desenvolvemento do fungo. b) As normativas sobre a recolección de co­ gomelos dalgunhas comunidades autó­ nomas especifican a prohibición de utili­ zar caldeiros, bolsas de plástico ou outros recipientes á hora de coller cogomelos; no seu lugar recoméndase o uso de ces­ tas. Razoa o porqué desta medida adop­ tada por algunhas comunidades. c) Busca información sobre os cogomelos tó­ xicos en España e anota o nome de tres de­ les e os efectos que causa o seu consumo. d) Fai outra lista con polo menos tres fungos con cogomelos que se utilicen para ali­ mentación. Elixe un deles e escribe unha receita que os utilice.

55


COMPRENDE

Interpreta imaxes

Organiza as ideas

3 Observa as seguintes imaxes e contesta as preguntas:

Organigrama radial. Completa no teu ca­ derno os espazos en branco deste organigrama. Aprende a facelos co recurso dispoñible en anayaeducacion.es. Ciliados

1

?

?

A

B

? ?

?

? Vibrións

?

Pro tis

Os cinco reinos

D

E

? Fungo s

imais

ras

An

ne

C

s ta

Mo

Cocos

s ga s Al ella rm ve ?

Protozoos

Mofos

?

a) Clasifica cada un dos organismos e indica a que reino pertencen. b) Que tipo de nutrición teñen? c) Móvense? Que estruturas celulares utilizan para iso?

Plantas

d) Viven illados ou forman colonias? e) Cáusanlle algúns deles enfermidades ao ser hu­ mano? f) Como se reproducen?

4 Indica os nomes das estruturas sinaladas no seguin­

Fai un resumo 2 Elabora o teu propio resumo da unidade seguindo este guión:

• • • •

Explica como se nutren as bacterias.

• • • •

Que criterio se utiliza para clasificar as algas?

Di en que consiste a bipartición bacteriana.

1 2

Explica como se nutren os protozoos. Describe as estruturas que lles permiten moverse a algúns protozoos.

4

Explica de que xeito se reproducen as algas. Explica como se relacionan os fungos. Di como benefician e como prexudican ao ser hu­ mano as bacterias, os protozoos, as algas e os fungos.

• Nomea: a) b) c) d)

56

te esquema dun fungo pluricelular e responde ás preguntas:

As As As As

características características características características

principais principais principais principais

das moneras. dos protozoos. das algas. dos fungos.

3

a) Cal é o verdadeiro corpo do fungo? Onde se en­ contra? b) Explica as etapas do proceso que está repre­ sentado na imaxe. c) Que cres que acontece se cando recollemos co­ gomelos, en lugar de cortalos a rentes do subs­ trato, os arrancamos?


Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.

U2

Aplica 5 Indica se as seguintes afirmacións corresponden a bacterias saprófitas, simbiontes ou parasitas: a) Obteñen a materia orgánica doutros seres vi­ vos aos que prexudican. b) Aliméntanse de restos de materia orgánica do medio. c) Establecen relacións de mutua axuda con ou­ tros seres vivos. 6 Razoa se sería posible encontrar algas nas profun­ didades do océano.

7 Plasmodium é o axente causal da malaria. Este pro­ tozoo mide 10 microns e é transmitido pola pica­ dura do mosquito Anopheles. Se o estilete do mos­ quito ten unha lonxitude de 0,1 centímetros, cantos protozoos pode inxectar nunha picadura? (Recor­ da, 1 micron ou micrómetro = 0,0001 cm).

8 Indica se as frases seguintes relativas ás algas e aos fungos son verdadeiras ou falsas e escríbeas co­ rrectamente no teu caderno: a) Todas as algas son pluricelulares e visibles a simple vista. b) As algas vermellas non teñen clorofila como pigmento fotosintético. c) Non existen algas de auga doce, todas son ma­ riñas. d) Todas as bacterias producen enfermidades. e) As algas reprodúcense só mediante reprodu­ ción asexual.

f) Como realizan a fotosíntese, os fungos viven en lugares solleiros e con pouca humidade. g) Os fungos poden producirlles enfermidades aos seres humanos, pero xamais ás plantas.

Avanza 9 Le o texto seguinte e responde ás preguntas: Euglena é unha alga unicelular que, ademais de ter un «ollo», un fotorreceptor que lle permite detectar a luz, presenta un tipo asombroso de nutrición. Os científicos chaman mixótrofos a este tipo de organismos, xa que son á vez autótrofos e heterótrofos. Euglena contén clorofila e polo tanto pode rea­ lizar a fotosíntese, xerando biomoléculas orgá­ nicas a partir de substancias inorgánicas e da enerxía da luz solar. Non obstante, este protis­ ta, tamén se nutre de materia orgánica proce­ dente doutros seres vivos, que pode captar do medio. Unha gran vantaxe para un pequeno or­ ganismo unicelular. a) Que tipo de nutrición presenta Euglena? En que consiste? b) En que condicións Euglena ten vantaxe sobre outras algas? c)

Busca información sobre o cultivo de al­ gas en condicións heterótrofas e explica a súa utilidade para producir biocombustibles.

REFLEXIONA Con esta segunda unidade afondaches na relación que existe entre as condicións de vida dun determinado lugar e os seres vivos que se desenvolven nel. Ade­ mais, descubriches moitos seres vivos imposibles de observar a simple vista e aprendiches algunhas técnicas de laboratorio de microbioloxía. Para realizar esta reflexión, descarga o cuestionario xunto coa rúbrica correspondente dispoñibles en anayaeducacion.es. Aspectos

Compréndoo e podería explicárllelo aos meus compañeiros

Non o comprendo Non o entendo de todo ben. Preséntanseme algunhas dúbidas

Non o sei

Podo diferenciar distintas formas de seres unicelulares e cualificalos …

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluída en anayaeducacion.es.

57


8 Os ecosistemas e o ser humano WANGARI MAATHAI A activista: árbores, xustiza e paz No meu país, as condicións de vida non cesaban de empeorar. Cada ano era necesario desprazarse a maio­ res distancias para encontrar auga potable. Os nosos nenos morrían de fame. O noso ámbito estaba tan de­ gradado que cada estación províanos de menos re­ cursos que a anterior... Que podía facer eu? A quen lle podía pedir axuda? Entón ocorréuseme que existían unhas aliadas tremendamente poderosas: as árbores. Chámome Wangari Muta Maathai e nacín en 1940 nunha viliña chamada Ihithe, en Kenya. Estudei en varias escolas católicas, onde aprendín a falar inglés con fluidez. Grazas a iso, en 1960 presentóuseme unha grande oportunidade: recibín unha bolsa para estudar nos Estados Unidos. Gradueime en Bioloxía no Mount St. Scholastica College de Kansas e ampliei a miña formación na Universidade de Pittsburg e nas universidades alemás de Giessen e Múnic. De volta en Kenya, formei parte do Departamento de Anatomía Veterinaria da Universidade de Nairobi, do 164

que en 1975 me convertín en xefa. Foi daquela cando empecei a interesarme en profundidade polos derei­ tos das mulleres en África e pola loita contra a pobre­ za, así que decidín actuar e, en 1977, fundei o Move­ mento Cinto Verde: unha organización que animaba ás mulleres de comunidades necesitadas a plantar árbores no seu ámbito a cambio dun pequeno soldo. As árbores evitan a erosión do solo, absorben conta­ minantes, reteñen a auga de chuvia e ofrecen madeira e alimento. É dicir, pouco a pouco rexeneran os ecosis­ temas deteriorados pola acción humana e melloran as condicións de vida dos que as plantaron. É unha boa recompensa, non cres? Desde aquel momento o meu labor como activista foi incansable. Tanto que en 2004 fun recoñecida nada menos que co Premio Nobel da Paz! Oxalá cada vez máis e máis persoas se decaten de que, coidando a nosa alianza co medio natural, nos enriquecemos todos.


Que vas descubrir? Nesta unidade

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

• Wangari Maathai. A activista: árbores, xustiza e paz

UNHA MENSAXE SEN BORRAR. QUE É A PEGADA DIXITAL?

1. Utilizamos os ecosistemas

1.1

2. Alteramos os ecosistemas 3. Protexemos os ecosistemas • Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

En anayaeducacion.es Para motivar • Vídeo: Antes de empezar

Descubride qué é a pegada dixital e facede unha listaxe na que anotedes todas as ac­ cións que realizades que teñen que ver con ela. Cantas delas teñen que ver co teléfono móbil? Que outros dispositivos utilizades que contribúan a ela?

1.2 Prestade especial atención e buscade infor­ mación sobre o CO2 asociado aos correos electrónicos. De que formas poderiades reducir inmediatamente a vosa pegada de carbono neste sentido? Como o fariades?

• Coñece máis a... Wangari Maathai

ORGANIZA O TEU INFORME

Para a detección de ideas previas

2.1 Preparade a información. Identificade o obxectivo do proxecto e explicade a razón da vosa investigación.

• Presentación: Que necesitas saber Para expoñer • Presentación: Os parques nacionais españois. Así se produce a desertización. A desertización en España. • Vídeos: A importancia da biodiversidade Para exercitar • Actividades interactivas: Aprende xogando Ponte a proba • Obradoiro de ciencias: Analizamos un caso de perda de biodiversidade. E, ademais, toda a documentación necesaria para aplicar as claves do proxecto.

2.2 Describide o procedemento que seguiches para investigar. 2.3 Ordenade os resultados obtidos. Usade gráficos e táboas cando sexa necesario. 2.4 Escribide as conclusións relacionándoas cos resultados da investigación. PRESENTADE OS DATOS OBTIDOS 3.1 Deseñade unha presentación que permi­ ta expoñer os principais datos do informe. A información debe ser intuitiva e doada­ mente comprensible. 3.2 Difundide a vosa presentación nos ámbitos que creades que poden servir para con­ cienciar sobre os problemas da tecnoloxía e sobre as solucións que propuxestes. + orientacións en anayaeducacion.es

165


1

Utilizamos os ecosistemas

1.1 Os ecosistemas como recurso Os seres humanos somos consumidores e dependemos dos ecosistemas para obter recursos que satisfa­ gan as nosas necesidades. Os recursos ou servizos que nos proporcionan os eco­ sistemas inclúen soporte vital (auga, osíxeno e alimen­ tos), materiais e enerxía para desenvolver as nosas actividades, espazo para vivir, a regulación do medio ambiente e valores culturais e estéticos. A dispoñibilidade destes recursos depende de que o biótopo estea en boas condicións pero, sobre todo, de­ pende de que exista unha gran biodiversidade.

A biodiversidade ou diversidade biolóxica é a variedade ou riqueza de seres vivos que habitan o planeta.

1.2 Osíxeno, auga e alimentos Como outros animais, as persoas necesitamos obter do medio osíxeno, auga e alimentos para realizar as nosas funcións vitais e, como a nosa poboación é enorme, ne­ cesitamos gran cantidade destes recursos.

A auga doce como recurso

O osíxeno O osíxeno da atmosfera terrestre, así como o que está disolto na auga, ten orixe biolóxica. Isto quere dicir que son os organismos produtores, as bacterias fotoautó­ trofas, as algas e as plantas quen o producen a través da fotosíntese. Así, a dispoñibilidade deste recurso está moi ligada á existencia e á abundancia destes seres vivos nos eco­ sistemas.

A auga Aínda que a auga na Terra é moi abundante, a que ne­ cesitamos como soporte vital é a auga doce, que ade­ mais debemos potabilizar para poder bebela con ga­ rantías sanitarias suficientes. Obtémola principalmente da chuvia, dos ríos e os lagos e dos almacéns subterrá­ neos ou acuíferos. A auga en forma de xeo é abundante pero de difícil acceso.

Observa a imaxe e razoa, a partir dela, por que a auga doce é un recurso tan valioso para o ser humano.

166

A auga doce é un recurso potencialmente renovable a través do ciclo hidrolóxico, pero está distribuída de xeito irregular na superficie terrestre e, nalgúns casos, como o das augas subterráneas, a súa renovación é moi lenta. Ademais, a auga doce pode contaminarse, o que na práctica equivale a que se esgote.


U8

Os alimentos Os seres humanos somos heterótrofos e alimentámonos de seres vivos ou dos seus produtos. De aí que dependamos de que os ecosistemas sexan capaces de soster suficientes seres vivos.

Pesca e acuicultura

Igual que pasa co osíxeno ou coa auga doce, os seres vivos son recursos renovables, dado que se reprodu­ cen. Non obstante, é importante que estes seres dispo­ ñan de tempo e de condicións para poder reproducirse ou pola contra extinguiríanse. En xeral, obtemos os alimentos de dúas maneiras:

- A caza, a pesca e a recolección. Aínda que a caza apenas se leva a cabo na actualidade como medio para obter alimentos, aínda pescamos e recollemos unha gran cantidade de animais e algas dos ecosis­ temas mariños mediante a pesca e a recollida, de aí que sexa moi importante que estes ecosistemas te­ ñan boa saúde.

- O cultivo e a cría de seres vivos. A maior parte dos alimentos que obtemos proceden de tres actividades humanas que necesitan integrarse nos ecosistemas para ser produtivas: • A agricultura. O cultivo de plantas proporciona ali­ mentos de xeito directo e tamén para os animais que criamos. Depende dunha boa saúde ambiental xa que require grandes extensións de terreo, auga doce suficiente e unha interacción cos seres polini­ zadores que faga posibles a produción de froitos. • A gandería. Os animais que criamos proporciónan­ nos carne, leite, ovos, mel e outros produtos alimen­ ticios. É unha actividade totalmente dependente dos ecosistemas, xa que os animais tamén necesi­ tan espazo, auga e alimentos para desenvolverse. • A acuicultura. Esta actividade, máis recente que as outras dúas, permítenos criar peixes e outros seres acuáticos, como crustáceos, moluscos ou algas en ámbitos controlados. Alivia a presión que exerce­ mos sobre os ecosistemas acuáticos silvestres, pero tamén ocupa o seu espazo e consome os recursos procedentes dos devanditos ecosistemas.

Compara os dous xeitos de obter peixe que apa­ recen nas fotografías. Sinala as vantaxes e os in­ convenientes ambientais de cada un deles.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Por que cres que se considera que a biodiversida­

2 Cita varios alimentos que non obteñamos a partir de

de é un indicador da riqueza dun país? Razoa a túa resposta.

plantas cultivadas ou de animais domésticos, senón de seres vivos silvestres e explica como se conseguen.

167


1

Utilizamos os ecosistemas

1.3 Materiais e enerxía Os ecosistemas proporcionan tamén materiais e ener­ xía que necesitamos para as nosas actividades.

Materiais

As devesas como recurso Gandería de porco ibérico

Os ecosistemas proporciónannos diversos materiais que necesitamos para as nosas actividades. Os princi­ pais son os seguintes:

- Rochas, minerais e auga. Estas materias primas pro­ ceden do biótopo e son imprescindibles para a indus­ tria e a construción. Non son renovables agás a auga, cos matices que xa se comentaron.

- Solo. O solo fértil é imprescindible para a agricultu­ ra. É un recurso que se foi arrebatando aos ámbitos naturais e que se pode esgotar se se utiliza de forma irracional.

- Madeira e fibras vexetais. Obtemos a madeira dos troncos das árbores silvestres, pero cada vez máis dos cultivos forestais. En canto ás fibras vexetais, des­ tacan o algodón, o liño, o cánabo ou o esparto, cos que facemos tecidos, ou cordas. Obtención de cortiza da sobreira

- Peles e la. Coas peles dos animais elabórase o coiro presente en roupa, calzado ou tapicerías. Por outra parte, a la de ovellas, cabras ou alpacas destínase á elaboración de tecidos.

- Medicinas. Moitos seres conteñen ou producen subs­ tancias coas que fabricamos medicamentos. Desta­ can numerosos principios activos que se obteñen das plantas, ou os antibióticos, que se extraen de certos mofos.

Enerxía Obtención de carbón vexetal

Na actualidade obtemos a maior parte da enerxía dos combustibles fósiles, que se formaron en ecosistemas do pasado e cuxa extracción e uso causa un importante impacto nos ecosistemas presentes. Outras fontes de enerxía amplamente utilizadas, como as substancias radioactivas, a radiación solar, o vento ou as correntes de auga non están producidas polos ecosistemas, pero o seu uso inflúe neles pois altéraos.

Algúns ecosistemas, como as devesas de aciñei­ ras e sobreiras proporcionan alimentos, mate­ riais e enerxía. Observa as imaxes e indica que recursos son eses e como se obteñen.

168

A única fonte de enerxía usada na actualidade que si producen os ecosistemas é a chamada biomasa. Trá­ tase dun conxunto de materiais procedentes de seres vivos, que poden utilizarse como biocombustibles. Destacan a leña de madeira ou de restos agrícolas, o carbón vexetal, os aceites vexetais, os bioalcohois ou o biogás procedente da fermentación de restos de co­ mida ou de excrementos.


U8

1.4 Outros recursos Hai outros recursos e servizos que nos proporcionan os ecosistemas, que non son recursos materiais pero que non por iso teñen menor importancia.

Un espazo para vivir

Espazo para vivir Os seres humanos necesitamos moito espazo, tanto para establecer as nosas vivendas coma para dispoñer os nosos cultivos, pastos e infraestruturas. Ese espazo está limitado, polo momento, á superficie emerxida da codia terrestre, coa salvidade de rexións con condicións ambientais moi duras como o interior do Sáhara ou da Antártida, as zonas montañosas situa­ das a grande altitude ou as banquisas do Ártico que non ocupamos. Debemos considerar, polo tanto, que o espazo é limita­ do e que as áreas que ocupamos deixan de estar dispo­ ñibles para outros ecosistemas non humanizados.

Regulación Os ecosistemas fan que o planeta teña un estado de equilibrio dinámico cunhas condicións favorables para as especies actuais, incluída a nosa. Así:

- Características como a cantidade de fitoplancto nos medios mariños ou a cantidade de superficie cuber­ ta por vexetación nos medios terrestres son determi­ nantes no clima ou na hidroloxía do planeta. Compara as dúas imaxes e indica como cres que influíron nestas dúas sociedades as característi­ cas dos ecosistemas das rexións nas que están asentadas.

- Os ecosistemas en equilibrio son moito menos pro­ pensos á extensión de pragas ou de enfermidades, xa que teñen os seus propios sistemas de control.

Valores culturais e estéticos A comprensión dos valores culturais e estéticos que achegan os ecosistemas require educar as poboacións para que os coñezan, os respecten e saiban como apro­ veitalos. Entre estes valores podemos destacar os se­ guintes:

- As diferentes sociedades humanas definíronse en función das características dos ecosistemas presentes nas zonas nas que viven. Así, a gastronomía, a vestimenta, a vivenda ou os usos do medio dunha so­ ciedade dependen en boa medida da influencia dos devanditos ecosistemas.

- Os ecosistemas achegan beleza en forma de paisa­ xes ou de comunidades de seres vivos de gran visto­ sidade que moitas persoas queren contemplar e ex­ perimentar porque xeran benestar. Isto é unha fonte de riqueza que se pode explotar a través de activida­ des como o turismo.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

3

Lapis ao centro. En grupo, facede unha lista con todo o que vexades ao voso arredor que pro­ ceda de seres vivos. Poderiades prescindir desas cousas?

4 Explica por que é importante que existan na Terra grandes extensións de bosques e selvas.

5 Explica por que a beleza se considera un recurso que achegan os ecosistemas.

169


2

Alteramos os ecosistemas

No pasado, cando a poboación humana no planeta era pequena, explotabamos os recursos naturais sen mo­ dificar en exceso o medio, polo que daba tempo á súa rexeneración. Pero, na actualidade, o enorme crecemento da po­ boación e o desenvolvemento da tecnoloxía levaron a un consumo incontrolado dos recursos e a importan­ tes alteracións nos ecosistemas que están causando graves problemas ambientais. Os principais son a perda da biodiversidade, o cambio climático e a perda de solo, que leva á desertización.

2.1 A perda da biodiversidade Un dos problemas ambientais máis graves e inquietan­ tes aos que nos enfrontamos é que a actual taxa de desaparición de especies alcanzou uns valores alar­ mantes e sen precedentes que parecen que están pro­ ducindo un episodio de extinción masiva.

O bisonte en perigo

As causas desta perda de biodiversidade son, entre ou­ tras, a sobreexplotación, a alteración dos medios natu­ rais e a introdución de especies exóticas.

A sobreexplotación A sobreexplotación das especies é a súa captu­ ra ou recolección masiva e tan rápida que non dá tempo á recuperación das poboacións me­ diante a reprodución. As actividades humanas responsables desta explota­ ción desmesurada son:

- A pesca industrial con artes pouco selectivas. Al­ gúns países aínda realizan unha pesca a escala in­ dustrial, con grandes buques e redes quilométricas e pouco selectivas, que literalmente esquilman o mar. Ademais, nalgúns casos non se respectan as cotas de captura nin as paradas para permitir que as especies se reproduzan e se recuperen as poboacións. A imaxe corresponde a unha época da historia de Norteamérica na que se realizou unha caza masiva dun animal daquela moi abundante no territorio: o bisonte. Busca información sobre este acontece­ mento, indica cales foron as súas consecuencias ambientais, describe a situación actual do bison­ te e dá a túa opinión ao respecto.

170

- A corta masiva. Nalgunhas zonas do mundo córtanse grandes extensións de selva para conseguir madeiras de alta calidade. Isto non só acaba coas árbores, se­ nón con todas as especies asociadas a elas.

- A caza e a recolección ilegais. Hoxe en día séguense cazando ou recollendo seres vivos de forma furtiva, que se destinan ao comercio ilegal de especies para coleccionismo ou para obter materiais como o marfil, o coral ou substancias supostamente curativas.


U8

A alteración dos medios naturais A alteración ou mesmo a destrución dos medios naturais de­ bida ás actividades humanas causa a desaparición das espe­ cies dos ecosistemas asociados a eses medios.

O problema do plástico

O ser humano altera os medios principalmente debido á:

- Deforestación. É a eliminación da cuberta vexetal dunha zona debi­ do a cortas masivas ou incendios. Destrúe todo o ecosistema aso­ ciado ás plantas e expón o solo á erosión.

- Contaminación. As emisións de certos gases poden orixinar chu­ vias ácidas que matan as plantas e contaminan os solos. Así mesmo, as verteduras de residuos e de substancias prexudiciais nos solos e nas augas mariñas ou continentais envelenan moitos seres vivos. Un dos problemas máis importantes na actualidade é o dos residuos plásticos, que chegan a estar presentes en todos os ecosistemas e mesmo dentro de seres vivos.

- Ocupación. O ser humano ocupa grandes extensións de terreo con vilas e cidades, con infraestruturas (estradas, encoros, etc.) e, sobre todo, con cultivos e pastos. Os medios naturais que había nesas zo­ nas desaparecen e con eles os seus ecosistemas.

Observa a imaxe e escribe unha redacción sobre este problema, sobre os sentimentos que che produce e sobre o que cres que podería facerse para resolvelo.

A introdución de especies exóticas As especies exóticas introducidas son aquelas que proceden duns ecosistemas pero son levadas a outros, nos que se esta­ blecen e causan desequilibrios nas relacións bióticas. O ser humano foi responsable, de forma intencionada ou accidental, do traslado e introdución, nalgúns ecosistemas, de especies proce­ dentes doutros. Os motivos son moi variados:

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

- Por interese económico. Algunhas especies, tanto domésticas coma

1 Que é a sobreexplotación das es­

silvestres, introducíronse en zonas onde non existían coa intención de aproveitalas como alimento, con fins cinexéticos, como fonte de materiais ou como adorno. Algunhas destas especies asilvestráron­ se e colonizaron esas zonas, causando desequilibrios.

- Para intentar emendar problemas. En ocasións, para «reparar» a ex­ tinción dunha especie local ou para «remediar» a aparición dunha praga, introducíronse especies para substituír a especie extinta ou para servir de depredadores da praga. Estas intervencións sempre xeraron novos problemas.

- Por accidente. Algunhas especies exóticas chegaron a outros eco­ sistemas ao fixarse ou meterse en barcos, en colectores de merca­ dorías, etc.; outras especies escaparon ou dispersáronse a partir de viveiros, granxas de animais, zoolóxicos, etc.

- Por neglixencia. Algunhas persoas liberan no medio natural seres exóticos que poden asilvestrarse e causar problemas.

pecies? Pon algún exemplo.

2 Explica por que a deforestación dunha zona acaba cun gran núme­ ro de especies.

3

Busca información sobre es­ tas especies: mexillón cebra, xacin­ to de auga, papagaio de Kramer e sapo cururú. Indica, en cada caso: a) Cal é a súa zona de orixe? b) Como se introduciu na rexión na que é exótica?

c) Por que é daniña para os ecosis­ temas nos que se introduciu? COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

171


2

Alteramos os ecosistemas

2.2 O cambio climático Nos últimos tempos estase detectando no planeta un quentamento global progresivo. As medicións que se levan rexistrando desde hai máis de dous sécu­ los mostran un aumento continuo e rápido da temperatura media da Terra que parece comezar cando se xeneralizan a industrialización e o uso dos combustibles fósiles. Isto converte as actividades humanas nas principais sospeitosas do quentamento. Asociados a este quentamento estanse detectando importantes cam­ bios nos climas da Terra: os invernos tenden a ser menos fríos, as secas en certas zonas comezan a ser máis frecuentes e prolongadas, aumenta a frecuencia dos furacáns, etc. É o que se coñece como cambio climático.

Como se produce o cambio climático

Efecto invernadoiro Radiación solar

Hai probas científicas de que a principal causa do cambio climático é o aumento na atmosfera de certos gases procedentes da actividade humana, en especial o dióxido de carbono (CO2).

Atmosfera

Sol

Este gas é o responsable do chamado efecto invernadoiro. Retén a radiación infravermella que emite a Terra ao ser quentada polo Sol e evita un arrefriamento rápido do planeta polas noites. Isto mantén as temperaturas do noso planeta en niveis adecuados.

Radiación reflectida Radiación infravermella retida

Non obstante, ao aumentar a concentración de CO2 na atmosfera de­ bido ás emisións humanas, o efecto invernadoiro increméntase e a temperatura media aumenta. O quentamento global ten unha serie de efectos encadeados que contribúen ao cambio dos climas:

- Os casquetes polares e os glaciares derrétense e toda esa auga doce remata nos mares, que aumentan o seu nivel.

- A chegada de gran cantidade de auga doce ao mar altera a salinidade e podería chegar a cambiar o curso dalgunhas correntes mariñas.

- O quentamento da superficie mariña e as variacións nas correntes cambian a circulación atmosférica e, polo tanto, as precipitacións e os ventos nas diferentes zonas da Terra.

Concentraciónde deCO CO22 Concentración (partes (partes por por millón) millón) 300

5,0 2,5

280

0

260

-2,5

240

-5,0

220

-7,5

200 180

-10,0 140

120

100

80

60

Miles de años atrás Miles de anos

172

40

20

0

14,3

370 350

14,1

330

13,9

310 290 270 250 1 000

°C 160

14,5

390

ppm CO2

Cambio dedetemperatura Cambio temperatura respecto respectoao alpresente presente (°C) (°C)

Relación entre a concentración de CO 2 e a temperatura da Terra

13,7 1 200

CO2

1 400

1 600

Años Anos

1800

13,3 2000

°C


U8

As consecuencias Aínda que as evidencias científicas do cambio climáti­ co son innegables, a ciencia aínda non sabe como evo­ lucionarán os climas da Terra e cales serán as conse­ cuencias destes cambios. Polo momento, as previsións máis probables ante un cambio climático serían as seguintes:

- Os ecosistemas alteraranse porque as especies deixarán de estar ben adaptadas ás novas condicións derivadas do cambio climático.

- O aumento do nivel do mar fará que as costas e as terras baixas se inunden en parte, o que cambiará as condicións dos ecosistemas costeiros. Os ecosiste­ mas de augas superficiais, como os arrecifes de coral, veranse afectados ao quedaren a unha maior profun­ didade e recibiren menos luz.

- O cambio climático afectaralle á agricultura, á gandería e ás nosas poboacións e infraestruturas. A eco­ nomía dalgúns países pode verse moi prexudicada e algúns países situados en terras baixas poden mesmo desaparecer.

- Os movementos migratorios de persoas causados polos efectos do cambio climático poden ser masivos se as condicións de vida nalgunhas zonas se fan insostibles. Isto concentrará a poboación humana en menor espazo.

4 Explica a relación que existe entre o quentamento global e o uso dos combustibles fósiles.

5

Que pasaría se...? Imaxina que, para deter o quentamento global, se decidise eliminar por completo o efecto invernadoiro. Sería unha boa solución?

6

Folio xiratorio. Anotade as consecuencias que podería ter para a vosa localidade e o voso ámbito próximo o cambio climático e describide algunha que creades que xa está acontecendo. COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Desertos, inundacións e desxeos

Relaciona estas dúas fotografías co cambio climático. Xustifica as túas respostas.

173


2

Alteramos os ecosistemas

2.3 A perda do solo e a desertización A explotación intensiva que o ser humano fai dos solos provoca a súa alteración ou a súa destrución.

A desertización é o proceso de degradación do solo, polo que deixa de ser fértil e bioloxicamente produtivo, asemellán­ dose a un deserto. As principais causas da desertización son dúas: a perda da cuberta vexetal e a erosión do solo.

A perda da cuberta vexetal ou deforestación Os territorios poden sufrir a deforestación por varias causas. Por exemplo:

- Por sobreexplotación dos bosques. - Por un mal uso dos solos. Por exemplo, destinándoos a cultivos que despois se abandonan ou dedicándoos a un pastoreo de gando ex­ cesivo que acaba con toda a vexetación.

- Por incendios accidentais ou intencionados. - Por causas climáticas que maten as plantas, como secas extremas ou aumentos da temperatura.

A erosión do solo Os solos desprovistos de vexetación deixan de estar suxeitos polas raíces das plantas e cubertos pola súa banda aérea. Isto fai que as chuvias os arrastren, especialmente se están en pendentes. O problema vese agravado nas zonas áridas onde as chuvias, escasas e torrenciais, arrastran gran cantidade de solo deixando rochas núas e improdutivas.

Perdendo solo A zona da fotografía perdeu o seu solo en boa medida debido a unha intensa erosión. Explica que factores cres que fa­ voreceron esa perda de solo.

174


U8

As consecuencias da desertización A desertización supón a perda dos ecosistemas das zonas afectadas. Esta perda é, ademais, irreversible, xa que o proceso de rexeneración dos solos é extremadamente lento, o que fai que, unha vez perdido o solo nunha zona, non se poida reforestar. Para o ser humano, a desertización leva consigo problemas porque as zonas afectadas non permiten a agricultura ou a gandería, adquiren condicións de vida moi difíciles ou custosas de soportar e case sem­ pre son abandonadas.

A desertización no mundo e en España Na actualidade hai amplas zonas do planeta que teñen risco de sufrir desertización ou que a están sufrindo. A maior parte están en zonas subtropicais ou temperadas secas, xa que o clima desas rexións as fai especialmente vulnerables a este proceso.

7 Explica por que o fenómeno da de­ sertización é máis grave nas zonas áridas do planeta.

8

anayaeducacion.es Consulta «Así se produce a desertización» e «A desertización en España» e di por que España é un país con alto risco de desertización. Cales son as zonas que teñen maior risco?

9 Relaciona o cambio climático, a de­ sertización e a perda de biodiver­ sidade.

O sueste da Península Ibérica, as Illas Canarias e Ceuta e Melilla son as zonas do noso país con maior risco de desertización.

Moi alto Alto

Baixo Moi baixo

Medio

RISCO DE DESERTIZACIÓN NO MUNDO Moi alto Alto Moderado Baixo

A desertización Relaciona a situación das zonas con maior risco de desertización en España e no mundo cos climas predominantes nesas zonas e coa 0 2 000 4 000 6 000 8 000 km actividade humana nelas.

175


3

Na actualidade, case todos os seres humanos somos conscientes das alteracións que producimos nos eco­ sistemas e de que estas poden ameazar a nosa propia supervivencia como especie.

Protexemos os ecosistemas

Así, aínda que é complicado alcanzar acordos entre to­ dos os países, si que existen plans para controlar esas alteracións sen renunciar ao desenvolvemento; é dicir, inténtase alcanzar un desenvolvemento sostible.

Os ODS

O desenvolvemento sostible é un modelo so­ cioeconómico que garante o benestar e a dis­ poñibilidade de recursos a todas as persoas, respectando o medio ambiente de xeito que as xeracións futuras poidan gozar del.

3.1 Os ODS Co fin de alcanzar o modelo de desenvolvemento sos­ tible, a Organización das Nacións Unidas (ONU) pre­ parou os chamados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, con metas a curto, medio e longo prazo que os países deberían comprometerse a ir alcanzando. As metas inclúen medidas concretas para:

- Facer que as actividades humanas sexan xustas para as sociedades e compatibles co medio ambiente.

- Elaborar leis que garantan ou favorezan o cumpri­ mento das medidas propostas.

- Levar a cabo plans para unha educación dirixida a conseguir unha conciencia medioambiental global. Entre as que se ocupan de resolver os problemas am­ bientais que se trataron nesta unidade destacan aque­ las destinadas a protexer a biodiversidade, as dedica­ das a deter o cambio climático e as que intentan loitar contra a desertización.

Argumenta como cres que contribúen aos ODS as persoas que se ven nas imaxes.

Os obxectivos de Desenvolvemento Sostible

INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA

176

FIN DA POBREZA

FAME CERO

SAÚDE E BENESTAR

EDUCACIÓN DE CALIDADE

IGUALDADE DE XÉNERO

AUGA LIMPA E SANEAMENTO

ENERXÍA ACCESIBLE E NON CONTAMINANTE

TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO

REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES

CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES

ACCIÓN POLO CLIMA

VIDA SUBMARINA

VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES

PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS

ALIANZAS PARA LOGRAR OS OBXECTIVOS


U8

3.2 Protexer a biodiversidade As principais medidas para evitar a perda da biodiversidade son as seguintes:

- Regular a explotación de seres vivos. Sobre todo os de ecosistemas mariños, establecendo límites nas capturas e períodos de «parada biolóxica» para permitir a recuperación das poboacións. Así mesmo, endurécese a persecución do tráfico ilegal de especies e do furti­ vismo e prohíbese a caza e a recolección de especies en perigo de extinción.

- Evitar a deterioración dos medios. Para iso, promóvese unha ex­ plotación racional dos recursos, aplícanse medidas para reducir a contaminación e a acumulación de residuos, inténtase evitar os in­ cendios ou dispóñense medios para extinguilos, etc.

- Controlar o problema da introdución de especies exóticas. Para iso, increméntase o control sobre o tráfico de seres vivos entre países e sobre a presenza accidental de especies en transportes e colectores. Tamén se aplican medidas para eliminar poboacións de especies xa establecidas.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Explica que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

2 Explica como contribúe á protec­

- A creación de centros de investigación. Os parques zoolóxicos e os bancos de sementes fan posible criar en catividade as especies ameazadas, que son reintroducidas no seu hábitat.

ción da biodiversidade un banco de sementes.

- Crear espazos protexidos. Consiste en restrinxir a ocupación e as

3 Descubre cal é o parque nacional

actividades humanas nalgunhas zonas do planeta nas que existen ecosistemas valiosos, especies ameazadas ou espazos naturais non humanizados ou cunha presenza humana en equilibrio cos ecosis­ temas.

máis próximo á túa localidade, des­ críbeo e explica por que cres que se creou.

PRINCIPAIS ESPAZOS NATURAIS ESPAÑOIS

M a r

C a n t á b r i c o

Parque nacional

ORDESA E MONTE PERDIDO

Outros espazos protexidos Reserva da Biosfera 0

200

400

600

800 km

PICOS DE EUROPA

ILLAS ATLÁNTICAS

Fonte: MAGRAMA e UNESCO.

AIGÜESTORTES I ESTANY DE SANT MAURICI

SIERRA DE GUADARRAMA

OCÉANO MONFRAGUE

CABAÑEROS

ARQUIPÉLAGO DE CABRERA

TÁBOAS DAIMIEL

AT L Á N T I C O

DOÑANA

SIERRA NEVADA CALDERA DE TABURIENTE TEIDE

TIMANFAYA

r M a

M

e

d

i

t e

á r r

n

e o

GARAJONAY

177


3

Protexemos os ecosistemas

3.3 Deter o cambio climático O cambio climático é o principal problema ambiental ao que nos enfrontamos, xa que, de producirse con de­ terminada intensidade, agravará todos os demais. Afortunadamente, existe unha crecente preocupación mundial polo cambio climático dadas as súas graves consecuencias. Por iso, hai acordos internacionais para intentar resolvelo mediante:

- Compromisos para reducir as emisións de CO2, como o desenvolvemento de fontes de enerxía limpas ou, polo menos, provisionalmente, aquelas que non utili­ zan combustibles fósiles e non emiten gases.

- Plans para evitar a deforestación e para rexenerar as áreas deforestadas, ademais de medidas para evitar a perda de fitoplancto mariño. Tanto as plantas coma as algas fixan o CO2 atmosférico mediante a fotosín­ tese e contribúen a manter a súa concentración en niveis tolerables.

- Promoción da educación, para que todos adquira­ mos conciencia de que debemos adoptar hábitos de vida que impliquen menos emisións de CO2, como uti­ lizar transportes colectivos, aforrar enerxía, non des­ bordar recursos, etc. É o que se chama «reducir a nosa pegada de carbono».

Reducimos a pegada de carbono As accións ou os hábitos de vida que se repre­ sentan nas fotografías contribúen a reducir a «pegada de carbono». Explica por que.

178


U8

3.4 Loitar contra a desertización As posibles solucións ao problema da desertización im­ plican accións coma estas:

- Medidas de prevención, como o control da corta de árbores, a construción de bancais para diminuír a ero­ sión en zonas deforestadas, a prevención dos incen­ dios forestais ou a promoción de incentivos nas áreas rurais para evitar o abandono de cultivos e para xes­ tionar as zonas forestais.

- Recuperación dos solos mediante a reforestación progresiva das zonas afectadas. Para iso, achegarase novo substrato e replantaranse, primeiro, especies de plantas resistentes para fixalo e melloralo, que serán substituídas gradualmente polas especies autóctonas que había na rexión.

Rega por goteo nunha horta.

- Medidas que diminúan os efectos da seca, aumen­ tando a dispoñibilidade de auga mediante técnicas de captación e métodos de rega adecuados que evi­ ten o desecamento ou a salinización dos solos e dos acuíferos.

- Desenvolvemento de campañas de educación ambiental e de sensibilización, incluída a participación de colectivos implicados, como os dedicados á gan­ dería e a agricultura.

Reforestación con plantas autóctonas.

Un aforro enerxético moi eficaz Moitas campañas relacionadas co cambio climático adoitan incidir no aforro enerxético. Na táboa podes ver o consumo eléctrico anual dunha casa. Observa e responde: a) O consumo mensual dun aparato calcúlase mul­ tiplicando a potencia en W, as horas diarias que está acendido e os días do mes. Por exemplo, un televisor cunha potencia de 100 W que estea acendido 4 horas ao día consumiría 150 W × 4 ho­ ras/día × 30 días = 1 800 Wh = 18 kWh nun mes. Elabora unha táboa como a do exemplo e calcula o gasto total e mensual da túa casa.

d) O prezo do kWh varía cada día. O consumo me­ dio en 2020 foi de 0,141 €; en 2021 0,253. Consulta o prezo medio actual do kWh e calcula canto afo­ rrarías en 2020, canto en 2021 e canto este ano. Electrodoméstico Frigorífico con conxelador

Consumo kWh/ 1200

Lavadora

260

Lavalouza

245

Forno

240

Vitrocerámica

420

b) Calcular o gasto anual dun electrodoméstico é complexo debido a cambios na potencia ou fre­ cuencia do seu uso. Analiza os cálculos que fixe­ ches no apartado anterior e razoa a que poden deberse as diferenzas cos datos da táboa.

Televisor

210

Ordenador

180

Iluminación

380

c) Anota como aforrar enerxía na casa e calcula can­ tos kWh poderías aforrar. Busca información so­ bre o gasto en «Stand by» e o consumo fantasma.

Outros

360

Total

3 495

179


COMPRENDE

Interpreta imaxes

Organiza as ideas

3 As imaxes que se mostran a continuación represen­

1

Diagrama de Ishikawa. Copia e completa no teu caderno o seguinte diagrama sobre a perda da biodiversidade. Aprende a utilizar este organizador gráfico en anayaeducacion.es.

?

c) Propón algunhas solucións para reparar eses impactos ou para evitar que acontezan noutras zonas do mundo.

A deforestación ? debida a ? e ?

A contaminación de ? e ?

A PERDA DE BIODIVERSIDADE A

?

O comercio

A SOBREEXPLOTACIÓN DE ESPECIES...

?

Desequilibrios

?

A INTRODUCIÓN DE ESPECIES...

Fai un resumo 2 Elabora o teu propio resumo da unidade seguindo este guión: • Define biodiversidade e explica por que é impor­ tante para o ser humano. • Cita todos os tipos de recursos ou servizos que se obteñen dos ecosistemas e xustifica por que son importantes. • Nomea, explica e clasifica as principais causas da perda da biodiversidade no planeta. • Explica as causas do cambio climático. • Cita posibles consecuencias do cambio climá­ tico para os ecosistemas e para as actividades humanas. • Explica as causas da desertización e cita algu­ nhas das súas consecuencias. • Define o concepto de desenvolvemento sostible. • Nomea as principais medidas que poden evitar a perda de biodiversidade. • Nomea as principais medidas que se deberían aplicar para deter o cambio climático. • Nomea as principais medidas que se poden to­ mar para loitar contra a desertización.

180

a) Di que problemas ambientais se ven claramente ou cales se poden deducir en cada imaxe. b) Deduce que actividades humanas puideron causar os impactos ambientais representados en cada unha das fotos.

A DESTRUCIÓN E ALTERACIÓN DE HÁBITATS A construción de

tan rexións do mundo nas que son moi evidentes os problemas ambientais. Obsérvaas detidamente e:


Recorda que dispós, no teu banco de recursos:

Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.

U8

de fichas para mellorar a túa cidadanía dixital.

7 Propón varias medidas que permitan evitar, mitigar

Aplica 4 Que cres que cambiaría no teu día a día se, por un desastre ecolóxico global, desaparecese case toda a biodiversidade dos océanos?

5 Fíxate no gráfico que aparece a continuación. Nel represéntase a variación da extensión da banquisa ártica no mes de setembro durante un período de varios anos. Extensióndel dohielo xeo Extensión (millóns de km22)) (millones

de diversos obradoiros para xestionar as túas emocións e dunha diana para avalialas.

ou corrixir os seguintes impactos ambientais: a) As poboacións de peixes mariños diminúen. b) A temperatura media da Terra aumenta. c) O sueste da Península Ibérica está sufrindo unha desertización moi severa.

Avanza 8 Os ODS poden aplicarse a escala global, pero ta­

8

mén son aplicables en ámbitos máis concretos, como un país, unha cidade, unha empresa ou un centro escolar como o teu.

7

Imaxina que está na túa man aplicar estes obxec­ tivos no teu colexio ou instituto. Para iso, deberías establecer metas a curto, medio e longo prazo que permitisen facer do teu centro escolar un exemplo de sostibilidade.

6 5 4 3

2 Ano 80 984 988 99 996 00 04 08 012 016 20 Año 1 1 1 1 2 20 20 20 20 2

19

a) Que se pode deducir da observación do grá­ fico? b) Cales cres que son as causas desa tendencia no xeo da rexión do Ártico?

6 O sapoconcho da Florida é un réptil acuático orixi­ nario dos pantanos do sur de Norteamérica que na actualidade pode encontrarse en moitos ecosiste­ mas acuáticos españois e que se declarou especie invasora. Investiga e explica por que.

Tendo isto en conta, propón medidas concretas que deban aplicarse no centro cunha data de cumpri­ mento, para contribuír á consecución dos seguintes obxectivos: a) Frear a perda de biodiversidade. b) Reducir a deforestación. c) Evitar a acumulación de plásticos nos ecosis­ temas. d) Deter a deforestación. Recorda que mesmo pequenos xestos contribúen á solución de problemas globais.

REFLEXIONA Nesta unidade analizaches a relación do ser humano co seu ámbito centrándote, a través da situación inicial de aprendizaxe, no impacto que ten a tecnoloxía e particularmente os teléfonos móbiles. Reflexiona sobre a túa aprendizaxe com­ pletando o cuestionario e a rúbrica dispoñibles en anayaeducacion.es. Aspectos

Compréndoo e podería explicárllelo aos meus compañeiros e compañeiras

Non o comprendo de todo ben. Preséntanseme algunhas dúbidas

Non o entendo

Non o sei

Propostas para avanzar

Entendo o papel que teñen os ecosistemas como fonte de recursos para a humanidade. Son capaz de enumerar distintos tipos de recursos que me prové a biodiversidade dun ecosistema.

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluída en anayaeducacion.es.

181


© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.