Operación mundo: Ciencias Sociais 2º Primaria (demo)

Page 1

DEMO

INCLÚE

C

EN

lic

ia

PRIMARIA

E

ZA 12 MES

Ga

2

S

LI

PROXECTO DIXITAL

Ciencias

Sociais a ria ate rarse io, m o a d Est incorp o Me d a erí rco nto pod ceme vo ma mico o nó ñe Co se o n auto era. o c ativ stable m r no sí o e a

a

ic ón

r pe

O u

o d n

m


Que imos aprender?

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVO EN ACCIÓN

PÁX.

1

Imos xuntos

2

En que traballarás?

ARIO

ISCIPLIN

INTERD

8

24

ODS

• Situación de aprendizaxe: a partir dun breve texto e dunha imaxe dun neno en cadeira de rodas, preséntase a reflexión sobre a importancia da eliminación de barreiras para a mobilidade na localidade. • Obxectivo en acción: pensar en parellas que se podería facer para adaptar os espazos da localidade ás distintas necesidades das persoas. • Situación de aprendizaxe: partindo dunha imaxe cunha serie de persoas traballando en distintos servizos municipais, analizaremos a importancia de todos os traballos. • Obxectivo en acción: considerar todos os factores para valorar a importancia de todas as persoas traballadoras.

Paz, xustiza e institucións sólidas

REPASO TRIMESTRE 1

3 4

Onde estás?

Gústame esta paisaxe

44

60

• Situación de aprendizaxe: tomando como punto de partida unha nena e un neno que están nun ámbito natural, analízanse as diferentes maneiras que temos as persoas para poder orientarnos no espazo. • Obxectivo en acción: debuxar un plano sinxelo do colexio para poder orientarse nel.

• Situación de aprendizaxe: a entrada da unidade, co neno e a nena recollendo desperdicios, sérvenos de gancho para traballar ao longo de toda a unidade o coidado e a protección das paisaxes. • Obxectivo en acción: achegar ideas para o coidado e a conservación do ámbito natural próximo de nenas e nenos.

Vida e ecosistemas terrestres

Cidades e comunidades sostibles

REPASO TRIMESTRE 2

5 6

Gozamos coa auga

Aproveita o teu tempo!

80

96

• Situación de aprendizaxe: partimos dunha imaxe motivadora e dun breve texto para formular unha reflexión sobre a importancia da auga para a nosa saúde. • Obxectivo en acción: facer unha chuvia de ideas con accións saudables na casa e no colexio nas que a auga sexa a protagonista.

• Situación de aprendizaxe: esta entrada de unidade serviranos de gancho para traballar a organización das tarefas escolares de nenos e nenas. • Obxectivo en acción: achegar ideas que xustifiquen a importancia de usar calendarios e axendas escolares.

REPASO TRIMESTRE 3

Saúde e benestar

Educación de calidade


SABERES PARA: APRENDER, APLICAR E INVESTIGAR

• • • • • •

Onde vives? Así é o municipio e o concello. Como se organiza o municipio? Mira os sinais. Imos de festa! Volvemos ao pasado.

Actividades para traballar competencias • Eleccións na nosa aula.

• • • • • •

Rica natureza. Elaboramos produtos. Damos servizos. Da árbore á túa mesa. Chámache a atención? En liña.

Actividades para traballar competencias • Fago un anuncio de publicidade.

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Unha imaxe vale máis que...: De preto é mellor

• • • • • •

Queremos ir a... Sigue a frecha. O planeta azul. Arredor do Sol. A Terra móvese. E de noite... a Lúa.

Actividades para traballar competencias • A Lúa e as súas formas.

• • • • • •

Arredor do mundo. Xa vexo o cume! Que poucas costas! Que hai preto do mar? Forte como unha rocha Coido a miña paisaxe.

Actividades para traballar competencias • Creo unha cara con rochas e minerais.

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Compromiso coas aves: Quérote e cóidote

• • • • • •

Como cambia a auga! A auga na natureza. Coidamos a auga. Aire para vivir. Os fenómenos atmosféricos. Observa o tempo.

Actividades para traballar competencias • Fago un experimento coa auga.

• • • • • •

Onte, hoxe e mañá. O que fago agora. Consulto o meu calendario. Viaxamos ao pasado. Aprendo do pasado. Protagonistas.

Actividades para traballar competencias • O meu calendario solidario. • Aprendemos dos nosos maiores.

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · TIC-TAC Sorrí!: Tempo pasado


4

Gústame esta paisaxe

Esta paisaxe volve estar limpa. A nena e o neno que recolleron o lixo preguntáronse por que estaba sucio.

Como o ves? Que fas cando vas de excursión a un río ou a unha praia? De que maneira coidas esas paisaxes?

O dato As montañas do noso planeta non deixan de crecer. Para esta unidade...

Obxectivo en acción Dá ideas para a conservación do teu ámbito e compárteas coas túas compañeiras e compañeiros da clase.

Sigue o fío! 4

sesenta

1 Arredor do mundo

2 Xa vexo o cume!


11

3 Que poucas costas!

4 Que hai preto do mar?

5 Forte como unha rocha

6 Coido a miña paisaxe

sesenta e unha

5


1

Arredor do mundo Que cres que pasaría se non houbese bosques na Terra?

No noso planeta hai diferentes paisaxes. Nas paisaxes pode haber: elementos naturais como, por exemplo, o coral dos mares, as rochas, os seres vivos, a area do deserto ou a lava dun volcán.

1

elementos humanizados como, por exemplo, pontes que atravesan ríos, casas, faros xunto ao mar ou refuxios nas montañas onde pasar a noite.

Observa estas paisaxes e responde ás preguntas:

1

2

– En que paisaxe hai un volcán?

– En que paisaxe podemos ver auga conxelada?

– En que paisaxe hai elementos humanizados?

– Escribe que paisaxe che gusta máis e explica por que.

6

sesenta e dúas

3


U4

2

Realiza as seguintes actividades: – Rodea as cinco diferenzas nesta paisaxe mariña.

– Por que non debería estar nesta paisaxe o que rodeaches?

3

Observa esta fotografía:

– Que tipo de paisaxe é? Colorea a opción correcta. Paisaxe natural

Paisaxe humanizada

– Escribe dous elementos naturais desta paisaxe.

Toma nota! Coñecer as paisaxes do noso planeta axudarache a valoralas e respectalas.

sesenta e tres

7


2

Xa vexo o cume! Que podemos ver cando estamos no cume dunha montaña?

As paisaxes de interior son aquelas que están afastadas da costa como, por exemplo, unha paisaxe de montaña. Nela hai diferentes elementos naturais:

cordilleiras, que son conxuntos de serras serras, que son conxuntos de montañas

montañas

río val

bosques con árbores e arbustos

Nas montañas nacen os ríos, e a súa auga baixa moi á présa.

1

Responde a estas cuestións: – Que son as cordilleiras?

– Onde nacen os ríos? Como descende a súa auga?

8

sesenta e catro


U4

2

Busca estes elementos naturais dunha paisaxe de montaña na sopa de letras: T

M

O

N

T

A

Ñ

A

T

S

P

N

R

E

S

W

I

O

L

D

Q

A

I

J

H

U

L

N

M

S

V

T

K

T

R

S

T

J

P

E

R

H

S

T

L

P

E

C

A

T

A

Í

I

E

O

A

E

A

S

K

V

O

O

A

R

S

X

Y

Ñ

A

A

U

R

M

N

R

M

C

O

R

D

I

L

L

E

I

R

A

3

Colorea o marco da fotografía que mostra o nacemento dun río.

4

Colorea a opción correcta. – Varias serras seguidas.

cordilleira

– Terreo entre montañas.

val

– Zona con moitas árbores.

cordilleira

Toma nota!

val serra bosque

Coñecer os elementos naturais das paisaxes de montaña axudarache a conservalas.

sesenta e cinco

9


3

Que poucas costas! Como é unha paisaxe na que non hai montañas?

As paisaxes de chaira tamén son paisaxes de interior porque están lonxe do mar. Nelas podemos ver:

outeiros, que son montañas de pouca altura

mesetas, que son terreos planos e elevados

chairas

campos de cultivo

ríos

Na chaira, a auga dos ríos vai máis devagar.

1

Comprobamos

Observa o debuxo e coméntao coas túas compañeiras e compañeiros. – Que están facendo as persoas do debuxo? – Por que cres que se bañan nesa zona en vez de onde nacen os ríos?

10 sesenta e seis


U4

2

Encontra o intruso e ríscao. paisaxe de chaira

meseta

3

chaira

cordilleira

outeiro

Debuxa unha paisaxe na que aparezan estes elementos: outeiro – chaira – río – gando

4

Escribe un elemento natural destas paisaxes de chaira:

5

Que paisaxe é? Escoita o audio en anayaeducacion.es e responde en voz alta. sesenta e sete

11


4

Que hai preto do mar? Algunha vez visitaches unha paisaxe de costa onde non haxa praia?

As paisaxes de costa son aquelas que están preto do mar. Nelas podemos encontrar elementos naturais e tamén humanizados:

acantilado

unha península é unha porción de terra rodeada de auga menos por unha parte

praia

un golfo é unha zona de mar que entra na terra

estrada

un arquipélago son varias illas xuntas faro

porto

un cabo é unha zona de terra que entra no mar Os ríos nacen nas montañas e desembocan ao chegar ao mar.

1

Busca e rodea aquí tres elementos humanos da paisaxe costeira de arriba. GCIHSFAROTEIRESTRADAKFNGDPORTOHTOHJK

12 sesenta e catro


U4

2

Colorea o elemento humano necesario para que este barco chegue ao porto.

3

Escribe cabo e golfo onde corresponda.

– Upq>

À@ »u45n67h89å zxyo>?n89å *+d:;Þ »m89a45® *+qrsu:;Þ

ÀeHIn45t45r89å »n89å »t:;eHIr45r89å. – Upq> À@ »u45n67h89å zxyo>?n89å *+d:;Þ »t:;eHIr45r89å *+qrsu:;Þ ÀeHIn45t45r89å »n89ø »m89a45®. 4

Onde desemboca este río? Colorea a opción correcta.

Toma nota!

lago

mar

montaña

Coñecer as características das paisaxes de costa axudarache a coidalas.

sesenta e cinco

13


5

Forte como unha rocha Sabes con que rocha se fan a maioría das beirarrúas das rúas?

As rochas son elementos naturais da paisaxe. Hai diferentes tipos de rochas: rochas duras

rochas brandas

como o mármore ou o granito. Utilízanse, por exemplo, para construír algúns edificios.

como a arxila. Utilízase, por exemplo, para fabricar o ladrillo de moitas casas.

As rochas conteñen minerais como:

ametista

1

grafito

xeso

Se construíses unha casa, preferirías facela de granito ou de ladrillo? Por que?

14 setenta


U4

2

Colorea os camiños correctos e axúdalles a rematar de construír as súas casas. arxila

3

granito

Con que mineral están fabricados estes obxectos? Escribe.

Creo unha cara con rochas e minerais.

Debuxa e colorea esta cara seguindo as instrucións: – Nariz afiado como un lapiseiro e de cor grafito. – Ollos da cor da ametista. – Dentes da cor do xeso. – Pel da cor da arxila.

setenta e unha

15


6

Coido a miña paisaxe Sabes a onde van os camións do lixo cando están cheos?

As persoas debemos coidar as paisaxes. Algunhas cousas que podemos facer para conseguilo son: 1. Contaminar o menos posible, desprazándonos a pé, en bicicleta, patinete, patíns... e indo en transportes colectivos.

2. Recoller o lixo cando imos de excursión.

3. Reciclar, para darlle novamente uso a algúns residuos. Recorda!

bricks..., cartóns...

botellas e tarros de vidro

restos de comida

papel e cartóns

outros residuos

Ademais, os residuos de gran tamaño ou os perigosos debemos levalos a un Punto Limpo. 4. Reutilizar obxectos usados para darlles outro uso.

16 setenta e dúas


U4 Fabrico o meu propio peto.

Reutiliza unha botella de plástico e convértea nun porquiño-peto.

Con axuda, fai unha rañura na botella de plástico

Debuxa e colorea o nariz e pega dúas orellas con cartolina

Faille unhas patiñas con plastilina... e a aforrar!

1

Inventa dous novos usos para este balón picado.

2

Colorea o colector de reciclaxe como corresponda.

Toma nota!

3

Asemblea de ideas

Por que é importante reciclar papel para coidar as árbores? Investiga e pono en común. «Cóntocho nun momento» en anayaeducacion.es.

Saber reciclar, reutilizar e reducir axúdanos a coidar a natureza.

setenta e tres

17


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1

Colorea así: Sei facelo

Necesito axuda

Non sei facelo

Colorea o marco destas paisaxes naturais así: desértica

acuática

volcánica

2

Observa estas paisaxes. Escribe un elemento natural e outro humanizado de cada un.

3

Axúdao debuxando e coloreando o colector.

Onde tiro este brick de leite?

18 setenta e catro


U4 TIVO OBXEC IÓN EN ACC

Pensa sobre estas cuestións. Despois, compárteo coas túas compañeiras e compañeiros.

Que accións podemos levar a cabo para coidar a natureza? En que paisaxes se podería facer?

Cres que é máis fácil manter limpa unha praia ou unha montaña? Por que?

Que podemos facer para que as rúas da nosa localidade estean máis limpas?

Como aprendín? 1

Como cres que es? Colorea dúas opcións.

alegre

2

valente

amable

responsable

paciente

Colorea. – Cando colaboro nas tarefas da casa síntome... – Cando axudo ás miñas compañeiras e compañeiros da clase síntome... setenta e cinco

19


5

Gozamos coa auga

Cando a auga está limpa podemos utilizala de diferentes maneiras. A auga axúdanos a ter unha boa saúde.

Como o ves? Sabes para que se lavan as froitas antes de comelas? E as mans antes de comer? Como te sentes cando visitas un lugar no que hai auga?

O dato A maior parte do noso corpo está formado por auga. Por iso necesitamos bebela a diario.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción Valora a importancia da auga para a nosa saúde mediante unha chuvia de ideas na clase.

Sigue o fío! 80 oitenta

1 Como cambia a auga!

2 A auga na natureza


3

3 Coidamos a auga

4 Aire para vivir

5 Os fenómenos atmosféricos

6 Observa o tempo

oitenta e unha

81


1

Como cambia a auga! Que pasa no espello do teu baño cando te duchas con auga moi quente?

A auga ten algunhas características únicas, como a falta de olor, cor ou sabor. Por iso dicimos que é inodora, incolora e insípida. A auga ten diferentes estados: sólido, líquido e gasoso.

sólido

1

2

líquido

gasoso

Relaciona as características da auga. sen cor

inodora

sen sabor

incolora

sen olor

insípida

Escribe sólida, líquida ou gasosa segundo o estado da auga.

82 oitenta e dúas


U5

3

Escribe a que estado pasa a auga.

Fago un experimento coa auga.

Que outras características ten a auga? Seguide as instrucións e respondede ás preguntas. Necesitades: un vaso pequeno, dous recipientes diferentes e auga. Recordade cubrir a mesa cun plástico.

1

Enchede o vaso e botade esa auga nun recipiente e despois, no outro. – Ten a auga a mesma forma en todos os recipientes? – Se cae auga fóra do recipiente pequeno, queda nese lugar ou móvese? – En que estado está: sólida, líquida ou gasosa?

2

Colorea a opción correcta: con este experimento … ten forma propia.

… non ten forma propia.

Descubre que importante é a auga co vídeo de anayaeducacion.es.

oitenta e tres

83


2

A auga na natureza De onde vén a auga que hai no mar?

Na natureza hai auga en estado líquido nos mares, nas nubes ou nos ríos. Hai auga en estado gasoso cando se evapora, e auga en estado sólido na neve ou no xeo. Estes cambios coñécense como ciclo da auga. Ciclo da auga 1. O Sol quenta a auga, que está en estado líquido e, ao quentarse, evapórase e pasa a estado gasoso. 2. Pequenas gotas de auga forman as nubes. 3. Cando as nubes arrefrían a auga cae en forma de chuvia, que é auga líquida; ou sarabia ou neve, que é auga en estado sólido. 4. A auga que caeu forma ríos ou lagos e volve ao mar. O ciclo empeza de novo. 2

1

4

84 oitenta e catro

3


U5

1

Completa as frases e debuxa o que falta para explicar o ciclo da auga.

1

O Sol quenta a auga líquida e

.

3 Cando as nubes arrefrían,, cae

.

2 Pequenas gotas de auga forman as

.

4 A auga chega á terra e forma ou

2

.

Ordena as letras para formar palabras relacionadas co ciclo da auga. G–U–A–A O–R–Í–S B–S–U–N–E «Cóntocho nun momento» en anayaeducacion.es.

Toma nota! Se coñeces o ciclo da auga na natureza poderás planear mellor que actividades realizar en cada momento: ir en zorra, nadar...

oitenta e cinco

85


3

Coidamos a auga En que lugares podes encontrar auga na túa localidade?

Hai auga salgada e auga doce na natureza. A maior parte da auga do noso planeta é salgada, e está en mares e océanos. Encontramos auga doce na chuvia, nos ríos e nos lagos. salgada

doce

A auga potable é a auga doce que se limpou para que a poidamos beber.

1

Completa utilizando estas palabras. embotellada – salgada – potable – doce – Encontramos auga – A auga do mar é – A auga – A auga

86 oitenta e seis

en ríos e lagos. . está limpa. é potable.


U5

É necesario aforrar auga potable. Para iso, podemos realizar pequenas accións na casa e no colexio. Cerro a billa mentres lavo as mans e os dentes. Dúchome en lugar de bañarme. Rego con auga usada. Non uso o inodoro como papeleira.

2

Risca as tres accións incorrectas.

Toma nota!

3

Cabezas pensantes

Pensade en accións que podedes levar a cabo no colexio para aforrar auga. Comentádeas co resto da clase.

Coñecer a auga potable axuda a coidar a túa saúde.

oitenta e sete

87


4

Aire para vivir Viches globos inflados de formas diferentes? De cales?

Non podemos ver nin tocar o aire, pero está en todos os lugares. Non ten forma. Toma a forma do obxecto no que está. Cando o aire se move dicimos que hai vento.

1

Observa e contesta.

– Hai aire no interior do colchón? – De que animal tomou a forma?

2

Cales necesitan vento para moverse? Escríbeos.

88 oitenta e oito


U5 O aire compóñeno varios gases. O máis importante é o osíxeno. Os seres vivos necesitámolo para respirar. Por iso, é moi importante que o aire estea limpo.

3

Escribe V (verdadeiro) ou F (falso). – As persoas, os animais e as plantas necesitamos aire para vivir. – O aire está composto soamente por un gas. – O osíxeno é o gas do aire máis importante para os seres vivos. – O aire que respiramos debe estar sucio.

4

Colorea o debuxo onde o aire está máis limpo.

5

Escribe tres maneiras de desprazarnos que non ensucian o aire.

Toma nota! Coñecer que o aire debe estar limpo axudarache saber como levar unha vida máis saudable.

oitenta e nove

89


5

Os fenómenos atmosféricos Recordas cando foi a última vez que viches o arco da vella?

Na capa de aire que rodea a Terra, a atmosfera, acontecen varios fenómenos atmosféricos.

1

Precipitacións de chuvia, neve ou sarabia.

Arco da vella. Arco de cores que vemos no ceo.

Vento. Cando é moi forte, chámaselle furacán.

Tormentas con lóstregos, tronos ou raios.

Rodea seis fenómenos atmosféricos.

90 noventa

X

T

R

U

E

N

O

H

F

O

A

Q

D

S

L

K

U

U

R

E

T

N

E

V

E

R

R

A

J

C

H

U

V

I

A

A

I

B

Y

T

F

A

C

B

C

O

D

Ñ

O

E

Q

A

A

Á

G

S

A

R

A

B

I

A

N


U5

Para medir os fenómenos atmosféricos úsanse instrumentos meteorolóxicos. Pluviómetro. Mide a cantidade de chuvia, sarabia ou neve.

calor frío

Anemómetro. Indica a velocidade o vento.

Termómetro. Mide a temperatura que hai.

N

E

O

2

S

Catavento. Indica a dirección do vento.

Que instrumento podería utilizarse en cada caso? Escribe. – O vento sopra moi forte e non sabemos a que velocidade. – Temos calor e queremos saber que temperatura hai. – Choveu moito e queremos saber canta auga caeu.

3

Debuxa un catavento que indique que o vento vai en dirección norte (N).

N

E

O

S

noventa e unha

91


6

Observa o tempo Como se pon o ceo cando chove ou vai sol?

O tempo é o estado da atmosfera en cada momento e lugar. Pode ir calor ou frío, ou chover moito ou pouco en cada sitio. A meteoroloxía axúdanos a coñecer o tempo usando os instrumentos meteorolóxicos e representándoo en mapas con símbolos.

1

Que tempo vai en cada lugar? Escribe cada letra onde corresponda. Chuvia A Néboa B Sol C Nubes D Neve E Vento F

2

Hai moitos refráns sobre o tempo. Pregúntalle á túa familia, aprende un e explícao na clase. Dámosche un exemplo: «Ao mal tempo, boa cara.»

92 noventa e dúas


U5 Temos diferentes temperaturas e precipitacións en cada estación do ano. No verán vai calor, no inverno, frío, e no outono e na primavera adoita chover máis. O tempo é diferente en cada lugar, uns son máis calorosos ou fríos ca outros. Tamén os hai máis chuviosos ou secos.

3

Escribe en cada foto en que estación do ano están.

4

Debuxa unha actividade que fagas en días de calor (C) e frío (F). Comenta os teus debuxos na clase. C

Toma nota!

F

A meteoroloxía é divertida no vídeo de anayaeducacion.es.

Coñecer que hai estacións nas que chove máis axudarache a entender por que hai máis auga en ríos e lagos segundo a época do ano.

noventa e tres

93


P O R TA F O L I O

Que aprendín? 1

Colorea así: Sei facelo

Necesito axuda

Non sei facelo

Numera como corresponda: 1. Doce.

2. Salgada.

1. Potable.

2

Escribe dúas maneiras de aforrar auga.

3

Que mide cada un destes aparatos?

94 noventa e catro

2. Non potable.


U5 TIVO OBXEC IÓN EN ACC

Para que usades a auga en familia e no colexio? Por que credes que a auga é boa para a vosa saúde? Facede unha chuvia de ideas para responder.

Como aprendín? 1

Une. Como se senten os meus compañeiros e compañeiras... – ... cando lles axudo a comprender unha actividade? – ... cando non lles presto a goma de borrar? – ... cando xogamos no recreo? – ... cando alguén cae no patio?

2

Pensa nalgún compañeiro ou compañeira que che axudase en algo. Escribe unha frase de agradecemento.

noventa e cinco

95


© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.