Lúa

Page 1

ANO 1, N.0 1, MARZO DE 2018

lúa

Publicación periódica do Grupo Municipal Marea de Vigo.

a forza da MAREA

#8M, cara á folga feminista “Nin traballamos nin consumimos”. As mulleres de todo o mundo están convocadas a parar en todos os espazos durante a xornada do 8 de marzo ”Este 8 de marzo as mulleres do mundo ímonos mobilizar indo á folga, imos parar en todos os espazos das nosas vidas. O 8 de marzo non coidamos, nin traballamos nin consumimos”. É a mensaxe dada Marea de Vigo expresada pola concelleira Marga L. Barreiro, quen fixo un chamamento á mobilización e á folga feminista do 8 de Marzo contra as desigualdades entre hombres e mulleres. “As mulleres estamos fartas de todas as violencias machistas, as que provocan unha fenda salarial do 23%, as que nos abocan aos traballos máis precarios ao termos condenadas ao papel no que o patriarcado

Entrevista Carmen Lago Presidenta da Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

inxusta e historicamente nos ten colocado, as que provocan recortes na sanidade, na educación e nos servizos sociais, as que nos im-

piden ser libres e donas dos nosos corpos, e as que finalmente tamén nos matan”, dixo a concelleira.

Marea de Vigo cualifica como moi positivo o apoio e convocatoria de folga levada a cabo por parte das centrais sindicais, froito do impulso de multitude de organizacións Segue en páx. 3

Aposta pola auga como ben público O Grupo Municipal da Marea de Vigo mantén a súa aposta para que o servizo municipal de subministro de auga volva a ser público en 2020. Mentres, defende inversións na mellora na rede de abastecemento, medidas de aforro para evitar malgaste e un bono social para garantir que toda a cidadanía poida acceder a un ben esencial, en lugar de deixar que a empresa pague “setos” decorativos ou humanizacións. Páxs. 10 e 11

A Illa de Toralla segue en situación anacrónica O incumprimento das leis de Costas e do Solo segue a ser manifesto na illa de Toralla, na que os vigueses e viguesas seguen a ter prohibido o uso dos viais públicos. Marea de Vigo ofreceu o seu apoio ao Goberno local para iniciar accións, incluso ante os tribunais, para lograr que se cumplan as leis e se remate dunha vez con esta situación anacrónica. O Grupo municipal sinalou tamén que o Goberno ten que deixar de “marear a perdiz”con este asunto. Páx. 5

Sumario O cadro de persoal sofrerá as consecuencias da adxudicación da Zona Azul Páx. 4

Marea reclama modificar a regra de gasto para atander as políticas sociais Páx. 4

Vigo necesita participación nun Consello Municipal da Cultura Páxs. 12 e 13

Páxs. 8, 9 e 10

Soterramentos ilegais no monte de Cabral pese á paralización da obra do Gorxal Páx. 15


2

lúa a forza da MAREA

opinión

Contra o patriarcado, feminismo organizado Ás portas do 8 de marzo, quentando o ambiente para que a folga xeral convocada polo movemento feminista internacional sexa un éxito e logremos, non só demostrar que podemos parar o mundo, senón iniciar un proceso de cambio profundo e autenticamente revolucionario, convén lembrar cando, como e por que logrou o feminismo chegar ata aquí. Non podemos perder de vista que o acceso das mulleres a outras condicións de vida é un proceso que se está a dar dun xeito desigual nos distintos países do mundo, e camiña parello ao reparto desigual da riqueza. Mentres en Europa, en diversos países de América e nuns poucos de Asia, temos logradas certas cotas de incorporación á educación, á cualificación profesional, á saúde e aos servizos básicos, nos países empobrecidos, espoliados e maltratados polos máis poderosos, as persoas sofren unhas condicións de vida terríbeis, e as mulleres son as máis prexudicadas. Se as persoas migrantes por motivos económicos ou políticos se arriscan a morrer de fame, de sede, de falta de atención sanitaria e mesmo afogadas, e sofren persecución e represión, internadas en centros infames, as mulleres saen peor paradas cós homes. Se millóns de persoas son secuestradas, vendidas e prostituídas, a inmensa maioría delas son mulleres e nenas. Se millóns de persoas de países empobrecidos son obrigadas a traballar ata 18 horas diarias nunhas condicións totalmente insalubres, por salarios de fame e sen ningunha protección dos seus dereitos laborais nin sanitarios, dous terzos desta poboación son mulleres. Se o 75% das persoas pobres do mundo son mulleres, que só posúen o 1% da riqueza, mentres producen o 80% da mesma, se o analfabetismo, a falta de cualificación profesional e, en xeral, as desigualdades de todo tipo afectan a case tres veces máis mulleres que homes... se todo isto sucede, vai sendo hora de plantarlle cara dun xeito global (internacional) e organizado. Pero a nosa aspiración non está en conseguir a equiparación para estar igual de explotadas ca eles, senón para mudar radicalmente a situación de todas e todos. Asumindo as palabras de Silvia Federici, “A igualdade é un termo que conxela o feminismo: por suposto que nun senso xeral non podemos estar en contra da igualdade, pero noutro senso, dicir que loitamos só pola igualdade é dicir que queremos a explotación capitalista que sofren tamén os homes”... e non queremos isto, mais tamén non queremos que nos enganen, máis unha vez, con consignas como aquelas que se desprendían das proclamas dos procesos revolucionarios socialistas do século XX, sobre que a emancipación do proletariado traería da man a liberación de todos os colectivos oprimidos, porque quedou demostrado que isto era unha trampa. A liberación de cada un dos colectivos oprimidos terá lugar cando, dentro dun proceso revolucionario global, se fagan cousas específicas para que isto suceda... e, se falamos da opresión e a subordinación das mulleres, construída dentro do sistema patriarcal, creado antes da propiedade privada e, xa que logo, da sociedade de clases, sobran motivos para facer esta consideración... e para isto, é imprescindíbel o feminismo. O movemento feminista debe inzalo todo, alén das imprescindíbeis organizacións específicas que o configuran como tal. Debe introducir as súas claves nas organiza-

Por:

Lola Ferreiro Díaz

cións políticas da esquerda, nas organizacións sindicais, nas culturais, nas sociais, nas deportivas... e, madia leva! nas relacións interpersoais, porque só así logrará (lograremos) despatriarcalizar o mundo. Non é de balde aquela afirmación de Kate Millet nos anos ’60 do século XX de que “o persoal é político”, facendo referencia á reprodución da opresión estrutural e simbólica nas relacións intersubxectivas (nomeadamente de parella). Esta reflexión débenos levar a introducir a idea de que só nos liberará “unha revolución da vida cotiá e dos costumes, forxar unha nova concepción do mundo e, moi especialmente, unha nova relación entre os sexos”, como apuntaba Alecsandra Kollontai nos inicios da Revolución Rusa. O movemento feminista está a demostrar que é necesaria unha acción conxunta, internacional e internacionalista, que remexa o cementos dos sistemas de opresión, que elimine a distribución desigual da riqueza, que vele pola conservación do medio ambiente, que equipare, en definitiva, os dereitos das persoas... e, se a inmensa maioría dos seres humanos estamos explotados e oprimidos, as mulleres estamos sobreexplotadas e sobreoprimidas, haberá que telo en conta nas accións específicas de loita. Neste sentido, o feminismo non esquece ningunha das frontes, nunca as esqueceu. Non queremos un feminismo burgués, que iguale ás ricas (e xa que logo privilexiadas) nas súas reclamacións de igualdade cos homes (máis ricos ca elas). Non queremos un feminismo pequeno burgués que iguale as mulleres brancas cos (tamén privilexiados) homes brancos. Non queremos un feminismo que pule só polos dereitos das heterosexuais, bastante máis oprimidas cós heterosexuais, pero moito menos cás lesbianas, transexuais, transxénero e intersexuais. Queremos un feminismo incluínte, que vele pola igualdade de todas con todos, e de todas e todos entre si, nun proceso revolucionario que libere os seres humanos e promova a construción dun mundo mellor. O movemento feminista leva dando leccións de unidade na acción a todo o resto dos movementos sociais e políticos. Os chamados ás mobilizacións nacionais, transnacionais e agora xa mundiais UNITARIOS, atinxen cotas de seguimento e adhesión admirábeis... e así debe seguir, e debe facelo día a día, agardando que este 8 de marzo, folga xeral laboral, estudantil, de coidados e de consumo, sexa a espoleta que abra un proceso de despatriarcalización global que logre ir eliminando barreiras no cotiá, para que os coidados sexan real e democraticamente compartidos, para que as relacións entre as persoas sexan horizontais e simétricas, para que desaparezan as pirámides de poder nas organizacións e se compartillen e valoren todas as tarefas, espazos e tempos. En definitiva, para que cese a explotación, os intentos de dobregarnos e, en consecuencia, as violencias que se usan para conseguilo. Para que camiñemos cara aquel anhelo de que o mundo sexa un paraíso, patria da humanidade, esta vez real... porque, se o persoal é político, o político é (tamén) persoal. Por iso, VIVA O MOVEMENTO FEMINISTA!!! VIVA A LOITA DAS MULLERES!!! VIVA A FOLGA XERAL DO 8 DE MARZO, A QUE CHEGAREMOS TODAS UNIDAS!!!

“Dicir que loitamos só pola igualdade é dicir que queremos a explotación capitalista que sofren tamén os homes”

Nas redes mareadevigo.org mareadevigonoconcello.gal @MareaVigo MareaDeVigo

Política de concesións públicas

Éxito do documental “Vigo 1972”

A situación do subministro de auga e saneamento en Vigo, as paralizacions do proceso de contratación da Zona Azul (XER), a situación laboral do cadro de persoal de recadación executiva, o acontecido coa concesionaria de limpeza de dependencias municipais e colexios cuxa empresa adxudicataria chegou a non pagar as nóminas, ou o “baile” de empresas no mantemento de zonas verdes supoñen exemplos dun modelo da contratación pública que, alén de levar millóns de cartos públicos que non se controlan, teñen graves consecuencias laborais.

Non é moi frecuente que un documental acade o éxito nas sá de cine. É si a película narra acontecementos como o das históricas folgas de Vigo no ano 1972, o éxito é aínda máis meritorio. Por iso e xusto que recoñezamos nestas páxinas o excelente traballo de “Vigo 1972”, dirixido por Roi Cagiao e, ao mesmo tempo, lembremos a valentía dos traballadores e traballadoras de Vigo, e tamén doutras cidades coma Ferrol, que loitaron polos dereitos da clase traballadora e polas liberdades nun momento tán difícil.


lúa a forza da MAREA

8 de marzo

Mulleres en folga

Os efectos da desigualdade entre mulleres e homes tradúcense en máis de 1.000 feminicidios nos últimos 14 anos no Estado e unha precariedade laboral cunha fenda de máis do 20% Vén da páx. 1 feministas de todo o mundo, e fai un chamamento a todas as mulleres a secundar tanto a folga laboral como a de coidados e consumo, do mesmo xeito que a participar en todas as mobilizacións convocadas polo movemento feminista. “Para acabar coa discriminación entre mulleres e homes son necesarias políticas e accións concretas, máis aló das baleiras declaracións de intencións. Este ano as mulleres imos parar en todos os ámbitos das nosas vidas, para demostrar ao mundo que sen nós non se move, e porque querémonos en igualdade de dereitos e sobre todo, vivas” engade Marga L. Barreiro. O Grupo Municipal da Marea de Vigo presentou o pasado mes de febreiro unha moción no Pleno municipal instando ao Concello ao apoio á folga feminista e á adopción por parte do goberno municipal das medidas necesarias para garantir o exercicio do dereito á folga das mulleres traballadoras no mesmo. No preámbulo da mesma, a concelleira Marga L. Barreiro expón que as desigualdades entre homes e mulleres maniféstanse en todos os contextos das nosas vidas e “tradúcense na súa máxima expresión nos case 1.000 feminicidios nos últimos 15 anos no ámbito do Estado ou nas máis de 5.000 denuncias recibidas nos xulgados galegos no último ano”.

“É inaprazable –continúa– implementar as medidas necesarias cara a combater a discriminación e a desigualdade, mellorando as condicións laborais das mulleres, implementando

medidas reais de corresponsabilidade, recoñecemento do traballo reprodutivo e de coidados dun xeito digno e en igualdade, así como a esixencia de recursos e ferramentas

Contra a violencia machista Marea de Vigo defende a necesidade de poñer en práctica políticas reais e efectivas pola igualdade, como resposta e prevención á violencia machista. ReMarga L. Barreiro. clama, polo tanto, o cumprimento por parte do Concello de Vigo dos acordos do IV Plan de Igualdade aprobado en 2007, nos que se inclúen medidas de formación en igualdade para todas as persoas empregadas no propio Concello, así como o establecemento de medidas que garantan o acceso á vivenda dun xeito estable das vítimas da violencia machista. Así mesmo, en diversas mocións presentadas ante o pleno municipal, Marea de Vigo incidiu na necesidade de impartir unha formación específica en materia de violencia machista aos profesionais das diferentes áreas de atención ás vítimas. A concelleira da Marea de Vigo Marga L. Barreiro explicou que “compre ser coherente na loita contra a violencia machista asumindo políticas de igualdade de xeito normalizado e constante”.

para a loita contra as violencias machistas, tales como a trata de mulleres para consumo sexual, a prostitución, as agresións sexuais e os incesantes asasinatos de mulleres”.

3

Marea de Vigo rexeita a práctica dos ventres de aluguer Marea de Vigo rexeita a práctica do aluguer de ventres e considera que a súa regulación responde a intereses económicos; por un lado, pola utilización da necesidade económica das mulleres que se usan como incubadoras e, polo outro, das empresas que buscan unha nova fonte de ingresos a través desta práctica. Para Marea de Vigo, cómpre mellorar a lei de adopcións en canto á accesibilidade para facer máis sinxelo o proceso de adopción internacional.

Vigo súmase á Rede de cidades pola erradicación da trata e a prostitución Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os grupos municipais apoiaron unha moción da Marea de Vigo de adhesión de Vigo á Rede de cidades libres de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución, reivindicando así a erradicación dunha das máximas expresións de violencia machista, como é a trata e a prostitución.


4

lúa a forza da MAREA

concello

Apoio a Carlos Santiago ante as reaccións ao seu pregón do Entroido Marea de Vigo expresou nun comunicado a súa solidariedade con Carlos Santiago, Martiño Noriega e Compostela Aberta, tras as virulentas reaccións ao pregón do Entroido compostelán, en defensa da liberdade de creación e de expresión como manifestacións da pluralidade e da diversidade cultural que nos enriquece. Así mesmo, reclamou o cese inmediato da campaña de ameazas, insultos e presións de todo tipo, que atribúe ao interés de “atacar aos gobernos municipais das mareas”. “Os sectores máis reaccionarios teiman en recuperar a hexemonía cultural que mantiveron durante o franquismo. Por iso, aproveitan todas as fendas para tentar devolvernos a esa longa noite de pedra na que o Entroido, esa expresión subversiva, estaba prohibido”, di o comunicado emitido. Marea de Vigo recorda a denuncia do ano pasado contra Xosé Manuel Sande, concelleiro de Cultura no goberno da Marea Atlántica na Coruña, a causa dun cartel promocional do Entroido no que aparecía unha persoa difrazada de papa.

A Marea Feminista celebra un faladoiro adicado aos mitos do amor romántico “Os mitos do amor romántico” foi o título do primeiro faladoiro que, no ciclo de actos organizado pola Marea Feminista, serviu para reflexionar sobre o concepto do amor e coñecer os mecanismos inconscientes que modelan e definen os vínculos amorosos, afectivos e familiares na nosa sociedade. Conducido por Montse Buxán Bra, Máster en Sexualidade, o obradoiro teórico-vivencial abordou, a través de dinámicas de traballo individual, en parellas e en grupos, temas como o concepto do amor, os mitos do amor romántico, mal trato e bo trato, espazo persoal, autocoidado ou familia afectiva, poñendo de manifesto que o amor é unha construción sociocultural-histórica e que a súa vivencia está moi marcada por mandatos sociais que facilitan a reprodución de relacións non igualitarias e de falta de liberdade.

A adxudicación da Zona Azul ameaza os empregos Marea de Vigo expresa o seu apoio ao cadro de persoal da XER e reclama ao concello que non se adxudique o servizo a Dornier, dadas as grandes rebaixas que ofrece nos prezos A rebaixa dun 31 por cento no prezo coa que a empresa Dornier pretende levarse o contrato da Zona Azul (XER) será pagada polos traballadores e traballadoras e pola cidadanía de Vigo, segundo denuncia o Grupo Municipal da Marea de Vigo. A representación municipal de Marea expresou o seu apoio ao cadro de persoal da XER, así como a todas as súas reivindicacións. Marea reclama ao Goberno local que non lle adxudique o contrato a Dornier, que é a actual concesionaria. Ademáis, considera que esta adxudicación podería levarse a cabo baixo unha suposta ameaza de denuncia da empresa ao Concello polas prazas perdidas a causa das humanizacións. Ante esta progresiva desaparición de prazas por humanizacións, parques ou obras coma a do carril bici, o Grupo Municipal da Marea de Vigo pide que se manteña o número de prazas de estacionamento regulado que figuran no contrato. O xeito de facelo sería mover esas prazas a rúas próximas e respondendo a necesidades específicas, como as da veci-

A desparición das prazas en superficie favorece o uso dos aparcadoiros privados.

O Grupo Municipal considera imprescindible que se manteñan as prazas de estacionamento regulado que fuguran no contrato ñanza do Casco Vello. Segundo sinalou Marea de Vigo nun comunicado, “o mecanismo é claro, e o rédito para o Goberno de Abel Caballero é redondo: O Goberno Municipal fai unha obra pública en forma das chamadas humanizacións nas zonas e rúas que interesa, e em-

prega o superávit ao seu arbítreo. A continuación faise unha gran inauguración. Nese momento xa eliminou as prazas de estacionamento en superficie, forzando ás persoas a acudir aos aparcadoiros privados (aos que interesa, eliminados os que non, como os da Porta do

Sol e Praza de Portugal) e, no momento en que a empresa concesionaria do estacionamento regulado en superficie reclama cartos ao concello pola falla de equilibrio económico e por un servizo que non se está a prestar, ten que ser pagado polas viguesas e vigueses, con moita menos publicidade que a humanización. E volta a empezar”. Marea de Vigo considera que é necesario romper a dinámica actual para evitar estes problemas.

Denuncia dun novo verquido no río Barxa

Marea pide a modificación da regra do gasto para atender a políticas sociais

Marea de Vigo denunciou ante a policía local un novo verquido no río Barxa o pasado mes de febreiro á altura do Parque Tecnolóxico e Loxístico. O novo verquido, que tinguiu de branco unha parte importante do percorrido do río entre as parroquias de Beade e Valadares é a enésima agresión ambiental nesta zona, de especial importancia biolóxica pero profundamente degradada polas actuacións urbanísticas acometidas no propio polígono e coa construción do novo hospital Alvaro Cunqueiro. O Grupo Municipal da Marea de Vigo recibiu aviso de veciños e veciñas da zona e deu traslado á polícia local que comprometeuse a incluir á área no listado de zonas de patrulla habitual. As beiras do Barxa, a pesar de ser unha zona de especial protección, levan anos sofrendo degradación.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera positivo o desbloqueo do superávit dos concellos tras o acordo acadado entre o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, e o presidente da FEMP, Abel Caballero, e pide a modificación da regra do gasto para poder chegar a utilizar os recursos dos municipios de xeito efectivo e social. “Non se chegan a abordar cuestións como o tipo de inversións ou o problema da

regra de gasto, que impide dotar de moitas inversións aos concellos ou poder ter a autonomía municipal da que fala a constitución no seu artigo 140”, sinala o voceiro, Rubén Pérez. Ese criterio de só poder fi-

nanciar co superávit o que chaman “actuacións financieiramente sostibles” significa que non se vai poder investir en programas sociais, en vivenda, ou en axudar á erradicación da pobreza das nosas cidades

Para a Marea de Vigo, a utilización dos recursos para aumentar cadros de persoal municipal é unha cuestión fundamental, como pode ser o caso das e dos traballadoras/es sociais de Vigo, en claro déficit con respecto á ratio establecida pola Lei de Servizos Sociais de Galicia. “Os concellos non só teñen que poder poñer os edificios, senón poder dotalos e contratar ao persoal”, engade Rubén Pérez.


lúa a forza da MAREA

5

Subas inxustas nos recibos das escolas de música folk e danza

A falta de acceso público aos viais é un capítulo máis dunha aberración urbanística manifesta a simple vista.

As leis de Costas e de Solo débense cumprir na Illa de Toralla O Concello tería o apoio da veciñanza de Vigo e do Grupo Municipal da Marea de Vigo para reclamar os viais que teñen que ser de uso público, incluso pola vía xudicial se é necesario Toralla é un problema sen resolver dende que nos anos 60 do século pasado se permitira facer na illa unha urbanizacións con construccións contrarias ao sentido común. Un “pelotazo” herdado dos anos da ditadura que xa pronto, en 1978, foi contestada polo Tribunal Supremo, que impediu que se construira nese lugar un segundo rañaceos que acompañaría ao que ainda permeñece en pé.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo cualificou como “incrible” que se resucite a polémica de Toralla “sen que o Concello teña feito nada nestes anos para impedir o sistemático incumprimento da Lei de Costas, que asixe, non tres, senón cinco metros de paso público no prímetro da costa, e tamén o carácter público de calquera vial interior da illa. O voceiro do Grupo Municipal da Marea, Rubén Pérez,

Rubén Pérez insiste en que o Concello ten que deixar de “marear a perdiz” e facer que se cumpran as leis que advirte que o Concello ten que deixar de “marear a perdiz”, sinalou que, tras a sentenza do Supremo, “o plan parcial deixou claro que non se podía construír

Moción en apoio ao persoal de Xustiza na súa folga O Grupo Municipal da Marea de Vigo presentou unha moción en apoio as reivindicacións do persoal de Xustiza na súa folga. Para a Marea de Vigo, “esta situación é froito do inmobilismo resposable da Xunta que, lonxe de afrontar a realidade, ten ninguneado sistemáticamente á representación sindical”. Os sindicatos denunciaron en numerosas ocasións a situación discriminatoria do perso-

nal de Xustiza en Galicia con respecto a outras Comunidades. Para a Marea de Vigo, a situación denunciada polas oito centrais sindicais que convocan a folga ven dada exclusivamente pola ausencia de respostas por parte do Goberno autonómico ás situacións que, dende hai anos, veñen denunciando os cadros de persoal dos xulgados galegos a través das súas representacións sindicais”.

Esta falta de resposta, segundo denuncia Marea de Vigo na moción, “foi acompasada cunha degradación do sistema público de administración de xustiza en canto a tempos de tramitación, número de salas e xulgados nas cidades e vilas do país e, especialmente, en canto á adecuación dos cadros de persoal necesarios nos centros de traballo e mesmo ós dereitos laborais dos traballadores e traballadoras”.

ningún edificio na illa superior a tres alturas, e que as zonas verdes e os viais que sinalaba o propio plan tiñan que cederse e, polo tanto, son públicos”.

Para Marea de Vigo “é necesario que se leven a cabo xa actuacións xudiciais, así como mobilizacións cidadás para que o Concello reclame o que é seu e acabe cunha histórica inxustiza e deixación de funcións, só matizada pola loable actuación do concelleiro Antonio Nieto “Leri”. Marea sinala tamén que o Concello terá nestas actuacións o apoio da veciñanza de Vigo e, por suposto, do Grupo Municipal.

O Concello dalle as costas ao cadro de persoal da Racadación Executiva Marea de Vigo denunciou a xestión do Goberno municipal sobre a concesión da Recadación Executiva. O Grupo Municipal resposabiliza ao equipo de Abel Caballero das consecuencias da paralización deste servizo. Para o Grupo Municipal da Marea, “esta é a enésima vez que a Adminsitración local lle da as costas ao cadro de persoal dunha concesionaria pública”. A Recadación Executiva foi adxudicada recentemente á mesma empresa que xa tiña o servizo. Esta empresa fixo uso das ferramentas proporcionadas pola última reforma laboral para incumplir os acordos recollidos no convenio (caducado en 2015 sen que dende entón houbera vontade de renovalo). Deste xeito, a concesionaria remítese ao convenio estatal, cunhas condicións laborais moito más negativas para o cadro de persoal.

O concelleiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo Xosé Lois Jácome deu a coñecer a existencia de denuncias de familias e alumnado das escolas municipais de Musica Folk e Tradicional (E-Trad) e de Danza que se atoparon no mes de xaneiro cun recibo da mensualidade que pasaba dos sete aos 20 euros. Marea de Vigo denunciou que a suba do 300 por cento nas mensualidades forma parte do desmantelamento destas escolas. O Grupo Municipal xa emendara en 2016 a proposta de ordenanzas fiscais para 2017, no que consideraba unha “suba brutal dos prezos”. Marea pediu entón que se mantivera o sistema de pago anual e que se aumentara a subvención municipal para o mantemento de ámbolos centros. Segundo sinalou Jácome. “este servizo debe cubrirse con financiamento municipal e non con incrementos nas matriculacións”. Lembrou tamén que “hai moitas familias que non van poder facer fronte a estes prezos”. Estas persoas descoñecían, cando se matricularon en setembro do ano pasado, que aos catro meses o reciboía triplicarse. As ordenanzas que consolidaron esta subida foron aprobadas apenas uns días antes da finalización do prazo de matrícula. Marea de Vigo lembra a importancia cultural das escolas municipals, que contan con moito respaldo popular e que se caracterizan por ser interxeneracionais.


6

lúa a forza da MAREA

concello Marea de Vigo tamén abre o debate para que Audasa pague o IBI íntegro O Grupo Municipal da Marea de Vigo presentou unha moción para instar ao Goberno a levar a cabo as accións oportunas para que Audasa pague íntegramente o Imposto de Bens Inmobles (IBI) da parte correspondente a Vigo da AP-9. A Marea introduce o debate sobre a lexislación que permite que este tipo de estruturas concesionarias, como a autoestrada, teñán exencións do 95 por cento no pago deste imposto. O Grupo Municipal da Marea de Vigo fixo unha rolda de prensa xunto ao deputado de En Marea no Parlamento, Marcos Cal, para denunciar o que está a acontecer co pago do IBi da AP-9. O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha iniciativa que foi apoiada unánimemente na Cámara e foi rexistrada posteriormente en forma de moción nos concelos polos que pasa a autoestrada. Na rolda suliñouse que “os beneficios que está a ter Audasa só se explican dende a connivencia político-empresarial”. Esta exención convértese así “nun copagamento para a cidadanía dos municipios polos que pasa a autoestrada”. O parlamentario explicou que “Audasa está a obter un 50 por cento de beneficios sobre a facturación, cando a media do benefocio das empresas do país sitúase no sete por cento”. A Marea de Vigo destacou que nesta cidade a cuestión do IBI está en debate permanente. Recordou que o día anterior á rolda de prensa se coñecera a senteza que da a razón á empresa concesionaria do hospital Alvaro Cunqueiro na cuestión da exención do imposto de bens inmobles.

A Área Metropolitana é incompatible co localismo do Goberno de Vigo As actitudes partidistas e demagóxicas en asuntos como a de facer un aparcadoiro gratuíto so para a cidadanía de Vigo no Álvaro Cunqueiro están a frear este proxecto para unha organización solidaria do territorio O localismo e as actitudes demagóxicas exhibidas polo Goberno local de Abel Caballero son incompatibles coa defensa dun espazo metropolitano, segundo sinalou o Grupo Municipal da Marea de Vigo nun comunicado. Este Grupo mantivo unha xuntanza co alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos na que, entre outros asuntos, falaron sobre a necesidade de sentar bases políticas

O proxecto, sinala o comunicado, “iniciouse no ano 2015, cando o grupo socialista rexeitaba unha moción da Marea de Vigo que instaba a construcción deste aparcadoiro”. Soamente quince días despois, anunciouse a obra. Pasaron xa case trtes ano e, prácticamente un millón de euros de rodo o orzamento está “no saco do superávit”. O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo,

O alcalde de Vigo perdeu a oportunidade de negociar unhas mellores condiucións para o aparcadoiro de pago do hospital de cooperación entre os concellos que axuden á reconstrucción da Área Metropolitana. No encontro tratouse tamén a polémica pola gratuidade para a veciñanza de Vigo do futuro aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro. Marea lembrou que “xa van tres exercicios orzamentarios nos que se adican 500.000 euros en cada un” para a construcción desta instalación.

Rubén Pérez. insistiu en que non se debe esquecer “que cando o PSOE vigués pactou co PP os orzamentos municipais a cambio de facilitar a apertura do Álvaro Cunqueiro, o Goberno local xa sabía que o aparcadoiro do hospital, que agora tanto critica, ía ser de pago”. Perdeu entón o alcalde a posibilidad de incluír na negociación esta cuestión. Dende o Grupo da Marea de Vigo tamén se cues-

tiona como se vai levar a cabo o filtro para as persoas empadroadas e non empadroadas en Vigo xa que “no proxecto da obra non existe ningún tipo de estrutura que sirva para tal fin”. Por iso insiste en reclamar “seriedade e rigor ao Goberno municipal á hora de aclarar o que vai a acontecer en realidade. Polas súa banda, Xosé Lois Jácome, concelleiro da Marea de Vigo, afir-

O agravio Norte Sur non existe Investimentos da Xunta e do Goberno central en Vigo O Grupo Municipal da Marea de Vigo lembroulle a Abel Caballero que “non existe o agravio Norte-Sur, senón unha cuestión de modelo político do Partido Popular. Por iso invitou ao alcalde a que “faga frente común con Santiago de Compostela e A Coruña para reclamar investimentos ante o abandono da Xunta e do Goberno central. Para a Marea, “as melloras no só son importantes para Vigo, senón tamén para todos os concellos limítrofes”, polo que é necesario “ acordar un traballo de reivindicación colectivo con todos os concellos, con indepndencia da cor política”.

Para Marea “é evidente que o Goberno central esqueceu a Vigo, por exemplo, na conversión en tramo urbano da AP-9 ao seu paso por Teis, e na gratuidade da peaxe de Redondela”. Pero, antes estes feitos innegables, “non se trata de vantaxes a Compostela ou á Coruña, xa que estas non existen”. Por iso Marea considera “enganoso o discurso de Åbel Caballero” e lembra asuntos como as conexións coa N-550 e a A-54 en Compostela ou a falla de investimentos na Coruña en aspectos relacionados coa segunridade vial, cando eran compromisos tamén adquiridos

mou que “a defensa da filosofía de área metropolitana constitúe unha gran contradición con actitudes como a de Abel Caballero”. Neste senso, Jácome referiuse tamén ao futuro aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro gratuíto para os vigueses e viguesas. O concelleiro cualificou a situación de “cosmopaletada”, ou, “o que é o mesmo, un profundo localismo populista”.

O alcalde de Cangas,Xosé Manuel Pazos, coincidiu coa Marea de Vigo tras a xuntanza en que “ten que existir algún órgano entre os concellos do territorio que abarca a Área se se quere avanzar cara á reactivación da Área Metropolitana, do mesmo xeito que se deben abandoar as actitudes localistas e partidarias que precisamente causaron a dilapidación deste proxecto”.

Por qué inviste Vitrasa nas tarxetas “PassVigo”? Con respecto as tarxetas “PassVigo”, que habilitarían o acceso gratuito ao aparcadoiro do hospital Alvaro Cunqueiro, o Grupo Municipal da Marea de Vigo preguntouse polas motivacións da empresa Vitrasa para facer a inversión que está a facer nelas. O Grupo Municipal da Marea de Vigo lembra que a Vitrasa so lle quedan dous anos de concesión do transporte urbano na cidade de Vigo, “o que fai sospeitar que tal aposta económica pode chegar a supoñer unha escusa dunha empresa privada para renovar unha concesión pública”. Na actualidade, a tarxeta “PassVigo” emprégase para o pagamento do transporte urbano que realiza a empresa Vitrasa.


lúa a forza da MAREA

O Goberno local queda só no Pleno que tratou de restar atención ao das mulleres Tras ignorar a presenza en Vigo do Pergamino Vindel, Abel Caballero convocou unha sesión plenaria para solicitar un suposto “rescate” do documento xusto a continuación do pleno organizado polo Consello Municipal da Muller O Grupo Municipal da Marea de Vigo abandonou o Pleno municipal no que o alcalde pretendeo solicitar un suposto rescate do Pergamino Vindel para a cidade de Vigo. A sesión tivo lugar a continuación do Pleno que cada ano organiza o Consello Municipal da Muller para conmemorar o 8 de marzo. Ao final, no Pleno participaron soamenente a representación do Grupo socialista, xa que o PP non acudiu e a Marea de Vigo, tras explicar os motivos, ausentouse. Para a concelleira de Marea de Vigo Marga L. Barreiro, foi un “despropósito convocar outra sesión o día do Pleno organizado polo Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de marzo”. A concelleira considera que, deste xeito, o que se tratou de facer foi “eclipsar a atención nese punto”. Segundo explicou, “este é un exemplo de actitude incompatible coa defensa da igualdade,

xa que son os feitos e non as intencións as que definen as políticas”. Para o Grupo da Marea de vigo, “o nivel de irresponsabilidade política que se está a dar arredor do Videl por parte das Administracións é análogo á falta de respeto que se lle ten á Universidades de Vigo, auténtica promotora dos traballos vinculados co Vindel, e a convocatoria deste pleno así o demostra”. Marea lembra que dende que chegous o Pergamino Vindel, no mes de outubro, “o Goberno municipal a pesar de anunciar no seu día a intención de organizar todo un abano de actividades de divulgación, non fixo absolutamente nada”. O alcalde agardou ao día en que o documento abadonaba a cidade para o anuncio dun pleno extraordinario. Deste xeito tratou de amosar un interese que, segundo suliña Marea de Vigo, “nunca existiu”. Estes feitos, sinala o Gru-

O alcalde amosou falta de respecto á Universidade de Vigo, auténtica promotora dos traballos vinculados ao Vindel po Municipal da Marea, confirman unha vez máis a política cultural que se està a facer na cidade. Neste sentido, o Grupo Municipal insistiu en que

as accións do Goberno local no eido da cultura fanse “a golpe de ocorrencia” de Caballero. Para Marea de Vigo, a proposta do alcalde para

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, no momento no que abandonou o Pleno.

o Pleno “é tan absurda coma se o concello de Gernica reclamara o rescate do cadro de Picasso”. Trátase, insistiron, nunha proposta fóra de lugar.

O modelo da “burbulla” xa non serve para o PXOM Marea pide a apertura dunha comisión de planeamento para o seguimento da redacción do novo Plan Xeral Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, “o modelo de expansión da burbulla inmobiliaria baixo o que se redactou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2008 xa non vale para Vigo”. Tras a aprobación dos pregos técnico e administrativo para a contratación da redacción do novo Plan, Marea de Vigo considera que “é o momento de artellar as medidas participativas precisas cara á construción dun novo Plan adaptado á realidade da cidade”. O Grupo Municipal da Marea de Vigo sinalaron en rolda de prensa que neste caso “xa non falamos de revisións oi de medidas improvisadas, senón que, por fin, dous anos despóis da anulación do PXOM de 2008, comeza o traballo no concreto”. Según suliñou o voceiro do Grupo, Rubén Péres, “un plan xeral de ordenación municipal non é unha decisión técnica, senón que é a consecuencia dunha serie de decisións políticas”. Por iso Marea de Vigo pide que se convoque unha

comisión de planeamento. Lembrou que, ainda que existe unha Xerencia Municipal de Urbanismo, “ese non é o espazo para falar dende o punto de vista político, o sobre o modelo de cidade que queremos entre todos e todas”. O concelleiro explicou que “no ano 2008 decidiuse un modelo expansivo de cidade, baixo unhas premisas demográficas que non se cumpriron e que foron decididas dende criterios políticos”. O proceso iniciado para a nova planificación, dacordo co calendario previsto, ten un horizonte de catro anos como mínimo. Trátase, segundo a Marea, “dun prazo lesivo para os intereses sociais e económicos da propia cidade”. Segundo o voceiro da Marea de Vigo, “hai que volver a recuperar unha parte importante da elaboración dun Plan Xeral, como é o traballo previo, a redacción da memoria e a presentación documental”. Estas tarefas teñen que estar baseadas “no diálogo que hai que abrir con todos os sectores económicos e sociais

da cidade”. Sinala asi mesmo que hai que facer “un mapa demográfico, económico e sociolóxico, no que se teñan en conta todos os factores e necesidades de Vigo”. O Grupo da Marea tamén considera que o tempo de exposición pública previsto é moi escaso. Este tempo ven dado polos prazos estabelecidos pola Xunta para a elaboración do Plan. A veciñanza apenas tería dous meses para facer as alegacións que considere. Por iso a Marea de Vigo pide tamén un deseño de participación cidadá que permita á veciñanza poder contar co tempo e as facilidades necesarias. En calquera caso, Marea de Vigo cualificou como unha “boa nova” que o Consello extraordinario da Xerencia de Urbanismo dese, no pasado mes de decembro, luz verde á redacción dun novo Plan. “Será unha boa oportunidade –asegura o Grupo Municipal nun comunicado– para adaptar a cartografía de Vigo a adaptar o planeamento á Lei do Solo”.

7

Vigo segue na cola dos municipios de España en gasto social Un estudo, realizado cos datos publicados polo Ministerio de Facenda amosa as cifras reais sobre gasto social, e o municipio de Vigo destaca polo escaseza neste eido. O traballo foi publicado no portal da oficina virtual para a coordinación financeira coas entidades locais con datos relativos aos 384 municipios con máis de 20.000 habitantes, Mentres poboacións como Santurce (Bizkaia) e Baza (Granada) lideran a listaxe con máis de 200 euros por habitante, ou cidades como Barcelona e Zaragoza superan os 100 euros habitante, Vigo enquístase na parte “precaria” con pouco máis de 40 euros por habitante. Segundo aclara Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, “esta información contradí de xeito evidente os repetidos anuncios do alcalde e o Goberno Local”. Demóstrase, deste xeito, “que a denuncia sobre as insuficientes partidas orzamentarias en materia social feitas tanto pola Marea de Vigo na súa emenda aos orzamentos como por diferentes movementos sociais da cidade, está máis que fundamentada”. As cidades que invisten máis de 100 euros por habitante, que non recortaron esa partida en 2017 e cuxo gasto social represente máis do 10 por cento do orzamento total non financeiro do concello son consideradas “excelentes”, situación na que Vigo “nin está nin se lle espera, á vista das partidas consignadas para o vindeiro exercicio orzamentario do 2018”, matizou Marga L. Barreiro. Ademáis, os indicadores económicos para Vigo amosan un aumento nas persoas demandantes de axudas sociais.


8

lúa a forza da MAREA

entrevista

Carmen Lago Presidenta de Faraxa

“Cómpre poñer o foco nos clientes da prostitución” Educación e leis para combater a violencia de xénero que significa a prostitución. É o que reclama a Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución, que preside Carmen Lago, e que o ano pasado prestou un servizo de atención integral a case 3.000 persoas, a maioría estranxeiras, en Galicia, Asturias e Castilla y León. Detrás das cifras, historias de abusos, de desamparo, de explotación e de escravitude ocultas en clubs de estrada e pisos en todas as cidades que alimentan un lucrativo negocio.

Os datos de asistencia a persoas en prostitución do pasado ano poñen de manifesto unha realidade da que non escapa ningunha cidade: a existencia de numerosos locais nos que se están dando situacións de trata de mulleres e prostitución, así como dun crecente número de pisos onde se exerce a prostitución. Malia levar traballando décadas para combater a explotación sexual das mulleres, nenas e nenos, xa sexa vencellada á trata de persoas ou á prostitución, por constituir unha clara manifestación da discriminación da desigualdade e da violencia de xénero, o panorama “foi a peor” nos últimos anos, cun crecemento importante de mulleres españolas en prostitución. “Desde que comezou a crise, cada día atopamos máis mulleres españolas dedicadas á prostitución, sobre todo de entre 30 e 50 anos, persoas incluso que

xa estiveran na prostitución e que logo, por razóns económicas, véronse abocadas a volver. Moitas delas traballaban no servizo doméstico e quedaron sen traballo cando as familias empregadoras comezaron a prescindir delas, e a maioría fixérono de forma oculta, en pisos, pola vergoña”. Fala Carmen Lago das escasas oportunidades laborais que se lles presentan a estas persoas e pon o acento en dous aspectos: o feito de que a única saída que se lles ofrece é o servizo doméstico –”por que non se lles ofrece formación para o sector naval, por exemplo?”– e os prexuizos sociais. “O noso obxectivo é que coñezan os seus dereitos, que sepan a que axudas poden acollerse, por exemplo. A maioría son estranxeiras e atópanse en situación irregular. Este Centro de Día –explica Carmen Lago–

é un centro de espera, onde elas síntense cómodas e libres, sen nadie do seu entorno ao redor. Ofréceselles apoio psicolóxico, xurídico, social…, a cada unha segundo o seu caso particular, pois presentan diferentes necesidades se viven en clubs ou en pisos, ou se son estranxeiras. O ano pasado 484 persoas en prostitución atoparon aquí atención xurídica e psicolóxica, información sociosanitaria e de prevención da saúde e orientación sociolaboral”. Como asociación especializada, os programas e actividades que realiza Faraxa cubren as necesidades manifestadas e detectadas da poboación en prostitución. Deste xeito, conta, por exemplo, cunha Unidade Móbil que en 2017 atendeu en barrios, pisos clubs e rúas de Galicia a 2.107 persoas en prostitución e a 398 nas comunidades de Castilla y León e Asturias. Entrégaselles


lúa a forza da MAREA

9

A Unidade Móbil facilita a entrada en contacto e a confianza das mulleres en prostitución O noso obxectivo principal é que as mulleres en prostitución coñezan os seus dereitos Na maioría dos casos, as vitimas néganse a denunciar porque teñen moitos medos En Vigo temos unha boa colaboración porque contamos cun protocolo de detección de trata preservativos e información de prevención de VIH e ETS e de educación afectivo-sexual. “É unha forma de achegarse a elas e ir tomando contacto”, razoa, “porque é moi difícil que confíen en ti”. Carmen Lago suliña a complexidade do recoñemento das situacións de explotación e trata sexual e asegura que as persoas vítimas de trata sexual poden non ter a conciencia de selo, polo que a detección ou identificación dos potenciais casos non é doado. Como se leva a cabo, entón, este labor de detección? “Contamos cuns indicadores da Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Crime (UNODC) a través dos que se pode estimar con certa seguridade que nos atopamos ante unha situación de trata”, explica a presidenta de Faraxa. Neste eido, a memoria da actividade de Faraxa reflicte 87 casos de trata sexual detectados en 2017. “A detección supón que existen indicios razoables para consider que unha persoa está sendo vítima de trata sexual, e son a Policía Nacional e a Garda Civil os encargados de identificar os casos de trata detectados. O problema é que na maioría dos casos as mulleres néganse a denunciar, teñen moitos medos. Coas nixerianas, por exemplo, o tema do vudú, na súa cultura, é moi complicado”. Lúa.- Porén, algunha denuncia si conseguiron levar adiante. Carmen Lago.- Levamos adiante tres casos de nixerianas. Por un deles xa hai condenas. Foi unha vítima usuaria de aquí que denunciou unha red de nixerianos que tiñan uns nenos retidos en Toledo. Tardei un año e medio en conseguir que denunciara. E que foi dela? Está fora de Galicia, que tiven que sacala de aquí. Pero elas queren ser libres, non estar nunha casa de acollida, e iso é moi difícil, non podes vivir coa Risga. E aínda que teñan papeis, hai unha doble moral moi grande á hora de contratalas. O único recurso é o servizo doméstico, que é unha es-

UN COLECTIVO ESQUECIDO A explotación sexual das mulleres permaneceu, e aínda permanece na maioría dos casos, invisibilizada por unha sociedade chea de prexuizos e polas consecuencias dunha doble moral socialmente aceptada. Incluso permanece aberto un debate sobre si unha maior permisividade podería axudar a solucionar o problema. En 2009 naceu en Vigo a Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución cunha formulación moi clara. Entre os seus obxectivos principais figura a denuncia de graves violacións dos dereitos humanos, pero tamén analizar o problema e buscar solucións. Grazas a este traballo, Faraxa pode atender a mulleres que exercen a prostitución en Galicia, Castilla y León e Asturias. Mulleres que, nalgúns casos, recorren ao consumo de drogas para poder aguantar a situación de explotación na que viven. A Asociación ten tamén claras as responsabilidades, e sinalan en primeiro lugar aos clientes, porque sosteñen o negocio, a tamén aos proxenetas, que son os que se benefician da explotación da muller.

cravitude sumerxida. E aquí falamos tamén da existencia de trata laboral, como é o caso das latinoamericanas que coidan anciáns, etc. Lúa.- Cómo é a relación de colaboración entre Faraxa a a Policía? C.L.- Afortunadamente en Vigo temos unha moi boa colaboración, pois contamos co protocolo de detección de trata no que están a Fiscalía de Vigo e a UCRIF [Unidad Central de Redes de Inmigración Ilegal y Falsedades Documentales], con persoas moi responsables

ao frente, pero eles tamén se ven atados de pés e mans. Son dos primeiros en España que conseguiron entrar en pisos de prostitución, con orde xudicial, pero logo non poden facer nada. Agora ben, non podo dicir que a colaboración sexa igual en todos os sitios. Teño que lembrar o caso Carioca, que por desgraza me temo que non vai quedar en nada. [A fiscalía de Lugo propuxo recentemente o sobresemento dunha das causas relacionada co Club Liverpool, na que estaban imputados o propietario, a súa esposa e catro gardas civís]. E se levantáramos un pouco a alfombra atoparíamos casos Carioca en todos os lados. Ao final, faltan sentenzas, sentenzas exemplarizantes. Os do Arandina [tres xogadores dun club de fútbol están acusados de violación a unha menor] acaban de pagar 6.000 euros e están en liberdade. Que fácil, non? Cando hai unha persoa violada. E cantos tratantes de mulleres están cumprindo condena? Estanse realizando xuizos de casos de hai dez anos, nos que as chicas nin sequera están aquí; estarán nos seus países ou quen sabe, porque se lles perde a pista. E cando consigues que a chica declare e pase a peripecia de estar varios días declarando, e che din que non hai suficientes datos ou material para continuar? Lúa.- Faraxa, como defensora da abolición da prostitución, considera que a raíz da mesma é a demanda. Son efectivas as iniciativas como as sancións económicas aos clientes que puxeron en marcha algúns concellos para desalentar a demanda de prostitución? C.L.- Efectividade real non teñen. Son lavados de imaxe. Nós estamos en contra do cliente, non da prostituta, que bastante problema ten con buscarse a vida dentro dese mundo. Máis efectivo sería que vaian polo cliente, pero máis que sancionar, fomentando a educación. Lúa.- Que está pasando na nosa sociedade para que


10

lúa a forza da MAREA

entrevista

Hai unha gran carencia de educación afectivo-sexual e de valores en igualdade Sabemos que o cliente da prostitución é cada vez máis novo: rapaces de 16 e17 anos Hai unha violencia brutal nos vídeos porno e os homes copian eses mesmos comportamentos A sexualidade é un pacto entre dúas persoas. Está para disfrutala

As mulleres galegas responden de xeito multitudinario A cidade de Vigo apareceu o pasado 4 de marzo en todos os informativos de televisión do Estado. A masiva resposta da cidadanía á convocatoria do movemento feminista de Galicia fixo que esta fora unha das manifestacións máis multididinarias das moitas que se desenvolveron ese día nas cidades. A Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución tivo unha destacada participación na marcha que percorreu as principais rúas de Vigo. Carmen Lago foi unha das portadoras da faixa principal que encabezaba a mobilización.

o 20 por cento dos universitarios de entre 18 e 24 anos recoñezan ter pagado por sexo? C.L.- E incluso máis novos. Nós vémolo nos institutos. Hai unha gran carencia de educación afectivo-sexual e de valores en igualdade. Pero é que a principal barreira que se atopa son moitas veces as propias familias, onde existen aínda moitos tabúes. Hai quen cre que por darlle un preservativo a un fillo está fomentando a súa práctica sexual, e non é así.

Ao son dunha sonora “batucada”, as mulleres fixéronse oír en toda a cidade, nun ambiente fundamentalmente reivindicativo. Así, escoitáronse consignas coma “cando digo non, é non”, “somos malas, podemos ser peores”, ou “aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé”. Foi unha xornada histórica para o feminismo de Galicia, tanto polo nivel de participación como pola capacidade de organización amosada polo movemento feminista galego, composto por diversos colectivos e asociacións.

Ocúrrenos moitas veces que as familias rexeitan que falemos nos institutos de educación afectivo-social ou de prostitución, e vémonos obrigadas a disfrazar as charlas co tema da violencia de xénero, cando sabemos que o cliente da prostitución é cada vez máis novo, rapaces de 16 e 17 anos, porque eles mismos nolo din, ata falan delas, de chicas que eu mesma coñezo, en fin Pero nadie che vai crer que o seu fillo está indo de putas. Quizais nos vino todo moi de golpe, unha liberdade grande, pero sen educarnos.

Lúa.- E logo chegou internet coas súas cousas boas e malas. O pasado ano púxose en marcha en redes sociais unha campaña moi aplaudida contra a prostitución que poñía o foco nos clientes e no dereito que cren ter a comprar mulleres. Pensa en internet como un aliado para acadar a reprobación social do cliente? C. L.- Internet é moi importante, pero tamén é moi danoso. Esas campañas non chegan, é máis fácil irse a un vídeo porno. Pódelo ver no número de visitas que teñen eses videos. Hai unha violencia brutal nesas películas, e os consumidores de porno copian eses mesmos comportamentos. Volvo dicir o mesmo: hai una gran carencia de educación afectivo-sexual. Avanzamos moito na igualdade, pero falta moitísimo, esa é a verdade. Lúa.- Ademais do abolicionismo, no movemento feminista tamén hai quen defende a regulación como unha actividade económica e, por tanto, con dereitos laborais. Por que non é aceptable para vostedes? C. L.- Non recoñecemos o exercicio da prostitución como un traballo. Non podo comprender xamais que unha persoa teña que vender o seu corpo, a súa vaxina, para poder sobrevivir. O peor que nos pode pasar a calquera muller é unha violación. Alguén que sistematicamente esta sendo violada, non está a gusto, no está recibindo pracer. A sexualidade é outra cousa, un pacto entre dúas persoas, e está para disfrutrala. E falo de mulleres e tamén de homes en prostitución, que cada vez son máis, ou transexuales, e que son vítimas de trata, vítimas de home. Sempre son os homes os que demandan. Isto é violencia de xénero, e a sociedade, que empatiza cunha violación, non o fai con estas persoas que están sendo violadas continuamente.


lúa a forza da MAREA

barrios Cabral Soterramentos ilegais nos montes do Gorxal O Grupo Municipal da Marea de Vigo denunciou a práctica de soterramentos ilegais no monte de Cabral, pese a que as obras están paralizadas por parte do Concello. Según suliñou o voceiro do Grupo, Rubén Pérez, “A Xerencia de Urbanismo advertiu en xullo de 2017 que se suspenderan as actividades nas parcelas situadas na zona do Gorxal, baixo o delito de ‘desobediencia’, pero as actividades de soterramento continúan con total impunidade como amosan as fotos tomadas recentemente e que foron entregadas na Xerencia de Urbanismo”. Marea de Vigo lembra que no expediente aberto polo Concello de Vigo despois de varias inspeccións da policía local, se lle advertía expresamente á directiva da Comunidade de Montes de que “a vulneración do precinto e/ou o incumprimento da orde de data 1110-2016, de suspensión de obras nas parcelas obxecto deste procedemento, podían ser constitutivos do delito de desobediencia tipificado no artigo 556 do Código Penal. Polo tanto, no caso de producirse, habería que poñelas en inmediato coñecemento da Fiscalía da Área de Vigo para a súa valoración”. Por iso o Grupo Municipal da Marea de Vigo pediulle ao Concello que denuncie en fiscalía á Xunta Reitora da Comunidade de montes veciñais de Cabral, tal e como figura no expediente aprobado no Consello da Xerencia de Urbanismo.

Navia

A veciñanza propón outro lugar para o parque infantil A Asociación Veciñal Novo Vigo de Navia insiste na necesidade de urbanizar os espazos que aínda quedan libres no barrio e propoñen que o novo parque infantil proxectado polo Concello ocupe un destes lugares. En concreto, os responsables da Asociación propoñen a franxa que hai entre o edificio da Escola Superior de Arte Dramática e as construccións da rúa Teixugueiras. O proxecto municipal ocuparía unha das prazas da rúa Teixugueiras que na actualidad xa está completamente urbanizada e humanizada. Os responsables Novo Vigo defenden a necesidade de que os espazos libres sexan aproveitados como zona verde, ante a sospeita de que poidan converterse en áreas asfaltadas para aproveitalas para o estacionamento. Por outra banda, a Asociación Novo Vigo reclama máis espazo no barrio para o movemento veciñal, xa que na

actualidade está a ocupar un local de apenas 80 metros cadrados, insuficientes para a actividade que se está a realizar. Unha das principais preocupacións dos veciños de Navia segue a ser a zonificación escolar de Vigo presentada pola Xunta que non contempla o instituto para o alumnado de secundaria, ao que lle correspondería ir a Valadares.

Coia

11

Vigo ten proposto que no novo contrato de adxudicación do estacionamento en superficie de Vigo (Zona Azul), sexan incluidas novas modalidades, como existen en cidades similares como A Coruña ou Avilés, adaptadas ás necesidades da veciñanza, tanto para residentes como para parsoas que traballan na zona, dependendo dos horarios. Segundo sinala o Grupo nun comunicado, “este tipo de adaptacións solucionaría problemas como o denunciado pola veciñanza do Casco Vello, actualmente con dificultades á hora de poder deixar os seus vehículos pola noite”. Nesta caso, a solución pasaría por habilitar prazas en rúas próximas, como tramos da rúa Pracer, Paseo de Granada, Cachamuiña ou Romil”.

O futuro do aparcadoiro pasa pola xestión pública O futuro do Aparcadoiro de Coia, como os do resto da cidade, pasa por unha xestión pública que evite as condicións coas que ate o de agora se teñen negociado este tipo de concesións. Tras coñecer a situación de incerteza creada despois de que un xuíz liquidara a sociedade que xestiona os aparcadoiros de Coia e Jenaro de la Fuente, o Grupo Municipal da Marea de Vigo lembrou que este tipo de concesións incluíron cláusulas coa intención de garantir un nivel de ingresos as empresas. En caso de non ser así, o Concello ten que asumir esa diferenza. O que sucede, sinala a Marea, “é que cando unha desas empresas quebra o que fai e negociar co Concello e poñelo contra as cordas”. A proposta da Marea de Vigo pasa por “ir liquidando este tipo de concesións, feitas en diferentes etapas da política viguesa, tanto do PP como do PSOE, e que o Concello asuma a xestión pública directa”. Considera tamén o Grupo Municipal da Marea de Vigo que se está a condicionar o futuro da Zona Azul: “favorécese a desaparición da Zona Azul para que teñan máis clientes os aparcadoiros privados e, polo tanto, que non se executen esas cláusulas penalizadoras”.

Casco Vello As prazas de aparcamento seguen a ser insuficientes A veciñanza do Casco Vello de Vigo segue sen ter unha solución á falta de lugares para poder estacionar vehículos. As prazas que na actualidade están a disposición das persoas residentes non son suficientes e o problema agrávase coas chegada de novos e novas habitantes á zona. Ante esta situación, o Grupo Municipal da Marea de

Teis Marea reclama a cesión do antigo ambulatorio Marea de Vigo reclamou a través do grupo parlamentario de En Marea no Congreso a cesión do antigo ambulatorio de Teis por parte da Tesourería da Seguridade Social á veciñanza para a creación dun espazo sociocomunitario e ludoteca como reclama a Asociación de Veciñas e Veciños e diversos colectivos do barrio. A deputada Alexandra Fernández solicitou unha xuntanza coa Dirección Xeral da Tesourería da Seguridade social para a cesión definitiva do edificio ao Concello e dar fin a un abandono de máis de 18 anos dun edificio nun barrio con graves deficiencias dotacionais.

Coruxo É necesario un novo acceso dende a estrada de Muiños Ante a apertura da nova depuradora de Vigo e a situación de dotacións e infraestruturas na parroquia, Marea de Vigo plantexou a diversos colectivos veciñais a posibilidade de crear un acceso de vehículos que, dende a estrada de Muíños e bordeando o perímetro da vella depuradora permita dar servizo de autobuses aos centros educativos próximos e solucionar tamén o acceso dos vehículos ao instituto. Do mesmo xeito avanzou a súa proposta de cesión ao movemento veciñal do edificio de servizos da vella depuradora así como acometer xa unha urxente reforma do Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo.


12

lúa a forza da MAREA

reportaxe Unha tarifa abusiva que non contribúe ao aforro

Segundo as condicións que están neste momento enriba da mesa para a renovación por cinco anos da concesión a Aqualia, unha familia que consuma 10 metros cúbicos de auga cada dous meses seguirá a pagar prácticamente o mesmo que outra que consuma 30 metros cúbicos. A primeira familia pagará 34 euros na súa factura trimestral, mentres que a segunda pagará 38 euros. A causa está en que se establece un primeiro bloque de consumo de 30 metros cúbicos, tanto se se consumen coma se non. Os catro euros de diferencia na factura refírense ao denominado “canon de saneamento”.

Se en Vigo se consumira todo o que se paga, non habería auga dabondo O Grupo Municipal Marea de Vigo insiste na necesidade de que haxa unha tarifa xusta por consumo. Neste sentido, destaca un dato: se a veciñanza agotara o límite do primeiro tramo de consumo polo que se cobra (30 metros cúbicos bimestrais), a empresa concesionaria afrontaría un grave problema de abastecemento en toda a cidade.

O prezo da auga subiu catro veces máis que o IPC nos últimos 12 anos O recibo da auga subiu un 200 por cento nos últimos 12 anos, un periodo que coincide co da crise económica que afectou dun xeito dramático a miles de familias. Este incremento fixo que o prezo da auga subira catro veces máis ca do resto de productos máis ou menos necesarios cos que se calcula o Índice de Prezos de Consumo (IPC).

Un grupo de presión ante concellos e partidos cun poder “case” ilimitado A “febre” privatizadora de servicios públicos esenciais dos anos 80 do século pasado provocou que unha empresa coma Fomento de Construcciones y Contratas (FCC) se fixera cunha grande parte destes negocios. En 1991, FCC creou Aqualia, un grupo que se converteu nun auténtico lobby ou grupo de presión con poder ante concellos e partidos políticos con representación nos municipios.

Augas Marea mantén a súa aposta para que o suministro de auga de Vigo volva a ser da cidadanía en 2020 O Concello de Vigo deberá decidir en 2020 quen se encarga de xestionar e garantir o subministro de auga na cidade. Mentres, esta tarefa corresponde á empresa Aqualia, que herdou a concesión outorgada no seu día a Seragua Focsa, do grupo Fomento de Concesiones y Contratas (FCC). Aqualia logrou facer valer o prego de condicións do contrato inicial que permitía prórrogas de cinco anos tras o vencemento da concesión, en 2015. A auga é moito máis que un produto de consumo. Tratáse dunha necesidade vital para as persoas e dun recurso público que require dunha coidadosa xestión pola súa importancia medioambiental. O acceso á auga é un dereito humano, e a súa conservación e coidado é unha obriga para calquera sociedade e, polo tanto, para calquera goberno. Estes aspectos protagonizaron xa nos anos 90 do século pasado os debates provocados polo afán privatizador dos servizos municipaís de subministro de auga. E mantéñense vivos dende entón... A suba excesiva dos prezos (catro veces o IPC nos últimos 12 anos), as condicións mercantilistas dos contratos de concesión outorgados polos concellos ou situacións como a vivida en Vigo este ano pola falta de choivas seme-

llan dar a razón a quenes sempre se opuxeron a poñer en mans privadas un negocio que nunca debeu existir. O subministro de auga nunca tivo que deixar de ser a garantía dun dereito e unha responsabilidade co medio ambiente. En Vigo, como sucedeu en moitas das cidades grandes e medianas de España, a empresa de capital público EMAVISA foi privatizada en 1991 despois de que, un ano antes, o Pleno do Concello dera luz verde a este proceso. A mensaxe lanzada dende os sucesivos Gobernos municipals implicados na concesión foi sempre a mesma. Que a privatización non só non repercutiría na factura da auga, senón que sería a garantía de

A privatización non logrou manter uns prezos razoables nin garantir a calidade do subministro Marea considera que as inversión da concesionaria deben ser para me llorar o servizo que non se tiveran que facer subas. E as mensaxes lanzadas pola concesionaria incidiron sempre en que as súas inversión serían a garantía de que nunca habería problemas de subministro.

Seragua chegou a dicir nun anuncio publicado no xornal “El País” que Vigo era “a única cidade española” que tiña garantido o subministro de auga ata o ano 2015. Pero, fronte a esas mensaxes dos Gobernos municpáis e da empresa concesionaria, o


lúa a forza da MAREA

13

revoltas certo é que as condicións acordadas obrigan aos fogares vigueses a pagar 30 metros cúbicos de auga, tanto se os consumen coma se non; que o prezo da auga subiu nos últimos 12 anos catro veces máis que o IPC; e que uns meses de seca como os vividos o pasado ano poden poñer en serio perigo á

“única cidade española” cun subministro garantido. Ante esta evidencia, o Grupo Municipal da Marea de Vigo insistiu en que a solución pasa por que a xestión da auga volva a ser unha responsabilidade pública. A xestión pública permitiría que se cubriran as necesidades básicas da

cidadanía, que os prezos sexan xustos e axustados aos consumos e que a garantía do subministro e a xestión sostible estean por enriba do negocio. Mentres, Marea considera necesario que os investimentos da concesionaria deben adicarse a mellorar a rede e evitar o malgaste de auga, máis que ao “tro-

co de cromos” que se da na actualidade. De aí que considere “esperpéntico” que as contrapartidas de Aqualia non teñan nada que ver co subministro de auga e se refiran a aspectos como o Plan Verde, a instalación de setos ao estilo do dinosaurio do Porta do Sol ou a humanizacións, como a da rúa García Barbón.

Que propón Marea de Vigo? 1.- Evitar malgaste

Cantos de serea e delirios xurásicos A relación entre o Concello de Vigo e a empresa concesionaria do servicio de abastecemento de augas e saneamento da cidade ten momentos que rozan o esperpento. Coma cando Fomento de Contrucciones y Contratas (FCC) “premiou” á cidade cun concerto de Madonna por concedérselle este servizo. Este tipo de contrapartidas disparatadas nada teñen que ver coa calidade do suministro de auga ou coa garantía dun acceso digno e xusto a un ben de primeira necesidade por parte de todas as persoas. Humanizacións, festas parroquiais e, agora tamén, setos decorativos ao estilo do dinosaurio

É imprescindible a revisión de toda a rede de subministro para detectar os lugares onde poidan existir fugas permanentes. Calquera acordo de concesión debe incluír unha obriga de inversión neste sentido. Tamén é necesario dispoñer dun plan de renovación xeral da rede de abastecemento que erradique as tubaxes de fibrocemento.

2.- Mellorar a rede

da Porta do Sol, son algunhas das contrapartidas coas que Aqualia logrou garantir que cada fogar vigués lle pague cada dous meses por un mínimo de 30 metros cúbicos de auga tanto si os consume coma se non, nun contorno de subas permanentes dos prezos (catro veces por enriba do IPC nos últimos 12 anos). O Grupo Municipal da Marea de Vigo, que considera que a situación á que se ten chegado é “surrealista”, foi contundente na súa resposta ás intencións do Goberno municipal e da concesionaria: “non queremos que Aqualia pague nada, senón que deixe de xestionar a auga de Vigo e lucrarse co recibo inxusto que agora pagamos”.

O baldeo permanente das rúas con auga potable é un evidente malgaste dun recurso valioso. O Laboratorio Municipal debe estudar a posible reutilización da auga depurada que se verte na ría a través dos emisarios de Teis e Coruxo. Sería tamén necesario un plan de aproveitamento para o regadío e baldeo de rúas con auga da choiva, que pode ser recollida en tanques de tormenta e depósitos para tales usos.

3.- Remunicipalización Debe comezar xa o estudo de remunicipalización e reapertura de EMAVISA, a empresa municipal de augas que se privatizou nos anos 90. O obxectivo debe ser que para 2020 a auga sexa cento por cento pública en Vigo.

4.- Bono solidario É necesario garantir un consumo mínimo gratuito de tres metros cúbicos de auga e, a partir de aí, debe haber progresividade no recibo. O recibo de auga abusivo en Vigo ten a súa orixe no sistema de cobro “por tramos” estabelecidos na privatización da empresa municipal de augas. A partir dese momento pasouse a cobrar un consumo minimo de 30 metros cúbicos bimestrais, tanto se se consumen coma se non. O resultado foi un sistema de tramos tarifarios inxusto. Nas vivendas nas que residen personas maiores ou unha ou dúas personas nunca se acada este consumo.


14

lúa a forza da MAREA

reportaxe

Sen

rumbo Marea de Vigo propón a creación do Consello Municipal de Cultura para evitar a actual política de improvisación O recente anuncio do traslado do Monumento ao Traballo da súa actual ubicación na Gran Vía, coa conseguinte polémica cidadá suscitada, é o penúltimo capítulo da “política cultural de improvisación” que, ao xuizo da Marea de Vigo, practica o goberno municipal. Episodio que, sumado a outros moitos acontecidos nos últimos meses no eido cultural, levaron a Marea a proponer a creación dun Consello Municipal de Cultura que, dacordo co Regulamento de Participación Cidadá, permita a toma de decisións consensuadas cos colectivos implicados no traballo cultural. “A recente polémica arredor da escultura dos redeiros responde a unha necesidade de coordinación entre persoas do mundo da cultura, persoal técnico municipal, veciñanza organizada así como a propia corporación municipal”, afirmou o voceiro da formación, Rubén Pérez, en rolda de prensa. Abundando nesta idea, o concelleiro Xosé Lois Jácome argumentou que a situación de precariedade que atravesa o teatro Ensalle, as subidas nas mensualidades das Escolas Municipais de Danza

Nin museo, nin arte, nin contemporánea (EMD) e de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), ou o abandono do proxecto orixinal do MARCO son “síntomas suficientes” da necesidade de organización no eido da cultura na cidade de Vigo. A creación do Consello Municipal de Cultura, ao abeiro dos artigos 43 e 44 do Regulamento de Participación cidadá de Vigo que regulan os consellos municipais, sería unha mostra da vontade política de descentralizar a toma de decisións no eido cultural. Constitúe, ademais, unha ferramenta de participación sectorial recomendada polo código de boas prácticas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Segundo a proposta de Marea, estaría integrado

polo alcalde –ou a persoa en quen delegue–, representantes das vogalías de cultura do movemento veciñal, membros de institucións culturais públicas e privadas que operen na cidade, así como dos gremios e sectores culturais da cidade (galerías, asociacións culturais representativas), artistas de recoñecido prestixio e representantes dos partidos da Corporación. Marea de Vigo entende, por conseguinte, que “Vigo posúe un sector cultural moi representativo e de recoñecido prestixio internacional cuxa opinión debe ser tida en conta para que non sexa solamente a clase política quen decida como ten que materializarse a cultura na nosa cidade”.

A proposta da Marea de Vigo coincide cacións feitas polo tecido cultural e das no tempo co malestar suscitado entre asociacións de arte contemporánea a cidadanía e as críticas provenientes sobre o que está acontecendo co MARCO, ao igual que na crítica do sector artístico á conversión do Museo de Arte ConA praza de sobre a carencia orzamentaria de todas as institucións, a temporánea (MARCO) nun espazo multifuncional que director debe falla de planificación e a audeixe de ser un centro de convocarse sencia dunha dirección que arte contemporánea para canto antes garanta a independencia do proxecto ante as inxerencias acoller outro tipo de eventos, non necesariamente por concurso do poder político. Tras o abandono de Iñaki vencellados á cultura. público Martínez Antelo da direc“Non pode ser que un alcalde decida o futuro dun museo como ción do MARCO, o pasado mes de noo MARCO”, afirma a Marea, que lembra vembro, o Grupo Municipal Marea de que “o MARCO foi quen de colocarse Vigo pide que se convoque urxenteno circuíto europeo e estatal avanzado mente a praza de dirección do museo en canto á programación e oferta rela- mediante concurso público, se dote cionada coa arte contemporánea, e que economicamente o necesario e se argumentar que hai que abrir o museo teñan en conta, por parte do Gobera outra realidade cultural, como di o al- no Municipal, as reivindicacións feitas calde, é considerar o traballo e os resul- polo Instituto de Arte Contemporáneo tados de anos como algo alleo á cultura (artistas, galeristas, críticos e comisarios de arte, coleccionistas, profesores, da cidade”. “Os vigueses e viguesas teñen a mesma investigadores artísticos así como direceptividade e capacidade para disfru- reccións de museos e centros de arte tar da arte contemporánea como o fan do conxunto do estado) como ente capacitado no eido da arte contempoen Madrid, Barcelona ou Berlín”. Marea de Vigo coincide coas reivindi- ránea.


lúa a forza da MAREA

15

Un contenedor de ocorrencias Lamentablemente, os anuncios realizados polo Goberno Municipal, como o do traslado da colección Colmeiro ao edificio do MARCO, fan pensar que como lugar destinado para a arte contemporánea ten xa os días contados. “A asunción do padroado e da maioría do orzamento por parte do Concello non é escusa para converter o contedor cultural nun espazo multifuncional para as ocorrencias deste ou de futuros gobernos locais”, apunta o concelleiro Xosé Lois Jácome. “Manuel Colmeiro, ao igual que outros artistas vigueses, debería ter xa un lugar permanente nunhas instalacións museísticas adecuadas e adicadas exclusivamente a eles. Non se trata de competir, senón de

ordenar os espazos e dotalos de contido dun xeito lóxico, sen desmantelar o que claramente funciona, tendo, o museo MARCO o maior número de visitas da nosa cidade”. Con todo, os acontecementos que vive o MARCO, son só a punta do iceberg –por ter acadado ampla divulgación– dunha política museística “impropia dunha gran cidade” que se reflicte en que o VERBUM quede sen contido, que o Museo da Fotografía quede baleiro –o Grupo Municipal da Marea de Vigo vén de propor o traslado do Arquivo Municipal a este edificio–, ou na previsible defunción da Pinacoteca do Casco Vello. “O Verbum –sinala Jácome–, finalizado o tempo expositivo condicionado polo emprego dos fondos

Feder, non ten un horizonte claro. A día de hoxe, resulta mesmo inaccesible aos centros escolares de Vigo, aos que se lles indica que non se fan ese tipo de visitas. Isto, xunto aos xa estraños movementos entre os espazos museísticos da cidade que non responden a ningunha planificación pactada co tecido cultural da cidade, nos alertan do que pode estar na axenda do Goberno Municipal con respecto ao futuro dos museos vigueses”. Así as cousas, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que os 500.000 euros consignados nos orzamentos para 2018 ao financiamento de actividades culturais no Auditorio Mar de Vigo deberían dedicarse a reorganizar e aclarar o futuro dos museos da cidade.

Marea de Vigo propón trasladar o Arquivo Municipal ao edificio proxectado como Museo da Fotografía Despois de moitos anos pechado e sen visos de artellarse un uso como contedor museístico, Marea de Vigo considera que o edificio proxectado no seu día como Museo da Fotografía, na rúa Eduardo Chao, pode resultar idóneo para acoller o Arquivo Municipal, hoxe en constante deterioro e con risco de desaparecer, ao non existir iniciativas públicas máis aló da boa vontade e o traballo do persoal público adscrito ao servizo. Na súa actual ubicación, xunto a un aparcadoiro na planta -2 do edificio do Concello, conviven coa borralla dos motores dos vehículos e deterióranse coa humidade documentos dos antigos concellos

de Bouzas e Lavadores, actas de plenos dende o século XVIII, mesmo planos de altísimo valor como

euros) sen garantir fondos nin recursos técnicos e culturais, sería un espazo axeitado para levar tanto

O edificio, en situación de abandono, é froito desa cultura “delirante” de creación de museos que viviu a cidade os orixinais feitos polo arquitecto Antonio Palacios para o seu plan de rexeneración urbanística de Vigo. Para Marea de Vigo, un edificio municipal en situación de abandono como é o actual da rúa Chao, froito desa cultura “delirante” que viviu a cidade cando se crearon multitude de contedores museísticos (neste caso a inversión foi de máis dun millón de

ao persoal actual, como ao conxunto da documentación máis antiga e de maior valor histórico. Segundo o concelleiro Xosé Lois Jácome, “esta localización permitiría dotar un espazo adecuado para a consulta de investigadoras e público en xeral, de elementos de conservación do fondo documental normalizados, ou espazos de consulta apropiados.

Isto, xunto coa necesaria adaptación ás novas tecnoloxías (dixitalización documental e creación de páxina web), resultarían unha fonte de coñecemento sobre a historia de Vigo para á veciñanza, xunto as vantaxes que, a efectos prácticos, teñen para o traballo cotiá do persoal do arquivo municipal, permitindo mesmo desligalo das tarefas relacionadas coa documentación da Xerencia de Urbanismo”. Marea de Vigo lembra que hai unha praza na OPE para técnico de arquivo que ten que ser cuberta, o que axudaría tamén ao cambio necesario para a posta en valor e a conversión dos fondos do Arquivo Municipal de Vigo nun referente cultural.

“A Gallaecia das Cantigas” A homenaxe da Marea de Vigo a Martín Códax e ao Pergamino Vindel O Pergamino Vindel é o maior tesouro conservado das cantigas da lírica galaico-portuguesa medieval. Co gallo da presenza en Vigo desta xoia do noso partimonio lingüístico e cultural, a Marea de Vigo organizou o venres 23 de febreiro no Café “De Catro a Catro” un acto cultural de homenaxe ás raíces da nosa lingua, coa fin de entender e vivir o contexto e a relevancia das cantigas de Martín Códax. Baixo o título “A Gallaecia das cantigas”, a concelleira da Marea de Vigo, Marga López Barreiro, presentou o acto, remarcando a centralidade da lingua galega na nosa cultura e o compromiso da Marea de Vigo coa súa defensa. Contouse coa actuación do grupo de música medieval “Prés de Cambrai”, que interpretou dúas das cantigas de Martín Códax(a II e a VII), ademais doutras cantigas. Trátase dun grupo cunha traxectoria consolidada neste eido e que leva participando nunha serie de concertos didácticos realizados no Museo do Mar de Vigo con motivo da exposición do Vindel. Entre peza e peza, explicáronnos as características da música asociada coas cantigas, así como as particularidades das cantigas do Pergamino Vindel. A interpretación musical,con harpa, flauta, fídula e pandeiro foi deliciosa e permitiu, entre as tebras do De Catro a Catro, mergullarnos nas Ondas do Mar de Vigo, compartindo a espranza da amante que agarda polo seu namorado e a amargura ante a súa ausencia. A continuación. o profesor de Filoloxía Galego-portuguesa da USC José Antonio Souto Cobo impartiu unha conferencia sobre “A Gallaecia na que naceron as cantigas”, vencellada ao seu traballo de investigación sobre “Os cavaleiros que fizeram as cantigas.” José Antonio Souto ten descuberto a interrelación entre familias da nobreza galega e occitana no século XII, adiantando en case un século a cronoloxía das primeiras cantigas. A través das súas explicacións, aprendimos a diferenciar entre “cantigas de amigo”, “cantigas de amor” e “cantigas de escarnio e maldizer” e entre “trovador” e “xograr.”Como apunte, sinalou unha eiva na exposición do Museo do Mar, ao non acompañarse o Vindel doutros cancioneiros orixinais coas cantigas da mesma época, como o Cancioneiro de Ajuda, que se conserva en Lisboa. Resulta paradóxico comprobar que en Galicia non gardemos ningún exemplar da que son as primeiras manifestacións da nosa literatura. A exposición de José Antonio foi pedagóxica e amena e o coloquio animouse con preguntas sobre se detrás do nome “Martín Códax”escóndese unha autora feminina, ou sobre se a denominación de “lírica galaico-portuguesa” é máis adecuada. En suma, foi un acto moi completo e emotivo, no que a asistencia desbodou o Café, que ficou pequeno, e que permitiu poñer en valor o noso patrimonio cultural e a manifestación máis importante del, a nosa lingua.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.