Lúa nº 4

Page 1

ANO 1, N.0 4, XANEIRO DE 2019

lúa

Publicación periódica do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

a forza da MAREA

Os orzamentos de Vigo, un engano electoralista Marea de Vigo denuncia as artimañas do Goberno local para xogar coas cifras anunciando os mesmos investimentos ano tras ano O Goberno municipal de Vigo vén de impoñer uns orzamentos para 2019 á medida dun ano electoral. A obsesión de Abel Caballero pola maquillaxe orzamentaria leva unha vez máis a que, para presentar uns resultados de superávit, a amortización rápida da débeda implique que partidas importantes relacionadas co emprego, a promoción económica ou os investimentos, queden sen executar. O Grupo Municipal da Marea de Vigo denunciou esta situación e insistiu na necesidade de que as contas municipais sexan máis transparentes e participativas. Empezando por aplicar o acordo da Federación Española de Municipios e Provinsicas (FEMP) de poñer en marcha “orzamen-

Entrevista

unha cita electoral municipal. No caso do IBI urbano, Vigo mantense moi preto do máximo legal, do 1,1 por cento, algo que, en opinión da Marea de Vigo, non é compatible cun orzamento progresista no terreo social, e xustifica en si mesmo a emenda á totallidade que se presentou. Páxs. 3 a 7

Sumario Grupo municipal da Marea de Vigo. De esquerda a dereita, Marga L. Barreiro, Xosé Lois Jácome e Rubén Pérez. tos participativos como instrumentos de mellora da participación da cidadanía na asignación dos recursos públicos e na definición de

obxectivos prioritarios de xestión”. O resultado de non contar coa cidadanía son uns orzamentos formulados

sobre un suposto factor expansivo no capítulo de gasto social e de investimentos que é completamente irreal. Ademais,a

conxelación do capítulo de ingresos no é máis que un aprazamento das subas do IPC para outros anos nos que non haxa

As contas municipais As dotacións sociais esquecen á cultura son insuficientes Páx. 5

Gonzalo Marín O Concello “apaga” o comercio de proximidade nos barrios Críticas á campaña de Nadal por concentrar o investimento

Este prestixioso especialista defende a auga como o dereito humano recoñecido que é. Páxs. 8 e 9

Unha boa parte do comercio local e de proximidade dos barrios de Vigo lamentou que, durante a campaña de Nadal, o efecto chamada da iluminación no centro da cidade baleirou as rúas da periferia. Estes comerciantes lembran que unha boa parte do co-

Páx. 12

Ryanair engana a Vigo e incumpre os seus compromisos de promoción Páx. 13

Páxs. 6 e 7

Asesor da FAO e membro da Rede Auga Pública

“A auga non pode ser xestionada dun xeito mercantil”

As gradas do estadio de Balaídos seguen sen ter garantía de seguridade

mercio concentrado entre a Porta do Sol e a Gran Vía está formado por tendas de grandes cadenas, que foron as principais beneficiarias dunha política que debería defender máis aos comerciantes dos barrios. Páx. 12

Marea de Vigo apoia ao persoal do aparcadoiro da Praza de Portugal Páx. 13

O feminismo volve ás rúas para denunciar os intentos de involución Páxs. 14 e 15


2

lúa a forza da MAREA

editorial

Campaña de desinformación sobre os Orzamentos Os orzamentos dun Concello non son unha sensación, un latexo interpretable ou un proxecto sentimental ou publicitario. Son números reais, sometidos a unha fiscalización pública e con desenvolvemento real e cuantificable ao longo do exercicio que veñen a cubrir. Dicir isto en Vigo onde o Goberno actual de Abel Caballero establece unha campaña dos medios de desinformación sobre os contidos reais dos seus proxectos orzamentarios, seguro xera sorpresa pero é rigorosamente certo que os grandes piares desde os que o Goberno local pretende sustentar os orzamentos para este 2019 son falsos e non acordes co modelo de cidade progresista e integrador que toda persoa de esquerdas ten que defender. Durante os anos de Goberno do PP no Estado asistimos a unha sucesiva serie de medidas lexislativas orientadas a dinamitar a autonomía municipal, dende o recorte de transferencias e recursos económicos da administración central ás entidades locais, a imposibilidade de aumentar ou manter mesmo os cadros de persoal municipais ate o control e fiscalización castrante do gasto e investimento dos Concellos en políticas e actuacións que outras administracións, que deberían acometer, non realizaban e polo tanto os concellos asumían; os chamados gastos impropios, que poden chegar a supoñer o 40% do gasto dun concello. Unha das políticas máis terribles para os concellos foi culpalos da existencia de débeda nos mesmos, equiparando débeda a mala xestión, cando o recurso da débeda é o que permite a construción de infraestruturas en tódalas administracións: dende infraestruturas ferroviarias ate hospitais e dende escolas infantís a bibliotecas foron construídas co recurso da débeda pública (obviamente cando esta é asumible e controlada).

Ao esixir aos concellos eliminar a súa débeda pública de xeito apresurado, o que estaba facendo o goberno do PP era financiar rápido aos bancos con inxeccións rápidas de cartos que terían que chegar en prazos máis longos en vez de en tropel. Vigo por exemplo adiantou máis de 50 millóns de euros que poderían ter sido empregados en múltiples investimentos antes que apurar pagos coa escusa ademais, falsa, de que os custos financeiros de esa débeda foran moi elevados. O goberno de Abel Caballero na cidade de Vigo, ademais, consagrou a xeración de superávit (é dicir: gastar menos do que se recada) para financiar esa amortización rápida pola que moitas partidas importantes (en materia de emprego, promoción económica, turismo, investimentos reais, etc..) quedaron deliberadamente sen executar para engordar a bolsa do superávit e priorizar o pago da débeda. Outro uso do superávit é o empregalo en materia do que chaman “investimentos financeiramente sostibles”, que en Vigo son as chamadas humanizacións. O uso do superávit nesta partida esixe que previamente o período de pago aos provedores estea por debaixo dos 30 días a partir do recoñecemento de factura, polo que o apresuramento frenético de Vigo en pagar a provedores forma parte desa obsesión por ir derivando cada vez máis recursos a este tipo de actuacións públicas de alto impacto estético e electoralista pero que a efecto de investimento en mellora e durabilidade das rúas da nosa cidade está amosando serias deficiencias. As humanizacións do 2010, 2011 etc xa comezan a ter serios defectos construtivos, polo que queda en evidencia que se priorizaron os elementos ornamentais sobre as durabilidades construtivas.

Durante anos puxéronse en marcha medidas lexislativas orientadas a dinamitar a autonomía municipal con falsos mitos sobre as contas

Nas redes mareadevigo.org mareadevigonoconcello.gal @MareaVigo MareaDeVigo

Sergas

Dignidade do persoal da XER en folga

A dimisión de 22 persoas cunha gran responsabilidade na sanidade pública na Area de Vigo pon de manifesto ata que punto se chegou no deterioro deste servizo fundamental. A política do Servizo Galego de Saúde para aforrar custos mediante o deterioro do servizo nunca é asumible, pero moito menos cando estamos a falar da saúde das persoas. As e os profesionais da saúde están a manter uns mínimos de calidade por pura vocación e sentido da responsabilidade, algo que debería causar vergoña aos responsables desta política.

As traballadoras e traballadores da Xestión do Estacionamento Regulado (XER) deron unha lección de dignidade co mantemento dunha folga de máis de cen días en defensa dos postos de traballo das oito persoas que foron despedidas pola empresa Dornier Empark. A falta de respeto amosada por esta compañía está a ser unha burla tanto ao Concello como á cidadanía. Este tipo de sociedades acaparan a prestación de servizos públicos en pobos e cidades de todo o Estado e aplican políticas de abuso e persecución sindical.


lúa a forza da MAREA

Orzamentos 2019

3

CONTAS PARTICIPATIVAS O Grupo municipal da Marea de Vigo sostén que a calidade democrática debe ser medida pola participación popular no goberno Dende 2015 Marea de Vigo vén reclamando outra práctica política e outra sensibilidade por parte do Goberno local á hora de abordar a configuración dos orzamentos locais. A existencia de maiorías electorais non é traslado de maiorías sociais e moito menos de consensos amplos se previamente non se traballa na cidade en informar e deseñar as partidas orzamentarias co conxunto da sociedade civil e o tecido asociati-

vo. No Pleno do mes de outubro o Grupo municipal da Marea de Vigo presentaba de feito unha proposta de implantación de Orzamentos Participativos que paliara ese crecente divorcio entre a política representativa e a cidadanía. Dicía Marea de Vigo na moción que a calidade da democracia debía ser medida pola participación popular no Goberno. Mais esa participación non só debería ser como mero receptor de infor-

As maiorías electorais non implican maiorías sociais e, moito menos consensos, se non se traballa previamente En diversos concellos do Estado xa se teñen articulado mecanismos para implicar á cidadanía na toma de decisións

Uns orzamentos irreais á medida dun ano electoral Este proxecto orzamentario de 2019 recentemente aprobado en decembro do ano pasado co voto en contra da Marea de Vigo volve a conter os mesmos vicios de orzamentos anteriores, estando formulado sobre un suposto factor expansivo no capítulo de gasto social e de investimentos completamente irreal, cunha permanencia de partidas non executadas en exercicios anteriores e cun anuncio de conxelación no capítulo de ingresos por prezos e taxas públicas que simplemente é unha postergación das subas do IPC para seguintes anos (obviamente sen cita electoral municipal), o que, para a Marea de Vigo, é un uso electoralista de algo tan importante para a veciñanza como os orzamentos do seu concello. O orzamento consigna unha suba evidente de ingresos procedentes dos capítulos de ingresos por impostos directos, indirectos e taxas. O propio informe que recolle este orzamento recoñece que esta previsión de ingresos está feita á baixa, polo que previsiblemente a presión re-

mación e só no propio e individual, senón que se debe facilitar á cidadanía a súa participación no político, o económico, o cultural e o social; o que é o mesmo: favorecer e poñer os medios para establecer a participación na construción dunha sociedade mellor. Este é o instrumento fundamental se queremos chegar a articular unha democracia autenticamente participativa. En diversos concellos no conxunto do Estado xa

se teñen articulado mecanismos participativos co obxectivo de implicar á cidadanía na toma de decisións sobre os orzamentos do seu propio concello. A veciñanza ten a oportunidade de expresar e participar en decidir cales son as prioridades nas que se van investir os impostos que aportaron. Isto supón xerar un proceso de achega da política municipal aos intereses reais da cidadanía e ás súas necesidades.

Un documento descoñecido

cadadora será maior e polo tanto contraditoria con esa suposta conxelación anunciada. O capítulo 1 (impostos directos, IBI,....) sube cando menos un 1% sen que se tivesen en conta as bonificacións previstas propostas polo Grupo municipal da Marea de Vigo nas ordenanzas fiscais que, por exemplo, permitirían que centos de fincas clasificadas como urbanas no padrón do IBI pasasen a ser rústicas ao non ter planeamento nin servizos actuando nas mesmas, o que significaría un aforro considerable entre moitas familias do rural. Marea de Vigo argumentou do mesmo xeito que era necesaria unha redución do tipo de gravame para os bens urbanos, rústicos e BICE´s (que aumentaron incomprensiblemente en Vigo no último lustro do 0,804 ao 0,901% para os urbanos, do 0,3% ao 0,677% nos rústicos e do 0,804% 0,831% nos especiais) que son con diferencia o imposto máis oneroso para as familias viguesas. Hai un aumento brutal do tipo, que xa pasara en 2018 do Segue en pax. 4

Para o orzamento de 2019 non foi posible facer ver a este Goberno local a necesidade de artellar un mecanismo de participación cidadá e agora temos un proxecto orzamentario aprobado que era descoñecido polos axentes sociais e cidadás implicados e polo tanto deseñado sen o concurso da sociedade viguesa. De novo as liñas fundamentais do orzamento e o orzamento en si mesmo son remitidas case in extremis mesmo aos integrantes do Consello Económico e Social da cidade a pesar de que para o orzamento de 2018 xa se formularan queixas pola evidente pouca sensibilidade cara aos sectores económicos da cidade por parte do Goberno local. De novo volvemos a reclamar que se dea cumprimento ao Código de bo Goberno da FEMP que foi remitido e aprobado no Pleno do Concello de Vigo e que di claramente que nos concellos adheridos: “Se implementarán los presupuestos participativos como instrumentos de mejora de la participación de la ciudadanía en la asignación de los recursos públicos y en la definición de objetivos prioritarios de gestión”.


4

lúa a forza da MAREA

Orzamentos 2019 Vén da pax. 3

0,882%, 0,662% e 0,813% a 0,901%, 0,677% e 0,831%). Para o caso do IBI urbano, Vigo estaría xa preto do máximo legal (1,1%) polo que este motivo substancia xa para a Marea de Vigo unha oposición a este proxecto orzamentario que se presenta. Un xesto de querer avanzar en políticas sociais progresistas sería avanzar na proposta de redución dos mesmos aos niveis de 2013 (gravame bens inmobles urbanos: 0,884% gravame bens inmobles rústicos: 0,3% e gravame bens inmoble caract. Especiais: 0,804%). Do mesmo xeito obsérvase unha suba significativa no capítulo 4, con maiores ingresos procedentes da Xunta de Galicia para a cobertura do SAF e dos servizos sociais que, de xeito inxusto, agora hai que co-financiar desde as entidades locais (garderías públicas por exemplo). Isto explica en parte a tímida suba en gasto social que, en todo caso, é orixinario substancialmente dun inxusto pago que Vigo ten que facer de servizos que ate o de agora realizaba a comunidade autónoma. O que consagra esta lei 2/2017 (para co-financiar diversos servizos públicos en materia social coa administración autonómica) desde a Marea de Vigo, insístese en que é exactamente igual de prexudicial que o sistema que obriga aos concellos a asumir a xestión e tramitación do RISGA. Os propios datos do INE continúan a colocar a Vigo como a cidade galega con maior taxa de poboación en risco de pobreza con taxas do 21% fronte ao 18,4% de A Coruña ou o 20% de cidades como Pontevedra ou Santiago. Unha fiscalidade progresiva e unha maior contención recadatoria entre os sectores da poboación máis susceptibles a problemáticas económicas sería un bo xesto, xesto que non se ve nas previsións de ingresos deste proxecto orzamentario. Este proxecto orzamentario parece non ter analizado en que momento se atopa a cidade de Vigo en canto a estabilidade, calidade e creación de emprego, en canto ás necesidades reais dos barrios, ás dotacións de todo tipo existentes así como en canto á previsión de futuras e, especialmente, en como dar cobertura con recursos públicos, ás miles de familias en risco de exclusión social na cidade que diariamente abarrotan as dependencias municipais en busca de axudas sociais. Consigna as mesmas cantidades que o 2018 ás bolsas comedor, ás axudas de emerxencia, de loita contra os desafiuzamentos, etc.... Un dato esclarecedor é que no 2018 as persoas beneficiarias das axudas de emerxencia foron finalmente 1937 persoas, pero a 1027 se lle denegou a mesma maioritariamente por superar o baremo de renda máximo permitido. Este orzamento consagra o formato de obra pública suntuaria en vez de obra pública necesaria, de anuncios e reserva de dotación económica sen garantía de execu-

ción final (o propio proxecto orzamentario establece un horizonte mínimo dun 20% de inexecución no capítulo de investimentos), non prevé o impacto da asunción da débeda do Auditorio Mar de Vigo e non propón novas medidas para reforzar políticas de vivenda de emerxencia, creación de emprego estable e non estacional, como o contido no plan de emprego actual. Non existe de novo ningún aumento nos orzamentos das axudas de emerxencia contra os desafiuzamentos (842.000 euros) cunha previsión de ano 2019 moi complicada pola actuación de fondos voitre que se fixeron con activos inmobiliarios de bancos e caixas. De novo a mesma partida en axudas de vivenda, alimentos e enerxía (1.640.000) que como xa se citou, segue a ser insuficiente ante as centos de solicitudes que quedan fóra por un criterio absolutamente restritivo de renda motivado polo importe reservado na partida. Non hai aumento nas bolsas de comedor, libros (1.200.000) sendo o criterio de renda igualmente restritivo.

A achega ao M.A.R.C.O. é absolutamente insuficiente, e non garante a súa viabilidade futura como museo de arte contemporánea. Volve a desaparecer de novo do convenio coa FAVEC que permitía recuperar a actividade veciñal federada e os servizos básicos esenciais no local de rúa da Princesa 7. De novo consígnanse 500.000 euros a un convenio para a promoción de actividade cultural no auditorio Mar de Vigo a unha empresa no seu día contratada pola UTE. Ao non existir a UTE este montante está sendo adxudicado sen concorrencia e polo tanto non pode ser asignado deste xeito e sen posibilidade de optar a participar a outras empresas do sector da xestión cultural. Hai unha clara desigualdade e arbitrariedade de novo nas achegas ás entidades culturais. Non hai nin regulamentos, nin concurso nin establecemento de bases que arbitren cando, como e en que cantidades se subvencionan festas, actividades ou eventos do tecido asociativo da cidade.

Investimentos que cada ano se anuncia como novos O orzamento para o 2019 establece un montante de 30 millóns de euros de investimentos se ben xa se asume no propio expediente a non execución probable de moitos deles. De novo as baixas execucións orzamentarias de 2015, 2016, 2017 e 2018 veñen acompañadas de investimentos recorrentes que transitan dun exercicio

a outro e anúncianse como novas cada ano. Hai que lembrar que en 2017 consignáronse a este capítulo inicialmente 16.221.498 millóns de euros, posteriormente foron ampliados a 41.205.978 co superávit e recursos transferidos de outras administracións, finalmente a execución foi por menos da metade deste importe. Pos-

teriormente para 2018 consignáronse 34 millóns (4 millóns por enriba do orzamento deste 2019) contando os máis de 17.675.058 dos EDUSI e recursos doutras administracións. O xogo de sumar importes que logo non se executan está impedindo ver con claridade cal é o problema real da política orzamentaria deste concello e porque

non se executan correctamente os investimentos cada ano. A data de peche do terceiro trimestre deste ano 2018, a execución dos investimentos non chegaba ao 10%. De novo non podemos tomar en serio nin os compromisos de investimentos do proxecto orzamentario para o 2019 nin os programas plurianuais, porque simple-

mente en moitos casos non se executan ano tras ano: adquisición terreos panificadora, humanizacións en Serafín Avendaño, Ronda de Don Bosco, Estrada Beade-Garrida, Porta do Sol,.... aparecendo nos proxectos orzamentarios de varios anos e anunciándose sempre como novos. Do mesmo xeito consideramos que un concello

que consigna case 18 millóns de euros para investimentos en obras públicas (fomento) e apenas 90.000 euros en museos, 95.000 en patrimonio histórico, 32.500 en bibliotecas e arquivos, ou 440.000 en acción social por exemplo, ten un problema serio de prioridades de gasto que dista moito de chamarse progresista.


lúa a forza da MAREA

5

Cultura

Malos tempos para a lírica Os Orzamentos seguen a alimentar un concepto da cultura afastado dunha cidade que sempre se caracterizou pola súa creatividade artística e un caracter vangardista Devorada por dinosaurios florais ou eclipsada polo lucerío do Nadal, a Cultura de Vigo seguirá a ser un ano máis castigada por un Goberno local anclado no conservadu-

rismo e no recurso fácil. O MARCO seguirá recibindo unha achega que non é nin moito menos suficiente para xustificarse como museo de arte contemporánea, despois

de que quedaran claras as intencións de deixalo sen razón de ser. E algo parecido sucederá co Auditorio Mar de Vigo, unha mastodóntica instalación infrautilizada

nunha cidade que reclama máis música, máis teatro e, en xeral, máis actividade cultural. Os Orzamentos deixan clara a vontade de manter unha política que non

ten nada que ver coa cratividade e vangarda que ten caracterizado á cidade de Vigo ao longo da súa historia. Unha política que non deixa claros os criterios polos

que se conceden axudas e subvencións a unhas entidades asociativas e a outras non, cando fan propostas de eventos ou actividades relacionadas coa cultura.

A cidade de Vigo conta con instalacións adicadas á cultura que están infrautilizadas e que non reciben dotación orzamentaria suficiente.

O MARCO segue sen recibir unha achega suficiente para garantir a súa continuidade como museo de arte contemporánea. As achegas ás entidades culturais son desiguais e arbitrarias. Non hai nin regulamentos, nin concurso, nin establecemento de bases que arbitren cando, como e en que cantidade se subvencionan festas e eventos do tecido asociativo da cidade.

Mar de Vigo, unha adxudicación inexplicable Os Orzamentos de Vigo para 2019 consignan de novo medio millón de euros a un convenio para a promoción da actividade cultural no auditorio Mar de Vigo a unha empresa contratada no seu día pola UTE (a Unión Temporal de Empresas e construiu e xestionou o auditorio). Ao no existir xa esa UTE , non se pode adxudicar directamente á mesma empresa, e menos dese xeito, sen concorrencia e sen dar posibilidade a que outras empresas do sector da xesctión cultural poidan optar ao servizo. Sobre o auditorio, o Grupo Municipal da Marea de Vigo solicitou tamén a retirada da modificación orzamentaria para a indemnización pola resolución do contrato de concesión desta instalación. Reclaman que haxa unha metodoloxía de alegacións dos grupos municipais, así como unha auditoría externa e toda a información requerida sobre este asunto.


6

lúa a forza da MAREA

Orzamentos 2019 Política social

Unha realidade O Orzamento para 2019 parece non ter analizado a realidade social que viven os barrios de Vigo ao manter as cantidades de 2018 para bolsas de comedor, axudas de emerxencia ou loita contra os desafiuzamentos Vigo segue a ser a cidade de Galicia con maior porcentaxe de poboación en risco de pobreza, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística. Mentres na Coruña a taxa de poboación nesta situación é dun 18,4 por cento, en Vigo é dun 21 por cento. Outras cidades, como Pontevedra ou Santiago, teñen unha taxa dun 20 por cento. Tratase dunha realidade incómoda que non se axusta á cidade ideal que o Goberno municipal trata de vender. O Grupo Municipal da Marea de Vigo deixou clara na súa emenda á totalidade dos Orzamentos de cidade para 2019 que

sería desexable unha fiscalidade progresiva e unha maior contención recadatoria “para os sectores sociais susceptibles de sufrir probemas económicos”. A pesar diso, as previsións de ingresos do Orzamento non contemplan esta posibilidade. Pola contra, no capítulo de gasto non se propoñen novas medidas para reforzar as políticas de vivenda de emerxencia, ou de creación de emprego estable e non estacional. Na súa emenda, Marea de Vigo denuncia que adica “unha cantidade inxente” de resursos públicos a empresas privadas que realizan servizos

Debería haber unha maior contención recadatoria do Municipio para os sectores sociais en risco de pobreza O Orzamento non propón medidas para reforzar as políticas de vivenda de emerxencia ou de creación de emprego estable sen que haxa unha auditoría clara. Así a todo, “aumenta un 30 por cento o custo do programa de Axuda no Fogar sen cuestionar, como están a facer outros concellos, se a pesar deste aumento imposto pola Xunta

preténdese ampliar o copago que realizan moitas das persoas usuarias do servizo”. Para a representación da Marea de Vigo no Concello, o Orzamento que se aprobou “parece non ter analizado a realidade

social que viven os nosos barrios”. Neste sentido, consigna a mesma cantidade que en 2018 ás bolsas de comedor, ás axudas de emerxencia, de loita contra os desafiuzamentos, etc. A emenda da Marea de Vigo suliña como un “dato esclarecedor” que no ano 2018, pese a que as persoas beneficiaras das axudas de emerxencia foron finalmente 1937, houbo 1027 ás que se lles denegou, na maior parte dos casos por superar o baremo de renda máxima permitido. Por iso consideran que para 2019, este baremo debería cambiar. “porque os niveis de renda

esixidos son en todo caso inasumibles mesmo para as persoas receptoras da RISGA”. Ano tras ano, as persoas solicitantes son practicamente as mesmas, e centos de familias quedan excluídas. O Grupo municipal da Marea de Vigo estima que a contía destinada este ano a ese capítulo debería, cando menos, ser un 40 por cento superior. O problema do nivel de renda esixido afecta tamén ás axudas de vivenda, alimentos e enerxía, así como ás bolsas de comedor e libros. Por último, os Orzamentos non tiveron en conta que o ano 2019 será especial-


lúa a forza da MAREA

Os Orzamentos non contemplan ningún aumento das axudas de emerxencia contra os desafiuzamentos (842.000 euros), pese a que se agarda un 2019 moi complicado pola actuación dos fondos voitre que se fixeron cos activos inmobiliarios de bancos e caixas. A partida de axuda de vivenda, alimentos e enerxía, que se mantén invariable, segue a ser insuficiente ante os centos de solicitudes que quedan fóra por un criterio moi restictivos sobre o nivel de renda. Non se aumentan as bolsas de comedor e libros (1.200.000 euros) porque o nivel de renda esixido é moi restritivo. Chama a atención que fronte aos 18 millóns de investimentos previstos en obras públicas soamente se destinen 440.000 euros de investimento en acción social.

incómoda As familias poderían ter que adicar mais ao co-pago do Programa de Axuda no Fogar pese ao aumento do seu custo Marea de Vigo insiste na necesidade dunha maior participación da cidadanía para axustar os Orzamentos á realidade Cada ano denéganse centos de axudas de emerxencia porque o nivel de renda esixido e inasumible mesmo para quen cobra a RISGA

mente complicado para moitas familias que serán afectadas polos desafiuzamentos. A causa é a actuación dos fondos voitre aos que as caixas e bancos venderon os activos inmobiliarios. En calquera caso, Marea de Vigo considera que moitos destes problemas poderían solucionarse se o Concello de Vigo cumprira o mandato do Código de bo Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), de poñer en marcha orzamentos participativos. É dicir, que para a súa elaboración se contara coas opinións e as aportacións da cidadanía.

Vigo é a cidade de Galicia con maior taxa de poboación en risco de pobreza

7


8

lúa a forza da MAREA

entrevista

Gonzalo Marín

Consultor da FAO e da UE. Integrante da Rede Auga Pública

O acceso á auga para beber é un dereito humano. Pero tamén é un dereito humano a participación na súa xestión. A procura de sistemas xustos nos que tanto o acceso á auga como a súa xestión teñan carácter público é o obxectivo dun movemento social que cada vez está máis cerca de outros, como o ecoloxista, co que comparte moitos obxectivos. O resultado garantiría que todas as persoas gocemos dun subministro de calidade e feito dun xeito sustentable, transparente, e participado. Nesta entrevista, Gonzalo Marín explícanos as liñas nas que se está a traballar.

“A auga é un dereito humano e non pode ser xestionada dun xeito mercantil” Lúa.- ¿Pódese falar de auga en termos económicos de mercado? Gonzalo Marín.- A auga ten moitas funcións. Unha delas é o abastecemento humano, que é un dereito. Pero hai outros usos produtivos, como son a agricultura ou a industria. Dende o século XIX ata mediados do século XX considerábase unha condición de cidadanía o acceso á auga potable. En 1992, nos prolegómenos da Cumbre de Río, nunha reunión das Nacións Unidas en Dublín establecéronse catro principios. Un deses

principios é que a auga é un ben económico en todos os seus usos competitivos. Todos os usos da auga compiten, porque un único volume ten que distribuirse para todos os usos. Considerar a auga como un ben económico é un aparato conceptual potente para a privatización dos sistemas de auga. Naquel momento, practicamente en todo o Planeta era maioritaria a cuestión pública. A partir dos anos 90, ese posicionamento, xunto ás políticas neoliberais do Consenso de Washington, potencia a privatización da auga para


lúa a forza da MAREA

9

“Dende os anos 90 hai unha loita entre a auga como ben económico ou a auga como un dereito humano” “A xestión da auga debe ser democrática, responsable e con rendición de contas” “O dereito á auga non se refire só ao acceso, senón tamén á accesibilidade e calidade do servizo” abastecemento humano, porque xa é considerada como un ben económico. Desde entón hai unha loita entre a auga como ben económico ou a auga como un dereito humano (referíndonos á auga para beber). Dende o Movemento pola Auga Pública nós reivindicamos que é un dereito humano. E imos máis aló. A auga é un común. E en todos os usos debe ser xestionada sen ánimo de lucro. E, concretamente, a “auga de boca” é un dereito que non poder ser xestionado de forma mercantil. Este é o punto de partida para opoñernos á privatización. Lúa.- Esa xestión pública é probablemente máis doada en comunidades pequenas. Pero, como se leva a cabo nunha cidade mediana, ou nunha gran cidade? G.M.- Reivindicando os modelos de xestión dos sistemas da auga. O que asumimos é que o dereito humano á auga non é só o dereito de acceso á auga. No é só ter dereito a un mínimo que te permita vivir dignamente. O dereito á auga, como o define Nacións Unidas, ten toda unha serie de criterios normativos que afectan á calidade do servizo en canto á accesibilidade, á dispoñibilidade, á calidade do recurso... que configuran o que é o nivel do servizo. Pero hai outros criterios transversais aos dereitos humanos, que se refiren á participación, á rendición de contas, á transparencia, ao acceso á información e á sustentabilidade. Son criterios que afectan a como se xestionan os sistemas. Tanto os criterios normativos como os criterios transversais configuran un dereito á producción duns sistemas de auga acordes co dereito humano, e configuran un modelo. Dende o punto de vista do Movemento pola Auga Pública, pártese da reivindicación da titularidade da auga. Pero o paso seguinte é que non é suficiente que a xestión dos servizos da auga a fagan os concellos, senón que esa xestión debe ser democrática, responsable e con rendición de contas. A loita é para aplicar un modelo democrático. Agora, por exemplo, en moitos territorios do Estado estase a avanzar con máis ou menos intensidade en im-

plantar modelos democráticos a través da aplicación do dereito humano á auga. As remunicipalizacións que tiveron lugar recentemente non soamente implican acceder a unha xestión eficiente da auga, senón unha xestión na que a cidadanía teña a posibilidade de controlar e participar en todos os niveis de toma de decisións. Pásase da esixencia de titularidade á esixencia, ademais, dun modelo democrático de xestión. Este modelo democrático de xestión susténtase nos criterios definitorios do dereito humano. Por iso para nós é importante a definición do dereito humano e a propia idea, que trascende á formulación de “eu accedo á auga porque é un dereito humano”. Non. Vai moito máis aló. O dereito á participación é un dereito humano. En Barcelona esgrímese a necesidade

dunha consulta sobre o modelo de xestión. Nós entendemos que calquera cambio no modelo de xestión debe estar precedido da participación activa da cidadanía. Activa quere dicir con voz e voto. E esa participación ten que ser en todos os niveis de decisión, incluso nos consellos de administración. Por exemplo, en Córdoba está a cidadanía representada nun consello. Elíxese a unha persona para que estea con voz e voto. Tamén en París, en Montpelier... Son modelos completamente distintos aos tradicionais. Non reivindicamos unicamente unha xestión eficiente (que si, porque é un dos criterios), senón unha xestión na que a cidadanía poida exercer un control democrático dos seus servizos públicos. Lúa.- Pero esa consideración da auga como un común forma parte da nosa cultura. Os sistemas de rego en Galicia, o Tribunal das Augas de Valencia... Por que se perdeu? G.M.- Pola mercantilización. Lúa.- Cando di mercantilización, refírese a falar en termos de rendibilidade económica? G.M.- Si. É tratar os servizos buscando maximizar os beneficios. Aínda en contra da propia sustentabilidade dos sistemas. Por exemplo, estou convencido de que aquí non hai unha política planificada dos sistemas da auga que contemple, nun prazo de cinco anos, cal é o estado da rede, a súa renovación, necesidade de control de fugas. Nos lugares nos que non hai contadores, ademais, non se pode facer unha xestión da demanda. É necesario saber canto se consume en cada vivenda, polo menos. Entón teríamos un coñecemento real do que pode custar a auga. E a partir de aí pódense facer unhas políticas tarifarias equitativas. A utilización da tarifa é tamén un medio para xerar beneficios. O Canal de Isabel II, en Madrid, é unha institución pública, pero a súa xestión é mercantil. Ten unha cifra de negocio de arredor de800 millóns de euros ao ano e ten uns beneficios duns 200 millóns. Estes beneficios, antes do comezo da privatización, revertían na Comunidade de Madrid, que é a titular Segue en pax. 10


10

lúa a forza da MAREA

entrevista

Gonzalo Marín

Vén da pax. 9

do servizo. Agora distribúense entre os concellos, que son os accionistas. Pero non hai unha política de control deses beneficios para que sexan reinvestidos na auga. Nos dicimos: “a auga, para a auga”. O que xere a auga, que se reinvista en agua. Están, por exemplo, os mecanismos do canon concesional. É un mecanismo perverso que propicia a corrupción, porque pon ao poder público en mans das empresa concesionarias. Iso desvirtúa completamente o canon concesional porque o uso que fan os alcaldes ou os concellos do canon é arbitrario. E non se usa para o que debería usarse, que é o propio sistema. En Francia, por exemplo, prohibíronse os cánones concesionais. Lúa.- E por que no caso da auga non existe un sistema como o das taxas de emisións, que obrigue a pagar a quen faga un uso produtivo excesivo? G.M.- Iso xa vai “augas arriba” dos usos municipais. Ten que ver con recursos hídricos e as confederacións e demarcacións, que son as que os xestionan e garanten que se cubran as demandas. Aí é onde podería facerse esa política. E neses niveis, de acordo coa Directiva da Auga, tamén ten que haber (e de feito hai, ainda que moi limitadamente) unha participación da cidadanía. O ámbito local debe coñecer canto lle custa a auga a través dos seus investimentos, da construcción e do mantemento das súas instalacións. E iso é o que, de acordo coa directiva marco, ten que repercutir na tarifa. A directiva obriga á recuperación dos custos. O prezo real da auga forma parte deses custos. Se non hai transparencia, non podemos controlar realmentre canto custa a auga e establecer unha crítica das políticas tarifarias. A estrutura tarifaria aquí é demencial. En todo o mundo ten dous termos: un fixo, que fai fronte á dispoñiblidade das estruturas que se usan para beber; e un variable, que é o consumo que se fai. Débese pagar máis canto máis consumo de auga se fai, porque se primaría o consumo responsable. E vai por bloques. Por exemplo, de cero a 15 metros cúbicos.

“A participación ten que ser en todos os nivéis de decisión, incluso nos consellos de administración” “ Os beneficios que xere a xestión da auga, deben ser reinvestidos en agua” “A estrutura tarifaria que temos aquí é demencial, a directiva obriga á recuperación dos custos”

Lúa.- Pero iso pasa en Vigo e é un problema... moitas persoas pagan máis auga da que consumen... G.M.- Iso é demencial. Hai alternativas, como establecer un primeiro bloque gratuito para garantir o mínimo vital. E logo vanse establecendo tramos nos que, canto máis se consume, máis se paga por unidade de capacidade. Lúa.- En Vigo tarifícanse un primeiro bloque de consumo bimestral de cero a 30 metros cúbicos. E, a parte, hai un canon de saneamento que non se establece en base ao consumo real. G.M.- Non entendo por que se fai así. En Madrid, en Catalunya, en Andalucía... se tí consumes cero, pagas cero. É un bo modelo. Tes unha cota fixa pero, por exemplo, se consumes no tramo de cero a 25 metros cúbicos, pagas de acordo a esa tarifa, pero só o que consumiches. O que se necesita para iso é que haxa contadores. Lúa.- En Vigo hai contadores... G.M.- Pois o que non entendo é o pago mínimo por consumo. Iso é unha locura. É unha inxustiza. O modelo do que falaba é o binomial. Pero habería outra posibilidade que é tarificar tamén por estacionalidade: en verán máis caro e en inverno máis barato.

En Madrid é así. Todos os servizos do ciclo urbano da auga teñen que ter unha tarifa específica, teñen que ter un prezo. E un recibo único no que sexa transparente o que custa cada un dos servizos. Lúa.- Polo que nos está a contar, Madrid no ten un mal sistema... G.M.- Ten un bo sistema tarifario, pero a xestión é opaca. Pódese mellorar a política tarifaria definindo un bloque moi barato asociado ao mínimo vital que garanta o acceso ás persoas máis vulnerables. En Andalucía, por exemplo, garántese un mínimo de cen litros

por persoa e día cando están nunha situación de vulnerabilidade. E hai uns protocolos para identificar ás persoas beneficiarias. Lúa.- E a cultura inflúe nos modelos de xestión? Porque a cultura da auga é moi diferente nun lugar seco que noutro no que chove con frecuencia. G.M.- Inflúe. Pero inflúe moito, por exemplo, a situación do parque inmobiliario. Sempre falamos do criterio de que para as personas vulnerables é necesario dar un mínimo vital de 20 litros. Pero moitas veces, os fogares que máis consumen non son de personas sen problemas económicos, senón os fogares nos que viven personas vulnerables. Por que? Porque os novos edificios teñen instalacións máis eficientes: nos inodóros, nas duchas... É posible que con 20 litros por persona e día no extrarradio ou en zonas con maiores índices de pobreza non sexa suficiente para que poidan vivir dignamente. Isto é, en parte, cultural. Ti usas o que tes, e iso non quere dicir que dilapides. Por iso cando falamos de mínimo vital non hai unha cifra que sexa o paradigma para todos os casos. Ten que facerse un estudo, non soamente do parque, senón tamén climático. O lóxico sería que o mínimo vital se acercara ao consumo medio da poboación. 100 litros por persoa e día pode estar ben, xa que a media é de 130 litros. Nos pequenos concellos hai unha relación máis directa coa auga. A auga ten un compoñente simbólico e cultural moi potente, que nas cidades fomos perdendo. No ámbito rural, o concepto da auga como un ben común é máis doado de percibir que nas cidades. Pero comprobamos que en Madrid, a relación da indicación da auga pública prende moi rapidamente cando a defendes ante unha agresión. A auga ten un interese transversal. O aspecto cultural é importante. Lúa.- Como se compatibilizan os intereses da auga como un ben de consumo e as necesidades medioambientais? G.M.- Houbo dúas aproximacións reivindicativas con respecto á auga: unha máis ambientalista e outra que se refire á xestión pública. Unha é sobre os usos en xeral da auga, e outra é sobre os usos humanos. Ambos movementos son importantes. Pero cada vez estanse diluindo e atopándose con maior frecuencia. De feito, houbo un acordo sobre a xestión da auga na que comparten reivindicacións. O movemento ecoloxísta foi máis en favor da calidade das masas de auga, e o movemento da xestión ata o de agora non entrara niso. En Terrassa, por exemplo, la “Taula de l’aigua”, que é a organización da sociedade que acompañou ao proceso de privatización, deu un paso cara “augas arriba”. O movemento faise máis complexo e tradúcese en que nas redes participan ambos movementos. Considerar a auga como un común leva a iso. Podo citar dúas campañas: unha que leva Aeopas (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemiento e Saneamento) e que se chama “Progrifo”. Reivindica o consumo de auga da billa: e outra que é “Comunidades azuis” que amosa como diferentes comunidades humanas poden asumir a xestión da auga pública o o dereito humano, e reinvidicar o consumo da auga da billa. Hai, por exemplo, universidades que se declaran “comunidade azul” e evitan que haxa auga embotellada ou, no caso de habela, esixen que haxa fontes directas.


lúa a forza da MAREA

cidade

A Sanidade pública debe ser unha preocupación prioritaria O Grupo Municipal da Marea de Vigo amosa a súa preocupación pola dimisión de 22 xefaturas de servizo e atención primaria da Área Sanitaria O Grupo Municipal da Marea de Vigo mostrou a súa fonda preocupación pola dimisión de 22 persoas nas xefaturas de servizo e atención primaria da área sanitaria de Vigo. Segundo salienta o Grupo municipal, as dimisións constitúen “un aviso serio da insostibilidade da situación asistencial sanitaria na nosa cidade e nos concellos da contorna”. Esta situación fora xa “alertada por traballadores e traballadoras sanitarias, e mesmo trasladada de xeito recorrente o Pleno do Concello de Vigo, pero tamén por pacientes e usuarias que advirten sistematicamente da saturación, especialmente nos centros de atención primaria”. Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, esta situación, que non é exclusiva da cidade, “é un síntoma dun grave problema na Sanidade Pública, que debe ser unha preocupación prioritaria para as institucións”. Marea de Vigo lembra que as persoas dimitidas supoñen máis do 80 por cento dos postos de direción dos centros de saúde da Área. Entre as causas das dimisións, salienta “unha ratio de máis de 50 pacientes diarios” o que alerta “da necesidade de máis facultativos e recursos”. Nesta situación, as persoas pro-

Apenas hai cinco minutos para adicar a cada persoa, o que supón un risco de cometer erros na diagnose Vigo debe expresar o agradecemento da cidade á profesión sanitaria e ás persoas que dimitiron fesionais da medicina teñen apenas cinco minutos para adicar a cada paciente, o que supón unha tensión permanente “e un risco de cometer erros na diagnose”. O Grupo municipal da Marea de Vigo lembra que o Sergas estableceu dende 2012 “unha nova serie de medidas de reorganización e de contención do gasto que provocou o abandono dos e das facultativas das mesas de traballo sobre a reorganización da atención primaria”. As persoas que dimitiron denuncian que adoecen “de falla de materiais para as consultas máis básicas, os utensilios médicos están obsoletos e os orzamentos que manexan para a adquisición de material é ínfimo”. Marea de Vigo considera que a cidade debe expresar o seu “agradecemento á profesión sanitaria que coas di-

Os servizos de pediatría na atención primaria son un modelo de éxito da Sanidade Pública do Estado e de Galicia no conxunto de Europa.

misións quere amosar a necesidade de repensar o modelo organizativo e os recursos económicos e materiais que se orzamentan na sanidade pública galega, que son a todas luces insuficientes”. Sinala tamén que se trata dun “xesto nobre e valente que responde á chamada da sociedade da Área Sanitaria viguesa de reverter esta situación insostible”. A cidade de Vigo debe sumarse “á solidariedade expresada por centos de sinaturas de médicos e médicas, enfermeiros e enfermeiras, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, e organizacións e plataformas en defensa da Sanidade Pública”. Esta solidariedade é tamén en defensa dun sistema sanitario de atención primeria que, segundo destacaron nunha rolda de prensa as persoas que dimitiron “resolve o 90 por cento dos problemas das persoas que acuden á Sanidade Pública”. Por último, o Grupo municipal da Marea de Vigo considera que se debe instar ao Sergas “a adoptar unha nova política en materia de recambio profesional e a súa previsión, a dotar de máis recursos e orzamentos aos centros de saúde de atención primaria da Área Sanitaria de Vigo, a unha política de defensa e coidado dos servizos de pediatría na atención primaria” e, “especialmente, a escoitar e dar solucións ás e ós facultativos/as e personal sanitario que co seu esforzo titánico están a soster o sistema sanitario nun momento extremadamente difícil”.

11

Defensa do grupo de voluntariado de Protección Civil O Grupo Municipal da Marea de Vigo presentou ao Pleno unha moción para que reclame ao Goberno local que inste á Xunta Directiva da Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil de Vigo “a convocar a asemblea xeral na que se debata a moción de confianza presentada de xeito inmediato”. Marea de Vigo lembra que o acontecido durante a celebración do último Marisquiño “pon de relevo a necesidade de coordinar a forzas de seguridade e protección civil dun xeito ótimo, cara a prever e paliar, na medida das posibilidades, posibles accidentes ou catástrofes “. A moción lembra a situación na que se atopa a Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil de Vigo e as moitas queixas que existen por parte de persoas que integran esta Agrupación, que xa foron trasladadas ao Pleno en varias ocasións polo Grupo Municipal da Marea de Vigo. A dimisión do tesoureiro da Agrupación motivou que se solicitara unha nova convocatoria de eleccións á Xunta Directiva. O Goberno local negou esta posibilidade o que motivou que esta situación de “interinidade” se manteña dende hai tres anos. Ante esta situación, propúxose unha moción de confianza para ser debatida nunha asamblea que debería ser convocada polo presidente. Pero como isto non sucedeu ata agora, o Grupo da Marea de Vigo reclama que sexa o Goberno local, por mandato do Pleno, quen solicite esta convocatoria.


12

lúa a forza da MAREA

cidade

As compras nos barrios xeran emprego, fixan poboación e dan vida ás rúas.

Rúas de primeira e de segunda Marea de Vigo critica o “brutal agravio” das políticas activas de dinamización do comercio local O Grupo Muncipal da Marea de Vigo cialifica como con rigor para que non se siga mentindo ao conxunto “brutal agravio” a priorización dunha superficie de da sociedade viguesa cando se decide destinar unha apenas un kilómetro cadrado entre as rúas do Princi- cantidade inxente de recursos públicos nun ‘deampe na inversión muncipal en políticas activas de dina- bulatorio iluminado’ para que pasee compulsivamente un alcalde que en vez de solucionar os problemas mización do comercio. O concelleiro da Marea de Vigo Xosé Lois Jácome si- derivados da súa xestión (ORA, PXOM, Marisquiño…) nala, en referencia ás luces do Nadal, que “mantendo fai do ‘presentismo paseante’ un xeito de traballo cando menos pouco produa iluminación unha semana tivo”. máis, coincidindo co comeManter a iluminación de Nadal “Fronte á manipulación e zo das rebaixas, elementos como a árbore da Porta do unha semana máis fai un efecto ao uso delirante dos datos, está a certeza da informaSol faises efecto chamada chamada cara as rebaixas das ción que contén o Instituao centro, onde están as multinacionais do centro to Nacional de Estatística grandes multinacionais de que, por exemplo, cunha roupa baleirando o comerenquisa sobre o consumo cio local noutros barrios”. das familias nestas datas e, Marea de Vigo pide á veciñanza viguesa que realice Marea de Vigo pide á veciñanza facendo a comparativa con outras cidades galegas, poas súas compras nos baque faga as súas compras deremos ver o impacto real rrios, no comercio de proxinos seus propios barrios e no do estrago en luces de Namidade, que é o que xera dal con respecto ao gasto emprego, fixa poboación comercio de proximidade público realizado. Cidades nos barrios e comporta vida como Santiago de Composás rúas. tela, cunha cantidade infiO Grupo municipal da Marea de Vigo xa ten datos que amosan unha ocupa- nitamente menor de gasto en iluminación de Nadal ción hoteleira discreta en comparación con cidades pero cunha acertada promoción turística encheron como Compostela ou mesmo A Coruña, “fronte aos os hoteis da cidade” explica Xosé Lois Jácome. datos falsos e interesados emitidos pola federación O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma que xa provincial de hostaleiros, nos que o que si que queda existe certa alarma no sector do comercio no resto patente é a consolidación do modelo de contratación dos barrios da cidade cara a campaña de rebaixas, precario na hostalería, con contratos asinados e fini- causada polo “efecto chamada” nos apenas 800 metros que hai entre Porta do Sol e a Farola de Urzáiz e quitados o mesmo día” matiza Xosé Lois Jácome. “É preciso – engade - sacar os datos reais do INE, da os 400 metros entre esta e o monumento ao traballo enquisa de consumo das familias e da contratación ubicado na Gran Vía, que baleiraron outras rúas moi nos sectores do comercio e da hostalería e é preci- sensibles aos ingresos polas ventas do comercio loso analizalos en clave de cidade, e non dunha parte cal como Travesas, Gran Vía no tramo entre Praza de polo todo, dunha zona moi concreta como é o centro, España e Praza de América, O Calvario, a zona de Toonde si que houbo cantidades inxentes de persoas, rrecedeira e por suposto os barrios e parroquias do fronte ao resto dos barrios. Os datos deben tomarse rural.

As gradas de Balaídos seguen a suscitar dúbidas sobre o seu estado Marea de Vigo reclama que se aplique o Convenio entre o Celta e o Concello O Grupo Municipal da Marea de Vigo pediu ao Celta e ao Concello que se remitan ao convenio asinado polas dúas entidades para resolver a situación do estadio de Balaídos. O voceiro do Grupo, Rubén Pérez, expresou dúbidas sobre os informes que sinalan que as gradas son seguras. Marea de Vigo recibiu un informe técnico sobre o estado das gradas de Marcador e Gol, tras a solicitude feita o pasado 17 de decembro a raíz das declaracións do alcalde con respecto á seguridade das gradas. O informe recibido, segundo o Grupo municipal “semella estar feito de xeito totalmente improvisado e como consecuencia das denuncias realizadas nos pasados días por parte de aficionados/as. Este informe – matiza Rubén Pérez – de feito non é o que solicitamos, este non é o informe ao que dun xeito vehemente facía referencia o alcalde cando afirmaba que as gradas estaban en perfecto estado, porque, para comezar, este informe non existía. O que si constan no mesmo son as referencias aos devanditos informes, usadas ademais para argumentar as conclusións, nas que veñen afirmar que a infraestrutura está apta para o servizo. Conclusións, para nós, a todas luces insuficientes”. O grupo municipal da Marea de Vigo lembra que o convenio asinado en 2015 polo presidente Carlos Mouriño e o alcalde de Vigo e mesmo o convenio que, asinado en 2009, ampliaba a concesión ata o ano 2034, teñen cláusulas significativas que dende o primeiro momento foron incumpridas tanto polo Club (achega económica ás obras) como polo propio Concello de Vigo, neste caso no tocante á presenza do Club na dirección técnica das obras. Dito convenio, segundo a Marea de Vigo, “debería ser referencia para a totalidade das obras que se realicen no Estadio Municipal”.


lúa a forza da MAREA

13

Defensa do persoal do aparcadoiro da Praza de Portugal

A compañía fai cambios de rutas arbitrarios sen ter en conta as obrigas do acordo subscrito co Concello de Vigo.

Ryanair incumpre os seus compromisos de promoción da cidade de Vigo O Grupo Municipal da Marea de Vigo pide a rescisión do contrato con esta compañía aérea para empregar eses recursos en políticas activas que favorezan realmente ao turismo O voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, denunciou que “os enésimos cambios en rutas de Ryanair en Vigo incumpren de xeito evidente o prego técnico, que establece como obrigatoriedade no contrato, o establecemento de novas rutas internacionais cos mercados Centroeuropeos, italiano, nórdico, Reino Unido e Irlanda”. Por iso, este Grupo municipal ven de solicitar a res-

cisión do contrato que o Concello mantén con esta compañía para que eses recursos se empreguen en políticas de promoción turística activas. “Nunca compartimos que se adicaran 4.477.000 millóns de euros a este contrato porque a subvención ás liñas aéreas, como amosa de xeito palpable este contrato, non supón nin fidelización das mesmas nin un impacto determinante no turismo (a maior parte dos

Rubén Pérez advirte de que a compañía está presionando para condicionar un novo contrato en 2019 voos concertados son de carácter laboral e poden ser contratados por calquera persoa de calquera punto e lugar do mundo a pesar de empregarse recursos públi-

Toda a desembocadura do Lagares ten interese natural O Grupo municipal da Marea de Vigo lembra que dende que se iniciara en 2008 por parte do Concello de Vigo a solicitude para declarar ENIL (Espazo Natural de Interese Municipal) a desembocadura do Lagares, se teñen tomado decisións que alteraron substancialmente o propio espazo. Ademais, leváronse a cabo cambios nas leis ambientais o que fai que sexa oportuno reconsiderar o ENIL e amplialo máis

aló da divisoria entre a Praia do Bao e a Fontaíña. “Existe unha clara continuidade do complexo dunar, non só nos elementos orográficos senón tamén nas tipoloxías de especies animais e vexetais que xustifican esta ampliación” matiza Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo municipal da Marea de Vigo. Marea de Vigo preparará unha alegación ao plan, actualmente en tramitación por parte da Consellería de

Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Considera ademais que “o Goberno municipal e a Área de medio ambiente, debe volver a desenvolver, desde o inicio, o proxecto de zonas de esparexemento canino tras o fracaso do ano pasado, fracaso tanto en materia de benestar animal, medioambiental e mesmo nos aspectos relacionados coa convivencia e o coidado do entorno” explica Marga L. Barreiro.

cos locais), principal motivación para o outorgamento da subvención” explicou Rubén Pérez. As presións económicas e os cambios nas liñas que

de xeito arbitrario realiza a compañía aérea, segundo a Marea de Vigo, “semellan ser unha evidente chantaxe para condicionar un novo contrato en 2019, mesmo pedindo triplicar o importe non só sen aumentar as prazas senón mantendo un servizo deficiente en horarios e con cancelacións de voos como os que se teñen vivido recentemente, cuxa xestión cara á resolución resultou ser moi deficiente por parte da compañía”.

Marea de Vigo reitera o apoio ao personal da Zona Azul que estivo máis de 3 meses en folga O Grupo Municipal d Marea de Vigo reiterou o seu apoio as reivindicacións que aínda mantén o cadro de persoal da Xestión do Estacionamento Regulado (XER, ou Zona Azul). Os traballadores e traballadoras deste servizo. tras unha mediación do AGA, suspenderon a folga que mantiveron durante 119 días, aínda que non renunciaron a manter as súas reivindicacións. A folga foi motivada polo despedimento de oito persoas nunha decisión unilateral da empresa Dornier Empark, contraria aos acordos suscritos co concello para a prestación do servizo. A empresa finalmente accedeu a reducir os despedimentos, pero estes aspectos están aínda pendentes da resolución dun expedente sancionador contra a empresa.

A recente apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal sen respectar o listado de persoal que figura mesmo no actual expediente de contratación, por parte ademais da mesma empresa adxudicataria da XER, cuxo persoal leva nunha folga dende hai máis de 100 días, motivou a presentación dunha moción por parte do Grupo municipal da Marea de Vigo. A moción, que finalmente foi rexeitada, pedía o cumprimento do acordo plenario aprobado por unanimidade en xaneiro do 2016. “A reapertura deste centro sen o seu persoal e do xeito no que se fixo só viu amosar, unha vez máis, a vergoñenta xestión das concesións públicas por parte do alcalde do PSOE, Abel Caballero” matiza Xosé Lois Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo. En setembro e decembro do 2015, para a sorpresa dos seus cadros de persoal, pechaban os aparcadoiros da Porta do Sol e da Praza de Portugal, deixando a once familias na rúa e cun futuro laboral moi incerto. No propio mes de decembro dese ano, o Grupo municipal da Marea de Vigo presentou unha moción na que pedía que se respectara o dereito de subrogación da totalidade do cadro de persoal de ambos centros de traballo. Esta moción, aprobada por unanimidade, garantía que, con independencia do tempo que pasara, este persoal volvería ao seu centro de traballo cando este fora concesionado de novo, algo que non está a suceder e que provocou a presentación por parte da Marea de Vigo dunha nova moción.


14

lúa a forza da MAREA

marea feminista

A resposta está nas rúas A clave está no movemento feminista porque as institucións (familia, educación, poderes públicos) están condicionadas e condenadas a perpetuar as tradicións, consciente ou inconscientemente

O valor da caricatura está na capacidade do ilustrador de atopar trazos de identidade e esaxeralos. Unha caricatura contén a esencia da persoa retratada que se nos presenta ao través dunha realidade deformada. Como deformada aparecía a realidade reflectida nos espellos do calexón do Gato en Luces de Bohemia: o “esperpento”. Caricatura e “esperpento” teñen en común que agochan unha realidade. Que, dende a esaxeración, están a reflectir algo real e obxectivo. “Os nenos visten de azul, e as nenas de rosa”. As declaracións da ministra de Muller, Familia e Dereitos Humanos do Brasil, Damares Alves, son puro esperpento. Dende unha óptica contemporánea, esta ministra “terriblemente cristiá” aparece como unha ca-

O modelo patriarcal aséntase na actitude que se agarda “dos uns e das outras”: de quen viste de azul ou de rosa As políticas de xestos e palabras nunca profundizaron en que se segue a asumir que a diferenza xustifica en si mesma a dominación

ricatura dun goberno ultra-conservador. Pero, pouca broma, esperpento e esaxeración son dúas formas de descrición da realidade. Esa realidade que perpetúa un modelo patriarcal asentado na actitude que se agarda de quen viste de azul e de quen vista de rosa. Dos uns e das outras. As declaracións de Alves mostran que, a pesar dos disfraces e remendos que nalgunhas ocasións se trataron de impoñer dende arriba, no seu imaxinario colectivo, a sociedade segue agardando que uns vistan de azul e as outras de rosa. Son a expresión do fracaso dunhas políticas de xestos e palabras que nunca profundaron nun problema dunha gravidade extrema: que seguimos a asumir que a diferencia xus-


lúa a forza da MAREA

15

Azul e rosa nun patriarcado transversal As declaracións da ministra de Familia de Brasil (e tamén de Muller e Dereitos Humanos) non está tan afastada dos argumentos que estamos a escoitar nos últimos meses por parte dos sectores máis conservadores da sociedade española. Vox vén de reabrir un debate que, na realidade, nunca estivo pechado, como é o da liberdade das nais e pais para elixir colexios exclusivamente para nenos ou colexios exclusivamente para nenas. Trasladado á realidade española actual a expresión sería “as nenas macramé, e os nenos pre-tecnoloxía”, ou algo así. O que saben partidos como Vox é que estes sectores ultra conservadores proveñen de calquera estrato social e son votantes de calquera partido. Porque o machismo patriarcal é o que é verdadeiramente transversal, algo que non sucede co feminismo.

tifica en si mesma a dominación. A aparición de personaxes como Alves en Brasil (e, en xeral, do Goberno de Bolsonaro) ou de fenómenos como o de Vox en España son o primeiro síntoma do estoupido dunha nova burbulla. Como sucedera co ámbito inmobiliario, no que o mercado nos fixo crer que as casas custaban moito máis do que valían en realidade, as políticas da muller nos fixeron crer que a conciencia da igualdade era moito maior do que é en realidade. Son un síntoma do fracaso dun “feminismo institucional” do que incluso fixeron bandeira os gobernos do Partido Popular. Unhas políticas de igualdade excesivamente formais deseñadas por persoas máis preocupadas polos votos e tendencias de opinión que polas conviccións. Si describimos a Vox como un partido da ultra-dereita, o que queremos dicir é que leva a ideoloxía liberal conservadora ata o extremo. Nesa lóxica, se Vox é un partido ultra-machista, o Partido Popular é un partido machista. Se vemos a Vox como unha caricatura da dereita, non debemos esquecer que a caricatura non é máis que unha esaxeración das esencias, dos sinais de identidade. Fronte a este “feminismo institucional” fracasado, o feminismo real enche as rúas de razón e razóns. As rúas, pero non as urnas. Porque nese imaxinario colectivo tendente á caricatura, feminismo é o antónimo de machismo. Cando en realidade, o feminismo non é máis que a negación do machismo. Neste contexto, a aparición de Vox no escenario político español ten unha lectura positiva porque, fronte á opacidade teatral e “marketiniana” doutras forzas políticas, Vox aparece como un dos espellos cóncavos e convexos do calexón do Gato que, a fin de contas, o que reflicten é unha realidade máis ou menos deformada, pero realidade ao fin e ao cabo. As persoas que dicían que “queda moito por facer” terán que asumir que, en realidade, queda todo por

Feminismo non é o antónimo de machismo como se quere facer ver no debate. Feminismo é a negación do machismo As persoas que pensan que “queda moito por facer” deben asumir que, en realidade, queda todo por facer

facer. Porque seguimos a vivir nunha sociedade protagonizada por homes e cunha vixencia absoluta do concepto de “alteridade” que Simone de Beauvoir describiu en 1949. A nosa propia ferramenta de expresión, a linguaxe, está concibida dende esa perspectiva na que os homes son os uns e as mulleres as outras, na que o masculino é o suxeito por defecto. E o mesmo pasa coa inmensa maioría das referencias culturais, filosóficas ou políticas. A propia Constitución española foi redactada por sete homes. Das 598 persoas que formaban as Cortes Constituíntes, soamente 27 eran mulleres (4,52 por cento). A Lei na que en teoría se fundamentan todas as normas de convivencia esixidas á cidadanía. Todo por facer. Calquera política de xénero, ou de igualdade, nace condicionada por unha realidade profunda que, como tamén dicía Simone de Beauvoir, aflora nos momentos de crise: “non esquezades nunca que abondará cunha crise económica, política ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan a ser cuestionados”. A esperpéntica aparición de personaxes caricaturescos como Sánchez Dragó ou documentos demenciais como o que VOX propuxo nas negociacións para o apoio ao novo Goberno en Andalucía poden ser un sinal da fraxilidade das conquistas dese “feminismo institucional” que pasa a segundo plano cando “hai cousas importantes” das que falar. O debate sobre igualdade non pode permanecer máis tempo nesa superficialidade simplista e estúpida que leva a foros que deben ser considerados serios (e mesmo a tribunais de Xustiza) debates sobre si hai un problema social de homes maltratados, denuncias falsas, ou sobre graos de dominación (abuso, agresión...). O problema é moito máis profundo e ten que ver coa necesidade das mulleres concienciadas de tomar cartas no asunto. A clave está no movemento feminista e nas rúas porque todas as institucións (dende a familia, a educación ou os poderes públicos) están condicionadas e condenadas a perpetuar as tradicións, xa sexa consciente ou inconscientemente.