Lúa eleccións

Page 1

Edición Especial Eleccións Municipais 2019

lúa

a forza da MAREA

Publicación periódica da Marea de Vigo

Por unha cidade das persoas, máis xusta e participativa, que non abandoe a cultura Despois de catro anos de traballo no Concello por parte do seu grupo municipal, Marea de Vigo preséntase ás Elección Locais do 26 de maio reforzada ao ter sido capaz de reunir a todos os espazos que conforman a unidade popular en Vigo. Marea de Vigo presenta unha lista formada por personas militantes do tecido asociativo e, polo tanto, acostumadas a traballar polo ben común dende diferentes ópticas. Ao fronte, Rubén Pérez, actual voceiro do grupo municipal, aspira a que a Marea de Vigo sexa determinante para evitar políticas populistas e afastados dos ideais da esquerda e da xusta xestión do ben común.

Fomos capaces de reunir a todo o espazo da unidade popular

Na Marea de Vigo están:

Aspiramos a ser determinantes nunha política de esquerdas


lúa

2

Moito feito, moito por facer

C

hegamos en 2015. Concitamos as forzas e o impulso necesario, soubemos que era posible colocar as necesidades sociais no centro do debate público, que dende o local hai alterativa ás políticas de recortes e sufrimento, que a radicalidade democrática comeza dende abaixo. E erguemos unha marea de ilusión e de convicción, facendo que o municipalismo do cambio chegase a Vigo da man da savia nova que supuxeron o 15 M, os movementos sociais que defenden á xente traballadora fronte á voracidade da banca ou a vigorosa onda lila do feminismo coa que as mulleres amosamos rotundamente que sostemos a metade do ceo porque coa outra man sostemos a metade do mundo, que nos queremos vivas e libres. Coa forza desa onda nova e diversa, chegamos. Pero non só. Connosco estaba xa un alento longo e profundo, enraizado nas corredoiras que conectan Lavadores con Cabral, con Bembrive, con Candeán... ata o lombo durminte das Cíes. As corredoiras que levan gravada a memoria dunha cidade de metal e camiños, de estaleiros e cabalos, de fábrica e de montes, co Galiñeiro mirando Vigo nacer e medrar dende que o mundo é mundo. A memoria clara das folgas do 72, das asembleas, das rúas que se encheron opoñéndose ao desmantelamento industrial da comarca, da histórica manifestación estudantil ao berro de “pases pró bus!”. Iso tamén é todo o que somos. Porque cando Vigo sae á rúa, o chan treme. E temos a obriga de non esquecer de onde vimos. Agora, en 2019, continuamos. Sabemos que seguen sobrando os motivos para facer das institucións espazos democráticos, participativos, onde as maiorías sociais agredidas teñan a palabra porque os recortes nos servizos públicos, deseñados ao ditado do poder económico, seguimos a padecelos as de sempre, porque a arbitrariedade e o libre albedrío non poden imperar na xestión do que é de todas, porque queremos tecer un Concello que sexa tamén unha comunidade para protexernos e gobernarnos nós mesmas. Somos capaces, xuntas, xuntos, somos máis fortes. A hipótese da primavera municipalista segue en pé: unidade, unidade, unidade para darlle a volta á pirámide do Concello de Vigo e que o pobo sexa quen máis ordene. E a unidade quixemos enchela de programa. Vimos cun Programa Vivo, aberto ás achegas e valoracións de toda a veciñanza, de xeito individual e tamén de colectivos. Queremos centrarnos nalgúns eixos fundamentais: Radicalidade democrática e participación cidadá. Para a promoción da Iniciativa Popular Municipal, incluíndo a posibilidade de realizar referendos populares; para deseñar orzamentos participativos, porque temos dereito a decidir colectivamente sobre a cidade que queremos; para realizar unha auténtica descentralización da xestión mediante Xuntas de Distrito, por-

Nestes catro anos soubemos que dende o local hai alternativa ás políticas de recortes e sufrimento. Cando Vigo sae á rúa, o chan treme. E temos a obriga de non esquecer de onde vimos. Sabemos que seguen sobrando os motivos para facer das institucións espazos democráticos e participativos. Hai que remunicipalizar a auga e o transporte, porque os bens comúns non poden depender do lucro duns poucos

que a democracia constrúese dende abaixo e os barrios e as parroquias de Vigo deben poder decidir sobre os asuntos que lles afectan. Control e compromiso co público. Para loitar contra a externalización e a privatización dos servizos públicos, apostando pola contratación directa con criterios de transparencia, igualdade, sustentabilidade e representación social nas mesas de contratación. Para a remunicipalización de servizos fundamentais como a auga e o transporte público, porque os bens comúns non poden depender do lucro duns poucos. Planificación urbanística democrática e participativa. Para crear un Consello Municipal de seguimento do Plan Xeral con participación de todas, tamén das plataformas en defensa da vivenda e do alugueiro, porque só un PXOM coa participación da cidadanía será democrático. Para crear un Parque Municipal de Vivenda e un Plan de Vivenda de Alugueiro, porque o dereito fundamental a unha vivenda digna é irrenunciable. Cultura. Ao bordo da ría máis retratada pola literatura, dende Martín Códax e Xulio Verne, Vigo é unha cidade que, coma outras urbes europeas,

combina na súa entidade a potencia do tecido industrial cunha inxente creatividade cultural. Por iso, apostamos pola defensa do sector cultural que se desenvolve en Vigo, preservando a súa autonomía. Manter o M.A.R.C.O como museo de arte contemporánea determina a proxección de Vigo como cidade de futuro e de progreso. Igualdade e loita contra as violencias machistas. Porque precisamos un Vigo feminista para construír comunidade sen que ninguén quede atrás. Por iso denunciamos a ridícula execución orzamentaria nesta materia que só leva á inoperatividade das necesarias campañas contra as violencias de xénero e dos necesarios Plans de igualdade e de inserción laboral para mulleres vítimas de violencias. Medioambiente e protección animal. Para dotar a cada barrio dun espazo verde de referencia, declarar Vigo como concello libre de eucaliptos, recuperando as especies autóctonas dos nosos montes, e para protexer o Monte en Man Común de Cabral, con espazos naturais para a veciñanza. Para a reconversión do zoo de Vigo, pasando dun espazo carcerario a un espazo educativo con animais irrecuperables. Xustiza social. Porque é preciso aumentar substancialmente o gasto social por habitante e deseñar uns servizos sociais que protexan á cidadanía máis vulnerable, superando a visión asistencialista e desvelando as raíces da desigualdade neste sistema económico. A creación dun Plan de Inclusión Social transversalizado co resto de políticas é fundamental, atendendo ao acceso ao emprego, á vivenda, á sanidade e á educación. Vigo en galego. Porque coidarnos significa tamén poñer en valor a lingua galega e fomentar o seu uso en todas as accións do Concello, consolidando os servizos de normalización lingüística con recursos humanos e partidas suficientes. Cómpre desenvolver medidas para superar unha concepción acomplexada e prexuizosa da nosa lingua porque o galego tamén é o noso ben común. Laicidade, republicanismo e memoria democrática. Cómpre adoptar os valores republicanos de solidariedade, fraternidade e igualdade en todas as accións de goberno, comezando pola condena explícita do Réxime franquista. Porque o simbólico é político e deseña un modelo de cidade, por iso queremos unha cidade respectuosa coas vítimas e dignificadora da súa clara memoria. Somos, en definitiva, un espazo aberto e disposto a seguir sumando vontades por todo aquilo que nos une: solidariedade e distribución equitativa dos recursos, participación cidadá, servizos públicos de calidade para todas as persoas. Coa forza deste desexo común afrontamos as eleccións do vindeiro 26 de maio, sabendo que xuntas, xuntos, somos fortes e capaces de decidilo todo. Sabendo que xuntas, decididas a escoitarnos e a construír en común, somos a forza da cidade.


3

a forza da MAREA

Unha candidatura que representa a unidade popular da esquerda na cidade Co convencemento de que as personas deben estar no centro da política municipal e ser partícipes das decisións que se toman nela, Marea de Vigo presenta unha candidatura cun programa de esquerda alternativa e acostumada a traballar polo ben común. Dende a diversidade de procedencias no espazo da esquerda, as persoas da Marea de Vigo que aspiran a representar á cidadanía, teñen como cualidade común o feito de ter traballado

en movementos sociais como o 15-M, o movemento estudantil, o feminismo, o ecoloxismo... Son persoas cunha formación que garante a súa capacidade para a xestión do ben común que representa a cidade de Vigo para os vigueses e viguesas. Farano de acordo coa vontade popular, mediante fórmulas de implicación da veciñanza na toma de decisións, como os consellos da cidadanía, os Orzamentos participativos ou o

A candidatura está formada por persoas acustumadas a traballar polo ben común. As persoas candidatas da Marea de Vigo buscarán fórmulas que garantan a participación da veciñanza.

control e seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Son persoas preocupadas polo coñecemento e a cultura que se comprometen a prestar unha maior atención a estes aspectos para que Vigo volva a ser a cidade de vangarda que sempre fora. A candidatura da Marea de Vigo coincide tamén na necesidade de avanzar cara a unha cidade mais xusta dende o punto de vista social. Porque

non se conforma co actual gasto por habitante en políticas sociais, que sitúa a Vigo na cola das cidades de Galicia. E son persoas que contan co respaldo de organizacións solventes que levarán as necesidades de Vigo ante outros órganos de toma de decisións, como o Parlamento de Galicia, o Congreso dos Deputados ou o Parlamento Europeo. Persoas, en definitiva, que apostan polo público e polo ben común.


lúa

4

www.mareadevigo.org/programavivo Se queres enviar as túas propostas para a acción politica municipal da Marea de Vigo podes facelo dende a nosa web Política social • Incremento do gasto social a 100 euros por habitante (actualmente é de 64,8, o que nos sitúa como 5ª cidade de Galicia). • Creación dun Parque Municipal de Vivendas de emerxencia. Incorporación ao mesmo das vivendas de titularidade municipal e das cedidas pola SAREB e outras entidades bancarias. • Ampliación da capacidade e tempo de estancia de acollida no Albergue Municipal. • Reapertura da Oficina de Atención ás Persoas Migrantes con asistencia legal permanente.

Urbanismo • Urbanismo participativo e aberto a toda a cidadanía no proceso de redacción do novo PXOM. • Emenda á totalidade do modelo do anterior Plan Xeral de Ordenación Territorial (PXOM) en canto a edificabilidade, pervivencia de PERIS irrealizables e eliminación de ámbitos perigosos como Liñeiriños, Rolda, etc. • Creación dun Consello Sectorial Municipal de seguimento do PXOM. • Defensa dun modelo de cidade compacta cun enfoque supramunicipal e competencias na Área Metropolitana. • Rexeitamento de novas licencias para grandes centros comerciais.

Comercio • Políticas activas a prol do comercio de local de proximidade para reducir o que atinxe á fiscalidade local. • Programa de apoio ao comercio e á distribución local e promover as redes locais de abastecemento. • Declaración de Vigo como zona saturada de centros comerciais e establecer moratoria para implantar novos. • Promoción da produción local de alimentos e da súa venda na rede de prazas de abastos municipais.

Remunicipalización dos servizos de abastecemento de auga e saneamento. Orzamentos participativos. Creación do Consello da Cidade como máximo órgano de participación.

Cultura • Posta en marcha do Consello Municipal de Cultura. • Mantemento do MARCO como Museo de Arte Contemporánea. • Creación de espazos públicos para a contracultura e facilitación da música local en directo. • Consolidación do VERBUM como un espazoresidencia artística cunha visión socio educativa. • Programación cultural participativa en todos os barrios e reorientación da subvención de medio millón á programación no Mar de Vigo en iniciativas culturais plurais.

Deporte • Implantación dunha rede completa de equipamento deportivo ao longo de todo o termo municipal. Ningún barrio sen as mesmas dotacións ca outro. • Creación de pavillóns deportivos cubertos xunto aos colexios e institutos e optimización do uso das instalacións xa existentes en centros educativos. • Participación na toma de decisións das entidades deportivas locais sen ánimo de lucro. • Auditoría e renegociación do convenio co Celta de Vigo para a remodelación de Balaídos e establecemento dun canon anual para a recuperación do investimento público. • Iniciativas municipais e facilitación de espazos con flexibilidade horaria e medios necesarios para o deporte femenino.

Parroquias e rural • Creación de administracións zonais ou xuntas de distrito para a toma de decisións descentralizada. • Aprobación dunha nova división territorial e administrativa para adaptala ás novas realidades de acordo cunha comisión na que participe o movemento veciñal. • Estudo e difusión do patrimonio ameazado (muiños, fontes, cruceiros) como elemento xerador de emprego e riqueza. • Participación veciñal no deseño das rutas e horarios no prego concesional do transporte público que se abrirá nesta lexislatura. • Protección absoluta aos montes de man común, especialmente o de Cabral. • Equilibrio entre parroquias na explotación dos recursos naturais e etnográficos.

Sanidade • Impulso á loita pola reversión ao público por parte da Xunta do Hospital Álvaro Cunqueiro. Creación do Consello Municipal de Saúde. • Creación dunha unidade de formación preventiva sanitaria para persoas con patoloxías crónicas e persoas que as atendan. • Colaboración na asistencia sanitaria no municipio, con atención aos limítrofes. • Colaboración efectiva con asociacións e colectivos sen ánimo de lucro que prestan atención a persoas dependentes. • Mellora da situación dos centros de día e ampliación da rede municipal a todos os barrios.


5

a forza da MAREA

Un modelo de cidade xusta e participativa Auditoría permanente das empresas privadas adxudicatarias de servizos públicos (Vitrasa e Aqualia).

Porto • Potenciación do transporte ferroviario de mercancías entre o Porto e o Eixo Atlántico e o resto da Península. • Mellora da coordinación co Porto en aspectos transversais como a economía, a creación de emprego, ou medio ambiente. • Integración do transporte marítimo no transporte público. • Loita contra a privatización do porto pesqueiro e defensa dunha nova delimitacion de espazos e de usos portuarios acorde ás necesidades tamén da cidade.

Política aeroportuaria e turismo • Xestión ante o Ministerio de Fomento para que os vóos con Madrid e Barcelona sexan considerados de interese xeral.

Emprego • Creación da Comisión para a Promoción Social (CPS) con sindicatos, asociacións de cooperativas e de consumidores, ONG específicas, etc.

• Avaliación, actualización, implantación e seguimento do Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

• Fomento e potenciación da cooperativismo e a economía solidaria.

• Paridade nos órganos de representación municipal, comisións, comités, etc.

• Elaboración dun estudo de situación do desemprego, grupos de risco de exclusión e de situación das empresas.

• Constitución da Mesa de Coeducación e creación de programas educativos con perspectivas feministas.

• Creación dunha Oficina Municipal de Asesoramento e Orientación Laboral.

• Apoio e fortalecemento das relacións co s asociacións LGTBIQ+.

• Plan Municipal de Emprego Xuvenil real e con partidas executadas en cada exercicio.

• Avaliación, actualización, implantación e seguimento do Plan de Acción Municipal para combater as violencias contra as mulleres.

Xuventude

• Implantación de medidas abolicionistas da prostitución.

• Creación de espazos xuvenís municipais autoxestionados. • Recuperación da actividade da Casa da Xuventude e programas como “Súbete ao Castro”. • Plan Municipal de Acceso á Vivenda. • Reactivación do Consello Municipal de Xuventude. • Programas de prevención nos ámbitos sanitario, educativo e ambiental, e detección de violación dos dereitos da infancia.

Educación

• Abaratamento das tarifas de aparcadoiros no aeroporto.

• Ampliación da rede pública de escolas infantís a todo o municipio.

• Planificación das rutas por parte do Concello e non das compañías aéreas.

• Incrementar os cheques comedor nos colexios públicos.

• Coordenación dos tres aeroportos galegos para a planificación de rutas.

• Plan municipal de fomento de éxito escolar (elaborado co Consello Escolar Municipal e os consellos de distrito e aprobado e financiado polo Consello Escolar de Galicia).

• Esixir a neutralidade da Xunta na planificación das rutas.

Igualdade

• Incremento da influencia local sobre as decisións sobre a actividade turísica da contorna.

• Creación dunha Rede Municipal de Bibiotecas Públicas e creación de bibliotecas nos barrios.

• Reducción do impacto do turismo estacional e eliminación das zonas de afluencia turística na cidade.

• Desenvolvemento de cursos de formación e especialización, con especial atención a persoas adultas.

Mobilidade • Remunicipalización do transporte público colectivo (Vitrasa). • Xestión cooperativa supramunicipal do transporte público a través da Área Metropolitana mediante un consorcio 100x100 público. • Identificación das necesidades de transporte nas parroquias. • Integración do transporte marítimo. • Construción de aparcadoiros para automóbiles na entrada do núcleo urbano contectados co centro por transporte público.

Conexión do tren co Corredor Atlántico de Mercadorías.


lúa

6 ENTREVISTA

Rubén Pérez candidato da marea de vigo á alcaldía Lúa.- Estamos en plena campaña electoral, ¿que obxectivos se ten marcado a Marea de Vigo para este intenso proceso? Rubén Pérez.- Marea de Vigo nacemos no 2014 como espazo acumulativo da esquerda política e social da cidade, sumamos naquela altura a moitos espazos e persoas a título individual, e por iso sen dúbida esta pulsión acumulativa é un dos motores para este 2019. Queremos sumar máis e, coa boa nova da incorporación de Podemos e Equo ao espazo de unidade popular, queremos tamén sumar a moita cidadanía crítica que non entende este modelo de cidade que Abel Caballero pretende consagrar con moita propaganda. Marea de Vigo quere axudar a que Vigo volva ter consciencia crítica, que non caia nunha falsa autocompracencia que agocha serios problemas de cohesión social, democracia participativa e mesmo de dotacións públicas esenciais. Nese esforzo estamos embarcados neste proceso electoral. Lúa.- A Candidatura da Marea de Vigo para estas eleccións municipais 2019 suma a incorporación de Podemos e Equo, como valora estas novas adhesions á proposta municipal de Marea? R.P.- Podemos e Equo eran formacións estratéxicas para o proxecto de unidade popular en Galicia xa no 2015, como xa o eran EU e Anova dende 2012 co proxecto de AGE. Podemos ten demostrado que é posible a rexeneración política dun sistema de alternancia de partidos herdado da mal chamada transición, puxo enriba da mesa comportamentos éticos e políticos que nutren e enriquecen o ideario político da Marea de Vigo. Por iso para nós era importante contar con eles para encamiñar unha alternativa municipalista en Vigo. Como complemento, EQUO aporta unha visión ecoloxista e de sustentabilidade das propostas políticas esencial. Froito disto, neste 2019 contamos con propostas en materia de protección ambiental na nosa cidade. Son dúas visións que en conxunto enriquecen de xeito indubidable o proxecto da Marea de Vigo. Lúa.- Fagamos un pouco de retrospección... ¿Que ten gañado Vigo e que ten perdido cos sucesivos gobernos de Abel Caballero? R.P.- Hai xente que argumenta que a situación económica e a percepción cidadá da mesma aumentou de xeito positivo en Vigo, pode ser certo, pero tamén é certo que esa percepción, despois dos peores momentos da crise económica aberta en canle dende 2008, é xeneraliza-

da en todas as cidades do estado; non pode ser imputada a un goberno de unha ou outra cor. Vigo ten gañando para nós nunha especie de autocomplacencia acrítica moi perigosa porque pode ser unha percepción irreal da situación social. Non hai cultura crítica, non hai nin sequera cuestionamento do que pasa realmente na cidade: falla de dotacións públicas (garderías, centros de día, oficinas descentralizadas de distrito...), pobreza e exclusión social, desemprego xuvenil xa endémico.... Perdimos especialmente calidade democrática con catro anos de maioría absoluta que derivou en absolutismo en todas as facetas da política local. Lúa.- Nos últimos catro anos Marea incidiu moito en que a prioridade da cidade tiña que ser fortalecer a política social fronte a imaxe de escaparate que ofrecía Vigo. ¿Cree que a cidadanía responde tamén a este criterio? R.P.- Non é unha lectura oportunista nin partidaria, é a constatación dunha realidade. Nos últimos anos a pobreza cronificouse en Vigo, son datos reais procedentes tanto de número de RISGAS e PNC tramitadas como dos informes que entidades sociais fan públicos de xeito frecuente. Claro que todo o mundo quere unha cidade con turismo, con iluminación de nadal que tire da contratación laboral no comercio e dos visitantes na cidade, pero non pode ser o modelo a construción dun escaparate iluminado detrás do cal existe unha cidade sen dereitos, sen

coberturas socias e con evidentes carencias en dotacións públicas. Será tarefa importante para nós ser quen de facer que a cidadanía visualice esas dúas realidades. Lúa.- Neste vindeiro mandato rematan diversas concesións de servizos (trasporte urbano, etc.), vostedes son o único Grupo que defende a remunicipalización dos mesmos. ¿Como debe presentarse esta nova etapa? R.P.- É un feito atípico que dúas grandes conce-


7

a forza da MAREA

Marea de Vigo quere axudar a que Vigo volva ter consciencia crítica, que non caia nunha falsa autocompracencia. Queremos sumar máis, coa boa nova da incorporación de Podemos e Equo ao espazo de unidade popular. Non hai cultura crítica, non hai nin sequera cuestionamento do que pasa realmente na cidade. Nos últimos anos a pobreza cronificouse en Vigo, son datos reais procedentes de informes das entidades sociais. Sabemos que seguen sobrando os motivos para facer das institucións espazos democráticos e participativos. Hai que remunicipalizar a auga e o transporte, porque os bens comúns non poden depender do lucro duns poucos.

sións públicas como son o transporte e o subministro de auga e saneamento rematen nesta lexislatura, no caso de Vitrasa despois de 25 anos de xestión abusiva do prezo do billete amparada nun prego concesional inxusto. Marea de Vigo queremos auditar o proceso de redacción dos novos pregos, dos condicionantes dos mesmos e denunciar se finalmente os intereses de empresas privadas priman sobre o servizo público, algo que para nós sería evitado de artellar a remunicipalización destes servizos evitando a xestión privada que vén desenvolvéndose dende as privatizacións dos anos 90. Lúa.- Marea e gran parte da veciñanza de Vigo coinciden en denunciar a discriminación que sofre o rural e os barrios periféricos da cidade. ¿Como se pode atallar este mal, un dos principais problemas da cidade? R.P.- O gran capítulo esquencido por este goberno local foi a inversión nas parroquias, fronte a datos falseados de gastos e anuncios o certo é que partidas importantes contidas nos orzamentos de 2016, 2017 e 2018 quedaron sen executar e eses importes, antes consignados a parroquias, acabaron pola vía do superávit en humanizacións no centro da cidade. Propoñemos recuperar un plan integral de adecuación dos viais no rural a un estándar normal de mantemento, a xeneralización de beirarrúas con resalto que eviten os accesos dos vehículos á zona de tránsito de peóns, a execución ao 100x100 (agora inexistente) do plan de asfaltado da deputación para o rural e sobre todo dotar de dotacións públicas esenciais ás parroquias do rural (escolas infantís, centros de día, oficinas descentralizadas de distrito que eviten ter que ir ao centro da cidade para as xestións administrativas...) Lúa.- Vigo merécese un plan xeral de ordenación urbanística, ¿que modelo de cidade defende neste eido? Como debe abordarse a redacción dun novo plan? R.P.- MAREA DE VIGO defendemos, dende o momento da anulación do PXOM, traballar nun estudo económico financiero, sociolóxico, de planeamento urbanístico e medioambiental rigoroso que preconfigure os traballos de redacción dun PXOM acorde á realidade da cidade de Vigo, ao seu crecemento normal, e especialmente sensible coa participación e opinión da cidadanía. Defendemos sempre un concurso público ou asunción por parte da xerencia de urbanismo con recursos propios da contratación dos traballos para a redacción de un novo

PXOM. Que se artellara un proceso participativo previo para o diagnóstico socio-ambiental, económico e territorial do modelo de cidade que queremos e especialmente da Memoria Informativa do mesmo e especialmente un fomento da participación aberta e horizontal cidadá nesta fase na que defenderemos emendar á totalidade o PXOM en canto a edificabilidades, eliminación de ámbitos perigosos como Liñeiriños, rolda, etc… Lúa.- Temos aeroporto, temos estación de tren, temos porto pero temos tamén sensación de illamento. ¿Que actuacións son prioritarias para Marea de Vigo en política de infraestruturas? R.P.- En Madrid o PSOE quere artellar un novo goberno, para nós hai que crear unha axenda viguesa tamén nos acordos futuros de goberno, axenda que ten que conter inexcusablemente aqueles aspectos que teñen que ver con infraestructuras esenciais: conexión ferroviaria con velocidade alta con Madrid que estea por debaixo das 3.45 horas e polo tanto unha alternativa medioambientalmente e económicamente sostible á variante de Cerdedo, reclamamos unha AP9 nacionalizada e sen peaxes en ningún tramo, a conversión en tramo urbano a AP9 ao seu paso por Teis dende as Torres de Padín, a necesidade de abordar a saída sur cara a Portugal e a conexión coa rede europea de mercadorías, etc.. temas que teñen que estar na axenda política do novo goberno. Lúa.- A cultura vén de ser menosprezada nesta cidade, con espazos infrautilizados e colectivos ignorados. ¿Que oferta cultural defende Marea? R.P.- Foi Marea de Vigo quen denunciou dun xeito claro e meridiano o que estaba a acontecer coa cultura desta cidade; tanto na redefinición da misión orixinaria e contidos do MARCO como na xeneralización da figura do convenio arbitrario co tecido cultural que evitaba a libre concorrencia e consagraba o amiguismo no tecido asociativo fronte ao concurso democrático para que as persoas e proxectos de índole cultural tivesen o respaldo adecuado da administración local. Hoxe Vigo é culturalmente máis pobre por non ter atendido estas demandas, con establecer un criterio pesebrista no reparto de recursos en materia de cultura e por non fomentar unha cultura crítica e alternativa que foi sempre sinal de identidade da cidade. Queremos que a cultura sexa tamén un motor de emprego estable de digno na cidade.


1 RUBÉN PÉREZ CORREA, CANDIDATO Á ALCALDÍA Nacín na parroquia de Beade en 1977, son Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago, traballo nunha empresa de servicios tecnolóxicos dende hai 18 anos. Dende 2009 son coordinador local de EU de Vigo e membro da executiva nacional de EU e da coordinadora federal de IU. Presénteime ás primarias da Marea de Vigo co compromiso firme de continuar a construir unha alternativa municipalista de esquerdas na nosa cidade. Un compromiso que tamén é dea continuidade ós traballos temos iniciado na Marea de Vigo deede a propia corporación municipal da que formamos parte dende hai catro anos, e que

2 ORIANA MÉNDEZ Nacín en Vigo hai 34 anos. Estudante sempre na Pública, son licenciada en Filoloxía Galega e Máster en Estudos Culturais pola Universidade de Compostela. Participo en proxectos culturais e naqueles que poñen por diante a unidade popular para acadar a transformación social, como o extinto centro social Bou Eva e a propia Marea de Vigo. Tamén son militante de Anova dende a súa constitución, en 2012.

5 RAMÓN LAREU Nacín en Canido-Oia e teño 39 anos. Licencieime en Filoloxía Galega na USC. Na Universidade, participei activamente nas mobilizacións estudantís contra a LOU, contra as guerras imperialistas e polo desastre do Prestige. Tamén participei na loita sindical e cultura. Fago parte de Anova-Irmandade Nacionalista dende a súa fundación.

3 XAQUÍN PASTORIZA Nacín en Vigo en 1978. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, realicei cursos de doutorado en Historia Contemporánea. Son profesor de Historia no IES Monte Carrasco de Cangas, e membro do seu Consello Escolar. Na miña época de estudante participei nos movementos estudiantís e fun claustral da USC polo sector estudantes. Participei no 15 M de Vigo e en Podemos Vigo dende os seus inicios.

6 Iria SOTELO Nacín en Ourense en 1980. Son enfermeira e técnico superior en artes plásticas e deseño. Dende sempre tiven unha forte interese polo meu entorno, o benestar social e a igualdade. Dende lonxe, tentei colaborar e involucrarme en espazos de activismo e cambio social, e botei unha man no que puiden con Podemos Vigo.

permitiu configurar un grupo municipal con proposta política concreta e elaboración dun programa propio. O camiño iniciado en 2014 co manifesto que deu lugar a este espazo de unidade popular foi sen dúbida un mandato para seguir ampliando esta idea de proxecto colectivo. Comprometémonos a sumar máis vontades e esforzos na Marea de Vigo para gañar unha cidade solidaria, de dereitos sociais plenos, de democracia participativa e respecto polo tecido asociativo, de urbanismo sustentable e non especulativo, de barrios e parroquias iguais en dereitos e inversións, e feminista, republicana e laica.

4 Estela Miller Nacín en Vigo no ano 1979. Son Técnica superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas. Militante de Esquerda Unida dende o ano 2000, desenvolvín o meu compromiso político no eido do feminismo, a solidariedade internacional e o movemento obreiro. Membro da Asemblea Político Social de IU Federal e da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

7 NÉSTOR VÁZQUEZ Nacín en Vigo en 1976. Son profesor de Formación profesional, activista ecoloxista e cooperativista en diferentes proxectos e asociacions conservacionistas. Afiliado a EQUO. Presento a miña candidatura para aportar o proxecto de Marea de Vigo unha vision maís ecoloxista no deseño e xestión da cidade.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.