Page 1

ANO 1, N.0 3, OUTONO DE 2018

lúa

Publicación periódica do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

a forza da MAREA

Concesións públicas: un conflito tras outro Situacións de abuso laboral ou deficiencias no servizo como as que se dan en Vitrasa, Aqualia, a XER..., poñen de manifesto a necesidade dun maior control dos recursos públicos As folgas na Xestión do Estacionamento Regulado (XER) e, no seu día, Zonas Verdes; ou as deficiencias e permanentes averías en servizos como o do abaste-

cemento da auga pública xestionando por Aqualia, poñen de manifesto a necesidade dun maior control das concesións públicas. O Grupo Municipal da

Marea de Vigo leva tempo propoñendo a constitución dunha Comisión de Vixilancia da Contratación Pública. Na actualidade, o escurantismo co que se

levan a cabo este tipo de concesións fan que sexa difícil comprobar se se están a xestionar ben os cartos e os recursos públicos. Páxs. 3 a 5

A política de maquillaxe

agocha perigos

O accidente do Marisquiño puxo de manifesto ata que punto é equivocada unha política que só se preocupa polo aspecto exterior. Os constantes afundimentos nas rúas a causa das augas subterráneas, a rotura de tubaxes, ou a supervivencia de milleiros de metros de canalizacións de fibrocemento (prohibido na Unión Europea polos seus efectos na saúde das persoas. Páxs. 6 e 7

Sumario Marea de Vigo aposta pola coordinación dos aeroportos de Galicia

Povisa busca con ameazas un mellor concerto co SERGAS A declaración de preconcurso de acreedores por parte da empresa que atende a máis de 130.000 persoas do sistema público de saúde de Galicia ameaza a prestación dun

Entrevista

Páx. 10

servizo esencial, así como o futuro do cadro de persoal. Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo trátase dunha estratexia para acadar más cartos públicos. Páx. 11

Salvador Bará

Profesor titular de Física da USC

“Ter que usar gafas de sol pola noite non é un futuro desexable” O profesor, especialista en contaminación luminosa, aposta por un uso máis racional da iluminación. Páxs. 8 e 9

Concesións como o Marina Cíes impiden a rexeneración da praia de Samil Páx. 10

Un sindicato de prostitutas sería lexitimar unha forma de esclavitude É necesario poñer o foco na demanda Á posibilidade de que se poida crear un sindicato de prostitutas incide na aposta pola abolición desta forma de escravitude amparada no sistema patriarcal. Todos os intentos que se fixeron ata o de agora para crear organizacións deste tipo terminaron sendo

un xeito de lexitimar a trata de persoas por parte de quen se está a beneficiar do negocio que xera esta actividade. É necesario poñer o foco na demanda, xa que é a que crea, favorece e consolida a existencia da trata. Páxs. 14 e 15

As luces de Nadal están a ser colocadas con improvisación e temeridade Páx. 11

Marga L. Barreiro critica a baixa presenza de mulleres nas Festas de Vigo Páx. 13


2

lúa a forza da MAREA

editorial

Responsables ante a cidadanía Moito se ten falado a un e outro lado da Canda e o Padornelo das histriónicas declaracións do alcalde de Vigo do PSOE nas que retou a todos os exércitos galácticos para ver quen pon máis luces de Nadal. Pero, aínda que poida semellar imposible, non foi esa a situación máis vergoñenta á que nos enfrontamos a cidadanía de Vigo neste ano. Mais neste caso, o asunto non ten nada de cómico. O accidente do Marisquiño foi tráxico para todas as persoas afectadas directamente, pero puido ser moito máis tráxico. Foi a responsabilidade amosada polo persoal da organización do evento, a responsabilidade amosada equipos de emerxencia, a responsabilidade amosada polos servizos públicos de Policía, Bombeiros, Protección Civil e, en xeral, a responsabilidade amosada polas persoas que alí estaban e que axudaron dende o primeiro momento, o que evitou unha traxedia maior. Todas esas persoas sentíronse responsables e exerceron sin dubidalo as consecuencias de esa responsabilidade. Por iso, o máis vergoñento que aconteceu en Vigo nos últimos tempos, e tal vez unha das situacións más vergoñentas da historia da cidade, foi ver ás persoas con responsabilidade pública eludindo a súa responsabilidade. Puido máis o seu apego ao cargo que a valentía de recoñecer que nada do que acontece aos vigueses e viguesas nun ámbito público é alleo á súa responsabilidade. A cidadanía, con seu voto, confía esa responsabilidade a persoas que deben exercela e recoñecela en todo momento. Foi moi decepcionante ver que as cousas se fixeron ao revés. O primero que debemos agardar desas persoas é que, dende o primeiro minuto, adquiran compromisos en función da asunción desa responsabilidade. Botar balóns fóra é dar a patética imaxe daquel capitán do Concordia que se afastou do barco en pleno naufraxio para dar as ordes dende a distancia e a seguridade da terra firme. O primeiro é poñerme a salvo e despois, xa veremos... Nas declaracións das persoas con representación pública e con capacidade executiva quedou patente que a súa primeira preocupación foi a de salvar o cu. Aínda ninguén lles preguntara por iso porque a cidadanía, facendo unha mostra de responsabilidade, estaba preocupada polo estado das persoas feridas, asustada e necesitada de políticos responsables, que se declararan responsables. A culpa é outra cousa. Xa se verá. E se a culpa debe supoñer consecuencias políticas, tamén se verá. Mais pódese non ser culpable de algo, pero sí responsable das súas consecuen-

cias. Cada quen, do seu. Como responsables se sentiron as persoas que se lanzaron a axudar dende o primeiro momento. Despóis do espectáculo que ofreceu, neste momento, o maior problema do alcalde de Vigo non é se ten máis o menos culpa dende un punto de vista legal no deficiente mantemento dunha estrutura pública transitada a diario por centos de persoas viguesas. O seu maior problema é a imaxe que ofreceu sacudíndose a responsabilidade sobre algo tráxico que lle acababa de pasar á cidadanía á que representa. Por iso se fixeron as cousas ao revés. A responsabilidade é o primeiro que cada persoa debe recoñecer. Sobre todo unha persoa que é depositaria da confianza de outras moitas. Non pode ser que un alcalde, ao chegar á dantesca escena que había naquel momento no paseo de madeira do porto deportivo, non se sinta responsable. Porque as persoas que os servizos de emerxencias ainda estaban a buscar eran vigueses e viguesas. Haberá que ver cales teñen que ser as consecuencias políticas derivadas das posibles culpas, así como as consecuencias xudiciais que tamén poida haber. Polo de pronto, semella estar claro que había unha estrutura portuaria que non estaba en condicións de aguanter un peso que, en condicións normais, non debería ter problema. Tamén está claro que esa estrutura portuaria sostiña un paseo que forma parte dunha actuación da que, no seu día, foron responsables o Concello, o Porto e a Zona Franca. Non está claro, en cambio, si na actualidade, nese espazo, conflúen varias competencias, en concreto, do Concello e da Autoridade Portuaria. E, á vista das discusións actuais, aquí sí hai unha culpa: a de non deixalo claro. Si a consecuencia da falla de entendemento entre o Concello e o Porto foi o accidente do Marisquiño, a culpa é de quen non foi quen de entenderse. Concello e Porto terán, polo menos, que cargar con ese sambenito. Xa suficiente para ter que asumir, ambos, consecuencias políticas. É, no que respecta ao concello, o que está máis que claro é que o alcalde é, unha vez máis, responsable de falar máis de si mesmo que da cidadanía á que representa. Foi, a todas luces, unha actitude irresponsable. Coa paiasada das declaracións virais sobre as luces, o alcalde, máis que deslumbrar, o que pretende é poñerse a contraluz para que non se lle poida ver a cara. Como fixo ao ter aceptado a creación dunha comisión de investigación no Concello para aclarar ante toda a cidadanía o que pasou.

O alcalde foi irresponsable ao falar máis de si mesmo para salvarse que de afrontar a súa responsabilidade ante a cidadanía

Nas redes mareadevigo.org mareadevigonoconcello.gal @MareaVigo MareaDeVigo

Conxemar e a ocupación do Sáhara

Pensionistas en loita

A participación da empresa “Atlas Pelagic” na feira dos productos conxelados de Vigo Conxemar foi intepretada pola Delegación Saharahui de Galicia e SOGAPS como unha lexitimación da ocupación do Sáhara por parte de Marrocos. A actividade desta empresa viola as sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo xa que se beneficia do saqueo dos recursos naturais do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, que ocupa ilegalmente esa rexión. Marea de Vigo sumouse a denuncia contra empresas que comercian con estes produtos.

O colectivo de pensionistas está a dar unha lección de dignidade co seu compromiso e loita en defensa do sistema público de pensións. Centos de persoas maiores están a saír ás rúas para defender os seus dereitos, pero sobre todo, dos das persoas que veñen detrás. E non se paran ante as pedras que atopan no camiño, como a decepcionante abstención do PSOE no Pleno de Vigo, que impediu a aprobación dunha moción en defensa das pensións públicas e en contra dos Plans de Pensión Peneuropeos.


lúa a forza da MAREA

concello CONCESIÓNS PÚBLICAS

Privatizar non compensa O escurantismo e a falla de consideración cos dereitos laborais caracterizan os servizos municipais que están en mans de concesionarias privadas sen que haxa un control Os conflitos laborais, o abandono no mantemento de infraestructuras básicas, como a rede de abastecemento de auga, fracasos como o do Auditorio Mar de Vigo, o encaracemento dos servizos, como os billetes de transporte urbano ou o estacionamento público, son algunhas das consecuencias dunha política frustrada de privatizacións de bens e servizos que son de toda a cidadanía. O lóxico é que, se unha sociedade quere encargar a outros a administración dos seus recursos a garantir a recepción duns dereitos básicos, é que manteña un exhaustivo control e seguimento. É o mínimo que se lle debe esixir a aquelas persoas nos que delegamos a xestión do público. En cambio, a realidade e moi distinta. O Goberno municipal de Vigo negouse sistematicamente a constituír unha Comisión de Vixilancia da Contratación Pública, tal e como lle pide dende hai anos o Grupo Municipal da Marea de Vigo. Pero nin sequera é quen de encargar auditorías sobre os servizos que ten concedidos. Hoxe, as concesionarias son de grandes grupos empre-

ESTACIONAMENTO REGULADO (XER)

UN FRACASO ANUNCIADO Tempo antes de que se concedera o Servizo de Estacionamento Regulado (XER) á empresa Dornier Empark na última convocatoria do concurso, o Grupo Municipal da Marea de Vigo advertiu do que podía pasar. Foi en febreiro do 2018. Adxudicar a xestión da

O “baile” de contratas en Parques e Xardíns foi unha mostra máis do fracaso das políticas de privatización.

O Goberno municipal de Vigo négase a crear a Comisión de Vixiancia da Contratación Pública, facer auditorías ou crear comisións de investigación

sariais que concentran unha gran parte das políticas de competencia municipal: dende a xestión e subministro da auga pública ata a explotación de grandes espazos urbanos, como os que se adican para estacionar vehículos. E outros como

os auditorios, os servizos sociais, a casa da muller ou a da xuventude... Unha parte moi significativa da política municipal escapa deste xeito ao control da cidanía, e as consecuencias son a precarización do traballo e o incremento nos custos.

Zona Azul a unha compañía que aseguraba poder facer o traballo rebaixando en máis dun tercio (máis dun 30 por cento) o seu custo non semellaba unha boa idea. Porque estaba claro que quen ía pagar as consecuencias desta rebaixa temeraria serían a cidadanía (por un servizo de peor calidade) e o cadro de persoal. Non tivo que pasar moito tempo. Antes de rematar o verán desde ano, oito dos traballadores de Dornier foron despediSegue en páx. 4

3


4

lúa a forza da MAREA

CONCESIÓNS PÚBLICAS

O despedimento de oito persoas do Servizo de Estacionamento Regulado motivou a convocatoria dunha folga, así como mobilizacións ante as portas do Concello. Estas protestas están a ser apoiadas pola Marea de Vigo.

Ven da pax. 3 dos. Para a representación sindical, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo e, probablemente tamén, para o persoal técnico municipal que informara en contra da adxudicación, a empresa xa tiña previsto facer estes despedimentos. A empresa rebaixou o custo en máis do trinta por cento e recortou o cadro de persoal nunha porcentaxe similar. Ao mesmo tempo, o número de prazas de estacionamento nas zonas reguladas non parou de reducirse como consecuencia das chamadas humanizacións. As beneficiarias desta situación son outras compañías pri-

vadas: as que xestiónan os aparcadoiros subterráneos. A matriz de Dornier, Empark, ten adxudicado o aparcadoiro da Praza de Portugal, a piques de

Estanse a incumprir dun xeito flagrante as condicións do contrato: “ o prego do contrato que asinou esta empresa contén un listado de persoal a subro-

Empark xestiona máis de medio millón de prazas de estacionamento e declarou en 2016 uns ingresos de máis de 200 millóns de euros abrir, polo que, neste caso, “todo queda na casa”. Para o Grupo Municipa da Marea de Vigo, “as causas polas que hai que botar a esta empresa fóra da concesión están claras”.

gar”. Polo tanto, os despedimentos son motivo dabondo para denunciar o incumplemento. Empark é a empresa líder en España e Portugal na xestión de aparcadoiros e

zonas de estacionamento regulado. É o cuarto operador en Europa. En 2006 xestionaba máis de medio millón de prazas de aparcamento en 188 cidades de España, Portugal, Reino Unido, Turquía e Andorra. Un dos seus contratos estrela é o dos aparcadoiros dos aeroportos. Segundo a última memoria económica publicada, Empark (participada maioritariamente por ASSIP Asesoría y Estudios de Mercado, S.A.) obtivo en 2016 uns ingresos consolidados de 202,1 millóns de euros, que confirma unha tendencia de crecemento desde 2013.

UN AUDITORIO SEN MOITA AUDIENCIA Abonda con pasear calquera día por Beiramar para comprender que o Auditorio Mar de Vigo, tal e como está a ser xestionado, non ten sentido. O Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que, para coñecer ben as causas do fracaso é necesario crear unha comisión de investigación no Concello. As preguntas que habería que respostar son moitas: Por que non se fixo un proxecto adaptado ás ne-

cesidades da cidade?; Por que se pagou medio millón de euros a unha empresa de organización de eventos sen sacar un concurso público?; Por que non se rescatou o Auditorio en 2011, cando a empresa concesionaria alertaba da situación?; Por qué se ampliou a concesión de 35 a 60 anos? O resultado é un fracaso que está a custar millóns de euros para o mantemento dun enorme edificio baleiro e sen sentido.

Unha fonte permanente de conflitos Limpeza de dependencias municipais e limpeza de colexios (Mantelnor) Limpeza e recollida de lixo (FCC)

Iluminación pública (IMESAPI - FCC)

O conflito laboral coa anterior concesionaria (Linorsa) fixo necesario convocar un novo concurso. Houbo unha ameaza de folga a comezos do verán, que se desconvocou cando a empresa accedeu a mellorar as condicións laborais. A empresa logrou a contrata pese a presentar a cuarta mellor oferta económica.

Mantemento de Zonas Verdes (Althenia) Aparcadoiros públicos (Cocheras Olívicas, Elymar Tranvías, Empark...)

A concesionaria anterior (Valoriza) tivo que ser multada por non facer as tarefas comprometidas. Os malos resultados económicos dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Coia levaron ao Grupo Puentes a tratar de desfacerse da concesión antes de tempo e a liquidar a empresa Cocheras Olívicas. Anteriormente xa fracasaran as concesión dos aparca-

doiros da Praza de Portugal e da Porta do Sol adxudicados a Interparking. O peche destas dúas instalacións motivou ademais un conflito laboral. O da Praza de Portugal foi adxudicado a Empark. O Grupo Municipal da Marea de Vigo esixiu que a nova empresa subrogue ao anterior cadro de personal.


lúa a forza da MAREA

5

CASA DA XUVENTUDE CARTAS DO ALCALDE PAGADAS CO SEN CASE ACTIVIDADE BILLETE DE BUS MÁIS CARO DE GALICIA A desidia fai que a privatización dos servizos municipals se converta nun camiño sen retorno. O Concello de Vigo está a perder a oportunidade de facer dende o propio municipio unha política de mocidade axeitada ás necesidades da cidadanía. A principal mostra é o acontecido na Casa da Xuventude desde que rematou a última concesión do servizo. Pasou o que xa sucedera con progra-

mas como “Súbete ao Castro”. A concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo Marga L. Barreiro denunciou que “nas últimas lexislaturas, gran parte do patrimonio e traballo multidisciplinar en políticas de xuventude está a ser desmantelado dun xeito inexplicable”. Por iso reclama que a Casa da Xuventude volva a dar os servizos que daba a toda a mocidade.

Recadación executiva (SCI)

A empresa concesionaria aproveitou a reforma laboral para recortar os dereitos do cadro de persoal, o que motivou protestas que foron apoiadas polo Grupo Municipal da Marea de Vigo. Ademais das críticas á prestación dos servizos, Clece , unha das empresas de Florentino Pérez, é outro exemplo de precarización laboral amparada na concesión.

Servizo de Axuda do Fogar (Clece)

O prezo do billete ordinario de autobús de Vigo é o máis alto de Galicia. Vitrasa, do Grupo Avanza, xustifica os incrementos deste prezo nos compromisos de amortización adquiridos no contrato de concesión deste servizo. Pero non hai ningunha auditoría que xustifique estes investimentos que teñen que ser amortizados. Entre estes “investimentos” está o envío masivo

de cartas á cidadanía coa cara do alcalde para promocionar a tarxeta PassVigo. Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo está claro que tanto o Conce-

llo como Avanza-Vitrasa están a preparar o camiño para unha renovación da concesión en 2019 sen ter que recorrrr á prórroga. Porque isto implicaría a realización dunha audito-

Concello e Vitrasa preparan o camiño para unha nova concesión sen que sepamos si os beneficios da empresa son excesivos

ría que podería poñer de manifesto que as cousas non se están a facer ben. Se non, non se entende por que o Concello da Coruña puido rebaixar os prexos dos billetes mentres en Vigo subían. Na Coruña, a auditoría puxo de manifesto que os beneficios da concesionaria eran excesivos. Pero en Vigo isto non se pode saber pola negativa a fiscalizar as contas, tal e como esixe o contrato.

A AUGA DE TODAS E TODOS CONVERTIDA NUN NEGOCIO O Grupo Municipal da Marea de Vigo pediu unha auditoría dos investimentos de Aqualia, así como a eliminación da rede de subministro con tubaxes de fibrocemento, que poden ser perigosas para a saúde (polo seu contido en amianto) e que provocan constantes averías. O Goberno local recoñe-

ceu a Aqualia investimentos por importe de tres millóns de euros. Pero máis de 2,5 millóns foron adicados ao que chaman “humanizacións” e que, segundo explica o concelleiro Xosé Lois Jácome son “actuacións puramente ornamentais”. Para Marea de Vigo, a eliminación do fibrocemen-

to debe ser prioritaria en cumplimento das directivas europeas neste sentido. O Grupo da Marea de Vigo considera tamén necesario revisar a totalidade da rede para detectar os lugares nos que se producen fugas permanentes. Por outra banda, a privatización da auga pública

ten provocado un recibo abusivo, xa que se tomou como referencia un consumo mínimo de 30 metros cúblicos. Se ese consumo fora real, non habería auga para todos os fogares da cidade. Como consecuencia, nos últimos doce anos o recibo da auga subiu en Vigo un 206 por cento.


6

lúa a forza da MAREA

cidade

Ollos que non ven...

O AFÁN POR “MAQUILLAR” A CIDADE AGOCHA UNHA REALIDADE OCULTA QUE REQUIRE DE INVESTIMENTOS

Foi a finais dos anos 60 do século pasado cando outro alcalde populista de Vigo, Rafael Portanet (co que ao actual lle gusta compararse as veces), dixo aquela frase de “non vou a enterrar 300 millóns de pesetas”. O persoal técnico municipal advertíalle xa daquela de En outubro de 1997, a veciñanza da rúa Doutor Canoa, unha perpendicular á Travesía de Vigo, levaron un susto de morte. Máis de cincuenta metros de solo veuse abaixo e levou consigo a coches e mesmo a un camión. Afortunadamente, non houbo vítimas, aínda que unha persoa si sufriu algunha lesión leve. Esta fora, ata o Marisquiño deste ano, o maior afundimento que se producira na cidade na historia recente. Esta zona da rúa Doutor Canoa segue a dar problemas hoxe en día, pola dificultade para evacuar as augas que se acumulan no subsolo. Incluso é necesario o uso de bom-

bas de achique e embalsar auga nas proximidades. Do suceso do 97 culpouse á rotura dun colector, pero o problema semella que ten un maior calado. Cando se fixo a obra de entrada do AVE en Vigo, os operarios de Fomento tiveron que reforzar esta zona, porque o terreo non ofrecía garantías para soportar o túnel que se estaba a construír. Non é un problema exclusivo deste lugar, onde, por otro lado, todo o mundo sabía que había unha vertente pola que dende sempre baixara a auga cara a praia do Areal. Vigo ten as súas pecualiaridades, que obrigan a ter

que era urxente facer un importante investimento no subsolo, en obras de saneamento. Hoxe semella que aquel xeito de facer política que “maquillaxe”, sen “enterrar” os cartos, calou en Vigo, unha cidade que afronta periódicamente afundimentos debidos a

Vigo ten peculiaridades que fan que haxa que ter un coidado especial co subsolo e extremar as medidas de mantemento Unha cidade nunca poderá ser fermosa cunhas entranas podres e descoidadas, por moitas humanizacións que se fagan

un coidado moi especial co que se fai no subsolo. Unha delas é esta: as fortes pendentes, que antes da chegada do formigón e asfalto, eran baixadas

naturais de auga. Unha auga que segue a querar recuperar a súa canle natural. Por outra banda, unha parte significativa da cidade foi gañada ao

un deficiente mantemento do saneamento (que provoca roturas e fugas de auga), ou a súa propia orografía, con fortes pendentes e moitas escorrentías subterráneas e os efectos corrosivos que sobre os materiais provoca o estar tan preto do mar. mar. E, como se sabe, a proximidade da auga mariña obriga a tomar precaucións especiais polo seu forte poder corrosivo. Por iso chama a atención que o obxectivo principal das principais actuacións que se levan a cabo na cidade teñan como obxectivo o seu embelecemento externo. Unha cidade nunca poderá ser fermosa cunhas entrañas podres e descoidadas. Independentemente da discusión sobre a responsabilidade, o accidente do Marisquiño puxo de manifesto esta realidade. “Abrir Vigo ao Mar” foi posto como exemplo de modernización e adaptación dos espazos urbanos

e a súa recuperación para o uso e disfrute das persoas. O paseo de madeira en torno ao Peirao Deportivo cumpre, probablemente, con esta función, dende o punto de vista estético e mesmo funcional. Pero de nada serve se este decorado está sostido sobre unha estrutura de formigón que pode rematar colapsando, como sucedeu. Unha realidade que pode ser trasladada a calquera outro punto da cidade, independentemente de que quen faga a obra sexa o Concello, o Ministerio de Fomento (como é o caso do AVE) ou a Autoridade Portuaria. No caso das chamadas


lúa a forza da MAREA

humanizacións, chama a atención que a maior parte do investimento aportado por Aqualia sexa destinado á obra de embelecemento da rúa e non, como sería de agardar, a asegurar a renovación das infraestruturas do subsolo relacionadas coa auga. Segundo explicou o concelleiro do Grupo Municipal da Merea de Vigo X. Lois Jácome, “recentemente, a Xunta de Goberno Local aprobou o recoñecemento de máis de tres millóns de investimento de Aqualia nos que as humanizacións suman máis de 2,5 millóns, escamoteados baixo o eufemismo ‘Obras de resposición da rede de abastecemento e saneamento e os seus custos asociados,. O que eles chaman ‘custos asociados’ son actuacións que nada teñen que ver co saneamento e subministro de auga”. E cita como exemplo a terceira fase da humanización de Camelias, na que dun investimento de dous millóns de euros apenas medio millón foii adicado á mellora da rede de subministro e saneamento.

AMIANTO TÓXICO O Grupo Municipal da Marea de Vigo leva anos denunciando que na cidade hai miles de metros de tubaxes fabricados con fibrocemento, con altos contidos de amianto (que poden chegar a representar un 25 por cento do material). Trátase dun material que se xeneralizou nas redes de augas europeas nos anos 40, pero que foi prohibida en 2003 pola UE mediante unha directiva. Para a Marea de Vigo, nos investimentos de Aquialia debería ser prioritaria a eliminación deste material por enriba de actuacións puramente ornamentais. Considera tamén que “hai que tomar medidas máis inmediatas e efectivas antes de comezar unha guerra de

7

O Grupo Municipal da Marea de Vigo leva tempo denunciando esta situación.

trasvases da conca hidrográfica, que non é de Vigo como demagóxicamente expresa o alcalde, senón de todos os municipios adscritos”. Por outra banda, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera imprescindible que se faga unha revisión da totalidade da rede para detectar lugares onde existen fugas permanentes, como paso previo á elaboración dun plan de renovación xeral da rede de abastecemento e de saneamento da cidade.

ROTURAS DE TUBAXE E CANLES SUBTERRÁNEAS CAUSAN NUMEROSOS SOCAVÓNS O afundimento de rúas e beirarrúas é o principal efecto dun estado deficiente de subsolo da cidade, ainda que esa falla dun correcto mantemento pode estar tamén detrás doutros problemas, como a aparición de grietas en vivendas, caídas de muros

27 de outubro de 1977. Rúa Doutor Canoa.- Afúndense máis de 50 metros da rúa Doutor Canoa por causas que nunca estiveron claras, aínda que se achacou á rotura dun colector. O suceso provocou a reacción das autoridades locais, que iniciaron a renovación da tubaxe nalgunhas rúas da cidade. Pero os problemas da rúa Doutor Canoa non se resolveron, como quedou de manifesto coas obras do AVE. O estado inestable do terreo motivou a paralización durante meses de obra. A veciñanza desta rúa próxima á Travesía de Vigo está acostumada a ter gretas nos edificios e ás caídas de lousas. A pesar de que en 1997, o socavon xa se “tragara” varios coches, e mesmo un camión, e provocara lesións leves a unha persoa, non foi ata as obras do AVE que se consolidou o terreo. Novembro de 2000. Rúas Paraguai, Pi i Margall, Hipanidade e Vázquez Varela.- Mes negro na cidade no que se sucederon incidentes provocados por afundimentos en catro rúas céntricas.

de contención ou incluso o desplome de edificios antigos. En Vigo son frecuentes as novas relacionadas cos efecto da auga, tanto da da traída como da da chuvia, nos baseamentos das estruturas urbanas.

Xaneiro de 2001. Rúas Alexandre Bóveda e Brasil.Socavóns nas rúas Alexandre Bóveda e Brasil. Abril de 2001. Vía Norte.- Cae parte do muro ente Vía Norte e a Estación de tren. 17 de febreiro de 2011. Rúa Barciela.- En pleno temporal de vento e choiva, a rotura dunha tubaxe provoca un gran socavón no camiño de Barciela, no barrio de Coia. Aqualia relacionou a avaría coas inclemencias do tempo, pero a tubaxe tivo que ser reparada e houbo que facer un recheo para consolidar o firme. 9 de abril de 2013.- Rúa Canceleiro.- O firme cedeu ao paso dun camión que quedou atrapado no socavón. 5 de maio de 2014. Rúa Anduriña.- A rotura dun cano de auga provocou un socavón duns tres metros de longo e de profundidade. Un vehículo resultou afectado.

25 de febreiro de 2016. Rúa Caracas.- Unha muller resulta ferida ao afundirse a beirarrúa cando pasaba á altura do número 10 da rúa Caracas. 29 de xullo de 2017.- Travesía de Vigo.- O firme afúndese á altura do centro comercial e obriga a cortar parte do tráfico. 8 de agosto de 2018. Rúa Caldas de Reis.- Traballadores municipais teñen que inxectar cemento baixo varios edificios para evitar que se veñan abaixo. Un gran buraco comezara a ser patente uns días antes xunto a un sumidoiro. A causa foi unha filtración de auga debida a unha avería na rede de subministración. 12 de setembro de 2018. Rúa Coutadas.- Por segunda vez en cinco días, esta rúa do barrio da Salgueira ten que ser cortada porque o firme ameazaba con ceder sobre unha grande bolsa de auga. Un autobús urbano tivo que ser desaloxado ante o temor de afundimento.


8

lúa a forza da MAREA

entrevista

Salvador Bará

Profesor Titular de Física da Universidade de Santiago de Compostela As fotografías dende o espacio amosan ata que punto estamos a utilizar mal a iluminación. Se as emisión luminosas se dirixisen a onde deben dirixirse e tivesen unha intensidade razoable, evitaríamos efectos negativos sobre o medio ambiente, sobre a saúde das persoas, así como un gasto innecesario, tanto económico como de recursos naturais. Nesta entrevista, o profesor Salvador Bará valora a magnitude do problema e propón solucións. Earth Science and Remote Sensing Unit, NASA Johnson Space Center.

“Usar gafas de sol pola noite non é un futuro desexable”

Lúa.- Cada vez é maior a conciencia e preocupación pola conservación do medio ambiente. Con todo, hai unha tendencia a asociar o concepto de contaminación ás emisións de gases ou a calquera tipo de desperdicios de materiais. Cales son os efectos nocivos da contaminación luminosa? Salvador Bará.- As investigacións científicas realizadas nos últimos anos están revelando cada vez máis efectos negativos causados pola irrupción de luz artificial en horas nocturnas en lugares que non deberían estar iluminados. Hoxe sabemos que a contaminación luminosa afecta directamente a múltiples especies animais e ás relacións entre elas. Non debemos esquecer que a vida na superficie da Terra se desenvolveu evolutivamente baixo ciclos periódicos de luz e escuridade: o ciclo diario asociado ao día e á noite, o ciclo mensual asociado ás fases da Lúa e o anual asociado ás estacións, coa súa diferente


lúa a forza da MAREA

“Unha das principais fontes de contaminación luminosa son os alumeados públicos de competencia municipal”

e o normal funcionamento do noso corpo precisa tamén da alternancia diaria de luz e escuridade. O exceso de luz en horario nocturno ten consecuencias para a nosa saúde tanto directamente como polas alteracións que produce nos ciclos de sono.

“Hai que iluminar soamente o que queremos iluminar, coa intensidade adecuada e o tempo realmente necesario” duración dos días e das noites. A escuridade da noite é necesaria para o normal desenvolvemento da vida. E esa escuridade natural está desaparecendo aceleradamente no noso planeta. Pero a contaminación luminosa tamén ten efectos medioambientais indirectos (emisións de gases de efecto invernadeiro ao producir a enerxía que utilizamos para iluminar, incremento da concentración dalgúns contaminantes químicos sobre as cidades), económicos (gasto en enerxía inutilmente desbaldida), culturais (perda do patrimonio inmaterial da humanidade asociado á contemplación do ceo nocturno), científicos (dificultade para estudar o Universo desde observatorios astronómicos terrestres) e, segundo indicios recentes, probablemente tamén de saúde pública. Lúa.- Quen son os maiores responsables da contaminación lumínica? S.B.- O alumbrado público de competencia municipal, en moitas ocasións sobredimensionado e excesivo, é unha das principais fontes de contaminación luminosa. Por suposto, existen nas nosas cidades e vilas lugares pouco iluminados que precisan máis luz, pero na inmensa maioría dos casos a situación é a contraria: estamos usando máis luz da que razoablemente necesitamos. Hai tamén instalacións específicas, públicas e privadas, tremendamente contaminantes polo seu mal deseño, pola mala instalación das súas luminarias, ou polo seu mal uso. Lúa.- As fotografías distribuídas pola NASA do aspecto nocturno da Terra amosan claramente as dimensións das concentracións humanas en función da intensidade da luz. Tamén adoita ser un índice de desenvolvemento humano (as maiores concentracións están no hemisferio Norte e, sobre todo, en Europa e Norteamérica. Dende a óptica da necesidade de reducir as emisións de luz, como debemos interpretar esas fotografías? S.B.- Esas fotografías revelan a magnitude do problema. Como ben apuntades son imaxes distribuídas por diferentes axencias espaciais que amosan como se ve a Terra desde o espazo. Se as emisións luminosas se dirixisen a onde deben dirixirse (a iluminar os espazos públicos que utilizamos), e tivesen unha intensidade razoable, non habería tanta luz desbaldida cara ao ceo. Esas imaxes son o mapa mundial do desbaldimento. E tamén o mapa que nos pon diante dos ollos o desigual reparto da riqueza no mundo. Lúa.- Que poden facer as Administracións locais para garantir un mínimo impacto da iluminación?

9

Para o profesor Salvador Bará sería interesante coñecer algún estudio serio sobre as creenzas en torno á incidencia da iluminación de Nadal na economía local.

S.B.- Ter sempre presente que é necesario conxugar dúas realidades: a luz artificial en horario nocturno é utilísima para o desenvolvemento das nosas vidas e, ao mesmo tempo, é un axente contaminante que debemos tratar como tal. Como? Para comezar, iluminando soamente o que debamos iluminar, coa intensidade adecuada, ás horas en que realmente sexa necesario e non continuamente, e usando luz de características apropiadas (en particular, con baixo contido en tonos azuis pola noite). E lembrando que o desbaldimento de luz e a sobreiluminación non son signos de progreso, senón precisamente de todo o contrario. Lúa.- Recentemente, o alcalde de Vigo facía brincadeiras sobre o aspecto que tería a cidade dende o espazo durante as datas de Nadal. Está xustificada unha intervención como a iluminación de Nadal polos beneficios económicos que poida reportar ao turismo ou ao comercio? S.B.- Non coñezo estudos científicos que indiquen que o incremento de iluminación nocturna produza beneficios económicos cuantificables. Porén, esa non é a miña área de traballo, non estou ao día das investigacións realizadas nela e non teño competencia para pronunciarme sobre este particular. Sería para min moi interesante coñecer algún estudo serio que se teña publicado sobre o tema. No que atinxe á luz hai moitas lendas urbanas, mitos que a ciencia demostrou co tempo seren falsos: por exemplo, que unha maior iluminación proporciona máis seguridade ou que con máis iluminación os accidentes de tráfico diminúen. Os estudos realizados por diversos equipos investigadores internacionais indican que iso non é así. Pasa algo semellante coas crenzas arredor da iluminación de Nadal? Sería moi interesante comprobalo. Lúa.- Ademais de distorsionar a posibilidade de ver a paisaxe celeste nocturna, que efectos ten un exceso de iluminación nas persoas? S.B.- As persoas non estamos á marxe das leis da bioloxía,

Lúa.- Que alternativas existen para aproveitar dun xeito mais eficaz a enerxía para iluminar as cidades pola noite? S.B.- Podemos aforrar enerxía iluminando soamente aquilo que de verdade necesitemos iluminar, cun bo deseño das fontes de luz para evitar que parte da luz emitida vaia onde non a queremos. O uso racional de LED, de tonalidades cálidas e non frías como a maioría dos que desafortunadamente se están a instalar, pode contribuír a este aforro, principalmente porque a luz emitida polos LED pode dirixirse con facilidade aos lugares desexados e porque a intensidade dos LED pode diminuírse a vontade naquelas horas da noite en que a iluminación sexa menos necesaria. Lúa.- No Estudo sobre Emisións Luminosas dos Concellos Galegos chama a atención que Vigo é, en termos absolutos, o concello que máis emite, pero está entre os que menos emiten por habitante. Como debemos interpretar ese dato? S.B.- No que atinxe á contaminación luminosa as emisións en termos absolutos son as que de verdade importan. As principais cidades galegas teñen bastante percorrido que facer para ser sostibles neste tema. As emisións por habitante nas grandes áreas urbanas son comparativamente baixas porque o número de fontes de luz depende sobre todo da superficie a iluminar, mentres que a densidade de poboación nestas áreas é moi alta. Lúa.- A quen corresponde unha maior responsabilidade na contaminación luminosa: as Administracións públicas ou a unha poboación que non ten conciencia sobre o problema? S.B.- As responsabilidades están repartidas, pero no que atinxe aos sistemas de iluminación pública exterior a responsabilidade principal é de quen ten a súa titularidade, na maior parte dos casos os concellos. A tendencia xeral das nosas veciñas e veciños a pedir máis intensidade de luz (cando en moitos casos o problema non é de falla dela, senón de sistemas mal deseñados ou instalados) contribúe, claro, a agravar o problema, dado que as autoridades municipais frecuentemente atenden a demanda e instalan máis luz sen facer ningún labor de concienciación nin analizar criticamente cal é o problema real que hai que resolver. Lúa.- Neste senso, que podemos facer cada persoa para contribuír a reducir a contaminación luminosa. S.B.- Cambiar a nosa actual cultura da luz por outra máis sostible: a luz artificial é un dos mellores inventos da humanidade, tremendamente útil e non debemos renunciar a usala; pero, como tantas outras cousas que contribúen ao que chamamos progreso, é tamén un axente contaminante. Debemos usar a luz artificial pola noite con sensatez e mesura, tratala como un recurso dispoñible pero escaso. O futuro, para ser brillante, debe respectar é tamén os ciclos de luz e escuridade. Cidades nas que teñamos que usar gafas de sol pola noite non son un futuro desexable.


10

lúa a forza da MAREA

cidade

Marea de Vigo aposta pola coordinación dos aeroportos Critica a política de subvencionar dende o Concello a compañías aéreas sen que estea claro por que se fai A esixencia de Ryanair de que o Concello de Vigo mul- Marea de Vigo cuestiona tamén a postura do PSOE tiplique por tres as axudas que lle paga para manter os vigués en relación con esta cuestión ao considerala voos de Peinador volveu a abrir o debate sobre a lexiti- “pouco coherente” con outras actuacións. Neste sentimidade deste tipo de gasto por parte dunha Administra- do recorda que “estase discutindo sobre a ‘condición ción local. O Concello non ten competencias na política de vigués ou viguesa’ para que se poida usar un aparcaaeroportuaria, e por iso o Concello vigués xustifica o doiro dun hospital dunha área que abrangue máis que o municipio de Vigo, mentres o mesmo Goberno local gasto nunha suposta “promoción” da cidade. está soterrando millóns de O grupo municipal da Maeuros nunha empresa privarea de Vigo mantivo sempre A política de subvencións da para que calquera persoa, unha postura crítica coa política de subvención e contraencubertas a compañías aéreas con independencia da súa ou residencia, tos con aeroliñas sen garanprovocou unha competición entre procedencia se ‘beneficie’ duns sopostos tías de retorno para o turismo os aeroportos galegos prezos máis asumibles á hora ou para a cidadanía. de adquirir un voo dende PeiA Marea de Vigo apostou nador”. sempre pola organización Ryanair opera en Peinador entre as cidades de Galicia dende 2016 cun contrato de para optimizar o uso dos aeMarea de Vigo lembra que roportos. Sen embargo, o que a maior parte da pasaxe non son catro anos polo que recibe 4,4 millòns de euros. É dicir, existe na actualidade e unha persoas residente en Vigo nin na recibe cada ano algo máis competición entre os aerodun millón de euros. Agora portos da Comunidade para provincia de Pontevedra pretende que o Concello atraer vos e usuarios. aporte cada ano en torno a O Grupo Municipal da Marea de Vigo lembra que o investimento en compañías aé- 3,7 millóns. Pero, en cambio, aínda que anuncia algúns reas é un gasto impropio da Administración local. Por axustes en canto a destinos, non ofrece unha ampliaiso defende que antes de facelo é necesario analizar as ción de prazas. Hoxe, a subvención do Concello por posibilidades de coordinación entre os tres aeroportos pasaxeiro ou pasaxeira é duns sete euros, que pasaría mediante un mellor coñecemento de todos os datos a ser de 16 no caso de que se acepten as novas condiobxectivos de usos, retornos económicos e mesmo das cións. As subvencións directas a aerolíñas están prohibidas posibilidades de consolidación de voos. Segundo denuncia o Grupo Municipal da Marea de pola Unión Europea, e por iso as Administracións busVigo nun comunicado “a pesar deste investimento, can outros argumentos. segundo os datos oficiais de AENA, a maioría da pa- E foi precisamente a falla de coordinación entre os aerosaxe que viaxa dende Peinador non é nin da provincia portos galegos o que motivou o comezo desta ‘guerra’ de Pontevedra”. Denuncia tamén que o Goberno do pola captación de voos e pasaxe. PSOE da cidade xustifique o contrato con Ryanair co O Concello de Vigo (xunto coa Deputación de Ponteveargumento da “promoción turística da cidade” para dra) é o que máis cartos adica para manter vencelladas saltarse a falla de competencia municipal na política a Peinador as compañías Ryanair y Air Nostrum, como antes fixera con Volotea. aeroportuaria.

A praia de Samil a finais dos anos 60 do século pasado.

Concesións ilegais impiden a rexeneración de Samil Rubén Pérez acusa ao alcalde de “cinismo” ao propoñer a actuación O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, calificou de “cínica” a actitude do alcalde do PSOE ao propoñer ao Ministerio de Transición Enerxética e Medio Ambiente a rexeneración da Praia de Samil, cando esta actuación non é posible polo empeño do Goberno local en autorizar a construción do establecemento de hostalería coñecido como “Marina Cíes”. O permiso para construir un bar na praia cun grande impacto ambiental foi dado a pesar de que as normas urbanísticas o impedían, precisamente para garantir a rexeneración deste areal. En cambio, o Goberno local amparouse na posibilidade de facer unha “autorización provisional” aínda cando quedaba claro que iso soamente era posible para construcións efímeras, e de doada desmontaxe. Para Rubén Pérez, “a instalación resultante nin é provisional nin é fácilmente desmontable. O que se fixo foi demoler unha estrutura existente (o Jonathan) e executar unha edificación toralmente nova orzamentada naquel momento nun millón de medio de euros”. Segundo o plan que agora propuxo o alcalde, habería que gañar tres metros de areal e recuperar parte da flora autóctona, como se fixera no seo momento no Vao. Pero isto é neste momento unha misión imposible, a non se que se obrigue a demolición do edificio, algo que semella altamente improbable.


lúa a forza da MAREA

11

Povisa presiona ao SERGAS con ameazas ao emprego e á cidadanía A árbore da Porta do Sol, cada ano máis alta.

Improvisación e temeridade nas luces do Nadal na cidade Marea de Vigo denuncia que nin se pediron os permisos necesarios O Grupo Municipal da Marea de Vigo alertou da “absoluta improvisación nas actuacións de instalacións decorativas de Nadal” e advertiu “da temeridade no gasto do alumeado de Nadal que comporta o contrato de catro anos asinado polo Goberno local de Abel Caballero”. Segundo denuncia Marea de Vigo nun comunicado, “non se moveu un dedo para obter os permisos obrigatorios e necesarios para, por exemplo, poder perforar as paredes das vivendas para fixar o cable”. Tampouco se actualizou o Plan de Emerxencia municipal ante posibles aglomeracións no centro da cidade. Marea de Vigo cualifica como “indecente un gasto tan desorbitado nunha campaña de Nadal” e lembra que a cidade “terá secuestrados durante catro anos un importe superior aos catro millóns de euros”. Advirte neste sentido que moitas cidades están a mercar xogos de luces para evitar este tipo de alugueres. Para este grupo municipal “é obsceno que nunha cidade cun 21 por cento de pobreza familiar, se se suman os gastos do Nadal poidan rozarse os dous millóns de euros”. Con respecto ao Plan de Emerxencias do Concello, Marea de Vigo advirte que soamente contempla eventualidades para para grandes aglomeracións a festa da Reconquista, o Festival de Rondallas, o Día da Muiñeira, a Cabalgata de Reis, o Entroido, a Semana Santa e determinados concertos puntuais.

Marea de Vigo esixe que se faga unha auditoría de todas as empresas da familia Silveira O Grupo Municipal da Marea de Vigo reclamou que plantas no hospital público do Meixoeiro en Vigo”. se faga unha auditoría a todas as empresas da familia Marea de Vigo lembra que “hai escasos tres anos eran Silveira, propietario da clínica Povisa, que atende a os despedimentos de 13 persoas despois de inten130.000 persoas da sanidade pública da área sanita- tar un ERE extintivo que foi rexeitado; despois foron ria de Vigo e que vén de declararse en preconcurso continuos bloqueos á negociación do convenio colectivo e agora a ameaza de non pagar as cotizacións de acredores. Os responsables da clínica comunicaron ao cadro de sociais do cadro de personal e entrar en preconcurso de acredores”. Todas estas persoal que o último mes actuacións, sostén Marea non pagará a parte corresPara o Grupo da Marea de Vigo, de Vigo nun comunicado, pondente as retencións do “son exemplos do abuso IRPF. o preconcurso de acreedores que esta empresa está a Marea de Vigo considera é unha excusa para forzar unha exercer en todos os ámbi“unha absoluta chantaxe” renegociación co SERGAS tos”. Por iso sinala que “o o movemento da empresa SERGAS non só non debe e insiste en que se deben ceder á presión, senón que revisar todas as contas, “indebe esixir que todos os cluída a SICAV (Sociedade parámetros de calidade de Investimento de Capital “Un hospital que forma parte da asistencial que se aplican Variable) declarada por rede hospitalaria pública non aos centros públicos sexan persoas da familia Silveira”. pode ser usado como moeda de tamén aplicados en Povisa”. Para Rubén Pérez, voceiro Para o Grupo Municipal da do Grupo Municipal da Macambio con fins privados” Marea de Vigo é imprescinrea, resulta “pouco crible dible coñecer a situación que os recursos públicos adicados polo SERGAS nestes anos ao concerto coa actual das empresas da familia Silveira para coñecer clínica non resultaran suficientes para a xestión das como se están a xestionar os cartos públicos. Denuncia tamén que “un hospital que forma parte da rede hospicartillas derivadas”. Para a Marea de Vigo, o anuncio de preconcurso vo- talaria do SERGAS non pode ser utilizado como moeda luntario de acredores co pretexto de que a empresa de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de arrastra perdas dende 2014 “é a todas luces unha sociedades pensadas para a evasión fiscal, como son escusa para forzar a negociación do concerto con as Sociedades de Investimento de Capital Variable que a familia Silveira posúe”. Marea de Vigo lembra que “o SERGAS”. Este acordo para que unha clínica privada das carac- servizo sanitario dunha area tan importante non pode terísticas de Povisa atenda a unha parte tan significa- estar a expensas dos intereses económicos dun gran tiva da poboación é una circunstancia absolutamen- grupo empresarial”. te singular en todo o Estado español. Segundo Marea O concerto do SERGAS con Povisa, que se asinou en de Vigo, trátase dun concerto “absolutamente van- 2014 cunha duración de oito anos, supón un custaxoso para o centro hospitalario privado” e provo- to anual de 540 euros por paciente. No período de ca, entre outras cousas, que non se faga un hospital vixencia, Povisa recibe do Servizo Galego de Saúde público no Morrazo ou que estean pechadas varias preto de 600 millóns de euros.


12

lúa a forza da MAREA

urbanismo

Un PXOM pola porta de atrás

COMEZA A REDACCIÓN DO NOVO PLAN A convocatoria da mesa de contratación de urbanismo a principios de outubro para facer unha proposta de adxudicación dos traballos da redacción dun novo PXOM para Vigo pon fin a dous anos de aparente inactividade en torno ao urbanismo vigués. Vigo mantén a ordenación de 1993 despois dun intento de renovación do Plan en 2008 que fracasou e culminou coa anulación do planeamento.

Marea de Vigo critica o escurantismo do Goberno municipal e reclama unha maior participación da cidadanía A publicación do Instrumento de Ordenación Provisional de urbanismo da cidade de Vigo volveu a poñer de manifesto a falla de interés do Goberno municipal pola transperencia do proceso que ten que desembocar nun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para a Cidade. O documento afecta a 50.000 titulares catastrais, que foron informados dun xeito vago e xeral a través dunha carta de que algunha das súas propiedades está afectada polas novas disposicións. Pero calquera persoa poder facer alegacións e, en calquera caso, a transparencia é o mínimo que se pode esixir nun proceso de tanta trascendencia, segundo sinalaron os representantes do Grupo Municipal da Marea de Vigo. O voceiro do Grupo, Rubén Pérez, manifestou que, unha vez publicada a Orde no DOG, “o mínimo que pode facer o Concello é publicar e difundir toda a información” e facilitar a posibilidade de facer alegacións, indicando o prazo que hai para elo. Dito prazo remata o 15 de outubro, un dato que non se menciona nas canles de difusión que manexa o Goberno local.

50.000 persoas foron avisadas cunha carta tipo de que algunha das súas propiedades está afectada, pero calquera pode alegar. O Grupo da Marea de Vigo reclama unha maior implicación do Concello para disipar todas as dúbidas da veciñanza A Orde co Instrumento de Ordenación Provisional foi publicada o pasado 14 de setembro, tras da súa aprobación no Pleno do 19 de xullo. Pero o grupo municipal da Marea de

Vigo lembra que “dende que se enviou a proposta á Xunta, fai máis dun ano, o Goberno local debería ter informado á cidadanía pormenorizadamente”. Rubén Pérez considera

que “é necesaria unha maior implicación do Concello para disipar todas a dúbidas da veciñanza, mais semella nonter interese niso”. Por esta razón, o Grupo Municipal da Marea de Vigo leva meses organizando actos nas parroquias para informar sobre os cambios e axudar a veciños e veciñas a presentar alegacións. A alta participación nestas xuntanzas pon de manifesto o enorme interese que ten a cidadanía pola planificación urbanística.

Vigo necesita o Consello Municipal de Urbanismo A activación do proceso de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM) require de dunha maior transparencia e participación. Por iso o Grupo Municipal da Ma-

rea de Vigo esixiu a constitución dun Consello Municipal de Urbanismo. Este organismo permitiría que a cidadanía puidera facer un seguimento dos traballos de redacción do PXOM a través do tecido social. Cando se presentou a memoria e os pregos para a contratación da redacción do Plan, a Marea de Vigo presentou alegacións para acadar unha maior transparencia e participación cidadá en todo o proceso. Un dos obxectivos principais sería o de evitar os erros que propiciaron a anulación do Plan Xeral de 2008. Pero tamén é necesaria unha adaptación da norma á nova situación social da cidade. Naquela ocasión, o Plan tivo máis de 60.000 alegacións e máis dunha ducia de denuncias xudiciais. Para a Marea de Vigo, a creación do Consello Municipal de Urbanismo e un maior esforzo de información e transparencia do Goberno local en todo o proceso, poderían evitar que se volva a repetir esa situación.


marea feminista

lúa a forza da MAREA

13

Marea de Vigo súmase á crítica pola pouca presenza de mulleres nas festas de Vigo Marga L. Barreiro lamenta falla de preocupación do Goberno municipal pola cultura así como a baixa participación de grupos locais na programación do verán

Éxito do café sobre publicidade A Marea Feminista organizou unha actividade en torno ao “Papel da Muller na Publicidade” no Café De Actro aCatro que contou cun alto nivel de participación e interese. A actividade, que tivo lugar o dous de xullo, formou parte da programación dos “Cafés da Marea Feminista”.

Marea de Vigo sumouse ás denuncias pola baixa par- Vocals, en risco de desaparecer pola falta de apoio ticipación de mulleres na programación das Festas de desde a institución”. Vigo, sobre todo na que se desenvolve no auditorio de O grupo municipal da Marea de Vigo considera “totalmente impresentable” que o alcalde aluda á Escola MuCastrelos. A concelleira da Marea de Vigo Marga L. Barreiro re- nicipal de Danza e a E-Trad para “presumir” de gasto en cordou que “nos concertos de Castrelos atopámonos cultura galega (250.000 euros para todo o curso, aínda que “nun día” o aprobasen), “canmulleres só en dúas actuacións, do todas as accións levadas a cabo a teclista de Dorian, e a de Opepor este goberno municipal foron ración Triunfo, onde, en ambos precisamente cara ao seu desmancasos, participan homes”. Por iso telamento, triplicando os prezos da reivindicou “o papel das mulleres matrícula nos últimos dous anos”. artistas galegas, dobremente inviEn canto aos grupos locais, Marea sibilizadas: por ser mulleres e por de Vigo “segue botando en falta a crear na lingua de seu”. Neste senfalla de promoción destes nas festido esixiu que o Concello se sentas organizada desde o Concello, sibilice dunha vez coas mulleres cando Vigo é unha cidade que semno escenario, e que os concertos pre destacou por contar con centos deixen de brillar pola ausencia de deles, moitos xa recoñecidos intertalento galego”. nacionalmente”. Quen si o fai, sePara o Grupo Municipal da Marea de gundo a Marea de Vigo, é o tecido Vigo existe unha “tónica xeral” na asociativo, “que cubre a meirande política cultural promovida dende parte dos eventos nos que participa o Concello caracterizada pola “adea veciñanza viguesa”. “O concello cuación” dos contidos aos intereses Marga L. Barreiro, concelleira do de Vigo denota unha vez máis a indido Goberno local. Grupo Municipal da Marea de Vigo. ferenza absoluta ante a nosa cultura Recorda, neste sentido, que “só nun ano, asistimos a feitos como o desmantelamento e a nosa lingua, pois continuamos a ver artistas do país do Museo MARCO como o espazo para o que foi con- actuando por ducias de vilas galegas mentres que en cibido, a “desaparición” do ImaxinaSons tras 13 anos Vigo, unha das cidades na que máis se está a perder o de consolidación como referente no espazo europeo, idioma galego non podemos desfrutar de música galeou mesmo o acontecido con festivais como o Vigo ga” advertiu Marga L. Barreiro.

Débora Baz dinamiza un Obradoiro sobre sexualidade

Nova cita do Club de Lectura O Club de Lectura da Marea Feminista convocará para finais de novembro un segundo encontro mo que a educadora social Tania Merela Iglesias falará sobre oseu libro “Comezar dende cero (voces de mulleres recuperando as súas vidas)”.

O local da Marea de Vigo, na rúa Camelias 85, acollerá o venres, 26 de outubro, a partir as 19.30 horas, un obradoiro sobre sexualidade feminina. Será unha actividade na que participaran soamente mulleres, e que estará coordinada pola sexologa Dábora Baz, do Gabinete Amaturi. As organizadoras sinalan que as asistentes poderán debatir, reflexionar e aclarar dúbidas “sobre aspectos da vida que sempre foron relegados a un segundo plano, cheo de tabúes e mitos e silenciado dende o sistema patriarcal que nos goberna”. A Marea Feminista forma parte dende o pasado mes de xullo da Coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres. No mes de setembro participou no pasarrúas que se fixo na Porta do Sol de Vigo polos “Días dos Dereitos Sexuais e Reproductivos das Mulleres” e pola derogación da modificación da Lei do Aborto aprobada o 10 de setembro de 2015, pola que se esixe un permiso materno ou paterno ás mulleres de 16 e 17 anos para abortar. Máis información: feminismomareadevigo@gmail.com

Twitter: @mareafeminista


14

lúa a forza da MAREA

marea feminista

Un sindicato para branquear a escravitude O intento de legalizar unha organización sindical de “traballadoras sexuais” agocha o plan dos traficantes de lexitimar o seu negocio O intento de poñer en funcionamento un “sindicato de traballadoras sexuais” que viu darlle unha volta ao debate sobre a regulación da prostitución non é novo, senón que se trata dunha tentativa máis, por parte da poderosa “industria do sexo”, de promover un novo marco xurídico onde poidan expandir o seu negocio con maior facilidade e tranquilidade. Agardaban contar, ademais, cunha suposta aprobación social, aparentando ser movementos de liberación sexual. Deste modo (supoñen eles) gañan un oco no movemento feminista e sindical, conseguindo incluso que outras organizacións e asociacions sexan as que defendan a súa existencia, dende siglas alleas consolidadas historicamente no ámbito sindical e feminista. O “negocio” ía ser redondo, de non ser porque non o cremos. Porque é imposible que explotadores e explotadas compartan un espazo coma se defenderan os mesmos dereitos, porque non existe no mundo ningún “sindicato de traballadoras sexuais” que negociaran ningún convenio, nin taboa salarial, nin mellora das condicións de traballo, nin eres nin absolutamente ningunha das accións que

forman parte da natureza e da propia existencia dun sindicato. Agora ben, de asumir a constitución deste sindicato, onde todas as actividades sindicais se poidan levar a cabo, en que termos se farían? . Resulta unha obviedade que querer constituír un “sindicato de traballadoras sexuais”, na práctica lexitimaría a regularización da prostitución, ao recoñecer a prostitución como unha actividade profesional. Neste sentido, e dun xeito pragmático, deberíamos cuestionarnos certos aspectos sobre a realidade que teríamos en fronte de chegar a regularizarse a prostitución, e así, poder dar o debate de xeito inverso, e dicir, plantexarnos se realmente queremos mudar a sociedade cara ao que suporía a regularización. De regulamentar a prostitución igualando esta actividade a calquera outra actividade profesional, habería que elaborar un convenio ou un “estatuto das traballadoras sexuais”, e acontecerían situacións como a de chegar a recibir unha oferta de emprego a través do INEM cando estamos no paro para prostituirnos, poderían chamar á rapaza de 18 anos, e mesmo a de16 podería facelo co con-

Na actualidade, a prostitución é o negocio máis lucrativo despois do tráfico de armas e antes do tráfico de drogas A prostitución xenera unhas ganancias de entre 5 e 7 billóns de dólares e mobiliza a uns catro millóns de persoas no mundo De existir un sindicato poderíase chegar á absurda situación de que o INEM tivera que enviar ofertas de empleo para prostitución

sentimento dos pais. Dun xeito coherente con isto, tamén poderíamos contar no ensino público cunha especialidade de formación profesional, e mesmo de contratos de formación e aprendizaxe. Nada máis lonxe e menos desexable para a realidade da clase traballadora e sobre todo, das mulleres. Regulamentar a prostitución, lexitimaríaa como un soporte de control patriarcal e subordinación sexual das mulleres, cun

efecto negativo non só sobre as mulleres e nenas que están dentro senón sobre o conxunto das mulleres como grupo, xa que consolida unha definición machista onde as mulleres teríamos a función de estar ao servizo sexual dos homes. Se regulamentamos a prostitución, integrándoa na economía de mercado, estamos dicindo que é unha alternativa aceptable para as mulleres e, polo tanto, se é admisible,

Cinco millóns de euros ao día Segundo as cifras oficiais, a prostitución move arredor de 5 millóns de euros ao día só no conxunto do estado, cifras que case con toda seguridade son moito maiores tendo en conta a invisibilidade que caracteriza a prostitución. Só en 2016, os datos falaban da identificación de case 14.000 vítimas, o que suporía unha terceira parte de mulleres captadas por redes ou organizacións. Estas cifras do horror afectan no mundo a millóns de persoas, maioritariamente mulleres, nenas e nenos que viven en contextos de falta de oportunidades e de pobreza, pasando a formar parte dun comercio que, a escala mundial, acaba establecendo unha perversa relación entre os países pobres como proveedores de corpos e os ricos como consumidores dos mesmos, chegando a incidir literalmente no PIB dun estado a través do turismo sexual e actividades de ocio sexual.

non sería preciso erradicar as causas nin ás condicións sociais que posibilitan e determinan que as mulleres sexan prostituídas. A través deste proceso, reforzaríase a normalización da prostitución como unha «opción para as pobres». A prostitución é un xeito de explotación que debe ser abolida e non unha profesión que hai que regulamentar. O que as persoas prostituídas teñen que soportar equivale ao

que noutros contextos correspondería á definición aceptada do abuso sexual e violación reiterada. O feito de que se pague unha cantidade de cartos pode transformar ese abuso nun «emprego», ao que se lle quere dar o nome de “traballo sexual”? converter aos prostituidores en clientes e aos proxenetas en empresarios? queremos regular para as demais, para as nosas fillas, irmás o que non queremos para nós? Por iso defendemos clara-


lúa a forza da MAREA

Unha gran mentira Unha década despois da súa fundación en Estados Unidos, soamente un tres por cento das persoas afiliadas á organización COYOTE (Call Of Your Old Tired Ethics) fundada por Margo St. James, eran prostitutas. Isto levou á fundadora a recoñecer que “un sindicato de prostitutas é, simplemente, imposible”. Pero en Europa houbo, e segue a haber, intentos. Por exemplo, a Unión Internacional de Traballadoras Sexuais do Reino Unido, que está aberto a calquera persoa relacionada coa industria do sexo. Isto inclúe aos proxenetas. Empezando polo propio representante da organización, Douglas Fox, moi vinculado á propiedade dunha das axencias mais grandes do Reino Unido de “escorts” (acompañantes), que non é máis que un eufemismo. Ao final, este tipo de organizacións, que se chaman sindicais, non son máis que un xeito de lexitimar un negocio que agocha a escravitude en pleno século XXI.

Os prostituidores son os nosos veciños Para erradicar a trata é necesario erradicar a “cultura” social na que, a través dos altofalantes mediáticos do libre mercado estanse condicionando conceptos de ocio e consumo onde o sexo tamén forma parte deses consumos, e os corpos das mulleres, da mercadoría. É preciso recoñecer o problema dentro dos nosos propios códigos culturais, asumindo a prostitución como explotación sexual, saíndo así da nosa voluntaria ignorancia colectiva e implicándonos no problema. A prostitución existe nas nosas rúas, xunto ás nosas casas, e os seus “clientes”, os prostituidores, son os nosos veciños. Debemos ser conscientes como sociedade da existencia deste sistema escravista aínda presente nos nosos días, non podemos considerarnos un “sistema certamente democrático” mentres consentimos e perpetuamos a explotación sexual das mulleres.

mente a postura do movemento abolicionista que busca ir á raíz dun problema que afecta aos dereitos humanos. Dereitos esenciais que están fóra de discusión: os de toda persoa a non ser abusada nin utilizada sexualmente, nin de forma gratuíta nin a cambio de ningunha compensación económica. De aí que o foco debamos dirixilo ás persoas que demandan, a “clientela”, os prostituidores. Porque sen demanda, a oferta desaparece.

Cambiar o destino das persoas que padecen a prostitución pasa por entender un sistema que incorpore a igualdade real

Cambiar o destino das persoas que padecen a prostitución pasa por entender un sistema económico xusto e sostible que incorpore a igualdade real a ambos sexos. Cambiar

o seu destino pasa por perseguir ás mafias e non favorecer a súa instalación no noso país con leis permisivas e con modelos económicos que permiten proxectos do estilo

É a demanda a que crea, favorece e consolida a existencia da trata A trata é un acto criminal e o xeito de combatila con efectividade debe contar con mecanismos coercitivos e punitivos, mais cando falamos da prostitución no seu conxunto, e dicir, a acción de venta e aluguer de corpos de mulleres para explotación sexual, é imprescindible ser conscientes do lugar que ocupa a demanda, xa que esta é o factor que, baixo a lóxica do mercado, crea, favorece e consolida a existencia da trata.

A criminalización dos clientes da prostitución funciona xa en países como Suecia, Noruega, Francia, Islandia, Canadá, Singapur, Sudáfrica, Corea do Sur ou Irlanda do Norde.

“Eurovegas” nas nosas cidades. Cambiar o seu destino pasa por transformar a mentalidade dos prostituidores e daqueles/as que os xustifican, non só con normativa disuasoria senón cunha educación que cambie a imaxe da muller como obxecto sexual. Cambiar o seu destino pasa porque os dereitos das mulleres deixen de ser dereitos de segunda.

15


Lúa nº 3  

Lúa. A forza da Marea. Publicación periódica do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Lúa nº 3  

Lúa. A forza da Marea. Publicación periódica do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Advertisement