Tríptico VI Semana de Teatro interior

Page 1

…unha forma de comunicarse, para achegarnos progresivamente as distintas manifestacións artísticas.

…un xogo, onde o importante é o proceso e non o resultado final, unindo o lúdico e o educativo

…unha aprendizaxe, de aspectos formativos fundamentais no desenvolvemento global dos nenos e nenas (expresión oral, creatividade, espontaneidade, traballo en equipo,…)

O teatro escolar entendémolo como…

Luns 11 de xuño

O mago das cores. Cuarto.

Un mundo sen cores é un mundo gris e triste. Grazas ao mago a vida da xente vaise converter en alegre e marabillosa, pero antes han pasar unhas cantas cousas ... Xa veredes!

O despiste do sol. Terceiro I.

O Señor Sol quedouse durmido e deixou o firmamento totalmente desarranxado. Terá isto unha explicación?

Martes 12 de xuño

Bruno e os seus amigos. Infantil 3 anos.

Bruno é un verme que non sabe o que é unha escola.

A lenda de Robin Hood. Sexto.

En Nottingham, o malvado sheriff e o rei Xoan exprimen cos seus impostos á poboación. Menos mal que aí está Robin Hood, para quitarlles aos ricos e dárllelo aos pobres e para facer que o rei Xoan e o malvado sheriff paguen polas súas fechorías.

Xoves 14 de xuño

No circo. Infantil 4-5 anos.

Un circo especial chega ao cole. Benvido! Preséntanse uns personaxes moi divertidos.

A escola de Ceboliño. Quinto.

Unha mestra e unha escola moi especial. Dous alumnos. ¿Que dicir?

O despiste do sol. Terceiro II

O Señor Sol quedouse durmido e deixou o firmamento totalmente desarranxado. Terá isto unha explicación?

Venres 15 de xuño

A liorta das cores. Primeiro.

As diferentes cores teñen unha liorta para decidir cal é a cor máis fermosa do mundo. Finalmente o xuíz intercede e conclúen que xuntas poden facer cousas marabillosas: un fermoso arco da vella...

O pardal que non quixo estudar. Segundo.

Pardalete é o protagonista da historia, na que o simpático paxariño abandonou o niño por non querer estudar. Pero ao final non estudar trae malas consecuencias e ...

Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) exerceu como xurista, político e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1921. Introduciuse no mundo da literatura por medio do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Este último presentoulle a Castelao, que influiría de forma relevante na súa obra. Canto á súa actividade política, pasou a formar parte do movemento galeguista e en 1919 participou na II Asamblea Nacionalista. Foi presidente do Grupo Autonomista Gallego (1930) e militante e secretario, desde 1934, do Partido Galeguista. Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e participou na redación do Estatuto de Galicia (1936). Xa na época da Restauración Borbónica fixo parte da Xunta Democrática, da Comisión dos 10 e da Plataforma de Organizaciones Democráticas. Asimesmo, foi senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes (1977-1978). Grazas ao seu labor como xurista axudou, durante a Guerra Civil Española a moitos galeguistas a fuxir e defendeunos das penas que se lles imputaban. Foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e finalmente a Badaxoz. Foi detido varias veces debido aos seus artigos e á súa orientación política. A respecto da súa actividade xornalística, cómpre mencionar que foi director do xornal Galicia (1922-1926), colaborador da Gaceta de Galicia, publicou tamén artigos políticos en El Pueblo Gallego, ademais de no Faro de Vigo e no xornal La Noche. Alén disto, foi director da revista Industrias Pesqueras (1942). Foi colaborador en O Ensino, Grial e Outeiro elaborando artigos literarios, nomeadamente sobre Castelao. Tamén redixiu artigos de carácter económico e político en El País, La Vanguardia e en Industrias Conserveras. Foi un dos principais promotores e logo vicepresidente do grupo industrial Pescanova. Exerceu tamén como técnico da FAO. Debido a isto publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954). Cómpre destacar o seu papel de escritor polifacético pois escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros. Porén, non só se dedicou ao ensaio, pois Valentín Paz-Andrade formou parte, asemade, da Xeración poética de 1925 onde observamos unha importante orientación patriótica. Algunhas das súas obras poéticas son Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). Tamén fixo algunha incursión pola narrativa coa obra inédita Soldado da morte (1921). Como consecuencia de todo o seu labor, tanto xornalístico como literario foi galardoado en númerosas ocasións: en 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986), entre outros. Fonte: Web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.