Page 1


VIAXE A MADRID 3 e 4º ESO (CURSO 2011/12)

Participantes: 22 alumnos/as. Acompañantes: Patricia Fernández. Jesús Hurtado. Destino: Madrid. Datas: martes 5 de xuño e mércores 6 de xuño.


INFORMACIÓN XERAL AVISO IMPORTANTE SOBRE ASEGURIDADE NO VOO : Para poder retirar o billete electrónico e pasar a porta de embarque compre presentar o billete ou tarjeta embarque xunto co DNI ou pasaporte vixente. Non leve paquetes con contido sin identificar en nome doutras persoas. Se alguen lle pide que o faga poñase en contacto inmediatamente coa policía aeroportuaria ou co personal de seguridade do aeroporto. Depositar todo os obxectos métalicos ( cinturóns, reloxios, xoias, aneis….) para facilitar a súa comprobación nas bandexas destinadas a tal fin. Tanto as xoias asi como as moedas, reloxios e outros obxetos metálicos e necesario poñelos nas bandexas a disposición dos pasaxeiros para pasalos polos raios X antes de pasar polo detector de metais. Tamén os obxetos electrónicos (ordenadores portatiles, teléfonos móbiles, Mp3, cámaras de vídeo ou fotos,….etc,etc,….) deberan pasar os controis de seguridade, e necesario polo tanto poñelos tamen nas bandexas a destinadas a tal efecto e que se atopan a disposición dos pasaxeiros para pasalos polos raios X. O persoal de seguridade revisará se o cree convinte de maneira aleatoria logo de pasar as anteriormente mencionadas medidas de seguridade así mesmo e da mesma maneira poden efectuar cacheos aleatorios. Utilice calzado que poida quitarse con certa facilidade e non conteña partes metálicas.


Artígos perigrosos Por razóns de seguridade, está prohibido transportar nos avións obxectos como tesoiras, coitelos e toda clase de elementos punzantes. Estes obxectos deberán ser facturados na equipaxe, nunca levalos nos vultos de man. Así mesmo os pasaxeiros non poderán levar nin consigo, nin como equipaxe de man, nin como equipaxe facturada, artigos considerados pola normativa internacional como mercancías perigosas.

Os líquidos deben levar en envases individuais e cun máximo de 100 ml. cada un. Que se consideran líquidos, de acordo con esta nova normativa: ou Champú ou Cremas ou Xel de pelo, lacas ou Lociones, aceites ou Pasta de dentes ou Desodorizantes líquidos ou en spray ou Perfumes ou Cosméticos ( máscaras de pestanas, barras de beizos) ou Augas e outras bebidas, sopas, almíbares, jarabes ou Calquera outro obxecto de consistencia similar Todos os líquidos deben transportarse en bolsas de plástico transparente con peche adhesivo ou tipo cremallera de non máis dun litro de capacidade e que non exceda de 20 x 20 cm. Todos os artigos deben caber na bolsa e esta deberá ir completamente pechada. Na zona de seguridade do aeroporto, a bolsa de plástico debe sacarse da equipaxe de man para que poida introducirse individualmente no control de Raios X.


Recomendacións sobre o voo: - Chegar o aeroporto cunha 1 hora e 15 minutos de antelación. - Comprobar que o DNI non se atopa caducado. - Poñer o maximo de cousas na maleta a facturar.

SOBRE A EQUIPAXE DE MAN: Na clase turista non debe de sobrepasar determinadas medidas de peso e tamaño, que varían segundo as aerolíneas, pero en easyJet son 20kg peso máximo e cunhas medidas de 56x45x25 cm máximo ( o que ven sendo unha pequena bolsa de man u unha maleta Roller pequena). Están totalmente prohibidos na equipaxe de man os seguintes artigos: Tesouras Navallas Ou calquer outro obxeto punzante ou cortante Todolos obxetos de maquillaxe ou colonias non poderan exceder os 100ml. Todos estes deberan ir metidos nunha bolsa de plástico transparente para poder ser revisados pola autoridade competente se fose preciso.


INFORMACIÓN XERAL DO VOO: - Martes 5 de xuño ás 8:40 hs: Saída aeroporto de Alvedro (A Coruña) no voo de easyJet: U27712 Chegada o aeroporto de Madrid-Barajas ás 9:55 hs.

Importante: Os alumnos/as serán levados polos seus pais ao aeroporto de Alvedro 1 hora e 15 minutos antes da saída do voo.


PROGRAMA XERAL DE ACTIVIDADES PROPOSTAS: - Visita o Museo del Prado. - Asistencia o musical “El rey León”. - Visita Madrid a pé “De Madrid al Cielo”. - Realización de percorridos de interese turístico: Gran vía, Arco de Cuchilleros, Mercado de San Miguel, A Latina, Teatro Real. - Museo del Prado Visitaremos este museo un dos máis importantes do mundo (Paseo del Prado, s/n. 28014): Percorrido cun guía especializado para aproveitar ao máximo o descubrimento das diversas pinturas presentes nun dos máis importantes museos do mundo de pintura española. O itinerario seleccionado para esta visita dinamizada é Visiones del cuerpo: A percepción dun mesmo e do outro é tan cambiante como os tempos. Para descubrilo, este itinerario propón un percorrido pola representación do corpo: desde os cálculos


matemáticos sobre as proporcións ideais ata a reflexión sobre a noción de beleza e a súa variabilidade ao longo da historia, sen esquecer como a pintura reflexa a capacidade expresiva do corpo para transmitir emocións.


- Musical El Rey León: Asistiremos a este magnífico musical no teatro Lope de Vega (Calle Gran Vía, 57 28013). Co seu sorprendente e colorida posta en escena, EL REY LEÓN transporta ao espectador ao exotismo africano, con evocadoras músicas, constituíndo un novo fito no mundo do espectáculo, un punto de inflexión no deseño artístico, e en xeral, no xénero musical, que a ninguén deixa indiferente. Un xenial equipo creativo para un musical inesquecible.


- Visita Madrid a pĂŠ: Plaza de Oriente, exterior de la catedral de la Almudena e Palacio Real, Plaza de Ramales, Viaducto, Moreria, Nuncio, Sacramento, Plaza de la Villa, Calle Mayor, Plaza Mayor e Puerta del Sol.


- Outros percorridos de interese turístico: Gran Vía, Arco de Cuchilleros, Mercado de San Miguel, A Latina, Teatro Real….


I

REGRESO A CORUÑA Mércores 6 de xuño ás 16:40 hrs: - Saída dende o aeroporto de Madrid – Barajas. - Chegada a aeroporto de Alvedro (A Coruña) ás 18:00 hs

Importante: Os alumnos/as serán recollidos polos seus pais no aeroporto de Alvedro (A Coruña).

Programa da viaxe a Madrid  

Programa da viaxe a Madrid do alumnado de Música do CPI de Xanceda

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you