Na escola 2011 envés

Page 1

SEMANA DO 11 AO 12 DE MARZO DE 2011

CPI de Xanceda e Escolas

LOCAL

As escolas

A nosa escola é moi bonita e grande. Temos dúas aulas moi grandes. Nunha aula é onde traballamos, onde aprendemos moitas cousas, onde cantamos Mesía e tamén xogamos. Na outra aula facemos psicomotricidade e temos clase de inglés. Na escola temos un pequeño parque infantil con tobogán e columpios onde o pasamos moi ben e unha explanada grande para correr.

Visantoña

O TEMPO

Olas

A nosa escola é grande e bonita. Está moi adornada. O que máis nos gusta é xogar na area, nos bambans, cos patines, a papás e mamás e os médicos. Cando fai mal tempo xogamos nos ordenadores, na pizarra dixital e lemos ou contamos contos, témolos preciosos!. Tamén traballamos, eh!

A nosa escola e moi, moi grande; fai tempo había moitos alumnos e alumnas, agora somos 11 nenos e nenas. Temos moitas aulas (aula de música con moitos instrumentos, aula de inglés, aula de plástica), un pasillo moi longo que decoramos cos nosos traballos, biblioteca con moitos libros, ximnasio e un patio grande con area e xogos. A nosa aula e moi bonita e luminosa, nela traballamos, cantamos, pintamos, xogamos cos ordenadores.... e o pasamos moi ben.

Cuarto

O alumnado de cuarto decidimos facer un traballo de investigación para realizar o apartado do tempo do xornal do noso cole. Para elo apoiámonos nos coñecementos aprendidos o ano pasado grazas a entrevista realizada a D. Manuel, o meteorólogo do CPI de Xanceda. Consistiu en recoller datos da temperatura e do estado do ceo ao longo do outono, é dicir, dende o 21 de setembro ata o 21 de decembro. Posteriormente representámolo en dúas gráficas, unha liñal, que representa a temperatura, e outra de barras, do estado do ceo. Na gráfica liñal, as descontinuas son días que non houbo cole, e por tanto, non recollemos datos. Esperamos que o resultado vos pareza tan interesante coma a nós.

HUMOR

Quinto

PASATEMPOS C A E Z

O R

M B A U

O T

R A V Z

C I R A M A

V P

H I

D C A N

T O

I Y R C

C A

I K

A Q

O D R L

D R M U

E A T L

S I

A N

A A

R B

I A

I S

A A Z A E M A O B A Z N P A R T S A R R A T I U Atopa nesta sopa de letras de instrumentos musicais.

Por qué os elefantes teñen trompa? Porque lles sae das narices.

ANUNCIOS POR PALABRAS

M B A F

Segundo

1. Espazo grande e equipado de colchonetas, serve para facer educación física. 2. Aula grande que ten un palco e intrumentos musicais. 3. Espazo moi grande cuberto no que se pode xogar, patinar… 4. Aula grande no que non se pode falar, ten moitos libros, contos e hai moitos ordenadores. 5. Xoguetes grandes con area no chan para xogar os nenos e as nenas. 6. Espazo grande que serve para comer nel. 7. Espazo onde os mozos e mozas de secundaria poden vender comida.

X N M S G 8 nomes

Primeiro

Quero que veñan nenos e nenas para durmir a miña casa e xogar. Teño moitos xoguetes de cores. Hugo. Quero facer novos amigos, vivo en Abellá. Lara.

Quero facer máis amigos. Poderemos cear xuntos, divertirémonos. Stela. Búscanse novos amigos para xogar a pilla, escondite e ao balón. Alberto. Albixoi.

Necesito uns axudantes que me busquen pedras. E eu vou facer esculturas coas pedras, vou pintalas de cores (vermello, amarelo, rosa, marrón, verde…) Vounas dar gratis. Anxo.

Quero invitar a moitos amigos a miña casa porque si escollo a moitos amigos non caben nunha soa casa. Teño moitos xoguetes, teño moitos bonecos. Na habitación da miña irmá tamén hai xoguetes. Paula.

Quero ter novos amigos. A min gústame xogar ao balón. Raúl.

Quero mercar peluches e quero facer amigos. Lucía.

Vendo pelotas a cinco euros. Se compras dúas pelotas son sete euros. Son Sergio.

Quero facer máis amigos. Os que queiran divertirse que chamen a Daniel.

Vendo pasteis moi ricos. Fágoos na miña casa. Son moi baratos. Bruno.

Vendo peluches de todos os tamaños e cores. Samuel. Bascoi.

Invito amigos á miña casa. Regala peluches de cores para nenos e nenas. Zaida.

Cambio unha corda de saltar por unha Barbie sirea. Belén.

Quero ter novos amigos que lles guste xogar ao escondite, a pilla-pilla e cas bonecas. Alba.

Como a miña mamá chega moi tarde de traballar quería invitar a unha persoa para limpar a casa. Noelia.

Necesito axudantes para regalar peluches de todas as cores a nenos e nenas que non teñen xoguetes. Nuria.

Inaugúrase un posto de limoada o próximo mes de abril en Abellá. Necesito axudantes para facer limoada. Manuel.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.