Page 1

VI Semana Teatro Escolar

Luns 11 de xuño O mago das cores. Cuarto. Un mundo sen cores é un mundo gris e triste. Grazas ao mago a vida da xente vaise converter en alegre e marabillosa, pero antes han pasar unhas cantas cousas ... Xa veredes!

O despiste do sol. Terceiro I. O Señor Sol quedouse durmido e deixou o firmamento totalmente desarranxado. Terá isto unha explicación?

Martes 12 de xuño A liorta das cores. Primeiro. As diferentes cores teñen unha liorta para decidir cal é a cor máis fermosa do mundo. Finalmente o xuíz intercede e conclúen que xuntas poden facer cousas marabillosas: un fermoso arco da vella...

O pardal que non quixo estudar. Segundo. Pardalete é o protagonista da historia, na que o simpático paxariño abandonou o niño por non querer estudar. Pero ao final non estudar trae malas consecuencias e ...

Xoves 14 de xuño No circo. Infantil 4-5 anos. Un circo especial chega ao cole. Benvido! Preséntanse uns personaxes moi divertidos.

O despiste do sol. Terceiro II O Señor Sol quedouse durmido e deixou o firmamento totalmente desarranxado. Terá isto unha explicación?

Bruno e os seus amigos. Infantil 3 anos. Bruno é un verme que non sabe o que é unha escola.

Venres 15 de xuño A escola de Ceboliño. Quinto. Unha mestra e unha escola moi especial. Dous alumnos. ¿Que dicir?

A lenda de Robin Hood. Sexto. En Nottingham, o malvado sheriff e o rei Xoan exprimen cos seus impostos á poboación. Menos mal que aí está Robin Hood, para quitarlles aos ricos e dárllelo aos pobres e para facer que o rei Xoan e o malvado sheriff paguen polas súas fechorías.

Pódense ver as anteriores edicións na web do centro: edu.xunta.es/centros/cpidexanceda

11, 12, 14 e 15 de xuño de 2012 13:30

Cartel VI Semana de Teatro  

Cartel da VI Semana de Teatro 2012 do CPI de Xanceda.

Advertisement