Canzine 2017

Page 1


2

Festival de Cans | maio 2017

Coordinación: Diego Giráldez / Manrique Fernández. | Maquetación: Manrique Fernández. | Colaboran: Miriam e Sonia Albert-Sobrino (Also Sisters), Rosa Bernárdez, Isaac Campos, Nacho Castaño, Ana Cermeño, Xurxo Chapela, Belén Constenla, Óscar D’Aniello (Delafé), Xosé Díaz Ramallosa, Marifé García Bouzó, Xosé Manuel López Outes, Carlos Meixide, A. Pedreira, Noel Queipo, Rubén Sánchez Triviño, Suso de Toro, Luís Torres, Sonia Valverde. Grazas a todos os anunciantes que facedes posible este xornal en papel. Edita: Asociación Cultural Arela | Publicidade: Arela | Ilustración de portada: Rei Zentolo | Dep. Legal: VG 424-2011 | festivaldecans.com.


Festival de Cans | maio 2017

N

on. Non se trata do vello xogo de atopar as sete diferencias entre estas dúas imaxes. Trátase, simplemente, de contar unha historia que ten que ver co cartaz oficial e o merchandising deste ano. Pero abofé que diferencias non hai moitas entre as imaxes que acompañan este texto. A superior é de fai xa algúns anos. Corría o ano 2007, que dirían os clásicos, e un cuarteto de aguerridos mozos cruzaba a estrada camiño da casa de Suso Carreira para instalar na súa fachada un enorme can amarelo de tres metros de altura. Era o 1 de maio e, deste xeito, encetábanse unha tradición que xa se converteu nas “vésperas” do festival. Como en Cans todo é distinto, non hai foguetes de sete estralos que avisen da chegada da festa, senón un enorme can amarelo que, silandeiro, invade cada recanto da vila e vai chamando polos demais cans... Foi o caso que alguén que pasaba por alí quixo inmortalizar o momento tirando a fotografía. E velaí que tantos anos despois, aquela imaxe de traballo mancomunado, de esforzo e de entrega a un soño representado por un enorme can amarelo, foi a fonte de inspiración do cartaz do festival de cine máis peculiar do mundo. Entre unha imaxe e a outra, malia o que poida parecer, non existe ningunha diferencia: mantense a mesma ilusión, o mesmo esforzo común e as mesmas ganas de turrar por un proxecto que situou a Cans no mapa da cultura dentro e fóra de Galicia. E todo grazas a tantas persoas anónimas que, ano tras ano, poñen en pé un enorme can amarelo, sacan á rúa chimpíns adobiados, proxectan curtas en galpóns sentando á xente en tablóns, e converten a súa vila no centro do mundo por uns días...

As sete diferencias...

3


4

Festival de Cans | maio 2017

Ana Cermeño é un referente do audiovisual galego. Guionista e directora de programación da TVG durante 22 anos, conta no seu haber cos textos dalgunhas das series máis populares da canle autonómica. O ano pasado foi membro do xurado de curtas e pedímoslle que nos falase da súa

Ana Cermeño (guionista)

A

quelas tardes de sábado e inverno sabían a cine. Meu pai, para durmir tranquilo a sesta, dáballe uns pesos ós meus irmáns maiores e obrigábaos a levarme con eles á película das tres e media da tarde do cine Niza. Íamos a esa sala porque, unha vez que meu pai facía o James Sttewart desde a ventá indiscreta do salón para vixiar se cruzaban a rúa comigo da man, o camiño ata a billeteira era todo pola mesma beirarrúa. E cargar cunha mocosa revoltosa de 4 anos a outros cines máis lonxe da casa era una temeridade. Era fascinante velo todo nunha pantalla tan grande; e ademais as películas tiñan cores… A pantalla do Niza espertou en min emocións que non coñecía con El planeta de los Simios, Oliver Twist, 2001 Odisea del espacio ou Las chicas del tren. Con elas descubrín tódolos sentimentos antes de sentilos nas tripas. Cando regresaba á casa, meu pai preguntábame de que ía a película, e nunca llo sabía explicar, quería que entendese o que sentira porque aquilo era un mundo novo para min, pero non tiña as palabras. E da impotencia acababa chorando. Ós 5 anos e por pura necesidade –quizais a de darlle un mellor espertar da sesta ó meu paixa sabía contar algo do que acontecía. E ós 6, ás miñas historias engadíalles diálogos dos protagonistas que interpretaba imitando voces, e intentaba manter, o que entendía que debía se-lo suspense. E así, nalgunha tarde de choiva e sábado, naceu a miña entrega incondicional a todo o que podía acontecer nunha pantalla. E a pantalla devolveume moito máis. Como recompensa facilitoume un xeito case honrado de paga-lo alugueiro, as nécoras e as botellas de licor café. E como extra DVD, levoume ata o Festival de Cans. O Festival de Cans só se pode sentir. Cans é de carne e óso. E de pel. Cunha alma asombrosa. Intento, agora que vivo en Madrid, transmiti-la miña paixón con esta cita co Agroglamour e as palabras, coma a auga, escorren entre os meus dedos. A impotencia é igual ca cando intentaba explicarlle ó meu pai o que sentira coa película. Pero agora choro máis forte. Podo nomea-las curtas, documentais ou concertos que descubrín en Cans, pero son incapaz de contar con palabras o que sinto cando respiro torreiro e aldea. É o olor do sorriso.

En chimpín con Cermeño

O

s meus festivais de Cans comezan o venres nun tren de buligo e rematan o domingo nun colchón, escasamente mol, de paracetamol e rennie: a vía de volta é un bambán que te (a)canea as meninxes; a viaxe, tempo estragado porque ata doe

experiencia e da súa visión do festival. Este foi o resultado. Disfrutádeo.

Alfonso Pato, o home que cre nos soños, fíxonos crer no festival. E atrapounos na vida e na aldea. Cans é a aldea de tódolos que somos audiovisual galego, e por iso sempre volvemos ó seu Festival. O outro nadal, o que reúne humor e enxeño, que son lazos tan fortes como o do sangue. É o día de Reis para os novos creadores galegos, no que as súas curtametraxes e videoclips vestidos de nervios disparan ilusión. E os veteranos rendémonos ante o talento. Non queda outra. Eu teño a teoría de que quen exhibe a súa obra no Festival de Cans triunfa. A ver, cientificamente non está comprobado, pero as dúas películas que producimos en La Competencia e presentamos en Cans: A Cambio de Nada no 2015 e Psiconautas: Los niños olvidados en 2016, levaron Goya. Recordo como me tremían as mans amarrada á película A Cambio de Nada, de Dani Guzmán. O produtor César Rodríguez, Dani e mais eu voabamos desde Madrid para presentala en Cans. César, cando desde o avión vímo-la ría de Vigo, agarrou a miña man: “Esto es más importante para ti que si ganáramos un Goya”. Estremecinme: “Sí, mi capitán. Quiero verte con el Goya en tus manos para que llegues a sentir lo mismo”. E cumpriuse. Meses despois, César co Goya nas mans díxome: “Ya sé lo que sentías. Ya lo sé”. Estou pensando que igual podo dicir que si, que está comprobado cientificamente que leva-la túa produción a Cans é sinónimo de triunfo. O máis entrañable do festival é a emoción de ver cómo nace a creatividade en tódolos ámbitos. Nuns alpendres e adegas afeitos a senti-los primeiros latexos de pitiños ou viños, os días do festival non son diferentes, as galiñas, o millo e as uvas empréstanno-las súas casas e eses espazos ven nacer criaturas audiovisuais. As súas paredes seguen a acolle-los tímidos latexos de galegos con ganas de escachala súa casca e amosárno-las súas creacións. Alí sempre se respira vida. Cans rompe coas estatísticas de natalidade. Os galpóns, adegas, hórreos, leiras e chimpíns palpitan todo o ano. Os meus soños infantís apagáronse o día que un

incendio devastou o Cine Niza de Vigo; ese día aprendín o que era a nostalxia. Agora, tras 13 anos de aventuras, romances, debuxos animados, ciencia ficción e intrigas de tódolos xéneros no Festival, un “defecto de forma” quixo apaga-lo proxector de Cans. Agora que xa recuperei as fantasías e aprendín a ser bombeira da vida para que as lapas non devoren os meus fotogramas. Agora que as emocións e sentimentos traspasaron a pantalla sei que o que sinto é carraxe. Ninguén ten poder para frea-lo enxeño; nin forza para evapora-los recordos que nos empurran a seguir alimentando este soño. É un festival levantado sobre a imaxinación. Construído coas mans e a intelixencia dun pobo de ilusionistas, e iso, “querida-Administración-de-mis-entretelas”, é imparable. A historia do cine rexistra centos de cambadelas a ilusionistas como Hitchcock, John Huston ou Tarantino, grandes ós que ninguén lles conseguiu para-los seus latexos. E o Festival de Cans é inmenso. Non, non será vostede, señora administración, quen me faga sentir nostalxia de Cans. Que a nostalxia é moi puñeteira e eu son sensible. Nunca saberei contarlle ó meu pai -unha vez que esperte da sesta- a superprodución en Tecnicolor que alí vivimos ano tras ano. Pero el, a quen lle debo tanto na vida como no cine, hai anos que aprendeu a ler no brillo dos meus ollos de que van as películas. E cada vez que regreso do Festival, mirándome di: “Cans latexa”.

Xurxo Chapela (xornalista e escritor)

pasar follas no kindle. Resacón con gusto non pica se empeza cun ruído miúdo, na zona escura dun cabaz onde caben tres ananos pero entran dous músicos ben medrados, unha ducia de espectadores que pestanexan pampos en quendas fugaces,

dous ventiladores de cores, un maquinillo casio, un proxector, un megáfono, unha guitarra (creo), un final que sempre é un mal final na voz do Coyote, aínda que eu acore seguro de que non pode haber mellor comezo: pura canastro experience.

Logo queda moito Torreiro: moito Sesi estando sen estar (ocupado todo o tempo en nunca sei moi ben que traballos de Cans perdidos), un pouco de Manu e Nieves, Josele (enfociñado) e Novoa (ou Elio e Tony Lomba desencadeado, ou os Poetarras

cacarexando, bravos, no Galiñeiro). Este ano farei dedo a ver se me para o chimpín de Ana Cermeño.


Festival de Cans | maio 2017

5


6

Festival de Cans | maio 2017

as curtas

Dascurtas Luisa Romeo, produtora. Mara Torres, xornalista e escritora. José Antonio Quirós, director. Sonia Castelo, actriz. Diana Toucedo, directora. Alfonso Zarauza, guionista. César Goldi, actor.

√ FICCIÓN

CASTRATI

POSTALES

Dosveciños Jesusa Fortes [Susa do Barbado] Milagros Ramilo [Milagros de Ramilo] María Rodríguez Campos [Maruja da Capilla] Ramón Areal Quintas [Moncho de Perucho] Sandra Carballo.

Elenco: Ada Estiarte, Carlus

faino en soños... É real?

Fàbrega, Montse Morillo.

Xénero: Ciencia ficción.

Vai de: Olivia e Héctor pasan por

O detalle: Rodada no antigo poblado

unha crise cando a filla desaparece.

mineiro do Fontao.

THE TRIP

Xénero: Drama O detalle: Carlos Alonso Ojea levou o 2017 | 3' | Español 2016 | 12' | Español

Dirección: Edu Lavandeira.

Dirección: P. Santidrián e I. Pintor.

Elenco: Chela Santalla, D.Perdomo.

LA MADRINA 2016 | 4' | Español

premio ao mellor guión en 2014.

Dirección: Eva Alonso. Elenco: Tiago Rodríguez, Chus Álvarez.

VOLANT

Elenco: Nadia De Santiago,

Vai de: E se o amor da túa vida fose

Vai de: Dúas viaxes emocionais cos

Fernando Guallar.

un castrati?

malos tratos como telón de fondo.

Vai de: Ainhoa e Jon coñécense

Xénero: Comedia.

2017 | 9' | Español

Xénero: Drama

nunha illa deserta. Os dous deixaron

O detalle: Estrea absoluta. Edu

Dirección: Pedro Sancho.

O detalle: Primeira curta da directo-

en pausa as súas vidas para fuxir.

Lavandeira xa competiu no festival.

Elenco: Sheyla Fariña, Arantxa

ra, forxada no mundo do teatro.

Xénero: Drama, romance. O detalle: A curta vén de ser selec-

EMPTY

cionada en numerosos festivais. EINSTEIN-ROSEN

2016 | 17' | Español

Aranguren, Raquel Guerrero.

Dirección e guión: Raquel Pérez.

Vai de: Ás veces, a madriña non só

Elenco: Manuela Varela, Mónica

elixe a cor das flores na voda...

Pérez.

Xénero: Comedia.

Vai de: Unha muller cuestiona quen

O detalle: Pedro Sancho está por

nos colle as mans no noso camiño…

segunda vez na competición de

Xénero: Aventura - Comedia

Cans. Estrea en Galicia.

2016 | 5' | Galego

O detalle: Curta ideada para o cer-

Dirección: Beatriz Vilariño González.

tame Doble-Rol, no que un actor ou

Elenco: Greta Fernández.

actriz ten que facer varios papeis.

2016 | 9' | Español

Vai de: Unha rapaza aparece nun

Dirección e guión: Olga Osorio.

lugar baleiro e abstracto...

Elenco: Teo Galiñanes, Óscar

Xénero: Experimental

2016 | 16' | Galego I SEE YOU EVERYWHERE

Dirección e guión: Sara Traba. Elenco: Pilar Pereira, David Gundín, Amada Traba, Rubia.

Vai de: Señora e Vaca son amigas.

AREA

Vaca é vella e xa non da leite.

Xénero: Drama fantástico

Galiñanes, Xúlio Abonjo.

Vai de: Verán do 82. Teo di que

AS VACAS DE WISCONSIN

2016 | 4' | Español

O detalle: Curta finalista nos pre-

topou un burato de verme. Óscar

Dirección e guión: Rubén Méndez

mios Mestre Mateo.

non o cre… de momento.

Elenco: Oscar Doviso, Beatriz Cid.

AAVA

Xénero: Ciencia Ficción, comedia.

2017 | 11' | Galego

Vai de: Un home solitario obsesióna-

O detalle: Finalista nos Mestre

Dirección: Anxos Fazáns.

se cunha canción...

Elenco: Tamar Novas, Nerea

Xénero: Thriller psicolóxico.

2016 | 6' | Finlandés

Barros, Maria Roja.

Detalle: Ollo á lograda estética dos

Dirección: Andrea Zapata Girau.

Vai de: Máis alá dunha despedida,

anos 70.

Elenco: Silvia Eliana Aedo, Sonja

Area fala do proceso creativo dun

Linnea Halkin, Julia Amelia Girau.

escritor.

Vai de: Hanna reflexiona sobre as

Xénero: Drama romántico

Dirección e produción: Juan Rodiño

dificultades de conciliar a súa profe-

O detalle: A directora está a rodar o

Elenco: Carlos Álvarez, Ángel Sousa.

sión artística co coidado da súa filla.

filme A estación violenta.

Vai de: Runner é un tipo raro obse-

LOCALE

Xénero: Thriller de ciencia ficción

Mateo e curta galega máis premiada do ano. ÁREA DE DESCANSO

ALBORES

Xénero: Drama 2016 | 17' | Galego

O detalle: a curta viaxará a Cannes

Dirección e produción: Pablo Outón.

no Short Film Catalog.

2017 | 15' | Español

sionado co atletismo. 2017 | 16' | Galego

Elenco: César Aldea, Miro Magariños, Xavier Pan, Marta

LIEBRE

Dirección: Miguel Gómez Abad.

√ ANIMACIÓN

Elenco: Mateo Guerreiro Rodríguez,

PEQUEÑA SILENCIOSA

Doviro, Pedro Picos, Arturo Santos.

Adam Suárez Azogue.

Vai de: Un viaxante comercial con-

Vai de: Un rapaz reláxase nunha

duce pola autopista e decide parar

2017 | 18' | Galego

praia baleira cando algo acontece.

nunha área de descanso.

Dirección: Luis Solarat.

Algo, de primeiras, imposible.

Xénero: Cine Negro, road movie.

Elenco: Luis Taboada, Xoque

Xénero: Drama psicolóxico

Detalle: Última curta de ficción do

2017 | 17' | Español

Carvajal, Luisa Brea.

O detallle: Estrea en Galicia. Curta

artista plástico Pablo Outón.

Dirección: Carlos Alonso Ojea.

Vai de: John visita un estrano lugar,

sen diálogo pero moi intensa.

LAGO SABROSO

2016 | 3' | Español


Festival de Cans | maio 2017

Dirección: Borja Santomé.

sobre o machismo.

abandonada.

Xénero: Fantasía

Vai de: Historia incompleta e borro-

Xénero: Experimental

Xénero: Aventura

O detalle: Curta finalista nos premios Mestre Mateo

sa sobre o autor e a súa cidade.

O detalle: David Fidalgo, forxado na

O detalle: Primeira inclusión na ani-

O detalle: Borja Santomé é un dos

sección de animación do Festival de

mación do realizador Miguel Puime.

autores galegos de animación que

Cans, basea a súa curta nos diálo-

utiliza unha técnica máis arriscada.

gos dun programa televisivo.

SINCERAMENTE, YO YA NO

YOU ON ME

7

ACTIVIDADE CINEXÉTICA

DECORADO THE MAGIC OVEN 2016 | 1' | Galego

Dirección e produción: Daniel Viqueira Carballal

RAZONO

Vai de: A caza regula a conserva2016 | 11' | Español

ción das especies cinexéticas, o seu

2016 | 4' | Español

Dirección: Alberto Vázquez

aproveitamento sustentable e o

Dirección, produción, animación:

Vai de: O mundo é un maravilloso

control poboacional da fauna silves-

2016 | 3' | Español

Andrea Sánchez, Natalia Senra

esceario, pero ten un reparto deplo-

tre. Unha peza clave para que suce-

2017 | 11' | Español

Dirección e animación: Miguel

Sanmiguel, Sandra Varela Quiñoy

rable.

da isto é o ser humano

Dirección, produción e animación:

Puime.

Vai de: Rodolfo, un cociñero de

Xénero: Comedia, drama, fantasía.

Xénero: Wildlife Movie

David Fidalgo Omil

Vai de: Un androide fará o imposible

prestixio, garda un gran segredo

O detalle: Unha das curtas máis

O detalle: Segunda participación en

Vai de: Retrato irónico e crítico

por conseguir enerxía nunha cidade

dentro da súa cociña...

premiadas da animación en Galicia.

Cans do realizador Daniel Viqueira.

os clips Arrhythmia. Tan só notas. Álvaro López Barreiro.

xuradoDosclips Marta Gómez, xornalista musical. Judas Diz, director e guionista. Marta Larralde, actriz. Manu Viqueira, creador audiovisual.

Ánima. La arquitectura del hielo. Miguel Ángel Fernández Barri.

Avecrem. Bosnia y Herzegovina. Sara Iglesias.

Cintaadhesiva. O deserto. Jesús Tejada e Silvia Penas.

Dakidarría. Lume. Julián Maguna.

Escuchando elefantes. Volveré. Carlos Tajes e Sílvia Rábade.

Ezetaerre. Mao a mà. Juan Sebastián Pirola.

Guadi Galego. Vida. Carlos Lago “O Terser Home”.

Igloo. Restos de un naufragio. Fran X. Rodríguez.

IvyMoon. Hallucinogenic. Antón Varela.

Linda Guilala. Abstinencia. Javi Camino.

Malandrómeda Bótalle caldo. Manuel Caamagno.

MoonCresta. Sweet Innocence. Juan Martínez.

Oh! Ayatollah. Mi re la. Xaime Miranda e Antón Miranda

Selvática. Mi cuidad. Carlos MartínezPeñalver

Van Marban. Dutch girl. Gero Costas

Villanueva. Ella. Soledad Rebollo.

Sr. Anido& Sra. Álvarez. It came from outer space IV. Javi Álvarez

Wöyza. Pelea. Isaura Docampo.


8

Festival de Cans | maio 2017

Miguel de Lira, Premio Pedigree:

“O que realmente me fai ilusión é ter unha estrela no Torreiro” MANRIQUE FERNÁNDEZ.

– Vostede é un habitual de Cans: foi membro do xurado, recibíu o Chimpín de Prata e agora recibirá o Premio Pedigree. ¿Séntese coma se xogase na casa? – Síntome moi próximo á tropa inCANSable que organiza o festival máis xenuino do país. Empezei indo pola miña conta dende o primeiro ano porque me resultaba moi atractiva a proposta e xa me enganchei ao agroglamour. Comparto amizades e empatías con moita xente de Arela e co resto da xente de Cans. Disfruto sempre que vou... e vou sempre que podo... – ¿Que significa para vostede recibir a distinción máis importante dun festival coma o de Cans? – Sempre fun máis de palleiro que de pedigree pero agora resulta que o can de palleiro e unha raza autóctona con pedigree... Que me concedan o Pedigree de Cans faime sentir un actor de raza. Pero o que realmente me fai ilusión e ter unha estrela no Torreiro. Formar parte do firmamento de estrelas que están polo chán é como estar no ceo!!! – Entón ¿levará aos amigos ao Torreiro para presumir da súa estrela? – Sei que haberá muita xente amiga compartindo ese momento de gloria e non fai falta que os leve eu porque saben ben o camiño. Despois de 14 anos de Festival é moi raro que quede alguén alleo a Cans. – Vostede é membro dunha xeración que lle deu forma ao audiovisual galego tal como é. ¿Cre que chegou a hora de recoller os froitos?

– No oficio dos cómicos pasa igual que nos ciclos da terra e para colleitar hai que sementar. Sempre empezando con novos proxectos, castings, aventuras con dereito a fracaso e tamén éxitos e recoñecementos inesperados. A miña xeración, expresada dun xeito moi amplo, tivo a sorte de colleitar e visibilizar todo o sementado anteriormente. As raíces asentaron no teatro e agromaron no audiovisual. – Fixo moito cine e moito teatro, pero a popularidade chegoulle coa televisión no papel de Currás, en Mareas Vivas. ¿En que medio se atopa máis cómodo? – Cada vez están menos delimitadas as fronteiras entre o teatro e cine ou a tele-

visión. As linguaxes hibridan en novos formatos beben de todas as fontes. Por exemplo: nós en Chévere creamos un espectáculo de ficción teatral evocando a non ficción do cinema documental. E cando imos alén das nosas fronteiras representamos Eroski Paraíso en V.O., coma unha película. Hai medios máis populares e a televisión e indiscutible nese terreo. Cando algo conecta coa audiencia o efecto é masivo. Mareas Vivas é un exemplo. E a pegada de Currás ten que ver coa identificación e simpatía que desperta o realismo costumista dalgunhas personaxes. E con que casi todo o mundo neste país leva un furtivo dentro. – ¿En que anda metido agora? ¿Ten

algún proxecto entre mans? – Agora ando con varios frentes abertos. En teatro estamos deseñando a celebración dos 30 anos de Chévere. Para a ocasión, estamoss remontando 3 espectáculos dos máis míticos da compañía: Río Bravo, Annus Horribilis e O País dos Ananos. O mes de xullo será o mes 3.0. En audiovisul hai sementados proxectos a medio prazo que algúns picarán e outros non, coma os pementos de Padrón. A corto prazo estou curioso por ver Dhogs, unha longa na que participo, dirixida por Andrés Goteira de Meira e que está dando moito que falar. En fin, hai máis cousas... pero xa falaremos en Cans.

Grazas á veciñanza canina! Belén Constenla (actriz)

A

primeira vez que fun a Cans, xa hai anos, atopeime cunha revolución de ideas, ilusións, ánimo, valentía e entusiasmo dunha morea de xentes que loitaban polo Festival. Cada ano que volvo encóntrome exactamente co mesmo, e máis! A pesares de todolos atrancos e zancadillas... Os veciños, os artistiñas, as películas, as curtas, os jalpóns, a música, a festa,os encontros, os risos... Este ano pasado chamáronme para participar no xurado de curtas. Estaba pletórica, sempre quixen formar parte do jolgorio dalgún xeito, digamos, máis profesio-

nal, e qué vos vou contar! Que o nivel das curtas era magnífico, que foi un placer o visionado e que os meus compañeiros de deliberación eran do melloriño do mundo. Sentinme arroupada por Cans en todo momento e cada un deses momentos foi especial. Xuntouse o amor e o compromiso co cine coas boas xentes e a charangada. Comprobei unha vez máis que isto e moito mais ca un festival agroglamuroso cheo de cadelas e cans. É a ocasión de disfrutar e de dar a coñocer a talentosos contadores de historias con ima-

xes. Case todos os que teñen premio aquí son igualmente recoñecidos a nivel mundial, moitos tiveron aquí a sua primeira valoración para logo loitar en outros festivais e ante o público. O cine quere a Cans e Cans ten que ser cada vez mais apoiado dende calquera goberno que defenda a nosa cultura. Grazas a toda a organización, a tod@s @s que facedes posible esta aventura. Grazas á veciñanza canina!


Festival de Cans | maio 2017

Jorge Coira, chimpín de prata, “Premio Pepe Puime”:

“Cans é para min unha cita anual indispensable” MANRIQUE FERNÁNDEZ.

– Vostede é un dos incondicionais de Cans e xa participou como curtametraxista, como xurado, como orador, como colaborador... ¿Como se sente ao recibir unha distinción como o “Chimpín de prata”? – Pois supoño que sempre é unha honra recibir algo así, veña de onde veña, pero se como neste caso, vén dun festivais como o de Cans, que para min é unha cita anual indispensable e do que teño unha cantidade brutal de lembranzas tolas, cachondas, emocionantes, profundas... pois podes imaxinar o subidón que é. – Logo de tanto traballar no festival, o ano pasado acadou un Goya e un Mestre Mateo pola montaxe de “El desconocido”. ¿Será certo que Cans trae sorte? – Non sei se é sorte, ou é que Cans e o seu espírito agroglamuroso son un polo de atracción para xente interesante e con talento, porque se miras toda a xente que foi pasando por Cans e que, máis tarde, foron despuntando a nivel nacional e internacional, a lista é longa. – Revisando a súa filmografía é habitual atopalo colaborando con actores e técnicos que tamén están vinculados ao Festival. ¿Poderíamos falar dunha “Xeración Cans”? – Pois se cadra si. Supoño que a cousa é que dalgunha forma, sempre te vas rodeando de xente que ten intereses comúns contigo, que comparten unha certa mirada sobre o cine e sobre o traballo e, claro, se alguén é habitual de Cans... pois de inicio xa ten moi-

tas papeletas para non ser unha persoa moñas ou aburrida. E iso xa é un bo punto de partida. – Fixo curtametraxes, longametraxes, videocreación, documentais, videoclips, series e películas para a televisión... ¿En que terreo se sente máis cómodo? – No que me sinto máis eu mesmo é no das longametraxes. Pero ao mesmo tempo, teño unha necesidade imperiosa de cambiar de formato constantemente. Adoro a ficción, pero non aguantaría sen poder saltar ao documental con frecuencia. Adoro o formato de longametraxe, pero hai cousas coas que só podes xogar desde formatos seriados ou de pequenas pezas como videoclips, videocracións, etc. Se podemos nadar en augas diferentes, por que non lanzarse a todos cantos mares, ríos e mesmo piscinas poidamos descubrir? – Xa pasaron 7 anos dende a súa última película como director, “18 comidas”. ¿Cando volve á dirección? ¿Está a preparar algunha cousa? – Si, que lento son... O máis incrible é que estes anos pasaron a unha velocidade de vértigo e que están sendo uns anos apasionantes, divertidos e moi felices. Pero si, teño moitas ganas de facer outra longa. Para este ano aínda está verde o novo proxecto de longametraxe, pero espero que, para a próxima edición, esteamos listos para presentalo en Cans. E ata entón, seguiremos a saco con algún proxecto de serie co que levo soñando anos.

9


10

Festival de Cans | maio 2017

Feliciano Bernárdez, Xano, Chimpín de Prata:

“O festival é un gran evento, un orgullo para Cans e para todo O Porriño” ROSA BERNÁRDEZ.

– Que significa para ti este premio, Xano? – Paréceme ben. Faime moita ilusión recibir este premio do Festival de Cans á miña idade de 75 anos (que non son 77 como poñía no Faro). – Que sentes ti cando se aproximan as datas do Festival, cando vai avanzando maio? – Que teño que poñer o chimpín a punto: lavadiño, desinfectado e "curioso", todo adornadiño. Desexando que chegue o festival para disfrutar coa xente. A min gústame moito o ambiente que se respira. – De seguro que tes moitas anécdotas logo de tanto tempo conducindo o chimpín. Cal é a que recordas con máis cariño? – Fai uns anos (no 2009) unhas rapazas de Vigo quixeron facer unhas fotos comigo, unhas rapazas novas con un vello coma min, hehe... pero, elas quixeron, e logo mandáronme por correo unha copia das fotos e fíxome moita ilusión recibir esa carta certificada con esas fotos tan chulas. – A que xente famosa subiches ti ao teu chimpín? – Levei a Javier Gutierrez, María

Feliciano Bernárdez, Xano, o Chimpín de Prata deste ano, é o chimpineiro de maior idade do festival.

Castro, Morris, Ernesto Chao, Pedro Alonso... entre outros. – Que significa o Festival de Cans para a parroquia?

– Un gran evento que á maioría da xente de Cans gústanos moito, porque permítenos saír da rutina. É un orgullo para Cans e para todo O Porriño. Ademais per-

mite que Cans sexa coñecido, non só a nivel galego, senón a nivel nacional, porque esa semana salimos na tele en todas as cadenas.


Festival de Cans | maio 2017

11


12

Festival de Cans | maio 2017

Os imprescindibles: o xurado da casa Velaquí a representación dos veciños e veciñas de Cans que, este ano, exercerán de xurado das curtas. Á dereita da imaxe, María Rodríguez Campos, Maruja da Capilla, nacida no barrio da Pedreira, debaixo do Monte Castelo; ten 66 anos e é xubilada de Frigolouro, onde traballou toda a vida. Ao seu carón está Jesusa Fortes, Susa do Barbado, de 74 anos, taberneira xubilada que estivo á fronte do histórico Bar Barbado, no barrio dos Eidos. A do centro é Milagros Ramilo, Milagros de Ramilo, de 73 anos, que traballou como ama de casa e foi tamén emigrante en Francia. Representa o barrio da Graña. O home é Ramón Areal Quintas, Moncho de Perucho, de 46 anos, carpinteiro de aluminio e do barrio da Buraca. E remata a imaxe Sandra Carballo, a máis nova do grupo, con só 24 anos, que traballa como auxiliar de enfermería e vive no barrio de Eidos. Como todos os anos, os veciños de Cans están dispostos a participar e a se divertir asistindo á proxección de curtas e dando o seu veredicto sobre o que ven. Ás veces coinciden cos profesionais, que se centran en cuestións máis técnicas, pero outras só se preocupan de disfrutar das curtametraxes e dar unha opinión decisiva para os directores a concurso, pois representan a opinión máis popular fronte ao seu traballo. E esa é unha opinión a ter moi en conta. O festival de Cans reforza desta maneira a implicación de toda a parroquia na organización do certame máis peculiar de cantos se celebran nesta terra. ¿Non si?


Festival de Cans | maio 2017

Mara Torres, membro do xurado:

“Teño moitas ganas de ver as curtas e de coñecer aos veciños” Mara Torres é un dos rostros máis amables dos informativos de TVE. Dirixe e presenta “La2 Noticias”, o máis galardoado dos programas de información da canle pública, ademais de ser unha escritora de éxito e unha amante do cinema. Este ano participa como xurado do certame de curtas e quixemos falar con ela antes de que viñese a Cans.

MANRIQUE FERNÁNDEZ

- Dende "La2 Noticias" houbo referencias ao Festival de Cans en varias ocasións, polo que presumimos que nos coñece ben. ¿Que espera atopar en Cans? ¿Vén preparada para divertirse? – Véñenme á cabeza algúns imprescindibles: 1.- Tratores. 2.Camisolas. 3.- Patio de butacas en caixas de cervexa. 4.- Música. Tamén teño moitas ganas de asistir á estrea de “A historia dun satélite”, das Also Sisters; e de ver as curtas a concurso e coñecer aos veciños. - Vostede presentou e moderou o programa “Cine con debate” na canle Cultural.es, de TVE. ¿Cal é a súa relación co mundo do cinema? ¿Vai alén do xornalismo? – Aquel programa gustábame moito, montabamos un debate arredor da película que acababamos de emitir

soñando que faciamos “La clave”. Abordamos temas como o medo, o humor, o flamenco, o sexo ou charlabamos sobre un documental de Camarón ou de Balenciaga con convidados distintos cada semana. Segundo che estou a responder á pregunta, estoume a namorar máis daquel programa... ¡Que raro é o tempo, que todo o prestixia! - Ademais de xornalista é vostede unha escritora de éxito con varios libro no seu haber. ¿Cal lle gustaría que fose levado ao cine? - Se che digo a verdade, que cha vou dicir, cando escribo penso nun lector, non nun espectador... Iso si, lembro que cando publiquei “La vida imaginaria” chamoume un director (¡potente, eh?) e díxome que quería facer a película, e eu flipei a cores. Despois o proxecto non se pechou, pero dá igual, púxenme tan contenta só de imaxinalo... No outono publicarei o meu cuarto libro (segunda novela). - O seu informativo é o máis premiado da historia da TVE. ¿Cal é o segredo? - Un equipo que cre no xornalismo e que disfruta co que fai. - ¿Cal debe ser, segundo o seu criterio, o papel dos medios públicos no panorama xornalístico actual? - Un medio público ten que ser a referencia perante calquera acontecemento de interese, pola súa independencia dos poderes políticos e económicos e polo seu rigor informativo e pluralidade. E non o digo por dicir nin falando por falar, é a nosa obriga e a nosa responsabilidade perante os cidadáns.

13

Xurado das curtametraxes Luisa Romeo. Produtora e so cia fundadora de Frida Films. Entre os últimos proxectos destaca María (y los demás), de Nely Reguera. Mara Torres. Xornalista, es critora, locutora e presentadora. Dirixiu o programa Cine con debate. José Antonio Quirós. Cine asta asturiano cunha ampla traxectoria na que dirixiu filmes como Pídele cuentas al rey. Sonia Castelo. Actriz. Traballou en series em blemáticas da TVG como Mareas vivas, Rías Baixas ou Fontealba. Diana Toucedo. Cineasta, montadora e docente. Traballa en dúas longametraxes: Puerto deseado e Trinta lumes. Alfonso Zarau za. Guionista e director de longametraxes como A noite que deixou de chover, Encallados e Os fenómenos. César Goldi. Actor. Un dos rostros máis coñecidos grazas a O Faro, Mareas vivas, Hospital Real...


14

Festival de Cans | maio 2017

Os guías dos camiños: o futuro de Cans Aleda o ánimo ver tanta alegría como desprende a imaxe que acompaña a este texto. Son os Guías dos Camiños de Cans, un grupo de voluntarios que serán os responsables de que ninguén se perda polas corredoiras da aldea. Eles teñen memorizado o lugar, pois viven nel, e servirán de guía a quen descoñeza onde é que se proxecta tal cinta ou onde se celebra tal cousa. Malia que non todos aparecen na fotografía, son un total de 30 nenos e nenas a partir dos oito anos. O elo máis novo da enorme cadea que son os voluntarios que traballan na organización do festival. Segundo vaian crecendo, irán asumindo outras responsabilidades máis adaptadas á súa idade e, antes de que nos deamos conta, serán eles os que tomen as rendas de todo o que se move no intramundo do Festival de Cans. Quedádevos coas súas caras sorrintes, pois non tardaredes en velos en novos cometidos. Eles son o futuro do Festival de Cans.

ba Fura d Ja o, 27 cán lpó s n d | 16 e A :00 lici h. a

Sá VOLVER ALLÍ (2016) Lucía Estévez | 14 min. Vai de: O regreso ao paraíso da infancia e os recunchos que a memoria gusta de explorar ata os límites do conflito, son a base deste traballo e dos elementos creativos polos que adoita transitar esta interesante creadora. O detalle: É a segunda vez que podemos ver en Cans o traballo de Lucía Estévez, unha creadora saída das últimas fornadas da Universidade de Vigo.

LEMBRANZA (2017) Al Díaz | 21 min. Vai de: Al Díaz indaga na increíble historia da súa familia itinerante, a partir duns vellos rolos de película en Super 8. Así fai un interesante exercicio de cinefilia co que vai tecendo unha historia que afonda no pasado da súa familia natural de Bóveda (Lugo). O detalle: O autor reside en Inglaterra e realizou este filme a partir dunha bolsa na residencia de artistas da Real Academia Española en Roma.

JET D´EAU (2017) Alejandro Pose | 12 min. Vai de: Jet D´Eau é un retrato de familia. Mais non un retrato amable, senón un retrato áspero e difícil sobre a emigración. O autor achégasedun xeito singular á historia da súa familia, ata que fai saír un jet d´eau, un potente chorro de auga por onde os recordos flúen a presión. O detalle: Moi interesante observar como a voz en off, adquire todo o peso da narración. Un off nada convencional.

FURACÁNS é unha nova sección que está composta por pezas feitas para “arrasar”, un soplo de aire novo que seguro que dará moito que falar. Unha sección que trata de darlle cabida á creadoras e creadores con xeitos de narrar afastados do convencional, que asumen riscos e tratan de experimentar. Case todos teñen en común que son creadoras e creadores moi novos, pero moi preocupados por utilizar a “memoria”, como materia prima audiovisual, ben sexa a súa propia memoria vital ou o seu interesante pasado familiar. FURACÁNS quere ser un espazo para espectadores que buscan acougo contemplando as imaxes, para espectadores exquisitos e mentes sensibles.

HOMES, (2016) Diana Toucedo | 12 min. Vai de: Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero... en que momento da nosa vida perde un a súa propia? Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai... manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas.

LAR (2107) Iria Silvosa e Aldara Pregue | 9 min. Vai de: Unha viaxe ao pasado a través das ruínas dunha casa. Dunha casa derrubada que agocha aínda vellos obxectos que un día formaron parte da vida cotía dunha familia. O detalle: Non perdas detalle de cómo o decadente, o derrubado, agocha case sempre unha enorme carga poética.


Festival de Cans | maio 2017

Miradas de Cans...

Un roteiro inspirado na novela Cans, de Carlos Meixide

CARLOS MEIXIDE

Debo recoñecer que malia ser incondicional do Festival de Cans dende a súa primeira edición, nunca lle prestei demasiada atención á súa paisaxe. De feito, cando me amosan fotos aéreas da aldea, non podo deixar de pensar que a autoestrada, a estrada de Ponteareas, a inmediatez do núcleo urbano do Porriño, ou outros elementos inopinados, semellan navalladas que cobren de cicatrices un rostro aparentemente harmonioso. Só a repercusión internacional do Festival e a alegría dos seus veciños e veciñas, conseguen cada día que ese rostro tan sufrido non perda a alegría en ningún momento. Porén, após o convite da xente de Arela para coñecer mellor o lugar na procura de localizacións para a miña novela de nome inevitable: Cans, levei unha agradable impresión. Non hai que afastarse demasiado do centro neurálxico do Festival para descubrir lugares dun interese paisaxístico ou patrimonial notable. Algúns deses lugares, evidentemente, son os que percorreremos atrás dos pasos de Roi, Anabel, Fátima, Suso e a Rula, os protagonistas da miña historia. Fervenzas espectaculares, muíños de pedra a carón do río, onde os rapaces rodan a súa curta con Luis Tosar, a casa na aldea do Confurco que inspirou a da familia de Xoel... son algúns dos lugares que visitaremos, do mesmo xeito que procuraremos as dúas entradas do famoso Túnel do Confurco, que agocha a aventura máis desacougante da nosa historia. Este túnel, construído a principios do século XX para unir Vigo co Balneario de Mondariz por camiño de ferro, acabou sendo abandonado, algúns

Unha experiencia caralluda

A

sistín a Cans con moita curiosidade hai xa moitos anos porque alí proxectábase unha película por primeira vez no Festival e eu participaba nela como actor, así que non só ía coñece-lo evento do que xa oíra falar senón que tamén podería visiona-lo meu traballo e o dos meus compañeiros. A autocrítica non me deixou gozar como merecía a ocasión pero si que o fixen e moito, por certo, o ano pasado, cando me tocou ser parte do xurado das curtas, unha experiencia caralluda.

A min nunca me prestaron moito os festivais audiovisuais típicos polo habitual exceso de “pompa” e por iso o Festival de Cans paréceme tan especial. Nel naceron o agroglamour, o desfile de chimpíns, os ghalpóns e as leiras que albergan música, actividades e proxeccións, etc… En Cans, ademáis de Alfonso Pato e o seu equipo, os veciños son parte protagonista e fundamental da organización e O Porriño enteiro participa e colabora para que o evento sume máis seguidores en cada edición.

15

din que por causa da I Guerra Mundial; inda que os haxa que aseguren, nunha teoría máis disparatada pero moito máis tentadora no plano literario, que as cuadrillas de obreiros comezaron a furar por cada lado pero nunca chegaron a atoparse... A diferencia dos rapaces de Cans, será difícil que nós consigamos penetrar no túnel. Os seus accesos foron tapiados nos últimos tempos de xeito alegal ou ilegal por particulares. Sirva o percurso para reivindicar a recuperación deste espazo como parte do patrimonio cultural e industrial de Cans, así como da memoria dos seus veciños que o utilizaron como lugar de xogos e aventuras nuns casos, ou como agocho en tempos de guerra noutros de recordo máis tráxico... Prepárense en todo caso, para unha fermosa camiñada pola contorna menos coñecida de Cans que nos permitirá estirar as pernas e encher de folgos os pulmóns antes da inevitable troula da fin de semana.

Cans, de Carlos Meixide √ Presentación do libro coa presenza do autor Mércores, 24. | 20:00 h. Baixo de Bugarín (Cans). √ Roteiro literario-cinéfilo, guiado polo autor: Mércores, 24. | 11:00 h. - 13:00 h. Xoves, 25. | 10:00 h. - 13:00 h. Saída da rotonda de Cans.

Nacho Castaño (actor) O ano pasado gocei especialmente escoitando a Enma Lustres, Dani de la Torre e Jorge Coira falando da rodaxe de El desconocido, tamén no concerto de Novedades Carmiña, no desfile de chimpíns, claro, e na compañía de Ana Cermeño, que soubo ve-la miña timidez e levoume da man por Cans adiante… Moitas grazas, Ana. Moi ben o pasei! Espero que este ano a lamentable xestión das axudas por parte da Agadic non impida que o Festival de Cans se celebre con normalidade aínda que, mesmo

coas máis que merecidas axudas, o Festival nunca destacou pola normalidade nin penso que a buscara porque Cans é especial para calquera que teña pasado por alí. Este ano, se o traballo ou as obrigas familiares non mo impiden, eu hei de levar ós meus dous “canciños”. Hai que facer canteira!


16

Festival de Cans | maio 2017

Os datos...

A un filme das irmás alberto-sobrino

HISTORIA

TÍTULO: A historia dun satélite. Rafael e a nai que o paríu. GUIÓN E DIRECCIÓN: Miriam AlbertSobrino e Sonia Albert-Sobrino. INTÉRPRETES: Alfonso Míguez, Mariana Carballal, Jaime Faraldo, Bárbara Grandío, Susana Sampedro, Tacho González, Rubén Riós, Kevin Stewart, Nico Nieto, María José López, Carlos Pérez e Xavier Estévez XÉNERO: Comedia. SINOPSE: Case 20 anos despois de perder ao seu pai aplastado pola caída dun satélite, Rafael, un funerario, decátase de que toda a súa vida estivo orbitando na dirección equivocada.

DUN

SATÉLITE IRMÁS ALBERT-SOBRINO

“A Historia dun Satélite” xorde como proxecto principal do Máster en Belas Artes en Produción de Cinema pola Universidade de Utah que estabamos a finalizar en 2014. Non é arriscado dicir que supón a culminación dunha cruzada persoal en busca de innovación e da nosa identidade fílmica. Unha identidade que tan só puidemos descubrir desde a diáspora, desde a distancia que dá deixar a máis de 10.000 quilómetros a nosa cultura e a súa riqueza. En moitos sentidos, este filme representa o noso claro compromiso coa cultura galega, os seus costumes e a súa xente; e en sentido global co Cine Arte Europeo. O filme foi rodado por un equipo de tan só seis persoas, incluídas nós e os nosos pais. Esta calidade ”caseira” está tan só presente nos modos de filmación, pero non na calidade final da obra. Noutras palabras, o resultado final reflicte o talento, o compromiso, e calidade do seu equipo (tanto artístico como técnico), non a cantidade de

mans involucradas na súa produción. Deixando iso por diante, cremos que é ben importante sinalar tamén que a longametraxe foi filmada coa tecnoloxía máis avanzada dispoñible no momento, e cun esforzo humano pouco visto neste tipo de filmes independentes. Á marxe de gustos persoais, esta longametraxe pon de manifesto a calidade do noso traballo e o noso compromiso co chamado “Novo

sa n u d : oria . | 20

ist 25 A h oves, o e Cu X tiv ea

lo

r Rec

u Cinema Galego”. Un movemenCírc to co que non só nos identificamos, senón do que somos parte innata (con independencia do que a prensa ou os lobbies teñan que dicir). Cremos firmemente neste movemento, pero tamén consideramos que recentemente se toma a súa denominación moi a treo. Como docentes, ademais de cineastas, aprendemos a respectar este tipo de ondas de pensamento, non só na súa superficie pero sobre todo na súa esencia filosófica; e estamos convencidas, sen dúbida, de que neste momento a nosa película é unha sólida contribución a este movemento fílmico. Para nós estrear en Cans é unha manifestación máis do noso agradecemento ao Festival, especificamente a Alfonso Pato e ao seu equipo. A pesar da distancia, Cans sempre nos apoiou e para nós estrear a nosa primeira longametraxe aquí en Galicia é un agasallo que non podiamos deixar pasar, sobre todo en Cans.


Festival de Cans | maio 2017

Anecdotario da rodaxe...

√ A rodaxe estendeuse por un total de trinta e un días durante os cales filmamos en trinta e dúas localizacións. √ A película bebe involuntariamente do traballo de Buñuel, Jiri Menzel, Berlanga, Carlos Saura, Milos Forman ou mesmo os Irmáns Coen. √ O filme é un conto surrealista con tinguiduras de Cine Arte Europeo. É tamén unha comedia negra ou unha dramedia. √ A pesar de ser filmada en 2013, as súas directoras non puideron dedicarlle tempo á postproducción ata finais de 2016. √ O filme foi escrito, dirixido e fotografado por Sonia e Miriam. √ A postproducción, particularmente a edición, os efectos visuais e a corrección de cor foron realizados e por Sonia e Miriam. lit ) até . o Sonia e Miriam dan clah rriñ :00 l (O Po ses de cinematografía dixital, ilura u t l minación, efectos visuais, edición, e etau

lonaxe na Universidade de Utah. Esta experiencia permítelles estar ao día das últimas tecnoloxías e ter unha comprensión profunda e sólida da industria Norteamericana. √ Sonia e Miriam foron recentemente xurado do festival de cinema de Slamdance. Un dos festivais de cinema independente máis importantes dos Estados Unidos e do mundo. √ Esta longametraxe non sería posible sen a participación da Universidade de Utah. √ Esta produción supón a pri-

meira colaboración con “Claqueta Coqueta” de Rubén Riós. √ O filme foi filmado fundamentalmente na zona de Valdeorras de onde son orixinarias as directoras. A participación das autoridades locais e cidadáns da Rúa, Petín, O Barco e outras aldeas veciñas foi clave na produción desta película. √ Sonia e Miriam atópanse na actualidade pre-producindo a súa segundo longa “Melita” que conta xa coa participación dunha produtora con sede en Los Ángeles que ten un percorrido profesional impecable. “Melita” é un filme galego, que se rodará en Galicia, en galego, e cunha forte conexión coa mitoloxía e o folclore rural galego.

17


18

Festival de Cans | maio 2017

Querida utopía, un achegamento á figura de Francisco Fernández Buey XOSÉ DÍAZ RAMALLOSA

topía h u a d i Quer 0:00

2 , 24. | rín s e r o c ga Mér de Bu Baixo

Moitos na parroquia de Cans lembran a don Francisco Fernández Buey, un dos personaxes máis salientables vinculados a este pequeno rincón do mundo. Foi profesor, filósofo, ensaísta e escritor, e percorreu o planeta dando conferencias sobre distintas cuestións e aportando unha visión lúcida e senlleira do mundo. Malia que nas súas biografías aparece como nacido en Palencia, cidade á que se trasladou coa súa familia sendo ben neno, o certo é que o seu pai era o noso veciño, naceu entre nós e,

sempre que podía, don Francisco regresaba ás súas orixes na procura de descanso para o seu espírito. Por iso, dende o festival quixemos recoñecer a súa figura colocando unha placa conmemorativa na súa casa natal e elaborando un documental que estará dirixido polo realizador Juanma Lodo, no que nos achegaremos a esta descoñecida figura e do que presentaremos un avance o mércores. Francisco Fernández Buey (1943- 2012) é, en palabras de Xesús Alonso Montero “un dos intelectuais galegos máis brillantes”, e o seu pensamento deixou unha fonda pegada en moitos dos persoeiros máis destacados da cultura galega. Formado con poetas como José María Valverde, helenistas brillantes como Emilio Lledó e criado filosóficamente á beira do filósofo marxista Manuel Sacristán, Férnández Buey plasmou o seu pensamento en máis de media dúcia de libros. O seu recoñecido antifranquismo e militancia comunista levouno a ser expulsado da Universidade en 1966, pero Fernández Buey nunca desistiría das súas ideas, que nos últimos anos viraban cara o altermundismo. Filósofo humanista e preocupado pola sociedade, foi un dos principais difusores das obras de Karl Marx e Antonio Gramsci en España. Tamén defendeu a filosofía da praxis, un pensamento mundano e laico que lle presta especial atención aos problemas socio-políticos e culturais do mundo contemporáneo; un pensamento aberto e humanista que amosa a súa preocupación polos escalafóns máis baixos da sociedade e os seus soños e utopías.

Esquece Monelos ou a memoria do río X.M. LÓPEZ OUTES. be moitos nomes e acolle centos de historias. Agora, a Esquece Monelos é unha película sobre os meanmaior parte do seu traxecto discorre baixo terra. Baixo dros da memoria, sobre ríos sepultados, sobre todas terra están, tamén, as súas memorias. esas cousas que primeiro agochamos e logo esqueceEste documental, que acaba de ser recoñecido no mos que están aí. Na Coruña, houbo un tempo no que prestixioso festival DocumentaMadrid, sérvelle a Ángehabía un río, o río Monelos, ao que as mulleres acudían les Huerta para adentrarse na historia da propia cidaa cotío a lavar e os nenos a refrescarse no verán. Pero de a través das testemuñas e vivencias dunha mana evolución da cidade e iso que chaman progreso remachea de xentes que o viviron ao longo do seu cauce e da tou por soterrar o seu curso para non entorpecer o súa historia. avance das construtoras. Esta é a primeira longametraxe de Ángeles Huerta, Ata que un día calquera, sen avique acadou o premio ao mellor guión no Festival de sar, chove de máis e as tuberías Cans 2015 pola súa curtametaxe The Esqu e c e rebentan. O río Monelos, ou Fetch. Logo da estrea podeMérc ores, Monelos Mesoiro, ou rego de Beneirón, nace remos contar coa presenza 2 4. | 1 Baixo 7 : 0 d 0 e Bug nos altos de Feáns e na Pastoriza, da realizadora da cinta para h. arín e morre en San Diego. No seu percorrido reciestendernos nun coloquio.


Festival de Cans | maio 2017

A 15 anos do Prestige MARIFÉ GARCÍA BOUZÓ

O 19 de decembro de 2002, vai facer 15 anos, o petroleiro Prestige afundíase fronte á costa galega provocando un dos meirandes desastres ecolóxicos que se lembran nesta terra ao ciscar ao mar as máis de 70.000 toneladas de petróleo que transportaba, tinxindo de negro as nosas costas e as nosas arelas e ficando na nosa memoria para sempre. Aquela catástrofe foi moito máis que un simple naufraxio. Galicia botouse á rúa con rabia para reclamar dignidade a través do movemento cidadán Nunca máis, pero tamén para proclamar un cambio de rumbo na sociedade. O Prestige, marcou un punto de inflexión na historia recente de Galicia e axitou coma nunca as conciencias galegas. Aguilloado pola rabia que lle produciu

a catástrofe do Prestige, o actor Daniel Guzmán decide coller unha cámara e percorrer a costa galega de punta a punta, enterrarse no chapapote e gravar un documental que ata o de agora ficou inédito. Un retrato sociolóxico de mariñeiros, xente da rúa, voluntarios e políticos que viviron un dos episodios máis convulsos da historia recente de Galicia. A cinta conta coas testemuñas de músicos, escritores, mariñeiros e artistas, un documento histórico que ata o de agora ficou inédito, pero que recuperamos para esta edición do festival por que segue a ter a capacidade de emocionarnos 15 anos depois. O venres estrearemos este documental no Baixo de Bugarín e faremos un debate posterior no que participarán o propio Daniel Guzmán e máis o escritor Suso de Toro,

unha das personalidades máis destacadas no movemento xurdido contra a xestión da catástrofe. Será só o preludio da conmemoración da efeméride, porque aquel feito histórico influíu en moitos creadores e a catástrofe inspirou unha chea de traballos. Dende o festival fixemos unha escolma de varias destas obras, algunhas das cales pasaron con éxito en varias edicións anteriores, outras inéditas. Unha selección de ficción, documental e animación, onde a influencia desta debacle medioambiental se fai sentir dende a rabia ou a pena, máis tamén dende o humor ou a retranca, tan V Re enre Estr nosa. s

ea tr , d Sá osp 26. |1 eM ba e c 8 do , 2 tiva :00 ar d 7| h : 11 15 . | Ba e fo .00 an ixo nd o d h. os | Ja do e Bu lpó Pr gar n d es ín e A tig lici e a

Unha anomalía máis Suso de Toro [escritor]

V

an alá tantos anos, o mundo é outro e nós somos outros, outras. Naquela altura descubrimos que non eramos como nos contaban que eramos, descubrimos que eramos capaces de moito máis, que eramos mellores. A desgraza foi unha oportunidade para que cada un tirase o mellor de si. Iso aconteceulle aos galegos e aconteceulle a moitas persoas de moitos lugares que viñeron cunha xenerosidade espléndida a limpar unha costa que nós sentiamos como nosa e que resultou que era de toda a xente. De toda a xente menos de quen a luxou de desprezo colonial e de chapapote. Unha desas persoas xenerosas que quixo comprometer no combate contra a catástrofe foi Daniel Guzmán. E el fíxoo da maneira que lle era natural, coa ollada cinematográfica. Ninguén chamou por el e el tampouco agardou que o chamasen, apañou a cámara e compañía e veu, mirou, gravou, contou. Que ese traballo ficase sen estrear até hoxe é unha anomalía maís nunha gran historia de xigantescas anomalías que foi aquel momento cheo de tristeza, rabia e épica. Algo de todo iso debe haber nas imaxes deste documental, calculo eu.

Retrospectiva: 15 anos do Prestige CARCAMÁNS, de Marcos Nine 35 min. | 2003 | Documental. Este foi o traballo co que debutou o realizador Marcos Nine, orixinario da Illa de Arousa. Como illego, o daquela xove realizador quixo rexistrar o impacto do afundimento do Prestige na Illa de Arousa.

CREBINSKY, de Enrique Otero. 10 min. | 2002 | Ficción, comedia. A curtametraxe que deu orixe ao que máis tarde sería Crebinsky, o filme, dirixido polo mesmo autor.

MAN, de Xosé Manuel Abraldes e M. Faraón 12 min. | 2005 | Animación Man foi unha das persoas que puxo rostro á desolación que supuxo o Prestige. A morte deste singular artista supuxo a desaparición dun personaxe lendario da Costa da Morte.

19

TOXIC PERCEBE, de Xabi Jácome e Martín Fiallega 21 min. | 2003 | Ficción, comedia. Na primeira edición do Festival de Cans converteuse nunha curtametraxe de culto. Unha gamberrada de Jácome e Fiallega, coa complicidade de actores xa daquela moi coñecidos.


20

Festival de Cans | maio 2017

+cine LINKO Sábado 27 | 11h00 | Baixo de Carlos 2014 | 70' | Español Dirección: Rafael Calvo, David Valero, Xosé Zapata Elenco: Críspulo Cabezas, Manel Barceló, Daniel Carrillo. Xénero: Animación Vai de: Despois dunha guerra global que destruíu a civilización, bandas de piratas atacan ás escasas persoas que sobreviviron. Kurt e o seu fillo de nove anos, Ícaro, tratan de vivir a salvo nas instalacións dun aeroporto abandonado nunha fermosa illa. O detalle: É a primeira película española con actores reais e tecnoloxía 3D.

REBOBINANDO “MIGAS DE PAN” Xoves 25 | 16h30 | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño) Dentro da sección Rebobinando, na que convidamos a un

director a que conte os segredos da súa película en tempo real, falando cun micro mentras se proxecta, este ano contaremos con Manane Rodríguez, que nos falará de Migas de pan, un drama político rodado entre Galicia e Uruguai e seleccionada polo país sudamericano para representalo nos Óscar deste ano. Conta a historia de Liliana Pereira, estudiante e nai dun bebé, que é secuestrada e torturada baixo a temible ditadura uruguaia.

HOXE NON É UN SOÑO Mércores 24 | 20h00 | Baixo de Bugarín Presentación do traballo do proxecto Cans 303, unha iniciativa que se iniciou o ano pasado e que conta cun obxectivo dobre: rescatar a memoria dos veciños e veciños de Cans e estimulalos para que se animen a crear no eido audiovisual. Os alumnos participantes, antes de encetar o proxecto, aprenden a organizar todo o proceso de rodaxe e montaxe da cinta baixo a coordinación de Juanma LoDo. Xénero: Curtametraxe documental Elenco: Jose Quintás Sanchez (Pepe) - Venezuela, Alicia Sánchez González - Venezuela/Cans; Raúl Rodríguez Fernández - Cans. Vai de: O documental trata o fenómeno da emigración a través das lembranzas e vivencias de José Quintás Sánchez, Pepe, veciño de Cans que emigrou a Venezuela cando só era un neno. O testimonio de Pepe mesturase cas lembranzas de Alicia, nai de Pepe e co traballo escolar realizado por Raúl Rodríguez Fernández, tamén veciño de Cans.

Fill@s de Cans LOS DESORIENTADOS Dirección: José Antonio Quirós Estado: En montaxe. O detalle: J.A Quirós é un cineasta de longa traxectoria, director de filmes recoñecidos como Pídele cuentas al Rey. Aproveitamos o seu paso como xurado no festival para que nos presente o seu singular proxecto. TRINTA LUMES Dirección: Diana Toucedo Xénero: non-ficción Estado: En rodaxe. DÍA DE MUERTOS Dirección: Carlos Gutiérrez e Mamen Quintas Xénero: animación

Booktrailers No empeño en visibilizar calquera disciplina creativa que teña hibridación coa creación audiovisual, en 2016 Cans foi o primeiro festival de Galicia en poñer en marcha unha sección paralela adicada ós booktrailers. Deste xeito púxose o foco sobre un xeito de crear que mestura dúas partes da creación: a literatura e o audiovisual. Escolma de pezas seleccionadas para proxectar: • “Últimos Bruídos” (Ed. Positivas) Ano 2017 | Autora: Marga Tojo | Realización: José Manuel Quiroga • “O anxo negro” (Xerais) 2016 | Autor: s Manuel Gago | Realización: Soledad ler i a . tr Felloza ok :00 h o • “O sombreiro do mago” e b 4 | 16 arín d 2 a g (Xerais) 2017 | lm ores, e Bu o c d Autora: Ánxeles Es Mérc aixo B Ferrer | Realización: Estrela Paramos • “Aníbal e a pintora” (Xerais) 2017 | Autor: Xabier Paz | Realización: Illa Bufarda • “O espello do mundo” (Xerais) 2017 | Autor: Ramón Nicolás | Realización: Iago Nicolás • “O amor nos escuros días de Bikenau” (Xerais) 2017 | Autor: Alberto Canal • “A soidade das medusas” (Galaxia) 2016 | Autora: Iria Collazo | Realización: Luz Beloso • “Desescribindo” (Apiario) 2016 | Autora: Marilar Aleixandre • “Auga a través” (Apiario) 2016 | Autora: Dores Tembrás.

Unha das seccións máis emblemáticas do festival, na que cineastas que, na maioría dos casos, xa pasaron por Cans, nos presentan os seus novos proxectos.

Estado: En fase de posproducción Sinopse: Salma, unha rapaza orfa, sae dun pobo de México disposta a indagar na identidade dos seus pais, que só logrará descubrir no Día dos Mortos. O detalle: O filme, familiar, mestura animación 3D, aventuras e misterio. DORIAN YATES Dirección: Luis Solarat Xénero: documental Estado: Filme rematado Sinopse: Dorian Yates é un ídolo popular para os británicos, varias veces campión do mundo de culturismo. Unha lesión afástao da súa carreira e ten que reconstruír a súa propia identidade. Agora vive en Marbella explotando a nova dimensión da

súa espiritualidade. O detalle: Primeira longa do director. Solarat ten un proxecto de procura de personaxes que, co seu discurso, poden axudar a outras persoas, do que nos falará en Fill@s de Cans. Moi interesante. UNICORN WARS Dirección: Alberto Vázquez Xénero: Animación. Estado: En fase de posprodución Sinopse: Alberto Vázquez, que gañou dous Goya este ano, volve cunha parodia de cine bélico, con osiños militares que adestran para a guerra definitiva contra os unicornios. “Unha mestura de Bambi e Apocalipse Now”, asegura. O detalle: Alberto Vázquez une o seu talen-

Fill@s d

e Cans Venres , 26. | 1 6:00 Baixo d e Monc h. ho to co do animador de Cangas Khris Cembe, que tamén gañou en Cans o pasado ano a sección de animación. Desta unión non pode saír nada malo. FULL ROLLER DERBY Dirección: Ángel Manzano Xénero: Documental Estado: En fase de posproducción Sinopse: Un equipo de mulleres patinadoras que apenas teñen recursos para sacar o clube adiante, e un rudo deporte de contacto. Estes elementos sérvenlle a Ángel Manzano para facer afondar no papel da muller na sociedade do século XXI. O detalle: Será o debú como documentalista de Ángel Manzano, gañador en dúas ocasións do premio do público.


Festival de Cans | maio 2017

21

Montxo Armendáriz, director de cine e convidado aos Coloquios na leira

“Cans axuda a desmitificar unha profesión moi identificada co star-system”

contidos audiovisuais como a forma na que os vemos. A asistencia a salas de cine sofre altibaixos, pero o consumo de obras audiovisuais aumenta cada ano a través de novas plataformas online, contidos baixo demanda (VOD) ou sistemas de reprodución dixital coma tablets, móbiles, ordenadores, etc. Isto fai que os que nos dedicamos ao cine, coma noutras profesións, teñamos que ir adaptándonos ás novas tecnoloxías e aos novos sistemas de produción. Estamos perante un futuro incerto pero en crecente actividade, e isto é bo. Porque cando algo

o documental Carboneros de Navarra. Por cial alén de que, para embarcarme nunha aqueles anos, principio dos 80, adicábame película, necesito que a historia me seduza, a dar clases de electrónica en institutos me emocione, e que sexa viable economicapolitécnicos, aínda que sempre desexara mente dentro dos paráadicarme ao cine, metros de produción a ir le a n a contar historias nos que me movo. Ás s Coloquio | 12:00 h. con imaxes. É o veces estas historias 7. Sábado, 2 spazo Mahou que de verdade me atópoas en novelas cia - E ira de Ali e L apaixoa. Rodara como Historias del Kronen algunhas curtas e Obaba. E non dubido en identificarme con cunha cooperativa de amigos que montaelas, facelas miñas e levalas á pantalla. mos no barrio onde vivía e coñecer a Tasio, Cando isto non acontece, trato de buscar a súa maneira de entender a vida, animouao meu arredor e escribir sobre aquilo que me a dar o salto á longametraxe. Escribín me interesa ou me motiva. unha historia baseada nas súas vivencias, – En catro décadas deixounos apenas no que me contou durante longos paseos unha decena de longametraxes. ¿Considépolo monte ou sentados na cociña da súa rase un perfeccionista? casa. E no ano 84 fixemos a película, produ– Cando me prantexo unha película, o cida por Elías Querejeta. Evocar todos eses esencial para min non é contar unha histointres provócame sensacións enfrontadas: ria, senón o xeito de contala. Hoxe todo está

se move é porque está vivo. O perxudicial sería a inación e o estancamento. – Malia que xa tiña algúns traballos anteriores, irrompeu nas salas en 1984 cunha película tan lembrada como “Tasio”. ¿Que lle evoca esa cinta? – Tasio era una persoa íntegra, fiel aos seus principios. Coñecino mentres rodaba

por unha banda a lembranza de seres queridos, grandes profesionais que xa non están con nós e aos que lles debo moito; por outra, unha inmensa satisfacción por cumprir un soño que cambiou a miña vida. – Vostede rodou sempre os seus propios guións. ¿Hai unha razón para iso? – Non creo que haxa unha razón espe-

Montxo Armendáriz é un dos grandes referentes do cinema hispano, con títulos no seu haber como Tasio, 27 horas, Las cartas de Alou, Historias del Kronen ou Secretos del

corazón. O sábado será protagonista dos Coloquios na leira e, despois desta actividade, deixará a súa pegada no Torreiro xunto a outras grandes estrelas que pasaron polo festival. Quixemos falar con el para un cambio de impresións sobre cine, sobre o festival e sobre outras cuestións. Este foi o resultado MANRIQUE FERNÁNDEZ.

– O Festival de Cans é moi diferente de calquera outro. ¿Que referencias ten del? – Coñecino aló polo ano 2006, ao pouco de iniciar a súa andaina, a través das referencias que me chegaban pola prensa e por compañeiros do cine. Co paso dos anos a súa popularidade foi crecendo e seguín a recibir novas sobre el e as súas divertidas actividades. As propostas antiglamour, a súa reivindicación do rural e a participación dos veciños no seu desenvolvemento danlle un carácter alternativo e lúcido que o converteu nun referente. E creo que as actividades que promove o festival son unha magnífica maneira de achegar o cine á xente e desmitificar unha profesión que durante moitos anos se identificou unicamente co éxito, a seducción, os focos, a alfombra vermella e o star-system. – Participará vostede nos coloquios, un dos platos fortes do festival. ¿Cal vai ser o tema proposto? – Neste tipo de encontros non me gusta cinguirme a un tema concreto. Prefiro que se estableza un diálogo aberto cos asistentes, un intercambio de ideas que responda ás súas inquedanzas e as súas preguntas coa fin de enriquecer o encontro. Supoño que os meus traballos, as películas que me influiron, o meu xeito de entender o cine ou a situación actual, serán cuestións a debate na medida na que os asistentes o consideren oportuno. – Dende a perspectiva que dan tantos anos adicados ao cine ¿cree que arestora goza de boa saúde? – Vivimos un intre de grandes cambios tecnolóxicos e incertidumes sociais. O cine non é alleo a esta realidade e na última década sufriu unha profunda transformación. O auxe crecente de internet, a proliferación de vídeo-xogos e a implantación de grandes cadeas de televisión modificaron tanto a maneira na que se producen os

contado e o único que diferencia unha historia de outra é como se conta. Atopar esa mirada á hora de abordar unha historia, ese punto de vista que a faga diferente, no me resulta doado. Gustaríame ser moito máis rápido, pero non o consigo. Non sei se é perfeccionismo ou incapacidade. Posiblemente unha mistura das dúas.


22

Festival de Cans | maio 2017

Pasaporte aos 60 e diversión asegurada no Torreiro SONIA VALVERDE

No panorama musical galego, a retranca sempre tivo un papel fundamental. En ocasións servía de parapeto tras do que se agochaba certa falla de autoestima, e o humor era empregado como presunto substituto de calidade; pero as máis, foi un signo claro de diversión, de ganas de pasalo ben e de que o público disfrutase dun concerto ameno e bailable. Neste segundo caso é no que cabería incluir a Familia Caamagno, un grupo oriundo da vila coruñesa de Sigüeiro que é quen de misturar ritmos que van dende o rythm & blues ou o soul, mesmo algúns ramalazos punks ou garaxeiros, coas melodías máis baolongas do pop e do swing. E son quen de facelo cun estilo moi peculiar, adobiando a súa música cunha frescura e unha elegancia que ben poderiamos definir como os seus principais sinais identificativos. Con tales premisas, o resultado de tan peculiar cocteleira é un produto fresco e desenfadado, para beber en tragos longos e sen xeo. Unha banda que pola súa actitude fainos lembrar moitos nomes dos 60 e dos 70, pero que polo seu son e polas letras, non sempre tan inocentes

como puidera parecer a primeira vista, comprendemos perfectamente actual. Familia Caamagno nace como agrupación dacabalo dos anos 2010 e 2011, case como unha diversión máis dos seus membros, procedentes de bandas como Plan9, Electróxeno, Kastomä ou Los Muchachos. Comezaron os ensaios facendo versións de temas dos 60, pero adaptando as letras orixinais ao galego, o idioma que empregan dende os seus inicios. Ata que se decidiron a comezar a facer algúns temas propios seguindo

esa mesma liña. Dende entón cargan ás súas costas cun sinxelo e tres discos de longa duración, aínda que decir tal cousa resulte un pouco esaxerado neste caso, xa que eles mesmos se teñen definido como amantes dos formatos máis breves: o single e o EP fronte ao LP. “Canto menos palla, mellor”, acostuman a dicir. Logo sería máis correcto falar de mini-Lp’s. Seis temas son a media que ofrecen nos seus discos, entre os que de cando en

o magn . a a C ia :00 h Famil .. | 00 o, 27 Sábad Torreiro

cando e por aquilo de non esquecer os inicios, deixan caer algunha versións galeguizada de temas clásicos, como os que facían nos seus primeiros tempos. Pero sendo máis que interesantes estas gravacións, o seu maior interese céntrase nos directos, onde a banda desprega toda a súa querencia por The Standells, Easybeats, The Sonic, The Beatles, Chuck Berry ou The Ramones, por citar só algunhas das referencias máis coñecidas. A diversión está asegurada. E a boa música tamén. No torreiro de Cans, este ano poderemos entrar a formar parte dunha familia tan peculiar e interesante como a Familia Caamagno, só nos fai falla ter ganas de pasalo ben e deixarnos levar polos seus ritmos pegadizos. ¿Ou non lembrades aquel vello retrouso que dicía: «Sé bien que se te mueven los pies cuando canto...»? Pois iso. Dito queda.


Festival de Cans | maio 2017

Terbutalina: ‘Tiñamos moitas ganas de poder armar festa no festi’

23

Sáb Terbu ado t , 27 alina . . Tor | 01 :30 reir o h.

A. PEDREIRA

– ¿Que referencias tedes do festival? ¿Sodes conscientes de que iso é unha festa e vós sodes os encargados de amenizala? – Pois temos as mellores referencias. Xa no 2013 tivemos a oportunidade de gravar o videoclip do noso tema "Fai sol" grazas a Can Campus, polo que puidemos coñecer ben Cans e a súa filosofía. Tiñamos moitas ganas de poder armar festa no escenario do festi. – ¿Tedes preparada algunha sorpresa especial para nós? ¡Dicídenos que si…! – Pedirlle a Terbutalina sorpresas pode ser contraproducente para o festival. Primeiro revisaremos o plan de seguridade, as vías de evacuación para o público, falaremos co 112 e despois veremos que podemos armar. Así de primeiras, ocórrensenos dous conceptos: "sabotear o ponche" e "pumas borrachos". – As vosas letras e vídeos amosan unha

faciana moi divertida do grupo, pero o certo é que agochan máis compromiso social do que aparenta. ¿É intencionado? – Non o sabemos. As musas mandan, Terbutalina obedece. – Nalgún sitio vin que vos definiades como “gastropunk”. ¿Que é o gastropunk? – O "gastropunk" era a escusa que buscabamos hai tempo para que nos desen ben de comer cando iamos tocar. Pouco a pouco fomos esquecendo iso e agora nos festivais só nos ofrecen olivas e froitos secos, como se fosemos periquitos. U-las empanadas de berberechos? U-la carne ao caldeiro? – Xa que falamos de comida, o voso directo é tan contundente que semella que comedes barriñas enerxéticas e bebedes RedBull. ¿Que débeda tedes con The Ramones? – Non comemos barriñas enerxéticas, nin

bebemos RedBull; iso si, comemos de todo, porque comer hai que comer. E si... Johnny Ramone, contigo empezó todo. – Sempre facedes temas propios. ¿Seguides coa teima de non facer versións? – No rock'n'roll todo son versións. Non inventamos nada. Só que lle poñemos un alerón para que mole máis. – Xa pasaron dous anos dende “Al otomano se le va la mano”, o voso último disco. ¿Algún novo proxecto en mente? – Nesta edición do Festival tocaremos os temas do EP que lanzaremos este ano. Ademais, presentaremos en exclusiva o videoclip de adianto. Como podedes ver, somos bos convidados. É como quen vai comer a unha casa e leva unha botella de viño en sinal de puto respecto.


24

Festival de Cans | maio 2017

corizonas

A viaxe de volta do Llanero Solitario pasa por Cans SONIA VALVERDE

No ano 2010, dúas das bandas máis peculiares do panorama indie estatal, defensoras do rocanrol ao estilo americano, deciden coordinarse para ofrecer unha serie de concertos xuntos: Arizona Baby, criada ao abeiro do country-folk, e Los Coronas, moito máis emparentada co surf. Aquel tour foi chamado de xeito xenérico Dúas bandas e un destino. E logo de oito meses de convivencia a cousa funcionou tan ben que decidiron crear unha formación paralela resultado da fusión de ambas as dúas bandas á que denominaron Corizonas. Tal foi o nacemento desta agrupación con tintes de supergrupo que o venres se presenta no torreiro de Cans.

De primeiras, Corizonas grabaron un EP de versións dispares e un primeiro disco con temas propios e interpretado integramente en inglés, The news of today, que acadou unha indubidable sona. Tentaban fundir os dous espíritos que definían a cadansúa banda e podemos certificar que o conseguiron. Era coma se o Llanero Solitario, por fin, atopase compaña... Tempo despois deciden deixar atrás a imaxe western coa que xogaban dende a xira que os xuntou e comezan a traballar nun novo proxecto moito máis anovador que acabará por consolidalos como referente musical dos últimos anos. En Nueva dimensión vital, que así se titula o disco,

abandonan definitivamente o inglés para falarnos na lingua de Cervantes sobre a actualidade social. E abofé que o fan con puntería, amosando unha actitude crítica e reflexiva, por veces irónica, sobre o camiño que está a desenvolver esta sociedade. Noutras palabras: ese Llanero Solitario emprendeu a viaxe de volta para atoparse a si mesmo no pentagrama. Se decimos que Corizonas (cando menos na súa última versión) parte dun son a medio camiño entre o rocanrol máis clásico e o pop máis contundente, aderezado con toques sutiles de soul, boogie, psicodelia, garage ou indie, entre outros estilos, haberá quen pense que as etiquetas me volveron tolo. E quizais non vaia desenca-

nas 00 h. o z i Cor . | 00:

6 s, 2 reiro e r Ven Tor

rreirado, pero o certo é que de todo hai nesta agrupación tan particular, que se define por un son definitivamente propio no que a presenza dosificada da trompeta se converte en sinal identificativa esencial do conxunto. Os seus concertos son unha viaxe á California dos anos 70, na que a contundencia e convencemento á hora de interpretar os temas, así como o permanente fraseo das guitarras, a robustez dos parches e a incursión constante desa trompeta de aires sureños, acompañan a voz de Javier Vielba para definir un territorio que reclaman, e non sen razón, como propio e xenuíno.


Festival de Cans | maio 2017

25

Canción oficial do festival ‘Se ti vés comigo a Cans’ “Se ti vés comigo a Cans” é o título da canción oficial do festival na súa edición de 2017. Trátase dun tema de corte intimista creado e interpretado por Eladio Santos, líder da banda Eladio y Los Seres Queridos, quen se inspirou, segundo as súas propias palabras, en “moitos elementos animistas” para a súa creación. A imaxe que acompaña corresponde á interpretación que fixo da canción durante a presentación da imaxe corporativa do Festival en Compostela, o pasado 20 de abril. Eladio actuará coa súa banda o sábado no Espazo Mahou, na Leira de Alicia, a partir das 20:30, onde volverá a interpretar a canción así como algúns dos temas do seu novo disco, “Cantares”. Previamente á actuación, ás 18:30, poderemos asistir no Jalpón de Alicia a unha retrospectiva de clips de Eladio y Los Seres Queridos coa presenza dos membros da banda e dos realizadores s erido u Q Gero Costas e s e s Ser 0:30 h. o L Alberto y 2 Eladio Sábado 27 | spazo Mahou Baamonde. E

espazo_mahou

– e Alicia d a ir Le

León Benavente vén a presentar o seu novo disco, 2 Leó

A. PEDREIRA

León Benavente naceu en 2012 logo da reunión de catro músicos veteráns, curtidos en agrupacións solventes. E para presentarse ao mundo argallaron un estilo propio que bebe directamente do indie, que se achega ao rock a través de melodías pegadizas e certos toques oitenteros un tanto escuros, e a través de letras que reflicten a actualidade en toda a súa crueza, ás veces de maneira bastante explícita. O seu primeiro e homónimo disco deixou a moi poucos indiferentes, tal e como reflicte o éxito do single co que se presentaron, Ánimo, valiente, canción que se colou nos rankings de mellores do ano nas principais publicacións estatais. Cunha música que é alabada tanto pola crítica coma polo público e tras visitar as principais salas e festivais máis recoñecidos do circuíto independente español, León Benavente está disposto a aterrar en Cans co seu

Leir Ven n Be n a d res e A 26 ave licia | 20 nte segundo álbum – E :00 spa h na man, titulado simplezo . M aho mente 2. E chegan coa intenu ción de encandilar de novo a todo o público con el. Un disco recente –saíu á rúa o pasado mes de decembro–, no que se aprecia un xiro cara a un son máis maquinal polo emprego de sintetizadores e bases rítmicas persistentes fronte ás guitarras que predominaban no primeiro. Inclúe temas propios e unha versión moi particular de Europa ha muerto, de Los Ilegales. León Benavente, que toma o seu nome dun tramo da autoestrada a Madrid, actuará na Leira de Alicia, no Espazo Mahou, diante dun aforo limitado a 500 persoas. Se non queres deixar pasar esta oportunidade, lembra que para poder entrar no recinto necesitas dunha pulseira acreditativa que podes recoller no posto de merchandising a partir das 17:00.


26

Festival de Cans | maio 2017

Adrián Costa & The Criers, do Voulevar ao Torreiro LUÍS TORRES

Seguramente moitos dos que lean estas liñas aínda lembren a que liaron, dous anos atrás, Adrián Costa & The Criers no Cans Voulevar, nunha actuación chea de loucura e de ritmos sesenteiros. Pois gustaron tanto que este ano están de volta, pero agora, como as estrelas que son, actuarán no escenario principal do festival, o Torreiro de Cans, na tarde do noso día grande, o sábado. E fano, agora si, presentándose cun primeiro e interesantísimo disco debaixo do brazo publicado o pasado ano baixo o título de Sexercise. Esta formación está liderada polo cantante e guitarrista galego Adrián Costa, logo de curtirse en bandas de bues negro como Tonky Blues Band ou Los Reyes del K.O. Agora presenta un novo proxecto no que esas raíces perden a súa pureza para misturarse con novos ritmos. Así, as súas actuacións supoñen unha viaxe en torno aos anos 60 e, sobre todo, ao máis fondo da música negra daqueles tempos, pero non podemos pensar só niso: os membros da formación son quen de se recrear nunha enorme espiral de influencias que vai dende o son máis tradicional de Nova Orleans ata os primeiros The Kinks, sen esque-

Dalle gas, Cans!

N

ers

ri eC

cer as súas reminiscencias da música latina. Falamos, xa que logo, dunha banda que amosa un forte carácter e que non ten reparo ningún en mesturar os vellos equipos de válvulas con sintetizadores máis vangardistas, nin en despregar un estilo plenamente actual co puro revisionismo diso que agora dan en chamar vintage. E, ademáis, son quen de facelo cunha boa dose de cordura dando lugar a un son propio e identificativo do grupo. Agora que volven á nosa casa para presentar disco, os que estivéstedes no Voulevar fai dous anos seguro que repetides porque sabedes que paga a pena. Aos que non puideron ou non quixeron asistir, agora preséntaselles unha nova oportunidade que non deberían perder...

ós, os músicos, que nos pasamos media vida viaxando pola península de norte a sur, de este a oeste; que podemos presumir de coñecer moitas cidades, pobos e aldeas da xeografía, malia que a maioría de xeito superficial porque case nunca podemos indagar ou profundizar pola falla de tempo. Nós, que amamos o descoñecido, os escenarios por conquistar, os festivais por descubrir. Nós, que xa as vimos de todas as cores e que poucas cousas nos sorprenden logo de tantos anos a xirar. Aínda, nós, de cando en vez, atopamos propostas diferentes e únicas, entrañables e inesquecibles. Estou a falar do Festival de Curtametraxes de Cans, no Porriño. Unha marabillosa aldea situada a poucos

h . & T :30 h a ost | 19

. n C do 27 eiro. á i r Ad Sába Torr

Óscar D’Aniello [cantante de Delafé] quilómetros de Pontevedra. Este festival vai moito máis aló dun lugar no que se proxectan curtametraxes, videoclips, documentais ou se fan concertos en directo. É, realmente, un acontecemento para toda a aldea, que se involucra ao 100% na produción e organización do evento. Tanto é así que os propios veciños abren as portas dos seus fogares para organizar ceas cos artistas nos seus comedores, proxecións de curtas nos seus xardíns, galpóns ou bodegas. Algo totalmente insólito e que eu persoalmente non sabía nin que existía ou que puidese existir. Tamén lembro cun sorriso o rostro do paseo dos nominados ou do convidado do ano polo festival, nuns tractores decorados que os levaban mentres a multitude

aplaudía. Imaxinación e humildade ao poder, pensaba eu ao ver esta escena. Esa é a actitude: fágoo eu e cómoo eu; e se non hai lumisinas, pois mellor. Temos un tractor. A verdade foi que o pasamos xenial, coma sempre que andamos por Galicia. Coido que a xente máis xenerosa da península vive por estas terras, sen dúbida. E, ademais, foi un pracer ver Ciao Pirla! proxectado nun galpón a rebosar de xente, que o visualizou educadamente e nun silencio absoluto. Longa vida a estas propostas que unen a xeracións tan diferentes, e todo arredor da cultura. Dalle gas, Cans!


Festival de Cans | maio 2017

27

Parabéns polos 14 aniños! Isaac Campos [coordinador da produción musical do Festival de Cans]

E

Radio Océano, máis de tres décadas de atlantismo A. PEDREIRA

Se as contas non fallan, andamos máis cerca dos 40 que dos 30 anos de atlantismo da man de Radio Océano, banda mítica e pioneira do rocanrol galego, herdeira do punk británico e unha das referencias obrigadas para calquera que queira coñecer a nosa historia musical. Naceron en 198, grabaron a súa primeira maqueta no 83, gañaron o certame de Radio Nacional de España para bandas emerxentes en 1985 e un ano despois lanzaron o seu único disco de longa duración: Nin falta que fai. Apenas dous anos despois, o grupo disolvíase. Valoren vostedes as datas. Porque o atlantismo que a banda reivindicaba nace nos 30 seus inicios, malia que tardase un tempo en verse materializado en vinilo. Non hai máis que lembrar que na agrupación había dous

xornalistas que colaboraban na edición da revista La Naval, ou aquel mítico concerto solidario no que participaron en Ferrol en apoio aos traballadores de Astano. Para a historia deixaron un puñado de himnos entre os que habería que destacar Como o vento ou Narcisismo, pero tamén Esto no es Hawaia (nin falta que fai), Hago cine con mi coche, Terra Cha ou Pánico en las Falkland, por citar só algúns dos exemplos máis coñecidos. E algún deles con letras de Lois Pereiro, irmán do front-man. Excelente colleita para un único disco, un single e un par de maquetas. Din as hemerotecas que os seus directos eran moito máis contundentes do que

quedou reflectido no Lp, máis próximo a Joy Division que aos Clash, evidente referencia da banda. Este ano en Cans teremos oportunidade de verificar se aquela mítica formación liderada por Johnny Rotring e Rossmero e na que chegou a participar Pablo Constenla, posteriormente máis coñecido como Pablo Bicho e centrado nos ritmos latinos, son quen de sacarnos da dúbida. Radio Océano será obxecto dunha homenaxe retrospectiva, na que poderemos ver algúns dos vídeos gravadoa naqueles anos pola formación, e na que contaremos coa presenza do xornalista Xosé Manuel Pereiro (a outra cara de Johnny Rotring e voz do grupo) e do resto de membros da anos de atlantismo con Radio Océano banda. E para rematar a Sábado, 27 | 21:00 h. | Sala Multiusos xornada, un concerto en Actuación de Radio Océano directo no Jaliñeiro Sábado 27 | 21:30 h. | Jaliñeiro Arena Arena. ¿Alguén dá máis?

o noso canciño medrou e fíxose un homiño. Dende esas primeiras reunións nos baixos do CRC, o noso canciño cumpre nesta edición 14 anos. E cumpre anos forte e san, grazas á educación recibida durante todo este camiño polos múltiples pais e nais, tíos e tías, avós e avoas...que tivo mentres ía medrando, cada un aportando ideas diferentes que o converteron no que é agora, coas súas virtudes e defectos. Chega Maio e, coma todos estes anos, arrecende a Festival de Cans. No meu caso, coñezo o cadelo amarelo dende que naceu (cando aínda era de cor morada) e, aínda que o rapaz é ben agradecido, tamén é esixente. E a súa crianza, máis agora que é un mozo adolescente, supón moito esforzo e enerxía. O noso cadeliño medrou, e con el, todos o que o rodeamos nesta andaina. E aínda que a miña enerxía non é a mesma que fai 14 anos, xa que imos mais vellos, o intenso vínculo xerado durante todo este tempo, fai que siga o seu carón, aínda que 1.200 km. nos separan. Intentado (non sempre conseguíndoo) que o noso cadeliño medre lonxe de malas influenzas e intereses que o contaminen. Medrando coa mesma transparencia do primeiro día, e co mesmo espírito dinamizador. Un festival feito por todos, e para todos. Parabéns polos 14 aniños, e longa vida o Festival de Cans!


28

Festival de Cans | maio 2017

+música

Cans Voulevar CORA SAYERS Sábado 27 | 16:30 h. Cora Sayers nome artístico da actriz Cora Velasco- aportou a súa voz, principalmente como corista, en bandas de diferentes estilos como 1000 Demonios Blues Band, Querido Extraño ou Late Kicks. Agora chega ao Voulevar, tras xirar por Europa, tocando en Lisboa, Oporto, Burdeos, París, Bruxelas, Berlín, Colonia e Copenhague. ROGER DE FLOR E OS SILVESTRES Sábado 27 | 18:30 h. Roger de Flor está listo para chegar ao Voulevar con con Os Silvestres (Marqués das Vinhas, Sergio Galego e Cabe García) para reivindicar a música en galego e o espírito lúdico. OS CARUNCHOS Sábado 27 | 22:00 h. Grupo de folk tradicional que nace a finais de 1994. Nestes máis de 20 anos teñen percorrida toda a nosa xeografía de festa en festa sempre comprometidos co país, a nosa cultura e a conservación da lingua. Mesturarán cancións do novo disco Cantares cos seus temas tradicionais.

Noite Gía Xoves 25 | Dende as 21:00 h. O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves, na que a música terá un protagonismo especial no centro da vila do Porriño. Para quecer o ambiente chegarán á Praza do Concello os irmáns mellizos Héctor e Nico Iglesias, máis coñecidos como Electric Feels, novísimos DJs de 14 anos que xa contan cunha dilatada experiencia actuando en diversos festivais. Ás 22:30 terá lugar a Noite Gía dos Videoclips, presentada por Marta Gómez e Manu Viqueira. E a partir da medianoite subirán ao escenario o grupo Escuchando Elefantes. Esta banda -formada por Silvia Rábade e Carlos Tajes é actualmente unha das favoritas do público pola forza e o dinamismo que tansmiten en cada unha das súas cancións. Tras percorrer Europa compartindo experiencias con músicos como Bono, Kodaline ou Lisa Hannigan, chegarán ao Festival de Cans para presentar en concerto Hope, o seu novo traballo.

Disco chimpín XOVES, 21 21,00 | Electric Feels. | Praza do Concello. VENRES, 26 22,00 | Dj Edu Romero. | Leira de Alicia-Espazo Mahou. 01,30 | Dj Rojiblanco (Julio Ruíz, Radio 3). | Torreiro de Cans. SÁBADO, 27 22,30 | Nico Pastoriza DJ, “sonido Manchester”. | Espazo Mahou. 02,30 | Dj El Cuerpo del disco. | Torreiro.


Festival de Cans | maio 2017

29

Reflexión sobre o fráxil equilibrio da sociedade contemporánea RUBÉN SÁNCHEZ TRIVIñO

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o audiovisual misturarase coa música no festival de Cans na zona do Jaliñeiro e no Espazo Multiusos a tarde-noite do sábado. Neste caso os protagonistas serán o documental Frágil equilibrio, gañador dun Goya na última edición dos premios, e maila cantante Uxía, nominada tamén ao galardón pola canción Muerte, escrita por Zeltia Montes, que foi empregada como banda sonora orixinal da longametraxe. Frágil equilibrio é unha cinta desgarradora que convida á reflexión sobre o mundo que nos rodea, a través de tres historias protagonizadas polos subsaharianos que saltan a valla de Melilla dende o monte Gurugú, en Moarrocos, polo capitalismo salvaxe que se está a vivir en Xapón, e polos desafiuzamentos en Madrid. Estas historias, que reflicten a realidade diaria de moita xente, pretenden ser unha reflexión sobre o camiño que está a tomar o home contemporáneo e a súa maneira de relacionarse co mundo, así como sobre o propio concepto de sociedade e os seus límites. E faino a través dunha viaxe por distintas culturas, lugares e sociedades espalladas por tres continentes distintos. Os relatos veñen xunguidos polas reflexións, sempre humanistas e sempre atinadas, do ex-presidente de Uruguai, José Mujica. A entrevista, que exerce como fío conductor do relato, foi grabada en agosto de 2014, cando Mujica aínda exercía a presidencia do país. A cinta acadou o Premio Goya ao Mellor Documental na última edición e foi seleccionado tamén en diversos festivais internacionais, como é o caso da Seminci ou o Festival Internacional de Documentais de Ámsterdam (IFDA).

A proxección no Espazo Multiusos estará acompañada dun coloquio co director da longametraxe, Guillermo García, e rematará coa actuación no Jaliñeiro de Uxía, que interpretará en directo o tema polo que foi nominada ao Goya á Mellor Canción.

s o ilibri o Multiuso u q e z il a Frág . | Esp

do

Sába

a :00 h Aren Uxía Jaliñeiro .| :30 h 8 1 | .

17 27. | o 27

d Sába

Uxía, A Voz do Atlántico Uxía está considerada como unha das figuras máis senlleiras da música galega, a Gran Dama do noso canto. Con 30 longos anos de carreira artística, asumiu un papel clave no estudo e divulgación da música galega echegou a se converter nunha das maiores promotoras das conexións entre Galicia e o mundo lusófono a través das súas continuas viaxes e intercambios con artistas de Brasil, Portugal, Cabo Verde, Angola ou Guiné-Bissau, traballo que foi recoñecido amplamente cunha chea de galardóns a nivel nacional e internacional.


30

Festival de Cans | maio 2017

mixturadora .

....

MERCHANDISING Todo isto que aquí vedes non só é a maneira de levar unha lembranza inesquecible do festival. Tamén é un xeito cómodo de apoialo e axudar a que, cada ano, o can amarelo invada a nosa parroquia e o voso ánimo. Axúdanos a financiarnos en tempos difíciles: visita o posto da organización.

Disco grande Venres 26 | 17:00 h. | Multiusos Programa “Disco Grande” de Radio 3 en directo Co xornalista Julio Ruiz ao fronte, Disco grande é un programa de Radio 3, de RNE, que presta atención aos sons máis actuais, de aquí e foráneos, do pop e as súas ramificacións. Ten 40 anos de historia, o que o converteu no programa máis lonxevo da radio española. Disco grande vai ser emitido en directo o venres dende Cans.

ONDE COLLO O BUS? O bus ten 4 paradas: 1. O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma). 2. Instituto/Hotel Internacional (para os que aparquen no Pavillón do Porriño). 3. Restaurante Guanabara. 4. Cans (rotonda de Adroza, na estatua do Can). Horarios: Venres dende as 18:00 h. ás 04:00 h. Sábado, de 09:30 h. ás 04:00 h. Prezo: 1€ e podes subir e baixar no horario que ti queiras.


. ...... . .. Cans a través dos ollos de

Noel Queipo (fotógrafa)

Festival de Cans | maio 2017

D

in que unha imaxe vale máis que mil palabras... A verdade é que se fai imposible escoller unha única fotografía do festival. Cans son milleiros de momentos, milleiros de imaxes. Unha ringleira de chimpíns. As mans no ceo ao ritmo da música. A ollada de Alicia dende o alto. O sol na Leira. A xente amontoada no Torreiro. Os baixos iluminados polas proxeccións. Os cans amarelos nos tellados. Os sorrisos da xente…

31

Cans é cinema, é música, é danza, é festa, é vida, é amizade e veciñanza. Cans é cultura e agarimo pola nosa terra. Cans é moito para unha soa imaxe (e tamén para mil palabras). Pero teño que escoller e quédome cun momento máxico do ano pasado: Janet Novás bailando a música de Mercedes Peón no Jaliñeiro, baixo a choiva. Arte e paixón en movemento. Graciñas Cans. Por mil primaveras máis.


32

Festival de Cans | maio 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.