Page 1

Karra Elejalde - María Bouzas - Juan Ibáñez “Trancas” - Gracia Querejeta - Unax Ugalde Alfonso Zarauza - Xurxo Souto - Los Coronas - Heredeiros da Crus - Kepa Junkera


Dirixen: Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (massefecto.com) Maquetación: Manrique Fernández Iustración de portada: Rei Zentolo Publicidade: Arela. Edita: Asociación Cultural Arela. Colaboran: Alfonso Pato, Unax Ugalde, María Bouzas, Juan Ibáñez “Trancas”, Karra Elejalde, Avelino González, María Yañez, Xurxo Souto, Cristina Pato, Kiko Novoa, Javi Maneiro, Tonhito de Poi, Los Coronas, Deborah Vukusic, Alfonso Zarauza, Xabier Fortes, Kepa Junkera, Alberto Casal, Os da Ría, Lucía Campo, Sergio Lagartija, Alberto Pérez Barahona, Xosé Castro “Pato Zopilote”, A. Pedreira, Keka Losada, Alejandro Marzoa, Angel Suanzes, Judit Puime, Rosa Bernárdez Quintas, Divina Campos, Adriano Campos . Grazas a todos os anunciantes que facedes que o CanZine sexa unha realidade.

Dep. Legal: VG 424-2011 festivaldecans@festivaldecans.com / festivaldecans.com / Búscanos en Facebook / @festivaldecans


Pepe, “para o que queiras, mijo” Aló foi un ano desde a última vez que nos vimos no festival do ano pasado. Ti non querías vir e tivemos que ir buscarte e turrar de ti pero ó final que ben o pasamos! Era preciso que estiveras porque tiñamos que soplar as velas dos dez anos e como non ías estar? Non podiamos nin pensar remotamente que ía ser o teu derradeiro festival e que nos ías deixar de alí a unhas semanas. Cando pasan cousas así, tan rápidas, quedamos coa palabra na boca e non nos deu tempo a dicirche todo o que queriamos dicirche. Daquela optei por escribirche e que todo o mundo o soubera publicamente. Eu quería dicirche, Pepiño, que sen ti todo isto quedou un pouco máis baleiro. Porque ti ocupabas moito, non só fisicamente, senón tamén de ánimo e de espírito. Porque hai xente coma ti, veciños e veciñas, que son tan importantes para que este festival se faga e son un anaco tan importante da súa historia e nin eles nin elas o saben. Por iso quero que esta carta que che escribo represente tamén o meu agradecemento e o do festival a todas as veciñas e veciños coma ti. Desde a primeira edición, desde a primeira táboa que puxemos, desde as primeiras caixas que apilamos, sempre te tivemos ó lado, traendo o teu chimpín, cun sorriso bondadoso, coa túa boa disposición e cunha frase moi túa: “para o que queiras, mijo”. Ti non o sabes, Pepe, pero esa frase representa a esencia deste festival. Esa frase ti sempre a dicías, pero tamén outros veciños e veciñas sempre teñen esa frase para nós, para a xente de Arela e para os que montamos todo isto: “o que queirades, contade con nós”. E esas palabras da xente de Cans, a súa boa disposición, a súa colaboración, son ouro moído en pano. Ese é o piar principal que sustenta o festival, as veciñas e veciños e o cariño co que colaboran. E ti niso, Pepe, eras un exemplo. Por iso te convertiches nun símbolo silencioso deste festival, case sen pretendelo. Este festival fíxo-

Foto Rafa Costas

se grazas a xente coma ti e por iso este ano o premio do chimpín de prata levará o teu nome. Este último ano e pico longo as cousas non foron fáciles aquí na aldea. Marchaches ti, marchou Manolo Bugarín, marchou Juan da Carreira, marchou Manolo da Costa da Rocha, marchou o Pato. E aínda por enriba, hai unhas semanas tamén Serafín, O Jordo, co que tantos nos rimos moitas veces no Bar Moncho. Foi unha debacle ben dura, de xente que colaborou co festival e aínda nos costa asumir que xa non esteades por aquí. Eu bótovos moito de menos a todos, un por un. Pero isto segue Pepiño, e coma sempre intentaremos facelo o mellor posible. Se estiveras por aquí seguro que estabas orgulloso de nós. O teu chimpín segue ruxindo nos días do festival e o teu fillo Pepiño segue axudándonos en todo. Herdou o chimpín e herdou a túa bondade. Creo que a partir deste ano, cando uns

días antes do festival empecemos a montar as salas, a levar as caixas, as pantallas e as táboas dun lado para outro, botaremos de menos nalgún momento escoitar a túa frase, “para o que queiras, mijo”. E entón poñerémonos un pouco tristes. Pero tamén sei que entre todas e todos seguiremos cargando ilusionados as táboas de madeira e as caixas porque temos detrás o alento do resto dos veciños e veciñas. E todos seguen a dicir con moi boa disposición esa frase que ti dicías. Esas palabras foron a mellor herdanza que deixaches no espírito do Festival de Cans, e que os veciños seguen dicindo e me segue emocionando cada ano. A frase túa Pepe, a da bondade e da xenerosidade: “para o que queiras, mijo”. ALFonso PAto Director do Festival de Cans


MultiCans Nestes once anos, o Festival de Cans fíxose grande. Diversas disciplinas cubren unha programación única que fai de Cans un dos núcleos esenciais da cultura galega. MANRiquE FERNáNDEz (@MANRiquEFDEz)

Malia que o Festival de Cans sempre se vendeu coma un festival de cine, a verdade é que nunca se cinguíu á definición clásica de eventos de tal catadura. Os parámetros polos que se move Cans, é evidente, son outros: non hai alfombras vermellas, as proxeccións fanse en galpóns e alboios, os coloquios fanse nas leiras, a xente viaxa en chimpíns... Pero iso só son as cousas que saltan á vista. Cans é moito máis. Malia que o fundamento do festival de Cans sempre foi, e quere seguir sendo, o cinema, o certo é que derivou nunha ladaíña de actividades que pouco ou nada teñen que ver coa sétima arte, xa que o estandarte que Cans exhibe con fachenda é o da creatividade e a cultura, dándolle un pulo moi especial aos novos talentos que abrollan en cada recanto. Non todos poden dicir o mesmo. Se entramos baixo a carpa de Cans, atoparemos actividades para todos os padais. Comecemos este breve repaso polo máis esencial: a formación. E velaí a que demos en chamar Can Campus, unha aposta decidida pola formación dos futuros profesionais do audiovisual, en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da universidade de Vigo, que este ano acada xa a súa cuarta edición. Ou o proxecto Cans do futuro, unha colaboración cos centros de ensino da bisbarra para introducir aos alumnos no mundo audiovisual, que este ano contará coa participación de 500 rapaces. Ou o Cans proxecta, unha iniciativa na que estudantes do Master de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega recuperarán a herdanza do patrimonio histórico dos camiños da parroquia. A Can parade é outra aposta polos talentos nacentes, na que se convida aos novos deseñadores a que xoguen coa recoñecible silueta do can identificadora do festival. Este ano contaremos cunha exposición na que se recollen dez deses traballos chegados dende moi distintas latitudes.


Para sempre de Cans Unax Ugalde (actor) @unaxugalde

Pola sección Miradas de Cans xa pasaron escritores, debuxantes ou xornalistas, que interpretaron o festival dende as súas disciplinas. Neste eido téñense celebrado exposicións e coloquios; mesmo na pasada edición participou o afamado cociñeiro Pepe Solla que este ano regresa cunha proposta atípica: unha sobremesa creada na honra do Festival, O ovo de Can, cociñado man a man cos veciñose que se repartirá entre o público asistente. Mesmo vai probar sorte como músico no Jaliñeiro unplugged, outra das apostas de Cans. Este particular jaliñeiro converteuse co tempo nunha das citas ineludibles de Cans: música en directo e sen enchufes: dende con-

certos acústicos a actuacións folclóricas, ou o que vaia xurdindo... Máis música: os concertos no torreiro, a sesión vermú a cargo dunha banda... ¡Por certo! O ano pasado rendéuselle unha homenaxe ao compositor máis importante de Galicia, Rogelio Groba, que debutou en Cans como director en 1947. Pois ben, este ano temos un agasallo pola súa parte: unha composición para banda adicada ao festival e que quixo titular Agroglamour en Cans! Cans Voulevar é outra aposta pola artesanía, adobiada para a ocasións con exposicións de humoristas gráficos: Luis Davila o ano pasado, O Carrabouxo nesta edición... ¿Alguén dá máis...?

Difícil atopar as palabras para definir a miña experiencia por terras galegas. Un ano antes tiven a sorte de participar na produción Galega “Somos gente honrada", o cal me deu a chave para poder participar como xurado de curtos no décimo aniversario de festival de Cans. Faláranme deste pequeno festival con moito cariño, nunca pensei o que me ía encontrar. O pobo do Porriño envórcase co cine e a cultura sen miramentos, con decisión e ilusión, conseguindo que os convidados nos atopemos como na casa. Miles de persoas inundan as proxeccións en celeiros e hortas, e os habitantes do pobo entregan a súa alma xunto ao director de festival, Alfonso Pato, valente impulsor desta aventura. Todo isto amenizado con grandes concertos e charlas de cineastas reputados. A palabra Agroglamour é un concepto que sen dúbida nace en terras Pontevedresas, para quedar no meu vocabulario por sempre xamais. Sen dúbida, o décimo aniversario do Festival de Cans, foron uns días inesquecibles. O apoio que este certame ofrece ao audiovisual galego é incomparable, de todo envexable. Espero que contedes de novo comigo para futuras ocasións e o festival siga medrando con tanta saúde. Grazas a todos os que o facedes posible!!


Dascurtas Karra Elejalde, Actor, director e guionista. Chelo Loureiro, produtora de Abano Producións. Xurxo Souto, locutor, escritor, guionista e músico.

Isabel Ayguavives, directora e guionista. Monti Castiñeiras, actor. Xulio Abonjo, actor.

Dosveciños Felisa quintas (Felisa de Luis) Carmen Ramilo (Mucha de Ramilo)

Fernando Fortes (Fernando do Monte) Mercedes González Souto (Merchi do Manisco)

as curtas

Pero a realidade é ben diferente.

Martínez e Luis Figueiras Varela.

Xénero: Comedia fresca.

Baseada nunha personaxe creada por Xabier

PATo EXTRATERRESTRE

PEPE, o CANCoDRILo

Vai de: Traballo de animación en plastilina quee

PoZA

Guión e dirección:

Dirección, produ-

conta a historia de Pepe, un neno que é medio

Guión, dirección,

Pedro Sancho.

ción, animación,

can, medio cocodrilo. intenta ser valente, pero

montaxe, produ-

BLOquE 1: Cuberto de Chelo - Baixo de Alfonso

BLOquE 2: Baixo de Carlos - Cuberto de Antonio

López Mateos.

Elenco: Tábata

edición, montaxe

cando se deita para durmir a súa imaxinación

ción e fotografía:

Cerezo e Juan

e voces: Bruno

xógalle malas pasadas poñendo inimigos onde

Rubén

Caballero.

Martínez

non os hai.

guez.

Vai de: Cal é o teu

Guión:

Xénero: Traxicomedia infantil

Elenco: Mar Cata-

Bruno

Domín-

xeado favorito? Onde estabamos a primeira vez que nos bicamos? Non sempre sabemos as respostas, porque non sempre as cousas son o que parecen.

Xénero: Drama romántico. MALETEIRo

os clips

xuradoDosclips Nieves Rodríguez, presentadora e actriz. Nonito Pereira Jr., xornalista musical. Amable DJ, dj.

Guión e dirección: Alejandro

Váz-

quez.

Elenco: Alejandro Carro, Machi Salgado,

Acadacanto “Teu nome por mar e terra” [Carlos Lago]

Moon Cresta “New years song” [David Vázquez Martínez]

Nao “Nova poesía galega II” [J.S.Raimundi e Carlos T. Goded]

Aphonnic “Ahora que tengo 33” [J.S.Raimundi e Carlos T. Goded]

Maryland “La caleta del sol” [Manolito Portolés]

Novedades Carmiña “Juventud Infinita” [Xavier G. Pereiro]

Linda Guilala “Lo siento mucho” [Javi Camino]

Dakidarría “Carreteras” [Andrés H. Bonader]

Ocekaos “Guarda las distancias” [Pío Cebreiro]

Niño y Pistola “By the grace of God” [Manolito Portolés]

Das Kapital “Grecia” [álex Argibay]

When Nalda Became Punk “Song for Carrie Mathison” [Coral Rodríguez]

John Deeres “Un novo mencer” [Carlos A. quirós]

Heroínas “Mimí” [Luis Montenegro]

Liviao the Marrao “Narcocorrido ribeirao” [Alfredo Pardo]

Los árboles “Un gran hijo de puta” [Manuel Valcárcel]

inculpados “La primera vez” [José Luis González]

Lendrone “Electromontrove” [Gonzalo Cotelo]

Vicente

Montoto, Adrián Ríos, iris Tojo e Alberto Casal

Vai de: O día que Pazos e Barroso se coñeceron tiveron que enterrar un cadáver. Dende entón, son compañeiros no complicado mundo do crime organizado.

Xénero: Acción culposa 3-1=0

Guión e dirección: Juan Galiñanes.

Elenco: Xosé Barato e Débora Vukusic.

Vai de: Carlos quere desfacerse do seu pasado, pero os recordos non se venden.

Xénero: Drama en tres tempos. MI NEvERA

Guión e dirección: Bibiana Juanes Fariñas.

Elenco:

Diana

González.

Vai de: Tras formarse e procurar un oco no mundo laboral, a protagonista soña con ter a súa propia neveira.


rina e Rubén Domínguez.

os únicos sobrevivintes serán os cans que viven

ginia Marcos, Javier Vázquez e Félix Gil.

TUPPER

Vai de: Mar e Antón agardan. Tal vez quererían

na rúa?

Vai de: A meiga Curuxa perde a súa avoa antes

Dirección e guión:

escapar pero sempre está o medo. As pantas-

Xénero: Distopía experimental

de rematar a súa formación, polo que deberá

ángel Manzano

aprender soa a facer conxuros, a controlar a

Garrido.

maxia e a voar. Contará, sen sabelo, cunha ines-

Elenco:

perada gárgola enfeitizada.

Gutierrez, Belén

Xénero: Road movie máxica.

Constenla, Fran

mas voan ao seu redor.

Xénero: Psicolóxico

BLoQUE 3: Casa de Bugarín - Casa de Mari JAMóN

Dirección, guión

SER E voLTAR

Javier

Peleteiro.

e animación: iria

Guión, produción,

KoAN

Vai de: unha multinacional tópase en proceso

López

dirección e mon-

Dirección e pro-

de remodelación de plantilla e os traballadores

Vai de: José é un

taxe: Xacio Baño.

dución:

Omar

reciben o despido no despacho do superior.

porco adolescen-

Elenco: Josefa

Rabuñal Varela e

Pero existe unha posibilidade de manter o posto

te, o único porco

Cociña Balsa e

Daniel Viqueira

de traballo. Ata donde chegar para conseguilo?

dentro dunha familia de humanos. un día un

Ramón

Carballal

Xénero: traxicomedia laboral

novo veciño instálase na porta do lado e, a par-

Louzao.

Guión e montaxe:

tir de aí, decátase de quen é realmente.

Vai de: un cineasta novo pasa unha fin de sema-

Omar Rabuñal Varela

Xénero: Comedia inquietante con dobre fondo. SUMMERTIME

Baño

SEMENTES Do CoRAZóN

na na casa dos seus avós para facerlles un

Elenco: Tiba, Monti Castiñeiras, Victoria Pérez,

Dirección, produ-

vídeo retrato.

Fernando Tato, Manuela Varela, Suso Lista,

ción e animación:

Xénero: Retrospeción documental.

Xosé Eirín.

Manuela

Vai de: un home toma a xustiza pola man para

beth Rodríguez

Produción, guión,

Elisa-

dirección e mon-

HoGAR HoGAR

vingar a morte da súa irmá. Polo medio, secuen-

Vai de: De onde

taxe: Diego Pazó

Dirección: Carlos

cias de acción, artes marciais e cine dogma.

saca un corazón

Elenco:

ánxela

Alonso Ojea.

Xénero: Metacinema macarra.

a forza necesaria para bombear sangue ás arti-

Alonso,

Rosa

Guión: Carlos A.

Davila,

Ojea e Fernando

Puga

culacións? Reflexión sobre as dificultadas que

BLOquE 4: Baixo do Moncho - Casa do Carreira

presenta unha enfermidade durante a materni-

Sara Pazó e Manuel Lozano

Polanco.

Vai de: Catro persoas atópanse por casualidade

Elenco:

na vivenda dun home que acaba de falecer e

Dolera, Eduard Buch e Jesús ibáñez Bravo.

comezan a recordar todo o que lles deu e lles

Vai de: Bea e Alan viven nun búnker refuxiados

Dirección

arrebatou nas súas vidas.

dun exterior apocalíptico. Pero chega o día no

guión:

Xénero: Drama post mortem

que se esgotan as reservas de comida e deben

Espejo álvarez

Samuel

enfrontarse á temible saída.

Elenco: Guillermo

Ferreira.

Xénero: Drama post apocalíptico.

Carbajo, Alfonso

Elenco:

Luque,

Villa, Rubén Riós,

EvEREST

dade e a súa superación.

Xénero: Arte en movemento

Leticia

Guión e direc-

EL CoCHERITo LERé

e

LA CARNE CRUDA

Guión e dirección:

Rafael

Lucía

Lema Carlos

ción: Rafa de los

CoUSAS DE MEIGAS

Blanco, Ledicia Piñeiro, Antía Fidalgo, Esteban

Susana Caama-

Arcos

Dirección: iván

Montes, Pablo Mejide

ño, Jorge Taboada.

Vai de: que su-

Fernández.

Vai de: un soldado respira profundamente. Está

Vai de: Dende neno, Hansel sempre quixo devo-

cedería se un día

Guión e produ-

aturdido, no medio dunha guerra, agochándose

rar a un ser humano. Tras a morte da súa nai

se interrompese

ción: José Ra-

entre cadáveres para poder sobrevivir, sen

decide facer realidade o seu soño, convertendo

a programación televisiva para anunciar que

món Puente.

reaccionar nin axudar a ninguén.

os seus devezos nunha perigosa necesidade.

unha onda xigante vai a destruir a cidade e que

Animación: Vir-

Xénero: Horror bélico (valla a redundancia).

Xénero: Terror escatolóxico.

A vida ten días e o festival de Cans ten horas Avelino gonzález (actor) A vida ten días e o festival de Cans ten horas. Dependo das horas ás que veñas, vas ou non topar o que buscas, e, dependendo do que busques, tes que ir a unhas horas e non a outras. Hai horas para mirar, outras para ver e outras para beber. Seguro que escoitaches falar do festival a xente distinta. E a conta diso fixécheste unha idea do festival. Se toda a xente coa que falaches che dixo o mesmo, non te fíes. Procura outras fontes. E se cada quen che dixo cousas distintas, tampouco te fíes de ninguén. O festival de Cans ten en común coas feiras que cada quen fala delas segundo lle foi, ou, mellor dito: segundo a que foi. E a que horas. O festival de Cans é un festival de raza, como o seu propio nome indica. Hai por aí un dito sobre o can de pallei-

ro que seguro que xa aplicaron a Cans (perdón por repetilo, logo) pero acáelle ben. Palleiro: o mellor de cada raza. Cans: o mellor de cada raza... audiovisual. Cans ten paixón e sinxeleza. O festival baséase nalgo tan simple como ir disfrutar do audiovisual nos formatos posibles. Pasalo ben con historias contadas en curtas, longas, raras... e socializar arredor dunha historia contada en soporte tecnolóxico e proxectada nun espazo ergonómico e multidisciplinar como é o galpón. Hai quen di que chamar “Festival” a Cans é un exceso... voltamos ó de antes: a que vés e a que horas. Tamén poderiamos engadir o outro dito de “Dime que buscas e direiche quen es”. Pero tampouco é problema, quitamos o de “Festival”. Poderiamos considerar a Cans un Furancho audiovisual (que seguro que xa se lle ocorreu a

@avelinogonzalez alguén antes que a min, e pido perdón por tanta falta de orixinalidade xunta). Podemos acurtar o nome e en vez de poñer “Festival” poñer “F.” E que cada quen lea o “F.” como queira. En Cans podes dar a volta ó mundo polos galpóns da parroquia de historia en historia e de encontro en encontro. Coa mesma sinxeleza coa que se bebe un viño amigo con amigos nun furancho. O F. de Cans pon as historias e os galpóns e os encontros Ti escolles as horas. E como din nalgúns bares: se vés e non estamos, é que non cadramos. Sincronicemos os nosos reloxos. Tamén os de parede.


María Bouzas, Premio de Honra Pedigree

“Cans supón valorarnos como persoas dentro da profesión” AMPARO RODRíGuEz (@AMPAROOJEA)

Leva dende 2011 pegada ás saias de Dona Francisca, unha muller dura, incorrexible, cruel, decidida e con moito temperamento... pero por máis que esta dona se empeñe non consegue calar o sorriso dunha das actrices galegas que máis representa a Galicia en España. María Bouzas libérase do seu personaxe gastando bromas e facendo, como ela mesma dí, "o paiaso" polos camerinos. Recoñece que lle está moi agradecida a este papel e aos guionistas por permitirlle certas licenzas pero tamén asegura que o traballo nunha serie diaria é dos máis duros e dos que menos tempo libre deixa. Estudar a diario longos guións e estar lonxe da familia son parte do dia a día.

-A María Bouzas podémola imaxinar subindo a un chimpín pero... ¿vostede cre que Dona Francisca Montenegro pasearía dende o torreiro aos galpóns en chimpibus? - (Risas) Nin de broma, Francisca non. En todo caso ela sería a dona dos chimpíns. Eu encantada -Tres anos interpretando este personaxe ...¿acaban marcando os papeis con tan longa duración? -Persoalmente non. Eu non son das que se deixa absorber, todo o contrario. Fago o paiaso polos camerinos para diante unha vez remato de rodar. -Dona Francisca déixalle tempo para facer outros traballos? -Con permiso da produtora e con moita antelación sería posible porque os guións ao ser unha serie diaria scríbense con moita antlación. -Canta horas ao día vive con este papel ás costas? -As rodaxes son de once horas diarias menos unha de comida, é dicir, dez horas. unha serie diaria é o máis esgotador que coñecín ata agora. Tes que estudar moitísimo cada secuencia xa que a linguaxe non é doada de improvisar. -Cal cre que é o segredo do Secreto de Puente Viejo para seguir triunfando? -Se eu o soubese... habería que preguntarllo aos guionistas e xefes de contidos.

Abrangue todas as idades, nin os malos son só malos nin os bos tan bos, teñen moitas caras e as sorpresas non as agardas e teñen moitos xiros inesperados que ata os propios actores nos sorprendemos. -Como se atopa neste traballo? -Atópame moi cómoda no sentido de ter un traballo, algo que hoxe en día é un tesouro. O formato, xa sabes, é esgotador e non están os tempos para elixir e o pesonaxe é un bombón. Nuncha fixera de mala malísima e os guionistas permítenme enriquecelo con aportacións miñas. O máis duro é ter lonxe a familia aínda que vou todas as fins de semana. -Vir ao Festival de Cans... ¿que lembranzas lle trae? -Marabillosas, estupendas.. un disfrute colectivo, un intercambio moi positivo -Recibir o premio pedigree neste peculiar festival que significa? -Alegreime tantísimo..., ten un significado especial porque o festival de Cans supón valorar o noso, valorarnos como persoas dentro da profesión, o noso oficio non vai tanto de alfombras vermellas vai máis de ser conscientes de que é un traballo colectivo. -unha persoa con tan longa bagaxe ¿como valora a situación actual do sector? -Catastrófica aínda que parece ser que este ano está repuntando un pouquiño. Xa quixera eu que non houbera xente con tanta calidade artística nin técnica no paro.


Divina Campos e Juan Ibáñez, premios Pepe Puime 2014

E “Trancas” preguntoulle a Divina... JuAN iBáñEz (@JuANHORMiGuERO)

-Vostede toca a pandeireta... Divina, a pandereteira nace ou se fai? -A pandereteira faise tocando. -Dos seus cadros, cal é o que máis o “petou” e por que cre vostede que gustou máis que os demais? -un grande que teño aquí que é o que máis traballo me deu e o que máis me gusta e o máis raro de todos. Non lle poño título, son aventurera, miro unha cousa que me gusta e píntoaa. Vín unha foto de Sigmund Freud nun libro e pinteina. -Algunha vez tomou vostede algún estupefaciente para inspirarse? (augardente, licor café, anís...) -Esas cousas todas tómoas porque quero non por pintar. Eu pinto porque me gusta, sen pensar sen necesidade de nada. Tamén teño escritos máis de setenta folios. que vou tomar eu! (risas) A mín tamén me gusta a broma... -Para explorar o mundo da pintura, probou algunha vez a pintar con licor café? Sería unha forma fermosa de mesturar dúas formas de arte. Ademais a pintura se a ules moito tamén coloca. -Ha ha ha ha... sabes a cousa que máis me gusta? unha infusión de romero con

salvia, iso si que é bo, pódela tomar que non che vai facer mal. -Algunha vez pensou en facer cadros por encargo? A mín gustaríame moito ter un cadro titulado: “Cu visto dende dentro cara fóra mirando un prado”. Faríamo vostede? -Nunca pensei iso, eu fago cadros para distraerme, non me gusta estar a mirar para o aire. Gozo pintando, eu non teño coñecementos así que pinto mirando unha referencia... En canto ao título, tería que ser outro (risas) ese non me gusta, pero se hai que facer unha historia dun cu tamén a fago. -que pintores influíron máis na súa obra? Picasso, Van Gogh, Miró... ou os seus netos! -Nunca mirei ningún cadro deses personaxes. Nunca fun mirar unha exposición de cadros. Eu estou aquí en Cans e cada vez que pinto gústame máis pintar. Pero abúrrome enseguida das cousas así que non me paro... en dúas ou tres pinceladas xa o remato. A familia dime que me pare máis pero a mín gústame así. Convídote a que veñas miralos na galería da miña casa, xa estou a por os indicadores para que chegues.


Onte vin un can marelo Rosa Bernárdez Quintas (veciña de Cans) Xa vai chegando… xa se sinte no ambiente… xa se respira … Onte vin un can amarelo, flores 0marelas, movemento no torreiro das estrelas… Xa chega Cans, chegan as curtas, os ghalpóns, o ghaliñeiro, o canastro, a festa, os concertos, os amigos que hai tempo que non vemos. Tamén chega o traballo, as reunións, coordinalo todo para que todo sexa perfectamente perfecto con todo o seu agroglamour, con toda a sua sinxeleza. Calade!... Están grabando na leira de Alicia un videoclip! Quero que cheguen os actores, que sepan os que non coñecen Cans que aquí teñen a súa casa, a casa da aldea á que voltar cando queiran, porque, como dicimos os de Cans: “Nós somos moi campechanos e damos todo o que temos”. Chegarán os chimpíns adornados con pampillos, con xestas, con rosas de temporada, con carteles do festival, e chegarán as lembranzas de Pepe Puime, de Bugarín, de Juan da Carreira, do Juan “O Pato Blanco”, de Manolo da Costa da Rocha e de Serafín “O Gordo” que formarán parte sempre da historia do Festival de Cans, deste festival que ten aínda moito que dicir, e do que aínda hai moito que falar.

REDACCióN

Eles son os condutores dos chimpíns. Os seus nomes: Toni Fortes, David Fernández, ángel Rodríguez, Lidio Carballo, Pepe Puime Jr., José Luis González, Feliciano Bernárdez, Silvino, Serafín Campos e Constante Romero. Este grupo de homes, e outros que xa non están entre nós, levan anos manexando o volante dun dos símbolos do Festival de Cans, o que move á xente cara as curtas, o que fai que todo estea en marcha. É certo que tamén se pode ir andando, pero en Cans non ten sentido. Cando o público sube ao chimpín faino con ilusión e cando o chimpín arranca e a xente sufre o primeiro tirón e berra coma empurrando é un síntoma de que en Cans o ritmo segue vivo.

Eles dán conversa, decoran os seus vehículos con pintas de agroglamour, sempre sorrín porque lles gusta o seu traballo. Colaboran co Festival porque o queren do mesmo xeito que queren á súa parroquia. Os condutores dos chimpíns son prudentes na estrada, moito máis puntuais que un autobús de liña e xeran mellores resultados que Fernando Alonso. A eles non os move unha escudería multimillonaria, móveos as ganas e iso nótase. Moitos ruídos son parte de Cans: o marmurio da xente, as probas de son, os grifos de cervexa abertos e incluso o silencio respectuoso das salas de proxeccións, pero hai poucos tan característicos como o son do chimpín posto en marcha. Sen este grupo de colaboradores, o Festival de Cans non traquetea.


Cancasete,

a memoria musical a través das cintas MARíA YáñEz (@MARiA_YANEz )

Todos gardamos na casa casetes que xa non escoitamos. Compradas, gravadas ou as dúas cousas, a memoria musical de quen agora teña máis de 30 anos componse de quilómetros de cinta de «ferro e cromo» que nos remontan a un tempo no que a xente puido acceder á música enlatada de xeito barato, portátil e, sobre todo, regravábel. A chegada das cintas supuxo a popularización da música nas aldeas: non todo o mundo tiña tocadiscos, pero o radiocasete era indispensábel tanto nas festas como na vida cotiá. Era lixeiro e podía funcionar con pilas. Permitía levalo ao baile, ao lugar de traballo ou mesmo á leira, pero tamén á soidade do cuarto ou á dos camiños grazas

ao “loro” do coche. Así nolo contan os veciños de Cans en Cancasete, un proxecto musical e documental polo que pasan desde Nino Bravo, Peret e Juan Pardo ata Los Pecos, Los Chichos ou Pimpinela. E, como non, Os Tamara, Os Satélites, Ana Kiro, Sabela, Farruco… porque os casetes tamén foron o vehículo que tivo a música galega para facerse popular, en Galicia e na emigración. Descubrimos ademais que as cintas serviron para gardar o recordo dos músicos amadores que había e hai na parroquia, e recuperamos unha gravación caseira dos Catro Ventos, un grupo de gaiteiros de comezos dos anos 80, ou varias cintas de cantos de taberna gravadas pola peña Só un solteiro. O proxecto Cancasete é polo de agora unha curta-

metraxe documental, un blog (cancasete.tumblr.com) e unha pinchada que faremos no Torreiro o venres do Festival á noite. Poremos música coas casetes que amabelmente nos prestaron os veciños de Cans, coa inestimábel colaboración de Javi Campo, que se ocupou de percorrer a parroquia pedíndolle á xente que buscase cintas nos seus faiados e nolo contase diante da cámara. Os protagonistas son eles: Fernando do Monte, Javier e Mercedes da Graña, Suso da Carreira, Lolo de Tanasio, Manolo de Xiraldes, Marisol, Rafa e Paz do Castillo, e Merchy de Manolo Manisco. Moitas grazas a todos eles por colaborar neste experimento e por poñerlle cara, A ou B, a esta memoria musical de Cans.


Karra Elejalde, actor e membro do xurado de curtas

“Teño ganas de ir a Cans para abrazar a moitos amigos” MANRiquE FERNáNDEz (@MANRiquEFDEz)

Karra Elejalde Garay, é obvio, ten apelidos vascos. Pero non ten os oito que defende ata a insistencia Koldo, a personaxe que interpreta no seu último gran éxito cinematográfico. “Eu teño un 60%; enseguida aparece un Pérez por aí, pero iso importa pouco: non son imprescindibles. O vasco pode ter os apelidos que lle dea a gana”. Abraiado polo éxito de “Oito apelidos vascos”, polo remate da gravación de “A Esmorga”, o novo gran proxecto do audiovisual galego, e a piques de comezar unha nova rodaxe en Barcelona, a de “Vidas vulgaris”, Karra aínda ten un oco para achegarse ao Festival de Cans como membro do xurado de curtas. “A verdade é que me fai moitísima ilusión. Ao primeiro que lle escoitei falar de Cans foi a Juanma Bajo ulloa, que estivera por alí fai varios anos, e dicíame que se proxectaban películas en hórreos e alboios, que levaban á xente en tractores, que había moitísimo público, que era un festival moi especial e que había moi boa onda. E sempre tiven moitísima curiosidade, pero ata o de agora non tivera oportunidade de asistir”. A relevancia de Karra é indiscutible no mundo cinematográfico dende que a mediados dos 80 fixo as súas primeiras aparicións na

“Ao primeiro que lle escoitei falar de Cans foi a Juanma Bajo Ulloa”

“o vasco pode ter os apelidos que lle dea a gana” gran pantalla, polo que nin o celuloide nin as curtametraxes lle son alleas. “Teño participado en moitas, curtametraxes, pero é a primeira vez que fago de xurado. É dunha responsabilidade enorme iso de xulgar: eu son dos que, nun partido de fútbol, prefiro ser xogador, e non árbitro. Hai quen nace para árbitro,

pero non é o meu caso”. A pesar de todo, o oco xa está feito na súa axenda para achegarse a Cans. “Rodando “A Esmorga” estivemos na Coruña, en Lugo e en Ourense, pero Pontevedra aínda non a coñezo. Teño moitas ganas de ir, e de abrazar a Miguel de Lira, a Morris, a ignacio Vilar e a outros moitos amigos que seguro que andarán por Cans”.

Karra Elejalde caracterizado para a película “invasor”.


Arrimarlle un curto, ver unha curta Kiko Novoa (xornalista. “Galicia por diante” da Radio Galega) Canta canteira hai en Cans. Canta cantidade de cantigas e cantarelas cantaruxadas polas canellas canónicas sen cansazo coa forza dun canón de cana. Hai un antes e un despois de Cans. Como explicalo. Nestes tempos de repugnantes e finxidas poses, viaxar a este recuncho do mundo e darlle co portelo nos fuciños ao gris máis indolente significa moito máis ca pisar unha alfombra vermella. Porque en Cans non

vos hai nin cores destacadas nin liñas divisorias. Aquí non se sabe quen é quen, nin cantos ferrados arrastra, nin se antes ou despois prescribiu aquel golpazo de sorte. Grazas á medicación, todos máis o menos imos tirando, pero ninguén logrará nunca desfacer ese encanto único que durante anos logrou crear de Cans unha festa da xente, da que está e da que vén, nun trazo orixinal que só a veciñanza deste

@kikonovoa lugar e deste tempo soubo visionar e facelo universal. Pasear polo Festival de Cans é das experiencias máis emocionantes que un pode vivir. Arrimarlle un curto antes de ver unha curta. Queden co concepto e pensen se viron cousa igual.

Cans como realidade formativa O Festival de Cans leva anos apostando por actividades que impliquen a distintas xeracións de estudantes cunha finalidade educativa.

Cans do Futuro

Can Campus

Cans Proxecta

Dende hai tres anos o festival de Cans ten en marcha un proxecto educativo cos centros de ensino da comarca e arredores. Esta iniciativa trae a rapaces de entre 8 e 18 anos para que visiten Cans, coñezan a aldea, vexan algunhas das últimas creacións audiovisuais feitas en Galicia e charlen con algúns dos seus protagonistas. O primeiro ano participaron medio cento de rapaces. Nesta undécima edición refórzanse as mañás de mércores a venres para darlle cabida a máis de 500 alumnos. Para convertelo en realidade, este ano contamos coa colaboración da Obra Social de La Caixa.

Por cuarto ano consecutivo pon en marcha o proxecto Can Campus. Oito alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual tiveron a oportunidade de formarse e coñecer as dinámicas profesionais participando na realización dun videoclips dun grupo galego: Familia Caamagno. A gravación levouse a cabo en Cans e para ela contouse coa participación dos veciños e veciñas. Can Campus é unha iniciativa de creación e formación audiovisual impulsada pola universidade de Vigo, a través da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, e polo propio Festival de Cans.

O festival pon en marcha por segundo ano a Cans Proxecta, unha iniciativa na que estudantes do Master de Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega recuperarán a herdanza do patrimonio histórico dos camiños da parroquia. Tomando como base a cartografía elaborada, realizarán unha acción artística sobre o carreiro principal de Cans, testemuña da vida máis pública dos veciños e veciñas. Máis dunha ducia de estudantes desprazáronse xa o pasado mes de marzo Cans e contaron coa colaboración dos veciños e veciñas que colaboraron no asesoramento e documentación.

Voluntariado

Ser “guía dos camiños” en Cans Judit Puime (Judit é unha das vinte nenas e nenos que traballan como guías da xente nos camiños de Cans durante o Festival)

un dos piares importantes do festival é a colaboración dos voluntarios. Estudantes de EAV iES Audiovisual Vigo, do CiFP A Farixa (Ourense) e do Centro Estudios Marcote traballarán con nós coñecendo de cerca as interioridades do festival, onde terán ademais a oportunidade de entrar en contacto con actores e directores.

Ola, chámome Judit e teño 9 anos. Empecei a traballar no festival de cans o ano pasado. Eu e os meus amigos Mario e Oscar estivemos xuntos traballando de guías no Festival de Cans. Divertímonos moito e coñecimos a xente famosa:Tete Delgado ,Manquiña… A xente era moi simpática. Noutros puntos da aldea estaban traballando máis amigos: iago, Sara, isma, inés… Todo o que nos preguntaban era oonde estaban as salas, cal era a sala 1, a 2… donde teñen que coller o chimpín e ata onde os levaba. A miña parte preferida do Festival é poder ir ao torreiro e disfrutar da festa, tamén o son da música. Espero traballar moitos mais anos e poder disfrutalos.


Memorias de Adriano: recordos de cando era un rapaciño Adriano Campos (veciño de Cans) Na parroquia de cans en 1939, un día as campás empezaron a tocar e mamá saíu a eira e díxome: “sube á cerdeira e grita “Viva España”. Eu subín e berreino. Cando baixei mirei que mamá choraba. Eu como era rapaciño non me daba conta de que pasaba, pero para mamá era un día grande. Ese día, a guerra que nunca debeu empezar, remataba. As campás tocaban... Dende o couto e á carreira, outros rapaces tamén berraban. Eu mirei como mamá de pena eira os escoitaba, eu como era un rapaciño non sabía o que pasaba e tampouco sabía onde estaba meu pai. As campás tocaban... Mamá foi ata o canastro e oín o tren que por Porriño pasaba, tamén pitaba e dixo mamá: -Ai tren, tren, a quen me levaches... Días máis tarde, un tren ó Porriño de noite chegou e non pitou, e papá de noite caladiño a casa chegou. Como estabamos a durmir non nos quixo espertar e pola mañá díxonos mamá: “chegou papá!” Chegou papá! Nós saltamos da cama e a súa habitación fómolo mirar, bicos e abrazos a fartar.... Papá deunos un paquetiño de manises e ese día na nosa casa, todos fomos felices!

Serafín e Juan, veciños de Cans e protagonistas de “querida Gina”.

O meu avó fixo “querida Gina” LuCíA CAMPO SáNCHEz (@LuCAMSAN)

Non souben o difícil que sería isto ata que me vin diante desta folla en branco. quizais escribir sobre querida Gina me traia demasiados recordos. Recordos de meu avó Juan, de Serafín, do meu primeiro ano como estudante de xornalismo e comunicación audiovisual e dun Festival de Cans que xa daquela apuntaba ben alto. Era outubro de 2010. Serafín e meu avó saíron de Cans naquela furgoneta rumbo a Roma para coñecer a Gina. quen llelo ía decir a eles? De enterrador e camioneiro a estrelas de cine. Aquela foi a viaxe das súas vidas, unha viaxe na que pasaron a se converter nos protagonistas da súa propia historia. Nunca vira a meu avó tan feliz como nestes últimos anos. Ría, emocionábase e estaba máis namorado da

miña avoa que nunca. Está claro que con aquela rodaxe comezaba un proceso cinematográfico pero tamén un proceso de cambio persoal. Supoño que este tipo de cousas son as que fan que apaixoados do mundo audiovisual como o equipo de querida Gina, o Festival de Cans ou eu mesma decidamos seguir apostando por esta bonita profesión. Ao mellor se non fose polo Festival, por querida Gina e por meu avó, hoxe sería economista ou avogada. E aínda que son tamén bonitas profesións, alégrome de que non sexa así. Sei que me vou emocionar de alegría e de tristeza cando volva ver a meu avó nesa pantalla do baixo de Bugarín. E o certo é que o estou desexando. A fin de contas, iso é o bonito das imaxes, que para ben ou para mal, elas sempre estarán aí.

Aquelarre en Cans Xabier Fortes (xornalista. TvE) O de Cans é raro. Eu xa sabía que a xente que organiza ese aquelarre era un pouco extraña, porque nos medios levan unha década falando dos diálogos sobre cine que fan nas leiras, cos sachos e angazos ó lombo, o agroglamour, as salas de proxeccións nos galpóns, as limousinas-chimpíns, o paseo da fama no Torreiro... Dentro dese programa paranormal, e quizais para darlle un punto máis surrealista, este ano pasado non se lle ocurriu nada mellor ao seu director e fundador que chamarme para formar parte do xurado, que mira que hai formas menos rebuscadas para buscarse a ruína. A min víuseme a memoria aquilo que dicía Groucho Marx de que nunca se lle ocurriría entrar nun club que o admitise como socio, que un ten uns principios, pero como a familia da miña muller é de alí preto, da parroquia de Mouriscados, e como me pagaban o hotel no Porriño, máis manutención e licor café... Do xurado non podo falar moito porque as súas deliberacións, incluso neste tipo de enxendros, deben ser segredas. Unicamente, a modo de síntese, podo desvelar que

ningunha das miñas propostas e suxerencias foron moi tidas en conta, e creo que de feito non figuran nas actas, por si un dia son desclasificadas, alá polo 2081, cando un século despois se desclasifiquen tamen as conversacións do 23-F e saibamos que foi Ronald Reagan o que montou o golpe en colaboración con Chernienko. Que este pais é moi susceptible e mesmo as deliberacions do xurado de Cans poden desestabilizar as nosas institucións e a nosa economía, agora ademais que di Rajoy que xa estamos a sair do cabo de fornos, ou que este forno non está para bolos, non me acordo ben. Pero a verdade e que unha vez dentro ves as cousas doutra forma. Por exemplo o segundo dia, despois dunha tarde deliberando sen éxito as candidaturas propostas e dunha longa noite de farra na que non atopei taxi que me trouxera de volta a O Porriño (que a piques estiven de facerme coas chaves dun chimpin) decidín achegarme a ver unha desas conversas nas leiras con Juanma Bajo Ulloa disertando sobre cine. E alí, entre a resaca e o sol distinguín baixo un gorro de papel a Julián

@xabierfortes

Hernández cun vermut na man e facendo preguntas sobre Orson Welles que nin Dios entendía. Nun deses diálogos foi cando Ulloa dixo que 'hay dos festivales de Cans, el malo y este' e a xente comezou a aplaudir. Falounos tamén das miserias do oficio. Dúas veces tivo que hipotecar a súa casa para facer cine e as dúas conseguiuna salvar. Lamentablemente á terceira foi a vencida, creo que dixo ao final. E despois xa foi festa rachada; os paseos cos chimpíns, e a xente aplaudindo dende os carreiros, e o licor café, e a banda de música, e Tony Lomba cantando EspañaEspaña Bandera-Bandera cunha enseña rojigualda, e a voceira do BNG Ana Pontón berrando como una tola entre o público, e máis licor café, e Morris, e Manquiña bailando un agarrado, e a banda de música... Efectivamente, hai dous festivais de Cans, pero o noso é bastante mellor.


“os fenómenos”, a ollada dos vencidos o director de “os Fenómenos”, Alfonso Zarauza, escribe para o “CanZine” un texto no que desmiuza a historia da película, dende a rodaxe ata o tratamento estético. “os fenómenos” preestréase en Cans. ALFONSO zARAuzA (@ALFONSOzARAuzA)

quería facer un filme sobre a crise económica alonxado dos tópicos de bos e malos. unha visión dende dentro do boom e do crack do ladrillo. Está claro que nesta crise houbo vencedores e vencidos, e a min resultábame infinitamente máis atractivo falar destes últimos, aínda que dun xeito autocrítico e pouco autocompracente. Facer unha reflexión profunda e sen efectismos sobre como conseguiron enganar a tantos millóns de cidadáns (e de cómo nos deixamos enganar) para entender e ter unha idea nítida de como chegamos a onde agora mesmo estamos. Pareceume interesante facelo dende unha óptica feminina, por iso optamos por meter ao personaxe de Lola Dueñas nun mundo de homes e ter deste xeito unha visión dende dentro do mundo do ladrillo, e ao mesmo tempo un punto de vista singular. O triángulo amoroso entre o personaxe de Neneta (Lola Dueñas), Lobo (Luis Tosar) e o de Furón (Juan Carlos Vellido), simboliza a dicotomía de Neneta entre a paixón libertaria que representa Lobo e a súa vida sen ataduras en Cabo de Gata, e a seguridade aburguesada que simboliza Furón e a súa vida apacible e tranquila en Ferrolterra. Neneta escapa de Lobo e deste enclave paradisíaco ao sur de España e acaba prisioneira no seu país de orixe en

Galicia por culpa da crise económica (como lle aconteceu a miles de cidadáns). Esta é a esencia do que eu quería representar neste filme. No tocante á historia de amor, non me interesaba tanto a historia de amor en sí mesma, coma o simbolismo como posicionamento vital que subxace dela. o GUIoN Escribín o guion xunto a Jaione Camborda Coll. Fixemos oito versións de guión ao longo dun ano e medio. Cando iamos polo cuarto borrador reformulamos completamente a historia e comezamos de cero. Foi un traballo arduo, extenuante e complexo (pola miña actitude excesivamente autocrítica con respecto ó meu propio traballo). Non foi doado pero foi un traballo do que tanto Jaione coma eu sentímonos especialmente orgullosos. Aínda que non soe moi humilde dicilo, penso que é un moi bo guión que non foi excesivamente ben valorado. Tamén teño que dicir con respecto ao guión que me resoltou especialmente interesante poder contar co punto de vista dunha muller dende a mesma orixe da historia, Jaione nalgunha ocasión decíame frases do tipo “Eso nunca o diría unha muller” que me fixeron percatarme en ocasións da miña inconsciente cegueira patriarcal con respecto á psicoloxía feminina. Todo iso creo que dalgún xeito redundou na cali-

dade e complexidade do guión. A RoDAXE Foi sen dúbida a rodaxe tecnicamente máis complexa que tiven que afrontar na miña carreira. En cada escena había unha morea de actores e figurantes que se andaban a mover pola escena e había que darlle unha función consciente como traballador da construción dentro do proceso de construción do edificio. Ademais, deseñamos unha evolución temporal coherente na construción do edificio para darlle credibilidade no filme. Aínda por riba había tamén unha morea de guindastres, chimpíns, e maquinaria pesada que había que manexar e facer fluir en cada encuadre. Nin por asomo ningunha das dúas rodaxes anteriores pódese comparar á complexidade das postas en escena de “Os fenómenos”. Rodabamos en lugares complexos (como edificios en construción) nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, en pleno outono galego. Buscabamos, ante todo a naturalidade e a credibilidade. E penso que iso está logrado no filme. unha terceira parte do guión acontece nunha obra, eu tiña deseñadas todas as postas en escena neste espazo dende uns meses antes de iniciar a rodaxe, pero esta localización caeu a unha semana de iniciarse. Tiven que refacer todas as postas en escea sobre a marcha. Tiñamos moi pouco


tempo de rodaxe, cinco semanas e media, que para 94 secuencias tan complexas, é moi pouco tempo. Pero grazas ao meu excelente equipo técnico e a un marabilloso reparto conseguimos sacar o filme adiante sen pinchar ningún día. o TRATAMENTo ESTéTICo Non quería efectismos nin moito menos artificios estetizantes de ningún tipo tanto na realización como na configuración estética do filme. Gustabame a idea de que fora o máis crú posible. O criterio xeral era a naturalidade e a credibilidade tanto nos decorados coma na maquillaxe e o vestiario. Fixemos un traballo estético moi riguroso dun xeito moi coordinado entre a dirección de fotografía, a dirección de arte, a maquillaxe/perruquería e o vestiario. Decidimos apostar polas cores frías e rexeitamos radicalmente as cores cálidas na película, de tal xeito que non apareceran nin na fotografía, nin nos decorados, nin no vestiario (nin dos actores , nin tampouco dos figurantes). Esto complicou todo moitísimo pero creo que foi moi valioso finalmente para introducir as sensacións estéticas buscadas no filme. oS ACToRES O traballo e o esforzo dos actores foi excepcional. Estou

especialmente orgulloso deles. Penso que en xeral están estupendos e cribles no filme. O traballo e esforzo de Lola é inconmesurable, está en todas as secuencias do filme, fixo un esforzo sobrehumano e o resultado é sensacional. Hai un par de secuencias que son practicamente improvisadas, creo que é unha actriz marabillosa nun momento boísimo e neste filme volcouse completamente; iso é unha sorte para min. Por outra banda, estou especialmente orgulloso do traballo dos actores da cuadrilla. Creo que Miguel de Lira está sublime, nun momento de madurez apabullante na súa carreira. Xúlio Abonjo, tirando de talento e de oficio, consegue facer grande un papel pequeno, e iso é algo que só logran os moi bós. Gonzalo uriarte fai unha das personaxes máis entrañables e ben construidas da película con moi poucas palabras, e por último gustaríame reseñar o gran descubrimento do filme, todos sabiamos que Touri é un grandísimo showman e comunicador, pero creo que neste filme queda claro que estamos ante un dos grandes talentos actorais puros. O triángulo amoroso que conforman con Lola os personaxes interpretados por Luis Tosar e Juan Carlos Vellido, é sensacional. Estou moi contento do resultado. Poder traballar cun dos actores máis grandes de Europa, unha vez máis,

é todo un privilexio, e os personaxes de Luis Tosar non defraudan nunca, por moi pequenos que sexan. O seu personaxe está ao principio e ao final do filme, pero na cabeza do espectador está constantemente presente. Para min Luis é simplemente o máis grande. En canto a Juan Carlos Vellido só teño que decir que está á altura de Lola Dueñas e Luis Tosar, iso non é pouco…pero sobre todo, non é nada fácil. Por último, gustaríame sinalar o rigor e a calidade do resto do reparto encabezado por Ledicia Sola que está estupenda, ademais de Alfonso Agra, Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Orsi, Farruco Castromán, María Tasende e especialmente un dos grandes actores deste país, o gran Morris, que creo que fai unha das mellores interpretacións da súa xa de por sí magnífica carreira, unha interpretación digna dun actor fino, contido e elegante como é él. Sinto un orgullo especial cada vez que teño a oportunidade de traballar con actores así, inmensos e xa feitos, como os tristemente desaparecidos Xaquín Marcos, ou o gran Xosé Manuel Olveira “Pico” a quen está adicada esta película; e por suposto os aínda activos (espero que por moito tempo) Miguel de Lira, Chete Lera, Mercedes Sampietro ou o propio Morris. Son historia viva e traxectoria coherente deste noble oficio, para min é toda unha honra aprender de todos eles.


Cans fiction A Divina Campos Cans é unha ficción. Que si, que non é real. Por moito que pensedes que os chimpíns, os veciños e as veciñas, as galiñas e os galos, as cervexas e as curtas teñen sentido... Non o teñen. É todo falso. Son decorados de cartón-pedra que uns operarios colocan cada mes de maio e figurantes con frase que lle dan verosimiltude ao relato. Facédeme caso, unha boa fonte contoume a verdade. É unha historia creada por uns marcianos enviados por un instituto de cinematografía interestelar para rescatar

Ángel Suanzes (xornalista. ZigZag Diario. TvG) ao cinema galego da abulia colectiva. E estes seres preocúpanse do cine. Si, como se foran Deus pero sen santos, igrexas nin vantaxes co fisco. E pensaredes que colocaron o dedo ao chou nun mapa e lles saíu Cans como localización do Festival. Sodes uns incautos. É un erro grave pensar nos extraterrestres coma se traballaran na administración pública. Elas, porque son marcianas, fixeron unha visita sobre o terreo e coñeceron á muller que vive na subida ao castelo. Descobriron a unha persoa especial, única, xenerosa e creativa. Divina providencia!!!! Souberon

@angelsuanzes que era o lugar axeitado. Non había dúbida. Todo perfecto. Bueno, todo non. Faltoulles colocar as letras de Canswood na montaña que se ve ao lonxe cando chegas ao festival. Pero non ían facelo todo ben. A fin de contas, as ficcións gustan máis se son imperfectas. E máis aínda, na época da non ficción en Galicia.

O xurado dos veciños: a ollada común O Festival de Cans conta un ano máis cun xurado formado por veciñas e veciños da parroquia. A súa visión é importante, é a mesma que a da maioría dos mortais REDACCióN

Dende uns anos para aquí, o Festival de Cans conta cunha ollada crítica de excepción, a dos veciños e veciñas da parroquia. un xurado formado por veciños de Cans visiona as curtas e dá unha opinión fresca e moi semellante á que poderíamos dar a meirande parte do público. Este ano o xurado dos veciños está composto por: “Felisa de Luis”, de 59 anos. Felisa aceptou ser xurado do Festival este ano porque é un gran ano para ela: prexubilouse despois de 43 anos traballando no matadoiro, e ademais é o gran ano do Atlético de Madrid, a súa gran paixón. Vive no barrio das Sequeiras. Mucha de Ramilo, 73 anos. Mucha vive na Adroza e queremos que sexa a

nosa homenaxe no xurado ás mulleres traballadoras de Cans. ás que traballaron na casa en silencio, ás que labraron os campos, traballaron nos montes e ademais sacaron con coraxe as familias adiante. Fernando do Monte, 63 anos. Durante anos foi capataz da Granxa Escola de Ponteareas, un dos berces dos enólogos galegos. Agora acaba de xubilarse e que mellor celebración que ser xurado do festival da aldea onde naceu no barrio do Monte. E “Merchi do Manisco”, 42 anos. Merchi traballa como peixeira no Mercado do Porriño. Alegre e extrovertida, a súa presenza este ano tamén no proxecto Can Casette ha convertela nunha das estrelas da presente edición. A súa casa está na Encrucillada, no barrio dos Eidos.

O grande humorista gráfico Xosé Lois, pai do coñecido personaxe “O Carrabouxo”, expón en Cans. Algúns dos seus traballos poderanse disfrutar na carpa do “Cans Voulevar”. Coa excusa da mostra, o equipo do Canzine pediulle que nos fixera unha viñeta en exclusiva para publicar nas nosas páxinas. Velaquí a tedes. ;)


O “coloquio na leira” con Gracia Querejeta REDACCióN

A directora, produtora e guionista Gracia querejeta protagonizará este ano o Coloquio na Leira do Festival de Cans, un espazo de encontro moi especial polo que xa pasaron ineastas de primeira liña. Filla do produtor Elías querejeta -recentemente falecido- e máis da deseñadora María del Carmen Marín Maiki, Gracia querejeta (1962) estudiou Historia Antiaga pero non tardou en integrarse no mundo do cine. É autora dunha poderosa filmografía, na que trata temas políticos, sociais e familiares cunha gran sensibilidade, o que lle reportou numerosos premios: a súa última longametraxe, quince años y un día (2013), sumou sete candiaturas aos Premios Goya, gañou dous premios en Málaga e foi elixida para representar a España nos óscar; Siete mesas de billar francés (2007) conseguiu unha ducia de premios en festivais internacionais, entre eles dous Goya; Héctor (2004) acadou dous premios no Festival de cine español de Málaga; Cuando vuelvas a mi lado (1999) obtivo unha mención especial no Festival de cine de San Sebastián; e a súa ópera prima, una estación de paso (1992), acadou o Premio especial do xurado na Seminci de Valladolid.

Goza de Cans! Hai uns días recibo un correo electrónico do bó de Diego Giráldez no que me pregunta se me apetecería escribir un pequeno texto para o "CanZine", no que fale sobre o que me apeteza de Cans e o seu festival. E é curioso, porque non é a primeira vez nin moito menos, nin será a última, que nos meus temas de conversación saco a relucir e presumo da experiencia que supuxo o meu paso durante anos por Cans. E creo que como eu, isto mesmo lle sucede a todo o mundo que pasou algunha vez por este Festival. A nivel profesional, Cans significou moito para min e recordarei con especial cariño os pases e os premios que as miñas curtametraxes conseguiron alí e esa primeira

Alejandro Marzoa (director de cine) proxección en Galicia da miña ópera prima “Somos Gente Honrada" chea de grandes momentos e alegrías, avalada por todo o cariño da xente que asistiu a ese pase. Pero o que sempre recordarei e nunca vivira noutro festival é a comunión humana que alí se xenera, como parece que cada día non remata e a noite se te xunta co día e o día coa noite nunha festa continua de cine e amizade, como os catro días que dura o festival parecen ser un só, o fabuloso trato persoal a cada convidado ou asistente ás proxeccións, como cada membro da organización e como cada veciño de Cans se desviven porque te sintas mellor que na túa propia casa: ese convite a polbo dentro desa minúscula cociña improvi-

@MarzoaAlejandro sada das casetas que durante eses días se montan polo pobo, esas charlas infinitas no bar de Moncho só interrompidas para iniciar a cabalgata dos "Chimpibuses" rodeado de amigos, a amabilidade e o cariño co que toda a xente de Cans te recibe. Sei que soa a peloteo e que é moi difícil resumir todo o alí vivido durante catro días inesquecibles, pero neste festival hai algo que transcende ó cine e que só entenderás se te deixas caer por Cans durante eses días, así que se estás a ler isto es un afortunado. Goza de Cans!


Unha auténtica fonra

Arturito e Fabía, “Os da Ría”, estarán no torreiro o sábado pola tarde. SAúL MACiñEiRAS JOVE, BióGRAFO OFiCiAL D´OS DA RíA (@OSDARiA)

“...Galicia agradece esta enxurrada de talento e non comprende como é que o grupo Correo Gallego inda non lles concedeu a distinción de 'Gallegos del Año'”

Logo de moitos ans de traxeitoria podémonos considerármonos aos da Ría un dos grupos senlleiros da múseca liviá galegueira que ocupa por méritos proprios, só nalgúns casos, un lugar privilexiado no moble bar do corazón dos galegueiros e, sobordes todo, das galegueiras de ben. Arturito e Fabián poden fachendexar de teren actuadelado enriba dalgúns dos esceairios máis senlleiros do Estado, nalgúns casos mesmo embaixo deles, acompañando as máis senlleiras vicetiples de Madrid ou Barcelona como Conchita Velasco, Norma Duval, Ana María Matutes, Mercé Rodoreda, isabel Tocino ou Corina Porro... Emporiso que os nosos benqueridos trangalleiros ficaron entrequeloutrados cando a súa enrepresentante An Triñáns lles anunciou que habían actuar por fin no festival de Cans do Porriño. ‘Cans?’, Porriño? Estás ben An Triñáns? Volvícheste

enganchadelar ao craque?’ foi o primeiro que perguntadelou Arturito Puy epatado pola curiosa toponimia da comarca... ‘Si, o festival do agroglamour, dos galpóns e das galiñas’, retrucou entusiasmada An Triñáns, que inda é xoven. ‘Pero é que hai galiñas?’, perguntadelou daquela arrepiado Fabián Santomé. Por un intre, Os da Ría estiveron a píqueles de cancelar o seu enagardado boulo no Festival porque Fabián Santomé nunca superou de todo aquel seu problema cunha galiña cando era moi pequeno. ‘ui, o tema aquel da galiña. Mellor non llo mentedes. É demasiado escabroso’, recórdanos conmovido Arturito Puy. ‘Lévao bastante mellor que hai uns ans pero, con todo, é mellor non sacarllo a coazón’. Resolto por fortuna para todos os nóscolos o problema avícola, ODR recoñecen que é unha ‘fonra’ actuar por fin no Torreiro de Cans. Arturito e Fabián, dos poucos galegos inmunes á ‘crisi’, non pregunten como nin grazas a que, están máis fortes e brillantes que nunca; as súas voces chegaron a un punto delicioso entre a perfección vocal e certa fraxilidade un bocado quebradiza, que as fai irresistíbeles; e conservan a mesma vontade de epatar de cando eran xovens en os 80. O seu obxectivo é seren capaces de gustarlles tanto ás avoas, como as nais ou ás fillas; en definitiva, convertérense en eternos, se é que non o son xa que algúns din que si, que claro que o son, que mesmo o aseguraron no Telexornal... Galicia agradece esta enxurrada de talento e non comprende como é que o grupo Correo Gallego inda non lles concedeu a distinción de 'Gallegos del Año'.


Cans movie: Coppini DEBORAH VuKuSiC (@LAVuKuSiC)

Cando penso en Cans móntaseme o meu propio makingof, coma esa Facebook movie coa que nos aturdiron os nosos amigos. As veces é por a mención directa; outras máis tristes, por o pasamento dun dos nosos artistas ou alguén da aldea do Agroglamour. Este ano está sendo ben duro: xa marcharon, entre outros, Serafín “O jordo” e Germán Coppini. Do primeiro artista podo dicir que logo de facer de figurante de mozo chegou a prota no docu “querida Gina” de S. Sotelo. Dame moita pena que non chegara a velo pero moita alegría que con esta peza nós si poidamos seguir disfrutando da súa retranca. Do segundo home alédanme o seu legado e máil-as conversas que mantiven con el por o festival do ‘12. Eu viñera por a estrea de “Personal Movie”; el facía de d.j. e de xurado. O venres vímonos no Moncho e baixamos a modo para xantar na do Cid. Falamos da súa música, da miña poesía, da importancia das sinerxias e por o bo feeling confeseille que o imitaba cando era nova. Xa á mesa as pitas acompañaban as historias de Carré, De La Cruz e da Coixet, que aterraba con gravidade 0 e alucine 100. Germán e máis eu sentamos cos de produción e

comprobei as súas evasións. Ao rato volvía á terra, escoitaba as anécdotas das edicións anteriores e ría movendo os ombros. De cando en vez soltaba un chiste de humor negro sen deixar a empanada. Non sei se porque de Coppini esperaba ironía e non chistes, a verdade é que me facían escachar. O xantar pasou rápido como pasan os 4 días de festa. Rematamos onde comezara a nosa conversa, baixo o camelio, apoiados en 2 coches. Lembreille que coincidíramos no ciclo de Poesía Salvaxe de Ferrol i ebria por a atmósfera do festival ou sentirme case amiga dunha icona dos 80 fíxenlle outra confesión: que bailara feliz naquel concerto do Jofre porque, xunto á orquestra OMEGA, lograra facer maxia. Enchéuselle a cara de luz e recoñeceu aquel concerto coma un dos especiais da súa carreira e chamamos ao organizador daquel evento. Entón chegou a furgo que o levaba ao aeroporto, intercambiámonos os teléfonos coa idea de traballar xuntos e dende a porta do Moncho vin como marchaba, coa mochila ás costas, para seguir sendo o outsider do underground, o artista humilde e o home comprometido, que foi até o último día. Baixo o camelio vino marchar para ficar con aquela imaxe, que formará parte para sempre da miña Personal Cans Movie.

Germán Coppini durante a súa sesión DJ na “Noite dos Clips” do Festival de Cans 2012.

Foto Rafa Costas.


Heredeiros da Crus trae o Nadal a Cans ribeirenses ao longo da súa traxectoria “Estamos encantadísimos polo que é máis que considerable: ¿quen non significa o festival, por como se fai e tarareou algunha vez que jallo é ou íscapolo que se prantexa. O feito de que se lle lura dende a pantalla do Xabarín? faga nunha aldea resulta entrañable e ¿quen non lembrou a mítica furgoneta para nós é unha honra poder particiEvangelina cando quedou tirado en calpar”. quen se manifesta dunha maneira quera estrada? ¿quen non coreou o tan contundente é Javi Maneiro, voz de My Sharona, de The Knack. trocándolle Heredeiros da Crus. E por iso, o que a letra pola proposta herdeira: “O teu andan a preparar para o torreiro vai fillo mexa pis / mexa pis / eu non che ser algo moi especial. son parva /son de “Será o noso primeiro Bar–selona”? Pois velaí. “Será o noso primeiro concerto concerto da xira de verán, Pero á marxe das ocoda xira de verán. En Cans logo iremos a Madrid e desrrencias do letrista, estrearemos nova lista de pois faremos varias cousas Heredeiros, malia que parecancións, pero tamén vai haber por Galicia. Contamos con za que non o queiran apasorpresas impresionantes”. estar traballando todo o rentar, son unha banda con verán. En Cans estrearemaiúsculas. E para entenmos nova lista de cancións, pero tamén nosos clásicos e algúns temas do novo der esta afirmación o mellor é asistir a vai haber sorpresas impresionantes”. disco que consideramos que teñen boa un dos seus concertos. Alí é onde eles Javi non quere adiantar moito do que saída entre o público. Vai ser unha lista se mostran en todo o seu esplendor, vai pasar no torreiro para non estragar 100% funcional, para cantar e botar. Heredeiros en estado puro, espallando esa sorpresa, pero conseguimos tirar- Porque o que interesa é que a xente dis- adrenalina e algaradas, provocando lle da lingua un pouco máis: “Só che digo frute”. coa súa delirante maneira de entender que imos adiantar as festas do Nadal Con estas premisas ¿alguén dubida o show e facendo disfrutar ao personal. ao mes de maio. imos levar o Nadal a de que a cita de Cans vai ser poderosa? Cans ofrécenos esa oportunidade; desCans. Vai ser algo tremendo”. Porque a pegada que deixaron estes perdiciala podería ser ata pecado... A. PEDREiRA

quedámonos con iso e volvemos a preguntarlle sobre esa nova lista de cancións. Lembremos que Heredeiros leva oito discos ás costas e que en 2013, logo dun tempo de descanso –proxectos paralelos incluidos–, editaron o seu aclamado Jard rock con Fe, a súa última aportación, polo momento. “imos facer unha especie de Grandes éxitos, con todos os

"Para min tocar cos Heredeiros en Cans é como levar á familia a un puticlú" Tonhito de Poi A primeira ves que toquei en Cans foi o concerto inaugural e tivem que esperar a que o Sr. cura rematara a misa. Ser teloneiro dun Ministro de Cristo e algo que nunca me pasou e marca na médula. Ó sair da homilía os feligreses apuntáronse á bacanal. O que lle chaman: comulgar con cervexa A segunda vez que toquei cortouse o tráfico, algo que estaban reclamando os da organización e saiu coma a selección natural, a xente xuntouse ata que os coches non puideron pasar, aparcaron é apuntáronse ó delirio. Os Señores municipales non tiveron outra que por vallas, cortar a nacional e o que quedou dentro tivo que chupar ata os bises. E esta é a terseira ves que toco e vou coa familia así que non sei que vai pasar, o mínimo que podo prever é que saltará todo polos aires. Os Heredeiros en sí xa "mimadriñaquerida" e o Festival de Cans xa é pura rasa loba. Nin sei que desir... Que a xente veña preparada para todo e máis algo que nunca se inventou.


“Los Coronas”, desbrozando ambientes cinematográficos

“Los coronas” estarán no Torreiro o venres á noite. Colímolos a todos a un tempo para que nos contestaran a unhas preguntas. Velaquí tedes o resultado. AMPARO RODRíGuEz (@AMPAROOJEA) FOTOS PAOLA BRAGADO

-Este ano moverán o torreiro a ritmo de rock and rol, surf music instrumental ou... ¿que ritmos escollerán para este concerto? -Moitas melodías rexionais ao compás de ritmos importados da outra beira do Atlántico. -Tocaron en festivais semellantes a este? -En festivais de cine si; o r&r instrumental préstase moito para desbrozar os ambientes máis cinematográficos. -Roberto Lozano "Loza", Javi Vacas, David Krahe, Fernando Pardo, Yevhen Riechkalov... conforman Los Coronas, pero pola banda pasaron algún máis... ¿como enriqueceu ao grupo o paso destes músicos? -Se lles preguntas a Javi e a Loza diranche que o grupo, coa vella sección rítmica, soaba moi musculoso pero pouco sexi. Todo dentro do “borrollismo” xeralizado e dito sen acritude ninguna. -100% instrumental... Esta debe ser a eterna pregunta, pero eu tamén vola fago. -Somos homes de principios, pero cando eses principios

no lle gustan ao público, cambiámolos, non hai problema. Por iso agora deunos por convidar a cantantes nas nosas últimas gravacións. De maneira que podemos deixalo nun 99%. -Percorreron distintos países e traballaron con músicos dentro e fóra das nosas fronteiras. ¿Vívese doutro xeito a música dentro e fóra de España? -A música dalle forma ao ambiente festivo en calquera cultura, pero aquí ese concepto artístico da festa só se percibe con intensidade dentro do ámbito flamenco; semella que as reunión sociais aquí xiran máis en torno a una tertulia ou una partida de dominó, que temos un concepto máis garrulo da celebración. Noutros países a música en directo é un ben cultural máis interiorizado e do que se disfruta con máis naturalidade. -Fernando Pardo e David Krahe son os históricos do grupo. ¿Como foi para os novos traballar cos veteranos de Los Coronas? -Co rollo de “poli bueno / poli malo”, ao principio tíñannos asustados; a Loza non lle deixaban usar os timbais non o hihat e a min dicíanme que tiña que tocar con púa e que me

sobraban a metade das cordas… Pero fumos collendo confianza e ao final saíulles o tiro pola culata porque agora nós somos os putos amos do grupo: cando saímos de xira pasan o día cargando o equipo e facendo entrevistas. Eles ocúpanse de algunas cousas de importancia e nós de todo o importante. -Temas propios e versións... ¿Algunha preferencia? ¿que é máis arriscado? Non hai preferencias; se analizas o que fas nunha banda de r&r instrumental dende o punto de vista do risco, acabas por te convertir ti nun factor de risco. -Por que xurde Corizonas? Xurde da máis absoluta necesidade artística e profesional. Porque é algo natural xuntarte a tocar con xente coa que tes vínculos e afinidades. No noso caso tamén pon en evidencia que en España resulta difícil vivir dun só proxecto musical… -Saben o que é un "torreiro das festas"? ¿Pisaron un algunha vez? -¡Nin idea!


Cans, Cadelas e Patos

Así, rapidamente... -Se lles digo Festival de Cans… ¿que é o primeiro que lles vén á cabeza David: ¡Menudo subidón! O primeiro que pensei foi que marchábamos a Francia. vacas: ¡Eu tamén! Fernando: ¡E eu! Loza: Estes non teñen nin idea, pero eu ben sei que o Festival de Cans é una das citas máis importantes do ano no cine alternativo en Galicia e que se celebra nunha fermosa aldea de Pontevedra. (Mireino todo na Güiquipedia). -"El Baile Final" é un disco no que se homexea o western... ¿a que película lle porían banda sonora?

David: Curro Jiménez vs Alien. vacas: A unha de porno setenteiro. Fernando: A un capítulo de Breakin’ Bad. É a miña serie favorita. Loza: Eu poñería música ás películas que nos conta Rajoy. ¡Forraríame! -E... ¿que película lles gustaría protagonizar? Loza: De Tommy Ramone nunha sobre o CBGB. David: Eu quero facer de Ruíz Mateos no biopic. vacas: unha de porno setenteiro con moito pelo. Fernando: De Aaron Spelling. Ese tío era o meu ídolo, producíao todo...

Cristina Pato (gaiteira e pianista) @CristinaPato A arte é emoción pura, estimula a imaxinación, a creatividade, a curiosidade, que son valores fundamentáis na nosa sociedade. E a arte ten un poder transformador inexplicable. Para mín Cans, o pobo de Cans, é xa un referente de este poder transformador... Ver cómo a heteroxénea comunidade de Cans se reconvirte para asumir e levar a cabo algo tan fascinante como o Festival de Cans foi toda unha revelación. Chegar a Cans foi como chegar á miña casa (aínda que fose, probablemente, a primeira vez que pisaba o centro do pobo). Traballar coa fermosa comunidade de veciños de Cans foi como traballar coa miña familia, como voltar atrás no tempo feliz da miña infancia no que no meu pobo nos reuníamos 70 primos e o pobo se veía cheo de vida, de alegría e de emoción. Non sei se en Galicia somos conscientes do valor e o poder que transmite o Festival de Cans, pero dende que toquei no voso Jalinheiro non parei de pensar en qué pasaría se todos os pobos de Galicia tivesen “un Alfonso Pato”, un visionario que soubo compartir o seu talento para levar a cabo unha idea, un soño, que xa cambiou a vida do seu pobo, e xa cambiou a vida de Galicia. Gracias Cans por darme ilusión, recordarme a alegría que transmite o traballo da comunidade e deixarme formar parte dun dos proxecto máis emocionantes da nosa terra. A Pato lle debe ao Pato, aos Cans e ás Cadelas un agradecemento profundo pois estades facendo historia; estades transformando Galicia. Gracias Cans por abrirme as portas da vosa casa. Gracias Pato por inspirarme tanto. A Pato da Jaita lévavos no corazón.


“Pato, estou nunha rotonda” Na primavera de 2005 a actriz Camila Bossa mandoume esta mensaxe ó móbil: “Pato, estou nunha rotonda. Que fago?”; ía contestarlle que seguir xirando ata dar coa saída, pero ó pouco mandou outra mensaxe aclarando que me confundira co outro Pato (Alfonso Pato, con quen comparto moitos amigos e tamén, para a nosa desgraza, o mesmo nome de contacto nas súas respectivas axendas telefónicas). “Pato, estou nunha rotonda” foi a primeira dunha longa serie de mensaxes que, ano tras ano e sempre nas mesmas datas, chegaban por equivocación ó meu móbil, cada vez con máis frecuencia, medrando ó mesmo ritmo que a sona de Cans, e francamente incomprensibles para calquera que non estea familiarizado co contexto (“tou no galpón Friki”, “de ónde sae o Chimpínbus?”, “na leira con Bajo Ulloa”, “ves ó concerto do galiñeiro?”); algunhas eran preocupantes (“estou borracho e non teño onde durmir”);

Xosé Castro “Pato Zopilote” (guionista ) outras, só inquietantes (“He visto a dios y se llama Tony Lomba”). Ó principio eu só contestaba que non era Pato de Cans, senón Pato Zopilote; pero non tardei en descubrir que, aproveitando a información que se desprendía dalgunhas mensaxes, podía responder ó que se me preguntaba noutras, aínda que non acabase de entender moi ben de que ía o asunto; por exemplo: “O horreo está petado. Marcho” (mensaxe de Víctor Fábregas), “Hai moita xente facendo cola no horreo?” (mensaxe de...); “Fábregas di que está petado” (resposta miña). O seguinte xa foi baixarme o programa do Festival para poder contestar o mellor posible ás preguntas. Metinme tan de cheo que acabei por confundir as preguntas que ían dirixidas ó outro Pato coas que me mandaban a min: “unha birra? Di ti onde?” (mensaxe dun amigo que me animaba a baixar a tomarlle algo en Santiago; “no… sei que a esta hora están todos alí” (a miña resposta).

Finalmente fun ó Festival en 2008 e vin cos meus propios ollos os galpóns, o Torreiro, os chimpíns, a leira de Alicia e si, tamén descubrín a natureza divina de Tony Lomba. Desde entón son un declarado cans-adicto, ata o punto de atrezar cun can amarelo un dos decorados da serie na que traballo e de patrocinar, xunto cos meus socios Carlos Ares e Andrés Mahía, un dos galpóns do Festival. Na edición do ano pasado recibín un chimpín de prata. Oficialmente, déronmo por formar parte do equipo que fai Era visto! Pero eu sei que foi polo traballo que realicei ó longo destes suplantando ó outro Pato nalgunhas das súas funcións; algo así como as condecoracións que reciben os axentes segredos por prestar uns servizos á Nación que nunca saen á luz porque son segredos de estado.

Kepa Junkera, músico

“As etiquetas non sempre definen con exactitude o traballo que se está a facer” Pillamos a Kepa Junkera no coche de volta dun concerto en Melide; amable, agradecido co trato recibido e vital resposta ás nosas preguntas. Antes de comezar explícamoslle o que é un galpón, lugar oonde nos relatará a súa experiencia coa curta documental "De Pazos a Kepa", da que veremos un avance en Cans. AMPARO RODRíGuEz (@AMPAROOJEA)

-Sabe onde se vai meter? -Sí, claro. Algúns amigos meus comentáronme como é o Festival de Cans. Xa sei que é un festival moi especial e agradézolle a Alfonso Pato a súa colaboración nos meus proxectos e o seu interés en que participe no festival. Todas as referencias que me teñen chegado son moi boas. -Vai tocar nun galiñeiro... -Eu xa levo tocado en milleiros de sitios distintos porque moitas veces no mundo da música tradicional van saíndo emprazamentos que nada teñen que ver cos escenarios habituais e que resultan espazos moi divertidos. Apetéceme moito tocar en Cans. -Nun galpón ofreceranos o avance da curta documental "De Pazos a Kepa", ¿como son os galpóns na súa terra? -Exactamente galpóns... non temos. Non acostumamos ter edificacións soltas, normalmente son caseríos "baserris", eu mesmo vivo nun deles. Coñezo os galpóns, vín fotografías e teño moitas ganas de estar nos de Cans. -que sabor de boca lle quedou logo da experiencia do documental? -O dunha grande experiencia porque hai un percorrido de idades incríble, dende xente moza da canteira a xente como Pablo. Tiven moita sorte por traballar cun abano tan amplo de xente que me permitíu achegarme á cultura de Galicia. Pola parte de Paco tiven o pracer de atoparme cunha familia super hospitalaria, encantadores, amables... a sabiduría de Paco e a súa paixón xustifican calquera viaxe e calquera experiencia.

Kepa, Pazos e o seu neto.

Estou moi agradecido de que contaran conmigo para este corto documental. -O seu último traballo, “Galiza” ¿como foi e como esta a ser? -”Galiza” é un traballo de máis de 200 persoas que colaboraron conmigo... Luar na Lubre, Os Cempés, Son de Seu, Budiño, Susana Seivane, Cristina Pato... estou moi agradecido pola súa implicación e xenerosidade. “Galiza” son moitos anos de concertos, de viaxes e de vivenzas. -Non lle gustan as etiquetas que acostumamos por á

música... -E que ás veces non definen con exactitude o traballo que se está a facer. -O seu é música tradicional? -A resposta é: para vostede é tracicional a guitarra? -Si, pero... -Pois claro, a etiqueta depende moito de quen a poña, da súa percepción. Eu traballo con instrumentos tradicionais pero son un creador. intento crear cos instrumentos que teño.


O Festival de Cans conmemora vinte anos de Bravú

Cans, maio 2014: principia o AnoBravú XuRXO SOuTO

Chantada, 1994, noite de Santos. Convocados polos Rastreros, grupos de toda Galiza citámonos nunha cea na a aldea de Viana e inventamos o BRAVú. O cheiro da carne do monte, sen capar. Verdadeira metáfora do que queriamos facer, música do noso tempo, cargada de distorsión, mais cun cheiro definitivo do lugar onde nacemos Aconteceu algo extraordinario. inmediatamente houbo grupos “bravús”, grupos “anti-bravús”, os que o eran e logo non foron, os que non eran e logo viñeron a este retrouso. O brinde dun fato de rapaces a incidir niso que se chama cultura. Reunidos, non na Coruña-Santiago-Vigo, senón na taberna do “Sistema”, a converter a aldea no centro do mundo. Polo ben que o temos pasado, para que a xente nova atope contra quen turrar, e porque a lingua galega segue a precisar “volume brutal”, catro lustros despois principia o AnoBravú. E principia –na aldea tiña que ser- en Cans rodeados de agroglamour. Os Diplomáticos de Monte-Alto colaboramos nesta aventura cunha presentación mundial. Proposta subversiva: un vídeo no que Vigo e A Coruña aparecerán por primeira vez nunha pantalla como unha mesma cidade…e que rabeen os repunantes ! Cans, 2014. Comeza o AnoBravú, tanta paixón quen poderá detela !

“Chantada, 1994, noite de Santos. Convocados polos Rastreros, grupos de toda Galiza citámonos nunha cea na a aldea de viana e inventamos o BRAvÚ. o cheiro da carne do monte, sen capar”

Xabarín ViNTE en Cans

Awambabaluba vai vai bravú ALBERTO CASAL (DiRECTOR

DE

XABARíN CLuB)

Falar de memoria do BigBangBravú e da Xabaorixe faime parente de “Funes o memorioso” coa síndrome Bartleby. Tiña vinte anos menos pero (coa venia, don Marcello) “io me ricordo”, claro que me acordo. Son nada EraserHead. Colecciono certa neurose doce de listador Pérec... imos aló. Abril 94 (Bye bye, Cobain, ola Xabarín!) e dun chimpo ata novembro, na finde do 2º Castañazo Rock en Chantada. Cousa substanciosa contra o mundo desde a taberna “El Caballero de Viana”. Veña a darlle voltas ao “nome da cousa” na máis auténtica e -concienzuda- sesión de nominalismo rock que recorde. Vaia, a única que recordo. Ben unánime saiu o Bravú, se cadra... Ou non. Cóntovos. á noitiña -cos bolos- unha pancarta: <We just came from Manchester to see Heredeiros da Crus>. “Planaso”. Eu que fora “El testigo oidor” de tanta encendida oratoria, feliz convidado da diver-ortodoxia diplomática de Xurxo e compaña… asisto -infiltrado de primeira man- ao parto alive do futuro supervendas do rock en galego. Sí, Tonhito, Fran, Javi, Tuchiño e Medín saíron <crusados> ao seu aire do tal <jrunje jallejo> (sic). Nel tratabase de dicir carallo! e de pasalo ben sen mancarse... e ata hoxe! Os bravús racharon noutras beiras. Pero todo ben, ei…e uns e outros, están hoxe de volta. Eu tamén volvín de Chantada. E coa cassette da Cuadrilla de Pepa a Loba nun loop non-stop rompendo a cabeciña. Todo ben. Ata chegar ao curro na TVGalaxia San Marcos. Entro en trance “i saw the Light” (coma se viñese de copas co mesmiño Johnny Cash. Entendédeo: duraban os efectos da aura fundacional:

non tódolos días, consideran a un: “pai da bravura”) pero a euforia <jrunje-bravú> morreume toda cando me espetan na redacción: -“Claro, tío… tú no lo sabes: palmó Toñito!”. Prodixio periodístico de síntese, sense and sensibility! O toque “Era visto!”, avant la lettre! Despois diso, me gustaría non ter subido a aquel “Forfi”. Non ir nunca aló… ao cemiterio da Mariña. Coa procesión por dentro e cun extraño “camiño longo” mistura de Batallán e McCartney no tarro. Na viaxe -ida e volta- pouco falamos. Seica quedou todo dito no enterro de Antonio Blanco.Tampouco parou a cinta na que viña o de “Carallo con Juan Ramón” e máis perlas de batea dos protoHeredeiros. E eles xa non tardaron en cociñar churras, porquiño e luras para cantar con Xabarín nos discos, nos clips da tele, nas Xabaxiras... E o resto é historia! A de vinte anos do rock en galego. Daquel <Awambabaluba vai vai bravú!> quedoume algún libro, feixes de discos, amizades e xabaviñetas en serie. Nas mellores, vexo a entusiasta pantasma pop de Toñito! ás veces quedamos para dar unhas voltas -de máis- na lavadora do Caimán do Tea… Aínda vai marchando, que alguén a trucou e sigue a Xabacentrifugar ideas. Pero coa maldición de só funcionar no programa máis lento. Dentro dela -hai unha eternidade- quedou estragada a miña camiseta bravú! É o que teñen as máquinas: poden durar unha vida…só hai que mirar por elas! Pois iso. Coidádeme o material! Non esquezades que Xabarín ten corazón… electromagnético! O porquiño polo que vale! Xabarín xa te vin no chimpin!


+música

Membro do Grupo Nove, o cociñeiro Pepe Solla meterase ata a cociña dun dos lugares emblema do Festival de Cans, o Jaliñeiro, onde amosará que lle dá tanto xeito á guitarra como aos fogóns. Fan incondicional de Pearl Jam, ¿quen sabe que nos preparará para a ocasión? Sábado 24 | 17:00 | Jaliñeiro Unplugged.

Cans Voulevar querido Estraño Como acabado de saír dun western, querido Estraño, alter ego musical de Arturo Delgado, preséntase en directo acompañado simplemente do seu sombreiro vaqueiro, guitarra, harmónica, percusión primitiva e toneladas de paixón. Sábado 24 | 16:30h. | Cans voulevar

The Cool Experience

Nunca un dúo tivo tanta enerxía enriba do palco. Drum´n´Bass Vocal en estado eléctrico que explora a sonoridade rotunda do soul, do afrobeat e do funk cantado a dúas voces acompañadas por un híbrido baixoguitarra e unha batería moi potentes. Sábado 24 | 18:30h. | Cans voulevar

Os Carunchos

O Cans Voulevar arderá a lume de carozo coa incombustible festa rachada dos Carunchos, unha formación curtida en festas, seráns, festivais e escenarios que prometen diversión, e que este ano festexa o seu vinte aniversario. Xotas, muiñeiras, valses e rumbas sen límite para non parar de bailar. Sábado 24 | 22:00h. | Cans voulevar

Caxade é o novo proxecto persoal do músico Alonso Caxade, neste momento unha banda musical pero que veu a luz en 2012 como proxecto audiovisual. Levarán ao Jaliñeiro a súa particular proposta folk-pop: música elegante, sinxela, surrealista posmodernista, de discurso irónico e reivindicativo. Sábado 24 | 18:00h. | Jaliñeiro Unplugged

Los Árboles na Can Parade Pisando forte co seu último disco Los días que quedan son nuestros, desembarca no Porriño esta banda chamada a converterse nunha das continuadoras da máis excelsa tradición do pop feito en Galicia. Pop sen fisuras que non deixa indiferente. Xoves 22 | 22:00h. | Na calexa detrás de o Sótano

Estrea de “Agroglamour” Con máis de trinta anos de historia e unha tradición que se remonta atrás máis dun século, a Banda de Música de Salceda banda será a encargada de estrear o pasodobre Agroglamour, composto por Rogelio Groba para o festival. Sábado 24 | 13:30h. | Torreiro


Amable sincronía Da Razmatazz ao chimpín

Amable DJ súbese ao chimpín o venres ás 2h. no Torreiro.

Foto Razzmatazz.

SERGiO LAGARTiJA

A min non me chama a atención esa teoría recurrente dos seis graos de separación porque é forzada e oportunista. Confeso, en cambio, a miña máis absoluta devoción polas forzas invisibles do universo, polas leis indiscutibles da Natureza, e devánome os sesos tentando pescudar os seus mecanismos, os seus períodos de actuación ou, na miña sinxeleza, limítome a gozalos, fascinado. A principios de século andaba perdido. Acababa de deixar os meus estudos universitarios (que iniciei moi pouco convencido) e malvivía cos únicos ingresos das miñas ocasionais pinchadas. Nada estaba claro. Nin sequera se quería ser DJ. Non me sorprendín cando aproveitei a primeira oportunidade que me xurdiu para irme fóra e estblecinme en Barcelona, a pesares da súa vasta extensión e do seu agobiante clima. Con todo en contra, fíxenme un home, traballei de sol a sol e incluso tiven tempo para o ocio, normalmente en Razmatazz, onde Amable sentaba cátedra. As súas sesión sorprendíanme pola habilidade para misturar rock con electrónica de tal xeito que sempre parecía estar no seu punto xusto. En Vigo aínda non sabíamos facer iso. Non desa maneira. Os Hives casaban á perfección con The Postal Service e logo viñan os Smiths, que semellaban estourar cando, xusto no intre de coller aire, subían a lomos do beat do Swastika Eyes, de Primal Scream. A fórmula era –e aínda é– infalible, incontible. Eu aprendín moito de Amable. Despois perdémonos a pista. Eu tamén me fixen DJ e, ben, non me foi mal; e Amable seguiu ao pé do canón manténdose ano tras ano no top dos mellores DJ’s do país. Pero nalgún punto intermedio, unhas mans invisibles empurráronnos e saltamos eses malditos seis graos de separación coma se fosen chanzos, chegando a compartir cartel en diferentes salas e festivais. E será en Cans, como festival que me roubou a alma, o punto álxido desta sincronía.


mixturadora

Merchandising As camisetas de Reizentolo, os imáns de Paco Candán, o colgante e os pendentes en prata de “Joyería Covelo”, as chapas, as novas tazas, calcetíns!... Non digades que non hai onde elixir!

“Tu voz entre otras mil” Estrea en Galicia do documental Antonio Vega. “Tu voz entre otras mil” Coa presenza da directora Paloma Concejero. Ao longo de catro anos, e ante a presenza do escritor Bosco ussía e a súa gravadora, Antonio Vega foi rememorando momentos da súa biografía, impresións e recordos que poderán escoitarse por primeira vez tal como xurdiron, e que desmenten falsos mitos e rachan a estereotipada imaxe triste e atormentada difundida polos medios. o venres ás 17:00h no Baixo de Bugarín.

onde collo o bus? O bus ten 4 paradas: - O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma) - instituto/Hotel internacional (para os que aparquen no Pavillón do Porriño e detrás do Restaurante Manolo) - Restaurante Guanabara - Cans (rotonda de Adroza, na estatua do Can) HoRARIoS: Venres de 20:00h a 4:00h/ Sábado de 11:00h a 20:00h e de 21:00 a 4:00h Servizo de ida e volta cada 20 minutos. PREZo: 1€ por día.

onde aparco? Detrás do restaurante Manolo (a 50 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans) - No Restaurante Guanabara (a 100 metros da saída 305 da autovía e a 5 minutos de Cans). - No Pavillón Polideportivo do Porriño (a 500 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans)

Cans Xtremo Os deportes extremos, o risco e a singularidade están abríndose un novo camiño. Búscanse novas historias, búscanse novos públicos e a función de Cans, coma sempre, é ser ese intermediaro entre os directores e o público ávido de novidades. En Cans dous exemplos: “El tiempo futuro” e “O eslabón perdido”. o venres ás 16:00h no Baixo de Moncho.

Cantata musical Todo pasado ten música. Coas historias que nos contaron os veciños, o asesoramento de SinSal Audio e con Xurxo Souto como guía, este ano faremos un orixinal roteiro pola aldea. O sábado para os máis madrugadores. Non o perdades!


....................... Cans a través dos ollos de

Alberto Pérez Barahona (fotógrafo) @APBM_ViGO

Cans é festival de curtametraxes, é cine, música, comida, festa, bo rollismo, para todos os públicos, pero sobre todo é algo que paga a pena. Cans é a organización, actores, directores, chimpíns... pero aínda o son máis os seus habitantes, sen eles Cans non sería o que é, perdería a súa esencia, a súa "rareza" e o seu encanto. E por iso cada ano prémiaselles, agradéceselles e dáselles os parabéns polo seu compromiso co festival. Alicia poderíase dicir que ten un dos palcos privilexiados de todo o Festival e pode estar atenta de todo o que acontece no certame sen necesidade de saír da súa casa. O ano pasado o señor que canta música lixeira e que non deixa a ninguén indiferente, Tony Lomba, agradeceulle cun bonito ramo de flores toda a axuda e amizade amosada ao festival todos estes anos. O festival de Cans non debe morrer nunca. Eu de maior quero ser de Cans.


Profile for Festival Cans

Canzine 2014  

A revista oficial do Festival de Cans (O Porriño)

Canzine 2014  

A revista oficial do Festival de Cans (O Porriño)

Advertisement