Cartafol Nº 11

Page 1

CARTAFOL IES DE COTOBADE

Entroido

Nยบ 11

Deporte

Chavasqueira

Contacontos

Deporte

CURSO 2010 - 11 1


1ยบ ESO

2ยบ ESO 2


INDICE Fotos Indice Cruceiros de Cotobade Letras Galegas, Lois Pereiro Voluntariado Galiciencia Virxilio Vieitez Laxeiro O Nadal Receitas de festas tradicionais Samaín. Herbas Medicinais Entroido Rutas Literarias Club de Lectura. Teatro Les Femmes. Le Canon en Bois Megatoxos Cruz do Castro San Martiño de Verducido, Almofrei Lendas de Cotobade Deportes Río Almofrei Froita na escola Comité ambiental Educación para a Saúde Día da Paz Persoeiros de Cotobade Día internacional da lingua materna Unha viaxe para todos Somos galego Adiviñas Poemario Lecturas de verán Viaxeiros Lecturas Cómic Quebracabezas Mitoloxía na publicidade Cultura Clásica Anuncios

Calzada romana Almofrei

3

2 47 3 4 5 48 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46


As pedras dos cruceiros son borralla de tempo feita rocha sobre as cales sopraron os canteiros, eses deuses telúricos que axexan agachados no misterio. Estades ante o tempo. Descubrídevos. Recollede os espíritos… Silencio. Están falando as pedras dos cruceiros. Miguel Anxo Mouriño Almofrei

Carballedo

O Cruceiro O xesto monacal da pedra benzoa o acougo da aldea… Axeónllanse os camiños abrazados ó cruceiro, nunha azul eternidade de pedra e ceo. A agonía do solpor conmove o pranto da terra, e a paisaxe persígnase con santas cruces de pedra. A campaíña de prata do día, latexa un ángelus de epifanía. E o sol agoniante vén a encravarse na cruz, abríndo os marelos brazos como o salvador Xesús.

Corredoira

Cruceiro da ermida Cruceiro da ermida que te ergues solitario dos agros na explanada ante as rosas dos campos o sol da tarde pousa en ti postreiro raio coma nunha alma triste por un soño dourado !

O cruceiro do monte Cruceiro da montaña, ti sabes do meu verso na barca da Saudade, proa enfiada ao eterno, a vela inzada de diviña Espranza, por proel Relembro!

Rosalia

Cabanillas 4


Lois Pereiro

Poeta que naceu na localidade lucense de Monforte de Lemos en 1958. Aos dezasete anos marchou a Madrid para realiza os estudos universitarios e alí fundou, xunto con Manuel Rivas, Menchu Lamas, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia, de carácter renovador, onde deu a coñecer as súas primeiras composicións, que se recollerían na obra póstuma Poemas para unha loia; seguido de Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia (1997). De regreso a Galicia, formou parte dun grupo de poetas dos anos 80 radicados na Coruña (Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Seoane, etc.) que participaron nas publicacións colectivas De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), cos que tamén colaborou en Luzes de Galiza, onde viron a luz os primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. Unha gran parte da súa produción, espallada en diferentes medios escritos, recolleuse nos libros Poemas 1981-1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) [1995]. Faleceu na cidade da Coruña en 1996.

O corredor de fondo perde o alento fuxindo dunha vida inzada de renuncias da sua liturxia obsesa e oleosa, mediocre nos seus comunais fracasos, bágoas de xelo, indagación contida non deu chegado a tempo de exercer a súa rebelión nin de levar a cabo a súa vinganza definitiva contra un mundo inxusto, homicida e cruel pola inutilidade da súa propia vida solitario, enfermo e fatigado, a morte fatigouse e chegou antes. Outono 95.

Se a morte é un incidente necesario que me penetre calada e sen furia a traizón é uniformemente cruel co suor que polas noites crea o fracaso dun corpo que coñece os seus dominios vencida pola ofensa continuada dos feitos. Sinten os fios do día cair na súa estructura destecida os cinco dedos frios da noite dixital que me persigue cos seus galgos de sombra vixiante. E a miña imaxe vaise cara á noite sen a luz que a limita medrando nesta tebra familiar.

De “Poesía última de Amor E enfermidade 1992-1995.

5


O 21 de outono os alumnos/as de 3º e 4º fomos de excursión a Santiago. Visitamos a Feira Galega de Voluntariado, primeiro bailamos danzas tradicionais, o waka-waka, fixemos chapas, visitamos distintos postos onde nos foron explicando aspectos do voluntariado e amosaronnos algunhas experiencias para que no futuro poidamos implicarnos nalgún proxecto solidario. Regalaronnos camisetas e pegatinas. Logo tivemos tempo libre para comer e pasear polo centro comercial. Ás 15:00 horas, marchamos cara ao casco histórico de Santiago, entramos na exposición Galicia Dixital onde fixemos varias actividades (viaxe virtual polas distintas fases de construcción da catedral, percorrido polo camino de Santiago). Regresamos moi contentos de compartir unha xornada entre compañeiros e cos nosos profesores don Antonio Jar e don Carlos Morgade.

6

V O L U N T A R I A D O


É a feira científica máis grande de Galicia. Os estudantes de secundaria e F.P explican ideas de novos productos e servizos para o mercado e a investigación de diversas áreas de coñecimento. Alí participamos en varias actividades. Obradoiro “Fágase a luz”, 50 aniversario do descubrimento do láser”. Conmemorando o descubrimento do láser en 1960, realizanse experimentos con láseres potentes de distintas cores que amosan o especial que é a luz que emiten para utilizar desde os quirófanos aos espectáculos. Foi una experiencia xenial, parecía máis maxia ca ciencia. Obradoiro ”Viva a vida e os seres vivos”: a historia da vida desde o reino das plantas. Cada día descobrense novas especies de seres pertencentes a tódolos reinos, e normalmente non nos damos conta da importancia da biodiversidade. Pásamolo moi ben participando nos obradoiros, foi una maneira curiosa de achegarnos á ciencia acompañados polos profesores de matemáticas e tecnoloxía.

No mes de novembro fomos a Ourense. O profesor de sociais, fíxonos de guía polas rúas do casco histórico da cidade, a Praza do Concello, a Catedral, os xardíns, as Burgas, instalación termais, a ponte romana, a ponte do milenio, as pozas da Chavasqueira, etc.

7


Un grupo de alumnos de 1º e 3º visitamos no museo MARCO de Vigo a exposición fotográfica de Virxilio Vieitez, fotógrafo da Terra de Montes nacido en Soutelo. Chamóronnos a atención as antigas máquinas fotográficas de gran tamaño. Nas fotos poidemos ver, cadaleitos, coches, motos, paisaxes etc... como fondo de situacións familiares en vodas, comunións, festas, oficios. Noutra sá penduraban fotos de carné ampliadas. A continuación participamos nunha actividade creativa dirixida por una monitora e acompañados polos profes.

V I R X I L I O V I E I T E Z

8


L A X E I R O

O pintor galego Xosé Otero Abeledo naceu en Donramiro (Lalín) en1908. O agasallo dos seus primeiros útiles artísticos farallo o sacerdote e astrónomo Ramón María Aller, relatado polo autor no conto “Un sabio e un neno que recollían estrelas”. Aos trece anos, emigra coa súa familia a Cuba alí recibe clases de debuxo. Regresa a Galicia, estuda en Madrid, volve a Lalín onde instala o seu primeiro estudio. Fai un mural no antigo café Moderno de Pontevedra, ao que titulou “O manancial da vida”. Vai para Bos Aires onde permanece ata 1960. A volta á súa terra natal supuxo unha crise de identidade que o levaría a una abstracción na que vai reducir os trazos figurativos. Morreu en Vigo no ano 1996. Foi enterrado en Lalín. Alí hai unha exposición permanente no Museo e unha estatua de pedra do autor con abrigo e chapeu. Pasou por varias etapas creativas: Cando empezou os motivos dos cadros eran el mesmo e a xente que o rodeaba, ”Autorretrato”; cadros en que sucedían cousas fantásticas, ”Trasmundo”; obra cada vez máis persoal ”A vella caixa de música”. El sempre se sentiu cidadán galego, as súas pinturas tiñan unhas características moi especiais que procedían de Galicia, o mundo interior do artista e a súa grande imaxinación. Laxeiro ten máis de tres mil obras catalogadas, distribuidas polo mundo, a Fundación Laxeiro de Vigo encargase deste legado. En Lalín celebrase a Bienal Laxeiro para creadores novos.

O 19 de xaneiro fomos a Vigo á Casa das Artes. Na terceira planta atópase a sede da Fundación Laxeiro. Unha monitora deunola benvida e acompañounos polas sás para unha primeira imprensión diante dos cadros. Logo fixemos dous grupos, os de 3º acompañados dos profesores percorremos as sás escoitando as explicacións da educadora. A continuación pasamos á actividade “O mural da vida”, todo o grupo se puxo de acordo para pintar un gran mural. Debiamos plasmar de xeito esquemático os acontecementos máis importantes da vida, como fixera Laxeiro no cadro do mesmo titulo. Os de 1º fixeron o mesmo noutro turno. Esta visita foi coordinada polos profesores de plástica e galego.

9


Este ano o Belén foi ampliado con novos elementos. Os peixes puideron “beber e beber” no río, as estrelas deseñadas con diminutas luces conformaban unha fermosa “Via Láctea” que iluminaba aos pastores. A luz das casiñas podía verse desde lonxe. Cabaceiros, hórreos, pontes, labregos, hortiñas, paisanos e pastores faciannos lembrar que pouco vai de “galileo a galego” como dí o vilancico tradicional. O alumnado amenizou o festival con diversas actuacións, interpretando panxoliñas e cancións de Nadal en varias linguas.

Concurso de postais Algúns alumnos animaronse a participar no concurso de postais que foron expostas no corredor.

O N A D A L

Concurso de postres Os participantes esmeraronse para deleitarnos coas lambetadas que presentaron con moi bo sabor e moi boa presesentación con motivos navideños

10


Leño Nadal Para o biscoito: 6 ovos 150 g. azucre 200 g. fariña ½ limón

Ingredientes Para a cobertura: 50 g. de manteiga 200 g.de chocolate fondant 1 vaso de nata líquida 4 culleradas de brandi ½ vaso de auga fervendo Marmelada de laranxa

Preparación Pon a quentar o forno a 180°C. Para preparar a cobertura, funde o chocolate ao baño María, añade a nata, a manteiga e mestúrao. Para facer o biscoito bátense as claras a punto de neve, mestúrase o azucre,as xemas e o limón e pouco a pouco vaise incorporando a fariña. Mestúrase suavemente. Métese ao forno uns 8 min. Retírao e colócao sobre un pano, báñao coa auga previamente mesturada co brandi, úntao coa marmelada e posteriormente cunha parte do chocolate preparado para a cobertura; enrólao e cúbreo co resto do chocolate. Decórao ao teu gusto.

A Vincha Ingredientes Unha vincha de porco. 12 ovos 750 gramos da azucre ¼ litro de leite. ½ kilo de pan consistente 2 culleres de manteiga de vaca Preparación Batense os ovos, engádese o leite, o azucre, a manteiga derretida e o pan en anaquiños, deixando que repouse esta mestura alomenos unhas cinco horas. Enchese a vincha co almofado, cósese ben o corte, ponse a cocer ao baño María durante dúas horas. Cando estea case fría sácase da vincha rachando esta tripa e colócase enriba dunha fonte para servila.

RECEITAS

Festa do petote O 27 de febreiro celebrouse en Carballedo a II Festa do Petote. O menú inclúe o petote e outros productos do cocido (costela, chourizo, patacas, verdura e cacheira) e postre con filloas, orellas e vincha. O petote faise cunha mestura de fariña de trigo e millo, que se moldea coma un bolo e bótase a cocer na auga do cocido, servese cortado. Houbo xogos populares para maiores e nenos. Os Trazantes, Foula, e a Banda de Tenorio amenizaron a festa.

Festas gastronómicas O requeixo de Corredoira, celebrase polo San Antón en xuño. É o resultado da fermentación do leite que se transforma nunha pasta suave e cremosa . O bolo de San Martiño, un pan doce, típico das parroquias de Borela e Rebordelo. Celebrase en novembro. Os petotes en febreiro en Carballedo, son uns bolos amasados na auga do caldo. As filloas de Valongo, no primeiro fin de semana de setembro. Elaboranse na filloeira de ferro ou de pedra e hai unha degustación popular. 11


O ano celta estaba organizado arredor de varias festas que tiñan determinados significados. O Samaín marcaba a estación sombría, o comezo do inverno e dun novo ano. Para celebralo realizaban varios ritos, prendíanse lumes sagrados no medio do poboado, a xente collía unha tea encendida para poñela nas lareiras dos seus fogares. O lume novo conseguíase frotando pólas de serbal e teixo. Esta festa tamén se recolle en Bretaña, Escocia e Irlanda. Era tamén unha data de culto aos mortos, abríase unha comunicación entre os dous mundos e os defuntos volvían onda os seus familiares. Para facilitarlles o regreso iluminaban os camiños colocando candeas acesas dentro de cabazas que baleiraban e decoraban previamente.

HERBAS E PLANTAS MEDICINAIS Os menciñeiros e as curandeiras coñecían as propiedades curativas das p l a n t a s e recomendaban estrugas para purificar o sangue, flores de bieiteiro para catarros e infeccións da gorxa, tila para calmar os nervos e durmir mellor, menta para a ciática, fiúncho para o corazón, malva e follas de limoeiro para as picaduras. Tamén dende a antigo utilizanse na cosmética. As infusións de fiúncho, a menta e o tomiño son bos para os grans e o acné; a xarxa para branquea-los dentes, o romeu, milenrama e a camomila son excelentes para o coidado do cabelo. Algunhas das herbas máis utilizadas como remedios son: o tomiño (Thymus vulgaris), o romeu (Rosmarinus officinalis), o ourego (Origanun vulgare) a ruda (Ruta chalepensis), a xaboeira (Saponaria officinalis). 12


ENTROIDO 2011 Un día escoitamos: - De qué nos imos disfrazar? Xa está! Estamos metidos no antroido, a xente da en pensar no disfraz, hai quen aporta ideas e quen se deixa levar pola troula. Á vista está o resultado. Mirade que pintiñas, unha carnavalada espectacular! Concurso de caretas. Na aula de plástica deseñamos as caretas para o concurso, deron algo de traballo, pero quedaron ben graciosas.

Concurso de postres: orellas, filloas, pistos, rosquillas, galletas, follas de limón, vincha, flores, competiron en presentación e sabor.

¡¡Grazas as familias colaboradoras!!

13


14


P R E M I A D O S

2º premio

1º premio

1º premio individual

2º premio

E N T R O I D O 1º premio

1º premio parellas

1º premio grupos 15


RUTAS LITERARIAS Na primeira semana do próximo mes de abril, algúns alumnos de 3º e 4º realizarán unha viaxe a Soria, xa que este ano participamos cun proxecto nas Rutas Literarias, e saímos seleccionados para traballar e aprender moitísimo “in situ” sobre a figura do poeta sevillano Antonio Machado. A proposta da viaxe foi acollida con moito entusiasmo por parte do alumnado. Agora, para preparármonos e coñecer o máximo posible sobre tan ilustre poeta, realizaremos unha serie de actividades vinculadas á súa obra Campos de Castilla e máis a Soria. Entre elas, haberá, por exemplo, unha pequena escenificación sobre o poema de Alvargonzález, ou o recitado da súa poesía, combinado cunha selección de pezas musicais… Para a nosa viaxe literaria, contamos coa compaña dun instituto de Badaxoz, de xeito que a ruta serviranos non só para entrar en contacto co entorno desde un punto de vista literario, senón tamén para convivir con outros rapaces e rapazas, e compartir experiencias. E mentras tanto, a esperar, cunha mezcla de ilusión e impaciencia, o achegamento ao ambiente soriano que tantas vivencias lle deu ao poeta. Rosa García Otero

Fotos da viaxe

Parque de la Dehesa

Laguna Negra

No casino de Soria co actor Fernando

AS ESTRELAS DO LIBRO VAN DE CONTACONTOS… Entre as diferentes novidades que hai este ano no noso club, contamos coa posta en marcha dun contacontos, que consiste no seguinte: un grupo de alumnas ensaian a lectura de varios contos, algún deles con escenificación e máscara incluida, para acudir ó CEIP de Tenorio, e máis á escola infantil A galiña azul, e contarlles ós máis novos historias tan educativas e divertidas coma “O gato lambón”, “Como cada mañá”, “Moncho e a mancha”, etc. A convivencia foi moi positiva, xa que permitiu intercambiar experiencias entre alumnado de distintas idades.

16


CLUB DE LECTURA VIRTUAL Este é o segundo ano de “As estrelas do libro”, o club de lectura do IES de Cotobade. Neste curso académico, Rosa puxo en marcha un novo proxecto para o club de lectura: “As estrelas do libro na Internet”, que consiste en crear outro grupo máis no club, pero neste caso os comentarios dos libros fanse soamente de xeito virtual, a través do blog, sen necesidade de asistir a sesións presenciais. Deste xeito, increméntase non só o número de membros, senón tamén o de lectores. No blog pódese ver unha selección de libros recomendados para a nosa idade, ademáis de comentarios e valoracións doutros usuarios. E se non tes Internet, ¡non hai problema!, pois podes acceder ao citado blog dende os ordenadores da biblioteca do centro. As ventaxas son que non te tes que quedar no recreo na biblioteca do centro e poder ler nos libros ó teu ritmo. Anímovos a que vos apuntedes xa, que descubriredes un novo mundo sumerxíndovos nos libros. María García Campañó (3º ESO)

TEATRO Don Quijote de la Mancha Os actores do Teatro del Repartidor representaron unha versión teatral da vida de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha. Saíron a realizar un percorrido polos camiños que transitou, conducido pola loucura de crerse un cabaleiro andante. As aventuras de Don Quijote, Sancho, Dulcinea, e outros personaxes resultaron moi divertidas e axudaronos a entender mellor a obra de Cervantes que temos no temario. Alumnado de 1º,3ºe4º, Teatro Principal. Shakespeare para ignorantes. Os alumnos/as de 3º e 4º de ESO asistimos á representación teatral “Shakespeare para ignorantes” da compañía Producións Teatrais Excéntricas dirixida polo dramaturgo, narrador e director de escena, Quico Cadaval. Todo tipo de vilanías astutas, intimidades incríbles, riso cruel e outros mecanismos ocultos do mal, foron mostrados pola máquina cómica da parella de coñecidos actores Mofa e Befa. Estes facían o papel de dous actores desempregados temporalmente que van axudar a un prestixioso profesor. El ten que dar unha conferencia que pretende ser amena para un público con mínimos coñecimentos da obra de Shakespeare. Para facer máis deleitosa a explicación, reclamará a presenza de dous talentosisímos actores. A representación foi moi divertida e para que nós nos enteráramos de que trataba previamente a nosa profesora de inglés D. Mª José Torres explicounnos cousas de Shakespeare e das súas obras. Unha divertida sesión no Pazo da Cultura de Pontevedra. Jéssica Marcial e Isaac González. 17


LES FEMMES SAVANTES

(Molière) Clitandre e Henriette son dous xóvenes namorados que, para poder casar, precisan a aprobación da familia da moza.O pai de Henriette aproba o casamento, pero a nai e a irmá queren casala con Trissotin, que baixo unha apariencia de sabio erudito, en realidade só está interesado nos cartos . Unha hábil artimaña permitirá desenmascarar ao impostor é deixar así vía libre ao amor verdadeiro… Este é o argumento da “pièce” á que asistimos os alumnos de francés de 2º, 3º e 4º . Foi representada pola compañía “La Bohème Théâtre”. A amenidade e a boa comprensión da peza, fixo que disfrutaramos desta actividade. Os alumnos de francés.

LE CANON EN BOIS ( Os Bolechas ”en voyage”) En 1809, l´armée de Napoleón est entrée en Galice. Une partié de l´armée s´est arrêteé à Cotobade, à Tenorio. Et c´est alors que l´arrière-arrière-grand-père de “Os Bolechas” a inventé le canon en bois; ils n´étaient pas tellement résitants que les canons en bronze françois. À Cotobade il y avait beaucoup de troncs pour faire ces canons. C´est ainsique les voisins de Cotobade ont expulse l´armée napoléonienne. C´est à cause de ça que le bouclier de Cotobade a un canon en bois et la date de 1809.

18


Os Megatoxos e o aprendiz de druida. Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comenzan este curso, apenas se coñecen. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas cambien para sempre. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola, e máis preocupacións que entregaren a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo isto misturado nunha viaxe polo tempo na procura de respostas, na terra dos antergos… os celtas. Anxo Fariña e os Megatoxos O programa “Boca aberta” da Conselleria de Educación proporcionounos cincuenta exemplares de Megatoxos e deunos a oportunidade de coñecer a Anxo Fariña. O debuxante e escritor estivo no instituto para explicarnos o proceso de creación dos personaxes dos seus cómics e libros de aventuras. Seguindo una táboa vaille atribuíndo características da súa maneira de ser e actuar, rasgos físicos etc. Para o deseño primeiro debúxaos con lapis azul, logo pasaos ao ordenador, quita o modelo, píntao con diversas técnicas e volve traballar nel cun programa de ordenador. Convidounos a participar no proxecto enviandolle os nosos personaxes, deseños ou ideas ao seu blog. No centro fixemos una exposición con Megatoxos feitos polos alumnos/as.

19


A CRUZ DO CASTRO A Cruz do Castro sitúase na parroquia de Carballedo, no alto dun outeiro, no barrio da Igrexa. O castro está constituído por unha pequena acrópole. No alto do recinto principal pódense apreciar as ruínas dunha torre dun muíño de vento e o baseamento dun cruceiro. Durante tres veráns consecutivos un equipo de arqueólogos traballou na zona e definiu a Cruz do Castro como un xacemento “pequeno” e “singular” da Idade de Ferro que se abandonou e foi reocupado na época romana como autodefensa. Crese que no lugar residía unha familia rica, un “domus” ou señor que se beneficiaba da elevación do terreo para defender así as súas propiedades. O espazo foi aproveitado por esta xeración (en torno ao século III a.C), pero xa antes fora ocupado por un grupo da época castrexa. Son importantes os achados que se atoparon nestes tres anos de escavacións: Unha presilla de cobre, doas dun colar de orixe púnica, unha machada neolítica, unha vasilla e un prato decorado de orixe africana, un vaso de vidro da romanización tardía. Pero, sen dúbida o achego máis importante foi no 2009; trátase dun pendente de ouro da época dos romanos, unha xoia feminina datada entre os séculos II e III d.C. A tipoloxía da peza é coñecida coa denominación “pendente de esfera” pola súa forma abombada. Desde a súa localización o pasado verán, a peza foi estudada na Universidade de Santiago e, posteriormente pasará a formar parte dos fondos do Museo Provincial de Pontevedra, segundo resolución da Dirección Xeral de Patrimonio, e presumiblemente se exporá nalgunhas das súas salas. No Castro no que se localizou o pendente os arqueólogos descubriron restos de dous poboados que se sucederon no tempo. A fase de ocupación máis antiga correspóndese cun pequeno asentamento castrexo habitado a finais da Idade do Ferro. Os datos topados indican, segundo os expertos, que se trataría dunha aldea formada por pequenas casas redondas feitas en madeira e pallabarro. Desta época recuperouse cerámica, algunha decorada e numerosos bolos de argamasa empregada nas construcións. A segunda fase correspóndese coa época romana que os arqueólogos relacionan coa “villa de Silvela”, situada aos pés do Castro. Foi neste período no que se levantou a muralla, na súa forma actual, unha construción de planta cadrada así como varias zonas relacionadas coa actividade artesanal. Tamén se toparon restos de cerámica fina de importación, obxectos asociados ás actividades cotiás e ás produtivas, como potes de cociña, pesas de tear, muíños de man e pequenas fichas de pedra e arxila que os romanos empregaban para xogar a un xogo parecido ao “tres en raia”. Ángela Fernández Sobral 1º A Andrés Rodríguez Sobral 2º B

20


San Martiño de Verducido Que vos podo contar do meu pobo? Pois que é moi coñecido polas competicións de piragüismo que se celebran no embalse do Pontillón do Castro; incluso participan equipos de todo Europa. Para homenaxear aos canteiros da parroquia, celébrase unha romería e cada ano agasallan ao de máis idade cunha bonita imaxe. No cume do monte colocaron unha estatua de pedra cunha lenda que di ”Monumento ao canteiro. Comunidade de montes de Verducido 1999”. Outra festa moi esperada é a do patrón San Martiño, que dá o nome á nosa parroquia. As festas fánse no campo e hai unha carpa, así pódese disfrutar da comida sen medo ao mal tempo. A xente se quere participa nas misas que se din na igrexa, que por certo é una fermosa construcción . Eu vivo aquí cos meus avós maternos nunha bonitiña casa de pedra. A miña aldea está noutro concello, pero eu estudo no instituto de Cotobade e quixen participar nesta idea de escribir sobre as parroquias de procedencia. Natividad Baliñas 2º B

Almofrei Este é o nome do fermoso pobo no que vivo e do río que pasa por el. Hai una ponte do século XVI, con arco oxival. Pola ponte cruza unha calzada de pedra algo deteriorada. Ten a igrexa parroquial de S.Martín, as capelas de S. Roque e Nosa Señora de Lourdes. Celébranse varias festas relixiosas, nesas datas acoden persoas que viven fóra e queren compartir coas familias e amigos o día da festa. Nas noites do 10 e 11 de agosto dende o atrio da igrexa poden verse “as bágoas de San Lourenzo”, estrelas ciscadas polo ceo esperando a que lle pidamos algún desexo, é precioso. Os canteiros desta zona participaron na realización das murallas de Ávila, chamanlle canteiros barrocos. Vanesa Segovia 4º ESO

21


LENDAS Os mouros e o arado Algunhas velliñas de Fentáns contan que os mouros viven aínda baixo do castro. O castro é obra dos mouros que aínda non hai moito saían para fóra, pero ao ver xente metíanse debaixo da terra. Seica teñen moito viño, moedas e tesouros. Ao traballa as terras co arado, a xente non pode afondar moito porque as casas dos mouros están debaixo e tropezan as ferramentas nos tellados. Un día estaban uns labregos daquí arando para sementar o centeo e os mouros berránronlles: -Ai home, cerra o arado, non ares tan fondo que me destellas a casa ¡ Na terra de Fafide, un pobo de Campo Lameiro, hai un pozo que se coñece co nome do “pozo das bruxas”, chámanlle así porque o día de San Xoán seica ían as bruxas a peitearse e a lavarse, tamén raspiñaban no liño mentres cantaban esta canción: “… luns, martes, mércores,tres Xoves, venres, sábado, seis…” Había na zona un ancián que tiña chepa e ao oílas cantar, gritoulles: “…e domingo,sete…” As bruxas ao oílo e ao darse conta de que as estivera escoitando e espiando, incomodáronse tanto que lle puxeron a chepa para adiante. Ángela Fernández Sobral 1º A

Seres míticos galegos. Os mouros son un pobo máxico, que noutros tempos habitou Galicia. Pero dise que Carlomagno conseguiu expulsalos e mandalos baixo terra, onde aínda viven. Son os constructores e habitantes dos castros, mámoas, castelos. Fan vida nocturna e son de cor negra ou terrosa poden vivir baixo a auga dos pozos. Realizan as mesmas actividades que facemos os humanos e as súas ferramentas son de ouro. Só se ven se eles queren ou por descoido. Se alguén os ve cando non queren, cégano, hai algunas persoas que poden velos sempre.

O chiviño no muiño de San Xusto

Un día de tronada estaban dúas mulleres no muíño do San Xusto moendo gran, cando oiron fóra un chiviño que berraba: mee, meee e estaba todo mollado. Pasárono para dentro do muíño e déronlle pan e secárono. Cando o chiviño estaba todo farto de comer e estaba seco, púxose a dar chimpos nas paredes do muíño e berraba: - ¡As mulleres do muíño déronme un bolo de pan e quentáronme o cú! - ¡Cu curu cuuu! As mulleres empezaron a santiguarse e a dicir: - Se eres o demo vai para o inferno! - Se eres o demo vai para o inferno! Ao acabaren de dicir isto no ceo escoitouse un tremendo trono e o chiviño desapareceu. Informantes María Gómez de 83 anos, avoa de Irene González Ferreiro de 2º A.

22


Lenda da Poza das Mouras. Un soldado de Loureiro foi servir ao rei a África. Alí falou cun mouro que lle preguntou de onde era e de que zona. Cando llo dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba a Poza das Mouras, que alí tiña el enterradas tres fillas, e que non sabía o que lle daría se llas trouxese. Deulle ao soldado tres bolos de pan e as instruccións que tería que seguir. Cando chegou á casa, deixou os bolos enriba da mesa, a súa muller ao velos colleu un anaquiño dun deles. O home quixo impedilo, pero o mal xa estaba feito. Colleu os bolos e foi ao Pozo das Mouras, cando chegou botou un ao pozo e saíu unha moza moi guapa. Botou o segundo e saíu outra. Botou o cortado e saíu unha terceira moza, sen unha perna, que caeu e arrastrou con ela ás outras dúas. E os máis anciáns de Cotobade contan que as veces se escoitan laios e que as mozas aínda seguen alí.

As mouras son mulleres fermosisímas e encantadas que viven baixo a auga ou baixo a terra, nas fontes, castros, mámoas e ruínas de antigos monumentos. Teñen cabelos rubios, máis cá louros, a pel branca e as meixelas con lixeiros tons vermellos. Lavan e peitean os seus cabelos á luz do sol, sobre unha pena o nas beiras da fonte. Son gardadoras de tesouros, as veces, deixanse ver na compaña de obxectos valiosísimos com peites de ouro e tentan aos mozos que se acheguen a elas.

A merenda da moura. Unha meniña foi coidar as ovellas ao monte. Cando ía polo Castro viu unha velliña e reparteu con ela as castañas da merenda. A vella entón levouna a un sitio e petou no chan, e de repente víronse nun palacio onde a vella lle deu un paquete dicíndolle que non o mirase ata chegar á casa. A rapaza non agardou e mirouno antes, e viu que eran carbóns. Tirou con eles, pero ao chegar á casa, un pouco que lle quedara no peto volverase ouro. 23


PANEIS DEPORTE Disciplina para cumprir cos meus deberes Non violencia, é mellor dialogar Autoestima. Eu podo facelo Xogo limpo, respetamos as regras, OK Esforzo, afán de mellorar. Igualdade. Todos temos os mesmos dereitos, homes e mulleres Responsabilidade. Coidar o material é cousa de todos Superación. Para acadar as miñas metas Diversión .O deporte é un xogo Saúde. Facendo deporte síntome mellor Integración. Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo Respecto, cara a ti, cara eles, cara a mín Traballo en equipo. Axudarnos para mellorar xuntos Nobreza. O deporte unha escola de vida. Tolerancia. Cada un de nós é diferente aos demais Autonomía. Tomo as miñas decisión Solidariedade. Dende o deporte podo axudar a outros Campionato provincial de bádminton. As Neves, domingo 3 Abril 2011 Por primeira vez vou competir nun campionato co meu instituto, o IES de Cotobade. Cos nervios xa non descansei moi ben esa noite, facíame ilusión a viaxe, a competición, compartir un día enteiro con centos de rapaces e rapazas de toda a provincia. O chegar o pavillón chamoume a atención a algarabía e o ambiente de competición que había alí dentro: oito pistas con xogadores xa practicando, persoal da organización con megafonía e ordenadores de acá para alá, equipos dos distintos institutos debidamente uniformados coas cores dos seus centros que ían detrás dos seus profesores, xente a colocar en cada pista mesas e papeis cos marcadores para rexistrar os puntos (logo xa me decatei que eran os encargados/as de nos arbitraren os partidos), e chegamos nós,... o equipo máis numeroso pois eramos corenta....en fin, ¡ As pulsacións a douscentos ! Fomos a cambiarnos ós vestiarios e instalámonos no lugar das gradas que nos ordenaron os profesores. Aínda que eu non xogaría ata a tarde, xa me ardía o xenio por dar uns golpes ó voante vendo os primeiros partidos de individuais. Xa estaban xogando Martín, Irene, Laura, Victoria.... e como a cousa ía irse para longo deixáronnos saír ó lado do pavillón a practicar e matar o tempo e os nervios, pois a algúns non nos tocaría xogar ata a tarde. Chegou á hora de xantar e déronnos unha bolsa con bocadillos, froita e zume. Por fin tocoume xogar pola tarde. O resultado foi o de menos porque a experiencia de competir, con rapaces e maiores nas bancadas animando con tanta algarabía, era moito para calquera. O final conseguimos cinco medallas e o equipo de rapazas cadetes clasificouse para xogar os campionatos galegos. Os outros quedamos cuartos e quintos, bos resultados e marcha a tope. Xa de volta escoitamos música e comentamos moitas cousas que nos pasaron naquel longo día especial. Eran as nove cando chegamos ó centro. Viñamos baldados pero..¡Que pasada de día! 24

Sebastián Ramírez Torres 1º ESO-B


CROS No primeiro trimestre un ano máis celebrouse en Soutelo unha proba de CROSS entre os centros de “Terra de Montes”. A participación dos alumnos do Ies de Cotobade foi máis numerosa que nunca. O intenso frio que facía no circuito da “Magdalena” non foi impedimento para que os rapaces/as fixeran unha boa carreira. Nos derradeiros metros Anxo fixo unha gran escapada que lle deu a victoria.

25


Campionato escolar “ Xogade” Alumnos/as de 1º e 2º do IES de Forcarei viñeron ao IES de Cotobade para participar nas Probas Polideportivas. Os deportistas levaban equipación referente ao seu centro e a campaña deportiva “Xogade”. Os de Cotobade realizaron unha pancarta para animar aos seus compañeiros/as e reivindicar o uso do galego no deporte escolar. Nas competicións femininas as xogadoras de Forcarei venceron en tenis de mesa e fútbol, empataron en bádmiton, xadrez e proba teor. As xogadoras de Cotobade venceron en voleibol, baloncesto e balonman. Nas competicións masculinas os de Cotobade gañaron en bádminton, voleibol, baloncesto, balonmán e fútbol, empataron en xadrez; os de Forcarei venceron en proba teor e tenis de mesa. Os resultados finais foron: en masculinos Ies de Cotobade 11, Ies de Forcarei 5, en femininos Cotobade 10 Forcarei 6. Tamén se fixo a proba cultural entre equipos dos dous centros,pero este ano non puntuaba para o campionato. José Luis Murio.

X A D R E Z 26


Proba cultural 27


Campaña “Plan de consumo de froitas nas escolas” Ao longo de varias semanas, os alumnos/as recibimos unha froita co obxectivo de visualizar a importancia e incorporar o consumo de froita na hora do recreo. Preténdese fomentar o consumo de froita. Cada día variamos pera, mazá, kiwi, plátano, laranxa… Nalgúns foros de saúde avogase pola instalación de máquinas expendedoras de froitas gratuitas nos centros educativos, posto que é un investimento en saúde. Os rapaces participamos na divulgación da campaña con debuxos, refráns e coplas.

28


COMITÉ AMBIENTAL (AXENDA 21) Un grupo de alumnos/as e profesores membros do grupo Axenda 21 escolar de Galicia, reunironse o 7 de febrero para constituir un comité ambiental. Decidiron porse a traballar en: Realizar unha ecoauditoria no instituto Xestionar o papel ao modo RRR Separar e reciclar todo tipo de residuos Facer un uso axeitado da calefacción ¿Malgastamos auga? Mellorar o noso entorno e facelo máis agradable Propor melloras e solucións, e levalas a cabo Crear un taboeiro informativo sobre a A21 e no instituto Preparar a actividade “O alumnado é protagonista” Actualizar o taboeiro ¿facer un blog? Organizar un punto limpo para recoller algúns residuos do centro Representar ao Comité Ambiental en cada una das aulas Colaborar co Proxecto Rios de Adega Visitar centros de xestión do lixo: Sogama Divulgación audiovisual das actividades

29


PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Traballando na prevención de hábitos nocivos e no fomento de estilos de vida máis saudables contamos coa importante colaboración da Cruz Vermella. Varios voluntarios desprazáronse ao centro para realizar talleres cunha metodoloxía participativa e dinámica. Os alumnos/as de 3º e 4º centráronse nos hábitos nocivos e prevención de drogodependencias na actividade do 21 de decembro, e nos trastornos de conduta alimentaria o 15 de abril.

PROGRAMA SEN VIOLENCIA-CONVIVENCIA

Partindo de que hoxe en día os medios de comunicación fanse eco de condutas violentas, e moitas veñen a ser un reflexo da violencia existente na sociedade, faise prioritaria a difusión de valores como a cooperación, a tolerancia, a solidaridade e a aprendizaxe de habilidades sociais. O centro, en colaboración coa Cruz Vermella, tamén contou con voluntarios formados como Mediadores na Prevención de condutas violentas, que traballaron cos alumnos/as de 1º e 2º o seguinte bloque temático: “Dereitos humanos”, “Habilidades sociais e de comunicación”, “A violencia e a violencia de xénero” e “A resolución de conflictos”. Os talleres desenvolvéronse os días 20 e 21 de decembro. Estas actividades resultan moi interesantes pola aplicación de metodoloxías dinámicas que motivan ao alumnado e axudan á reflexión e ao debate. 30


Día Escolar da Paz e a Non Violencia Os alumnos de Cidadanía partindo dun artigo de prensa fíxeron un debate na aula para celebrar o Día da Paz. Comentaron estas frases: “Ollo por ollo, e todo o mundo acabará cego (Gandhi)”. “A humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia”. Os cobardes morren moitas veces antes de morrer”. “Non hai camiño cara a paz, a paz é o camiño”. ”Hai auga suficiente para a vida humana pero non para a cobiza humana”. ”O Amor universal é mellor ca o egoísmo, a non violencia é mellor cá violencia, e a paz é mellor cá guerra”. A non violencia é negarse á violencia porque se sabe que existe una forza superior á forza das armas: a forza da verdade, do ben, do amor, da paz e da xustiza”. As alumnas e alumnos colocaron as opinións e debuxos nun cartel pola PAZ. ALUMNADO 2ºA / 2ºB

Día Internacional da Muller, 8 de marzo En 1911 celebrouse o primeiro Día Internacional da Muller, máis dun millón de mulleres participaron nos actos convocados. Demandaban o dereito ao voto, a ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, a formación profesional e a non discriminación laboral. Dende aquela realizaronse importantes avances na igualdade de xénero, pero non os suficientes. Millóns de mulleres procuran cada día facer realidade esa igualdade. Un século despois as mulleres seguen loitando polos seus dereitos. O lema deste ano é: A igualdade de acceso á educación, a capacitación e a ciencia e a tecnoloxía, o cambio cara á un traballo decente para a muller. No instituto, os rapaces e rapazas participamos en charlas e actividades sobre a educación non sexista, o mundo laboral das mulleres, as mulleres na ciencia, as mulleres na literatura, as mulleres no noso concello. Alumnas e alumnos de 3º ESO

CHARLA INFORMATIVA DA GARDA CIVIL NO IES DE COTOBADE O pasado martes día 23 de novembro, profesionais da Garda Civil asistiron ao Instituto de Cotobade, Tenorio, para impartir unha charla sobre o Acoso escolar “Bulling”, dirixida aos alumnos/as de 1º e 2º de sencundaria. Participaron na mesma, facendo preguntas relacionadas coa temática tratada e con outras cuestións do seu interese. Estas actividades son moi importantes para axudar aos adolescentes na súa formación integral e para o desenvolvemento de habilidades sociais. O equipo directivo do centro e o profesorado agradece a colaboración dos axentes da Garda Civil e seguirán contando con eles para levar adiante outros programas que teñen preparados en beneficio da adolescencia e dos cidadáns do futuro. 31


32


Casimiro Gómez Cobas Naceu en Viascón no 1860, e finou en Vigo en 1941. Aos 14 anos, emigrou a Arxentina, alí aprendeu o oficio de guarnicioneiro e pronto conseguiu ter unha das mellores fábricas de curtidos do mundo. A súa fortuna foise incrementando, chegando a posuír numerosas propiedades en Buenos Aires. A principios do século XX realiza varias inversión en Pontevedra, adquire unha gran extensión de terra en Monteporreiro, que daquela estaba baldío. Este terreo transformase nunha finca con fermosos paseos, xardíns, fontes e miradoiros. Promove a construcción dun paseo con árbores a carón do Lérez, desde a ponte do Burgo ata a finca, e a hoxe chamada Avenida de Buenos Aires en lembranza da súa estancia na capital Arxentina. O balneario do Lérez, outras das súas inversións, era una instalación que tiña embarcadeiro; chegabase en barca a el acudían persoas de Pontevedra e de fóra a tomar as augas. Conseguiu que foran declaradas de utilidade pública dúas fontes, as augas embotelláronse e comercializáronse co nome de “Augas do Lérez” e foron coñecidas tanto en Europa como en América. Casimiro Gomez foi unha persoa emprendedora, que fixo varias doazóns á cidade de Pontevedra, terreos para o cuartel da Garda Civil, o lavadoiro de A Seca.

33


É MENTIRA Este é fío conductor do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrou do 6 de febreiro ao 19 de marzo no Pazo da Cultura. Os alumnos de 3º e 4º visitamos a exposición que tiña varios apartados: Exposición dedicada a Gloria Sánchez; Miroscopio da Asociación de Filosofía para nenos e nenas de Galicia; Exposición de traballos escolares; Espazo ambientado polo alumnado da Facultade de Belas Artes; Ambientación xeral do Pazo da Cultura pola Escola de Tempo Libre Paspallás. A programación foi moi variada: contacontos, teatro, obradoiros, concertos, roteiro, títeres etc. e dirixida a tódalas idades. Estas actividades son moi importantes para o fomento e continuidade do uso do galego. Sorprendeunos a variedade de cousas que se poden aprender dos contos, neste caso nos contos baseados na mentira e a calidade dos traballos feitos polos escolares. Tamén asistimos á representación de Shakespeare para ignorantes. O Día Internacional da Língua Materna Celebrase o 21 de Febreiro. A metade das 6.700 linguas faladas actualmente corren perigo de desaparecer antes de que finalice o presente século. Un grupo internacional de lingüistas, no artigo da Unesco “Vitalidade de linguas” explica unha metodoloxía para avaliar o perigo de desaparición que corre unha lingua. Fala de nove criterios: transmisión interxeracional, políticas do goberno, ámbitos en que se emprega a lingua, materiais didácticos de aprendizaxe, calidade de documentación da língua, nivel de uso en medios de comunicación, actitudes dos falantes, proporción de falantes na comunidade etnolingüística, número absoluto de falantes. Na clase de Educación para a Cidadanía puntuamos de 0 a 3 cada un dos nove criterios e despois discutimos entre todos a situación do galego no noso centro, no concello de Cotobade e en Galicia. Concluímos que hai que valorar e protexer a lingua materna, unha maneira doada é falala. O galego necesita falantes, decídete! (Documentación www.prensaescuela.es) Alumnos 2ºB

A danza dos sombreiros Os Trazantes de Tenorio, temos recollidas danzas procedentes da nosa cultura popular e que se danzaban nas festas. Unha delas é a danza dos sombreiros, é moi antiga, naceu en Vilaboa polo entroido, de aí o nome de Danza de Cobres de Vilaboa. Os sombreiros están feitos pola xente que compón o grupo. É un sombreiro de palla, que na copa tén unha redilla que está rechea de esponxa e aí é onde se espetan unha a unha flores de diversas formas e cores, por iso ten un colorido tan primaveral, iso sí, pesa case dous quilos. Átase cunhas cintas e é preciso ter bastante equilibrio para que non se nos vaia para os lados ó bailar. A vestimenta está composta dunha camisa branca moi fina, o colo e os puños levan delicadas puntillas. A saia é branca e con moito vo, con unha ou dúas puntillas debe estar moi almidonada. Sobre a camisa levamos posta unha mantilla de cores para realzar o traxe. As medias son de perlé brancas e caladas, os zapatos negros. Os complentos son uns pendentes típicos galegos e uns colares que dan un ar de elegancia. 34


Entrevista a unha persoa cega ‐ Cantos anos leva vostede cega, Rosalía? - Levo trinta e seis anos. - Cal foi a causa da súa cegueira? - Tiven un derrame á vista e ademais algo xa me ven de herdanza. - Despois de saber que ía quedar cega, fixo alguna proba máis? - Sí unha no Hospital Xeral de Vigo. E a resposta do doutor foi: señora Rosalía, vostede ten a retina desgastada. - Afectoulle moito o problema da cegueira? - Sí, aínda que non tanto coma a outras persoas, eu xa non saía moito da casa. - Vostede seguiu traballando na casa despois da súa enfermidade? - Algo, facía a comida, atendía aos meus fillos… - Como se arreglaba para cociñar? - As fillas deixábanme os ingredentes preparados e eu cociñaba polo tento. E tamén facía as camas, e ía lavar ao lavadoiro, iso xa o facía de rutina, o pilón estaba a carón da casa. - Que pensou cando quedou cega? - Tiven que conformarme, por iso aínda que estivera nas sombras decidín renovar a miña vida e funme adaptando. - Que foi o peor disto? - A tristura máis grande da miña vida é non poder coñecer a metade da vida da miña filla máis nova e aos meus netos e netas. - Grazas avoa Rosalía polo teu testemuño. - Quizais sirva para animar a outros invidentes a tentar superar as dificultades . Entrevista a Rosalía Muíños Ínsuela por Fátima Vilariño. UNHA VIAXE PARA TODOS/AS Na clase de plástica traballamos o tema da discapacidade e fixemos uns traballos para participar na 27 edición do Concurso da ONCE e a súa Fundación. A proposta consiste en preparar unha viaxe que teña en conta as necesidades das persoas con discapacidade para acceder a ela e gozala en igualdade de oportunidades. Debemos poñernos en lugar do discapacitado ante os diferentes impedimentos que atopa á hora de planificar unha viaxe e reflexionar sobre as posibles medidas que hai que tomar. Esta idea debe ser representada nun cartel. Estas son as nosas propostas. Alumnos 1º A

35


Somos galego Este é o lema deste ano para o Correlingua, unha marcha que reivindica o uso normal da nosa lingua. O alumnado de 1ºe 2º achegouse a Pontevedra o 3 de maio para participar na marcha, no espectáculo e na solta de globos. Tamén se podía participar no Galeoke, no Cantalingua, no concurso de vídeo, de manifesto e de banda deseñada. Fíxemos unhas pancartas e colocamos palabras nas camisetas. É unha xornada festiva na que se escoitamos falar galego a rapaces e rapazas da cidade, das aldeas e das vilas. Lembremos que Somos galegos.

Sonia Gil

36


A D I V I Ñ A

Teño follas e non son árbore, fáloche e non teño voz. Se me abres, non me queixo, adiviña ti quen son. Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás, cambio a cada instante e arremedo aos demais. Estou no mar e non me mollo, estou no lazo e non me ato, estou no aire e non caio, estou na igrexa e non son santo. No campo crieime, metida entre verdes lazos. Aquel que chora por min é o que me parte en anacos. Unha sala branca sen algodón que cobre o mundo e o río non. Corre e non ten pés. Que cousa é? Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. Vivo moi pouco pouquiño mais duro se non me tocan, son transparente redonda, camiño sen ser persoa. Teño unas veciñas que a súa casa trouxeron á miña. Unha copa redonda e preta. Boca enriba está baleira e boca abaixo está chea. Un fato de ovellas que a noite van ao prado e pola día se deitan. Se me tiran polo chan xa non hai quen me recolla e o que quere termar de min de seguro que se molla.

S Refraneiro. Quen contas non bota, contas non topa. Vale máis previr ca lamentar. Auga pasada non fai moer muíño. Nin por moito camiñar se chega antes. A quen mellor escribe caelle un borrón. O que fala, sementa, e o que escoita recolle. Xogar e perder, todo pode suceder. Timonel que non marca, mal guía a barca. Cada un na súa casa sabe o que ten. Da árbore caída, todos collen leña. Polo San Martiño colle o porco polo fuciño. Polo San Miguel xa o coello sabe ben. A verdura do outono cómea o seu dono. Cando chove por febreiro todo o ano é tempereiro. San Pedro rega con medo, polo San Bieito rega con xeito. Ramos mollados e Páscoas enxoitas bo ano e boas troitas. Viño de maio pouco e malo. A auga de maio non fai dano. Abril que non chove deixa ao galego pobre. O que queira patacas en maio que as bote no San Paio. A ferraia de xaneiro non vai ao palleiro. A horta no outono mantén ao seu dono. Chuvia de xaneiro, carne no caldeiro. En abril cear sen candil. En nadal sementa o teu allal. En maio a besta é cabalo. Recollidos por Vanesa Segovia. Informantes veciños da parroquia de Almofrei. Premio no Concurso do Instituto por recopilar 150 refráns entre a xente maior. 37

Ditos Facer un pandeiro do dun. Andar en boas danzas. Non andar con panxoliñas. Máis contento ca unhas castañolas. A gaita é para o gaiteiro. A gaita non cansa máis que a quen a toca. Non está a ferraia para gaitas. Amor de nenas, auga nun cesto Amor louco, eu por vós e vós por outro Ben fala quen ben cala E mellor arrodear que mal atallar Máis vale bo paso que mala carreira. O que non vai nin leva nin trae. Tempo malgastado nunca é recuperado. Secreto de tres non dura o mes


POEMARIO

Sentimentos Sei que tomaches outro camiño sei que non contas conmigo. Non quero renunciar ao soño de estar contigo. Un mundo de amor agora e para sempre. Cando actúa o corazón vemos quen somos realmente. Lucia Cortizo 3ºESO

Vida Non te vaias lonxe anxo do destino ven xunto a min necesitote aquí o meu futuro non existe sen ti es o camiño da vida una vida feliz. Nerea Castro 4ºESO

A NATUREZA

Constrúe un mundo moito mellor sen problemas de contaminación. Residuos ao chan non tirarás fogueiras e lumes controlarás animais e plantas respectarás, e todo o que poidas reciclarás Ángela Fernández Sobral 1º A

CANTIGAS POPULARES Trocaches ouro por prata

Compartir Despois do que pasamos e compartimos non son quen de renunciar ao que xuntos vivimos. Eu ámote de verdade esa é a miña realidade. Todo me da voltas cando miras para min xa non estou xunto a ti. Raquel Duarte 3ºESO

Fala Fala sen medo rapaz, fala libre o teu falar, fala firme e sereo, fala o idioma galego. Libre e sen medo a lingua familiar que en tódolos fogares deberías escoitar. Ánxela Pazos

ULTREIA Ei Armórica, Cornubia e Cambria, Scozia, Eirin, GALIZA, e Illa de Man! Son as sete nazóns celtas fillas do Rei Breogán. Miña Patria, Galiza, ti es, e ti serás, cos teus verdes agros o máis quente fogar. Son os sete ciños brancos os fillos dos Dedanians. Pra ti miña Patria, nos beizos un cantar; nos peitos a ledicia, o amor e a libertá. 38

o ouro ben che valía, trocáchesme a min por outra: eu a ti non cho facía. Ollos negros son celosos, azules son lisonxeiros ós castaños me agarimo que son os máis verdadeiros. Tocade esa pandeireta, dádelle o golpe no medio para que saian a bailar os que están de parrafeo. Tocade esa pandeireta facedea resonear que se vén as miñas mans heina de facer falar. Este pandeiro que toco é de pelico de ovella; onte pacía nas herbas, hoxe toca que rabea. Cantigas interpretadas no Serán de Covas recollidas por Rocio Pereira 2ºB


AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES

Avanzaba o século XI cara o seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras… Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do Ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro. Coñece polo seu avó, o mago, o druida, as historias do rei Arturo e a existencia do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba, decidida, tamén a romper co pasado, coas ataduras das tradicións e do destino que para ela marcou o seu pai, o conde. Xuntos van descubrir onde se agocha a verdadeira liberdade… Soina Gil 1º B

CAMIÑO DE FANTASÍA.

Nunha perdida biblioteca do famoso país de Peninsularia, un personaxe está a piques de atopar o mapa para poder chegar á vella e marabillosa Cidade de Fantasía. Esta aventura non poderá rematar sen a axuda do lector. Nesta novela ti podes acabar sendo o verdadeiro protagonista. É unha novela dinámica e divertida na que o autor conta coa túa colaboración. Irene Varela

2ºA E.S.O

O TESOURO DAS ÁNIMAS

No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave; trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto, -a mais non moi amigos, que digamos-, a adentráranse no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun videoxogo de última xeración

39


V I A X E I R O S

Saint Maló é una cidade pesqueira, ten un importante porto onde atracan barcos de moitas procedencias. Desde o paseo marítimo poden contemplarse fermosas praias protexidas con madeiros para impedir que o mar se achegue ás casas. O balneario con auga do mar é visitado por moita xente. O castelo e a cidade están rodeados por murallas do século XII. As casas son de pedra e bastante altas, as rúas son frías e sombrías. Este foi un dos lugares que visitei na Bretaña, onde teño familiares. Fanny Bordon 3ºESO

MATRIUSKA A nena é morena e está sorrindo, está vestida de labrega antiga, e suxeita na súa man un galo negro. Está feita de madeira e pintura de acuarela. A idea de esa boneca está influenciada en Xapón, xa que foi traída por un terrateniente na antigüidade. Esta boneca, en Xapón, era para cumprir un desexo, a boneca tiña un ollo pintado e se se cumpría o desexo pintábanlle o outro, pero se non, queimábana. Alexandre III proclamou que esas bonecas serían para que a nosa cultura e as nosas tradicións foran coñecidas no mundo. A boneca primeiro era en forma de monxa pero despois os artesáns déronlle forma de muller campesiña ou labrega. Esta boneca pódese partir en dúas partes. En 1900 en París á MATRIUSKA déronlle unha medalla de bronce por ser unha obra de arte. Así é a historia dunha boneca que representa a cultura e a tradición. MATRIUSKA non eran souvenirs, xa que para os nenos, cando as abrían, quedaban abraiados porque dentro había bonecas pequenas. A boneca foi feita para os nenos dun ano e un pouco máis maiores estaban pensadas para que os cativos desarrollaran a súa intelixencia, motricidade, etc. Ilyá Morozov

40


L E C T U R A

Que poca prisa se da el amor. El cazador del desierto. Tiempo de nubes negras. La momia que me amó. El ídolo de Aruba. Tres sombreros de copa.

Martín Casariego Lorenzo Silva Manuel L. Alonso Emilio Calderón J.Ferrer Bermejo Miguel Mihura

A sombra do mestre. Conta saldada. O prognóstico da Lúa. Onde o sol non adormece. Follas novas. Galicia, Galicia. Os outros feirantes.

Xoán Farias Suso de Toro Marga do Val Antón Cortizas Rosalía de Castro Manuel Rivas Álvaro Cunqueiro

É D I V E R S I Ó

41


O Cómic galego tivo a súa primeira etapa de importancia nos anos sesenta con Raimundo Patiño e Xaquín Marín. Nos anos 1970-1980 salienta a obra de autores como Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Pepe Carreiro. Dende finais dos oitenta hai moitos autores facendo cómic: Francisco Bueno, Fernando Iglesias, Andrés Meixide, Quico da Silva e outros .Publican os seus traballos en fanzines e revistas. En Ourense celebranse anualmente as Xornadas de Banda Deseñada. O cómic, para desenvolverse precisa de revistas onde os novos creadores poidan dar a coñece-lo seu traballo e coleccións de álbumes, que publiquen os traballos de maior extensión.

42


Q U E B R A C A B E Z A S

XEROGLร FICO

CHE + O B a

Kch+ao+N - Por que non vas รก Praia, se te aburres? - Por que ...

43


Mitoloxía na publicidade Clío, musa da historia da nome a un modelo de coches. Euterpe, musa da música, marca dun piano, un conservatorio e una tenda de instrumentos musicais. Talía, musa da comedia, da nome a un grupo de teatro. Polimnia, musa da mímica, unha cafetería. Atenea, deusa grega das artes e da sabiduría, dalle o seu nome a un centro de estudios e a unha tenda de interiorismo. Minerva, nome co que coñecían os romanos a Atenea, tamén lle da nome a un centro de estudios. Xúpiter, o deus dos deuses dalle o nome a un ximnasio. Tritón, deus mariño coa parte superior de home e a inferior de peixe. Tritón é un establecemento de venda de peixe e marisco. Cupido, deus romano do amor é usado para darlle nome a una floristería. Dionisos, deus grego do viño dalle nome a un bar. Baco, deus grego do viño e da embriaguez dalle o nome a una cervexería. Venus, nome co que coñecían os romanos á Afrodita grega dalle nome a perruquerías, centros de beleza. Afrodita, era a deusa grega do amor, destacada pola súa beleza nome utilizado en centros de estética. Orfeo, personaxe mitolóxico que cantaba e tocaba a lira, da nome a una academia musical . Mercurio, o mensaxeiro dos deuses do Olimpo era tamén o protector dos comerciantes e proporcionaba riquezas, aparece dando nome a varios establecementos. Aparece no símbolo de Interflora, disposto a levar as flores a calquera parte. As calzadas romanas Un dos legados máis importantes do mundo romano foron as calzadas: vías de comunicación que poñían en contacto diferentes partes do Imperio e a estas coa capital. De aí a expresión: tódolos camiños conducen a Roma. Restos de calzadas romanas foron utilizados polos sucesivos pobos e culturas que pasaron pola península.O proceso de construcción das calzadas constaba de varias fases: trazado do recorrido polos técnicos; excavación dos canalillos a ambos lados do terreo, que se recubrían con grosos bloques de pedra; excavación posterior dun canal máis profundo entre dúas fileiras de bloques; recheo dese canal con varias capas de pedra de diferentes tamaños ata acadar o nivel primitivo do terreo; pavimentación da calzada con pedras planas, que se encaixaban coidadosamente e se dispoñían de tal forma que a calle tivese unha lixeira elevación no centro, para evitar así o encharcamento; e recheo dos intersicios que quedaban entre as pedras con outras máis pequeñas e con limaduras de ferro. Calzada romana Almofrei

44


SITUADOS A CARÓN DA MESA Nas sesións de titoría fíxose unha práctica das boas maneiras e a correcta colocación de cubertos e vaixela na mesa. Non resultou aburrido, máis ben interesante, pois sempre hai pequenos detalles esquecidos ou descoñecidos. Aprenderon a situarse, a servir a comida, a manter a boca pechada, non facer ruído, non falar nin beber con alimentos na boca, non soprar as bebidas quentes, partir o pan individual coa man, non comer pan antes de servir alimentos, quitar as espiñas do peixe antes de comelo e co coitelo adecuado, non deixar comida no prato ... Como coller unha copa ou taza:

Como dispoñer a mesa:

Cultura O grupo de alumnas/os de Cultura Clásica planificaron varias actividades nas que participaron alumnos doutros cursos. Presentacións, películas, exposición de carteis sobre as musas, O Olimpo grecoromano, a mitoloxía, a arquitectura, o vestido e o calzado, os soldados, a literatura, os mercados, os espectáculos en Grecia e Roma. Houbo quen se animou a vir caracterizado e “facer unha de romanos “ A moda de Roma A xornada dunha familia romana empezaba moi cedo, aproveitando os primeiros raios da luz do día. Ao erguérense, os membros da familia lavábanse lixeiramente, pois polas tardes adoitaban dedicar un tempo maior ao aseo, xa na casa ou nas termas públicas. Había unhas pezas de vestir máis habituais pero tamén tendencias de moda. A muller romana vestía unha túnica longa, feita de liño, la, algodón, seda…Nos actos públicos levaba un traxe longo, denominado stola, de varias cores, bordado nos extremos e cinguido ao corpo por medio dun cinto. Por encima levaba un manto que lle cubría o lombo e maila cabeza chamado palla. A muller romana deixaba crecer moito o pelo e a penteadora, ornatrix, penteábaa segundo un amplo abano de posibilidades: rizos, postizos, perrucas, tintura. Os nenos vestían una túnica curta, atada ao van por un cinto. Xeralmente estaba confeccionada con pano de la ou liño. Sobre da túnica levaban a toga praetexta, que mudaban pola toga pura ou virilis cando facían os dezasete anos. Adoitaban levar colgado ao pescozo un medallón que se abría, posto aos nove días de nacer, no cal se introducían amuletos. Chamábase bulla. A expresión meter bulla nace do barullo que producía o neno ao move-lo medallón de metal. 45


S O L U C I Ó N

Q U E B R A C A B E Z A S

Chove a cachón

Pola tarde

Acotío

A medianoite

Sub índice

Menú 1º prato Cocido galego Ensalada mixta Polbo con patacas cocidas 2º prato Churrasco, crioulo con patacas fritidas Lacón con grelos Fideos á mariñeira

46

Habeas corpus

In fraganti


3ยบ ESO

4ยบ ESO 47


LETRAS GALEGAS 2011

L o i s P e r e i r o 48


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.