Revista 2005 Nº 5

Page 1

CARTAFOL IES DE COTOBADE

Nยบ. 5

CURSO 2004-05





SUMARIO Portada Fotos alumnos Editorial LETRAS GALEGAS Lorenzo Varela Ricardo Portela Nélida Piñón Poemas García Lorca O Patrón de San Xurxo Lendas Loureiro “Os Amoriños de Bora” Turismo e festas de Tenorio Unha intérprete de clarinete Peixes exóticos Lecturas Os Papas Don Quixote Xulio Verne Pasa tempos Departamento de Oreientación Día da Árbore Miguel Anxo Mouriño Un día de Radio Viaxe A Coruña “ A Lugo “ A Mallorca “ A Santiago Entroido Deporte escolar Fútbol sala femenino Cómic Os amantes do “tuning” Pasatempos Topoloxía Comic Fotos

5 6 7 8 9 10 12 13 14 15 16 18 19 20 21 22 24 25 26 27 28 32 33 34 35 36 38 39 40 42 43 45 46 47 48 49

EDITORIAL A revista “Cartafol” deste Centro Educativo conta coas seccións acostumadas desta publicación. Neste número facemos referencia a obra de Lorenzo Varela, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas. Desexamos enviar a felicitación da “Comunidade Escolar” á escritora Nélida Piñón, que este ano foi nomeada filla adoptiva do Concello de Cotobade e a quen nestas datas foille concedido o premio “Principe de Asturias” pola súa obra literaria. Agradecemos a colaboración de todos os que fixeron posible a realización desta revista, e compartiron con nos, a ilusión de levar a cabo este proxecto.


LETRAS GALEGAS 2005 Jesús Manuel Lorenzo Varela naceu a bordo dun barco de vapor cando os seus pais, emigrantes do concello de Monterroso, se estaban achegando ao porto de Habana. Aos tres meses regresan ao lugar de Fufín (Monterroso). O rapaz foi o bacharelato en Lugo, logo vai a Madrid, onde se licencia en Filosofía e Letras. Combate na Guerra Civil desde o bando

O Cristo da Libertade Iste é o Cristo da libertade: mátano pra que morra, i el morre pra resucitar. Iste é o Cristo do pan e do viño da luz e dos peixes,

republicano, exilouse pola guerra. Vive en Mexico, Bos Aires, Montevideo, en1976 chega a España e instálase en Madrid, onde morre no ano 1978. Fánselle varias homenaxes, alguhas promovidas polo concello de Monterroso no 1979, 1988 (distribución entre os escolares da zona dunha escolma de poemas “Dez poemas”) 2003 actos conmemorativos e descubrimento dunha praza na vila.

do amor, do traballo, da loita e de paz. É o fillo do carpinteiro que hoxe, eiquí, agora, leva dúas camisetas polo inverno, a cotío camiña cos vellos zapatos de Van Gogh.


Lorenzo Varela, La Habana 1916, Madrid 1978 A Real Academia Galega decidiu nomear a Lorenzo Varela como personaxe escollido para a conmemoración do Dia das Letras Galegas do presente 2005. É un autor prácticamente descoñecido para o público galego. A súa producción literaria encontrase espallada, en revistas da época da Guerra Civil ou en revistas literarias hispanoamericanas. En galego ten unha obra cuantitavamente moi reducida: Catro poemas para catro gravados (1944), é Lonxe(1954). Pero non se trata tanto do número de páxinas escritas por un autor, como da importancia e da calidade do que nela se escribe, do que depende a súa transcendencia. Dende a súa obra podemos reflexionar sobre a emigración, o compromiso do autor coa sociedade que lle toca vivir e a convivencia das linguas e das culturas.

Emigrante ¿Quén son eu, quén me trouxo, quén me ten de levar? lonxe quedou o muiño, tamén lonxe o piñeiral. ¿Quén é o veciño meu, o polaco que chora ardentes bágoas, ise loiro rapaz que non vai ó traballo porque di que o mencer ten veneno de serpe?

¿Quén son eu, quén me trouxo? ¿e quén me levará diste inferno das moedas

ó ceu da caridá? ¡Meu muiño de pan! ¡meu piñeiral! ¡meu lar!


Ricardo Portela (1920-1992) Naceu en Viascón en 1920 o 4 de novembro. O seu pai tocaba a gaita e o acordeón, e os seus fillos herdaron a súa afección pola música. Cando Ricardo tiña 12 anos a familia trasladouse a Vigo, alí terá como mestre a Xosé Oliveira Blanco, “El Moreno”. No ano 1935 tivo que ir á guerra, estivo movilizado dende os 18 ós 24 anos, el mesmo di: “roubáronme a xuventude”. O seu primeiro destino foi o cuartel de Vigo, chamábanlle “El cabito” Estivo destinado en lugares de Galicia e Cataluña, en Mataró 1942 roubáronlle a gaita. Estivo 13 anos sen tocar, non deu atopado unha gaita da mesma calidade ca súa . Un día presentáronlle ao vigués Antonio Fernández, que tiña unhas gaitas de ébano de Faustino Santalices e retomou a música que tanta ledicia lle daba. Por medio de Antonio coñeceu a Paulino Pérez, un artesán de Lugo que seguía as pautas de Santalices nun taller que estaba facendo as súas primeiras creacións. Mercou dúas gaitas en Do, que tiñan un punteiro de ébano que lle regalou Paulino Pérez, coas que tocou desde 1955 ata 1979. Foi entón cando escoitou unha gaita que fixo Xosé Seivane e que lle recordou a que lle roubaran anos atrás. Con esta e coas que xa tiña estaba preparado para o desenvolvemento da súa xenialidade. No ano 1955 Portela emigrou a Venezuela, alí tomou contacto cos emigrantes no Hogar Gallego de Caracas onde fundaría un grupo de gaitas. No ano 1959 regresou e estableceuse en Pontevedra. Por problemas de saúde os médicos aconsellaronlle deixa-la gaita polo esforzo que lle supuña todo. A súa paixón pola música impúxosa ante a prudencia aconsellada. Finou o 24 de Marzo de 1992, despois de ser considerado en vida un mestre da gaita e un home de ben. No seu enterro foi acompañado por moitos gaiteiros interpretando música galega. O gaiteiro sempre amosou un constante respecto pola gaita e pola figura do gaiteiro. Sempre se negou a toca-la gaita onde non se escoitase coa debida atención. Rechazou o emprego de instrumentos feitos con materias de baixa calidade ou por artesáns mediocres. Non pasaba por alto ningún ata que á calidade e autenticidade da gaita… A súa principal aportación foi no terreo da técnica. Era notable a súa calidade como instrumentista e as súas posibilidades interpretativas. Gustaba de utilizar adornos nas súas interpretacións que daban un aire ledo as melodías. Adornos que variaban segundo as notas utilizadas e que pola súa propia identidade eran imposibles de escribir nunha partitura polo que deixaban entreve-la calidade de dixitación e a sensibilidade do instrumentista. Mantivo o xeito de interpretación a man pechada e recopilou o xeito e melodías dos gaiteiros de Sotuelo de Montes. Ten varias grabacións discográficas e nunha publicación de Xosé Luis Calle recóllese amplía información de vida e obra do mestre. O Concello ten plans para facerlle unha homenaxe en xuno. Recentemente en Pontevedra adicáronlle unha rúa perto do Conservatorio de Música.


NELIDA PIÑÓN Premio “Principe de Asturias” 2005 O Concello de Cotobade nomeou filla adoptiva á escritora Nélida Piñón. Con este motivo no noso centro realizáronse algunhas actividades: carteis, debuxos, explicacións e conferencias sobre a autora e a súa obra pondo especial atención en “A república dos soños”, obra na que está especialmente reflexado e mencionado o noso concello (xentes, paisaxes, topónimos, etc)

mi corazón (1974), La fuerza del destino (1977) e La república de los sueños (1984) pola que recibíu o premio Pen Club no ano 1985. Recentemente foi publicada en galego “A república dos soños”, un dos cumes da obra narrativa desta autora. A novela é unha homenaxe ás súas raices e aprofunda na epopea da emigración galega alén do mar. Esta obra conta a historia de dous rapaces que embarcaron en Vigo rumbo ao Brasil. No ano 1913 é cando discurre a novela, o éxodo de emigrantes galegos que acabaría por ser unha sangría de máis de millón e medio de persoas que atravesaron ó Atlántico á procura da súa república dos soños, está reflectido nesta historia. O concello promoveu varios actos: divulgación nos xornais, recepcións, encontros con persoeiros destacados, homenaxe no concello para nomeala filla predilecta. Neste acto foille entregado o escudo de Cotobade realizado en pel, pero o que máis lle gustou foi atoparse de novo cos seus veciños. Jessica Ventín Rodríguez

4º E.S.O. Nélida Piñón naceu en Río de Janeiro, Brasil, en 1937, é descendente de galegos polos catro avós todos eles de Cotobade, e aquí estivo entre os 10 e 12 anos, na parroquia de Borela de quen ten moitos recordos. Estudiou filosofía e periodismo na universidade de Río, foi catedrática titular na universidade de Miami. É unha escritora que se caracteriza polo rigor da súa narrativa. Foi a primeira muller do mundo en ser presidenta dunha Academia. No ano 1998 foi nomeada “doutora honoris causa” pola Universidade de Santiago de Compostela.

As súas obras principias son: Fundador (1969), A casa da Paixao (1972), Sala de armas (1973), Tebas de


POEMAS Meu corazón O meu corazón está triste porque quérete ver. Se ti non estás aquí, non sei que facer. Non sei que facer... O meu corpo triste quérete ter.

Que bonito é o amor ! Son e non son, Vou e non vou Dime que é, lúa Dime que non é amor. Sempre estou nas nubes Nunca concentrada, Sempre pensando en ti, Sempre namorada SARA GÁNDARA

Tódalas noites nos meus soños véxote,síntote. Por iso, por iso sei que ti segues aquí lonxe, a través da distancia e do espacio que hai entre nós, viñeches mostrarme que ti segues aí. Preto, lonxe, onde queira que esteas sei que o meu corazón seguirá contigo. Unha vez máis abriche-la porta e tí estás aquí, no meu corazón, e o meu corazón seguira contigo, seguirá.

e durar toda unha vida, non hai que deixalo escapar. Este amor é unha ocasión de verdade para aferrarme a tí. Preto, lonxe, onde queira que esteas, Sei que o meu corazón seguirá contigo. Unha vez máis abriche-la porta e o meu corazón seguirá contigo, seguira. Agora sei que estás aquí de verdade e non teño nada que temer porque o meu corazón seguirá contigo onde que esteas, para sempre. Consuelo Pichel Godoy -

3ºA,

E.S.O.

Cando estou contigo só estás ti na miña mente pero cando el aparece todo cambia de repente comezo a deixar de quererte non sei que facer, ¡son dous amores diferentes! Un amorío é lonxano outro é cercano non sei a quen quero ¡estou toleando! Un é louro, outro moreno, Un é baixo, outro alto quero os dous pero teño que elexir con quen quero quedar. Paso as noites pensando Sen saber a quen elixir só sei que os quero os dous pero teñome que decidir. Consuelo Pichel Godoy – 3ºA,

O amor pode tocarnos algunha vez

10

E.S.O.


Sorriso Ese doce sorriso que tén a Virxe do Ceo alegra aos anxos consola aos nenos que están enfermos dálle vida á xente que está triste e famenta os seus ollos son dúas lúas e a súa pel e da cor da améndoa cando a xente llo pide os seus males enmenda. Romina Dios 3º B

TRIANGULO HARMÓNICO

Nai a bella xentil princesa é unha branca estrela é unha estrela galega. Nai es a máis divina flor de Valongo e cando pasas triunfante no teu palanquín Parece un lirio , parece un pálido loto Arrincado unha tarde de estío do imperial xardín. IVÁN SALES SANTOMÉ 3º ESO A Nº13

11


García Lorca e os nosos poetas Lorenzo Varela (1965), edita na editorial Qualitón, promovido por Seoane, Federico García Lorca, gravados de Seoane e a voz de Lorenzo Varela recitando poemas do autor. García Lorca coñecía a obra de varios escritores galegos e participou con algúns deles en tertulias literarias madrileñas. Blanco Amor prologalle o libro “Seis poemas galegos” (1930) ao que pertence este poema.

CANTIGA DO NENO DA TENDA

Bos aires ten unha gaita sobre do Río de Prata que toca o vento do norte coa sua gris boca mollada. ¡Triste Ramón de Sismundi! Aló, na rúa Esmeralda varre que te varre po de estantes e caixas. Ao longo das rúas infinitas os galegos paseaban soñando un val imposible na verde riba da pampa ¡Triste Ramón de Sismundi! Sentiu a muiñeira de auga mentres sete bois de lúa pacían na súa lembranza. Foise para a beira do río, beira do Río da Prata. Salgueiros e cabalos núos creban o vidro das augas. Non atopou o xemido melancólico da gaita, non viu o inmenso gaiteiro coa boca florida de alas; triste Ramón de Sismundi, eira do Río de Prata, viu na tarde amortecida vermello muro de lama García Lorca

12

José Lorenzo Leiro Barros Verónica Tosar 4º E.S.O.


O PATRÓN DE SAN XURXO A festa do patrón celébrase o día 23 de abril. Hai una misa cantada ás 13:00 horas en honor a San Xurxo. A súa imaxe é un cabaleiro subido nun cabalo que crava unha espada dentro da boca dun dragón. Para cravarlla na boca fixo que o cabalo pisara ao dragón na barriga. Calquera 23 de abril podedes vir e mira-la imaxe e ve-la procesión que se fai arredor da igrexa. Estes ritos forman parte da tradición desta parroquia. Cóntase que hai moitos anos había un mar onde vivía un dragón. Ese dragón saía tódolos días e ía ás casas do pobo a comer animais. Cando acabou con tódolos animais, comezaron a poñerlle xente. Un día tocoulle a filla do rei. Entón foron ao mar como tódolos días e prenderon á princesa. De súpeto cando estaba comezando a saí-lo dragón, pasaba por alí un soldado nun cabalo. Preguntoulle á princesa que facía alí atada unha muller tan guapa e díxolle que marchara, que estaba empezando a saír o dragón. El colleu a súa espada e desatouna, logo colleu o cabalo e dixolle: ¡Avanza cabalo meu! Entón o cabalo pisou ao dragón na barriga e o soldado cravoulle a espada na boca ao dragón. Sara Portos Filgueira 3ªB


COUSAS QUE PASAN? Un camioneiro dirixíase ao seu destino, nun pequeno pobo da serra. Era un día de verán sofocante. Ao pasar por unha gasolineira veu a unha anciá de pé no andén facendo autoestop. Como ía ben de tempo decidiu parar a recollela. Así emprenderon xuntos o camiño cara ao pobo da muller, que pillaba de camiño. Ao chegar a un punto da estrada, nunca curva pronunciada, a anciá adverte, “Teña coidado aquí, que foi onde a miña filla e eu nos matamos” e nese preciso momento… desapareceu.

*** A NOIVA DA MORTE A historia de Verónica sucedeu hai moito tempo, poucos a recordan. Esta moza ía vestida de noiva, xa que ía celebrar a súa voda, e morreu nun accidente de tráfico. O accidente ocorreu nunca curva, e como testemuña tivo a lúa chea. Por este motivo, dise que cando chove e hai lúa chea aparécechese vestida de noiva, e ti morres… Por isto a Verónica coñeceselle como a noiva da morte.


A VIDA NA ALDEA EN LOUREIRO A vida neste lugar é moi bonita pois temos bonitos paisaxes, moitos canastros de pedra, pontes antigas, e diversos cruceiros tallados á man. Nesta zona podes ver dende o menor animal ó maior deles, vacas, burros, ovellas, galiñas, cabalos, nos que se pode montar para ir dar un paseo polo monte. Anque tamén usamos todo tipo de novas tecnoloxías: - PARA VIAXAR: cars, coches, motos, bicicletas, etc.. - PARA COMUNICARNOS :temos todo típo de telefonía móvil ata con GPS, algo que nos serve para comunicar con máis velocidade. Temos diversas festas como a VIRXE DAS NEVES o 5 e 6 de Agosto. Hai que traballar moito, temos moitos campos verdes que segar, nos cales da gusto estar ó rematar a xornada cando se pon a lúa, pois comezas a sentirte coma se voases . Pero tamén podes tremer só co medo pois hai xabaríns que anque son grandes e feos non son malignos. A XENTE DESTA ZONA É MOI AMABLE Hai unha casa rural na que se serben moi boas comidas que son o núcleo da cultura das persoas. Os traballos comúns que realizamos son: Sega de veigas a partir de agosto, este traballo ten distintas partes, sega, xunta con galleiros e angazos, empacar. Bota-lo millo e as patacas. E moitos máis.

IVÁN SALES SANTOMÉ 3º ESO A Nº13


Os Amoriños de Bora No ano 1991, atopábanse na discoteca un grupo de amigos: Magín, Mariló, Alejandro, Sita, Tensi, Luis, Marcos, Feli e Manoliño. De alí saíu a idea de disfrazarse no entroido que se achegaba. Logo alguén dixo de levar instrumentos e ir tocando e bailando. Fóronse xuntando máis persoas , e así chegamos a ser trinta . Ese primeiro ano eramos "Fulano de tal e uns cantos máis". Ao ano seguinte cambióuselle o nome polo que actualmente leva : "Os Amoriños de Bora". A denominación "de Bora" lévaa polos seus fundadores, aínda que non hai que esquecer que moitos compoñentes son de Mourente. Os músicos pertencemos á "Banda de música de Tenorio" , “Banda de Salcedo" e algúns que son afeccionados á música. Os primeiros anos os traxes non eran moi alá porque se contaba con pouco orzamento. Pero a medida que fomos gañando premios, os traxes foron mellores e de mellor calidade. Dende o mes de Outubro empézase a organizar o traballo e a expoñer as ideas que tén cada un, aínda así sempre hai apuros de última hora.

Ata o ano 1993 en Pontevedra non nos deron ningún premio dándonos ese ano o 5º premio. Ese ano empezou a despegar a comparsa e a ser coñecida pola xente, levando premios en distintos sitios. No ano 1997 conseguimos desbancar aos "Sibaritas" levando nos o 1º premio en Pontevedra. A partir dese ano a nosa comparsa xa foi coñecida en distintos lugares da provincia non só polos nosos traxes senón pola boa música que levamos, pois principalmente o noso arreglista que vai tocando as pailas como bo músico que é, e dándonos ánimos para que non deixemos de tocar en ningún momento e o fagamos o mellor posible. A comparsa foi medrando tanto en bailarinas como en músicos, chegando a ser no ano 1999 case 80 persoas. Ese ano levamos o 1º premio en Pontevedra e o especial, e


levando o 1º premio tamén en distintos lugares, como en Monteporreiro, na discoteca Lúa , Marín, Lalín, ect. Este ano celebramos o 15 aniversario dos "Amoriños", e o noso regalo ¡¡ben merecido!! Gañar eses premios. Levamos 6 anos consecutivos acadando o 1º premio en Pontevedra, é aínda que moita xente pense que non, é gracias ao noso esforzo e o noso traballo, porque son moitos os días que pasamos traballando e ensaiando ata as tantas para que todo saia perfecto. O nome que actualmente levamos "Os Amoriños de Bora"puxéronllo porque hai uns anos había uns gaiteiros que se chamaban os "Os Amoriños de Bora". O símbolo da nosa comparsa son os corazóns que levamos no traxe e pintados na cara. Nos organizámonos da seguinte maneira: Diante levamos a un chaval cun traxe espectacular (ese traxe leva unha estructura de ferro, a partir da estructura xa se empezan a facer os adornos para engadírllelos ao traxe. Póñense moitos aderezos como lentelluelas, brillantes, brillantina e moito plumaxe, e por suposto os corazóns), detrás do traxe ese vai un estandarte co noso nome. Despois van dúas ou catro rapazas pequenas co traxe que se leva, e logo xa nos colocamos os músicos e detrás veñen as bailarinas. Para a feitura dos traxes buscamos ideas orixinais divertidas e que poidan realizarse co orzamento e o tempo do que dispoñemos. Durante a preparación divertímonos e aprendemos a colaborar e organizárnos. As nosas bailarinas xa empezan a ensaiar cando empezamos nós, moito antes do entroido. Nós preparamos a música e despois a partir desa música as bailarinas xa preparan a sua coreografía . Uns dos traxes que máis me gustaron foron os de hai dous anos. Ese ano íamos de branco con polainas con un bordado de lentexuelas. E como tódolos anos, o gorro, que foi moi bonito. E as mulleres co seu vestido, con un arco grande e co seu gorro.

Esteban Pichel Godoy 3ºA


TURISMO E FESTAS DE TENORIO

TURISMO En Tenorio hai moitos lugares que paga a pena visitar: O mosteiro de San Pedro: antiga abadía benedictina; está formada pola igrexa e as dependencias integrantes do mosteiro propiamente dito. Cabe destacar o claustro, as bodegas e o lagar ben conservado no interior deste. Hoxe en día, o mosteiro só está habitado polo cura párroco. Ë de estilo románico e construído posiblemente no século X. Cruceiros e muíños: existen multitude de cruceiros de grande interese artístico, así coma varios muíños dos que aínda se conservan algúns en pé. Petroglifo do Outeiral: ten forma de cervo nuha pedra dun muro particular. A Cruz de Daniel: erixida no monte cerca da chamada Chan da Batalla, an honor ó pastor do mesmo nome morto alí. As fontes de augas medicinais: no lugar de Parada, con propiedades curativas. A ponte colgante sobre o río Lerez: comunica a zona de Calvelo con San Andrés de Xeve. É un bonito enclave fluvial, situado moi cerca do Canal, onde o río fai un

meandro creando unha relaxante e bucólica paisaxe. A Cova dos Mouros: esta mítica cova está situada na zona máis elevada da parroquia. Pénsase que foi o último refuxio dos Mouros. Dase unha mezcla de lenda e realidade, porque a cova existe e a xente cre que algún espíritu está vivindo alí e non deixa que ninguén entre entrepóndolle trampas, lavirintos, etc.

FESTAS Nesta parroquia cave destacar as seguintes festas: San Pedro: festa patronal (29 de Xuño). Corpus Christi: celebración litúrxica en Xuño. Festas patronáis de San Roque, o Carmen e o Rosario (7, 8, 9 e 10 de Septembro). San Cristovo: unha procesión na que son vendicidos coches e motos. Martes de entroido (Febreiro). Érica Fontán Lozano 2º A


UNHA INTÉRPRETE DE CLARINETE Hola, estou aquí para facerlle unha entrevista a unha compañeira nosa do instituto que toca o clarinete. Bos días Chelo. Bos días. ¿Cómo che empezou a aficción polo música? A min empezoume a gustar a música dende moi pequena porque me gustaban moitos instrumentos e tamén porque tiven a influencia do meu tío que tocaba na banda de música dende moi novo. ¿A que anos entraches na banda de música “ Unión Musical de Tenorio”? Entrei no ano 1998 con 8 anos. ¿Por que decidiches entrar na banda? Decidín entrar na banda porque a xente que estaba contábame que cando ían tocar as veces estaban todo o día fóra, que as veces ían a praia, en fin que o pasaban moi ben. ¿Quen te animou a entrar na banda ? A persoa que máis me animou foi o meu tío, pero tamén me animaron moito a xente que estaba na banda. E despois destes oito anos que levo na banda non me arrepinto de ter entrado, xa que o paso moi ben e é moi divertido tocar un instrumento. A todo isto, ¿que instrumentos che gustan? A min ao principio gustábanme moito tres instrumentos: a frauta, o oboe e o clarinete. ¿Que nos podes contar da frauta? A frauta é un instrumento moi interesante pero é algo difícil de tocar, como case todos. O problema que tiña era que para tocar a frauta tés que ter uns labios axeitados se non é un pouco máis difícil. ¿E do oboe que opinas? O oboe era un dos que máis me gustaban e aínda me gusta, na forma de tocar é moi parecido ao clarinete, só que en vez de ter unha boqilla ten soamente unha palla, non me decidín a tocar o oboe porque era moito máis custoso ca un clarinete e non tiña ningún compañeiro que o tocase. ¿Por cal te decidiches? Finalmente decidinme polo clarinete que é un instrumento que me entusiasma tocalo, é moi divertido pero a súa vez é moi difícil. ¿Na banda hai moitos? Na banda había miotos compañeiros que tocaban o clarinete. O principio éramos case doce clarinetes pero agora somos algúns menos. ¿Queres dicir algo máis antes de rematar esta entrevista? Pois... que vos convido a todos a que vos animedes a tocar un instrumento, aínda que só sexa coma un hobby, cando o provedes non vos ides arrepentir. E acordadevos que na banda de música “Unión Musical de Tenorio”, vos estaremos esperando cos brazos abertos, e as portas do noso local estarán sempre abertas para vós. Dou por rematada esta entrevista, e espero que teñades moi presentes estas últimas palabras da nosa querida compañeira Chelo. ENTREVISTADA: Consuelo Pichel Godoy. ENTREVISTADORA: Graciela Calvo Gesteira. 3ºA , E.S.O.


PEIXES EXÓTICOS A nosa compañeira María Calvo Vidal é unha grande afeccionada aos peixes, queremos facerlle algunhas preguntas encol deste tema. ¿Dende cando tés esta aficción? Dende hai tres anos. ¿Gústanche moito os peixes? ¿por qué? Encantanme é a miña distracción favorita. Creo que é un mundo aparte, con eles o tempo pasa voando . ¿Precisan moitos coidados? Depende da clase e da especie. ¿Non son todos moi parecidos? Non, hai moitas variedades, tamaños, formas e cores. ¿Qué clase de peixes tés? A maioría son vivíparos, pero teño tamén incubadores bucales, son peixes duns 30 cm de lonxitude ¿Qué nos podes contar dos peixes vivíparos? Son peixes exóticos, doados de coidar e viven entre un e dos anos. Teñen unha forma de reproducción especípica, necesitan fenómenos... ¿Con que se alimentan? Con larvas de mosquito, restos, doutros peixes e “ krill”. Todo isto vén en pequenas tabletas e escamas . ¿ Tés moita información sobre este tema? Si, teño varios libros especializados. ¿Cal é o cuidado básico dun acuario? Cambia-la auga cada cinco días, limpa-las augas das pedras, controla-lo PH e o KH, limpa-los filtros todalas semanas e que a temperatura estea entre 24º e 26º grados. ¿Cantos exemplares tés? Agora teño vinte, pero cheguei ata 230. ¿Qué pasou con eles? Vendinos, adiqueime durante unha tempada a crialos e a vendelos. ¿Cando fa-la venda precisas levar algunha documentación? A documentación dos tres primeiros meses que se cubre nunha ficha que se proporciona os compradores profesionais. ¿Cales son os teus preferidos? Vou a dici-lo nome científico e cotiá: - Betta Splendens-Combatiente. - Poecelia Reticulata-Guppi. - Molli Belifera-Belifera. - Pangio Kuhli-Concha de ollos espinosos. ¿Quere engadir algo máis? Si, animarvos a coñecer este pasatempo tan curioso e entretido. Moitas grazas por contesta-las nosa preguntas. María Calvo Vidal 3º B Tania Couto 3º B


Estes días estiven lendo un libro que trata sobre Ricardo “Corazón de León”, de Fiona Macdonald. Vivíu entre os anos 1157 e 1189, reinou durante dez anos, Moitos sécalos despois da súa morte lembramolo porque fixo mellorar as empresas daquela. El recibía o seu alcume debido a que era destemido, orgulloso e enormemente ousado. Levaba a guerra no sangue, amaba a gloria, a victoria e o risco da batalla. Gobernou un vasto imperio que ía desde o norte de Inglaterra ata o sur de Francia, e pasou a maior parte da súa vida a defendelo coas armas. Litixou contra seu pai, seus irmáns e co seu gran enimigo, o rei Augusto de Francia. Comandou a terceira Cruzada, a Guerra Santa entre el e os musulmáns, para reconquistar Jerusalén. ***

Este libro de Agustín Fernández Paz cóntanos como Xavier Louzao volve a Galicia tras estar en Québec, e encontrarse coas cartas do seu compañeiro Adrián que lle escribira durante a súa ausencia. As cartas descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e lévano a … Iván Sales Santomé 3º E.S.O.


JOSEP RATZINGER PAPA BENEDICTO XVI Josep Ratzinger naceu o 16 de Abril do ano 1027 en Marktl anm Inn, Alemania, nunha familia de campesinos. Foi soldado no exército alemán na última etapa da II Guerra Mundial. Estudou na Escola Superior de Filosofia e Teloloxía de Freisinq e na Universidade de Münich. No ano 1951 foi ordeado sacerdote e sacou o doutorado en Teoloxía. Dende 1952, encargouse da Dogmática e Teoloxía en Freisinq e despois foi vicepresidente da universidade de Ratisbona. Marcarono as protestas do 68, nas que se alzou coma defensor da fe frente o marxismo e o ateismo. Ratzinger aparece en tódalas polémicas dentro da igrexa. No 1977 comezou a exercer de Arzobispo de Münich-Freising, sendo nomeado ese ano coma cardenal por Pablo VI. Foi un dos máximos valedores para que Wojtyla fose proclamando Papa. Por iso foi a man dereita de Juan Pablo II ata o fin do seu papado, exercendo de gardián da doctrina xa que exerceu oficialmente dende 1981, cando foi nomeado Prefecto para a congregación da Doctrina e a Fe. Foi tamén presidente da Comisión Teolóxica Internacional e da Pontificia Comisión Bíblica. O 19 de Abril do 2005 conseguiu converterse no Pontífice da Igrexa Católica nº 265 despois dun día e medio de deliberacións do Cónclave. A sociedade pensa que será un Papa chamado de “transición” debido a que tén 78 anos e numerosos problemas de saúde.


Xaán Pablo II O seu verdadeiro nome era Karol Wojtyla. Nacido no seo dunha familia humilde, fixo os seus estudios a vez que traballaba como obreiro nunha fábrica. Gustábanlle os deportes, entre eles o esquí, e tamén lle gustaba o teatro. Foi ordeado sacerdote en 1946 e ampliou os seus estudios en Roma. Tralo seu regreso a Polonia ensinou ética na Universidade de Dublín e na Universidade de Cracovia. Nomeado bispo da diócese de Cracovia en 1964, participou no Concilio Vaticano II e na redacción do documento sobre a Igresia no mundo actual. É elexido cardenal en agosto de 1967 polo Papa Pablo VI . Anos máis tarde, en 1978, é elexido ponífice, desde entón realizou numerosos viaxes pastorais polos cinco continentes (Asia, África, Europa, América e Oceanía). Por elo é coñecido como o “ Papa viaxeiro”. Entrevistouse con distintos líderes políticos, e representantes das distintas relixións. Souvo pedir perdón polo erros cometidos pola Igrexa Católica. Tamén escribiu numerosos libros. O 13 de maio de 1981 sufríu un atentado, que casi lle custa a vida, na Plaza de San Pedro de Roma, ante unha gran multitude de xente que o aclamaba. Despois de recuperarse segue viaxando por numerosos países entre eles: Cuba, Santos Lugares. E visitou España en cinco ocasións. O seu estado físico impediulle nos últimos anos seguir cos seus viaxes e a comezos deste ano un problema de garganta impídelle case falar. A súa última aparición pública foi o 30 de marzo e falece o 2 de abril de 2005.

GRACIELA CALVO GESTEIRA 3ºA


Don Quixote Don Quixote era un home duns cinuenta anos, fraco, ainda que tamén tiña complexión forte, de cara delgada, o nariz semellante ao dunha águia, tiña as orellas grandes e sobresaíntes, barba moi longa e un mostacho moi curioso. Ía vestido coas vellas e encanastradas armaduras que xa pertenceran ós seus bisavós, e que

estaban remendadas con anacos de carbón para amaña-las súas roturas e imperfeccións. Don Quixote era un home excéntrico, e leu centos de libros de cabalerías, foi pulindo os seus extraños pensamentos, a partir destas lecturas, perdeu completamente a razón e levárono a intentar imitalos dunha forma completamente obsesiva.


Xulio Verne Julio Verne Jules Verne

Este ano celébrase o centenario da morte de Xulio Verne. Os compañeiros de 2º A elaboramos un mural sobre a súa vida e obra. Velaí van algúns datos deste escritor de viaxes fantásticas, maravillosas e exóticas. Xulio Verne naceu en Nantes (Francia) en 1828 e morreu en 1905. Desde moi pequeno estaba fascinado polos barcos de vela e soñaba con atravesa-los océanos (mesmo escapou da casa ós 11 anos coa idea de ser mariñeiro); cando seus pais o levaron de novo ó seu fogar, Xulio xurouse a sí mesmo seguir viaxando aínda que só fose coa súa imaxinación. Todos estes soños plasmounos na súa obra literaria: os heroes das súas novelas exploran a terra, o mar e o aire a bordo de inventos extraordinarios como por exemplo o avión anfibio, o tren lunar ou o elefante a vapor . Deste modo escribiu novelas tan maravillosas como:

5 semanas en globo (1863) Viaxe ó centro da terra (1864) Vinte mil leguas de viaxe submarina ( 1870) Ó redor da luna (1870) Unha cidade flotante (1871) A volta ó mundo en 80 días (1873) A illa misteriosa (1874) Un capitán de 15 anos (1878) César Cascabel (1890) Animádevos a ler algunha delas e viviredes xunto cos seus heroes aventuras incribles .

*** Axúdalle ó capitán Nemo a atopa-lo seu submarino Nautilus

Alejandro Pérez (2º A)



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. A alimentación. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) máis de mil millóns de persoas no mundo viven en situación de pobreza. Numerosos países atópanse con tan poucos recursos que están limitados a comer unha única comida insuficiente por día (sempre o mesmo alimento). ¡Ollo! Logo, entre nós, protestamos pola comida que nos sirven e ata atrevémonos a dicir ¡isto non me gusta! ¡hoxe non me apetece! ¡non teño ganas! etc. Entre 40 e 60 millóns de persoas morren ó cada ano no mundo por fame ou enfermidades relacionadas, desgraciadamente a neirande parte son nenos. Sí, o 50% dos 12 millóns de nenos menores de cinco anos que morren ó ano é a causa da malnutrición. En contraposición, atopámonos no noso país co chamado “andazo do século XXI”, a obesidade en nenos e adolescentes. Concretamente na nosa Comunidade, os rapaces galegos son sete quilos máis gordos ca hai 25 anos. Segundo o doutor Tojo, Xefe do departamento de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, o 15% dos nenos está en situación de obesidade. En Galicia os nenos e adolescentes consomen cada vez máis alimentos ricos en enerxía e calorías, pero baixos en nutrientes: foxen da froita, verduras, peixes e leguminosas. Ademais o consumismo no que están metidos tampouco axuda a adquirir hábitos alimenticios saudables e tenden a mercar lambetadas, gominolas e demais chucherías que, lóxicamente, son perxudiciais. Temos que engadir á dieta, outros malos hábitos: o sedentarismo, a escasa actividade física e a vida pouco activa. Por isto o doutor Tojo insiste na “necesidade de non ver máis de 2 horas diarias a televisión e facer uso razoable das novas tecnoloxías, en especial dos ordenadores, internet e móvil”. VISITAS REALIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. No presente curso 2004-05 realizáronse as seguintes visitas cos alumnos/as de 4º e algúns de 3º da ESO.: Martes, día 22 de febreiro IES. “A Xunqueira” para coñecer e observa-los ciclos formativos de grao medio: Equipos electrónicos de consumo, Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble, Carrocería, e C.M. de Electromecánica de vehículos. IES. “Luís Seoane” . C.M. de Xestión administrativa e C.M. de Comercio. Mércores, día 20 de abril IES. Fogar Provincial “Príncipe Felipe”. C.M. Impresión en artes gráficas, C.M. Preimpresión en artes gráficas, C.M. Farmacia, PGSs.: Operario de viveiros e xardíns, Servicios auxiliares de oficina, Operario de imprenta rápida e manipulados, Operario de soldadura e construccións metálicas, Auxiliar de perruquería, Auxiliar de estética, Operario de carpintería de madeira maciza, Axudante de mecánica xeral e electricidade do vehículo e Operario de textil e confección. IES. “Carlos Oroza”. C.M. de cociña, C.M. Pastelería e panadería, C.M. Servicios de restaurante e bar. PGS: Axudante de cociña e Axudante de servicios de restaurante e bar. Están pendentes de confirmar unhas visitas na 3ª semana de xuño ó IES “Chan do Monte de Marín e ó Centro de Forestais de Lourizán.


As árbores son un elemento esencial da natureza, anque con demasiada frecuencia se lles deixa moi poucas posibilidades de sobrevivir, por exemplo, se se interpoñen no camiño dunha autoestrada ou dunha urbanización. A Península Ibérica conservou menos bosques que case calquera país europeo. Os incendios, as cortas indiscriminadas, a perda de fertilidade do solo e, recentemente, a chuvia ácida, teñen sido as causas fundamentais da regresión das masas boscosas. As árbores son vitais para a ecoloxía do planeta: converten o dióxido de carbono en osíxeno apto para respirar, manteñen baixo control os gases que quentan a atmósfera – especialmente o dióxido de carbono -, fan que a codia terrestre non se eroxione esaxeradamente, devolven á terra abono composto e facilitan un ecosistema rico e variado. A IMPORTANCIA DAS ÁRBORES. Un planeta sen árbores é un planeta morto, sen aire. Asegura-lo futuro das nosas árbores, é, literalmente, asegura-la nosa propia saúde, ademais de proporcionarnos unha inevitable e elevada beleza. As árbores sans son unha parte vital do noso medio ambiente e, dende logo, non merecen o destino que lles estamos a dar. As árbores e os bosques protexen a fráxil capa do solo , e manteñen o equilibrio axeitado da atmosfera para tódalas formas de vida. QUE DEBEMOS FACER. Debemos educarnos a nós mesmos e ós nosos fillos sobre a importancia de plantar e coidar ás árbores. Os concellos deberían fomentar programas para plantar árbores, dende zonas illadas ata bosques enteiros, usando especies autóctonas da rexión. Tamén se debe estimular ós donos dos bosques para que coiden deles. QUE PODEMOS FACER. Non malgastar a madeira. Reciclar o papel e a madeira sempre que podamos. Coidar as árbores e as sebes.

Oliveira, plantada por tódolos cursos GRACIELA CALVO GESTEIRA CONSUELO PICHEL GODOY - 3º A 3ºA, E.S.O.


ACIVRO Os acivros miden de 2 a 10 m e viven formando grupos. A súa madeira é dura, compacta, flexible e resistente; utilizase en labores de tornería e abanistería. Da súa caste interna extraíase ata non hai moito o visgo ou liga que serbía para cazar paxaros vivos. Atópase dende os 600 m de altitude no Incio, val de Loúzara, montes de Oribio, Serra de Ameixa, Caurel e Ancares, así coma na fraga de Caaveiro, á beira do río Eume. As súas ponlas empregánse como adorno nas casas polo Nadal e corre o perigo de desaparecer. Algunhas das árbores que se plantaron o “día da árbore” foron: a sobreira, o acivro, abeleira, o freixo e o pradairo, dos que vamos a falar a continuación:

SOBREIRA OU CORTICEIRO (Quercus suber) Dase nas zonas baixas e en lugares sollíos. Compre destaca-lo sobreiral de Merza (Terra do Deza). Mide entre 5 e 15 m de alto. A súa casca - cortiza – emprégase para construí-las tradicionais colmeas das abellas, tapóns das botellas, garrafas e pipas, para revestir solos, paredes... Nome castelán: Alcornoque.

ACIVRO (illes aquifolium) Mide de 2 a 10 m e vive formando grupos. A súa madeira é dura; utilízase en labores de tornería e abanistería. Atópase no Caurel e Ancares. As súas ponlas empréganse como adorno nas casas polo Nadal e corre o perigo de desaparecer. Sinónimos en galego: Acivo, aciviro, xardón, escornacabras. Nome castelán: Acebo. ABELEIRA (Corylus avellana) Árbore de 3 a 8 m de altura. Aproveitanse os seus froitos - as abelás -, a súa madeira serve para facer cestos e aros de pipas e bocois, e tamén para obter carbonciños para debuxar. Dase nos bosques de Teixido.

O sobosque de abeleiras é o máis rico de tódolos bosques galegos.


FREIXO (Fraxinus excesior) Alcanza doadamente os 20 e ata 40 m. Antigamente empregábase a súa toma coma sustituto de quina. O froito é seco e alado. A madeira é boa para usar en tornería e carretería. En Galicia atopámola no norte e nas beiras dos ríos. Nome castelán: Fresno.

PRADAIRO (Hacer seudoplatanus) Non é unha árbore de gran talla. Abunda relativamente nas cuncas do norte do noso país e tamén nas zonas dende os 600 m, val de Loúzara, vales de Conso, veigas de Camba... e unha árbore caducifolia que florece na primaveira. a súa madeira utilízase en ebanistería. Nomes castelán: Arce blanco, Falso platano. Graciela Calvo Gesteira – Consuelo Pichel Godoy 3º E.S.O.



MIGUEL ANXO MOURIÑO

Miguel Anxo púxolle ao seu primeiro libro en prosa “Os Arriscados” porque cando os seus fillos eran máis pequenos ía con eles e algúns rapaces máis de excursión. A ese grupo de excursionistas decidiron porlle nome e despois de facer unhas votacións decidiron chamarlle “Os Arriscados”. Aínda que os rapaces non tiñan nada que ver nesta historia, pondolle ese título ao libro facía unha homenaxe a ese grupo de rapaces. En cambio o libro de “Camariñas” fíxeno por causa dun acontecemento que lin nun xornal. O suceso dicía que a situación da planta camariñas, era tan tráxica coma a do Galego. Sentinme identificado e decidín rendirlle homenaxe cun libro. Ocorreuseme por o da cabana no libro porque eu de pequeño fixen unha cabana rodeada de mimosas non tan ben feita coma do libro… pero si tiña unha parede, alí xuntábame con dous ou tres amigos e era o noso segredo.

M. Anxo - animeime porque me parecía interesante e así o colexio onde traballo faríase algo “famoso” pois é un colexio pouco coñecido e ademais os poemas non os lé tanta xente e este libro, e libros de este tipo, si. A: - ¿Ten pensado facer máis libros coma este ? M. Anxo: - Si, penso que en cuestión de cinco ou seis meses poida saír outro. A: De tódolos libros que publicou, ¿cal é o que máis lle gustou? M.A: - Pois... este, porque os libros de poesía non podes comentalos e falar deles, así como agora, e a un escritor gústalle que lle fagan preguntas dos libros gústalle contestalas. A: - ¿Pensa facer algún libro en inglés ou xa ten algún? M.A: - Teño tres libros de texto en inglés, pero a editorial encargada de publicalos decidiu só publicar libros en galego… e escritos están, pero non publicados. De momento non teño pensado publicalos. A: ¿Por qué elixiu a Andrés Meixide como ilustrador do seu libro? M.A: Non o elixín eu, foi a editorial, eu non coñezo a Andrés Meixide, pero penso que fixo moi ben os dibuxos. A: - ¿Por qué adicou o libro o seu neto? M.A: - Porque é o meu primeiro e único neto.

ENTREVISTA A MIGUEL ANXO MOURIÑO

ALUMNO : - ¿Por qué se animou a facer o libro “Os Arriscados” se sempre facía libros de poemas?

ALUMNOS DE 1º DE E.S.O.


UN DÍA DE RADIO En marzo veu o noso instituto unha unidade de “Radio Galega” co propósito de realizar un concurso que se estaba levando a cabo por toda Galicia. Para isto pediron dous alumnos que estivesen dispostos a participar e responder diversas preguntas. Estas duas concursantes resultaron ser eu (Jessica) e Miriam, ambalas dúas de 4º E.S.O ¡apuntámonos ata a un bombardeo! O concurso aínda non resultou moi complicado, respondemos a cantas preguntas se puido, e a pesar dos nervios e a vergoña que tiñamos enriba non o fixemos tan mal ¡puido ser peor! Eso sí, debémoslle aos profesores,

maioritariamente a Carlos, (o profesor de Historia) que nos axudou nunha proba de adiviñar cancións, e a Elena (a profesora de música) que gracias a súa capacidade do saber no campo da “prensa rosa” poidemos sumar 10 puntos. A todo isto tamén hai que suma-lo gran apoio e a axuda dos nosos compañeiros de 4º da E.S.O. Como resultado obtivemos 1060 puntos, aínda que non puidemos gañar, estamos contentos igual, sempre teremos o consolo de que polo menos participamos, que é o importante. Espero que para o próximo ano pasen por aquí e os alumnos que estean en 4º E.S.O poidan facelo o mellor posible e se pode ser ¡que gañen! Ata ese momento quedarémonos co sabor doce de ter participado. Alumna: Jessica Ventín Rodríguez

4º E.S.O.


VISITA Á CORUÑA O martes día 15 de marzo os alumnos/ as de 3º e 4º da ESO, acompañados por tres profesores saímos de excursión a Coruña cos profesores. Saímos do IES as 9:15, chegamos aproximadamente as 11:30, realizamos varias visitas. A Casa das Ciencias, nela miramos moitas cousas como por exemplo un criadeiro de polos, obxectos antigos como televisións, periódicos, cousas relacionadas coa asignatura de Física e Química. Despois de ver case todo o que había fomos ao Planetario que estaba na última planta, do museo. Nel miramos as estrelas, estábamos sentados nunhas butacas e mentres mirábamos as estrelas esplicabannos todo sobre elas. Cando chegamos ao Acuario de Finisterre, mandaronnos ir para un comedor a xantar, alí sentaronnos de seis, o menú era raxo con patacas, tortilla, e de postre natiñas, para beber auga ou refrescos. Ao acabar de xantar fomos percorre o acuario o noso aire, estivemos nel case dúas horas mirando o mar, os peixes, etc. Xusto no momento de marchar íanlle dar de comer ás focas pero non puidemos quedar ata o final. Tivemos que ir dende o acuario ata o domus a pé, todos estabamos cansos, pero contentos dese paseo. No Domus miramos cousas relacionadas cos embarazos, miramos un video dunha muller dando a luz. Había moitos xogos de intelixencia, un corazón xigante, unha máquina que medía as pulsacións do teu corazón. Había cousas curiosas coma unha discoteca onde estaban dentro uns esqueletes bailando, unha cociña desnivelada que parecía que caías. Non puidemos ver todo do “Museo do home “ porque avisaronnos para ir ver un documental dos delfíns nunha sá cunha pantalla enorme, dixéronnos que con esa pantalla ao ter uns abuxeriños moi pequeniños parecía que estabas ti cos delfíns. Neste documental saíu coma as persoas comunicabanse cos delfíns por medio dun aparello. Pero o mellor foi a volta á casa, viñémos dende a Coruña, ata o “insti”, cantando e divertindonos no autobús. Chegamos as 20:30 aproximadamente e cada un regresou a súa casa. REDACTORAS:

Mª Del Mar Ventín Gil Pily Durán Fontenla Carmen Díaz Vidal CURSO: 3º B


VIAXE A LUGO O martes día dez de maio, os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. fomos de excursión a Lugo. Cando chegamos estaba a chover. Unha vez alí dirixímonos a catedral onde un guía amosounolo todo mentres nos explicaba as diferentes partes da mesma. Tamén nos ensinou o paso da Semana Santa chamado “A Última Cena” entre outas cousas. Despois levounos as murallas de Lugo, eran moi bonitas e estaban bastante derruídas. Explicounos algunhas zonas particulares das murallas. Logo na praza principal déronnos vinte minutos para dar unha volta nós sós. Logo fomos a un parque e alí había: pavos reais, patos, palomas, etc. Máis tarde fomos a un restaurante, pasámolo moi ben. Cando fomos ao museo que había preto do castro, vimos moitas cousas, entre elas unha maquetas de como era o castro hai moitos anos. Minutos máis tarde e despois de percorrer todo o museo fomos ao castro e explicaronnos cales eran os barrios antigos e botamos bastante tempo alí. Logo chegou a hora de subir ao autobús para marchar. Media hora despois paramos nunha estación de servicio onde había unha cafetería, un kiosco e todo, mercamos cousas para comer e beber. As nove e algo chegamos ao instituto e cada un marchou cos pais para a casa e así rematou a nosa excursión a Lugo.


UN DÍA EN SANTIAGO O día 10 de decembro os alumnos de 1º e 2º da E.S.O. desprazáronse ata Santiago de Compostela par ir visitar as esculturas que poden apreciarse por alí ao chegar fomos a visitar unhas igrexas onde hai xente coñecida enterrada (Autores galegos como Rosalía de Castro e Castelao entre outros) este é o Panteón de Galegos Ilustres. Logo dirixímonos ao Museo do Pobo Galego onde observamos cousas moi antigas de fai moitísimos anos e incluso séculos explicaronnos os oficios e obxectos que na súa época utilizaban os nosos avós. Máis tarde fomos comer a Área Central, que é un centro comercial. Alí os mestres deixáronnos ir libremente a comer. Ao rematar a comida fomos a Catedral e vimos a tumba de Santiago Apóstolo, despois fomos ver Galicia Dixital, onde nos ensinaron os diferentes lugares de Santiago con diferentes probas, e nalgunhas dábanche unhas gafas para que poideras ver as animacións en tres dimensión, ata vimos Galicia dende o aire chegando a ver Tenorio.

Sara Tilve, Andrea Sayáns, Andrea Pintos, Tatiana Rey e Rosa Prado 1º E.S.O.


Viaxe a Mallorca Somos dúas alumnas de 4º curso e ímosvos contar sobre a nosa viaxe de fin de curso: O 9 de abril saímos do instituto ás 19,30 en autobús cara a Santiago para desde alí coller o avión a Mallorca. Todos iamos moi contentos por estar todos xuntos en amor e compañía. Cando chegamos ao aeroporto de Mallorca recollemos a equipaxe (o profesor estaba máis nervioso que nós, case lle queda atrás a equipaxe) e fomos en bus ao hotel. Aí repartimos as habitacións e déronnos algo a picar que mellor non comentar. A pesar do cansos que estabamos, saímos igual a pasear. Ao chegar para durmir decatámonos que da cama podiamos caer e o peor de todo é que na habitación do lado sentíase rir e os profesores a comentar do que podían escoitar. Ao día seguinte fomos percorrer todo o Paseo Marítimo sen bañarnos, porque o tempo non nolo permitiu. Escoitamos o partido do Pontevedra e miramos a victoria do Madrid sobre o Barça. Imaxina cando nos enteramos de que case eramos os únicos do hotel ¡todo a tremer! Tamén miramos un partido de mozos fronte aos nosos balcóns ¡imaxinade o show! Pola noite tocaba descansar para o día seguinte ir pasear. Primeiro visitamos unha fábrica de vidro (un museo moi bonito). Non é por facer a gracia, pero ao profesor Pepe, saudando e baixando as escaleiras, confundírono co Papa. Despois visitamos unha fábrica de perlas cultivadas (bisutería “barata”) e por último visitamos as Covas do Drach, fermosísimas coa súa actuación de violín e piano en barca tocando a Alborada Galega e dúas pezas máis. Polos estreitos pasamos con coidado de non esbarar, pois boa cuada habías levar, e senón que llo pregunten a... Chegamos ao hotel e fomos bañarnos á praia. Tiñas que meterte moito para que cubrira. Pola noite saímos outra vez. Á mañá seguinte collemos o transporte urbano para ir ao centro, isto é, a Palma. Alí fomos ver a catedral e a fermosa vista ao porto. O profesor nin corto nin perezoso a uns mallorquíns lles pediu que nos sacaran unha foto. Pola tarde uns bañáronse na praia


e outros na piscina; a verdade é que a auga estaba conxelada, pero para dicir que nos molláramos chegaba. A unha dábaselle por saudar e os mallorquíns andaba a espantar. Á noite tamén saímos para festexar a nosa marcha, uns ligaron moito e non houbo resaca. O mércores pola mañá fixemos as maletas e fomos comprar os últimos detalles (se o mozo, os irmáns, os primos...) con poucas ganas de marchar. A media tarde saímos do hotel en bus cara ao aeroporto. Na volta fixemos escala en Madrid. Ao chegar a Santiago volvemos coller o bus ata o instituto. As caras eran de tristeza por ter que voltar, algúns tamén pola fame que traían estaban a papar En resumidas contas, pasámolo bomba. E xa nada máis. Queremos e temos que darlles as grazas aos profes Carlos e Pepe por ir connosco e axudarnos a organizar a viaxe. E grazas ao “insti” por colaborar. Azucena Marcial e Nuria Patiño


ANTROIDO 2005 Este ano no noso centro os carnavais celebráronse o venres 4 de marzo. De 9:15 a 10:55 houbo clase normal, pasadas esas horas derónnos media hora para cambiarnos e pornos os disfraces (as persoas que non se quixeran disfrazar axudaban a recoller). As profesoras ían polas aulas apuntando aos disfrazados para participaren no desfile e así poder gañar un premio. Unha vez todos cambiados, baixamos ao patio, no que había diferentes actividades. Os rapaces/as de 1º e 2º da E.S.O xogaban ao baloncesto no pabillón, mentres que os rapaces/as de 2º e 3º da E.S.O xogaban ao fútbol fóra, logo cambíaronse. Ás 12:30 tivo lugar o desfile, no que distintos profesores e alumnos que non se disfrazaron votaron ao disfraz que ao seu xuzgar debería levar o premio, que era un CD (ao gusto do premiado) Terminado o desfile, déronnos ata as 14:00 horas, para disfrutar dunha pequena festa, con música e cousas para picar, como gusaniños, patacas fritidas, etc. Mentres fixose entrega dos premios. Os gañadores foron: Premio grupos: "O EQUIPO MÉDICO", formado por Adrián, Iago, Iván Moreira e Esteban de 3ºA Premio parellas: "AS ESCARLATAS OJARA", formado por Chelo e Graciela de 3ºA Premio individual: "A CORTESANA", Jesica de 3ºA. Houbo tamén uns premios de cultura clásica (cada gañador foi premiado cun libro) Os gañadaros foron: "Dulcinea": Sainza , 2ºA "Demos": formado por Andrea Sayáns, Andrea Pintos, Pablo e Diego, de 1º "Mulan":Sara Gándara de 1º "Morgana": Leila de 1º Ao meu parecer foi un día moi divertido, no que o obxectivo era facernos pasar a todos un rato entretido.

Entregáronselle uns Accesit os seguintes disfraces: "O CIRCO" (formado pola clase de 4º E.S.O) , "A BODA"(formado polas rapazas de 3ºB e dúas rapazas de 3ºA)


DEPORTE ESCOLAR Este ano a sorte non nos acompañou, pero si hai que dá-la noraboa polo interese e pola loita amosada en todo momento, ata o último minuto dos partidos que se disputaron no centro e nas competicións de Deporte Escolar, contra o IES de Forcarei.

Fútbol Os empates que habitualmente se producen e que se solucionan con tanda de penaltis ou tiros libres, esta vez favoreceron aos nosos contrincantes.

Xadrez Hai que destaca-la gran vitoria en xadrez do cuarteto masculino Pablo Bugallo, Daniel López, Diego Gómez e Enrique Tomé que por primera vez racharon a primacía neste deporte dos de Forcarei.

Tenis de mesa As derrotas foron claras en tenis de mesa, pero – mira ti por onde - que dende aquel momento e coa compra dunha mesa, neste curso os nosos alumnos puxéronse a xogar e a amosar un gran interese por esta actividade. De seguir co nivel que están adquirindo poderemos darlles unha sorpresa o ano seguinte aos nosos siareiros.

Cross Na especialidade do cross masculino hai que felicitar a Alexandre Gómez – na categoría infantil – que acadou un meritoso segundo posto e a Diego Riveiro en terceiro posto na categoría cadete. Teriamos conseguido un mellor resultado de non ser polo desfalecemento sufrido en plena carreira por Pablo Bugallo. ¡Ánimo Pablo!


No cross feminino, as mellores clasificadas foron Andrea García, cuarta (categoría cadete) e Mª José Rodríguez séptima categoría infantil.

Volei Celebrouse un partido de volei, de carácter amistoso, nos que os nosos alumnos superaron con claridade aos de Forcarei. Tamén temos aportado grandes xogadores a Pontevedra como Iago, Alex e Óscar e outros como Enrique que teñen amosado o seu interese en desplazarse para entrenar, experimentouse un receso que esperemos que polo menos non se incremente o ano que vén. Xa sabedes: ¡no deporte escolar, o importante e participar! O día 3 de xuño celebrouse a entrega de medallas e trofeos correspondentes ao curso 2004-05 en Campolameiro onde os diferentes, colexios e institutos da zona intercambiaron impresións e consolidaron as competicions para o curso próximo

sempre atendendo aos principios de deportividade.


FÚTBOL SALA FEMININO As mulleres estamos entrando en tódolos ámbitos laborais e deportivos. Un exemplo diso é Azucena. Como xa sabemos, a alumna Azucena Marcial Godoy de 4º ESO xoga nun equipo de fúlbol Sala Feminino. Imos facerlle algunhas preguntas: P : ¿Dende cando lle gusta o fúbol? R : Dende cativa. P : ¿Xogabas o fútbol cos teus amigos? R : Si, un pouco nos recreos. P : ¿E cos teus primos ou irmáns? R : Co meu primo máis ca cos meus irmáns. P : ¿A que idade decidiches entrar no equipo? R : Hai dous anos, con 15 anos. P : ¿Tiñas dudas para entrar ou estabas convencida? R : Eu estaba convencida, pero dependía dos meus pais por mor dos estudios. P : ¿Animoute alguén para entrar ou foi por propia iniciativa? R : A encargada do equipo animoume un pouco para que o equipo fose adiante, xa que era o primeiro ano que se facía. P : ¿Como foi a tua primeira tempada no equipo? R : Foi boa, contando que íamos para pasalo ben, e se gañabamos mellor.. P : Entrar no equipo ¿Como infuíu na túa vida? R : Influíu positivamente, sobre todo na asignatura de Educación Física, xa que teño máis aguante físico. P : ¿Tes pensado seguir nun futuro como xogadora profesional de fútbol Sala Feminino? R : En principio non, é un pasatempo. P : ¿Que días entrenas? ¿Cantas horas ? R : Martes dúas horas e xoves hora e media. P : Cando empezaches ¿Tiñades todas a mesma idade? R : Non, era eu a máis nova. P : ¿E como te sentías sendo a benxamina? R : Alagada, todo o mundo me tratou moi ben, ten unha ventaxa se-la “pequena”. P : ¿Cal é a posición que ocupas no equipo? R : Empezei xogando como lateral e punta, pero tamén estaba de suplente da porteira. P : ¿Gañástedes algún trofeo? R : Si, o trofeo á deportividade. Gracias por deixarme algo do teu tempo e moita sorte: Entrevistada: Azucena Marcial Godoy. Entrevistadora: Nuria Patiño Fortes.



ADIVIÑAS 1-¿Que é o que ten catro fontes, dous viramontes e un dalle que dalle? (a vaca)

2-¿Que é o que cando vai para a casa vai mirando para o monte e cando vai para o monte vai mirando para a casa? (os cornos da cabra)

3-¿Que é o que cando vai para o monte vai enroscado e cando ven para a casa vén endreitado?

4-¿Que animal é o que ten moitos remendos e ninguna puntada? (a galiña)

(o adival)

5-¿Cal é o bicho que pica a panza? (a fame)

7-¿Sei dunha saba moi grande que non se pode encartar; está cheíña de manchas que non se poden cortar? (o ceo)

6-¿Qué é unha cousiña cousa que entra na auga e nunca se molla? (a lúa)

8-¿A pombiña branca do ceu baixou e cubriu a terra co seu cobertor? (a neve)

9: Unha casiña con dúas xanelas, abren e fechan sen tocar nelas (Os ollos)

10: ¿Qué cousa cousiña é que dá na cara e non a ves? (O vento)

11: Por diante por tras sempre mesmo verás nin o dereito, in o revés máis , se el non está, ti no o ves (O sol)

12:Teño follas sen ser árbore, fáloche e non teño voz, se me abren non me queixo, adivina ti quén son. (o libro)

13: Que será o que , sen ser frade ni crego, sempre viste de negro. (o corvo)

14: Na horta do meu pai, hai un galo francés, Que ten dentes , non ten boca, ten cabeza, e non ten pes. (o allo)


OS AMANTES DOS COCHES TUNING A xente comenzou por prepara-los seus coches con pezas que se lle acoplan de forma que se podería dicir que se “personaliza”como lles gustaba e entendeuse como unha forma de identeficarse co coche, isto é o tuning. Hoxe en día existen moitos “tuneros” ou “tuners”. En España hai un elevado número pero en América tamén abunda esta afección polos coches. Hai que di que é mellor có europeo aínda pero que o europeo non se queda atrás. Un tunero pode chegar a gastar moito diñeiro no seu coche aínda que as veces para nada se o coche queda mal . No tuning hai dúas especialidades: -Interiores: modificase os asientos, o tapizado, o cuadro, o pomo de marchas, os pedais, as alfombrillas, o volante, o equipo de música, introducirlle neóns... -Exteriores: consiste en cambiar as defensas, os faldóns, o alerón , as tomas de aire, o escape, as llantas, os faros, os retrovisores, o capó, poñerlle neóns... O tuning acolle nas concentraccións moita xente.E algo que aínda que pouco a todos lles gusta , porque un coche de serie non é un coche preparado. Nunha concentración pódense acadar miles de millóns de visitas nun fin de semana, e os patrocinadores gañar moitos cartos, nestas concentracións hai boa música últimamente. Un tipo de música que está arrasando tanto en concentraccións como nas discotecas de todo o país é o Reggaeton que empezou a triunfar neste verán no noso país, e esta música procede de países de Sudamérica. O tuning é como todo tén as súas cousas mal vistas como son os “modificados” no motor para que éste alcance máis velocidade para logo facer carreiras ilegais, iso é maís típico en América que aquí en Europa . O tuning tamén chegou as grandes pantallas do cine con películas moi coñecidas como as de “A todo gas” ou a de “Taxi derrape total” que tiveron todas moitísimo éxito tanto en afeccionados do tuning como os que non son , ultimamente tamén están a sair gran cantidade de videoxogos para consolas ou PC de xogos de coches como pode ser o Need for Speed Underground 2 . Tamén hai revistas que se adican a ir as concentracións sacar fotos e logo expo-las nas revistas ou tamén a invitar a xente a que vaia alí e saca-los seus coches na revistas. Hai dúas revistas que son as mellores que xa se comentara nunha edición anterior do “Cartafol” unha e nacional “MAXI TUNING” e outra que é internacional “GTI MAG”. Ámbalas dúas son bastante boas e traen boa información sobre todo o relacionado co tuning, tamén existen outras pero de menor calidade ca estas dúas que son as mellores que se encontran no mercado de revistas relacionadas con isto. Neste mundo se algo destaca son as marcas dos accesorios tuning podemos citar algunhas máis coñecidas como: MOMO, PIRELLI, REMUS, SPARCO, YOKOHAMA, WILDRAGONSPORT, PIONEER, SONY, JVC, BEYMA, CLARION, JL AUDIO, AIWA, IMOLA, OZ RACING, ALPINE, AEM...

José Lorenzo Leiro Barros 4º E.S.O. Vanesa Vidal Pazos 4º E.S.O.



Un caso que ilustra a creación de novas ferramentas matemáticas para tratar de solucionar un problema concreto o dos grafos.A partir do xa famoso problema das sete ponte de Königsberg, resolto polo político matemático Euler, xorde a creación da teoría dos grafos que, ademais de dar resposta ó problema considerado, foi a precursora do que hoxe se coñece como Topoloxía onde o fundamental, a diferencia da Xeometría son as propiedades que se conservan despois das deformacións continuas, sen roturas. Son de utilidade para a introducción da teoría dos grafos os tradicionais pasatempos que, despois de mostrar unha figura na que aparecen varios camiños entrecruzados preguntan: ¿e posible, sen levanta-lo lapis do papel e sen repasa-las liñas, debuxalas figuras? O enunciado seguinte reflexa un difícil problema.

O pasatempo anterior serve para entrar no eido da xeneralización.Sen adentrarse na teoría dos grafos, non fai falta nin coñece-lo seu nome, pódese atopar a regra xeral para este tipo de situacións e, ó paso, resolve-lo famoso problema das sete pontes sen dificultade coa axuda dun esquema gráfico similar o das figuras anteriores.

Resolto por Jonatan e Pablo 3-b






LETRAS GALEGAS 2005



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.