Cartafol 2010 Nº 10

Page 1

CARTAFOL

IES DE COTOBADE

Cantamos panxoliñas

Visítannos

Nº 10

Facemos deporte

outros

centros

Entrega de medallas … faise camiño o andar...

Club de lectura

CURSO 2009 - 10 1


1ยบ B E.S.O.

1ยบ A E.S.O.

2ยบ A E.S.O.

2ยบ B E.S.O. 2


INDICE Fotos Índice Uxío Novoneyra Lendas de Cotobade Música e danza Magosto Xogos populares Cara a Belén Halloween Samaín Día da Paz Sen violencia, convivencia Entroido Viaxeiros Club de lectura Concurso de relatos Representacións teatrais Lecturas para o lecer Probas de atletismo Campionatos provinciais Escolas deportivas Descubrindo o tempo Axenda 21 Excursión a A Coruña Poemario solidario Salustiano Portela Ventura Figueroa Placas persoeiros Camiña con nós Quebracabezas ONCE, discapacidade Fotos

3

2 3 4 6 8 11 12 13 14 15 16 17 18 21 22 23 25 27 28 29 30 32 34 37 38 40 41 42 43 45 46 47


LETRAS GALEGAS 2010 UXÍO NOVONEYRA, naceu en Parada do Courel, no ano 1930. Aos 19 anos marchou a Madrid, onde traballou en radio e televisión. Alí colaborou co grupo Brais Pinto e publicou o seu primeiro libro, Os Eidos (1955), no que xa aparecían os temas que marcarían toda a súa obra. En 1966 regresou ás terras do Courel, onde viviu ata 1983, ano en que trasladou a súa residencia a Compostela. Morreu en Santiago en outubro de 1999. Na súa poesía salientan dúas vertentes. A principal é a paisaxística, á que pertencen obras como Os Eidos ou Elexías do Courel e outros poemas (1985). Trátase dunha poesía de grande altura lírica, plasmada en composicións onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa bisbarra natal. A outra vertente é a poesía social, de carácter político e reivindicativo, á que pertencen poemas como “Viet-Nam canto” ou “Letanía de Galicia”. Está recollida nos libros Os Eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1978) ou Do Courel a Compostela (1988).Tamén escribiu poesía amorosa, reunida no libro Muller pra lonxe(1986). Os poemas de Novoneyra son case sempre composicións breves, de grande intensidade. Formalmente, salienta a utilización do fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e tipográfica dos versos. O fonosimbolismo consiste na evocación de sensacións non auditivas a través da expresividade dos fonemas. O autor pretende transmitir certa harmonía sonora para conseguir efectos concretos ou imitar algún sons da natureza. O autor pertence a xeración poética dos 50 que, como grupo, protagonizou unha fonda renovación temática e formal. Conforme avanza a década dos sesenta, moitos autores desta xeración, coñecida tamén como a das Festas Minervais, evolucionaron cara a poesía social, nunha liña de denuncia da falta de liberdade que se daba na sociedade. Do Courel a Compostela Os que así nos tein só tein noso os nosos nomes no censo, que astra a nosa suor sen alento se perde na terra. GALICIA, ¿será a miña xeración quen te salve? ¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? ¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!

Retrato por Maside

O lobo ¡Cousos do lobo! ¡Cavorcos co xabarín! ¡Eidos solos onde ninguén foi nin ha d´ir! ¡O lobo! ¡Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca…

Retrato por Pedro Tavera 4


BIDUEIROS cimeiros!

Pena das Augas! Xardois teixos rebolos tocos faias derrubadas! Camiño da Veneira! Carreiro dos dez regueiros! Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas pincheiras e pincheiras Eiquí sempre foi bosque… Ruxir solo da fonte do corzo! Barbas do mofo pingando dos toros Os Eidos. Uxío Novoneyra

O compromiso coa lingua Novoneyra foi un home moi comprometido coa realidade galega. Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensa do idioma como signo de identidade. O compromiso coa lingua e tamén o compromiso co pobo galego, representado na “Letanía de Galicia” e na defensa da identidade galega de forma activa en contacto con múltiples literatos, pintores e diversos artistas. A mediados do século XX, se un escritor optaba por expresarse en galego estaba adquirindo un compromiso tinguido de todo tipo de matices ideolóxicos. Un compromiso cunha lingua totalmente relegada dos usos públicos, oficiais e relevantes. O autor sempre comprendeu que non lle podía cantar á súa terra, nin ao seu contorno máis achegado, noutro idioma que non fose o galego; na lingua materna na que aprenderá a nomear os elementos dunha paisaxe que o emocionaba fondamente e que modelaran o seu ser e a súa personalidade. Terra e lingua configuraban a súa esencia como individuo e o autor non renunciou a ninguna delas, en prol da sinceridade comunicativa que pretendía para a súa mensaxe. 5


Muíño da Pena A Pena é un lugar da parroquia de Augasantas. No lugar de Calvelle, outro pobo veciño. Alí hai un muíño de pedra que ten moitos anos, a el acudían os labregos doutras aldeas a moer o gran; tiña dúas portas e catro ventás de madeira, foi feito por un canteiro con pedra do país, o tellado é de tellas antigas, xa cheas de musgo e algunhas deterioradas. Está situado á beira do río Calvelle, nunha fermosa paraxe a carón da estrada. É moi visitado no tempo de pesca porque esa zona do río é moi troiteira. Fátima Alvariño 1ºA CERAXE

L E N D A S D E C O T O B A D E

Hai moitos anos na aldea de Ceraxe vivía unha pobre mulleriña chamada Rexina, era pequena, delgada e moi, moi amable. Ela tiña unha burra de cor gris-acastañada alcumada “Xoaniña”. A burra facía os traballos de tódolos veciños, porque antigamente xuntábase todo o pobo para colaborar uns cos outros. Tamén había un porquiño que lle chamaban o porquiño de San Antón, cada familia tíñao unha semana e dábanlle millo, pan, verzas, patacas e ás veces lavadura. O día de San Antón poxábase no adro da igrexa, e como dín” o que máis dá , máis amigo é”. Pois así eran os costumes do pobo. A señora Rexina, como diciamos antes, era moi humilde pero colleitaba moita fartura na súa pequena hortiña, sempre axudaba á miña pobre avoíña Rosalía, dáballe pementos, patacas… miña avoa colleitaba “herba Luísa”, que era moi boa para a dor de estómago, e facían o troco. Fátima Alvariño.1ºA ALDEA

FRAGA

A miña aldea é Ceraxe, alí podes ir de viaxe, hai unha casa rural nunca verás cousa igual.

Se paseas pola fraga sentes os craros do mencer, se paseas polo monte o arrecendo do anoitecer.

Alí hai fontes tamén hai canastros, igrexas e capelas, pinos e carballos.

Xa ven a noite o gando vai as covas o sol xa se esconde e de cear son horas.

Hai homes e mulleres rapaces e mozas, petos e cruceiros, cabalos e vacas.

Para durmir ben pola noite antes de te deitar vai ao lago máis cercano para oir o croar das rás.

Se queres vir ven confíado aquí hai boa xente que te fará sorrir.

Ao día seguinte se queres ter un bo día escoita o cantar do galo que dá moita alegría.

6


O NENO XESÚS DE CAROI No concello de Cotobade hai unha parroquia chamada Caroi (que pertenece a Terra de Montes e na que foi remidida a renta no ano 1.906). Esta parroquia está a 650 metros de altitude, situada na base da Serra do Seixo. Nesta parroquia celébrase o día 6 de agosto a festa do Neno Xesus de Caroi, esta imaxe foi traido por un veciño do pobo chamado Fortiños, dise que foi roubado en Portugal. Fortiños por medo agochou o Santo onda unha fonte que se atopa na ladeira do monte Medelo (Caroi), enfronte do lugar da Cavadosa. Este home ía tódalas noites levarlle unha candea ao Santo, entón os veciños de Cavadosa ao ver a luz da candea todas as noites na ladeira decidiron ir ao sitio a ver que pasaba, cando chegaron onda a luz atoparon o Santo onda a fonte. O rumor de que aparecera un santo naquela ladeira estendeuse por todo o pobo, os veciños decidiron contruirlle unha capela ao Santo. O primeiro que construiron foi o altar do Santo que era de pedra xa que neste pobo abundaba a pedra e os canteiros, o resto da capela era de madeira e palla. Máis tarde foi construída a parte da capela que faltaba, (esta non puido ser feita toda xunta por problemas no pobo). Na fachada da capela hai un reloxo de números romanos que foi doado por un veciño chamado Constante Moreira. Este reloxo aínda hoxe funciona grazas a un veciño do pobo chamado Venicio da Cavadosa que é quen o arranxa cando se estraga. O Neno Xesús de Caroi ten un carro que foi traido do pobo veciño de Famelga, soubose que o carro estaba ali por unha señora que pasou por Famelga e veu o carro abandonado, cando chegou a Caroi dixollo aos veciños, entón fórono buscar no carro dos bois polo monte da Coutada. O carro esta situado debaixo da virxe dos Dolores que se atopa a esquerda do altar. O carro hoxe en día aínda esta en uso, nel tódolos veráns se saca o Santo en procesión cando son as festas. No adro da capela, tópase un pequeno palco de música e dúas mesas de pedra (que foron feitas canda a capela), no adro tamén se atopaba un cobertizo de madeira; o que agora se atopa alí hai poucos anos que se construíu, xa que o que había antes derrubouse polo paso dos anos. Hoxe en día as cousas cambiaron notablemente, mentres que antes a festa adicada ao Santo era o 6 de agosto de cada ano e era unha humilde festa para os veciños do pobo e das parroquias próximas; agora a festa celébrase o fin de semana seguinte o 6 de agosto, a festa aumentou e pasou de ser unha festa máis ou menos familiar a ser a festa máis grande da parroquia de Caroi. Na hora da procesión as encargadas de sacar o carro eran as mozas do pobo, o percorrido era saír do adro da capela percorrendo o centro do pobo (a Chaira), rodear o cruceiro e voltar ao adro, o carro é poxado por aquela familia ou persoa que ofreza máis diñeiro para metelo de novo a capela. Esta xente soe ter algún tipo de ofrenda ao Santo. AUTORA: MAYKA CORTIZO COVELO. COLABORACION: Mª DOLORES FORTES CARAMÉS. FOTAGRAFÍAS: NOELIA CARAMÉS .

7


A corredoira de Viascón. O día da festa os gaiteiros facemos un percorrido tocando xotas e muiñeiras polos camiños e corredoiras dos lugares da aldea. Na parte traseira dunha furgoneta puxeron unhas cadeiras amarradas ao chan. Koke, Xurxo, Miguel, Mariña, Andrea e Rita (a miña raíña) coas gaitas, Sandra coa pandeireta e eu co bombo subimos neste palco-móbil. Leváronnos a Atalaia, alí afinamos e comezamos a tocar, fomos aldea por aldea, pasamos por Cabanelas e despois de dúas horas enchendo o ar coa nosa música chegamos á igrexa para a misa solemne onde interpretamos o Himno do Antigo Reino de Galiza. Despois botámoslle un par de pezas e xa viñeron os da comisión convidarnos a uns petiscos de empanada e algo con que mollar a palleta, alí, na Casa do Pobo. Carlos Lameiro 1º

Percursionista dos Trazantes de Tenorio Aos meus pais gústalles moito a música e animáronme a ir aos ensaios, estiven nun grupo e iso axudoume a superar o medo escénico. Agora estou nos Trazantes, ensaiamos os venres de 6 a 10 e ao rematar quedamos por alí a contos. Toco o bombo coa maza e o tambor coas baquetas. Estes instrumentos serven para marcar o ritmo e soan en moitas pezas como “Pepe”, ”Cuba”, ”Auga”. Participamos no programa Luar da tele galega e temos tocado nas parroquias de Cotobade, en concellos veciños, en Portomarín e outros lugares, chámannos para moitas festas, Os trazantes, teñen moita sona, e xa levan vintecinco anos…! Á xente maior e aos novos gústalle escoitarnos e aplaudennos moito. Carlos Lameiro 1º 8


O clarinete.

As novas pandereteiras

Metinme na Banda de Tenorio hai cinco anos, preguntáronme que instrumento me gustaba máis, eu escollera o oboe, pero é moi difícil e aconselláronme que tocara o clarinete. Os venres temos solfeo de 20:30 a 21:30, despois temos ensaio de 22:00 a 23:00, os sábados de 16:00 a 18:00. O clarinete é fácil de tocar, hai que aprender a coller aire e soprar forte. As partituras que interpretamos son “Triunfal”, “Festival Suit”, Himno Galego e outras. Fomos tocar a varios sitios, coñecemos músicos de tódalas idades e fixemos amigos. A nosa banda é coñecida en todo Galicia. Hai varios alumnos/as do instituto que están na banda .

Un día por probar fun ao ensaio e xa me quedei, sempre me gustou a música. O grupo de pequenos vai de 10 a 11, os maiores de 11 a 12, despois imos todos a baile. Facemos exercicios de respiración, canto… A nosa mestra é Lola, estou moi contenta con ela, ensínanos fermosas cancións “Lirelere”, ”Arriba pola Portela”, ”Cando vai que non cantei”. A pandeireta é un instrumento sinxelo que tén madeira, coiro e ferrañas e hai que darlle xeito e coñecer varios toques. Participamos no serán de Covelo e fomos a varios concellos cos Trazantes. Cristina Gómez Gómez 1º

Victoria Ofelia 1º

9


BIBLIOTECA DE TENORIO A biblioteca de Tenorio abriuse no ano 1986. Algunhas das bibliotecarias que traballaron aquí son: Mercedes: estivo traballando durante dous anos. Celia: estivo moi pouco tempo, uns cantos meses. Marita: é a actual bibliotecaria, leva case dous anos traballando na biblioteca. No último verán estivose reformando e agora está moito máis grande xa que tamén colle a parte que anteriormente era o centro médico. Hai catro ordenadores con adsl nos que se pode consultar todo tipo de información. En toda a biblioteca hai wifi.

Tamén teñen un espazo para os máis pequenos con sillóns e unhas mesas baixas para que poidan debuxar, ler, colorear… Nun rincón teñen tres mesas para ler o periódico, estudiar, facer os deberes…

A biblioteca ten unha páxina web na que se pode buscar información sobre os libros que hai nela www.opacmeiga.rbgalicia.org recomendable poñer a páxina en favoritos. Libros de interese en galego e castelán: De 0-5 anos: Os bolechas rifan no cuarto de baño. De 6-8 anos: Mi nombre es Stilton, Geronimo Stilton. De 9-11 anos: Charlie e a fabrica de chocolate. + de 12 anos: O último traballo do señor Luna. Poesía: Poemas y canciones. Teatro: O enfermo imaxinario. Comics: Mortadelo y Filemón. CARLA REY

10


A COROZA Antigamente era frecuente o uso das corozas para se gardar da chuvia, pois cobren ben e son quentes. Cando están molladas pesan bastante e cando están enxoitas hai que ter coidado de non achegarse ao lume xa que arden con facilidade. Fanse dos xuncos que se crían nos lameiros. Alí vanse arrigar no tempo axeitado e lévanse en feixes para a casa, onde se estenden a secar .Cando están secos mázanse o mesmo que o liño, máis soamente pola punta, ata que quedan ben esfiañados. Entón vanse collendo un a un entretecéndoos pola base deica facer un xeito de lenzo dun longo que dea a volta ao corpo dun home. Fánse varias tiras que logo se van unindo unhas por baixo das outras, armándoas sobre cordas feitas tamén de xuncos entretecidos. Para os ombreiros faise unha armadura semellante, deixando unhas buratas para pasar os brazos, que se cobren logo cunha esclavina, todo nunha peza. A coroza átase no pescozo con dúas barazas. Pódese levar unha capucha para cubrir a cabeza. As polainas son uns rectángulos que se enrolan ás pernas e átanse logo cunha trenza. Aquí vedes ao noso compañeiro Andrés ataviado con caroza e polainas o día do magosto. A caroza estivo exposta e explicáronnos a realización, as pezas e os aderezos. Algúns probarona, deron un paseiño e fixeron fotos con ela.

Nos emigrados, nos presos, nas romaxes nos que contemplan o devalar das augas neles poño a miña lingoa e reclamo a liberdade pró meu pobo. Ferrín 11


MAGOSTO

X O G O S P O P U L A R E S

12


Cara a Belén… Ao longo de varias semanas o alumnado do IES de Cotobade implicouse na elaboración dun Belén, digamos, “autóctono”. Os Beléns son representacións do nacemento do Neno Xesús en hai algo máis de dous mil anos. Son froito do maxín de San Francisco de Asís (século XIII). O noso alumnado tomou como base de operacións para esta empresa a Aula de Plástica. E nese espazo aberto á creatividade naceron uns personaxes con corpo de carozo, cabeza de castaña, bugallo ou landra, extremidades de arame e unha vestimenta saída da agulla de alumnas, alumnos e algunha profesora. Viñeron tamén pacer ós prados de papel unhas ovellas moi xeitosiñas de carozo, algodón e arame. A estrela que guiou aos Magos de Oriente ata o portal de Belén saiu da paciencia do profesor de Matemáticas. Os Departamentos de Linguas puxeron a nota musical aportando vilancicos. Pero, sen dúbida, a horta ecolóxica da nosa Orientadora causou expectación. En resumen, que esta actividade constituiu un espazo de creatividade, compañeirismo, espírito solidario, ilusión…

“ Coas espadas forxarán arados; coas lanzas, podadeiras. Non levantará un pobo contra outro a espada, nin aprenderán de novo a fale-la guerra.”(Is 2, 4b.c)

13


O instituto convertiuse por unhas horas nun territorio impregnado do espírito de Halloween. Uns seres que parecían vir doutro mundo invadiron os corredores e adicáronse a aterrorizar a quen se achegaba. Para o Samaín fixemos concursos de doces e decoración de calacús que deron un saboroso toque de cor á celebración.

Nas reunións participábamos rapaces galeguistas e viámonos con Ramón Piñeiro para falar do futuro de Galicia. Casares 14


Mellores doces con productos de temporada

Mellor presentación

Premio ao doce de Samaín máis saboroso

Mellor sabor Cristian Suárez Ramírez A directora Samaín 2009/2010

A secretaria 30 de outubro de 2009

É ben certo que o que ve o seu enterro en vida xa está cun pé no outro mundo. 15

Fole


Este ano para conmemorar o Día da Paz, as profesoras de atención educativa déronnos unhas pautas para realizar carteis con frases celebres alusivas á celebración.

16


“Sen violencia, convivencia” O 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o departamento de orientación contou coa colaboración da Cruz Vermella, de xeito que varias voluntarias asistiron ao instituto para realizar diversas actividades e sensibilizar aos adolescentes sobre esta problemática. A 1ª hora unha parella de voluntarias por aula traballaron cos alumnos de 1º A e 1º B, a 2ªhora cos de 2º e a 3ª hora traballaron cos de 3º e 4º da ESO. Mentras unhas voluntarias están no taller, as demais van preparando a actividade de patio, para vivenciar e compartir de forma conxunta no tempo de recreo. Segundo informan as voluntarias, os alumnos participaron activamente e con moito interese nas actividades propostas na aula. No recreo todos valoraron a temática tratada e amosáronse solidarios participando na creación de mensaxes de paz, rexeitando as condutas violentas. Rosario Pérez. Departamento de orientación.

17


ENTROIDO 2010

18


SEGUIMOS NO ENTROIDO

P R E M I A D O S 19


Entroido A presentación e sabor dos postres presentados fixo difícil a decisión do xurado. Foron moitos os participantes na festa do entroido, uns animados polos premios e outros por afán de diversión. Mirade o resultado!

P R E M I A D O S

Mellor presentación

Mellor sabor

20


V I A X E I R O S

LA SAYONA Este nome fai referencia a un mito de Venezuela. A aparición materializada da figura dunha muller alta de unllas longas e moi elegante é considerada como un sinal castigador e reprobatorio da mala conduta e infidelidades cometidas polos homes. Hoxe en dia aínda se escoitan historias de persoas que aseguran que esta xélida e espantosa muller cruzouselle nun camiño. Agora vou contar o que lle pasou a un home que se topou con ela. El veu unha muller fermosa e empezou a camiñar detrás dela, pero ao chegar á porta da casa onde vivía a muller, esta seguiu de largo. O home estrañado pensou “que pasa?” Cando deu volta, atopouse cunha muller moi pálida e cos dentes negros coma tizóns. Quixo botar a correr pero a “sayona” estendeu os brazos para abrazalo e así o fixo. Cando o home logrou soltarse, fuxiu para a casa del, cando entrou dixolle o cuñado, que che pasa? Que susto! Saín fóra e topeime cunha figura espantosa. -Mira, esa é a Sayona, non será que tes cousas con outra muller? - Coidese, cuñado, coidese…! Iralys Marquez 2º

VAIA SUSTO ¡ Cando eu tiña seis anos, uns días antes da Navidade fun cos meus pais de compras ao Carrefur, o centro comercial que está en Pontevedra cerca da autopista. Cando entramos vin que xa colocaran os adornos de Navidade e quedeime admirándoos sen ver que meus pais seguiran camiñando e ao cabo dun rato deime conta que estaba perdida, e entón dirixinme ao garda de seguridade: - Por favor! - Sí, dime en que podo axudarche? - Perdín aos meus pais! - Tranquila, dime como se chaman, avisareinos por megafonía. Meus pais estaban preocupados buscándome e meu pai subeu correndo polas escaleiras mecánicas e alí encontrámonos meu pai e eu. Xiana Moreira Barbosa 2ºA 21


CLUB DE LECTURA O club de lectura empezouse a facer o ano pasado; tivo a iniciativa a profesora de lingua castelá. Moitos rapaces e rapazas apuntáranse, e este ano volveuse a facer e a xente segue participando. As reunións, ata o de agora, lévanse a cabo dous días á semana, os luns e os mércores. Os luns acoden os alunos de 4º, formado por Indi, Eloy, Diego Dios, Cristian, Florencia, Vanesa e Isabel; os mércores 1º e 3º, formado por Sandra, Irene, Carla, Cristina, Nerea, Natalia, Rebeca, Ángela, Gema e Vanesa. O club de lectura tamén ten un blog que se chama “As estrelas do libro”; aí podes entrar e ver os libros que se len no club, e comentar se che gustaron, que che pareceron… Se entras poderás atopar cousas entretidas, recomendacións de máis libros e as opinións dos lectores. Neste curso xa se leron varios libros; hainos de intriga, de teatro… Os libros que lemos ata o de agora foron Zapatos de tacón, La ratonera, Hello Goodbye, Ojo de Nube, Cando petan na porta pola noite, La soledad de los números primos… En xeral, o libro que máis nos gustou foi a obra de teatro La ratonera, porque era de intriga, e non soupemos ata o final quén era o asasino. Nas reunións o tema principal son os libros. Cando lemos un libro e temos reunión, falamos sobre o libro en cuestión e damos a nosa opinión. O día que non temos libro que ler, ou ben falamos do seguinte ou senón imos á aula de informática para entrar no noso blog http://asestrelasdolibro.blogspot.com. O club está a funcionar cada vez máis. Agora mesmo contamos coa colaboración das profesoras Victoria, Charo e Rosa; e de dous pasamos a formar tres grupos con alunos de 1º, 3º e 4º, respectivamente. Tamén temos que agradecer a colaboración de Bea, a profesora de plástica, xa que coa súa axuda, agora este club ten un logotipo creado polos alunos.

Tiña o corazón cheo de verbas pequeniñas como cativas patrias ou pulsos latexantes. Iletrado e sinxelo, gardaba a sabencia dos bosques e interpretaba o profundo vento que xeme na noite. Celso Emilio Ferreiro 22


Concurso 2010

RELATOS BREVES LA AVENTURA EMPIEZA AQUÍ… Este año se ha celebrado la 2ª edición del concurso de “Jóvenes literarios”, promovido por el equipo editorial Jóvenes Escritores. Allá por el mes de marzo, el IES de Cotobade se embarcó en esta aventura con trece alumnos participantes, cuyos relatos breves ofrecen, sin duda, una gran calidad creativa. Dos meses después, el fallo de este certamen nos sorprende con una grata noticia: de nuestro instituto, nueve han sido los alumnos seleccionados para formar parte del libro “Relatos breves 2010-Pontevedra”, cuya fecha de publicación está prevista para el próximo 31 de agosto. El profesorado del IES de Cotobade felicita y agradece, a todos los participantes, por haberse lanzado a este desafío literario, deseando así, que el logro de estos jóvenes escritores incite a nuevas participaciones en futuros concursos creativo-literarios; y que esto se haga extensible a toda la comunidad estudiantil de nuestro centro educativo. Los alumnos seleccionados son siguientes: Irene González Ferreiro: La boda perfecta Cristina Gómez Gómez: El balón de fútbol mágico María Casal Chan: La vida de Paula Carla Rey Suárez: Mi futuro Fanny Bourdon Fernández: No, hoy no es un día cualquiera Isaac Marcelino González Casal: Celestial Alejandra Mourín Casalderrey: ¡Quiero ser rica! Nerea Castro Casal: Extraños sonidos Ángela Pazos Núñez: En lo alto de la montaña Para cualquier información adicional, remitimos a la página www.jovenesescritores.com

23


L´homme qui plantait des arbres O home que plantaba árbores

Os lugares e as aldeas dos arredores vanse poboando de seres con número negativo. Dín que é así en toda Galicia. Rivas 24


La Celestina Os alumnos de 3º e 4º fomos ver esta obra de teatro que trata das peripecias amorosas entre Calisto e Melibea. Calisto pide axuda á vella Celestina para poder achegarse a Melibea e faille un agasallo, os criados reclaman parte da recompensa, matan a Celestina e son condenados. A amante dun criado contrata a alguén para que asasinen a Calisto, este que está con Melibea intenta fuxir, precipítase desde o alto do muro e morre. Vendo isto, Melibea decide poñer fin a súa vida. A obra foi interesante, ao final houbo un coloquio cos actores.

Messenger friends O alumnado de inglés asistiu a este espectáculo teatral no que os mozos protagonistas coñecerán as inmensas posibilidades de Internet para facer amigos de todo o mundo, e tamén algúns perigos que poden atoparse. Un viaxeiro do futuro chega ata os nosos días, para evitar unha catástrofe que acabará con toda a tecnoloxía, descubrindo de paso o ciberespacio. A representación foi interesante por tratar un tema de actualidade .

Adrián soñaba que nas cátedras e nos púlpitos volverá soa-la voz de tódolos mestres do mundo, as voces galegas que xermolaban na Galicia. Otero 25


Lecturas de verán Máis rápido, máis alto, máis forte. Alexandre e Victoria xa convertidos en marido e muller acoden á celebración dos Xogos Olímpicos en Grecia. O lema “citius, altius, fortius,” esta vez non definirá o espírito de superación que debe ter todo atleta, pois Lucio, o xoven romano ao que acompaña Alexandre, intentará todo tipo de subterfuxios para conseguir a prezada coroa de loureiro. Mª Isabel Molina. Ed. Alfaguara Xuvenil

As flores do meu amigo. Estamos no século XIII, no reinado de Alfonso X, o Sabio, Paio Gómez Chariño , o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ao mozo Avelino Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero tamén de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición. As flores do meu amigo é unha amena e documentada novela de fondo histórico, que pon ante os ollos o fascinante mundo medieval dos trobadores e xograres. Rafael Fernández Lorenzo.

Irmán, rei Artur. Tres historias que son unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Enredos do rei Artur, da raíña Xenebra, de Lanzarote do Lago, do meigo Merlín… para reivindicar unha imaxinación celta, rica, valerosa, aberta, desinhibida, atlántica que non admita outras fronteiras cás que ela mesma ten de seu. Coma un vello bardo, cantas vellas xestas de tempos idos que, ao longo dos anos, engailoron as mentes máis lúcidas e creativas de Europa. Carlos G. Reigosa 26


Antología del relato policial. Ed. Vicens Vives Las chicas de alambre, Jordi Sierra i Fabra Las sirenas se aburren. Teatro. Ed. Everest Las mil y una noches. Ed. Vicens Vives Esto es Troya. Francisco López Salamanca

Lecturas para o leer A pousada do sétimo día, Juan Farias Big-Bang, Xoán Bernárdez Vilar O aliado inesperado, Xavier López Así nacen as baleas, Anxos Sumai Habitación 202, Concha Blanco Rúa Carbón, Marilar Aleixandre

27


P R O B A S

Este ano realizáronse competicións deportivas con outros centros. Máis que competir o que se busca é que o alumnado se coñeza, xa que veñen de concellos cercanos, como Forcarei, que de sempre tiveron relación de veciñanza e parentesco. A lingua galega está presente na terminoloxía deportiva e nas conversas dos participantes. Os resultados foron bos para o noso alumnado en case tódolos deportes.

D E A T L E T I S M O

BALÓNMAN

FÚTBOL

O mestre arreábame cada leñazo cando dicía eu “fui” e el veña a darme e a dicirme” he ido, Nano, he ido”chamáballe bilingüismo… Toro 28


Campionato Provincial de Bádminton Corenta alumnos do noso centro participaron no Campionato Provincial de Bádminton celebrado en As Neves. Hai que destacar a boa actuación do equipo infantil feminino A, do masculino A que quedou en 4ª posición e do equipo cadete masculino A, que tamén acadou unha cuarta posición ficando ambos ás portas do campionato galego e perdendo no último punto. O xogador Martín Estévez clasificouse en categoría cadete en 6ª posición o que lle dá paso a meterse no Campionato Galego que se realizará o 8 e 9 de maio en Baiona. Foi o único participante que sen pertencer a ningún club clasificouse para o galego. O IES de Cotobade foi felicitado polo resto de delegados ao presentar o maior número de participantes.

BALONCESTO

29


Fútbol Sala (Club Escolas Deportivas de Cotobade ) O equipo naceu no ano 2007 pero non competiu en liga ata 2008. O seu comezo non foi precisamente moi bo, xa que competían por primeira vez. Só tiñan dous equipos federados, un de futbol 11 e outro de futbol 7. As categorías federadas eran alevíns e infantís. Os xogadores progresaron moito esa tempada, algúns era a primeira vez que xogaban. No 2009 créase un equipo na categoría cadete, ninguén esperaba de nós os resultados obtidos, actualmente estamos na segunda posición loitando por pasar á fase eliminatoria. Un dos inconvintes é que xogamos na liga viguesa e tódolos partidos fóra da casa temos que desprazarnos a Vigo e o mesmo lles pasa a eles cando teñen que vir ao noso campo. Entrenamos os luns e xoves de 18:30 a 20:00. Os xogadores estamos encantados de representar ao noso concello neste deporte. Desde o posto de defensa, informou Diego Chamadoira.

Club de ciclismo As escolas deportivas de Cotobade déronnos a oportunidade de formar o club de ciclismo. Os luns e os mércores de 15:30 a 17:15 é cando nos reunimos. A equipación é, camiseta azul e patalón negro, o casco é imprescindible. Os dias de moita choiva quedamos no pabillón e improvisamos unha bicicleta estática poñéndolle uns rodillos ás nosas ou facemos exercicios preparatorios. O noso adestrador é Dario Buceta, campión e segundo nos campeonatos de España. Cando o traxecto é demasiado longo e sabe que non nos vai dar tempo, lévanos na furgoneta un anaco da ruta que imos facer, despois voltamos a Tenorio na bici. As rutas son de diferente dificultade. A paisaxe é fermosa o que pasa é que non nos fixamos, costa arriba imos a morrer, costa abaixo imos embalados e nas rectas falando. Os itinerarios preferidos son a senda do Lérez de Bora a Monteporreiro, que nos leva 15 minutos, ou baixar desde o Castelo a Tenorio. Se queredes ir pola vida sobre rodas praticade este deporte, vide ao club de ciclismo. Néstor Alonso Diego Dios 4ºESO

30


31


DESCUBRINDO O TEMPO No mes de febreiro chegou ao centro a exposición itinerante “Descubrindo o tempo”. Nunha serie de paneis plásmanse cousas moi interesantes que intentamos comprender coas explicacións dos profesores/as. Aquí recollemos os títulos: O tempo condiciona as nosas vidas dende o pasado A atmosfera, un delicado manto que nos protexe O invernadoiro da atmosfera permite a existencia da vida na Terra As nubes miles de formas no ceo O arco da vella, os lóstregos, a chuvia, a néboa, son fenómenos sorprendentes As tormentas teñen unha forza descomunal As variacións de temperatura e presión provocan cambios de tempo Observar con atención e analizar os datos permite predecir o tempo Un mundo con grande diversidade de climas A contaminación da auga afecta ao noso planeta e a nosa saúde

Menú 1º prato Cocido galego Ensalada mixta Polbo con patacas cocidas 2º prato Churrasco, crioulo con patacas fritidas Lacón con grelos Fideos á mariñeira

32


Almofrei

REFRANEIRO En Xaneiro sete capas e un sombreiro Febreiro, xiada na leira e cachopo na lareira Marzo marzola, trebón e raiola Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gando O que en Maio se molla, en maio se enxoita Xuño, mes de San Xoán, días longos e verán Aí vén Santiaguiño, co seu regadiño En Agosto está a auga detrás dun fento Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes Outono quente, inverno doente O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño Nadal, mes do capón ao carón do lar

Calendario romano Ianuarius - xaneiro, consagrado ao deus Jano Februarius - febreiro, mes das purificacións Mars - marzo mes de Marte Aprilis - abril, mes da deusa Afrodita Maius - maio, mes da deusa do crecimiento, Maia Iunius - xuño, mes de Juno Julius - xullo, mes consagrado a Xulio César Augustus - agosto, mes consagrado a Augusto September - setembro, mes séptimo (o ano comezaba en marzo) October - octubre, mes oitavo Nouember - novembro, mes noveno December - mes décimo

Algúns meses denominanse co nome dun santo/a ou celebración e así aparece no refraneiro. Xaneiro - Candelaria Xuño –San Xoán Xullo – Santiago, Santa Mariña Agosto – Santa María Setembro – San Miguel Outubro – Santos Novembro – San Martiño Decembro – Santa Lucía

I N V E R N O

33


AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA ¿ DE QUE VAI ? O noso Centro participa por primeira vez neste curso 2009-2010 no Programa Axenda 21 Escolar de Galicia a prol da sostibilidade do planeta. É un programa no que participan uns 50 centros de toda Galicia, cada quen cos seus obxectivos na loita pola conservación do medio e pola concienciación do alumnado e dos adultos na súa responsabilidade neste cometido. OBXECTIVO BÁSICO: enfocar a práctica educativa nos centros coa fin de formar ás futuras xeracións como cidadáns responsables co medio ambiente. TÍTULO DO PROXECTO DO NOSO CENTRO: “Unha escola responsable co medio require do teu papel” O Proxecto consta das seguintes fases: 1- Constitución dun Comité Ambiental (alumnos, profesores, persoal non docente, persoal do concello, pais/nais,...) Xa está constituído e reuníndose de vez en cando nos recreos para acordar decisións para o desenvolvemento do proxecto. 2-Realizar unha ecoauditoría sobre a xestión dos resíduos (papel e cartón ) En cada espazo do centro avaliarase o bo ou mal uso dos recursos básicos como son: o papel, a auga, a electricidade e a calefacción. 3-Posta en marcha de procedementos que melloren a xestión nestos aspectos: Redución, Reutilización e Reciclaxe. TEMPORALIZACIÓN: o proxecto é para desenvolver ó longo de varios cursos. Comezamos no primeiro trimestre formándonos os profesores implicados e comezando a concienciar ós/ás alumnos/as a través de charlas informativas e presentacións audiovisuais en cada aula do centro. A partir de aí, voluntariamente, anotáronse bastantes nenos/as para constituir o Comité Ambiental que será o órgano que xestione todo o proxecto. DEPARTAMENTOS: Neste proxecto ten cabida a participación de tódolos departamentos. A flexibilidade dos prantexamentos permite a incorporación puntual de calquera suxerencia ou aportación. RESPONSABLES: Profesores: Iñaki Sánchez ©, Victoria Carrera e Salvador Rodríguez. A bo seguro haberá colaboracións doutros profesores nesta iniciativa. COLABORADORES: Concello de Cotobade desde o seu proxecto Axenda 21 Local. DESTINATARIOS: toda a Comunidade Educativa do IES de Cotobade. ORZAMENTO: A Consellería de Medio Ambiente facilita unha serie de recursos como pode ser o préstamo de algunha exposición, axudas para viaxes didácticos, talleres no centro ou asesoramento. O Concello desde a Concellería de Promoción Económica aportará axudas materiais e colaborará na recollida do distinto tipo de residuos (papel, pilas, cartuchos de tinta,...etc.) ben a través de axuda económica ou aportando eles mesmos recipientes a tal efecto. ¡¡ Ponte as pilas e colabora !!

34


OBRADOIRO

PAPIROFLEXIA

A X E N D A 21

OBRADOIRO DE TEATRO

35


ACTIVIDADE “O ALUMNADO É O PROTAGONISTA” Esta actividade tivo lugar o venres 20 de maio, nas instalación do Pazo da Cultura en Pontevedra e formaba parte do proxecto de A21EG dos centros. As actividades presentadas polos diversos IES galegos participantes no Programa educativo Axenda 21, duraron todo o día e tiveron moita variedade nas súas presentacións: creacións audiovisuais, traballo plástico, dramatizacións, contos didácticos, material fotográfico, elaboración de paneis, música, presentación power point, etc. O noso centro presentou o obradoiro: “Papiroflexia con papel reutilizado”, xa que un dos eixos do noso proxecto neste curso foi o implantar o bo uso, a reutilización e reciclaxe do papel empregado no centro a cotío. Non estaría de máis felicitar @s alumn@s que “sacrificaron” moitas das súas sesións de recreo para prepararse nesta bonita arte da papiroflexia e poder levar adiante, con moito éxito por certo, a súa misión de ensinar aos rapaces doutros centros a elaboración de variadas e vistosas figuras co papel de revistas e periódicos. Os nomes d@s artistas: Natividad, Tania Bugallo, María Alonso, Irene Varela, Lidia Marínez, Fátima Albariño, Andrés Rodríguez, Cristina Gómez, Carla Rey, Irene González, Isaac Glez. e Vicky. Noraboa a todos eles.

LE MÉDICIN MALGRÉ LUI O alumnado de francés asistiu a unha representación teatral no Teatro Principal de Pontevedra. Esta comedia de Molière pon en escea de maneira moi divertida a vinganza de Martine, a esposa do leñador Sganarelle. Buscando darlle unha lección, Martine obligárao a facerse pasar por médico. Unha situación a primeira vista enredosa da que el sabe finalmente sacar proveito. O título fai referencia a que cada vez que Sganarelle negaba ser médico había que darlle un “coup de bâton” “coup de bâton”. Ao final conseguiron facelo ”médico a paus”. A obra foi amenizada por cancións en francés nas que participaban os espectadores. 36


Excursión a A Coruña O venres 5 de Febreiro os alumnos do I.E.S. de Cotobade dos cursos 2º, 3º e 4º fixemos unha excursión longa a A Coruña. Visitamos: - O Domus, é un edificio, ten dentro moitos xogos e ilustracións para axudarnos a coñecer profundamente o Corpo Humano. - O Acuario, é un sitio moi curioso, parece que vas pasando polo fondo do mar e alí podes observar moitos seres que hai no medio mariño: tiburóns, focas, peixes pequenos… etc. Despois entrounos a fame e xantamos nun pequeno restaurante que había no Acuario, logo visitamos a Torre de Hércules para descansar e respirar o ar do mar, que case nos leva. A Casa das Ciencias, é un edificio alto en forma de onda. Ao entrar puidemos observar un curioso reloxo e unha incubadora de pitos. Na seguinte planta había numerosos aparellos: un artiluxo para facer pompas, un imán para atrapar metais, un cono que expulsaba aire e sostiña unha pelota, unha caixa de vidro que contiña area e un ventilador que dependendo do movemento formaba unha tormenta de area. Na terceira planta había unha exposición sobre a orixe das especies. Na cuarta planta atopamos exposicións e actividades de fármacos. Na última planta estaba O Planetario, unha sala cunha gran pantalla na que observamos as estrelas e distinguimos varias constelacións. A excursión foi moi divertida e entretida e gustaríanos repetila. Rebeca e Nerea 3º Eloy 4º

37


D Í A M U N D I A L D A P O E S Í A 21 D E M A R Z O

EL BOSQUE DE LOS SUEÑOS

Entrando en el bosque de los sueños los pájaros chillones revolotean sus hojas verde esperanza caen del cielo como estrellas. En el bosque se esconde un tesoro el corazón sincero de una princesa, a la que un príncipe llevará algún día la amarga tristeza. Y el alegre sonar de los pajarillos el dulce olor que regalan sus flores hacen que cada nueva pareja sueñen que su perfecto amor dure para siempre Eloy 4º

ATARDECER Vexo o ceo e distingo unha gradación de cores dende rosa beizos á rosa camelia. no ceo atardecido as nubes semellan salpicaduras pintadas adrede nel. Ceo, cando te miro penso que ti es o teito da miña vida. Isabel 4º

AUSENCIA Aínda que esteas lonxe e non te poida ver ten por seguro que no corazón sempre te terei, co corazón añorote, e desde a alma dígoche que ti para min eres unha marabillosa persoa que un pouco coñecín. Nerea 3º

POEMARIO SOLIDARIO PATERAS

A xente non ten que comer pasan os días a devecer por un cacho de pan para roer. As pateras amañan para vir a España traballan sen descansar para os cartos as familias poder enviar. Raúl Ilazgüen HAITÍ

Nos países máis necesitados falta de moitas cousas hai, pero nós somos capaces de axudalos cando alí se vai. En Haití houbo un terremoto que a moita xente matou, se o país queremos que se reconstrúa entre todos debemos mandar moita axuda. María Alonso 38

ÁFRICA

Nenos de Galicia mandemos a África roupa e comida para lles mellorar a vida. Persoas africanas non perdades a esperanza desde terras lonxanas axudarémosvos sen tardanza. 1ºESO


Mi ser interior

Un sorriso de pan A amizade é coma un sorriso, de leite con pan que é moi rico e senta xenial.

No quiero estar solo en mi interior quiero gritar pero mi voz desaparece en esos momentos mi ánimo desfallece no quiero este silencio abrumador Necesito encontrar un ricón acogedor me siento cada vez más pequeño, mi alma perece quiero crecer y romper la mordaza que me enmudece necesito saber que existe ese ricón protector No puedo expresar mis sentimientos ¿cómo aprender el lenguaje de tus ojos? ¿ existe la felicidad sin sufrimientos?

Se pensas na amizade e miras ao ceo, miraras, as nubes,o sol e a lua cun sorriso na man.

Ayúdame a romper los cerrojos de esta prisión, mi horrible alojamiento así renacerá mi verdadero ser sin despojos Cristian 4º

DULCES PALABRAS Cada vez que la miro escucho algo latir y creo que es mi corazón que es feliz dulces palabras de tu boca acaban de salir y si algún día te pierdo no sé si vivir. Tu mi princesa, yo tu príncipe en un cuento interminable vivimos donde los cisnes, las hadas y los duendes nos cantan alegres suspiros. Eloy 4º

CORAZÓN OCUPADO Un dulce deseo se refugia en mis sueños, un suave acariciar como las olas del mar. Cuando estas conmigo escucho música celestial. deseo tu cuerpo, deseo tu mirar. Pero un amargo sabor, me hace desistir. yo, corazón solitario, tú, corazón ocupado. Agridulce suspirar de sabor que eres prohibido. Deseo tu cuerpo, deseo tu mirar.

A lingua tiveran por lingua de escravos; esqueceran os patríos acentos suidosos e brandos. Pondal 39


Salustiano Portela Pazos (O deán) Nace en Rebordelo (Cotobade), en 1887 e morre en Santiago de Compostela en 1976, foi clérigo e historiador. Logo de estudar humanidades no Seminario de Tui e filosofía, teoloxía e cánones na Universidade de Santiago, licenciouse en Filosofía e Letras. Tamén foi mestre nacional e membro da Real Academia Galega. Foi párroco de Valongo e posteriormente segundo mestre de ceremonias, canónigo e deán da catedral de Santiago. Entre os recoñecementos, conta cun do Concello de Santiago de Compostela de 1909, outro do Ateneo León XIII, en 1910, e outro da Liga de Amigos del País de Santiago en 1916. Como membro da Real Academia Galega presentou a Antonio Fraguas no día do seu ingreso. Escribiu varias obras de ámbito relixioso e histórico, ”El decanologio de la Santa Iglesia catedral de Santiago”, ”Anotaciones al Tumbo A de la catedral de Santiago”, “Galicia en tiempos de los Fonseca” La guerra de la Independencia en Galicia”. En 1913 escribiu o libro ”O Canón de pau”, onde fala do papel dos guerrilleiros das terras de Cotobade na Guerra da Independencia contra as tropas do xeneral Ney e na batalla de Pontesampaio. Este libro foi reeditado polo concello de Cotobade, segundo acordo plenario do 24 de abril de 1973, como homenaxe ao Fillo predilecto deste municipio, o Moi ilustre Señor Don Salustiano Portela Pazos. No 2009 foi editado en galego con motivo do congreso que tivo lugar en Cotobade para celebrar o segundo centenario da Guerra da Independencia .

40


Manuel Ventura Figueroa Manuel Ventura Cabanelas Barreiro 1708 (que posteriormente elexiu o apelido da avoa materna) naceu e viveu no Hospital Real de Compostela, actualmente Hotal dos Reis Católicos, onde traballaba o seu pai como barbeiro sangrador. Era de familia pobre pero meteuse a cura, realizou unha brillante carreira eclesiástica que iniciou en Valladolid e Ávila, onde se licenciou e doutorou en 1733. Ao longo da súa vida ocupou importantes cargos, como Patriarca das Indias, protocapelán e limosneiro do rei Carlos III e embaixador de Roma. Á súa morte deixou de testaferros a Floridablanca, Campomanes e Gálvez, que se encargaron do seu legado. A súa biblioteca e manuscritos para a Universidade de Santiago, 6.037.040 reais para a creación dunha fundación para os parentes orfos. Para que as mulleres poidesen tomar estado (xa sexa de casadas ou de relixiosas), e os varóns puidesen estudar na milicia ou noutras profesións. No caso de non haber parentes, as axudas serían para os orfos e pobres das parroquias de San Pedro de Tenorio, Santiago de Viascón, Santa María de Xanza, e San Vicente de Vigo, todas elas da Arquidiócese de Santiago. Estes beneficiarios foron os que costearon a estatua no seu honor que preside a entrada do Campus de Santiago. Hai uns meses acábase de recuperar a zona axardinada en torno a estatua do grande impulsor da Universidade. Os beneficiarios e parentes de Ventura Figueroa chamanse “figueroístas” e foron moitos os que estudaron grazas as becas deste arcebispo de Ladoicea, entre eles varios de Cotobade. Na actualidade a fundación Ventura Figueroa conta con millón e medio de euros, está baixo a tutela da Xunta, o padroado da fundación, cargos universitarios e figueroístas.

41


REALIZACIร N DAS PLACAS POR ALUMNOS DE 4ยบ

42


CAMIÑA CON NÓS Segundo os Evanxeos, Santiago era fillo de Zebedeo e de Salomé. Naceu preto de Nazaret no S.I. Dedicábase á pesca co seu pai no lago Tiberiades. E foi decapitado “a espada” en Jaffa (Xerusalén) Xesús invitouno a seguilo durante os tres anos da súa vida pública. Santiago aceptou o mandato do Mestre:” seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, Xudea, Samaria e ata o fin da terra”. Por iso veu predicar a parte máis occidental de Europa. Debeu vir á península Ibérica nos anos 32 ou 33. E de volta á súa terra foi decapitado por orde de Herodes Agripa. Os seus discípulos (Teodoro e Atanasio) puideron recoller o corpo, cumprindo a última vontade do Apóstolo: a “Traslatio”, a traslación de Xerusalén a Iria Flavia. O texto máis importante que narra a Translatio do corpo do Apóstolo de Jaffa a Iria e desde alí ao seu lugar de enterramento en Compostela é o Liber Sancti Jacobi (“Códice Calixtino”), Libro III, capítulo 1, que data da primeira metade do S.XII. No S.IX o monxe eremita Paio e o bispo Teodomiro descobren a súa sepultura na chamada “Arca Marmórea”, no monte Libredón, que posteriormente sería Santiago de Compostela. Coa axuda do Rei Casto reorganizarán o culto a Santiago o Maior. Por que peregrinamos? Peregrinou Abraham cando Deus lle manda saír da súa terra a unha terra nova. Peregrinou o pobo hebreo cando Deus o sacou da esclavitude en Exipto cara a liberdade na Terra Prometida. Para facer memoria do Éxodo, os hebreos celebraban cada sete anos un ano sabático no que deixaban descansar a terra. E cada 50 anos (cada 7 anos sabáticos) celebraban un ano xubilar ou ano de Señor, no que, ademais de lles axudar aos pobres, perdoábanse as débedas e liberábase aos escravos. Peregrino é aquel que está en camiño; que se pon en marcha cara a unha meta. A tumba do Apóstolo é unha meta que apunta a outra: o encontro co Mestre seguindo os pasos do discípulo. Compostela goza dun singular privilexio desde o ano 1122, que consiste en que cada ano en que o 25 de xullo cadre en domingo poderanse gañar na Igrexa de Compostela en plenitude as grazas do xubileo. O xubileo compostelán é unha indulxencia plenaria que concede a Igrexa. A indulxencia é a remisión ante Deus dos pecados cometidos. Gáñase peregrinando ao sepulcro do Apóstolo Santiago ao longo dos anos santos, rezando algunha oración (Noso Pai, Credo), pedindo polas intencións do Papa, confesándose e comungando calquera día comprendido entre os quince días anteriores e os quince posteriores á peregrinación. A “compostela” é o diploma acreditativo da peregrinación. Outórgaselles aos peregrinos que fan o Camiño a pé, a cabalo (min.100km) ou en bicicleta (min.200km), e por motivos relixiosos.

Bo camiño!

43


44


45

S O L U C I Ă“ N S

AdiviĂąa a palabra: Lapis


DESEÑAR A PORTADA DUN LIBRO PARA APRENDER DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

26 CONCURSO Un paso adiante e outro atrás, Galicia, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza, aran os bois e chove. Díaz Castro 46


3ยบ E.S.O.

4ยบ E.S.O. 47


LETRAS GALEGAS 2010

U X Í O N O V O N E Y R A

48


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.