Cartafol12

Page 1

CARTAFOL IES DE COTOBADE

Nº 12

Cabazas e Samaín

Polo San Martiño pións as camiño

Magosto e xogos tradicionais

Salón do libro

Facendo hip-hop en galego

175 anos de Rosalía de Castro

CURSO 2011 - 12 1


1ยบ ESO A

1ยบ ESO B

2ยบ ESO B

2ยบ ESO A

2


ÍNDICE Fotos cursos 2 Indice 3 Letras Galegas, Valentín Paz Andrade 4 Letras galegas e Correlingua 2012 5 O noso blog, código QR e o calendario 6 Samaín 7 Polo San Martiño peóns ao camiño 8 Proceso de elaboración dun cesto con asa 9 Magosto e xogos tradicionais 10 Campionato galego de campo a través 11 A Carballeira de San Xusto 12 Concurso creativo-literario SMs 13 O entroidiño 2012 14,15 Postres de entroido 16 Caretas de entroido 17 Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei 18 Facendo Hip-Hop en galego 19,20 Salón do libro 21 Homenaxe Gonzalo Jar e Díaz Pardo 22 175 anos de Rosalía e Radio Cotovía 23 Balbinos e Pachíns de Cotobade 24 O termómetro da lingua 25 Viños franceses e galegos 26 Fotos cursos 27

3


Letras galegas 2012 Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899—Vigo 1987) A Real Academia Galega decidiu hoDurante a segunda menaxear ao pontevedrés Valentín Paz An- República participou nas drade co día das Letras galegas. iniciativas galeguistas, sendo un dos catro membros do Seminario de Estudos Galegos que en 1931 redactou o anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comezou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores de Pescanova (1960) e da Feira Mundial da Pesca de Avogado, xornalista, poeta, home de Vigo (1973). Paz Anempresa e persoa vinculada á política galedrade foi membro da guista, personalidade multifacética, Valentín Real Academia GalePaz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo ga e senador pola pro1987) fixo de Galicia a súa tarefa. vincia de Pontevedra Licenciouse en Dereito pola Universicomo independente dade de Santiago de Compostela (1921) e da Candidatura Departicipou na creación en Vigo do xornal Gamocrática Galelicia (1922), do que foi director. ga.Valentín Paz Andrade, unha personaxe En Vigo exerce a avogacía, facéndose fundamental para entender a historia de Galicargo do asesoramento da Sociedade de Ar- cia no século vinte, finou na cidade de Vigo madores de Bouzas (1927) e colaborando na un 19 de maio de 1987 e foi soterrado no revista Industrias Pesqueras. panteón familiar en Lérez, Pontevedra. Obra: Valentín Paz Andrade cultivou as nosas letras con paixón e fíxoo en diversos xéneros. En prosa escribiu ensaio literario, económico, histórico e de temas pesqueiros. No plano literario conta cunha novela Soldado da morte e varios libros de poesía: Pranto matricial (1955); Sementeira do vento (1968); Cen chaves de sombra (1979); Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) Cantos do desterro branco (1937); Sangue na neve: Etopeia da serra (1937); Cantos da aguia e do lobo (1937); Canto do pobo disperso (1955); Canto reuncial de Galiza (1980); Áurea ora de Galiza (1984); Canto en catro ao conde de Andrade (1985); Poemas soltos (1937-1984) e mais textos fragmentarios de Canto do liño e da la (1937-1939) e Os sete salmos da remigración (1955). Ademais da súa faceta como escritos salientan as numerosas conferencias e a publicación de diversos artigos en xornais e revistas.

4


Alumnos de 3º da ESO conmemorando as Letras Galegas 2012

As nosas parroquias non podían faltar á cita

Orgullosos do noso, ORGULLOSOS DO GALEGO!!!

Amosamos as mellores Verbas !!! Hai moitas maneiras de comunicarse. Felicidades á fotógrafa!!

O cartaz que fixemos lucía así de fermoso polas rúas de Pontevedra

5


O Equipo de normalización da lingua galega do IES de Cotobade dáse a coñecer a través da internet A comezos deste curso 2012 decidimos meternos de cheo no mundo dixital e para iso construímos un blog que xa todos coñecedes. Se aínda hai algún despistado que non o visitou sabede que o noso enderezo na arañeira é: http:// equipodenormalizacionlinguisticaiesdecotobade.blogaliza.org/ e que a través del podedes:  Como non, visitaranos e de paso coñecer as actividades que desenvolvemos ao longo do curso  Compartir as novas cos vosos colegas a través de  Felicitar aos vosos compañeiros e compañeiras  Visionar vídeos, fotografías, presentacións, ...  Coñecer as novas máis interesantes  Escribir e colgar as vosas creacións  Ler a lingua de noso na internet  Sentir emocións inesquecibles  Escoitar música, da boa  Namorarvos de….  Ah! e mesmo podedes comentar todo o que queirades.  E como non, o pracer de facelo EN GALEGO!!! Non o dubides e fai aquí clic!!! ou escanea o noso código QR Cento setenta e un días de vida escolar Baixo o lema “Anota o día en galego, o galego ten futuro, convídao”, comezamos a andar no 2011. Desde o EDLg quixemos así, presentarnos ao profesorado, ao alumnado e ao persoal de administración e servizos do IES de Cotobade, cunha proposta útil e visible para todo o ano.

Entre os nosos obxectivos estaban: proporcionar unha ferramenta útil para o curso; poder ver de vez como ía ser o ano para poder planificar actividades, exames…; potenciar os usos escritos e orais da lingua galega, ademais de facer visible deste xeito ao galego. Desexamos que vos fose de utilidade.

6


SAMAÍN 2011 Un total de trinta e cinco cabazas participaron no concurso “Cabazas do país decoradas con elementos naturais, edición 2011” celebrado no IES de Cotobade. O concurso inscríbese dentro das actividades realizadas no centro para a recuperación do Samaín desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os Departamentos de Inglés, Francés e Plástica. Este foi o cartel con que vos convidamos a participar.

Despois de facer o reconto de votos o xurado do IES de Cotobade, constituído polos alumnos do centro, decidiu por maioría outorgar os premios ás seguintes cabazas do país: Cabaza nº 1: Premio á “Cabaza Máis Terrorífica 2011” presentada por 4º da ESO presentada por Jessica Marcial Fentanes, Fanny Bourdón Fernández, Laura Corral Tenorio e Sergio Bouzas Antes de 4º ESO. Cabaza nº 28: Premio á “Cabaza Máis Orixinal 2011” presentada por Ángela Fernández Sobral - 2º ESO A Cabaza nº 20: Premio á “Cabaza Máis Traballada 2011” presentada por Alberto Ventín Rodríguez - 2º ESO B Cabaza nº 18: Premio á “Cabaza Máis Graciosa 2011” presentada por María García Campañó - 4º da ESO

“Cabaza Máis Terrorífica 2011”

“Cabaza Máis Orixinal 2011”

“Cabaza Máis Traballada 2011”

“Cabaza Máis Graciosa 2011”

7


POLO SAN MARTIÑO TOMPOS AO CAMIÑO No mes de novembro comezamos a baliar o trompo.

branco no que levamos os nosos trompos, sen nos esquecer de María Iglesias de 3º A que

Este ano desde o EDLg do IES de Cotobade quixemos sumarnos á iniciativa da rede galega do Xogo Tradicional, Brinquedia. E así o día 11 de novembro, por certo o 11 do 11 do 11, no tempo de recreo á 12:45 horas contribuímos a facer tremer a terra, puxemos a rodar os nosos trompos tras lanzalos con enerxía ben suxeitos coa baraza. Unha actividade divertida coa que pretendemos recuperar un dos xogos tradicionais máis coñecidos ao que de seguro moitos dos vosos pais e avós xogaron tardes enteiras. Na nosa convocatoria participaron tanto alumnos coma alumnas e debido á participación quixemos estender o xogo a todos os recreos deste curso a través da actividade “O cesto dos trompos”. Aproveitamos a ocasión para agradecer a Dona Emérita Iglesias Iglesias, cesteira de Mosteiro, pola súa xenerosidade ao facernos un cesto

serviu de ponte coa súa avoa. Xa sabedes que o “Cesto dos trompos” está á vosa disposición e que para empregalo só tedes que ir á conserxaría e perdirllo a Mónica, pero tedes que comprometervos a dúas cousiñas, a saber: a) manter as regras do xogo e b) devolver o cesto ao seu lugar despois de xogar tal e como o collestes.

8


Proceso de elaboración dun cesto con asa Elaborar un cesto non semella tarefa doada, seguriño! Desde o EDLg quixemos saber máis e para iso fixemos traballar a María Laredo de 3º ESO A que se puxo en contacto coa súa avoa e tróuxonos este texto a modo de receita sobre como elaborar un cesto. Velaquí o tedes: Primeiro recóllense pólas de carballos pequenas, quéntanse no lume e córtanse en laminas. Tamén hai que recoller vimbios, salgueiro… Téñense que poñer a remollar en auga para que o entrelazalos, ao facer o cesto, non se rompan. Ao ter feito isto colócanse unhas cantas láminas, dependendo do tamaño do cesto, cunha forma parecida ao asterisco. Despois vanse entrelazando os vimbios así: Cóllense dous vimbios e póñense un por encima dunha lamina e o outro por debaixo desa mesma lamina. Despois o que está por encima pasase por

debaixo da seguinte lamina e o que estaba por abaixo por encima e así sucesivamente. O ter o fondo do cesto co tamaño que se desexa dóbranse aos poucos as láminas cara arriba, átanse cun cordel e métense en auga durante un determinado tempo. A continuación repítese o proceso dos vimbios. Cando teñamos a altura que queiramos rematámolo cunha forma determinada. Por certo, quero transmitirlle o meu agradecemento persoal e o do Equipo de Normalización da lingua galega do IES de Cotobade á miña avoa por ter feito este cesto tan ben. Un biquiño e graciñas. E velaquí tedes o cesto que con tanto agarimo elaborou a miña avoa Emérita. Como podedes ver é moi feituquiño e sae ben nas fotos, ademais de servir para gardar os trompos. Bonitiño, útil e asequible.

María Alonso Laredo, 3º ESO A 9


MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS Con olor a castañas e moitas ganas de xogar o xoves 10 de novembro fixemos o magosto no centro. O alumnado organizouse por quendas e todos participaron en todo: xogar ás bolas, ás chapas, tirar da corda, saltar á corda, correr detrás do aro, botar a bailar ao trompo, coller o pano ou xogar á petanca foron algunhas das

actividades, ademais de por suposto comer castañas. Queremos agradecer a colaboración do concello de Cotobade que enviou a dous operarios para asaren as castañas e tamén o Coordinador do Deporte Galego que nos emprestou un caixón cheo de xogos tradicionais. Foi unha xornada divertida e gorentosa.

10


Campionato de campo a través no circuito da Magdalena. Os alumnos do IES de Cotobade acadan un primeiro e dous terceiros postos nas diferentes categorías Como xa vén sendo tradición no noso centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO acudiu á cita anual en Soutelo de Montes para participar no Campionato galego de campo a través. Este ano o tempo non acompañou e a data inicial 2 de decembro tivo que adiarse ata o 20 de xaneiro por mor da meteoroloxía. E así cun frío intenso fomos ata Soutelo para participarmos nas categoría Infantil e Cadete aínda que ao final da xornada subiu a temperatura e mesmo saíu o sol. Os alumnos de Cotobade quedaron ben

clasificados, cómpre salientar o primeiro posto de Noelia Domatos Suárez e os dous terceiros de Mari Carmen Gómez Neira e Jose Ojea. Laura Barros e Iago di Di-Silvestro foron cuartos e Ilyá Morozov quinto. Despois de tanto correr ao final houbo un merecido chocolate para repoñer forzas. Os profesores Salvador, Mario e Paco acompañaron aos rapaces ata Soutelo. O pasado venres 1 de xuño os gañadores recibiron as medallas na Carballeira de San Xusto,

11


CARBALLEIRA DE SAN XUSTO

12


I CONCURSO CREATIVO-LITERARIO “SMs DÍA DOS NAMORADOS” IES DE COTOBADE O xoves 9 de febreiro de 2012 reuniu- co Xosé Suárez Benito coordinador-lector do se o xurado do I Concurso creativo-literario Equipo de dinamización da lingua galega do de SMs en galego 2012 para elixir aos gaña- IES de Cotobade. dores do certame. Tras unha difícil deliberación e ante a enorme calidade dos traballos participantes, o xurado do concurso decidiu outorgar un terceiro premio ex aequo. A entrega de premios realizouse nunha data especial, o 14 de febreiro e os premiados foron: Primeiro premio: Álvaro Búa Fontán de 2º ESO A Segundo premio: Noelia Suárez Domatos de 2º ESO A Terceiro premio ex aequo: Carla Rey Suárez 3º ESO A e Alexandra Leboso FranO xurado estivo composto por María cisco de 1º ESO B Pichel Lois, lectora e Concelleira de Turismo O número total de traballos presentae Promoción Económica en representación do foi de vinte e cada un dos participantes do Concello de Cotobade; Ana María Ferrei- que non acadaron un dos catro premios antero Gómez, nai lectora en representación das riores recibiu un gorentoso agasallo pola súa nais e pais do centro; Nuria Bouzas Antas colaboración. alumna lectora pertencente ao Club de lectura O xurado quere agradecer a participado IES de Cotobade representando ao alum- ción a todos os alumnos que se presentaron e nado; Mónica Costas González, conserxe lec- felicitar a grande calidade lírica das súas tora; Rosa García Otero coordinadora-lectora mensaxes, ademais da orixinalidade á hora de do Club de lectura do IES de Cotobade e re- crear as abreviaturas. Animádevos a participresentante da Biblioteca do centro e Francis- para o ano que vén.

13


E窶ヲ en febreiro chegou o...

O ENTROIDIテ前 2012

14


15


16


CREADORES DE CARETAS DO ENTROIDIテ前

17


COMPETICIÓNS DEPORTIVAS 2012 COTOBADE vs FORCAREI O 29 de febrero de 2012 celebráronse no IES de Cotobade as Competicións deportivas anuais contra o IES Chano Piñeiro de Forcarei. Na primeira xornada as rapazas foron as protagonistas das diferentes modalidades deportivas. Os resultados foron estes: Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0) Xadrez (Cotobade – 0 – Forcarei – 2) Proba Cultural (Cotobade – 1 – Forcarei – 1) Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 1) Voleibol (Cotobade – 1 – Forcarei – 0) Baloncesto (Cotobade – 14 – Forcarei – 14) Balonmán (Cotobade – 7 – Forcarei – 0) Fútbol (Cotobade – 4 – Forcarei – 1) O venres 2 de marzo participaron os rapaces. Os algarismos das probas masculinas foron:

Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0) Xadrez (Cotobade – 1 – Forcarei – 1) Proba Cultural (Cotobade – 0 – Forcarei – 2) Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 2) Voleibol (Cotobade – 75 – Forcarei – 48) Baloncesto (Cotobade – 18 – Forcarei – 6) Balonmán (Cotobade – 4 – Forcarei – 5) Fútbol (Cotobade – 3 – Forcarei – 2) Os resultados parciais foron: Competicións femininas: Cotobade 4 – Forcarei 2 Competicións masculinas: Cotobade 5 – Forcarei 4 O resultado final: Cotobade 9 – Forcarei 6 Desde o IES de Cotobade e da revista Cartafol, queremos agradecer ao IES Chano Piñeiro pola súa participación nas xornadas e convidámolos a vir o vindeiro ano.

18


A Rapeira Aíd estivo en Cotobade facendo Hip Hop en galego A rapeira viguesa Aíd Alonso estivo no noso centro impartindo un obradoiro de Hip-hop. Baixo o título Facendo Hip Hop en galego o EDLg do Ies de Cotobade quixo acercar a cultura hip hop nos seus diversos xeitos de expresión: baile breakdance, música rap e pintura grafiti.

O obxectivo non foi outro máis ca divertise, descubrir esta cultura e promover o uso do galego vencellándoo coa diversión e o ocio. A actividade desenvolveuse en tres obradoiros impartidos por un equipo de mozos que representan cada elemento da cultura hip hop: rap, grafiti e breakdance.

O obradoiro de rap e rimas foi unha das partes máis activas. A través da interpretación de varias pezas e unha pequena explicación da métrica e ritmo do rap, os asistentes a actividade foron familiarizándose coa música. A partir de aí crearon unha canción entre todos e finalmente a cantárona. Impartiu esta sección a rapeira Aíd, que ademais das rimas, foinos explicando ao longo do obradoiro a historia do hip hop. No obradoiro de baile. Mesturáronse diversos estilos con bastante ritmo e movementos acrobáticos, gustou moito e houbo abondo interese e participación por parte do alumnado asistente. Ensaiando varios pasos e atrevéndose a participar sen vergonza ningunha. No obradoiro de grafiti aprendemos outra forma de expresarnos, ao igual que nas rimas ou no baile. O grafiti converterase nun xeito de expresión e nun tipo de arte que pode alcanzar altos niveis, non se trata de facer pintadas. Tamén tivemos a oportunidade de coller un spray e probar a pintar algo. A lembranza da actividade quedou plasmada na entrada do centro. Desde o Equipo de normalización agardamos que actividade fose do voso agrado e que gozásedes do tempo de hip-hop.

19


20


12+1 Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolveuse en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. E nós estivemos alí. Este ano fomos ao teatro e asistimmos a dúas representacións. 1º e 4º viron Escola de Menciñeiros e 2º e 3º Pelos na lingua. A obra que máis gustou ao noso alumnado foi a segunda, divertida representación que reflexiona sobre os prexuízos lingüísticos sobre a lingua galga. O tema do Salón do Libro este ano foi 12 + 1, as supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. O autor homenaxeado de 2012 foi Paco Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e cunha grande traxectoria de publicacións e premios. O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo (1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume de relatos Dende a muralla (1990).

21


HOMENAXE EN PONTEVEDRA A GONZALO JAR O alumnado do IES de Cotobade visitou o busto de Gonzalo Jar Couselo, curmán do profesor Antonio Jar Ramos, para renderlle a nosa homenaxe particular e lembrarnos así do noso Anntonio que se xubilou o ano pasado.

María de 4º ESO leu un texto de reco-

ñecemento polo labor deste galeguista a prol da lingua e da cultura galega. Este será o noso lugar de encontro cando veñamos a Pontevedra para lembrar o noso compromiso coa lingua galega. Un pobo, unha patria, unha lingua.

Morreu o conservador libertario Isaac Díaz Pardo Dun xeito discreto deixounos un home que viviu sempre así, humilde e xenerosamente na rebotica da cultura, traballando a reo polo seu ideal, Galiza. Díaz Pardo sempre lembraba que o seu traballo era por e para ela, e fíxoo fielmente dentro e tamén fóra dela. Galiza queda orfa unha vez máis dun home bo e xeneroso; dun home con compromiso sincero; dunha discreta fortaleza; dunha mirada ao Máis alá; dun artista total; dun arquitecto de soños; dun mestre; dun pontífice do galeguismo; dun testemuño que recollemos; dun home, tamén, inxustamente tratado; dun exemplo e referente inesquecíbel e indispensábel para a nosa Terra e o noso ideal Galiza. Cheo de tristura cando pasei por diante da tenda de Sargadelos na rúa Oliva, en Pontevedra, e nin unha mínima nota do seu pasamento, nin tan sequera na súa web. Desagradecidos. Don Isaac Díaz Pardo. Descanse en paz. Francisco Xosé Suárez Benito 22


175 Anos de Rosalía de Castro e primeiro programa de Radio Cotovía en Cotobade A AELG (asociación de escritores en lingua galega) promoveu o 24 de febreiro unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no que se conmemora o 175 aniversario do seu nacemento. No noso centro quixemos lembrar esta data facendo o noso primerio programa de radio, aquí vos deixamos un anaco do guión: GUIÓN: DÍA 24-03-12

LOCUTORA 2: Se o queres dicir así. Pois

CONTROL: DISCO Brath. Corte 9 O nubeiro si... de pé 03:48

LOCUTORA 1: Non vos ensarilledes co te-

LOCUTOR 1: Bos días a todas e a todos.

ma. Resumindo que hoxe a Asociación de

Radio Cotovía inicia unha nova andaina po-

Escritores en Lingua Galega quere celebrar

las ondas do patio do instituto. Para facervos por todo o país unha serie de actos organipasar un rato agradable durante o tempo de

zados por concellos e asociación culturais

recreo e contarvos algunhas cousas que pa- para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no san polo mundo.

que se conmemora o 175 aniversario do na-

CONTROL sube música a primeiro plano

cemento da nosa autora.

LOCUTOR 1: Pois si estades escoitando

LOCUTORA 2: Carafio!! que ben falas eu

ben, Radio Cotovía. Con este nome comeza- non o diría mellor. mos a nosa andaina radiofónica á espera de LOCUTORA 1: Deixémonos de andrómenas escoller outro nome. E comezamos as nosas e comecemos o noso programas e nada meemisións nunha data sinalada, non si?....

llor que facelo que escoitando a voz dun

LOCUTORA 2: Pois si,.... hoxe día 24 de

clásico, Amancio Prada que interpret un poe-

febreiro é o día no que naceu Rosalía de

ma moi coñecido de Cantares Gallegos.

Castro, a nosa escritora máis universal.

CONTROL: AMANCIO PRADA Corte 5 Como chove miudiño 04:34

LOCUTORA 3: En fin !! a Cervantes da literatura galega

[…]

23


50 Anos de Memorias dun Neno labrego Pachíns e Balbinos de Cotobade Este ano celébrase o 50 aniversario da publicación se Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces). Os rapaces e rapazas sentíronse identificados coas historias de Balbino e Pachín, xa que no noso centro hai moito alumnado que vive nas aldeas do Concello de Cotobade, fundamentalmente rural. Fixemos un traballo no que recollemos o nome das parroquias dos rapaces e dos seus cans, podedes consultalo no noso blog.

Issac Díaz Pardo debuxou a portada das memorias de Balbino. E acolleu a Neira Vilas na súa casa cando retornou a Galicia

A PACHÍN IN MEMORIAM Este é o noso Pacchín particular, un canciño que se achegou á nosa porta e quixo entrar a saudarnos. Contounos moitas cousas terribles do mal que o están a pasar os cans abandonados. Eles non o farían. Tristemente o noso Pachín faleceu atropelado na estrada de Cotobade ao igual que outros moitos cans anónimos que cada día morren sen que ninguén se lembre deles.

24


TERMÓMETRO DA LINGUA NO IES DE COTOBADE O GALEGO EN COTOBADE GOZA DE BOA SAÚDE

"Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar!

Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora!

Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos!

Galicia é o que vemos: Os soños na gaiola, a terra, o mar, o vento… Manuel María Pero hai outra Galicia que vai no sentimento!

25

Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!"


VIÑOS FRANCESES E GALEGOS O alumnado de francés realizou un traballo de investigación sobre a enoloxía en España e Francia. Facendo especial referencia ás variedades vitivinícolas de Galicia que teñen máis similitude cos viños franceses. À votre santé!!!

Á vosa saúde !!!

-Ó bo taberneiro denantes de vender o viño bautizao primeiro -Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño -Nin ola sin touciño, nin xantar sin viño O viño O viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente, non hai festiña no ano, que non vexa á miña xente. Estribilo: Era o viño, miña nai, era o viño; era o viño que a min me gustaba; era o viño, miña nai, era o viño, era o viño que me emborrachaba; era o viño, miña nai, era o viño, era o viño mezclado coa caña. Cando te encontras conmigo, non queres decirme nada; pra decirme que che gusto, tes que mollar a palabra.

A culpa non che foi miña, cando caín na silveira, que foi da tiña Rosiña, por plantala tanto á veira. Non foi soio na silveira, tamén na porta da casa; pensaches que estaba aberta, e esnafraches toda a cara. Mira se che son bon home, que me gusta perdoare; o mal que me fai o viño, polo ben que a min me sabe. Letra da canción O viño do CD Unha terra, un pobo, unha fala, do grupo Saraibas. Primeiro disco deste grupo editado no ano 1980 26


3º ESO B 3º ESO A

Que teñades moita sorte e seguide sendo tan felices e tan alegres, non deixedes de falar...

27

4º ESO


LETRAS GALEGAS 2012

28


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.