Guía de traballo 1º trimestre proxecto creando un xogo

Page 1

PROXECTO: “CREANDO UN XOGO” PRIMEIRO TRIMESTRE

CIENCIAS NATURAIS 1º ESO

OBXECTIVOS: - Empregar as TIC para obter información sobre diferentes aspectos da natureza. - Coñecer as características de diferentes biomas nos que se vai desenvolver o xogo: Bosque caducifolio, bosque mediterráneo, bosque tropical, sabana, deserto árido, taiga e tundra. - Ser capaz de clasificar diferentes especies de organismos no grupo ao que pertencen en base as súas características. - Ser capaz de procurar información de diferentes fontes , analizala, contrastala e extraer a máis relevante e fiable para o propósito encomendado. - Ser capaz de diferenciar entre unha información obxectiva, de calidade e contrastable da mera opinión ou informacións pouco fiables. - Ser capaz de redactar textos breves empregando axeitadamente o vocabulario científico necesario. - Distinguir os cinco reinos de seres vivos e as características propias de cada un. - Coñecer as características diferenciadoras dos grandes grupos de seres vivos.

FASES DO TRABALLO 1.- Procura e síntese de información dos diferentes biomas. Temporalización: dúas sesións na aula de informática ao longo do mes de outubro e unha sesión máis na aula. Hai que procurar a seguinte información:  Características climáticas xerais: temperaturas máximas, mínimas e medias ao longo do ano, pluviosidade, características das estacións...  Fauna típica.  Flora típica.


PROXECTO: “CREANDO UN XOGO” PRIMEIRO TRIMESTRE

CIENCIAS NATURAIS 1º ESO

2.- Procura e síntese de información de tres especies de animais propios de cada bioma. Temporalización: 3 sesións na aula de informática. (Novembro) Se trata de buscar información de tres especies de animais (combinando, vertebrados e invertebrados) para elaborar unha ficha. Na ficha de cada animal debe de aparecer: 1. Nome vulgar. 2. Clasificación científica: Filo, Clase, orde, familia, xénero, especie. 3. Características morfolóxicas ou anatómicas. 4. Hábitat: fai referencia ao ambiente coas condicións axeitadas para a vida desta especie 5. Comportamento: facendo referencia aos costumes e ao comportamento alimentario.

3.- Elaboración dunha presentación tipo powerpoint ou impress. Subir a presentación a slideshare e colgala no blog do grupo. Temporalización: 2 sesións na aula de informática. (Novembro-Decembro) Cada grupo elaborará unha presentación que debe de estruturarse da seguinte maneira: 1.

Primeira diapositiva: título: “Creando un Xogo. C. Naturais primeiro trimestre”. Nome e apelidos dos integrantes do grupo.

2. Segunda diapositiva: índice de diapositivas. 3. A partir de aquí haberá unha serie de diapositivas por cada bioma coas características do bioma (foto incluída) e as fichas de cada especie elexida nese bioma (tamén con foto incluída). 4. Na derradeira diapositiva deben aparecer as ligazóns a tódalas páxinas das que se obtivo información. Unha vez elaborada a presentación o grupo deberá subila a slideshare e colgala no blog do equipo.

PRAZO: O derradeiro día para colgar a presentación no blog será o 9 de decembro. Calquera grupo que non teña a presentación colgada no blog do equipo ese día será calificado colectivamente cun cero no proxecto trimestral.


PROXECTO: “CREANDO UN XOGO” PRIMEIRO TRIMESTRE

CIENCIAS NATURAIS 1º ESO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.