DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA O alumnado de 6º remata a Educación Primaria neste centro, algúns pertencen ao Vila de Rutis desde a súa inauguración aló polo ano 2018 e outros fóronse incorporando nos últimos cursos. Rematades unha etapa na que, ademais dos contidos propios das diferentes materias e distintas competencias para a vosa formación, levades unha aprendizaxe fundamental para a vida que se vos inculcaba a diario, o respecto aos demais, o compañeirismo, a colaboración ... Non o esquezades nunca. Desexámosvos moita sorte na nova etapa que ides comezar e non tomedes esta despedida como un adeus, o centro sempre terá as portas abertas para recibir a vosa visita e a vosa colaboración nun futuro.
36