
1 minute read
DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º
DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
O alumnado de 6º remata a Educación Primaria neste centro, algúns pertencen ao Vila de Rutis desde a súa inauguración aló polo ano 2018 e outros fóronse incorporando nos últimos cursos. Rematades unha etapa na que, ademais dos contidos propios das diferentes materias e distintas competencias para a vosa formación, levades unha aprendizaxe fundamental para a vida que se vos inculcaba a diario, o respecto aos demais, o compañeirismo, a colaboración ... Non o esquezades nunca. Desexámosvos moita sorte na nova etapa que ides comezar e non tomedes esta despedida como un adeus, o centro sempre terá as portas abertas para recibir a vosa visita e a vosa colaboración nun futuro.
Advertisement
Este curso todo o profesorado e persoal do centro despedimos á nosa compañeira Mar, que despois de moitos anos adicada á ensinanza desde a súa inmensa vocación e delicadeza infinita, vai disfrutar tamén da súa merecida xubilación. Durante moito tempo, algunhas mestras disfrutamos da súa compañía e da súa amizade, xa que compartimos moitos anos de docencia con ela. Grazas Mar polos teus sorrisos e por tantos momentos inolvidables. Moitos alumnos e alumnas aprenderon con ela, ao longo de tantos cursos, Matemáticas, Lingua... e outras moitas cousas que non veñen nos libros de texto e que son tan importantes: tolerancia, respecto, empatía, solidariedade... Estamos seguros de que sempre se acordarán de ti como a mestra que lles falaba con palabras pronunciadas desde o corazón. Na biblioteca do colexio resonará para sempre o eco da túa voz, moitos libros pasaron polas túas mans e outros moitos te están esperando compañeira. Desexámosche, de corazón, un futuro cheo de felicidade, de paseos interminables, de lecturas inolvidables e de momentos cheos de risas e de alegría. Non esquezas nunca que, nun anaquiño do corazón das persoas que percorremos contigo un tramo marabilloso das nosas vidas, sentirémoste sempre moi cerca. Un bico enorme compañeira.


