AS VOCES DO VILA. 2ª EDICIÓN

Page 1


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ÍNDICE 

  

 

   

 

LIMIAR VIAXE AO PASADO ISTO VAI DE ROBOTS! “OS BECHOS” INVESTIGAMOS O CORPO SAMAÍN E MAGOSTO EXPERIMENTANDO CON FLORES E XEO APADRIÑAMOS ÁRBORES FESTEXAMOS O NADAL! AS NOSAS CÁPSULAS DO TEMPO DÍA DA PAZ PROXECTO DE PINTURA EXPERIMENTOS NA AULA DOS MOUCHIÑOS CELEBRAMOS O ENTROIDO


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ÍNDICE 

   

    

  

AS NOSAS PIRÁMIDES APRENDÍN, ENSINEI E SENTÍN DÍA DE ROSALÍA A ILLA DOS DRAGÓNS DENDE CHINA ATA RUTIS DÍA INTERNACIONAL DA MULLER UN ANO DE APRENDIZAXES LETRAS GALEGAS RECICLAMOS OS M AIO RE S BOTÁMOSLLE IMAXINACIÓN RUTIÑA E A BIBLIO PASATEMPOS E AGORA TOCA A DESPEDIDA!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

LIMIAR A segunda edición de “As voces do Vila” xa está aquí! Benvidos e benvidas a este novo exemplar! Este curso tivemos que convivir co Covid19 e a situación provocada polo mesmo. Sen dúbida, toda a comunidade educativa do noso centro demostrou valentía e ánimo para afrontar o curso o mellor posible. E conseguiuno! Moitas grazas polo voso esforzo e dedicación! Este ano, deixámosvos as actividades, proxectos e traballos realizados polo alumnado e profesorado. Agardamos que vos guste e que admiredes todo o que se traballou este curso. Grazas a todos e todas por facer, unha vez máis, un curso extraordinario! Ata setembro!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

VIAXE AO PASADO

Os nenos e nenas da aula dos “Pequenos Azuis” viaxamos ao pasado para investigar como era a vida dos dinosauros. Cada venres, no noso “DINORECANTO” descubrimos como eran as súas pegadas, que comían ou cantos tipos de dinosauros coñeciamos… Pasámolo xenial xogando a ser paleontólogos!!

Pero iso non foi todo! Para rematar o proxecto deixamos as nosas pegadas nun “DINO” moi especial: O NOSO DINO PERSOAL.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ISTO VAI DE ROBOTS!

Este ano adentrámonos un pouquiño máis no gran mundo da robótica! Si, si! O que ledes!

Os máis pequenos coñeceron aos Bluebot e máis outros robots Beebot, Botley, a Codioruga e ata programaron sen robot! Si é que… son uns artistas!

Con eles traballaron o seu nome, as partes do corpo, as cores, formas xeométricas, sumas e restas sinxelas… como vedes non perderon o tempo!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ISTO VAI DE ROBOTS!

Na primaria, con axuda do Esconarbot e Bluebot reforzaron as táboas de multiplicar, as unidades de medida, as coordenadas...

Asemade, os maiores participaron na montaxe e programación de Vernie, un robot de Lego Boost e no proxecto de Digicraft, un programa que lles amosa as diversas posibilidades que ofrece o mundo dixital.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“OS BECHOS” INVESTIGAMOS O CORPO

Na clase dos “Bechos” investigamos sobre o noso corpo. En primeiro lugar, fixemos

a silueta do corpo. Depois, na pizarra dixital, xogamos a completar as partes da cara. As familias colaboraron con actividades feitas na casa.

Tamén medimos e pesamos o noso corpo.

Xogando coa nosa ruleta clasificamos as diferentes partes do corpo: cabeza, extremidades e tronco.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“OS BECHOS” INVESTIGAMOS O CORPO

Tamén empregamos a robótica para reforzar estes contidos co robot Blue-Bot.

E, por último, fixemos o noso esquelete con tubos de cartón e diferentes materiais.

A mover o corpo!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

SAMAÍN E MAGOSTO

Outro ano máis, e a pesar das circunstancias, no Vila de Rutis quixemos celebrar o Samaín. Este ano con: exposición de cabazas, elaboración de lápidas cos seus epitafios e decoración, contos terroríficos… Ademais, tamén puidemos disfrazarnos e bailar a canción “Tumba, tumba”.

Doutra banda, celebramos o Magosto grazas á colaboración da ANPA do centro, que nos asou as castañas para que as puideramos degustar nas aulas.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

EXPERIMENTANDO CON FLORES E XEO

As aulas dos Soles e dos Lilas despedimos o inverno e inauguramos a primavera realizando unha actividade moi divertida ao aire libre.

Que pasa se mesturamos o xeo e as flores? O resultado é unha sesión de experimentación moi divertida!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

APADRIÑAMOS ÁRBORES

O día da árbore plantáronse no noso patio varias árbores.

Para asegurarnos de que medren fortes e sans cada aula apadriñou tres árbores. A clase dos Soles apadriñamos un freixo, un piñeiro e unha moreira. A clase dos Lilas apadriñamos un piñeiro e dous padrairos.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

FESTEXAMOS O NADAL!

Por primeira vez celebramos un festival virtual. A preparación e os nervios seguían sendo os mesmos. Participamos no concurso de postais, velahí tedes as postais gañadoras deste ano e a recollida de doces e xoguetes coa axuda da ANPA. Foi todo un éxito!

O día máis agardado foi a visita das Súas Maxestades os Reis de Oriente, aos que puidemos entregar os nosos desexos nunha carta.

Elaboramos un libro colectivo entre todo o centro, no que recollemos refráns, adiviñas, receitas e poemas típicos do nadal.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

A NOSA CÁPSULA DO TEMPO

Xa que é o ultimo ano de infantil da Clase dos Bombóns, ocorréusenos deixar para a posteridade o punto no que están os nosos peques. Fixeron unha Cápsula do Tempo, que abrirán ao acabar a Primaria, na que gardaron unha “Entrevista”, un debuxo das súas persoas favoritas, unha carta dos seus pais, recordos… Vailles gustar moito ver canto cambiaron!!!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DA PAZ

Todos os anos conmemoramos este día tan especial. Este ano fixémolo elaborando o noso propio rosco da Paz.

Repartíronse as letras do alfabeto galego entre todas as aulas e cada clase tivo que pensar palabras relacionadas coa Paz que comezaran, ou contiveran, as súas letras. Así de chulo nos quedou!

Ademais, tamén aproveitamos a ocasión para bailar e cantar ao ritmo de cancións como: “Paz, paz, paz” de Juanes ou “Bajo el mismo sol” de Álvaro Soler.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PROXECTO DE PINTURA

Ao longo deste proxecto traballamos con múltiples materiais, e como colofón tivemos a visita de Manuel Oliveira, que pasou un día connosco no que puidemos gozar da súa mestría no uso do óleo. A clase pasouno pipa e ademais, meses despois, tróuxonos para o cole unha obra de arte que comezou con nós, e con todos os nosos nomes. Un verdadeiro pracer poder contar con xente así na nosa comunidade!!!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

EXPERIMENTOS NA AULA DOS MOUCHIÑOS

Na aula dos Mouchiños, traballamos o noso . . proxecto anual das estacións. Coñecemos a Archimboldo e os seus cadros. Recollendo información durante as rutinas da mañá. Traballamos os cambios atmosféricos a través de experimentos.

Ao chegar a primavera, fixemos diferentes plantacións.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

No Vila de Rutis, celebramos o entroido disfrazándonos e xogando a representar outros papeis. Este ano a celebración foi diferente polo momento que estamos a vivir, pero non por iso deixou de ser tremendamente divertida.

Comezamos falando das tradicións desta época, e levamos a cabo os mandadiños do Meco, que este ano eran acumulativos. Tamén celebramos un concurso de antifaces e ca re t a s n o que participou todo o cole.

Velahí tedes algunhas fotos!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

AS NOSAS PIRÁMIDES

Na clase de 1ºA estivemos traballando a pirámide dos alimentos. Ao principio costounos un pouco porque era moita información nova pero, a medida que pasaban os días, xa iamos dominando o tema. Coa mestra creamos unha pirámide enorme para a nosa clase e aprendemos tanto que ata fomos capaces de crear por parellas (e con moi pouquiña axuda) a nosa pirámide alimenticia!!!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

APRENDÍN, ENSINEI E SENTÍN

Aquí estamos todas as nenas e nenos de 2ºA, disfrazados, celebrando o Samaín deste curso tan especial que semella que tamén quixo ser o que non era, un curso disfrazado sempre con máscaras e, algunhas veces, de incertidume e de dúbidas. Mais o que nós queremos lembrar son todas as cousas bonitas que vivimos, que aprendemos e que ensinamos e que quedarán nun recuncho dos nosos corazóns para sempre. Aprendemos que a vida é unha caixa de sorpresas, aprendemos que somos nenas e nenos valentes que soubemos vivir cun visitante inesperado que non puido quitarnos nin as ganas de rir nin as ganas de xogar, aprendemos que todos xuntos somos máis fortes, aprendemos a respectar distancias que antes eran cercanías, aprendemos a coidarnos e a coidar aos demais, aprendemos a valorar un bico ou unha aperta como unha das cousas máis bonitas.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

APRENDÍN, ENSINEI E SENTÍN

Ensinamos ao mundo enteiro que as nenas e os nenos somos pequenos pero moi listos porque nos adaptamos perfectamente aos cambios e seguimos vivindo con ilusión porque sabemos que isto pasará, ensinamos que xogar é unha das cousas máis importantes e fermosas das nosas vidas. É verdade que estamos a vivir unha época moi especial, que houbo intres onde a tristeza quixo gañar á ledicia pero non foi quen de conseguilo, pero a verdade máis grande de todas é que o noso colexio foi tamén un cachiño do noso fogar onde nos sentimos seguros e felices. Aquí estamos todas as nenas e nenos de 2ºA para desexarvos un moi feliz verán e lembrarvos o bonita que é sempre a VIDA. Pase o que pase.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro, figura clave das letras e da cultura galegas, naceu o 24 de febreiro de 1837; é por iso que, cada ano, conmemoremos o seu día nesta data. Este curso, todo o alumnado elaborou un collage conxunto coa súa imaxe, traballando nas aulas, dun xeito máis detallado, a relevancia da súa traxectoria.


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTIGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTIGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DENDE CHINA ATA RUTIS

Este curso tivemos uns compañeiros novos moi especiais. Son tan viaxeiros que viñeron da China ata Rutis. Comen folliñas de moreira e son moi suaves. Adiviñades? VERMIÑOS DE SEDA!

Xa que lles gusta tanto ir de aquí para alá, turnámonos para o seu coidado, así que estes vermiños viaxaron da casa á escola cada día, non pararon quietos! As follas de moreira que comeron foron tantas... que case que non damos carretado nelas. Pero con todos os nosos coidados acadamos que algúns fixeran xa o seu casulo.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DENDE CHINA ATA RUTIS

Para que entendades un pouco a vida destes vermiños, hai que reparar no seu ciclo biolóxico: •

1ª muda: aos 3 días.

2ª muda: aos 4 días.

3ª muda: aos 5 días.

4ª muda: aos 6 días.

Casulo: aos 10 días.

Avelaíña: aos 24 días

O casulo está feito dunha soa febra de seda de xeralmente 300 a 900 m de longo. Cómpren uns 2000 a 3000 casulos para obter medio kg de seda. Nós non temos tantos...pero ímos a agasallar ao profe Carlos, que foi o que nolos deu, cos que consigamos, a ver si se apaña para facer unha garavata.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DENDE CHINA ATA RUTIS

Agora, mentras esperamos con impaciencia ver como resulta a súa metamorfose, que aparezan as nosas avelaíñas…, ímosvos contar unha lenda sobre o verme de seda: Na China hai moito moito tempo, a antiga emperatriz Lei Zu, esposa do emperador amarelo e filla de XiLing-Shi, estaba tomando o té baixo unha árbore cando lle caeu un casulo de verme da seda na súa cunca de té. Cando o sacou e empezou a desenredar a seda e enrolala sobre o seu dedo, foi sentindo unha cálida sensación. Cando se esgotou a seda puido ver a larva que estaba dentro. Decatouse inmediatamente que esta eiruga era a que producía a seda. Ensinou isto ao seu pobo e isto daría comezo á crianza do verme da seda.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DENDE CHINA ATA RUTIS

Os chineses gardaron o segredo pero, segundo conta unha historia, unha princesa chinesa que foi dada en matrimonio agachou uns vermes da seda no seu pelo como parte do seu "dote", e así foi como se descubriu todo. Dise que uns monxes cristiáns levaron de contrabando vermes da seda nuns bastóns ocos ou bambús. E velaí como, despois de moitos anos, acabaron en Rutis.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este día conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoas, en igualdade co home.

O noso centro quixo entrevistar a mulleres residentes ou traballadoras no concello de Culleredo como: Gema Ulloa (coñecida como “A dragona Ramona”), Natalia Pablo (xornalista), Thais Pousada (do Departamento de Ciencias da Saúde) ou... CRISTINA SÁEZ CAZALLAS (mestra e escritora)... COÑECÉDELA???


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

UN ANO DE APRENDIZAXES

Que curso tan...diferente!

Curso novo, compañeiros/as novos/as, profe nova...e ademais, convivir co Covid...Non foi doado pero...sobrevivimos! E para facelo...realizamos moitas actividades e proxectos diversos: maquetas do corpo humano, un parte metereolóxico, xogos no patio, traballos en equipo, robótica, xogos interactivos para repasar contidos… Tantas cousas que o mellor é deixarvos por aquí as fotos e que o vexades vós mesmos! Visitade tamén o noso blog para ver as actividades con máis detalle!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

LETRAS GALEGAS

Como cada ano, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano non ía ser menos e estivemos unha semana enteira aprendendo e descubrindo datos sobre a homenaxeada, Xela Arias. Puidemos facelo a través dunha espléndida exposición dedicada a Xela nun dos corredores do cole. Tamén, visualizando unha presentación na que, entre outras cousas, decatámonos de que Xela, ademais de escritora, fora profesora.

E como colofón final, lemos as biografías de catro grandes da literatura galega: María Mariño, Castelao, Valle Inclán e Rosalía de Castro, e xogamos ao Quen é quen?, poñendo en práctica todo o que aprendemos.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

RECICLAMOS!

Ola a todos! Este curso en 5º EP decidimos que algunhas das nosas actividades de plástica faríámolas con materiais de reciclaxe, xa que nas nosas casas tiramos moitas cousas que se lles pode dar una segunda vida.

Nesta ocasión pensamos en facer un letreiro xigante co lema: “reciclamos” usando distintos tipos de tapóns que trouxemos das nosas casas, elaboramos cada letra por parellas e ademais escribimos e decoramos os pósters con palabras relacionadas coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Foi una actividade moi interesante e divertida!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MAIORES BOTÁMOSLLE IMAXINACIÓN

Durante estes dous cursos vivimos experiencias moi diferentes, tanto na vida do cole como nas nosas vidas persoais.

Empezamos un grupo pequeno de once compañeiros e compañeiras en quinto, e rematamos cun grupo de amigos e amigas de dezaoito en sexto. Foron dous cursos moi diferentes. Neste último, a pesar da distancia, da Covid, dos protocolos, de non poder traballar en equipos… a pesar diso, fixemos diferentes actividades, e algunha con recompensa!!

Botámoslle moita imaxinación!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

OS MAIORES BOTÁMOSLLE IMAXINACIÓN

Intentamos facer algúns traballos de xeito máis atractivo. Estudamos gramática con caixas de ovos… Inventamos un rap para Nadal...

Abrimos paraugas pola igualdade…

Creamos

chuvias de poemas…


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MAIORES BOTÁMOSLLE IMAXINACIÓN

Inventamos robots que quizais algún día fabriquen de verdade…

Fomos periodistas por un día, entrevistando de xeito virtual a compañeiras do IES Rego de Trabe… Tratamos cada día de aprender e mellorar botándolle esforzo, cariño e moita …

IMAXINACIÓN


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

RUTIÑA E A BIBLIO

Este curso estamos moi felices co funcionamento da nosa biblioteca. Pouco a pouco foi formando parte da vida diaria do colexio, implicándonos en todas as actividades do Centro. Todos os nenos e nenas participaron activamente no préstamo, gozando da lectura, tanto dentro como fóra da biblio. Pasaron moitas cousas. Unha das máis importantes foi o nacemento da nosa mascota.

A verdade é que xa nacera había un par de anos, pero este curso puxémoslle o nome. Entre todos e todas fixemos propostas. Eran moitas e moi variadas!!! Finalmente chamámoslle RUTIÑA, porque é a curuxiña do Vila de RUTIS. Rutiña decidiu poñerse en contacto con toda a comunidade educativa e, como este ano non podiamos facer reunións na biblio, nin xuntarnos diferentes cursos, elaborou un Blogue. Chámase “Biblio Vila de Rutis”.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

RUTIÑA E A BIBLIO

Aí amósanos moitas novidades cada mes, un montón de información ao noso alcance, vídeos e fotos dos traballos, concursos que facemos, as exposicións… Incluso unha de Robots inventados polos nenos e nenas de 5º e 6º! Entre outras moitísimas cousas, fixemos o PRIMEIRO RUTICONCURSO DE RELATO E POESÍA. Houbo unha enorme participación, e foi un Ruticoncurso moi emocionante. Tamén Rutiña desde a Biblio invitounos a facernos…

BOOKTUBERS!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

RUTIÑA E A BIBLIO

Ao principio parecía algo complicado, pero como no cole a lectura é tan importante e agradable, empezamos a compartir as nosas opinións. Como o mellor é que vexades por vós mesmos a nosa Biblio Vila de Rutis, e todas as actividades, non tedes máis que abrir o código QR e visitarnos.

Grazas por facer nacer entre todos esta Biblioteca.

Esperámosvos o vindeiro curso!


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


TÍ-

“AS VOCES DO VILA”

TULO DO ARTGO C.E.I.P. VILA DE RUTIS


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

LET’S HAVE FUN !!! RIDDLES…

1.- What has a neck but no head? 2.- What must be broken before you can use it? 3.- What has one eye but cannot see?

4.- I’m as hard as a rock, but I melt inmediatly in hot water. What am I?

1.- (elttob A) _______________________ 2.- (gge nA) _______________________

3.- (eldeen A) ______________________ 4.- (ebuc eci nA) ____________________


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

E AGORA TOCA A DESPEDIDA!

Durante estes tres cursos que leva o cole en funcionamento vimos como medrabades xuntos. Algúns e algunhas empezastes, ao igual que o cole, hai tan só tres anos. Durante este tempo o grupo foi medrando. Cada curso fomos máis na aula, ata ter un grupo de compañeiros e compañeiras, de amigos e amigas cos que pasamos momentos bos, momentos regulares, momentos divertidos, momentos tristes… momentos de todas as cores, pero con todos e cada un deles fomos facendo un grupo cada vez máis unido e máis querido, aprendendo a respectar as nosas diferenzas e a apreciar máis todo o que nos une.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

E AGORA TOCA A DESPEDIDA!

Parabéns polo voso esforzo, polo voso traballo durante estes cursos tan especiais de “distancia e mascarilla”, pois non foi fácil a adaptación a unha situación nunca antes vivida por ningún de nós. Parabéns tamén por ter superado con éxito a Educación Primaria nestas circunstancias Comezade con ilusión a nova etapa de ESO e sabede que o Vila de Rutis sempre será a vosa casa, sempre teremos o noso corazón e os nosos brazos abertos para vós. ATA SEMPRE!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

E AGORA TOCA A DESPEDIDA!

Despois dun ano distinto e difícil ao mesmo tempo, non podemos despedir o curso sen agradecer a todo o equipo de profesorado o seu esforzo no día a día. Grazas polo apoio e a colaboración no mantemento das excepcionais medidas covid e pola axuda e cariño mostrado ao alumnado.

Moita sorte no futuro para os que non podedes volver o vindeiro curso. Foi un pracer tervos como compañeiros/as e as portas do Vila de Rutis sempre estarán abertas para vós.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

E AGORA TOCA A DESPEDIDA!

Unha despedida especial para Antonio Pereiro, mestre que empezou con nós pero que agora disfruta da súa xubilación. Moitas grazas por seguirnos axudando.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

Nun abrir e pechar de ollos...rematouse o curso. Recargade pilas este verán cos seguintes “deberes”: gozade da praia, xogade coa área, facede algunha acampada, observade as estrelas, ide de excursión, pasade MOITO tempo coa vosa familia e amigos, tomade o sol (sempre con protección solar), ride MOITÍSIMO e CADA DÍA. E unha vez que todo iso estea feito...



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.