Skip to main content

AS VOCES DO VILA

Page 1

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

LIMIAR O curso 2019/2020 foi moi diferente e excepcional debido á situación provocada polo Covid-19. Por iso, non hai mellor momento para lanzar a primeira edición da revista do CEIP Vila de Rutis, “As voces do Vila”, recollendo nela as celebracións, conmemoracións e actividades que tiveron lugar tanto antes como durante a corentena. Queremos darlle as grazas ao alumnado pola súa dedicación, traballo e ilusión durante todo o curso; ao equipo docente pola súa implicación e participación permitindo que esta revista saíra adiante e tamén ás familias polo esforzo e colaboración realizados, sobre todo, nestes últimos meses.

Agardamos que vos guste a revista! Unha aperta virtual moi grande!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ÍNDICE •

Aventura en África 3 anos.

•

Os mouchiños coñecemos China.

•

En decembro… comezou a nosa viaxe!

•

O alumnado de 2º percorre o mundo.

•

Os de 6º na Policía Local.

•

Samaín.

•

Magosto.

•

A expresión oral en 2º.

•

En 5º de EI pasámolo bárbaro!

•

25 de novembro.

•

Encargados do papel en 3º.

•

Pleno municipal infantil.

•

Coñecemos o noso concello.

•

A verdadeira historia de Míster Abeto.

•

Postais de Nadal 3 anos.

•

Investigamos sobre os animais.

•

CUART-ARTE Visita á igrexa de Vilaboa.

•

CUART-ARTE As baleas do surrealismo.

•

CUART-ARTE con Keith Having.

•

CUART-ARTE #euquedonacasa.

•

Que é reciclar?


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ÍNDICE • • • • • • •

• • • • • • • • • • •

• •

Coidamos o planeta. Día da Paz e da non violencia. Sementando bicos 3 anos. Aceptando as nosas emocións. Xogando e aprendendo. Plantamos carballos. Cóntame un conto. Os mandadiños de terceiro. Entroido. Día de Rosalía. Programa Encántame ler! Día da muller. O confinamento en 3 anos. Reporteiros xeométricos nos nosos fogares. Día da “EF na rúa 2020”. Superheroes e superheroínas no confinamento. Letras Galegas. Ata pronto, maiores. Jokes and Riddles. Pasatempos.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

AVENTURATÍTULO EN ÁFRICA 3 ANOS

Á volta das vacacións de Nadal, na aula dos Soles e dos Lilas iniciamos un proxecto de traballo, vinculado coa temática “A volta ao mundo” que este ano levamos a cabo no Vila de Rutis. O moucho Galileo veu de visita ao cole, e contounos que marchaba de viaxe! Traía unha maleta, nela había unha carta na que nos convidaba a acompañalo, un pasaporte e o DNI.

Pero, cal sería o noso destino? Para averigualo, Galileo pediunos 3 cousas: preparar o DNI, o pasaporte e ir a axencia de viaxes Kanvoy a recoller os billetes de avión! Unha vez alí, descubrimos que a nosa aventura comezaba en ÁFRICA!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

AVENTURA EN ÁFRICA 3 ANOS

Co pasaporte, o DNI e o billete de avión na man, xa o tiñamos todo arranxado para acompañar a Galileo na súa viaxe! Soles e Lilas embarcamos nesta apaixonante aventura rumbo a África!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

AVENTURA EN ÁFRICA 3 ANOS

Nesta viaxe, situamos África no mapamundi, coñecemos aos animais que viven no deserto, na selva e na sabana… E ata nos convertemos en auténticos exploradores!

O que máis nos gustou foi investigar sobre os animais, por iso disfrazámonos de xirafas, leopardos, elefantes, cebras, crocodilos e leóns! No Entroido a nosa aula era unha selva!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

AVENTURA EN ÁFRICA 3 ANOS

E aquí remata a nosa aventura polo continente africano! Como vedes Soles e Lilas, traballamos moito e aprendemos infinidade de cousas interesantes sobre África que non sabiamos! Mirade que bonitiño nos quedou o noso recuncho!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

OS MOUCHIÑOS COÑECEMOS CHINA

No noso cole estamos facendo un proxecto chamado A volta ao mundo. Para poder levalo a cabo a nosa clase conta coa axuda de alguén moi especial para nós: Galileo

Todos os venres aparecía a súa maleta con cousiñas sobre as que investigar.

Un día descubrimos unha carta na que nos pedía axuda para saber máis sobre China.

Foi así como comezou todo.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MOUCHIÑOS COÑECEMOS CHINA

Grazas ao globo terráqueo que nos trouxo Galileo, descubrimos os continentes. Agora sabemos que China se atopa en Asia.

E iso non foi todo! Adentrámonos na súa cultura, gastronomía, nas súas casas… pero o que máis nos gustou a todos foi descubrir os distintos animais que hai nos continentes.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MOUCHIÑOS COÑECEMOS CHINA

Estivemos vendo no mapa todos os que había, pero Galileo quería que nos detiveramos nos de Asia. Deixounos unhas tarxetas cos máis importantes para que souberamos como eran .


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

OS MOUCHIÑOS COÑECEMOS CHINA

Cando chegou o entroido aproveitamos todo o aprendido e disfrazámonos de chineses e chinesas, de dragóns, osos panda…

O proxecto quedou sen rematar debido á situación que estamos vivindo pero seguro que Galileo seguirá traendo sorpresas para o vindeiro curso.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

EN DECEMBRO… COMEZOU A NOSA VIAXE!

No 2º trimestre comezamos a nosa viaxe, rumbo a Francia, aprendemos moitísimas cousas: a bandeira, a capital, a arquitectura máis representativa, o Tour de Francia, personaxes relevantes como Napoleón, Coco Channel, Claude Monet … Aprendemos sobre o pasaporte e o DNI, diferentes medios de transporte, fomos á axencia de viaxes Kanvoy e ata tivemos a visita da Garda Civil para pedirnos a documentación da nosa viaxe virtual a París! Quedáronnos cousas por ver polo parón do Covid-19, pero… sen dúbida foi un proxecto xenial!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O ALUMNADO DE 2º PERCORRE O MUNDO

Este ano, con motivo do proxecto de centro “A volta ao mundo”, na clase de 2ºB estivemos coñecendo os diferentes continentes do mundo. Xa que hai moitos países en cada continente, só puidemos centrarnos nalgúns deles. O primeiro continente que estudamos foi Europa, ampliando a nosa información sobre Francia, Italia, Alemania, Polonia e Grecia. Todo o aprendido recollémolo nun lapbook.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O ALUMNADO DE 2º PERCORRE O MUNDO

O seguinte continente que traballamos foi América. Para coñecer máis sobre dous dos seus países, Perú e Bolivia, recibimos na clase a visita de Sabela. Ela estudou en Perú durante un ano, no que aproveitou para viaxar e coñecer máis países do continente. Sabela contounos historias que viviu alí, explicounos curiosidades sobre as bandeiras, as capitais...e aprendemos moito con ela. Moitas grazas por todo, Sabela!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O ALUMNADO DE 2º PERCORRE O MUNDO

Ademais, coa chegada do Entroido buscamos información sobre como se celebra o Carnaval en diversos lugares do mundo. Quedáronnos uns traballos moi bonitos que colgamos no corredor do colexio para que o resto de compañeiros e compañeiras puideran velos.

E, como non, o noso disfrace no festival de Entroido foi sobre un dos países que coñecemos: Cuba. Mirade que guapos e guapas iamos!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O ALUMNADO DE 2º PERCORRE O MUNDO

A corentena polo Covid-19 interrompeu as clases e, polo tanto, o noso proxecto. Pero desde a casa, seguimos coñecendo máis países do resto de continentes grazas aos vídeos da nosa profe. Se pinchades nos seguintes códigos QR poderedes ver algún deles. Agardamos que vos gusten!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

OS DE 6º NA POLICÍA LOCAL

Coa finalidade de coñecer o funcionamento desta forza de seguridade, a clase de 6º visitamos no primeiro trimestre a sede da Policía Local de Culleredo, en Fonteculler. A mensaxe máis importante que nos quixeron transmitir dende o principio foi que non lles debemos ter medo, xa que están para axudarnos a todos os cidadáns e cidadás.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS DE 6º NA POLICÍA LOCAL

Na sede, puidemos coñecer todas as súas infraestruturas, como se organizan, cales son as súas funcións… Tamén tivemos a oportunidade de visitar os vehículos de emerxencia e de poñer a funcionar as súas sereas e megáfonos.

Por último, ensináronnnos como funcionan as probas de alcoholemia de estrada… e ata nos fixeron soprar a nós!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SAMAÍN SAMAÍN

Como xa sabedes o proxecto anual do noso cole trata sobre a volta ao mundo, e isto serviu para coñecer como se celebra esta festividade en Galicia e noutros lugares do mundo.

As familias aportaron diferentes doces aterradores. Degustámolos e ata houbo un xurado para escoller os mellores.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SAMAÍN SAMAÍN Na entrada do cole ademais dun esquelete xigante e monstruos colgados, houbo unha grande exposición de cabazas.

Isto non foi todo, tamén contamos coa visita dunhas bruxas moi especiais que nos contaron un conto titulado As tres bruxas.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SAMAÍN SAMAÍN E, por suposto, faltaban os protagonistas da celebración. Aquí os podedes ver. Recoñecédelos?


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SAMAÍN SAMAÍN


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

O MAGOSTO

O Magosto é unha festa tradicional relacionada coa colleita de castañas que se leva a cabo en varios lugares do norte de España, entre eles Galicia. Adoita celebrarse entre finais de outubro e principios de novembro e consiste en acender unha fogueira, asar castañas e, por suposto, comelas. No Vila de Rutis, coma sempre, celebrámolo por todo o alto...


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

O MAGOSTO

Nas aulas fixemos varias actividades: creacións artísticas, cancións, recitais de poesía, investigacións… Pero a celebración grande fixémola todo o colexio xunto. Reunímonos no pavillón e nos cornetes preparados previamente na aula degustamos as riquísimas castañas que as familias da ANPA tiveron a xentileza de aportar e asar para nós. Foi un día precioso de convivencia e risas!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

A EXPRESIÓN ORAL EN 2º

A expresión oral é moi importante para saber comunicar as mensaxes axeitadamente, por iso durante este curso preparamos un par de exposicións para os nosos compañeiros e compañeiras doutros cursos. A primeira exposición oral que fixemos foi no Magosto. Na clase ensaiamos unha e outra vez a poesía “Castaña, castaña” practicando a entoación, a pronunciación… E o día do Magosto, despois de tomar as castañas, fomos recitándoa polas clases.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

A EXPRESIÓN ORAL EN 2º

A segunda actividade que fixemos para potenciar a nosa expresión oral tivo lugar cando nos convertemos en...xornalistas! Na clase estivemos traballando sobre a entrevista: as súas partes, como comenzar e finalizar unha revista, como facer as preguntas… Despois, elaboramos os nosos propios micrófonos e...realizamos a nosa primeira entrevista! Na casa, gravamos un vídeo ou un audio entrevistando a un familiar e despois, na clase, visualizamos e escoitamos todas as entrevistas.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

A EXPRESIÓN ORAL EN 2º

A seguinte exposición tivo lugar con motivo da celebración do Entroido. Na clase, a nosa profe Marta explicounos a orixe do Entroido en Galicia, os lugares máis famosos onde se celebra como Xinzo de Limia ou Verín, as figuras típicas como o Peliqueiro e o Cigarrón, as comidas típicas… Con todo o que aprendemos, preparamos unha exposición para explicarlle todo iso aos nosos compañeiros e compañeiras de 5º EI. Estabamos moi nerviosos e nerviosas, pero fixémolo xenial. Foi unha experiencia moi agradable.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

A EXPRESIÓN ORAL EN 2º

Por último, durante a corentena que tivemos que vivir este curso, tamén seguimos practicando a expresión oral con diversas tarefas. Entre elas, elaboramos pequenas obras de teatro onde demostramos a nosa imaxinación e nas que tamén colaboraron as familias. Foi moi divertido velas e gozar delas! Tamén elaboramos vídeos onde presentamos aos nosos familiares, podedes ver algunhas destas presentacións no seguinte código QR.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

EN 5º DE EI PASÁMOLO BÁRBARO!

Durante o primeiro trimestre, coñecémonos, adaptámonos e comezaron relacións moi bonitas que sempre quedarán nos nosos corazóns, xa que a pesares de ser o noso primeiro ano xuntos… fixemos un gran equipo!

Ademais, fixemos moitísimas actividades onde fomos os protagonistas; tocamos, manipulamos e gozamos das novas aprendizaxes!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro conmemórase anualmente o Día Internacional da Non Violencia de Xénero coa finalidade de denunciar a violencia que se exerce sobre as persoas ao ser discriminadas polo seu xénero en todo o mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

O que non todo o mundo sabe é por que se celebra este día, polo que a clase de 6º decidimos contarlle a historia ao resto do colexio. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 para conmemorar a data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal en República Dominicana.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

25 DE NOVEMBRO

As irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa, foron tres irmás dominicanas que se opuxeron ferventemente á ditadura de Rafael Leónidas Trujillo. Trujillo quixo eliminalas pensando que así eliminaría o problema, pero a morte das irmás causou unha grande repercusión e provocou que o pobo dominicano apoiara cada vez máis os ideais das Mirabal e menos os do ditador.

A continuación, xunto co resto do colexio cantamos a canción de “Puerta Violeta”. Foi un día moi bonito que recordaremos sempre.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ENCARGADOS DO PAPEL EN 3º

Este curso o alumnado de terceiro fomos nomeados encargados do papel. Tiñamos que encargarnos da reciclaxe do papel no cole. Asegurámonos de que todas as clases tiñan unha papeleira de papel, pero tamén decoramos a nosa para que parecera unha de verdade: de cor azul! E puxémoslle debuxos do que se podía tirar nela, para non confundirnos.

Ademais, cada semana faciamos a ronda recollendo o papel de cada clase e, coa axuda de Tere e da profe, tirabámolo todo no contedor do cole. Así se recicla!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

No primeiro trimestre deste curso, a clase de 6º tivemos a inmensa sorte de poder meternos na pel dos nosos políticos e políticas participando no XX Pleno Municipal Infantil celebrado no Concello de Culleredo. O primeiro que fixemos foi investigar en que consistían os plenos municipais. A continuación, eliximos os nosos representantes: levamos dous concelleiros, un fotógrafo e un debuxante.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

O seguinte paso foi decidir que temas queriamos levar a pleno. Despois dunha investigación na que implicamos a toda a comunidade educativa, decidimos que os temas que máis preocupaban a familias, claustro, alumnado e persoal non docente eran as becas de educación para que todas as familias tiveran acceso a comedor e a falta de conserxe a xornada completa no noso centro.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

Tivemos a sorte de compartir esta experiencia cos nosos compañeiros e compañeiras dos colexios Sofía Casanova e Isaac Díaz Pardo, que levaron temas tan interesantes como melloras en infraestruturas nos seus centros, cambios no comedor e posta en marcha de accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida do municipio. Expuxemos, debatemos, votamos e chegamos a acordos. Todo isto coordinado pola nosa alcaldesa infantil. Tamén tivemos a oportunidade de facerlle preguntas ao alcalde de Culleredo, don José Ramón Rioboo Castro.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

COÑECEMOS O NOSO CONCELLO

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 2º realizou un pequeno proxecto a través do cal coñeceron un pouquiño mellor o lugar no que viven: lugares, edificios imp or t antes e...un pouco máis sobre a historia de Culleredo. Ademais, o alumnado tamén investigou sobre a vida do alcalde...saben os seus datos de memoria! E que mellor maneira había de rematar este proxecto que visitar a Casa do Concello de Culleredo?


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

COÑECEMOS O NOSO CONCELLO

Nesta visita tiveron a sorte de ir acompañados dos rapaces e rapazas da clase mixta de 1º e 2º. Cando chegaron á Casa do Concello, recibiunos en primeiro lugar a concelleira de educación Yessica Méndez, que lles explicou mellor en que consiste o seu traballo e pasou un momento moi agradable con eles. Ensinoulles o salón de plenos, onde puideron sentarse no lugar dos diferentes concelleiros/as e dos representantes do resto de partidos.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

COÑECEMOS O NOSO CONCELLO

E despois...chegou o alcalde! Falaron con el, fixéronlle preguntas, visitaron o seu despacho...e divertíronse moito xuntos! Foi unha visita moi agradable e agradécenlle moito que os recibira.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

A VERDADEIRA HISTORIA DE MÍSTER ABETO

Un día estabamos na clase de 5ºA no Vila de Rutis falando, como moitas outras veces, do planeta Terra, do plástico, da natureza... Era antes de Nadal, polo mes de novembro. Durante a conversación falamos da tala indiscriminada de bosques e, como non, saíu o tema das árbores de Nadal. (A todos e todas nós encántanos o Nadal, especialmente polas vacacións, pero tamén polo bonito que adornamos todo, e por suposto non imaxinamos un Nadal sen a súa árbore). Uns dicían que era mellor de plástico, outros dicían que non pasaba nada por cortar unha árbore, outros dicían que con poñer unha póla bastaba… E comezou a discusión.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

A VERDADEIRA HISTORIA DE MÍSTER ABETO

Nese momento interveu a profe Mar para mediar nas opinións e explicounos a posibilidade de plantar unha árbore natural e coidala, participando no seu crecemento. Non o pensamos dúas veces, todos dixemos un enorme Siiii! Nese tempo non eramos aínda moi responsables e Mar dixo que dependería do noso comportamento e do permiso da directora Eladia.

Durante uns días tivemos moitos problemas entre nós e Mar non estaba nada contenta. Entón urdimos un plan sen que ela o soubera: portaríamonos ben durante as próximas semanas, falariamos con Eladia para que lle preguntase a Mar se estabamos tendo bo comportamento e así, poderiamos convencela de que eramos merecedores de ter a nosa árbore.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

A VERDADEIRA HISTORIA DE MÍSTER ABETO

Durante os seguintes días tratamos de ser uns nenos e nenas estupendos e Eladia, preguntáballe a Mar: -“Que tal se están portando?” E, durante eses días, Mar contestaba: - “Bueno, pode pasar, pero… Por que me preguntas iso tantas veces?” Eladia non nos descubriu. Bueno, descubriuse o segredo, pero… iso é outra historia. Un día de decembro, atopámonos diante da nosa porta cunha árbore real, coas súas raíces, na súa maceta!! Viña acompañada dunha carta de Eladia, na que nos explicaba que teriamos que ser responsables, coidala e vela medrar, e que en xaneiro a plantariamos no cole. Por suposto había que poñerlle un nome. Decidimos rápidamente que se chamaría “Míster Abeto”.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

A VERDADEIRA HISTORIA DE MÍSTER ABETO

Coidámolo moito e ao chegar o Nadal enchémolo de luces e adornos. É unha mágoa non ter fotos dese momento, pero temos o recordo de decoralo facendo nós mesmos os adornos. Chegou xaneiro e o momento de que Míster Abeto fose plantado no lugar que eleximos para el. Á entrada do cole, á man dereita, podedes ver un abeto que esperamos que medre con nós e que durante este tempo de Coronavirus se mantivera san esperando por nós o vindeiro curso.

Volveremos pronto, Míster Abeto!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

POSTAIS DE NADAL 3 ANOS

No mes de decembro, a clase dos Soles e dos Lilas fixemos unhas postais de Nadal moi especiais con sesión de fotos incluída! Primeiro preparamos o que sería o soporte da nosa felicitación de Nadal. Nunha cartolina negra estampamos moitas estreliñas con pintura dourada e prateada, botámoslle un pouquiño de purpurina e deixámola secar.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

POSTAIS DE NADAL 3 ANOS

Para a sesión de fotos, fixemos un photocall moi acorde co Nadal que decoramos para a ocasión. Agora viña o máis divertido, coller o gorriño, poñelo e rirnos a fartar!

Gustounos tanto como quedaron estas fotos, que convidamos aos de 4 e 5 anos a facelas tamén! A verdade é que estes peques de 3 aniños,

están de revista!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

POSTAIS DE NADAL 3 ANOS

Por último, imprimimos as fotografías e pegámolas nas cartolinas. E así de bonitas quedaron as postais de Nadal, que aproveitamos para facer as portadas dos traballos no primeiro trimestre, desexándolles ás nosas familias un Feliz Ano 2020 co mellor dos sorrisos!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

NADAL NO VILA DE RUTIS

O Nadal veu cargado de celebracións no Vila de Rutis… o que nos gusta a nós unha festa! Comezamos, coma sempre, con distintas actividades desde as aulas: achegámonos á nosa cultura coñecendo a figura do Apalpador, asistimos a concertos interxeracionais, aprendemos panxoliñas en galego, castelán e inglés, decoramos as aulas e o colexio, investigamos como se celebra o Nadal en distintos lugares do mundo…


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

NADAL NO VILA DE RUTIS

Tamén recibimos unha visita moi especial: viñeron ao noso cole As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Por último, tivemos o festival de Nadal, ao que convidamos ás familias. Seguindo a temática do colexio, “A volta ao mundo”, actuamos con panxoliñas de moitos lugares. Bailamos, cantamos, tocamos instrumentos… todo isto coas vestimentas que preparamos na aula antes.

Uns verdadeiros artistas!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS

Os nen@s da aula mixta (1ºA e 2ºA) desde a volta de Nadal investigamos sobre os animais e a súa clasificación.

Descubrimos os animais vertebrados e invertebrados, domésticos e salvaxes, ovíparos e vivíparos, herbívoros, omnívoros e carnívoros… convertémonos en auténticos expertos na materia!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS

En pequenos grupos elaboramos unhas fichas sobre moitos deles, que iamos gardando para facer un Gran Libro de Animais… As circunstancias excepcionais deste final de curso provocaron que non o remataramos, pero cando voltemos ao centro finalizaremos este traballo, e deixarémolo na biblioteca para que todos os nos@s compañeir@s o poidan consultar.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS

O que si fixemos foi unha exposición cos nosos animais preferidos. Desde xaneiro, os alumn@s voluntariamente foron traendo pequenas investigacións sobre animais que fixeron coa axuda das súas familias. Houbo espazo ata para algún animal mitolóxico! Aproveitamos estes traballos para decorar o corredor da nosa aula.

Con estas actividades pasamos momentos fantásticos, nos que aprendemos uns dos outros e traballamos como un auténtico equipo.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

CUART-ARTE Visita á Igrexa de Vilaboa

Este curso para traballar o proxecto do centro “A Volta ao Mundo do Vila de Rutis”, comezamos a investigar sobre diferentes artistas do mundo. Iniciamos o percorrido polo máis cercano, un pintor que viviu no noso Concello, URBANO LUGRÍS. Aproveitamos unha saída que oferta EDUCACULLEREDO para 4º, “Urbano Lugrís en Vilaboa”. Visitamos a Igrexa de Vilaboa e alí, Carlos Pereira, o historiador do Concello, xunto con Caxoto, contáronnos historias das pinturas que hai de Lugrís na parroquia e como chegaron aquí.

CÓDIGO QR Ver vídeo da visita


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

CUART-ARTE As baleas do surrealismo

Antes da visita a Vilaboa, investigamos sobre URBANO LUGRÍS e unha das súas obras. Partindo do cadro “A caza das baleas”, elaboramos as nosas creacións.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

CUART-ARTE con Keith Haring

Viaxamos a América. En New York atopamos un artista que reflexa o espíritu da xeración POP. KEITH HARING

Na clase sacamos fotos cunha postura divertida e logo coas siluetas … ¡as nosas creacións POP!

CÓDIGO QR Ver vídeo de ARTE POP


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

CUART-ARTE #euquedonacasa

A nosa viaxe de arte foi suspendida pola Pero non deixamos de ser creativos. Papiroflexia e fiestras adornadas.

Espirais 3D.

“Figura en la finestra” obras como o cadro de Salvador Dalí.

Art moving.

COVID-19.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

QUE É RECICLAR?

Non facemos máis que escoitar aos maoires que temos que reciclar, que é moi importante, recicla, recicla, recicla!!

Pero, que é iso de reciclar? Así que puxémonos mans á obra, buscamos información, preguntamos aos maiores… E por fin puidemos entendelo. Xa somos uns expertos. Agora escoitádenos, non vos esquezades de utilizar as tres R: REDUCIR RECICLAR REUTILIZAR Agora tócanos a nós:


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

QUE É RECICLAR?


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

COIDAMOS O PLANETA

Este curso estamos especialmente concienciados sobre a protección e o coidado do noso planeta. Para poder protexelo e coidalo é imprescindible coñecelo, por iso empezamos a descubrir a nosa contorna. Grazas á proposta de actividades do Concello de Culleredo, fixemos un percorrido para estudar as aves da nosa ría do Burgo e o noso río Trabe. Intentamos aprender como se recoñecen, como se poden anillar, como se coidan… Para iso, e para non molestar ás aves, utilizamos prismáticos, telescopios, cámaras de fotos… Tamén observamos a contaminación que producimos os humanos, especialmente cos plásticos, así que decidimos unirnos ao lema:


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

COIDAMOS O PLANETA

A segunda acción que realizamos co noso lema “COMIGO NON CONTES, PLÁSTICO”, foi pasar toda a mañá do día 14 de marzo recollendo plásticos na praia de Santa Cristina.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

COIDAMOS O PLANETA

Collemos un montón de kilos de plástico. Non vos imaxinades todo o que querendo ou sin querer vai parar ao mar.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

COIDAMOS O PLANETA

Sentímonos fenomenal despois de ter xogado, aprendido e traballado toda a mañá para conseguir un medio ambiente mellor.

O malo é que, á volta ao cole, nos deron a mala noticia de que a partir dese día tiñamos que quedarnos na casa por culpa dunha pandemia. O virus Covid-19. Así estamos hoxe, pero con moitas ganas de seguir traballando polo planeta!

Animádevos e unídevos á campaña!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro festéxase en todos os colexios, está dedicado a conmemorar a cultura da non violencia e da paz. Nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. Inda que intentamos que no noso cole todos os días as actitudes de respecto e da non violencia, resolución de conflitos e de convivencia estean presentes, durante a semana anterior á celebración traballámolo máis para poder recordalo e poñelo en práctica.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Este ano fixemos un mural conxunto entre todo o cole e reunímonos na sala de usos múltiples onde os compañeiros de 4º de EP explicáronnos a orixe da celebración. E, para rematar, todos xuntos cantamos e bailamos a canción “Bajo el mismo sol”.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SEMENTANDO BICOS 3 ANOS O 14 de febreiro, na aula dos Soles e dos Lilas

celebramos o día de San Valentín cunha proposta que aos nosos peques lles encantou!

Para iso partimos do conto “Siembra un beso” de Amy Krouse e Peter Reynolds, que narra a historia dunha nena que sementa un bico, un biquiño que coidou moito, ata que pasado un tempo, daquel bico brotou amor, xenerosidade, bondade, amizade, e que quixo compartir cos seus amiguiños e amiguiñas. O conto gustounos tanto, que nós tamén quixemos sementar o noso bico.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

SEMENTANDO BICOS 3 ANOS

O primeiro que fixemos foi pintar o sobre máxico no que iamos gardar a nosa semente, unha semente única e moi especial!

Logo, con moito coidadiño, gardamos o noso biquiño no sobre máxico! Listo para sementar!

E, por último, botamos os sobres máxicos na caixiña e cubrímolos con area máxica! Agora só tiñamos que esperar!


,

“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

SEMENTANDO BICOS 3 ANOS

Ese día, as profes deixamos toda a mañá a caixiña ao sol, e un pouquiño antes das 2, saímos ao patio. Sorprendidos vimos que da caixiña dos biquiños, brotaran corazóns grandes e pequenos, pero todos cheiños de puro amor!

Foi marabilloso comprobar, como dese bico tan pequeniño, naceu algo tan extraordinario e máxico entre eles! Despois de todo, sabemos que na vida, primeiro hai que sementar para logo recoller!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ACEPTANDO AS NOSAS EMOCIÓNS

As emocións sérvennos para comunicarnos cos demais e axúdannos a tomar decisións, polo que resulta imprescindible coñecelas e identificalas en nós e nos demais. Na nosa clase falamos a diario delas, forman parte da rutina diaria da aula. Unha das máis difíciles de controlar é o enfado, aínda que é unha emoción básica que todos sentimos nalgún momento, debemos aprender a identificalo e controlalo xa que se isto non ocorre podemos perder o control, isto pode resultar destrutivo para un mesmo e para os que nos rodean afectando as relacións e as aprendizaxes.

Identificámolo, o noso corpo cambia, notámolo na nosa cara, tensamos os músculos...


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ACEPTANDO AS NOSAS EMOCIÓNS

Aprendemos a controlalo… Respirando.

E aprendendo a empregar a técnica da tartaruga.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

XOGANDO E APRENDENDO

Unha das cousas que máis nos gusta aos nenos e nenas de terceiro é, sen dúbida, xogar! E se aprendemos mentres xogamos… moito mellor!

Este ano tivemos a sorte de ter unha caixa de xogos xigante! Nela había de todo: xogos de colorear, de construir, barallas de cartas, xogos de imáns, dados, letras… E cando podiamos ter tempo libre de xogos pasabámolo xenial. O sitio favorito para xogar era a alfombra de atrás, pero ás veces facíámolo tamén nas mesas.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

XOGANDO E APRENDENDO

Pero ademais do xogo libre, tamén xogabamos para traballar: aprendemos xogos de cartas, fixemos a ximcana dos sentidos, tirámonos pola clase para medir cos pés e coas mans, xogamos ao bingo, xogamos coas letras, ao aforcado, fixemos un concurso de monstros, un torneo de Pokémon… Oxalá tiveramos fotos de todos os nosos xogos, pero xuntos xogamos e aprendemos moito este curso.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PLANTAMOS CARBALLOS

No mes de febreiro realizamos unha actividade moi especial grazas á colaboración e implicación da ANPA. Coa súa axuda realizamos unha plantación de carballos no recinto escolar, fomentando e concienciando ao alumnado sobre a importancia do seu coidado.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

CÓNTAME UN CONTO...

No Colexio Vila de Rutis encántanos facer actividades conxuntas entre distintos cursos. Por iso moitas veces os maiores len contos aos máis pequenos.

Esta vez, os de 6º pasearon polo cole para contarlle ás clases de Educación Infantil e de 1º e 2º a historia de Pelusa.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

CÓNTAME UN CONTO...

Pelusa vive tranquila debaixo dun sofá, ata que un día algo lle fai cambiar a súa forma de entender as cousas para sempre… É un conto de Nati Souto que fala de soidade, da superación dos nosos medos e da alegría alcanzada ao atopar o noso lugar no mundo. Ocórresevos un tema máis importante para compartir cos compañeiros e compañeiras?


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MANDADIÑOS DE TERCEIRO

No mes de Febreiro celebrouse no cole o Entroido. Pero aínda que a festa grande foi o venres, durante toda a semana os nenos e nenas de terceiro pasámolo xenial cos mandadiños. Os mandadiños empezaron o luns co día do pixama, e aínda que algún se despistou… foi moi divertido ir con pixama ao cole! O martes había que traer algo na cabeza… e en terceiro había moita variedade. Dende pelos pintados ata os gorros máis estrafalarios!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

OS MANDADIÑOS DE TERCEIRO

O mércores o mandadiño foi traer os pés decorados, e algún da clase incluso veu cun pé de cada par! E por último o xoves era o día da cara pintada! E aínda que moitos nos esquecemos, a nosa profe encargouse de que todos estiveramos guapísimos. E despois de tanto mandadiño… xa estabamos preparados para celebrar o Entroido por todo o alto!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ENTROIDO

Este ano conmemoramos o Entroido dunha maneira moi intercultural. Celebramos un festival por todo o alto no que houbo degustación de comida típica do Entroido galego e doutros lugares do mundo, aportada polos nosos compañeiros e compañeiras e no que demostramos as nosas dotes bailarinas. Debido ao proxecto do cole “A volta ao mundo” cada clase elixiu un país ou continente do mundo e disfrazáronse dalgún elemento relacionado con el: comida típica, traxes típicos, animais típicos… Estabamos guapísimos e guapísimas!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ENTROIDO

OS LILAS E OS SOLES, 4º EI

OS BOMBÓNS, 5º EI

OS MOUCHIÑOS,

AULA MIXTA EI

1º A– 2º A


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ENTROIDO

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu hai 183 anos e moi cedo

convertiríase nunha das máis notables figuras da cultura galega. O 24 de febreiro conmemórase, cada ano, o Día de Rosalía en Galicia, por ser a escritora máis representativa e reivindicativa pola súa defensa do pobo galego e da súa lingua.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DE ROSALÍA

Por iso no Vila de Rutis non quixemos perder a

ocasión de homenaxeala. Nas diferentes aulas traballamos a súa obra e fixemos murais coa súa caricatura.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PROGRAMA ENCÁNTAME LER!

Este curso comezamos a colaborar coa Asociación Perros y Letras: R.E.A.D.® en España para o fomento da lectura entre os nenos e nenas. A pequena amiga peluda que visita os nenos para escoitar as súas lecturas chámase Dana. Dana é unha bóxer branca tranquila, cariñosa e cun gran corazón. Encántanlle os nenos, está pendente deles e se non lle fan caso ela senta ao seu carón pacientemente ata que recibe unha caricia.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PROGRAMA ENCÁNTAME LER!

Os beneficios que esperamos con esta colaboración son: - Que os nenos dispoñan dun compañeiro-oínte “ peludo” co que se van sentir moi cómodos e así a lectura convértese nun acto lúdico e divertido. - Aumentar a motivación cara a lectura, así como a atención, concentración e autocontrol. - Incrementar a autoestima, seguridade e confianza en si mesmos. - Axudar á relaxación e redución de tensión ou ansiedade ao crearse un ambiente confortable e seguro no momento de ler. Grazas Dana, esperamos verte o próximo curso.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo de 1908, un suceso moi

importante marcou a historia do traballo no mundo enteiro: 129 mulleres morreron nun incendio, na fábrica “Cotton” de Nova York (Estados Unidos), logo de declararse en folga. O motivo foi a petición dunha reducción da súa xornada laboral, a 10 horas, un salario igual ao que percibían os homes, que facían a mesma

actividade, e as malas condicións nas que traballaban.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DA MULLER

É por iso que, na nosa escola, invitásemos a unha

“SUPERAVOA”, en representación de tódalas mulleres..., para que nos contase a súa experiencia

de vida; coma sempre, o alumado presente amosou moito interese e consultou tódaslas dúbidas que se ían suscitando. GRAZAS A TOD@S!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DA MULLER

Ademais, nas diferentes aulas tamén traballamos

sobre as avoas galegas imitando obras do famoso artista Joseba Muruzabal que é o autor de murais

de superavoas nas fachadas de numerosos edificios en toda Galicia.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O CONFINAMENTO EN 3 ANOS

O pasado 13 de marzo pechamos as portas do cole. Ese foi o día no que Soles e Lilas estivemos na clase por última vez, compartindo eses momentos de fantasía, maxia e ilusión, que agora tanto botamos de menos!

Neste confinamento, tiñamos moi claro que a nosa misión sería apoiar ás nosas familias e transmitirlles aos peques que, a pesares de non estar xuntos nin de vernos cada día, todo sairía ben e que máis pronto que tarde, volveríamos ás aulas, para darnos esa aperta xigante que tanto desexamos e que tanta faltiña nos fai! E mentres non chega ese día, mirade todas as cousiñas que fixemos!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

O CONFINAMENTO EN 3 ANOS

Repasamos as letras na mesa de luz e construimos o noso nome na pizarra e con plastilina!

Tamén fixemos distintas actividades para repasar números e formas xeométricas!

Mirade que composicións tan chulis e orixinais! A estes peques gústalles moito traballar coas cores!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

O CONFINAMENTO EN 3 ANOS

Fixemos quebracabezas e xogos moi divertidos empregando material de refugallo!

Aprendemos diferentes técnicas plásticas que puxemos en práctica nas nosas creacións! Bravo!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DO LIBRO

O “Día do Libro” é unha conmemoración que

celebramos cada 23 de Abril a nivel mundial, promovida pola UNESCO e co obxectivo de

fomentar o gusto pola lectura.

Trátase dun día moi importante xa que, en torno a esa data, no ano 1616, faleceron

escritores tan importantes como: Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.

Por iso e como cada ano, nos centros escolares de todo o mundo, o profesorado e o alumnado

celebran ese día co desenvolvemento de diferentes actividades.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DO LIBRO

No CEIP “Vila de Rutis”, marcados pola

situación sanitaria que estamos vivindo, cada titor/a, xunto co profesorado especialista e o seu

alumnado, fixeron diferentes propostas (vídeos, fotos, tarefas virtuais...).

TODOS OS NENOS E NENAS FIXÉSTEDES

UN GRAN ESFORZO! E por iso, quixemos recompensarvos...


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

REPORTEIROS XEOMÉTRICOS NOS NOSOS FOGARES

Unha das áreas preferidas da clase de 1ºA- 2ºA foron as matemáticas. Ao longo do curso permitíronnos obter moita información do noso entorno e entendelo un pouco mellor (xogamos a facer series lóxicas, resolvemos e plantexamos problemas relacionados coa nosa vida cotiá, medimos en diferentes unidades algúns dos espazos do noso centro…) pero sen dúbida, dun dos aspectos que máis gozamos foi da xeometría.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

REPORTEIROS XEOMÉTRICOS NOS NOSOS FOGARES

Cando nos vimos obrigados a seguir as clases desde os nosos fogares, continuamos traballando a xeometría. Entre outras actividades superamos o reto de converternos en fotógrafos de polígonos nas nosas casas (obxectos, xoguetes, algo que puideramos ver desde a nosa ventá, figuras que creamos nós…).

Foi unha forma de decatarnos da presenza da xeometría no noso día a día, e permitiunos reforzar o que xa sabiamos sobre este aspecto.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

REPORTEIROS XEOMÉTRICOS NOS NOSOS FOGARES


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

DÍA DA “EF NA RÚA 2020”

O día 28 de abril de 2020 debería celebrarse o Día da Educación Física na rúa, pero este ano debido á situación extraordinaria na que nos atopabamos non nos permitían levalo a cabo no lugar axeitado, a rúa. Que podiamos facer? Cambialo polo Día da Educación Física na casa!!! Todo o alumnado desde 1º ata 6º realizou na súa casa unha sesión na que se converteron en piratas.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

DÍA DA “EF NA RÚA 2020”

Viaxaron a través dos mares de illa en illa buscando os pedaciños que formaban o código secreto do cofre no que se atopaba secuestrado o día da Educación Física. A través desta actividade traballaron contidos como a coordinación, equilibrio, esquema corporal, habilidades motrices e expresión corporal. Resultou unha experiencia novidosa e moi satisfactoria.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

SUPERHEROES E SUPERHEROINAS NO CONFINAMENTO

A situación provocada polo Covid-19 pillounos por sorpresa, pero iso non foi suficiente para que deixaramos de traballar. En 2ºB levamos a cabo moitas tarefas nesta corentena: flores da poesía, obras de teatro, brazaletes de superheroes e superheroínas, imitamos obras de arte famosas, realizamos carteis para promover o coidado do medio ambiente, fixemos moito exercicio para manternos activos e sans, gravámonos vídeos, levamos a cabo experimentos científicos, aceptamos os retos de profes e compañeiros/as… E por iso os e as profes están tan orgullosos de nós. Aquí deixamos unha selección dalgúns deses traballos de corentena.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano debido á situación excepcional que estamos vivindo aprazouse de xeito oficial para o mes de outubro. No cole decidimos prepararvos unhas pequenas actividades para que forades coñecendo ao autor homenaxeado. Coas biografías que fomos colgando nos blogues coñecestes un pouco máis a Ricardo Carvalho Calero. https:// view.genial.ly/5eb53f36639bfa 0d0fdc0696/presentationletras-galegas-2020

https://www.youtube.com/ watch? v=1pRHS79YUHY&feature=y outu.be


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

LETRASGALEGAS GALEGAS LETRAS Despois de tanta información chegou o momento de que puxerades a proba todo o aprendido, realizando todas as tarefas preparadas. Fixéstelas xenial! O alumnado de sexto tamén participou na lectura do conto “Pitas baixo a choiva”. Encantounos escoitar o conto de Ricardo Carvalho coas vosas voces. Moitas grazas!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

ATA PRONTO, MAIORES!

Neste mes de xuño tócanos dicir adeus ás nosas compañeiras e compañeiros de 6º de primaria. Dende que entraron no Vila de Rutis foron a clase veterana da escola, e cumpriron co seu rol con moito éxito. É por iso que todo o cole queremos dedicarlles unhas palabras.

O voso paso por esta escola non foi moi longo, pero si cheo de bos momentos que non esqueceremos: as festas que pasamos xuntos, as saídas e obradoiros realizados, as actividades que organizastes para o resto de aulas e os momentos compartidos nos tempos de lecer.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ATA PRONTO, MAIORES!

Queremos agradecervos a vosa dispoñibilidade para sempre axudar co que profesorado e resto de alumnado vos pedían e por facelo tan ben. Organizastes actividades para os máis pequenos, axudastes en festas e proxectos varios, botastes unha man sempre que algún compañeiro ou compañeira doutra aula o precisou e responsabilizástesvos de distintas tarefas que axudaron a que a convivencia na escola fora mellor.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ATA PRONTO, MAIORES!

Este fin de curso foi un pouco raro para todas e todos e non puidemos darvos a despedida que nos gustaría ter feito e que desde logo merecedes. Encantaríanos tervos acompañado na vosa gradación e despedirnos persoalmente para expresarvos o moito que vos imos botar de menos, pero esperamos que isto non sexa un adeus, senón un ata logo: recibirémosvos cos brazos abertos sempre que queirades vir facernos unha visita.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

ATA PRONTO, MAIORES!

Parabéns de corazón por superar con éxito a Educación Primaria, que é a primeira das moitas recompensas que estamos seguras e seguros que ides conseguir. Seguide loitando polos vosos soños e non esquezades que o Vila de Rutis sempre será a vosa casa.

De parte de todo o profesorado, alumnado, familias e persoal non docente do Colexio Vila de Rutis, desexámosvos moitos triunfos e moita sorte no camiño. Mandámosvos unha aperta enorme. Imos botarvos moito de menos!


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

GRAZAS, PROFES

Queremos agradecer a todo o persoal docente do centro o seu traballo e dedicación.

Desexámoslles moita sorte a aqueles e aquelas que no vindeiro curso estarán noutro centro.


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

JOKES AND RIDDLES

Sam: Would you punish me for something I didn’t do? Teacher: No, of course not. Sam: Good, because I didn’t do my homework.

Sam: Castigaríame por algo que non fixen? Maestra: Non, claro que non.

Month Teacher: What is the shortest month? Harry: May. It only has three letters!

Profesora: Cal é o mes máis curto? Harry: Maio. Só ten tres letras!


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

JOKES AND RIDDLES


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

JOKES AND RIDDLES


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

JOKES AND RIDDLES

How many letters are there in the English

•

Alphabet? 15: 7 in “English” and 8 in “Alphabet” •

Where can you find cities, towns, shops, streets... but no people? A map •

What has a neck but no head? A bottle

•

Mr. Blue lives in the Blue house. Mrs. Yellow lives in the Yellow House. Mr. Orange lives in the orange house. Who lives in

the White House? The President


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PASATEMPOS PARA INFANTIL QUE FAME TEN! Axuda ao coelliño a conseguir a cenoria.

OLLO COA LUPA! Darás atopado as 10 diferencias?


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

PASATEMPOS PARA INFANTIL ENCRUCILLADA. Son debuxos animados…coñecelos?

HORIZONTAL VERTICAL 1. Vive nunha piña debaixo do

mar. 2. Princesa do frío cuxo amigo é un boneco de neve chamado Olaf.

4. El é un rato e o seu amigo é un pato chamado Donald. 7. É un peixe paiaso de cor laranxa moi amigo de Dory.

3. Ten unhas orellas mooooi grandes! 5. É un can que sempre vai co seu camión de policía e co megáfono. 6. Neno pequeno que ten unha amiga elefante chamada Elly. 8. Vive con 7 ananos.


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PASATEMPOS PARA PRIMARIA CARREIRA DE CARACOIS! Aposta polo teu. Calcula

FRASES (DES) FEITAS: Emparella o comezo de cada


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PASATEMPOS PARA PRIMARIA ATOPA A SAÍDA. Darás chegado ao planeta Terra?


C.E.I.P. VILA DE RUTIS

“AS VOCES DO VILA”

PASATEMPOS PARA PRIMARIA ENCRUCILLADA. Cantos sabes de superheroes (H) e su-

HORIZONTAL

3. Usa capa e leva unha S no peito (H) VERTICAL 1. Leva un escudo grande de cor azul, vermella e branca (H)

5. Bolboreta social que emprega as súas habilidades pa-

ra espiar aos inimigos (M)

2. Picouno unha araña e agora ten superpoderes (H)

8. Ex oficial e piloto de probas da Forza Aérea (M)

4. Princesa guerreira (M)

10. Sempre vai de negro coma un morcego (H)

6. Cando se enfada ponse verde (H) 7. O seu traxe leva píntegas coma a xoaniña (M)

9.Pertence ao equipo dos X-men e o seu poder está relacionado co trono (M)


“AS VOCES DO VILA”

C.E.I.P. VILA DE RUTIS

PASATEMPOS PARA PRIMARIA SEN PARELLA. Neste rebumbio, todas aparecen co seu correspondente sinónimo agás unha. Descobre cal é a palabra sen parella.

DESCRIFRA O CÓDIGO. Tes 1 minuto para abrir este cadeado... comeza a conta atrás!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
AS VOCES DO VILA by edlgviladerutis - Issuu