LECTURA Os ratos Un ratiño que vivía nun pazo saíu a dar un paseo nun día de inverno. No medio do monte atopou a outro rato que vivía debaixo dunha árbore, e que estaba moi fraco e cheo de frío. O rato do pazo acercouse ao rato do monte e lle preguntou: - E ti como estás tan fraco? Ven conmigo a miña casa. Eu vivo nun pazo, Teño muita comida e alí non pasarás frío. - Na túa casa hai gato? – preguntou o rato que vivía no monte. - Si, hai un gato, pero sempre está durmindo. Eu non lle teño medo. E así, o gato do pazo e o gato do monte marcharon cara o pazo. Pero cando chegaron, viron o gato durmindo diante da porta da casa. O rato do pazo pasou por diante do gato, tan tranquilo. O gato abríu un ollo, primeiro, e logo o outro ollo. Dun brinco atrapou ao gato do pazo. O rato do monte escapou correndo para a súa casa debaixo da árbore.
2