Diario de Laracha - Enero 2018

Page 1

Publicación mensual gratuita de información general local

A Laracha adherirase á nova planta de compostaxe de SOGAMA

Redacción | A Laracha O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, mantiveron na Alcaldía da Laracha unha reunión co presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), Javier Domínguez Lino, para tratar a adhesión do Concello ao programa específi-

co de promoción da reciclaxe a través da planta de compostaxe polo sistema Forsu (fracción orgánica dos residuos urbanos) que a citada entidade vén de construír en Areosa, no próximo municipio de Cerceda, no marco do Plan estatal Marco de Xestión de Residuos 2016-2020. O funcionamento do tratamento Forsu require da separación

previa da materia orgánica nos fogares particulares e, por tanto, da implantación por parte da administración local dunquinto colector de recollida selectiva. Unha vez se faga efectiva a súa adhesión ao programa, o Concello destinará preto de 16.000 euros á adquisición de 150 recipientes de 360 litros de capacidade e que terán unha cor marrón característica.

Nunha primeira fase está previsto instalados nos tres cascos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e tamén na urbanización Monte Claro, a zona residencial de maior entidade da parroquia de Cabovilaño. A cooperación cidadá e a implicación da veciñanza será fundamental para cumprir cos propósitos desta iniciativa.

cirugía oral periodoncia ortodoncia implantología odontología general odontopediatría estética dental T.A.C. láser

Avda. Finisterre 46-50. 15145 LARACHA (A Coruña)

TODOS LOS DÍAS LA INFORMACIÓN DE A LARACHA Y BERGANTIÑOS EN LA WEB diariodealaracha.com

Enero 2018 Nº 64 | año 6

981 64 20 61

También puedes seguirnos:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.