Diario de Laracha Agosto 19

Page 1

Publicación mensual gratuita de información general local

O Goberno local anima a descubrir os sendeiros da Rede Natura 2000 de Caión

As cuadrillas medioambientais municipais acaban de actuar nos camiños de Anobos e Augacae

TODOS LOS DÍAS LA INFORMACIÓN DE A LARACHA Y BERGANTIÑOS EN LA WEB diariodealaracha.com

Agosto 2019 Nº 79 | año 7

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable da área de medioambiente, José Ramón Martínez Barbeito, percorreron ambos sendeiros, desde os que se pode divisar unha panorámica do inicio da Costa da Morte (costa leste de Caión, Baldaio Malpica e illas Sisargas) e do litoral de Arteixo, incluíndo o porto exterior de Punta Langosteira

Redacción | A Laracha O goberno local está a traballar para por en valor a riqueza natural, ambiental e paisaxística dos paraxes do termon municipal. As cuadrillas medioambientais que están ao servizo do Concello da Laracha realizan o completo acondicionamento das sendas peonís creadas e sinalizadas nos como camiños de Anobos e de Augacae, ambos protexidos pola Rede Natura 2000 e situados no litoral de Caión, entre a zona coñecida como Fontefría e o límite co termo municipal de Arteixo. A actuación realizada polas cuadrillas medioambientais afecta a uns

cinco quilómetros lineais nos que se están a acometer os labores de limpeza e desbroce para facilitar o tránsito a pé por estes camiños. Ao longo do percorrido os sendeiristas, ademais de gozar das paisaxes e da biodiversidade deste entorno, atoparanse con paneis informativos nos que se lles ofrecen datos sobre as diferentes especies animais (centrándose especialmente nas aves) existentes na zona, así como mapas de situación para poder coñecer en cada momento a súa ubicación. Outro dos principais atractivos son os restos do muíño de auga existente ao final do sendeiro de Augacae e que se sitúa moi próximo ás rochas do fermoso cantil que se forma na enseada de Lourido.

cirugía oral periodoncia ortodoncia implantología odontología general odontopediatría estética dental T.A.C. láser

Avda. Finisterre 46-50. 15145 LARACHA (A Coruña)

981 64 20 61

También puedes seguirnos:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Diario de Laracha Agosto 19 by diariodelaracha - Issuu