Publicación mensual gratuita de información general local
Marzo-Abril 2019 Nº 76 | año 7
A Laracha aumenta a súa poboación segundo o Instituto Nacional de Estadística Redacción | A Laracha O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de comunicar ao Concello da Laracha que, unha vez finalizado o procedemento para a obtención da proposta de cifras oficiais de poboación previsto por lei, o número de habitantes do municipio a día 1 de xaneiro de 2019 ascende a 11.342. O padrón municipal aumenta a 11.385 o número de veciños. O dato ofrecido polo INE volve a poñer de manifesto o progresivo aumento de poboación que se rexistra no Concello da Laracha, xa que na mesma data do ano anterior o número de veciños era, segundo o mesmo organismo, de 11.302, corenta persoas menos. Desde o Concello da Laracha din “valoramos estas cifras de poboación como altamente positivas, xa que o aumento no número de habitantes é o mellor indicativo das oportunidades laborais e a boa calidade de vida que ofrece o municipio. Neste sentido é esencial tanto o desenvolvemento económico do sector privado como ofrecer servizos públicos de calidade aos veciños para axudar na conciliación da vida persoal, laboral e familiar (centro de día e fogar residencial, escola infantil, aula lúdica, servizo Madrugadores), programas de actividades dirixidos a todos os públicos, locais sociais para a terceira idade nos tres cascos urbanos, ampla cobertura en instalacións deportivas e culturais e un desenvolvemento urbanístico ordenado que permitiu durante os últimos anos crear áreas verdes, prazas públicas e parques infantís. Tamén cobran gran importancia as boas comunicacións e a proximidade coa cidade da Coruña”.
cirugía oral periodoncia ortodoncia implantología odontología general odontopediatría estética dental T.A.C. láser
Avda. Finisterre 46-50. 15145 LARACHA (A Coruña)
981 64 20 61
TODOS LOS DÍAS LA INFORMACIÓN DE A LARACHA Y BERGANTIÑOS EN LA WEB diariodealaracha.com
A cifra oficial a 1 de xaneiro de 2019, é de 11.342 habitantes
También puedes seguirnos: