Prospección terrestre e subacuática en Agramar Valga (Pontevedra).

Page 1

III. INVENTARIO E CATALOGACIÓN

CD 102A 2008/520-0

Prospección arqueolóxica terrestre e subacuática en Agramar, Valga (Pontevedra) DAVID FERNÁNDEZ ABELLA

O

proxecto de investigación vén inserido dentro dunha segunda fase1 de posta en valor do patrimonio histórico-cultural do concello de Valga, desenvolvido polo grupo de investigación ARQUEOPAT da Facultade de Historia, área de arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Argos Servicios de Actividades Subacuáticas, S.L. Este proxecto conta tamén co cofinanciamento da Consellería de Cultura e Deporte, e foi desenvolvido ao longo do mes de outubro de 2008. O obxectivo inicial do proxecto era a localización de posibles restos asociables á «Turris Augusti» monumento memorable mencionado por Pomponio Mela, autor romano do século I d. C. Supoñemos que era un monumento honorífico a Augusto erixido na zona, probablemente polos Irienses, e do que supostamente xa foran localizados restos no contorno (López Ferreiro 1898, 228-229). Esta busca motivou a investigación nunha área dunhas 21 ha de terra e auga, tratando de descubrir tamén a riqueza cultural e patrimonial da zona2. Tívose en conta sempre que se trata dun proxecto de investigación histórico-arqueolóxico, coas máximas de rigorosidade metodolóxica e de formación do alumnado que se lle piden a un proxecto científico universitario. A dirección científica do proxecto correu a cargo do profesor doutor D. Fernando Acuña Castroviejo, catedráti-

Fragmento de ánfora Haltern 70 da zona do Lacus Ligustinus (baixo Guadalquivir) (med. I a. C. - med. I d. C.)

co de arqueoloxía da Facultade de Historia e da profesora doutora D.ª Raquel Casal García, profesora titular de arqueoloxía e xefa de departamento de Historia I. A dirección técnica desenvolveuna David Fernández Abella, arqueólogo da empresa Argos. Tamén se conta co asesoramento científico e documental do profesor doutor D. Luis Guitián Rivera, profesor de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Traballos prospección subacuática. Río Ulla

- 341 -


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.