Xornal Nº5 Información Obreira

Page 30

[ colaboración ]

Capitalismo e propaganda por Xabier Cordal anto para quen cre nas conspiracións dun Gabinete Central (xudicial, executivo e lexislativo) como para quen pensa que o Réxime económico globalizado é irredutible a factor ningún alén do beneficio -e daquela se limita a xestionar o caos diariamente- o certo é que unha das maiores vitorias do liberalismo foi a propaganda.

T

Vinte anos despois de que caese o Muro de Berlín e se materializasen aqueles muros que realmente sempre estiveran aí, os que separan o Centro das periferias -da cidadanía excluída, en palabras de Francisco Sampedro-, os que manteñen os ricos a salvo dos pobres; vinte anos despois mesmo as películas que describen a derrota do socialismo real (Good Bye, Lenin) inciden na propaganda como chave mestra do sistema triunfante. O mellor rendemento da propaganda capitalista dáse coa publicidade indirecta. Non é preciso, para educar as masas, insistir nos valores do libre mercado. Labores de propaganda ideolóxica de máis alto nivel xa ocupan os informativos, as radios e as columnas de xornal. Á xente non se nos di: “defender o Capital é tarefa de todos” (ben faría a esquerda que trata hoxe de buscar un espazo na xungla vixiada do marketing asolagando as conciencias con sarcasmos coma ese, que contén, por certo, a Palabra Prohibida). Cada anuncio, con independencia do produto que tente

trasladar ao noso desexo, funciona como imaxe espellada dos valores desta última fase capitalista. A maior parte das veces non entraremos en contacto co referente material desa imaxe, só recibiremos a súa representación. Os imperios, aínda que seguen gastando moito diñeiro en impresionarnos co luxo ou coa grandiosidade arquitectónica, empregan moitísimo menos nesa propaganda de efecto limitado polo número de recepcións potenciais- ca nas campañas publicitarias baseadas no espot televisivo, ao que acompaña boa parte da mellor creatividade do noso tempo: deseño da imaxe e do concepto asociado á marca, estratexia comercial. No capitalismo avanzado xa se dedican máis da metade dos orzamentos empresariais á promoción. O sistema económico baséase na creación de desexos e na súa satisfacción mediante a compra, pero a súa sinxeleza non debe enganarnos. Os elementos de progreso obxectivo -especialmente os avances tecnolóxicos- a sofisticación da arte publicitaria ou o éxito á hora de inocular nas masas ideas e representacións autorreferenciais –carentes de conexión co que se denominaba “realidade”- deben levarnos a pensar nuns termos de eficacia similar aínda que os medios con que contamos sexan exponencialmente inferiores. Foi 1968 a última vez que boa parte da creatividade, do intelecto xeral e da rebelión traballaron co mesmo obxectivo gañando repercusión planetaria.

A nova reforma laboral e unha nova traizón sindical por Manuel Camaño pasado 12 de decembro, os sindicatos CCOO e UGT manifestábanse en Madrid nunha nova escenificación para enmascarar a súa actitude servil á patronal e o sistema capitalista. O cerne da convocatoria, e dos cínicos discursos de Ignacio F. Toxo e Cándido Méndez que coroaban o acto, foi: reforma laboral, pero non a calquera prezo. Lembrándonos o histórico lema de “OTAN de entrada no” de Felipe González.

O

Si, non hai saída. Na actual conxuntura non teñen máis remedio que ir a unha nova reforma laboral. O modelo capitalista e a súa caracterización no estado español precisa dunha nova redimensión do mercado laboral para aforrar máis custes. Lévano dicindo fai meses os Presidentes dos Bancos de España e o Europeo, lévano

30

dicindo fai dous anos a CEOE. Polo tanto; deámonos por fodidos, porque a Reforma Laboral estase precociñando e a fórmula vai ser o pacto sindicatos coa patronal co visto bo do Goberno de Zapatero. Cando desde a CUT somos categóricos coa inminencia da Reforma Laboral, non é que lexitimemos a súa comenencia nin moito menos, dicímolo porque estamos seguros que con este sistema non é posible mantelo prescindindo desta reforma (dígase abaratamento do mercado do traballo) para que os capitalistas recuperen os beneficios anteriores a Crise Capitalista, a gran coartada que utilizaron e seguen a utilizar. Desde as posicións sindicais de clase, incluso desde o simple posicionamento

O Xornal # Información Obreira # nº 5

progresista, claro que é posible saír da crise histórica dos traballadores e traballadoras, acabando co sistema capitalista, camiñando a un sistema que priorize o reparto do traballo, do salario; onde se traballen trinta e cinco horas semanais, un sistema onde a orientación produtiva estea na racionalidade humana, no respecto ao medio ambiente e non no consumismo. Unha vez máis, debemos de dar a batalla frontal á nova Reforma Laboral. Unha vez máis debemos de sacarlle a caroza ós capataces sindicais que veñen a devolver o favor ó Goberno, hai que lembrar que CCOO e UGT recibiron por exemplo no 2008 case 15 millóns de euros, isto sen contar o que recibiron dos fondos de réptiles ou formación. A necesidade da resposta na rúa imponse unha ves máis.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.