Xornal Nº5 Información Obreira

Page 1

CUT

Nº5 2ª XEIRA

Entrevistas ás delegacións internacionais convidadas o IV Congreso da CUT

CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS

información obreira O XORNAL

Executiva Nacional

Ricardo Castro novo Secretario Xeral

Maruchi Álvarez

Xabier Cordal,

Ana Olveira

Manolo Besteiro

Dionisio Pereira,

Manolo Camaño

Alberto Lema www.cutgalicia.org


editorial inalizando o ano 2009 non podemos facer máis que unha análise negativa da situación da clase obreira galega. Levamos xa dous anos ben cumpridos da tan superficialmente analizada crise. Déronlle mil e un nomes, falaron de capitalismo financeiro para exculpar ao resto do capital –coma se non fora o mesmo demo-; seguiron, cinicamente, dándolle cantidades inxentes de cartos públicos aos bancos; seguiu a clase política, a deste sistema podre que inventou o posfranquismo, roubando os nosos cartos; seguiron as centrais sindicais maioritarias facéndolle o xogo ao suposto socialista ZP; seguiron inventando mil e unha escusas para xustificar ante os patróns a miseria dos 420 euros para os parados e paradas; seguiron en fin co seu cinismo habitual e seguimos nós nunha parálise inaudita ante a situación que vivimos. Seguimos sen rachar as cadeas e a CUT segue pedindo unha FOLGA XERAL.

F O Xornal # Información Obreira #

Edita Central Unitaria de Traballadores Consello de Redacción Ricardo Castro Buerger Xermán Garcia Romai Xabier Castro Otero Zé Paredes Monica Camaño Iago Castro Buerger Colaboran Xabier Cordal Francisco Fernández Rei Anxo Angueira X. M. Pacho Blanco Alberto Lema Francisco Sampedro Deseño Gráfico Irisar Deseño de Portada Xabier Castro Otero Imprime Gráficas Planeta

En Galicia tivemos un ano cheo de epidemias capitalistas: téxtil, sector agrogandeiro, automoción, alimentación, metal, sanidade, ensino... mil e unha faíscas que podían ter dado no lume axeitado para “queimar as rozas dunha idade antiga e ver nascer o sol...” Non foi así, xa outros tiveron boa conta de botar auga para darlle osíxeno ao sistema que os mantén na opulencia mentres xustifican ideas que traizoaron hai moito. Por moita auga que botaran, por moito que queiran esconder a realidade, a nosa voz seguirá a berrar con forza que ESTE SISTEMA NON SERVE, seguiremos camiñando na acumulación de forzas de cara a unha FOLGA XERAL necesaria para poñer aos culpábeis no seu sitio. Durante a folga do metal de Vigo tivemos nas mans a ocasión de expandir o lume, pero houbo quen baixo unha irresponsabilidade histórica para con Galicia, da que aínda que non queiran terán que dar conta, fixo todo o necesario para agochar o mistos. Hoxe, eses mesmos, a CIG, xa teñen a coartada para non falar dos seus erros estratéxicos e tácticos: a traizón de UGT e CCOO. Neste número de O Xornal facemos análise deste pasado conflito do metal e facemos tamén análise do noso IV Congreso onde saíu elixida unha nova Executiva Nacional que será a encargada de levar a bo porto os acordos congresuais nos vindeiros catro anos. Do que non hai dúbida é da insistencia da CUT na necesidade de fortalecer o modelo sindical combativo, nacional e de clase se queremos ter luz neste camiño de loita iniciado hai xa dez anos e que hoxe, máis que nunca, obriga a un esforzo internacional e solidario da clase obreira galega. Nas nosas mans está.

sumario Pax 3-8- Info. comarcal

Pax 24- A nosa historia

Pax 6- Internacional

Pax 28- Dionisio Pereira

Pax 11-13- Formación

Pax 29- Alberto Lema

Pax 14-20- IV Congreso CUT

Pax 30- Xabier Cordal

Pax 21-22- Colaboración

Pax 31- Os nosos poétas

Pax 23- Dixo

2

O Xornal # Información Obreira # nº 5


[ info. comarcal] Asembleas Comarcais O proceso precongresual marcado no calendario elaborado polo Secretariado Nacional de cara ao IV Congreso Nacional celebrado en Compostela, o 28 de novembro, implicaba a celebración de asembleas comarcais nas que sería debatido o relatorio oficial e nas que serían presentadas as emendas e relatorios alternativos, sendo necesario o referendo do 5% da asemblea. As asembleas da comarca de Vigo desenvolvéronse o 30 de outubro e o 17 de novembro. Na primeira delas foi explicado o proceso congresual ao tempo que se fixo unha exposición das liñas fundamentais do relatorio, así mesmo repartiuse o relatorio entre os e as asistentes para que na asemblea do 17 de novembro trouxeran o debate preparado e as emendas

alternativas. Na segunda asemblea foron debatidas as emendas presentadas polo corpo afiliativo da comarca e aprobadas, segundo os requisitos do regulamento congresual, aquelas que foron presentadas no mesmo congreso. Logo da celebración do Congreso ábrese un período no que a Executiva Comarcal está en funcións ata a celebración do proceso asembleario que renovará a devandita executiva. O calendario para este novo proceso asembleario será comunicado a toda a afiliación da comarca na páxina web do sindicato e por correo ordinario, esperando a máxima participación de toda a afiliación.

INFO. COMARCAL VIGO

Muller e sindicalismo no século XXI Dentro do programa de formación comarcal, o pasado 9 de outubro, celebrouse no local sindical de Vigo o segundo destes cursos. Desta vez foi o tema central a incidencia da muller no sindicalismo, facendo a relatora –a Secretaria Nacional de Formación, Ana Olveira- un percorrido polas condicións laborais e sociais que afectan ás mulleres. Este curso de formación farase extensivo ao resto das comarcas, pois entende o Secretariado Nacional que segue a CUT a ter unha das súas eivas na incorporación da muller as súas estruturas e vida cotiá. INFO. COMARCAL VIGO

A Cut e denuncia Que CCOO, UGT e uso traizoan aos traballadores e traballadoras de Pescanova. CCOO, UGT e USO asinaron o convenio colectivo sen consultar en asemblea e traizoando o acordo unánime do Comité de Traballadores/as de facer unha manifestación o pasado día 21 de novembro. Levabamos meses negociando o convenio sen que a empresa quixera dar máis que miseria, ao tempo que na prensa botaban foguetes falando dos beneficios obtidos no 2009, sendo superiores aos do 2008. A empresa pretende abaratar a man de obra para seguir acumulando cartos e expandindo o negocio coa apertura de novas factorías. QUE ARGUMENTOS PODEN DAR PARA DAR UNHA SUBA SALARIAL REAL DO 1,7%, CANDO OS SEUS BENEFICIOS CONTIBILÍZANSE EN MILLÓNS DE EUROS E CANDO OUTRAS EMPRESAS DO SECTOR, MOITO MÁIS

PEQUENAS, CHEGAN A SUBAS DO 2,5%? CCOO, UGT e USO non só traizoaron aos traballadores e traballadoras de PESCANOVA, tamén fixeron o propio cos compañeiros e compañeiras doutras empresas que agora terán que loitar contra o teito imposto polo xigante PESCANOVA. TERÁN A CARA DE DICIR QUE DEFENDEN AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS? Cando a empresa foi consciente de que o conxunto da factoría estaba disposta a mobilizarse para desbloquear a negociación tremeu de arriba cara abaixo, o Comité collera a tixola polo mango e tiña o control. Foi entón cando a parte empresarial chama ao orde aos seus para que recúen e asinen; CCOO, UGT e USO, coma bos escravos do Patrón, obedecen a orde sen lles tremer o

pulso por traizoar aos compañeiros e compañeiras. CIG e CUT mantiveron a dignidade e non foron cómplices desta farsa traidora porque NON ASINARON ESTA PANTOMIMA NIN O FARÁN, PORQUE DEFENDEMOS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS E NON Á EMPRESA. Os demais saberán que favores deben. A segunda parte do conto é que a empresa está crecida e agora quere impor un ERE en FRINOVA, cando antes desta desfeita dos sindicatos vendidos nin se lle pasaría pola cabeza. Deámoslles as grazas a eses que din representar aos traballadores e traballadoras baixo as siglas de CCOO, UGT e USO. QUE POUCA DIGNIDADE E VERGOÑA!! INFO. COMARCAL VIGO

O Xornal # Información Obreira # nº 5

3


[ info. comarcal] Convenio de Urbaser Hai dous anos vímonos na obriga de convocar unha folga no servizo de recollida de lixo na vila de Redondela. Os motivo fundamental foi a posición intransixente da empresa de cara a negociación dun convenio digno. URBASER, pertencente ao laureado millonario explotador Florentino Pérez, coñeceu entón a forza dun pobo levantado na defensa dos intereses dos traballadores, e foi coñecedor de como unha vila pequena podía vencer a este magnate do capitalismo prepotente. Hoxe estamos a vivir unha nova negociación que camiña polo mesmo esquema do non, chegando a paciencia dos traballadores ao seu límite, e máis aínda cando nestes dous anos a empresa encargouse de sancionar aos folguistas con mil escusas peregrinas

e a facerlles as condicións laborais insoportábeis ao tempo que premiaba, como non, aos lambecús esquirois. Os compañeiros de Compostela están a sufrir tamén está táctica de dilatar no tempo a negociación, pero ao igual que os de Redondela tomarán medidas, e estas poden ir conectadas no tempo. Que URBASER tome nota, o pobo ordena.onvenio aprobado con pucherazo e antidemocraticamente... A loita no metal continúa.

INFO. COMARCAL VIGO

A empresa Pereira produtos do mar vive no Século XIX Esta empresa, con sede no peirao de Vigo, ten unha imaxe de modernidade avalada polas inversións públicas e as visitas de alcaldes e conselleiras de turno que non se corresponde coa realidade. A súa práctica habitual na contratación do persoal pode ser clasificada coma escravista e discriminatoria. Utilizan dous nomes para a contratación: Produtos do Mar e Elaborados S.A. No primeiro deles

teñen aos contratados indefinidamente, mentres que no segundo utilizan a man de obra eventual con salarios inferiores e “casualmente” mulleres. Ante a posibilidade de que lles reclamen persoal indefinido en Elaborados trasladaron a uns cantos traballadores dende Produtos do Mar para cubrir as porcentaxes legais. A complicidade dos sindicatos que ostentan a “representación dos traballadores e traballadoras” grazas a

acordos particulares coa empresa, nomeadamente UGT, fai que esta realidade non saia á luz e favoreza a explotación das mulleres que non teñen acceso a mesmos salarios e contratos indefinidos. Dende a CUT estaremos asexantes e elaboraremos un plan de acción para desenmascarar aos explotadores e aos seus cómplices. INFO. COMARCAL VIGO

Un non rotundo á farsa do Convenio do Metal Os sindicatos CCOO e UGT, asinaron o pasado día 20 de outubro o Convenio Colectivo do Metal. Triste final para un proceso de loita e negociación que unha vez máis ven a traizoar os dereitos dos traballadores. Outros coma a CIG xa teñen a coartada perfecta e a quen botarlle a culpa do fracaso, pero o certo é que, uns como asinantes e outros por levar o conflicto á derrota son culpables deste final. Como non podería ser doutro xeito, os sindicatos asinantes acabaron tragando o que fai catro meses rexeitaron os traballadores en loita. Onde quedou a unidade sindical tan cacarexada? Cando liquidaron a Folga foi un dos argumentos utilizados para desconvocar a mesma. Onde quedou a loita polo Convenio que sería retomada en Setembro e Outubro? Toda unha posta en escena que en realidade foi unha estafa e que agora remata no chamado “referendo” fraudulento para votar, si ou si. Unha farsa sen precedentes. Aínda así, o máis grave do Convenio asinado que chaman “preacordo”, non é a suba salarial, desde o punto de vista da CUT o máis grave e amarrarlle os pes e as mans ós traballadores nos vindeiros dous anos, nun contexto de represión sindical e xudicial tamén sen precedentes. ( A ver que pasa cos 13 compañeiros xulgados) E finalmente, o importantísimo tema da contratación tamén quedou polo camiño, a espera da Comisión de Seguimento da ABE, outra burla ós traballadores. Compañeiros: O Convenio Colectivo está asinado, aínda así é obriga dos traballadores con dignidade a resposta inmediata a este aldraxe. Pero aínda máis importante é sacar conclusións de todo proceso de negociación e de Folga, para entender que soamente as posicións sindicais; combativas, asemblearias e transparentes poden levar á organización e loita dos traballadores ás conquistas a que temos dereito. INFO. COMARCAL O MORRAZO

4

O Xornal # Información Obreira # nº 5


[ info. comarcal] Comunicados da Coordinadora do Metal Sobre a represión da Folga do 2006: Algúns pensaban que a Folga do 2006 xa pasara a historia, enganáronse. Como non podía ser doutro xeito, e aproveitando a conxuntura, o Réxime está a cebarse na represión dos traballadores do metal: á represión sindical indiscriminada nas empresas do naval, ós centos de multas gobernativas, agora vénselle a sumar o Xuízo a trece compañeiros polos incidentes na Estación de RENFE, cando aquela Folga do 2006. Desde a CUT xa o temos dito moitas veces: cando aqueles que din que representan aos traballadores, ou o que é máis grave aínda, cando os mesmos traballadores deixamos de enfrontarnos ao inimigo capitalista, este inimigo crécese e responde cunha violencia moi superior á habitual. Os procesos de claro matiz fascista que estamos a sufrir nas nosas carnes non teñen precedentes no movemento obreiro galego. Os pretores do Réxime séntense fortes, e a razón está na claudicación da pasada folga; neste caso na claudicación irresponsábel dos que levaban o proceso negociador, non dos traballadores, todo hai que dicilo. A partir do día 19 de outubro, vaise celebrar en Vigo o xuízo ós trece compañeiros que acusan polos incidentes que aconteceron na Estación de RENFE, no contexto da Folga polo Convenio do ano 2006. O modus operandi dos aparatos represivos outra vez é do escarmento. Desta vez esperaron tres anos para facelo porque eles si analizan os pasos que dan, e despois da derrota sindical da pasada folga intúen que os traballadores non imos ter capacidade de resposta, dando (erroneamente) por suposto que somos cordeiros dos sindicalistas de salón. As penas solicitadas tamén delirantes, unha vez máis falan de cadea. Os traballadores/as non podemos tolerar que, unha vez máis, traten de acusarnos de delincuentes por loitar pola nosa dignidade; non podemos consentir que convertan en delicto a reivindicación dos nosos dereitos. En calquera caso é intolerable a carencia das máis mínimas garantías de dereito, castigando a trece compañeiros polo que en calquera caso é responsabilidade de miles mobilizados na rúa.

Sobre a represión da folga do 2009: O peche en falso da pasada folga do metal, peche motivado pola ausencia de obxectivos estratéxicos e tácticas, coma xa temos analizado; levou a que a patronal estea a exercer, sen pudor algún, a explotación e represión da clase traballadora. A Administración “pública”, sexa a que sexa (Xunta, Subdelegación de goberno, Inspección de Traballo, policía, xuíces...), están a xogar un papel

definitivo na defensa dos intereses desa patronal, deixando de ser as pretendidas ferramentas que defenden o interese do público, é dicir, os intereses dos traballadores e traballadoras, para ser mercenarios ao servizo dos intereses privados dos explotadores. Non nos enganemos, estes “corpos públicos” foron inventados polo poder para defender os seus intereses e, a diferenza doutras ocasións, agora contan coa debilidade dos (ir)responsábeis sindicais que negociaron o convenio, que coa súa actitude déronlle as armas para que exerzan a represión sen disimulo algún. Incluso permítense, coa actitude prepotente dos mafiosos que tan ben coñecen, publicar na prensa cómplice os cartos e anos que lle van impor aos compañeiros que deixaron, coa súa actitude de dignidade obreira, a pel na loita. Cal é a resposta sindical ante este atropelo ao noso dereito á folga? CCOO e UGT miran cara outro lado, e a CIG, como o sindicato de xestión no que se está a converter, centra todos os seus esforzos en actuacións xudiciais e diálogos cos verdugos; coma se puideramos confiar na xustiza e nos monecos que traballan para o capital. As vías xurídica e administrativa son respostas burocráticas que, se ben temos a obriga de utilizar, non son as respostas sindicais axeitadas. A resposta ten que vir da man da mobilización, socializando o conflito na busca da solidariedade da clase traballadora e non marxinándoo para non facer ruído; a resposta ten que vir da rúa e a resposta, de ser necesario, ten que vir do lume. Non teñamos medo de dicir a verdade: por moito que a disfracen de democracia, a violencia do estado segue a ser violencia, e cando esa violencia descarga contra os traballadores e traballadoras non queda outra que lles responder coas súas armas. Aquelas forzas sindicais que non o entenden non son máis que colaboracionistas. Dende a CUT facemos un chamamento a todos os compañeiros e compañeiras, sen distinción de afiliación, estean ou non sancionados/as, para xuntarnos e poñer en pe as medidas necesarias para este combate. É necesario reactivar un sistema de recadación xusto, solidario e claro para afrontar as multas de todos e todas (conta bancaria xestionada por delegados dos catro sindicatos, concerto de solidariedade, camisolas...) e organizalo entre todos, sen exclusións e buscando unidade sindical de acción e non de micrófono. Así mesmo faise necesario programar mobilizacións conxuntas para gañar a batalla. A represión é contra todos nós, os traballadores, non podemos dividila en siglas sindicais e esquecer que está destinada a debilitarnos coma clase que loita. A resposta ten que ser conxunta e contundente.

INFO. COMARCAL VIGO

Coordinadora do Metal No local sindical seguen a celebrarse as xuntanzas da Coordinadora do Metal todos os xoves ás 19:30 horas. Nesta Coordinadora elabóranse os obxectivos estratéxicos no sector e as respectivas tácticas de traballo. A día de hoxe estamos a reconstruír o espírito de loita da clase obreira, tocado pola inefable e indigna xestión feita polos sindicatos negociadores do último convenio, sen deixar a ningún deles fóra desta crítica.

A día de hoxe non houbo aínda a máis mínima autocrítica por parte dos que abortaron a loita pola dignidade a cambio da súa “paz social”, a día de hoxe seguen sen ter un plan de traballo elaborado de cara aos vindeiros meses. Na coordinadora do metal temos unha estratexia bosquexada polos compañeiros en asemblea, será a nosa folla de ruta no ano que entra, e para a súa posta en práctica necesitamos da túa

participación. Son moitas as frontes abertas: represión, xuízos, despedimentos, contratación fraudulenta, explotación, debate político sindical, riscos e saúde laboral, horas extra, convenio aprobado con pucherazo e antidemocraticamente... A loita no metal continúa. INFO. COMARCAL VIGO

O Xornal # Información Obreira # nº 5

5


[ info. comarcal] Asembleas Comarcais Antes da celebración do IV Congreso celebráronse dúas asembleas monográficas, ambas as dúas na Sala Son de Cangas, na comarca de O Morrazo para presentar o relatorio oficial ante a afiliación e incidir na necesidade de debater para enriquecer. A primeira das asembleas tivo lugar o 30 de outubro, ás 19 horas, e nela fíxose fincapé na importancia do Congreso para revitalizar a central e rematar de extirpar as malas herbas que impiden o desenvolvemento político e sindical necesario. Na segunda das asembleas, o 20 de novembro, deuse debate sobre o relatorio oficial e presentáronse a este debate as emendas da comarca que logo foron levadas ao congreso de Compostela. Ao igual que o resto das comarcas, nas vindeiras asembleas renovarase a Executiva Comarcal coma así o impón a celebración do IV Congreso. CONFLITO COLECTIVO DE ISOLUX

Asinado o Convenio Colectivo Hostal dos Reis Católicos O pasado 8 de outobro, , foi asinado finalmente o novo Convenio Colectivo do Hostal dos Reis Católicos, empresa na que a CUT conta coa representación maioritaria no Comité de Empresa, con 6 delegados dos 9 cos que conta o comité. A sinatura do Convenio, vixente durante os anos 2008, 2009 e 2010, foi acadada tras case que 18 meses de negociacións, que en ocasións foron tensas, chegando a darse concentracións de traballadores/as ou mediacións no AGA, sobre todo durante os

do

últimos meses. A pesares de ter acadado un preacordo económico que incrementa positivamente a masa salarial dos traballadores nos vindeiros anos, a sinatura final do convenio adiávase sen remedio ate hoxe, onde representantes da empresa Paradores, do Hostal, do Comité de Empresa e das centrais sindicais CUT, CIG, CCOO e UGT asinaron este novo convenio. INFO. COMARCAL COMPOSTELA

Os traballadores de URBASER – Compostela marchan pola negociación do Convenio Arredor de 80 traballadores do servizo de limpeza urbana de Compostela, pertencentes á empresa URBASER, marcharon o pasado 6 de novembro dende Xoan XXIII ate o Concello, para reclamar a negociación do Convenio Colectivo. A marcha, convocada polos propios traballadores en asembleas celebradas o pasado venres, tiña por obxecto chamar a atención do Concello, adxudicador da concesión da limpeza, ante os desplantes da empresa URBASER na negociación, xa que durante todo o pasado ano negouse a valorar ningún dos puntos da plataforma negociadora unitaria, defendida polos tres sindicatos presentes no Comité de Empresa, CUT, CIG e CCOO, e avalada polos propios traballadores en asemblea. INFO. COMARCAL COMPOSTELA

6

O Xornal # Información Obreira # nº 5


[ info. comarcal] Solidariedade co Pobo Saharaui e Aminetu Haidar Cando escribimos este artigo, a compañeira saharauí Aminetu Haidar, acaba de ser hospitalizada despois de superar o mes en folga de fame, reivindicando os seus dereitos como cidadán, fronte a intransixencia marroquí e o colaboracionismo do goberno de Madrid.. Facía décadas que a cuestión nacional do Sahara Occidental, non estaba no candeeiro público e mediático internacional, con semellante magnitude. A actitude de Aminetu Haidar, a súa valentía e determinación heroica, non é froito da casualidade. A defensora dos dereitos humanos saharauí ten as súas costas un dilatado historial do ensañamento fascista da monarquía marroquí; anos de represión en distintas cadeas, e a tortura salvaxe, foron a forxa dunha personalidade que explica a traxectoria desta muller exemplar e o seu compromiso cos dereitos do pobo saharauí. Agora ben, desde a nosa solidariedade plena con Aminetu, sería desexable deixar claro que o seu caso non é a anécdota dunha muller excepcional, senón que é a punta do iceberg da resistencia do pobo saharauí fronte a decisión do imperialismo de eliminalos como pobo. Os trinta e cinco anos de ocupación marroquí do territorio do Sahara Occidental, co beneplácito do capitalismo occidental así o avalan. A actitude valente sen precedentes de Aminatu Haidar, destapou todas as miserias e mentiras que envolve ós ollos do mundo a cuestión nacional saharauí, sobre todo a hipocrisía da clase política española, que xogando o humanitarismo ou incluso o cínico apoio á militante saharauí, non dan, nin darán o paso para restablecer a xustiza histórica e forzar a monarquía feudal de Marrocos a desbloquear o Proceso de Paz, que faga posible a autodeterminación desa nación. Algúns chegan incluso a xogar co presunto papel do rei Borbón, de cara a resolver o problema Haidar; pola súa amizade co monarca marroquí, cando tamén hai que dicilo este personaxe ten unha responsabilidade histórica na traizón española ó pobo saharauí e a súa venda a Marrocos no ano 1975. Desde a CUT, o noso apoio inquebrantable á compañeira Aminetu Haidar e o pobo saharauí. INFO. COMARCAL O MORRAZO

A Inspección de Traballo sanciona a Clece por non cumpli-los acordos O comité de empresa, no que ten maioría absoluta a CUT, presentou unha denuncia contra a empresa Clece, concesionaria da limpeza do Hospital Clínico Universitario de Santiago, ante a inspección de traballo da Coruña. O pasado 18 de setembro, a Inspección de Traballo ven de darlle a razón á denuncia feita dende o comité de empresa, obrigando a CLECE a cumprir unha serie de dereitos que lle corresponden ós/as traballadores/as e iniciando un procedemento de sanción por non cumprir os acordos: 1) No referente ás contratacións pendentes por acordo do 2007, a empresa estaba obrigada a facelas do seguinte xeito: - 12 contratacións en menos de 15 días (antes do 25-07-2009). - 11 antes do 31 de decembro. No día de hoxe a empresa CLECE NON PRESENTOU NEN-

GUNHA CONTRATACIÓN POLO QUE A INSPECCIÓN DE TRABALLO DECIDIU SANCIONALA. 2) Ante o incumprimento do pagamento de liquidacións ó persoal contratado, A INSPECCIÓN DECIDIU AMPLIA-LO PRAZO DADO A CLECE NUN MES MÁIS para presenta-las liquidacións correspondentes. 3) Ante o incumprimento reiterado por parte da empresa dos días de libranza semanal do persoal, SE LLE INDICA DENDE A INSPECCIÓN QUE A EMPRESA CLECE ESTÁ OBRIGADA, A PARTIR DE HOXE A RESPETAR O DESCANSO SEMANAL OBRIGATORIO, de non ser así, a Inspección de Traballo iniciará un novo procedemento de sanción por esta causa. INFO. COMARCAL COMPOSTELA

O Xornal # Información Obreira # nº 5

7


[ info. comarcal] ERE encuberto en Panrico Compostela O pasado 15 de setembro o Comité de Empresa de Panrico tivo coñecemento dos plans da empresa para despedir a 23 traballadores/as, nunha clara vulneración da lexislación laboral vixente. A empresa xa se puxo en contacto con parte destes traballadores para tratar de que marcharan por vontade propia, alegando con mentiras, manipulación e clara premeditación, que “deste xeito cobrarían unha indemnización de 45 días por ano traballado, e que, de non aceptar, a empresa Panrico tramitaría un E.R.E. e os despediría igualmente, neste caso correspondéndolles tan só 20 días por ano traballado de indemnización (sempre cun máximo de 12 mensualidades)”. Así tamén, a empresa Panrico xa se puxo en contacto co comité de empresa para que se lle dese o visto e prace a esta operación ilegal. Amparándose supostamente no artigo 42 do convenio colectivo. Ante todo este cúmulo de falsidades a CUT manifesta que: - PRIMEIRO: O despedimento afecta a máis do 10% do cadro da empresa, polo cal, trataríase dun despedimento de carácter colectivo, debendo tramitarse seguindo as canles legais, quer dicir que: o primeiro paso sería a comunicación á autoridade laboral, contando coa presentación dunha memoria explicativa e xustificativa para a presentación do E.R.E. Así tamén, se incluirá o número de traballadores da empresa e mailos afectados polo E.R.E., así como o período de duración na extinción dos contratos. Neste caso concreto, ó ter a empresa máis de 50 traballadores, terase que acompañar a memoria dun plan de acompañamento social, para aminorar os efectos do E.R.E. - SEGUNDO: O artigo 42 do convenio só é válido para a amortización de postos, non para o caso de despedimentos. Non é o mesmo amortizar unha praza (que conleva a modificación da plantilla estrutural) que o despedimento colectivo (E.R.E.) no que se deben seguir os pasos dispostos na lexislación laboral. Non seguilos conlevaría a nulidade dos despedimentos por fraude de lei. O que todos sabemos é que ningunha empresa dá duros a catro pesetas, e menos unha empresa coas dimensións de Panrico. A estratexia da empresa é clara, ó non seguir as canles legais na tramitación do E.R.E., pretende despedir ós traballadores que se lle antollen, con nomes e apelidos, elaborando para o efecto “listas negras” de traballadores a despedir. No caso de tramitar un E.R.E. tería que xustificar a súa necesidade con datos reais, e cun estudo serio e rigoroso, xa que ás autoridades laborais non lles vale coa intención da empresa senón verdadeiras necesidades, e minimizando os efectos do E.R.E. nos traballadores da empresa. Se Panrico, a estas alturas, non presentou un E.R.E. é porque non pode defender a necesidade do mesmo, non vai pagar 45 días cando pode pagar só 20. INFO. COMARCAL COMPOSTELA

8

O Xornal # Información Obreira # nº 5

S e g u r i d a d e privada en loita por un convenio xusto Os traballadores de seguridade privada de Galicia vémonos na obriga outra vez mais de ser a vangarda movilizadora a nivel Estatal; a cousa ben de longo xa que a Patronal de Seguridade sempre obvioú aos sindicatos que nos representan: a unidade sindical amosada na acta 3 da negociación colectiva onde se plasmaban 12 puntos irrenunciabeis dende tempo histórico, foi outra vez mais traicioada por os mal chamados representantes dos traballadores de UXT e USO, que apresentaron unha plataforma a baixa, desvinculándose do acordado. Mais para a súa sorpresa a cicatera patronal que temos neste sector non lles aceptoú nin as suas pretensións de subidas salarias do IPC + 0,30 para este ano, etc, etc.., co cal evidentemente os probriños agora non saben que facer, nin teñen arreos para mobilizar o sector. Dende Galicia e sabendo que calquer tipo de avance tense que dar coa loita, vaise a seguir na vía movilizadora, de cara a que dunha vez por todas se active a mesa negociadora e conquerir un Convenio digno. Nembargantes temos claro que son a CIG e CC-OO quen teñen a maioría, son eles quenes teñen que optar pola la via definitiva dun Convenio Galego de Seguridade Privada, que é a alternativa que dende a CUT defendemos , e mentras non se produzca sempre imos a depender de persoas alleas a nosa realidade para que mal nos representen . POR UN CONVENIO GALEGO DE SEGURIDADE PRIVADA XA A LOITA CONTINUA INFO. COMARCAL A CORUÑA


[ internacional ] A CUT foi a voz da FSM na UIS do Transporte en Lisboa pasado 17 de novembro de 2009 tivo lugar en Lisboa a Conferencia Europea da Unión Internacional dos Sindicatos (UIS) de Transportes da Federación Sindical Mundial (FSM).

O

Esta iniciativa, moi importante para a rexión europea neste sector estratéxico, contou coa participación de 7 e 5 organizacións internacionais e nacionais respectivamente, procedentes da Inglaterra, Chipre, Grecia, Rusia e Bielorusia, amais dos camaradas de Potugal e do Secretario Xeral da UIS do Brasil e do Presidente da UIS-Transporte José Manuel Oliveira do Sindicato Nacional dos Trabalhadores do Sector Ferroviario de Portugal. En representación da Oficina Rexional Europea da FSM asistiu Xan Carballo, sendo aínda Secretario de Relacións Internacionais da CUT, que trasladou un saúdo ás delegacións participantes, así como tamén presentou un informe sobre a situación do transporte en Galicia. Finalmente, o 19 de Novembro celebrouse unha concentración de delegados e dirixentes dos diversos sectores de transporte de Portugal diante do Ministerio de Transportes, na que falaron diversos camaradas denunciando a política do Goberno. En representación da FSM, o camarada Xan Carballo salientou as conclusións da Conferencia e chamou a estar preparados para unha mobilización europea a concretar polas diversas organizacións do sector de transportes e fixada para o primeiro trimestre de 2010. De seguido aportamos o relatorio de Xan Carballo ante a UIS do Transporte:

Compañeiros/as: A situación do transporte publico galego non deixa de ter o mesmo percorrido que o resto do tecido industrial de carácter público. Nos últimos 15 anos vense acelerando o proceso de privatización sendo o único criterio que se ten en conta o beneficio económico, claro está, en prexuizo dos intereses públicos. A práctica habitual ven sendo o peche das pequenas empresas coa escusa dun rendemento económico deficitario ou a súa compra por parte dunha máis forte, levando este camiño ao monopolio.

En Galiza existían tres grandes focos de transporte: marítimo, por estrada e vía ferrocarril. Deixando a un lado as eivas históricas que fixeron do noso país un dos peores comunicados do estado español, onde máis tarde chegaba a modernización das comunicacións, co conseguinte prexuizo para o desenvolvemento económico, debemos dicir nos tres casos que imos a peor. En canto ao transporte por estrada elimináronse as compañías de carácter local que cubrían as rutas de proximidade, quedando só servizo entre os puntos onde maior tránsito de viaxeiros e viaxeiras había, e deixando incomunicados e sen servizo aos habitantes das vilas pequenas. A dispersión da poboación galega, propia da súa estrutura económica e da súa historia, fai necesario un transporte público que dea conexión á multiplicidade de núcleos de poboación, pero este criterio foi eliminado en interese do beneficio económico e do colonialismo español que obriga a unha distribución da poboación tendo en conta só os intereses e hábitos de pobos que nada teñen que ver co galego. Queren obrigarnos a abandonar o rural e concentrar a poboación nas urbes, contribuíndo de paso á destrución do sector agrogandeiro que xa foi vendido polo estado español coa entrada na Unión Europea do capital. Outra consecuencia directa desta política é a construción de centos de quilómetros de estradas polas que non pasa un coche; a intención non é outra que repartir os cartos públicos entre as empresas amigas do poder ao tempo que intentan obrigar ao pobo a inverter no transporte privado (turismos) para esquivar a obriga dos transportes públicos e, novamente, facer negocio coas empresas de automoción. A día de hoxe o transporte por estrada está nas mans, fundamentalmente, de dúas compañías: MONBUS E ALSA. Entre ambas as dúas repártense o pastel e as rutas de transporte que a política, e non os intereses públicos, decidiron como adecuadas. Se falamos do ferrocarril non podemos máis que dicir que a tendencia é a súa eliminación. Os chamados trens de proximidade están desaparecendo e, novamente, potencian só a unión entre os

núcleos urbanos principais. Nos últimos meses desapareceron decenas de estacións de ferrocarril coa escusa do seu escaso rendemento económico, deixando a estes pobos na obriga de andar quilómetros para achegarse á estación máis próxima, no mellor dos casos, ou tendo que utilizar outro transporte. Na política do ferrocarril destaca tamén a última tendencia inútil e especulativa: o AVE. Co papanatismo da modernidade alimentan a cobiza de empresas de construción, e anexas, construíndo un monstro caro do que non se vai aproveitar o pobo e que só atende aos criterios urbanos e dos grandes negocios do capital. Debemos facer tamén mención ao transporte marítimo, que ten sobre todo incidencia nas Rías Baixas. Este foi un medio de comunicación moi utilizado entre as vilas mariñeiras que agora está en mans de monopolios, por concesión pública, encarecendo ese transporte coa conseguinte perda de pasaxeiros que será utilizada como escusa para a súa eliminación. Por último habería que destacar as negativas consecuencias medioambientais que teñen estas políticas de clara carácter capitalista. Dende a CUT demandamos potenciar o transporte público por terra, mar e ferrocarril. Con tres de proximidade e transportes urbanos frecuentes e en condicións que permitan a súa utilización por parte dos traballadores e traballadoras. É necesario educar nesa dirección para coidar o medioambiente e participar na protección dos intereses dos nosos herdeiros e herdeiras. Lisboa, 17 de Novembro de 2010 CRISE CAPITALISTA SINDICAL DE CLASE

E

RESPOSTA

Propostas da CUT, feitas por Manuel Camaño, á 8ª Conferencia Rexional Europea da FSM-WFTU Queridos compañeiros/as das organizacións asistentes á 8ª Conferencia Rexional Europea da F.S.M.-WFTU. Queridos compañeiros/as do PAME: Un saúdo fraternal, obreiro e internacionalista da Central Unitaria de Traballadores/as de Galicia.

O Xornal # Información Obreira # nº 5

9


[ internacional ] 1.- Os diagnósticos da actual Crise Capitalista. A finais do ano 2008 os magnates da economía capitalista, e os xestores do seu sistema, non tiveron máis remedio que recoñecer a consolidación da crise do sistema capitalista. Xa non era posible maquillar por máis tempo a demoledora realidade, a mesma que os gurús que deseñan e dirixen a economía global foron incapaces de predicir, a mesma que só deron explicado co silencio. En contraposición á Academia dos economistas burgueses, desde distintos ámbitos do movemento obreiro, desde distintas latitudes e realidades económicas, desde a esquerda política ou sindical, hai un afán de estudio e profundar nas causas e consecuencias da actual crise en coherencia coas predicións feitas por dirixentes marxistas ou revolucionarios hai xa algúns anos. Nunca este afán de estudio e debate ten chegado tan lonxe. Como se ten dito, multitude de organizacións sindicais, políticas, movementos sociais... fan importantes aportacións a este debate, debuxando con gran precisión as causas e as consecuencias da Crise Xeral do Capitalismo. Nos distintos diagnósticos que se fan desde o eido anticapitalista, sendo esquemáticos á posta, destacaríamos dous: un primeiro que vaticinaba case o fin do capitalismo polo carácter irreversible da crise e un segundo menos optimista, que aseveraba e asevera que o capitalismo non morre, hai que matalo. Sen pretender ningún oportunismo, desde a CUT sempre nos inclinamos pola segunda hipóteses. 2.- A resposta movemento obreiro.

necesaria

do

Transcorreron os meses, e se ven é certo que o Capitalismo non da topado a solución máxica á crise do seu sistema, non é menos certo que os mecanismos de reprodución e de dominación da burguesía a nivel global fan posible que paulatinamente vaian repoñéndose sen grandes custes; e como sempre a costas do sufrimento aínda maior da clase traballadora e dos pobos do Terceiro Mundo. Como é posible entón? As condicións obxectivas para dar unha resposta obreira e antiimperialista á crise están creadas, faltan as subxectivas para que isto sexa posible e que, en definitiva, a clase obreira e os sectores populares golpeados polo capitalismo fagámoslle pagar ó inimigo a crise que eles crearon. En definitiva converter a presente realidade nun salto adiante na historia dos traballadores e dos pobos.

10

Que é o que falta entón? O movemento obreiro, as súas organizacións sindicais e de vangarda, as organizacións populares anticapitalistas, os movementos sociais... debemos xerar o proceso de acumulación de forzas necesario que fagan posibles loitas que enfronten ó capital e ós seus xestores. Loitas que deben comezar no ámbito local e nacional pero que, polo seu carácter de clase, rematarán confluíndo nunha loita coordinada nas distintas rexións do globo. Esa é a única globalización que defendemos e aí e onde identificamos o papel referencial da FSM. 3.- A alternativa do sindicalismo de clase. Queda claro pois, e seguro que estamos todos de acordo, que, ou ben o movemento obreiro, e nomeadamente o movemento sindical de clase, é quen de trasladar e aglutinar respostas á actual situación que posibiliten fortalecer a clase traballadora e os sectores populares obxectivamente interesados; ou do contraio, se isto non fora así ante a carencia de dita resposta sindical á Crise Xeral do Sistema Capitalista, o Capitalismo terminará resolvendo a devandita crise espremendo aínda máis a clase traballadora (despedimentos masivos, recorte salarial e de dereitos laborais, precarización dos contratos...). E no tocante ós pobos do Mundo, os resortes imperialistas de dominación serán aínda máis crueis, para saquear as riquezas do Terceiro Mundo, para explotar aínda máis á man de obra barata ou simplemente utilizando a guerra para aniquilar a aqueles que se lle opoñan. Agora ben, a claridade na análise da necesidade da resposta ou alternativa do sindicalismo de clase, non debe de ser allea a correlación ou correlacións dos distintos escenarios onde traballamos as distintas organizacións. É un feito irrefutable que as direccións burocráticas das maiorías sindicais, sometidas ás subvencións e neutralizadas polo capital, non van trabarlle ó seu amo. Temos como deciá o compañeiro Valentín Pacho, pasar da teoría a acción, é tarefa ineludible do sindicalismo de clase, incidir nas bases sindicais do sindicalismo acomodado, e partir de aí , modificar a correlación de forzas para enfrentarnos ó inimigo. En Galicia, cunhas condicións obxectivas máis que favorables no terreo obreiro, cos sectores populares e da agricultura aldraxados e ó pe da ruína; nun escenario ademais onde os mecanismos represivos están a degolar as liberdades democráticas, co Sector do Metal en Folga máis de vinte días na provincia de

O Xornal # Información Obreira # nº 5

Pontevedra, a resposta dos sindicatos hoxe maioritarios, á demanda de Folga Xeral feita pola CUT, foi a de afortalar aínda máis os seus vínculos co Goberno de Zapatero, e iso, que o camiño xa estaba iniciado coa Folga Xeral Nacional de Euskadi. 4.- O futuro que nos espera e a vertebración do sindicalismo de clase. Os grandes conciliábulos dos mandatarios subordinados ó capital, asesorados polos mesmos economistas que aceptaron a especulación como medio de vida e non foron quen de mirar a creba do seu mundo, repiten con insistencia que o peor xa pasou. Esta mensaxe é repetida unha e mil veces polos seus altofalantes (dígase medios de comunicación “libres e democráticos”) ata converter a mentira e dogma de fe. Estamos de acordo con esta valoración, o peor xa pasou, pero o peor para eles. A súas indecentes ganancias, baseadas na especulación financeira e na explotación do proletariado, volven ao rego, volven a seren multimillonarias grazas ás medidas das democracias occidentais: cartos públicos para os culpábeis da crise, privatizar as ganancias e socializar as perdas, velaí a receita. E pobo traballador? O pobo traballador segue, progresivamente, empeorando as súas condicións de vida civil e laboral. Segue a pagar, engadindo a súa débeda motivada polo exceso consumista e pola perda de poder adquisitivo- a débeda do patrón. Mentres os meses pasan sen dar unha resposta sindical contundente, cando nunca antes existiron tantas condicións obxectivas, o capital maquíllase e pon no tapete todas as armas necesarias para o control de calquera salto revolucionario. A responsabilidade dos que defendemos o sindicalismo combativo e de clase non é outra que artellar a táctica e medios necesarios para acumular forzas de cara a consecución do noso principal obxectivo: asfixiar ao opresor. A FSM debe xogar o papel de océano onde iran a parar os mil ríos que a conforman; é nesta federación onde se deben dar os pasos, por todos e todas ideados, que poñan as rúas en pe. Compañeiros/as: desde a CUT de Galicia, reiteramos o noso saúdo fraternal a todas organizacións sindicais presentes nesta 8ª Conferencia Rexional Europea da FSM, estando seguros que as conclusións que se acaden na mesma, servirán para afortalar as posicións do sindicalismo de clase e a F.S.M., fronte as agresións do Sistema Capitalista. Atenas, setembro 2009.


[ formación] A CUT forma parte da Oficina Europea da Muller na FSM – EUROF O s pasados días 5 e 6 de novembro tivo lugar en Praga (República Checa) o I Congreso Europeo da Muller Traballadora baixo o lema “Igualdade na práctica, para todos e todas, en todas partes”. Nel debatéronse polas distintas delegacións asistentes os relatorios expostos polas compañeiras

Cuestións Xerais” que presentou a compañeira do Sindicato anfitrión Milada Halikova. Nesta xornada realizaron a súa intervención o Secretario Xeral da Oficina Rexional Europea da FSM – EUROF, Cleanthes Cleanthous, e a Responsábel do Secretariado da FSM diante da OIT, Osiris Oviedo.

pertencentes á comisión preparatoria. O guión seguido, así como os textos a debate, marcáronse os pasados 14 e 15 de maio en Cangas do Morrazo onde a CUT organizou a comisión preparatoria deste Congreso.

Pola tarde, e por unanimidade, aprobouse a resolución na que se recolle, entre outros puntos, a creación dunha rede de mulleres en Europa dos organismos da Oficina Rexional Europea da FSM – EUROF, co obxectivo de intercambiar información e realizar unha supervisión constante de todos os temas aos que se enfronta a muller traballadora.

Na primeira xornada, despois da benvida a cargo do Presidente do Sindicato de Bohemia, Moravia e Silesia, anfitrión do evento, tivo lugar o debate sobre “A muller e o emprego” a cargo da compañeira do Sindicato de Traballadores Chipriotas (PEO) Marina Staurinou. Logo do descanso, e a cargo de Zaloa Ibeas, responsábel nacional da muller do sindicato LAB de Euskalerria, tratamos a “Conciliación da vida laboral e familiar”, onde se discutiron cuestións como a corresponsabilidade nas actividades de supervivencia (labores do fogar e coidado de maiores e crianzas). Na segunda xornada a apertura do Congreso correu a cargo da compañeira da CUT Ana Olveira que realizou a exposición do relatorio “As mulleres e a súa organización nos sindicatos”, dando lugar a un amplo debate sobre cal vai ser o futuro das nosas Centrais e como debemos afrontalo para incorporar plenamente ás mulleres na súa organización. Despois do xantar, tratamos “As

Para rematar realizouse a elección das organizacións que formarán parte do Comité de Mulleres da Oficina Rexional Europea. A Central Unitaria de Traballadores/as comparte un dos cinco postos elixidos no Congreso co sindicato LAB de Euskal Herria, polo que por primeira vez un sindicato galego, membro de pleno dereito na FSM, estará presente nun dos seus organismos. Queda un grande traballo por diante para consolidar este organismo que pretende axudar na loita pola erradicación do patriarcado a todas as organizacións pertencentes á FSM – EUROF. A CUT ten un claro compromiso coa loita das mulleres polo que traballará dun xeito decidido para que esta nova ferramenta consiga os seus obxectivos. O Xornal # Información Obreira # nº 5

11


[ formación] Conceptos básicos para entender unha nómina A nómina poderá dividirse en catro partes: 1.- CABECEIRA: É a parte onde se recollen os datos de identificación da empresa e do/a traballador/a. 2.REMUNERACIÓNS PERCEPCIÓNS:

OU

Considéranse como tales aquelas cantidades que percibe o/a traballador/a polos distintos conceptos. Hai que distinguir entre as percepcións de carácter salarial, que son as suxeitas a cotizacións ao Réxime Xeral da Seguridade Social, das percepcións extrasalariais, que non cotizan. As percepcións suxeitas a cotización son as seguintes: Salario base: é a parte fixa do salario. A súa contía vén fixada nos convenios colectivos segundo unidade de tempo ou obra. Varía segundo a rama ou categoría profesional. Si non hai convenio que regule o salario, considerarase como salario base o salario mínimo interprofesional. Os complementos salariais: inclúen todas aquelas percepcións que, non formando parte do salario base, son percibidas polo/a traballador/a a causa de determinadas circunstancias que concorren na súa persoa, posto de traballo, situación ou resultados da empresa. Complementos salariais de carácter persoal: son percibidos a causa de determinadas circunstancias que concorren na persoa, tales coma:

Antigüidade: retribúe a duración da vinculación do traballador coa empresa sen que exista extinción do vínculo. Consiste nunha porcentaxe sobre o salario base que aumenta segundo o período que se contabiliza, contado a partir do momento en que o traballador ingresou na empresa. Os convenios colectivos ou os contratos individuais establecerán a contía do gratificación de antigüidade. Coñecementos específicos do traballador: pode tratarse de idiomas ou títulos, o seu importe vén fixado por convenio ou pacto individual. Gratificación de plena dedicación e gratificación de convenio: o traballador e o empresario poden pactar que aquel non poderá traballar ao mesmo tempo para

12

outros empresarios, a cambio dunha compensación económica ou gratificación de plena dedicación. O gratificación de convenio é un complemento do salario base que consiste nunha cantidade fixa por hora ou día realmente traballado. Complementos salariais polo posto de traballo: son percibidos a causa de determinadas circunstancias que concorren no posto de traballo que se ocupe, como:

Toxicidade, penosidade, establécese para perigosidade: compensar unhas condicións de perigosidade ou incomodidade en determinados traballos que pola súa propia natureza non poidan evitarse. Para que o/a traballador/a teña dereito a esta gratificación ten que estar previsto no convenio ou ordenanzas sectoriais e a xurisdición social ten que ter declarado que o posto concreto que ocupa o/a traballador/a é mérito para esa gratificación. Nocturnidade: esta gratificación abónase para compensar a incomodidade que supón realizar o traballo en horario nocturno. A lei entende por traballo nocturno o realizado entre as 22 horas e as 6 horas, e o Estatuto dos Traballadores establece as seguintes regras xerais: 1.- O/a traballador/a nocturno terá unha retribución específica que se determinará na negociación colectiva, a non ser que o salario se establecera atendendo a que o/a traballador/a sexa nocturno pola súa propia natureza ou se acordara compensación deste traballo por descansos. 2.- Cando na empresa se traballe cun sistema de quendas as 24 horas do día, as quendas deberán ser rotatorias e ningún/ha traballador/a pode estar máis de dúas semanas seguidas na quenda de noite, salvo adscrición voluntaria. 3.- A xornada de traballo dos traballadores/as nocturnos non poderá exceder do oito horas diarias de promedio, nun período de quince días. 4.- Os/as menores de dezaoito anos non poden realizar traballos nocturnos.

Turnicidade: a gratificación compensa as incomodidades e os tempos de exceso por cambios de quenda e a realización de traballo a quenda rotativa. Responsabilidade: abónase en función da maior responsabilidade dun posto de

O Xornal # Información Obreira # nº 5

traballo. Para ter dereito ao mesmo é precisa a asunción de responsabilidades adicionais. Complementos salariais por calidade ou cantidade de traballo: son os percibidos polo/a traballador/a por efectuar mellor ou maior cantidade de produción que a determinada como normal, como:

Incentivos (primas): cantidade que se lle adxudica ao traballador/a en virtude do rendemento obtido por riba do nivel mínimo ou norma. Actividade: complemento referido á calidade do traballo. Asistencia: pago ao traballador/a dunha determinada cantidade cando o índice persoal de absentismo non suba por riba do nivel marcado. Horas extras: retribúe as horas realizadas polo/a traballador/a por riba da xornada ordinaria de traballo. Mediante convenio colectivo ou, no seu defecto, contrato individual, optarase entre abonar as horas extras na contía que se fixe, que en ningún caso pode ser inferior ao valor da hora ordinaria, ou compensalas por descanso retribuído. O número de horas extras que a lei autoriza como máximo son 80 ao ano. Horas extras estruturais: son aquelas que se fan en períodos punta de produción, por ausencias imprevistas, por cambios de quenda ou para mantemento e as motivadas por forza maior. A súa regulación é distinta, se ben poden retribuírse de igual maneira. Complementos superior ao mes:

de

vencemento

Gratificacións extraordinarias: con carácter xeral a lei establece a obriga das empresas de pagar aos seus traballadores/as dúas pagas extraordinarias anuais na contía que se estableza no convenio. Nos convenios colectivos pode acordarse que as pagas extras se rateen nos doce meses do ano. Participación en beneficios: paga anual formada por unha porcentaxe dos beneficios obtidos pola empresa. En especie: remuneración recibida polo/pola traballador/a en bens distintos de diñeiro. Debe aparecer o seu valor en diñeiro. O percibido en especie non pode


[ formación] ser superior ao 30% das percepcións salariais do/da traballador/a.

Complemento de residencia: remunera a prestación de traballo nun lugar determinado sempre que o/a traballador/a fixe ou teña fixada nel a súa residencia, xa sexa en territorio do estado español ou fóra del. Percepcións extrasalariais excluídas de cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social:

Indemnizacións e suplidos: percepcións extrasalariais que obtén o/a traballador/a en compensación de certos gastos ocasionados pola utilización de bens propios. Prestacións da Seguridade Social: estas cantidades son abonadas pola Seguridade Social en prestación de determinadas continxencias e a través da empresa que actúa como delegada de aquela. Na actualidade, cóbranse directamente da S.S.

recibir o/a traballador/a ao longo do ano. Grupo de cotización: grupo que lle corresponde ao/á traballador/a segundo a súa categoría profesional. Existen once grupos de cotización nos que se engloban todas as categorías profesionais. A cada grupo de cotización se lle asigna unha base mínima e máxima entre as que debe estar incluída a base de cotización do/da traballador/a. Importe da base de cotización: a base de cotización do/da traballador/a é a suma da remuneración total e de a pro rata das pagas extraordinarias. O importe da base de cotización debe encontrarse entre o mínimo e o máximo marcado. Achegas do/da traballador/a: ao importe da base de cotización se lle aplica un tipo ou porcentaxe.

Achegas por desemprego e formación profesional: é a cantidade que se aporta á S.S. por desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional, calcúlase aplicando unha porcentaxe á base de cotización para continxencias profesionais. Bases de cotización polas continxencias de accidentes de traballo (AT) e enfermidades profesionais (EP): faise constar o importe da base de cotización que obtivemos para continxencias profesionais, xa que a cotización por AT e EP recae sobre a empresa exclusivamente. 4.- DEDUCIÓNS: Inclúe a achega do/da traballador/a ás cotas do Réxime Xeral de Seguridade Social, cota sindical, retención por IRPF, anticipos e outros.

Baixa: é a cantidade a percibir cando se está de baixa e debe indicar o período de duración. Coñécese como Incapacidade Temporal (I.T.). Melloras voluntarias da acción protectora da S.S. e produtos en especie concedidos voluntariamente pola empresa: cantidades que a empresa pode agregar voluntariamente aos dereitos recoñecidos ao/á traballador/a por parte da S.S. en cada un dos conceptos anteriores. Aquí poden aparecer os seguintes conceptos:

Traslados: por razóns económicas, técnicas ou organizativas, a empresa pode trasladar ao/á traballador/a a outro centro de traballo. Suspensión do contrato: nos casos nos que o/a traballador/a ten dereito a compensación económica. Despedimentos: indemnizacións percibidas como consecuencia da extinción do contrato. 3.- DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN AO REXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL: Son as cantidades e porcentaxes polos que se calculan as cotizacións polos diferentes conceptos á S.S. Os conceptos máis importantes que aparecen neste apartado son: Remuneración total: é a suma de todas as cantidades percibidas por salario e complementos suxeitos a cotización, excepto horas extras. Pro rata de pagas extraordinarias: é a doceava parte das pagas que ten que

O Xornal # Información Obreira # nº 5

13


[ IV congreso CUT ]

Crónica do IV Congreso da CUT pasado 28 de novembro, celebrouse na Vila de Cangas o IV Congreso nacional da CUT baixo o lema “Fortalecendo a CUT, no camiño da loita sindical”. Ao devandito Congreso acudiamos cun relatorio oficial e as emendas respectivas aprobadas nas asembleas comarcais e que foron sometidas a debate.

que fixo un repaso do camiño percorrido nos últimos catro anos, e da situación actual da clase obreira galega con respecto á explotación capitalista e a súa crise de modelo. O informe foi aprobado polo congreso.

Como novidade máis salientable hai que mencionar a presenza de delegacións internacionais, en concreto Igor Urrutikoetxea representado a LAB; JeanLuc Mourucci en representación do STC Corso; Mª Jesús Súarez da Corriente Sindical de Izquierdas de Asturies e Demetris Christodoulou en representación da Federación Sindical Mundial (FSM). Tamén contamos coa presenza do Sindicato de Traballadores da Limpeza de A Coruña, na voz de Alberto Tarrío.

oficial, dividido en seis bloque expostos por outros tantos relatores membros do Secretariado Nacional saínte. Andrés Fernández, da Comarca de Ribeira, relatou o punto titulado “O camiño andado, erros e acertos”; Xan Carballo fixo o propio do epígrafe “Da proxección da CUT no internacionalismo proletario” Xermán García, da Comarca de Compostela, falou de “Comunicación e propaganda”. A xornada da mañá rematou coa intervención do Compañeiro do STC Corso Jean-Luc Morucci, que destacou a constante represión á que viven sometidos aqueles que defenden posturas sindicais de loita, narrando exemplos dos seus compañeiros encadeados.

O

O congreso iniciouse coa constitución da Mesa, da que formaron parte Xulio Axeitos, Xosé M. Penido, Encarnación Martínez, Francisco Niño e Gemma Novelle. Unha vez constituída aprobouse o regulamento e o Secretario Xeral, Manolo Camaño, expón o informe de xestión no

14

Finalizado e aprobado o informe de xestión comezou a exposición do relatorio

Na xornada de tarde, despois do xantar conxunto, continuouse coa intervención de

O Xornal # Información Obreira # nº 5

Mª Jesús Suárez, da CSI de Asturies, en cuxa intervención agradeceu o convite da CUT e fixo unha interesante análise da situación laboral á que nos someteu o estado español, coa destrución progresiva do tecido produtivo. Procedeuse logo á exposición, por parte de Ana Olveira do punto titulado “Mulleres e sindicalismo no século XXI”. Seguiu a este a exposición de

Manolo Camaño sobre “Un mapa da conxuntura político-sindical” e a de Ricardo Castro sobre “Unha ollada ao futuro”. Houbo debate e emendas en case que todos os puntos expostos producíndose un intercambio rico de ideas e puntos de vista que complementaron o relatorio oficial e fixeron del unha ferramenta máis útil para a Executiva Nacional entrante. A continuación interveu Alberto Tarrío, no nome do STL de A Coruña, agradecendo o convite e incidindo na necesidade de continuar a estreita colaboración entre os dous sindicatos. Recordou a folga levada a cabo polo colectivo de limpeza na Coruña que foi sostida só por eles despois da traizón das grandes centrais. A pesares disto gañouse a batalla pola vía da loita, demostrando unha vez máis cal é o camiño a seguir.


[ IV congreso CUT] Unha vez finalizada a intervención do compañeiro do STL deuse paso á elección da nova Executiva Nacional, á que soamente presentouse unha candidatura composta polos seguintes compañeiros e compañeiras: Ana Olveira, Manuel López, Manuel Camaño, Maruchi Álvarez e Ricardo Castro. A candidatura foi referendada polo congreso. Houbo tamén unha única candidatura para cubrir os postos da Comisión de Garantías, candidatura tamén referendada polo congreso e composta polos seguintes compañeiros e compañeira: Arximiro Blanco, Xulio Axeitos, Severino Táboas, Mónica Camaño e Ramón Fernández. A nova Executiva Nacional tomou a mesa e propuxo coma novo Secretario Xeral a Ricardo Castro, proposta que foi secundada polo congreso. Cedéuselle logo a palabra ao representante de LAB, Igor Urrutikoetxea , e ao representante da FSM, Demetris Christodoulou, que agradeceron a súa presenza en Galicia, falaron da situación laboral e da represión e saudaron á nova Executiva e Secretario Xeral. No discurso de clausura, Ricardo Castro salientou que o Congreso estivera centrado no debate político e sindical e asumiu en nome da Executiva o mandato acordado polo devandito congreso. Fixo fincapé nos retos que por diante temos: mocidade, muller, expansión do noso modelo sindical, formación, afiliación, militancia... e destacou tamén como un elemento máis da loita de clase a loita pola defensa da nosa lingua, ao entender que esta é a lingua proletaria do noso pobo e por iso as clases dominantes quérena exterminar. No mesmo discurso fixo extensivo o agradecemento ao traballo feito polos compañeiros e compañeiras que ao longo destes dez últimos anos aportaron algo do seu tempo para construír e afortalar a CUT. Ese agradecemento tivo nomes e apelidos ao referirse ao Compañeiro Xan Carballo, que deixa os órganos de dirección nacional despois de teren conseguido o grande éxito de que a CUT foxe incluída dentro da Federación Sindical Mundial. Para rematar non queda máis que recoñecer tamén o traballo feito polo ExSecretario Xeral, Manolo Camaño, durante os dez anos que estivo á cabeza da CUT. El seguirá a traballar nos órganos de dirección e a servir de exemplo e consello para os que agora toman o relevo. Recoñezamos tamén o tremendo esforzo dos militantes que montaron todo para que as cousas funcionasen á perfección (cartelería, carpintería, son, música, deseño, vídeo, fotos...) sen eles este congreso non tería sido un éxito.

O Xornal # Información Obreira # nº 5

15


Fotos: Xabier Castro

[ IV congreso CUT]

16

O Xornal # Informaci贸n Obreira # n潞 5


Fotos: Xabier Castro

[ IV congreso CUT]

O Xornal # Informaci贸n Obreira # n潞 5

17


[ IV congreso CUT]

Novo secretario O Xornal: Marcos Pérez Pena Secretario Xeral: Ricardo Castro Buerger O Xornal: Falaches no teu discurso de que nos vindeiros catro anos a CUT debe crecer cuantitativamente mais tamén cualitativamente. Falaches así mesmo de que a prioridade debe ser agora ter máis militantes, non só máis afiliados. O sindicato debe fortalecer o seu músculo, os cadros? S.X. No mesmo relatorio oficial figura esta reflexión, é unha das grandes preocupacións que temos dende os distintos órganos de dirección. Nos seus inicios, a CUT, constituíse nun contexto de moita dificultade e con todos os ventos en contra; esta circunstancia obrigou a sustentar todo o peso do sindicato nos poucos cadros que había. Co tempo, o que era unha solución de urxencia e obrigada converteuse nunha constante no funcionamento de cada comarca. O que pretendemos agora e darlle un xiro copernicano a esa situación, é dicir, incidir na afiliación pero formar para conseguir militantes dos que saian cadros. O momento actual do capitalismo, no que a burguesía adurmiñou a conciencia de clase do proletariado, obriga a un esforzo extra para espertar esa conciencia e dar cos cadros necesarios na loita que temos diante. Eses cadros serán os que trasladen os principios da CUT aos centros de traballo. A nosa historia, a do pobo traballador, ten moitas etapas duras e abofé que desta sairemos fortalecidos no cuantitativo e no cualitativo. A nosa obriga e non deixar o protagonismo da etapa que nos tocou vivir aos explotadores, e para iso necesitamos músculo e intelixencia, e diso está sobradamente sementado o proletariado galego, nós temos que dar coa ferramenta para sacar o froito da terra. O Xornal: En que se errou no conflito no metal? Por que o que se gañou na rúa e na batalla da opinión pública se perdeu na mesa de negociación? S.X.: a CUT, e non hai máis que ir ás hemerotecas, fixo unha análise precisa de por onde camiñaba o conflito dende os inicios, e camiñaba cara a derrota. Para gañar unha batalla, sempre, tes que analizar as túas forzas e as do inimigo, tes

18

que trazar os obxectivos estratéxicos e poñer na mesa as tácticas para conseguilos; e nada disto puxeron na mesa os sindicatos que negociaban o convenio (CIG, CCOO, UGT), nun exercicio de irresponsabilidade tremendo. A patronal sabía que o convenio do metal é a vangarda dos convenios, e sabía que se conseguían unha vitoria o resto dos convenios (sexa o sector que sexa) estarían na súa man. Para conseguir esta

faíscas prendidas en Galicia non quixo socializar o conflito, ao contrario, agochouno e levouno á ruína. Dixemos nas asembleas que na mesa negociadora só temos forza se na rúa hai forza, pero eles só confiaron na burocracia dos despachos, e o resultado témolo aí. Dende o fin da folga non houbo unha soa asemblea para falar do acontecido, non houbo a máis mínima autocrítica nin análise algunha, a prepotencia do poder; e ao final asinan un convenio tan lexítimo como unhas eleccións, a día de hoxe, en Irak ou Afganistán. A CIG escúdase na traizón de UGT e CCOO cando estes só cumpriron o seu papel de gardiáns do capital, a verdadeira traizón está na CIG, que foi quen deseñou esta espiral de desastres. A conclusión positiva é que, unha vez máis, os traballadores demostraron que están moi por diante das “elites” sindicais, demostraron ter a dignidade da loita por bandeira, e esta foi a escola de toda a mocidade que deu o corazón nesta loita. Velaí o futuro en pe. O Xornal: En que se diferenza o traballo sindical que realiza a CUT do que fan CC.OO., UGT ou CIG?

vitoria puxeron ás institucións e aos corpos de represión do Estado español ao seu servizo, Vigo estivo tomada policialmente dende o principio. Os sindicatos negociadores non entenderon nada, pero os traballadores, que si sabían o que se xogaban deron todo na rúa, na loita, mentres que os “líderes” sindicais facían de bombeiros coa linguaxe do sistema e criminalizando aos traballadores. Dende a CUT, por activa e por pasiva, ofrecemos a nosa disposición a sentarnos nunha mesa e bosquexar un plan de acción conxunto, loxicamente baixo os principios de asemblearismo e combatividade, co resto dos sindicatos, oferta que nin foi escoitada. Dende a CUT propuxemos como saída ao conflito unha folga xeral, e nas asembleas escoitouse a voz da maioría dos traballadores berrando FOLGA XERAL; os sindicatos negociadores fixeron caso omiso, a CIG, sabendo que había mil

O Xornal # Información Obreira # nº 5

S.X.: CCOO e UGT renunciaron á confrontación co goberno e o capital cando aceptaron o xogo da farsa política na transición, garantiron a chamada paz social a cambio de prebendas que os converteu en empresas subvencionadas cos cartos dos traballadores. A CIG entrou nese camiño hai dez anos, sendo un dos motivos que deu pe ao nacemento da CUT. A día de hoxe o sindicalismo clásico de asemblearismo, loita de clases e combatividade está erradicado dentro das tres centrais, a folga do metal demostrouno de novo; e son eses valores e ese espazo, xunto a loita contra a colonización de Galicia por España, os que quere ocupar a CUT. Para nós non ten sentido un sindicalismo pactista que renuncia de antemán á confrontación, aínda que patronal e goberno utilicen a violencia e represión; non podemos defender unha realidade sindical baseada en subvencións arbitrarias, débedas políticas e dependencias de siglas partidarias. O sindicato ten que defender aos traballadores e traballadoras sen condicións políticas impostas ou pagadas. O Xornal: De que maneira pode a sociedade deter o ataque que o novo


[ IV congreso CUT]

goberno da Xunta iniciou contra a lingua galega? S. X: Dende a nosa perspectiva enfrontamos o problema coma unha cuestión de clase, sen dúbida. O galego é a lingua proletaria do noso pobo, dicíao Celso Emilio Ferreiro, e por iso quere a dereita borrar o galego da nosa memoria, soterralo e afogalo. Nós, como pobo traballador, temos a obriga de salvar a nosa historia para ter futuro, temos a obriga de utilizar a nosa mellor arma para combater está barbarie, temos a obriga de falar. A CUT, como sindicato de clase galego, e así figura nunha das emendas aprobadas no Congreso, comprométese, dentro do seu traballo sindical e social, a concienciar á clase traballadora de que o galego é a súa lingua, forma parte da súa xenética de clase e en cada relación social que teña debe exercer de traballador ou traballadora galega. Neste ataque a nosa lingua figura tamén a outra parte da cuestión, o colonialismo; están a utilizar a lingua para deixar claro que Galicia é España e non van permitir que deixe de selo, a loita contra o colonialismo está aquí tamén presente. O Xornal: Como valoras as primeiras medidas económicas e sociais adoptadas polo goberno de Feijoo? S.X: A política económica de Feijoo responde aos intereses da clase que el defende, non hai sorpresas. Premia a aqueles dos que vive, a costa de seguir

destruíndo o medio ambiente e os nosos recursos produtivos, e castiga aos traballadores e traballadoras galegas. Nin PP, nin PSOE nin BNG tiveron ou teñen o máis mínimo interese en crear unha política económica galega para os galegos e galegas porque iso significaría enfrontarse co poder do estado español. Cal deles defendeu dende o poder das institucións unha banca pública galega? Un salario social? Unha nacionalización dos sectores produtivos? Unha redución da xornada laboral? Un reparto equitativo da riqueza? Unha renegociación das condicións impostas pola Unión Europea? Un marco galego de relacións laborais?... Son moitas as preguntas que poderiamos facer e as respostas só nos levan á mesma conclusión: ningún deles defende aos traballadores e traballadoras galegos. A decepción para os galegos e galegas estivo no goberno bipartito, Feijoo non sorprende a ninguén co seu reparto de subvencións ao ámbito do privado e os seus recortes nos gastos sociais. O Xornal: A crise estámola pagando os traballadores e non a clase empresarial capitalista, culpábel da situación? Que parte de responsabilidade tennisto o goberno socialdemócrata de Zapatero? S. X.: Zapatero non sabía que había crise ata que o citaron para unha reunión internacional na que ían falar dela de darlle

as instrucións da patronal sobre que facer, esa é a realidade. Os gobernos europeos cederon hai moitos anos as competencias económicas aos bancos e empresarios. O neoliberalismo imposto nos anos setenta dende os Estados Unidos marcou a política destes trinta anos longos, unha política económica baseada na especulación financeira e detrimento da produción de bens. España é o exemplo máis claro cando o goberno de Felipe González vende os sectores produtivos para entrar na Europa do Capital no ano 1986. Nós, como nación colonizada, pagamos coa pesca, a agricultura, a gandería, o naval... fomos con moito a nación máis vilipendiada, unha vez máis, por España. Cando estoupa esta crise sistémica o desastre para o estado español é demoledor porque non ten tecido produtivo, vive só de burbullas de especulación coma a construción. Cales son as medidas tomadas? Cartos públicos para salvar os bancos privados, causantes do desastre, e impostos para a clase obreira. Os famosos 400 euros son unha esmola ridícula e insultante cando nun só día danlle aos bancos miles de millóns de euros. Zapatero, e Rajoy tampouco, nunca tomará medidas económicas que molesten ao imperio do capitalismo; a socialdemocracia non é máis que unha maquillaxe para disimular a realidade económica do capitalismo. Só derrubando este sistema temos algunha posibilidade de lograr o socialismo real que defenda ao proletariado. O Xornal: É o tempo dunha folga xeral? Non queda outra, e aqueles que digan o contrario ou son capitalistas ou aspiran a selos. CCOO e UGT teñen que ser fieis ás directrices do seu partido, o do goberno central. CIG non quixo convocar nun principio para non prexudicar ao bipartito no goberniño da Xunta, e agora non está en condicións de xustificar o retardo. Condicións obxectivas comas as de agora non houbo nos últimos trinta anos, e aqueles que din que non é o momento fano porque queren salvar un sistema que os mantén quentiños e ben mantidos. O proletariado galego leva máis de vinte anos perdendo poder adquisitivo pensando que medraba o seu nivel de vida porque o sistema facilitoulle o consumo a creto. A realidade é que o paro medra, as xornadas laborais aumentan, a precariedade instálase como xeito de vida e traballo, a mocidade mira o horizonte en branco e negro, a reforma laboral en negativo está ao axexo... Que máis necesitamos para tomar as rúas? A CUT xa se manifestou en Vigo o 18 de decembro de 2008 pedindo a Folga Xeral, e en cada foro segue a facelo e a unir forzas nese camiño. Non imos descansar.

O Xornal # Información Obreira # nº 5

19


[ IV congreso CUT] Igor Urrutikoetxea (LAB): “Reivindicamos un sindicalismo de confrontación, é a nosa forma de facer fronte á crise: é necesario saír á rúa e pelexar” Como analizades dende LAB a situación actual do conflito político en EuskalHerría? Tentan facer desaparecer das rúas á esquerda independentista, pero a propia estratexia de ilegalización demostrou ser un fracaso, posto que elección tras elección entre o quince e o vinte por cento do electorado apoian as opcións políticas independentistas de esquerdas (...) Hai quince días a esquerda abertzale deixou clara a súa vontade de dar pasos nese sentido, e outros partidos, como EA, tamén fixeron propostas. Pode darse unha nova situación política na que o espectro independentista de esquerdas se articule nunha nova expresión política. Como está vivindo a crise económica a clase traballadora en Euskalherría? Hai unha total ausencia de políticas para facer fronte a esa crise, tanto no goberno de Iruña coma no de Vitoria-Gasteiz. E a maioría sindical vasca, que representa preto do setenta por cento da clase traballadora de Euskadi, respondemos o pasado 21 de maio cunha folga xeral á que demos continuación cun decálogo de medidas urxentes para facer fronte á crise (...) Nós reivindicamos un sindicalismo de confrontación e por iso recorremos a estas mobilizacións e a este decálogo: é a nosa forma de facer fronte á crise, dicindo que é necesario saír á rúa e pelexar.

A clase obreira debe reaccionar; non é o momento para grandes discursos, este é tempo de actuar (...) Os sindicatos de todo o mundo, coa presión da clase obreira, deben unirse na FSM, que agora agrupa a 75 millóns de traballadores en todo o planeta; se esta cifra se dobrase, a forza que tería nas súas mans podería obrigar a calquera goberno e ao propio sistema capitalista a reaccionar. Que se debe facer dende as centrais sindicais ou dende a federación para conseguir chegar aos traballadores? Algúns sindicatos non fan outra cousa que apoiar o sistema, adáptanse e son asimilados por el. É por isto que somos diferentes e é por isto que nos chamamos 'sindicatos de clase'; nós opoñémonos ao sistema e loitamos contra del. Se estes sindicatos non se enfrontan ao sistema, daquela non queren resolver os problemas que causa. Jean-Luc Morucci (Sindicatu di i travagliadori corsi): “O imperialismo é unha realidade social: é unha política aplicada polo goberno que ten consecuencias concretas para os traballadores” Como se liga a reivindicación nacional e a loita de clases? Vexo con alegría como en Guadalupe e Martinica os sindicatos

??? (Corriente Sindical d'Izquierda): “Algo bo estaremos facendo cando temos tanta xente que quere cortarnos a cabeza” A nivel organizativo cales son os principais retos do voso sindicato? O principal reto é conseguir organizar aos parados e aos precarios. Se avanzamos nese tema conseguiríamos dar un xiro moi importante na relación de poder, na nosa situación de sindicato minoritario con respecto á administración ou con respecto aos outros sindicatos. Entre os precarios e os parados somos punta de lanza polo desleixo dos demais. Os dous últimos secretarios xerais do voso sindicato foron detidos. Parece que hai un límite que o sistema acepta, pero se a reivindicación supera ese límite, actúa con dureza... O sistema deixa facer, para que se diga: “somos democráticos, aquí pódese expresar todo o mundo”, pero cando o que se di ten un respaldo social forte, o sistema comeza a coartar esa liberdade e intenta reconducirte, e se non o aceptas, ségante. Algo bo estaremos facendo cando temos tanta xente que quere cortarnos a cabeza. ??? (Federación Sindical Mundial): “Algúns sindicatos non fan outra cousa que apoiar o sistema, adáptanse e son asimilados por el” Cal é a alternativa que propón a FSM fronte á crise do sistema capitalista?

20

O Xornal # Información Obreira # nº 5

comprenderon o problema: as dúas loitas están ligadas, a loita nacional e a loita social. En Guadalupe o goberno intentou dividir o movemento de protesta entre os grupos que defenden a independencia e os que non. E a CGT contestoulle: 'O noso problema é baixar o prezo dos carburantes, ou manter os salarios. Se o goberno de París non fai nada con iso, imos reclamar un goberno propio que o faga'. O imperialismo é unha realidade social: é unha política aplicada polos gobernos e que ten consecuencias concretas para os traballadores. E hoxendía en Córcega os sindicatos están mellor preparados que os partidos políticos para loitar contra iso, seguramente porque emprestamos menos atención aos problemas ideolóxicos e ocupámonos máis dos conflitos e das reivindicacións concretas.


[ colaboración]

Massó: quen te vende? por Mónica Camaño o longo do século XX , até os anos oitenta, os homes e mulleres do Morrazo acordaban coa chamada senlleira da sirena da Conserveira de Massó Hermanos. Aquel son que viña do mar co aroma da salitre, marcaba as quendas de traballo, os xornais, as marés, as comidas: era o reloxo da vila feito de salmoira e escabeche a carón do mar. Desde os anos oitenta, nos que se executou o peche da baleeira pola moratoria internacional que prohibe a captura de cetáceos, até os noventa, a conserveira que fora industria punteira a nivel europeo, comeza a esfarelar pola presión das novas forzas produtivas e deixa na rúa a centos de traballadores e traballadoras.

A

Daquela pegada da Revolución Industrial, impulsada polos cataláns, queda un entorno de edificios e terreos que compoñen un conxunto de vital importancia tanto a nivel arquitectónico como paisaxístico, que os levan a ser considerados Ben de patrimonio industrial. Aínda así, o escurantismo especulativo e gobernativo desenvolvido desde o cese de actividade da conserveira, fixo deste enclave peza cobizada e fundamental para os planos de desenvolvemento da

comarca. Como se pode ver, Massó desde o Salgueirón segue a marcar hoxe en día os pasos políticos e económicos da Ría de Vigo. Tralo peche da factoría, no 1997 o Xulgado do Social nº1 de Vigo embargou irregularmente a finca de dominio público marítimo terrestre rexistrada co número 3402, para pagar as débedas aos traballadores de Massó. Frigoríficos del Morrazo mercoulla aos ex traballadores. No ano seguinte, o Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Cangas adxudicou a Frigoríficos del Morrazo a finca 3220, onde está a conserveira, parte da cal tamén é dominio público portuario obtido en termos de concesión. Sendo así, a Autoridade Portuaria de Vigo permitiu transmitir irregularmente as concesións existentes desde os traballadores a Frigoríficos, cando a lei non permitía nin o cambio de titular nin de uso das concesións. Lembremos que as concesións eran, e seguen a ser, no mar para a Confraría de Cangas autorizada para o marisqueo, e en terra a concesión de fábrica de conservas. Máis aínda, no 2003, a Autoridade Portuaria de Vigo convoca un concurso para outorgar unha concesión para porto deportivo sen ter aprobados nin un plan de usos nin un plan especial, e sen

ter como arriba vimos, ao seu dispor os terreos afectados. Gaña o concurso Frigoríficos del Morrazo, único candidato, e envía o proxecto a afectados e administracións. A Consellería de Pesca emite un informe claramente desfavorábel: alén de sinalar imprecisións na descrición da magnitude do proxecto, o informe incide na posible modificación do réxime de correntes, a creación de zonas de sedimentación e erosión, e especifica que é preceptivo e vinculante. Pero o proxecto segue adiante, Portos alegou que o informe chegara “fóra de prazo”. No ano 2004, sendo alcalde de Cangas do Morrazo o popular Enrique Sotelo, apróbanse nun tumultuoso pleno os convenios urbanísticos de Massó e Aldán, condicionados á existencia dun PXOM que contemplaba para Massó, alén do devandito porto deportivo con 420 amarres, a implantación dun hotel na baleeira, a construción de 750 vivendas e a transformación da antiga nave da conserveira en centro comercial. Rematou por quedar en suspenso no 2005 grazas a presión social exemplificada en dúas manifestacións. Pero, malia estar o PXOM anulado, comezan as obras do porto deportivo, e a loita por paralizalas do Foro

O Xornal # Información Obreira # nº 5

21


[ colaboración ] Social e a Confraría. A promotora tiña adiantado ao Concello un millón e medio de euros como primeiro pago dos tres millóns pactados a cambio da recalificación de terreos. Chegamos así a maio do 2007, o P.P. perde a maioría absoluta e créase un goberno tripartito BNG-PSdeG-ACE (Alternativa Canguesa de Esquerda): o rexeitamento dos convenios de Massó e Aldán, así como do porto deportivo, foi un punto programático chave, consensual no pacto de goberno. Clara Millán do BNG será a alcaldesa, e Mariano Abalo concelleiro de urbanismo. O novo equipo de goberno aborda a creación dun novo Plan Xeral, que será presentado en maio do 2008. Pero non está de todo clara a posición da alcaldesa e do BNG con respecto ao porto deportivo de Massó: o concelleiro de urbanismo Mariano Abalo reclama da alcaldesa competencias plenas para poder actuar. Xa en marzo do 2008, a secretaria do Concello de Cangas presenta un informe que conclúe que o devandito concello non pode paralizar obras en dominio público portuario. O Foro Social en resposta, presenta contra ela e a alcaldesa denuncia por prevaricación. Mentres, seguen as manobras empresariais de Marina Atlántica á que se incorpora Puentes y Calzadas, créase Complejo Residencial Marina Atlántica S.L., onde entra Caixanova co 50% do capital. Tratan de reiniciar as obras, que acaban por comezar en maio do 2009, baixo protección policial, ante a persistencia da cidadanía organizada en defensa dos usos públicos dos terreos de Massó e contra a trama especulativa que había anos se estaba a entrever. As mostras de solidariedade de organizacións cívicas e ecoloxistas van a máis, e mesmo fan acto de presenza no lugar da resistencia, onde un feixe de cidadáns manteñen a vixilancia día tras día, ao pairo da fermosura branca de Massó . O 28 de maio deste ano, o Rainbow Warrior, o buque insignia do Greenpeace, fondeou fronte o litoral en conflito, para manifestar o seu apoio e a súa preocupación polas funestas repercusións no medio mariño, e denunciar a posíbel desaparición dos fondos de maerls, fondos algas calcáreas de vital importancia na rexeneración e riquezas da ría, que se formaron durante milleiros de anos. E nesta dinámica prodúcense as primeiras detencións: o 13 de xullo o portavoz do Foro Social, Tiago Pérez, é detido cando intentaba impedir o movemento das máquinas no litoral. No día seguinte, o Premio Nobel da Paz Pérez Esquivel, visitou persoalmente o Salgueirón e, impresionado pola magnitude da

22

desfeita que implica o proxecto, falou de "especuladores de manual” fronte á “rebeldía cidadá”, e da necesidade dun “desenvolvemento a favor da vida e das persoas”. Pero a maquinaria especulativo-policial non para e o 20 de xullo, son detidas 16 persoas, entre elas a concelleira de ACE Maruchi Álvarez, do equipo de goberno. A “rebeldía cidadá”, que chama Pérez Esquivel, non calou e saíu a manifestarse polas rúas de Cangas o 1 de agosto da man de GALIZA NON SE VENDE, xuntando a máis de 6000 persoas, e recibindo a solidariedade de toda Galicia. Manifestouse nun acto por mar concentrando barcos marcando o perímetro de lámina de auga afectada. A “rebeldía cidadá” tamén estivo nos traballos da “Taberna do Salgueirón”, iniciativa levada a cabo na Lonxa de Cangas desde a Confraría para recadar fondos e facer fronte ás denuncias e contenciosos en curso, así como crear un espazo de información, debate e solidariedade, no que tamén estivo o Foro Social. É así mesmo de salientar, o paro da flota da Ría de Vigo no 11 de setembro e o apoio e mesmo presenza, da maioría das confrarías de

O Xornal # Información Obreira # nº 5

Galicia. Pero o 24 dese mesmo mes son detidos dous mariñeiros, e no mesmo día sae a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que bota unha presada de area sobre as pretensións da Confraría e do Foro Social, pero que apunta a cuestión da licenza de obras. Falabamos máis arriba da posición da alcaldesa no conflito, a sesión plenaria do día 25 de setembro é suspendida ante o requirimento dos mariñeiro presentes, así como veciños e veciñas en xeral, dunha postura clara pola súa banda. E a tensión no grupo de goberno faise cada vez máis patente, até o extremo de sérenlle retiradas as competencias de urbanismo ao concelleiro Mariano Abalo.Así as cousas, e mentres se van sucedendo os xuízos contra a cidadanía, o Tribunal do Contencioso de Pontevedra requiriulle ao Concello de Cangas o expediente da licenza de obras. E no ar fican as voces da cidadanía, como noutro tempo a sirena de Massó, a reclamar a preservación dos recursos pesqueiros e marisqueiros e a defensa do patrimonio cultural: S.O.S. MASSÓ! Porque Massó non se vende.


[ díxo...]

Díxoo… o Che rnesto Guevara, máis coñecido polo seu alcume “Che”, naceu en Rosario, na Arxentina en 1928, e finou, asasinado pola CIA e o exercito boliviano en 1967. Foi médico, guerrilleiro, político e escritor.

E

Entre 1956 e 1959 participou na revolución cubana como comandante, logo do trunfo da mesma, e ate 1965, participou na organización do estado cubano, ocupando os cargos de Presidente do Banco Nacional ou Ministro de Industria, sendo tamén encargado de varias misións diplomáticas internacionais, nas que destaca o seu discurso ante a asemblea da ONU en Nova Iorque. Convencido da necesidade de estende-la revolución por outras partes do mundo abandonou Cuba, primeiro para combater no Congo, logo para loitar en Bolivia, onde foi asasinado finalmente.

xuventude, nela depositámo-la nosa esperanza e preparámola para tomar das nosas mans a bandeira”. Pero agora imos ó noso texto, onde o Che explica como debe se-lo verdadeiro revolucionario: “O verdadeiro revolucionario é guiado por grandes sentimentos de amor. É imposible pensar nun revolucionario auténtico sen esa calidade. Quizabes sexa

Nesas condicións, hai que ter unha grande dose de humanidade, unha grande dose de senso da xustiza e da verdade para non caer en extremos dogmáticos, en escolasticismos fríos, en illamento das masas. Tódolos días hai que loitar porque ese amor á humanidade vivinte transfórmese en feitos concretos, en actos que sirvan de exemplo, de mobilización. O revolucionario, motor ideolóxico da revolución dentro do seu partido, consómese nesa actividade ininterrompida que non ten máis fin que a morte, a menos que a construción lógrese a escada mundial. Si o seu afán de revolucionario embútase cando as tarefas máis urxentes vense realizadas a escada local e esquécese o internacionalismo proletario, a revolución que dirixe deixa de ser unha forza impulsora e súmese nunha cómoda modorra, aproveitada polos nosos inimigos irreconciliables, o imperialismo, que gaña terreo. O internacionalismo proletario é un deber pero tamén é unha necesidade revolucionaria. Así educamos ó noso pobo.

Dos seus escritos, amais da súa obra autobiográfica, debemos destacar a súa obra “A Guerra de Guerrillas” como manual de tácticas e estratexias da guerrilla cubana, ou un dos seus textos fundamentais, no que nos vamos a deter hoxe, “O socialismo e o home novo”.

“O socialismo e o home novo” non é máis que unha carta do Che, dirixida a Carlos Quijano, e publicada no semanario “Marcha” en 1965, onde expón unha idea clara: a do papel do individuo dentro dun sistema de masas, ou de cómo a individualidade, ben dirixida nas súas ansias revolucionarias pode se-lo motor da masa socialista. O Che outorgaba neste escrito un rol fundamental á ética individual, tanto do guerrilleiro durante a revolución, como do cidadán na sociedade socialista. Este aspecto desenvolveuno baixo o concepto do “novo home socialista”, ó que ollaba coma un individuo fortemente movido por unha ética persoal que o impulsaba á solidariedade e ó ben común sen necesidade de incentivos materiais. Neste senso o Che outorgaba un valor central ó traballo voluntario que ollaba como a actividade fundamental para formalo “home novo”. Deste traballo do Che destaca a seguinte frase, acollida para incentivar á xuventude revolucionaria: “A arxila fundamental da nosa obra é a

o marco dos amigos responde estritamente ó marco dos compañeiros de Revolución. Non hai vida fora dela.

un dos grandes dramas do dirixente; este debe unir a un espírito apaixonado unha mente fría e tomar decisións dolorosas sen que se contraia un músculo. Os nosos revolucionarios de vangarda teñen que idealizar ese amor ós pobos, ás causas máis sagradas e facelo único, indivisibel. Non poden descender coa súa pequena dose de cariño cotián cara os lugares onde o home común o exercita. Os dirixentes da Revolución teñen fillos que nos seus primeiros balbúceos, non aprenden a nomear ó pai; mulleres que deben ser parte do sacrificio xeral da súa vida para leva-la Revolución o seu destino;

Claro que hai perigos presentes nas actuais circunstancias. Non só o do dogmatismo, non só o conxelalas relacións coas masas no medio da grande tarefa; tamén existe o perigo das debilidades en que se pode caer. Si un home pensa que, para dedicala súa vida enteira á revolución, non pode distrae-la súa mente pola preocupación de que ó seu fillo fáltelle determinado produto, que os zapatos dos nenos estean rachados, que a súa familia careza de determinado ben preciso, baixo este razoamento deixa infiltrarse os xermes da futura corrupción. No noso caso, mantivemos que os nosos fillos deben ter e carecer do que teñen e do que carecen os fillos do home común; e a nosa familia debe comprendelo e loitar por elo. A revolución faise a traveso do home, pero o home ten que forxar día a día seu espírito revolucionario.”

O Xornal # Información Obreira # nº 5

23


[ a nosa historia]

Patria E Loita Anos 70, a orixe do sindicalismo galego (I) s inicios da década dos anos 70 marcaron o devir do sindicalismo galego de clase, pois foi cando se ergueron os piares sobre os que se apoiaron, de aquí en adiante, todas as siglas do noso sindicalismo. Estes anos finais da ditadura fascista e franquista estiveron protagonizados, dunha banda, pola represión sen tregua das forzas coloniais da ditadura española e, doutra banda, polo nacemento dese sindicalismo antes mencionado.

O

Nesta etapa político-sindical hiperactiva quedan ben reflectidas a “fronte interna”, ou dialéctica entre diferentes perspectivas sindicais galegas que impediron a unión baixo as mesmas siglas, e a “fronte externa” ou loita contra o colonialismo e o sindicalismo pactista. En canto á fronte externa, e dende un punto de vista sindical, agudízase a dialéctica con aqueles que representaban o sindicalismo español na loita antifranquista, nomeadamente as Comisións Obreiras (CC.OO) e as Xuventudes Comunistas (XX.CC). Esta confrontación deu pé a que en outubro do ano 1971 xurda a idea de Organización Obreira (O.O.), que se formalizará en abril do ano 72 e terá o seu campo de acción principal en Vigo. O.O. serán referente sindical nun período breve pero intenso, tendo o seu punto de actividade álxido no conflito de Talleres Kober de Vigo (abril do 72) e na folga da cidade olívica en setembro deste ano 1972. Tras estas dúas folgas, e a consecuente represión, Organización Obreira autodisolveuse no ano 1974. En cando á fronte interna séntanse as bases dos enfrontamentos posteriores entre as distintas posicións políticosindicais de xerme nacionalista, enfrontamentos que levarán á división do sindicalismo galego e que aínda hoxe perduran e son obxecto de diferenzas. Xunto a Organización Obreira hai que mencionar o nacemento de Galicia Socialista da man de Camilo Nogueira e Xan López Casal,

ligados ambos os dous á factoría de Citroën, que tenta crear un sindicato nacionalista pero que ao fracasar remata por integrarse na UPG. Estes primeiros e convulsos pasos do noso sindicalismo tiveron un antes e un despois nas folgas obreiras de Ferrol e Vigo no ano 1972. A cidade ferrolá marcará para sempre a nosa memoria cunha data, o 10 de marzo, na que o fascismo deixou caer a súa man asasina sobre Amador Rey e Daniel Niebla durante a folga dos obreiros de Bazán. O outro fito histórico foi a folga de Vigo iniciada na factoría de Citroën o 9 de setembro que se estendeu a Vulcano, Santodomingo, Barreras... e levou ás rúas a uns 15.000 traballadores dos que 6.000 recibiron a carta de despedimento da patronal, aínda que ao final só se lle fixo efectivo a 400 traballadores. A UPG, neste contexto, foi quen de entender que o proletariado galego precisaba dun movemento obreiro común que en adiante lle puidera facer fronte ao fascismo da patronal ao tempo que nutrira de novos cadros ao nacionalismo. A necesidade estaba aí, só había que darlle forma. O primeiro intento nesta dirección, a finais de 1972, foi a Frente Obreira xurdida tras unha xuntanza en Pontevedra, e cuxo responsábel era Moncho Reboiras. O seu voceiro denominouse “O Eixo”. A segunda pedra foi a fundación das Comisións Labregas a principios do ano 1973, que tiñan como voceiro “Fouce”. En xuño deste mesmo ano elabórase un borrador provisional baixo o epígrafe: Borrador provisional para discutir sobre as bases dunha organización dos traballadores asalariados a nivel sindical, redactado por Moncho Reboiras e Manolo Lima, este último de Galicia Socialista. Neste borrador aparecía como nome provisional desa organización Unión de Traballadores (U.T.).

Os eres, o termómetro da precariedade laboral por Manuel Camaño egundo o propio Ministerio de Traballo, o número de traballadores e traballadoras afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE) entre os meses de xaneiro e de outubro de 2009, en todo o estado español, foi de 462.590 persoas; a estas alturas superaron con creces o medio millón de afectados, superando os 16.000 expedientes.

S

Chama a atención que Galicia ocupe o cuarto lugar por comunidades autónomas, detrás de Cataluña, Valencia e Euskadi por esta orde. Este dato pon de manifesto claramente a fraxilidade do tecido laboral no noso pais, e a facilidade con que a chamada Autoridade Laboral ten autorizado expedientes de regulación de emprego, polo simple motivo de ter sido presentados no rexistro.

24

O Xornal # Información Obreira # nº 5

Seguindo analizando os datos do Ministerio, chama tamén a atención que no mesmo período dun total de 16.084 expedientes, foran pactados 14.552 incluído o despedimento de 53.867 traballadores/as. Os datos son elocuentes da actitude sindical que, lonxe de enfrontar a arremetida da patronal, mansamente axeónllase diante desta e da bendición do Goberno, á práctica abusiva e inxustificada dos expedientes. Cabería subliñar que ademais do valor aritmético que arroxan os datos analizados. Os ERES foron sutilmente utilizados pola Patronal para meter máis e máis medo a clase traballadora. Desgraciadamente resultoulle e a conivencia sindical foi evidente.


[ opinión]

Eleccións en Portugal A imaxe da desconfianza! un clima de grande inestabilidade social, no pasado setembro realizáronse as eleccións para a Asemblea da República. De aí quedou electo o goberno que dirixirá os destinos de Portugal nos próximos catro anos.

N

O PS ( Partido Socialista) elixiu para a próxima lexislatura 97 deputados, o PSD ( Partido Social Democrático) 81, o CDS-PP ( Centro Democrático Social – Partido Popular.) 21, o BE ( Bloco de Esquerdas)16 e o PCP-PEV ( Partido Comunista Portugués- Partido Ecologista Os Verdes) 15. En termos globais, a abstención foi de 40,32 por cento. En 2005, o PS obtivo maioría absoluta ao alcanzar 45,05 por cen dos votos, elixindo 121 deputados, mentres o PSD conquistou 28,70 por cen e 75 deputados. A terceira forza política foi a CDU ( Coligação Democrática Unitaria, coalición formada polo Partido Comunista Portugués e polo Partido Ecologista Os Verdes.), con 7,56 por cento e 14 deputados. O CDS-PP obtivo hai catro anos 7,26 por cento, elixindo 12 deputados, e o Bloco de Esquerda 6,38 por cen, ficando con oito escanos. Paulo Portas ( Ex-ministro da defensa e líder do CDS.) foi o grande vencedor desta noite electoral, tendo accedido ao posto de terceira forza política portuguesa, con 10,46% e case 600 mil votos (contra os 432 mil e 7,26% en 2005). Pero, aínda máis relevante – froito da distribución dos mandatos –, consegue elixir 21 deputados con a penas 35 mil votos menos que o BE. Este non conseguiu alcanzar a meta de acabar estas lexislativas en terceiro posto e ficou a cinco deputados dos centristas. De calquera forma, como tiña oito no último hemiciclo, duplicou a súa bancada parlamentar. A CDU tivo 100 mil votos menos que o BE, pero, froito da concentración do seu electorado, chega á fin do escrutinio só con un deputado menos que os seus rivais de esquerda. O que non evitou a súa baixada para a forza menos representada no Parlamento.

desde 2005. A vitoria débea, porén, ao máis de un millón de votos que recuperou, ou gañou, desde as europeas de Xuño. En canto á xeometría parlamentaria, segue a haber maioría de esquerda, pero non dun partido só: xuntos, PS, BE e PCPPEV conseguen 127 deputados, apenas seis máis que os que os socialistas conquistaron hai catro anos. Por outro lado, PSD e CDS soman 99. Sen a soñada maioría parlamentaria, o primeiro ministro José Sócrates vese obrigado a formar goberno minoritario e sen o apoio dos outros partidos. Neste momento en Portugal a gobernabilidade depende directamente das decisións da oposición. Para moitos portugueses isto é motivo de alegría, acabáronse os gobernos arrogantes, do PS e do PSD. No entanto, é motivo de preocupación a subida do CDS, partido eufemisticamente chamado de centro, pero que en realidade corresponde á dereita cristián e conservadora, que con un discurso populista e en algúns casos de exaltación nacional, conseguiu conquistar o electorado máis descontento coa clase política e cos sucesivos gobernos dos dous partidos maioritarios. Parece preocupante concluírmos que moitos dos novos votantes deste partido saíron do electorado máis mozo. Tamén me parece digno de reflexión a espectacular subida do Bloco de Esquerda, que cun discurso suave de esquerda caviar, intelectual e moderna, consegue conquistar a todos aqueles que tendo unha moral de esquerda se asustan con palabras como comunista, ou expresións tipo loita de clases. Conceptos que segundo eles están xa resesos. Está xa aberto este novo circo da democracia representativa, e os portugueses seguen esperando solucións, o peor é que agora parece que non lles importa de onde veñan.

O PS tivo tamén unha vitoria, pero que acabou por corresponder ao mínimo do que se esperaba ao inicio da noite, cando as enquisas lle daban entre 36 e 40% dos votos, lonxe da meta non asumida – pero soñada nos últimos días de campaña – da maioría absoluta. Quedou nos 36,56%, e 96 deputados, tendo perdido 500 mil electores

O Xornal # Información Obreira # nº 5

25


[ opinión]

Mulleres Mariñeiras por Cándido Villar Rodríguez a lembranza dos “nosos ancestros”, hoxe tócalle o turno ás mulleres vencelladas ó mar, que foron –coma no caso dos homes- a maioría das veciñas de Chapela. Polo que eu lembro, era unha imaxe cotiá ver ás mulleres –o saíren da fábrica de conservas- con patelas na cabeza para vender o peixe que os homes pescaban. Tamén era traballo delas carrexar a colchoneta e un feixe de roupa cada vez que o seu mariñeiro embarcaba ou desembarcaba.

N

Cando a pesca era “ao día”, tiñan que levarlle á Ribeira un tanque de café con leite –ou cascarilla- e, de paso, subastar o quiñón que lle pertencía ao mariñeiro. A maioría das veces, todas estas viaxes facíanse a pé por aforrar o billete do tranvía ou por non pagar o fielato. Os veciños de Chapela aínda se lembran da venda de peixe que se facía na estrada de Laredo. Canso pasaba por alí o entañable “Chúchete” levando as súas vacas, sempre berraba: “¡Chapela, plaza de la maralloca!”... Eu sempre lle chamarei do mesmo xeito. Arredor daquelas mulleres vendendo e mercando peixe recén pescado nunca faltaba a Sra.. Barbeira e a Sra.. Pastora coas súas rosquillas e con froitas de todas as castes: peras, mazás, laranxas... Os cativos que por alí xogabamos, buscabamos momentos de despiste para deixar as súas patelas cunha rosquilla ou unha pera de menos. A cesta da porreta asaltabámola na festa do Carme ou do patrón. Estou seguro que máis dunha vez nos sorprenderon e nunca dixeron nada... Non sei se eran máis doces as súas rosquillas ou os seus corazóns. Esgotadas as posibilidades de venda no Laredo, as mulleres erguían as patelas e ¡veña!, ían de casa en casa anunciando as súas mercadorías. “¡Beretes, xoubas, fanecas...!” Moitas delas aínda tiñan tempo para afumar as xoubas e salgar o bacallao. A tía Esmeralda, Josefa a Santa, a Feixona e a Pajualera eran peixeiras “ao grande”. Daba ledicia miralas coas inmensa patelas cheas de peixe prateado por calquera rúa do Toural, de Guixar ou pola

26

O Xornal # Información Obreira # nº 5

Calzada. É máis que probable que algunha das veciñas de Chapela tiveran máis oficio que algún “lobo de mar”. Poucos destes atreveríanse con Isabel a da Praia e con Marina a Capela cunha liña, cun bou ou collendo un remo na man. Mariscando sempre foron mellores as mulleres que os homes. Na época da que falamos –anos cincuenta e tantos- os aparellos eran de inferior calidade que os de hoxe en día, polo que tiñan que ser lavados e tendidos na area da praia cada día; con frecuencia era preciso encascalos para facelos máis duradeiros. Normalmente eran as mulleres as que se preocupaban de gardar o sitio na praia para secar as redes. Nesta situación, unha das funcións máis sobranceiras era, sen dúbida, a das “atadeiras”. Elas facían o milagre de que os barcos saíran ao mar despois de grandes avarías nas súas artes de pesca. Era doado atoparse con elas en calquera lugar perto do mar, cubertas cos seus sombreiros de palla, enchendo as agullas e mantendo firmes os panos co dedo gordo do pé. O seu horario de traballo semellaba ser máis longo que as horas do día, pois non tiñan momento de acougo, fora martes ou domingo. As atadeiras eran tan necesarias coma o propio barco. O barco podía fallar; as que non fallaban nunca eran elas: María Cacharela, Aurora Curruca, Adoración Cambados, Conciencia Macoca, Rogelia Zapateiro, Emilia Ideas, Juana Can Grande, Maruja Potro, Gelita Cura, Gumersinda Corno, Josefa Sambrú, Filomena Corcona, Emilia Curruca, Claudina Corno e algunhas máis. Todas as mulleres que aparecen neste “Ancestros” forman parte da vida mariñeira de Chapela. Vaia para elas miña homenaxe máis sinceira por terme dado tanto agarimo ao carón das súas patelas, e seren as fadas que me engaiolaron nas mallas máis profundas das súas redes.


[ opinión] O ocaso do poder de La Voz? por Marcos A actitude dos sindicatos foi criticada por moitos traballadores, que ven na aceptación da redución salarial un primeiro paso para futuros recortes

unha parte importante destes cartos, como xa o fixo en etapas anteriores, e de seguro que o xornal utilizará toda a súa capacidade de presión e influencia para conseguilo.

As elites coruñesas buscan liderar Galicia en beneficio propio, marcando o ritmo das decisións políticas e a axenda informativa

Estes problemas económicos xa están tendo consecuencias para os traballadores. Hai uns meses a empresa propúxolles aos redactores unha revisión do convenio laboral que incluía unha 'oferta' de redución dun tres por cento nas nóminas e a ameaza de que se o convenio era rexeitado o xornal tería que desfacerse duns cincuenta traballadores. Os sindicatos con representación nos distintos comités de empresa aceptaron o 'preacordo de medidas transitorias anticrise 2009-2012', que foi refrendado polo 78% dos traballadores, co obxectivo, segundo Comisións Obreiras, de “seguir remando todos juntos en estos difíciles momentos, sin perder a nadie por el camino”. Porén, a actitude dos sindicatos foi criticada por moitos traballadores, que ven na aceptación da redución salarial proposta polo empresa un primeiro paso para futuros recortes.

La Voz de Galicia está a piques de saír do reducido 'clube' de cabeceiras que no Estado Español distribúen máis de cen mil exemplares cada día. A súa difusión

La Voz distribúe, ademáis, máis de sete de cada dez xornais na provincia da Coruña, o que fai discutible a afirmación de que se trata dun medio de alcance “ rexional” (102.858 exemplares diarios no 2008) leva anos experimentando continuos descensos, dende a marca acadada en 2002 coa crise do Prestige, cando superou os 111 mil. Ademais, nos últimos anos, o xornal mantívose por riba da liña simbólica dos 'cen mil' unicamente a costa de aumentar os mecanismos de difusión atípica, que pasaron de significar o 4.93% en 2004 a ser o 10.4% en 2007. La Voz distribúe, ademais, máis de sete de cada dez xornais na provincia da Coruña, o que fai discutible a afirmación de que se trata dun medio de alcance 'rexional' ou 'galego', como se defende dende Sabón. O xornal de Santiago Rey atravesa dificultades económicas. Aos seus problemas tradicionais, provocados por unha estrutura sobredimensionada formada por doce delegacións e doce edicións distintas, únense o descenso de vendas e de publicidade, común a todas as cabeceiras, e, a maiores, dúas necesidades económicas específicas. Por unha banda, La Voz debe poñer en marcha a súa canle autonómica de TDT, concedida polo goberno de Manuel Fraga en 2005, un forte investimento económico ao que non pode facer fronte neste momento. Pola outra, o xornal ten que adquirir unha nova rotativa, un gasto de varios millóns de euros. La Voz quere que a Xunta achegue

Boa parte do actual dominio de La Voz pode explicarse por un feito xeracional, produto do compromiso coa democracia que o xornal demostrou entre 1969 e 1977 baixo a dirección de Francisco Pillado. Nese

“... a actitude dos sindicatos foi criticada por moitos traballadores, que ven na aceptación da redución salarial proposta pola empresa un primeiro paso para futuros recortes” período La Voz deulles voz ás forzas da oposición, o xornal corría de man en man entre os obreiros de Vigo e Ferrol e entre os estudantes de Compostela, e foron varias as multas que o Ministerio de Información lle impuxo; de feito, o propio Manuel Fraga tiña prohibida a entrada no xornal por orde de Pillado. Os lectores que agora teñen entre corenta e sesenta anos gardan dese período a imaxe de La Voz como un medio comprometido co país e progresista, en oposición á prensa local de cada cidade,

máis conservadora. Este grupo xeracional é o que hoxe ocupa os principais postos de responsabilidade, e é ademais o que en maior medida merca prensa en papel.

La Voz quere influir na política galega dende a cidade da Coruña Despois chegou a loita pola capitalidade, na que La Voz, como xornal coruñés que é, tomou partido “volcanicamente” pola cidade herculina. E chegou tamén o poder autonómico e con el a decisión da empresa de tomar as rendas da información política galega e de limitar a autonomía da que até aquel momento gozaran os xornalistas. Este proceso, que afectou a todas as cabeceiras do país, completouse cando as empresas de información se converteron en empresas multimedia, o que aumentou aínda máis o control que os editores querían ter sobre as decisións xornalísticas. La Voz quere influír na política galega dende a cidade da Coruña, actuando como instrumento dos grupos de poder locais, empresariais (Inditex, Jove, Castellanos...) e financeiros (Caixa Galicia e Banco Pastor). Perdida a loita pola capitalidade nos anos oitenta, unha derrota que aínda doe, as elites coruñesas buscan liderar Galicia en beneficio propio, marcando o ritmo das decisións políticas e a axenda informativa, da mesma maneira que as elites madrileñas e os medios de comunicación da capital do Estado fan cos políticos e a prensa 'de provincias'. Na última campaña electoral La Voz abandonou a aparente neutralidade política que mantiña para lanzarse a un ataque contra o goberno bipartito, unha acción da que saíu triunfante, colocando a Alberto Núñez Feijoo no poder e deixando patente a súa innegable capacidade de influencia política na provincia da Coruña. Pode que os problemas económicos da empresa de Santiago Rey sexan a orixe da campaña que encetou contra o Bipartito, pero nesta batalla, na que Touriño e Quintana perderon o goberno, La Voz tamén acabou ferida, espida fronte aos seus lectores máis fieis. Se cadra a deserción non é inmediata, pero despois do 1 de marzo para moitos, aínda que o sigan mercando a diario, La Voz xa non é o xornal que os representa

O Xornal # Información Obreira # nº 5

27


[ colaboración ]

Reponsabilidade por Dionísio Pereira a memoria do cenetista coruñés Javier Pose Varela, quen, preso na cadea sevillana de Dos Hermanas a fins dos anos 40, pasou polo trance estarrecedor de perder aos seus dous fillos pequenos, contaxiados de hidrofobia por un can arrabeado no transcurso dunha visita ao seu pai.

N

Ninguén poderá negar que, aínda hoxe, hai múltiples referencias (simbólicas unhas; fácticas outras) que nos retrotraen a un golpe de estado que provocou a inxusta morte de 8.000 persoas e a persecución implacable dun monte delas en Galicia; que trouxo a moitos fogares do Estado español o horror e a miseria. Tamén unha dor sen remedio que, mercé á teimosía da cidadanía que reivindica a “memoria dos vencidos”, hoxe pode se manifestar en público e recoñecerse en sí mesma e na dos demais. Unha dor que, quenes andamos nestas angueiras ben o sabemos, agroma a cada paso no magoado discurso das vítimas ou dos seus achegados, crebando a fala, mudando a face, turrando das bágoas. Lembrar a persecución, o maltrato, a humillación, a miseria e a morte, doe de xeito irresistible, mais tamén arrepía a derrota moral daqueles que non quixeron ou non puideron manter o seu ideario e a súa dignidade, quer por medo, quer por cálculo. Pero a dor esparexida polos sublevados de xullo de 1936 esténdese máis alá das fronteiras da cidadanía masacrada e do tempo tinguido de “ira azul escuro”, afectando a destempo ao universo dos propios vencedores. Non me estou a referir aos familiares dos combatentes do exército de Franco falecidos na contenda, nin aos parentes dos que foron inxustamente represaliados no territorio leal á República, que tamén os houbo; unha dor, ao cabo, semellante no seu inicio ao padecido polos vencidos, mais atemperado posteriormente polo recoñecemento público dun franquismo que repartiu prebendas a eito a excombatentes, mutilados ou “mártires pola causa” e construíu un espazo simbólico incuestionable para exaltar aos participantes na “Cruzada” e, de paso, ocultar os padecementos da humanidade vencida. Un espazo simbólico que, a di-

28

O Xornal # Información Obreira # nº 5

ferencia do acontecido en Alemania ou Austria tras a IIª Guerra Mundial, segue a ser reivindicado por boa parte da dereita política española que se reclama da “memoria dos vencedores” (velaí o comportamento do PP verbo da famosa estatua coruñesa de Millán Astray) e, xa que logo, condiciona a identidade democrática do sistema político xurdido tras os pactos tutelados que configuraron a chamada “Transición”. Non, estou a matinar noutra clase de dor, desta volta sobrevenida: a que padecen os achegados aos represores cando a persistente brétema do esquecemento imposto pola conformidade dos intereses creados ou polo medo, comeza a se levantar tras o traballo das persoas comprometidas coa recuperación da “memoria dos vencidos”, e dan en coñecer os brutais episodios nos que puido estar implicado o seu devanceiro. Unha dor de seguro incomparable á padecida polas familias das vítimas do franquismo, pero un sentimento ao cabo que debe ser respectado, sempre e cando non impida o coñecemento e a valoración do acontecido. Ninguén dubida da ausencia de responsabilidade destes seus familiares (non poucos deles, nesta altura, simpatizantes ou militantes de organizacións que se reclaman da esquerda) respecto dos feitos pasados. Na sociedade actual non existe, ao meu entender, ningunha ilóxica teima vingativa neste eido. Mais esta constatación ten outra asociada, que non debemos obviar: a grande maioría destes descendentes dos represores franquistas, manteñen unha actitude de agresividade e mesmo de negación da “memoria dos vencidos”, albiscada como unha ameaza quer ás súas lembranzas familiares, quer á súa consideración social. Mais ao contrapoñer a súa propia memoria persoal fronte á dos represaliados e represaliadas de xeito infame, sitúanse nun egoista plano de inxustiza e de escurantismo, rexeitando así o seu concurso á rexeneración democrática que o Estado español (Galicia, tamén) precisa con urxencia. Velaí a súa responsabilidade.


[ colaboración] No mesmo barco por Alberto Lema ntón, a crise era isto? Unha onda un pouco máis alta, unha treboada máis, unha vía de auga non moi ancha. Brúan as alarmas e todos acudimos ao rescate do barco, empregamos todos os medios, todos os brazos, todos a unha. E cando por fin semella salvada a situación, descubrimos que a algún se lle entupiu a fechadura do camarote e ten que durmir ao raso, outros, os de sempre, seguen a pedir un cabo desde a súa pateira. A normalidade parece restaurada: a proporción de excluídos e privilexiados variou un chisco, nada grave, iso fará que os remeiros (os afortunados que conservan un remo) boguemos aínda con máis ansia. Na ponte de mando semella un pouco revolta a cousa: o patrón, o armador e o representante dos remeiros interpretan unha comedia chamada “Mesa de Diálogo Social” na que os tres actores principais semellan saír triunfantes da disputa ficticia e reciben o aplauso unánime e entusiasta cada un do seu público: galiñeiro, palcos da esquerda e palcos da dereita. Todos contentos, parte da tripulación conservará o seu traballo, o armador o barco e o patrón o mando. Os excluídos? Subsidiados. Os outros? Os outros non existen.

E

Desculpará o lector esta metáfora esquemática e abofé que nada orixinal do vivido durante os últimos meses no que se deu en chamar “crise do capital financeiro”, como se houbera diferenza algunha entre o Capital e o capital financeiro, como se non funcionasen os dous con idéntica lóxica de acumulación e lucro. Deteñámonos un chisco máis na comedia da “Mesa de Diálogo Social”. Nun cuarto pechado entran o representante da patronal, dous portavoces sindicais e un mediador do goberno. De alí a un par de horas saen para fóra os catro e atenden aos xornalistas. O representante da patronal é recibido coma un heroe, non cedeu un milímetro, aínda máis, está á ofensiva, pide cambios, flexibilidade laboral. Os sindicalistas tamén son vitoreados, non cederon un milímetro á presión da patronal. Folga? Quen dixo que a folga axudase a saír dunha crise? O representante do goberno tamén está satisfeito: nin cedeu á presión da patronal, nin haberá folga. Os axentes sociais están aí, loitan polos nosos intereses. A democracia funciona. Oraben, que hai de certo en todo isto? Non é un pouco raro de máis que dunha mesa de negociación saian sorrindo a patronal e os sindicatos? A resposta é evidente. Todo o sucedido ante os nosos ollos tivo a forma dunha inmensa farsa: os millóns de empregos destruídos, e os miles millóns de euros entregados á banca especuladora coinciden no tempo coa discusión sobre a necesi-

dade de restarlle aínda algún dereito máis aos traballadores. Falouse de abaratar o despedimento, de retrasar a idade de xubilación, de aumentar o horario laboral… cada nova medida regresiva era acompañada pola noticia dun banco máis que debía ser salvado, dunha ampliación do creto a unha gran empresa. Coñezamos algo máis de cerca os actores principais. O policía bo do Capital. A socialdemocracia é o mellor artefacto ideolóxico do Capital; paraliza o movemento obreiro ao crear a ilusión de que representa os seus intereses e, ao mesmo tempo, pretende facer pasar as súas políticas de integración da diferenza (recoñecemento dos dereitos de todas as minorías de xénero, opción sexual, étnicas ou nacionais) polo que debería ser a verdadeira política de esquerda: a redistribución da riqueza. Como sabemos, en ningún momento pretende a socialdemocracia cuestionar a lexitimidade do Capital ou da propiedade e, ao mesmo tempo, estes gañan unha paz social impensable cando está no poder un goberno de dereitas. Isto foi o caso do acontecido no estado español durante o último ano: o goberno Zapatero preséntase a si mesmo ante a opinión pública como paladín da clase traballadora simplemente por non lle ter entregado á patronal a súa tan arelada “maior flexibilización do mercado laboral” e por prever, para unha parte dos que perderan o seu emprego, un subsidio miserento en comparación co recibido polos bancos. A patronal. Tras da caída do bloque comunista, o capitalismo confúndese co real, está naturalizado, semella non ter alternativa. Neste estado de cousas, o liberalismo defende unha hipertrofia do mercado libre: zafado do inmenso peso do estado e dos impostos precisos para mantelo, o capital liberado revertería, en primeiro lugar, no mercado facéndoo máis forte e, en segundo lugar, na sociedade seguindo a lei da competitividade (os mellores gañan máis). A falacia deste postulado non merece comentario, pero o inmenso aparato de propaganda do liberalismo foi capaz de facer universal o seu relato baseado nun soño (consumista) americano alcanzable para todos mediante o esforzo individual, a ambición, a eficacia e a competencia sen límites. A solución á crise do mercado libre sería entón, paradoxicamente, máis mercado e máis libre. En España, os anos dourados no económico do aznarato (coincidentes co momento de suba da economía mundial) sentan un pre-

cedente favorable a esta opción desaproveitado pola actual cúpula do PP, ao parecer, por motivos de febleza no liderado e polos abundantes casos de corrupción destapados, probablemente, desde os servizos de información do estado. Os sindicatos pactistas. Ao aceptaren as regras de xogo impostas polo sistema, as dúas grandes centrais sindicais españolas aceptaban unha especie de castración química: en teoría, seguen posuíndo os atributos propios dunha organización obreira, pero xa non desexan usalos máis. Están inapetentes. Pódese dicir que o aumento dos afiliados, liberados e funcionarios foi directamente proporcional ao descenso dos peches, folgas e piquetes. Saíulle barato ao Estado Patrón solucionar o tema da conflitividade social. U-la a esquerda? A esquerda anti-capitalista sobrevive nas marxes do sistema, fragmentada en multitude de unidades cada vez máis pequenas e insignificantes que son o caldo de cultivo perfecto para a aparición dos vellos males do sectarismo, o dogmatismo, os pequechos líderes/caudillo e o recurso á acción desesperada. A pesares de que a presente crise sexa unha contundente reválida da ecuación marxista sobre o ciclo de acumulación, especulación e caída do capital, a esquerda é incapaz de xerar sequera un mínimo debate social sobre a cuestión. Conclusións: Rebélate, proletario, o único que tes a perder son as túas cadeas! Dixo Marx unha vez. Hoxe, a cultura do consumo retrucou un chisco a validez da súa arenga; xa moitos temos algo máis que perder. No mesmo barco, é a canción do patrón, estamos todos no mesmo barco, cómpre saír pronto da treboada, volver seguros a porto e bussiness as usual. Lembremos a cita de Benjamin: para a clase obreira, todas as situacións son situacións de emerxencia. A presente crise non creará por si mesma as condicións para o colapso do Capital, de momento, o único que podemos asegurar é unha rápida suba do fascismo e do racismo. Se non creamos xa os axentes precisos da esquerda, a vindeira década será a da total americanización de Europa, isto é, eliminación progresiva dos dereitos dos traballadores, ampliación enorme das bolsas de pobreza e conseguinte aumento da loita pola supervivencia por abaixo. Finalmente, o que aprendemos da Historia é que non hai revolución sen axente revolucionario.

O Xornal # Información Obreira # nº 5

29


[ colaboración ]

Capitalismo e propaganda por Xabier Cordal anto para quen cre nas conspiracións dun Gabinete Central (xudicial, executivo e lexislativo) como para quen pensa que o Réxime económico globalizado é irredutible a factor ningún alén do beneficio -e daquela se limita a xestionar o caos diariamente- o certo é que unha das maiores vitorias do liberalismo foi a propaganda.

T

Vinte anos despois de que caese o Muro de Berlín e se materializasen aqueles muros que realmente sempre estiveran aí, os que separan o Centro das periferias -da cidadanía excluída, en palabras de Francisco Sampedro-, os que manteñen os ricos a salvo dos pobres; vinte anos despois mesmo as películas que describen a derrota do socialismo real (Good Bye, Lenin) inciden na propaganda como chave mestra do sistema triunfante. O mellor rendemento da propaganda capitalista dáse coa publicidade indirecta. Non é preciso, para educar as masas, insistir nos valores do libre mercado. Labores de propaganda ideolóxica de máis alto nivel xa ocupan os informativos, as radios e as columnas de xornal. Á xente non se nos di: “defender o Capital é tarefa de todos” (ben faría a esquerda que trata hoxe de buscar un espazo na xungla vixiada do marketing asolagando as conciencias con sarcasmos coma ese, que contén, por certo, a Palabra Prohibida). Cada anuncio, con independencia do produto que tente

trasladar ao noso desexo, funciona como imaxe espellada dos valores desta última fase capitalista. A maior parte das veces non entraremos en contacto co referente material desa imaxe, só recibiremos a súa representación. Os imperios, aínda que seguen gastando moito diñeiro en impresionarnos co luxo ou coa grandiosidade arquitectónica, empregan moitísimo menos nesa propaganda de efecto limitado polo número de recepcións potenciais- ca nas campañas publicitarias baseadas no espot televisivo, ao que acompaña boa parte da mellor creatividade do noso tempo: deseño da imaxe e do concepto asociado á marca, estratexia comercial. No capitalismo avanzado xa se dedican máis da metade dos orzamentos empresariais á promoción. O sistema económico baséase na creación de desexos e na súa satisfacción mediante a compra, pero a súa sinxeleza non debe enganarnos. Os elementos de progreso obxectivo -especialmente os avances tecnolóxicos- a sofisticación da arte publicitaria ou o éxito á hora de inocular nas masas ideas e representacións autorreferenciais –carentes de conexión co que se denominaba “realidade”- deben levarnos a pensar nuns termos de eficacia similar aínda que os medios con que contamos sexan exponencialmente inferiores. Foi 1968 a última vez que boa parte da creatividade, do intelecto xeral e da rebelión traballaron co mesmo obxectivo gañando repercusión planetaria.

A nova reforma laboral e unha nova traizón sindical por Manuel Camaño pasado 12 de decembro, os sindicatos CCOO e UGT manifestábanse en Madrid nunha nova escenificación para enmascarar a súa actitude servil á patronal e o sistema capitalista. O cerne da convocatoria, e dos cínicos discursos de Ignacio F. Toxo e Cándido Méndez que coroaban o acto, foi: reforma laboral, pero non a calquera prezo. Lembrándonos o histórico lema de “OTAN de entrada no” de Felipe González.

O

Si, non hai saída. Na actual conxuntura non teñen máis remedio que ir a unha nova reforma laboral. O modelo capitalista e a súa caracterización no estado español precisa dunha nova redimensión do mercado laboral para aforrar máis custes. Lévano dicindo fai meses os Presidentes dos Bancos de España e o Europeo, lévano

30

dicindo fai dous anos a CEOE. Polo tanto; deámonos por fodidos, porque a Reforma Laboral estase precociñando e a fórmula vai ser o pacto sindicatos coa patronal co visto bo do Goberno de Zapatero. Cando desde a CUT somos categóricos coa inminencia da Reforma Laboral, non é que lexitimemos a súa comenencia nin moito menos, dicímolo porque estamos seguros que con este sistema non é posible mantelo prescindindo desta reforma (dígase abaratamento do mercado do traballo) para que os capitalistas recuperen os beneficios anteriores a Crise Capitalista, a gran coartada que utilizaron e seguen a utilizar. Desde as posicións sindicais de clase, incluso desde o simple posicionamento

O Xornal # Información Obreira # nº 5

progresista, claro que é posible saír da crise histórica dos traballadores e traballadoras, acabando co sistema capitalista, camiñando a un sistema que priorize o reparto do traballo, do salario; onde se traballen trinta e cinco horas semanais, un sistema onde a orientación produtiva estea na racionalidade humana, no respecto ao medio ambiente e non no consumismo. Unha vez máis, debemos de dar a batalla frontal á nova Reforma Laboral. Unha vez máis debemos de sacarlle a caroza ós capataces sindicais que veñen a devolver o favor ó Goberno, hai que lembrar que CCOO e UGT recibiron por exemplo no 2008 case 15 millóns de euros, isto sen contar o que recibiron dos fondos de réptiles ou formación. A necesidade da resposta na rúa imponse unha ves máis.


[ os nosos poétas]

Elvira Riveiro Tobío (Cerponzóns, Pontevedra, 1971) iplomouse en Maxisterio en Pontevedra e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa en Compostela. Actualmente reside no concello de Cuntis. Entre outras actividades, dedícase ao ensino da lingua e da literatura galega. Publicou os libros de poesía Andar ao leu (2005) e Arxilosa (2005), onde se inclúen os poemas gañadores do XVII Premio Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona). En 2008 saíu Palabras brancas, un volume de poemas monovocálicos para nenos/as que foi finalista

D

do Premio Merlín de literatura infantil e mereceu o Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil do ano. Parte da súa obra está recollida en numerosas revistas, páxinas web, libros colectivos e antoloxías, como Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005). A asociación Redes Escarlata e a docencia ligárona indefectiblemente á tamén escritora e lingüista Silvia Penas; con ela escribiu Biografía da multitude, Premio de Poesía Victoriano Taibo 2009.

ATALANTA

Mira se son veloz que digo meu pai! e afasto o repudio ás alancadas. Será que me aleitou o sangue dunha osa e no bosque aprendín a ser esquiva das árbores andantes. Será que teño as coxas argonáuticas e entre cincuenta heroes o meu nome refulxe como vélaro de ouro ou pube iluminado pola neve.

A miña lixeireza non se explica nunha presada de palabras con enfeites nin no hermético silencio da doniña que canda min foxe da ira rigorosa dos humanos. Pero recollo a mazá e xa te alcanzo os inimigos ficaron na espesura e xa te alcanzo e podo andar a canda a cola dos cometas e xa te alcanzo e por máis douradas que sexan as mazás do teu amor mira mira se son veloz que xa te alcanzo.

Pode ser que me mova a vontade de imitar a corza que a tal hora se empoleira na peneda das cegoñas.

O Xornal # Información Obreira # nº 5

31


[ ataque escampe ] O Xornal (O.X.): Xabier Castro, Cándido Villar e Ricardo Castro Ataque Escampe (A.E.) O Xornal: Ataque Escampe créase no 2001, no ambiente universitario de Santiago. Teñen un estilo entre Los Enemigos e Urbanos Cabrera; non sei se sabedes quen é Urbano Cabrera.

AE: Non estamos de acordo. Penso que é o contrario, incluso pode facerse unha segunda lectura a raíz das eleccións autonómicas posteriores nas que houbo cambio de goberno. OX: É un pouco o cambio de goberno a volta a Alcatraz.

OX: É un cantautor de Gondomar

AE: Claro, claro. Ben, non vou ser eu quen diga que si é así pero... Pode que este disco á hora de escoitalo poidas estar menos predisposto a escoitar algo político despois do primeiro.

Risas

OX: É máis tranquilo o disco.

OX: Proclamádesvos músicos de Serie B. No 2007 gravastes o primeiro disco e no 2009 o terceiro “A grande evasión”. Son de varios puntos de Galicia e son a banda máis atraínte do posbravú.

AE: Musicalmente si, politicamente non. Tamén faise necesario falar de política sen ser moi explícitos. Sí, na canción política tamén hai moitos tópicos e nós queremos

Ataque Escampe: Non sabemos, soa a música cubana.

OX: Explicádenos iso de experimentalismo con temática bravú.

OX: Creative commons, é unha actitude? AE: É o comunismo do futuro. Hai que empezar por algo. Algo que naceu como algo comprometido contra os dereitos de autor hoxe xa está normalizado e calquera grupo que queira ser escoitado hoxe xa está en copyleft. Isto é o que vai vir no futuro e vénnos moi ben e tamén estamos en contra da propiedade intelectual. A propia política que ten a Regueifa, que é a plataforma na que estamos todos, é de publicar todo baixo creativecommons. OX: Este disco é máis intimista e ten menos carga política, non é?

32

Houbo xa reunións de grupos que fan música en galego para tentar facer unha asociación. Pola cantidade de grupos que estamos aí metidos, incluso grupos con tirón popular, a cousa pode ir tirando. OX: Tentouse facer un concerto para denunciar o tema. AE: Si, houbo algunha reunión na sala NASA de Santiago pero ao final non se fixo. OX: Volvendo á política, e saíndo da música, cal pensades que é o motivo desta volta a Alcatraz. Ten que ver co fracaso do bipartito ou con iso de que Galicia es una mierda?

AE: Ben, iso sobra. O resto está todo ben.

AE: Cando montamos o grupo, algunha das cancións, gravadas con poucos medios, tiñan algo de bravú. Tamén é certo que nos anos 90 o rock galego tiña esa etiqueta e algo queda no que se fai hoxe. Títulos como “Galicia es una mierda” non se poden entender igual nun país onde non houbo bravú. En todo caso nós podemos distanciarnos do bravú en canto ás letras, que son algo máis urbanas ou posmodernas. No feito de falar de Galicia e do espírito coincidimos. Incluso eu (nome), que xa tocaba no 95, xa daquela non faciamos bravú. Os instrumentos e temas que facemos son máis urbanos e non encaixan no bravú. Nós somos máis eclécticos e recollemos máis a música anterior ao bravú, a que está máis esquecida.

traballar pola música en galego e fuxir da dependencia das subvencións e poderes públicos porque non sempre están na mesma banda que nós. É un reto. Pero o tema non deixa de ser indignante e sintomático de como será a política cultural do PP: mantén o nome do programa, cambia o locutor e cambia o contido a música en inglés.

darlle volta; pero cando imos aos concertos xa saben ben que é o que nos preocupa e por onde pisamos. No disco anterior falabamos da realidade cunha referencia concreta de Galicia, neste disco falamos do resto do mundo pero podemos levalo a Galicia onde as cousas podían ser mellor e escapas un pouco para logo ter que regresar a nosa terra vendo as cousas con humor e optimismo, porque xa sabemos que o pesimismo non é revolucionario. Cando nos chaman para participar en cousas xa se sabe como pensamos. OX: Que vos parece o peche de “Aberto por reformas” da Radio Galega? AE: É un revés para a música galega pero ten a parte positiva en que mobilizou aos músicos galegos que andabamos dispersos para demostrar que tamén neste caso a unión fai a forza. Pode ser un impulso á organización entre os grupos e tomarnos máis en serio que hai que

O Xornal # Información Obreira # nº 5

AE: Ten que ver con que esa grande evasión que nos propuxemos. Nós somos parte activa de calquera cambio que poida darse, a casa está sucia e temos que ser nós quen a cambiemos para facela máis agradable. Alcaltraz é como Galicia es una mierda pero asumindo que é o que hai e hai que traballar para mudalo. Temos que abrir as cancelas e as alamedas. Eramos moi críticos co goberno, como moita esquerda deste país, pero non podemos alegrarnos do cambio. Eramos críticos antes e o somos agora. OX: A nivel sindical, que pensades da recente folga do metal en Pontevedra? AE: É un exemplo da perversidade do sistema capitalista. As accións foron moi potentes e ao final quedou como un sabor a derrota pero creouse unha semente importante que a propia dinámica do sistema vai facer, máis cedo ou máis tarde, que rache por algún lado e dea solucións máis humanas. Hai moita clase media que non é moi consciente da realidade á que nos enfrontamos, estamos un pouco descolocados. OX: Pero podemos ser optimistas? AE: Home, a xente miraba a queima de colectores e as barricadas en Vigo e gustaba do tema. Por algo se empeza, non imos derrubar o sistema dun día para outro OX: Moitas grazas e sorte.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.