Page 1

información

sindical voceiro da Unión Comarcal de Compostela da CUT

XUÑO 2012

Rescate bancario: naufraxio dun pobo Percorreron a prensa internacional os retratos de Mariano Rajoy e Angela Merkel ao bordo dun barco polo río Chicago. E as máquinas de producir ilusión, que achican a auga lamacenta do naufraxio da economía española tentando empalar a disidencia, botáronse a roldar para producir colectivamente unha narrativa farragosa na que un heroi calquera, Mariano Rajoy por exemplo, debuxaba sobre a area cos seus dedos de estratega, delicadamente, unha porta de saída á crise, agora ben, consensuada coa Grande Europa. Calquera saída posíbel a esta crise, disque, virá da reconcentración dos esforzos de todo o edificio económico europeo nunha sorte de solidariedade e apoio mutuo transnacional que resulta a cada pouco menos críbel. Pouco tempo despois da nacionalización dunha insoportábel débeda (Bankia), unha das novas máis nefastas para o conxunto dos pobos dos Estado, o rescate financeiro do Reino de España, está a ser transformado logo dunha inxente laboura de maquillaxe retórica nunha “oportunidade” para o conxunto da economía ou mesmo nunha vitoria política da xestión do PP en Madrid. Ora ben, se algo caracteriza os debuxos na area é que perduran pouco no tempo. Un res-

cate financeiro, a través da inxección mediata de recursos do Fondo de Estabilidade Financeira (FEEF) para a consecuente recapitalización da banca, é algo máis do que un prestamo favorábel: supón o endebedamento público do estado como tal e a renuncia expresa ao exercicio de certos ámbitos da soberanía estatal. Eis que tal “rescate”, é elemento suficiente xa, para denunciar que neste momento, o Reino de España está a sofrer unha intervención externa, que se manifestará progesivamente de agora en diante, e que habemos pagar sen dúbida as clases populares. E que máis aínda ha pagar a custe da súa propia supervivencia unha nación deturpada e en quebra como é a galega. Segundo o principio latino da excusatio non petita accusatio manifesta, foron en van os esforzos de De Guindos e outros membros do Goberno de Madrid, entre os que se atopa o mesmo Presidente, por vender (non se sabe se todo este teatro se destina á cidadanía ou aos “mercados”) as bondades dun suposto “empréstimo sen condicións” que as propias institucións Europeas, a través neste caso do vicepresidente da Comisión Europea, non tardaron en desmentir. Ao primeiro, maniféstase con claridade o nulo impacto que esta inxección de capital terá na 1

información sindical


duns recursos acumulados en poucas mans, edificada sobre o sufrimento e a miseria da maioría social traballadora, esta a se facer de cada vez máis evidente. Ben é certo tamén, que a aposta de fondo que esta central sindical comparte, dunha outra sociedade afianzada no reparto igual da riqueza e na redistribución da responsabilidade democrática, ou se queremos, as bases dunha sociedade radicalmente democrática no plano político, social, económico e cultural, aínda é feble de máis agora. A clase traballadora galega ten por diante a resposanbilidade de explorar todas as marxes posíbeis para defender unha alternativa antagonista ao dominio do Capital sobre o Traballo e ao delirio dunha administración ao servizo da explotación privativa dos recursos. Dunha banda temos que recuperar e ampliar o teito da nosa capacidade de resposta na rúa a toda esta serie de medidas antipopulares, mais isto non resulta abondo. Debemos tamén constituír no noso día a día, e dende agora mesmo, un marco de relacións económicas, políticas, sociais e culturais que lle poidan disputar a hexemonía ao Capital. Eis o traballo máis difícil. Todo empeza agora.

economía produtiva e na creación do emprego, revelando outra volta que a loita contra o desemprego e pola reactivación da economía produtiva nunca estivo, nin estará, na primeira plana das axendas deste goberno, nin de ningún outro que acepte as ataduras e o taboleiro de xogo do Capital. Ao segundo, abre o panorama dun camiño tortuoso xa non só para a devolución deses recursos, senón para o pago dos xuros cuxa cuantía aínda descoñecemos. Finalmente, as condicións que se opoñen a este empréstimo favorábel aínda non foron postas sobre a mesa. Sen dúbida está por vir un evidente aprofundamento nas políticas de recortes en servizos públicos, dereitos sociais, e dereitos laborais, nas súas catro grandes versións: a destrución da universalidade dos servizos públicos, o reforzamento dos lazos de explotación e expropiación patriarcal da produción feminina e dos corpos, a reestruturación do mercado laboral abaratando aínda máis a man de obra asalariada, e a reforma estrutural dunha fiscalidade buscando penalizar aínda máis á clase traballadora no seu conxunto. O esgotamento dunha aposta económica, política e social que optou pola desregularización

O conflito mineiro recrudécese en Asturies O goberno español atora a posibilidade dunha saída negociada A minaría asturiana, está a se xogar o seu futuro nas rúas do País veciño, e é por iso que se está a intensificar un proceso de mobilizacións que chegan neste punto a enfrentamentos directos co corpo da Garda Civil, logo de que Madrid decidise reforzar os operativos represivos co obxecto de disolver as protestas dos mineiros asturianos e tamén así de bercianos e leoneses. A esixencia de que sexa respectado o Plan Nacional de Reserva Estratéxica de Carbón 20062012, e polo tanto se deixe de desproveer de recursos á conca mineira está polarizando as relacións entre as centrais sindicais representativas (CCOO e UGT) e o goberno central de Madrid, que non accede nesta altura as demandas dos traballadores da conca. As mostras de solidariedade do pobo asturiano, que ve en risco a suepervivencia dun sector estratéxico para a sustentabilidade do emprego na zona, está a reforzar unha loita que os traballadores do sector está dispostos a levar ata as últimas consecuencias. Polo de agora, as principais estradas de Asturies están sendo inmobilizadas polas protestas obreiras.

A CSI chama á responsabilidade. Pola súa banda, a Corrente Sindical de Esquerdas de Asturies, chama aos sindicatos SOMAUGT e CCOO para que “ten al altor de los trabayadores de la minería, defendiendo los drechos reales d’estos trabayadores y abandonando vieyes postures carauterizaes por negociaciones que, nel pasáu, namás supunxeron pieslles de pozos, perda de puestos de trabayu y especulación, cuandu non corruición, na xestión de los fondos mineros”. 2

información sindical


O Sergas pon en perigo centos de empregos A conselleira de Sanidade advirte da intención da súa administración de externalizar os servizos “non sanitarios” ren trasladar dende o sector privado ao sector público, coa fin de avanzar no proceso de espolio deste último. Este sector, no que traballan centos de persoas en todo o País, profundamente feminizado, veu sufrindo xa un proceso de invisibilización e maltrato sistemático, que se concreta no feito de seren as Cociñas do Sergas centros de traballo caracterizados pola falta de protocolos de prevención laboral ou medidas de hixiene laboral que atallasen o mal estado das instalacións e as condicións degradantes de traballo. Hoxe, todos eses centos de postos de emprego sofren un grave risco de desapareceren pola ánsia da Administración Galega de externalizar servizos a pesar do seu custo social, económico e político. É así, que xa fracasaron diferentes experiencias de privatización dos servizos non sanitarios dos hospitais, por antieconómicos e pola profunda merma de calidade que supuxeron. A Administración Galega decidiu seguir a poñer en risco a saúde da cidadanía galega, intentando enganarnos cunha suposta cisión entre o “dereito á saúde” e toda a serie de servizos que leva necesariamente aparellados unha Atención Sanitaria de Calidade, como sería o de comedor, o de cafetería, o de lencería, o de limpeza e o de lavandaría, entre outros. Non podemos desvincular o anuncio de mais esta agresión ao sistema público de saúde de toda a bateria de medidas que están a impoñer un apartheid sanitário, restrinxindo o acceso a esse dereito a colectivos como o das persoas migrantes ou desempregadas, ao mesmo tempo en que se avanza no adelgazamento e deterioro de servizos e prestacións sanitárias. A Central Unitaria de Traballadores e Traballadores (CUT) iniciará un proceso asembleario para debate entre o persoal do servizo de cociña co obxecto de artellar unha resposta sólida contra todos estes abusos, porque as compañeiras e compañeiros da nosa Sección Sindical remozan o seu compromiso coa Sanidade Pública , universal e de calidade, e tamén co emprego público, como a única forma de afrontar a irracionalidade dun sistema social baseado na explotación de todas e todos nós.

Rocío Mosquera, máxima responsábel administrativa da Sanidade, vén de declarar a “posibilidade” da externalización do servizo de Cociña nos centros hospitalarios galegos, unha nova xa agardada dende hai tempo nun dos sectores de ocupación máis maltratados polas políticas de explotación laboral que as Administracións que3

información sindical


Colectivos de Compostela chaman á desobediencia Os colectivos sociais da cidade opóñense á “Ordenanza da Exclusión” que prevee a privatización das rúas e o control do espazo social

Continúa o ciclo de asembleas populares de todos os colectivos que se agrupan ao redor do chamado "A rúa é nosa", na cidade de Compostela. A posta en común das análises do camiño andado até o de agora contra a Ordenanza da Exclusión que o goberno de Ángel Currás (PP), tirando da súa maioría absoluta, aprobou en solitario no Pleno Municipal do 31 de marzo, entre a abstención do PSOE "por diferencias de matiz" e o voto en contra e emenda á totalidade do BNG, brindan folgos e ilusión ao proceso de reivindicación.

partito anterior, que prohíbe a colocación, colaxe ou reparto de comunicación social de se carecer dunha cuestionábel "previa autorización municipal". Esta foi a Ordenanza utilizada para reprimir a libre expresión do Centro Social A Gentalha do Pichel sancionada con 1800€ por aquel goberno. O futuro: desobediencia civil. Dous dos colectivos presentes nesta iniciativa, a Rede Feminista Galega e o Cineclube de Compostela veñen de ser advertidos da necesidade de pagaren 1600€ para desenvolveren un Ciclo de Cinema Feminista, logo de que o Concello decidise aplicarlles ilegalmente unha ordenanza fiscal para actividades de carácter lucrativo, querendo tomarlle o pulso ao tecido social compotelán sobre os efectos da nova norma que se está a cociñar. É por iso que as asembleas decidiron facer un chamado á desobediencia civil activa por parte do conxunto do tecido asociativo, e é por iso que insubmisas a este proceso de privatización das rúas e de control social, os colectivos implicados, entre os que a CUT se atopa, iniciamos un proceso de socialización da necesidade da toma directa da rúa, de reapropiación desta por parte da cidadanía, precindindo de calquera trámite burocrático e facéndolle frente ao descaro antidemocrático dun goberno local que deu abondas mostras da súa intención de establecer un apartheid contra o movemento social e de esquerdas da cidade. Todo isto cunha clara vontade, demostrarmos que a rúa é nosa, e ningunha administración nos impedirá utilizala libremente.

O camiño andado Oitocentas queixas rexistradas da veciñanza compostelana, unha cacerolada diante do Concello, o reparto de información, a irrupción no Pleno Mucipal, ou a instalación de mesas informativas sen autorización, son as iniciativas que polo de agora se levaron a cabo. O obxecto deste proceso de acumulación de forzas de todo o movemento político, veciñal, cultural, social e sindical de esquerda da cidade é a denuncia activa da provocación antidemocrática do Partido Popular, que impulsando unha nova "Ordenanza de Ocupación da Vía Pública" pretende privatizar as rúas e prazas, cobrarlles aos colectivos sen ánimo de lucro polo seu uso, decidir discrecionalmente a retirada dun permiso xa concedido, ou mesmo establecer unha política de control social do uso dos espazos públicos. Afondando así nun proceso de exclusión dos colectivos "disidentes" das rúas da cidade que se afinca xa na Ordenanza de Publicidade Estática e Dinámica, aprobada polo goberno bi4

información sindical


“Con papeis ou sen papeis, a inxustiza é igual para todas as inmigrantes” Dúas visións sobre o emprego, a xustiza, a inmigración e a necesidade da autoorganización, crúzanse para comprendermos mellor á clase traballadora. As historias de vida son moi diferentes, malia que as dúas traballan nun dos sectores máis precarizados, o do emprego no fogar. Sandra veu do Perú no 2008. Alí traballaba como promotora dunha universidade privada e, indefinida, limpaba nun hospital. Segue á agarda da súa autorización de residencia por arraigo social. María foi propietaria dunha empresa textil con 11 traballadoras ao cargo, cuxo peche a precipitou á inmigración. Ten formación en xeriatría. No 2003 soou a campá do proceso extraorinario de regularización que desenvolvera o goberno do PP. Ten “papeis” e deixa atrás o Paraguay. As dúas comparten o espazo sindical na CUT e tiveron que poñerlle coraxe para denunciaren o maltrato dalgunha das empregadoras para as que traballaron. Experiencias laborais. “A xente pobre non é ninguén para elas”, así pensa María maioritariamente ás empregadoras do fogar, xa que a pesares de que recoñece que “tiven sorte coas empregadoras que me tocaron, e tocoume xente moi boa, que me tratou moi ben”, é consciente de que para ela o maltrato “é maioritario no sector”. Coincide con Sandra en que hai recursos recurrentes para aterrorizar ás traballadoras como o “eu teño moitos contactos, eu coñezo moita xente” para insinuar posíbeis problemas se alzan a voz. Para Sandra, “é necesario deixarlles as cousas claras dende o principio, eu vou cun modelo de contrato que establece as mínimas condicións laborais, así déixaslle claro dende o principio que non poden facer o que queiran contigo” e recoñece que moitas veces “non queren contratar a unha persoa que lles planta cara”. Mais asegura que merece a pena. As dúas acabaron sindicalizándose na CUT logo dun conflito laboral onde se misturaron impagos de débedas e situacións de acoso. No sector, os impagos, a inxustiza económica, forma parte de estratexias de acoso que se repiten. Sandra tivo xa máis dun conflito. Para María é o primeiro. “Utilízase moito a crise

como escusa para o maltrato”, di ela, que recoñece que “se sentiu soa durante o último traballo onde me querían facer durmir nun colchón cos ferros de fóra, e onde me encerraron con chave porque me tiñan medo, durante días”. “Pero eu nunca lles tiven medo”, di “eu dedícome a facer o meu traballo, nunca roubei nada a ninguén” e confésase cansa “de que me estiveran ameazando todo o día cos seus contactos, que se coñezo a Rajoy, que se traballo na Administración”. Sandra celebra que despois de verse maltratada por unha ETT “houbo resposta porque hai xente que si quere axudarnos” e chama a “compartir as experiencias positivas dos nosos conflitos con outras compañeiras do sector, é importante, é unha misión por nós, pero tamén polas demais, hai que pensar nelas” Xustiza de clase. María quéixase de que tivo que abandonar o seu País porque “alí a xustiza non funciona”. Pola súa banda Sandra asegura que “tampouco aquí a xustiza funciona” e pon sobre a mesa a situación de acoso que María viviu para exemplificar que “con papeis ou sen papeis a inxustiza é igual para todas as inmigrantes”. 5

información sindical


SANTOS e CLECE USC, dous ERE’s peculiares A CUT, que denuncia os Expedientes de Regulación como medidas antisindicais, topou coa posición pro-ERE da CIG, CCOO e UGT nestes centros A CUT oponse, por decisión firme, ao pacto de calquera tipo de Expediente de Regulación de Emprego, nunha liña sindical que leva mantendo ao longo do tempo polo carácter especialmente gravoso dunha medida que só favorece ao empresariado e condena a todo o cadro de persoal á degradación das súas condicións de emprego e mesmo á ruína das súas vidas. A loita da patronal pola flexibilización das condicións de emprego, conseguiu que nas sucesivas reformas laborais se contemplase esta figura de destrución colectiva das condición de emprego entre múltiples protestas, cando menos retóricas, dalgunhas centrais sindicais que hoxe pactan ERE’s en calquera condición, mesmo en empresas con benedificios. Este é o caso das empresas de referencia, SANTOS Cocina y Baño Sl, madeireira de Boqueixón e CLECE Servizo de Limpeza da USC, en Compostela, onde as asesorías das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, optaron por pactar un ERE de redución de xornada. Na madeireira a empresa

seguía en beneficios, no servizo de limpeza da Universidade a empresa nin sequera chegou a entregar as contas, o que fai se cabe, aínda máis incomprensíbel unha renuncia desta entidade aos dereitos laborais colectivos. Consecuencias irreparábeis. Se en SANTOS, o ERE de “perdas previstas” que estas centrais asinaron pon en risco a consolidación por parte da empresa da redución de xornada de xeito indefinido coa correspondente merma da calidade no emprego, no Servizo de Limpeza da Universidade a CUT amóstrase preocupada porque “un recorte desta entidade pretende que as compañeiras produzan o mesmo, con moito menos persoal e en moito menos tempo” o que traerá “consecuencias irreparábeis para a saúde e a calidade de vida das traballadoras dun servizo no que xa moitas sofren longo enfermidades profesionais que nunca se verán reparadas”.

NH Hoteles: unidade de clase pode vencer a unha multinacional A Sección Sindical da CUT no NH Obradoiro, vén de consolidar unha vitoria clara, logo de que Madrid decidise retirar a sanción contra o delegado Un intento de sanción antisindical contra o delegado de persoal, procurando o seu despedimento, por parte da Dirección do Hotel NH Obradoiro foi a faísca que incendiou a indignación dos compañeiros e compañeiras da Sección Sindical da CUT e da afiliación de base doutras centrais. A chamada da Sección á afliación da CUT para desenvolver un programa de mobilización, concretouse entre outras accións na ocupación do Hotel compostelán. Logo dunha campaña de fondo, e coa adhesión activa das centrais sindicais CCOO e UGT a unha negociación na que coincidiron no carácter represivo desta sanción, á Dirección Estatal

de Recursos Humanos non lle quedou outra que retirar a sanción para restaurar a normalidade nas relacións empresa e representación sindical dentro do centro de traballo. A Sección Sindical, onda as compañeiras e compañeiros da central, conseguiron frear así un proceso de persecución contra a representación deste sindicato no Hotel, que tivo diversos episodios de presión á afiliación e mesmo o despedimento dunha compañeira da CUT. Unha volta de 180º graos á realidade laboral no centro que veu dada pola forza e a solidariedade de clase, que conseguiu que pregar á Dirección desta multinacional hoteleira. 6

información sindical


CUT-CRTVG, sindicalismo da transparencia A vitoria electoral da CUT na CRTVG deu comezo a un curso de representación sindical marcado pola loita dende abaixo contra a represión

tabilidade de todos os empregos e a fin da contratación lixo, e sobre todo, unha vontade de transformar uns Comités de Empres enferruxados, nada transparentes, e burocratizados, nun espazo para facer unha nova forma de sindicalismo. Un sindicalismo de Sección Sindical e Asemblea Xeral, de mobilización nas rúas e consciencia xeral de pertenza a unha clase por riba do sector concreto, de compromiso cos dereitos laborais dentro e fóra do centro de traballo. Un xeito de facer sindical que non lle agrada nada á Dirección da Empresa. Un primeiro ano de representación sindical que comezou duro: sancións a traballadores/as pola presentación dun contrainformativo no Toural durante a folga da CRTVG, un ERE encuberto que ameazaba (e ameaza) a dúcias de profesionais, un expedinte contra varias delegadas e delegados pola actitude de diálogo durante a ocupación do centro de traballo polas persoas afectadas polas preferentes bancarias, etc.

Ao contrario do que poida semellar, polo carácter público da Compañía de Radio/Televisión de Galicia, a representación colectiva e sindical dos intereses das traballadoras e traballadores é unha tarefa ardua. E é que as relacións entre a representación e a dirección da empresa non entran no concepto de “normalidade”. Unha radiotelevisión pública, denunciada reiteradamente dende dentro e dende fóra pola manipulación sistemática da información ten detrás dúas forzas indispensábeis: a irresponsabilidade dun goberno autonómico que non se interesa pola dimensión informativa e si de control deste servizo, e unha patronal que desenvolve con toda a naturalidade e explorando todos os recursos, os seus mecanismos de neutralización e represión contra a representación colectiva. ... e chegou a CUT. Na última convocatoria electoral, a vitoria da CUT, que se presentaba por primeira vez ás eleccións sindicais resultou ser diáfana. Tanto que lanzou a cadros sindicais cheos de mocidade e de enerxía á Presidencia do Comité Interempresas. Todo isto, baixo un programa claro, que quixeron manipular máis dunha vez: o compromiso co carácter público da CRTVG e cos valores dunha radiotelevisión ao servizo do pobo galego e do seu idioma, o compromiso coa es-

Ilusión, enerxía: futuro. Con todo, contra o cerco mediático e manipulación, o silencio informativo sobre a actividade da CUT, a represión empresarial ou os intentos do goberno de privatizar este medio público, a representación sindical da CUT está a demostrar que é precisa unha nova maneira de facer sindicalismo. 7

información sindical


“Non nos arrepentimos das nosas decisións” A compañeira Claudia Fidalgo, delegada de persoal pola CUT no bar Casa das Crechas, vén de vencer no TSXG un proceso por represión sindical Cal é a situación en Casa das Crechas logo do conflito laboral? Parece que pouco a pouco volta á normalidade, ainda que, na miña opinión, non deixa de ser unha normalidade anormal. O conflicto laboral saldouse cun total de 5 persoas despedidas, tres delas da sección sindical Cut-Crechas. Todos os despidos foron xustificados pola Empresa como “despidos obxectivos por causas económicas” Ademais, a dirección da Empresa aplicou modificacións sustanciais a membros da sección sindical, reducindo considerablemente a xornada laboral e adecuando os horarios a produtividade. Todos estes cambios, levados a cabo a principio de ano, proporcionaron unha especie de tregua, onde parece ser que hai compañeirismo e bo ambiente de traballo. Ainda que o ambiente cos compañeiros é máis ameno e doado, coa dirección da Empresa é algo máis difícil, xa que a seguimos coas nosas demandas xudiciais polos incumprimentos do convenio colectivo. Neste momento, coas contratacións levadas a cabo despois dos despidos, conto con 6 compañeiros de traballo(encargado, segunda encargada e axudante de encargado), unha camareira, un pincha-discos que tamén fai función de camareiro e unha limpiadora.Todas e todos teñen previlexios, como pode ser a non obrigatoriedade de levar uniforme, a posibilidade de cambiar días ou o consumo interno sen límite de prezo ou producto, agás eu, que sigo coa obriga de actuar segundo o protocolo establecido pola Empresa a finais de 2010.

unha loita persoal e polos nosos intereses. De todas formas, e como xa dixen antes, seguimos co proceso de recoñecemento dos nosos dereiros, quedan ainda moitos xuízos por vir. Unha parte fundamental do proceso de reivindicación dos dereitos laborais foi a solidariedade externa. Cóntanos diso A verdade é que non teño palabras para describir e para agradecer o apoio recibido nestes longos dous anos de conflicto. A xente respondeu moi positivamente ás convocatorias de concentracións, e arroupounos durante todo o que durou o conflicto. Ainda agora, pasado meses dende a desaparición da Sección, e calmado o ambiente, seguimos recibindo mostras de solidariedade e de cariño. O único que me queda é dar as grazas a toda a xente que, sen temer a malas caras ou a repercusión, actuou segundo a ética e a responsabilidade social.

Como valoras as actuacións da Sección Sindical?. A sección sindical Cut-Crechas, actou seguindo os principios de todos os seus membros. Loitaron polos seus dereitos, polo que é xusto, e síguenno facendo. O apoio, a solidariedade e cooperación foron sublimes, estabamos fortalecidos e inquebrantables. Toda esa fortaleza foi construída paso a paso; moitas non nos levabamos ben, e non tiñamos nen idea dos nosos dereitos, das nosas obrigas, ou dos nosos deberes. Coa axuda da asesoría sindical empezamonos a mover para esixir o que nos correspondia. Mesmo coa destrucción da Sección, seguimos compartindo os mesmos espazos de loita e mobilización, para que quede claro a aquelas e aqueles que pensaban que era

Mereceu a pena ese conflito? Depende do punto de vista. Se pensamos que a raíz do conflicto algunhas persoas, acabaron despedidas de maneira, cando menos, sospeitosa: pois considero que non. Pero se pensamos que fixemos o que tiña de ser feito: pois claro que si. Ainda que a metodoloxía seguida puido ser cuestionada, e que outras formas poderían ser máis fiables e rápidas, a Sección Sindical non se arrepinte das súas decisións e da súa traxectoria. Crecemos como Sección, como persoas e como axentes modificadores da realidade; tamén aprendimos a seleccionar mellor as persoas que conforman a nosa rede de apoio. 8

información sindical

Información Sindical nº1  

Voceiro da Unión Comarcal de Compostela da CUT

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you