¿Cómo llegar al cielo? en Gallego

Page 1

¿Como chegar ao ceo? Moitas persoas prefiren non pensar na eternidade. Isto vémolo incluso naquelas que reflexionan sobre o seu propio fin. A actriz estadounidense Drew Barrymore, cando tiña so sete anos, interpretou un papel principal na película de ciencia ficción «E.T., o extraterrestre». Anos máis tarde, cando tiña 28 anos (naceu en 1975) manifestou o seguinte: «Se eu morrese antes ca o meu gato, entón quero que lle dean as miñas cinzas para que as coma. Así, cando menos, sigo vivindo no meu gato». ¿Non é terrible esta ignorancia e miopía fronte á morte? Nos tempos de Xesús, moitas persoas viñan a El. As súas preocupacións eran case sempre de carácter terreal: • Dez leprosos querían ser sanados (Lc. 17:13). • Uns cegos querían recibir a vista (Mt. 9:27). • Un buscaba axuda nun asunto de herdanza (Lc. 12:13,14). • Os fariseos viñan coa pregunta enganosa de se debían pagar impostos ao César ou non (Mt. 22:17). Moi poucos viñan a Xesús para saber como ir ao ceo. Un mozo rico veu a El coa seguinte pregunta: «Mestre bo, ¿que debo facer para posuír a vida eterna?» (Lc. 18:18). Xesús díxolle o que tiña que facer: Vender todo aquilo ao que se aferraba o seu corazón y seguilo a El. Como era moi rico, non seguiu o consello e, así, renunciou ao ceo. Tamén houbo persoas que, sen buscar o ceo, ouviron del e inmediatamente aproveitaron a oportunidade. Zaqueo desexaba ver a Xesús e atopou máis do que esperaba. Cando Xesús visitouno na súa casa —tomando un café, por así dicilo—, encontrou o ceo. Xesús dixo: «Hoxe veu a salvación a esta casa» (Lc. 19:9). ¿Cómo encontramos o ceo? Despois do dito, chegamos á seguinte conclusión: 1) O reino dos ceos o encontramos nun día determinado e concreto. Isto é bo sabelo porque así hoxe é posible que vostede, que está lendo este libro, poida recibir la vida eterna con Deus. 2) O reino dos ceos non se consigue mediante boas obras. 3) O reino dos ceos podémolo encontrar cando menos o pensamos. Os nosos propios conceptos sobre como ir ao ceo son completamente falsos se non os baseamos nas afirmacións de Deus. Unha cantante de música popular interpretou una vez nunha canción sobre un humorista que, logo de moitos anos de traballo no circo, xubilouse: «Seguro que irá ao ceo, porque fixo rir a moitas persoas.» Unha señora adiñeirada fixo construír unha casa de acollida na que podían vivir vinte mulleres gratuitamente. Pero o fixo baixo unha condición: as mulleres tiñan que comprometerse a orar cada día unha hora pola salvación da alma da señora.


Pero ¿que é o que verdadeiramente nos leva ao ceo? Para contestar con toda claridade a esta pregunta, Xesús contou unha parábola. No evanxelio de Lucas (Lc. 14:16) fala dun home (que nesta parábola representa a Deus) que quere dar unha grande cena (que simboliza o ceo nesta parábola) e envía en primeiro lugar invitacións so a determinadas persoas. As respostas son devastadoras: «E comezaron todos a escusarse. O primeiro díxolle: Merquei unha facenda... E outro dixo: Merque cinco xugos de bois... E outro dixo: Acabo de casar e, polo tanto, non podo ir». Xesús conclúe a parábola co xuízo do anfitrión: «Dígovos que ningún daqueles homes que foron chamados, tomará a miña cea». (Lc 12:24). Isto mostra que o ceo se pode gañar ou perder. O punto clave está en aceptar ou rexeitar a invitación. ¿Hai algo mais sinxelo ca isto? ¡Creo que non! Moitas persoas serán excluídas do ceo, pero non será porque non coñecesen o camiño, senón porque non aceptaron a invitación. As tres persoas da parábola non son un bo exemplo para nos, porque ningunha delas aceptou a invitación e non foron á festa. Entón, ¿cancelouse a festa? ¡Non! Despois daquelas negativas, o anfitrión enviou invitacións a todas partes. Esta vez, non eran tarxetas de invitación con cantos dourados. Agora era so unha chamada: «¡Vinde!». Y calquera que se deixase invitar recibiría un lugar seguro na festa. ¿E que sucedeu? Acudiron multitudes. Despois dalgún tempo, o anfitrión fixo unha comprobación: ¡Aínda hai sitios baleiros! Y díxolles aos seus servos: «¡Saíde outra vez e seguide invitando!». Agora, gustaríame aplicar esta parábola a nosa vida, porque así é exactamente a situación actual. Aínda hai lugar no ceo, e Deus che di: «Ven, toma o teu lugar no ceo. Sé prudente e fai a túa reserva para a eternidade. ¡Y faina hoxe!». O ceo é dunha beleza indescritible e por iso o Señor Xesús o compara cunha grande festa. A primeira carta aos Corintios (1 Cor. 2:9) di ao respecto: «Cousas que ollo non viu, ni oído oíu, nin subiron ao corazón do home, son as que Deus preparou para aqueles que o aman». Nesta terra, non hai nada, absolutamente nada, que poida compararse nin xiquera un pouco co ceo. ¡Alí será todo tan marabilloso! Non debemos perdernos o celo de ningunha maneira, porque é sumamente precioso. Hai alguén que nos abriu a porta ao ceo. É Xesús, o Fillo de Deus. Debémoslle a El o feito de que sexa tan fácil chegar alí. Agora xa so depende de nosa vontade. So quen sexa tan corto de vista como os tres homes da parábola rexeitará a invitación. A salvación acontece a través do Señor Xesús. Nos Feitos dos Apóstolos (Fts. 2:21) lemos un versículo moi importante: «Todo aquel que invocase o nome do Señor [Xesús], será salvo». É unha afirmación clave do Novo Testamento. Estando no cárcere de Filipos, Paulo resumiuno así cando falou co garda: «Cre no Señor Xesuscristo, e serás salvo ti, e maila túa casa» (Fts. 16:31). Malia que esta mensaxe era breve e concisa, foi fundamental e tiña poder para cambiar vidas. Esa mesma noite produciuse a conversión do garda do cárcere. ¿De que nos salva Xesús? Isto temos que sabelo sen falta. Sálvanos do camiño que conduce á perdición eterna, ao inferno. A Biblia di, sobre o ceo e o 2


inferno, que as persoas pasarán alí toda a eternidade. Un é glorioso, o outro é horroroso. Non existe un terceiro lugar. Cinco minutos despois da morte, ninguén volverá a dicir que coa morte termina todo. Todo se decide coa persoa de Xesús. O noso destino eterno depende dunha soa persoa: ¡Xesús… e a nosa relación con El! Cando fun a Polonia para unha serie de conferencias que tiña que impartir alí, visitei o antigo campo de concentración de Auschwitz. Durante a Segunda Guerra Mundial aconteceron nel cousas horrendas. Entre 1942 e 1944, foron asasinadas nas cámaras de gas máis de 1,6 millóns de persoas, sobre todo xudeus e logo foron queimadas. Na literatura fálase do «Inferno de Auschwitz». Púxenme a reflexionar sobre esta expresión cando unha empregada nos amosaba unha cámara de gas na que mataban a 600 persoas cada vez. Foi un horror indescritible. ¿Pero era iso realmente o inferno? Nos, como grupo de visitantes, puidemos ver a cámara de gas, xa que o terror terminou en 1945. Agora todas as instalacións pódense visitar libremente e ninguén é torturado ou envelenado alí. As cámaras de gas de Auschwitz tiñan carácter temporal. O inferno da Biblia, sen embargo, é eterno. Na sala de entrada do que hoxe é o museo, fixeime nun cadro que amosaba un crucifixo co corpo de Cristo. Un prisioneiro raspara cun cravo na parede a súa esperanza no crucificado. Este artista tamén morreu na cámara de gas. Pero coñecía ao Salvador Xesuscristo. Aínda que morreu nun lugar tan horrible, o ceo estaba aberto para el. Pero no inferno do que o Señor Xesús nos advirte tan encarecidamente (p. ej. Mt. 7:13; Mt. 5:29,30; Mt. 18:8) non hai saída nin salvación despois de que unha persoa chegue alí. Posto que o inferno, ao contrario de Auschwitz, non deixa de funcionar, endexamais poderá ser visitado. Pero o ceo tamén é eterno. E este é o lugar ao que Deus nos quere levar. Acepte por iso a invitación de ir ao ceo. ¡Invoque o nome do Señor e faga a súa reserva para o ceo. Despois dunha conferencia, unha muller preguntoume moi axitada: «¿Pero é posible facer una reserva para o ceo? Isto semella unha oficina de viaxes». Dinlle a razón: «Quen non fai a reserva, non chega ao destino. Se vostede quere ir a Hawaii necesita un billete confirmado». Volveume a preguntar: «Pero o billete de avión hai que pagalo, ¿non?» .«¡Sí, o billete ao ceo tamén! Pero é tan caro, que ninguén de nos o pode pagar. É o noso pecado o que o impide. Deus non tolera ningún pecado no ceo. A persoa que, despois desta vida, quere pasar la eternidade con Deus no ceo, primeiramente ten que ser librado do seu pecado. So unha persoa sen pecado podía conseguir esta liberación e esa persoa é Xesuscristo. Só El podía pagalo. E fíxoo co seu sangue, pola súa morte na cruz». ¿E, agora, que teño que facer para ir ao ceo? A nos Deus tamén nos ofrece a posibilidade de ser salvos. Moitas pasaxes na Biblia invítannos con insistencia a responder á chamada de Deus: • «Esforzádevos a entrar pola porta angosta» (Lc. 13:24). • «Arrepentídevos, que o reino dos ceos acercouse» Mt. 4:17). • «Entrade pola porta estreita: porque ampla é a porta e amplo o camiño que levan á perdición, e moitos son os que entran por ela. Porque estreita é a porta e angosto o camiño que levan á vida, e poucos son os que a atopan» (Mt. 7:13–14). 3


• «Bota man da vida eterna, para a que fuches chamado» (1 Tim. 6:12). • «Cre no Señor Xesuscristo, e serás salvo» (Fts. 16:31). Todo isto son invitacións moi insistentes que intentan espertarnos. Os textos transmiten seriedade, decisión e urxencia. Polo tanto, é algo moi razoable responder a esta invitación ao ceo cunha oración que expresada libremente podería dicir más o menos o seguinte: «Señor Xesús, hoxe lin que so podo ir ao ceo a través de ti. O meu desexo é estar contigo no ceo. Por favor, sálvame do inferno que merezo a causa dos meus pecados. Polo teu gran amor para min, morriches tamén por min na cruz pagando alí polos meus pecados. Ti ves toda a miña culpa… desde a miña xuventude. Coñeces cada pecado, todo aquilo do que agora son consciente, pero tamén todo aquilo que eu xa esquecín. Ti coñeces todo impulso do meu corazón. Diante de ti son como un libro aberto. Tal como son non podo ir ao celo contigo. Por iso te pido que perdoes os meus pecados, os cales me entristecen e dos que me arrepinto. Entra agora na miña vida e fai novas todas as cosas. Axúdame a deixar todo o que non é correcto diante de ti e concédeme novos costumes que estean baixo a túa bendición. Dáme acceso a túa Palabra. Axúdame a comprender o que queres ensinarme y dáme un corazón obediente, para que faga o que te agrade. A partir de agora, quero que ti sexas o meu SEÑOR. Quero seguirte, pídoche que me mostres o camiño a andar en todos os ámbitos da miña vida. Grazas por oír a miña oración e polo feito de que agora son un fillo de Deus que un día estará contigo no ceo. Amén.» Prof. Dr. Werner Gitt

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.