Faisca 2018. Concello de O Pino

Page 1

REVISTA DE INFORMACIÓN MUNICIPAL CONCELLO DE O PINO

ANO 2018

NÚMERO 10

Concello de O Pino • 1


VECIÑAS E VECIÑOS DE O PINO DIN

Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida.

25N

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

016

Atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero

Secretaría Xeral de Igualdade


SAÚDO DO ALCALDE

Favorecer unha vida saudable e a conciliación Veciñas e veciños: Fomentar unha convivencia pacífica, na que todos nos respectemos como persoas, máis aló das nosas ideas particulares, foi sempre un dos obxectivos da Corporación municipal. Por iso dende estas páxinas quero, en primeiro lugar, dar as grazas a todas as persoas que se involucraron para amosar o máis profundo rexeitamento de todos á violencia contra as mulleres, cuxo resultado podes ver na páxina do lado. Grazas a todas e todos pola vosa colaboración nesta iniciativa e tamén a todas aquelas persoas que, dun ou doutro xeito e moitas de fóra do Pino, vos implicastes na busca de José Beis Gómez, o veciño que falta da súa casa de Astrar dende o mes de xuño e, seis meses despois, segue desaparecido. Quero amosarlle á súa familia o apoio do Concello e de toda a veciñanza, e transmitirlle o desexo unánime de que esta incertidume remate o antes posible. Durante o ano que está a piques de finalizar, dende o Concello seguimos facendo unha forte aposta por fomentar unha vida saudable e facilitar a conciliación familiar e laboral. Iniciativas que contan cada ano cun maior apoio veciñal, como se pode comprobar na asistencia ás actividades deportivas, sexa nas das parroquias para maiores ou ás desenvolvidas nos polideportivos municipais; a participación no programa Camiña e Descubre; os máis de douscentos escolares que acoden ás escolas deportivas municipais ou as inscricións nas diferentes probas deportivas que organizamos ou apoiamos dende o Concello. As sendas peonís que se construíron este ano –ademais de mellorar a seguridade

vial– e a preparación das rutas de sendeirismo teñen tamén como finalidade favorecer o exercicio físico, algo que, está demostrado, contribúe ao benestar persoal e a mellorar a nosa saúde. O incremento de fondos bibliográficos e a aposta que dende hai anos vimos facendo polo banco de libros da biblioteca municipal, xunto cun amplo e variado programa de actividades culturais contribúen tamén a ter activa a nosa mente, coñecer outras maneiras de facer as cousas e, dun xeito moi claro, redundan nunha mellor calidade de vida de todas e todos nós. A esta finalidade axudan os programas de conciliación para maioires e pequenos, que cada ano teñen un maior número de seguidores, como os programas de lecer na privamera, verán ou nadal, o ‘Vai de auga’ ou ‘Vai de praia’.

Dende a Corporación municipal seguiremos apostando por estas iniciativas que benefician a toda a cidadanía, e por colaborar activamente coas asociacións, clubes e entidades do municipio, ás que neste ano dedicamos case cincuenta mil euros en axudas de fondos propios municipais. Sen esquecernos de promocionar e divulgar as excelencias paisaxísticas, patrimoniais ou culturais do noso municipio, ademais de favorecer outras posibilidades de desenvolvemento económico. As actividades programadas ao redor da Feira Celta, Festa

Manuel Taboada Vigo Alcalde de O Pino do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar teñen esa clara finalidade. Un traballo que, como se puido comprobar este ano, permite que poidamos gozar de eventos de primeiro nivel, como o espectáculo ‘Quimera’ ou o Campionato Galego de Enganches de Carruaxes, que repetirá o ano que vén no Pino. O Camiño de Santiago supón unha oportunidade de mellora económica para moitos veciños e veciñas. As máis de 7.000 consultas feitas en só seis meses por peregrinos nacionais e estranxeiros na oficina de información municipal é un dato a ter en conta. Sabemos que isto representa tamén un reto para o Concello, por iso fixemos as xestións para que Arca conte cunha nova depuradora, que nos axudará a ser repectuosos co medio ambiente. Só me resta darlles as grazas ás traballadoras e traballadores municipais, aos compañeiros da Corporación e a todas e todos os que, dun ou doutro xeito, estades colaborando para que O Pino sexa un municipio atractivo para vivir. Feliz Nadal e venturoso ano 2019. Concello de O Pino • 3


SUMARIO

23

5

Homenaxe ás veciñas e veciños nacidos en 1924 e 1925 na Festa dos Maiores

Máis de 200 persoas réndense no Entroido á comparsa ‘Zoolandia’

6

Segue medrando o interese polos programas ‘Vai de praia’ e ‘Vai de auga’

26

A Banda Xuvenil de Arca dá o seu primeiro concerto durante as Letras Galegas

9

28

Fomento da vida saudable con ximnasia nas parroquias e exercicio nos polideportivos

Cursos de todo tipo e para todas as idades nunha variada programación cultural

10

30

15

32

17

Descubrindo paso a paso o Camiño do Norte dende Sobrado en tres etapas

34

20

36

Obradoiro de emprego para formar a parados e mellorar o Camiño de Santiago

Investimento en sendas peonís, estradas e cambio de alumeado de millón e medio

Festa do Galo e Mostra Cabalar con criadores de Galicia e tamén de Asturias

Banco de libros na biblioteca grazas á colaboración de moitos veciños As escolas deportivas, con máis de 200 participantes, incorporan ximnasia rítmica Grande ambiente e moitas troitas durante o concurso Pescapino na área da Magdalena Carreira pedestre para maiores e pequenos e máis de medio milleiro de atletas

DIRECTORIO Concello de O Pino

Praza do Concello, s/n 15821 Pedrouzo • Arca Teléfono centraliña. ..................981 511 002 Fax...................................................981 511 123 correo@opino.gal www.opino.gal facebook.com/ConcelloDoPino

Casa da Cultura/Biblioteca Municipal: Teléfono ........................................981 511 065 Xulgado de Paz Teléfono ........................................981 511 168 Centros educativos CPI Camiño de Santiago .........881 867 011 Unitaria de Gonzar ...................696 975 078 Escola Infantil Galiña Azul ......981 511 012

Servizos sanitarios Centro de Saúde Arca ..............981 814 392 Urxencias Médicas ..........................061 • 112 Farmacia Dolores Ordoñez..... 981 511 055 Farmacia Salvador Pazos ........981 511 054 Emerxencias Garda Civil Arca ..........................981 511 052 Urxencias Garda Civil .............................. 062 Protección Civil .......................................... 112 Incendios ...................................................... 085 Transportes Taxi licencia nº2 .........................669 945 381 Taxi licencia nº7 .........................608 981 630 Taxi licencia nº10 .......................659 680 823 Taxi licencia nº12 .......................662 175 978 Empresa Freire ............................981 588 111 Empresa Arriva ...........................981 330 046

Servizos de limpeza e medio ambiente Punto limpo-recollida lixo......981 693 072 Servizo de Augas .......................628 087 459 Permiso de queima de residuos agrícolas .....................902 112 000 Outros servizos de interese Grupo de Desenvolvemento Rural UllaTambre-Mandeo (O Pino) .......981 511 377 Xulgado 1ª Instancia (Arzúa) .981 500 011 Oficina Agraria Comarcal (Arzúa) ...........................................981 500 062 Rexistro (Arzúa) ..........................981 500 475 Xunta de Galicia ..............981 545 400 • 012 Servizo Provincial Recadación (Santiago).............981 599 966 Deputación da Coruña ............981 080 300 Cita Previa DNI............................902 247 364

Deseño, maquetación e textos Alicentis SL

Fotografías Concello de O Pino, Alicentis SL

FAÍSCA Edita Concello de O Pino

Depósito Legal: C 2120-2017 Decembro 2018. Publicación gratuíta do Concello de O Pino. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.

4 • Concello de O Pino


BENESTAR SOCIAL

Homenaxe aos nacidos en 1924 e 1925 Generosa Mañá Mosquera, de Gonzar; María Flora Iglesias Parga, de Castrofeito; Jesús Fernández Otero, de Vilachá (os tres nacidos en 1924) e José López García, que naceu en 1925 en Pastor, foron os homenaxeados este ano na vixésimo segunda edición da Xuntanza dos Nosos Maiores, que reuniu na área recreativa da Magdalena a preto de mil persoas o 14 de xullo. O alcalde entregoulles unha placa conmemorativa a cada un e, ás damas, tamén un ramo de flores. Un recoñecemento que agradeceron tanto os protagonistas da xornada como os seus familiares e amigos. A pesar dos seus 92 anos, José López amosouse en plena forma, ao subir sen axuda ao escenario a recoller a placa. Pola súa banda, Flora Iglesias foi a máis extravertida dos catro homenaxeados, que despois de facerse as fotos de rigor cos familiares máis achegados deron boa conta do menú elaborado polo restaurante A Magdalena, no que non faltou o polbo. A xornada estivo marcada pola desaparición do veciño de Astrar José Beis Gómez unha semana antes da festa, motivo polo que se suspendeu o concerto da banda de música. A pesar dos intensos e repetidos labores de busca, cinco meses despois seguíase sen ter noticias do paradoiro deste veciño. Concello de O Pino • 5


‘Vai de Praia’ e ‘Vai de Auga’ seguen medrando Máis dunha trintena de veciñas e veciños participaron este ano no programa ‘Vai de Praia’ que lles permitiu acudir á praia os martes dos meses de xullo e agosto, cunha aportación de dez euros por cada un dos días que se achegaban ao mar. Este ano visitaron os areais de Boiro; Canelas, en Portonovo; San Francisco, en Muros; e a praia de Montalvo, en Sanxenxo. A iniciativa ten por finalidade propoñerlle actividades de lecer e unha oportunidade para os residentes no interior de Galicia de poder achegarse ás fermosas praias que temos na comunidade. A resposta está sendo positiva e, cada ano, hai más participantes. O mesmo ocorre co programa ‘Vai de Auga’, que lle permitiu a preto de corenta veciños e veciñas coñecer de primeira man os beneficios da balneoterapia. O programa desenvolveuse todos os mércores do mes de maio e os participantes aportaron 75 euros para desprazarse ata o balneario de Cuntis, onde puideron recibir diferentes sesións e terapias.

Risas e letras no Club dos Venres Unha sesión de risoterapia, no mes de xaneiro, e unha tarde recordando a vida e obra de Carlos Casares, no mes de maio, foron algunas das actividades organizadas este ano polo Club dos Venres, que non paran de propoñer cousas para manterse activos. Así o demostraron nas dúas horas da sesión de risoterapia, na que fixeron diferentes actividades de expresión e movemento. Ao rematar, todas as persoas participantes acabaron esgotadas de tanto rir e tanto moverse. Máis tranquila foi a sesión sobre Carlos Casares, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. 6 • Concello de O Pino


Carla, Martina, Agustín e Rita ‘Falan de mulleres’ ‘Falando de Mulleres’ foi o concurso que este ano organizou o Concello do Pino para conmemorar o Día Internacional da Muller, no que o alumnado do CPI Camiño de Santiago tiña que escribirlle unha carta a unha muller que, segundo os criterios dos participantes, consideraran relevante. Carla Gómez Seijas gañou na categoría de Infantil, levando como premio un lote de xoguetes educativos e contos coeducativos. No primeiro ciclo de Infantil a gañadora foi Martina Otero García, que recibiu unha tablet; mentres que no segundo ciclo (4º, 5º e 6º de Primaria) gañou Agustín Orechia, quen recolleu unha cámara instantánea de mans do alcalde. A cámara instantánea para a gañadora na categoría de ESO foi para Rita Duro Asorey. Con todos os traballos enviados organizouse unha exposición na entrada do centro sociocultural Luis Seoane, que inaugurou o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e que se puido visitar durante unha semana no mes de marzo.

Charlas, lazos e almofadas contra o cancro de mama Rosario Rivas Mato, matrona do centro de saúde do Pino, impartiu este ano un taller de autoexploración mamaria no que participaron alumnas de 4º da ESO. Foi unha das actividades organizadas para conmemorar o Día Mundial de loita contra o Cancro de Mama. A edición dunha chapa con lazos rosas baixo lema ‘Concello O Pino. Sumámonos ao rosa’ distribuída en diferentes actos foi outra das iniciativas promovidas polo Concello, que tamén volveu repartir as ‘Almofadas do corazón’ a mulleres afectadas polo cancro de mama, como vén facendo dende o ano 2012. Concello de O Pino • 7


Lecer Primavera e Escola de Verán para facilitar a conciliación familiar Facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións estivais e favorecer que nenos e nenas sigan aprendendo e divertíndose é un dos obxectivos que persegue a Escola de Verán do Concello do Pino, que abriu as súas portas o 25 de xuño e pechounas o 7 de setembro, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Dentro do amplo programa de actividades ofertadas de 08.30 a 14.00 horas figuraban sesións de cine en valores,

obradoiros de reciclaxe, animación á lectura, baile, contacontos, xogos populares, deporte e un longo etcétera que sacaron o mellor de cada un dos participantes. O mesmo ocorreu co programa Lecer Primavera e Lecer Nadal, que se desenvolveu nas instalacións do CPI Camiño de Santiago durante as vacacións escolares de Semana Santa e nas de Nadal.

INFORMACIÓN SOBRE O DANO CEREBRAL A traballadora social da Asociación Sarela, Olalla Domínguez, impartíu un relatorio no mes de febreiro facilitando consellos sobre a prevención, atención e rehabilitación nos casos de ictus, traumatismo e outras causas que danan o cerebro. O dano cerebral adquirido é a primeira causa de discapacidade e dependencia en persoas adultas, segundo informa a Asociación Sarela, que impartíu no Pino dúas charlas informativas.

VACACIÓNS DO IMSERSO

INGLÉS LÚDICO Nenas e nenos de 3 a 16 anos participan na actividade de inglés lúdico, que quere favorecer o aprendizaxe deste idioma dun xeito lúdico e divertido, que a profesora nativa Raquel Quinteiro conxuga con destreza.

Subvencións concedidas polo Concello O Concello de O Pino concedeu durante o exercicio 2018 máis de 48.000 euros de fondos propios a subvencións para actividades e mantemento de asociacións, igrexas e clubes do municipio. 8 • Concello de O Pino

ENTIDADE ANPA CPI Camiño de Santiago

EUROS

O hotel Puerto Resort By Blue Sea foi este ano o destino elexido para o programa de vacacións do Imserso elexido por 59 veciños e veciñas de O Pino que puideron participar nesta convocatoria, para a que se presentaron 85 solicitudes, en base ao convenio asinado entre o Concello e o Instituto de Mayores y Servicios Sociales del Ministerio de Sanidad. Durante dez días, os participantes coñeceron e gozaron da illa de Tenerife. Dende O Pino saíron dous grupos, un marchou o 13 e outro o 22 de abril.

ENTIDADE

EUROS

5.000

Asoc. Veciños de Arca

1.100

Igrexa de Lardeiros

1.700

Banda de Música de Arca

8.000

Igrexa de Gonzar

1.700

CPI Camiño de Santiago

2.000

Igrexa de Pastor

1.700

Cáritas Parroquial de Arca e O Pino

1.200

Igrexa de San Mamede de Ferreiros

1.500

Escola Unitaria de Gonzar

518

Igrexa de San Breixo de Ferreiros

1.700

A. Veciños de San Estebo de Medín

600

Igrexa de Cerceda

1.700

Asociación Veciños de Castrofeito Asoc. Xuvenil Feitizo A. Cultural Os Da Volta de San Xulián

1.100

Igrexa de Cebreiro

990

900

Igrexa de Arca

1.700

800

Igrexa de Budiño

1.700

Clube Atletismo O Pino

2.000

Igrexa de Medín

1.700

Sociedade Cazadores A Magdalena

1.500

Igrexa de Pereira

1.700

S.D. O Pino

6.000

TOTAL SUBVENCIÓNS

48.508 €


Exercicio físico para unha vida máis saudable Favorecer unha vida saudable a través do exercicio físico e o benestar persoal é un dos obxectivos que persegue o programa de actividades deportivas e o de Ximnasia nas parroquias, este último pensado especialmente para as persoas maiores e que fomenta un envellecemento activo. A Ximnasia nas parroquias pódese practicar nos locais sociais de Lardeiros, Pastor, Gonzar, Budiño e Ferreiros, aos que acoden 69 veciños e veciñas das trece parroquias do municipio. Este programa lévase desenvolvendo no Pino dende o ano 2006 e quere potenciar, ademais, a autonomía e mellorar o estado biopsicosocial das persoas maiores. Este programa compleméntase coas actividades deportivas, que se levan a cabo no polideportivo de Reboredo e de Lameiro, aínda que tamén na casa de cultura, para mellorar o benestar e a saúde de veciños e veciñas de todas as idades. Tenis, ioga, zumba, pilates, running, aerobic, step ou ximnasia de mantemento son as modalidades ofertas e que espertan o interés de veciños e veciñas que, ademais, este ano participaron activamente na campaña contra a violencia de xénero que propuxo o Concello.

NADAL BENÉFICO PARA FAMILIAS SEN RECURSOS

CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AXUDA A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

Familias con poucos recursos recibiron 4.600 kilos de alimentos, procedentes tanto do Banco de Alimentos como do Nadal Benéfico que organiza o Concello. Entre decembro e xaneiro recóllense produtos non perecedoiros e de hixiene que, ao longo de todo ano, se distribuén entre as familias que os necesitan.

Coincidindo co 25 de novembro e da campaña de sensibilización, o Concello promoveu dúas charlas no colexio para loitar contra a violencia machista. Unha, dirixida a adolescentes, sobre o uso saudable das redes sociais, e, a outra, para pais e docentes, sobre o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías.

O Concello mantén os programas que dan cobertura as familias ou persoas en situación de dependencia. No 2018 incrementáronse as solicitudes de teleasistencia domiciliaria, xantar na casa ou axuda no fogar. Por otra banda, tamén se prestan medidas de apoio económico para paliar situacións de emerxencia social. Concello de O Pino • 9


EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

O obradoiro de emprego de xardíns axuda a 20 persoas a incorporarse ao mercado laboral O Concello de O Pino promove, xunto co Concello de Arzúa, un obradoiro de emprego para facilitar a incorporación ao mercado laboral a 20 persoas en situación de desemprego e para poñer en valor puntos estratéxicos do Camiño Francés a Santiago ao seu paso por ambos municipios. Os vinte alumnos-traballadores formaranse durante nove meses desenvolvendo actuacións de xardinaría, mantemento en carballeiras e áreas de descanso, así como na mellora do aspecto visual do Camiño Francés. Ao rematar, recibirán un certificado de profesionalidade válido para toda España, o que lles facilitará incorporarse ao mercado laboral. O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, sinalou na inauguración que o 60% do alumnado que participa nos obradoiros de emprego atopa traballo nos seis meses seguintes a completar a formación. 10 • Concello de O Pino


PROGRAMA APROL RURAL DA XUNTA

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL

Co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria contratáronse a dúas persoas desempregadas para facer tarefas de protección e mantemento de zonas e espazos naturais dende o 14 de decembro de 2017 ata o 13 de setembro de 2018. Tamén se contratou un oficial forestal desde o 27 de xuño ata o 26 de marzo de 2019 para realizar labores de roza de leiras forestais municipais.

Subvencionado pola Deputación da Coruña, con cargo ao Programa de Emprego Local 2016-2019 (PEL), contratáronse a catro persoas desempregadas para realizar tarefas de limpeza viaria, na rede de sumidoiros e nos parques, áreas recreativas, prazas, beirarrúas e beiravías de diferentes localidades do municipio. Estas persoas estiveron traballando do 27 de xuño ata o 26 de decembro de 2018.

PEÓNS DA CONSTRUCIÓN

CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA A OFICINA DE TURISMO

O Concello do Pino financiou a contratación de dous traballadores para tarefas de reparacións e remate de traballos de construción en edificios ou espazos públicos.

Durante o exercicio 2018, o Concello do Pino contratou a dúas persoas para atender o servizo de información da Oficina de Turismo situada no Centro Sociocultural Luis Seoane que, durante o verán, contou co apoio doutra localizada ao carón do albergue público de Arca, no mesmo local no que se atopa a oficina de Correos.

PROMOCIÓN DENDE A WEB O Concello promocionou dende a páxina web iniciativas de emprego público e 15 ofertas remitidas por empresas privadas.

Un dos traballadores contratouse a través do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia para atención e información a peregrinos, desde o 13 de xuño ata o 12 de outubro de 2018. Outra traballadora contratouse mediante o programa da Deputación da Coruña para financiamento do gasto de persoal da oficina de turismo, desde o 13 de xuño ata o 12 de decembro de 2018. As persoas contratadas realizaron tarefas de atención e información ao peregrino tales como selar as credenciais, informar sobre os servizos de aloxamentos e restauración situados ao longo do Camiño Francés. Concello de O Pino • 11


MANIPULADOR DE ALIMENTOS O curso de manipulador de alimentos estivo dirixido a desempregados e desempregadas do Concello interesados en adquirir coñecementos en manipulación de alimentos e obter o certificado acreditativo imprescindible para traballar en hostalaría, supermercados, industrias alimentarias, residencias... Cunha duración de 3 horas, realizouse o 21 de maio, e nel participaron un total de 9 persoas, estando esta actividade subvencionada polo Concello.

CURSO DE OPERADOR DE CARRETILLA ELEVADORA O Concello facilitou que 23 veciñas e veciños do Pino puidesen mellorar as súas habilidades no manexo de carretilla elevadora, subvencionando os dous cursos que organizou o 9 e 16 de xuño, cunha duración de 8 horas cada un deles. Na parte práctica realizaron exercicios de recollida, manipulación e apilado de cargas.

PLATAFORMA ELEVADORA MÓBIL DE PERSOAL (PEMP) O 6 de outubro, o Concello financiou integramente un curso no que 15 persoas adquiriron coñecementos para traballos en altura, principalmente montaxes, reparacións, inspeccións ou outros similares, utilizando unha plataforma elevadora móbil de persoal (PEMP). O curso durou 8 horas e contou cunha parte teórica e outra práctica, na que o alumnado puido adquirir experiencia coa plataforma na Praza do Concello. 12 • Concello de O Pino

CONTRATACIÓN SOCORRISTAS A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionou a contratación dun socorrista para a piscina municipal desde o 30 de xuño ata o 29 de agosto. Tamén se contrataron outros dous socorristas con cofinanciamento da Deputación dentro da convocatoria de subvencións do Programa de Socorrismo.


OBRAS E MEDIO AMBIENTE

Novas sendas peonís en cinco parroquias Mellorar a seguridade vial dos peóns e o acceso a igrexas ou zonas concorridas de diferentes parroquias é un dos obxectivos que se persegue coa construción das sendas peonís que vén realizando o Concello nos últimos anos. Durante o 2018 construíronse máis de 10 quilómetros destas sendas en cinco parroquias, que lles facilitan á veciñanza unha beiravía para poder desprazarse con maior seguridade. Feitas en formigón e limitadas con bordillos, durante o 2018 construíronse sendas peonís en cinco parroquias. Con fondos do plan provincial de sendas peonís e travesías executouse a senda e travesía de Outeiro ata Pontepuñide. A principios de 2019, o Concello construirá outra senda da igrexa de Arca ata o cemiterio para mellorar a seguridade vial nesta aldea. A parroquia de Castrofeito conta tamén cunha senda dende Villarrel ata a área recreativa e a igrexa da Magdalena. En Budiño fíxose unha ata a igrexa e tamén na parroquia de San Miguel se construíu outra ata a igrexa de Cerceda. Na parroquia de Pereira ampliouse a senda peonil ata a igrexa, completándose así máis de 10 km destas infraestruturas nas estradas municipais e provinciais.

Senda ata a igrexa de Cerceda

Dúas imaxes da senda peonil de Villarrel ata a Magdalena

Travesía e senda peonil en Outeiro, que chega ata Pontepuñide

Por aquí irá a senda peonil ata o cemiterio de Arca Concello de O Pino • 13


OBRA Renovación de alumeado público en Pereira e O Pino: Lugar de Alvarín e outros Renovación de alumeado público no lugar do Burgo (Arca) e outros Renovación de alumeado público nas parroquias de Cebreiro, San Breixo e San Mamede Pavimentación de viais en Pumar (Gonzar), Cabanelas e outros Estrada local de Marquiño a límite concello Arzúa por Medín Estrada local de Xesta a Frechazo Último (San Mamede) e de Suso a Igrexa (San Breixo) Senda peonil para seguridade vial en acceso a cemiterio de Arca Estrada local de N-634 (Xesteira) a Cruce de Sar Estrada local de Cruce de Sar a Quintáns Estrada local de Quintáns a límite concello de Oroso Estrada local Vimieiro a Vilaseco (Lardeiros) Estrada local Vilaseco-Campo de Vimieiro (Lardeiros) Estrada local do Mes a Campo Vimieiro (Lardeiros) Estrada local Campo de Vimieiro-Escola Marquiño (Lardeiros) Pavimentación viarios en A Tarroeira (O Pino) Estrada local gasolineira-Rial (Castrofeito) Senda peonil de Igrexa a Santiso (Castrofeito) Senda peonil de Santiso a Villarrel (Castrofeito) Pavimentación viarios en Figueroa (Castrofeito) Estrada local Amenal-Vilachá Estrada local Angumil-local social (Cebreiro) Pavimentación viarios en Angumil (Cebreiro) Canalización pluviais en Cerceda Estrada local Salceda-Aldea de Abaixo (Ferreiros) Estrada local Torre-Ramil (Ferreiros) Estrada local Ramil-Torre (Ferreiros) Pavimentación viarios en Salceda Estrada local de Rabal de Arriba a Rabal de Abaixo, pavimentación en Barcia (Pastor) e outros TOTAL

MÁIS DE 650 KM DESBROZADOS EN PISTAS A rede viaria de titularidade municipal supera actualmente os 500 quilómetros de lonxitude, o que require un forte investimento en mantemento e en limpeza das beiravías para facilitar a seguridade vial tanto de Textos condutores como da veciñanza. Durante o ano 2018 desbrozáronse máis de 650 quilómetros de pistas forestais e carreteras pavimentadas municipais, xa que nalgunhas houbo que actuar ata adúas veces. 14 • Concello de O Pino

IMPORTE (€) 81.730 96.894 210.000 68.090 49.045 58.053 68.079 82.303 46.596 68.957 30.167 15.469 15.494 21.091 10.108 14.501 119.822 125.863 4.363 25.155 29.713 35.800 65.496 47.302 9.082 17.579 12.714 60.774 1.490.240

NOVOS CONTEDORES SOTERRADOS EN ARCA Mellorar a imaxe que se ofrece da capital do concello e os servizos á veciñanza e hostaleiros, son os motivos polos que o Concello segue instalando illas de contedores soterrados en Arca. Durante este exercicio investíronse 45.000 euros nuns novos colectores soterrados na avenida de Santiago (N-547), polo que Pedrouzo conta xa con seis illas. A Axencia de Turismo de Galicia subvencionou a iniciativa con 29.750 euros.


Investimento de 1,5 millóns en viais e alumeado Mellorar a seguridade vial, facer tarefas de conservación e mellora da rede viaria municipal e renovar o alumeado público por luces de led son as principais finalidades ás que o Concello de O Pino destinará máis de 1,5 millóns de euros en obras que se executarán durante os primeiros meses do ano 2019. Despois da ampliación e asfaltado da estrada que vai dende o colexio público de Arca ata o o cruce da N-634, agora contémplase no plan de obras ampliar e asfaltar o tramo que vai dende aquí ata o límite de Oroso, vertebrando deste xeito toda a parroquia de Budiño, xa que este vial pasa por Xesteira, Sar e Quintáns, unha actuación na que se van investir máis de 200.000 euros. Nalgunhas das actuacións contempladas prevese a substitución da zahorra das pistas municipais por aglomerado, para mellorar considerablemente a capa de rodadura e facilitar, deste xeito, a mobilidade de veciños e veciñas polo interior do municipio. Facilitar esta mobilidade e mellorar a seguridade vial é tamén o obxectivo da construción de novas sendas peonís, como a contemplada en Castrofeito, que comunicará Santiso coa igrexa e con Villarrel, completando así a senda que chega actualmente ata a área recreativa e a igrexa da Magdalena. Coa renovación do alumeado público continuarase coa sustitución das actuais lámparas, moitas delas de sodio, por luces de led, o que representa un considerable aforro enerxético. Deste cambio de luminarias vanse beneficiar co plan de investimento previsto as parroquias de Pereira e do Pino, e na parroquia de Arca os lugares de Santa Irene, O Burgo e A Rúa, entre outros. Tamén se substituirán as luminarias nas parroquias de Cebreiro, San Breixo e San Mamede.

Ensanche e aglomerado do vial dende o colexio á N-634 en Xesteira

Saneamento e arranxo na aldea

de Casacuberta, en Lardeiros

Asfaltado da N-634 ata Area Blanca, en Lardeiros Concello de O Pino • 15


Nova estación depuradora en O Pino O Concello de O Pino terá unha nova estación depuradora de augas residuais que construirá Augas de Galicia. Así o corrobora o convenio asinado entre o alcalde, Manuel Taboada Vigo, e a entón conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. A instalación, que suporá un investimento de 2,1 millóns de euros, mellorará o servizo dos núcleos de Arca, Amenal, e, na parroquia de Castrofeito, Pazos, Rial e Santiso. O incremento de poboación experimentado nos últimos anos, así como o crecemento de peregrinos e de negocios relacionados coa hostalaría e o turismo no Camiño de Santiago fan que as actuais instalacións “se quedaran obsoletas”, segundo o alcalde. A nova depuradora “solucionará este problema e axudaranos a dar un mellor servizo á veciñanza e a preservar o medio

Alumeado público renovado en Arca O Concello de O Pino continúa coa renovación do alumeado público, substituíndo as lámpadas de sodio por unhas novas luminarias de led para lograr un considerable aforro enerxético e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade da iluminación das vías públicas. Ata o momento, xa se levan substituídas máis de 1.000 lámpadas de sodio por modernas luces de led, e continuarase con estas medidas de aforro enerxético. Nesta liña, acábase de renovar o alumeado público na parroquia de Arca, nos lugares de Vilaboa, A Rúa, Pazos e Outeiro, poñendo luces de led nas farolas e renovando tamén algúns cadros eléctricos, grazas a unha achega da Consellería de Vicepresidencia da Xunta. Este ano tamén se estrearon luminarias de led en Castrofeito e Pereira. 16 • Concello de O Pino

Outros temas ???

natural”, engadiu Manuel Taboada. O convenio asinado enmárcanse na constante revisión que fai Augas de Galicia da calidade do dominio público na Demarcación Galicia-Costa a través do Plan de Control de Vertidos. Un traballo de supervisión

e control que permitiu detectar deficiencias nas infraestruturas de saneamento de certas parroquias do concello coruñés e que, grazas aos investimentos comprometidos pola Xunta a través deste convenio, poderán quedar resoltos.


TURISMO E PATRIMONIO

Descubrir paso a paso o Camiño do Norte Tras completar o tramo de Ribadeo a Sobrado dos Monxes no primeiro semestre deste ano, a quinta temporada de Camiña e Descubre, adicouse de outubro a decembro a coñecer e promocionar o Camiño do Norte. Na primeira etapa desta tempada, a ruta arrincou en Sobrado e rematou na localidade arzuana da Mota. Na segunda etapa fíxose o tramo entre A Mota e Castrofeito, onde os máis de 50 participantes remataron cun xantar de confraternidade no restaurante Bello. A teceira e última xornada, xa no mes de decembro, permitiulles aos camiñantes completar o percorrido na Catedral de Santiago. Durante o 2019 o programa Camiña e Descubre adicará as andainas a coñecer e promocionar o Camiño Portugués a Santiago.

Concello de O Pino • 17


A mellor tapa: ‘Fusión de pulpo’ ‘Fusión de pulpo’, do restaurante Bello, gañou a segunda edición do concurso de tapas ‘Camiñando e Tapeando’ que organizou o Concello e no que participaron oito localis de hostalaría durante a fin de semana do Entroido. Obdulia Bello e Paula García, a cociñeira, recolleron a placa conmemorativa e os 300 euros cos que estaba dotado o galardón. O segundo posto foi para o Restaurante Acivro, pola súa tapa ‘Tosta de bacallau ao pil-pil de mazá’. A placa e os 150 euros deste premio foron recollidos por Elena Pérez. O concurso incluía o sorteo de dous premios entre os comensais, que recaeron en Víctor Blanco Santos (unha fin de semana nunha casa de turismo rural) e en Roberto Carnota Sánchez (unha comida para dúas persoas). Neste segundo concurso de tapas participaron oito locais de hostalaría e un total de 810 persoas

Oficina de turismo con 7.000 consultas Os dous puntos de información turística do Concello do Pino recibiron máis de 7.000 visitas entre xuño e decembro. Dous técnicos atenderon a oficina do Centro Sociocultural Luis Seoane e o punto de atención situado ao carón do albergue público de Arca. O 63% dos atendidos eran peregrinos españois (maioritariamente procedentes de Andalucía e Madrid). Dos estraxeiros, o maior número procedía de Italia, seguido de Estados Unidos. 18 • Concello de O Pino

degustaron a oferta gastronómica, das que 408 foron mulleres. Por orde de puntuación, a clasificación dos restaurantes participantes foi a seguinte: Bello, Acivro, parrillada

Andaina, Casal da Calma, parrillada O Toxo, café bar Rúa Nova, bar Cabaleiros e café bar Casqueiro. Cada un deles presentou dúas tapas a concurso.

CALDO DE GALIÑA PIÑEIRA NO CAMIÑO FRANCÉS O caldo de galiña piñeira foi o protagonista na última etapa do Itinario Gastronómico do Camiño Francés, promovido pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés. ‘Con caldo, pan e viño... faise o Camiño’ foi o lema elixido este ano para que cada concello do Camiño Francés en Galicia promocione o seu produto máis típico. O restaurante Regueiro, de Arca, preparou a degustación no Pino o 1 de decembro.

FESTIVOS LOCAIS 2019 O Concello do Pino elixiu como festivos locais para 2019 a Ascensión (30 de maio) e a Madalena (22 de xullo). Elixiuse a Ascensión porque o día de San Pedro coincide en sábado.


Feira Celta con moita animación en Pedrouzo O voo das aves rapaces, entre as que había aguias e voitres, e os paseos en camelo foron dous dos atractivos da Feira Celta que reuníu en Pedrouzo a milleiros de persoas. Outros optaron por tocar e coller as serpes que os profesionais de El Batán amosaban a quen quería admiralas. A presenza de veciñanza e visitantes foi constante na praza de Forcarei para contemplar os diferentes postos de artesanía e o traballo dalgúns dos artesáns presentes. O ferreiro foi un dos que xerou maior expectación, sobre todo cando se puxo a cuñar moedas medievais ou cravos na súa forxa. A maga da compañía Kaskabella non lles deixou de contar historias e facer xogos aos nenos e nenas que se achegaban a ela. Unha ampla oferta que, durante a primeira fin de semana de agosto, levou ata Arca a milleiros de persoas.

A MAXIA DA LUZ E O SON DE ‘QUIMERA’ Pola noite, a compañía de Pablo Méndez sorprendeu a todos e todas coa maxia e a luz do seu espectáculo Quimera, unha performance inspirada nunha visión máxica da natureza na que calquera soño ou ilusión se poden facer realidade. As acrobacias e a luz durante o espectáculo fixeron crer a moitas das persoas asistentes que “cando cae a noite... a fraga tórnase máxica”. Concello de O Pino • 19


A XIX Festa do Galo reúne criadores de Milleiros de persoas achegáronse a primeira fin de semana de agosto ata Arca para gozar cunha das exaltacións gastronómicas de referencia en Galicia: a Festa do Galo Piñeiro, unha iniciativa do Concello do Pino que, segundo o pregoeiro Ovidio Rodeiro, permitiu recuperar unha raza autóctona que funde as súas raíces na época celta. Uns 60 exemplares de galiñas e galos piñeiros vivos de toda Galicia e tamén de Asturias participaron no concurso, dotado con 550 euros. Os gañadores deste ano chegaron de fóra do Pino. Así, na de galo piñeiro a gañadora foi Lara Paredes Álvarez, de Domaio (Moaña), que recibíu 125 euros. O segundo premio foi para O Corgo (Lugo) a mans de Miguel Neira López (75 euros), e o terceiro quedou no Pino, na granxa de Lucas Magadán Martínez, da Salceda (30 euros). O mesmo ocorreu na categoría de galiñas piñeiras, que estivo dotada cos mesmos premios en metálico. Gañou Germán Neira Arias (O Corgo, Lugo), seguido de Lara Paredes (Moaña) e Lucas Magadán. Na categoría de galo de curral gañaron Benjamín Camiño Blanco (de Negreira) e Carmen Álvarez Rosales, de Chapela (Redondela). Antes do pregón, as autoridades fixeron un percorrido pola X Feira Celta e puideron participar na de-

20 • Concello de O Pino


o e Mostra Cabalar e Galicia e Asturias gustación gratuíta de galiña e galo piñeiro, que esgotou as existencias, a pesar de que se reservaron 400 quilos de produto. Ao igual que en anos anteriores, as entradas para participar no xantar popular acabaron esgotándose. Foron máis de 1.300 as persoas que degustaron empanada, polbo e galo piñeiro con patacas. Un menú elaborado polo restaurante A Magdalena de Castrofeito. E mentres uns participaban na Feira Celta ou na feira de galos vivos, outros admiraban os centos de cabalos e égoas que participaron nos diferentes concursos da Mostra Cabalar, que durante todo o día se disputaron preto da praza Forcarei. Este ano, como novidade, celebrouse no Pino a quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Enganches de Carruaxes, que segundo Manuel Taboada e Ramón Vázquez, representante da Federación Galega, volverá en 2019. Os gañadores en categoría limonera foron Diego Souto, Enrique Sierra e Emiliano González. En categoría tronco gañaron Carlos Otero e Manuel Mistal; e na categoría libre Tamara Abilleira e Cristina Corder levaron os primeiros premios. Pola tarde, o espectáculo Duende Ecuestre congregou a centos de afeccionados.

Concello de O Pino • 21


Para durmir a carón do Camiño • Para dormir junto al Camino • To sleep next to the Way Pensión Mirador de Rourís * Lugar Rourís 9, San Breixo de Ferreiros Tel.:608981630/627451596 josebenito402@cloud.com Albergue A Ponte Ponte Ferrreiros 1, S. Mamede Ferreiros Tel.:665641877 albergueaponte@hotmail.com Albergue de Boni Lugar Salceda22, San Breixo de Ferreiros Tel.:618965907 elalberguedeboni@gmail.com Albergue Turístico de Salceda Lugar Salceda 58, San Breixo de Ferreiros Tel.:981502767 posadadesalceda@gmail.com Albergue Alborada Lugar Salceda, San Breixo de Ferreiros Tel.:620151209 pensionalberguealborada@gmail.com Pensión Casa Tía Teresa * Lugar Salceda14, San Breixo de Ferreiros Tel.:628558716 casatiateresa@gmail.com Albergue El Chalet Lugar A Brea 5, San Miguel de Cerceda Tel.:629693921/659380723 elchaletalbergue@gmail.com Pensión O Mesón * Lugar A Brea, 16 San Miguel de Cerceda Tel.:981511040 info@pensionomeson.com Pensión The Way * Lugar A Brea 36, San Miguel de Cerceda Tel.:628120202/981502990 info@thewayhostel.com Albergue Andaina Empalme Santa Irene 11 San Miguel de Cerceda Tel.:981502925/609739404 albergue.andaina@gmail.com Albergue Público Santa Irene Santa Irene, Santaia de Arca Albergue Santa Irene Santa Irene, Santaia de Arca Tel.:981511100 Albergue Astrar Lugar Astrar 19, Santaia de Arca Tel.:981511463/608092820 albergueruralastrar@gmail.com Hotel O Pino * Lugar A Rúa 5, Santaia de Arca Tel.:981511035 info@hotelopino.com Pensión Casa da Fonte ** Lugar A Rúa 17, Santaia de Arca Tel.:684312390 casadafonte1@hotmail.com Casa Rural Acivro (Grupo B/Compartido) Lugar A Rúa, Santaia de Arca Tel.:981511316 cacivro@hotmail.es

Albergue O Burgo Avd. Lugo 47-B , Santaia de Arca Tel.:981511406/630404138 albergueoburgo@gmail.com Pensión Compas * Avda. Lugo 47, Santaia de Arca Tel.:981511309 pensioncompas@gmail.com Albergue Público de Arca Avda. Lugo 30, Santaia de Arca Pensión Platas ** Avda. Lugo 26, Santaia de Arca Tel.:981511378 pensionplatas@hotmail.com Pensión Bule-Bic * Avda. Lugo 18, Santaia de Arca Tel.:981511222 complejobulebic@gmail.com Pensión A Solaina ** Rúa Picón 3, Santaia de Arca Tel.:633530918 pensionasolaina@hotmail.com Albergue Trisquel Rúa Picón 1, Santaia de Arca Tel.:616644740 informatrisquel@gmail.com Albergue Edreira Rúa Fonte 19, Santaia de A info@albergue-edreira.com Pensión Santaia Casal de Calma ** Rúa Igrexa 10, Santaia de Arca Tel.:680910676 bego.aller@gmail.com Albergue Rem Avda. Igrexa 7, Santaia de Arca Tel.:981510407 reservas@alberguerem.com Albergue Cruceiro de Pedrouzo Avda. Igrexa 7, Santaia de Ara Tel.:981511371/629518204 resesvas@alberguecruceirodepedrouzo.com Albergue Otero Rúa Forcarei 2, Santaia de Arca Tel.:671663374 info@albergueotero.com Pensión O Muíño * Rúa O Muíño 1, Santaia de Arca Tel.:981511144 omuino30630arca@hotmail.com Pensión LO * Rúa Mollados 43, Santaia de Arca Tel.:608989100 reservas@pensionlo.com Pensión Arca * Rúa Mollados 25, Santaia de Arca Tel.:981511437 / 657888594 pensionarca@gmail.gmail.com Pensión Maribel ** Rúa Mollados 23, Santaia de Arca Tel.: 981511404/ 609456966 info@pensionmaribel.com

Pensión Una Estrella Dorada * Avda. Lugo 10, Santaia de Arca Tel.:630 01 83 63 armarturo@gmail.com Pensión 9 de Abril * Avda. Santiago 7, Santaia de Arca Tel.:606764762 infopension9deabril@gmail.com Pensión O Pedrouzo * Avda. Santiago 13, Santaia de Arca Tel.:981510483 info@pensionpedrouzo.com Pensión Recuncar* Avda. Santiago 34, Portal 2, 3º A Tel.: 698139798 pensionrecuncar@hotmail.com Pensión Maruja * Rúa Nova 9, Santaia de Arca Tel.:981511406/630404138 albergueoburgo@gmail.com Pensión Avenida * Avda. Santiago, 23 - Santaia de Arca Tel.:698147113 info@pensionavenida.net Pensión Codesal * Rúa Codesal 7, Santaia de Arca Tel.:981511061/600506651 mesoncodesal@hotmail.es Hotel Amenal** Lugar Amenal 12, Santaia de Arca Tel.:981510431 reservas@hotelamenal.com Hotel Bello ** Lugar Santiso 15, Santa María de Castrofeito Tel.:981511112 hotelbello@hotelbello.es Pensión O Cruceiro * Lugar O Marquiño, San Xiao de Lardeiros Tel.:981191624 hostalocruceiro@gmail.com A Casa da Auga (Grupo B/Compartido) Lugar Voutereira, San María de Budiño Tel.:981191624/629828967 barralmoledo@hotmail.com Casa Rural Calvo (Grupo B/No Compartido) Lugar Piñeiro 4, San Vicenzo do Pino Tel.:981814401/617369334 casacalvo@casacalvo.com Casa Rural Vila sen Vento Lugar O Pino 24, San Vicenzo do Pino Tel.:636813371 vilasenvento@gmail.com Casa Rural Muíño de Pena (Grupo B/C.) A Ponte Puñide 24, San Vicenzo do Pino Tel.:981814404/03 reservas@omuinodepena.com A Maquía de Medín (Vivenda vacacional) Lugar Sobrado 9, Santo Estevo de Medín Tel.: 620613651 info@molinoamaquiademedin.com


EDUCACIÓN E CULTURA

Máis de 200 persoas rendéronse ao Entroido Unha variada representación de animais de todo tipo serviulle á comparsa ‘Zoolandia’ para proclamarse gañadora do concurso de disfraces de Entroido que organizou o Concello do Pino e no que competiron 36 participantes nas diferentes categorías. A máis numerosa foi a de infantil, con 21 concursantes, que levaron os maiores aplausos das máis de 200 persoas que se deron cita na praza do Concello. ‘Legos Superheroes’ levou o premio ao disfrace máis orixinal, tras subir ao escenario a unha numerosa representación dos personaxes de debuxos animados e de ficción que fan as ledicias de grandes e pequenos. Na categoría de carrozas, ‘Os Picapedra’ impuxéronse á ‘Piscina Olímpica’ e á ‘Funeraria Las Catrinas’. ‘Os avós modernos’, que se animaron a regueifar en directo cun bebé en brazos, non tiveron rival no apartado de grupo, o mesmo que a particular aposta polo axeitado tratamento dos residuos que presentou ‘Tirar no monte non é reciclar’, na categoría individual. A categoría máis concorrida foi a de infantil. Houbo disfraces para todos os gustos, aínda que para o xurado os máis logrados foron ‘Rato con ratoeira’ e ‘Grut’, que levaron o primeiro e segundo premio, respectivamente. En total, o Concello do Pino repartiu 1.200 euros en premios nesta vixésima edición do concurso de disfraces. Concello de O Pino • 23


A ilusión invade á rapazada polo Nadal As Súas Maxestades chegaron coas pilas cargadas no 2018 pese ao longo percorrido feito desde Oriente. Toda a rapazada de O Pino esperaba impaciente para poder entregarlles as últimas cartas e, como non, para recordarlles que non se esqueceran de ningún dos seus agasallos na noite máis máxica do ano. Nesa tarde tan especial, varios centos de veciños e veciñas reuníronse no polideportivo de Arca para recibir á comitiva real que chegou tras percorrer todas as parroquias do municipio. Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron o propio, falar con todos os nenos e nenas e regalarlles unha chea de caramelos. Despois a rapazada enredou cos inchables e cos xogos tradicionais que había no pavillón e, para rematar, degustaron o chocolate co roscón de Reis antes de retirarse a durmir cedo, como lles pediu Gaspar. Pero a maxia do Nadal xa comezou uns días antes cando Papá Noel visitou os centros educativos do Pino e recolleu todas as cartas que lle entregou o alumnado da escola infantil Galiña Azul, da unitaria de Gonzar e do CPI Camiño de Santiago. Caras de sorpresa, moita emoción e algún que outro susto. Así recibiron ao esperado visitante que, todos os anos, reparte caramelos e ilusión entre nenos e nenas. Este ano tamén gardou algún para os traballadores e traballadoras municipais.

24 • Concello de O Pino


Grupos tradicionais do Pino no festival de Nadal 2017 As corais e os grupos folclóricos do Pino celebraron o IV Nadal Benéfico cun concerto na casa de cultura, no que a boa música e os instrumentos foron os protagonistas. Cada unha das agrupacións participantes interpretou tres temas do seu repertorio e, para rematar, todos xuntos sobre o escenario cantaron o que máis identifica aos galegos, o noso Himno. Nesta iniciativa participaron o Coro de Santa María de Budiño, Reviravolta, Airiños de Gonzar, Os da Volta de San Xulián e o Coro Santa Eulalia de Arca. Ademais de gozar dun grande ambiente e da boa música, un alto porcentaxe de asistentes levou material de primeira necesidade (comida, produtos de limpeza e hixiene, xabón de lavadora, etc) que se depositou na casa da cultura e que se repartiu entre as familias máis necesitadas e con menos recursos do municipio, dentro da campaña do IV Nadal Benéfico que, tamén no 2017, foi todo un éxito. GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018 Os gañadores do concurso de postais de nadal foron a Aula 5º B de Educación Infantil; Lucía Castro (6-7 anos), Sabela Sánchez (89), Carmen Peréz (10-11 anos) e, na ESO, a de Jacobo García, Candela González e Alejandra Santos.

Concello de O Pino • 25


A Banda Xuvenil estréase nas Letras Galegas A Banda Xuvenil de Música de Arca escolleu as actividades organizadas pola Concellaría de Cultura de O Pino co gallo do Día das Letras Galegas para o seu primeiro concerto. O director da agrupación, José María Blanco Pampín, sinalou que coa implicación dos mozos e mozas a centenaria Banda de Música de Arca “ten futuro”, ao tempo que indicou que algúns dos integrantes da Banda Xuvenil xa tocan tamén cos maiores. Formada por unha vintena de mozas e mozos, a Banda Xuvenil de Música de Arca ofreceu un concerto variado, “porque a música é un idioma universal en sí mesmo”, como dixo o director, facendo gozar ao público que acudiu ao auditorio

26 • Concello de O Pino

do centro cultural Luis Seoane. No concerto interpretaron unha selección dos Blues Brothers e trasladaron ao público ao oeste americano con ‘Moment for Morricone’ Antes da actuación da banda, unha trintena de nenos e nenas puideron gozar coas actividades que lles

organizou a Asociación Feitizo, un colectivo do Pino que, de xeito desinteresado, colaborou co Concello organizando xogos de pistas e rastreo, crebacabezas, marionetas e un mosaico con obras de María Victoria Moreno, a escritora de orixe extremaño á que no 2018 se lle adicou o Día das Letras Galegas.


Educa en positivo para unha boa crianza Marián Cobelas é unha educadora de familia e coach persoal coa que puideron gozar os pais e nais do Pino grazas á iniciativa da Concellaría de Cultura que promoveu diferentes obradoiros de Disciplina Positiva durante todo o ano. Nos talleres, a especialista deu consellos sobre como conectar mellor cos fillos e fillas en idade escolar. E é que hai varios puntos clave como a xestión emocional e a importancia do auto-coidado, entender o que agocha a conducta dun neno ou dun adolescente ou educar sen premios nin castigos.

do problema e ver como se pode solucionar, comprendéndoo, e non buscando culpables”.

Neste sentido Marián apuntou que “cada neno se porta mal normalmente cremos que sen castigo no hai aprendizaxe, pero a disciplina positiva ensina que o castigo fai sentir mal e non é a solución”. Por isto, a especialista propón todo o contrario, facerlles sentir ben. Para conseguilo “hai que chegar á raíz

Ao final, os talleres serviron para dar un pequeno pasiño cara a unha nova forma de facer e, sobre todo, de educar. Como apuntaba un texto do psiquiatra estadounidense Karl Menninger, que entregou Marián Cobelas, “o que lles damos aos nenos e nenas agora, eles devolverano despois á sociedade”.

Obradoiro de arte floral en novembro Un total de quince persoas do Pino participaron no obradoiro de arte floral que promoveu o Concello para aprender a facer centros con flores de temporada. A finais do mes de novembro, no local social de Budiño recibiron os diplomas acreditativos as once participantes, que estiveron facendo cada unha un centro coa axuda de Susa Castro, a monitora. O curso rematou en Lardeiros, onde participan outras catro personas, que tamén recibiron o seu diploma. Nocións básicas para compoñer un centro aproveitando as flores que en moitas casas do municipio abundan no outono era o obxectivo desta iniciativa que todas as participantes están dispostas a repetir. Concello de O Pino • 27


Medra a oferta da programación cultural Obradoiros de cociña creativa, manualidades para todas as idades e bordado sumáronse no outono-inverno ás actividades da programación cultural que desenvolve o departamento de cultura dende hai anos. Na actividade de costura formáronse tres grupos no curso que comezou no outono, dada a demanda desta actividade. O de bolillos segue espertando tamén moito interese e os traballos realizados aumentan de calidade. Ademais destas actividades hai que facer referencia ao curso de bordado ao aire, que imparte a mestra Ana Rosa. A aula aberta e o taller infantil dos sábados pola mañá para facilitar a conciliación son outras das actividades que forman parte desta programación que, ao longo do ano, inclúe a representación de diversas obras de teatro, espectáculos de maxia ou contacontos, moitos deles dirixidos ao alumnado do CPI Camiño de Santiago ou da escola unitaria de Gonzar e outros abertos á toda a veciñanza.

28 • Concello de O Pino


‘URXENCIAS’, DO CLUBE DE MAIORES DE BOQUEIXÓN, A ÚLTIMA REPRESENTACIÓN TEATRAL Moitas risas, aplausos e un público totalmente entregado. Así remataron a súa particular interpretación teatral de Urxencias o Club de Maiores de Boqueixón, na que o persoal médico tivo que fracer fronte as situacións máis disparatadas na particular consulta de urxencias dun hospital comarcal. Dende a ‘francesa’ que quería facerse un estiramento de pel, ata a señora de 93 anos que quería inseminación artificial e acabou tendo xemelgos, pasando polas veciñas que acudían para parolar uns minutos co médico. Esta foi a última de varias representacións teatrais durante 2018.

CURSO DE ÁBACO

FOMENTAR A RECICLAXE

AULA ABERTA

O ábaco facilita que nenas e nenos de 6 a 12 anos fagan cálculos matemáticos con facilidade.

Organizáronse diversos cursos para concienciar á veciñanza da importancia da reciclaxe.

Nesta ludoteca esporádica puideron gozar nenas e nenos de 3 a 11 anos. Retorna en xaneiro de 2019.

NOITES DE CINE EN XULLO E AGOSTO

UNHA HORA DE RISAS CON CAYETANO LLEDÓ

As noites de cine ao aire libre trouxeron ata Arca a ilusión de Pérez, o ratiño dos teus soños, a velocidade de Cars 3 e o misterio de El hogar de Miss Peregrine. O frío dalgunha das noites non foi problema para que pequenos e maiores se amosaran sorprendidos pola maxia do sétimo arte.

Veciños e visitantes do Pino también puideron gozar durante o mes de agosto co bo facer do cuarto finalista de maxia cómica do Campionato do Mundo celebrado en Corea do Sur. Con risas, aplausos e ganas de repetir. Deste xeito premiou o público presente na Praza do Concello a actuación de Cayetano Lledó. Concello de O Pino • 29


Moitos veciños colaboran co banco de libros da biblioteca municipal Moitos son os veciños e veciñas de O Pino que colaboran co banco de libros da biblioteca municipal, donando ou cedendo libros para que outras persoas poidan gozar coa lectura. Nestes momentos hai 50 libros donados ou cedidos temporalmente, algúns deles últimas novidades das librerías, que outros usuarios da biblioteca poden ler. A biblioteca municipal de O Pino conta na actualidade cun fondo de 8.000 libros e ten más de 400 usuarios habituais. Durante o presente ano, dende o goberno municipal investíronse case 2.000 euros para ampliar o número de títulos que os veciños poden solicitar para ler na casa ou consultar nas instalacións, situadas no centro sociocultural Luis Seoane. Este incremento de libros permitiulle á biblioteca incorporarse ao programa Ler conta moito, da Consellería de Educación, e integrarse na rede de bibliotecas.

O DÍA DO LIBRO APOSTA POLA DINAMIZACIÓN CULTURAL O Día do Libro estivo cheo de actividades para a veciñanza no Concello de O Pino. Aínda que o obxectivo é promover a lectura e a dinamización cultural, houbo tempo para a diversión. Un xogo no que os participantes buscaron as pistas que os axudaron a resolver un misterio acaecido na biblioteca, tamén unha sesión de contacontos con Celtia Figueiras e un obradoiro de marcapáxinas coa técnica de papel de auga. 30 • Concello de O Pino


DEPORTES

Cross escolar con 700 atletas na Magdalena Os atletas do Pino fixeron un bo papel na fase comarcal do Campionato galego de cros escolar que se celebrou o 30 de novembro na área recreativa da Magdalena, na que competiron 700 escolares de entre 7 e 14 anos procedentes de colexios de oito concellos. Os oito mellores de cada categoría (de benxamín a cadete) clasificáronse para a fase comarcal que se disputa en Santiago o 19 de xaneiro de 2019. Nunha xornada cun animado ambiente e gran deportividade, Fernando Franco gañou e Alex Ventosa foi terceiro na categoría de cadete; Sara Vázquez foi bronce tamén en cadetes e Xoel Blanco, medalla de prata en infantil. A fase comarcal do Campionato galego escolar de campo a través estivo organizada polo Concello de O Pino, a Federación Galega de Atletismo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta a través da Agrupación Deportiva La Parra.

Concello de O Pino • 31


Masiva afluencia nas escolas deportivas As escolas deportivas municipais, que contan cunha masiva afluencia entre os escolares, buscan promover un estilo de vida saudable e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación entre a vida laboral e familiar. Así o demostrou a gala de clausura no polideportivo municipal, na que a música e as risas levaron a voz cantante. Máis de 200 nenos e nenas mostraron todo o aprendido durante o curso. Houbo exhibicións de baloncesto, atletismo, bádminton e fútbol sala. A ximnasia rítmica, disciplina que botou a andar no curso 2017-18, ten moita

32 • Concello de O Pino


demanda. No caso de patinaxe artístico o número de participantes é tan elevado que se organizaron cinco niveis entre os asistentes. O alumnado de baile moderno mostrou as súas virtudes, ao igual que as alumnas de ballet, que interpretaron O Lago dos Cisnes. A exhibición de psicomotricidade, na que participaron os máis pequenos, foi das máis aplaudidas polo público. Houbo tempo tamén para actuacións improvisadas como a que levaron a cabo nenos e nenas ao ritmo do viral Swish swish de Katy Perry, e ao que acabaron sumándose pais e nais.

Concello de O Pino • 33


Gran ambiente e moitas troitas en Pescapino Máis de trinta rapaces e rapazas de entre 4 e 13 anos participaron no concurso de pesca infantil Pescapino, na área recreativa da Magdalena. O gran ambiente e as boas capturas marcaron o desenvolvemento da proba, na que as troitas non se fixeron de rogar. A pesar de que a xornada comezou húmida, as capturas chegaron axiña. Así, os primeiros peixes comezaron a picar en canto se abriu o período de competición. O Pescapino, organizado polo Concello do Pino, permitiu que tanto os rapaces e rapazas coma as súas familias gozaran dunha xornada, non só de pesca, senón tamén de obradoiros de chapas e xogos de habilidades, entre outros.

34 • Concello de O Pino

Os gañadores das diferentes categorías foron recoñecidos cun trofeo conmemorativo do Pescapino 2018. Todos os nenos e nenas participantes recibiron como obsequio unha medalla de recordo. OS GAÑADORES Na categoría infantil (11-13 anos) brillou Pablo Martínez, seguido por Damián Ferreiro e Brais Iglesias. En alevín (8-10 anos) gañaron Darío Iglesias, Gorka Carnota e Iago Bello. Na categoría benxamín (4-7 anos) acadou o primeiro posto Adrián Iglesias, por diante de Leo Méndez e Nahuel Gallicchio.


Moita calidade e deportividade no Torneo de Fútbol 7 O campo de Reboredo acolleu a terceira edición do Torneo de Fútbol 7 Concello de O Pino, que gañaron o Xuventude Oroso, en categoría alevín, e o Bertamiráns, en benxamín. Neste torneo participaron 16 equipos, oito en cada categoría. Os cativos non deixaron de amosar a súa calidade e, sobre todo, a deportividade durante toda a xornada, diante dos familiares e amigos que os animaban dende as bancadas entusiasmados.

competición gañando os dous primeiros encontros disputados, ante o Victoria e o Ural. Non obstante, foi o equipo do Bertamiráns o que ao final levou o trofeo para casa.

Os alevíns foron os encargados de abrir a cita deportiva cos equipos divididos en dous grupos. Pola súa banda, a categoría benxamín tamén deu que falar. O equipo da SD O Pino comezou moi forte a

Organizado polo Concello de O Pino, a Federación Galega de Fútbol e Onosofutbol.com, o torneo, que reuniu a centos de persoas, contou coa colaboración da SD O Pino, O Noso Deporte e Eurofruit.

CATEGORÍA BENXAMÍN O Bertamiráns (esquerda) acadou o primeiro posto no Torneo de Fútbol 7, seguido polo equipo local O Pino, na imaxe do centro. O podio completouno o Conxo Santiago, que quedou terceiro.

CATEGORÍA ALEVÍN Oroso (esquerda) quedou primeiro, seguido polo Victoria (centro) e Conxo Santiago (dereita). Concello de O Pino • 35


Medio milleiro de atletas na Carreira Pedestre A choiva non impediu que houbera un grande ambiente durante toda a mañá nas inmediacións do CPI Camiño de Santiago de Arca, onde se celebrou a Carreira Pedestre de O Pino, nun circuíto habilitado que percorreu parte do Camiño de Santiago e que os corredores compartiron cos peregrinos. A categoría absoluta foi a máis numerosa, ao contar con máis de 340 participantes, e moi concorrida estivo tamén a categoría de Pitufos, nenas e nenos menores de 6 anos que percorreron unha distancia de 300 metros, espertando a admiración e moitos aplausos entre o público asistente.

Na categoría absoluta, os tres primeiros postos en categoría masculina foron para Iván Roade, Amadeo Abal e Anxo Castro. En mulleres impúxose Edymar Daniely, seguida de Esther Rodríguez e Carla Castaño. Gustavo Platas, José Canda e Cristian Muíño foron os tres primeiros na categoría Master 1 masculina. Na entrega de premios, celebrada nunha abarrotada Casa da Cultura, houbo trofeos para os tres primeiros de cada categoría, así como para atletas locais e os primeiros clubes federados. O CANICROSS AUMENTA PARTICIPANTES Quince atletas, cos seus cans, percorreron algo máis de 3.000 metros na carreira do canicross, na que se proclamaron vencedores Óscar Piñeiro e Mónica Touriño. 36 • Concello de O Pino


A beleza do ‘Gran Camiño’ namora aos corredores Máis de 180 corredores déronse cita na media maratón O Gran Camiño, para percorrer os 21 quilómetros que separan Arzúa e O Pino. A participación foi todo un éxito e os gañadores obtiveron premios en metálico de entre 300 e 50 euros para os seis primeiros clasificados da xeral, e de 300 a 75 para os catro primeiros dos clubes. Ademais, os tres primeiros, tanto da xeral como de cada categoría, recibiron un trofeo conmemorativo que levaron de recordo desta experiencia. Os peregrinos foron os espectadores de excepción da segunda edición da media maratón O Gran Camiño. Gran parte da beleza desta

proba radica non só na natureza do percorrido, senón tamén nos peregriros que animaron aos corredores polo Camiño Francés. O atleta portugués Nuno Costa, gañador da proba, comentou como os peregrinos animaban en moitos idiomas, destacou a beleza da proba e felicitou a organización da carreira.

GAÑADORES FEMININO E MASCULINO Na categoría feminina, María Jesús Gestido foi a gañadora indiscutible, seguida por Tina Fernández e Berta Pan Veiras, en terceira posición. Na masculina, o portugués Nuno Costa impúxose con claridade a Pedro Nimo, campión da primeira edición do Gran Camiño. O podio completouno o arzuán Lolo Penas Blanco.

Concello de O Pino • 37


A ruta BTT atrae a un cento de ciclistas Máis dun cento de ciclistas participaron este ano na sétima edición da ruta BTT, percorrendo uns 42,7 quilómetros por diferentes localidades do municipio. Cunha dificultade técnica-física media, nesta proba non federada e non competitiva participaron atletas veteranos e tamén menores de 16 anos. O periplo levou aos participantes, dende a saída de Lameiro, por Pontepuñide, Pereira, a área recreativa da Magdalena, Cebreiro e, como non, polo alto do Picón, o punto máis difícil do percorrido e que puxo a proba o estado de forma dos

participantes. Para repoñer forzas, o Concello do Pino montou dous postos de avituallamento líquido e

sólido para os participantes, un na Magdalena, punto intermedio da proba, e o outro na liña de meta.

PILOTOS DE PRESTIXIO NO RALLY TERRA DA AUGA No Rally Terra da Auga, puntuable para o Campionato de España, participaron os irmáns Vallejo despois de 13 anos sen competir. A presenza de Cristina Gutiérrez, recén chegada do Dakar, supuxo un atractivo importante na proba. Veciños e visitantes puideron gozar de deporte de alta competición.

BÁDMINTON Unha ducia de deportistas das escolas municipais acudiron á Fase Intercomarcal de Bádminton, clasificatoria para a Provincial. 38 • Concello de O Pino


20 19

XANEIRO

COMITIVA DE REIS

• A partir das 17:00 horas, inchables no polideportivo municipal • Antes da chegada das SS.MM. farase entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Postais • Remataremos a festa co tradicional chocolate e roscón de Reis

11:00

PEREIRA, Campo de Festas

11:15

CASTROFEITO, Escola de Santiso

12:15

BUDIÑO, Campo de Festas

12:30

O PINO, Campo de Festas

12:50

GONZAR, Campo de Festas

13:15

MEDÍN, Campo de Festas

13:30

PASTOR, Campo de Festas

13:45

LARDEIROS, Campo de Festas

17:20

SAN BREIXO, Campo de Festas

17:40

SAN MAMEDE, Campo de Festas

17:45

SAN MIGUEL DE CERCEDA, Igrexa

18:00

CEBREIRO, Campo de Festas

19:30

CHEGADA AO POLIDEPORTIVO

20

19

MUNICIPAL

XX CONCURSO 3 DE DISFRACES

MARZO

I.- Poden participar todas as persoas que acudan disfrazadas. II.- Os participantes deberán anotarse na Praza do Concello o mesmo día do concurso a partir das 16:00 horas. III.- O concurso se celebrará o domingo día 3 de marzo de 2019 ás 17:30h na Praza do Concello. IV.- Outorgaranse premios polas seguintes categorías: 1º PREMIO INFANTIL 100€ 2º PREMIO INFANTIL 75€ MÁIS ORIXINAL 100€ INDIVIDUAL 100€ PARELLA 125€ GRUPO 150€ CARROZA 200€ COMPARSA 350€ Nota: Todos os rapaces/as de ata 12 anos que desfilen no escenario terán un agasallo. V.- As comparsas terán que ter polo menos 10 membros que representarán un mesmo motivo.

VI.-

O grupo terá como mínimo 3 persoas e máximo 9 e representarán un mesmo motivo. VII.- As carrozas serán como mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, etc…) e terán que estar todos os compoñentes (agás o condutor) enriba del. VIII.- Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará: Comparsas e grupos: Vestiario e maquillaxe (traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo): 1 a 4 puntos. Orixinalidade: 1 a 3 puntos. Organización e traballo en equipo: 1 a 3 puntos. Involucrar ao público: 1 a 5 puntos. Disfraces individuais (infantís e adultos) Orixinalidade do vestiario : 1 a 4 puntos. Maquillaxe: 1 a 2 puntos. Involucrar ao público: 1 a 5 puntos. IX.- A selección dos gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoal alleo ao Concello de O Pino.


O Pino, o encanto do natural Rúa do Concello, s/n • 15821 Pedrouzo, Arca • O Pino Tel. 981 511 002 • Fax: 981 511 123 correo@opino.gal • www.opino.gal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.