Faisca 2020. Concello de O Pino

Page 1

CONCELLO DE O PINO

ANO 2020

NÚMERO 12


1

2

MÁSCARA O uso da máscara é obrigatorio

HIXIENE Lava as mans a miúdo, durante polo menos un minuto

DISTANCIA 3

Mantén sempre a distancia de seguridade cando esteas en calquera lugar con xente

2 metros

PROTEXÁMONOS A NÓS MESMOS E OS QUE NOS RODEAN RESPECTA AS RECOMENDACIÓNS DAS AUTORIDADES SANITARIAS


SAÚDO DO ALCALDE

Pensa na túa xente, mira o futuro con esperanza Veciñas e veciños: Bo Nadal. Quero comezar estas liñas desexándovos a todas e a todos unhas boas festas, que teremos que celebrar dun xeito diferente a como o faciamos ata o de agora, porque ese virus que tanto sufrimento espalla por todo o mundo obrigounos a cambiar o noso modo de vida dun xeito inesperado. Quero transmitirlles un recordo moi especial a todas aquelas familias que perderon algún ser querido durante a pandemia. E amosarvos o convencemento persoal de que poderemos saír desta situación se somos quen de actuar con sentidiño, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias e axudando a quen temos máis preto. Temos que coidar das persoas maiores, trasladarlle esperanza á xente nova e mercar no comercio local. Porque os autónomos e empresarios que están ao noso carón tamén están sempre dispostos a botarnos unha man cando o precisamos. Este ano difícil que agora remata serviu tamén para constatar a enorme solidariedade que hai entre a veciñanza do Pino. Sempre disposta a arrimar o ombreiro e a colaborar coas persoas que o están pasando mal nestes momentos. Puidémolo comprobar durante o confinamento, coa doazón e o reparto de alimentos, unha solidariedade dirixida ás persoas máis vulnerables e que dende o Concello queremos canalizar agora a través do Nadal Benéfico. Ao igual que moitas familias, no Concello tamén tivemos que adaptarnos ás novas circunstancias. Quero enviarlles un agradecemento especial aos homes e mulleres do cadro de persoal municipal que estiveron sempre dispostos a traballar

e poñer en marcha iniciativas para axudar a toda a veciñanza. Así o demostraron durante o confinamento, coas tarefas de limpeza e desinfección polos espazos públicos máis concorridos. Tamén co reparto de copias das tarefas escolares entre aquelas familias que non dispoñen dos medios técnicos máis axeitados. Ou interesándose e contactando coas persoas maiores, enfermas ou con escasos recursos, para tentar cubrir as súas necesidades básicas. Sen esquecernos de que propuxeron actividades culturais e deportivas para mantérmonos activos. Neste cambio acelerado ao que todas e todos nos vimos obrigados, dende o Concello fomos quen de darlle a volta aos orzamentos para destinar partidas importantes a axu-

dar ás familias, persoas autónomas e pequenas empresas do municipio. Repartimos máscaras, xel e equipos de protección entre toda a veciñanza, e tamén entre os establecementos comerciais que estaban abertos ou foron abrindo a medida que as autoridades llelo permitían. Destinamos cen mil euros para axudar a autónomos e pequenos empresarios a pagar alugueiros e cotas da seguridade social, e tamén para colaborar coa hostalaría local, que o está a pasar especialmente mal debido ás restricións derivadas da pandemia e a práctica desaparición de peregrinos no Camiño de Santiago.

Manuel Taboada Vigo Alcalde de O Pino Editamos un vídeo para destacar o importante labor do comercio local, porque, como dicía ao principio, é o momento de pensar na nosa xente, naqueles que temos máis preto. Situacións complicadas como a que nos está tocando vivir poderemos superalas máis axiña se somos quen de traballar unidos, todos xuntos. Como facemos a diario. Transmítennos exemplos a cotío as persoas maiores, como Manuela, Mercedes ou Ramona, que fixeron cen anos e pasaron por situacións moi complicadas. No Pino temos motivos para estar orgullosos e esperanzados. Empresarios que seguen xerando emprego, pianistas que nos fan gozar coa súa música, deportistas que superan metas nas súas competicións. Contamos con persoas ás que admirar e tamén paisaxes das que presumir e que nos serven para reencontrarnos coa natureza, con nós mesmos e para evadirnos da pandemia. Vivamos estas datas e afrontemos o futuro con esperanza. Estamos no camiño. Bo Nadal e ventureiro 2021. Concello de O Pino • 3


SUMARIO

7

20

As ‘Parolas de verán’ animaron a rapazada de diferentes parroquias

O Concello axuda o sector da hostalaría e os autónomos con 100.000 euros

9

22

Moita orixinalidade e diversión durante o desfile de disfraces de Entroido

23

Tartas La Abuela, máis de 200 receitas tradicionais que chegan ata o Caribe

13

26

Queixería Ruta Xacobea emprega 11 persoas da zona e ten reparto a domicilio

14

27

Máis dun millón de euros de investimento en obras en todas as parroquias

16

32

18

36

Contacontos e novos libros para animar os máis pequenos e pequenas a ler

O Pino dille non á violencia de xénero cun vídeo e cunha andaina pola igualdade Unha placa conmemorativa e un ramo de flores para as novas centenarias do municipio Máis horas no Servizo de Axuda no Fogar e reparto de máscaras entre a veciñanza

Pensa na túa xente

Desinfección dos espazos públicos no confinamento e rebaixa do recibo do lixo

10

Os cursos de bolillos, costura e bordado ao aire contan con fieis seguidoras

O Pino apoia o comercio local

Recomendamos algúns sitios de singular beleza para visitar no municipio

A SD O Pino celebra 40 anos de vida co primeiro ascenso á Rexional Preferente

DIRECTORIO Concello de O Pino

Praza do Concello, s/n 15821 Pedrouzo • Arca Teléfono centraliña....................981 511 002 Fax....................................................981 511 123 correo@opino.gal www.opino.gal facebook.com/ConcelloDoPino Casa da Cultura/Biblioteca Municipal: Teléfono.........................................981 511 065 Xulgado de Paz Teléfono.........................................981 511 168 Centros educativos CPI Camiño de Santiago..........881 867 011 Unitaria de Gonzar ....................696 975 078 Escola Infantil Galiña Azul.......981 511 012 Servizos sanitarios

Centro de Saúde Arca...............981 814 392 Urxencias Médicas...........................061 • 112 Farmacia Dolores Ordoñez....... 981 511 055 Farmacia Salvador Pazos.........981 511 054 Emerxencias Garda Civil Arca...........................981 511 052 Urxencias Garda Civil ............................... 062 Protección Civil........................................... 112 Incendios....................................................... 085 Transportes Taxi licencia nº2..........................669 945 381 Taxi licencia nº7..........................608 981 630 Taxi licencia nº10........................659 680 823 Taxi licencia nº12........................662 175 978 Empresa Freire.............................981 588 111 Empresa Arriva............................981 330 046 Servizos de limpeza e medio ambiente

Punto limpo-recollida lixo.......981 693 072 Servizo de Augas........................628 087 459 Permiso de queima de residuos agrícolas......................902 112 000 Outros servizos de interese Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre-Mandeo (O Pino)........981 511 377 Xulgado 1ª Instancia (Arzúa)..981 500 011 Oficina Agraria Comarcal (Arzúa)............................................981 500 062 Rexistro (Arzúa)...........................981 500 475 Xunta de Galicia...............981 545 400 • 012 Servizo Provincial Recadación (Santiago)..............981 599 966 Deputación da Coruña.............981 080 300 Cita Previa DNI.............................902 247 364

Deseño, maquetación e textos Alicentis SL

Fotografías Concello de O Pino, Alicentis SL

FAÍSCA Edita Concello de O Pino

Depósito Legal: C 2120-2017 Decembro 2020. Publicación gratuíta do Concello de O Pino. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.

4 • Concello de O Pino


EDUCACIÓN E CULTURA

A pianista Marina Fernández cumpre un soño: tocar no Pino xunto a Ilona Timchenko O 24 de outubro a xove pianista Marina Fernández puido cumprir un dos seus soños ao actuar diante dos seus veciños no centro sociocultural Luís Seoane. “Foi un concerto moi especial porque O Pino é a miña segunda casa. E tiven a inmensa fortuna de compartir escenario con Ilona Timchenko, a miña profesora particular desde que cheguei a Galicia”, sinalou. Unidas pola súa paixón polo piano, as casualidades levaron a que alumna e profesora compartan tamén a condición de residentes no Pino. Marina, nacida na localidade salmantina de Béjar, chegou á parroquia de San Miguel de Cerceda hai catorce anos, cando o seu pai, de Touro, decidiu regresar á casa. Pasado o tempo, foi Ilona Timchenko quen resolveu fixar o seu domicilio en Castrofeito. Rusa, de Crimea, Ilona Timchenko recalou en Santiago seguindo os pasos do seu marido, violinista na Real Filharmonía de Galicia. “Buscabamos unha casa que tivese un salón grande porque teño tres pianos de cola. Non atopabamos nada, ata que un día os pais de Marina, que era a miña alumna, chamáronnos porque había unha en Castrofeito cun salón grande. Aquí estamos desde o ano 2012, a apenas uns quilómetros da súa”, conta.

Aínda que a súa actividade principal é a de concertista, Ilona exerce tamén como profesora particular de piano e desde o ano pasado dá clases no CenAFECCIONAR OS NENOS Marina tiña só catro anos cando empezou a xogar cun teclado que había na súa casa. Quería tocar e, por iso, os seus pais levárona a clases. Cre que para que os nenos se afeccionen á música “é fundamental que non sexa unha imposición e que as clases sexan dinámicas. Repetir algo unha e outra vez non adoita gustarlles”. Ademais, recomenda aos pais que lles poñan música clásica e os leven a concertos en directo. Ilona, pola súa banda, recalca que moita xente non acode a concertos co pretexto de non saber de música. “Con todo, cando veñen, despois queren repetir. O programa que tocamos no Pino non era fácil porque se trataba dun monógrafico de Liszt, pero creo que gustou moito. A emoción do público e que abandone a sala levando algo que quede no seu recordo é a nosa maior satisfacción, compensa todos os esforzos”, conclúe.

tro Superior de Música de Galicia, en Valga. Ademais, é fundadora e directora artística de Peregrinos Musicais, asociación que organiza un festival, eventos culturais e concertos. Ao abeiro do Xacobeo, este ano Peregrinos Musicais promoveu un ciclo de vinte actuacións noutras tantas poboacións do Camiño. A visita ao Pino non podía faltar. “Está situada estratexicamente”, sinala Ilona, quen incide en que “o concerto foi histórico porque por primeira vez se meteu un piano no centro sociocultural”. Este ano atípico, mentres Ilona viu interrompidos os seus concertos por todo o mundo, Marina tivo que seguir virtualmente as súas clases na prestixiosa Schola Cantorum de París co profesor Maurizio Moretti. Na casa, ensaia entre catro ou cinco horas ao día e reláxase escoitando música, paseando ou lendo. Tamén lle gusta viaxar. Algo ao que está xa moi habituada e que sabe que formará parte da súa rutina en canto consiga alcanzar o seu obxectivo de “vivir de tocar” como a súa admirada Ilona, “Pódeste dedicar ao piano dando clases, pero gañar a vida tocando é algo tan díficil como xogar no primeiro equipo do Real Madrid”, sinala. Concello de O Pino • 5


Susana Seivane e o seu canto á maternidade “Foi maxicamente divertido e unha noite inesquecible por moitos motivos”. Así cualificou Susana Seivane o concerto que ofreceu o último sábado de outubro no auditorio do centro sociocultural Luis Seoane de Arca. As restricións pola covid-19 só permitiron que medio cento de persoas puideran asistir en directo a este concerto, no que durante hora e media Seivane interpretou cancións do seu último disco, FA, dedicado aos seus fillos Fiz e Antón e no que fai unha reflexión do que significou para ela a maternidade. Nenos e maiores gozaron coa música da gaiteira galega, que animou aos asistentes a sumarse ao coro e cantar con ela algúns dos temas. E precisamente atendendo ao convite foi onde sobresaíron os máis novos, segundo salientaba Susana. Este concerto enmárcase no programa cultural ‘Experiencias no Camiño Francés’ promovido pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2020

Clase de 5º de Educación Infantil

Clase de 2º A de Educación Primaria 6 • Concello de O Pino

Andrea Franqueiro Muíño, de 6º A, na categoría de 10 e 11 anos, e Sofía Pérez Otero, de 4º B, na categoría de 8 e 9 anos, foron as gañadoras do concurso de postais de Nadal que organizou o concello. A clase de 5º de Infantil e a de 2º A de Primaria tamén gañaron nas súas categorías

Sofía Pérez Otero

Andrea Franqueiro Muíño


As ‘Parolas de verán’ arrancaron en Gonzar coa historia dun cabaleiro preso da súa armadura A historia do cabaleiro afeccionado ás guerras que acabou quedando preso da súa armadura, para desesperación da súa familia que xa non sabía que aspecto tiña, fixo rir aos nenas e nenos que se achegaron á carballeira de Gonzar para participar na primeira xornada das Parolas de verán. A iniciativa, posta en marcha pola concellaría de Cultura, levou polas parroquias do municipio os xoves do mes de xullo e agosto diferentes espectáculos e actividades para entreter a pequenos e grandes. A actividade comezou en Gonzar cun taller de debuxo, no que nenas e nenos amosaron a súa creatividade. Despois os pequenos (coa atenta mirada de algúns familiares) riron con ganas durante o espectáculo de monicreques. Unha armadura de ferruxe contoulles a historia dun cabaleiro afeccionado as guerras, tanto que cada mes participaba nunha. Ata o punto que quedou preso da súa propia armadura, para desesperación da súa muller e do seu fillo, que non sabían que facer para liberalo. A Pereira chegou días despois O capitán garfo cociñando música, un espectáculo musical que fixo rir e gozar a pequenos e maiores, que ata se animaron a bailar diante do chiringuito deste chef tan especial. A sorpresa chegou cando un dos nenos presentes se animou a tocar unha peza ao piano. E se en Gonzar os asistentes participaron nun taller de debuxo, en Pereira dedicáronse a pintar flores. En Lardeiros, o 6 de agosto, os nenos e nenas que participaron nas Parolas de verán sacaron a súa vea artística e puxéronse a decorar camisetas coa técnica de plastidecor. Os resultados foron do máis cha-

mativo e diverso. Os quince nenos e nenas participantes estamparon nas súas camisetas diferentes figuras e nomes (corazóns, estrelas), e ata houbo quen optou por formas abstractas.

As Parolas de verán serviron para aliviar un pouco o confinamento ao que todos nos vimos sometidos. As actividades desenvolvéronse en Gonzar, Pereira e Lardeiros durante os meses de xullo e agosto. Concello de O Pino • 7


Os Reis Magos chegan a todas as parroquias Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos paxes reais, percorreron en 2020 as parroquias do Pino e repartiron caramelos entre os nenos e nenas que se achegaron para dar

conta do ben que se portaran. Despois, achegáronse ao polideportivo municipal para a tradicional recepción real, que veu precedida pola entrega de premios do Concurso de

Postais, contou con xogos e inchables e finalizou con roscón e chocolate. De seguro que este ano non faltaron os sorrisos dos pequenos ao abriren os regalos na mañá de Reis.

Escanea o código para ver o vídeo da visita e da recepción dos Reis Magos no Pino en 2020

OS ESCOLARES VISITAN O SALÓN DE PAPÁ NOEL NA CASA DA CULTURA A visita de Papá Noel ao Pino chegou cargada de novidades e agasallos o pasado ano. Primeiro achegouse a saudar aos pequenos e pequenas da escola infantil e da unitaria de Gonzar, como vén sendo habitual. Pero despois Santa Claus recibiu ao alumnado do CPI Camiño de Santiago no seu flamante salón na Casa da Cultura, no que non faltou detalle: ao calor da cheminea e sentado no seu trono, Papá Noel recolleu as peticións de nenos e nenas. 8 • Concello de O Pino


Diversión e orixinalidade vencen no Entroido O concurso de disfraces do Entroido 2020 xuntou en Arca a centos de persoas nunha calorosa e animada tarde. Emoticonos, viaxeiras no tempo, chícharos, superheroes ou un grupo de folclore andaluz foron algunhas das caracterízacións que desfilaron polo escenario dun certame que repartiu 1.700 euros en premios. A categoría máis concorrida foi a individual infantil, na que gañou un tanque a pedais que disparaba confeti e un reloxo de cuco obtivo a segunda posición. Entre os adultos, a costureira que se meteu dentro dun tubo de fío vermello levou o primeiro premio, mentres que o galardón á orixinalidade recaeu no disfrace ‘Bágoas salgadas’. No apartado de parellas o premio foi para os soldados romanos que, cun carro de tracción humana, fixeron unha exhibición de loita coas súas espadas de cartón e ata utilizaron a catapulta para agasallar aos presentes con lambonadas. As ‘influencers’ KawaTubers levaron o primeiro premio na categoría de grupos, mentres que ‘Os cabaleiros do Camiño de Santiago’, que vixían que non lles ocorra nada aos peregrinos, gañaron na categoría de comparsas. O máis fácil para o xurado foi cualificar ás carrozas, modalidade que contou cun só participante, ‘As abellas de Arzúa’.

Escanea o código para ver o vídeo

Concello de O Pino • 9


Curso de bolillos e costura con fieis seguidoras Os cursos de bolillos, costura e bordado ao aire contan no Pino cun grupo de fieis seguidoras que ano tras ano seguen perfeccionando a súa técnica, ata o punto de que hai persoas doutros municipios que se desprazan ata o centro sociocultural Luis Seoane para participar nestas actividades. Ao longo deste 2020, e por causa das normativas derivadas da pandemia, ampliouse o número de grupos co obxectivo de reducir o número de asistentas e poder respectar as distancias de seguridade. O curso que máis demanda ten é o de bolillos, que se celebra os mércores na casa da cultura. Un dos traballos máis locidos deste ano foi un escudo do Real Madrid. A profesora é Rosa Lista, artesá con gran formación, experiencia e varios premios dentro do mundo do encaixe e o bordado. Durante a homenaxe que o Concello de O Pino lle rendeu no 2019, anunciou que lle regalaba ao municipio unha réplica do cadro de Luís Seoane O gaiteiro de Arca que ela mesma fixo con encaixe. Ana Rosa tamén se encarga do curso de costura e de bordado ao aire. Neles, as participantes melloran os seus coñecementos e técnicas e elaboran os seus propios deseños, que despois aproveitan para lucir na súa vida diaria.

CLUB DOS VENRES No centro sociocultural Luis Seoane xúntanse os venres a partir das cinco da tarde as persoas maiores do Pino para tomar un café, contar un conto ou xogar as cartas. Coñécese como Club dos Venres e nel tamén aproveitan para planificar excursións. Este ano funcionou mentres as autoridades permitiron celebrar reunións. 10 • Concello de O Pino


‘Crunch’ leva as risas ao carón da piscina municipal de Lameiro Pequenos e maiores do Pino riron a esgalla coa representación de Crunch, un espectáculo de superheroes que inaugurou a temporada ao carón da piscina municipal de Lameiro. Porque non hai nada mellor que unhas boas risas para rematar unha tarde de calor despois de darse un chapuzón na piscina municipal, que este verán chegou aos douscentos abonados. No espectáculo, ofrecido o 17 de xullo, os dous amigos da compañía Muu, agardando recibir a chamada para unha nova misión secreta, arrancaron sorrisos e aplausos ao público, que puido gozar coas acrobacias, os golpes e os saltos mortais deste dous superheroes. O Concello do Pino organizou este espectáculo de acrobacias en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Biblioteca con servizo de impresión de tarefas escolares Durante o confinamento, o Concello estivo durante varias semanas imprimíndolles as tarefas escolares ás familias que llo solicitaban por carecer de medios técnicos. O 9 de abril, o alcalde chegou a un acordo coa Asociación de Nais e Pais do CPI Camiño de Santiago para regularizar este servizo e facilitarlle ás familias que non tiñan impresora ou acceso a internet as impresións das tarefas que lle mandaba o profesorado do CPI. Este acordo serviu para regularizar o horario no que se prestaba este servizo. As clases quedaron suspendidas co estado de alarma, polo que o profesorado envíaba-

lle ao alumnado tarefas por diferentes medios, entre eles o correo electrónico. Aquelas familias que non podían imprimir estas tarefas, solicitaban na biblioteca municipal que se lles imprimiran, e logo íanas buscar. Aquelas persoas que non

se podían achegar ata a biblioteca puideron solicitar tamén que dende o Concello lles levasen as copias aos seus domicilios. Este servizo estívose prestando os martes e xoves ata que rematou o curso escolar 2019-2020. Concello de O Pino • 11


‘O coelliño aventureiro’ No tempo que durou o confinamento, e coa finalidade de facerlles algo máis levadeiras as fins de semana aos nenos e nenas do Pino, a concelleira de Cultura, Eva Varela, decidiuse a contarlles un conto cada sábado desde a canle de Facebook do Concello. O coelliño aventureiro foi o primeiro vídeo-conto desta iniciativa, que acadou máis de 5.100 reproducións. Seguíronlle en sucesivas semanas De que cor é un bico, Aquelo que tanto quería Susana, Lola e as 21 vacas, Debaixo da cama, A vaca Condesa, Yaared e a escola ou A voda dos ratos. Dóeme a lingua foi o último destes contos, que tiveron unha notable aceptación, sobre todo entre a cativada do municipio.

‘Cantigas de amigos e outros poemas’ O Pino celebrou tamén de xeito virtual o Día das Letras Galegas. A técnica de animación sociocultural e responsable da biblioteca municipal, Ana Vigo, gravou un vídeo recitando un fragmento da obra Cantigas de amigos e outros poemas, para renderlle unha pequena homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.

CONCERTOS VIRTUAIS DA BANDA DE MÚSICA DE ARCA A Banda de Música de Arca sumouse aos concertos virtuais este ano. Coincidindo co Día das Letras Galegas organizou unha homenaxe a Carvalho Calero cun concerto no que tamén participaron as bandas de música de Chapela, Vilaturexe e O Landro, de Viveiro; e que rematou coa interpretación do Himno Galego coa música das catro bandas, as voces de Esperanza Mara, Lucía Pérez, Najla Shami e a linguaxe de signos da Familia Vázquez TV. No mes de abril organizara outra homenaxe aos Mozos do Penedo, que contou con numerosas colaboracións. 12 • Concello de O Pino


Obradoiro de cociña e cores para animar a ler A Biblioteca Municipal do Pino, como integrante da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, leva varios anos participando no programa Ler conta moito, que ten por finalidade fomentar a lectura, sobre todo entre os máis novos. Durante o 2020, nenos e nenas do Pino tiveron a oportunidade de participar en dúas actividades que forman parte deste programa. No mes de xullo, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron gozar aos asistentes cun contacontos no auditorio da casa de cultura. Antón e Tomasa explicáronlle á cativada as súas aventuras no programa de televisión ‘Master Comellón’, arrancando numerosas risas dun entregado público. Despois do contacontos, nenos e nenas participaron nun obradoiro de cociña no que elaboraron unha brocheta de chocolate con 3 uvas, 1 fresa e 2 lacasitos. No mes de agosto, os máis novos volveron participar noutro espectáculo de dinamización da lectura. Nesta ocasión foi Genma Gemola a encargada de facer rir aos máis pequenos co seu espectáculo Baixo a mesma cor.

MÁIS DE 4.000 EUROS PARA NOVOS LIBROS DA BIBLIOTECA Os fondos de préstamo da biblioteca incrementáronse ao longo do presente ano grazas a un investimento de 4.104,43 euros, aportados por subvencións da Xunta de Galicia. Unha delas, de 1.447 €, permitiu adquirir novidades editoriais en galego. Coa outra, por importe de 2.656 euros, puidéronse incorporar novos títulos ás coleccións bibliográficas. Concello de O Pino • 13


BENESTAR SOCIAL

O Pino dille NON á violencia de xénero “No Concello do Pino, á violencia machista parámola entre todos e todas. Actúa. Non cales. Dille non á violencia de xénero”. Esta frase contundente do alcalde ponlle fin ao vídeo institucional do Concello do Pino no que veciñas e veciños amosan o seu rexeitamento a esta lacra social. “Non cales”, “Non sexas cómplice”, “Non contes co meu silencio”. Son algunas das afirmacións que fan no vídeo as cinco concelleiras da Corporación, a directora e un mestre do colexio, a presidenta da ANPA, unha médico e un médico do centro de

Escanea o código para ver o vídeo

saúde, o presidente da SD O Pino e traballadores municipais. A gravación serviu para conmemorar este ano o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e solicitar ademais a colaboración de toda a cidadanía para acabar coa violencia contra as mulleres.

Escola de Verán e de Nadal para conciliar O Concello seguiu apostando polas escolas de verán e de Nadal para axudar á conciliación familiar en época de vacacións escolares. A esta edición da escola de verán acudiron unha trintena de nenos e nenas, que aprenderon moito sobre as olimpíadas populares, e asistiron a contacontos, como o de Diego Calvarota, na Casa da Cultura 14 • Concello de O Pino

“Unha agresión nunca é algo normal, non cales”, di a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, para denunciar situacións que sofren con demasiada frecuencia moitas mulleres. “Non seremos unha sociedade xusta se hai mulleres sometidas. Elas tamén merecen respecto”, afirma o presidente da SD O Pino. Con este vídeo, dende o Concello convídase a toda a cidadanía a denunciar situacións de maltrato, ao tempo que se anima ás vítimas a pedir axuda. “Estamos ao teu carón”, di a médica. “Calquera momento é bo para dicir basta”, recorda a educadora familiar.


Andaina pola igualdade e exposición para sensibilizar aos escolares O 8-M, Día Internacional da Muller, o Concello programou a Andaina pola Igualdade, na que participaron unha vintena de persoas que percorreron un treito do Camiño, entre o albergue Ponte de Ferreiros e Pedrouzo. Ao remate da ruta, o alcalde leu un manifesto no que deixou constancia do compromiso do Concello do Pino na loita pola igualdade e os dereitos fundamentais co impulso de políticas que contemplen as realidades específicas das mulleres e a educación en igualdade, clave para evitar os comportamentos machistas. Así mesmo, no mes de xaneiro o centro sociocultural Luis Seone acolleu a mostra Á violencia de xénero… dille NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade. Esta exposición gráfica ilustrada pretende axudar aos adolescentes a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. En once paneis amosáronse condutas tóxicas como o control, a manipulación, o abuso, a sextorsión, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato.

Os supermercados de Arca colaboran co Nadal Benéfico Veciños e veciñas do Pino, e doutros municipios, poden colaborar co Nadal Benéfico doando alimentos non perecedoiros (comida en conserva como garabanzos ou fabas cocidas, potitos para bebés, etc) e produtos de hixiene persoal e de limpeza para que Servizos Sociais do Concello poida repartilos ao longo do ano entre

as familias máis desfavorecidas do municipio. Ademais de na Casa da Cultura, estas doazóns pódense depositar este ano no departamento de Servizos Sociais do Concello e tamén nos supermercados de Arca (Día, Eroski e Rúa) ata o 31 de xaneiro. O resto do ano pódense deixar en Servizos Sociais Concello de O Pino • 15


Placa de recordo e flores para as centenarias O selecto club de centenarios do Concello do Pino rexistrou ao longo de 2020 novas incorporacións. Entre elas atopáronse as de Manuela Mecías, Ramona Varela, José Vaamonde e Mercedes Santos, a quen visitou o alcalde en agosto para facerlles entrega dunha placa conmemorativa polo seu cen aniversario. José Vaamonde e Mercedes Santos levan toda a súa vida no Pino. O primeiro viviu sempre en San Breixo de Ferreiros, mentres que a segunda reside actualmente na Brea tras vivir soa ata os 88 anos na aldea da Toxa (Quión). Pola súa parte, Manuela e Ramona chegaron desde os concellos de Arzúa e Toques, respectivamente. Manuela, non obstante, desenvolveu practicamente toda a súa existencia en Gonzar e Ramona, logo de rexentar pensións en Bilbao e Santiago, estableceuse nos últimos tempos coa súa neta na Salceda.

MANUELA MECÍAS SEGUE MADRUGANDO Manuela Mecías Castro é a máis veterana. Ingresou no club dos centenarios o día 20 de febreiro. Aínda que naceu en Arzúa, leva vivindo na parroquia de Gonzar a maior parte da súa vida. Levántase moi cedo, “ás oito xa está a pé”, comenta a súa familia. Pasa moitas horas sentada na cociña por causa de problemas de mobilidade, pero “manexa ela sola o salvaescaleiras que temos na casa para que poida subir sen dificultade ao cuarto”. Foi nai de oito fillos e co que máis goza é tendo preto de si aos seus 10 netos e 5 bisnetos.

Sen Xuntanza dos maiores

que se celebra no mes de xullo na área recreativa da Madalena.

A pandemia da covid-19 obrigou ao Concello de O Pino a suspender a tradicional Xuntanza dos nosos maiores,

Por este motivo, o alcalde decidiu visitar aos novos centenarios nas súas casas. Acompañado polo tenente de

JOSÉ, GRAN CONVERSADOR José Vaamonde García deixounos este ano despois de cumprir os 100 anos o 9 de maio. Residiu sempre en San Breixo de Ferreiros, na mesma casa na que viviu o seu avó, “o dono de todo esto”, lembraba polo seu aniversario. E, aínda que precisaba dun andador para moverse, seguía mantendo unha memoria privilexiada e lembrando multitude de anécdotas. Durante a visita do alcalde, recordoulle como moitos anos atrás axudou a un veciño a conseguir os cartos para pagar a pasaxe no barco e poder emigrar. José tivo seis fillos, dos que viven catro, e estaba ao coidado da súa filla. Tiña 13 netos e 13 bisnetos. 16 • Concello de O Pino

alcalde, José Manuel Carreira, e pola concelleira Mercedes Vázquez, Manuel Taboada entregoulles aos catro unha placa conmemorativa e felicitoulles o centenario. As mulleres recibiron tamén un ramo de flores.


MERCEDES FOI VOTAR Mercedes Santos volveu á súa parroquia natal de San Miguel hai doce anos, despois de pasar practicamente toda a vida na aldea da Toxa (en Quión). “Marchou con dous anos e estivo vivindo alí, ela soa, ata os 88”, recorda a súa neta Mari Carmen. A súa vitalidade segue presente, malia algúns problemas de saúde. Come de todo, camiña bastante e ata se animou a ir votar nas últimas eleccións. “Ata este ano non tomou ningunha pastilla e nunca estivo ingresada”, di orgullosa a neta. Mercedes, que ten dúas netas e dous bisnetos, vive hoxe na Brea co seu único fillo, Agapito, a súa nora e a súa neta Mari Carmen.

RAMONA VARELA LOGROU QUE OS NETOS FORAN Á UNIVERSIDADE Ramona Varela Buján naceu en Toques o 9 de marzo de 1920. Vive na Salceda coa súa neta María Jesús e co seu xenro Jesús Seijo e gústalle moito madrugar. Desde que se levanta ás oito da mañá, non deixa de moverse en todo o día. É a máis vella de oito irmáns e a única que segue viva. Recorda como de pequena “ía ao monte cos meus seis irmáns para apañar os toxos, e sachaba na horta con miña nai”. Sempre lle quedou mágoa por non poder estudar. “O mestre veu falar con miña nai para que me deixaran estudar, porque valía. Aínda que lles dixo que non lles custaría nada, non puido ser”, recorda. Por iso a súa principal inquedanza era que a súa filla e os seus netos estudaran.

Entre 1955 e 1964 estivo en Bilbao, rexentando unha pensión. E de volta a Galicia comprou un piso en Santiago, nos Concheiros, onde montou outra pensión para estudantes. A súa filla decidiu ser costureira, pero Ramona conseguiu que os seus netos foran á universidade. María Jesús fixo Maxisterio e Álvaro optou por facer Veterinaria en Lugo, ata onde se desprazou Ramona para acompañalo no seu periplo universitario. Hoxe é feliz na casa familiar da Salceda, onde gusta de conversar, pasear e gozar cos seus catro bisnetos. Cando cumpriu os cen anos “fixéronme o mellor regalo: un cadro coas fotos dos oito irmáns” que amosa orgullosa. Concello de O Pino • 17


O Pino mellora o Servizo de Axuda no Fogar cun incremento de 6.000 horas As horas de atención no fogar ás persoas vulnerables ou en situación de dependencia incrementáronse nun 50 por cento en 2020, pasando de 11.500 a 17.400 horas anuais. Este aumento motivou unha ampliación de crédito de 130.000 euros e unha nova licitación do servizo, que foi adxudicado no mes de xuño por un total de 264.695 euros anuais. Porén, o número de demandantes non rexistrou un aumento significati-

vo con respecto a exercicios anteriores. En total, o Servizo de Axuda no Fogar atende a 36 ususarios, dos que 26 son dependentes e 10 acceden en libre concorrencia. O SAF finánciase con achegas da Xunta de Galicia, da Deputación, do Concello e dos propios usuarios, segundo a valoración técnica do grao de dependencia e a súa capacidade económica. A este servizo súmanse o de Teleasistencia, que conta con 17 beneficiarios; e Xantar na Casa, con 10 usuarios.

EQUIPOS DE PROTECCIÓN O persoal da empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar recibiu en abril os equipos de protección doados pola empresa Inditex, a través da Deputación da Coruña, para atender a veciñanza.

Reparto de 5.715 kg de alimentos ás familias vulnerables O Concello do Pino repartiu un total de 5.715 kg de alimentos entre as familias con menos recursos. Este servizo, do que se benefician un total de 34 familias, préstase grazas ao convenio co Banco de Alimentos Rías Altas. Á marxe disto, o Concello tamén distribuíu os produtos recollidos na campaña do Nadal Benéfico e púxose á disposición da veciñanza para colaborar na xestión da compra de medicinas ou alimentos.

HABILITAN UNHA CARPA NO CENTRO DE SAÚDE PARA O ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO DA COVID-19 O Concello do Pino instalou unha carpa preto do centro de saúde para facilitar a toma de mostras das persoas que participaron no estudo epidemiolóxico posto en marcha pola Xunta de Galicia para coñecer a prevalencia da covid-19 entre a poboación. Dos 1.650 test realizados na área de Santiago, no centro de saúde do Pino os sanitarios tomaron as mostras de 108 persoas, previamente seleccionadas polo Instituto Galego de Estatística. 18 • Concello de O Pino


O Concello distribúe máscaras entre os veciños e escolares O Concello do Pino repartiu no mes de abril un total de 10.000 máscaras mercadas con fondos propios. No pico máis alto da pandemia da COVID-19, nun momento no que as farmacias alertaban do desabastecemento desta medida de protección que se fixo obrigatoria para a poboación, entregáronse dúas máscaras a cada unha das persoas empadroadas no Pino. No reparto dos lotes, que se fixo porta a porta para evitar posibles aglomeracións, participaron unhas 25 persoas, entre persoal municipal, membros do goberno, directivos da Asociación de Veciños de Arca, da ANPA, do Club Atletismo O Pino e voluntarios de diferentes parroquias. Coa reanudación da actividade escolar, e para reducir o impacto económico que ten nas familias a adquisión de equipos de protección, o Concello atendeu a petición da

ANPA do CPI Camiño de Santiago e repartiu más de 1.100 máscaras entre o alumnado. Cada escolar de Primaria e de ESO recibiu catro máscaras de neopreno reutilizables, un bote de xel hidroalcohólico e un neceser para gardalos. Aos nenos e nenas de infantil, tanto do CPI como

da unitaria de Gonzar, entregáronselles pantallas protectoras. En total, o Concello fixo un investimento de máis de 9.000 euros. A esta actuación engadiuse a colocación de mamparas de protección no comedor escolar, para aumentar a seguridade dos usuarios e usuarias.

O goberno local doa parte do seu salario aos Servizos Sociais O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, os únicos con dedicación exclusiva no goberno municipal, doaron un 30% do salario de abril aos Servizos Sociais para colaborar coas familias máis vulnerables pola crise da COVID-19. Con esta decisión, o equipo de goberno quixo apoiar o labor que dende este departamento se fixo entre a veciñanza, con seguimento constante a aquelas familias máis vulnerables. Por outra banda, en abril constituíuse a comisión municipal de seguimento da evolución da COVID-19, integrada polo alcalde, a secretaria, o tenente de alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, a traballadora social e a xefa dos servizos administrativos.

DISPENSADORES DE XEL O Concello adquiriu unha partida de dispensadores exteriores de xel hidroalcohólico con pedal para colocar nos lugares máis concorridos das vías públicas, como preto de supermercados, farmacias ou prazas. Así mesmo, tamén mercou un cento de dispensadores de 2 litros de líquido desinfectante para entregarlles a todos os negocios do municipio con atención ao público. Concello de O Pino • 19


EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

O Concello destina 100.000 euros en axudas direc O Concello de O Pino aprobou no mes de xuño unha proposta do equipo de goberno para destinar ata un máximo de 100.000 euros para axudarlles aos traballadores e traballadoras autónomas e microempresas do municipio a pagar o alugueiro dos locais e tamén as cotas da seguridade social. As axudas estaban destinadas aos establecementos que tiveron que pechar como consecuencia do decreto de estado de alarma de 14 de marzo. No mes de novembro, ampliáronse os posibles destinatarios destas axudas, para que tamén se puidera beneficiar delas o sector da hostalaría –hoteis, hostais, cafetarías, bares e restaurantes–, que se viu seriamente prexudicado polas medidas

restritivas das autoridades sanitarias e tiveron que cerrar de novo as portas durante o peche perimetral da comarca de Santiago entre o 4 de novembro e o 6 de decembro. Coa finalidade de incentivar a economía local e axudar ás persoas autónomas e pequenos empresarios censados no Pino, nas bases da convocatoria de axudas publicadas no mes de xullo destinábase ata un máximo de 600 euros para colaborar cos gastos de aluguer –a razón de 200 euros ao mes durante os tres meses de estado de alarma– e outros 600 euros para facerlle fronte ás cotas da Seguridade Social. Unhas axudas que eran compatibles coas que sacaron outras adminis-

tracións. A esta convocatoria presentáronse unha vintena de autónomos e pequenos empresarios do municipio, e finalmente oito puideron aportar toda a xustificación de gastos requirida. AS AXUDAS AOS HOTEIS, HOSTAIS, CAFETARÍAS, BARES E RESTAURANTES DARANSE EN FUNCIÓN DO NÚMERO DE EMPREGADOS No mes de decembro, e para colaborar con outro dos sectores máis castigados pola pandemia, o Concello publicaba unha nova liña de axudas destinada exclusivamente ao sector da hostalaría, un dos sec-

O Pino apoia o comercio local

Pensa na túa xente

20 • Concello de O Pino


ctas para autónomos e para o sector da hostalaría tores máis castigados pola pandemia, que tivo que pechar en dúas ocasións ao longo do ano, e que no Pino tamén se viu moi afectada por la drástica diminución de peregrinos que facían habitualmente o Camiño de Santiago. Nesta segunda convocatoria reserváronse 90.000 euros para axudas directas aos propietarios de hoteis, hostais, cafetarías, bares e restaurantes do municipio. A distribución destes fondos, que está previsto se faga efectiva no mes de xaneiro de 2021, farase en función do número de empregados. Esta proposta foi presentada polo alcalde no pleno extraordinario do 20 de novembro e contou co apoio de toda a Corporación.

“É momento de pensar na xente que tes máis preto” O Concello do Pino editou no mes de xuño un vídeo para promocionar o comercio local, no que as propias empresarias, comerciantes, hostaleiros, agricultores e veciñanza relatan a importancia de apostar polo produto de proximidade e de confianza nun momento no que toca sumar forzas para “saír desta situación e pensar na xente que temos máis preto”. A pandemia da covid-19 mudou todo de súpeto. O Camiño de Santiago quedou sen peregrinos. Moitos comercios tiveron que pechar durante o estado de alarma e outros seguiron abertos para subministrar produtos esenciais á veciñanza. As e os protagonistas do vídeo sinalan que, na nova normalidade toca “poñer os pés na terra” para valorar o realmente importante, “coidar a quen queres, coidar onde vives e coidar o que co-

mes”, deixándose arroupar e aconsellar por quen mellor nos coñece, as e os comerciantes e empresariado local.

Escanea o código para ver o vídeo

Durante os case catro minutos que dura o audiovisual, o Concello quere resaltar, dándolle voz ás persoas autónomas e emprendedoras, que nestes intres de incerteza é o momento de apoiar a produción e o comercio de proximidade: “aos nosos labregos, aos nosos gandeiros, á nosa xente”. Como din os propios comerciantes no vídeo, “estivemos ás duras e ás maduras, sempre aí para que non nos falte de nada”. Empresarias e comerciantes do Pino recórdannos que a saúde empeza

na cesta da compra e que “apoiando o produto local sementamos un futuro” que afrontaremos máis fortes se estamos unidos. “O mellor remedio é a solidariedade e o sentidiño” para saír dunha situación difícil, como xa superamos outras no pasado. Tamén intervén no vídeo á veciñanza miúda. Para os nenos, a saúde é o máis importante e sinalan que “agora máis ca nunca é importante coidar o concello” para que todos xuntos poidamos seguir avanzando, recuperar as nosas vidas, e tamén a do Camiño de Santiago, baleiro de peregrinos durante meses. “Paso a paso, botándonos todos unha man”, O Pino volverá recuperar o seu latexo, di unha das protagonistas. O alcalde, Manuel Taboada, pídelle á veciñanza que aposte polo comercio local. “Xuntos superaremos esta nova etapa do camiño”. Concello de O Pino • 21


Desinfección de espazos públicos en todo o municipio no confinamento Apenas dez días despois de decretarse o estado de alarma, o Concello do Pino comezou a desinfección das zonas máis concorridas e dos espazos públicos de todo o municipio. Os traballos comezaron o 24 de marzo na capital municipal, como medida para previr a propagación da covid-19. Ao principio o Concello contratou unha empresa especializada, que comezou desinfectando o centro médico, e logo foi a brigada municipal a que, regularmente, se ocupada dos colectores do lixo, beirarrúas e aqueles espazos máis concorridos pola poboación como farmacias, supermercados ou tendas de alimentación. Ademais de acudir regularmente ás aldeas un promedio dunha vez por semana, tamén se desinfectaron os exteriores das igrexas durante as fins de semana. Accesos a portais, o tanatorio, e beirarrúas foron outras das áreas nas que se actuou durante o confinamento.

O recibo do lixo rebáixase un 10% O Concello do Pino aprobou rebaixar outro 10 por cento o recibo do lixo para o ano 2021, como medida para axudar as familias do municipio a superar a crise que está a xerar a pandemia da covid-19. Esta rebaixa do 10% engádese ao 5% que xa se rebaixou o recibo durante o 2020 pola diminución do canon de Sogama. A proposta do equipo de goberno foi aprobada por unanimidade no pleno de setembro, que tamén decidiu adherirse ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, promovido pola Unión Europea. 22 • Concello de O Pino


Tartas La Abuela, máis de 200 receitas tradicionais que chegan ata o Caribe Tartas La Abuela chegou a Castrofeito no ano 2000, cando, polo incremento e a diversificación da produción, buscou un novo emprazamento para aquel primeiro forno que no ano 1981 abriran Joaquín e Ana en San Lázaro. O seu acerto foi ver o potencial da tarta de Santiago máis alá da venda directa ao consumidor e só ao cliente da zona. Por iso, decidiron empaquetalo e distribuílo. Ademais, pelexaron por unha elaboración homologada atendendo a uns parámetros de calidade, que derivou finalmente na outorgación do certificado de Indicación Xeográfica Protexida. Cos anos, Tartas La Abuela incorporou ao seu catálogo a tarta de queixo, a de mazá, foi pioneira na de oruxo... ata chegar a comercializar hoxe máis de 200 variedades de sobremesas. Tamén pasou de venderlle só a uns cantos restaurantes e tendas de recordos en Santiago a estar presente en todos os recunchos de España e mesmo noutros países de Europa e América como Francia, Alemaña, Cuba ou a República Dominicana. Xa nas mans dos tres fillos dos fundadores -Joaquín, Paula e Ana-, a empresa radicada no Pino conta na actualidade cun cadro de persoal fixo que supera as 30 persoas, que se ve incrementado en períodos de forte demanda ou vacacionais. Iso se non se trata dun ano tan excepcional coma este, no que, por culpa da covid-19, a empresa tivo que acollerse a un ERTE parcial. “Nós dependemos moito da hostelería e tamén vendemos en tendas gourmet orientadas aos turistas, sectores moi afectados pola pandemia. No verán, aínda que acusamos unha caída das vendas, fómonos mantendo, pero a partir de aí foi imposible”, explica Joaquín.

Chegou a O Pino no ano 2000. Hoxe vende as súas tortas en Francia, Alemaña, Inglaterra, Cuba ou República Dominicana

Á marxe do que suceda nunha campaña de Nadal que se presenta incerta, o grande obxectivo de Tartas la Abuela é gañar cota de mercado no sector da alimentación coa venda nos súper. Aínda que o importante, conclúe Joaquín, “é ter paciencia e coidar a saúde. O resto, se Deus quere, xa virá”. Concello de O Pino • 23


CUADRILLA DE OBRAS E MANTEMENTO DE SERVIZOS MUNICIPAIS O Concello contratou catro persoas desempregadas para formar parte da cuadrilla de obras e mantemento de servizos munipais. Entre o 4 de xuño e o 28 de novembro de 2020, dous operarios e dúas operarias realizaron tarefas de limpeza viaria, da rede de sumidoiros, parques, áreas recreativas, prazas, beirarrúas e beiravías. Estas contratacións realizáronse ao abeiro do Programa de Integración Laboral (PEL) da Deputación da Coruña.

PROGRAMA APROL RURAL

PEÓN XARDINEIRO

ALBANEL OFICIAL DE 2ª

Un peón forestal desempregado foi contratado para a realización de tarefas de roza de leiras forestais de titularidade municipal, desde o 29 de xuño de 2020 ata o 28 de marzo de 2021. Esta contratación realizouse ao abeiro do programa de fomento do emprego APROL Rural, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Un peón xardineiro foi contratado a cargo do Concello do Pino, mediante o sistema de concurso-oposición, dende o 19 de maio ata o 31 de decembro de 2020. As súas funcións consistiron na realización de labores de limpeza de rúas, parques, prazas e xardíns, co obxectivo de manter limpo de lixo o centro urbano do municipio.

O Concello do Pino realizou a contratación laboral temporal a tempo completo dun albanel oficial de segunda, mediante a modalidade de contrato por obra ou servizo, para realizar pequenos arranxos de infraestruturas municipais. Esta persoa estivo contratada a cargo do Concello do Pino dende o 19 de maio ata o 31 de decembro de 2020.

UN TRACTORISTA REALIZA TAREFAS DE DESBROCE DE GABIAS NAS PISTAS FORESTAIS O Concello do Pino contratou un tractorista para a realización de tarefas de desbroce de gabias nas pistas forestais locais. Tras a realización dun proceso selectivo por medio do sistema de concurso-oposición, esta persoa acadou un contrato a cargo do Concello que vai do 11 de xuño de 2020 ao 31 de decembro de 2021. 24 • Concello de O Pino


CONTRATACIÓN DE TRES SOCORRISTAS Para garantir a seguridade dos bañistas na piscina municipal, o Concello do Pino contou este verán co servizo prestado por tres socorristas. Un dos contratos foi cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a campaña estival que vai do 1 de xullo ao 6 de setembro. Os outros dous contratos contaron co cofinanciamento da Deputación Provincial da Coruña, no marco da convocatoria de subvencións do Programa de Socorrismo 2020.

ATENCIÓN E INFORMACIÓN A VISITANTES E PEREGRINOS DESDE A OFICINA DE TURISMO Os visitantes e peregrinos que se achegaron á Oficina de Turismo municipal, no centro sociocultural Luis Seoane en Arca, foron atendidos neste ano 2020 por dúas persoas que realizaron tarefas tales como selar as credenciais, informar sobre os servizos de aloxamentos e restauración situados ao longo do Camiño Francés ou xestionar as instalacións deportivas para a pernoctación dos peregrinos e peregrinas, entre outras. Un dos traballadores contratouse a través dun convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, para atender e informar aos peregrinos, dende o 15 de xullo ata o 29 de outubro de 2020. Mentres, outra traballadora foi contratada ao abeiro do programa da Deputación da Coruña para financiamento do gasto de persoal da oficina de turismo, entre o 15 de xullo e o 29 de decembro de 2020.

PUBLICIDADE DE OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS, SUBVENCIÓNS E CURSOS Desde a páxina web municipal www.opino.gal danse a coñecer as ofertas de emprego público realizadas polo Concello, coa publicación das bases de selección e dos resultados de todos os procesos selectivos. Do mesmo xeito, durante o ano 2020 prestouse o servizo de publicidade solicitado polas empresas privadas que buscaban persoas desempregadas para ocupar os postos de traballo ofertados. Desde o depar-

tamento de Desenvolvemento Local publicítaronse varias ofertas tanto na páxina web coma no Facebook municipal, poñendo en contacto aos empregadores cos demandantes de emprego. Desde este departamento dáse difusión das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia de interese para as persoas desempregadas e emprendedoras. Por outra banda, tamén se publicitan

cursos formativos e outro tipo de axudas de organismos públicos, dirixidas ás asociacións, adquisición e rehabilitación de vivendas, comercio ou hostalería. Concello de O Pino • 25


A Queixería Ruta Xacobea emprega once persoas da zona e ten reparto a domicilio Queixería Artesanal Ruta Xacobea é o nome que adoptou a antiga queixería San Miguel, en Cerceda, cando hai agora dous anos foi comprada polo grupo catalán TGT para incorporala a unha rede que integra un total de nove fábricas de queixo en España, dúas delas radicadas en Galicia: esta do Pino e Lácteos Ferrado Verde, na Pereira (Santa Comba).

Queixería Artesanal Ruta Xacobea mantivo este ano o volume de produción, o que non significa que fose alleo á chegada da covid-19. Durante o confinamento, doou queixos ao Banco de Alimentos e puxo en funcionamento un servizo de reparto a domicilio que está tendo grande éxito. “Era un proxecto que tiñamos en mente, pero foi en marzo cando xa nos decidimos a ofrecelo ao detectar que había clientes de toda a vida, sobre todo persoas maiores, que non podían vir comprar á nosa tenda”, conta o responsable de produción, Héctor Álvarez. Deste xeito, engade, evitan tanto os desprazamentos dos consumidores como protexen ao seu propio persoal.

É unha queixería tradicional que se caracteriza por poñer no mercado queixos da denominación de orixe Arzúa-Ulloa elaborados artesanalmente, de xeito que o pano segue a ser o encargado de darlle forma ao leite procedente de explotacións gandeiras da comarca. A súa produción distribúese maioritariamente, ao redor dun 70%, en supermercados e destina o 30% restante a hostalaría e venda directa tanto á particulares como a vendedores ambulantes que levan os queixos polos mercados de Arzúa, A Coruña ou Pontevedra. Cun equipo formado por once empregados residentes na zona, 26 • Concello de O Pino

No confinamento doou queixos ao Banco de Alimentos e puxo en marcha un servizo de reparto a domicilio cun grande éxito

O servizo está dispoñible nun radio de sesenta quilómetros e os pedidos poden realizarse chamando ao número de teléfono 981 53 82 17, mandando un correo electrónico á dirección info.fv@grupotgt.es ou unha mensaxe de guasap na páxina de facebook @queixosdapereiraeopino.


OBRAS E MEDIO AMBIENTE

Máis dun millón de euros en obras A declaración do estado de alarma o 14 de marzo afectou ao desenvolvemento e a tramitación para contratar e executar obras. Aínda que ao principio se continuou traballando naquelas que se atopaban en fase de execución, posteriormente paralizouse toda a actividade, tamén os procesos de licitación, contratación e adxudicación das mesmas. Esta ralentización non impediu, non obstante, que o investimento total en obras nas diferentes parroquias do municipio supere o millón de euros. A finais do mes de abril, o Concello do Pino retomou xa algúns procesos de licitación e tamén a mellora da capa de rodadura da estrada de Budiño, que une a N-634 co límite de Oroso, e na que a finais de ano se procedeu a botar aglomerado, dúas actuacións que superaron os 344.000 euros. Nunha primeira fase das obras, con máis de 250.000 euros de investimento, ampliárase o ancho da estrada dende 4,5 ata 6 metros de media. O Concello tamén realizou melloras nas estradas locais de diferentes parroquias por un importe global de 345.000 euros, pagados con fondos propios. Nestas actuacións inclúense arreglos de estradas en Castrofeito e Cerceda, en Pastor, ou a mellora da estrada local do Marquiño á escola de Lardeiros. O arreglo da estrada de Agrolongo á Pulleira, e viais en Cebreiro completan este plan. Ademais das melloras nas estradas e pistas municipais para incrementar a seguridade viaria de peóns e condutores e facilitar a mobilidade da veciñanza, o Concello tamén acometeu este ano a renovación do parque infantil do Souto, en Arca, coa finalidade de ofrecerlles un espazo de lecer aos menores de tres anos. Esta actuación ascendeu a 48.400 euros, dos cales Vicepresidencia da Xunta aportou o 80%. Concello de O Pino • 27


Estrada de Angumil a local social de Cebreiro

Estrada de Casacuberta a Pereiramea

Estrada de Domes a Campo de Vimieiro

Interiores en Casal (Lardeiros)

Campo de Vimieiro á escola do Marquiño

Estrada de Ramil á Torre (Ferreiros)

Estrada de Salceda a Aldea de Abaixo

Estrada de Torre a Ramil

28 • Concello de O Pino


Accesos a Casal (Lardeiros)

Pavimentaciรณn en Figueroa

Interiores en Frechazo Primeiro

Interiores na Salceda

Interiores en Taboada

Pista de Ramil a Taboada

Pavimentaciรณn na Salceda

Pavimentaciรณn na Tarroeira Concello de O Pino โ ข 29


Ampliado o acceso á A-54 en Cerceda con máis de 130.000 € O Concello fixo un investimento superior aos 30.000 euros de fondos propios e outros 100.000 a través do plan POS+ da Deputación da Coruña para arranxar a estrada local que serve de saída 77 á autovía A-54 cara a Cerceda e Touro, despois de que o Ministerio de Fomento se negase a asumir a reparación duns danos que se produciron durante a construción da autovía polo paso de vehículos pesados. As obras foron adxudicadas á empresa Cosmalca a mediados de decembro de 2019, e executáronse durante o primeiro trimestre de 2020. Con esta actuación, o firme desta estrada local, que tiña un promedio de 4,8 metros segundo a Garda Civil de Tráfico, pasa agora a ter máis de 6,5, o que facilita o intenso tráfico de vehículos por esta vía, sobre todo de transporte pesado que se dirixen ou proceden das empresas asentadas nos terreos da antiga mina de Cebreiro. A pandemia impediu que se puidese botar a capa de aglomerado que está prevista para mellorar a seguridade viaria nesta estrada. O principal deterioro desta estrada produciuse durante a construción da autovía A-54 no tramo de Santiago a Arzúa. O Concello reclamoulle ao Ministerio de Fomento que asu-

COLECTORES SOTERRADOS A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda instalou catro novas illas de colectores soterrados na avenida de Santiago, en Arca, dentro do Plan Hurbe (humanización, urbanización e equipamento), cun investimento de 188.000 euros. Estes colectores véñense a sumar ás illas que xa estaban instaladas na capital municipal. 30 • Concello de O Pino

mise a reparación da estrada. Como o Goberno central rexeitou asumir o custo das obras, o Concello decidiu facerlle fronte con fondos propios

e co POS+ para garantir a seguridade viaria da veciñanza e de todas as persoas que utilizan esta estrada local para saír ou acceder a autovía.


Mellora do camiño de Agrolongo ata Pulleira A limpeza das gabias e a mellora do firme da estrada que vai dende Camiño de Agrolongo a Pulleira (na parroquia de Lardeiros) facilita o acceso ás instalacións gandeiras e parcelas agrícolas da veciñanza. Esta obra supuxo un investimento de 40.516 euros, e foi cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Rematadas as sendas peonís en Castrofeito As sendas peonís, para facilitar o desprazamento da veciñanza garantindo a súa seguridade viaria, son outra das prioridades do Concello, que este ano rematou as da parroquia de Castrofeito. A última foi a que comunica coa área recreativa da Madalena. Unha actuación que o Concello executa con fondos propios, e que estivo paralizada durante o estado de alarma.

Instalación de novas luminarias led por máis de 370.000 € O Concello rematou en xullo de substituír 306 puntos de alumeado público para colocar luminarias led, e 16 cadros de medida, cun investimento de 174.964,60 euros (139.971 aportados polo Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía, IDAE). Foron colocados na Rúa, O Burgo, Santa Irene, Regas, Ras, Quintas, Salceda, Castro, Brea, Lugar da Ponte, O Xen, Rourís, A Xesta e Lugar da Torre e Vimeo. Con cargo ao POS+ 2020 da Deputación, o Concello tamén acometeu a renovación de alumeado público nas avenidas de Santiago e Lugo, en Pedrouzo, por un importe de 193.000 euros.

REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DE LAMEIRO O Concello fará un investimento de 176.000 euros no acondicionamento do campo de fútbol de Lameiro, para que a SD O Pino poida disputar alí os partidos de Preferente Galicia Norte cando comece a liga. As obras consistirán na reposición do terreo de xogo con herba natural (76.000 €), así como a nova instalación das bancadas e dos vestiarios, totalmente desfeitos polo vandalismo, para os que se destinarán uns 100.000 euros. Concello de O Pino • 31


TURISMO E PATRIMONIO

Visitas imprescindibles no Pino Praia fluvial da Tarroeira Xusto no punto no que o río Mera vai desembocar ao Tambre atópase esta área recreativa concorrida sobre todo no verán por familias e persoas novas na busca dun baño na súa praia fluvial. Un pequeno alxibe para os máis novos e unha plataforma con escaleiras desde as que acceder ao río únense a unha área de céspede, bancos e mesas e un pequeno parque infantil. A Tarroeira é tamén un bo punto de partida para iniciar algunha ruta de sendeirismo. Unha delas lévanos á beira do Tambre por un treito de río comprendido na Rede Natura. Nel poderemos gozar da vexetación típica dun espazo de ribeira. Este percorrido liñal de algo máis de catro quilómetros transcorre á beira do río Mera desde a praia fluvial da Tarroeira ata a igrexa de Gonzar cun alto no Muíño de Pena, hoxe transformado nun establecemento de turismo rural. Trátase dunha ruta que combina os valores naturais, na que as distintas especies vexetais están debidamente sinalizadas, con outros etnográficos e artísticos, como a ponte romana de Puñide; a maquía romana de Pena, auténtica ‘industria’ do Pino en tempos antigos adicada á moenda do gran e a aserradoiro; ou a igrexa de Gonzar, de estilo barroco. 32 • Concello de O Pino

Senda botánica do río Mera


Praia fluvial da Tarroeira

A imposibilidade de saír da casa, a desescalada e os peches perimetrais fixéronnos apreciar o valor e a beleza daqueles lugares que temos máis preto. No Pino contamos cun rico

patrimonio natural e histórico que vos animamos a gozar e dar a coñecer. Facemos un percorrido por algúns dos puntos que consideramos imprescindibles nunha visita ao noso municipio.

Alto do Picón

O miradoiro do Alto do Picón permítenos contemplar una ampla panorámica da comarca compostelá que comprende os concellos do Pino, Touro, Boqueixón, Arzúa, Oroso ou Frades. Neste punto sitúase tamén un marcador xeodésico coñecido como O Marco e que sinala o punto de maior altitude do Concello.

Recomendamos visitar o miradoiro facendo a Senda Panorámica do Picón, un roteiro de ao redor de oito quilómetros e medio que discorre pola parroquia de Arca e que nos leva, entre outros puntos, pola carballeira de Santa Cristina ou pola corredoira que leva aos muíños de Astrar.

Área recreativa Ponte da Pedra

A Madalena

Á beira do río Noa, as ruínas dun antigo muíño presiden a área recreativa de Ponte da Pedra. Trátase do punto de partida e chegada do Itinerario Cultural da Montaña, que, ao longo de 19 km, nos leva polas parroquias de Lardeiros e Pastor pasando polo pazo de Portouteiro, o castro e a igrexa de Pastor, a igrexa de Lardeiros ou a maquía de Ponte do Seixo. Ponte da Pedra é tamén parte da zona libre de pesca que transcorre entre Pastor e Arnela.

Na parroquia Castrofeito, a da Madalena destaca entre as distintas áreas recreativas do municipio pola súa frondosa carballeira e a pequena lagoa na que se celebra o concurso de pesca infantil. A zona verde esténdese ao redor da capela da Madalena, exemplo do barroco rural galego, e nela podemos atopar numerosos bancos e mesas. Constitúe o lugar ideal para celebrar a multitudinaria romaría do 22 de xullo. Concello de O Pino • 33


Camiña e Descubre percorreu a costa de Pontevedra O Camiño Portugués polo litoral foi a opción elixida para a sexta edición do programa Camiña e Descubre, que comezou no mes de outubro de 2019 en Nigrán. Os participantes puideron gozar coas excelentes paisaxes que amosa Galicia a quen se anima a pecorrela a pé. As diferentes etapas do programa remataron no Milladoiro, de xeito abrupto debido á declaración do estado de alarma. Os amantes de Camiña e Descubre tiñan previsto facer unha visita guiada, moi especial, por Compostela. Un percorrido guiado que deberá esperar a que a situación se normalice para poder retomar as andainas.

‘CAMIÑO COMPOSTAL’, UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS HISTÓRICA DO CAMIÑO A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa), en colaboración coa Xunta, organizou no Centro Sociocultural Luis Seoane unha exposición de fotografías históricas do Camiño de Santiago, todas elas con máis dun século de antigüidade. A exposición ‘Camiño ComPostal’ ofreceu unha visión diferente sobre a Ruta, amosando a través de pequenas tarxetas como eran as vilas tanto de Francia coma do norte de España, e quen eran os personaxes que peregrinaban a Compostela naquela época. 34 • Concello de O Pino


O do Norte, un camiño por descubrir O Pino é o concello con máis quilómetros do Camiño Francés, o roteiro máis concorrido cara a Compostela. Non obstante, a súa popularidade e grande presenza de peregrinos, fixo que nos últimos anos cobrasen apoxeo outros percorridos menos masificados. Un deles é o Camiño do Norte, que foi a principal vía de peregrinación nos tempos da Reconquista cando só o norte da Península estaba libre do dominio árabe. O Camiño do Norte parte de Irún, cruza o País Vasco, Cantabria e Asturias e entra en Galicia por Ribadeo. Xa na provincia da Coruña, contempla dous traxectos diferentes logo de atravesar Sobrado dos Monxes. O que pasa polo Pino coñécese como variante da Mota, xa que, desde Boimorto e en dirección a Calvos, se achega ata a capela da Mota, antes de acadar o noso concello. No termo municipal do Pino percorre as parroquias de Santo Estevo de Medín, Santa María de Gonzar, San Vicente do Pino e Santa María de Castrofeito. O punto de entrada é o Monte Vilar, seguindo o trazado dunha pista pararela ao Regato dos Homes. Chegamos despois á aldea do Couto Pequeno, na que atopamos exemplos da arquitectura tradicional galega como hórreos ou lavadoiros, e pasamos polos lugares de Cedeira e Cimadevila.

Unha vez en Gonzar, podemos descansar ao abeiro da carballeira da ermida de Santo André xusto antes de chegar á estrada N-634, que nos levará ata a ponte romana de Ponte Puñide sobre o río Mera. O camiño continúa ata Santiso, onde pasaremos por diante da antiga escola pa-

rroquial e a ermida, para volver novamente á N-634. Por unha vía de servizo situada á dereita da estrada faremos os últimos setecentos metros do Camiño Norte no Pino, antes de incorporarnos ao Camiño Francés xa en Lavacolla, no Concello de Santiago. Concello de O Pino • 35


DEPORTES

A SD O Pino celebra os 40 anos en Preferente A SD O Pino milita nesta campaña 2020/2021 por primeira vez en Rexional Preferente e faino nada menos que no 40 aniversario da súa fundación, que se remonta ao ano 1981. O obxectivo é manter a categoría. Era o mesmo que tiña na pasada temporada e, sen embargo, quedou campión de grupo e iso logo dunha progresión meteórica nos últimos catro anos desde Terceira Rexional. “Eu penso que a clave está na unión. Temos un grupo moi bo, moi compenetrado, que se axuda, e esa unión transmítese e chega á afección, que tamén nos apoia moito”, sinala Daniel Segade, quen substituíu á Adrián Nieto na presidencia a pasada temporada. “Temos que darlle as grazas aos máis de 500 socios e tamén aos patrocinadores e ao Concello”, manifesta o presidente da entidade. Á fronte do equipo de Preferente continuará por terceira campaña consecutiva o adestrador arzuano Juan Vidal para dirixir un cadro formado por xogadores do Pino e os seus arredores (Touro, Arzúa, Santiago...) que quedaron sen celebración de ascenso e mesmo sen 36 • Concello de O Pino

NOVO CAMPO DE FÚTBOL A SD O Pino tamén estreará esta campaña campo de fútbol, logo de que o Concello decidise acondicionar o de herba natural de Lameiro. A xuízo de Daniel Segade, trátase dunha moi boa noticia: “O de Reboredo, de herba artificial, non chega para acoller os partidos de todas as categorías porque necesita moito mantemento. Agora imos poder repartilos e tamén damos outra imaxe diante dos que nos visitan. Realmente é unha obra que beneficia aos veciños, porque os nenos dos equipos de base son do Pino”.

foto de equipo. “A Liga parouse en marzo á falta de bastantes partidos e xusto a foto oficial iamos facela na fin de semana seguinte no Día do Club e tivemos que cancelalo”, explica Daniel Segade. Polo momento, non comezaron tampouco os adestramentos. Nun principio, a competición debería arrincar en novembro, pero xa se pospuxo para xaneiro de 2021. “Nós comezaremos a adestrar cando se confirme a data, tanto porque supón un gasto económico como para coidar da saúde dos nosos xogadores”, di o presidente. O certo é que a SD O Pino xogará nunha Preferente atípica, con nada menos que 46 equipos divididos en seis subgrupos (tres Norte e tres Sur) e na que haberá dez descensos. O subgrupo no que xogará O Pino é o B de Preferente Norte, integrado polos equipos das comarcas de Santiago, Costa da Morte e Barbanza. “A verdade é que vai ser unha temporada histórica, tanto porque O Pino nunca estivera en Preferente como porque celebra o seu corenta aniversario. A mágoa é a covid-19. Se non fora por ela, sería moi bonita”, comenta Daniel Segade.


Benxamín

Alevín

Infantil

Xuvenil A

Xuvenil B

Feminino

Modestos

Veteranos

ONCE EQUIPOS EN CATEGORÍAS INFERIORES, DE BASE E FEMININA Esta temporada a SD O Pino conta cun total de once equipos nas categorías inferiores e de base: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil A e B, modestos A e B, veteráns e feminino. O desexo do club era que comezasen a adestrar en novembro pero está previsto que o fagan aínda en xaneiro, dependendo da situación da pandemia e das restricións que se apliquen. “Temos todo parado, porque na directiva decidimos priorizar a seguridade e a saúde. Non se poden usar os vestiarios, o tempo non acompaña e non imos deixar que os rapaces estean todos mollados”, argumenta o presidente. Concello de O Pino • 37


Actividade física na rede para a veciñanza

CURSOS DE NATACIÓN E MOITA ACTIVIDADE NA PISCINA A piscina municipal de Lameiro estivo este ano moi concorrida durante o verán. Moitos veciños e veciñas acudían para refrescarse os días de calor e tamén para participar nos cursos de natación.

As Escolas Deportivas Municipais e a actividade física para adultos, que todos os anos xuntan a centos de persoas, víronse fortemente afectadas pola pandemia. Ao suspenderse todas as actividades en marzo, o departamento de deportes decidiu apostar polas novas tecnoloxías. O Concello subiu á súa canle de Youtube vídeos de variois monitores convidando á veciñanza a facer exercicio e manterse en forma. Lucía, Jesús, Javier e Sergio animáronnos desde as súas casas a facer pilates ou zumba e tamén nos ensinaron unha chea de exercicios, tanto vencellados á ximnasia de mantemento como ao atletismo, tenis ou patinaxe.

NIL SOLANS GAÑA UN RALLY TERRA DA AUGA ‘INTERNACIONAL’ Nil Solans e Claudi Ribeiro gañaron en setembro o Rally Terra da Auga, con fortes medidas de seguridade pola covid-19; e que se converteu en internacional ao contar coa presenza do piloto catarí Nasser Al-Attiyah, tricampión do rally Dakar e medallista olímpico en Londres.

As clases presenciais recuperáronse o 1 de outubro co comezo dunha nova temporada, tanto no que atinxe ás escolas deportivas municipais (dirixidas aos escolares) como nas actividades para adultos, organizándose grupos reducidos para poder levalas a cabo. As novas restricións sanitarias obrigaron de novo a suspender as actividades a principios de novembro, retomándose de novo a actividade o 1 de decembro.

ÉXITO NO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR Damián Ferreiro, a título individual, e tamén o equipo de cadetes conseguiron senllas pratas no Campionato Provincial de Campo a través escolar. Na categoría benxamín, Pablo Sánchez Mella foi medalla de bronce, e Ana Mecías Rey e Iván Fernández Mella entraban no ‘top 10’ da categoría alevín. Foron os mellores dos nove atletas do Pino que acudiron a este campionato disputado en Carballo. Tamén no mes de marzo, o equipo de bádminton do Pino participou na primeira fase comarcal, que se organizou no polideportivo de Reboredo. 38 • Concello de O Pino


DISTANCIAS MÍNIMAS QUE DEBEN RESPECTAR AS NOVAS REPOBOACIÓNS FORESTAIS E REXENERADOS DE ESPECIES PARCELAS FORESTAIS

CANLES FLUVIAIS DE MÁIS DE 2 METROS DE ANCHO • 5 metros para especies frondosas e coníferas

TERREOS SITUADOS EN SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN AGROPECUARIA

15 m CÁMPINGS, GASOLINEIRAS E INDUSTRIAS PREEXISTENTES EN QUE SE DESENVOLVAN ACTIVIDADES PERIGOSAS • 15 metros para especies frondosas e coníferas

10 m 2m

50 m

10 m

50 m

ZONAS DE LABRADÍO, CULTIVO OU PRADOS NON CLASIFICADOS DE ESPECIAL PROTECCIÓN AGROPECUARIA • 4 metros para especies frondosas e coníferas

4m SOLO URBANO, SOLO DE NÚCLEO RURAL E SOLO URBANIZABLE • 2 metros para especies frondosas e coníferas

50 m

Escanea este código para ler a Lei 7/2012 no BOE

EDIFICACIÓNS, URBANIZACIÓNS, VERTEDOIROS, PARQUES E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS SITUADAS A MENOS DE 400 METROS DO MONTE OU FÓRA DE SOLO URBANO E DE NÚCLEO RURAL E CON VIVENDAS ILLADAS EN SOLO RÚSTICO INDEPENDENTEMENTE DA SÚA DISTANCIA AO MONTE • 15 metros para especies frondosas e coníferas

XESTIÓN DA BIOMASA VEXETAL

5m

10 m

PISTAS, ASFALTADAS OU NON, DE POLO MENOS 5 METROS DE ANCHO QUE CONTEN POLO MENOS CUNHA CUNETA • 2 metros para especies frondosas e coníferas • 6 metros nos concellos declarados de alto risco

ESTRADAS E VÍAS DE FERROCARRIL • 2 metros para especies frondosas e coníferas INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS

ESPECIES FRONDOSAS E CONÍFERAS

Débese manter limpa de biomasa unha franxa de 50 metros dende:

Estas especies veñen recollidas no Anexo I da Lei 7/2012 de montes de Galicia

• Solo urbano, núcleo rural e solo urbanizable • Edificacións e vivendas illadas, urbanizacións,

• Piñeiro silvestre, teixo, ameneiro, pradairo, bidueiro,

depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais • Construcións illadas en solo rústico

freixo, freixo de folla estreita, castaño, castaño híbrido, cerdeira, carballo, cerquiño, rebolo, sobreira, aciñeira, abeleira, faia, olmo, loureiro, mostallo, serbal dos cazadores, nogueira, érbedo • As distancias só se lles aplican ás novas repoboacións


O Pino apoia o comercio local Pensa na túa xente

Merca no teu concello

Rúa do Concello, s/n • 15821 Pedrouzo, Arca • O Pino Tel. 981 511 002 • Fax: 981 511 123 correo@opino.gal • www.opino.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.