Entrevista a Rafael Ortega

Page 1

Caricatura do escritor Rafael Ortega De La Cruz

No noso colexio estamos a ler libros do autor Rafael Ortega De La Cruz. Este ano nós, os alumnos e alumnas de quinto, lemos “EL LABERINTO DE LOS NÚMEROS ROMANOS”, e relacionámonos co autor, no seu blog, a través de Internet. Despois de ler o libro decidimos facerlle unha enquisa utilizando o mesmo medio. Propuxémosllo e este foi o resultado.

º Rebeca: _ ¿Onde naciche?

Rafael: _ Nacín en Madrid. María Veiga: _ Díxonos a nosa mestra que ti tamén eres mestre ¿onde estás dando clase? ¿a qué curso das?

Rafael: _ No CRA de Navalperal, nunha escola rural a nenos-as de 3 a 7 anos. Hai 8 nenos. Uxía: _ ¿Cando empezache a escribir?

Rafael: _ Creo que tiña 33 anos. María Rábade: _ ¿Como descubriche que querías ser escritor de libros para nenos?

Rafael: _Cando vin que o que escribía gustáballes moito.


Lois: _Cando eras pequeño, ¿Lías moitos libros?

Rafael: _ Si, moitos. De Julio Verne, Emilio Salgari, Stevenson… Xico: _ ¿Cal foi o teu primeiro libro?

Rafael: _ El increíble viaje de la Tierra. Pablo: _ ¿Cantos libros escribiches? Rafael: _ Creo que teño doce escritos, sete deles publicados. Susana: _ ¿Cal foi o libro que che resultou máis difícil de escribir? Rafael: _ Cando me desconcentro e fago outras cosas. Para escribir ben un libro tes que pensar moito en él. Ana: _ ¿Cal é o teu libro preferido? Rafael: _ Dos meus: “ El fabuloso viaje de la Tierra”. O escribín cando o meu fillo tiña tres anos. Dos libros de outros autores…moitísimos! Os recomendaría calquera de Concha López, Fina Casalderrey ou Joan Manuel Gisbert.

María Novo: _ ¿Que lle dirías a un neno que de maior lle gustara ser escritor?

Libro dedicado ó seu fillo Juan Diego.

Rafael: _ Tres cousas: que lea, que lea i que escriba. Tamara: _ ¿Estás escribindo algún libro actualmente? Rafael: _Si, é a historia de unha flor silvestre. É da colección do viaxe da Terra e de Gota de Auga. Daniel Santos: _ De todos os libros que escribiches ¿Cal é o teu preferido? Rafael: _“El viaje de la Tierra” y “El fantasma que odiaba las Matemáticas”. Uno foi el primero que escribín o outro o primeiro que me publicaron.

Victor: _ ¿En que te inspirache para empezar a escribir?

Rafael: _ En cousas que me rodean. O que vexo, o que oigo, o que sento. É un filón inagotable e moi interesante. Daniel Pena: _ ¿Participache nalgún concurso de literatura?

Rafael: _ No, no participei en ningún, pero creo que algún día fareino.


Iván: _¿ Déronche algún premio?

Rafael: _ O mellor premio que recibín foi que os meus libros lles gustaran ós nenos. Pedro: _ ¿Qué libro nos recomendarías para ler?

Rafael: _ Eu os propongo que investigueis os libros que escribiron os tres escritores que os dicen antes. Son estupendos. Unha aperta a todos. Rafa.

Queremos darche as “grazas”, por atendernos e tamén por falar en galego, déchenos unha sorpresa. Esperamos que ganes moitos premios e que sigas escribindo para nós.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.