Guía de empresas para buscar traballo

Page 70

atopar traballo

a carta de presentación

lembra que... - Debes incluír o teu nome e apelidos completos, dirección postal, teléfonos de contacto (fixo e móbil) e a túa dirección de correo electrónico. Estes datos deben coincidir cos que figuran no teu CV. - Debe ir dirixida á persoa que ten poder de contratación. Comproba que o nome e apelidos completos do destinatario están perfectamente escritos, e indica sempre o posto ou posición que ocupa. - Non esquezas separar cun espazo os diferentes parágrafos que contén a túa carta; debe ter un aspecto airoso que facilite a lectura. - Non se pode fotocopiar. - Debe ir datada e asinada. - Non se grampa nunca ao currículo. - Non se acompañan/anexan os títulos nin as cartas de recomendación salvo que chos pidan e, en tal caso, deberán ser seleccionados en función das necesidades do destinatario. - O sobre irá personalizado (identidade do destinatario: nome, cargo, empresa, dirección completa). - Debes conservar unha copia. - Se o envío é a través do correo electrónico, a carta será o corpo do correo e o currículo irá como documento adxunto. O correo electrónico deberá ser redactado co mesmo esmero que unha carta de presentación en papel. A continuación presentámosche algúns exemplos de carta de presentación, pero lembra que a redacción debe ser persoal.

68

guía de empresas para buscar traballo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.