Guía de empresas para buscar traballo

Page 109

emprender por conta propia

autoemprego

constrúe o teu 1º produto mínimo viable (PMV) No caso de moitos proxectos, será necesario realizar un prototipo, que nos permita testar o produto ou servizo e nos proporcione información sobre posibles fallos e posibles solucións. O produto mínimo viable é unha das bases sobre as que se sustenta a metodoloxía Lean Startup e unha das súas achegas máis interesantes10. O produto mínimo viable é aquel que nos permite lanzar o produto co mínimo de características posibles, para poder aprender información relevante do seu lanzamento. Sen embargo, PMV non é equivalente a chapuza. Necesitas desenvolver unha mínima versión posible capaz de garantir unha boa experiencia ao usuario. Este produto non está pensado para as masas, senón para os early adopters, que son os que están dispostos sempre a probar cousas novas e produtos en fase de evolución con tal de estar á última. Co PMV o que se busca é testar a túa hipótese sobre a túa visión do produto, é dicir, tratas de comprobar que encontraches un problema polo que os early adopters estarían dispostos a pagar para ter unha solución, e que o teu produto é unha solución adecuada.

10

A premisa básica de Lean Startup é que unha startup non é unha empresa, senón unha organización temporal que ten por obxectivo atopar un modelo de negocio viable e escalar mediante unha serie de experimentos que serven para aprender, e todo isto rodeado dunha gran incerteza. Esta metodoloxía, perfeccionada por Eric Ries e recollida no seu libro The Lean Startup, nace da nova realidade e as novas necesidades das empresas que xorden nos últimos anos.

guía de empresas para buscar traballo

107


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.