Toda unha aventura

Page 1


TODA UNHA AVENTURA

Conto colectivo realizado polo alumnado de 6ยบB. CEIP de Darbo Febreiro 2014


Zaineb Aga Kounkour Beatriz Alves Docampo Abdessamad Boukarkour Candela Broullón Carracelas Laura Mishell Carrera Reyes Pablo Chapela Pazó Mariana Gago Táboas Alejandro González Martínez Inés González Poses Carla Iglesias González David Martínez García Vanessa Novas Barreiro Mario Otero Lemos David Otero Pousada Jorge Paredes Costa Diego Pazo Sotelo Eduardo Daniel Pola Otero Daniel Ríos Fernández Eleazar Rivas Alfaya Adán Rodal Vilas Borja Santos Paredes Noa Soliño Iglesias


É

rase unha vez, nunha preciosa carballeira, unha nai merlo que chocaba no seu niño os seus ovos

prateados como a lúa. Pero había un ovo distinto: era totalmente dourado con pintas verde esmeralda. Pasaban os días e os ovos prateados xa abriran pero o dourado seguía sen eclosionar e a nai merlo estaba cada vez máis preocupada e estrañada. De súpeto, aos comezos do verán eclosionou ese precioso ovo e, para sorpresa da nai merlo e dos merliños, o paxaro que saíu non era tan bonito como a súa cuberta.



Tamén era distinto aos demais, de feito, era totalmente gris e tiña un pico longo e fino e no lugar das ás tiñas unhas follas de papel que as facía mover continuamente. Pasado un tempo, o paxariño apartábase máis dos seus irmáns e pousábase nas pólas máis afastadas a ler as súas follas de papel tinguidas con letras de todas as formas posibles. Un día, mentres a nai merlo fora buscar comida para a cea, os irmáns do estraño paxariño comezaron a facerlle mofa por ser diferente a eles:



-Ti es feo como unha gaivota! - Raro como un kiwi!- remataron. O pobre paxaro, triste e indignado, marchou cara ao bosque escuro e tenebroso. Ao lonxe aínda se oían as risiñas dos seus malvados irmáns. El seguía andando (porque non sabía voar moi ben) e o bosque cada vez facíase máis escuro. Ía sen rumbo fixo ata que, de súpeto, apareceu un raposo que semellaba ter moita fame. Intentou atacalo, pero o paxariño conseguiu saír correndo. Ao chegar a unha pequena explanada encontrou unha cabana e



decidiu entrar para pasar alí a noite. A cabana era antiga e tiña poucos mobles. Nela vivía unha familia. A nai chamábase Mariña, o pai Víctor e a filla Natalia. Natalia era loura, de ollos marróns e encantábanlle a natureza e os libros. Cando se levantaron encontraron ao paxaro durmido ao lado da ventá do salón. Alucinaron ao ver que tiñas as ás de papel. Natalia decidiu que se chamaría Colibriño. Cando lle foron dar a comida non a quería e, ao cabo dun tempo, viron que estaba comendo os libros que había na casa. Ao paxaro colléronlle moito cariño e sempre



estaban coidándoo, ata que un día, pola mañá, viron que xa non estaba. Colibriño saíra voando a por máis libros porque na casa xa se acabaran e tiña moita fame. Natalia estaba moi preocupada e decidiu saír na súa busca. A nena marchou sen avisar aos seus pais. Natalia vestiuse, colleu unha mochila chea de cousas necesarias e almorzou unhas torradas. Comezou buscando polo bosque e viu toda especie de paxaros, pero non a Colibriño. A nai de Natalia, cando chegou a casa gritou: -A comer, Natalia!



Natalia, cos nervios, esquecérase de que Colibriño alimentábase de contos e en vez de chamalo para comer contos facíao para comer sementes. Mentres, o Colibriño estaba paseando tranquilamente polo paseo marítimo de Cangas. Alucinaba cos barcos e praias de Cangas, xa que nunca vira o mar. Á parte diso, estaba evolucionando xa que as súas plumas iniciaban o cambio a un ton vermello e as súas ás volvíanse máis grandes e xa podía voar. Mentres, Natalia xa chegara á gran cidade de Vigo. Estaba desesperada porque aí non




ía encontrar a Colibriño xa que Vigo é unha cidade moi grande. Entón tivo unha idea: atraeríao inventando un conto especialmente para el. Traballou todo o día, consultando libros da biblioteca máis próxima. Cando acabou, empezou a chamalo lendo o seu conto, facendo pausas en cada frase para ver se aparecía, pero non o fixo xa que o Colibriño estaba escoitando un conto na biblioteca de Darbo. Escoitaba o conto enriba da cheminea pois entrara voando coas súas novas ás, que tiñan en cada folla unha cor distinta.



O Colibriño botaba de menos a Natalia, pero non sabía como volver. Natalia chamou ao seu pai para que fose recollela: -Papá, estou en Vigo. Pódesme recoller? -Vou buscarte, pero terás que darme unha explicación adecuada ou estarás castigada unha semana. Foi buscala e Natalia explicoulle todo o que pasara. A nai estaba na casa vendo a tele, petaron na porta e dixo a nai: -Quen é?



-Son eu, mamá, estou con papá aquí fóra. Pódesnos abrir? Abriulles a porta. Cando lle contaron todo, a nai dixo que tiñan que mudarse a Darbo. A familia fixo as maletas e ao día seguinte fóronse a Darbo. Así Natalia foi ao colexio e na biblioteca veu ao Colibriño. De súpeto, unha gran racha de vento escachou as ventás e todos os libros saíron voando e o pequeno paxariño saíu disparado cara ao descoñecido. Natalia foi buscalo e encontrouse cun pequeno furacán.



Colibriño foi parar á praia de Rodeira, estaba inconsciente. Natalia atopouno despois de buscalo durante dúas horas. Cando chegou a casa, colleu unhas cartolinas vermellas e púxollas como ás. Cando espertou pediu un pouquiño de sopa de letras. Déronlle unhas culleradas e, a medida que comía letras, íanlle aparecendo as súas novas ás. A sopa de letras converteuse na súa comida favorita e, aos poucos, íanlle aparecendo as letras nas ás. Pasado un tempo Colibriño contáballe un conto a Natalia cada noite. Un día un cazador furtivo que oíra falar do



paxaro propúxose conseguir esa especie tan rara entre libro e merlo. Era venres pola noite, un venres 13, cando o cazador decidiu capturar ao Colibriño. Conseguiu entrar na casa sen que ninguén se dese conta, meteu ao Colibriño nunha bolsa e pechoulle o peteiro para que non falase, pero o paxaro fixo un último esforzo para pedir auxilio. Todos na casa se levantaron, mais só lles deu tempo a ver unha persoa totalmente vestida de negro cun saco movéndose suxeito cunha man. De repente Colibriño fixo un burato co peteiro na bolsa e rapidamente escapou



voando ata a pola dun frondoso liquidámbar. Natalia saíu a buscalo polo bosque, encontrou unhas pegadas de botas e imaxinou que serían dun cazador. Mentres, o cazador, sen pista ningunha foise con moita rabia para a súa casa, o seu plan saíralle mal porque nin o cazou nin ceou. Como se fixo de noite, Natalia quedouse a durmir debaixo dun liquidámbar, non podía imaxinar que alí estaba o Colibriño. O seu plan era saír pola mañá cedo na súa busca, pero non tivo que esperar tanto porque...



De pronto, Colibriño saíu da árbore a darlle un peteirazo a Natalia para que espertase. Ela decatouse da presenza do seu paxaro, os dous miráronse fixamente e alegráronse moitísimo. Como era unha noite fría e escura decidiron ir a súa casa durmir. O traxecto levoulles algúns minutos pero, cando chegaron, durmiron toda a noite. Pola mañá Natalia e os seus pais levantáronse cedo para falar do mellor futuro para Colibriño porque eles non podían darlle de comer todos os días.


Entón a Natalia ocorréuselle levalo ao seu colexio; a Colibriño pareceulle ben, porque todos os días recibiría un montón de contos para comer.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.